Programación didáctica - edu.xunta.gal³n... · de réxime especial e os currículos dos niveis...

50
ESCOLA OFICIAL DE IDIOMAS DE LUGO Programación didáctica DEPARTAMENTO DE CHINÉS Curso 2017-18

Transcript of Programación didáctica - edu.xunta.gal³n... · de réxime especial e os currículos dos niveis...

ESCOLA OFICIAL DE IDIOMAS DE LUGO

Programación didáctica

DEPARTAMENTO DE CHINÉS

Curso 2017-18

ORGANIZACIÓN DO DEPARTAMENTO

O departamento de chinés comeza o quinto ano na EOI de Lugo e neste curso impartirá os niveis NB1, NB2, NB3, NI1 e NI2. O alumnado repartirase en seis grupos ordinarios e a súa distribución é a seguinte:

NIVEL GRUPO HORARIO DÍAS DA

SEMANA

NB1

CH-NB1-1 10.30-12.00 Martes-xoves-venres

CH-NB1-2 19.00-20.30 Luns-mércores-xoves

NB2 CH-NB2-1 19.00-20.30 Luns-mércores-xoves

NB3 CH-NB3-1 16.00-17.30 Luns-mércores-venres

NI1 CH-NI1-1 17.30-19.00 Luns-xoves-venres

NI2 CH-NI2-1 20.30-22.00 Luns-mércores-xoves

Os grupos CH-NB1-1, CH-NB1-2, CH-NB3-1 e CH-NI1-1 serán impartidos pola profesora Pino Alonso García, quen tamén será a xefa do departamento. A data da elaboración da presente programación didáctica aínda non foi asignado/a pola Consellería o/a profesor/a a media xornada que se encargará dos outros dous grupos. O horario de titoría da profesora Pino Alonso García é martes de 12.00 a 12.30 horas e mércores de 17.30 a 18.00 horas. O departamento tamén contará có apoio de Yang Luyao, profesora voluntaria do programa de colaboración que a Xunta de Galicia ten co Hanban, entidade chinesa de promoción da lingua. Yang Luyao participará nas actividades lectivas do departamento así como na organización de actividades extracurriculares e outras actividades do centro.

CHINÉS Niveles básico e intermedio

2017-2018 Básico 1

1. OBXECTIVOS ESPECÍFICOS POR DESTREZAS 2. CONTIDOS XERAIS BÁSICOS E TEMPORALIZACIÓN 3. CRITERIOS DE AVALIACIÓN POR DESTREZAS

Básico 2

4. OBXECTIVOS ESPECÍFICOS POR DESTREZAS 5. CONTIDOS XERAIS BÁSICOS E TEMPORALIZACIÓN 6. CRITERIOS DE AVALIACIÓN POR DESTREZAS

Básico 3

7. OBXECTIVOS ESPECÍFICOS POR DESTREZAS 8. CONTIDOS XERAIS BÁSICOS E TEMPORALIZACIÓN 9. CRITERIOS DE AVALIACIÓN POR DESTREZAS

Intermedio 1

10. OBXECTIVOS ESPECÍFICOS POR DESTREZAS 11. CONTIDOS XERAIS BÁSICOS E TEMPORALIZACIÓN 12. CRITERIOS DE AVALIACIÓN POR DESTREZAS

Intermedio 2

13. OBXECTIVOS ESPECÍFICOS POR DESTREZAS 14. CONTIDOS XERAIS BÁSICOS E TEMPORALIZACIÓN 15. CRITERIOS DE AVALIACIÓN POR DESTREZAS

16. PROCEDEMENTOS E INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN 17. MATERIAIS E RECURSOS DIDÁCTICOS 18. METODOLOXÍA 19. ATENCIÓN Á DIVERSIDADE

20. UTILIZACIÓN DAS TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E DA COMUNICACIÓN 21. OUTRAS ACTIVIDADES DO DEPARTAMENTO 22. PROCEDEMENTOS PARA IDENTIFICAR AS NECESIDADES DE FORMACIÓN DO

PROFESORADO DO DEPARTAMENTO 23. PROCEDEMENTOS PARA A VALORACIÓN E REVISIÓN DO DESENVOLVEMENTO

DESTA PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA

A Circular 19/2007 da Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais indica que os

niveis básico e intermedio do idioma chinés desenvolverase en tres cursos académicos, polo que o

departamento de chinés dividiu as indicacións del Decreto 191/2007 sobre os currículos de nivel básico

e intermedio en tres cursos por nivel.

BÁSICO 1 1. OBXECTIVOS ESPECÍFICOS POR DESTREZAS

1.1 Comprensión oral

Comprender o esencial en situacións nas que se utilicen frases moi simples sobre temas frecuentes que se refiren ó ámbito persoal sempre que se fale con lentitude e con claridade. Seguir un texto breve articulado con claridade, ben e con pausas, no que se utilicen expresión sinxelas e habituais referidas a temas moi coñecidos ou a necesidades inmediatas. Comprender la información esencial de pasaxes curtas gravados que traten sobre asuntos cotiáns, e que estean pronunciadas con lentitude e claridade. 1.2 Expresión e interacción oral Establecer contactos sociais moi breves, de estrutura moi sinxela, utilizando e recoñecendo fórmulas habituais de inicio e peche da conversación, tomando la palabra con cortesía. Presentarse e intercambiar información básica e sinxela sobre si mesmo e sobre outras persoas, e expresar gustos, preferencias e intereses sobre temas moi cotiáns. Participar en conversas moi básicas sobre temas predicibles, facendo invitacións e propostas e reaccionando adecuadamente ante elas. Solicitar, mediante preguntas sinxelas e directas, a colaboración do interlocutor para entender e facerse entender. 1.3 Comprensión de lectura Comprender textos que inclúan ou soliciten información persoal básica. Comprender mensaxes breves que conteñan informacións moi sinxelas relacionadas con actividades e situacións da vida cotiá. Comprender o sentido global e localizar información relevante en textos moi básicos e claramente estruturados relacionados con temas da súa experiencia. 1.4 Expresión e interacción escrita Completar documentos básicos nos que se solicite información persoal. Tomar notas e escribir mensaxes moi breves e sinxelas a partir dunha información moi sinxela e predicible. Escribir mensaxes sinxelas con información, instrucións e indicacións moi básicas relacionadas con actividades cotiás e de inmediata necesidade. Utilizar elementos coñecidos lidos nun texto escrito para elaborar os propios textos, e elaborar estes seguindo textos modelo.

2. CONTIDOS XERAIS BÁSICOS E TEMPORALIZACIÓN 2.0 Introdución á lingua chinesa Ao comezo do curso farase unha breve introdución sobre a lingua chinesa: - Familia lingüística - Denominacións do idioma chinés - Transcrición fonética do chinés - A escritura chinesa: caracteres tradicionais e simplificados, tipos de caracteres, etc. 2.1 Competencias xerais 2.1.1. Competencia sociocultural. Durante el curso trataranse, integrados en las áreas temáticas vistas na clase, os aspectos socioculturais relacionados con estas. 2.2 Competencias comunicativas. 2.2.1 Competencias lingüísticas. * Contidos léxico-semánticos PRIMEIRO CUADRIMESTRE Identificación persoal: Nome. Enderezo. Teléfono, enderezo electrónico. Orixe e nacionalidade. Familia directa. Profesión propia e dos achegados. Relacións humanas e sociais: Formas de tratamento sinxelas. Educación: Actividades da aula. Alimentación: Tipos de bebida. Lingua e comunicación: Actividades de lingua (comprender, falar, repetir...). Metalinguaxe non especializada (letra, son, frase...). SEGUNDO CUADRIMESTRE Identificación persoal: Data e lugar de nacemento. Idade e sexo. Familia directa. Gustos. Tempo libre e lecer: Actividades de lecer (deportes, televisión...). Actividades culturais (cine, teatro...).

Relacións humanas e sociais: Citas. Educación: Estudos e materias. * Contidos gramaticais. PRIMEIRO CUADRIMESTRE Oración. -Estrutura e orde dos elementos da oración. -Oracións declarativas e interrogativas. -Partículas interrogativas máis frecuentes.

-Oración atributiva con 是. -Oracións negativas: posición de no. Nomes adxectivos. -Palabras invariables. Determinantes.

-Demostrativos: 这, 那. Pronomes.

-Pronomes persoais. Sufixo de pluralidade 们. -Pronomes posesivos. -Pronomes interrogativos. Verbos. -Características do verbo.

-Negación coa partícula 不. -Verbos adxectivais ou de calidade.

-Verbos copulativos 是 e a súa negación con 不. Adverbios. -Expresións e adverbios frecuentes.

-Afirmación e negación: 是,不,也. SEGUNDO CUADRIMESTRE Oración.

-Oración con 有.

-Oracións negativas: posición de no e dobre negación (不都, 都不, 都). Nomes e adxectivos. -Palabras invariables. Determinantes.

-Numerais, emprego de 零, 二 e 两. -Clasificadores: estrutura e orde dos clasificadores dentro do sintagma nominal. Pronomes. -Pronomes interrogativos. Verbos.

-Negación coa partícula 没.

-Verbos de localización: 在.

-Verbos modais: 可以.

Adverbios. -Expresións e adverbios frecuentes.

-Afirmación e negación: 也不. Enlaces.

-Conxuncións e enlaces de uso máis frecuentes: 和. -Co-verbo (preposición): usos máis frecuentes. * Contidos ortográficos Os contidos ortográficos característicos da escritura chinesa introduciranse no primeiro cuadrimestre pero iranse traballando ó longo de todo o curso. - Tipos de trazos - Orde dos trazos dos caracteres chineses. - Puntuación básica. * Contidos fonéticos. Os contidos fonéticos característicos da lingua chinesa introduciranse no primeiro cuadrimestre pero iranse traballando ó longo de todo o curso. -Recoñecemento e produción dos fonemas vocálicos e consonánticos. - Recoñecemento e produción dos tons. -Orde da estrutura silábica chinesa. -Normas ortográficas do Pinyin.

-Cambio de ton 不, 一. -Ton Sandhi: a súa característica e uso. 2.2.2 Competencia sociolingüística. Ó final do primeiro curso do nivel básico, as alumnas e os alumnos estarán en condicións de establecer contactos sociais básicos adecuados en contextos da vida cotiá utilizando as convencións sociais e as fórmulas de cortesía máis sinxelas e cotiás relativas a saúdos, despedidas e presentacións; e utilizando expresións como por favor, grazas, síntoo moito, etc. 2.2.3 Competencias pragmáticas. 2.2.3.1 Contidos funcionais. PRIMEIRO CUADRIMESTRE Usos sociais da lingua: Saudar e despedirse. Presentarse ou presentar a alguén. Agradecer. Interesarse por persoas. Felicitar. Control da comunicación: Manifestar comprensión e incomprensión. Solicitar axuda ó interlocutor para facilitar a comprensión: como por exemplo, falar de vagar, soletrear, repetir. Preguntar o significado dunha palabra ou expresión.

