PROGRAMACIÓN XERAL ANUALq...- Capacitar ao alumnado na utilización das TICs para as TACs...

170
0 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2017 - 2018 PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP de VIÑAGRANDE - DEIRO

Transcript of PROGRAMACIÓN XERAL ANUALq...- Capacitar ao alumnado na utilización das TICs para as TACs...

Page 1: PROGRAMACIÓN XERAL ANUALq...- Capacitar ao alumnado na utilización das TICs para as TACs (Tecnoloxías para a aprendizaxe e o coñecemento). DESENVOLVEMENTO MOTRIZ Para conseguir

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2017 -2018

0 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

CURSO 2017 - 2018

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL

CEIP de VIÑAGRANDE - DEIRO

Page 2: PROGRAMACIÓN XERAL ANUALq...- Capacitar ao alumnado na utilización das TICs para as TACs (Tecnoloxías para a aprendizaxe e o coñecemento). DESENVOLVEMENTO MOTRIZ Para conseguir

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2017 -2018

1 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

ÍNDICE

1.- OBXECTIVOS ESPECÍFICOS PARA O CURSO ACADÉMICO. ........................................... 2

2.- MEDIDAS A DESENVOLVER PARA A SÚA CONSECUCIÓN. ............................................ 8

3.- RECURSOS PREVISTOS PARA O EFECTO. ..................................................................... 10

4.- CONCRECIÓN ANUAL DO PROXECTO EDUCATIVO (PE). .............................................. 13

5.- MODIFICACIÓN DO PROXECTO EDUCATIVO .................................................................. 40

6.- ESTRATEXIAS METODOLÓXICAS DE ATENCIÓN AO ALUMNADO CON NEE. ............ 40

7.- CADRO DE ORGANIZACIÓN PEDAGÓXICA ..................................................................... 59

8.- PLAN DE ACTUACIÓN DOS ÓRGANOS COLEXIADOS ................................................... 60

9.- PLAN DE ACTUACIÓN DO EQUIPO DIRECTIVO ............................................................... 62

10.- XORNADA ESCOLAR E HORARIO DO CENTRO ............................................................ 62

11.- QUENDAS DE VIXIANCIA DOS RECREOS ...................................................................... 63

12.- PROGRAMACIÓN E CALENDARIO DAS REUNIÓNS DOS ÓRGANOS DE GOBERNO 64

13.- PROGRAMACIÓN E CALENDARIO DAS REUNIÓNS DE COORDINACIÓN DOCENTE 66

14.- PARTICIPACIÓN DO PROFESORADO EN PROGRAMAS DE INNOVACIÓN ................ 68

15.- LIBROS DE TEXTO E DEMAIS MATERIAIS CURRICULARES E NO CENTRO ........... 116

16.- PROGRAMA ANUAL DE ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES ................................................................................................................................................... 116

17. PLAN DE AUTOPROTECCIÓN ......................................................................................... 119

18.- PLAN DE ORGANIZACIÓN E COORDINACIÓN DAS TAREFAS DO PERSOAL NON DOCENTE ................................................................................................................................. 119

19.- HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO ......................................................................... 121

20.- PLAN DE TRANSPORTE ESCOLAR ............................................................................... 121

21.- PLAN PARA A UTILIZACIÓN DAS INSTALACIÓNS DO CENTRO ............................... 123

22.- PLAN DE ACTIVIDADES PROPOSTAS POLA ANPA .................................................... 124

23.- PLAN XERAL DE AVALIACIÓN DO CENTRO ................................................................ 125

25.- MATERIA DE LIBRE CONFIGURACIÓN ......................................................................... 128

26.- PLAN ANUAL DE LECTURA............................................................................................ 128

27.- PLAN PARA A INTEGRACIÓN DAS TIC ......................................................................... 137

29.- PROXECTO LINGÜÍSTICO DO CENTRO ........................................................................ 139

30.- ACTIVIDADES PARA O FOMENTO DA LINGUA GALEGA. CONSTITUCIÓN O EDNL147

31.- CONCRECIÓN ANUAL DO PLAN XERAL DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE. .............. 152

32.- ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO DAS SECCIÓNS BILINGÜES ......................... 157

33.- ACCIÓNS DE MELLORA DERIVADAS DA ANÁLISE DE RESULTADOS DA AVALIACIÓN INDIVIDUALIZADA DE TERCEIRO PRIMARIA. .............................................. 163

34.- ACTIVIDADES LEVADAS A CABO DENTRO DOS PROGRAMAS DO PLAN PROXECTA. .............................................................................................................................. 165

35.- PROXECTO “COMISIÓNS DE MELLORA” ..................................................................... 165

36.- PROXECTO “MELLORANDO A PARTICIPACIÓN DAS FAMILIAS”............................. 166

37.- PLAN DE ACTIVIDADES DO EQUIPO DE ECOLOXÍA .................................................. 167

Page 3: PROGRAMACIÓN XERAL ANUALq...- Capacitar ao alumnado na utilización das TICs para as TACs (Tecnoloxías para a aprendizaxe e o coñecemento). DESENVOLVEMENTO MOTRIZ Para conseguir

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2017 -2018

2 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

1.- OBXECTIVOS ESPECÍFICOS PARA O CURSO ACADÉMICO.

1.1.- Obxectivo xeral

Plantexamos un centro educativo que teña como obxectivo final o

desenvolvemento armónico e integral do neno/a. Entendemos que cada

alumno é un ser global ao que temos que atender dende multitude de aspectos

como: o desenvolvemento emocional, social, individual, cognitivo... A estrutura

de centro que se plantexa no Proxecto Educativo (PE) do noso centro daralle a

oportunidade ao alumnado de ser, vivir e, como non, aprender. Queremos

desenvolver as súas capacidades e que sexan competentes á hora de utilizar

as ferramentas necesarias para a vida (ferramentas físicas, virtuais,

emocionais, etc.). Axudaremos ao alumnado a decidir, a pensar, a expresar, a

manifestar como é e a ser consciente das súas propias particularidades.

Queremos que sexan persoas con entusiasmo, con gañas de saber,

emprendedoras e activas: que se enfronten aos seus retos persoais e aos do

grupo con creatividade, confianza, responsabilidade e sentido crítico.

1.2.- Obxectivos centrados no alumnado

Dado que o modelo de centro que estamos configurando está única e

exclusivamente pensado no alumnado, desenvolvemos a continuación os

obxectivos que pretendemos acadar en catro dimensións clave no

desenvolvemento integral do neno/a:

DESENVOLVEMENTO EMOCIONAL

O desenvolvemento emocional esta baseado na creación dun

autoconcepto real e positivo de si mesmos de cara a lograr unha autoestima

equilibrada que lles permita xestionar as súas emocións e sentimentos.

Autocoñecemento e autoestima:

- Ter conciencia das características, capacidades e límites de cada

alumno para construír e reforzar a súa identidade.

- Partindo cada un do seu potencial, fortalecer a autoconfianza do

neno/a e desenvolver o seu carácter individual.

- Coñecer e aceptar o seu corpo.

- Coidar a saúde física e psíquica.

- Reforzar a capacidade de enfrontarse ás dificultades e de tomar

decisións.

Page 4: PROGRAMACIÓN XERAL ANUALq...- Capacitar ao alumnado na utilización das TICs para as TACs (Tecnoloxías para a aprendizaxe e o coñecemento). DESENVOLVEMENTO MOTRIZ Para conseguir

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2017 -2018

3 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

Equilibrio emocional:

- Aprender a expresar o mundo afectivo.

- Observarse a si mesmo e intentar entender o que lle pasa.

- Recoñecer as emocións e aprender a regulalas.

DESENVOLVEMENTO SOCIAL

O desenvolvemento social do alumnado lograrase na escola aprendendo a

convivir e desenvolvendo o traballo en grupo.

Relacións:

- Tomar conciencia do “outro”: aceptar e valorar as características

individuais e rexeitar as actitudes discriminatorias.

- Valorar a amizade e gozar dela.

- Expresar e aprender a defender cada un as súas ideas e intereses.

- Respectar as opinións dos demais.

Convivencia:

- Respectar os costumes e cumprir as normas sociais nas relacións ou en

calquera actividade social.

- Coñecer os dereitos e as obrigas que temos as persoas.

- Utilizar o diálogo e os principios éticos para buscar solucións aos conflitos

tendo en conta que estes forman parte da vida.

Cooperación:

- Aceptar e aprender a ofrecer axuda.

- Aproveitar as oportunidades que ofrece a iteración para aprender

estratexias para traballar en grupo.

- Utilizar o pensamento crítico para o beneficio propio e para o beneficio do

grupo.

Colectividade:

- Sentirse partícipe da realidade cultural e sociolingüística galega.

- Valorar a riqueza da diversidade cultural.

Page 5: PROGRAMACIÓN XERAL ANUALq...- Capacitar ao alumnado na utilización das TICs para as TACs (Tecnoloxías para a aprendizaxe e o coñecemento). DESENVOLVEMENTO MOTRIZ Para conseguir

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2017 -2018

4 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

- Ter responsabilidade e actitude activa nos servizos colectivos.

- Potenciar actitudes responsables para conservar un ecosistema escolar,

persoal e ambiental saudable.

DESENVOLVEMENTO COGNITIVO

Para que o noso alumnado medre no seu desenvolvemento cognitivo

procuraremos ensinalos a pensar, a aprender e a utilizar o aprendido para

facerlle fronte aos retos diarios.

Espertar a curiosidade e as ganas por saber.

- Ter interese e motivación para aprender.

- Ter gañas de superar as dificultades e valorar os logros conseguidos.

Aprender a pensar

- Aprender a identificar, plantexar e resolver problemas.

- Desenvolver a capacidade de aplicar o aprendido na vida cotiá.

Impulsar a aprendizaxe autónoma.

- Aprender a realizar as actividades de forma autónoma e responsable.

- Valorar o esforzo que hai que facer para acadar os obxectivos.

Aprender a aprender

- Tomar conciencia das capacidades que necesita o alumnado para

aprender: atención, concentración, planificación e control do proceso.

Competencia para autocontrolar a aprendizaxe

- Tomar parte no proceso de aprendizaxe, valorar o realizado, detectar as

dificultades e tomar as medidas para mellorar.

Tratamento da información

- Aprender a buscar, seleccionar e utilizar de forma crítica a información.

Page 6: PROGRAMACIÓN XERAL ANUALq...- Capacitar ao alumnado na utilización das TICs para as TACs (Tecnoloxías para a aprendizaxe e o coñecemento). DESENVOLVEMENTO MOTRIZ Para conseguir

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2017 -2018

5 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

As linguas

- Entender e expresarse correctamente en calquera contexto comunicativo

a través de mensaxes orais e escritos nas linguas oficiais.

- Ser capaz de entender e producir textos básicos, orais e escritos,

en lingua extranxeira vivenciandoa en multitude de contextos de

aprendizaxe.

- Tecnoloxía

- Coñecer o desenvolvemento da ciencia e da tecnoloxía.

- Capacitar ao alumnado na utilización das TICs para as TACs

(Tecnoloxías para a aprendizaxe e o coñecemento).

DESENVOLVEMENTO MOTRIZ

Para conseguir unha educación integral no noso alumnado promoveremos

unha vida activa e saudable.

Desenvolver as habilidades neuromotrices correspondentes a cada

momento evolutivo:

- Desenvolver e afianzar as habilidades motrices perceptivas como base

dos futuros aprendizaxes, favorecendo un adecuado desenvolvemento

neuromotor que sirva de prevención de futuros trastornos de

aprendizaxe e atención. (Ed. Infantil e primeiros cursos da Ed.

Primaria).

- Dar ao alumnado multitude de experiencias motrices que faciliten a

creación da maior cantidade posible de conexións interneuronais para

unha maior coordinación de ambos hemisferios cerebrais.

- Desenvolver e afianzar as habilidades motrices básicas e específicas

buscando que a evolución psicomotriz non se deteña e vaia sempre na

procura da excelencia física e da superación de un mesmo (Ed. Primaria).

Mellorar as capacidades físicas buscando sempre beneficios

neurofuncionais e de saúde.

Page 7: PROGRAMACIÓN XERAL ANUALq...- Capacitar ao alumnado na utilización das TICs para as TACs (Tecnoloxías para a aprendizaxe e o coñecemento). DESENVOLVEMENTO MOTRIZ Para conseguir

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2017 -2018

6 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

- Traballar as diferentes capacidades físicas: flexibilidade, forza,

resistencia e velocidade.

- Mellorar a capacidade cardiorespiratoria do alumnado co fin de que o

aporte de oxíxeno ao cerebro aumente, e con elo o rendemento tanto

físico como cognitivo.

Vivenciar e disfrutar da práctica de todo tipo de activiade física polo simple

pracer de sentir o corpo en movemento e o seu beneficio na saúde física e

emocional propia, máis aló de logros puramente deportivos.

- Participar no deporte escolar co fin de compartir experiencias deportivas

con nenos e nenas doutros centros, mellorando a competencia social do

alumnado.

1.3.- Obxectivos para a maduración e enraizamento do PE.

• Continuar coa definición da concepción filosófica do noso centro.

• Conformar un equipo de docentes que, máis aló da súa formación,

aglutinen un verdadeiro potencial profesional de cara a producir procesos

de reflexión e, como consecuencia, de mellora do PE.

• Definir o que significa ser docente. Cremos que a formación do docente

do futuro debera ir encamiñada a coñecer e desenvolver o rol que

pretendemos que xogue o alumno na súa propia aprendizaxe e na

sociedade futura.

• Valorar se o proxecto educativo funciona: Temos que ser capaces de

medir se o que estamos facendo no centro é positivo para todos:

alumnado, profesorado, familias, contorna particular e sociedade en xeral.

• Definir o que entendemos que debe aprender o alumnado: Como

beneficia o PE na aprendizaxe do alumnado? Para responder a esta

pregunta, en primeiro lugar deberemos definir que queremos que aprenda,

que é o importante para as súas vidas.

• A importancia de que ética e estética vaian da man: os espazos

educativos, o rol docente, os valores que definen a escola, os lugares, o

mobiliario, a tecnoloxía, a estética interna e externa... son elementos que

xogan un papel moi importante e que temos que continuar avanzando.

Page 8: PROGRAMACIÓN XERAL ANUALq...- Capacitar ao alumnado na utilización das TICs para as TACs (Tecnoloxías para a aprendizaxe e o coñecemento). DESENVOLVEMENTO MOTRIZ Para conseguir

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2017 -2018

7 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

• Facilitar a toma de decisións por parte do alumando na xestión e

organización do centro. Darlle voz ao alumnado.

• Abordar novos procedementos de participación das familias no centro

educativo.

• Crear novos procesos de formación do profesorado dentro do centro.

• Propoñer ao claustro a participación en programas educativos que

promovan o intercambio de experiencias, metodoloxías, linguas, culturas,

etc.

• Fomentar e priorizar o desenvolvemento sostible e o respecto polo medio

ambiente.

• Crear a corresponsabilidade no coidado e mantemento das nosas

instalacións na comunidade educativa.

• Deseñar unha coordinación docente máis operativa na que o

profesorado se sinta máis a gusto e poida traballar con comodidade

afastándose do exceso de tarefas a abordar.

• Contribuír a un novo modelo lingüístico no centro potenciando o uso do

galego e o respecto á nosa lingua, cultura e patrimonio inmaterial así como

incentivando o plurilingüismo e o tratamento integral das linguas.

• Conseguir os mellores e maiores recursos para o noso centro (persoais,

tecnolóxicos, didácticos…

• Conformar unha rede de centros “Por unha nova escola” na contorna.

• Solicitar ante a administración educativa as necesidades de mellora e de

inversión que precisa o noso centro (ventanas, portas, elementos de

seguridade e accesibilidade…).

1.4.- Obxectivos centrados na mellora da convivencia

• Velar pola igualdade de xénero entre a Comunidade Educativa.

• Iniciar un novo estilo de relación coa Comunidade Educativa con

estratexias específicas que permitan ter máis posibilidades na toma de

decisións e participar máis activamente na vida educativa do centro e no

desenvolvemento cultural da contorna.

• Entender a atención á diversidade como un valor de crecemento para a

institución.

Page 9: PROGRAMACIÓN XERAL ANUALq...- Capacitar ao alumnado na utilización das TICs para as TACs (Tecnoloxías para a aprendizaxe e o coñecemento). DESENVOLVEMENTO MOTRIZ Para conseguir

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2017 -2018

8 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

• Fomentar unha convivencia pacífica e democrática entre todos os membros

da Comunidade Educativa, apreciando a importancia dos valores básicos

que rexen a vida e a convivencia, e obrando de acordo con eles.

• Ofrecerlle ao alumnado a posibilidade de intervir na toma de decisións e no

autorregulamento das relacións interpersoais entre o alumnado.

2.- MEDIDAS A DESENVOLVER PARA A SÚA CONSECUCIÓN.

Para a consecución destes obxectivos propoñemos unha serie de

medidas moi concretas que haberá que executar ao longo deste curso

académico:

Para o alumnado:

- Traballar dentro do Departamento de Orientación con aqueles

alumnos/as que posúen dificultades nalgún eido do seu

desenvolvemento educativo e non educativo.

- Facilitarlle todos aqueles recursos e metodoloxías de traballo que lles

permitan asimilar os contidos que son obxecto de estudo nas aulas e no

centro cos que poidan mellorar o entendemento da sociedade na que

viven.

- Deseñar espazos físicos no que o alumnado poida practicar

determinadas accións da vida cotiá a través da configuración de

verdadeiros ambientes de aprendizaxe.

- Asegurar que todo o alumnado ten as axudas necesarias para o

desenvolvemento integral dentro e fora do centro.

- Proporcionarlle todas aquelas estratexias que garanticen o éxito no seu

traballo académico dentro do centro e non permitir que o alumnado non

teña a oportunidade de desenvolver as súas capacidades por motivos

que atinxen ao centro.

- Fomentar a súa participación na vida do centro a través de programar

diversas iniciativas ou actuacións nas que se traballen determinados

contidos ou poidan provocar melloras no rendemento académico do

alumnado.

Page 10: PROGRAMACIÓN XERAL ANUALq...- Capacitar ao alumnado na utilización das TICs para as TACs (Tecnoloxías para a aprendizaxe e o coñecemento). DESENVOLVEMENTO MOTRIZ Para conseguir

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2017 -2018

9 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

- Ofrecer ao alumnado programas, proxectos e ideas que posibiliten

aumentar a súa motivación cara o ensino e a poñer en valor o centro no

que se desenvolven.

- Ensinalos a traballar dun xeito cooperativo onde a axuda entre iguais

sexa unha ferramenta que lles axude na súa formación para a vida.

- Proporcionarlle ao alumnado a maior atención individualizada no interior

das aulas a través da configuración de apoios.

Para o profesorado:

- Dispoñer de canles claras de coordinación entre os distintos órganos de

coordinación docente e establecer xuntanzas periódicas (semanais) nas

que o profesorado teña a oportunidade de comunicar inquedanzas,

dúbidas, propostas...

- Facilitar dentro do centro a formación do profesorado a través da

implementación de variados formatos que garantan a actualización

metodolóxica e pedagóxica do profesorado.

- Iniciar procesos de diálogo e reflexión conxunta entre o profesorado de

cara a promover modificacións importantes nos procesos de ensino e

aprendizaxe que se levan a cabo co alumnado.

- Promover a participación do profesorado en proxectos motivadores,

interesantes e que permitan ter unha visión do centro positiva e

orgullosa.

- Decidir qué escola queremos para os vindeiros anos coa colaboración da

comunidade educativa. Estamos dispostos a avanzar ou detemos a

marcha un pouco para mirar atrás e valorar futuras actuacións?

- Consensuar entre o profesorado un modo de actuación concreto que

promova a creación dun clima de traballo profesional pero distendido,

ameno e agradable onde as relacións interpersoais estean dominadas

polo respecto e o bo ambiente.

Para as familias e demais comunidade educativa:

Page 11: PROGRAMACIÓN XERAL ANUALq...- Capacitar ao alumnado na utilización das TICs para as TACs (Tecnoloxías para a aprendizaxe e o coñecemento). DESENVOLVEMENTO MOTRIZ Para conseguir

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2017 -2018

10 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

- Fomento da participación das familias na vida do centro a través de

estratexias variadas formais e non formais.

- Mellora do intercambio de información ás familias do alumnado do noso

centro con xuntanzas ao inicio e fin de curso e cunha nova aplicación

informática para o envío de circulares informativas.

- Trasladar unha información máis exhaustiva da que se facilitan nos

boletíns a través da entrega de dous informes individualizados anuais.

- Programar actuacións nas que as familias teñan a oportunidade de

participar nos procesos de ensino e aprendizaxe.

- Seguir programando actividades nas que as familias teñen un papel moi

especial e nas que os nenos e nenas do centro teñen a oportunidade de

elaborar conxuntamente coa familia diversos traballos.

- Facilitar a presenza das familias do alumnado nas actividades máis

importantes que se programan dende os distintos equipos de mestres. É

necesario que as familias sexan coñecedoras de primeira man do

traballo que os seus fillos e fillas fan no centro e para iso temos que

permitirlle a entrada no centro e fomentar a súa participación nelas.

- Enviar ás familias os proxectos que se están desenvolvendo nas

distintas aulas como maneira de garantir o acceso e o máximo

coñecemento do que está sucedendo nas aulas.

- Seguir mantendo boas relacións institucionais co Concello e iniciar

procedementos de mellora na coordinación cos distintos estamentos do

Concello (concelleiros/as, educadoras, psicólogas...etc).

- Iniciar procesos de coordinación máis cercanas co Instituto de

Educación Secundaria ao que estamos adscritos para un correcto paso

da Educación Primaria á Educación Secundaria.

3.- RECURSOS PREVISTOS PARA O EFECTO.

Para acadar os obxectivos establecidos anteriormente e para poñer en

práctica as medidas que este ano queremos promover no noso centro temos

que ter en conta os recursos (limitados nalgúns casos) que posúe o noso

centro.

Recursos humanos

Page 12: PROGRAMACIÓN XERAL ANUALq...- Capacitar ao alumnado na utilización das TICs para as TACs (Tecnoloxías para a aprendizaxe e o coñecemento). DESENVOLVEMENTO MOTRIZ Para conseguir

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2017 -2018

11 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

Profesorado :

Este curso o noso centro conta cun total de 16 profesoras e profesores:

4 de E. Infantil (unha mestra é de apoio a esta etapa), 5 de E. Primaria, 1

especialista en Lingua Inglesa, 1 especialista en Música, 1 especialista en

Educación física, 1 especialista en Pedagoxía terapéutica, 1 especialista en

lingua inglesa (titora dun dos grupos de Educación Primaria), 1 profesora de

Relixión compartida co CEIP Sestelo Baión, 1 orientadora compartida co

CEIP de San Roque de Corón e 1 especialista en Audición e Linguaxe

itinerante dous días a semana que ten como centro base o CEIP San Roque

de Corón.

Persoal non docente:

Postos polo Concello: 1 conserxe que tamén fai funcións de persoal de

limpeza e 1 persoa a media xornada para limpeza das instalacións.

Instalacións

O noso Centro está composto por un único edificio de dúas plantas.

Nel hai seis aulas de E.Primaria (entre as que están os contextos de

aprendizaxe), 3 de E. Infantil, unha sala de profesores, unha aula compartida

para PT, AL e DO, unha Aula de Música, Biblioteca, Radio Escolar, Aula de

Inglés e aula de psicomotricidade (espazo utilizado tamén como pavillón),

servizos sanitarios en cada planta para o alumnado, conserxería,

administración que inclúe despacho de dirección, secretaría e xefatura de

estudos, despacho de orientación, servizos para o profesorado na planta

baixa e diferentes almacéns nas dúas plantas.

Ademais contamos con determinadas deficiencias arquitectónicas e de

cerramento que ocasiona moitas perdas de temperatura que nos obriga a

dotar dunha maior partida orzamentaria para o gasto de calefacción.

Este verán pasado, ademais, tivo lugar unha importante mellora na planta

superior: novas portas das aulas, creación de novos espazos dentro da

biblioteca (plató de TV, prensa escolar e estudio de radio), modificación da

Page 13: PROGRAMACIÓN XERAL ANUALq...- Capacitar ao alumnado na utilización das TICs para as TACs (Tecnoloxías para a aprendizaxe e o coñecemento). DESENVOLVEMENTO MOTRIZ Para conseguir

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2017 -2018

12 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

estética do corredor da planta superior… Esta mellora foi realizada

fundamentalmente con diñeiro do propio centro.

A Xefatura Territorial aportou, a finais de verán, unha axuda económica

para iniciar a mellora dos espacios sanitarios da planta inferior que

intentaremos iniciar durante o mes de decembro.

Estamo intentando configurar novos espazos no exterior do centro:

- Un novo patio para o alumnado de Educación Infantil. O aumento de

matrícula está ocasionando que os nenos máis pequenos do centro utilicen

un espacio moi reducido para o momento de lecer. É a nosa intención

configurar un grande espazo para este alumnado. Para facelo, durante o

pasado verán eliminouse o conglomerado asfáltico dunha das pistas

deportivas coa intención de abordar, durante este curso, o deseño dun

parque infantil biosaudable.

Recursos Materiais e Mobiliario.

Este centro conta con recursos materiais (didácticos, funxibles, non

funxibles…) escasos por mor do número de alumnos/as que non permite

obter maiores cotas de financiamento.

Neste senso, e ao longo deste curso, iniciaremos un novo procedemento

para a mellora dos recursos económicos que o centro posúe para esta

tipoloxía de material. Consiste en facer partícipe ás familias de determinados

custos que o noso Proxecto Educativo require: gastos por fotocopias,

teléfono e dalgúns materiais necesarios para a realización de determinadas

actividades (saídas, experiencias científicas, obras literarias, materiais

matemáticos manipulativos, material necesario para a creación de obras

artísticas, material necesario para a realización de actividade psicomotora

diaria ou da expresión artística…).

No referente ao mobiliario e inda que o ano pasado nos chegou algún

material do que solicitamos á Consellería de Educación, temos que afirmar

que a medida que imos desenvolvendo o proxecto de centro que queremos,

vai xurdindo a necesidade de novos espazos e novo mobiliario que axude e

favoreza a nosa particular forma de ver a educación. O ensino cooperativo, a

Page 14: PROGRAMACIÓN XERAL ANUALq...- Capacitar ao alumnado na utilización das TICs para as TACs (Tecnoloxías para a aprendizaxe e o coñecemento). DESENVOLVEMENTO MOTRIZ Para conseguir

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2017 -2018

13 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

integración de contextos reais de aprendizaxe, os minicontextos de

aprendizaxe en Infantil e 1º e 2º de Educación Primaria, o ensino artístico

integrado, a intervención psicomotriz diaria… esixen unha tipoloxía de

material e mobilidario que estamos obrigados a integrar no noso centro.

A inicios de curso a Consellería de Educación dotou de mesas e cadeiras

adaptadas ás nosas necesidades para os niveis de Educación Infantil e 1º e

2º de Educación Primaria. Esperamos que para o vindeiro curso poidamos

contar con mesas e cadeiras axeitadas á nosa maneira de traballar nos

niveis restantes.

Con respecto aos recuros tecnolóxicos, todas as aulas contan con

conexión a internet por cable e sen fíos e dispoñen de varios ordenadores

para o traballo dalgunhas competencias clave co alumnado. Ademáis

contamos con 40 dispositivos móbiles que nos permiten traballar os contidos

curriculares permitíndolle ao alumnado crear contido propio: presentacións,

cómics, videos, fotos, audios, contidos en realidade virtual, retos,

pasatempos...etc..

Polo tanto, estamos en disposición de iniciar unha nova etapa no que os

recursos materiais van ser moi importantes. Esperamos ter a oportunidade

de ampliar a dotación deste tipo de material como condición necesaria para

que a aprendizaxe do alumnado estea garantido.

Así, e como consecuencia da participación en concursos e cos premios

obtidos, estamos en disposición de mercar unha mellor dotación a nivel

tecnolóxico que nos permitirá traballar co alumnado determinadas realidades

presentes na sociedade e que debemos inserir nos centros educativos:

robots, cámara de realidade virtual, impresora 3D...

4.- CONCRECIÓN ANUAL DO PROXECTO EDUCATIVO (PE).

O proxecto educativo do noso centro é un documento que ano tras

ano se vai concretando en distintas intervencións pedagóxicas, didácticas,

metodolóxicas e organizativas que permiten acadar os obxectivos que na

PXA nos propoñemos.

Page 15: PROGRAMACIÓN XERAL ANUALq...- Capacitar ao alumnado na utilización das TICs para as TACs (Tecnoloxías para a aprendizaxe e o coñecemento). DESENVOLVEMENTO MOTRIZ Para conseguir

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2017 -2018

14 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

A finais do curso pasado aprobouse un dos documentos máis

importantes para nós: a concreción curricular. Dito documento constitúe unha

clara explicación pola aposta metodolóxica e de organización que imos

desenvolver no noso centro durante os vindeiros anos. Nel poderase percibir

como se producen os procesos de ensino e aprendizaxe nas nosas aulas e a

maneira na que estruturamos os espazos e tempos educativos así como un

conxunto de regras e normas consensuadas que nos permitirán coñecer dun

xeito pormenorizado o tipo de traballo que se desenvolve no CEIP de

Viñagrande Deiro.

Con esta realidade e coa finalidade de integrar nesta Programación

Xeral Anual algunhas das actuación que van configurar o PE, imos describir

as intervencións pedagóxicas, didácticas, organizativas e metodolóxicas que

se están desenvolvendo xa na actualidade e que son, en definitiva, a

concreción para este curso do futuro Proxecto Educativo do CEIP de

Viñagrande Deiro.

Así, e comezando polos traballos dos distintos equipos,

consideramos importante salientar a nova organización da coordinación

docente e os traballos que levarán a cabo ao longo do curso e que máis

tarde describiremos

O Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do CEIP

Viñagrande-Deiro, ten previsto a realización dunha serie de actividades que

darán continuidade aos proxectos de uso e fomento do galego presentados

en anos anteriores.

Dende a nosa perspectiva, para aprender ben unha lingua o alumnado

ten que ter contacto directo e de calidade con esa lingua. A clave está na

cantidade e na calidade do que recibe nesa lingua (imput: datos e/ou

informacións). Os adultos, exercendo o seu rol de guía, teñen moitísima

importancia na interación co alumnado: por unha parte a súa linguaxe é un

modelo para o alumnado e, por outra, as estratexias que utiliza na

comunicación oral inflúen na construción da súa linguaxe.

Tamén queremos destacar a importancia da produción (output: saída

Page 16: PROGRAMACIÓN XERAL ANUALq...- Capacitar ao alumnado na utilización das TICs para as TACs (Tecnoloxías para a aprendizaxe e o coñecemento). DESENVOLVEMENTO MOTRIZ Para conseguir

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2017 -2018

15 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

que teñen os datos ou información coas que o alumnado traballa). Os

produtos deben reunir esas características de cantidade, variedade e

calidade (a lingua estruturase co uso e cos intentos, cos erros, coas dúbidas,

coas correccións… son imprescindibles para aprender unha lingua).

Para isto partiremos dunha serie de actividades que se desenvolverán

ao longo do curso escolar, ben sexa nalgún trimestre en concreto ou ao

longo de todo o curso. Estas actividades serán unha continuación daquelas

que funcionaron ben no curso pasado, aquelas que por diferentes motivos

non se puideron levar a cabo e outras novas que pretendemos sexan do

agrado do alumnado e que axuden a alcanzar os obxectivos previstos no

Plan de Uso e Fomento do Galego.

Dende o Equipo de Tics existen novidades a ter en consideración.

Este ano o equipo de TICs non vai funcionar como un equipo integrado por

uns docentes determinados. Todo o claustro forma parte deste equipo e

periódicamente se reunirá para desenvolver determinadas actuacións. Estas

actuacións esixen duns responsables que son os encargados de

desenvolvelas, organizalas e planificalas:

a) Formación para o profesorado no eido da tecnoloxía de alto potencial

educativo. Esta actuación busca un obxectivo fundamental: que o

profesorado do noso centro saiba e posúa as competencias dixitais

necesarias para adaptarse á rápida velocidade coa que evoluciona a

tecnoloxía. A competencia dixital debe ofrecérselle ao alumnado de

modo transversal pero, para que esta sexa factible, é necesario que o

profesorado coñeza e saiba qué tipo de recursos están ao seu alcance e

cómo se poden utilizar na súa labor docente co alumnado. Para iso, este

curso, organizouse un curso no PFPP que indagará sobre o potencial

educativo do uso dos robots nas aulas de Intantil e Primaria.

b) Ademáis, a maioría claustro participará activamente na organización e

funcionamento do proxecto Samsung Smart School que desenvolvemos

dende o pasodo ano e que consiste en traballar con dispositivos móbiles

a través dunha metodoloxía que posibilite asegurar e mellorar a

Page 17: PROGRAMACIÓN XERAL ANUALq...- Capacitar ao alumnado na utilización das TICs para as TACs (Tecnoloxías para a aprendizaxe e o coñecemento). DESENVOLVEMENTO MOTRIZ Para conseguir

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2017 -2018

16 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

adquisición de contidos e coñecementos por parte do alumnado a través

da creación e construción de coñecementos polo propio alumnado.

c) Actualizar e fomentar o uso das novas realidades tecnolóxicas serán

outra das apostas do equipo de TICs. A robótica, a realidade aumentada,

a realidade virtual, a impresión 3D e outras vertentes “tic” terán cabida

este ano no noso centro.

Nós mesmos seremos os encargados de organizar e planificar sesións

formativas dentro do horario de permanencia no centro para garantir a

mellor capacitación profesional e tecnolóxica para os docentes e, en

consecuencia, para o alumnado e comunidade educativa.

O Equipo de Actividades Extraescolares e Complementarias tamén

participará activamente na organización de actividades e ocuparase da

importante labor de desenvolver, xunto co EDNL, as conmemoracións e

celebracións máis importantes na nosa contorna e da nosa Comunidade

Autónoma.

Ademáis este curso 2017 – 2018 crearanse dous novos equipos

docentes:

- Equipo encargado de organizar as comisións de mellora.

- Equipo encargado de organizar e planificar a mellora na

participación das familias no centro.

Máis adiante explicaremos en profundidade cales son as tarefas que

desenvoverán estes mestres nestes novos equipos docentes.

Con respecto á introdución de dinámicas e proxectos

favorecedores dunha mellor calidade no ensino, este ano acordamos a

participación en determinados proxectos que consideramos vitais para

potenciar e acadar os obxectivos establecidos nesta PXA e que levan unha

dirección moi concreta:

- Darlle ao alumnado o maior número de experiencias, axudas e

aprendizaxes que lles permitan mellorar as súas competencias.

Page 18: PROGRAMACIÓN XERAL ANUALq...- Capacitar ao alumnado na utilización das TICs para as TACs (Tecnoloxías para a aprendizaxe e o coñecemento). DESENVOLVEMENTO MOTRIZ Para conseguir

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2017 -2018

17 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

- Promover unha metodoloxía de traballo común entre o profesorado do

centro que nos axude a deseñar procesos de ensino e aprendizaxe que

favorezan a consecución do éxito no noso alumnado a través dun

traballo que garanta o desenvolvemento integral dos nenos e nenas do

noso centro.

- Converter o noso centro nun lugar de referencia para a comunidade

educativa e onde o alumnado estea motivado cara a aprendizaxe a

través da organización de tarefas e actividades que garantan

a formación de persoas comprometidas no traballo escolar e no

conxunto da sociedade.

As dinámicas ou proxectos que nos propoñemos iniciar ou continuar este

ano e que irán configurando o futuro PE son os seguintes:

1.- PROXECTO DE MADURACIÓN E ENRAIZAMENTO DO NOSO PE

O primiero dos proxectos que xa se está desenvolvendo no centro é o

establecemento dunha liña común no traballo no centro.

O CEIP de Viñagrande Deiro caracterízase por un sistema de traballo

específico que determina a maneira na que, dende o centro, desenvolvemos o

currículo oficial da Comunidade Autónoma de Galicia.

Atendendo a unha serie de estratexias organizativas (dende o punto de

vista temporal e espacial), o desenvolvemento das competencias clave

facilítase atendendo á seguinte estrucuración temporal:

ORGANIZACIÓN

TEMPORAL

EDUCACIÓN

INFANTIL

1º e 2º NIVEL DE

EDUC. PRIMARIA

3º, 4º, 5º e 6º

DE EDUC.

PRIMARIA

MOMENTO

COLECTIVO

(1h 30 min)

Programa de

Estimulación Temperá.

Programa de

Estimulación Temperá.

Programa

Curricular

Específico Programa de Aprendizaxe

Lúdico - Faladoiros

Programa Curricular

Específico

Page 19: PROGRAMACIÓN XERAL ANUALq...- Capacitar ao alumnado na utilización das TICs para as TACs (Tecnoloxías para a aprendizaxe e o coñecemento). DESENVOLVEMENTO MOTRIZ Para conseguir

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2017 -2018

18 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

MOMENTO

VIVENCIAL

(1h 30 min)

Constitúe un tempo de aprendizaxe sentido, vivido e estimulante: a aprendizaxe

da música, da arte, da lingua estranxeira, dos valores sociais, cívicos e relixiosos

debe realizarse dende unha perspectiva moito máis práctica (con obradoiros,

tarefas, experiencias). Para iso, o profesorado titor e especialista organizará

sesións didácticas nas que o alumnado teña a oportunidade de sentir, vivir e

emocionarse con estas aprendizaxes.

MOMENTO

DE LECER

(30 min)

É o momento que goza todos o alumnado do centro e que consideramos de vital

importancia xa que é onde teñen a oportunidade de xogar dun xeito moito máis

espontáneo e libre. Pensamos que é un momento educativo máis dentro do horario

lectivo e como tal debemos incorporar todo tipo de elementos que axuden ao

alumnado a desenvolver esa necesidade de xogo libre e espontáneo tanto a nivel

de dotación de recursos materiais como de dotación de recursos psicolóxicos,

sociais e persoais.

É un momento no que o alumnado debe aprender a xestionar o seu tempo libre. MOMENTO

COMPARTIDO

(1h 30 min)

Aprendizaxe

Baseado en

Proxectos

Aprendizaxe

Baseado en

Proxectos

Apr. Baseado en

Contextos de

Aprendizaxe

Nos distintos momentos nos que se divide o horario lectivo diario

suceden distintas propostas didácticas que determinan o desenvolvemento das

competencias clave no alumnado.

Co obxectivo de explicitar mellor o funcionamento destas propostas, a

continuación se define e determina o modo de traballar nelas:

PROGRAMA DE ESTIMULACIÓN TEMPERÁ

Dende o curso 2015-2016 estase a por en marcha este proxecto de

estimulación temperá con sesións de psicomotricidade diarias de 45 minutos

nos tres niveis de Educación Infantil e de 30 minutos en 1º e 2º nivel de

Educación Primaria. O profesorado implicado inclúe ás titoras de Infantil e 1º e

2º de Primaria, a mestra especialista de Educación Musical e a mestra

especialista de Educación Física, que é a coordinadora.

Xustificación: O termo psicomotricidade fai referencia a dous tipos de

estruturas que definen o ser humano, as estruturas motrices e as estruturas

psíquicas, principais compoñentes do desenvolvemento humano e da

Page 20: PROGRAMACIÓN XERAL ANUALq...- Capacitar ao alumnado na utilización das TICs para as TACs (Tecnoloxías para a aprendizaxe e o coñecemento). DESENVOLVEMENTO MOTRIZ Para conseguir

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2017 -2018

19 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

formación da súa personalidade. Na idade infantil o desenvolvemento

psicomotor abárcao todo, é dicir, o neno/a ten unha forma de aprender, de

actuar, onde o motriz, o emocional e o cognitivo van totalmente unidos, sendo o

xogo a actividade principal a través da cal se realizan os aprendizaxes básicos:

“Toda aprendizaxe parte dun movemento” (Glen Doman).

Para iso, os educadores, deben propoñer experiencias motrices

axeitadas ás súas posibilidades, que faciliten o desenvolvemento neurolóxico.

Partindo da premisa de que o neno é puro movemento e polo tanto o seu

desenvolvemento xeral depende da cantidade de experiencias motrices vividas

(o cerebro necesita estimulación dende as actividades físicas para

desenvolverse), o que pretendemos coa práctica da psicomotricidade é

garantir que o noso alumnado vivencie un mínimo de expreriencias motrices

diarias. Moi afastados das metodoloxías que buscan ter ao alumnado sentado,

absorvendo contidos en idades temperás. Por considerar esto último

antinatural.

