Programación teatro colón diciembre 2012

18
Programación DECEMBRO 2012

description

Programación del Teatro Colón para el próximo mes de diciembre de 2012

Transcript of Programación teatro colón diciembre 2012

Page 1: Programación teatro colón  diciembre 2012

ProgramaciónDECEMBRO 2012

Page 2: Programación teatro colón  diciembre 2012

PROGRAMACIÓN DECEMBRO 2

Con 50 compoñentes e dirixido por Ramón Bermejo, é o coro residenteda Escola Estudio de Santiago e conta con 19 anos de historia. Duranteeste tempo ofreceu as súas versión a cappella de famosos temas dahistoria do soul, rock, pop, jazz ou música brasileira. Fixo multitude deaparicións en televisión, actuou en grandes teatros, e tamén nas rúasde toda Galicia facendo flash mobs e loucuras de todo tipo e gravou uncd: Fráxil. En Non nos importa a fama!, ofrece un renovado repertoriode cancións que van desde o swing de Count Basie ata temas deQueen, Frank Zappa ou Earth. Un espectáculo deseñado para alegraros corazóns e loitar contra a desesperanza reinante.

Non nos importa a fama!O CORO DA RASábado 1 ás 20.30 horas

Page 3: Programación teatro colón  diciembre 2012

PROGRAMACIÓN DECEMBRO 3

Juan José Afonso dirixe este texto de Juan Mayorga que interpretanJuango Puigcorbé e Pere Ponce. En palabras do seu autor ‘Si supieracantar, me salvaría’ é o asalto decisivo dun combate. Unha montaxepara os amantes das artes escénicas que nos achega dúas formasdistintas de entender o teatro. O crítico teatral Volodia recibe a inesperada visita de Scarpa, o autor daobra que acaba de ver e sobre a que está a punto de escribir. Eseencontro – desexado e temido por ambos- contrapón non só dúasformas de entender o teatro senón dous modos distintos de afrontar avida.

Si supiera cantar, me salvaríaEL CRÍTICODomingo 2 ás 20.30 horas

Page 4: Programación teatro colón  diciembre 2012

PROGRAMACIÓN DECEMBRO 4

Os protagonistas deste espectáculo de Los Morancos son dousmédicos, un –interpretado por Jorge- da Seguridade Social ao que ascousas non lle van moi ben, e o outro –interpretado por César- ten unhaconsulta de pago e as cousas vanlle bastante mellor que ao seucompañeiro. Así, o dúo cómico critica os recortes, neste caso de sanidade, queafectan a diario á sociedade. O novo espectáculo repasa os seuspersonaxes máis famosos, así como os gags, parodias e sketchsbaseándose nos temas máis relevantes do momento que vivimos.

Risoterapia LOS MORANCOSSábado 8 ás 20.30 horas

Page 5: Programación teatro colón  diciembre 2012

PROGRAMACIÓN DECEMBRO 5

Blancanieves El Musical é unha nova versión do conto dos irmánsGrimm ambientado en 1950. Unha renovada visión, pensada para gozaren familia, con todos os elementos que podemos agardar dun musicalcon ‘grandes letras’. Unha historia apaixonante e máxica, unha enrevesada trama querecorda os momentos máis gloriosos dos fantásticos contos de toda avida.

Blancanieves, el musical

Domingo 9 ás 18.00 horas

Page 6: Programación teatro colón  diciembre 2012

PROGRAMACIÓN DECEMBRO 6

Con tan só 15 anos Carlos Ares está chamado a facer historia e deixara súa pegada no mundo da música. Compón, toca a guitarra e o pianoe canta as súas propias cancións. Dono dun feeling especial e dunhapersonalidade única, Carlos Ares non deixa indiferente a ninguén.Aborda cada melodía cunha enorme seguridade e unha confianzainnata. Na actualidade atópase ao fronte da súa propia banda de talentosmozos (Fernando Fraga ao baixo, Christian Delgado á batería e AlanPonte á guitarra). Arroupado polas voces de Carmen Rey e ÁngelesDorrio como artistas convidadas e coa escenografía de Susana Crespo-da compañía Teatro El Ruiseñor- este espectáculo marcará un antes eun despois na carreira do quen sen dúbida será un dos nosos máisgrandes artistas.

Carlos Ares

Martes 11 ás 20.30 horas

Page 7: Programación teatro colón  diciembre 2012

PROGRAMACIÓN DECEMBRO 7

Os Espirituais Negros son unha forma musical específica dos EstadosUnidos que ten a súa orixe na escravitude e son produto da interacciónda música e relixión africanas coas de orixe europeo.Os compoñentes de New Orleans Gospel Chorale, antigoscompoñentes do prestixioso grupo vocal de New Orleans Moses HoganSingers, debutaron en EMI en 1998 acompañando á gran sopranoBarbara Hendricks. Unha actuación que quedou na memoria decentenares de miles de afeccionados como un dos momentosinesquecibles do xénero. O público coruñés terá a ocasión de coñecermellor esta tradición co seu programa de Nadal: The Art of NegroSpiritual.