Información xeral: Pedir e dar información sobre datos persoais. Indicar posesión. Opinións e valoracións: Afirmar e negar algo. Mostrar acordo. SEGUNDO CUADRIMESTRE Usos sociais da lingua: Dirixirse a alguén. Pedir desculpas. Control da comunicación: Manifestar comprensión e incomprensión. Solicitar axuda ó interlocutor para facilitar a comprensión: como por exemplo, falar de vagar, soletrear, repetir. Preguntar o significado dunha palabra ou expresión. Información xeral: Preguntar ou expresar se existe algo, e se se sabe unha cousa. Pedir e dar información sobre horarios, datas e cantidades. Opinións e valoracións: Expresar intereses, preferencias e gustos (e contrarios). Preguntar e expresar coñecemento ou descoñecemento. Petición de instrucións e suxestións: Facer suxestións e comentarios 2.2.3.2 Contidos discursivos. 2.2.3.2.1. Coherencia e cohesión. Traballaranse ó longo de todo o curso. Coherencia: Asociar enunciados simples e memorizados coas situacións nas que é axeitado utilizalos (fórmulas de cortesía, saúdos, despedidas). Adaptar formas de tratamento e fórmulas sociais básicas (saúdos, despedidas) á relación social co/a interlocutor/a. Seleccionar o léxico e las estruturas adecuadas para conseguir o propósito comunicativo. Adaptarse ás características, organización básica e formato dos textos orais e escritos ós que se enfronta o que produce, recollidos no apartado Tipoloxía de textos. Utilizar recursos deícticos básicos para garantir a coherencia espazo-temporal. Cohesión: Utilizar recursos moi sinxelos para iniciar, desenvolver ou acabar un texto escrito ou oral (dirixirse a alguén, tomar a palabra). Utilizar os recursos básicos de puntuación seguindo las regras e convencións propias dos textos recollidos no apartado Tipoloxía de textos. Utilizar los patróns básicos de entoación acomodados á situación comunicativa. Manter, de forma incipiente, la concordancia na estrutura do texto para enmarcar a mensaxe. Usar conectores básicos para enlazar grupos de palabras.

2.2.3.2.2. Tipoloxía de textos. A palabra «texto» está empregada neste currículo no sentido amplo e coas características que lle outorga o MECR: O texto é calquera secuencia de discurso (falado ou escrito) relacionada cun ámbito específico e que durante a realización dunha tarefa constitúe o eixe dunha actividade de lingua, ben como apoio ou meta, ben como produto ou como proceso. Na aula poderase traballar calquera tipoloxía textual da recollida no repertorio do apartado 3.2.3.2.2 do Decreto 191/2007, do 20 de setembro, polo que se establece a ordenación das ensinanzas de idiomas de réxime especial e os currículos dos niveis básico e intermedio , aínda que a profesora poderá utilizar outras tipoloxías textuais ao longo do curso. A complexidade de cada un deles deberá ser adaptada aos obxectivos propios do nivel. SECUENCIACIÓN No primeiro cuadrimestre traballaranse as leccións 1, 2, 3 e 4 do libro El nuevo libro de chino práctico 1, así como outros materiais indicados polo profesorado. No segundo cuadrimestre traballaranse as leccións 5, 6, 7, 8 e parte da lección 9 do libro El nuevo libro de chino práctico 1, así como outros materiais indicados polo profesorado.

3. CRITERIOS DE AVALIACIÓN POR DESTREZAS

Criterios de avaliación por destrezas para acceder ao nivel básico 2: Comprensión oral Comprender fórmulas básicas de contacto social, como saúdos, despedidas, desculpas e agradecementos, identificando a intención de comunicación e a relación de formalidade entre os interlocutores. Comprender o esencial en conversacións moi básicas e breves sobre temas frecuentes e de necesidade inmediata relativas ó ámbito persoal sempre que se fale con lentitude, articulando de forma clara e comprensible. Comprender transaccións moi básicas sobre o ámbito persoal, transmitidas a viva voz ou por medios técnicos, e articuladas de vagar, utilizando frases feitas e estruturas sinxelas e previamente traballadas, sempre que las condicións acústicas sexan boas e se se poden escoitar máis dunha vez. Comprender instrucións moi básicas pronunciadas lenta e claramente e seguir indicacións sinxelas e breves, sempre que poidan ser repetidas. Comprender a información esencial de pasaxes curtas gravadas que conteñan conversacións, narracións e/ou descricións emitidas mediante estruturas e léxico moi básico, que traten sobre asuntos da vida cotiá e de necesidade inmediata, e que estean pronunciadas con lentitude e claridade, aínda que sexa necesario escoitaras máis dunha vez. Utilizar estratexias de comprensión para superar as limitacións que se atopen na comprensión da mensaxe, mediante claves identificadas no contexto lingüístico e non lingüístico. Expresión e interacción oral

Establecer contactos sociais moi básicos de maneira intelixible sempre que o interlocutor colabore utilizando un discurso claro e lento e que repita o que non se comprende. Intercambiar de maneira intelixible información sobre si mesmo e sobre outras persoas usando un repertorio básico de palabras e frases illadas, e facéndose comprender aínda que o interlocutor necesite repeticións e aclaracións. Realizar propostas moi sinxelas, reaccionando adecuadamente a elas, se se lle fala ben e con claridade, e usando estruturas lingüísticas sinxelas dentro dun repertorio aprendido. Seguir unha breve exposición sinxela sobre un tema cotián, articulada de forma lenta e clara, entendendo o suficiente para poder pedir aclaracións e repeticións que aseguren a comprensión das ideas principais. Utilizar estratexias de comunicación e de comprensión para asegurar o éxito da interacción. Comprensión de lectura Comprender a información esencial, e os puntos principais ou detalles relevantes en textos breves, de estrutura sinxela, que conteñan información persoal básica propia e doutras persoas. Comprender información relevante e previsible en textos informativos o narrativos breves, moi sinxelos e ben estruturados, se é o caso, en parágrafos curtos relacionados con conectores moi básicos e relativos a temas da propia experiencia. Expresión e interacción escrita Completar textos escritos en papel ou soporte dixital nos que se solicita información básica sobre a identificación persoal. Escribir textos con información moi básica e breve relacionada con actividades cotiás. Utilizar elementos coñecidos lidos en un texto escrito para elaborar os propios textos, e organizalos seguindo textos modelo.

BÁSICO 2

4. OBXECTIVOS ESPECÍFICOS POR DESTREZAS

4.1 Comprensión oral Comprender instrucións moi básicas pronunciadas lenta e claramente e seguir indicacións sinxelas e breves. Comprender frases e expresións habituais relacionadas con necesidades inmediatas e temas con que se estea moi familiarizado sempre que se fale de xeito pausado e ben articulado. Comprender o significado global e as informacións relevantes de mensaxes gravadas sinxelas que relaten experiencias persoais e predicibles, articuladas lentamente e nunha linguaxe estándar. Utilizar estratexias que faciliten a comprensión recorrendo a claves lingüísticas e non lingüísticas. 4.2 Expresión e interacción oral

Interactuar para obter ou ofrecer bens e servizos ligados a necesidades inmediatas sempre que se fale a modo e con estruturas moi sinxelas e habituais, e reaccionando adecuadamente. Desenvolverse nas relacións sociais habituais de xeito sinxelo, utilizando e recoñecendo fórmulas habituais de inicio e peche da conversa, tomando a palabra con cortesía, utilizando expresións básicas moi habituais adecuadas á situación e aos interlocutores. Desenvolverse en actividades habituais e transaccións e xestións cotiás, sinxelas, propias de situacións e temas coñecidos, facéndose entender ofrecendo ou solicitando información básica. Describir nun monólogo, de forma breve e sinxela, accións e lugares . Solicitar a colaboración do interlocutor e utilizar estratexias para asegurar a comunicación. 4.3 Comprensión de lectura Comprender instrucións breves e sinxelas, e indicacións, especialmente se contan con apoio visual Comprender correspondencia persoal moi breve e sinxela. Utilizar estratexias que faciliten a comprensión recorrendo a claves lingüísticas e non lingüísticas. Comprender o sentido global e localizar información relevante e predicible en textos pouco complexos, en lingua estándar e relacionados con temas da súa experiencia. Comprender textos descritivos e narrativos sinxelos, ben estruturados e en lingua estándar. 4.4 Expresión e interacción escrita Intercambiar correspondencia persoal breve e moi sinxela, sobre temas da vida cotiá. Intercambiar información concreta e sinxela sobre aspectos cotiáns e habituais. Describir de forma sinxela lugares e narrar feitos e experiencias, así como expoñer plans. Utilizar elementos coñecidos lidos nun texto escrito para elaborar os propios textos, e organizar estes de acordo con textos modelo.

5. CONTIDOS XERAIS BÁSICOS E TEMPORALIZACIÓN

5.1 Competencias xerais 2.1.1. Competencia sociocultural. Durante el curso trataranse, integrados en las áreas temáticas vistas na clase, os aspectos socioculturais relacionados con estas. 5.2 Competencias comunicativas. 5.2.1 Competencias lingüísticas. * Contidos léxico-semánticos

PRIMEIRO CUADRIMESTRE Expresión do tempo: horas e partes do día Identificación persoal: Hábitos Actividades da vida diaria Alimentación: Alimentos Tipos de comida y bebida Tipos de establecementos: cafés, bares, restaurantes... Comidas do día Tempo libre e ocio Identificación persoal: Gustos Relacións humanas e sociais: Invitacións Actos sociais: festas Compras e actividades comerciais: Establecementos comerciais Prezos e formas básicas de pagamento Artigos para a casa Lingua e comunicación: Actividades de lingua Identificación persoal: Idade (repaso) Hábitos Medios de transportes Relacións humanas e sociais: Formas de tratamento SEGUNDO CUADRIMESTRE Saúde e coidados físicos: Estado físico e necesidades corporais Partes do corpo Bens e servizos: Servizos médicos Vivenda, fogar e contorna: A vivenda e as súas dependencias: partes da casa Aluguer Servizos (auga, luz, calefacción...) Relacións humanas e sociais: Correspondencia persoal

Relacións con outras persoas Clima, condicións atmosféricas e ambiente: Estacións do ano Fenómenos atmosféricos (calor, frío, chuvia, sol...) Viaxes e transportes: Transporte público Transporte particular Vacacións Lugares de interese turístico Bens e servizos: Bancos * Contidos gramaticais. PRIMEIRO CUADRIMESTRE Oración

Oracións con dobre obxecto 给,送 Oracións con una serie de predicado verbal: propósito

Oración con dobre obxecto: 教,问

Pronomes

Pronomes interrogativos: 几, 怎么 Determinantes

Numerais, emprego de 两

Clasificadores

Indefinidos máis frecuentes: 几. Adverbios Adverbios de frecuencia, expresión frecuentes para indicar tempo Adverbios de grado, superlativo

Adverbio 很 Expresións de tempo usadas como modificador adverbial Verbos

Verbos modais: 能,可以,会,应该,要 Expresión do tempo coas partículas temporais

Sintagma preposicional 在,跟 SEGUNDO CUADRIMESTRE Pronomes

Pronomes interrogativos 怎么 Verbos

Verbos 要 e 想

Verbos modais: 可能 e 会

A partícula 了 O complemento de estado

Enlaces

Conxuncións e enlaces de uso máis frecuentes: 还是 e 或者 Co-verbo (preposición) A duplicación do verbo

