PROGRAMACIÓN CULTURAL SETEMBRO 2018...XIV Mostra de Teatro Afeccionado Premios Lugrís Freire...

10
Casa da Cultura Pintor Lloréns PROGRAMACIÓN CULTURAL SETEMBRO 2018

Transcript of PROGRAMACIÓN CULTURAL SETEMBRO 2018...XIV Mostra de Teatro Afeccionado Premios Lugrís Freire...

Page 1: PROGRAMACIÓN CULTURAL SETEMBRO 2018...XIV Mostra de Teatro Afeccionado Premios Lugrís Freire Sábado 15 de setembro 20h “Algo pasa con Paco” Cía. O Aturuxo de Melpómene Paco

Casa da Cultura Pintor Lloréns

PROGRAMACIÓN CULTURAL

SETEMBRO 2018

Page 2: PROGRAMACIÓN CULTURAL SETEMBRO 2018...XIV Mostra de Teatro Afeccionado Premios Lugrís Freire Sábado 15 de setembro 20h “Algo pasa con Paco” Cía. O Aturuxo de Melpómene Paco

Teatro

XIV Mostra de Teatro Afeccionado Premios Lugrís Freire

Sábado 1 de setembro 20h

“Un mal día” Compañía Teatro Lameiro

O que comezaba coma un día marabilloso na vida de Xoán, despois dunha noite de troula e “festa rachada”, trúncase

diametralmente coa entrada en escena de varios personaxes que, aos poucos, van liándolle a manta á cabeza ao seu protagonista.

Primeiro a muller que limpa no seu piso, desesperada pola recente chegada do seu home; logo un dos seus mellores ou peores amigos, segundo se mire, que, vestido cun traxe de

sacerdote, escandaliza e pon patas arriba todo o escenario.

A continuación, o produtor do filme que dirixe Xoán que, ademais, resulta ser o seu sogro; e así toda unha serie de

personaxes que van desfilando, como se fora o camarote dos irmáns Marx...

Comedia. Autor Hugo Daniel Marcos Duración 90 min. Todos os Públicos

Votación directa do público ao finalizar cada representación

Page 3: PROGRAMACIÓN CULTURAL SETEMBRO 2018...XIV Mostra de Teatro Afeccionado Premios Lugrís Freire Sábado 15 de setembro 20h “Algo pasa con Paco” Cía. O Aturuxo de Melpómene Paco

Teatro

XIV Mostra de Teatro Afeccionado Premios Lugrís Freire

Sábado 8 de setembro 20h

“Nosotros, ella y el duende” Compañía Los Cigarrales

Diálogos ocorrentes, situacións esperpénticas, gargalladas,

sátiras burguesas, belisco de sainete e intriga policíaca.

A partir dun equívoco –parella moza que unen as súas vidas e paralelismo dos seus pais viuvos– saltan os personaxes de enredo e loita de sexos onde vencen con folgura as damas gracias a ese “duende” que as apoia e polo cual preguntan

os actores ao público.

Comedia. Autor Carlos Llopis. Duración 90 min. Público Adulto

Votación directa do público ao finalizar cada representación

Page 4: PROGRAMACIÓN CULTURAL SETEMBRO 2018...XIV Mostra de Teatro Afeccionado Premios Lugrís Freire Sábado 15 de setembro 20h “Algo pasa con Paco” Cía. O Aturuxo de Melpómene Paco

Teatro

XIV Mostra de Teatro Afeccionado Premios Lugrís Freire

Sábado 15 de setembro 20h

“Algo pasa con Paco” Cía. O Aturuxo de Melpómene

Paco Checo é un cabaleiro errante dos de antes, dos

que van na procura de dragóns e tesouros sen

pensalo, xa que posúe un grande e indubidable valor,

ou iso cre él, pero a verdade é que Paquiño xa coñeceu tempos mellores.

Cando as malvadas forzas

do mal raptan á princesa do Pobo, Paco e o seu fiel

escudeiro, Xaime, lánzanse ao camiño trala aventura e

o misterio.

Maxia, enredos, e entortos vánse sucedendo nunha

trepidante e choqueira historia, onde Paco aprenderá que a vida non é só branca ou negra, senón que está chea de cores.

Comedia. Autor Alejandro Martín. Duración 80 min. Maiores de 12 anos.