As sesións buscan o desenvolvemento e afianzamento de habilidades

motrices perceptivas previas a calqueira aprendizaxe máis de córtex como

poden ser a lectura e a escritura. En definitiva, una estimulación suficiente dos

sentidos que evite, na medida do posible, problemas de atención,

concentración, etc.

Ao longo das diferentes sesións, trabállanse desprazamentos como

reptar, gatear, etc, equilibrios, estimulación vestibular, habilidade manual

(facendo fincapé no uso da pinza), ritmo, integración de reflexos primitivos e

coordinacións óculo-manual e óculo-podal.

A prácica deste tipo de actividade física beneficia a todo o alumnado,

tanto ao que leve un desenvolvemento acorde coa súa idade cronolóxica como

ao alumnado que por diversas ciscunstancias sufra dalgún retraso, tendo a

portunidade de estimular o seu sistema neurolóxico dende o movemento.

PROGRAMA DE APRENDIZAXE LÚDICO e FALADOIROS

Este programa consiste na organización dun amplo espazo do centro

(unión de tres aulas) no que se ubican distintos recantos de traballo para

Page 21: PROGRAMACIÓN XERAL ANUALq...- Capacitar ao alumnado na utilización das TICs para as TACs (Tecnoloxías para a aprendizaxe e o coñecemento). DESENVOLVEMENTO MOTRIZ Para conseguir

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2017 -2018

20 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

adquirir determinados contidos. Este programa só se desenvolve en Educación

Infantil.

Neste espazo o alumnado, mesturado en idades diferentes, semella

estar xogando dun xeito libre e lúdico, mentres que o profesorado é o artífice

da integración nel de determinadas actividades sistematizadas que buscan o

desenvolvemento integral do alumnado e a aprendizaxe de conceptos básicos

establecidos nas programacións.

Os espazos que poden organizarse nesta macroaula están

determinados polos tipos de contidos que neles se traballan: xogo simbólico

(representacións), recanto artístico (traballos plásticos), construcións

(conceptos básicos), modelado (grafomotriciade), biblioteca (pracer pola lectura

e escritura), música (audicións sonoras, bailes, ritmos…), ecolóxico

(responsabilidades coa natureza), tertulia (comunicación oral e interacción

espontánea), etc.

O programa de aprendizaxe lúdico pode darse en diferentes momentos

do día:

- Despois dos faladoiros e asembleas.

- Ao remate ou antes das sesións de psicomotricidade.

- Durante o traballo de Aprendizaxe Baseado en Proxectos.

Dependendo da ratio que vaia configurando o centro nos vindeiros

cursos, poderase determinar outro tipo de organización co obxectivo de garantir

unha mellor atención educativa para o alumnado.

Así, poderíase aventurar que a mestura de idades se configure en tres

espazos diferentes e, en cada un deles se establezan ambientes de

aprendizaxe que aseguren ao alumnado un desenvolvemento global e permitan

seguir o currículo da etapa. Serán ambientes referidos aos diferentes ámbitos

de expresión, ao coñecemento de si mesmos e á necesaria interacción co

mundo que lles rodea.

Queremos, a través deste programa, coñecer cómo están organizando

esta etapa noutros centros educativos de refencia (galegós e de Castela León).

O Programa de Aprendizaxe Lúdico compleméntase con sesións de

FALADOIROS onde o alumnado participa activamente de conversas

Page 22: PROGRAMACIÓN XERAL ANUALq...- Capacitar ao alumnado na utilización das TICs para as TACs (Tecnoloxías para a aprendizaxe e o coñecemento). DESENVOLVEMENTO MOTRIZ Para conseguir

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2017 -2018

21 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

espontáneas ou dirixidas polo profesorado.

Constitúen un momento extraordinario para que o alumando poida

trasladar as súas vivencias, experiencias, preocupacións, intereses... dende

unha perspectiva o máis normalizadora posible. Os faladoiros buscan axilizar a

expresión oral do alumnado e que, dende ben pequenos sexan capaces de

comunicar como se sinten, cales son os seus gustos, pequenos conflictos...

Dende o pasado curso 2016 - 2017 todo o claustro acordou fixar un día

específico durante 30/40 minutos onde o alumnado de Educación Infantil tería

un faladoiro para traballar aspectos relacionados co desenvolvemento

emocional, afectivo e sentimental. Un traballo que se traslada tamén a etapa de

Educación Primaria cunha maior duración. Cremos que si dende idades

temperás comezamos a traballar o coñecemento mutuo da parte máis íntima

do alumnado, teremos a oportunidade de coñecernos mellor e así posiblitar

unha mellor adecuación dos procesos de ensino e aprendizaxe e mellorar a

convivencia no noso centro.

Nos faladoiros poderán intervir tamén determinadas rutinas que

aseguran ao alumnado unha serie de procedementos sistemáticos que lle

ofrecen seguridade e, ademais, supoñen unha carga motivacional extra xa que

son eles mesmos os que teñen que asumir determinadas responsabilidades.

APRENDIZAXE BASEADA EN PROXECTOS

O alumnado de Educación Infantil, mesturados en idades distintas,

desenvolven a súa aprendizaxe atendendo á seguinte estratexia pedagóxica,

organizativa e didáctica:

A aprendizaxe baseada en proxectos (ABP): A ABP facilita

enormemente a consecución dos obxectivos que nos marcamos co noso

alumnado: son motivadores, integradores, axudan a socializar, son

significativos, parten das intereses do alumnado e posibilitan un ensino

globalizado dos contidos escolares e unha aprendizaxe integral (non dividida

por disciplinas).

No interior das aulas existirán espazos (aos que chamamos

minicontextos de aprendizaxe ou no futuro os ambientes de aprendizaxe)

Page 23: PROGRAMACIÓN XERAL ANUALq...- Capacitar ao alumnado na utilización das TICs para as TACs (Tecnoloxías para a aprendizaxe e o coñecemento). DESENVOLVEMENTO MOTRIZ Para conseguir

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2017 -2018

22 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

nos que se traballa principalmente unha materia que, unido a outros temas

diversos e aos demáis minicontextos, interrelacionan as áreas, complementan

o currículo e desenvolven un proxecto didáctico.

Así, nas aulas de Educación Infantil establécense distintos minicontextos

de aprendizaxe: das tecnoloxías, das artes, dos números e das palabras, do

xogo simbólico, das construcións, do robot, etc. En cada un traballan

diariamente un equipo de tres ou catro alumnos/as que, dun xeito cooperativo e

colaborativo, van desenvolvendo as competencias a través do estudo dun

determinado proxecto didáctico.

Nas aulas dos primeiros niveis de Educación Primaria (1º e 2º) existen,

como mínimo, cinco minicontextos de aprendizaxe que non teñen porque ser

fixos ao longo do curso:

- As palabras

- Os números

- A tecnoloxía

- A arte

- A ciencia (minicontexto do proxecto)

- O xogo (minicontexto onde integrar a parte lúdica da aprendizaxe)

Todo o alumnado se sitúa diariamente nos distintos minicontextos

completando a formación multidisciplinar ao longo de toda a semana. Ademáis,

en determinados momentos, o alumnado conta co apoio doutros mestres

dentro da aula e deciden, en moitas ocasións, aproveitar outros espazos que

existen no centro para poder elaborar os seus traballos con maior

concentración e autonomía (biblioteca, patio, informadeiro, aulas valeiras, os

corredores, …). Neste tipo de organización os minicontextos soen ser estables

ao longo de todo o ano. Isto quere dicir que o alumnado pasa, periódica e

sistematicamente, por todas as zonas para traballar nun proxecto determinado

dun xeito multidisciplinar desenvolvendo as competencias clave. Esta

estabilidade ofrécelle ao alumnado a posibilidade de profundar no

coñecemento e desenvolver as súas capacidades.

Os minicontextos son complementarios. En todos eles, á parte da

aprendizaxe de conceptos e procedementos tamén axudan a ir desenvolvendo

a personalidade e as relacións sociais. A organización social destes

Page 24: PROGRAMACIÓN XERAL ANUALq...- Capacitar ao alumnado na utilización das TICs para as TACs (Tecnoloxías para a aprendizaxe e o coñecemento). DESENVOLVEMENTO MOTRIZ Para conseguir

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2017 -2018

23 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

minicontextos, con equipos de alumnado, posibilita a expresión de emocións e

a interacción. Por medio desta interacción os esquemas conceptuais e

actitudinais van evolucionando, e ao mesmo tempo vaise desenvolvendo a

identidade de cada persoa e a do grupo.

PROGRAMA CURRICULAR ESPECÍFICO

En Educación Primaria, cada grupo de alumnos/as, do mesmo nivel,

sitúase na aula co seu titor/a para desenvolver tarefas centradas en

determinados contidos establecidos no currículo para estes niveis da

Educación Primaria e que están previamente determinados nas programacións

didácticas: principalmente contidos referidos á competencia en comunicación

lingüística e matemática que son propios de cada nivel: ortografía, vocabulario

e gramática nas linguas, cálculo, numeración e algúns contidos máis que é

necesario traballar dun xeito máis específico co grupo de igual idade.

Concretamente soen ser os contidos referidos ao Bloque 2 da área de

matemáticas e ao bloque 4 de contidos das áreas lingüísicas.

O mestre de Inglés tamén conta con sesions curriculares específicas

para traballar contidos referidos ao vocabulario e gramática da lingua inglesa.

PROGRAMA DE APRENDIZAXE VIVENCIAL

Constitúe un tempo de aprendizaxe vivido: a música, a arte, a segunda

lingua estranxeira, os valores sociais, cívicos e relixiosos, o teatro… deben ser

ensinados e aprendidos dende unha perspectiva moito máis práctica. Para iso,

o profesorado especialista organizará sesións didácticas nas que o alumnado

teña a oportunidade de sentir, vivir e emocionarse coas aprendizaxes.

Impartirase en espazos determinados e específicos que posibilitarán

un traballo “manipulativo”, directo, eminentemente práctico e moi conectado

coas vivencias do propio alumnado. Así, os contidos curriculares referidos

á música, ó inglés, aos valores sociais, cívicos e relixiosos, aos obradoiros

científicos, matemáticos, lingüísticos e artísticos serán tratados dende unha

vertente moito máis real e significativa: bailes, cancións, ritmos e melodías,

Page 25: PROGRAMACIÓN XERAL ANUALq...- Capacitar ao alumnado na utilización das TICs para as TACs (Tecnoloxías para a aprendizaxe e o coñecemento). DESENVOLVEMENTO MOTRIZ Para conseguir

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2017 -2018

24 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

dramatizacións, obradoiros en inglés, obradoiro do supermercado… son

exemplos nos que desenvolvemos determinados contidos destes niveis e

das áreas de coñecemento.

En Educación Primaria a tipoloxía de actividades son xa máis

específicas e cun maior grado de dificultade e estarán centradas en retos e

plans de traballo ou proxectos nos que se desenvolva o currículo das

especialidades de: Música, EF, Inglés, Valores Sociais e Cívicos, Relixión e

outros contidos que poden ser ensinados e aprendidos en obradoiros:

marquetería, traballo con barro, sesións de ganmificación, aprendizaxes

vivenciais en situacións reais ou simuladas (supermercado)…etc.

APRENDIZAXE BASEADA EN CONTEXTOS DE APRENDIZAXE

O alumnado de 3º e 4º, mesturados, e de 5º e 6º (tamén mesturados)

desenvolven a súa aprendizaxe atendendo á seguinte actuación pedagóxica,

organizativa e didáctica:

Contextos de Aprendizaxe: En cada contexto trabállanse proxectos dunha

área que, unido a outros temas diversos, interrelaciona coas distintas áreas de

coñecemento e complementan o currículo dun xeito multidisciplinar. En cada

contexto traballa un docente como mínimo. As aulas de 3º, 4º, 5º e 6º

converteranse nos seguintes contextos de aprendizaxe e neles traballarase

atendendo ás seguintes dinámicas:

O LABORATORIO: Proxectos Científicos nos que se desenvolven todas as

competencias clave dun xeito integral e con naturalidade, e nos que se

traballan establecendo relacións entre os contidos da competencia científica e

os de outras competencias (lingüística, tecnoloxica, lóxica e matemática,

social…etc.).

O contexto científico está dividido en catro ou cinco minicontextos (en función

da ratio) nos que se traballan devanditos proxectos dende unha perspectiva

ampla de desenvolvemento competencial.

Os diferentes recantos presentes nesa aula determinan a tipoloxía de

actividades a desenvolver.

Page 26: PROGRAMACIÓN XERAL ANUALq...- Capacitar ao alumnado na utilización das TICs para as TACs (Tecnoloxías para a aprendizaxe e o coñecemento). DESENVOLVEMENTO MOTRIZ Para conseguir

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2017 -2018

25 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

- Laboratorio: recanto adicado principalmente á realización de experimentos ou

investigacións diversas, segundo a temática do proxecto estudiado. O

alumando pode comprobar de primeira man procesos coma a fotosíntese ou os

cambios de estado da auga entre outros.

- Museo: recanto entendido como un espacio de cultura e de aprendizaxe, que

moitas veces supón unha verdadeira revolución didáctica moito máis potente

que a mera transmisión de contidos. Os nenos traballan de maneira creativa na

reproducción de murais ou maquetas coma a pirámide dos alimentos ou un

ecosistema mariño ou terrestre.

- Biblioteca: centro de recursos para a aprendizaxe que ofrece oportunidades

para realizar experiencias de creación e utilización de información co fin de que

adquiriran conoñecementos, comprendan e desenvolvan a imaxinación.

O alumnado familiarízase coa investigación e búsqueda de información en

libros de ciencia e guías didácticas.

- Recanto das TICs: este é un lugar para coñecer e utilizar tódalas posibilidades

que o soft e o hard informático posibilitan (procesadores, bases de datos,

enciclopedias, aplicacións, multimedia, etc.). Preténdese que os nenos

busquen e seleccionen na rede a información necesaria e a utilicen para os

seus proxectos, actividades, traballos e iniciativas científicas. Que creen con

estas ferramentas todo tipo de documentos, arquivos, información e a

comuniquen a través de internet.

- A impresión 3D: Consiste en reproducir pezas a escala dos seu diseños para

fabricar prototipos de traballo relacionados con contidos escolares:

arquitectura, máquinas simples, escultura...etc.

Previamente á impresión 3D o proceso iníciase no traballo de debuxo en papel

(2D) para logo trasladalo a barro ou a plastilina e finalmente ao linguaxe

informático dun software que permite crear obxectos en tres dimensións.

A CALCULADEIRA: Proxectos Matemáticos nos que é moi importante acercar

os conceptos matemáticos á vida e á posibilidade de vivilos dun xeito práctico e

manipulativo. Neste contexto haberá distintos espazos (recantos) que, dun

xeito global, nos permitirán comprender a utilidade das matemáticas na vida

real:

Page 27: PROGRAMACIÓN XERAL ANUALq...- Capacitar ao alumnado na utilización das TICs para as TACs (Tecnoloxías para a aprendizaxe e o coñecemento). DESENVOLVEMENTO MOTRIZ Para conseguir

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2017 -2018

26 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

- A robótica: Pensado como lugar para achegarse á programación e, de paso,

traballar contidos referidos á competencia matemática: numeración, lonxitude,

formas xeométricas, medidas de tempo e distancia…etc.

- Supermercado: Recanto dedicado principalmente á realización de todo tipo de

operacións que teñan que ver cun supermercado pero non soamente

operacións senón tamén o cálculo de porcentaxes, fraccións, capacidade,

peso,...

- Vida cotiá: As matemáticas están presentes en moitos momentos da nosa vida

e é neste recanto onde se traballan. Dende saber interpretar unha escala ata o

prezo das porcións dunha empanada son cuestións traballadas neste recanto.

- Xeometría: Recanto no que se fomentan as matemáticas debuxadas, figuras

xeométricas, planos, ángulos, prismas, escalas, circunferencias,... A

representación espacial ten unha importancia moi destacada neste recanto e

as veces é a gran esquecida nos contidos pero nós concedémoslle con este

recanto a importancia que se merece.

- Tratamento da información: É este un lugar para a interpretación de facturas,

tíckets, nóminas, descontos,... aquela información en forma de números que

temos que analizar e interpretar por medio de operacións.

A VERBADEIRA: Proxectos Literarios ou Lingüísticos nos que se

desenvolverán dun xeito multidisciplinar e transversal contidos variados e de

distintas disciplinas: ciencias, valores, linguas, conmemoracións especiais, os

temas transversais…etc. Neste contexto terán especial tratamento a linguaxe

oral e a linguaxe escrita a través do establecemento de recantos que permitirán

traballar con diferentes tipoloxías de textos e programar distintas actividades:

- Literatura Virtual: Este minicontexto está adicado a creación por parte do

alumnado de escenarios en realidade virtual onde calqueira persoa poida

percorrer os espazos, escoitar e ver os lugares e acontecementos de

determinadas obras litearias infantiles.

Tamén será de utilidade para ter acceso, a través dunhas gafas de RV, a

escenarios diversos e asociados á realidade na que o alumnado vive: espazos

naturais, artificiais, imaxinados… e colocar neles textos, imaxes, vídeos e

Page 28: PROGRAMACIÓN XERAL ANUALq...- Capacitar ao alumnado na utilización das TICs para as TACs (Tecnoloxías para a aprendizaxe e o coñecemento). DESENVOLVEMENTO MOTRIZ Para conseguir

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2017 -2018

27 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

audios que axuden a comprender mellor ditas realidades.

- Procesando Textos: Recanto adicado principalmente a expresión escrita con

actividades centradas na elaboración de diferentes tipos de textos que posúen

unhas características xa definidas: relatos, noticias, receitas, menús, diálogos,

narracións, poemas, descricións...

- Literatura Creativa: Neste espazo o alumnado terá a oportunidade de darlle

rienda á súa imaxinación a través da creación literaria creativa con actividades

como: glosarios, adiviñas, cómic, microrrelatos, twits, carteis publicitarios,

cartas, poesía, pareados...

- Conferencias: Recando no que se fomenta a expresión oral con actividades

como: videocontos, contacontos, entrevistas, programas de radio, exposicións

orais, presentacións con audio incorporado, videotutoriais...

- Pasatempos: É este un lugar para o xogo coa lingua e coa palabra. Actividades

tan variadas como: sopas de letras, crucigramas, dameros, xeroglíficos,

aforcados, cruzadas, adiviñas, deducións, definicións, pasapalabra... son de

moi bo gusto para o alumnado. Neste caso non só teñen que intentar facer os

distintos pasatempos que se lle plantexan senón que tamén deberán elaborar

pasatempos propios.

HUMANIDADEIRO: Dende unha perspectiva actual e atendendo sempre a

realidade social e cultural onde vive e se desenvolve o alumnado, este

contexto vai ser vital para comprender o que nos rodea. Serán proxectos nos

que tamén van intervir varias disciplinas e onde se tratarán fundamentalmente

temas relacionados coas as ciencias sociais dende unha perspectiva

determinada: entendendo o que sucede ou sucedeu ao noso redor, poderemos

entender o que sucede ou sucedeu en contextos máis amplos e descoñecidos.

No contexto humanístico existen catro ou cinto espazos ben diferenciados que

permiten o desenvovemento competencial do alumnado;

- Espazo aumentado: pensado para que o alumnado aumente imaxes (a modo

bits de intelixencias) relacionadas cos contidos propios das ciencias sociais.

Ao aumentar esas imaxes escanándoas, teremos a oportunidade de acceder a

información creada polo alumnado en multitude de formatos: audio, imaxe,

vídeo, texto, gráfica…

Page 29: PROGRAMACIÓN XERAL ANUALq...- Capacitar ao alumnado na utilización das TICs para as TACs (Tecnoloxías para a aprendizaxe e o coñecemento). DESENVOLVEMENTO MOTRIZ Para conseguir

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2017 -2018

28 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

- Espazo Documental: neste recanto o alumnado busca, selecciona, organiza

información sobre diferentes temas (en soporte escrito ou dixital) coa finalidade

de producir algo.

- Espazo Xeográfico: neste recanto o alumnado utiliza planos, mapas,

planisferios, globos terráqueos, etc., para localizar e situar diferentes

elementos: formas do relevo, ríos, países, lugares de interese...

- Espazo Audiovisual: neste recanto o alumnado emprega diferentes medios

audiovisuais para publicar e transmitir os coñecementos adquiridos. Os medios

e recursos empregados son: tablets, ordenadores, aplicacións dixitais e

programas informáticos de texto, imaxe, audio e vídeo.

- Espazo Artístico: neste recanto o alumando elabora diferentes creacións

plásticas sobre os temas traballados.

O INFORMADEIRO: Todas as actividades teñen un paraqué en sí mesmas,

unhas veces é gozar ao realizalas, e outras veces na saída que teñen cara ao

exterior a través dos medios de comunicación: radio, prensa, televisión,

internet, exposicións, presentacións, representacións, debates, etc. Á vez que

lle dan sentido e funcionalidade ás actividades, os medios de comunicación fan

que medre o interese e a motivación. O tipo de saída que teñan as actividades

determinará a planificación, a responsabilidade do alumnado e o uso de

recursos. Contamos cun espazo no centro no que colocamos os recursos

necesarios para desenvolver nel programas de radio, televisión, elaboración da

prensa escrita e confección e edición dun caderno de bitácora online. Este

espazo ten un grupo asignado cada dous días e conta cuns mestres que

diariamente pasa a xornada lectiva nese espazo.

Dous alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º desenvolverán os martes e os xoves o

traballo nos medios de comunicación. O traballo consiste na elaboración de

escaletas para a radio, programas de televisión (debates, informativos…),

noticias para o xornal escolar e a publicación das novidades nas redes sociais

do centro e no blog do Informadeiro.

Neste tipo de organización, os contextos de aprendizaxe soen ser

estables ao longo de todo o ano. Esto quere decir que o alumnado pasa,

Page 30: PROGRAMACIÓN XERAL ANUALq...- Capacitar ao alumnado na utilización das TICs para as TACs (Tecnoloxías para a aprendizaxe e o coñecemento). DESENVOLVEMENTO MOTRIZ Para conseguir

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2017 -2018

29 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

periódica e sistemáticamente por todas as zonas para traballar nun proxecto

determinado dun xeito multidisciplinar desenvolvendo así todas e cada unha

das competencias clave. Esta estabilidade ofrécelle ao alumnado a posibilidade

de profundar no coñecemento e desenvolver as súas capacidades.

Os contextos de aprendizaxe son complementarios. En todos eles, á

parte da aprendizaxe de conceptos e procedementos tamén axudan a ir

desenvolvendo a personalidade e as relacións sociais.

A organización social destes espazos posibilita a expresión de emocións

e a interacción. Por medio desta interacción os esquemas conceptuais e

actitudinais van evolucionando, e ao mesmo tempo vaise desenvolvendo a

identidade de cada persoa e a do grupo. Para logralo, fomentamos o traballo

en grupo, xa que a interación mutua serve para enriquecer o proceso de

aprendizaxe de cada individuo.

Deste xeito se organiza a actuación educativa do CEIP de Viñagrande

Deiro.

Outras características metodoloxícas que nos definen

o A mestura de idades é un elemento máis que amplía tanto o marco da

diversidade como o da interación social. Nos grupos de Infantil e Primaria (1º

con 2º, 3º con 4º e 5º con 6º) xúntase o alumnado dos dous niveis diferentes

dos xa desaparecidos ciclos. Deste xeito, posibilitamos a interación e

ofrecemos a posibilidade de desempeñar roles diferentes. En Educación Infantil

alumnado de 3, 4 e 5 anos traballan conxuntamente sempre.

o Aprendizaxe cooperativa e disposición do alumnado en

grupos/equipos. Todo o alumnado do centro, dende Educación Infantil ata 6º

de Educación Primaria, traballa atendendo ás normas xerais de aprendizaxe

cooperativo e colaborativo.

Para iso é fundamental a disposición das mesas e sillas. En todo o centro as

mesas e sillas se colocarán en grupos (mínimo de 3 e máximo de 6).

O tipo de estratexias de traballo cooperativo e colaborativo serán deseñadas e

implementadas na aula polo profesorado. En sesións formativas será

Page 31: PROGRAMACIÓN XERAL ANUALq...- Capacitar ao alumnado na utilización das TICs para as TACs (Tecnoloxías para a aprendizaxe e o coñecemento). DESENVOLVEMENTO MOTRIZ Para conseguir

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2017 -2018

30 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

obrigatorio trasladar ao resto do claustro o que, cando, como e porqué se

desenvolven co alumnado.

o Programas de ciclo. Pensamos que a mellor maneira de organizar a

planificación didáctica no relativo ao currículo é deseñando programas

curriculares por ciclos de dous anos. Este feito ofrece a posibilidade a cada

individuo de desenvolver o seu propio potencial e avanzar segundo o seu ritmo

e nivel.

o A integración real e efectiva das TACs. A nosa aposta pola integración e o

uso das tecnoloxías nas nosas aulas consiste básicamen en utilizalas para que

o alumnado poida crear contido propio por si mesmo.

Dende a nosa perspectiva a tecnoloxía debe utilizarse con sentido común (e en

igualdade de condicións que o resto de materiais didácticos). Ao igual que co

aprendizaxe de calquera tipo de contido dunha determinada área, a entrada de

información que se lle ofrece ao alumno debe ser de calidade e a saída que o

alumno lle da a esa información a través dun produto final debe ser tamén de

calidade. Para facelo así xoga unha importancia vital o uso das TAC dende

unha perspectiva creadora e creativa.

Por outro lado o uso das TIC no noso centro ten unha dobre finalidade: gozar

do seu uso e darlle saída ao exterior aos traballos que elabora o alumnado a

través dos medios de comunicación que traballamos na escola.

A integración das TAC será progresiva atendendo á idade do alumnado de

xeito que:

- O alumnado de Educación Infantil iniciarase no uso da tecnoloxía dun xeito

reducido e no que xoga un papel moi importante a planifacíón das tarefas “con

tecnoloxía” que programe o profesorado desta etapa.

Cremos que é o profesorado desta etapa o máximo responsable de que o uso

da tecnoloxía se realice dende unha visión responsable e respetuosa coas

necesidades deste alumnado.

- O alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria continuará con evolución no

referido ao traballo coas TAC iniciándose na creación de contido propio a

través da iniciación en determinadas aplicacións e software de alto potencial

educativo.

Non se considera unha boa iniciación ás TAC permitir ao alumnado traballar

Page 32: PROGRAMACIÓN XERAL ANUALq...- Capacitar ao alumnado na utilización das TICs para as TACs (Tecnoloxías para a aprendizaxe e o coñecemento). DESENVOLVEMENTO MOTRIZ Para conseguir

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2017 -2018

31 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

con aplicacións que o único que promoven é o xogo pasivo.

Dende a nosa perspectiva a integración das TAC nestas idades debe basearse

no uso da tecnoloxía con finalidade creadora, de acceso á información ou para

a práctica cos contidos curriculares.

- Nos Contextos de Aprendizaxe a integración das TAC ten unha dobre

finalidade para o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º: a creacion de contido propio para

o alumnado (a través do uso e manexo de aplicacións e programas de alto

potencial educativo e creativo) e a necesidade de darlle saída ao exterior dos

traballos que realizan nas aulas.

o A Mediateca e a Biblioteca son os lugares de recursos, son as fontes

básicas de información para realizar as actividades dos minicontextos. O libro

de texto non é un recurso básico. Existen moitos mateirias e compártense.

A mediateca é o lugar onde se gardan os distintos materiais didácticos que son

necesarios para traballar nos contextos e minicontextos de aprendizaxe.

A biblioteca é o eixo central do acceso á infomación para traballar as distintas

propostas didácticas e proxectos.

o Utilizamos plans de traballo: son listados de procedementos ordenados e

sistemáticos para realizar as actividades presentes nos distintos contextos e

minicontextos de aprendizaxe, que axudan ao alumno a planificar o traballo, a

centrarse na actividade, a situarse no proceso de aprendizaxe e a desenvolver

a súa autonomía.

Os plans de traballo serán remitidos á dirección do centro (semanal ou

mensualmente) coa finalidade de facerse cun banco de recursos que

configurará as programacións didácticas dos diferentes niveis, etapas e áreas.

En Educación Infantil, 1º e 2º de Educación Primaria e nos Contextos de

Aprendizaxe o alumnado ten que ter acceso aos plans de traballo de forma

física na aula.

Para facelo suxírese seguir as seguintes recomendacións:

- Os plans de traballo en Educación Infantil integrarán imaxe (na parte

superior) e textos breves con letra en maiúsculas e minúsculas (na parte

inferior).

- Os plans de traballo en 1º e 2º de Educación Primaria integrarán breves

textos en letras minúsculas na parte superior do documento (con pasos ben

Page 33: PROGRAMACIÓN XERAL ANUALq...- Capacitar ao alumnado na utilización das TICs para as TACs (Tecnoloxías para a aprendizaxe e o coñecemento). DESENVOLVEMENTO MOTRIZ Para conseguir

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2017 -2018

32 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

pautados para realizar a actividade) cunha imaxe relacionada na parte inferior.

- Os plans de traballo nos Contextos de Aprendizaxe esixirán un maior grado

de integración de texto (coas explicacións e pasos ben definidos e explicitados

con claridade). A integración da imaxe será opcional.

o Implicamos ao alumnado na avaliación. O alumnado, a través de rúbricas,

debe coñecer de antemán o plantexamento das actividades, exercicios e

tarefas a desenvolver e as competencias e coñecementos que se van avaliar.

Isto axudará ao alumnado a tomar conciencia da súa propia evolución nos

procesos de aprendizaxe que se desenvolvan.

Cada proxecto se iniciará dándolle a coñecer ao alumnado a rúbrica que

determinará a avaliación. Esa rúbrica integrará elementos propios de cada

proxecto e items xerais que serán utilizados en todos os proxectos e

indicadores máis específicos de cada unha das actividades que se

desenvolverá en cada recanto da aula e do proxecto didáctico a traballar.

Ademais disto, será necesario que estas rúbricas sexan coñecidas tamén polas

familias para garantir o acceso a información dos proxectos que se están

desenvolvendo nas aulas.

Trimestralmente o profesorado lle pide ao alumnado unha avaliación do

proceso educativo seguido nos diferentes contextos de aprendizaxe.

Ademais desta importante actuación, con respecto á avaliación tamén

debemos considerar os seguintes aspectos:

- Co obxectivo de ofrecer unha maior información ás familias do proceso

educativo dos seus fillos e fillas, todo o profesorado do centro participa na

elaboración cuatrimestral duns informes individualizados que se entregan en

man nos meses de febreiro e xuño onde se lle ofrece unha información ás

familias moito máis completa que o simple boletín de cualificacións:

potencialidades, elementos a mellorar, desenvolvemento integral (emocional,

social, cognitivo, persoal...), etc.

- O profesorado do centro realiza, ao remate do curso, unha autoavaliación da

súa función docente. Os datos desta autoavaliación docente e da avaliación

que o alumando fixo do seu proceso educativo vivido son recollidos na

Page 34: PROGRAMACIÓN XERAL ANUALq...- Capacitar ao alumnado na utilización das TICs para as TACs (Tecnoloxías para a aprendizaxe e o coñecemento). DESENVOLVEMENTO MOTRIZ Para conseguir

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2017 -2018

33 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

memoria final do curso como propostas de mellora para o vindeiro curso.

o O traballo en equipo do profesorado é imprescindible para deseñar e

xestionar os programas e proxectos didácticos, avaliar o proceso de

aprendizaxe, cumplir co traballo diario e levar a cabo os proxectos do centro.

O profesorado ten a obriga de traballar en equipo cos demais mestres que

conforman o claustro. Esta coordinación dase con maior cercanía entre os

mestres da etapa de Educación Infantil, 1º ciclo e entre os responsables dos

contextos de aprendizaxe.

De todas maneiras, o profesorado especialista debe preocuparse por coñecer

os proxectos que están desenvolvendo nas diferentes aulas para que as

propostas didácticas das especialidades poidan relacionarse cos proxectos

didácticos das titorías. E viceversa tamén.

o A formación do profesorado ten que ser permanente, continuada e sen fin.

Todas as fontes de formación son enriquecedoras pero cremos que son

esenciais as dinámicas formativas que se dan no interior das estruturas do

centro. Pensamos que é moi importante que o centro dispoña de espacios,

tempos e lugares nos que poder compartir experiencias formativas

mutuamente: formación “in situ” no interior da aula, sesións formativas fóra do

horario lectivo no que os relatores seremos nós mesmos, profesionais externos

que nós solicitamos segundo as nosas necesidades, PFPP... Temos que ser

consciente que con estratexias deste tipo a formación desenvólvese todos os

días e dun xeito natural no contacto entre iguais (docentes).

o Un novo concepto de titoría. En Educación Primaria, no momento

colectivo, hai dúas sesións específicas dentro do horario que se distribuirán

semanalmente: unha semana será a sesión de titoría e á semana seguinte a

sesión que chamamos “comisións de mellora”. Os obxectivos destas dúas

sesións son:

- Analizar a realidade do grupo e as relacións, provocar a comunicación,

facer aflorar situacións afectivas.

- Profundar no autocoñecemento.

- Analizar problemas e temas sociais, axudar a desenvolver unha actitude

positiva ante eles.

O profesor/a, para dinamizar as sesións de titoría, utilizará toda a información

Page 35: PROGRAMACIÓN XERAL ANUALq...- Capacitar ao alumnado na utilización das TICs para as TACs (Tecnoloxías para a aprendizaxe e o coñecemento). DESENVOLVEMENTO MOTRIZ Para conseguir

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2017 -2018

34 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

que diariamente vai recollendo nas diferentes actividades. O noso sistema

posibilita ao alumnado expresar os seus sentimentos, coñecerse mellor e

canalizar as súas relacións; por tanto non é necesario inventar xogos,

contamos contínuamente con situacións reais.

O obxectivo das sesións das “comisións de mellora” é fomentar unha actitude

positiva para a convivencia e levar a cabo diferentes iniciativas que puideran

producir melloras no noso centro e en distintos eidos: convivencia, medio

ambiente, estética interna e externa do centro, biblioteca, recreos, actividades

extraescolares... ou outras que se consideren necesarias.

En cada grupo de alumnos/as elixiranse responsables para cada comisión,

que, cada quince días, se reuninarán para analizar o que está sucedendo

nesas realidades e propoñer melloras.

o Outras propostas que se están inicianto este mesmo curso:

- Visitas das familias para ver “in situ” o desenvolvemento do Proxecto

Educativo.

- Participación voluntaria de familias e veciños para favorecer a

interacción do alumnado en actividades académicas e curriculares.

- Organización de Faladoiros Literiarios, Científicos, Matemáticos e

Artísticos coas familias como forma de acercamento cultural na contorma

máis próxima.

- Sesións formativas á comunidade educativa sobre diferentes

temáticas: usuarios de bibliotecas, tecnoloxías, pedagoxía, arte...etc.

2.- CONTRATO – PROGRAMA DE REFORZO, ORIENTACIÓN E APOIO

Este ano, de novo, estamos decididos a participar na “posible”

convocatoria da Consellería de Educación deste programa que posibilitará a

organización no centro dun espazo e dun tempo no que o alumnado con

maiores dificultades de estudo e traballo académico teña a oportunidade de

contar cun mestre que, fora do horario lectivo, atenda de forma

individualizada a este alumnado coa conseguinte mellora que se produciría

no seu rendemento académico.

Page 36: PROGRAMACIÓN XERAL ANUALq...- Capacitar ao alumnado na utilización das TICs para as TACs (Tecnoloxías para a aprendizaxe e o coñecemento). DESENVOLVEMENTO MOTRIZ Para conseguir

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2017 -2018

35 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

Ademáis, tamén se estudará a posibilidade de aumentar o potencial

deste programa incluíndo novas liñas de actuación centrada na mellora das

competencias lingüística, científica, tecnolóxica e matemática do alumnado,

mellora da convivencia, mellora do nivel de coñecementos para acadar a

excelencia e mellora da calidade na xestión do centro.

3.- PLAN DE MELLORA DA BIBLIOTECA ESCOLAR

Este curso continuaremos co desenvolvemento do PLAMBE a través

da incorporación a esta PXA das LIÑAS PRIORITARIAS DE ACTUACIÓN

NA BIBLIOTECA ESCOLAR para este curso 2017 - 2018. O PLAMBE é un

proxecto que está convertendo o noso centro nun lugar de enriquecemento

cultural e onde o alumnado vai ter a oportunidade de mellorar as súas

competencias e a comunidade educativa mellorar o seu enriquecemento

cultural. Ademais posibilitaría dotar a biblioteca duns recursos bibliográficos,

tecnolóxicos e de mobiliario que nos permitirían abordar ambiciosos cambios

na estrutura e funcionamento da biblioteca escolar.

4.- PLAN PROXECTA

Este ano temos un grupo mestres de Educación Infantil e Educación

Primaria que participaran nos seguintes programas pertencentes ao Plan

Proxecta: Aliméntate Ben e Xogade.

5.- SECCIÓNS BILINGÜES

Neste curso, ao igual que os últimos dous anos, desenvólvense no

noso centro catro Seccións Bilingües, abarcando os cursos de 3º, 4º, 5º e 6º

de Educación Primaria. Impártense na hora de Educación Artística; expresión

plástica, sendo unha iniciativa satisfactoriamente valorada polas familias e

que este ano, por desgraza, volve non contar coa presenza dunha persoa

auxiliar de conversa que favorecería a competencia en comunicación

lingüística en lingua inglesa no noso alumnado.

Page 37: PROGRAMACIÓN XERAL ANUALq...- Capacitar ao alumnado na utilización das TICs para as TACs (Tecnoloxías para a aprendizaxe e o coñecemento). DESENVOLVEMENTO MOTRIZ Para conseguir

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2017 -2018

36 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

6.- “COIDADO CO CHANZO”. PASO DA ED. PRIMARIA Á SECUNDARIA.

Dende fai tres anos, e despois dun proceso de coordinación entre o

noso centro e o IES ao que estamos adscritos, contamos cun programa

claro, conciso e ben estruturado para o paso do alumnado da Educación

Primaria á Educación Secundaria e que levará por título “Coidado co chanzo:

transición de Primaria a Secundaria.

Este programa será eminentemente orientativo, é dicir, pretende mellorar

a coordinación entre ambos centros educativos, CEIP e IES, para mellorar o

tránsito do alumnado de sexto curso. Para iso debemos actuar tanto dentro

coma fóra do centro escolar, seguindo unha serie de fases:

Etapa de pretransición: Accións que deben ser previas ao cambio de

centro, polo tanto levaranse a cabo no centro de Educación Primaria.

A súa temporalización será o terceiro trimestre.

Etapa de cambio: Accións que se tomarán durante o primeiro

trimestre, ou meses do curso, xa dentro do IES.

Etapa de adaptación: levarase a cabo a partires do primeiro trimestre,

durante todo o curso, e supón garantir e corrixir os problemas, sobre

todo a nivel académico que teñan xurdido.

7.- SAMSUNG SMART SCHOOL

Dende o fai dous anos o CEIP de Viñagrande Deiro participa neste

proxecto que ten como obxectivo principal crear máis posibilidades

educativas nos centros educativos españois. O desenolvemento deste

proxecto no noso centro ten unhas particularidades especiais.

O proxecto, financiado por Samsung e organizado polo INTEF, está

dirixido ao alumnado de 5º de Educación Primaria inda que no noso centro

(polo reducido número de alumnos) podemos implementalo en todos os

niveis de Infantil e Primaria.

A nova organización pedagóxica do noso centro e a modificación

Page 38: PROGRAMACIÓN XERAL ANUALq...- Capacitar ao alumnado na utilización das TICs para as TACs (Tecnoloxías para a aprendizaxe e o coñecemento). DESENVOLVEMENTO MOTRIZ Para conseguir

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2017 -2018

37 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

metodolóxica na que estamos inmersos vai posibilitar demostrar cómo o uso

dos dispositivos móbiles no ensino mellora a aprendizaxe do alumnado si se

traballa atendendo a un método de traballo centrado na produción de

contidos por parte do alumnado e na colaboración entre o alumnado para

crear ese tipo de contidos: programas de radio, audios, videos, carteis,

mapas mentais, audiocontos, revistas online, xornais, diferentes tipos de

textos, tutoriais…etc.