Construcións con 请 e 让

* Contidos ortográficos Os contidos ortográficos característicos da escritura chinesa iranse traballando ao longo de todo o curso. * Contidos fonéticos. Os contidos fonéticos característicos da lingua chinesa iranse traballando ao longo de todo o curso. 5.2.2 Competencia sociolingüística. Ao final do segundo curso do nivel básico, as alumnas e alumnos estarán en condicións de desenvolverse axeitadamente en intercambios sociais moi breves no ámbito das relacións persoais, utilizando fórmulas cotiás de saúdo e tratamento. Estarán en condicións, por exemplo, de realizar invitacións, pedir desculpas e responder a elas. Así mesmo, estarán en condicións de realizar funcións básicas da lingua como intercambiar e demandar información e responder a ela. Ademais, estarán en condicións de desenvolverse nas relacións sociais de modo sinxelo pero con eficacia: utilizando as expresións máis sinxelas e correntes, seguindo fórmulas básicas, coñecendo as correspondentes convencións sociais, sabendo tomar a palabra, etc. 5.2.3 Competencias pragmáticas. 5.2.3.1 Contidos funcionais. PRIMEIRO CUADRIMESTRE Usos sociais da lingua: Felicitar Convidar Reaccionar a unha información con expresións que manifesten o sentimento adecuado á situación Control da comunicación: Preguntar o significado dunha palabra ou expresión Información xeral: Pedir e dar información sobre prezos, cantidades, horarios, datas e actividades Indicar cando ocorre algo Referirse a accións cotiás presentes Opinións e valoracións: Expresar gustos (e contrarios) Petición de instrucións e suxestións: Pedir servizos Invitar, e reaccionar adecuadamente Pedir obxectos SEGUNDO CUADRIMESTRE Usos sociais da lingua: Convidar Iniciar e concluír unha conversa telefónica

Felicitar Información xeral: Expresar necesidade e obriga Pedir e dar información sobre lugares e prezos Describir lugares Referirse a accións e situacións pasadas Pedir e dar información sobre o tempo Pedir e dar información sobre lugares e actividades Opinións e valoracións: Expresar desexos Referirse a accións pasadas Petición de instrucións e suxestións: Pedir e ofrecer axuda, obxectos e servizos Petición de suxestións Estados de saúde, sensacións e sentimentos: Expresar sensacións físicas 5.2.3.2 Contidos discursivos. 5.2.3.2.1. Coherencia e cohesión. Ademais de continuar traballando os aspectos recollidos para nivel básico 1, traballaranse tamén ao longo de todo o curso os seguintes puntos: Coherencia: Adaptarse ás características, á organización básica e ao formato dos textos orais e escritos aos que se enfronta ou que produce, recollidos no apartado Tipoloxía de textos. Cohesión: Usar os conectores máis frecuentes para enlazar oracións. Utilizar as concordancias necesarias para que haxa continuidade nas ideas expresadas. 5.2.3.2.2. Tipoloxía de textos. A palabra «texto» está empregada neste currículo no sentido amplo e coas características que lle outorga o MECR: O texto é calquera secuencia de discurso (falado ou escrito) relacionada cun ámbito específico e que durante a realización dunha tarefa constitúe o eixe dunha actividade de lingua, ben como apoio ou meta, ben como produto ou como proceso. Na aula poderase traballar calquera tipoloxía textual da recollida no repertorio do apartado 3.2.3.2.2 do Decreto 191/2007, do 20 de setembro, polo que se establece a ordenación das ensinanzas de idiomas de réxime especial e os currículos dos niveis básico e intermedio , aínda que a profesora poderá utilizar outras tipoloxías textuais ao longo do curso. A complexidade de cada un deles deberá ser adaptada aos obxectivos propios do nivel. SECUENCIACIÓN No primeiro cuadrimestre traballaranse as leccións 9, 10, e 11 do libro El nuevo libro de chino práctico 1, así como outros materiais indicados polo profesorado.

No segundo cuadrimestre traballaranse as leccións 12, 13 e 14 do libro El nuevo libro de chino práctico 1, a lección 15 do libro El nuevo libro de chino práctico 2 así como outros materiais indicados polo profesorado.

6. CRITERIOS DE AVALIACIÓN POR DESTREZAS

Criterios de avaliación por destrezas para acceder ó nivel básico 3: Comprensión oral Comprender o sentido global de conversas que aborden temas básicos cotiáns, se se fala amodo e con claridade utilizando expresións e palabras habituais do tema en cuestión. Comprender transaccións e xestións básicas sempre que se fale de xeito pausado e ben articulado. Comprender a información esencial de textos gravados breves, así como conversas telefónicas, sobre temas previsibles e básicos, sempre que non haxa distorsión do son e se poidan pedir, se é o caso, repeticións e aclaracións, ou escoitalos máis dunha vez. Comprender textos sinxelos nos que soliciten ou dean información sobre feitos pasados, que relaten experiencias persoais cotiás, cun repertorio de léxico e estruturas de carácter básico e sinxelo. Expresión e interacción oral Formular invitacións. Comunicarse en conversas sinxelas que requiran o intercambio de experiencias persoais e de actividades cotiás e de necesidade inmediata mediante frases memorizadas, breves e illadas, facéndose comprender aínda que se fagan pausas para buscar as expresións e as palabras menos habituais, sendo capaz de utilizar as estratexias que lle permitan garantir a comunicación. Expresar brevemente e de xeito comprensible sensacións físicas frecuentes empregando un repertorio básico de expresións sinxelas e fixas, e podendo axudarse de accións non lingüísticas discretas e axeitadas. Desenvolverse en intercambios sociais básicos utilizando fórmulas neutras e informais de saúdo e despedida, de estrutura sinxela, realizando e respondendo a invitacións e suxestións. Expoñer plans de forma breve, sinxela e comprensible, en conversas informais sobre asuntos cotiáns. Comprensión de lectura Comprender mensaxes breves e sinxelas que conteñan instrucións, indicacións e información básica referida a necesidades inmediatas, de estrutura moi sinxela, especialmente se contan con apoio visual. Comprender a información esencial de correspondencia persoal moi breve e sinxela en papel ou soporte dixital. Expresión e interacción escrita Escribir, a partir dun modelo, correspondencia persoal moi breve e sinxela sobre temas da vida cotiá ou de inmediata necesidade. Dar información elemental sobre a actividade profesional, a formacións, os hábitos e os intereses.

Escribir descricións moi breves e básicas de lugares mediante frases e oracións sinxelas. Narrar de forma sinxela e breve feitos e experiencias. Utilizar elementos coñecidos lidos nun texto escrito para elaborar os propios textos, e organizalos seguindo textos modelo.

BÁSICO 3 7. OBXECTIVOS ESPECÍFICOS POR DESTREZAS

7.1 Comprensión oral

Comprender o sentido xeral e a información específica predicible de conversas básicas sobre temas cotiáns que se desenvolvan na súa presenza, e identificar un cambio de tema. Comprender a información esencial en exposicións e presentacións públicas breves e sinxelas, referidas a temas habituais e coñecidos. Comprender o sentido xeral e a información esencial predicible de textos audiovisuais sinxelos, cando exista o apoio de imaxes moi redundantes. 7.2 Expresión e interacción oral Describir nun monólogo, de forma breve e sinxela, accións, persoas, lugares e obxectos, respondendo a preguntas breves e sinxelas dos oíntes se llas repiten e se lle axudan coas respostas. Expoñer plans e facer hipóteses, de forma breve e sinxela, en conversas informais en relación con asuntos cotiáns; e expresar de forma breve a opinión, as crenzas ou suxestións sobre un tema coñecido. 7.3 Comprensión de lectura Comprender tipos básicos de correspondencia sobre temas cotiáns. Comprender o sentido xeral e identificar información relevante en textos xornalísticos breves e sinxelos, que describan feitos e acontecementos coñecidos, especialmente se contan con apoio visual. Comprender textos instrutivos e argumentativos sinxelos, ben estruturados e en lingua estándar. Utilizar estratexias que faciliten a comprensión recorrendo as claves lingüísticas e non lingüísticas. 7.4 Expresión e interacción escrita Describir de forma sinxela obxectos e persoas, así como presentar proxectos relacionados con temas cotiáns. Intercambiar correspondencia breve e sinxela, sobre temas predicibles relacionados coa experiencia persoal e na que se expresen sentimentos, opinións, reaccións e actitudes, ou se solicite ou ofreza un servizo ou información, nun rexistro axeitado á situación de comunicación.

8. CONTIDOS XERAIS BÁSICOS E TEMPORALIZACIÓN 8.1 Competencias xerais 8.1.1. Competencia sociocultural. Durante el curso trataranse, integrados en las áreas temáticas vistas na clase, os aspectos socioculturais relacionados con estas. 8.2 Competencias comunicativas. 8.2.1 Competencias lingüísticas. * Contidos léxico-semánticos PRIMEIRO CUADRIMESTRE Educación: Centros de ensino.

Tipos de estudos

Material e actividades da aula (repaso)

Bens e servizos:

Institucións.

Correos e telecomunicacións.

Servizos de emerxencia

Servizos sociais

Viaxes e transportes:

Documentación. Transporte público (repaso)

Compras e actividades comerciais:

Moda e vestido.

Ciencia e tecnoloxía:

Medios técnicos de comunicación (telefonía, internet).

Saúde e coidados físicos:

Necesidades corporais (sono, fame, cansazo, frío, ir ao baño...)

Accidentes

Saúde e infermidade (repaso)

Tempo libre e ocio:

Afeccións e intereses (repaso).

Actividades de lecer (repaso).

Actividades culturais (repaso).

SEGUNDO CUADRIMESTRE

Alimentación:

Comida: Preparación e sabores.

Materiais e utensilios.

Relacións humanas e sociais:

Actos sociais: Festas , reunións.

Relacións con outras persoas: familiares, amorosas, de amizade, etc.

Correspondencia formal

Vivenda, fogar e contorna:

Mobiliario.

Electrodomésticos e aparellos electrónicos.

A vivenda e contorna.

Aluguer (repaso).

Servizos: Auga, Luz, Calefacción (repaso).

Compras e actividades comerciais:

Artigos para a casa.

Ciencia e tecnoloxía:

Aparellos de uso cotián.

Identificación persoal:

Descrición persoal: carácter, preferencias, crenzas.

Descrición persoal: aspecto físico.

Estado civil.

Formación e experiencia laboral.

Viaxes e transportes:

Vacacións.

Aloxamento.

Equipaxe.

Lugares de interese turístico.

Clima, condicións atmosféricas e ambiente:

Paisaxe campo-cidade.

Animais e plantas da contorna.

Previsións meteorolóxicas.

Saúde e coidados físicos:

Necesidades corporais (sono, fame, cansazo, frío, ir ao baño...)

* Contidos gramaticais. PRIMEIRO CUADRIMESTRE

Complemento de dirección simple.

Complemento de dirección complexo.

A frase con 把

Complemento de duración temporal.

Colocación de adverbios 就 才

Subordinación adxectiva con 的.

Oracións comparativas (1)比.

A partícula verbal 了.

A partícula modal 了.

A oración con 把 (2)

A oración con 是 (2)

Complemento resultativo.

Oracións comparativas (2)跟.

Complemento de duración temporal.

Marcadores aspectuais: progresivo 在,正在,着

As partículas estructurais: 的(repaso),得(repaso).