Votación directa do público ao finalizar cada representación

Page 5: PROGRAMACIÓN CULTURAL SETEMBRO 2018...XIV Mostra de Teatro Afeccionado Premios Lugrís Freire Sábado 15 de setembro 20h “Algo pasa con Paco” Cía. O Aturuxo de Melpómene Paco

Teatro

XIV Mostra de Teatro Afeccionado Premios Lugrís Freire

Sábado 22 de setembro 20h

“Electra” Compañía El Ruiseñor

Despois que Clitemnestra asesinase o seu marido Agamenón, entrega a súa filla Electra a un

campesiño para evitar que teña descendencia

nobre, pois se isto chegase a suceder

seguramente reclamaría o seu dereito ao trono.

Electra vive no campo, casada co campesiño, o seu irmán Orestes

chega a casa de Electra, quen non o recoñece ó principio e éste, sen se

dar a coñecer, trata de pescudar se a súa irmá estaría disposta a vingar a

morte do seu pai. Cando ao fin os irmáns recoñécense, planean a vinganza

sobre a súa nai e o seu novo marido.

Traxedia. Autor Eurípides Duración 80 min. Maiores de 14 anos.

Votación directa do público ao finalizar cada representación

Page 6: PROGRAMACIÓN CULTURAL SETEMBRO 2018...XIV Mostra de Teatro Afeccionado Premios Lugrís Freire Sábado 15 de setembro 20h “Algo pasa con Paco” Cía. O Aturuxo de Melpómene Paco

Teatro

XIV Mostra de Teatro Afeccionado Premios Lugrís Freire

Sábado 29 de setembro 20h

Gala de entrega de premios - Premio do Público - Premio do xurado

- Recoñecementos especiais

As 21 horas peche da Mostra a cargo do grupo municipal Leneas Teatro, que interpretará “Falsas Profecías”, espectáculo de creación propia a partir de textos

de diversos autores.

Directores: Santiago Fernández e Chus Álvarez

Música: David Karro

Page 7: PROGRAMACIÓN CULTURAL SETEMBRO 2018...XIV Mostra de Teatro Afeccionado Premios Lugrís Freire Sábado 15 de setembro 20h “Algo pasa con Paco” Cía. O Aturuxo de Melpómene Paco

Teatro infantil

Venres 14 ás 18:30h

“Saaabor” de Félix Rodríguez e Fran Rei

"SAAABOR! é un espectáculo cómico

que mestura música, maxia,

humor, moito ritmo e participación do público, co

mundo da gastronomía

de fondo.

Os nosos protagonistas

convértense en dous recoñecidos chefs que nos ofrecen

pratos para todos os gustos: desde a comida máis práctica e sinxela, ata a máis elaborada, sen esquecer o viño e a sobremesa, elaborando un saboroso menú para toda a familia. ”

Comedia. Autor Avelino González Duración 55 min. Todos os Públicos

Representación ó aire libre no Parque das Brañas

(Se vai mal tempo trasladaráse á Casa da Cultura)

Page 8: PROGRAMACIÓN CULTURAL SETEMBRO 2018...XIV Mostra de Teatro Afeccionado Premios Lugrís Freire Sábado 15 de setembro 20h “Algo pasa con Paco” Cía. O Aturuxo de Melpómene Paco

Contacontos na Biblioteca

Os Contos da Curuxa Catuxa

Programa anual de animación á lectura da Biblioteca Pública Municipal

de Sada

Entrada gratuita, Aforo limitado

Venres 21 de setembro

Función ás 18:30 horas

Page 9: PROGRAMACIÓN CULTURAL SETEMBRO 2018...XIV Mostra de Teatro Afeccionado Premios Lugrís Freire Sábado 15 de setembro 20h “Algo pasa con Paco” Cía. O Aturuxo de Melpómene Paco

Casa da Cultura: Exposición de obras

de

Antonio Quintia Basoa

Capela de San Roque:

Exposición de obras de

Manuel Suárez

de Concha

Exposicións

Page 10: PROGRAMACIÓN CULTURAL SETEMBRO 2018...XIV Mostra de Teatro Afeccionado Premios Lugrís Freire Sábado 15 de setembro 20h “Algo pasa con Paco” Cía. O Aturuxo de Melpómene Paco

A programación pódese ver alterada por necesidades de axenda ou outras circunstancias

Información actualizada nas páxinas web do Concello:

www.concellodesada.com www.facebook.com/culturasada www.instagram.com/sada.cul/

e no teléfono 981 619 115

Coa colaboración de:

Organiza:

-Aforo Limitado

-No auditorio non está permitido o consumo de alimentos e/ou bebidas

-Rógase a máxima puntualidade

-A taquilla dispón de cambio limitado, pola súa comodidade rogamos veñan co importe

axustado

Concellería de Cultura e Praias