O uso de aplicacións de alto potencial educativo vai permitir ao

alumnado crear unha infinidade de productos. Esto unido ao cooperativismo

entre o alumnado vai mellorar a motivación e o interese pola escola e polos

contidos curriculares cos que se traballan.

Nestes dous últimos anos o noso centro foi, entre máis de 60 centros

de toda España, denominado como centro FARO polo MECD. Este feito

permítenos ser un referente para os demáis centros á hora de demostrar

cómo a integración do dispositivos móbiles cunha determinada metodoloxía

pode favorecer a aprendizaxe do alumnado.

8.- VOZ NATURA

Este curso, por segunda vez, imos participar en Voz Natura cun

proxecto moi ambicioso e que, resumindoo moito, vai consistir en:

- Continuar co horto escolar.

- Estudar os comportamentos e actitudes do ser humán co medio.

- Sensibilizar á comunidade educativa co respecto polo medio ambiente.

- Iniciar os procedementos básicos para a reciclaxe no centro.

- Promover cambios sustanciais no entorno máis próximo en relación ao

coidado do medio ambiente: familias, institución, concello…

- Crear un novo espazo de lecer “biosaudable” no recinto escolar para o

goce e disfrute do alumnado de Educación Infantil.

É un proxecto iniciado o curso pasado e que pretendemos

complementar con novas actuacións este curso 2017 -2018.

Page 39: PROGRAMACIÓN XERAL ANUALq...- Capacitar ao alumnado na utilización das TICs para as TACs (Tecnoloxías para a aprendizaxe e o coñecemento). DESENVOLVEMENTO MOTRIZ Para conseguir

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2017 -2018

38 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

9.- PROGRAMA DE ESTIMULACIÓN TEMPERÁ.

Este curso, tamén continuamos co novidoso e ambicioso proxecto que

se basa na importancia de impartir psicomotricidade tódolos días nas aulas

de Educación Infantil e 1º e 2º de Educación Primaria.

Despois dun proceso de reflexión, de formación e de negociación,

chegouse ao acordo de que nas etapas temperás o movemento planificado,

libre e/ou dirixido axuda considerablemente no desenvolvemento integral do

alumnado e mellora as capacidades do alumnado para adquirir mellor as

aprendizaxes e contidos curriculares futuros.

Así, o alumnado de Educación Infantil e de 1º e 2º de Educación

Primaria coa axuda das súas titoras, da mestra de música e da especialista

en Educación Física dispoñen dunha sesión diaria de psicomotricidade no

seu horario semanal.

O proxecto leva por título: “Estimula o teu corpo, activa o teu cerebro”

e este curso decidiuse continuar polos resultados positivos que se están

obtendo.

10.- INTRODUCIÓN Á ROBÓTICA EN EDUACIÓN PRIMARIA

Foi o noso centro un dos 120 centros seleccionados para participar

neste proxecto de innovación educativa que ten como principal fin que o

alumando poida iniciarse na experiencia de programación básica, robótica e

programación.

Un total de 6 robots chegarán ao noso centro para integralos, dun

xeito natural, nos contextos de aprendizaxe de maneira que o alumnado

poida deseñar e executar determinados retos que posibiliten a relación entre

o currículo e a programación robótica.

11.- PARTICIPACIÓN NOS PROXECTOS OBSERVA_ACCIÓN

Inda que non saíu a resolución definitiva dos centros seleccionados,

Page 40: PROGRAMACIÓN XERAL ANUALq...- Capacitar ao alumnado na utilización das TICs para as TACs (Tecnoloxías para a aprendizaxe e o coñecemento). DESENVOLVEMENTO MOTRIZ Para conseguir

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2017 -2018

39 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

debemos integrar nesta PXA a participación do noso centro nos proxectos de

innovación educativa Observa_Acción.

O programa de innovación educativa “OBSERVA_ACCIÓN:

Innovación docente dende a observación, a avaliación e o intercambio entre

iguais" desenvolverase ao longo de 2 cursos coa finalidade de fomentar o

desenvolvemento profesional en base ao Marco de Competencias

Profesionais Docentes tanto na nosa comunidade como no marco do acordo

interterritorial de colaboración coa comunidade de Castela e León.

Neste caso o noso centro participou na liña de Innova_Acción ao

considerar que puidera ser unha boa oportunidade para valorar o

funcionamento do noso PE dun xeito sistematizado (con observacións dentro

do noso propio centro e cunha autoavaliación propia), para coñecer outras

propostas doutros centros galegos e ver “in situ” os seus modos de traballar,

visitar centros de Castela León no marco dun intercambio innovador e

finalmente ter a posibilidade de viaxar a centros europeos para continuar

aprendendo e, como consecuencia desa aprendizaxe, introducir iniciativas,

estratexias pedagóxicas que puideran mellorar os procesos de ensino e

aprendizaxe, a xestión do centro, a conformación dun equipo docente...etc.

12.- CRE.AP.CIÓN 4.0

CRE.AP.CIÓN 4.0 é un ambicioso proxecto de aprendizaxe servizo

que resultou premiado no IV Concurso Proyecta Innovación cunha dotación

económica que vai permitir ao noso centro e a unha das aulas do CEP Santa

Tegra de Vigo traballar conxuntamente co alumnado hospitalizado da

Unidade de Oncoloxía do hospital Álvaro Cunqueiro.

A finalidade é conseguir romper as barreiras da enfermidade e lograr

que o alumno hospitalizado e o alumnado dos nosos centros poida compartir

traballos curriculares nos que intervén dun xeito moi potente a tecnoloxía;

concretamente a realidade virtual, a realidade aumentada, a robótica e a

impresión 3D ao servizo da aprendizaxe mutua entre alumnado sito en

espazos diferentes que queremos unir.

Page 41: PROGRAMACIÓN XERAL ANUALq...- Capacitar ao alumnado na utilización das TICs para as TACs (Tecnoloxías para a aprendizaxe e o coñecemento). DESENVOLVEMENTO MOTRIZ Para conseguir

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2017 -2018

40 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

13.- P.D.I. A SAÚDE E A MELLORA DA CALIDADE DE VIDA DAS

PERSOAS

Este curso o tema central para toda a Comunidade Educativa será A

SAUDE. Dende esta perspectiva estamos configurando un PDI no que todo o

centro participe na execución dunha serie de actividades que teñan, como

resultado final, un achegamento e unha reflexión en toda a Comunidade

Educativa sobre a estreita relación que teñen moitas realidades

(alimentación, deporte, o arte, o coidado do corpo, a hixiene...) coa mellora

na calidade de vida das persoas.

Nota: Tamén queremos sinalar neste apartado que o centro poderá participar

nalgún outro programa ou convocatoria por parte de institucións ou

administracións que sexan interesantes para o noso alumnado e que sempre

saen convocadas ó longo do curso polo que non se poden integrar nesta PXA:

5.- MODIFICACIÓN DO PROXECTO EDUCATIVO

Si o ano pasado abordamos a elaboración da nova Concreción

Curricular, este curso 2017 -2018 procederase á redación dun novo documento

na que se recollan as Normas de Organización e Funcionamento que se

integrará no PE coas súas sinais de identidade, normas, procedementos,

dereitos e deberes…. para os vindeiros lustros.

6.- ESTRATEXIAS METODOLÓXICAS E ORGANIZATIVAS DE ATENCIÓN

AO ALUMNADO CON NEE.

Intégrase neste epígrafe o Plan de Atención á Diversidade do noso

centro que explica pormenorizadamente as estratexias metodolóxicas e

organizativas que dende o equipo docente e o Departamento de Orientación se

establecen para este curso académico.

1.- INTRODUCIÓN

Educar na diversidade comporta asumila e explotar o seu papel

enriquecedor, ensinar a cada alumna e alumno segundo as súas

Page 42: PROGRAMACIÓN XERAL ANUALq...- Capacitar ao alumnado na utilización das TICs para as TACs (Tecnoloxías para a aprendizaxe e o coñecemento). DESENVOLVEMENTO MOTRIZ Para conseguir

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2017 -2018

41 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

características (capacidades, motivación, intereses, estilo de aprendizaxe,

ritmo,…), facer un currículo aberto, recoñecer e valorar as distintas culturas e

orixes, implicar a toda a comunidade educativa, poñer a disposición do

alumnado todos os medios necesarios e, fundamentalmente, rexerse polos

principios de inclusión e normalización. Recoñécese a heteroxeneidade como

un factor positivo e enriquecedor no marco da calidade educativa.

A atención á diversidade é un principio fundamental do actual modelo

educativo que recolle a Ley Orgánica 8/2013, de 9 de decembro, para la Mejora

de la Calidad Educativa (en adiante LOMCE). Este principio require unha

educación integradora que recoñeza a diversidade da poboación escolar.

Por iso, este Plan faise co ánimo de que a atención ó alumnado non

dependa da arbitrariedade e individualidade senón da responsabilidade, do

traballo compartido, dos medios axeitados e dunha educación de calidade. O

que conleva a un axuste das intervencións educativas ás necesidades reais do

noso alumnado

2.- IDENTIFICACIÓN E VALORACIÓN DE NECESIDADES.

Co fin de dar a resposta máis axeitada ás situacións particulares dos

nosos alumnos e alumnas ó principio de cada curso, procederemos a identificar

e valorar as necesidades dos mesmos. Procurarase que este procedemento se

realice no menor tempo posible.

Se terán en conta as recomendacións finais do curso anterior (informes

de titoría, de pedagoxía terapéutica, de audición e linguaxe, da xefatura do

departamento de orientación,...) sobre a conveniencia de manter con

determinados alumnos e alumnas intervencións xa iniciadas, ou iniciar

intervencións novas.

A identificación inicial será responsabilidade dos/das titores/as, para o

cal contarán tamén coa participación das mestras e mestres que imparten

Page 43: PROGRAMACIÓN XERAL ANUALq...- Capacitar ao alumnado na utilización das TICs para as TACs (Tecnoloxías para a aprendizaxe e o coñecemento). DESENVOLVEMENTO MOTRIZ Para conseguir

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2017 -2018

42 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

docencia no seu curso. O Departamento de Orientación colaborará en todo o

que sexa necesario para levar a cabo a identificación inicial de necesidades.

Con tal fin, se poderán realizar, entre outras accións, avaliacións grupais nos

cursos, sempre que así o solicite a titora ou titor correspondente.

Ao iniciar o segundo ciclo da educación infantil a titora ou titor realizará

una avaliación inicial dos seus alumnos e alumnas, tal e como se indica na

Orde do 25 de xuño de 2009 pola que se regula a implantación, o

desenvolvemento e a avaliación do segundo ciclo da educación infantil na

Comunidade Autónoma de Galicia. No anexo II da citada orde recóllese o

modelo que debe seguir o informe de avaliación inicial.

Na Orde do 9 de xuño de 2016 pola que se regula a avaliación e a

promoción do alumnado que cursa educación primaria, indícase o seguinte:

Ao comezo de cada nivel e durante o primeiro mes do curso escolar, a

persoa titora realizará unha avaliación inicial coa finalidade de adecuar

as ensinanzas ao alumnado e facilitar a progresión satisfactoria no seu

proceso de aprendizaxe, incidindo na obtención de información sobre o

grao de desenvolvemento das competencias clave. Esta avaliación

incluirá a análise dos informes persoais da etapa ou nivel anterior

correspondentes ao seu alumnado e completarase coa información

obtida das familias.

A avaliación inicial será o punto de referencia para a toma de decisións

relativas ao desenvolvemento do currículo nas programacións de aula,

así como para adoptar aquelas medidas de apoio, reforzo e

recuperación que consideren oportunas para cada alumna ou alumno.

Nas reunións quincenais que se fan de todo o profesorado os titores

informarán das necesidades e valoración de cada grupo. Nesas reunións se

concretarán as medidas de cada caso e se decidirá iniciar as avaliacións

psicopedagóxicas necesarias. Os mestres deberán cubrila folla de derivación

Page 44: PROGRAMACIÓN XERAL ANUALq...- Capacitar ao alumnado na utilización das TICs para as TACs (Tecnoloxías para a aprendizaxe e o coñecemento). DESENVOLVEMENTO MOTRIZ Para conseguir

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2017 -2018

43 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

para que o Departamento de Orientación interveña.

3.- OBXECTIVOS

o Posibilitar o acceso ao currículo de todo o alumnado.

o Establecer unhas medidas, pautas e uns criterios pedagóxicos que

orienten as medidas a adoptar co alumnado con necesidade específica de

apoio educativo.

o Deseñar unha resposta educativa axeitada para o alumnado con

necesidade específica de apoio educativo, baseada nos principios de

inclusión e normalización.

o Aproveitar adecuadamente os recursos humanos e materiais existentes

no Centro.

o Guiar a avaliación interna da eficacia da atención á diversidade ao remate

de cada curso e identificar aqueles aspectos que precisen ser mellorados.

o Favorecer a participación das familias e implicalas no proceso educativo

dos seus fillos e fillas.

o Promover a colaboración e coordinación con profesionais e institucións

externas ao centro.

o Respectar o seguinte modelo de resposta educativa:

Valoración e identificación das necesidades educativas

Planificación da súa atención

Desenvolvemento e seguimento

Avaliación

o Garantir o máximo grao de integración ao alumnado con necesidades

educativas especiais en base á proposta curricular segundo as súas

posibilidades.

4.- ACTUACIÓNS E MEDIDAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE

ACTUACIÓNS

O Decreto 229/2011 establece que no marco das actuacións destinadas a

adecuar a resposta educativa á diversidade, os centros docentes deberán:

Page 45: PROGRAMACIÓN XERAL ANUALq...- Capacitar ao alumnado na utilización das TICs para as TACs (Tecnoloxías para a aprendizaxe e o coñecemento). DESENVOLVEMENTO MOTRIZ Para conseguir

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2017 -2018

44 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

1. Tomar as decisións e adoptar as medidas que optimicen a acción

educativa, respondan ás necesidades do alumnado e contribúan á

consecución das competencias e dos obxectivos das diferentes

etapas e ensinos.

En base a isto e partindo de que cada alumno e alumna son distintos e

singulares, cómpre diferenciar, polo menos, dous tipos de ACTUACIÓNS:

A) A NIVEL DE CENTRO :

PROXECTO EDUCATIVO PROGRAMACIÓNS DOCENTES PROGRAMACIÓN

XERAL ANUAL

Liñas xerais de atención á

diversidade.

Adecuación dos obxecti-

vos xerais de etapa ao

contexto e ás característi-

cas do alumnado.

Criterios xerais sobre a

avaliación e promoción do

alumnado.

Plans específicos para o

alumnado que permaneza

un ano máis no nivel.

Liñas metodolóxicas.

Medidas de atención á diversidade.

Procedementos e instrumentos de

avaliación.

Mínimos esixibles para a obtención

dunha avaliación positiva.

Programas de reforzo para a

recuperación das áreas pendentes

de ciclos anteriores.

Metodoloxía e materiais

curriculares.

Procedementos e instrumentos de

avaliación.

- Plan de Acción Titorial:

programación.

- Plan de atención á

diversidade: actuacións.

- Proxectos de traballo

interdisciplinares.

- Materiais e recursos

didácticos.

- Flexibilización dos

horarios.

- Habilitación de espazos

- Organización do traballo

en equipo.

- Organización dos apoios

e reforzos.

B) A NIVEL DE AULA (ATENCIÓN XERAL)

O profesorado deberá acomodar o proceso de ensino-aprendizaxe ás

condicións particulares de cada neno/a, polo que deberá facer unha

flexibilización metodolóxica, organizativa e de cooperación familiar. Así, haberá

alumnos/as que requerirán explicacións e exercicios específicos, outros/as que

necesitarán estar nun grupo específico dentro da aula (do que recibirán as

axudas que precisan), outros/as ós que haberá que motivar... En síntese,

Page 46: PROGRAMACIÓN XERAL ANUALq...- Capacitar ao alumnado na utilización das TICs para as TACs (Tecnoloxías para a aprendizaxe e o coñecemento). DESENVOLVEMENTO MOTRIZ Para conseguir

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2017 -2018

45 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

trátase de que a cada alumno/a se lle ensine partindo do seu nivel de

coñecementos previos, dentro da súa zona de desenvolvemento próximo e se

respecte o seu ritmo de aprendizaxe.

Para isto, é necesario que o titor/a coordine o distinto profesorado; que

coñeza a situación persoal de cada alumno/a, os principais datos evolutivos e

de saúde, o estilo de aprendizaxe de cada un; que reflexione sobre a

metodoloxía axeitada para cada neno/a; que observe as relacións que se

establecen dentro e fóra da aula; que demande o asesoramento preciso.

MEDIDAS:

a) MEDIDAS PREVENTIVAS:

Estas medidas preventivas serán levadas a cabo polo profesorado titor

e profesorado de área.

Programación de cada área contemplando a atención á diversidade:

- Obxectivos didácticos: a distintos ritmos e niveis.

- Actividades variadas e adaptadas aos distintos ritmos, estilos de

aprendizaxe.

- Desenvolvemento das competencias clave.

- Materiais: variados e diversificados, para distintos niveis, ritmos, e

intereses.

Actividades:

- Con distintos tipos de agrupamento: cooperativo, individualizado,

por proxectos.

- Con dificultade gradual.

- Empregando diversos espazos e recursos.

- Dentro e fóra da aula.

A través de diferentes instrumentos e actividades de avaliación

b) MEDIDAS DE ATENCIÓN ESPECÍFICA (alumnado NEAE):

Seguindo as directrices establecidas polo Decreto 229/2011, do 7 de

decembro, polo que se regula a atención á diversidade do alumnado;

Page 47: PROGRAMACIÓN XERAL ANUALq...- Capacitar ao alumnado na utilización das TICs para as TACs (Tecnoloxías para a aprendizaxe e o coñecemento). DESENVOLVEMENTO MOTRIZ Para conseguir

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2017 -2018

46 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

poderán darse dous tipos de medidas:

MEDIDAS ORDINARIAS:

RE: Son medidas que o propio profesor deseña e aplica co

alumnado que ten unhas certas dificultades de seguimento da

programación diaria (traballos específicos de recuperación).

MEDIDAS EXTRAORDINARIAS:

RE con apoio: Son medidas que contemplan o apoio temporal dun

mestre/a especialista en audición e linguaxe e/ou en pedagoxía

terapéutica. Para que se produza este tipo de atención, que seguirá

os criterios de utilización establecidos neste plan, será necesario

que así o aconselle a avaliación psicopedagóxica realizada polo

departamento de orientación, sendo o procedemento para a

demanda de intervención do dito servizo o seguinte:

- Comunicado do titor/a á xefatura de Estudos do centro da

necesidade de intervención.

- Comunicado desa demanda á xefatura do D.O.

- Por parte do titor/a, cubrir a folla de derivación aportada pola

xefatura do D.O.

- Proceso de avaliación e informe de atención ao alumnado.

ADAPTACIÓN CURRICULAR SIGNIFICATIVA:

Esta medida seguirá o procedemento establecido nas disposicións legais

do novo Decreto 229/2011, do 7 de decembro. (DOG. 21/12/2011), así coma

pola Orde do 6 de outubro de 1995 (DOG. 07/11/95); contemplando o proceso

establecido no anexo 3. Protocolo elaboración ACS. Axúntase no anexo 7.

Boletín de ACS

AGRUPAMENTOS FLEXIBLES

Esta medida , recollida no artigo 18 da Orde do 27 de decembro do

Page 48: PROGRAMACIÓN XERAL ANUALq...- Capacitar ao alumnado na utilización das TICs para as TACs (Tecnoloxías para a aprendizaxe e o coñecemento). DESENVOLVEMENTO MOTRIZ Para conseguir

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2017 -2018

47 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

2002, ten carácter temporal e extraordinaria, por precisar autorización da

Inspección educativa, coa finalidade de dar resposta ás necesidades de

aprendizaxe de carácter básicas nas áreas instrumentais. No anexo 1.

Avaliación das necesidades do centro, recóllense as condicións nas que

debe organizarse.

ESCOLARIDADE:

1. ALUMNADO QUE PROMOCIONA CON ÁREAS PENDENTES

Tendo en conta que, en xeral, as competencias clave implican máis

dunha área, pode darse a circunstancia que un alumno as desenvolva no

grao axeitado a pesar de non ter acadado todos os obxectivos dunha ou

varias áreas. En consecuencia, na última sesión de avaliación do nivel,

poderase promocionar a un alumno/a cunha ou máis áreas pendentes.

No caso de que un alumno/a promocione con áreas pendentes, a

recuperación realizarase ao longo do nivel seguinte. Para iso, o profesorado

que imparte esa área debe aplicar as medidas específicas de reforzo que se

consideren necesarias para que o alumno/a poida superar as dificultades de

aprendizaxe que motivaron a avaliación negativa.

Estas medidas de reforzo deberán aplicarse conforme ao Plan de

Atención á Diversidade do centro e deberá ter en conta que todas as

materias do ciclo contan con contidos progresivos, polo que aprobar un área

nun nivel implica necesariamente a superación desa área como pendente en

niveis anteriores.

A avaliación deste alumnado realizarase, cando menos, nas pertinentes

xuntas de avaliación do curso onde está escolarizado ese alumno/a.

As medidas que se poderán tomar serán:

- RE polo profesorado de área.

- RE polo profesorado de área coa colaboración do profesorado

especialista en PT e/ou AL.

- ACs coa colaboración do profesorado especialista en PT e/ou AL.

Page 49: PROGRAMACIÓN XERAL ANUALq...- Capacitar ao alumnado na utilización das TICs para as TACs (Tecnoloxías para a aprendizaxe e o coñecemento). DESENVOLVEMENTO MOTRIZ Para conseguir

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2017 -2018

48 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

Nos casos de RE, explicitaranse as medidas organizativas adoptadas

no correspondente documento de reforzo educativo (ver anexo 4. Medidas

organizativas RE/ACS). Este documento terao o profesorado implicado no

programa:

- Dificultades atopadas na marcha escolar do alumno/a.

- Aspectos nos que debe incidir o RE.

- Aspectos metodolóxicos.

- Aspectos curriculares e organizativos propostos.

- Persoal implicado.

- Horario e lugar de apoio.

- Materiais a utilizar.

- Plan de seguimento.

2. ALUMNADO QUE PERMANECE UN ANO MÁIS NUN NIVEL.

Tendo en conta como referencia o presente PAD, o PAT e o PO, así

como a lexislación vixente, especificamos as medidas a tomar co alumnado

que deba permanecer un ano máis nun nivel.

Esta é unha medida de carácter excepcional e tomarase tras esgotar o

resto das medidas ordinarias de reforzo e apoio para resolver as dificultades

de aprendizaxe do alumnado. Cando un alumno/na non promocione deberá

permanecer un ano máis no mesmo curso. Esta medida poderá adoptarse

unha soa vez durante a etapa, oído os pais, as nais ou persoas que exerzan

a titoría legal.

Os criterios a ter en conta para a aplicación desta medida son os

seguintes:

- Para que un alumno/a promocione ou permaneza un ano máis nun

nivel será necesario que así o aconselle o equipo educativo que

intervén con el/ela, primando o criterio do titor/a.

- Segundo a lexislación vixente, o alumnado accederá ao curso ou

etapa seguinte sempre que se considere que logrou aprogresión

Page 50: PROGRAMACIÓN XERAL ANUALq...- Capacitar ao alumnado na utilización das TICs para as TACs (Tecnoloxías para a aprendizaxe e o coñecemento). DESENVOLVEMENTO MOTRIZ Para conseguir

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2017 -2018

49 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

adecuada nos obxectivos da etapa e que alcanzou o adecuado

grao de adquisición das competencias correspondente.

- O alumno que promocione de curso con algunha área con

cualificación negativa deberá seguir un plan de específico de

recuperación.

- Á hora de tomar decisións sobre a conveniencia ou non de repetir

curso deberán terse en conta: as características do alumno/a, o

ámbito de socialización, a integración no grupo, os recursos e as

condicións que reúne o centro.

As medidas que se poderán tomar serán:

- RE polo profesorado de área.

- RE polo profesorado de área coa colaboración do profesorado

especialista en PT e/ou AL.

- ACs coa colaboración do profesorado especialista en PT e/ou AL.

Nos casos de RE, explicitaranse as medidas organizativas adoptadas no

correspondente documento de reforzo educativo (anexo 4. Medidas

organizativas RE/ACS).

Este documento terao o profesorado implicado no programa.

- Dificultades atopadas na marcha escolar do alumno/a.

- Aspectos nos que debe incidir o RE.

- Aspectos metodolóxicos.

- Aspectos curriculares e organizativos propostos.

- Persoal implicado.

- Horario e lugar de apoio.

- Materiais a utilizar.

- Plan de seguimento.

Prestarase especial atención en:

- Procurar a integración e adaptación do alumnado repetidor no

Page 51: PROGRAMACIÓN XERAL ANUALq...- Capacitar ao alumnado na utilización das TICs para as TACs (Tecnoloxías para a aprendizaxe e o coñecemento). DESENVOLVEMENTO MOTRIZ Para conseguir

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2017 -2018

50 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

novo grupo e co novo profesorado, para o que se terán en conta

as orientacións dos titores/a.

- Conseguir a motivación e interese do alumnado repetidor cara ás

súas actividades escolares e a adquisición de hábitos de traballo e

estudo acordes coa súa idade.

- Elixir materiais motivadores, evitando a repetición constante das

mesmas actividades realizadas o curso anterior.

Realizarase un seguimento periódico da evolución do alumnado para

modificar o programa de reforzo en función dela. Neste seguimento

participará todo o profesorado implicado.

3. FLEXIBILIZACIÓN

Para a aplicación desta medida extraordinaria será imprescindible a

constatación da aplicación previa doutras medidas das previstas para a

atención das necesidades específicas do alumnado.

A duración do período de escolarización do alumnado con necesidades

educativas especiais poderase modificar de xeito excepcional:

Aumentando un ano respecto do disposto con carácter xeral tanto na

etapa de Educación Infantil como na de Primaria. Neste último caso

poderase aumentar nun segundo ano con carácter excepcional no

caso de non ter permanecido un ano máis na educación infantil.

Medidas previas: Reforzo educativo con apoio específico, ACS,

permanencia dun ano máis nun nivel...

Redución da escolarización para as NEAE asociadas a condicións

persoais de sobredotación. Axustarase ao disposto no Decreto

229/2011 do 7 de decembro polo que se regula a atención á

diversidade do alumnado da CCAA de Galicia, a Orde do 28 de

outubro de 1996, á Orde do 27 de decembro de 2002 e á Orde do 23

de novembro de 2007. Medidas previas: Programa de enriquecemento

curricular ou adaptación curricular de ampliación.

O procedemento para a aplicación da flexibilización da escolaridade será fixado

Page 52: PROGRAMACIÓN XERAL ANUALq...- Capacitar ao alumnado na utilización das TICs para as TACs (Tecnoloxías para a aprendizaxe e o coñecemento). DESENVOLVEMENTO MOTRIZ Para conseguir

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2017 -2018

51 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

legalmente:

- Solicitude da dirección do centro ao Departamento Territorial da

Consellería de Educación previo informe da Inspección educativa.

- Informe do Departamento de Orientación que xustifique a medida.

- Conformidade expresa da familia.

- Certificación académica.

- Proposta de adaptación do currículo segundo o disposto

nas correspondentes Ordes.

5.- ALUMNADO OBXECTO DE ATENCIÓN ESPECÍFICA

TIPO DE NECESIDADES

Alumnado sen

NEAE

.Con desfase con respecto ao grupo nas técnicas

instrumentais, de forma temporal.

.Con problemas no ritmo de aprendizaxe.

NEAE

temporais

Necesidades no desenvolvemento das funcións

superiores:

- No desenvolvemento motor

- No desenvolvemento perceptivo

- No desenvolvemento lingüístico

- No desenvolvemento lóxico-

conceptual

- No desenvolvemento socio-

afectivo

Necesidades na aprendizaxe das

técnicas instrumentais básicas.

Page 53: PROGRAMACIÓN XERAL ANUALq...- Capacitar ao alumnado na utilización das TICs para as TACs (Tecnoloxías para a aprendizaxe e o coñecemento). DESENVOLVEMENTO MOTRIZ Para conseguir

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2017 -2018

52 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

Alu

mn

ad

o c

on

NE

AE

NEAE

permanentes

De carácter psíquico.

De carácter sensorial

De carácter físico-motórico.

Sobredotación intelectual

Trastornos de conduta.

Trastornos por déficit de atención con

hiperactividade (TDAH).

Trastornos xeneralizados do

desenvolvemento

De carácter afectivo-emocional

De carácter sociocultural

PROCEDEMENTO DE DETECCIÓN :

O titor/a e/ou profesor/a de área, no desenvolvemento das diversas accións que implica

a avaliación continua, detecta necesidades educativas (retraso, alteracións, dificultades,

problemas...) nalgún ámbito de desenvolvemento nun alumno ou alumna.

Recolle información: avaliación inicial, observación de informes, traballos...

Intercambia información coa familia.

Tenta dar resposta ás necesidades plantexadas con medidas ordinarias de forma

normalizada.

Se o logra, pecha o ciclo de detección

Se non o logra, demanda colaboración ao departamento de orientación para que o

orientador valore o caso e determine as medidas educativas a adoptar en función da

necesidade que presente.

O titor/a informará a familia das medidas dispostas.

Page 54: PROGRAMACIÓN XERAL ANUALq...- Capacitar ao alumnado na utilización das TICs para as TACs (Tecnoloxías para a aprendizaxe e o coñecemento). DESENVOLVEMENTO MOTRIZ Para conseguir

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2017 -2018

53 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

PRIORIDADES DE ATENCIÓN

A. Atenderase aquel alumnado que así o aconselle o correspondente

informe.

B. Atenderase ao alumnado con ACS.

C. Continuarase cos apoios iniciados, priorizando de 1º a 6º.

D. Buscarase un apoio de calidade fronte a un de cantidade.

E. Atenderase primeiro os RE que repiten curso que os que non.

F. O apoio será dentro da aula ordinaria, salvo os casos nos que se

aconselle realizalo de forma individualizada.

G. Para o establecemento dos apoios en aula teranse en conta os

momentos do horario do grupo nos que se imparte a materia obxecto

de dificultade.

H. Nos casos en que o alumnado reciba o apoio fóra da aula ordinaria,

buscarase a coincidencia horaria da materia a reforzar: agrupamento e

apoio á ACS.

I. O alumnado suxeito a medidas de reforzo educativo que non puidese

(por non ter dispoñibilidade horaria) ou non se considerase necesario o

apoio especializado (PT/AL), recibirá ese apoio por parte do titor/a,

profesorado do nivel.

CRITERIOS ORGANIZACIÓN

Apoio na aula ordinaria sempre que sexa posible, tratando de que incida o

menor número posible de profesores/as no grupo clase.

Apoio fóra da aula ordinaria (aula de apoio) nos seguintes casos:

- Alumnado que precisan atención logopédica: atención específica

na Aula de Audición e Linguaxe, procurando que as sesións

sexan curtas (20-30 minutos) salvo casos de NEAE permanentes.

- Alumnado que contan con ACS ou aos que previamente se lle

Page 55: PROGRAMACIÓN XERAL ANUALq...- Capacitar ao alumnado na utilización das TICs para as TACs (Tecnoloxías para a aprendizaxe e o coñecemento). DESENVOLVEMENTO MOTRIZ Para conseguir

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2017 -2018

54 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

teñen aplicado medidas de atención ordinaria e que o seu retraso

escolar lle impida o seguimento adaptado da clase.

- Alumnado, que despois da correspondente avaliación inicial se

detectan problemas de aprendizaxe que precisan un apoio

específico de xeito individualizado.

- As intervencións específicas serán realizadas polo profesorado de

apoio (especialistas en PT e AL).

COORDINACIÓN – RESPONSABILIDADE DO PROFESORADO

O éxito do proceso de atención á diversidade pasa polo traballo

coordinado e cooperativo de todos os implicados, de todo o Equipo educativo

esgotando en primeiro lugar as posibilidades dun determinado nivel antes de

pasar ao nivel seguinte, así como esgotar as medidas ordinarias antes de

pasar ás extraordinarias.

A tal fin, empregaranse as seguintes medidas:

COORDINACIÓN DO EQUIPO DOCENTE

O Equipo de profesores que imparten docencia nun grupo manterán

reunións coordinadas polo titor/a correspondente e coa colaboración do

Departamento de Orientación para:

- Ter criterios comúns de actuación.

- Analizar as necesidades educativas do grupo e cada alumno/a.

- Poñer en común as distintas informacións.

- Introducir acordos e prioridades nas distintas programacións.

- Na organización do centro deberá facerse previsión de tempos e

espazos para este cometido.

AVALIACIÓN INICIAL

Medida dirixida a todo o alumnado do centro, especialmente ao

Page 56: PROGRAMACIÓN XERAL ANUALq...- Capacitar ao alumnado na utilización das TICs para as TACs (Tecnoloxías para a aprendizaxe e o coñecemento). DESENVOLVEMENTO MOTRIZ Para conseguir

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2017 -2018

55 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

alumnado de nova incorporación, que se levará a cabo ao comezo do curso

para:

- Deducir necesidades do grupo e de cada alumn@.

- Establecer prioridades de traballo

- Adoptar outro tipo de medidas para unha mellor atención das

necesidades detectadas.

- Adaptarar as medidas ao nivel de competencia curricular e as

necesidades do alumnado.

Esta medida será levada a cabo polo profesorado de cada área coa

colaboración do Departamento de Orientación e/ou profesorado de apoio no

caso do alumnado con necesidades educativas específicas.

XUNTAS DE AVALIACIÓN

Posta en común, coordinada polo respectivo titor/a, do Equipo Docente para

analizar o proceso ensino-aprendizaxe e, a partir dos datos recollidos:

- Tomar decisións conxuntas.

- Realizar o seguimento do proceso de todo o grupo e de cada

alumn@,

- Estimar o grao de competencia do alumnado.

- Valorar o progreso de cada alumno/a e establecer as medidas a

adoptar e/ou a eficacia das xa adoptadas.

- Avaliar a adecuación dos obxectivos, contidos e criterios de

avaliación ás necesidades do alumnado.

ACCIÓN TITORIAL

Poñer en práctica as actuacións (alumnado, profesorado e familias) que

recolle o Plan de Acción Titorial coa colaboración do Departamento de

Orientación e coa coordinación da Xefatura de Estudos como medida que

axuda á personalización e individualización do proceso de ensino-aprendizaxe

en cada alumno/a.

Page 57: PROGRAMACIÓN XERAL ANUALq...- Capacitar ao alumnado na utilización das TICs para as TACs (Tecnoloxías para a aprendizaxe e o coñecemento). DESENVOLVEMENTO MOTRIZ Para conseguir

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2017 -2018

56 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

EQUIPO DE APOIO

O profesorado de apoio PT e AL sería preciso que mantuveran reunións

de coordianación coa Orientadora do centro para planificar e facer seguimento

de todos os apoios específicos, nestes momentos isto non é posible debido á

non dispoñibilidade horaria co cal dificulta moitas veces un seguimento das

necesidades. En vindeiras datas se estudiará a posibilidade de facer realidade

esta necesidade.

Este profesorado especialista manterá os contactos sistemáticos cos

respectivos titores/as para o seguimento da evolución do alumnado co que

interveñen. A súa intervención coas familias será indirecta, xa que case sempre

se canalizarán a través do titor/a correspondente.

No tocante á atención do alumnado por parte da mestra especialista en

Audición e Linguaxe, tomáronse as seguintes decisións:

- Atenderanse os alumnas/os que presenten necesidades específicas

relacionadas coa linguaxe.

- Se o horario da mestra o permite, faranse intervencións de cara á

prevención das dificultades de linguaxe nas aulas de Educación Infantil

cun Programa de Estimulación da Linguaxe, cunha frecuencia de 40

minutos semanais por grupo.

Con respecto á atención do alumando por parte da mestra especialista

en Pedagoxía Terapéutica, en liñas xerais tomáronse as seguintes decisións:

Priorizaranse os apoios dentro da aula ordinaria e recibirán apoio fóra da aula

aqueles alumnas/os que presenten dificultades de aprendizaxe moi concretas

que lles impidan seguir o fío da clase co seu titor/a.

ORIENTADOR/A

É responsable da Avaliación Psicopedagóxica e da toma de decisións

que se leven a cabo. Unha vez se poña en marcha a medida de atención á

diversidade decidida, que preferiblemente debe ser consensuada co equipo

docente, o seu papel será, especialmente, o de coordinar todo o proceso e a

todos e todas os implicados.

De maneira máis específica sinalamos as principais funcións:

Page 58: PROGRAMACIÓN XERAL ANUALq...- Capacitar ao alumnado na utilización das TICs para as TACs (Tecnoloxías para a aprendizaxe e o coñecemento). DESENVOLVEMENTO MOTRIZ Para conseguir

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2017 -2018

57 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

Coordinar a planificación e desenvolvemento das actividades de

orientación a través do Plan de Acción Titorial e do Plan de Orientación.

Colaborar na prevención e detección de problemas de aprendizaxe.

Participar na planificación e desenvolvemento das medidas específicas co

alumnado que o precise.

Colaborar cos titores/as na toma de decisións de promoción final.

Coordinar a avaliación psicopedagóxica do alumnado que o precise,

realizando os informes pertinentes.

Solicitar a intervención do Equipo de Orientación Específico cando sexa

preciso.

Manter comunicación e colaboración cos servizos externos que actúen

sobre o alumnado do centro para realizar a coordinación e seguimento

das distintas actuacións.

6.- SEGUIMENTO

Todo o equipo de profesores/as participa no seguimento e avaliación.

A avaliación será realizada polo profesorado implicado nas sesións de

coordinación e avaliación marcadas na PXA e na programación da

Acción Titorial.

Realizarase unha avaliación continua para o seguimento das propostas

individualizadas de Reforzo Educativo introducindo as medidas

correctoras consecuentes coa evolución do alumnado.

No caso do alumnado que recibiu atención específica, cumprimentarase

o Documento de Reforzo Educativo onde se reflectirá, ademais do

traballo desenvolvido, a valoración do apoio realizado e as propostas

para o próximo curso.

No boletín de información trimestral ás familias, recollerase o grao de

consecución dos obxectivos programados.

7.- CANLES DE COLABORACIÓN-INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS

Tal e como establece o Decreto 229/2011, as nais, pais ou titores e titoras

Page 59: PROGRAMACIÓN XERAL ANUALq...- Capacitar ao alumnado na utilización das TICs para as TACs (Tecnoloxías para a aprendizaxe e o coñecemento). DESENVOLVEMENTO MOTRIZ Para conseguir

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2017 -2018

58 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

legais do alumnado deberán compartir o esforzo educativo, participando e

colaborando, nos termos legalmente establecidos, nas decisións que afecten á

escolarización e aos procesos educativos do alumnado. É por iso que se

establecen unha serie de reunións, entrevistas,...etc, que permitan manter e

sempre mellorar, a relación do centro coas familias.

Esta colaboración familia-escola é moito máis importante cando falamos do

alumando con NEAE, porén dende o Departamento de O. levaranse a cabo as

seguintes actuacións:

No momento da matrícula ou incorporación informaráselle do

funcionamento do centro e os servizos que ofrece: Departamento de

Orientación, profesorado de apoio, programas e proxectos do centro...

Cando se vaia a aplicar unha medida de intervención con apoio

específico, o titor/a correspondente comunica esta situación á familia,

preferiblemente de xeito persoal, para informarlles do motivo,

funcionamento (horario, materiais...) e xeito de colaborar, co apoio do

D.O. se é posible.

Información do proceso ao remate de cada avaliación a través dos

boletíns trimestrais.

Reunións individuais cando sexa necesario co titor/a e/ou Dpto. de

Orientación se é preciso.

8.- RECURSOS – MATERIAIS

Todo o profesorado do centro así como os seus espazos e materiais poderán

ser empregados para o desenvolvemento deste Plan.

No caso do alumnado con atención específica, os informes pertinentes,

documentos de reforzo ou adaptacións curriculares indicarán:

- Material específico a empregar.

- Profesorado especialista que require.

- Ubicación do apoio: aula PT, aula AL, aula ordinaria...

No seguimento e avaliación do Plan farase proposta de adquisición de

Page 60: PROGRAMACIÓN XERAL ANUALq...- Capacitar ao alumnado na utilización das TICs para as TACs (Tecnoloxías para a aprendizaxe e o coñecemento). DESENVOLVEMENTO MOTRIZ Para conseguir

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2017 -2018

59 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

materiais específicos necesarios para o seu desenvolvemento.