SEGUNDO CUADRIMESTRE Oracións cun predicado verbal.

Componentes funcionais básicos da oración.

Conxuncións e enlaces: 因为...所以, 还是, 或者,etc.

Subordinación circunstancial cos conectores máis usuais.

A estructura “是…….的”

Clasificadores

Os clasificadores verbais

A partícula estructural 地.

O marcadore aspectual 着

Nomes de localidade.

Oracións que indican existencia.

Experiencias pasadas, 过

A omisión de 边 nos nomes de localidade.

Conxuncións 虽然……但是/可是

Complemento de cantidade verbal.

Futuro próximo 要……了

Oracións condicionais. * Contidos ortográficos Os contidos ortográficos iranse traballando ó longo de todo o curso. * Contidos fonéticos. Os contidos fonéticos iranse traballando ó longo de todo o curso. 8.2.2 Competencia sociolingüística. Ao final do terceiro curso do nivel básico, as alumnas e alumnos estarán en condicións de desenvolverse axeitadamente en intercambios sociais moi breves no ámbito das relacións persoais, utilizando fórmulas cotiás de saúdo e tratamento. Estarán en condicións, por exemplo, de realizar invitacións, pedir desculpas e responder a elas.

Así mesmo, estarán en condicións de realizar funcións básicas da lingua como intercambiar e demandar información e responder a ela, ou expresar opinións e actitudes de xeito sinxelo en contextos relacionados coas condicións de vida. Ademais, estarán en condicións de desenvolverse nas relacións sociais de modo sinxelo pero con eficacia: utilizando as expresións máis sinxelas e correntes, seguindo fórmulas básicas, coñecendo as correspondentes convencións sociais, sabendo tomar a palabra, etc. 8.2.3 Competencias pragmáticas. 8.2.3.1 Contidos funcionais. PRIMEIRO CUADRIMESTRE Control da comunicación: Reformular unha palabra ou expresión para facilitar a comprensión.

Información xeral:

Describir persoas, obxectos e lugares.

Opinións e valoracións:

Valorar un feito.

Xustificar unha opinión ou unha actividade.

Petición de instruccións e suxestións: Pedir e ofrecer axuda, obxectos e servizos. SEGUNDO CUADRIMESTRE

Petición de instrucións e suxestións:

Suxerir unha actividade.

Estados de saúde, sensacións e sentimentos:

Expresar estados de ánimo e sentimentos.

Opinións e valoracións:

Preguntar e expresar coñecemento e descoñecemento, seguridade e inseguridade.

Información xeral:

Expoñer proxectos e formular hipóteses.

Referirse a accións e situacións presentes e pasadas.

Usos sociais da lingua:

Iniciar e concluir unha conversa telefónica.

8.2.3.2 Contidos discursivos. 8.2.3.2.1. Coherencia e cohesión. Traballaranse ó longo de todo o curso. Coherencia: Seleccionar o léxico e as estruturas adecuadas, e ofrecer información suficiente e relevante para acadar o propósito comunicativo.

Recoñecer e usar un rexistro básico formal ou informal -dentro do estándar- de acordo co grao de familiaridade co interlocutor (tratamentos, xestos e actitudes). Organizar a información aínda que sexa de modo lineal, de forma coherente e unitaria, evitando contradicións e repeticións. Cohesión: Utilizar fórmulas adecuadas e sinxelas para cambiar de tema ou continuar con el. Utilizar recursos sinxelos para iniciar, desenvolver ou rematar un texto escrito ou oral. Utilizar recursos simples para evitar repeticións innecesarias. Utilizar os recursos básicos de puntuación seguindo as regras e convencións propias dos textos recollidos na epígrafe Tipoloxía de textos. Utilizar os patróns básicos de entoación axeitados á situación comunicativa. Usar elementos deícticos para referirse a conceptos citados anteriormente. Cohesionar o texto, retomando a información, con recursos sinxelos. 8.2.3.2.2. Tipoloxía de textos. A palabra «texto» está empregada neste currículo no sentido amplo e coas características que lle outorga o MECR: O texto é calquera secuencia de discurso (falado ou escrito) relacionada cun ámbito específico e que durante a realización dunha tarefa constitúe o eixe dunha actividade de lingua, ben como apoio ou meta, ben como produto ou como proceso. Na aula poderase traballar calquera tipoloxía textual da recollida no repertorio do apartado 3.2.3.2.2 do Decreto 191/2007, do 20 de setembro, polo que se establece a ordenación das ensinanzas de idiomas de réxime especial e os currículos dos niveis básico e intermedio , aínda que o profesorado poderá utilizar outras tipoloxías textuais ao longo do curso. A complexidade de cada un deles deberá ser adaptada aos obxectivos propios do nivel. SECUENCIACIÓN No primeiro cuadrimestre traballaranse as leccións 16, 17, 18 e 19 do libro El nuevo libro de chino práctico 2, así como outros materiais indicados polo profesorado. No segundo cuadrimestre traballaranse as leccións 20, 21, 22 e 23 do libro El nuevo libro de chino práctico 2, así como outros materiais indicados polo profesorado.

9. CRITERIOS DE AVALIACIÓN POR DESTREZAS

Ademais dos criterios de avaliación necesarios para acceder ao nivel básico 2 e básico 3, ao final do curso de básico 3 o alumnado demostrará que posúe o grado de competencia comunicativa que se describe a seguir: Comprensión oral Comprender os puntos principais e os detalles relevantes en mensaxes e anuncios públicos, transmitidos por medios técnicos ou de viva voz, que conteñan instrucións ou outra información relativa a situacións de necesidade inmediata. Comprender a información esencial en exposicións e presentacións públicas sinxelas, articuladas con xeito e con claridade, que se refiran a temas habituais e coñecidos.

Comprender o sentido xeral e identificar a información esencial de textos audiovisuais como partes meteorolóxicos ou informativos, emitidos con pronuncia clara e pausada, e cando os comentarios conten co apoio de imaxes de carácter redundante. Utilizar estratexias que faciliten a comprensión sen limitarse aos coñecementos lingüísticos que se poidan posuír e recorrendo aos indicios do texto, aos coñecementos sobre o tema e á información que subministran os demais compoñentes da situación de comunicación. Expresión e interacción oral Comprender e dar instrucións e indicacións moi breves e sinxelas se se formulan amodo e articuladas claramente, e reaccionar adecuadamente ante elas, aínda que sexan necesarias repeticións e aclaracións e se teña que recorrer ao uso de estratexias paralingüísticas. Participar en conversas con intencións comunicativas básicas diversas facéndose entender, utilizando estratexias axeitadas para poder iniciar, manter e rematar o diálogo, producindo un discurso comprensible con expresións básicas e adecuado ás características da situación de comunicación. Desenvolverse nunha entrevista e en transaccións e xestións cotiás facéndose entender e intercambiando a información pertinente se se fala con lentitude e claridade. Producir un texto oral breve e sinxelo no que se narra e se describe algo ou alguén mediante un repertorio básico de palabras, expresións e estruturas, utilizando un nivel elemental de coherencia e cohesión, cunha pronunciación clara e comprensible, aínda que teña que facer pausas para pensar o que vai dicir e recorrer a reformulacións. Realizar presentacións breves, sinxelas e previamente ensaiadas, sobre temas habituais e coñecidos, respondendo a preguntas breves e sinxelas dos oíntes, sempre que estes as repitan cando se lles solicite e axuden coas súas respostas falando claro e amodo. Intercambiar opinións sobre un tema coñecido mediante a expresión do coñecemento, a opinión, e a crenza, mediante fórmulas básicas e expresións frecuentes memorizadas, usando estruturas sintácticas e grupos de palabras básicos. Desenvolverse nas relacións sociais reaccionando coa expresión de actitudes e sentimentos de contento, satisfacción, decepción, interese, desinterese, esperanza, preferencia, admiración, sorpresa e tristeza, con expresións sinxelas e habituais, e respectando as normas de cortesía. Expresarse intelixiblemente e solicitar a colaboración do interlocutor e responder igualmente á petición deste para asegurar a comprensión e o mantemento da comunicación. Comprensión de lectura Comprender textos escritos sinxelos superando as dificultades lingüísticas mediante a extrapolación de significados utilizando estratexias lingüísticas e non lingüísticas. Comprender instrucións, indicacións e información básica en lugares dos ámbitos público e de estudo, así como en páxinas web de estrutura moi sinxela, que conten con apoio visual. Identificar información relevante en textos narrativos, argumentativos e descritivos, breves e sinxelos; textos que presenten unha secuencia lineal de elementos, publicados en medios de información, e que traten temas moi coñecidos ou relacionados coa súa experiencia e interese. Comprender correspondencia persoal breve en papel ou soporte dixital, redactada en lingua estándar e sinxela, que narre e describa acontecementos, sentimentos básicos ou desexos.

Comprender, de maneira suficiente, correspondencia formal para captar as informacións principais que conteña sobre cuestións básicas ou relacionadas co seu traballo. Comprender o sentido global de textos auténticos, sinxelos, con ilustracións redundantes e de extensión limitada cuxo tema resulte predicible e familiar. Expresión e interacción escrita Escribir notas emensaxes moi breves e sinxelas relativas a necesidades inmediatas. Escribir descricións moi breves e básicas de lugares, obxectos e persoas mediante frases e oracións sinxelas, e co léxico propio da descrición de características físicas e psicolóxicas elementais pero precisas. Narrar de forma sinxela e breve feitos e experiencias, así como expoñer plans e presentar proxectos de xeito moi elemental e relacionados con temas cotiáns. Escribir correspondencia breve e sinxela en papel ou soporte dixital, na que se expresen sentimentos, opinións e actitudes.

INTERMEDIO 1 10. OBXECTIVOS ESPECÍFICOS POR DESTREZAS

10.1 Comprensión oral

Comprender as principais ideas de interaccións prolongadas articuladas con claridade, ben estruturadas e en lingua estándar, nas que se traten temas cotiáns relacionados co ámbito persoal. Captar as ideas principais e detalles específicos de textos audiovisuais e doutro material gravado sinxelo que traten temas coñecidos ou de interese persoal, articulados con relativa lentitude e claridade. Utilizar estratexias que faciliten a comprensión, recorrendo a claves lingüísticas e non lingüísticas. 10.2 Expresión e interacción oral Establecer, manter e cerrar adecuadamente contactos sociais e interaccións sinxelas, á cara, sobre temas habituais, de interese persoal, con eficacia no logro do propósito de comunicación. Interaccionar con corrección sociolingüística, certa naturalidades e relativa fluidez, en lingua estándar, expresando de forma básica reaccións ou solucións sobre temas cotiáns do ámbito persoal. Participar espontáneamente en conversas informais sinxelas e habituais, para realizar xestións e transaccións relativas a necesidades inmediatas en situacións de comunicación comúns, con obxectivos concretos. Solicitar a cooperación do interlocutor para verificar o logro do propósito comunicativo. 10.3 Comprensión de lectura Identificar e comprender información relevante en material escrito de uso cotián en lingua estándar e

ben estruturado, que non presente excesiva complexidade se non está relacionado co seu campo de especialización. Comprender textos sinxelos sobre acontecementos, sentimentos, argumentos e opinións. Identificar as partes relevantes dun texto ou de varios en busca de información para realizar unha tarefa específica. Utilizar estratexias que faciliten a comprensión mediante claves lingüísticas e non lingüísticas. 10.4 Expresión e interacción escrita Redactar textos sinxelos, coherentes e cohesionados, coidando os aspectos formais e a corrección ortográfica e de puntuación para que sexan comprensibles para o lector. Escribir textos breves solicitando información e responder transmitindo información sinxela de carácter inmediato. Escribir textos sinxelos –correspondencia, narracións e descricións-, que conteñan experiencias, sentimentos e acontecementos.

11. CONTIDOS XERAIS BÁSICOS E TEMPORALIZACIÓN 11.1 Competencias xerais 11.1.1. Competencia sociocultural. Durante el curso trataranse, integrados en las áreas temáticas vistas na clase, os aspectos socioculturais relacionados con estas. 11.2 Competencias comunicativas. 11.2.1 Competencias lingüísticas. * Contidos léxico-semánticos PRIMEIRO CUADRIMESTRE Identificación persoal: Linguas extranxeiras Relixión Vivenda, fogar e contorno: Localización da casa (periferia, barrio, medio rural, etc.) Relacións humanas e sociais: Formas de tratamento

Tipos e formas de relación social

Saúde e coidados físicos:

Servizos de saúde

Accidentes e lesións

Síntomas de enfermidades

Bens e servizos:

Policía

Educación:

Actividades escolares

Alimentación:

Características de comidas e bebidas

Comer fóra

SEGUNDO CUADRIMESTRE

Alimentación:

Convites e brindes

Relacións co persoal de hostalaría

Clima, condicións atmosféricas e ambiente:

Flora Vivenda, fogar e contorno: Descripción da vivenda Tempo libre e actualidade: Descrición das actividades de lecer e culturais (localidades e instrumentos usados para actividades deportivas, xéneros cinematográficos, etc.) * Contidos gramaticais. PRIMEIRO CUADRIMESTRE

Formas de tratamento habituais (你,您)

Valores aspectuais: 在,了,着,过

Formas e usos de 了

Coordinantes copulativos de uso habitual, conectores máis frecuentes: 不但….而且 Formas de tratamento de uso frecuente: nomes de tratamento social

Subordinación adverbial temporal con 的时候,以前 e 以后 Definición de palabras: termos de parentesco

Complementos resultativos 到,在

Voz pasiva con 被

O substantivo de tempo 刚才

Subordinantes condicionais e hipotéticos: 如果 Coherencia da temporalidade verbal no discurso

Oracións con 是,有

Oracións coa construcción 是….的 Verbos direccionais simples Expresión de circunstancias de tempo, lugar e modo

Utilización de 更,最 Clases de verbos: verbos bisilábicos divisibles

Voz activa con 把

As preposicións 向,往, 朝

连…..也 / 一…….也/都

A estrutura 从……到

O uso de 还 para aumentar o grado nunha comparación.

A diferencia entre 帮助/帮忙.

A estrutura 越来越

As estructuras 对…..感兴趣/有……兴趣 e outros usos da preposición 对.

Expresións idiomáticas como 我看,对我来说, 比如说, 你说是不是

A construcción 一边…….一边.

Outros usos do verbo 来. SEGUNDO CUADRIMESTRE

上 e 开 como complemento de resultado

Interrogativos

Clasificadores

Verbos que esixen CD y CI: 给,送

Partículas: 地, 了

Coordinantes copulativos de uso habitual, conectores máis frecuentes: 又….又

Expresións idiomáticas 当然不是//这是为什么//你说到哪儿去了

Expresar comparacións con 有……这么/没有……那么 .

Uso de 还……呢 para expresar algo inesperado.

Conxunción 不过.

Expresión da énfase 是这样

Expresión para rebater un punto de vista 你说到哪儿去了.

Oracións cunha secuencia de verbos.

Preguntas retóricas 不是……吗?......哪儿……?……怎么……?

Énfase da afirmación usando 是.

A expresión 请多提意见.

Estrutura 好/不好+V。

O adverbio 就 para conectar dúas accións.

A expresión 你看怎么样?人们常说

Frases que indican existencia: Lugar + V + 着 + N.Clasificador +O.

A conxunción 要不.

A estrutura “有+SV+的”

O complemento de estado.

“后来”与“以后”.

Subordinantes concesivo de uso frecuente: 无论...都, 不管...都

Uso de 除了...以外

Uso de 甚至

* Contidos ortográficos Os contidos ortográficos iranse traballando ó longo de todo o curso. * Contidos fonéticos.

Os contidos fonéticos iranse traballando ó longo de todo o curso. 11.2.2 Competencia sociolingüística. Ao final do primeiro curso do nivel intermedio, as alumnas e alumnos deberán adquirir as competencias sociolingüísticas que lles permitan comunicarse con efectividade ao nivel especificado. Entre estas encóntranse o coñecemento, o discernimento e o uso de marcadores lingüísticos de relacións sociais, fórmulas de tratamento, saúdos, normas de cortesía, diferenzas de rexistro (formal e informal) e expresión idiomáticas moi frecuentes. Tamén se traballarán na aula algunhas das convencións sociais, a finalización do contacto, o mantemento do contacto e a expresión axeitada de sentimentos. 11.2.3 Competencias pragmáticas. 11.2.3.1 Contidos funcionais. PRIMEIRO CUADRIMESTRE Dirixirse a alguén, saudar e despedirse, usar as formas de tratamento adecuadas, desculparse, agradecer, presentarse e presentar outras persoas. Reaccionar ante unha información con expresións que amosen o sentimento adecuado á situación. Intercambiar información sobre asuntos cotiáns. Indicar cando ocorre algo. Referirse a accións cotiás no presente, no pasado e no futuro. Expresar intereses, preferencias e gustos. Expresar e contrastar opinións. Desexos para si e para outros. Expresar unha queixa ou unha reclamación. Suxerir actividades, aceptar ou rexeitar e reaccionar ante suxestións. Planificar unha actividade. Invitar. Concertar unha cita. SEGUNDO CUADRIMESTRE

Resumir, repetir e transmitir información.

Expresar modestia.

Sentimientos cara a outras persoas: agradecemento.

Pedir e dar información sobre lugares, horarios, datas, presos, cantidades e actividades.

Acceder ou rexeitar agradecendo ou xustificando, acceder con reservas ou condicións.

11.2.3.2 Contidos discursivos. 11.2.3.2.1. Coherencia e cohesión. Traballaranse ó longo de todo o curso. Coherencia: Ofrecer información suficiente e relevante para cumprir o propósito comunicativo. Utilizar a variedade de lingua estándar. Utilizar o rexistro formal ou informal segundo o requira a situación de comunicación. Seleccionar con certa precisión o léxico e as estruturas sintácticas pertinentes para acadar o propósito comunicativo segundo o tema que se trate.

Adaptarse ás características, á organización básica e ao formato dos textos orais e escritos a que se enfronta ou que produce, recollidos no epígrafe Tipoloxía de textos. Utilizar recursos lingüísticos adecuados para garantir a coherencia espazo-temporal. Cohesión: Iniciar, desenvolver e rematar textos en diferentes situacións de interacción escrita. Iniciar, manter e rematar conversas en diferentes situacións de interacción oral. Tomar, manter e ceder a quenda de palabra en diferentes situacións de interacción oral respectando as regras e as convencións. Usar os conectores básicos discursivos para iniciar, continuar, engadir, exemplificar e concluír. Intentar manter a cohesión temática do texto utilizando recursos tales como a correferencia (por exemplo o uso de artigos, pronomes, demostrativos, concordancias), a elipse, as repeticións, etc. Organizar de xeito sinxelo o discurso de maneira que se distinga o tema principal dos temas secundarios. Utilizar os patróns de entoación adecuándoos á situación comunicativa. Utilizar con certa precisión os recursos básicos de puntuación adecuándoos ás regras e convencións propias dos textos recollidos na epígrafe Tipoloxía de textos. 11.2.3.2.2. Tipoloxía de textos. A palabra «texto» está empregada neste currículo no sentido amplo e coas características que lle outorga o MECR: O texto é calquera secuencia de discurso (falado ou escrito) relacionada cun ámbito específico e que durante a realización dunha tarefa constitúe o eixe dunha actividade de lingua, ben como apoio ou meta, ben como produto ou como proceso. Na aula poderase traballar calquera tipoloxía textual da recollida no repertorio do apartado 3.2.3.2.2 do Decreto 191/2007, do 20 de setembro, polo que se establece a ordenación das ensinanzas de idiomas de réxime especial e os currículos dos niveis básico e intermedio , aínda que o profesorado poderá utilizar outras tipoloxías textuais ao longo do curso. A complexidade de cada un deles deberá ser adaptada aos obxectivos propios do nivel. SECUENCIACIÓN No primeiro cuadrimestre traballaranse as leccións 24 , 25 e 26 do libro El nuevo libro de chino práctico 2, a lección 27 do libro El nuevo libro de chino práctico 3, así como outros materiais indicados polo profesorado. No segundo cuadrimestre traballaranse as leccións 28, 29 e 30 do libro El nuevo libro de chino práctico 3, así como outros materiais indicados polo profesorado.

12. CRITERIOS DE AVALIACIÓN POR DESTREZAS

Ao final do curso de intermedio 1 o alumnado demostrará que posúe o grado de competencia comunicativa que se describe a seguir: Comprensión oral Comprender a información esencial de conversas ou discusións articuladas con claridade, pausadamente e en lingua estándar, en que se traten temas cotiáns (necesidades materiais, sensacións físicas, opinións e experiencias persoais) relacionados cos estudos e o tempo de lecer.

Captar as ideas principais e algún detalle específico de textos audiovisuais ou doutro material gravado sinxelo que traten temas coñecidos, cando se articulen con relativa lentitude e claridade, e identificar opinións e actitudes expresadas nunha linguaxe sen connotacións rexionais ou sociais. Utilizar estratexias que faciliten a comprensión extrapolando do contexto lingüístico e non lingüístico o significado de termos descoñecidos e deducindo o significado das oracións. Expresión e interacción oral Iniciar, manter e finalizar, espontaneamente e con certa seguridade, conversas e discusións cara a cara, sobre temas cotiáns de interese persoal ou pertinentes para a vida diaria, comunicándose cun repertorio lingüístico sinxelo aínda que ás veces precise facer pausas para pensar o que se quere dicir. Manifestar puntos de vista e opinións persoais expresando con amabilidade crenzas, opinións, acordos e desacordos sobre temas do seu interese persoal e solicitar as opinións e puntos de vista doutros, interaccionando con relativa fluidez e espontaneidade. Desenvolverse nas transaccións e xestións máis comúns da vida cotiá intercambiando e confirmando información con certo detalle e dando instrucións ou solucións para problemas prácticos, sempre que os seus interlocutores falen con claridade e se empregue unha lingua estándar. Intercambiar información detallada de forma sinxela sobre persoas, obxectos, lugares e acontecementos e sobre unha variedade de asuntos que lle son familiares, dentro do seu campo de interese, cun repertorio léxico adecuado. Interactuar de maneira cooperativa, cunha relativa fluidez, con corrección suficiente e pronuncia claramente intelixible para poder ser comprendido, malia un forte acento estranxeiro. Comprensión de lectura Localizar e comprender información relevante en textos sinxelos de uso cotián, redactados en lingua estándar e referidos a necesidades inmediatas do ámbito persoal. Comprender textos sinxelos con descricións de persoas, obxectos, lugares ou dos procesos máis comúns, que traten sobre temas relacionados co seu campo de interese, sempre que o léxico utilizado non sexa especializado. Comprender o contido de correspondencia persoal usual que relate acontecementos e desexos, en papel ou soporte dixital, en lingua estándar en un rexistro informal. Comprender o sentido global dos textos, mediante claves lingüísticas e non lingüísticas. Expresión e interacción escrita Escribir notas solicitando ou dando información de carácter inmediato e salientando os aspectos que lle resultan importantes. Escribir textos narrativos e descritivos, sinxelos, coherentes e ben estruturados, sobre feitos e acontecementos concretos relativos a asuntos cotiáns ou sobre temas do seu campo de interese. Comunicar con eficacia as ideas principais que se queren transmitir limitando a mensaxe aos coñecementos que se posúen ou, se é o caso, aos medios dispoñibles.