9.- AVALIACIÓN E REVISIÓN DO PLAN

Ao final de curso analizarase a adecuación do Plan á realidade do centro e

deseñaranse as modificacións necesarias.

O proceso a seguir será:

Análise e avaliación nas reunións dos Equipos docentes.

Análise e avaliación no Departamento de Orientación tendo en conta os

seguintes datos:

- Valoración dos Equipos Docentes.

- Datos aportados polo profesorado de apoio: PT e AL.

- Datos aportados polo orientador.

Elevación de conclusións e posibles modificacións ao Claustro de

Profesorado.

Inclusión das valoracións na Memoria Anual.

No momento de redactar a PXA, redactarase a súa concreción anual tendo

como base as conclusións do curso anterior e as realidades nese momento.

7.- CADRO DE ORGANIZACIÓN PEDAGÓXICA

Reproducimos neste epígrafe o cadro de organización pedagóxica do

CEIP de Viñagrande Deiro (pasar á páxina seguinte).

Page 61: PROGRAMACIÓN XERAL ANUALq...- Capacitar ao alumnado na utilización das TICs para as TACs (Tecnoloxías para a aprendizaxe e o coñecemento). DESENVOLVEMENTO MOTRIZ Para conseguir

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2017 -2018

60 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

8.- PLAN DE ACTUACIÓN DOS ÓRGANOS COLEXIADOS

O CONSELLO ESCOLAR está constituído do seguinte xeito:

Equipo directivo:

Javier García García , como Presidente

María Castro Nine, Xefa de Estudos

Page 62: PROGRAMACIÓN XERAL ANUALq...- Capacitar ao alumnado na utilización das TICs para as TACs (Tecnoloxías para a aprendizaxe e o coñecemento). DESENVOLVEMENTO MOTRIZ Para conseguir

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2017 -2018

61 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

Rocío Bernárdez Cibeira, como Secretaria ( con voz pero sen voto ).

Representantes do profesorado:

Sergio Rosales López

Manuel Piñeiro Sánchez

María Luísa Barreiro Pérez

Josefa Castro Castro

Cristina Louzao García

Representantes dos pais:

Susana Varela Santos como representante da ANPA

Lucía Rey Vila

Silvia Gonçalves Santorum

Jessica Belvis Reverón

Jose Manuel Otero Vidal

Representante do PAS

Benito Viñas Morgade

Representante do Concello:

Manuel Sineiro Cores

COMISIÓN ECONÓMICA

PRESIDENTE: Javier García García

REPRESENTANTE DOS PAIS/NAIS: Susana Varela

Santos SECRETARIA: Rocío Bernárdez Cibeira

O CLAUSTRO DE PROFESORES está constituído segundo o cadro que

se insiriu na páxina anterior. As xuntanzas terán lugar segundo o disposto no

Regulamento orgánico (DOG do 21-10-96) unha vez por trimestre e sempre

que sexan convocadas por quen as preside, ou polo menos, por 1/3 dos

seus membros.

Page 63: PROGRAMACIÓN XERAL ANUALq...- Capacitar ao alumnado na utilización das TICs para as TACs (Tecnoloxías para a aprendizaxe e o coñecemento). DESENVOLVEMENTO MOTRIZ Para conseguir

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2017 -2018

62 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

9.- PLAN DE ACTUACIÓN DO EQUIPO DIRECTIVO

DIRECTOR: Javier García García

XEFA DE ESTUDOS: María Castro Nine

SECRETARIA: Rocío Bernárdez Cibeira

Horario de dedicación ao cargo:

LUNS MARTES MÉRCORES XOVES VENRES TOTAIS

DIRECCIÓN 1h30´ 1h30´ 1h30´ 0 1h30´ 6h

XEFATURA 0 1h30´ 1h30´ 1h 1h 5h

SECRET. 0 2h 1h30´ 30´ 1h30´ 5h30´

Horario de atención ao público:

Dirección: Os venres de 12:30 a 14:00 horas.

Xefatura: Os mércores de 12:30 a 14:00 horas.

Secretaría: Os mércores de 9:00 a 10:30 horas.

10.- XORNADA ESCOLAR E HORARIO DO CENTRO

O horario lectivo do centro.

De luns a venres de 9:00 da mañá ás 14:00 horas.

As portas do centro ábrense para o alumnado transportado ás 8:45h. e

organizáronse gardas para atender a estes alumnos/as que son realizadas polo

profesorado en quendas de dous. Para o resto do alumnado o centro abre as

súas portas as 9:00 da mañá.

Distribución horaria:

1ª Sesión 09:00 – 10:30

2ª Sesión 10:30 – 12:00

Recreo 12:00 – 12:30

3ª Sesión 12:30 – 14:00

Page 64: PROGRAMACIÓN XERAL ANUALq...- Capacitar ao alumnado na utilización das TICs para as TACs (Tecnoloxías para a aprendizaxe e o coñecemento). DESENVOLVEMENTO MOTRIZ Para conseguir

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2017 -2018

63 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

- O horario de atención a pais e nais é o martes de 18:00 a 19:00 horas.

- A biblioteca abre os luns, mércores e xoves de 16:00 a 18:00 horas

atendida polo profesorado do centro.

- A ANPA utilizará as nosas instalacións (ximnasio) en horario de tarde

para o desenvolvemento de actividades extraescolares en horario de

16:00 a 18:00 e de 18:00 a 19:00 organizadas por eles mesmos.

- Os martes pola tarde de 16:00 ás 18:00 horas se celebrarán as reunións

de coordinación de ciclo e dos diferentes equipos de dinamización.

Aproveitaremos os martes pola tarde para facer reunións de todo o

profesorado sempre que sexa necesario tomar decisións ou falar temas que

afecten o normal desenvolvemento do centro ou das actividades lectivas.

11.- QUENDAS DE VIXIANCIA DOS RECREOS

No seguinte cadro móstrase a organización dos recreos no noso centro.

Dado o número de alumnado en cada unha das etapas correspondelle a dous

mestres cubrir a garda de recreo en Educación Infantil e outros dous farán a

garda en Educación Primaria.

Por outra banda, tamén se reflicten as gardas de biblioteca que o equipo

de mestres responsables da mesma ten para a atención ao alumnado que

solicita os préstamos bibliográficos no momento do recreo ou prefire quedar na

biblioteca nos momentos de lecer.

Page 65: PROGRAMACIÓN XERAL ANUALq...- Capacitar ao alumnado na utilización das TICs para as TACs (Tecnoloxías para a aprendizaxe e o coñecemento). DESENVOLVEMENTO MOTRIZ Para conseguir

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2017 -2018

64 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

12.- PROGRAMACIÓN E CALENDARIO DAS REUNIÓNS DOS ÓRGANOS

DE GOBERNO

O equipo directivo traballará de xeito coordinado no desempeño das

súas funcións, procurando dinamizar tódalas actividades do centro e que este

funcione o mellor posible. Para facilitar esta coordinación están previstas nos

horarios sesións semanais nas que o os integrantes do equipo directivo terán a

oportunidade de organizar e estruturar o traballo semanal. Neste caso serán os

xoves de 11:45 a 12:30 e os martes de 12:30 a 14:00 horas.

As normas de convivencia están rexistradas no Regulamento de Réxime

Interno (RRI) que está incorporado no Proxecto Educativo de Centro (PEC).

Como xa se explicitou anteriormente é un dos nosos obxectivos

prioritarios elaborar un novo documento no que se reflictan as Normas de

Organización e Funcionamento do centro.

Este ano é o segundo ano de mandato (inda que o cuarto como

responsables da dirección do centro) despois de que o curso pasado

iniciaramos un camiño que non ten volta atrás. A configuración dun centro

Page 66: PROGRAMACIÓN XERAL ANUALq...- Capacitar ao alumnado na utilización das TICs para as TACs (Tecnoloxías para a aprendizaxe e o coñecemento). DESENVOLVEMENTO MOTRIZ Para conseguir

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2017 -2018

65 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

educativo con novas estruturas pedagóxicas que será necesario seguir pulindo

e mellorando ano a ano.

Revisando o proxecto de dirección co que o actual equipo se presentou

o pasado curso, podemos afirmar que máis dun 90% das iniciativas, propostas

e obxectivos se están desenvolvendo na actualidade ou xa foron acadados.

Así, cremos que con este ritmo de implantación e de desenvolvemento

debemos ser quen de avaliar, a finais de curso, a función directiva

desempregada durante os últimos anos (4), avaliar os obxectivos propostos no

proxecto de dirección presentado o pasado curso: de organización,

funcionamento, para o alumando, para a comunidade educativa...et.

Entendemos que só unha avaliación positiva nos permitirá actualizar

ditos obxectivos para cumprir co mandato outros dous anos máis. Se en só

dous anos fomos capaces de cumprir e facer cumprir co establecido no

proxecto de dirección, será momento para valorar a necesidade de novos

plantexamentos, novos retos e novas realidades a abordar para os seguintes

anos.

A tarefa máis importante que temos por diante é intensa e está

estreitamente relacionada co futuro do noso centro e co enraizamento do

proxecto educativo iniciado o pasado curso: filosofía, equipo, o que debe

aprender o alumnado, o rol do profesorado nesta sociedade vertixinosa, o

papel das familias e do propio alumnado... serán temas obxecto de estudo e

análise para garantir a continua evolución do que se está fraguando.

Con repecto ao calendario de reunións dos órganos de goberno:

O Consello Escolar do centro reunirase a lo menos unha vez por

trimestre, ou sempre que existan situacións que o requiran.

O Claustro de Profesores reunirase, a lo menos unha vez por trimestre e

sempre que sexa preciso. As reunión serán os martes pola tarde.

Faranse reunións de todo o profesorado cada quince días e sempre que

sexa necesario tomar decisións ou falar temas que afecten o normal

desenvolvemento do centro ou das actividades lectivas.

Page 67: PROGRAMACIÓN XERAL ANUALq...- Capacitar ao alumnado na utilización das TICs para as TACs (Tecnoloxías para a aprendizaxe e o coñecemento). DESENVOLVEMENTO MOTRIZ Para conseguir

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2017 -2018

66 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

13.- PROGRAMACIÓN E CALENDARIO DAS REUNIÓNS DE

COORDINACIÓN DOCENTE

En función da Orde que establece a Consellería con respecto á

dedicación docente, a xornada semanal dos mestres será de 30 horas con

presenza no centro, das cales 25 terán carácter lectivo e 5 non lectivas

dedicadas a: reunións de equipos e departamentos, atención a pais/nais,

claustros, coordinacións de ciclos. Tendo en conta esta normativa

establecemos como día de atención a pais/nais os martes de 18:00 a 19:00 e

os martes de 16:00 a 18:00 para reunións de ciclo, de Claustro e de Consello

Escolar. As 2 horas restantes quedarán para as reunións de equipos,

comisións, Departamento de Orientación, gardas de biblioteca e outras

actividades non lectivas que se desenvolven no noso centro: preparación de

clases, avaliacións, organizar materiais, elaborar exposicións e festivais...etc.

Dende o pasado curso estruturouse o traballo das distintas comisións da

seguinte maneira: Todo o profesorado do centro pertence a algunha das

comisións existentes (que se nomean máis abaixo). Os membros de cada unha

das comisións ou equipos reuniranse unha vez á semana para dinamizar os

contidos propios de cada unha delas e utilizarán diferentes espazos do centro

para o seu traballo particular.

Equipos de ciclo

Integrantes do ciclo de Viñananos de E. Infantil (Aprendizaxe

Baseada en Proxectos).

Blanco Silva, Isabel

Louzao García, Cristina

Castro Castro, Josefa

Cañizo Castro, María Isabel

Coordinadora: Louzao García, Cristina

Na etapa de Educación Primaria introduciuse unha novidade na

organización do profesorado. Unha vez desaparecidos os ciclos, no noso

Page 68: PROGRAMACIÓN XERAL ANUALq...- Capacitar ao alumnado na utilización das TICs para as TACs (Tecnoloxías para a aprendizaxe e o coñecemento). DESENVOLVEMENTO MOTRIZ Para conseguir

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2017 -2018

67 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

centro decidiuse organizar ao profesorado en función da metodoloxía e

tipoloxía de traballo docente que desempeñan no centro. Así, creáronse

distintos equipos de mestres:

Integrantes do ciclo dos Viñapeques na Educación Primaria

(Aprendizaxe Baseada en Proxectos).

Piñeiro Sánchez, Manuel (titor de 2º)

Puga Iglesias, Eva María (titora de 1º)

Integrantes do ciclo dos Viñamedios e Viñagrandes na

Educación Primaria (Contextos de Aprendizaxe).

García García, Javier (titor de 3º)

Barreiro Pérez, María Luísa (titora de 4º)

Magariños Paz, Vanesa (titora de 5º)

Rosales López, Sergio (titor de 6º)

Integrantes do equipo de especialistas.

Castro Nine, María (mestra de Educación Física)

Mollinedo García, María José (mestra de Relixión)

Bermúdez Cibiera, Rocío (mestra de Música)

Chousal Ferreira, Victor (mestre de Inglés)

Integrantes do equipo de mestres para atención á

diversidade.

Prieto Álvarez, Beatriz (mestra de PT)

Borrageiros Mariño, Ana Belén (xefa do DO)

González Hermida, Silvia Alva (mestra de AL)

O profesorado especialista reúnese unha vez ao mes con cada un dos

ciclos establecidos garantindo, deste xeito, a coordinación da labor docente de

todo o profesorado.

As xuntanzas terán lugar en diferentes espazos no centro e segundo

o disposto na Orde do 22 de Xullo de 1997 (DOG. Do 2 de Setembro de

Page 69: PROGRAMACIÓN XERAL ANUALq...- Capacitar ao alumnado na utilización das TICs para as TACs (Tecnoloxías para a aprendizaxe e o coñecemento). DESENVOLVEMENTO MOTRIZ Para conseguir

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2017 -2018

68 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

1997 ). Prioritariamente os martes de 17:00 a 18:00 horas.

O Equipo de Normalización Lingüística está coordinado por Sergio

Rosales López e os compoñentes son os descritos no Plan para o uso e

fomento da lingua galega.

O equipo de Biblioteca, está coordinado por Rocío Bernárdez Cibeira

e os compoñentes son os descritos no Plan Anual de Lectura que recolle

as actividades a realizar este curso desde a nosa biblioteca .

O Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares, está

coordinado por María Luísa Barreiro Pérez e os compoñentes son os

descritos no Plan de Actividades Extraescolares e Complementarias.

O equipo de TICS está coordinado por Javier García García e

todo o profesorado forma parte deste equipo.

O equipo de ecoloxía está coordinado por Manuel Piñeiro Sánchez e

os compoñentes están descritos no Plan de Actividades Ecolóxicas do

centro.

Ademais, este ano temos dúas comisións novas:

- O equipo encargado de organizar as comisións de mellora.

- O equipo encargado de organizar a mellora da participación das

familias na vida do centro.

14.- PARTICIPACIÓN DO PROFESORADO DO CENTRO EN PROGRAMAS

DE INNOVACIÓN EDUCATIVA

Este vai ser un ano intenso no referido á participación do centro e do

profesorado en Programas de Innovación Educativa. Estamos inmersos en

algúns proxectos entre os que destacamos:

PLAN PROXECTA

1.- Xogade – Deporte Escolar:

Page 70: PROGRAMACIÓN XERAL ANUALq...- Capacitar ao alumnado na utilización das TICs para as TACs (Tecnoloxías para a aprendizaxe e o coñecemento). DESENVOLVEMENTO MOTRIZ Para conseguir

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2017 -2018

69 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

Como cada ano dende o CEIP Viñagrande-Deiro queremos fomentar a

práctica de actividade física en idade escolar sendo conscientes da importancia

que ten o movemento no desenvolvemento integral dos nenos. Co fin de

asentar as bases para unha infancia máis saudable e menos sedentaria e

como continuidade do traballo de psicomotricidade que se fai neste centro nas

primeiras idades queremos continuar participando no presente curso 2017-

2018 no programa Xogade para fomentar entre os máis novos o gusto pola

práctica físico-deportiva e sigan, deste xeito, cunha vida activa no futuro.

O alumnado do antigo terceiro ciclo (e nalgunha ocasión o do antigo

segundo ciclo) participará neste programa que pretende que a actividade física

chegue a ser un hábito na nosa poboación e por iso é clave a súa práctica

desde a infancia nos ámbitos educativo e familiar, fundamental para o futuro

estilo de vida e a consolidación de hábitos físico-deportivos saudables.

Entre os obxectivos están:

• Favorecer o desenvolvemento integral dos nenos e nenas a través do

movemento.

• Desenvolver e afianzar as habilidades motrices básicas a través da

práctica deportiva.

• Fomentar o traballo cooperativo dentro do equipo deportivo.

• Incentivar á práctica, dende un punto de vista educativo e saudable,

de actividades físicas por parte do alumnado.

• Eliminar a presenza de hábitos sedentarios na vida dos escolares.

• Fomentar as relacións sociais entre os nenos e nenas de diversos

colexios.

• Practicar diferentes deportes dun xeito lúdico e recreativo.

• Favorecer a inclusión na práctica deportiva escolar.

En canto á organización, desenvolvemento, metodoloxía e avaliación

atenderanse os seguintes aspectos:

Actividade deportiva-competitiva. Coordinaranse os diferentes

centros participantes en Xogade do Val do Salnés para organizar

diferentes xornadas deportivas intercentros: campo a través,

Page 71: PROGRAMACIÓN XERAL ANUALq...- Capacitar ao alumnado na utilización das TICs para as TACs (Tecnoloxías para a aprendizaxe e o coñecemento). DESENVOLVEMENTO MOTRIZ Para conseguir

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2017 -2018

70 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

deportes colectivos, deportes de individuais...

Educación, deporte e valores: unha vez concedida esta

exposición presentarase nos espazos comúns do colexio co fin

de facer chegar a todo o alumnado do centro aqueles valores

fundamentais que se acadan coa práctica físico - deportiva.

Xogos populares: dende o centro esperamos a concesión do

taller itinerante de xogos populares para poder adicar a práctica

da actividade física durante unha semana a práctica dos xogos

populares galegos en tódolos ciclos

Levarase a cabo unha avaliación continua e global, buscando a

máxima obxectividade e tendo en conta o progreso e a

consecución dos obxectivos plantexados. Avaliaranse tanto a

participación do alumnado coma a do profesorado.

2.- Aliméntate ben

Título: ALIMENTANDO A SAÚDE

1. Introdución

Neste curso 2017-18 no C.E.I.P. Viñagrande-Deiro estamos inmersos nun

Proxecto Documental Integrado sobre a saúde e a calidade de vida, ademais

tendo en conta que no centro contamos cun horto ecolóxico parécenos moi

interesante participar na modalidade "Faite eco do lóxico" do plan Proxecta.

Por outra banda, tendo en conta o aumento de enfermidades hipocinéticas co

conseguinte aumento da obesidade infantil, no curso actual o profesorado

considera imprescindible abordar este tipo de contidos.

2. Obxectivos

- Mellorar os hábitos de vida saudables en canto á alimentación, á actividade

física, hixiene, hábitos posturais...

- Facer consciente ao alumnado do centro da importancia de coñecer a orixe

dos produtos.

Page 72: PROGRAMACIÓN XERAL ANUALq...- Capacitar ao alumnado na utilización das TICs para as TACs (Tecnoloxías para a aprendizaxe e o coñecemento). DESENVOLVEMENTO MOTRIZ Para conseguir

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2017 -2018

71 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

- Diferenciar entre produtos naturais e procesados.

- Coñecer os riscos que conleva o uso de todo tipo de produtos químicos no

horto, no mar, na gandaría...

- Ser conscientes da relación directa entre enfermidades infantís actuais e

hábitos de saúde inapropiados.

- Concienciar a toda a comunidade educativa (alumnado, profesorado e

familias) da importancia de ter uns hábitos de vida saudables e do

consumo de produtos ecolóxicos.

3. Organización, desenvolvemento e metodoloxía

- Charlas informativas para o alumnado sobre hábitos de vida saudables e

ecoloxía.

- Tertulias coas familias que teñan como obxectivo tomar conciencia da

importancia de ter uns hábitos de vida saudables e o consumo de produtos

ecolóxicos.

- Visitas didácticas a explotacións ecolóxicas, empresas que elaboran

produtos ecolóxicos...

- Realización de actividades por parte do alumando sobre hábitos de vida

saudables e ecoloxía que teñan como produto final a elaboración de

murais, vídeos, exposicións ou presentacións promocionais, así como a

súa difusión a través dos medios de comunicación e redes sociais (xa que

no centro contamos cun espazo dedicado aos medios de comunicación, o

"Informadeiro", no cal o alumnado difunde os seus traballos a través da

radio, a televisión, a prensa e as redes sociais).

- Continuar co traballo no horto ecolóxico que se inciou o curso pasado,

cultivando nel produtos ecolóxicos de temporada.

4. Organización, desenvolvemento e metodoloxía

Levarase a cabo unha avaliación continua e global, buscando a máxima

obxectividade e tendo en conta o progreso e a consecución dos obxectivos

plantexados. Avaliaranse tanto a participación do alumnado coma a do

Page 73: PROGRAMACIÓN XERAL ANUALq...- Capacitar ao alumnado na utilización das TICs para as TACs (Tecnoloxías para a aprendizaxe e o coñecemento). DESENVOLVEMENTO MOTRIZ Para conseguir

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2017 -2018

72 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

profesorado.

Para a realización desta avaliación faranse:

- Enquisas a toda comunidade educativa (alumando, profesorado e familias)

sobre hábitos de vida saudable para coñecer en que medida están

concienciados da súa importancia.

- Elaboración dun informe final onde se recollan as reflexións, valoracións e

conclusións finais da participación neste programa por parte do

profesorado, alumando e familias.

PROXECTO SAMSUNG SMART SCHOOL

Este curso continuamos coa participación en Samsung Smart School.

Un proxecto do que podemos destacar, ademáis do xa dito anteriormente,

a triple vertiente da súa implementación:

- Formación para o profesorado: Esta formación está organizada e

planificada polo INTEF e para este ano se pensou en diferentes

actuacións: un MOOC sobre espacios educativos, formación

presencial sobre ABP e sesións formativas sobre o uso do

dispostivo.

- Programar tarefas tendo en conta o actual deseño curricular para a

súa aplicación nas aulas. O resultado final da participación neste

proxecto debera ser a demostración da capacidade do profesorado

para progamar tarefas nas que se integren os dispositvos móbiles

dun xeito efectivo, eficaz e cunha metodoloxía de traballo

cooperativa e potenciadora da creación e construción de contidos e

coñecementos por parte do alumnado a través de diferentes

ferramentas tecnolóxicas e apps de alto potencial educativo.

- Investigación sobre a metodoloxía de traballo máis eficaz na

introdución desta tecnoloxía na aula. Esta investigación corre a

cargo da Universidade de Tarragona.

Este ano, ademais, solicitamos a Samsung que participara (aportando

financiación e equipamento multimedia) nun proxecto que presentamos a

Page 74: PROGRAMACIÓN XERAL ANUALq...- Capacitar ao alumnado na utilización das TICs para as TACs (Tecnoloxías para a aprendizaxe e o coñecemento). DESENVOLVEMENTO MOTRIZ Para conseguir

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2017 -2018

73 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

continuación.

CRE.AP.CIÓN 4.0

Presentamos a continuación o proxecto presentado e seleccionado

como un dos gañadores no IV Concurso Proyecta Innovación.

O proxecto que queremos desenvolver pretende compartir

experiencias didácticas nas que teñamos a oportunidade de intercambiar e

colaborar con alumnado que está en réximen hospitalario ou de atención

domiciliaria.

Coñecedores da realidade que vive o profesorado e o alumnado que

está en esta situaición, temos a obriga de darlle respostas ás necesidades

que manifestan para que, na medida do posible, poidan educarse en

igualdade de condicións que o alumando que se forma dun xeito presencial:

- Contacto físico co alumnado do centro.

- Relación social con outros nenos e nenas da súa mesma idade.

- Igualdade de condicións para o acceso aos contidos curriculares.

- Necesidade dun ensino moito máis conectado coas novas

propostas metodoloxicas centradas na creación (creatividade +

acción) de contido por parte do alumnado.

- Xerar motiviación, ilusión e gañas por aprender e por compartir

experiencias para os demáis.

- Sentir que as súas aportacións van ter efectos no proceso de

ensino e aprendizaxe do noso alumnado.

- Desenvolver proxectos didácticos coordinados entre o profesor

de atención hospitalaria e o profesorado do noso centro.

O alumnado participante neste proxecto será quen de mellorar, por

medio da utilización de ferramentas tecnolóxicas, a comprensión dos

contidos escolares. Terán que planificar, deseñar, crear, produtos didácticos

dun xeito atractivo, plantexando retos e todo isto cunha motivación extra

Page 75: PROGRAMACIÓN XERAL ANUALq...- Capacitar ao alumnado na utilización das TICs para as TACs (Tecnoloxías para a aprendizaxe e o coñecemento). DESENVOLVEMENTO MOTRIZ Para conseguir

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2017 -2018

74 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

ofrecendo novas oportunidades ao alumnado onde o mestre deixa de ser a

fonte dos aprendizaxes e o alumnadon é quen de crear contidos moi

relevantes cos que se enriquecerán mutuamente. Este traballo conleva a

creación de grupos de traballo e algo que para nós é moi importante, a

búsqueda do feedback entre ese alumno/a hospitalizado ou de atención

domiciliaria e o alumnado do noso centro escolar.

Partindo desta premisa e centrándonos na mellora da aprendizaxe

coas aportacións dos diferentes contextos, e cun aprendizaxe baseada en

servizos. Este proxecto poderase extrapolar a outras realidades sociais ou

outros centros educativos.

REALIDADE VIRTUAL

No Contexto Lingüístico e na aula ABP de Manel Rives o alumnado

preparará contido en Realidade Virtual para que o alumnado hospitalizado

poida acceder a ese contido a través dunhas gafas de RV. Os contidos que

lle poderiamos preparar serían: contos virtualizados, roteiros, vida e obra dun

autor da contorna, historia, gastronomía, modos de vida, museos da

contorna...etc.

Ademais lle pediriamos que nos facilitara toda aquela información que

precisamos para virtualizar algunha realidade que a él/ela lle gustaría

trasladarnos: o seu barrio, a súa casa, a súa familia...etc.

IMPRESIÓN 3D

No Contexto Científico e na aula ABP de Manel Rives o alumnado

traballará deseñando e imprimindo material manipulativo que lle permita ao

alumnado hospitalizado comprender mellor determinados contidos

relacionados coas máquinas simples, os seres vivos, o corpo humano,

elementos arquitectónicos, arte, historia...etc.

O obxectivo é enviar este material ao alumnado hospitalizado

acompañado de plans de traballo ideados polo alumnado e profesorado que

dito alumno nos deberá facer chegar a través de diferentes medios

electrónicos

Page 76: PROGRAMACIÓN XERAL ANUALq...- Capacitar ao alumnado na utilización das TICs para as TACs (Tecnoloxías para a aprendizaxe e o coñecemento). DESENVOLVEMENTO MOTRIZ Para conseguir

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2017 -2018

75 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

REALIDADE AUMENTADA

No Contexto Humanístico e na aula ABP de Manel Rives o alumnado

creará imaxes "aumentadas" (a modo bits de intelixencia) para que os nenos

hospitalizados comprendan mellor, accedan ao contido de maneiras

diferentes (cómics, videos, textos, audios, personaxes virtuais...etc). Ao

enviarlle eses traballos o alumnado hospitalizado creará imaxes aumentadas

sobre a súa vida, familia, mascota, soños...etc

ROBÓTICA

No Contexto Matemático e na aula ABP fde Manel Rives o alumnado

aprendería como programar o ROBOBO para axudar a nenos hospitalizados

a comprender, repasar ou interiorizar contidos matemáticos como: números

naturais, ángulos, figuras xeométricas, tipos de rectas, perímetros, planos

cartesianos, medidas,...

Facilitarase un Robobo para que o alumnado hospitalizado puidera

traballar eses mesmos contidos que traballou o alumnado do centro.

A creación das mensaxes que unen imaxe, vídeo, son e realidade

virtual para poder dar acceso a elementos curriculares fan que esta

experiencia de aprendizaxe servizo teña a capacidade de ser extrapolable a

calquera outra situación de posible aprendizaxe: nenos en centros de

acollida, alumnado menor en situación de abandono, nenos de familias

itinerantes…

Todo o enfoque de aprendizaxe realízase tendo en conta elementos

artísticos tanto como sendo orixe do mesmo e tamén como elemento de

exposición utilizando elemento artísticos plásticos como visuais.

Favorecemos así as áreas de matemáticas, tecnoloxía e enxeñería polo que

as artes son un elemento esencial para podermos levar a cabo as

experiencias de uso de robótica, impresión 3D ou realidade aumentada. Este

enfoque STEAM é necesario para abordar de forma integral a aprendizaxe.

Page 77: PROGRAMACIÓN XERAL ANUALq...- Capacitar ao alumnado na utilización das TICs para as TACs (Tecnoloxías para a aprendizaxe e o coñecemento). DESENVOLVEMENTO MOTRIZ Para conseguir

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2017 -2018

76 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

INTRODUCIÓN Á ROBÓTICA EN PRIMARIA

Dende o CEIP Viñagrande-Deiro queremos ser partícipes desta iniciativa da

Consellería de Educación con esta experiencia de programación básica,

robótica e construción.

O noso centro, ao longo do curso pasado xa se iniciou en experiencias de

programación en “Scratch” co uso do “ROBOBO” no contexto matemático. Con

esta incorporación ao recanto de creación dentro do contexto, o alumnado de

3º, 4º, 5º e 6º tivo a oportunidade de traballar diferentes contidos relacionados

coa medida, velocidade, tempo, ángulos, figuras xeométricas,…

A continuación amosamos algúns enlaces para que poidades comprobar parte

do traballo realizado.

“O ROBOBO na cidade”

https://youtu.be/1Hcjlz-7x30

“Reto do cadrado co ROBOBO”

https://youtu.be/wEdT4LvictA

“Reto da biblioteca co ROBOBO”

https://youtu.be/iIjqH3YruyE

Documentación solicitada:

- Dirección do centro: Javier García García, 35467130A

- Coordinación do programa: Sergio Rosales López, 35457504Z

- Profesorado participante:

Javier García García, 35467130A (Ed. Primaria, titor 3º)

Luisa Barreiro Pérez, 77405020S (Ed. Primaria, titora 4º)

Vanessa Magariños Paz 77461118Q (Ed. Primaria, titora 5º)

Sergio Rosales López, 35457504Z (Ed. Primaria, titor 6º)

Ficha resumo:

Este proxecto implementarase no Contexto Matemático (organización do

noso centro no que o alumnado acude ao longo dunha semana mesturados en

idades para desenvolver plans de traballo ou retos nos diferentes recantos). A

este contexto acude alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria, e polas

Page 78: PROGRAMACIÓN XERAL ANUALq...- Capacitar ao alumnado na utilización das TICs para as TACs (Tecnoloxías para a aprendizaxe e o coñecemento). DESENVOLVEMENTO MOTRIZ Para conseguir

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2017 -2018

77 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

experiencias desenvolvidas neste último ano, é quen de realizar os diferentes

retos plantexados de forma satisfactoria.

Ao longo destes últimos anos o profesorado do CEIP Viñagrande-Deiro

formouse nas TACs o que nos permitiu desenvolver diferentes proxectos e

experiencias con resultados positivos. Nestes dous últimos anos, fomos

finalistas dos premios Proyecta Innovación, e neste último, o noso proxecto foi

un dos gañadores “CRE.AP.CIÓN 4.0”. Neste curso, tamén fomos

merecedores do premio de Innovación Educativa de Normalización Lingüística

co proxecto “InformaGal”. Podemos tamén mencionar a experiencia que dende

fai tres anos se está desenvolvendo no centro dentro do Programa Samsung

Smart School, co uso de dispositivos móbiles na aula.

Estes premios e experiencias fan que o profesorado se forme en

diferentes ferramentas tecnolóxicas de actualidade como poden ser: impresión

3D, realidade virtual, realidade aumentada e robótica.

O proxecto que queremos desenvolver no curso 2017-18 ven sendo

unha continuidade do desenvolto no último trimestre do curso pasado. Moitos

dos contidos que se traballan nos cursos de 3º, 4º, 5º e 6º poden ser

traballados coa robótica mediante unha “nova” linguaxe para o alumnado como

é a programación coa creación e execución de programas simples. Somos

conscientes da necesidade actual do achegamento da robótica á aula e o

poder motivacional que esta posúe.

A metodoloxía do centro cos plans de traballo ou retos que se lle

presentan ao alumnado, fai que a robótica se sitúe no recanto de creación do

contexto matemático. Neste contexto, elabóranse os plans de traballo nos que

aparecen recollidos os contidos a traballar, estes contidos son perfectamente

asimilados polo alumnado mediante os retos nos que o robot é protagonista

xunto co alumnado. O alumnado contribúe á construción da súa propia

aprendizaxe nun entorno de xogo é cunha gran carga de motivación.

Algúns dos contidos que serían factibles traballar co robot poderían ser

os seguintes:

Rectas e circunferencias.

Ángulos.

Sistema de coordenadas cartesianas.

Page 79: PROGRAMACIÓN XERAL ANUALq...- Capacitar ao alumnado na utilización das TICs para as TACs (Tecnoloxías para a aprendizaxe e o coñecemento). DESENVOLVEMENTO MOTRIZ Para conseguir

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2017 -2018

78 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

Formas planas e espaciais.

Identificación e clasificación de triángulos atendendo os seus

lados e os seus ángulos.

Identificación e clasificación de cuadriláteros.

Identificación e denominación de polígonos atendendo o número

de lados.

A circunferencia e o círculo.

Realización de medicións.

Estimación de lonxitudes.

Sumar e restar medidas de lonxitude.

Unidades de medida do tempo.

Cálculos con medidas temporais.

...

Todos estes contidos, do segundo e do terceiro ciclo de Ed. Primaria,

son traballados nos diferentes recantos do contexto matemático pero tamén

terán un lugar no recanto de creación, cando co robot se lle mande ao

alumnado retos nos que terán que programar para que realice dende un

cadrado, un circuíto, unha medición, unha estimación, situar puntos nun plano,

ángulos,...

Non queremos deixar perder esta oportunidade tan interesante que se

nos presenta, queremos avanzar coa sociedade e que o alumnado do CEIP

Viñagrande-Deiro poida construír a súa propia aprendizaxe con ferramentas

tecnolóxicas actuais.

Page 80: PROGRAMACIÓN XERAL ANUALq...- Capacitar ao alumnado na utilización das TICs para as TACs (Tecnoloxías para a aprendizaxe e o coñecemento). DESENVOLVEMENTO MOTRIZ Para conseguir

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2017 -2018

79 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

PLAN DE MELLORA DA BIBLIOTECA ESCOLAR (PLAMBE): LIÑAS

PRIORITARIAS DE ACTUACIÓN PARA O CURSO 2017 - 2018

Despois deste primeiro ano dentro do Plan de Mellora da Biblioteca

Escolar, queremos continuar coa consolidación do ideal de biblioteca que

temos no centro. Para iso trataremos de levar a cabo liñas prioritarias de

actuación que se detallan a continuación:

1. EN RELACIÓN COA ORGANIZACIÓN E XESTIÓN; A

CONFIGURACIÓN DA BIBLIOTECA COMO «LABORATORIO CREATIVO

DE APRENDIZAXES».

Acondicionamento do espazo. Continuando a labor xa iniciada

configuraremos aqueles espazos que non nos foi posible rematar este curso,

incorporando o mobiliario necesario.

Actualización e diversificación dos recursos, continuando coa labor

de expurgo que vimos facendo nos cursos pasados e adquirindo novos fondos

que atendan aos gustos, necesidades e intereses de todo o alumnado e cubran

as demandas das aulas referidas a proxectos de traballo que se vaian

desenvolver en cada unha delas, incorporando tamén recursos electrónicos.

Tamén seguiremos ampliando a colección de libros de consulta, sobre temas

educativos e pedagóxicos, para adultos.

Con respecto a recursos tecnolóxicos trataremos de mellorar os que xa

temos e de incorporar outros novos (libros electrónicos, robots, realidade virtual

e aumentada e impresoras 3D), incidindo na integración da cultura impresa e

dixital.

Accións favorecedoras da innovación educativa, propiciando

diversos usos nunha biblioteca multifuncional: actividades arredor da lectura,

desenvolvemento de proxectos multidisciplinares con actividades de

investigación, creación de contidos grupais, traballo con recursos tecnolóxicos

e bibliográficos, expresión artística, actividades lúdicas, robótica…

2. EN RELACIÓN COA DINAMIZACIÓN E PROMOCIÓN DOS

Page 81: PROGRAMACIÓN XERAL ANUALq...- Capacitar ao alumnado na utilización das TICs para as TACs (Tecnoloxías para a aprendizaxe e o coñecemento). DESENVOLVEMENTO MOTRIZ Para conseguir

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2017 -2018

80 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

RECURSOS DA BIBLIOTECA, A SÚA INTEGRACIÓN NO TRATAMENTO

DO CURRÍCULO E A SÚA CONTRIBUCIÓN Á ALFABETIZACIÓN

MÚLTIPLE E AO DESENVOLVEMENTO DAS COMPETENCIAS BÁSICAS

DO ALUMNADO.

Presentación de novidades, elaboración de boletíns, anuncio e

exposición de actividades… co fin de dar a coñecer os recursos cos que

conta a biblioteca e fomentar o seu uso.

Desenvolvemento dun PDI en todo o centro. Para o bo

desenvolvemento do mesmo, dende a biblioteca farase unha estruturación ben

organizada de todas as actividades a realizar ao longo do curso, así como a

adquisición de todos os recursos necesarios.

3. EN RELACIÓN COA FORMACIÓN DE USUARIOS E ADQUISICIÓN DA

COMPETENCIA INFORMACIONAL (COMPETENCIA PARA O

TRATAMENTO DA INFORMACIÓN INCLUÍDA NA ACTUAL

«COMPETENCIA DIXITAL»).

Mellora da formación de usuarios da biblioteca con actividades

específicas, sistematizadas e ben secuenciadas en cada un dos cursos, apoiándoas

con guías de uso e boletíns informativos elaborados polo equipo de biblioteca. O

obxectivo será que os alumnos se movan dun xeito autónomo e eficaz pola

biblioteca, polo que a formación de usuarios incluirá materiais como dípticos, xogos,

carteis, actividades que axuden a coñecer a CDU ou a localizar fondos, tanto

fisicamente como a través da web.

Consolidación do uso do programa Meiga, afianzando o coñecemento do

uso do mesmo por parte do profesorado e alumnado tanto para a xestión de

préstamos e devolucións como para a busca e consulta de fondos, a través de

actividades específicas de formación.

Traballo de ABP abarcando os tres aspectos da competencia

informacional: busca, tratamento e comunicación da información. Para facilitar

este traballo a biblioteca achegará todos os recursos necesarios e colaborará

no deseño dos proxectos. Ademais, o “Informadeiro” da nosa biblioteca será un

lugar fundamental para que o alumnado lle dea saída aos seus traballos a

través dos medios de comunicación. Pretendemos que en cada un dos

espazos (prensa, radio e televisión) haxa dous alumnos (de 3º a 6º)

Page 82: PROGRAMACIÓN XERAL ANUALq...- Capacitar ao alumnado na utilización das TICs para as TACs (Tecnoloxías para a aprendizaxe e o coñecemento). DESENVOLVEMENTO MOTRIZ Para conseguir

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2017 -2018

81 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

responsables das gravacións e edicións, que irán cambiando de forma

rotatoria.

4. EN RELACIÓN CO FOMENTO DA LECTURA E CO

DESENVOLVEMENTO DO PROXECTO LECTOR DE CENTRO (EN

MATERIA DE LECTURA, ESCRITURA E HABILIDADES NO USO,

TRATAMENTO E PRODUCIÓN DE INFORMACIÓN).

Fomento do hábito lector, ao que irán encamiñadas a meirande parte

das actividades deseñadas pola biblioteca, dada a importancia do mesmo no

proceso de aprendizaxe do alumnado. Así pois, ademais de continuar coas

actividades que xa se veñen facendo neste senso nos últimos cursos,

prestaremos especial atención ao hábito de préstamos periódicos de fondos e

poñeremos en marcha outras iniciativas como clubs de lectura ou rutas

literarias. Por outra banda, tamén queremos facer fincapé nas bibliotecas de

aula, configurándoas cunha importante colección de fondos, tanto de literatura

como de consulta e destacando, deste xeito, o papel que ocupan nas

actividades diarias de cada aula e no desenvolvemento dos proxectos.