INTERMEDIO 2

13. OBXECTIVOS ESPECÍFICOS POR DESTREZAS

13.1 Comprensión oral

Comprender en liñas xerais conferencias e presentacións ben organizadas e expostas con claridade, sobre temas coñecidos e emitidas cunha pronuncia estándar e clara. Comprender información concreta en conversas informais relativas a temas cotiáns ou relacionadas co traballo, realizadas cun discurso articulado con claridade, en lingua estándar e a unha velocidade media. Utilizar estratexias que faciliten a comprensión, recorrendo a claves lingüísticas e non lingüísticas. 13.2 Expresión e interacción oral Realizar breves exposicións preparadas, con certa fluidez, mantendo o tema con coherencia e cohesión. Establecer con certa fluidez contactos sociais sobre temas de interese persoal ou relacionados coa súa especialidade, utilizando e recoñecendo fórmulas habituais de cortesía, de inicio, mantemento e peche da interacción e expresións fixas e frecuentes, cunha ampla diversidade de funcións lingüísticas. Desenvolverse en transaccións da vida cotiá, enfrontándose con relativa naturalidade e fluidez a situacións variadas, e dar nelas argumentos ou explicacións de forma básica, eficaz e comprensible Empregar estratexias de cooperación para contribuír a manter a interacción e asegurar a comprensión. 13.3 Comprensión de lectura Comprender a información xeral e específica de textos auténticos, de extensión variada, sobre temas diversos, coñecidos e sen complexidade, que vehiculen aspectos socioculturais dos países nos que se fala a lingua obxecto de estudo. Seguir a liña argumental dun texto narrativo de estrutura sinxela e amplo repertorio léxico, sen usos idiomáticos rexionais ou sociais, aínda que non se entenda na súa totalidade. Localizar a información necesaria nun texto extenso ou en varios co fin de realizar unha tarefa específica. Distinguir, en textos informativos, narrativos, argumentativos e descritivos redactados en lingua estándar, as ideas e conclusións principais e recoñecer información específica se o asunto é coñecido. Utilizar estratexias que faciliten a comprensión mediante claves lingüísticas e non lingüísticas. 13.4 Expresión e interacción escrita Redactar textos sinxelos, coherentes e cohesionados, coidando os aspectos formais e a corrección ortográfica e de puntuación para que sexan comprensible para o lector. Transmitir e solicitar información e ideas sobre temas tanto abstractos como concretos, explicándose ou preguntando con razoable precisión. Conseguir comunicar as ideas principais que se queren transmitir empregando calquera recurso dispoñible e logrando a comunicación cos medios de que se dispón para expresarse.

14. CONTIDOS XERAIS BÁSICOS E TEMPORALIZACIÓN 14.1 Competencias xerais 14.1.1. Competencia sociocultural. Durante el curso trataranse, integrados en las áreas temáticas vistas na clase, os aspectos socioculturais relacionados con estas. 14.2 Competencias comunicativas. 14.2.1 Competencias lingüísticas. * Contidos léxico-semánticos PRIMEIRO CUADRIMESTRE Clima, condicións atmosféricas e ambiente: Cualificativos para o ambiente Flora e fauna Problemas ambientais Información persoal: Información sobre o traballo Traballo e profesión: Actividade profesional Organización do traballo (lugar, cargo, horario, etc.) Condicións do traballo

SEGUNDO CUADRIMESTRE

Saúde e coidados físicos: Posición do corpo e movementos, sensacións e percepcións físicas Síntomas de enfermidades

Alimentación: Comer fóra Características de comidas e bebidas Relacións co persoal de hostalaría Preparación de comidas e de bebidas Produtos alimentarios Convites e brindes * Contidos gramaticais. PRIMEIRO CUADRIMESTRE Oración: Oracións impersonais

Subordinación adverbial condicional 只要...就 Subordinación adxectiva (ou de relativo) especificativa Formas de expresar en chinés a subordinación adxectiva explicativa do español Cambio na orde dos determinantes (posesivos, demostrativos, indefinidos e numerais) respecto á

proposición de relativo e ao nome núcleo (这三个戴眼镜的学生都很用功/戴眼镜的这三个学生都很

用功) Determinantes: Numerais (números aproximados) Posesivos Adxectivos:

Adxectivos. Combinatoria con 的 Oración adxetiva ou de relativo Pronomes:

Pronome relativo 的

Obrigatoriedade do pronome persoal co marcador activo 把

Relación entre os pronomes interrogativos e indefinidos Verbo:

Voz activa con 把. Combinación coa negación e cos verbos auxiliares Clases e usos dos verbos resultativos Verbos resultativos, a súa combinación cos potenciais Verbos direccionais simples e compostos, a súa combinación cos potenciais Adverbio e locucións adverbiais:

Adverbios fixos 就

Adverbios de modo e onomatopeicos coa partícula 地 (静静地,叮当叮当地) Partículas:

Usos da partícula 的

Partícula de grao 得 SEGUNDO CUADRIMESTRE Determinantes: Numerais (fracciones, porcentaxes e múltiplos) Pronomes: Pronomes interrogativos Relación entre os pronomes interrogativos e indefinidos Enlaces:

Coordinantes copulativos de uso habitual 连...也

Subordinantes concesivos 就是...也

Coordinantes copulativos de uso habitual 越...越 Oración:

Subordinación adverbial temporal 一...就 Oracións impersonais Verbo:

Valores aspectuais 起来

Verbos resultativos, a súa combinación cos potenciais Verbos direccionais simples e compostos, a súa combinación cos potenciais

Valores modais a través de verbos auxiliares: 能 e 可以

Valores aspectuais 下去 Clases e usos dos verbos resultativos Preposicións e posposicións

Uso de 除了 * Contidos ortográficos Os contidos ortográficos iranse traballando ó longo de todo o curso. * Contidos fonéticos. Os contidos fonéticos iranse traballando ó longo de todo o curso. 14.2.2 Competencia sociolingüística. Ao final do segundo curso do nivel intermedio, as alumnas e alumnos deberán adquirir as competencias sociolingüísticas que lles permitan comunicarse con efectividade ao nivel especificado. Entre estas encóntranse o coñecemento, o discernimento e o uso de marcadores lingüísticos de relacións sociais, fórmulas de tratamento, saúdos, normas de cortesía, diferenzas de rexistro (formal e informal) e expresión idiomáticas moi frecuentes. Tamén se traballarán na aula algunhas das convencións sociais, a finalización do contacto, o mantemento do contacto e a expresión axeitada de sentimentos. 14.2.3 Competencias pragmáticas. 14.2.3.1 Contidos funcionais. PRIMEIRO CUADRIMESTRE Pedir e dar información sobre datos persoais Identificar e solicitar información mediante preguntas Expresar imposibilidade e posibilidade Introducir un tema SEGUNDO CUADRIMESTRE Expresar reticencias e obxeccións 14.2.3.2 Contidos discursivos. 14.2.3.2.1. Coherencia e cohesión. Traballaranse ó longo de todo o curso. Coherencia: Ofrecer información suficiente e relevante para cumprir o propósito comunicativo. Utilizar a variedade de lingua estándar. Adaptarse ás características, organización básica e formato dos textos orais e escritos aos que se enfronta ou que produce, recollidos na epígrafe Tipoloxía de textos.

Utilizar recursos lingüísticos adecuados para garantir a coherencia espazo-temporal. Cohesión: Utilizar conectores básicos para expresar relacións lóxicas tales como causa, consecuencia, finalidade, etc. Recoñecer ou utilizar a reformulación como recurso para intentar garantir a comprensión nunha situación de comunicación. Iniciar, desenvolver e rematar textos en diferentes situacións de interacción escrita. Iniciar, manter e rematar conversas en diferentes situacións de interacción oral. Tomar, manter e ceder a quenda de palabra en diferentes situacións de interacción oral respectando as regras e as convencións. Usar unha certa variedade de conectores discursivos para iniciar, continuar, engadir, exemplificar e concluír. Utilizar unha certa variedade de conectores básicos para expresar relacións lóxicas tales como causa, consecuencia, finalidade, etc. Utilizar os patróns de entoación adecuándoos á situación comunicativa. Utilizar con corrección os recursos básicos de puntuación adecuándoos ás regras e convencións propias dos textos recollidos na epígrafe Tipoloxía de textos. 14.2.3.2.2. Tipoloxía de textos. A palabra «texto» está empregada neste currículo no sentido amplo e coas características que lle outorga o MECR: O texto é calquera secuencia de discurso (falado ou escrito) relacionada cun ámbito específico e que durante a realización dunha tarefa constitúe o eixe dunha actividade de lingua, ben como apoio ou meta, ben como produto ou como proceso. Na aula poderase traballar calquera tipoloxía textual da recollida no repertorio do apartado 3.2.3.2.2 do Decreto 191/2007, do 20 de setembro, polo que se establece a ordenación das ensinanzas de idiomas de réxime especial e os currículos dos niveis básico e intermedio , aínda que o profesorado poderá utilizar outras tipoloxías textuais ao longo do curso. A complexidade de cada un deles deberá ser adaptada aos obxectivos propios do nivel. SECUENCIACIÓN No primeiro cuadrimestre traballaranse as leccións 31 , 32 e 33 do libro El nuevo libro de chino práctico 3 , así como outros materiais indicados polo profesorado. No segundo cuadrimestre traballaranse as leccións 34, 35, 36, 37 e 38 do libro El nuevo libro de chino práctico 3, así como outros materiais indicados polo profesorado.

15. CRITERIOS DE AVALIACIÓN POR DESTREZAS

Ao final do curso de intermedio 2 o alumnado demostrará que posúe o grado de competencia comunicativa que se describe a seguir: Comprensión oral Comprender, sen entrar en detalles, monólogos en conferencias e presentacións, sinxelos e non moi longos, sobre temas coñecidos, sempre que se desenvolvan en lingua estándar, cunha pronuncia clara e se fale amodo.

Identificar o sentido xeral e os detalles específicos de conversas e discusións informais sobre temas cotiáns ou relacionados co traballo, desenvolvidas cunha pronuncia clara, en lingua estándar e a velocidade media. Utilizar estratexias que faciliten a comprensión, utilizando claves lingüísticas e non lingüísticas. Expresión e interacción oral Facer exposicións breves e ensaiadas con relativa fluidez e responder a preguntas sinxelas, en lingua estándar, que soliciten aclaracións ou ampliación da información. Seguir unha entrevista cun patrón estruturado de preguntas establecido con anterioridade, realizando preguntas complementarias ou respondendo a elas, sempre que se manteñan dentro do ámbito predicible da interacción. Iniciar, manter e rematar espontaneamente e con certa seguridade, conversas e discusións sobre temas de interese persoal ou relacionados coa súa especialidade, valéndose dun repertorio lingüístico sinxelo pero eficaz, amosando unha certa seguridade, e comprendéndoas sen dificultade, se se fala en lingua estándar e cunha velocidade media. Desenvolverse con relativa seguridade e fluidez en transaccións da vida cotiá, enfrontándose a situacións menos correntes, argumentando ou explicando o motivo dun problema se se ten a cooperación do interlocutor. Facer unha presentación breve e preparada sobre un tema coñecido ou do seu interese, en lingua estándar, clara e ben estruturada, salientando as ideas principais cunha precisión suficiente e respondendo a preguntas aclaratorias ou complementarias aínda que necesite repeticións. Interactuar de maneira cooperativa, cunha relativa fluidez, con corrección suficiente e pronuncia claramente intelixible para poder ser comprendido, malia o acento estranxeiro. Comprensión de lectura Localizar e comprender información específica en textos usuais de uso cotián, tanto do ámbito persoal como profesional ou público. Localizar e identificar información relevante para unha tarefa específica en diferentes textos extensos –en papel ou soporte dixital-, redactados en lingua estándar, que poden conter termos cultos usuais e non especializados. Identificar información relevante e as conclusións principais de textos informativos, narrativos e argumentativos, en papel ou soporte dixital, escritos con claridade en lingua estándar e que traten temas coñecidos ou de actualidade. Comprender a información relevante dos textos, mediante claves lingüísticas e non-lingüísticas. Expresión e interacción escrita Resumir breves fragmentos de información de diversas fontes redactados en lingua estándar. Escribir correspondencia persoal sinxela e breve na que se solicite información e se expliquen problemas con razoable precisión, utilizando un repertorio léxico e un rexistro axeitados á situación de comunicación. Escribir textos narrativos e descritivos coherentes e ben estruturados en lingua estándar, sobre temas tanto concretos como abstractos do seu campo de interese.

Comunicar con eficacia as ideas principais que se queren transmitir limitando a mensaxe aos coñecementos que se posúen ou, se é o caso, aos medios de que se dispón.

16. PROCEDEMENTOS E INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN

16.1. CURSOS DE PROMOCIÓN Considéranse cursos de promoción o Básico 1, Básico 2, Intermedio 1 e Intermedio 2. 16.1.1. PROCEDEMENTOS DE AVALIACIÓN A avaliación do grao de dominio das diferentes destrezas realizarase mediante as probas que se establecen a continuación: Proba parcial de progreso: • Terá lugar ao finalizar o primeiro cuadrimestre (xaneiro e/ou febreiro). • Esta proba terá un valor porcentual do 30% respecto da cualificación global final do curso, para aqueles alumnos que non perdesen o dereito a avaliación continua, e só nos casos nos que a puntuación global sexa superior á cualificación obtida en xuño, e o alumno teña unha cualificación de apto na convocatoria ordinaria. Proba final de promoción: No mes de maio e/ou xuño celebrarase unha proba final de promoción nos cursos non terminais de nivel que terá un valor porcentual do 70% respecto da nota global do curso, ou do 100% se a cualificación é superior á de febreiro ou se o alumno perdeu a avaliación continua. A cualificación final será a media ponderada das cualificacións obtidas na proba de progreso e na proba final de promoción, agás no caso de que a cualificación da proba final de promoción sexa superior á da proba de progreso, en cuxo caso a cualificación final será a obtida na proba final de promoción, e sempre que a cualificación de xuño sexa ‘apto’. Do mesmo xeito, esta proba terá un valor de 100% para o alumnado que perda o dereito á avaliación continua. O alumnado non poderá superar un número de faltas sen xustificar superior ao 20% das horas totais do curso. De facelo, perderá o dereito a avaliación continua, é dicir, a que se teña en conta a cualificación da proba de progreso do mes de febreiro. En todos os casos o alumnado terá dereito a realizar a proba final de promoción de xuño ou setembro. Os departamentos didácticos establecerán criterios para a valoración positiva do rendemento e a participación do alumnado na aula; a dita valoración en ningún caso poderá superar o 10% da cualificación final do curso. Probas de setembro: No mes de setembro o alumnado non apto na convocatoria de maio/xuño terá a posibilidade de recuperar as destrezas suspensas. O alumnado non apto deberá examinarse de tódalas destrezas nas que obtivo menos de 15 puntos. Esta proba terá un valor do 100% para todo o alumnado. 16.1.2. BAREMO E CUALIFICACIÓN DAS PROBAS: . Tanto a proba parcial de progreso como a proba final de promoción terán un valor de 100 puntos, e cada unha das súas catro partes 25 puntos (Comprensión Escrita, Comprensión Oral, Expresión e Interacción Escrita e Expresión e Interacción Oral). . Para promocionar de curso dentro do mesmo nivel o alumnado terá que acadar, polo menos, 15 puntos en cada unha das destrezas. . Non obstante o disposto no punto anterior, o alumnado promocionará de curso cando, non tendo superado unha das destrezas, acade un mínimo de 10 puntos nela e 60 puntos na totalidade da proba.

. O alumnado que non promocione deberá repetir curso e ser avaliado de novo de todas as destrezas , agás no caso de ter esgotadas as convocatorias. . A cualificación do alumnado especificarase cos termos NON APTO e APTO. Neste último caso expresarase entre paréntese a cualificación global obtida en números enteiros. As equivalencias a efectos de puntuación numérica serán as seguintes: 60-66 puntos: 5 67-73 puntos: 6 74-80 puntos: 7 81-87 puntos: 8 88-94 puntos: 9 95-100 puntos: 10 . O alumnado que non promocione de curso poderá solicitar unha acreditación de ter superadas aquelas destrezas das que teña logrado o grao de dominio requirido segundo os mecanismos que estableza a dirección da EOI de Lugo. . O alumnado oficial poderá permanecer no nivel (Básico, Intermedio ou Avanzado) o dobre de anos establecidos para cada un deles pola lexislación vixente. Logo de esgotadas as convocatorias, o alumnado non poderá cursar as ensinanzas en réxime oficial pero poderá inscribirse para realizar as probas terminais específicas de certificación como alumno libre. 16.2. CURSO DE CERTIFICACIÓN Considérase curso de certificación o Básico 3. 16.2.1. PROCEDEMENTOS DE AVALIACIÓN Todas as probas constarán de catro partes nas que se avalían catro destrezas: Comprensión Escrita, Comprensión Oral, Expresión e Interacción escrita e Expresión e Interacción oral. A avaliación do grao de dominio das diferentes destrezas realizarase mediante as probas que se establecen a continuación: Proba parcial de progreso: . O alumnado fará esta proba ao finalizar o primeiro cuadrimestre en xaneiro ou febreiro. . Esta proba parcial de progreso terá unicamente valor orientativo para o alumnado e servirá para informar do grao de cumprimento no desenvolvemento da programación didáctica e da súa idoneidade. Os resultados non se terán en conta na avaliación final do alumno. Proba final de certificación: . Haberá unha proba en convocatoria de xuño que será común a todas as modalidades e réximes de ensino (libre e oficial). Esta proba será convocada seguindo as directrices da administración. Probas de setembro: . No mes de setembro o alumnado oficial non apto na convocatoria de xuño terá a posibilidade de recuperar as destrezas suspensas. Os alumnos non aptos deberán examinarse de tódalas destrezas nas que obtiveran menos de 15 puntos. 16.2.2. BAREMO E CUALIFICACIÓN DAS PROBAS: . A puntuación total da proba terminal de certificación será de 100 puntos. Cada unha das catro partes nas que se estrutura a proba terá un valor de 25 puntos. . Para obter a cualificación de APTO o alumnado terá que acadar, polo menos, 15 puntos en cada unha das destrezas. . A cualificación final outorgada ao alumado será de NON APTO ou APTO. . A cualificación de APTO na proba terminal de certificación permite o acceso ao nivel seguinte. . De obter a cualificación de NON APTO o alumnado oficial deberá repetir curso e superar todas as destrezas. . O alumnado que non obteña a cualificación de APTO na proba terminal de certificación poderá solicitar unha certificación académica de ter alcanzado o dominio requirido nalgunha das destrezas avaliadas.

. O alumnado oficial poderá permanecer no nivel o dobre de anos establecidos para cada un deles pola lexislación vixente. Logo de esgotadas as convocatorias, o alumnado non poderá cursar as ensinanzas en réxime presencial pero poderá inscribirse para realizar as probas terminais específicas de certificación como alumno libre. . Para avaliar a Expresión Oral utilizarase a táboa que figura nos anexos da guía de administración das probas, da que se inclúe copia na presente programación. (Esta táboa é susceptible de ser modificada pola administración). . Para avaliar a Expresión Escrita utilizarase a táboa que figura nos anexos da guía de administración das probas, da que se inclúe copia na presente programación. (Esta táboa así como as instrucións de aplicación son susceptibles de ser modificadas pola administración). 16.3. TÁBOAS DE AVALIACIÓN Táboas de avaliación A continuación achéganse as táboas de avaliación de básico 1 e as táboas de avaliación para básico 2, básico 3, intermedio 1 e intermedio 2. No básico 1 as táboas son unha adaptación feita polo departamento de chinés. No básico 2 e 3 son as que figuran nos anexos da guía de administración de probas de certificación de básico que proporciona a administración (son susceptibles de ser modificadas pola devandita administración). No caso de intermedio 1 e 2, este ano vanse pilotar as rúbricas elaboradas polo profesorado da escola que participou nun curso de formación sobre a materia. Se o departamento o considerase necesario, podería revisar e/ou modificar as táboas nos cursos básico 1, básico 2, intermedio 1 e intermedio 2(cursos de promoción) co obxectivo de mellorar o proceso de avaliación. Expresión e interacción oral Básico 1 Monólogo

Fluidez 0 1 2 3 4 5 Pronunciación 0 1 2 3 4 5 Gramática 0 1 2 3 4 5 Vocabulario 0 1 2 3 4 5 Interacción

Fluidez 0 1 2 3 4 5 Pronunciación 0 1 2 3 4 5 Gramática 0 1 2 3 4 5 Vocabulario 0 1 2 3 4 5 Comprensión/ Interacción 0 1 2 3 4 5