Modificación e actualización do proxecto lector, no que se recollan

os criterios do centro en canto á lectura e escritura, así como en relación ao

uso, tratamento e produción de información e no que se estableza o papel da

biblioteca. Esta, contribuirá a conseguir lectores eficaces, con capacidade

crítica e a desenvolver a capacidade de expresión escrita, xa que determinadas

actividades, así como o traballo de ABP requirirán das súas producións

escritas. O desenvolvemento de proxectos, á súa vez, permitirá a posta en

práctica de estratexias de uso, tratamento e produción da información.

Queremos conxugar a lectura, a escritura e a competencia informacional como

elementos fundamentais dun mesmo proceso de ensino- aprendizaxe.

5. EN RELACIÓN COS AVANCES CARA A UNHA BIBLIOTECA

INCLUSIVA.

Continuaremos aumentando a colección de recursos bibliográficos para

toda a comunidade educativa, ademais de seguir co deseño dun espazo

versátil que fomente os agrupamentos flexibles, pero dando prioridade ao

Page 83: PROGRAMACIÓN XERAL ANUALq...- Capacitar ao alumnado na utilización das TICs para as TACs (Tecnoloxías para a aprendizaxe e o coñecemento). DESENVOLVEMENTO MOTRIZ Para conseguir

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2017 -2018

82 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

traballo cooperativo en pequenos grupos onde as axudas mutuas entre iguais

poidan compensar as dificultades que o alumnado posúe, axudando deste

modo a garantir o seu éxito.

Apertura da biblioteca en horario non lectivo. Ademais de continuar

co PROA, trataremos de programar outras actividades polas tardes co

alumnado e familias, como clubs de lectura ou obradoiros.

6. OUTRAS ACTUACIÓNS.

Colaboración coas familias. Inda que estas xa colaboran en moitas

actividades, esperamos abrir máis canles de participación coas familias, para

que coñezan mellor os recursos e funcionamento da biblioteca e sexan máis

partícipes das actividades que se realicen: contacontos, obradoiros, encontros

con autores, clubs de lectura… Algunhas destas actividades levaranse a cabo

polas tardes, co fin de dinamizar a biblioteca fóra do horario lectivo.

Por outra parte, para o vindeiro curso o profesorado responsable dos

Contextos de Aprendizaxe utilizará a biblioteca polas tardes (unha vez ao

trimestre) para iniciar o que puidera chegar a ser unha verdadeira escola de

pais con propostas como: tertulias literarias, matemáticas e científicas, sesións

de formación en tecnoloxía e charlas relacionadas co desenvolvmento integral

do alumnado: psicolóxico, emocional, social, afectivo, motriz…etc.

Dinamización da Comisión de Biblioteca, de xeito que se converta

nun equipo de apoio e de colaboración coa biblioteca, detectando necesidades,

valorando as accións que se leven a cabo, propoñendo novas iniciativas e

facilitando a colaboración con outras bibliotecas e institucións da contorna.

7. CRITERIOS E PROCEDEMENTOS DE AVALIACIÓN. INDICADORES E

INSTRUMENTOS QUE SE UTILIZARÁN.

O equipo de biblioteca realizará a avaliación do desenvolvemento do

proxecto ao longo do curso a través da valoración e análise das actividades e

das accións que se vaian levando a cabo. Ademais, tamén se atenderá á

valoración realizada polo claustro, o alumnado e as familias, por medio de

enquisas ou cuestionarios e atendendo ás opinións que de todos eles se vaian

Page 84: PROGRAMACIÓN XERAL ANUALq...- Capacitar ao alumnado na utilización das TICs para as TACs (Tecnoloxías para a aprendizaxe e o coñecemento). DESENVOLVEMENTO MOTRIZ Para conseguir

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2017 -2018

83 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

recollendo. Finalmente, empregaremos o Meiga para a recollida de datos sobre

o movemento de fondos bibliográficos e usuarios da biblioteca.

Os criterios que nos permitirán valorar o funcionamento da biblioteca serán os

seguintes:

Organización espazo- temporal:

A distribución espacial favoreceu diversos usos da biblioteca.

Os recursos son suficientes e axeitados.

Favoreceu o desenvolvemento de proxectos.

Con respecto ao alumnado:

Favoreceu o hábito lector.

Axudou na mellora de técnicas de escritura e de oralidade.

Favoreceu hábitos de consulta.

Houbo maior afluencia de alumnado en horario non lectivo.

Con respecto ao profesorado:

Atendéronse a todas as demandas en canto a recursos.

Implicáronse na realización das actividades propostas.

Favoreceu a coordinación de todo o equipo de mestres.

Con respecto ás familias:

Implicáronse na realización das actividades propostas.

Houbo maior afluencia de familias en horario non lectivo.

Con respecto ás actividades:

O PDI estivo ben organizado e cunha axeitada secuencia temporal.

Resultaron motivadoras e axeitadas aos distintos niveis.

Facilitaron as aprendizaxes do currículo.

Xiraron en torno aos temas desenvolvidos nos proxectos

8. PERSOA DESIGNADA COMO RESPONSABLE/DINAMIZADORA DA

BIBLIOTECA ESCOLAR. EQUIPO DE APOIO. HORARIO PREVISTO.

A persoa responsable da biblioteca escolar continuará sendo Rocío

Bernárdez Cibeira, mestra de Educación Musical e secretaria do centro, que

Page 85: PROGRAMACIÓN XERAL ANUALq...- Capacitar ao alumnado na utilización das TICs para as TACs (Tecnoloxías para a aprendizaxe e o coñecemento). DESENVOLVEMENTO MOTRIZ Para conseguir

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2017 -2018

84 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

disporá de tres sesións de dedicación á biblioteca.

O equipo de apoio estará constituído por catro ou cinco mestres, de

diferentes ciclos ou especialidades e tratarase de que algún deles tamén teña

sesións de dedicación á biblioteca, dentro das posibilidades horarias. As

xuntanzas do equipo seguirán a ser semanais.

A biblioteca permanecerá aberta durante todo o horario lectivo e tamén

en horario non lectivo de luns a xoves, de 16:00 a 18:00.

PDI: A SAÚDE E A MELLORA DA CALIDADE DE VIDA DAS

PERSOAS.

Este curso trataremos de mellorar a organización e funcionamento do PDI.

Temos unhas experiencias non moi positivas xa que posuimos dificultades

para organizar un PDI íntegro e que produzca aprendizaxe en todo o

alumnado do centro sobre un tema concreto e con productos finais

elaborados, deseñados e executados polos propios nenos e nenas.

O tema escollido para este ano é A SAÚDE e arredor del traballarán as

distintas aulas, especialidades, proxectos de aula..etc.

Actividades como a creación dunha revista interactiva, a realización de

andainas, o estudo da contaminación acústica, a aprendizaxe de primeiros

auxilios, o funcionamento do noso propio corpo... serán algunhas das moitas

actividades a desenvolver nas aulas.

Ademais destes programas de innovación que se desenvolverán neste

centro ó longo do curso 2017-2018, é necesario nomear os seguintes

proxectos que o centro ten a disposición de por en funcionamento e que

dependerán da concesión e aprobación por parte da Consellería de

Educación:

CONTRATO-PROGRAMA DE REFORZO, ORIENTACIÓN E APOIO:

Varias serán as liñas que solicitaremos:

Page 86: PROGRAMACIÓN XERAL ANUALq...- Capacitar ao alumnado na utilización das TICs para as TACs (Tecnoloxías para a aprendizaxe e o coñecemento). DESENVOLVEMENTO MOTRIZ Para conseguir

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2017 -2018

85 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

- “Acompañamento escolar fóra do horario lectivo”. Está dirixido ao

alumnado de 2º e 3º ciclo con maiores necesidades de apoio e reforzo

educativo.

- “Mellora das competencias clave”. Coa finalidade de priorizar as

accións para a mellora da competencia matemática, o

desenvolvemento desta actuación incluirá sempre o reforzo desta

competencia e poderá incluír tamén actuacións para a mellora da

competencia en comunicación lingüística e/ou competencias básicas

en ciencia e tecnoloxía. Destinatarios: Todo o alumnado de educación

primaria.

- “Mellora da convivencia”. Apostando por un modelo pedagóxico que

reforza a idea do traballo na aula de diferentes iniciativas que melloran

e facilitan a relación interpersoal entre o alumnado, profesorado e

familias.

- “Mellora do nivel de coñecementos para acadar a excelencia”. Neste

caso plantexaremos un proxecto no que se perciba con claridade

como o noso centro vai algo máis aló do propio currículo. Esta aposta

permite ao alumnado acadar a excelencia nalgúns eidos do seu

desenvolvemento: motriz, actitudinal, psicolóxico, social e, como non,

nos eido do coñecemento máis curricular.

- “Mellora na calidade da xestión do centro”. Esta nova incorporación

busca principalmente que sexamos capaces de desenvolver propostas

que faciliten ao equipo directivo e profesorado a xestión do propio

centro en diferentes eidos: creación de equipo docente vocacional,

axenda profesional para todo o profesorado, protocolos de actuación,

novas normas para a mellora da xestión administrativa...etc.

OBSERVA_ACCIÓN: INNOVA ACCIÓN

Na búsqueda dun horizonte mellor e dunha continua ansia por continuar

aprendendo do bo facer doutros mestres e centros educativos, decidimos

participar nesta primeira convocatoria de carácter experimental da

Consellería de Educación.

Page 87: PROGRAMACIÓN XERAL ANUALq...- Capacitar ao alumnado na utilización das TICs para as TACs (Tecnoloxías para a aprendizaxe e o coñecemento). DESENVOLVEMENTO MOTRIZ Para conseguir

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2017 -2018

86 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

Coa posibilidade de ver in situ o funcionamento do noso proxecto dende o

interior das aulas, de ver in situ a organización e funcionamento doutras

aulas doutros centros galegos e de compartir experiencias con centros

doutras comunidades autónomas (neste caso Castela León), InnovaAcción

pode ser para nós de gran axuda xa que non nos vai permitir quedarnos

quedos ante novas ou diferentes propostas á que nós ofrecemos no noso

centro.

Por outra parte, tamén consideramos oportuno sinalar aquí o Plan de

Orientación do noso centro que si ben non é un proxecto de innovación,

constitúe un dos plans máis importantes polas características que posúe e

por ir dirixido a toda a comunidade educativa: familias, alumnado,

profesorado...

PLAN DE ORIENTACIÓN

A lexislación educativa mais recente outórgalle á función orientadora un

papel relevante, considerándoa un pilar esencial e básico do sistema educativo

con decisiva incidencia na calidade dos procesos que nel se desenvolven:

- A orientación educativa e profesional dos alumnos debe ser un dos

principios que inspira a actividade educativa como medio necesario

para o logro dunha formación personalizada que propicie unha

educación integral en coñecementos, destrezas e valores (Artigo 1º

da Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación).

- A orientación educativa e profesional é un dos factores que favorecen

a calidade da ensinanza, aos que os poderes públicos prestarán

unha atención prioritaria (LOE, artigo 2º).

- A orientación educativa, académica e profesional do alumnado como

función do profesorado, en colaboración, no seu caso, cos servizos

ou departamentos especializados. (LOE, artigo 91º.d).

Page 88: PROGRAMACIÓN XERAL ANUALq...- Capacitar ao alumnado na utilización das TICs para as TACs (Tecnoloxías para a aprendizaxe e o coñecemento). DESENVOLVEMENTO MOTRIZ Para conseguir

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2017 -2018

87 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

- Un dereito básico do alumnado é recibir orientación educativa e

profesional e o dos pais a ser oídos naquelas decisións que afecten á

orientación académica e profesional dos seus fillos e fillas

(Disposición derradeira primeira da LOE. Modificación da Lei

orgánica 8/1985, do 3 de xullo, reguladora do dereito á educación)

Nesta liña, no CEIP de Viñagrande-Deiro desenvolveremos unha

orientación que incida sobre a comunidade educativa no seu conxunto

(alumnos, profesores e familias), que atenda aos problemas e dificultades de

aprendizaxe e preste apoio e asesoramento ante a diversidade de retos cos

que se enfronta a escola, animando e impulsando a súa acción, as relacións

entre os seus elementos e co entorno, contribuíndo, en definitiva, á mellora da

calidade dos procesos que se desenrolan nela e, conseguintemente, da acción

educativa.

A orientación é un deber compartido por todos/as os/as mestres que

traballamos no centro coas responsabilidades propias das diferentes tarefas

que desempeñamos e debe estar coidadosamente planificada, marcándose

uns obxectivos a partir da análise da realidade, programándose actuacións

concretas, deseñándose estratexias específicas e organizándose os espazos e

os tempos nos que se desenvolverá o planificado. Unha previsión que,

ademais, debe contemplar a avaliación e seguimento necesarios para constatar

o grao de consecución dos obxectivos e, no seu caso, as propostas de mellora.

O Plan de Orientación é o instrumento pedagóxico-didáctico que articula,

a medio e largo prazo, as actuacións relacionadas coa orientación e a acción

titorial. Pero esta planificación no pode facerse de maneira illada, é parte da

organización pedagóxico-educativa do centro e, consecuentemente, debe

incardinarse coa actividade e estrutura xeral deste. O Plan de Orientación

conforma pois, un epígrafe propio do PE como documento que planifica e

estrutura a acción orientadora dos equipos docentes e do centro educativo no

seu conxunto, con especial incidencia na atención á diversidade, na orientación

persoal e académica e na acción titorial, sendo o Departamento de Orientación

o responsable de elaborar a proposta do mesmo de acordo coas directrices

establecidas polo Claustro de profesores e a CCP.

Page 89: PROGRAMACIÓN XERAL ANUALq...- Capacitar ao alumnado na utilización das TICs para as TACs (Tecnoloxías para a aprendizaxe e o coñecemento). DESENVOLVEMENTO MOTRIZ Para conseguir

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2017 -2018

88 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

O noso PO ímolo desenvolver en seis grandes bloques:

- Descrición do contorno no que se desenvolve o proceso orientador.

- Obxectivos da orientación para o conxunto do sistema.

- Accións de orientación prioritarias.

- Plan Xeral de Atención á Diversidade e Plan de Acción Titorial.

- Criterios e procedementos de avaliación.

- Instrumentos de avaliación.

A escola pública caracterízase por unha serie de principios básicos, pero

cada centro ten autonomía, dentro do marco legal, para facerse cun estilo

educativo propio. Éste reflíctese no Proxecto Educativo de cada colexio que

responde ó contexto socioeconómico e cultural, ás peculiaridades do alumnado

e á concepción educativa que os docentes e os pais e nais manteñen.

No curso 2008-2009 creouse o Departamento de Orientación Compartido

(OC) que abrangue dous centros: o CEIP de VIÑAGRANDE-DEIRO, centro

base do Dpto. de Orientación, e o CEIP SAN ROQUE DE CORÓN, ambos

situados no concello de Vilanova de Arousa.

No presente curso 2016-2017 o Dpto. de Orientación está constituído da

mesma forma que en anos anteriores só cambiando o centro base de algún

dos seus membros, quedando deste xeito:

Xefa do Dpto. Orientación compartida nos dous centros, sendo o seu

centro base o CEIP de VIÑAGRANDE-DEIRO.

Mestra especialista en audición e linguaxe compartida nos mesmos

centros anteriores, sendo o seu centro base neste curso o CEIP SAN

ROQUE DE CORÓN.

Dous mestres especialistas en pedagoxía terapéutica a tempo

completo, unha no CEIP San Roque de Corón e outro no CEIP

Viñagrande-Deiro.

XUSTIFICACIÓN BASEADA NO CONTORNO.

Page 90: PROGRAMACIÓN XERAL ANUALq...- Capacitar ao alumnado na utilización das TICs para as TACs (Tecnoloxías para a aprendizaxe e o coñecemento). DESENVOLVEMENTO MOTRIZ Para conseguir

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2017 -2018

89 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

O noso Plan de Orientación parte dunha realidade con características

singulares que a definen e condicionan, necesidades propias ás que temos

que dar resposta, e recursos e posibilidades concretas que serán os

instrumentos para materializar as propostas da acción orientadora. Así, para

programar a nosa acción de forma eficaz, debemos coñecer as peculiaridades

do contorno ao que vai dirixida e no que se vai desenvolver: características do

alumnado, profesorado e familias, organización do centro educativo, medios

materiais, recursos humanos, etc.

O CEIP de Viñagrande-Deiro está situado nunha zona rural-mariñeira, na

parroquia de San Miguel de Deiro. A poboación correspóndese na súa

meirande parte coa clase media-baixa, e a maioría dos seus habitantes viven

da agricultura, marisqueo e comercio. Predomina a poboación cun nivel de

estudos primarios.

Conta con nove unidades: tres en Educación Infantil e seis en Educación

Primaria. Está escolarizado un total de 154 alumnos/as distribuídos do

seguinte xeito:

Educación Infantil:

• 15 de 3 anos.

• 16 de 4 anos.

• 16 de 5 anos.

Educación Primaria:

1º EP: 23 alumnos/as.

2º EP: 23 alumnas/os.

3º EP: 20 alumnos/as.

4º EP: 17 alumnos/as.

5º EP: 14 alumnos/as.

6º EP: 11 alumnos/as.

A mestra de Audición e Linguaxe é de carácter compartido acudindo

a este centro 2 días á semana. A mestra de Relixión é de carácter itinerante,

este é o seu centro base, acudindo a este centro tres días á semana.

Page 91: PROGRAMACIÓN XERAL ANUALq...- Capacitar ao alumnado na utilización das TICs para as TACs (Tecnoloxías para a aprendizaxe e o coñecemento). DESENVOLVEMENTO MOTRIZ Para conseguir

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2017 -2018

90 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

A dotación de espazo físico para o Departamento de Orientación é

dunha aula-despacho de xefatura do departamento de orientación para a

atención ó departamento, reunións… que conta cos medios de soporte técnico

e a infraestructura pouco adecuada segundo os seus membros.

NECESIDADES DA ORIENTACIÓN:

Coa análise dos datos que nos aportan a comunidade educativa vemos que

nos atopamos fronte a :

- Nos últimos anos é salientable a crecente chegada de inmigrantes coa

consecuente incorporación de alumnado estranxeiros a calquera altura

do curso provocando nestes nenos certa inestabilidade ao terse que

adaptar a novos hábitos e normas, mentres non superan o período de

adaptación. Ten de positivo o achegamento á diversidade

- Familias cunha crecente preocupación pola formación dos seus fillos

que precisa e demanda, cada vez mais, asesoramento e apoio.

- Un alumnado que require unha atención singular e global que dea

resposta ás súas necesidades.

- Profesorado que precisa asesoramento e apoio para facer fronte aos

novos retos que o ensino demanda e está aberto ás iniciativas e á

colaboración co Departamento de Orientación .

É por iso polo que é preciso un servizo de orientación que contemple unha

intervención nos ámbitos do alumnado, do profesorado e das familias, no

marco das actuacións que se establecen desde a propia Administración

Educativa, pero partindo da realidade e dos condicionantes da zona e do propio

centro educativo.

COMPOSICIÓN DO DEPARTAMENTO.

Atendendo á normativa vixente, concretamente ao artigo 4 do Decreto

120/1998, polo que se regula a orientación educativa e profesional na

Comunidade Autónoma de Galicia; constitúese o Dpto. de Orientación para o

curso 2016-2017 no CEIP Viñagrande-Deiro do que forman parte:

Page 92: PROGRAMACIÓN XERAL ANUALq...- Capacitar ao alumnado na utilización das TICs para as TACs (Tecnoloxías para a aprendizaxe e o coñecemento). DESENVOLVEMENTO MOTRIZ Para conseguir

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2017 -2018

91 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

Coordinadora Ed. Infantil: Dna. Cristina Louzao García.

Titor de 1º de Educación Primaria: Dna. Eva María Puga Iglesias

Titor de 2º de Educación Primaria : D. Manuel Piñerio Sánchez

Titor de 3º de Educación Primaria e director: D. Javier García García.

Titor de 4º de Educación Primaria: Mª Luisa Barreiro Pérez

Titor de 5º de Educación Primaria: Dna. Vanesa Magariños Paz

Titor de 6º de Educación Primaria: D. Sergio Rosales López

Mestre Especialista en A.L. : Dna. Silvia González Hermida

Mestre Especialista en P.T. : Dna. Beatriz Prieto Alvarez.

Orientadora: Dna. Ana Belén Borrageiros Mariño

FUNCIONAMENTO DO DEPARTAMENTO:

Seguindo as directrices da Orde do 24 de xullo de 1998 pola que se

establece a organización e funcionamento da orientación educativa e

profesional na Comunidade Autónoma de Galicia regulada polo Decreto

120/1998, ao largo do escolar levaranse a cabo unha serie de reunións que

quedan organizadas da seguinte forma:

Reunión semanal, mensual e trimestral do Departamento de

Orientación.

Reunións de coordinación co equipo directivo: para tratar todos

aqueles aspectos puntuais referidos ao departamento: establecer

aspectos organizativos, elaborar informes segundo as necesidades

que vaian xurdindo.

Reunión coas familias: para recadar información sobre o alumnado

obxecto de atención cara a unha posible avaliación, para solicitar o

consentimento da avaliación psicopedagóxica, para informalos e

orientalos sobre aspectos puntuais do seu interese referidos ao

desenvolvemento do alumno/a.

Page 93: PROGRAMACIÓN XERAL ANUALq...- Capacitar ao alumnado na utilización das TICs para as TACs (Tecnoloxías para a aprendizaxe e o coñecemento). DESENVOLVEMENTO MOTRIZ Para conseguir

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2017 -2018

92 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

Reunións de coordinación cos titores e profesorado:

Realizaranse xuntanzas cos equipos de ciclo, de nivel, profesorado

que atende aos alumnos con necesidade educativa de apoio

específico, nos momentos que sexan precisos e tendo en conta a

dispoñibilidade horaria dos mestres e titores.

O resto do horario da xefa do D.O. dedicarase a elaboración de

documentos, diagnósticos, reunións, recepcións de pais e nais así como de

alumnos (de acordo coa Dirección e a Xefatura de Estudios), reunións da

comisión de coordinación pedagóxica, reunións cos equipos didácticos e outras

actividades que poidan xurdir.

OBXECTIVOS

O noso Plan de Orientación é un documento aberto, que nace coa

pretensión de ofrecer un marco estable que guíe a acción orientadora do

centro. De aí que os obxectivos formulados enmarcarán unha proposta de

traballo a medio-longo prazo que se irá enriquecendo anualmente con distintas

aportacións, polo tanto cremos necesaria unha reflexión e toma de decisións

coherente e axustada tendo en conta:

O papel relevante e a importancia que da á función orientadora no

sistema educativo a Lei Orgánica 8/2013, do 9 decembro, para a

Mellora da Calidade Educativa.

As funcións e os ámbitos de actuación do Departamento de Orientación

e da xefatura do departamento que se regulan no Decreto 120/1998, do

23 de abril, polo que se regula a orientación educativa e profesional na

Comunidade Autónoma de Galicia. (DOG 27/04/98). Corrección de

erros, (DOG 14/05/98) e a Orde do 24 de xullo de 1998 pola que se

establece a organización e funcionamento da orientación educativa e

Page 94: PROGRAMACIÓN XERAL ANUALq...- Capacitar ao alumnado na utilización das TICs para as TACs (Tecnoloxías para a aprendizaxe e o coñecemento). DESENVOLVEMENTO MOTRIZ Para conseguir

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2017 -2018

93 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

profesional na Comunidade Autónoma de Galicia regulada polo Decreto

120/1998. (DOG 31/07/98).

A análise das necesidades, características e recursos da realidade do

noso centro e o seu contorno.

Os valores, obxectivos e prioridades de actuación e as decisións e

opcións da comunidade educativa referidas ao ámbito pedagóxico,

académico e educativo explicitadas no PE.

Os criterios fixados polo Claustro de profesores e as directrices da CCP

que nos leva a determinar que os obxectivos que deben guiar a acción

deste Departamento de Orientación son:

1.1 XERAIS:

Participar na elaboración, seguimento e avaliación do PE, incidindo

nos criterios organizativos, metodolóxicos e curriculares de carácter

inclusivo para a atención á diversidade do conxunto do alumnado e

asesorando nas decisións relativas á potenciación das áreas

instrumentais, avaliación, recuperación, criterios de promoción, etc.

Participar no deseño e desenvolvemento de medidas de atención á

diversidade que optimicen a atención educativa proporcionada ao

alumnado.

Contribuír á identificación e detección temperá das dificultades ou

problemas de desenvolvemento e aprendizaxe e potenciar a posta en

marcha de medidas e accións de carácter preventivo.

Apoiar a convivencia no centro a través da acción titorial e coa

implicación de toda a comunidade educativa.

Page 95: PROGRAMACIÓN XERAL ANUALq...- Capacitar ao alumnado na utilización das TICs para as TACs (Tecnoloxías para a aprendizaxe e o coñecemento). DESENVOLVEMENTO MOTRIZ Para conseguir

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2017 -2018

94 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

Promover a comunicación, colaboración e coordinación coas familias,

potenciando a súa implicación no proceso educativo dos seus fillos e

na vida do centro.

Establecer canles de comunicación e coordinar actuacións cos

diferentes servizos e institucións.

Facilitarlle á comunidade educativa os apoios e o asesoramento

necesarios para favorecer o desenvolvemento persoal, social, e

cognitivo dos alumnos e axudarlles a enfrontar adecuadamente os

momentos escolares decisivos ou de maior dificultade.

Asesorar e apoiar ao conxunto da comunidade educativa e aos

órganos de goberno do colexio en particular, para impulsar o

desenvolvemento do centro educativo en todos os ámbitos.

Proporcionar apoio psicopedagóxico ao alumnado e deseñar,

desenvolver e avaliar programas específicos de intervención.

1.2 ESPECÍFICOS:

A) Con relación ao alumnado:

Desenvolvemento persoal e social

Favorecer e orientar a adaptación do alumnado ao contexto

escolar e a integración no grupo clase.

Axudar a tomar conciencia dos propios sentimentos e emocións,

desenvolvendo habilidades de control e autorregulación dos

mesmos e logrando un desenvolvemento emocional axeitado que

facilite a integración dos nenos no grupo.

Page 96: PROGRAMACIÓN XERAL ANUALq...- Capacitar ao alumnado na utilización das TICs para as TACs (Tecnoloxías para a aprendizaxe e o coñecemento). DESENVOLVEMENTO MOTRIZ Para conseguir

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2017 -2018

95 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

Orientar a potenciación do desenvolvemento de hábitos básicos

de autonomía persoal e social coa colaboración das familias.

Facilitar a inclusión educativa e a integración escolar e social do

alumnado con necesidade específica de apoio educativo.

Axudar a desenvolver no alumnado un adecuado coñecemento e

valoración de si mesmo, facilitando a progresiva toma de

conciencia sobre as súas propias capacidades, posibilidades e

intereses.

Atención á diversidade e apoio aos procesos de ensinanza e

aprendizaxe

Asesorar no desenvolvemento de estratexias e elaboración de

instrumentos para o coñecemento das características persoais,

familiares, sociais e escolares dos alumnos.

Contribuír a mellorar a atención educativa proporcionada ao

alumnado con necesidade específica de apoio educativo.

Asesorar e colaborar na elaboración de rexistros de observación-

avaliación sistemáticos.

Axudar a reforzar a equidade na educación, mellorando a

inclusión e a calidade da resposta educativa proporcionada ao

alumnado en situación de desvantaxe.

Promover a busca de estratexias que favorezan a adquisición de

aprendizaxes instrumentais, competencias básicas, estratexias de

aprendizaxe e técnicas de traballo intelectual.

Page 97: PROGRAMACIÓN XERAL ANUALq...- Capacitar ao alumnado na utilización das TICs para as TACs (Tecnoloxías para a aprendizaxe e o coñecemento). DESENVOLVEMENTO MOTRIZ Para conseguir

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2017 -2018

96 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

Potenciar e asesorar na posta en marcha, seguimento e

avaliación de adaptacións curriculares, medidas de reforzo

educativo e calquera actuación destinada á mellora da

aprendizaxe.

Impulsar a eliminación dos obstáculos físicos, organizativos ou

curriculares que dificulten a acollida, a adaptación escolar e o

desenvolvemento educativo do conxunto do alumnado con

necesidade específica de apoio educativo: alumnado con

necesidades educativas especiais, inmigrantes, alumnado con

dificultades de aprendizaxe, alumnado afectado por enfermidades

que dificultan o seu proceso educativo, etc.

Orientación académica

Potenciar a adquisición de competencias relevantes no ámbito

educativo tales como a responsabilidade, a perseveranza, a toma

de decisións, o traballo en equipo, a experimentación e a

creatividade.

Convivencia

Contribuír á socialización do alumnado promovendo unha

formación en valores conectada coa realidade social e

comprometida con principios universais propios dunha sociedade

democrática: cooperación, convivencia, respecto e solidariedade,

etc, concibindo o diálogo como ferramenta fundamental para a

resolución pacífica de conflitos.

Potenciar a posta en marcha de medidas preventivas para

mellorar o clima de traballo e convivencia.

Transición e coordinación entre etapas educativas

Page 98: PROGRAMACIÓN XERAL ANUALq...- Capacitar ao alumnado na utilización das TICs para as TACs (Tecnoloxías para a aprendizaxe e o coñecemento). DESENVOLVEMENTO MOTRIZ Para conseguir

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2017 -2018

97 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

Orientar no proceso de acollida ao alumnado de novo ingreso no

centro, prestando singular atención ao inicio da Educación Infantil

e ao alumnado inmigrante.

Apoiar o proceso de transición entre etapas educativas.

B) Con relación ás familias:

Asesorar ás familias para afrontar as dificultades que se

presenten na educación dos seus fillos.

Asesorar ás familias orientándoas aos servizos que lles

proporcionan a asistencia e apoio que poidan precisar por estar

en situación de desvantaxe socioeducativa, pola súa condición de

emigrante, por pertencer a minorías étnicas ou por estar a vivir

situacións complexas ou problemáticas.

Asesorar e colaborar na procura de axudas e asistencia para

alumnos con necesidades específicas de apoio educativo.

C) Con relación ao profesorado:

o Asesorar na elaboración dos documentos do PE.

o Apoiar e asesorar no desenvolvemento das accións derivadas do

desenvolvemento da LOE: avaliación diagnóstica.

o Apoiar e asesorar no desenvolvemento da acción educativa e das

actuacións que forman parte do desempeño da función docente:

programación, avaliación, etc.

Page 99: PROGRAMACIÓN XERAL ANUALq...- Capacitar ao alumnado na utilización das TICs para as TACs (Tecnoloxías para a aprendizaxe e o coñecemento). DESENVOLVEMENTO MOTRIZ Para conseguir

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2017 -2018

98 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

o Recabar a colaboración do profesorado nos procesos de

avaliación psicopedagóxica e na organización da atención á

diversidade do alumnado.

o Asesorar no deseño, implementación e avaliación dos distintos

plans e/ou programas que se elaboren.

o Promover a coordinación, o traballo compartido e a innovación

educativa.

o Asesorar na elaboración, desenvolvemento e avaliación das

medidas de atención á diversidade.

o Colaborar no deseño dos distintos documentos que forman parte

do expediente do alumno: informe fin de ciclo, informe fin de

etapa, etc.

D) Con relación a outras institucións e órganos externos:

Colaborar cos servizos de orientación: Equipo de Orientación

Específico, Departamentos de Orientacións dos IES e

Departamentos de Orientación doutros centros de EP da zona.

Coordinar actuacións cos servizos e axentes externos: Saúde,

Servizos Sociais, Concello, etc, aproveitando os recursos

socioeducativos que estas institucións poidan ofrecer.

LIÑAS PRIORITARIAS DE ACTUACIÓN

A determinación de liñas prioritarias de actuación é un paso necesario

nunha planificación de accións realistas e efectivas, en consecuencia coas

finalidades da orientación reguladas pola normativa e tras a análise das

necesidades da nosa comunidade educativa, que parte da Circular 10/2010 da

Page 100: PROGRAMACIÓN XERAL ANUALq...- Capacitar ao alumnado na utilización das TICs para as TACs (Tecnoloxías para a aprendizaxe e o coñecemento). DESENVOLVEMENTO MOTRIZ Para conseguir

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2017 -2018

99 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación

Educativa pola que se ditan instrucións para coordinar as actuacións e

establecer as accións prioritarias dos servizos de orientación educativa e

profesional da Comunidade Autónoma de Galicia, que define as liñas

prioritarias de actuación que deben ser tamén referente da nosa acción

orientadora, no sentido de establecer ámbitos de actuación preferente dentro

das accións que o departamento ten determinadas.

Estes ámbitos preferentes e as características e necesidades dos nosos

centros, son os criterios que guían o establecemento das accións prioritarias

para o curso presente. O desenvolvemento de algunha delas precisará da

continuidade do seu tratamento ao longo de varios anos ao ter que responder

de xeito prioritario fundamentalmente ás demandas de atención ás

necesidades específicas de apoio educativo que puideran presentarse ao longo

do curso.

Moitas desas accións prioritarias aparecen recollidas nos respectivos plans que

conforman este PO, podemos destacar as seguintes:

Asesorar e colaborar na actualización e elaboración dos documentos

que integran o Proxecto Educativo do Centro.

Asesorar nos procesos de axuste e desenvolvemento das concrecións

curriculares, programacións de curso e/ou ciclo, medidas de RE e ACs e

promover a reflexión sobre os procesos que os integran: avaliación,

recuperación, criterios que deben considerarse á hora de adoptar a

decisión de permanecer un ano máis nun determinado ciclo e/ou etapa,

etc.

Asesorar e colaborar na elaboración de documentos adaptados á

normativa de desenvolvemento da LOMCE para a nosa Comunidade.

Deseñar e colaborar en actuacións que teñan como obxecto a

promoción da convivencia e a resolución pacífica de conflitos.

Page 101: PROGRAMACIÓN XERAL ANUALq...- Capacitar ao alumnado na utilización das TICs para as TACs (Tecnoloxías para a aprendizaxe e o coñecemento). DESENVOLVEMENTO MOTRIZ Para conseguir

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2017 -2018

100 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

Plantexar propostas para mellorar as canles de coordinación co

orientador do centro de secundaria e facilitar o tránsito do alumnado entre

estas etapas educativas.

Asesorar á Comunidade Educativa en relación as actuacións

relacionadas co axuste, mellora e desenvolvemento xeral dos diferentes

aspectos do proceso educativo.

Promover a reflexión e a coordinación entre os distintos servizos que

interveñen cun mesmo alumno.

Asesorar a comunidade educativa sobre as diferentes medidas e

recursos para a atención ao ANEAE.

Axustar as propostas de apoio educativo á realidade do alumnado, con

intervencións inclusivas orientadas polo potencial de aprendizaxe do

alumnado.

ESTRATEXIAS DE INTERVENCIÓN.

No Departamento de Orientación proponse:

- Integrar o Plan de Orientación na actividade xeral do centro, afondando na

coordinación entre profesores e departamento.

- A relación de asesoramento, apoio, colaboración e coordinación

permanente co equipo directivo, fundamentalmente coa xefatura de

estudos.

- A importancia da participación activa dos mestres no equipo, como

xeradores de iniciativas e pola implicación que se precisa para desenvolver

de maneira real e efectiva as accións planificadas no Departamento.

- A importancia dos coordinadores, coa función de aunar e ordear medios e

esforzos para unha acción común eficaz.

Page 102: PROGRAMACIÓN XERAL ANUALq...- Capacitar ao alumnado na utilización das TICs para as TACs (Tecnoloxías para a aprendizaxe e o coñecemento). DESENVOLVEMENTO MOTRIZ Para conseguir

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2017 -2018

101 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

- Intervir sen aplicación de medidas extraordinarias salvo en casos extremos,

tomando como referencia o principio de normalización. As mestras

especialistas en PT e AL: ninguén mellor para colaborar na necesaria

sensibilización, impulso, mediación, concienciación,... e na coordinación de

accións para optimizar a atención ao alumnado con necesidades educativas

de apoio educativo.

- Promover actuacións preventivas e recuperadoras se son precisas.

- O establecemento dunha relación titorial permanente co alumnado e coas

familias.

A estratexia de intervención deseñada a partir dos obxectivos anteriores é

dobre, e está relacionada co Plan Xeral de Atención á Diversidade (do que xa

falamos anteriormente) e o Plan de Acción Titorial.

PLAN DE ACCIÓN TITORIAL

INTRODUCCIÓN:

Asumido que a acción titorial compromete á totalidade do profesorado no

marco dunha actuación colectiva e debidamente coordinada, e que o seu

desenvolvemento abrangue tanto o ámbito do proceso de ensino-aprendizaxe

coma o relativo ao desenvolvemento persoal, pretendemos que este plan

signifique unha resposta deste centro cara á personalización da educación do

noso alumnado

Naturalmente, este proceso de axuda está condicionado á situación de partida,

á realidade do conxunto deste sistema e ao noso contexto, o que determinará a

elección dos obxectivos a acadar e as actuacións específicas para o seu logro.

OBXECTIVOS DA ACCIÓN TITORIAL:

Tendo en conta todo o referido anteriormente no documento, con este Plan de

Acción Titorial pretendemos:

Page 103: PROGRAMACIÓN XERAL ANUALq...- Capacitar ao alumnado na utilización das TICs para as TACs (Tecnoloxías para a aprendizaxe e o coñecemento). DESENVOLVEMENTO MOTRIZ Para conseguir

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2017 -2018

102 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

- Coñecer as características dos alumnos a nivel persoal, familiar,

socioambiental e escolar (competencia curricular, estratexias de

aprendizaxe, motivación e intereses) coa finalidade de programar respostas

educativas adecuadas que contribúan ao seu desenvolvemento integral.

- Favorecer a integración do novo alumnado, desenvolvendo accións que

faciliten a adaptación e favorezan a súa interacción co grupo.

- Establecer unha liña de comunicación-información permanente do grupo

de alumnos e o equipo docente.

- Contribuír á formación integral do alumnado, en sintonía cos principios

recollidos no PE.

- Favorecer procesos de mellora educativa a través da implementación de

programas e desenvolvemento de actividades formativas por parte dos

equipos docentes, co asesoramento e apoio do Departamento de

Orientación.

- Promover a participación das familias no labor formativo, asesorándoas e

informándoas daquilo que precisen e demanden, en especial da importancia

da estimulación dos fillos, da promoción da súa autonomía, da potenciación

dos valores, da relación familia-alumnado-profesorado e de todo o

relacionado co proceso de ensino-aprendizaxe.

- Contribuír á mellora da coordinación e asegurar a continuidade educativa

entre os distintos centros, ciclos e/ou etapas.

- Favorecer a convivencia, potenciando a formación en valores, o

desenvolvemento das habilidades sociais e a autoestima, que facilite a

adaptación social e persoal e a resolución dialogada de conflitos.

DESENVOLVEMENTO DA ACCIÓN TITORIAL

Page 104: PROGRAMACIÓN XERAL ANUALq...- Capacitar ao alumnado na utilización das TICs para as TACs (Tecnoloxías para a aprendizaxe e o coñecemento). DESENVOLVEMENTO MOTRIZ Para conseguir

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2017 -2018

103 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

Para tratar de acadar os obxectivos establecidos anteriormente é necesaria a

realización dunha serie de accións, debidamente planificadas e cun seguimento

regular que permita o seu (re)axuste.

Entre as actuacións que cada un dos ciclos e/ou etapas pode desenvolver

destacan:

Actuacións no 2º ciclo de Educación Infantil.

a) Desenvolvemento das actuacións previstas no Programa de Acollida.

b) Realización, nos casos de novas incorporacións, da entrevista persoal a

cada familia, de cara á obtención da información necesaria para a ficha de

avaliación inicial.

c) Cumprimentar, nos casos que corresponda, da ficha de avaliación inicial.

d) Análise do expediente persoal do alumnado e de toda aquela información

que facilite o coñecemento da súa realidade e dos aspectos que poden

incidir no proceso de ensino-aprendizaxe.

e) Sempre que sexa posible, realización dunha reunión trimestral e xeral coas

familias para informarlles de todo o relativo ao proxecto educativo, á

concreción curricular, e ao desenvolvemento do proceso educativo.