Básico 2 e Básico 3

Intermedio 1 e intermedio 2

Expresión e interacción escrita

Básico 1

Proba de progreso Tarefa 1 En cada frase: - orden de palabras e estruturas (1 punto) - ortografía e léxico (1 punto) Tarefa 2 Adecuación: - O contido é relevante e adecuado (1 punto) Coherencia e cohesión: - As ideas son coherentes, están ben estruturadas en oracións e parágrafos (1 punto) - Emprega adecuadamente os elementos deícticos propios do nivel (pronomes, posesivos, demostrativos, adverbios...) (1 punto) Corrección: - Utiliza correctamente as estruturas sintácticas propias de nivel (tempos verbais, comparativos, expresión da necesidade, obriga...) (1 punto) - Fai un uso correcto do léxico propio do nivel (1 punto) - Ten un bo dominio da ortografía das palabras do nivel (2 puntos) - A orde das palabras é correcta (1 punto) Riqueza: - Presenta un léxico variado e preciso propio do nivel (1 punto) - Utiliza frases feitas de uso corrente e estruturas memorizadas propias do nivel (1 punto) Tarefa 3 - palabra correcta (1 punto)

Proba de promoción Tarefa 1 En cada frase: - orden de palabras e estruturas (1 punto) - ortografía e léxico (1 punto) Tarefa 2 Adecuación: - O contido é relevante e adecuado (1 punto) Coherencia e cohesión: - As ideas son coherentes, están ben estruturadas en oracións e parágrafos (1 punto) - Emprega adecuadamente os elementos deícticos propios do nivel (pronomes, posesivos, demostrativos, adverbios...) (1 punto) Corrección: - Utiliza correctamente as estruturas sintácticas propias de nivel (tempos verbais, comparativos, expresión da necesidade, obriga...) (2 puntos) - Fai un uso correcto do léxico propio do nivel (2 puntos) - Ten un bo dominio da ortografía das palabras do nivel (3 puntos) - A orde das palabras é correcta (3 puntos) Riqueza: - Presenta un léxico variado e preciso propio do nivel (1 punto) - Utiliza frases feitas de uso corrente e estruturas memorizadas propias do nivel (1 punto)

Básico 2 e Básico 3

Intermedio 1 e intermedio 2

17. MATERIAIS E RECURSOS DIDÁCTICOS Durante o curso 2017-18 utilizaranse os seguintes libros de texto :

Curso Título, editorial e ano de publicación ISBN

Lingua

da

edición

Básico

1

El nuevo libro de chino práctico 1, libro de texto

El nuevo libro de chino práctico 1, libro de ejercicios

Ed. Beijing Language and Culture University Press, 2008

978-7-5619-2227-9

978-7-5619-2228-6 Castelán

Básico

2

El nuevo libro de chino práctico 1, libro de texto

El nuevo libro de chino práctico 1, libro de ejercicios

Ed. Beijing Language and Culture University Press, 2008

El nuevo libro de chino práctico 2, libro de texto

El nuevo libro de chino práctico 2, libro de ejercicios

Ed. Beijing Language and Culture University Press, 2009

978-7-5619-2227-9

978-7-5619-2228-6

978-7-5619-2311-5

978-7-5619-2303-0

Castelán

Básico

3

El nuevo libro de chino práctico 2, libro de texto

El nuevo libro de chino práctico 2, libro de ejercicios

Ed. Beijing Language and Culture University Press, 2009

978-7-5619-2311-5

978-7-5619-2303-0 Castelán

Intermedio 1

El nuevo libro de chino práctico 2, libro de texto

El nuevo libro de chino práctico 2, libro de ejercicios

Ed. Beijing Language and Culture University Press, 2009

El nuevo libro de chino práctico 3, libro de texto

El nuevo libro de chino práctico 3, libro de ejercicios

Ed. Beijing Language and Culture University Press, 2011

978-7-5619-2311-5

978-7-5619-2303-0

978-7-5619-2645-1

978-7-5619-2644-4

Castelán

Intermedio

2

El nuevo libro de chino práctico 3, libro de texto

El nuevo libro de chino práctico 3, libro de ejercicios

Ed. Beijing Language and Culture University Press, 2011

978-7-5619-2645-1

978-7-5619-2644-4 Castelán

Ao longo do curso traballaranse tamén outros materiais complementarios e recursos didácticos que o profesorado irá proporcionando e/o recomendando ao longo do curso.

18. METODOLOXÍA

As ensinanzas de idiomas estarán orientadas ao desenvolvemento das destrezas lingüísticas comunicativas, polo que se deberá abordar o ensino do idioma desde unha perspectiva de uso. Para iso, deberase concibir a aula como un espazo onde se dean situacións comunicativas reais ou simuladas nas que o alumnado participe.

Os enfoques metodolóxicos estarán orientados á acción e crearán contextos de aprendizaxe que, por unha parte, axuden a cada estudante a atopar as súas propias estratexias de aprendizaxe e que, por outra banda, fomenten a autonomía do alumnado para que poida aproveitar ó máximo todas as ocasións para mellorar a propia capacidade de comunicación, tanto na aula coma fóra dela.

O profesorado do departamento que así o considere poderá traballar por tarefas ademais de seguir o libro de texto.

Este ano a escola vai levar a cabo un proxecto interdepartamental sobre alimentación e saúde, no cal tamén participará o departamento de chinés. O departamento establecerá en que nivel/niveis se traballará co alumnado o devandito proxecto.

19. ATENCIÓN Á DIVERSIDADE Con respecto á atención á diversidade aterémonos ao disposto no Decreto 229/2011, do 7 de decembro, polo que se regula a atención á diversidade do alumnado dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia nos que se imparten as ensinanzas establecidas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

20. UTILIZACIÓN DAS TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E DA COMUNICACIÓN O departamento de chinés da EOI de Lugo é consciente da importancia no ensino das tecnoloxías da información e a comunicación. Isto tradúcese en que o profesorado do Departamento utilizará estas tecnoloxías na clase e orientará ó alumnado sobre materiais e recursos dispoñibles no ámbito das TICs e o ensino do chinés que sexan útiles para a súa aprendizaxe.

21. OUTRAS ACTIVIDADES DO DEPARTAMENTO Neste quinto curso no que se imparte chinés na escola, o departamento proponse organizar algunhas actividades extracurriculares que permitan ao alumnado profundar no coñecemento dalgúns aspectos da cultura e sociedade dos territorios de fala chinesa, así como complementar a súa formación en diferentes aspectos do idioma. Algunhas das posibles actividades que se organizarán son as seguintes: - Celebración do ano novo chinés e/ou outras festividades chinesas. - Exposición e/ou concurso de traballos realizados polos alumnos ou de outros materiais relacionados có mundo chinés. - Proxeccións de cine ou outros materiais audiovisuais chineses. - Club de lectura.

- Charlas e/ou obradoiros sobre algún aspecto relacionado coa cultura ou o mundo chinés, como poden ser a cerimonia do té, o papel recortado, a poesía chinesa, a caligrafía, etc. - Visitas a exhibicións, eventos e/ou lugares de interese relacionados cós territorios de fala chinesa e a comunidade chinesa. - Viaxe a algún territorio de fala chinesa. Así mesmo, o departamento de chinés podería participar en outras actividades organizadas en conxunto na escola, como poida ser, por exemplo, a xornada cultural. Outro punto a considerar na planificación de actividades do curso 2017-18 será continuar achegando ao resto da comunidade escolar o idioma chinés e a súa cultura, máis descoñecidos quizais que outros de contornas máis próximas; a intención é que, ó ser o chinés un idioma recentemente implantado na escola, poida aos poucos adquirir a mesma presenza que o resto de idiomas. Tamén, por que non, espérase espertar a curiosidade e que isto anime a outros membros da comunidade escolar a estudar chinés en próximos cursos.

22. PROCEDEMENTOS PARA IDENTIFICAR AS NECESIDADES DE FORMACIÓN DO PROFESORADO DO DEPARTAMENTO As necesidades de formación dos profesores serán localizadas e analizadas por medio dunha sondaxe, incluída neste apartado, e os resultados avaliaranse e comunicaranse á Dirección do centro. SONDAXE PARA AVALIAR AS NECESIDADES DE FORMACIÓN DOS PROFESORES DO DEPARTAMENTO Nome e apelidos da profesora/profesor: CONTIDO DO TIPO DE FORMACIÓN DESEXADA: APLICACIÓN Á DOCENCIA: DISPONIBILIDADE DE HORARIO E MOBILIDADE PARA FACER O CURSO: NIVEL REQUIRIDO RESPECTO AOS CONTIDOS: 1. INICIACIÓN 2. INTERMEDIO 3.AVANZADO. 4.PERFECCIONAMENTO CONSIDERO ESTA FORMACIÓN: 1. URXENTE 2. NECESARIA 3. DESEXABLE

23. PROCEDEMENTOS PARA A VALORACIÓN E REVISIÓN DO DESENVOLVEMENTO DESTA PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA O proxecto didáctico do departamento que se propón para este curso, lonxe de supoñer unha organización ríxida da materia, pretende ser un instrumento flexible e adaptable ás necesidades que se presenten en cada momento, por parte do alumnado ou do profesorado. Esta programación e o seu desenvolvemento serán obxecto de seguimento e avaliación específicos, de acordo cos criterios establecidos en cada momento pola comunidade educativa e polo departamento en particular. Para iso teranse en conta fundamentalmente dous aspectos. En primeiro lugar, ao final de cada cuadrimestre o profesorado realizará un pequeno informe no que se contemplarán propostas de modificacións para o vindeiro curso, posibles carencias ou dificultades na impartición dos contidos e obxectivos do curso. Este informe poderá incluír unha valoración do funcionamento do programa e, no seu caso, unha proposta de modificación.

En segundo lugar, co obxecto de ser analizada pola Xefatura de Departamento e propiciar un posterior informe para a Comisión de Coordinación Pedagóxica do Centro, o profesorado realizará os seguintes cuestionarios ao final de cada cuadrimestre. CUESTIONARIOS: A. Cuestionario para o primeiro cuadrimestre: 1. Consideras que os contidos e obxectivos incluídos no primeiro cuadrimestre son apropiados para este curso e nivel? 2. Cambiarías algún deles para o segundo cuadrimestre? Cales? 3. Incorporarías neste cuadrimestre algún contido ou obxectivo novo, ou desprazaríalo do segundo cuadrimestre cara este? Cales? 4. Parécenche suficientemente claros os criterios de avaliación establecidos para este cuadrimestre? 5. Cres que os alumnos teñen completada a formación que se propuxo no departamento ata este momento? 6. Hai algún elemento que se descoidase na redacción da programación didáctica e que agora consideras necesario para o seu desenvolvemento? Cales? B. Cuestionario para o segundo cuadrimestre: 1. Consideras que os contidos e obxectivos que o departamento determinou na programación didáctica son apropiados para este curso e nivel? 2. Cambiarías algún deles para o vindeiro curso? Cales? 3. Incorporarías nalgún curso algún contido ou obxectivo novo, ou desprazaríalo de curso sempre no mesmo nivel ou noutro diferente? Cales? 4. Parécenche suficientemente claros os criterios de avaliación establecidos polo departamento para este curso? 5. Cres que os alumnos teñen completada a formación que se propuxo no departamento ata este momento? 6. Hai algún elemento que se descoidase na redacción da programación didáctica e que agora consideras necesario para o seu desenvolvemento? Cales? Así mesmo, tamén se poderá incluír calquera outro novo instrumento de avaliación que o profesorado ou outro membro da comunidade educativa propoña nun determinado momento, dado o carácter aberto e dinámico, tanto da elaboración coma da posta en práctica e análise desta programación didáctica. Asdo: Pino Alonso García

Xefa do departamento de chinés