Procurarase que a primeira coincida co comezo do curso e nela informarase

sobre todo o relativo a: calendario escolar, horarios, horas de titoría,

actividades extraescolares e complementarias previstas, programas

escolares, criterios de avaliación do grupo, normas organizativas do centro,

colaboración da familia, ...

f) Establecemento dunha liña de coordinación entre os distintos niveis da

etapa.

g) Promoción da coordinación entre as etapas de Infantil e Primaria.

h) Información regular ás familias sobre os progresos e dificultades do alumno

establecendo canles de comunicación e colaboración que favorezan a

educación integral..

i) Elaboración dun informe escrito trimestral que recolla os datos sobre os

progresos e dificultades detectadas na consecución dos obxectivos

establecidos no currículo, sobre o proceso de integración socioeducativa,

Page 105: PROGRAMACIÓN XERAL ANUALq...- Capacitar ao alumnado na utilización das TICs para as TACs (Tecnoloxías para a aprendizaxe e o coñecemento). DESENVOLVEMENTO MOTRIZ Para conseguir

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2017 -2018

104 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

sobre o grao de iniciación no desenvolvemento das competencias básicas

e, de ser o caso, sobre as medidas de apoio ou reforzo educativo

adoptadas ou propostas.

j) Cumprimentar as fichas-informe de avaliación anuais.

k) Realización, ao remate da etapa, do informe de avaliación final.

l) Cumplimentación dos datos correspondentes ao informe persoal.

m) Control e informe das incidencias relacionadas coa puntualidade,

absentismo, ...

n) Participación no deseño e implementación de programas e actividades que

contribúan á mellora do proceso educativo, ao desenvolvemento persoal e

social do alumno e á promoción da convivencia.

o) Participación no seguimento e avaliación dos distintos proxectos e/ou

programas, nos termos que se establezan.

p) Promoción e coordinación de actividades que fomenten a convivencia, a

integración e a participación responsable do alumnado na vida do centro.

q) Establecemento dun horario semanal de atención individualizada ás

familias.

r) Planificación e desenvolvemento de medidas de atención á diversidade.

s) Coordinación da acción común do profesorado do mesmo grupo de

alumnos.

t) Organización das sesións de avaliación, procurando que o seu

desenvolvemento se axuste aos principios da avaliación global, continua,

formativa, reguladora e orientadora do proceso educativo, coordinando a

Page 106: PROGRAMACIÓN XERAL ANUALq...- Capacitar ao alumnado na utilización das TICs para as TACs (Tecnoloxías para a aprendizaxe e o coñecemento). DESENVOLVEMENTO MOTRIZ Para conseguir

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2017 -2018

105 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

mellora da intervención educativa e responsabilizándose da elaboración

das actas.

u) Transmitir aos profesores todas as informacións sobre o alumnado que lles

poidan ser útiles para o desenvolvemento das súas tarefas docentes,

avaliadoras e orientadoras

Actuacións para a etapa de Educación Primaria.

a) Desenvolvemento, de darse as circunstancias, das actuacións previstas no

Programa de Acollida.

b) Realización da avaliación inicial, revisando os expedientes do alumnado,

analizando a información aportada nos informes do curso e/ou etapa

anterior e considerando todo aquilo que facilite o coñecemento da súa

realidade e dos aspectos que poden incidir no proceso de ensino-

aprendizaxe.

c) Realización dunha reunión trimestral e xeral coas familias para informarlles

de todo o relativo ao proxecto educativo, á concreción curricular e ao

desenvolvemento do proceso educativo. Procurarase que a primeira se

realice durante o mes de setembro e nela informarase sobre todo o relativo

a: calendario escolar, horarios, horas de titoría, actividades extraescolares e

complementarias previstas, programas escolares, criterios de avaliación do

grupo, normas organizativas do centro, colaboración da familia, ...

d) Establecemento dun horario semanal de atención individualizada ás

familias.

e) Asesoramento ás familias sobre todo aquilo que afecte á educación dos

seus fillos, orientando a súa implicación nas tarefas de estudo e na

promoción da autonomía, autoconcepto e autoestima.

Page 107: PROGRAMACIÓN XERAL ANUALq...- Capacitar ao alumnado na utilización das TICs para as TACs (Tecnoloxías para a aprendizaxe e o coñecemento). DESENVOLVEMENTO MOTRIZ Para conseguir

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2017 -2018

106 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

f) Promoción da coordinación cos equipos do 2º ciclo de Ed. Infantil, e entre

os distintos niveis da etapa.

g) Participación, nos termos que estableza o Departamento de Orientación, no

desenvolvemento do programa de exploración psicopedagóxica individual

co alumnado de Ed. Primaria, nos casos que sexan necesarios.

h) Planificación e desenvolvemento de medidas de atención á diversidade,

especialmente as contempladas no Plan Xeral de Atención á Diversidade.

i) Participación no deseño e implementación de programas e actividades que

contribúan á mellora do proceso educativo, ao desenvolvemento persoal e

social do alumno e á promoción da convivencia.

j) Organización das sesións de avaliación, procurando que o seu

desenvolvemento se axuste aos principios da avaliación continua, formativa

e orientativa que se propugnan para todas as fases do proceso avaliador,

tratando de coordinar todo o relativo á intervención educativa e á promoción

de cada alumno e responsabilizándose do enchido das actas.

k) Información regular ás familias sobre os progresos e dificultades dos

alumnos, prestando especial atención á información escrita correspondente

ás distintas sesións de avaliación.

l) Procurar a colaboración dos pais e o intercambio e análise de información

en relación co desenvolvemento dos seus fillos promovendo unha actitude

serena, positiva, activa e responsable fronte as dificultades que se

plantexen.

m) Actualización do expediente do alumnado.

n) Control e informe das incidencias relacionadas coa puntualidade,

absentismo, para poder levar a cabo as accións correspondentes.

Page 108: PROGRAMACIÓN XERAL ANUALq...- Capacitar ao alumnado na utilización das TICs para as TACs (Tecnoloxías para a aprendizaxe e o coñecemento). DESENVOLVEMENTO MOTRIZ Para conseguir

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2017 -2018

107 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

o) Cumprimentación dos informes de avaliación e, de darse o caso, do informe

persoal por traslado.

p) Participación no seguimento e avaliación dos distintos proxectos e/ou

programas, nos termos que se establezan.

q) Promover e coordinar actividades que fomenten a convivencia, a integración

e a participación responsable do alumnado na vida do centro: dar a coñecer

ao principio de curso cales son os nosos dereitos e deberes, normas de

réxime interior e disciplina, funcionamento do centro,.. e determinar as

normas e procedementos de organización e funcionamento do grupo-clase

(normas da aula, xestión de resolución de conflitos,...).

r) Coordinar o seguimento da evolución do grupo e a toma de decisións e

actuacións a desenvolver.

s) Transmitir ao profesorado todas as informacións sobre o alumnado que lles

poidan ser útiles para o desenvolvemento das súas tarefas docentes,

avaliadoras e orientadoras.

t) Incidir na adquisición e mellora dos hábitos de traballo.

PLAN ANUAL DAS ACTIVIDADES DO DEPARTAMENTO DE

ORIENTACIÓN

2 PLAN ANUAL DE ACTIVIDADES DO DEPARTAMENTO DE

ORIENTACIÓN.

1º Trimestre 2º Trimestre 3º Trimestre Ó longo do curso

Page 109: PROGRAMACIÓN XERAL ANUALq...- Capacitar ao alumnado na utilización das TICs para as TACs (Tecnoloxías para a aprendizaxe e o coñecemento). DESENVOLVEMENTO MOTRIZ Para conseguir

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2017 -2018

108 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

Organización do propio Departamento de Orientación

ACTUACIÓNS IMPLICADOS

Dar a coñecer a todo o alumnado os

membros do Departamento de

orientación.

Membros do Departamento de

Orientación

Revisión e modificación do Plan de

Orientación

Departamento de Orientación

Xefa de Estudios

Elaboración e aprobación do Plan Anual

de Actividades do Departamento.

Departamento de Orientación

Creación de material informativo para

implementar o coñecemento das funcións

e tarefas do departamento.

Departamento de Orientación

Responsable da web do centro

Equipo directivo

Proporcionar a todos os titores que o

demanden ó comezo do curso

información relevante dos alumnos de

nova incorporación. Avaliacións Iniciais.

Orientadora

Mestras de PT e AL

Titores

Equipo directivo

Elaboración e aprobación da memoria

final do plan de actividades

Orientadora

Actualización dos arquivos e informes do

departamento

Departamento de Orientación

Seguimento e valoración mensual do

desenvolvemento do Plan Anual de

Actividades do Departamento

Departamento de Orientación

Asistir e participar nas reunións coa

orientadora do IES

Orientadora

Asistir e participar nas posibles reunións

cos orientadores do entorno ou cos

Servizos Sociais.

Orientadora

Page 110: PROGRAMACIÓN XERAL ANUALq...- Capacitar ao alumnado na utilización das TICs para as TACs (Tecnoloxías para a aprendizaxe e o coñecemento). DESENVOLVEMENTO MOTRIZ Para conseguir

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2017 -2018

109 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

Plan de Acción Titorial: PAT

ACTUACIÓNS IMPLICADOS

Elaborar un plan marco de acción

titorial, solicitando directrices á CCP

Departamento de Orientación

Director

Xefa de Estudios

Establecer cauces de coordinación

coa orientadora do IES na elaboración

do PAT

Orientadora

Orientadora do IES

Presentar ós titores os eixos e accións

esenciais do PAT

Orientadora

Titores

Xefa de Estudios

Proporcionar a todos os titores que o

demanden ó comezo do curso

información relevante dos alumnos de

nova incorporación

Orientadora

Mestras de PT e AL

Titores

Equipo directivo

Establecer as directrices do Plan de

Convivencia para o noso centro

Orientadora

Mestras de PT e AL

Comisión de Coordinación

pedagóxica

Equipo directivo

Revisar o Plan de Acollida do

alumnado e incluir neste plan a todo o

alumnado de novo ingreso,

independentemente do momento ou

curso no que se escolarice

Orientadora

Titores

Xefa de Estudios

Elaborar a memoria final do PAT coa

colaboración da Xefa de Estudios e

titores, coas propostas de

modificacións

Orientadora

Titores

Xefa de Estudios

Atender individualizadamente as

demandas dos titores

Orientadora, mestras de PT e AL

Titores

Colaborar na identificación de Orientadora

Page 111: PROGRAMACIÓN XERAL ANUALq...- Capacitar ao alumnado na utilización das TICs para as TACs (Tecnoloxías para a aprendizaxe e o coñecemento). DESENVOLVEMENTO MOTRIZ Para conseguir

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2017 -2018

110 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

necesidades formativas dos titores

para propoñer cursos de formación

Titores

Xefa de Estudios

Participar cos titores na solución de

conflictos que xurdan no seu grupo

poñendo en marcha procesos de

diagnóstico e tratamento

Orientadora

Titores

Participar nas reunións de

coordinación titorial

Orientadora

Titores

Colaborar co equipo directivo e cos

titores no diagnóstico, tratamento e

seguimento dos casos de especial

gravidade que se poidan producir:

conducta, absentismo…

Orientadora

Equipo directivo

Titores

Atender ás demandas de

asesoramento e axuda que plantexen

os alumnos, a través dos pais ou

titores ou por propia iniciativa do

Departamento

Orientadora

Alumnos

Facilitar información sobre actividades

culturais e de lecer que se

desenvolvan no entorno

Orientadora

Titores

Alumnos

Intervención directa nas actividades

de titoría grupal cando a temática ou

as circunstancias o demanden

Orientadora

Titores

Alumnos

Colaborar na organización e

desenvolvemento das reunións de

pais que se convoquen

Orientadora

Equipo directivo

Titores

Page 112: PROGRAMACIÓN XERAL ANUALq...- Capacitar ao alumnado na utilización das TICs para as TACs (Tecnoloxías para a aprendizaxe e o coñecemento). DESENVOLVEMENTO MOTRIZ Para conseguir

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2017 -2018

111 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

Plan de Atención ó Proceso de Ensino-Aprendizaxe: PAPEA

ACTUACIÓNS IMPLICADOS

Colaboración na avaliación inicial do

alumnado de novo ingreso

Orientadora

Titores

Propoñer criterios e procedementos para

a organización de actividades de reforzo

e apoio dirixidas ó alumnado con

necesidade específica de apoio

educativo: alumnado con necesidades

educativas especiais, alumnado con

sobredotación intelectual ou alumnado

procedente do estranxeiro*

Orientadora

Mestra de PT

Mestra de AL

Xefa de estudios

Titores

Establecemento de criterios para realizar

a avaliación psicopedagóxica que

favorezan a participación do profesorado*

Orientadora

Titores

Xefa de Estudios

Revisar modelo de informe ós titores

sobre os apoios recibidos polo alumnado

fóra da aula

Orientadora

Mestra de PT

Mestra de AL

Formular propostas para o

desenvolvemento das habilidades

sociales do alumnado e a prevención no

tratamento de problemas de convivencia

(Plan de Convivencia), estudio,

relacións…

Orientadora

Mestras de PT e AL

Equipo directivo

Facilitación do tránsito da etapa de infantil

á de primaria e da etapa de primaria á de

secundaria

Orientadora

Titores

Xefa de estudios

Aplicación da avaliación formativa,

continua e criterial.

Orientadora

Xefa de estudios

Colaborar nas medidas tomadas para

incrementar os hábitos de estudio, as

técnicas de traballo intelectual estratexias

de aprendizaxe

Orientadora

Xefa de estudios

Titores

Page 113: PROGRAMACIÓN XERAL ANUALq...- Capacitar ao alumnado na utilización das TICs para as TACs (Tecnoloxías para a aprendizaxe e o coñecemento). DESENVOLVEMENTO MOTRIZ Para conseguir

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2017 -2018

112 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

Realización da avaliación

psicopedagóxica a demanda do

mestre

Orientadora

Titores

Actualización dos procedementos e

recursos empregados na avaliación

psicopedagóxica elaborando novos

materiais

Orientadora

Mestra de PT

Mestra de AL

Apoio na elaboración e

desenvolvemento das ACS por parte

do profesorado de cada área

Orientadora

Mestra de PT

Mestra de AL

Mestres das diferentes áreas obxecto

de adaptación

Colaboración na elaboración dos

informes do alumnado que cambie de

centro

Orientadora

Secretario

Titores

Asistencia e participación nas sesións

de avaliación dos grupos de alumnos

facendo fincapé na normativa vixente

sobre avaliación

Orientadora

Titores

Mestra de PT

Mestra de AL

Atención e seguimento dos grupos de

risco (non promocionaron, familias

desestructuradas ou con escasos

recursos…)

Orientadora

Titores

Facilitar informes periódicos ó

profesorado titor sobre o alumnado

obxecto de apoio fóra da aula

Orientadora

Mestra de PT

Mestra de AL

Facilitación de información relevante

ás familias sobre a avaliación

psicopedagóxica e orientacións sobre

as dificultades identificadas, os apoios

establecidos e os progresos dos seus

fillos

Orientadora

Page 114: PROGRAMACIÓN XERAL ANUALq...- Capacitar ao alumnado na utilización das TICs para as TACs (Tecnoloxías para a aprendizaxe e o coñecemento). DESENVOLVEMENTO MOTRIZ Para conseguir

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2017 -2018

113 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

Plan de Orientación Académica: POA

ACTUACIÓNS IMPLICADOS

Presentar ó inicio do curso os eixos

básicos do POA e as liñas xerais de

actuación

Orientadora

Profesorado

Revisar a páxina web do centro no

enlace ó Departamento de

Orientación no que se proporcione

información sobre o mesmo

Orientadora

Responsable da aula de informática

Establecer eixes básicos do que será

o Plan de Preparación para a ESO

PPESO

Departamento de Orientación do noso

centro e do IES

Colaborar co equipo directivo e titores

na organización da visita ó Instituto de

Educación Secundaria

Orientadora

Titores

Equipo directivo

Elaborar a memoria final do POA e

propoñer as modificacións

consecuentes

Orientadora

Titores

Reunións puntuais co equipo directivo

para coordinar e dinamizar as

actuacións e iniciativas que se tomen

no ámbito da orientación

Orientadora

Equipo directivo

Coordinación co Departamento de

Orientación do IES do proceso

orientador do alumnado do 6º curso:

cuestionario previo de avaliación,

charlas informativas, visita ó IES…

Departamento de Orientación do noso

CEIP e do IES

Titores

Colaborar cos titores na orientación

personalizada, especialmente nos

casos de alumnos en situación de

desventaxa socio-educativa

Orientadora

Titores

Page 115: PROGRAMACIÓN XERAL ANUALq...- Capacitar ao alumnado na utilización das TICs para as TACs (Tecnoloxías para a aprendizaxe e o coñecemento). DESENVOLVEMENTO MOTRIZ Para conseguir

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2017 -2018

114 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

Atención directa ás demandas de

alumnos e pais relacionadas coa

orientación

Orientadora

Elaboración de información a

proporcionar ós pais sobre aspectos

relevantes en relación coa orientación,

por exemplo, sobre a etapa

secundaria ou outros ámbitos

Orientadora

Titores

CRITERIOS E FORMAS DE AVALIACIÓN DO PLAN DE ORIENTACIÓN.

A avaliación constitúe un elemento fundamental para a mellora de

calquera actividade. Só desde unha reflexión crítica sobre o desenvolvemento

das actuacións emprendidas, poden poñerse en marcha procesos de mellora

fundamentados no ámbito educativo. Este proceso de reflexión debe ser

compartido, de forma que no mesmo se lles dea cabida aos distintos axentes

protagonistas da comunidade educativa, permitindo así enriquecer as

propostas de mellora coas aportacións e perspectivas destes.

No que ao Plan de Orientación se refire, é preciso avaliar o seu

desenvolvemento xunto co do plan anual de actividades do Departamento de

Orientación .Deben fixarse pois, uns criterios xerais de avaliación e establecer

procedementos e instrumentos para valorar o grao de cumprimento do recollido

neste documento de planificación, así como a idoneidade dos obxectivos,

elementos e actuacións derivados do mesmo.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN:

Os criterios que nos van permitir facer un seguimento e/ou avaliación do

Plan de Orientación relaciónanse directamente cos obxectivos plantexados nel

e veñen determinados por:

a) A realización das actuacións previstas nos diferentes plans e proxectos.

b) A resposta ás demandas da comunidade educativa.

Page 116: PROGRAMACIÓN XERAL ANUALq...- Capacitar ao alumnado na utilización das TICs para as TACs (Tecnoloxías para a aprendizaxe e o coñecemento). DESENVOLVEMENTO MOTRIZ Para conseguir

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2017 -2018

115 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

c) A satisfacción das necesidades de orientación do centro.

d) O grado de axuste á realidade do colexio.

e) A resposta á diversidade.

f) O apoio á comunidade educativa no desenvolvemento das accións de

mellora da intervención educativa.

g) O asesoramento e apoio en relación a todo o relacionado coas accións

de desenvolvemento da LOE.

h) A promoción das relacións dos distintos sectores da comunidade

educativa e a participación na vida do centro.

i) A relación cos axentes externos.

j) O apoio ao alumnado para favorecer o seu desenvolvemento integral.

k) A promoción e apoio á convivencia.

PROCEDEMENTOS E INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN DO PLAN:

Para a avaliación deste plan de orientación utilizaremos as seguintes

procedementos e/ou instrumentos:

a) As reunións de coordinación

b) Análise dos resultados escolares e das probas de diagnóstico

c) Entrevistas.

d) Análise do clima de convivencia no centro.

e) Memorias finais

f) Análise de documentos

g) Análise de tarefas

Page 117: PROGRAMACIÓN XERAL ANUALq...- Capacitar ao alumnado na utilización das TICs para as TACs (Tecnoloxías para a aprendizaxe e o coñecemento). DESENVOLVEMENTO MOTRIZ Para conseguir

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2017 -2018

116 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

darannos información que nos achegue a:

h) Desenvolvemento das accións prioritarias.

i) As accións previstas e non realizadas.

j) As modificacións e/ou actuacións introducidas.

k) Reunións celebradas.

l) A participación nas reunións do Departamento.

m) O número de demandas recibidas.

n) O número de demandas atendidas.

o) Instrumentos e/ou documentos elaborados.

l) O desenvolvemento do propio plan de actividades do DO.

m) E outras que poidan ser de interese, e xurdir durante o curso

escolar..

Ó remate do curso escolar avaliarase o Plan anual de actividades.

Quedará plasmado na Memoria, onde se reflexarán os logros conseguidos ,

así como as dificultades atopadas e tamén os aspectos que incidan positiva

e negativamente no desenvolvemento do mesmo.

15.- LIBROS DE TEXTO E DEMAIS MATERIAIS CURRICULARES

ESTABLECIDOS NO CENTRO

Non utilizamos libros de texto dun xeito sistemático e traballamos cunha

ampla tipoloxía de material curricular: impreso, multimedia, tecnolóxico,

experimental, matemático manipulativo, simbólico, lóxico, dos distintos eidos

expresivos, sensorial, musical, da natureza, funxible, non funxible, específico

para educación física, xogos didácticos...etc.

A nosa visión é a seguinte: o alumnado debe ter a posibilidade de vivir

as aprendizaxes dende un punto de vista vivencial. É decir, deber aprender con

materiais reais e en situacións reais da vida cotiá. Para iso, será necesario

traballar con material real, da vida cotiá e, ás veces, outro máis específico co

que se traballa na ciencia, na literatura, na música...etc.

16.- PROGRAMA ANUAL DE ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E

Page 118: PROGRAMACIÓN XERAL ANUALq...- Capacitar ao alumnado na utilización das TICs para as TACs (Tecnoloxías para a aprendizaxe e o coñecemento). DESENVOLVEMENTO MOTRIZ Para conseguir

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2017 -2018

117 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

EXTRAESCOLARES

16.1. Actividades extraescolares

As saídas e actividades extraescolares previstas para este curso 2017-18 son

as seguintes:

- Lectura pública de textos de Valle-Inclán e posterior visita á Casa-Museo

de Valle-Inclán, Casa Irmáns Camba e Campanario de Cálago

(alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria; o 27 de outubro).

- Actividade no auditorio de Vilagarcía “El pequeño musical” (alumnado de

Ed. Infantil; o 7 de novembro).

- Actividade escolar de Afundación en Pontevedra, “Antón comodón”

(alumnado de Infantil, o 10 de maio).

- Actividade sobre primeiros auxilios ofertada pola Cruz Vermella (3º, 4º,

5º e 6º de primaria)

- Realización de actividades de educación viaria (colaboración co

Concello e a DXT; educación infantil e primaria).

- Actividades organizadas e ofertadas polo Concello de Vilanova e a

Deputación de Pontevedra (educación infantil e primaria).

- Saída a Cambados,” Teatro Caracol” (educación infantil e primaria).

- Diversas actividades de contacontos, títeres e/ou teatro para os distintos

ciclos (educación infantil e primaria).

- Actividades organizadas polo Museo de Pontevedra (educación infantil e

primaria).

- Solicitude de actividades do programa de inmersión lingüística (3º ciclo

de primaria).

- Distintas excursións e viaxes de fin de curso aínda por concretar as

datas (educación infantil e primaria)

- Xornadas de deporte na escola (educación infantil e primaria)

Ademais, o centro poderá participar nas distintas saídas, actividades e

actuacións que vaian sendo ofertadas polas distintas entidades e agrupacións,

Page 119: PROGRAMACIÓN XERAL ANUALq...- Capacitar ao alumnado na utilización das TICs para as TACs (Tecnoloxías para a aprendizaxe e o coñecemento). DESENVOLVEMENTO MOTRIZ Para conseguir

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2017 -2018

118 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

ou que poidan xurdir ao longo do curso e sexan valoradas como de interese

para o nivel ou ciclo correspondente.

Para as saídas polo casco urbano de Vilanova e o seu contorno inmediato,

enviamos ás familias unha autorización única que estará vixente durante todo o

curso. Para as demais saídas solicitarase autorización previa.

15.1. Actividades complementarias

Márcanse, como celebracións de todo o colexio para o presente curso, as

seguintes:

TRIMESTRE CONMEMORACIÓNS E CELEBRACIÓNS DATA

PRIMEIRO SAMAÍN 31 OUTUBRO

MAGOSTO 10 NOVEMBRO

FESTIVAL FIN 1º TRIMESTRE 21 DECEMBRO

SEGUNDO

DÍA DA PAZ 30 XANEIRO

ENTROIDO 9 FEBREIRO

TERCEIRO DÍA DO LIBRO 23 ABRIL

OS MAIOS 2-4 MAIO

LETRAS GALEGAS 14-16 MAIO

FIN DE CURSO 21 XUÑO

Ademais tamén se traballarán, en maior ou menor medida, as

conmemoracións fixadas no decreto do calendario escolar.

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES.

Son aquelas actividades que se desenrolan fóra do horario maioritariamente

organizadas pola ANPA a excepción da apertura da biblioteca que corre a

cargo do profesorado:

• Biblioteca aberta polas tardes o luns, mércores e xoves de 16:00 a 18:00

que estará supervisada polo profesorado, facendo quendas.

FESTIVIDADES LOCAIS - DÍAS NON LECTIVOS

O centro aprobou solicitar como días non lectivos:

Page 120: PROGRAMACIÓN XERAL ANUALq...- Capacitar ao alumnado na utilización das TICs para as TACs (Tecnoloxías para a aprendizaxe e o coñecemento). DESENVOLVEMENTO MOTRIZ Para conseguir

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2017 -2018

119 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

Os festivos locais no concello de Vilanova son o 16 de setembro e o 15 de

xaneiro. Acórdase solicitar o cambio do 16 de setembro, que este ano

coincide sábado, polo 18 de maio.

17. PLAN DE AUTOPROTECCIÓN

Na actualidade o Plan de Autoprotección segue vixente. Elaborarase un

novo documento actualizado ao longo deste curso que nos permitirá levar a

cabo o simulacro anual no que se presenta ao profesorado o seu

funcionamento, se comproba a súa adecuación e se corrixen posibles erros

ou problemas que puideran darse.

Para axudarnos na súa elaboración contamos coa inestimable axuda do

corpo de bombeiros da comarca sito en Vilagarcía de Arousa.

18.- PLAN DE ORGANIZACIÓN E COORDINACIÓN DAS TAREFAS DO

PERSOAL NON DOCENTE

Neste punto contémplanse as tarefas destinadas ó conserxe no centro.

Tamén se fai mención das normas de apertura

para as actividades extraescolares a realizar dentro do centro.

TAREFAS DE CONSERXERÍA

8:30............. Abrir a portas exterior do centro.

Apertura de secretaría, dirección e acender a fotocopiadora.

Percorrido polo centro para comprobar que todo está en orde.

9:00............ Atender ao correcto funcionamento do timbre de entrada.

Colaborar para que os/as nenos/as entren ordenadamente.

9:05............ Pechar todas as entradas.

Estar na conserxería por se alguén toca o timbre mentres as

portas están pechadas. Cando os/as pais/nais ou titores veñan recoller un

alumno/a deberán asinar o impreso correspondente para levarlle ao titor/a e

agardar en conserxería mentres se vai buscar o/ neno/a á aula.

11:00 – 11:30..........Descanso.

Page 121: PROGRAMACIÓN XERAL ANUALq...- Capacitar ao alumnado na utilización das TICs para as TACs (Tecnoloxías para a aprendizaxe e o coñecemento). DESENVOLVEMENTO MOTRIZ Para conseguir

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2017 -2018

120 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

11:45........... Abrir a saída traseira para que os/as nenos/as saian ao patio.

11:50........... Controlar o timbre de saída ó recreo. Situarse na porta traseira

para controlar que se saia sen correr.

12:20............Controlar o timbre para entrar do recreo e volver colocarse na

porta traseira para que entren con orde.

12:25............Pechar as portas e revisar os servizos de Infantil.

13:50............Abrir as portas para saír.

14:00............Controlar o timbre para saír. Vixiar a saída dos alumnos/as pola

saída principal do centro.

14:10............Pechar todas as portas.

14:15............Percorrido de mantemento polo centro. Apagar a fotocopiadora..

Os períodos comprendidos entre as horas sinaladas estará a disposición do

profesorado e do equipo directivo para facer todas aquelas tarefas que sexan

precisas.

Sempre que sexa preciso encargarase do mantemento dos xardíns .

CONTRATO – PROGRAMA REFORZO, ORIENTACIÓN E APOIO.

A participación do colexio nos Contratos – Programa supón a apertura do

centro escolar dúas tardes á semana. O conserxe, o mestre responsable da

garda de biblioteca ou o mestre responsable do Contrato - Programa serán

os encargados de abrir e de pechar o centro.

Nota: Sempre e cando sexa aprobado e concedido pola Admón Educativa.

APERTURA DO CENTRO PARA AS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES.

Os días que o conserxe permanece pola tarde no centro é él quen se

encarga de abrir e pechar. Os mestres que están de garda de biblioteca así

como o persoal de limpeza tamén poderá abrir as portas do centro para que

familias, alumnado ou outras persoas poidan dirixirse ao interior do centro

para distintas finalidades (entrega de paquetes, visitas, lectura na

biblioteca...).

Page 122: PROGRAMACIÓN XERAL ANUALq...- Capacitar ao alumnado na utilización das TICs para as TACs (Tecnoloxías para a aprendizaxe e o coñecemento). DESENVOLVEMENTO MOTRIZ Para conseguir

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2017 -2018

121 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

19.- HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO

Neste punto contemplaranse o plan de atención ó público dos membros do

equipo directivo.

HORARIO DE ATENCIÓN POR PARTE DO EQUIPO DIRECTIVO.

Dirección: Os venres de 12:30 a 14:00 horas.

Xefatura: Os mércores de 12:30 a 14:00 horas.

Secretaría: Os mércores de 9:00 a 10:30 horas.

20.- PLAN DE TRANSPORTE ESCOLAR

Dende fai xa varios anos o noso centro dispón do servizo de transporte escolar.

O procedemento para solicitar praza será o seguinte:

- Preguntar en dirección si hai prazas vacantes nesa liña de autobús.

- Cubrir a solicitude de transporte escolar dispoñible na dirección do

centro.

- A dirección do centro introducirá os datos na aplicación correspondente

e informará a familia da dispoñibilidade.

- O alumnado que, por algún motivo, quixera modificar a súa ruta deberá

cubrir outra solicitude para actualizar os datos.

- As normas do uso do transporte escolar reflíctense no RRI e deberán

respectarse. Velarán polo seu cumprimento as coidadoras do transporte

escolar. Todo o alumnado de Educación Infantil irá acompañado ata a

porta do autobús para garantir a súa seguridade.

GARDA DE TRANSPORTE DO ALUMNADO:

O profesorado fará as gardas do alumnado transportado dende a

chegada do transporte escolar ata o horario de entrada no centro e dende a

saída do alumnado ata que o transporte escolar sae da parada establecida no

centro.

Tódalas familias que fagan uso deste servizo deberán ser coñecedoras das

normas. Para eso firmarán un documento de aceptación das normas que rixen

o transporte escolar e que se xuntarán á enquisa que teñen que cubrir e que

se lle facilitará previamente na dirección do centro conxuntamente coa

inscripción.

Page 123: PROGRAMACIÓN XERAL ANUALq...- Capacitar ao alumnado na utilización das TICs para as TACs (Tecnoloxías para a aprendizaxe e o coñecemento). DESENVOLVEMENTO MOTRIZ Para conseguir

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2017 -2018

122 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

Nota ao pé: Solicitude para ser usuario do transporte escolar.

Page 124: PROGRAMACIÓN XERAL ANUALq...- Capacitar ao alumnado na utilización das TICs para as TACs (Tecnoloxías para a aprendizaxe e o coñecemento). DESENVOLVEMENTO MOTRIZ Para conseguir

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2017 -2018

123 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

21.- PLAN PARA A UTILIZACIÓN DAS INSTALACIÓNS DO CENTRO

Ao igual que para a utilización do transporte escolar, toda aquela persoa,

organización ou institución que queira facer uso das instalacións do centro,

deberá cubrir unha solicitude que será estudada pola dirección do centro e

consensuada cos órganos colexiados (claustro e consello escolar) que

axudarán ao equipo directivo a tomar unha decisión.

As normas de uso das instalacións do centro así como os criterios para a

súa concesión están recollidas nas Normas de Organización en Funcionamento

do Centro.

As asociacións de pais de alumnos poderán utilizar as instalacións do

Centro para a realización das súas actividades, sempre despois do acordo do

Consello Escolar.

O director concederá a autorización sempre que o destino sexa a

finalidade propia das ditas institucións e mentres non se altere o normal

funcionamento do centro.

As instalacións do centro poranse sempre a disposición da

Administración para a formación do profesorado, para a realización de cursos

para a educación de adultos,...

Os posibles danos polo uso das instalacións será responsabilidade dos

interesados, debendo deixar todo en perfecto estado.

Nota: Na seguinte páxina xúntase a solicitude para usar as instalacións do centro.

Page 125: PROGRAMACIÓN XERAL ANUALq...- Capacitar ao alumnado na utilización das TICs para as TACs (Tecnoloxías para a aprendizaxe e o coñecemento). DESENVOLVEMENTO MOTRIZ Para conseguir

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2017 -2018

124 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

22.- PLAN DE ACTIVIDADES PROPOSTAS POLA ANPA

A continuación detállanse as actividades programadas pola AMPA e que

contan coa aprobación para a utilización dos espazos do centro no caso de que

os precisen para cubrir posibles imprevistos nos espazos que se determinan.

Page 126: PROGRAMACIÓN XERAL ANUALq...- Capacitar ao alumnado na utilización das TICs para as TACs (Tecnoloxías para a aprendizaxe e o coñecemento). DESENVOLVEMENTO MOTRIZ Para conseguir

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2017 -2018

125 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

Para a inscrición nas actividades ofertadas a ANPA establece unhas

normas de organización e funcionamento que se entregan conxuntamente coa

propia solicitude de participación.

23.- PLAN XERAL DE AVALIACIÓN DO CENTRO

Page 127: PROGRAMACIÓN XERAL ANUALq...- Capacitar ao alumnado na utilización das TICs para as TACs (Tecnoloxías para a aprendizaxe e o coñecemento). DESENVOLVEMENTO MOTRIZ Para conseguir

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2017 -2018

126 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

Para realizar a AVALIACIÓN DO ALUMNADO teremos en conta o Orde

de Avaliación do 9 de xuño de 2016 para Primaria e a Orde de Avaliación do 25

de xuño de 2009 para Infantil.

Farase unha avaliación continua, global e que teña en conta o progreso

do/a alumno/a no conxunto das áreas e a adquisición das competencias

básicas. Os criterios e os estándares de avaliación das áreas serán referente

fundamental para valorar tanto o grao de adquisición das competencias básicas

como da consecución dos obxectivos.

Este curso tamén temos novidades neste eido e por primeira vez se

entregarán informes cuatrimestrais ás familias (en febreiro e en xuño) nos que

o titor/a informará de todo o proceso de ensino e aprendizaxe do alumnado

titorizado dun xeito individualizado ao longo de 20 minutos. Desta maneira

queremos garantir que as familias coñecen o rendemento académico e persoal

dos seus fillos e fillas.

Como valoración do funcionamento do centro e do desenvolvemento do

proceso educativo realizarase unha AVALIACIÓN EXTERNA e una

AVALIACIÓN INTERNA.

Avaliación Externa:

Será o Consello Escolar do centro o encargado de realizala e atenderá

ós seguintes aspectos:

- Proxecto Educativo de Centro.

- Programación Xeral Anual, en especial as actividades

complementarias e extraescolares

- Proceso de ensinanza.

- Evolución do rendemento escolar dos/as alumnos/as.

- Eficacia dos recursos humanos e materiais. Para poder realizala terá

que ter en conta:

- Os obxectivos específicos do centro.

- A participación dos distintos sectores da Comunidade Educativa.

- O ambiente educativo e de convivencia no centro.

- O ambiente de estudo creado.

Page 128: PROGRAMACIÓN XERAL ANUALq...- Capacitar ao alumnado na utilización das TICs para as TACs (Tecnoloxías para a aprendizaxe e o coñecemento). DESENVOLVEMENTO MOTRIZ Para conseguir

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2017 -2018

127 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

- A atención á diversidade do alumnado.

- Os resultados educativos que alcanzan os/as alumnos/as.

- As relacións do centro co seu entorno social e cultural.

Avaliación Interna:

Ó remata-lo curso o Claustro avaliará:

- Proxecto Curricular de cada Etapa.

- Proceso de ensinanza-aprendizaxe.

- Participación nos diferentes Proxectos.

- Evolución do rendemento escolar atendendo a:

Grao de consecución dos obxectivos.

Adecuación das actividades ós destinatarios.

Adecuación e suficiencia dos recursos.

Adecuación da temporalización.

Implicación dos participantes.

Grao de satisfacción dos implicados.

DATAS DAS XUNTAS DE AVALIACIÓN DO CURSO ESCOLAR 2017-18

1ª AVALIACIÓN

EDUCACIÓN INFANTIL, 1º e 2º DE PRIMARIA 12 DE DECEMBRO

3º,4º, 5º e 6º DE PRIMARIA 13 DE DECEMBRO

ENTREGA DE NOTAS: 20 DE DECEMBRO

2ª AVALIACIÓN

EDUCACIÓN INFANTIL, 1º e 2º DE PRIMARIA 28 DE MARZO

3º,4º, 5º e 6º DE PRIMARIA 29 DE MARZO

ENTREGA DE NOTAS: 4 DE ABRIL

3ª AVALIACIÓN

EDUCACIÓN INFANTIL, 1º e 2º DE PRIMARIA 12 DE XUÑO

3º,4º, 5º e 6º DE PRIMARIA 13 DE XUÑO

ENTREGA DE NOTAS: 20 DE XUÑO

Para as diferentes sesións de avaliación, previamente os especialistas

deberán poñer en coñecemento das súas notas ós/ás titores/as.

Page 129: PROGRAMACIÓN XERAL ANUALq...- Capacitar ao alumnado na utilización das TICs para as TACs (Tecnoloxías para a aprendizaxe e o coñecemento). DESENVOLVEMENTO MOTRIZ Para conseguir

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2017 -2018

128 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

25.- MATERIA DE LIBRE CONFIGURACIÓN

O claustro de profesores tomou a decisión de que nos niveis de 4º e 6º

de Educación Primaria a materia de libre configuración será o REFORZO E

AFONDAMENTO DA LINGUA GALEGA por ser esa a lingua minoritaria de uso

entre o alumnado do noso centro.

26.- PLAN ANUAL DE LECTURA

1.- INTRODUCIÓN

Como desenvolvemento do Proxecto Lector de centro, neste Plan Anual

de Lectura recollemos as actuacións que se pretenden levar a cabo nos

distintos niveis de Educación Infantil e Primaria e de xeito coordinado cos

distintos equipos e proxectos nos que participa o centro.

Este plan vai encamiñado ao alumnado, tratando de estimular e

desenvolver a necesidade e o pracer de ler, á implicación do profesorado

como motor fundamental e ás familias como base esencial na formación do

alumnado.

2.- OBXECTIVOS

Os obxectivos principais para este curso están en estreita relación coas liñas

prioritarias de actuación presentadas.

Fomentar o hábito lector e o gusto pola lectura e a escritura.

Contribuír ao desenvolvemento das competencias claves, especialmente

a competencia en comunicación lingüística e a competencia de aprender

a aprender.

Fomentar a utilización da biblioteca, creando usuarios autónomos.

Transformar a biblioteca escolar nun centro de recursos integrado

plenamente nas prácticas educativas da aula e do centro.

Converter a biblioteca nun lugar de lectura, información e aprendizaxe,

onde formar usuarios competentes da información.

Page 130: PROGRAMACIÓN XERAL ANUALq...- Capacitar ao alumnado na utilización das TICs para as TACs (Tecnoloxías para a aprendizaxe e o coñecemento). DESENVOLVEMENTO MOTRIZ Para conseguir

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2017 -2018

129 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

Posibilitar e facilitar o traballo por proxectos achegando os recursos

necesarios.

Configurar unha biblioteca como espazo diversificado e multifuncional que

facilite a innovación e a aprendizaxe entre iguais.

Promover o uso e o achegamento de toda a comunidade educativa á

biblioteca.

3- EQUIPO DE BIBLIOTECA. ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO.

A biblioteca permanecerá aberta 9:00-14:00 e de 16:00-18:00 co fin de

que estea a disposición da toda comunidade educativa. Durante toda a mañá

estará aberta para as titorías e especialidades seguindo un horario establecido

que axude á organización e utilización dos distintos espazos, pero sempre cun

carácter flexible. Durante os períodos de lecer estará atendida por un membro

do Equipo de biblioteca, que poderá contar con nenos colaboradores da

comisión de biblioteca. Polas tardes estableceranse quendas para todo o

profesorado.

O equipo de biblioteca está formado por catro mestres:

Responsable do equipo: Rocío Bernárdez Cibeira (especialista de

Educación Musical)

Compoñentes do equipo de apoio:

- Vanesa Magariños: titora de 5º de Educación Primaria e responsable do

contexto científico

- Eva María Puga: titora de 1º de Educación Primaria

- Javier García García: titor de 3º de Educación Primaria e responsable do

contexto lingüístico

Page 131: PROGRAMACIÓN XERAL ANUALq...- Capacitar ao alumnado na utilización das TICs para as TACs (Tecnoloxías para a aprendizaxe e o coñecemento). DESENVOLVEMENTO MOTRIZ Para conseguir

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2017 -2018

130 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

LUNS MARTES MÉRCORES XOVES VENRES

Xestión de biblioteca

Coordinadora (10:30- 12: 00)

Garda recreo Equipo biblioteca

Garda recreo Equipo biblioteca

Garda recreo Equipo biblioteca

Garda recreo Equipo biblioteca

Garda recreo Equipo biblioteca

Xestión de biblioteca

Coordinadora (9:00- 10: 30)

Garda profesorado (16:00- 18:00)

Xestión de biblioteca Equipo de biblioteca

(17:00- 18:00)

Garda profesorado (16:00- 18:00)

Garda profesorado (16:00- 18:00)

4.- LIÑAS PRIORITARIAS EN RELACIÓN CO PAPEL DA BIBLIOTECA

ESCOLAR DO CENTRO

As liñas de prioritarias de actuación para este curso son,

fundamentalmente, as que se presentaron no PLAMBE.

En relación coa organización e xestión; a configuración da biblioteca

como «laboratorio creativo de aprendizaxes».

Acondicionamento do espazo. Continuando a labor xa iniciada

configuraremos aqueles espazos que non nos foi posible rematar o curso

pasado, incorporando o mobiliario e o equipamento necesario.

Actualización e diversificación dos recursos, continuando coa labor

de expurgo que vimos facendo nos cursos pasados e adquirindo novos fondos

que atendan aos gustos, necesidades e intereses de todo o alumnado e cubran

as demandas das aulas referidas a proxectos de traballo que se vaian

desenvolver en cada unha delas, incorporando tamén recursos electrónicos.

Page 132: PROGRAMACIÓN XERAL ANUALq...- Capacitar ao alumnado na utilización das TICs para as TACs (Tecnoloxías para a aprendizaxe e o coñecemento). DESENVOLVEMENTO MOTRIZ Para conseguir

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2017 -2018

131 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

Tamén seguiremos ampliando a colección de libros de consulta, sobre temas

educativos e pedagóxicos para adultos. Con respecto a recursos tecnolóxicos

trataremos de mellorar os que xa temos e de incorporar outros novos (libros

electrónicos, robots, realidade virtual e aumentada e impresoras 3D), incidindo

na integración da cultura impresa e dixital.

Accións favorecedoras da innovación educativa, propiciando

diversos usos nunha biblioteca multifuncional: actividades arredor da lectura,

desenvolvemento de proxectos multidisciplinares con actividades de

investigación, creación de contidos grupais, traballo con recursos tecnolóxicos

e bibliográficos, expresión artística, actividades lúdicas, robótica…

Constituír a comisión de mellora da biblioteca, na que haberá

representantes de todos os niveis, dende 4º de Educación Infantil ata 6º de

Educación Primaria. A través desta e doutras comisións que crearemos no

centro pretendemos facer máis partícipe ao alumnado, dando a oportunidade

de que expresen as súas ideas e expoñan as súas suxestións ou propostas de

mellora, ao mesmo tempo que colaboran activamente na realización de accións

que vaian encamiñadas a conseguir tales melloras. Ademais, entre o alumnado

que forma parte desta comisión, crearemos o equipo de voluntarios de

biblioteca (alumnado de 5º e 6º), que axudarán en labores de xestión ou

organización.

En relación coa dinamización e promoción dos recursos da

biblioteca, a súa integración no tratamento do currículo e a súa

contribución á alfabetización múltiple e ao desenvolvemento das

competencias básicas do alumnado.

Presentación de novidades, elaboración de boletíns, anuncio e

exposición de actividades… co fin de dar a coñecer os recursos cos que

conta a biblioteca e fomentar o seu uso.

Desenvolvemento do PDI “A saúde”, no que participarán todos os

niveis, titorías e especialidades e equipos docentes, de xeito que a través deste

proxecto se interrelacionen todos os que se levan a cabo no centro: o proxecto

de biblioteca, do equipo de dinamización da Lingua Galega, de actividades

Page 133: PROGRAMACIÓN XERAL ANUALq...- Capacitar ao alumnado na utilización das TICs para as TACs (Tecnoloxías para a aprendizaxe e o coñecemento). DESENVOLVEMENTO MOTRIZ Para conseguir

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2017 -2018

132 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

complementarias e extraescolares, o proxecto Samsung Smart- School, as

seccións biblingües, o proxecto Voz Natura… Para o bo desenvolvemento do

mesmo, dende a biblioteca farase unha estruturación ben organizada de todas

as actividades a realizar ao longo do curso, así como a adquisición de todos os

recursos necesarios.

Continuar utilizando a mascota da biblioteca “Chaveta” para promover

as actividades da biblioteca. Poderase ver a Chaveta en diferentes lugares

tanto dentro como fóra da biblioteca, aparecerá na presentación de novidades,

en boletíns informativos, presentado tarefas, exposicións… Tamén o alumnado

da comisión de biblioteca colaborará na promoción e difusión dos recursos,

novidades e actividades que se propoñan.

En relación coa formación de usuarios e adquisición da competencia

informacional

Mellora da formación de usuarios da biblioteca con actividades

específicas, sistematizadas e ben secuenciadas en cada un dos cursos,

apoiándoas con guías de uso e boletíns informativos elaborados polo equipo de

biblioteca. O obxectivo será que os alumnos se movan dun xeito autónomo e

eficaz pola biblioteca, polo que a formación de usuarios incluirá materiais como

dípticos, xogos, carteis, actividades que axuden a coñecer a CDU ou a localizar

fondos, tanto fisicamente como a través da web.

Sesión formativa para o profesorado antes da apertura da biblioteca,

para que todos coñezan o funcionamento e organización da mesma e unhas

pautas básicas para a súa correcta utilización.

Formación dos axudantes de Chaveta para que actúen como guías e

axudantes dos demais compañeiros.

Consolidación do uso do programa Meiga, afianzando o

coñecemento do uso do mesmo por parte do profesorado e alumnado tanto

para a xestión de préstamos e devolucións como para a busca e consulta de

fondos, a través de actividades específicas de formación.

Traballo de ABP abarcando os tres aspectos da competencia

Page 134: PROGRAMACIÓN XERAL ANUALq...- Capacitar ao alumnado na utilización das TICs para as TACs (Tecnoloxías para a aprendizaxe e o coñecemento). DESENVOLVEMENTO MOTRIZ Para conseguir

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2017 -2018

133 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

informacional: busca, tratamento e comunicación da información. Para facilitar

este traballo a biblioteca achegará todos os recursos necesarios e colaborará

no deseño dos proxectos. Ademais, o “Informadeiro” da nosa biblioteca será un

lugar fundamental para que o alumnado lle dea saída aos seus traballos a

través dos medios de comunicación. En cada un dos espazos (prensa, radio e

televisión) haberá dous alumnos (de 3º a 6º) responsables das gravacións e

edicións, que irán cambiando de forma rotatoria.

En relación co fomento da lectura e co desenvolvemento do proxecto

lector de centro

Fomento do hábito lector, ao que irán encamiñadas a meirande parte

das actividades deseñadas pola biblioteca, dada a importancia do mesmo no

proceso de aprendizaxe do alumnado. Así pois, ademais de continuar coas

actividades que xa se veñen facendo neste senso nos últimos cursos,

prestaremos especial atención ao hábito de préstamos periódicos de fondos e

poñeremos en marcha outras iniciativas como clubs de lectura ou rutas

literarias. Por outra banda, tamén queremos facer fincapé nas bibliotecas de

aula, configurándoas cunha importante colección de fondos, tanto de literatura

como de consulta e destacando, deste xeito, o papel que ocupan nas

actividades diarias de cada aula e no desenvolvemento dos proxectos.

Sinalamos a continuación algunhas das actividades concretas que se

van desenvolver ao longo do curso:

- Certame de escritura trimestral, nos que se propoñerá a elaboración de

diferentes tipoloxías de textos, fomentando a escritura creativa arredor do PDI

ou dalgún acontecemento concreto ao longo do curso.

- Día do conto en Educación Infantil e 1º ciclo.

- O lector do trimestre; nun lugar visible da biblioteca faremos unha

mención especial ao maior lector de cada trimestre (un por ciclo e en función

dos datos recollidos no MEIGA)

- Lemos a Valle- Inclán. Participación do alumnado de 3º a 6º na lectura

colectiva da obra de Valle- Inclán, en colaboración coa Casa Museo Valle-

Page 135: PROGRAMACIÓN XERAL ANUALq...- Capacitar ao alumnado na utilización das TICs para as TACs (Tecnoloxías para a aprendizaxe e o coñecemento). DESENVOLVEMENTO MOTRIZ Para conseguir

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2017 -2018

134 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

Inclán de Vilanova de Arousa e realización de actividades de realidade virtual

sobre o autor.

- Actividades de animación ou visita de autores

- Cantos Rosalianos; creando versións musicais de poesías de Rosalía

de Castro.

- Espazo lector. Crearemos un pequeno espazo na entrada do centro

que convide a ler. Estará dirixido tanto ás familias, para facilitar a súa

participación da biblioteca do centro, como ao alumnado que libremente queira

participar del nalgún momento.

Ademais, continuaremos levando a cabo actividades que xa se veñen

facendo en cursos anteriores: crucicontos, hora de ler, apadriñamentos

lectores, videocontos, cantando contos, semana do teatro… e tamén

seguiremos a traballar no Informadeiro, elaborando programas de radio, TV e o

noso xornal A Xanela de Viñagrande.

Por outra banda, tamén organizaremos algunhas actividades para

conmemorar datas relevantes no calendario escolar: a Semana das Letras

Galegas, día do Libro, Samaín, Dïa da Paz…

Modificación e actualización do proxecto lector, no que se recollan

os criterios do centro en canto á lectura e escritura, así como en relación ao

uso, tratamento e produción de información e no que se estableza o papel da

biblioteca. Esta, contribuirá a conseguir lectores eficaces, con capacidade

crítica e a desenvolver a capacidade de expresión escrita, xa que determinadas

actividades, así como o traballo de ABP requirirán das súas producións

escritas. O desenvolvemento de proxectos, á súa vez, permitirá a posta en

práctica de estratexias de uso, tratamento e produción da información.

Queremos conxugar a lectura, a escritura e a competencia informacional como

elementos fundamentais dun mesmo proceso de ensino- aprendizaxe.

En relación cos avances cara a unha biblioteca inclusiva.

Continuaremos aumentando a colección de recursos bibliográficos para

toda a comunidade educativa, ademais de seguir co deseño dun espazo

Page 136: PROGRAMACIÓN XERAL ANUALq...- Capacitar ao alumnado na utilización das TICs para as TACs (Tecnoloxías para a aprendizaxe e o coñecemento). DESENVOLVEMENTO MOTRIZ Para conseguir

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2017 -2018

135 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

versátil que fomente os agrupamentos flexibles, pero dando prioridade ao

traballo cooperativo en pequenos grupos onde as axudas mutuas entre iguais

poidan compensar as dificultades que o alumnado posúe, axudando deste

modo a garantir o seu éxito.

Apertura da biblioteca en horario non lectivo. Ademais de continuar

co PROA, trataremos de programar outras actividades polas tardes co

alumnado e familias, como clubs de lectura ou obradoiros.

4.6. Accións para a implicación das familias

Xornada de portas abertas. A comezos de curso organizaremos unha

sesión de portas abertas en horario lectivo para que as familias podan

achegarse á biblioteca e ver, “in situ”, como é este espazo de vital importancia

para o centro, como está organizado, de que recursos dispón e cal é a filosofía

de traballo arredor da mesma.

Colaboración coas familias. Trataremos de abrir novas canles de

participación coas familias, para que coñezan mellor os recursos e

funcionamento da biblioteca e sexan máis partícipes das actividades que se

realicen: contacontos, obradoiros, encontros con autores, clubs de lectura…

Algunhas destas actividades levaranse a cabo polas tardes, co fin de dinamizar

a biblioteca fóra do horario lectivo.

Tertulias: o profesorado responsable dos Contextos de Aprendizaxe

utilizará a biblioteca polas tardes (unha vez ao trimestre) para iniciar o que

puidera chegar a ser unha verdadeira escola de pais con propostas como:

tertulias literarias, matemáticas e científicas, sesións de formación en

tecnoloxía, charlas relacionadas co desenvolvemento integral do alumnado:

psicolóxico, emocional, social, afectivo, motriz, etc. ou formación de usuarios

da biblioteca para as familias.

Dinamización da Comisión de Biblioteca no seo do Consello Escolar,

de xeito que se converta nun equipo de apoio e de colaboración coa biblioteca,

detectando necesidades, valorando as accións que se leven a cabo,

propoñendo novas iniciativas e facilitando a colaboración con outras bibliotecas

e institucións da contorna.

Cóntame un conto. Convidamos á comunidade educativa a achegarse

Page 137: PROGRAMACIÓN XERAL ANUALq...- Capacitar ao alumnado na utilización das TICs para as TACs (Tecnoloxías para a aprendizaxe e o coñecemento). DESENVOLVEMENTO MOTRIZ Para conseguir

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2017 -2018

136 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

ás aulas para contar contos ao alumnado.

Ademais, continuaremos desenvolvendo actividades como as mochilas

viaxeiras, os boletíns de recomendacións lectoras e invitando ás familias a que

participen en diferentes actividades e conmemoración que teñan lugar ao longo

do curso.

5.- AVALIACIÓN

O equipo de biblioteca realizará a avaliación do desenvolvemento do

proxecto ao longo do curso a través da valoración e análise das actividades e

das accións que se vaian levando a cabo. Ademais, tamén se atenderá á

valoración realizada polo claustro, o alumnado e as familias, por medio de

enquisas ou cuestionarios e atendendo ás opinións que de todos eles se vaian

recollendo. Finalmente, empregaremos o Meiga para a recollida de datos sobre

o movemento de fondos bibliográficos e usuarios da biblioteca.

Os criterios que nos permitirán valorar o funcionamento da biblioteca serán os

seguintes:

Organización espazo- temporal:

A distribución espacial favoreceu diversos usos da biblioteca.

Os recursos son suficientes e axeitados.

Favoreceu o desenvolvemento de proxectos.

Con respecto ao alumnado:

Favoreceu o hábito lector.

Axudou na mellora de técnicas de escritura e de oralidade.

Favoreceu hábitos de consulta.

Houbo maior afluencia de alumnado en horario non lectivo.

Con respecto ao profesorado:

Page 138: PROGRAMACIÓN XERAL ANUALq...- Capacitar ao alumnado na utilización das TICs para as TACs (Tecnoloxías para a aprendizaxe e o coñecemento). DESENVOLVEMENTO MOTRIZ Para conseguir

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2017 -2018

137 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

Atendéronse a todas as demandas en canto a recursos.

Implicáronse na realización das actividades propostas.

Favoreceu a coordinación de todo o equipo de mestres.

Con respecto ás familias:

Implicáronse na realización das actividades propostas.

Houbo maior afluencia de familias en horario non lectivo.

Con respecto ás actividades:

O PDI estivo ben organizado e cunha axeitada secuencia temporal.

Resultaron motivadoras e axeitadas aos distintos niveis.

Facilitaron as aprendizaxes do currículo.

Xiraron en torno aos temas desenvolvidos nos proxectos

27.- PLAN PARA A INTEGRACIÓN DAS TIC

Recollemos neste epígrafe o xa antedito no referido á nova organización

do equipo de TICs.

Dende o Equipo de Tics existen novidades a ter en consideración.

Este ano o equipo de TICs non vai funcionar como un equipo integrado por

uns docentes determinados. Todo o claustro forma parte deste equipo e

periódicamente se reunirá para desenvolver determinadas actuacións. Estas

actuacións esixen duns responsables que son os encargados de

desenvolvelas, organizalas e planificalas:

Formación para o profesorado no eido da tecnoloxía de alto

potencial educativo. Esta actuación busca un obxectivo

fundamental: que o profesorado do noso centro saiba e posúa as

competencias dixitais necesarias para adaptarse á rápida velocidade

coa que evoluciona a tecnoloxía. A competencia dixital debe

ofrecérselle ao alumnado de modo transversal pero, para que esta

sexa factible, é necesario que o profesorado coñeza e saiba qué tipo

de recursos están ao seu alcance e cómo se poden utilizar na súa

Page 139: PROGRAMACIÓN XERAL ANUALq...- Capacitar ao alumnado na utilización das TICs para as TACs (Tecnoloxías para a aprendizaxe e o coñecemento). DESENVOLVEMENTO MOTRIZ Para conseguir

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2017 -2018

138 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

labor docente co alumnado. Para iso, este curso, organizouse un

curso no PFPP que indagará sobre o potencial educativo do uso dos

robots nas aulas de Intantil e Primaria.

Ademais, a maioría claustro participará activamente na organización

e funcionamento do proxecto Samsung Smart School que

desenvolvemos dende o pasodo ano e que consiste en traballar con

dispositivos móbiles a través dunha metodoloxía que posibilite

asegurar e mellorar a adquisición de contidos e coñecementos por

parte do alumnado a través da creación e construción de

coñecementos polo propio alumnado.

Actualizar e fomentar o uso das novas realidades tecnolóxicas

serán outra das apostas do equipo de TICs. A robótica, a realidade

aumentada, a realidade virtual, a impresión 3D e outras vertentes “tic”

terán cabida este ano no noso centro.

Nós mesmos seremos os encargados de organizar e planificar sesións

formativas dentro do horario de permanencia no centro para garantir a mellor

capacitación profesional e tecnolóxica para os docentes e, en consecuencia,

para o alumnado e comunidade educativa.

A LINGUA NAS ETAPAS EDUCATIVAS

Educación infantil.

Segundo este resultado e seguindo o Decreto 79/2010, do 20 de maio,

para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia, a lingua

empregada polo profesorado do centro na etapa de Educación Infantil

respectará a lingua materna dominante. Considerando o noso modelo

lingüístico procurarase facer unha discriminación positiva a prol do galego

(lingua residual nesta etapa segundo o estudo sociolingüístico realizado).

Educación primaria.

Seguindo as directrices que aparecen no Decreto 79/2010, do 20 de

maio, para o plurilingüismo na etapa de educación primaria, que establece que

as áreas de coñecemento do medio natural, social e cultural será impartida en

Page 140: PROGRAMACIÓN XERAL ANUALq...- Capacitar ao alumnado na utilización das TICs para as TACs (Tecnoloxías para a aprendizaxe e o coñecemento). DESENVOLVEMENTO MOTRIZ Para conseguir

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2017 -2018

139 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

galego, e a asignatura de matemáticas será impartida en castelán, quedando a

lingua das demais asignaturas determinada na súa elección polo claustro

sempre garantindo que as asignaturas en galego e en castelán se distribúan na

mesma porcentaxe de horas semanais, e segundo decisión adoptada en

claustro o día 10 de xuño de 2010, na etapa da educación primaria

impartiranse as materias como segue: en toda a etapa da educación primaria

impartiranse obrigatoriamente en galego as áreas de lingua galega,

coñecemento do medio natural social e cultural, educación física, inglés e

música. En lingua castelá serán impartidas as áreas de lingua castelá,

matemáticas, plástica e relixión de acordo co artigo 6º.4. do decreto 79/2010

para o plurilingüismo, segundo decisión adoptada en Claustro o día 10 de xuño

de 2010.

Desde o curso 2013/2014 funcionan catro seccións bilingües e

inglés na área de expresión artística: educación plástica no segundo e

terceiro ciclo, quedando o reparto de horas impartidas nas tres linguas da

seguinte maneira:

Materiais 1º 2º 3º 4º 5º 6º Lingua

E.

Artística

Música 1h 1h 1h 1h 1h 1h Galega

Plástica 1h 1h Castelá

1h 1h 1h 1h Inglés

Educación Física 2h 2h 2h 2h 2h 2h Galega

Relixión/Valores 1h 2h 1h 2h 1h 2h Castelá

Ref. e afondamento da lingua galega

1h 1h Galega

29.- PROXECTO LINGÜÍSTICO DO CENTRO

O NOSO MODELO LINGÜÍSTICO

O modelo lingüístico que plantexamos reflicte a nosa realidade e, inda

que está determinado polas leis e normativas vixentes, introduce novidades no

tratamento educativo na competencia lingüística no que se refire aos tres

idiomas que son obxecto educativo e como elementos que configuran a

realidade e identidade do lugar no que vivimos.

Page 141: PROGRAMACIÓN XERAL ANUALq...- Capacitar ao alumnado na utilización das TICs para as TACs (Tecnoloxías para a aprendizaxe e o coñecemento). DESENVOLVEMENTO MOTRIZ Para conseguir

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2017 -2018

140 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

O modelo que aquí presentamos recolle os aspectos relacionados co

ensino das linguas e a o uso que delas facemos. Especificamos o tratamento

que damos ás linguas dentro do currículo.

Está dirixido a todos os membros da comunidade educativa e esixe o

seu compromiso e participación para que sexa unha realidade e non só un

documento máis que se queda no caixón e quere reflectir o desenvolvemento

da nosa práctica educativa. Evidentemente está suxeito a adecuacións e

innovacións.

Realidade lingüística no noso centro

No curso 2014 elaborouse un rigoroso estudo sociolingüístico do noso

centro. Estes datos reflicten unha situación case alarmante! O galego está a

piques de converterse nunha lingua residual.

En Educación Infantil a situación é crítica xa que a lingua galega apenas

se usa na escola nas interaccións entre o alumnado máis pequeno.

En Educación Primaria a situación tamén é moi preocupante dende o

noso punto de vista. Dos seis cursos, só no segundo nivel o galego tiña un uso

maioritario. Nos demais cursos o galego quedaba como segundo idioma (a

excepción de 6º e 3º nos que o uso do galego e do castelán estaba en

equilibrio porcentual) e mesmo cun uso excesivamente baixo (en 5º, 4º e 1º).

Con esta realidade, non cabe outra iniciativa máis que unha intervención

eficaz, progresiva e motivante de cara a que o alumnado vaia progresivamente

aumentando o uso do galego entre eles, na escola, nas súas casas e na

relación co resto de persoas. Debera ser unha intervención que vaia máis aló

da escola e intentar intervir no eido familiar de cara a modificar a actual

situación.

Da análise sociolingüística do centro, do profesorado e do alumando

sacamos unha conclusión ben clara: non é suficiente con plasmar nun proxecto

(de uso e fomento do galego) unha serie de actividades que temos que

desenvolver durante varios cursos; máis ben temos que presentar un proxecto

que inicie procedementos que se consoliden no tempo para garantir o éxito da

nosa intervención. Non podemos pretender que nun ano vaiamos a conseguir

unha milagre e revirar esta situación.

É por iso polo que plantexamos un modelo lingüístico moito máis ambicioso

Page 142: PROGRAMACIÓN XERAL ANUALq...- Capacitar ao alumnado na utilización das TICs para as TACs (Tecnoloxías para a aprendizaxe e o coñecemento). DESENVOLVEMENTO MOTRIZ Para conseguir

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2017 -2018

141 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

con dinámicas que fomenten principalmente a oralidade en lingua galega e que

permanezan no noso centro moitos anos.

Obxectivos

Con respecto á competencia comunicativa, os deseños curriculares das

etapas de Educación Infantil e Educación Primaria determinan que o alumnado

debera conseguir tanto en Lingua Galega como en Lingúa Castelá un nivel de

coñecemento o suficientementen competente para comunicarse na vida cotiá.

Tomando este punto de partida, queremos acadar os obxectivos que se

marcan a continuación. Son obxectivos que debemos asumir tanto o

profesorado, o persoal non docente, os monitores das actividades

extraescolares que se desenvolvan no centro, xa que “todos somos mestres de

Lingua”:

Considerar todas as linguas como patrimonio cultural e instrumento de

comunicación.

Utilizar o galego, colaborando no esforzo que moitas asociacións e

colectivos están facendo para fortalecer dita lingua.

Comprender tanto en galego como en castelán os textos orais e escritos

que se utilizan nas conversas cotiás e nos distintos contextos de

aprendizaxe. Falar de maneira correcta e coherente tendo en conta o

sistema e as normas de cada lingua.

Comprender en inglés conversas cotiás e textos orais e escritos. Falar

de forma axeitada e coherente nos contextos habituais e permitir que a

lingua estranxeira participe con naturalidade nos distintos contextos e

situacións de aprendizaxe.

Un único modelo

Nos últimos anos sucedeu un cambio na sociedade galega, e en

consecuencia na nosa escola, que nos debe levar a replantexarnos un modelo

lingüístico cun claro carácter de discriminación positiva cara a lingua galega.

A normativa no ano 1983 dou un importante empuxón do uso do galego,

pero a medida que van pasando os anos a sociedade foi mudando así como as

súas necesidades e demandas. Nos últimos anos, tal e como reflicte o estudo

sociolingüístico do noso centro, constatamos un cambio na actitude hacia o

galego tanto por parte do alumnado como por parte das familias; non contamos

Page 143: PROGRAMACIÓN XERAL ANUALq...- Capacitar ao alumnado na utilización das TICs para as TACs (Tecnoloxías para a aprendizaxe e o coñecemento). DESENVOLVEMENTO MOTRIZ Para conseguir

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2017 -2018

142 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

coa colaboración necesaria e, ás veces, percibimos falta de gañas, baixo

compromiso e esixencia e inclusive actitudes negativas.

Este tipo de prexuízos fan moito dano á normalización da lingua galega;

por iso, neste momento defendemos un único marco lingüístico para todo o

alumnado.

Este marco conlevará as súas dificultades, e pode que tamén algúns

prexuízos, pero é imprescindible fomentar a actitude positiva coa Lingua

Galega. Esto non o conseguiremos se seguimos pensando e sentindo que

pertencemos a dúas comunidades diferentes: a galega e a castelá.

Tamén somos conscientes de que a lingua materna do neno que chega

ao centro por primeira vez no primeiro nivel da etapa de Educación infantil

condiciona o noso modelo. Nós respectamos ese dereito, pero ás familias

novas no período de matrícula comunicarémoslles o noso proxecto lingüístico a

este respecto.

Dende a nosa perspectiva, para aprender ben unha lingua o alumnado

ten que ter contacto directo e de calidade con esa lingua. A clave está na

cantidade e na calidade do que recibe nesa lingua (imput: datos e/ou

informacións). Os adultos, exercendo o seu rol de guía, teñen moitísima

importancia na interación co alumnado: por unha parte a súa linguaxe é un

modelo para o alumnado e, por outra, as estratexias que utiliza na

comunicación oral inflúen na construción da súa linguaxe.

Tamén queremos destacar a importancia da produción (output: saída que

teñen os datos ou información coas que o alumnado traballa). Os produtos

deben reunir esas características de cantidade, variedade e calidade (a lingua

estruturase co uso e cos intentos, cos erros, coas dúbidas, coas correccións…

son imprescindibles para aprender unha lingua).

Presenza das tres linguas

Sendo a lingua galega minoritaria, para acadar os obxectivos descritos

anteriormente utilizarase a lingua galega como lingua vehicular e, se houbera

posibilidade, ampliariamos o seu uso e fomento dentro e fora do horario lectivo.

Galego:

En Educación Infantil fomentariamos que a presenza do galego fose

máxima. Queremos garantir a adquisición dos coñecementos básicos do

Page 144: PROGRAMACIÓN XERAL ANUALq...- Capacitar ao alumnado na utilización das TICs para as TACs (Tecnoloxías para a aprendizaxe e o coñecemento). DESENVOLVEMENTO MOTRIZ Para conseguir

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2017 -2018

143 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

galego – no caso do alumnado que chegue ao centro coa lingua castelá como

lingua materna – e o enriquecemento da lingua – no caso do alumnado

galegofalante.

En Educación Primaria o galego tamén será a lingua vehicular principal: a

que se utilizará prioritariamente como vehículo de comunicación.

Castelán:

O castelán é a outra lingua oficial da Comunidade Autónoma Galega e a

lingua materna de moitos alumnos/as. Pensamos que, inda que é sinxelo

adquirir a linguaxe coloquial na nosa contorna, en xeral a escola ten como

función desenvolver esta lingua como ferramenta para que o alumnado poida

levar a cabo as súas aprendizaxes nas áreas nas que é, por normativa,

obrigatorio impatir en castelán.

Dada a nosa metodoloxía de traballo integral, multidisciplicar e

globalizadora, e que se desenvolve dende a Educación Infantil ata o último

curso da Educación Primaria, consideramos que é moi difícil separar o uso

lingüístico en función do contexto, momento, tarefa, proxecto ou actividade que

se estea desenvovendo. O sentido común no uso das linguas oficiais é o

indicador máis importante a ter conta en todos os procesos de ensino e

aprendizaxe. Deste xeito, en Educación Primaria a lingua castelá impartirase

como asignatura no interior dalgúns contextos de aprendizaxe e asegurarase

que participe, con naturalidade, en todos os intercambios comunicativos orais e

escritos que teñan lugar no centro.

Inglés:

Comezamos co ensino do Inglés en Educación Infantil. A nosa aposta é a

seguinte:

- En Educación Infantil e no 1º ciclo da Educación Primaria o ensino do Inglés

debe ser moi vivencial. O alumnado ten dereito a aprender esta lingua nas

mesmas condicións que as demais linguas (con variedade, cantidade e

calidade nos inputs e outputs que se lle presenten) e se un dos nosos

principios e a programación por actividades vitais, o inglés ten a obriga de

participar por igual (coas condicións horarias establecidas) que o castelán e o

galego neste tipo de actividades: na oralidade continuada, no movemento, na

Page 145: PROGRAMACIÓN XERAL ANUALq...- Capacitar ao alumnado na utilización das TICs para as TACs (Tecnoloxías para a aprendizaxe e o coñecemento). DESENVOLVEMENTO MOTRIZ Para conseguir

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2017 -2018

144 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

aprendizaxe emocional con esta lingua, cancións, nos obradoiros... son

estratexias didácticas que estarán presentes.

A pretensión vai ser que o inglés teña unha presenza total nas aulas dende que

o mestre entra ata que sae. O idioma vehicular nas sesións nas que se utilice

esta lingua será única e exclusivamente o inglés. Supón un cambio de

concepción, pero pensamos que unha lingua se debe ensinar e aprender en

contacto directo con ela, que se viva con emoción, entusiasmo e en situacións

reais e cotiás (inda que na escola teñan que persentarse en formatos

simulados: supermercado, radio, tv…)

- A partir de 3º de Educación Primaria está implantado o programa das

Seccións Bilingües ampliando o crédito horario que se asigna a esta lingua

para desenvolver, neste caso, o currículo da expresión plástica: obradoiros de

arxila, marquetería, experimentación artística, novas vertentes plásticas… son

posibilidades que poden ser executadas o vindeiro curso en lingua inglesa.

Nestes niveis (de 3º a 6º) a Lingua Inglesa estará presente en todos os

momentos: colectivo, vivencial, de traballo por proxectos e no interior dos

contextos de aprendizaxe.

O ensino das linguas: criterios

Utilizamos a mesma metodoloxía para o ensino das tres linguas, o que

facilita a transferencia entre elas: “Todas las lenguas se insertan en un tronco

común; no las asimilamos de forma autónoma. Se dan transferencias entre

ellas, y por consecuencia, las competencias adquiridas en una lengua se

transfieren al aprendizaje de las otras” - J.Cummins.

Na nosa metodoloxía teñen moita importancia os medios da comunicación

da escola, sobre todo porque dan sentido a moitos dos traballos que se

realizan e porque serven de motivación para o alumnado. A linguaxe oral e a

linguaxe escrita se ven desenvolvidas axeitadamente co uso destes recursos e

deste contexto de aprendizaxe (O INFORMADEIRO).

Inda que a linguaxe oral e escrita se sustentan mutuamente, hai que

diferenciar e traballar os rexistros tanto o oral coma o escrito.

Linguaxe oral

Inda que o punto de partida sexa o diálogo vivencial sobre temas cotiás e

contextualizados, situamos os obxectivos a niveis máis formais: queremos que

Page 146: PROGRAMACIÓN XERAL ANUALq...- Capacitar ao alumnado na utilización das TICs para as TACs (Tecnoloxías para a aprendizaxe e o coñecemento). DESENVOLVEMENTO MOTRIZ Para conseguir

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2017 -2018

145 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

o noso alumnado adquira unha linguaxe técnica e a utilice en situacións

variadas. Inda que, como xa quedou dito, no caso do galego, temos que facer

un esforzo engadido para que o alumnado utilice a linguaxe coloquial no seu

día a día.

A conversa convértese, polo tanto, no procedemento fundamental na

adquisición da linguaxe. Describimos dous tipos de conversas:

- Interacional: Xorde arredor dos rituais e costumes cotiás. Dáse nun contexto

coñecido e concreto y trátanse temas e vocabularios básicos.

- Transacional: é unha actividade máis elaborada. Dáse arredor dos temas de

traballo. Hai que utilizar un vocabulario máis específico e falar con máis

propiedade. O obxectivo da conversa é a transmisión exacta da mensaxe.

Pedímoslle ao alumnado que no uso da linguaxe oral utilicen a linguaxe

coloquial nas relacións interpersoais e unha linguaxe máis culta para as

aprendizaxes escolares.

Ademais do diálogo vivencial, tamén dedicaremos gran parte do tempo a

exposicións orais, contos, representacións teatrais, gravacións de audio,

memorización de textos, recitados, etc. Os medios de comunicación son moi

importantes neste proceso de enriquecer e afianzar unha lingua.

Linguaxe escrita

Dominar o linguaxe escrito é fundamental na sociedade actual. É unha

ferramenta imprescindible tanto para comunicarse cos demais como para

construír o pensamento e o coñecemento. En consecuencia, ler ben e escribir

ben son competencias básicas para afrontar o día.

Así como a linguaxe oral, a linguaxe escrita tamén se traballará en

situacións comunicativas, funcionais e significativas. Por iso, nas actividades

cotiás utilizaremos distintos tipo de textos e xéneros respectado a variedade,

calidade e cantidade de información suministrada (imputs) e a saída que van

ter cara ao exterior (outputs).

En Educación Infantil dáse comezo ao proceso de lectoescritura dun xeito

natural e seguindo o ritmo, intereses e capacidades do alumnado. Neste

primeiro contacto é fundamental a vertente emocional. O neno e a nena deben

sentir que achegarse á lectura e escritura ten un compoñente emocional moi

Page 147: PROGRAMACIÓN XERAL ANUALq...- Capacitar ao alumnado na utilización das TICs para as TACs (Tecnoloxías para a aprendizaxe e o coñecemento). DESENVOLVEMENTO MOTRIZ Para conseguir

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2017 -2018

146 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

importante. Temos que conseguir que os sentimentos positivos dominen esta

pre-aprendizaxe.

Alumnado procedente doutros países ou comunidades:

Neste curso 2016 – 2017 topámonos ante unha situación nova e pouco

frecuente no noso centro pero que pode ser máis común nos vindeiros anos e,

polo tanto, debemos atendela dun modo axeitado: escolarizar alumnado que

ven doutros países e que non coñece o galego e, ás veces, tampouco o

castelán.

Para a aprendizaxe das linguas con este alumnado temos os mesmos

obxectivos que para o resto do alumnado, pero temos que ter en conta que o

punto de partida non é o mesmo e, en consecuencia, o tempo necesario para

aprender o outro idioma cambia. A maioría das investigacións afirman que

unha metodoloxía activa é a mellor maneira de aprender un novo idioma na

escola.

A intervención do profesorado do Programa de Adquisición das Linguas é

necesaria e imprescindible no desenvolvemento e seguimento do proceso de

aprendizaxe deste alumnado. Este profesorado traballará, na aula específica,

as nocións e coñecementos básicos do galego e/ou do castelán en

coordinación co profesorado titor e ou profesorado responsable do contexto

lingüístico (a partires do 3º nivel de Educación Primaria) para adecuar os

recursos necesarios. A presenza na aula específica, regulada pola normativa

vixente, será para reforzar aqueles conceptos que se traballan na aula ordinaria

e, así, pouco a pouco, o alumno/a irá adquirindo maior competencia lingüística.

É importante coidar a información que se transmite á familia. Esta debe

saber o beneficio que supón manter e reforzar a lingua materna para a

aprendizaxe doutras linguas. Ademais, a actitude que mostra a familia ante a

lingua escolar determinará a valoración que constrúa o alumno/a sobre dita

lingua. A actitude do alumno así como a do seu entorno condiciona totalmente

a aprendizaxe dunha nova lingua.

Por outro lado, o centro ten que mostrar sensibilidade ante as linguas e

costumes dos recentemente chegados.

Normalización do galego

Page 148: PROGRAMACIÓN XERAL ANUALq...- Capacitar ao alumnado na utilización das TICs para as TACs (Tecnoloxías para a aprendizaxe e o coñecemento). DESENVOLVEMENTO MOTRIZ Para conseguir

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2017 -2018

147 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

Expresamos o noso compromiso activo co esforzo que se está realizando

en determinados estamentos, institucións, asociacións e plataformas cívicas a

prol da lingua galega e en favor da súa normalización (Proceso levado a cabo

nunha comunidade lingüística para promover o uso e igualdade funcional da

súa lingua con respecto a outra coa que está en contacto - RAG).

Desgraciadamente, e máis na nosa contorna, temos que volver a falar de

normalización do galego. O noso reto non só é que o alumnado aprenda

galego, senón que o utilice no seu día a día dentro e fóra da escola.

Tendo en conta a importancia do tema, uniremos as nosas forzas e

fomentaremos a implicación dos compoñentes da comunidade escolar.

Queremos que se coñeza o esforzo que estamos realizando pola recuperación

da nosa lingua e que nos sintamos partícipes desta iniciativa.

Os esforzos que se veñen realizando nos centros educativos para que o

alumnado utilice o galego nas súas relacións e os avances que se logran, se

debilitan facilmente por moitas razóns. Para facerlle fronte a esta situación

temos que traballar de forma sistemática; hai que manter a atención e o punto

de tensión en todo momento. Este e sen dúbida un dos alicerces da nosa

intervención neste eido.

30.- ACTIVIDADES PARA O FOMENTO DA LINGUA GALEGA.

CONSTITUCIÓN O EDNL

O equipo de dinamización e normalización lingüística está constituido dende

o primeiro claustro deste curso (02-09-2016) coas seguintes persoas:

- Sergio Rosales López (Coordinador)

- María Luisa Barreiro Pérez

- María Castro Nine

- Victor Chousal Ferreira

É o equipo responsable de planificar, organizar e executar as actividades do

proxecto de uso e fomento do galego que tódolos anos este centro desenvolve.

A continuación mostramos as actividades que este curso se programaron

para inserir en dito proxecto.

Page 149: PROGRAMACIÓN XERAL ANUALq...- Capacitar ao alumnado na utilización das TICs para as TACs (Tecnoloxías para a aprendizaxe e o coñecemento). DESENVOLVEMENTO MOTRIZ Para conseguir

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2017 -2018

148 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

ACTIVIDADES QUE SEN VAN A DESENVOLVER PARA O FOMENTO E

DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA.

O Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do CEIP Viñagrande–

Deiro considera prioritario nestes intres que o galego se converta no idioma

vehicular dentro e fóra da escola. Na actualidade, a nosa lingua está a padecer

un deterioro que vai camiño de facer co galego desapareza das xeracións máis

novas.

A lingua galega está desaparecendo das contornas máis rurais coma na que

nos atopamos, esta desaparición é moi salientable nestes últimos anos

incrementándose dun xeito vertixinoso. Pasamos de ser a lingua de uso

habitual da poboación máis nova, a ser na actualidade unha lingua minoritaria

nesta franxa de idade, incluso co risco de desaparecer nesta franxa de idade.

O Equipo de Normalización Lingüística debe construír un futuro esperanzador

para a nosa lingua, dignificándoa e poñéndoa en valor. A escola, vai xogar un

papel moi importante neste futuro, contribuíndo a que a nosa lingua non

desapareza e que gañe prestixio entre as xeracións de menor idade.

As actividades que propoñemos van orientadas como dixemos anteriormente a

que o alumnado vexa o prestixio da lingua e que esta gañe en valor.

Estas actividades pretenden co noso alumnado teña unha visión o máis

positiva posible da nosa cultura, da nosa realidade, dos nosos costumes e,

como non, da nosa lingua. O obxectivo principal é construír unha base sólida

na que os participantes reflexionen sobre as implicacións e consecuencias que

tería esquecernos da nosa oralidade, da nosa música, do noso teatro, do noso

cine e publicidade, da nosa expresión plástica, das nosas tradicións, da nosa

historia e costumes... sen que a nosa lingua sexa o eixe da nosa realidade e o

canal a través do cal poidamos mostrarlle a todos a nosa forma de vivir e a

nosa historia vivida.

A nosa idea e intentar conformar un proxecto no que a comunidade educativa

traballe de xeito coordinado e cooperando cara á consecución das nosas metas

Page 150: PROGRAMACIÓN XERAL ANUALq...- Capacitar ao alumnado na utilización das TICs para as TACs (Tecnoloxías para a aprendizaxe e o coñecemento). DESENVOLVEMENTO MOTRIZ Para conseguir

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2017 -2018

149 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

e obxectivos. Este proxecto conta coa participación de todo o profesorado e,

para levalo a cabo na práctica, co compromiso de cooperación de tódalas

comisións que están presentes no noso centro.

Atopámonos no ámbito dunha comunidade educativa na que o emprego do

galego é unha pobre realidade que abrangue dende os nenos e nenas máis

pequenos ata un elevado porcentaxe de pais, mestres,.... O éxito desta aposta

pola nosa lingua depende, en gran medida, da implicación de todos os sectores

da comunidade educativa. A mellora da situación da nosa lingua é unha

obriga de todos nós.

OBXECTIVOS

A nosa realidade sitúase nun alumnado castelán falante que convive nunha

contorna galego falante (avós galego falantes e algúns pais e nais) pero que se

inician na fala a través da lingua castelá.

En función desta realidade lingüística do noso centro, iniciamos un camiño que

terá como grandes obxectivos:

Lograr a competencia e o uso do galego como primeira lingua.

Consolidar a competencia do castelán sen que o fomento do galego

implique un retroceso nas competencias lingüísticas en castelán.

Poñer en valor a lingua galega implicando a todos os axentes escolares

neste proceso.

Dar a coñecer a toda a comunidade educativa aspectos culturais do

entorno e de Galicia vinculados ao emprego do galego.

Darlle ó noso alumnado a posibilidade de percibir as innumerables

utilidades que ten o noso idioma.

Mellorar a valoración da nosa lingua.

Lograr a plena normalización do noso idioma na vida diaria do centro por

parte de toda a comunidade educativa, tanto nas aulas como fóra delas.

Iniciar un camiño de cooperación e participación do profesorado e

familias ante un proxecto común referido á nosa lingua.

Page 151: PROGRAMACIÓN XERAL ANUALq...- Capacitar ao alumnado na utilización das TICs para as TACs (Tecnoloxías para a aprendizaxe e o coñecemento). DESENVOLVEMENTO MOTRIZ Para conseguir

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2017 -2018

150 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

Lograr unha actitude positiva da comunidade educativa en favor da

normalización.

Aumentar progresivamente os espazos e tempos nos que se desenvolve

o alumnado en lingua galega.

Comprometer na tarefa normalizadora o maior número posíbel de

membros da comunidade educativa.

Concienciar os sectores máis próximos ou afíns á nosa realidade para

lograr un cambio progresivo da súa actitude lingüística.

Promover o uso do noso idioma en carteis, murais, festivais e todo tipo

de actividades que se realicen dende o centro.

Dar os pasos necesarios para a definición da liña lingüística do centro,

planificando o emprego do galego como lingua vehicular do ensino,

partindo do coñecemento detallado e realista da situación.

Deseñar e coordinar un proxecto de sensibilización e actividades a prol

da normalización lingüística dirixidas á comunidade educativa no seu

conxunto.

Concienciar á comunidade educativa de que o galego é unha lingua que

pode servir perfectamente para desenvolverse en todos os campos

(artísticos) e realidades (médico, casa, colexio, con amizades...).

Amosar ante o alumnado que a aprendizaxe e utilización da nosa lingua

ten interese e utilidade social.

Acadar que o alumnado tome conciencia de que o futuro da lingua non

vai ser indiferente á nosa actuación social concreta e de que a nosa

participación e uso individual van ser elementos positivos na

recuperación de usos.

Potenciar en toda a comunidade educativa as actitudes positivas cara ao

noso idioma.

ACTIVIDADES

Partiremos dunha serie de actividades que se desenvolverán ao longo do curso

escolar, ben sexa nalgún trimestre en concreto ou durante o curso. As

actividades que se propoñen están inmersas dentro dun proxecto global de

traballo no que terá cabida toda a comunidade educativa.

Page 152: PROGRAMACIÓN XERAL ANUALq...- Capacitar ao alumnado na utilización das TICs para as TACs (Tecnoloxías para a aprendizaxe e o coñecemento). DESENVOLVEMENTO MOTRIZ Para conseguir

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2017 -2018

151 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

o Samaín.

Dar a coñecer as tradicións e costumes a través de lecturas, traballos e

decoración das cabazas.

o Magosto.

Vivir esta data como propia da cultura galega asando e comendo castañas e

participando en xogos tradicionais.

o Pandigueiro.

Recuperar e dar a coñecer a figura do Pandigueiro como parte da nosa cultura.

o Entroido.

Participar nas festas tradicionais. Habituar ao alumnado a facer crítica

construtiva coas coplas, cancións, etc. Recoñecer e ensinar outras formas de

celebrar esta data no noso país.

o Maio.

Poñer en valor unha tradición axudando deste xeito a súa conservación,

elaborando o maio e recitando coplas.

o Semana do Teatro en Galego.

Realizar unha semana do teatro en galego no que o alumnado utilice a lingua

galega e así concienciarnos da importancia da utilización da nosa lingua.

o Semana das Letras Galegas.

Amosar ao alumnado a riqueza do noso idioma, das nosas costumes e

realidades e da nosa cultura. Desenvolvendo actividades dirixidas ao

profesorado e alumnado e outras dirixidas tamén ás familias para que gocen

delas e así comezar coa idea de que un proxecto para o uso e fomento do

galego debe contar sempre coas familias como axente principal de cambio.

Contacontos, música e teatro formarán parte da programación desta semana.

Page 153: PROGRAMACIÓN XERAL ANUALq...- Capacitar ao alumnado na utilización das TICs para as TACs (Tecnoloxías para a aprendizaxe e o coñecemento). DESENVOLVEMENTO MOTRIZ Para conseguir

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2017 -2018

152 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

o Informadeiro

Espazo dedicado aos medios de comunicación onde o alumnado realizará

traballos de difusión utilizando a radio, a televisión, o xornal e as redes

sociais.

Ademais destas actividades tamén poderemos realizar outras en función da

participación ou organización doutras institucións próximas o noso centro como

as familias, concello, centros educativos, entidades, etc. Entre estas podemos

mencionar:

Asistencia a diferentes representacións teatrais.

Participación en concursos relacionados coa lingua galega.

Organización de diferentes exposicións así como asistencia a aquelas

que sexan de interese.

Colaboración coas actividades programadas polas diferentes comisións

que se acollan aos obxectivos marcados polo ENLG.

31.- CONCRECIÓN ANUAL DO PLAN XERAL DE ATENCIÓN Á

DIVERSIDADE.

INTRODUCCIÓN:

Atender á diversidade implica a acomodación da escola ás necesidades

de todo o alumnado, polo tanto dende esta perspectiva asumimos,

establecendo estratexias e medios educativos que permitan o

desenvolvemento óptimo de todo o alumnado, adaptando para iso os

elementos do currículo e provéndoo dos servizos necesarios que, dada a

complexidade e pluralidade de aspectos que deben considerarse, entendemos

deben articularse mediante o Plan Xeral de Atención á Diversidade.

Este plan xeral de atención á diversidade estrutúrase en tres bloques:

- Os obxectivos, que definen aquilo que pretendemos coa elaboración

deste plan.

Page 154: PROGRAMACIÓN XERAL ANUALq...- Capacitar ao alumnado na utilización das TICs para as TACs (Tecnoloxías para a aprendizaxe e o coñecemento). DESENVOLVEMENTO MOTRIZ Para conseguir

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2017 -2018

153 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

- As actuacións, onde se contemplan unha serie de instrumentos que

deben achegarnos aos obxectivos perseguidos.

- A avaliación, que nos permitirá coñecer en qué medida se acadaron os

obxectivos e as modificacións que será preciso introducir.

OBXECTIVOS

- Adecuar o desenvolvemento do currículo á diversidade do alumnado.

- Deseñar respostas educativas e planificar actuacións para o alumnado

con necesidade específica de apoio educativo: exploracións

psicopedagóxicas, apoios, reforzos educativos, etc.

- Optimizar o uso dos recursos do centro tanto humanos como persoais.

- Establecer criterios pedagóxicos que orienten na adopción de decisións

respecto do alumnado con necesidade específica de apoio educativo.

DESENVOLVEMENTO. ACTUACIÓNS.

Modalidades de atención xeral:

Coma norma xeral, o profesorado acomodará o proceso de

ensino-aprendizaxe ás condicións particulares do alumnado. De modo que a

cada alumno se lle ensine partindo do seu nivel de coñecementos previos e

dentro da súa zona de desenvolvemento próximo, respectando o seu ritmo de

aprendizaxe, co obxecto de que vaia construíndo o seu coñecemento e

desenvolvéndose conforme ás súas potencialidades.

Neste tipo de actuacións é preciso que o profesorado coñeza a situación

persoal do alumnado: os principais datos evolutivos e de saúde, o estilo e o

ritmo de aprendizaxe de cada quen, que reflexione sobre a metodoloxía máis

adecuada que facilite o seu achegamento ao currículo, que analice as relacións

que se establecen dentro e fóra da aula e a súa utilidade nos agrupamentos

dentro da aula, etc, sendo fundamental que dende a titoría se estableza unha

rede coordinadora entre o distinto profesorado (equipo docente).

Page 155: PROGRAMACIÓN XERAL ANUALq...- Capacitar ao alumnado na utilización das TICs para as TACs (Tecnoloxías para a aprendizaxe e o coñecemento). DESENVOLVEMENTO MOTRIZ Para conseguir

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2017 -2018

154 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

Atención no caso do alumnado con necesidade específica de apoio

educativo:

Na atención daquel alumnado con necesidade específica de apoio

educativo e dende o punto de vista propiamente académico, poden levarse a

cabo varios tipos de actuacións de carácter organizativo, pedagóxico e

curricular:

A. RE sen apoio: son medidas que o propio profesorado deseña e

aplica con aqueles alumnos que teñen dificultades de seguimento

da programación diaria, ben por exceso ou por defecto (traballos

específicos de recuperación, traballos de ampliación, ...).

B. RE con apoio especializado: son medidas que contemplan o apoio

temporal dun profesor especialista en audición e linguaxe e/ou en

pedagoxía terapéutica. Para que se produza este tipo de atención,

que seguirá os criterios de utilización establecidos neste plan, o

alumno será avaliado polo Dpto. de Orientación.

O procedemento para a demanda de intervención do servizo de orientación é o

seguinte:

- Comunicado do profesor á xefatura de estudos do centro da necesidade

de intervención.

- Comunicado desa demanda ao xefe do Departamento de Orientación

por parte da xefatura de estudos.

- Cuberto por parte do profesor da folla de datos (cuestionario previo)

aportada pola orientadora.

- Proceso de avaliación e informe de atención ás necesidades específicas

de apoio educativo .

C. RE con apoio de profesorado do colexio: esta medida contempla o

apoio de profesorado do centro nas áreas instrumentais. Poderá

poñerse en funcionamento ao comezo de cada curso en función das

dispoñibilidade horaria do profesorado. A xefetura de estudos

informará á orientadora desta medida aos efectos de elaborar a

proposta de apoios.

Page 156: PROGRAMACIÓN XERAL ANUALq...- Capacitar ao alumnado na utilización das TICs para as TACs (Tecnoloxías para a aprendizaxe e o coñecemento). DESENVOLVEMENTO MOTRIZ Para conseguir

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2017 -2018

155 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

D. Adaptación Curricular: esta medida seguirá o procedemento

establecido na Orde do 6 de outubro de 1995 da Consellería de

Educación e Ordenación Universitaria.

E. Flexibilización: a escolarización do alumnado con altas capacidades

intelectuais flexibilizarase de tal forma que se poida anticipar un

curso o inicio da escolarización nesta etapa educativa ou reducir a

súa duración cando se prevexa que estas son as medidas axeitadas

para o desenvolvemento do seu equilibrio persoal e a súa

socialización, ou poderá enriquecerse o currículo, nos termos que

estableza a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

F. Prolongación da escolaridade: sen prexuízo da permanencia

durante un curso máis no mesmo ciclo, prevista no artigo 9.4º do

Decreto 130/2007do 28 de xuño, polo que se establece o currículo

da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG

09-07-07), a escolarización do alumnado con necesidades

educativas especiais na educación primaria poderá prolongarse un

ano máis, sempre que se favoreza a súa integración

socioeducativa.

CRITERIOS DE UTILIZACIÓN DOS SERVIZOS DE APOIO:

Tendo sempre como referentes os principios de integración e

normalización, a orientadora elevará a proposta de organización da docencia

para o alumnado con necesidade específica de apoio educativo. Para o deseño

desta atención teranse en conta os seguintes criterios prioritarios:

1. Atenderase a aquel alumnado que así o aconselle a

correspondente avaliación psicopedagóxica.

2. Atenderase ó alumnado obxecto dunha ACS.

3. Buscarase un apoio de calidade fronte a un de cantidade.

4. Evitarase o exceso de horas de permanencia do alumno fora do

grupo ordinario.

5. Evitarase a ausencia nas materias non instrumentais que

favorecen a integración.

Page 157: PROGRAMACIÓN XERAL ANUALq...- Capacitar ao alumnado na utilización das TICs para as TACs (Tecnoloxías para a aprendizaxe e o coñecemento). DESENVOLVEMENTO MOTRIZ Para conseguir

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2017 -2018

156 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

6. A atención diferenciada aos alumnos con NEAE fora da aula será

temporalizada compatibilizándoa nas materias obxecto de apoio

coa atención docente directa dentro da aula por parte dos

profesores do grupo ordinario non podendo prescindirse desta

última en ningunha das áreas do currículo.

CRITERIOS NA DECISIÓN SOBRE A NON PROMOCIÓN DO ALUMNADO:

Á hora de decidir sobre a non promoción dun alumno ó curso seguinte

teranse en conta o lexislado respecto da avaliación en Infantil e en Primaria así

coma os criterios de promoción aprobados polo claustro do profesorado;

criterios que se concretan en:

EDUCACIÓN INFANTIL: promocionará todo o alumnado, contemplando,

de ser necesario, o establecido na Orde do 25 de xuño do 2009, pola que se

regula a implantación, o desarrollo e a avaliación do 2º ciclo de Educación

Infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.

EDUCACIÓN PRIMARIA: Promocionará, segundo a orde que regula a

avaliación da Educación Primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.

- O alumnado que alcanzou o desenvolvemento adecuado das competencias

básicas e un axeitado grao de madurez consoante a súa idade.

- O alumnado que permaneceu un ano máis na etapa.

- O alumnado con áreas sen superar cando as aprendizaxes non alcanzadas

non sexan un obstáculo para seguir satisfactoriamente o novo ciclo.

ACTUACIÓNS A NIVEL DE DOTACIÓN.

- No ámbito escolar: A atención ao alumnado con necesidades específicas

de apoio educativo deberá contar cunha dotación adecuada de material e

de profesorado especialista (PT, AL, ...).

Page 158: PROGRAMACIÓN XERAL ANUALq...- Capacitar ao alumnado na utilización das TICs para as TACs (Tecnoloxías para a aprendizaxe e o coñecemento). DESENVOLVEMENTO MOTRIZ Para conseguir

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2017 -2018

157 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

- No ámbito infraestrutural: a escolarización de alumnos con necesidades

específicas de apoio educativo requirirá que o centro adecúe os seus

servizos ás necesidades que estes presenten. De aí que a supresión de

barreiras, a ubicación nunha determinada aula, a adaptación dos baños, o

servizo de transporte, o comedor escolar, etc. deberán considerar as

circunstancias específicas destes nenos.

32.- ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO DAS SECCIÓNS BILINGÜES

INTRODUCIÓN. FUNDAMENTACIÓN

Xustificación

O C.E.I.P de Viñagrande-Deiro é un centro dunha única liña que está situado

na parroquia de San Miguel de Deiro e está formado por tres niveis de Educación

Infantil (3, 4 e 5 anos) e seis de Primaria (dende 1º ata 6º). Entre as áreas que

conforman o currículo da Educación Primaria, a de Plástica desenvólvese a través de

ensinanzas bilingües nos niveis de 3º, 4º, 5º e 6º.

Tendo en conta as características da nosa contorna, en principio, existen unha

serie de circunstancias que nos impulsan a desenvolver un proxecto bilingüe en Inglés:

primeiro, facilitar a unha ampla comarca rural o acceso a un ensino bilingüe que

responda ás necesidades educativas actuais e permita mellorar o seu nivel de inglés;

e segundo desenvolver a competencia lingüística nunha lingua que se converteu na

porta para o acceso á tecnoloxía, á ciencia e é case un idioma universal nas

comunicacións entre persoas de diferentes nacionalidades.

A Xunta de Galicia xustifica a creación de seccións bilingües (ORDE do 18 de

abril de 2007) nos procesos de globalización e plena integración no marco da Unión

Europea, nos que se demanda unha educación plurilingüe como compoñente básico

da formación dos cidadáns. Ademais, considérase que a aprendizaxe doutras linguas

achega un valor engadido aos sistemas educativos, fomentando o desenvolvemento

de diferentes capacidades e integrando valores como o respecto e a tolerancia.

O CEIP Viñagrande-Deiro esfórzase en procurar ao seu alumnado unha oferta

educativa acorde coas innovacións propostas desde as administracións, unha oferta

que responda ás necesidades de desenvolvemento da nosa contorna e permita

mellorar o dominio das linguas estranxeiras.

As clases bilingües constitúen unha resposta adaptada á diversificación

lingüística e cultural de Europa, á mobilidade profesional, á cooperación entre

Page 159: PROGRAMACIÓN XERAL ANUALq...- Capacitar ao alumnado na utilización das TICs para as TACs (Tecnoloxías para a aprendizaxe e o coñecemento). DESENVOLVEMENTO MOTRIZ Para conseguir

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2017 -2018

158 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

estados/países, á participación nos programas educativos europeos e á intensificación

dos intercambios escolares.

As vantaxes lingüísticas, culturais e pedagóxicas das clases bilingües.

- Reforzo da educación lingüística

Todas as investigacións, observacións e análises demostran que se aprende

correctamente unha lingua cando se utiliza para aprender: así, neste caso, dominarase

mellor a lingua inglesa se esta lingua serve para aprender outra cousa que non sexa o

inglés.

Máis aló deste razoamento considerable da aprendizaxe dunha lingua,

probouse igualmente que se mellora o coñecemento e o dominio da lingua materna.

De feito, competencias metalingüísticas póñense de manifesto no alumno, a partir de

comparacións, de confrontacións, de reflexións sobre o funcionamento de dúas

linguas.

As capacidades de lector do alumno desenvólvense igualmente de maneira

considerable, cando este está exposto regularmente a un ensino bilingüe, os pasos

para a adquisición do sentido perfecciónanse. As capacidades de tradutor, de

intérprete, pódense igualmente utilizar de forma natural.

En resumo, un ensino bilingüe desenvolve as capacidades "de educación

lingüística" útiles á súa vez para aprender outras linguas, tanto a nivel fonético como a

nivel do léxico e da sintaxe.

- Desenvolvemento das capacidades xerais para aprender

Un ensino bilingüe permite tamén desenvolver as competencias xerais de

aprendizaxe. O alumno está sometido a dous códigos lingüísticos, sabe xogar coas

dúas linguas, sabe situarse, está en estado de "alerta intelectual" sostida e

permanente, desenvolvendo así unha "flexibilidade cognoscitiva" para a aprendizaxe

intelectual.

Por outra banda, aprender nocións e coñecementos grazas a unha segunda

lingua (non materna) permite confrontar as capacidades de abstracción (a palabra non

é o obxecto) e de conceptualización.

O ensino en dúas linguas aumenta tamén a creatividade e a imaxinación.

- Apertura cultural

A utilización regular dunha segunda lingua de ensino, permite tamén,

naturalmente, poñer en relación distintas maneiras de describir e de percibir a

Page 160: PROGRAMACIÓN XERAL ANUALq...- Capacitar ao alumnado na utilización das TICs para as TACs (Tecnoloxías para a aprendizaxe e o coñecemento). DESENVOLVEMENTO MOTRIZ Para conseguir

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2017 -2018

159 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

realidade, favorecendo naturalmente o interese por outras culturas, por outras formas

de pensar no mundo: desenvolvemento das calidades de tolerancia, de aceptación do

outro e dun sentido de pertenza á cidadanía europea.

Esta apertura cultural é moi importante na formación do cidadán do mañá.

- Promoción da mobilidade xeográfica do alumnado

O coñecemento doutras linguas facilita a posibilidade de cursar futuros estudos

ou realizar estancias formativas noutros países e mellorar o acceso aos programas da

Unión.

Elección do Inglés para a nosa Sección Bilingüe.

Elixiuse como idioma da sección bilingüe o inglés polas seguintes razóns:

- Consideramos que é o máis demandado na nosa contorna.

- É o que aparece no noso currículo como primeira lingua estranxeira.

- É ao que se lle dá prioridade desde a Xunta de Galicia, como o demostra a

xeneralización da súa implantación desde os tres anos en todos os centros

públicos da comunidade.

- É o que dominan un número tal de profesores que fai viable este proxecto.

ORGANIZACIÓN DAS SECCIÓNS

A sección bilingüe para a área de Educación Plástica é impartida pola mestra

de apoio de Infantil nos niveis de 3º, 4º e polo especialista de inglés nos niveis de 5º e

6º.

Incluirase no horario dos profesores encargados da sección bilingüe unha hora

de coordinación semanal destinada a preparar as clases e acordar os proxectos que

se realizarán de maneira conxunta ao longo de todo o curso.

Page 161: PROGRAMACIÓN XERAL ANUALq...- Capacitar ao alumnado na utilización das TICs para as TACs (Tecnoloxías para a aprendizaxe e o coñecemento). DESENVOLVEMENTO MOTRIZ Para conseguir

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2017 -2018

160 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

TEMPORALIZACIÓN

ORGANIZACIÓN

TEMPORAL EDUCACIÓN PRIMARIA 3º, 4º, 5º e 6º

MOMENTO

COLECTIVO

(1h 30 min)

Programa curricular específico

MOMENTO

VIVENCIAL

(1h 30 min)

Constitúe un tempo de aprendizaxe sentido, vivido e estimulante: a

aprendizaxe da música, da arte, da lingua estranxeira, dos valores

sociais e cívicos, … debe realizarse dende unha perspectiva moito

máis práctica (con obradoiros, tarefas, experiencias). Para iso, o

profesorado titor e especialista organizará sesións didácticas nas que

o alumnado teña a oportunidade de sentir, vivir e emocionarse con

estas aprendizaxes.

MOMENTO

DE LECER

(30 min)

É o momento que goza todos o alumnado do centro e que

consideramos de vital importancia xa que é onde teñen a

oportunidade de xogar dun xeito moito máis espontáneo e libre.

Pensamos que é un momento educativo máis dentro do horario

lectivo e como tal debemos incorporar todo tipo de elementos que

axuden ao alumnado a desenvolver esa necesidade de xogo libre e

espontáneo tanto a nivel de dotación de recursos materiais como de

dotación de recursos psicolóxicos, sociais e persoais.

É un momento no que o alumnado debe aprender a xestionar o seu

tempo libre.

MOMENTO

COMPARTIDO

(1h 30 min)

Aprendizaxe baseado en contextos de aprendizaxe

Tres das catro sesións da área de Educación Plástica desenvólvese no tramo

do momento compartido e a outra no momento vivencial, durante hora e media á

semana para cada grupo de alumnos. As actividades están agrupadas en diferentes

Page 162: PROGRAMACIÓN XERAL ANUALq...- Capacitar ao alumnado na utilización das TICs para as TACs (Tecnoloxías para a aprendizaxe e o coñecemento). DESENVOLVEMENTO MOTRIZ Para conseguir

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2017 -2018

161 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

proxectos comúns ao longo do curso escolar nos que traballaremos en cada trimestre

tres aspectos distintos: Debuxo-Pintura, Educación Audiovisual e Creacións Manuais.

DEBUXO-PINTURA ED. AUDIOVISUAL CREACIÓNS MANUAIS

1º Trimestre

Retrato

Munch

Texturas

Figura 3D

Samaín

Magosto

2º Trimestre Autorretrato

Mondrian

Curta animación /

conto ilustrado

Bonecos de

plastilina/barro para a

curta de animación

Semilleiro

Disfrace do entroido

3º Trimestre Andy Warhol Boneca de arame

Debuxo- Pintura: estas actividades irán encamiñadas a descubrir e

experimentar diferentes instrumentos, técnicas e materiais de debuxo e pintura que

permitan a creación de produtos artísticos.

- Retrato, texturas e autorretrato. Nestas actividades introduciremos novas

técnicas para debuxar e pintar.

- Munch, Mondrian e Andy Warhol. Aproveitaremos os peculiares estilos destes

artistas para traballar formas diferentes de facer arte cos rapaces.

Educación Audiovisual: trataremos de integrar de forma efectiva o uso das

novas tecnoloxías nas creacións artísticas, a través do uso de ordenadores,

dispositivos móbiles, cámara de fotos e de vídeo… e apps de alto poder educativo que

permitan ao alumnado utilizar estas ferramentas como medios de expresión artística

realizando as súas propias creacións.

- Curta de animación / conto ilustrado. Neste proxecto traballaremos a

modelaxe de plastilina ou barro para a creación de personaxes e decorados e coa

cámara de fotos e a técnica Stop Motion faremos a montaxe dunha curta de animación

que versará sobre o contido dunha canción.

Creacións Manuais: neste apartado incluímos actividades relacionadas coa

escultura, explorando diferentes técnicas e actividades manipulativas.

Page 163: PROGRAMACIÓN XERAL ANUALq...- Capacitar ao alumnado na utilización das TICs para as TACs (Tecnoloxías para a aprendizaxe e o coñecemento). DESENVOLVEMENTO MOTRIZ Para conseguir

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2017 -2018

162 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

- Figura 3D. Unha forma orixinal de crear arte con papel.

- Samaín, Magosto, Entroido. En relación a estas festividades realizaremos

creacións manuais con distintas técnicas que sirvan, ademais, de decoración e

ambientación do colexio para estas datas.

- Bonecos de plastilina/barro e arame. Utilizaremos diferentes materiais para

mostrar como se pode dar vida ao inanimado.

- Semilleiro. Dende a materia de educación artística intentamos aproveitar

outros proxectos do dentro para realizar un aprendizaxe mais transversal. Neste caso

crearemos un semilleiro con pauciños para utilizalo no proxecto de Voz Natura.

En relación ao proxecto Samsung Smart School no que participa o centro

empregaremos os dispositivos móbiles de xeito habitual para que o alumnado cree

composicións que amosen as súas realizacións e así poder subilas na páxina web do

centro, compartíndoas con toda a comunidade educativa e aproveitándoas tamén

como un medio de expresión e comunicación co exterior en lingua inglesa.

Ao longo dos diferentes proxectos aproveitaremos para coñecer artistas,

pintores, escultores... destacados da Historia do Arte.

Ademais das actividades mencionadas, realizaranse outras que poidan xurdir

ao longo do curso.

AVALIACIÓN DAS SECCIÓNS BILINGÜES

Ao longo do curso realizaremos unha avaliación do desenvolvemento das

seccións bilingües. Partiremos dunha avaliación inicial que nos permita definir as

principais dificultades do alumnado para o entendemento e uso da lingua inglesa e

valoraremos os progresos que se vaian acadando atendendo aos seguintes criterios:

- Valoración da aprendizaxe dunha lingua estranxeira.

- Interese e esforzo por mellorar a competencia lingüística en inglés.

- Incorporación de vocabulario e expresións en inglés que se usan de xeito habitual

nas clases.

- A lingua inglesa convértese na lingua vehicular nas interaccións entre alumnado e

mestras.

- A lingua inglesa convértese na lingua vehicular nas interacción entre iguais.

- Interese polo uso dunha lingua estranxeira na comunicación dos traballos

realizados.

Page 164: PROGRAMACIÓN XERAL ANUALq...- Capacitar ao alumnado na utilización das TICs para as TACs (Tecnoloxías para a aprendizaxe e o coñecemento). DESENVOLVEMENTO MOTRIZ Para conseguir

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2017 -2018

163 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

Nas reunións de coordinación farase un seguimento do progreso das seccións

bilingües, introducindo as modificacións e melloras que se consideren oportunas, as

cales serán recollidas na memoria de final de curso.

33.- ACCIÓNS DE MELLORA DERIVADAS DA ANÁLISE DE RESULTADOS

DA AVALIACIÓN INDIVIDUALIZADA DE TERCEIRO PRIMARIA. GUÍA DE

INTERVENCIÓN PARA A MELLORA, ELABORADA A PARTIR DA ANÁLISE

DOS RESULTADOS

1.- Comisión de coordinación da avaliación de diagnóstico

Composición:

- Director – presidente: D Javier García García

- Xefa de Estudos: Dª María Castro Nine

- Xefa do Departamento de Orientación: Dª Belén Borrageiros Mariño

- Titora de 3º de E. Primaria D Javier García García

As súas funcións son as seguintes:

- Informar a comunidade educativa sobre o sentido e a finalidade da

avaliación individualizada.

- Coordinar o proceso desta avaliación no centro.

- Colaborar coa Administración educativa e cos servizos de inspección

naqueles aspectos do proceso para os cales sexa requirida.

2.- Proceso de análise e valoración dos resultados.

Unha vez recibida a información dos resultados da avaliación

individualizada, celebrada no noso centro no curso anterior, procedemos ao

seu análise seguindo os seguintes pasos:

1. Facilitáronse a todo o profesorado, independentemente do nivel

educativo, pois parécenos moi importante ter unha visión global da nosa

realidade.

2. A nivel de Claustro e segundo ciclos fíxose un análise dos datos

e elaboráronse as propostas de mellora para levar a cabo no presente

Page 165: PROGRAMACIÓN XERAL ANUALq...- Capacitar ao alumnado na utilización das TICs para as TACs (Tecnoloxías para a aprendizaxe e o coñecemento). DESENVOLVEMENTO MOTRIZ Para conseguir

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2017 -2018

164 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

curso.

3. Os resultados acadados na avaliación individualizada son os esperados.

Para nós é unha información máis pero non determina como é realmente o

nivel dos nosos alumnos-as, habería que ter en conta outros aspectos do

proceso de ensino- aprendizaxe dos mesmos e outros parámetros.

Por outra banda, o propio proceso en si dificulta que a actuación dos

alumnos-as sexa a esperada, pois saíron as seguintes reflexións:

- Os nenos-as non están acostumados a este tipo de probas, non lles

chega o tempo, como todo é demasiado formal para uns nenos-as tan

pequenos…

- Para os alumnos-as de primaria son demasiadas probas xuntas, a

proposta do profesorado sería unha proba cada día.

- Necesitamos que as familias se implique máis nos procesos de ensino

e aprendizaxe.

3.- Propostas de Mellora:

RESPECTO AO CURRÍCULO

ACCIÓN 1.- Adaptar os nosos recursos educativos ás competencias que se

miden mediante a avaliación de diagnóstico.

ACCIÓN 2.- Avaliar actualizando o enfoque, tendo en conta novos modelos de

avaliación que midan as competencias dun xeito máis práctico.

ACCIÓN 3.- Incorporar na práctica diaria todas as competencias e non só as

que se avalían nas probas.

RESPECTO Á PRÁCTICA DOCENTE E O ALUMNADO

ACCIÓN 1.- Realizar reunións periódicas de coordinación entre o profesorado

dos distintos niveis educativos, a nivel vertical e horizontal.

ACCIÓN 2.- Realizar prácticas tomando como base probas de avaliación

individualizada e diagnóstica doutros anos. Primeiro para que o profesorado se

Page 166: PROGRAMACIÓN XERAL ANUALq...- Capacitar ao alumnado na utilización das TICs para as TACs (Tecnoloxías para a aprendizaxe e o coñecemento). DESENVOLVEMENTO MOTRIZ Para conseguir

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2017 -2018

165 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

familiarice coa metodoloxía utilizada nas mesmas e segundo para que a súa

realización sexa coñecida e incorporada no proceso de aprendizaxe dos nosos

alumnos-as.

ACCIÓN 3.- Concluímos que non se trata de traballar máis, senón de traballar

doutro xeito máis funcional e práctico.

RESPECTO Á TITORÍA

ACCIÓN 1.- Seguimento e control individualizado da evolución dos alumnos-as,

contando co apoio do Departamento de Orientación do centro.

ACCIÓN 2.- Contacto de calidade coas familias, establecendo pautas de

actuacións coordinadas no proceso de seguimento dos alumnos-as.

RESPECTO Á FAMILIA E AO ENTORNO

ACCIÓN 1.- Implicación dos pais co centro no seguimento do traballo do seu

fillo/a.

ACCIÓN 2.- Aproveitar os numerosos recursos do noso entorno: concello,

asociacións culturais, propostas de actividade socioculturais da zona…

34.- ACTIVIDADES LEVADAS A CABO DENTRO DOS PROGRAMAS DO

PLAN PROXECTA.

Xa no apartado 13 “Participación do profesorado do centro en programas

de innovación educativa” xa se desenvolve a organización e funcionamento dos

dous plans proxecta que se desenvolven no noso centro: Xogade e Aliméntate

Ben.

35.- PROXECTO “COMISIÓNS DE MELLORA”

Este curso 2017/18 comezamos cun novo proxecto que leva o nome de

“Comisións de mellora”.

Xurde da necesidade de posibilitar a participación do alumnado na toma de

Page 167: PROGRAMACIÓN XERAL ANUALq...- Capacitar ao alumnado na utilización das TICs para as TACs (Tecnoloxías para a aprendizaxe e o coñecemento). DESENVOLVEMENTO MOTRIZ Para conseguir

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2017 -2018

166 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

decisións en canto o funcionamento do centro, coidado do medio ambiente,

instalacións e as melloras que poidan xerar estas comisións.

O nenos/as do CEIP Viñagrande-Deiro teñen que conseguir que a escola

sexa como algo seu, coidala, respetala, mellorala, onde compartir, colaborar,

cooperar, convivir cos demais nenos/as e membros da comunidade educativa

nas iniciativas que vaian xurdindo.

O obxectivo principal de este proxecto é fomentar unha actitude positiva

para a convivencia e levar a cabo diferentes iniciativas que puideran producir

melloras no noso centro.

Este é un proxecto dirixido a todo o alumnado do centro, dende Educación

Infantil a 6º de E. P., en cada grupo de alumnos/as elixiranse 3, 4 máximo 5

responsables para as seguintes comisións : Convivencia, recreo, ecoloxía,

biblioteca, coidado do centro. Se reuniran cada 15 días, unha sesión, en E.I.

nos faladoiros, para analizar o que está sucedendo nesas realidades e

propoñer melloras.

A planificación está totalmente aberta a suxestións dos grupo das distintas

comisións e os/as titores/as, dinamizadores de garantir a participación activa e

colaborativa dos compoñentes.

36.- PROXECTO “MELLORANDO A PARTICIPACIÓN DAS FAMILIAS”

O Equipo de Relación coas familias levará a cabo diversas actuacións

destinadas a promover a participación e relación das familias no noso centro:

o Grupos Interactivos: consisten basicamente en que un grupo de

persoas voluntarias acompañan aos profesores/as dentro das aulas co

obxectivo de dinamizar pequenos grupos de alumnos/as. As persoas

participantes non teñen que ter ningún coñecemento sobre a materia,

porque o seu papel consiste en axudar aos alumnos/as para que se

expliquen e se axuden entre eles. Os voluntarios/as non teñen porque ser

unicamente os pais ou nais, tamén poden participar avós, tíos, primos,

veciños…É unha proposta que da que tivemos unha experiencia piloto hai

dous anos e que demostrou ter moito éxito, porque cando os alumnos/as

Page 168: PROGRAMACIÓN XERAL ANUALq...- Capacitar ao alumnado na utilización das TICs para as TACs (Tecnoloxías para a aprendizaxe e o coñecemento). DESENVOLVEMENTO MOTRIZ Para conseguir

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2017 -2018

167 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

se axudan e se explican entre eles aprenden máis e mellor.

o No primeiro trimestre teremos unha sesión no mes de novembro, dende

4º de Infantil a 6º de Primaria,( se hai voluntarios suficientes para levar a

cabo a proposta). No caso de que a resposta sexa positiva valoraremos a

posibilidade de aumentar as sesións no 2º e 3º trimestre.

o Xornadas de Portas Abertaspara Familias:co obxectivo de que poidan

ver, in situ, a organización e funcionamento das distintas estratexias

didácticas que desenvolvemos no noso centro. Faranse visitas unha vez

por trimestre como máximo.

o Faladoiros e sesións formativas: desenvolveranse os luns, mércores ou

xoves de 16:00 a 18:00, e poderán ser sobre diferentes temas: falodoiros

literarios, científicos, artísticos, método ABN… Estas serán organizadas e

levadas a cabo por profesorado do centro interesado na proposta.

37.- PLAN DE ACTIVIDADES DO EQUIPO DE ECOLOXÍA

Dende o equipo de ecoloxía propoñense as seguintes actividades:

Actividades relacionadas co horto escolar:

Preparación e acondicionamento dos bancais. Retirada das plantas do

ano anterior, removida do terreo e abono do mesmo.

Planta de especies propias da tempada invernal: brócoli, espinacas,

coliflor, acelga, romanesco, puerro, repolo liso, repolo rizado. En cada

bancal plantaranse 20 plantas de 3 especies distintas.

Elaboración dun calendario de actividades e tarefas levadas a cabo no

horto, este calendario colocarase nunha parede exterior do patio.

Preparación de semilleiros coas semillas das plantas que posteriormente

plantaremos no segundo trimestre.

Recollida e reparto de produtos do horto.

Recollida e reparto de mazás da maceira do patio.

Actividades relacionadas coa reciclaxe.

Merca e distribución por todas as aulas e dependencias do centro de

Page 169: PROGRAMACIÓN XERAL ANUALq...- Capacitar ao alumnado na utilización das TICs para as TACs (Tecnoloxías para a aprendizaxe e o coñecemento). DESENVOLVEMENTO MOTRIZ Para conseguir

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2017 -2018

168 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

colectores de distintas cores, para os diferentes tipos de lixo.

Posta en funcionamento da patrulla “Viñaverde”

Batida de recollida de lixo no recinto escolar.

Elaboración de muráis para colocar enriba dos colectores.

Con respecto ao desenvolvemento do proxecto “Voz Natura”.

Axudar na creación dun novo espazo de lecer “biosaudable” no recinto

escolar para o goce e disfrute do alumnado de Educación Infantil.

Promover cambios sustanciais no entorno máis próximo en relación ao

coidado do medio ambiente: familias, institución, concello…

Page 170: PROGRAMACIÓN XERAL ANUALq...- Capacitar ao alumnado na utilización das TICs para as TACs (Tecnoloxías para a aprendizaxe e o coñecemento). DESENVOLVEMENTO MOTRIZ Para conseguir

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2017 -2018

169 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

Esta programación xeral anual foi presentada para a súa aprobación ao

Clausro e ao Consello Escolar en sesións celebradas o día 31 de outubro de

2017.

A xefa de Estudos

Asdo: María Catro Nine