The Art of Negro SpiritualNEW ORLEANS GOSPEL CHORALEVenres 14 ás 20.30 horas

Page 8: Programación teatro colón  diciembre 2012

PROGRAMACIÓN DECEMBRO 8

Os dous abordan o xénero que os fixo famosos: un, as cancións; ooutro, o humor; e teñen a capacidade e ductilidade para saltar duncampo ao outro. Bertín Osborne e Paco Arévalo poñen en escena este espectáculo queda o que promete: é realmente divertido e hai cancións en directo. Estesdous showman, que dominan o escenario e coñecen á perfección onegocio do showbusiness, aclárano desde o primeiro minuto: non é unmusical, non é unha obra de teatro, non é un vodevil. É un momentoagradable con dúas figuras do espectáculo. Unha proposta para rir agargalladas, entretida e divertida.

Más mellizos que nuncaBERTÍN OSBORNE E PACO ARÉVALOSábado 15 ás 19.00 e ás 22.00 horas

Page 9: Programación teatro colón  diciembre 2012

PROGRAMACIÓN DECEMBRO 9

Que é o Soro da verdade? Quen pode explicar iso? Hai que probar... Aviaxe Cósmica ao Amazonas é unha viaxe realizado por Tonhito de Poiao corazón da Alta Amazonia, en plena Selva Virxe onde estivo nascomunidades nativas que usan a música como medicina. Estes cánticosde medicina serán representados no Teatro Colón nunha cerimonia queinclúe a proxección dun pequeno documental da experiencia naSelva.gargalladas, entretida e divertida.

O soro da verdade TONHITO DE POIMartes 18 ás 20.30 horas

Page 10: Programación teatro colón  diciembre 2012

PROGRAMACIÓN DECEMBRO 10

‘Quen ve coraçoes’ é unha páxina de internet onde a fotógrafaportuguesa Isabel Valentim foi publicando unha serie de textos efotografías co leiv motiv dos ‘corazóns casuais’, figuras de corazónsatopadas na natureza e espalladas polo mundo adiante. Deste xeito,pintadas nas paredes, portas, aramadas, area ou mesmo xeo con formade corazón, se foron incorporando á páxina. E entón apareceu aamizade. Uxía, cantante galega que coñecía a Isabel dende anos atrás, namoroudas fotos e lle propuxo facer unha exposición na Casa das Crechas deSantiago de Compostela. A partir de aquí, o proxecto foi incorporandoamigos incondicionais, namorados dos corazóns que non dubidaron enpoñer o mellor deles mesmos e da súa arte ao servizo da causa. Paraacompañar a inauguración montouse un concerto onde máis de 20músicos de Galicia e Portugal se xuntaron para facer música“namorada”. Acababan de nacer os CoraSóns.

Coraçons

Xoves 20 ás 20.30 horas

Page 11: Programación teatro colón  diciembre 2012

PROGRAMACIÓN DECEMBRO 11

A realidade adoita ser teimuda e demostrar que as cousas non sempreson o que parecen … ou o que nos dixeronTodo apunta a que a morte de Mr. Stagertton, 75 puñaladas na espalda,é un suicidio sospeitoso…Unha obra para maiores de 12 anos interpretada por Miro Magariños eManu Fernández.

75 puñaladas, un suicidiosospeitoso CIA. MIRO MAGARIÑOS

Venres 21 ás 20.30 horasREPARTO. Manu Fernández, Miro Magariños. TEXTO. Martín Giner. ESCENOGRAFÍA. Pablo Giráldez ‘OPastor’.SON. Martín Giner.DIRECCIÓN. Miro Magariños.

Page 12: Programación teatro colón  diciembre 2012

PROGRAMACIÓN DECEMBRO 12

Esta xira supón a primeira recreación semiacústica dos temas máisaclamados da discografía de Berrogüetto.Unha revisitación inzada de intimidade, optimismo, frescura nunhaenvoltura acústica que busca na audiencia unha sensación o máispróxima posible á que pode experimentar cando escoita música nosalón da súa casa.

Xira de andar por casa BERROGÜETTOSábado 22 ás 20.30 horas

Page 13: Programación teatro colón  diciembre 2012

PROGRAMACIÓN DECEMBRO 13

Este Nadal os soños dos máis pequenos faranse realidade.Epi e Blas, Pocoyó, Caillou, os irmáns Koala, os tolos habitantes de LazyTown e moitos máis. Todos eles, sen faltar un, atravesarán por arte demaxia a pantalla e estarán, en vivo, nun fabuloso espectáculo cheo dediversión. Bailes, cancións e unha preciosa historia sobre a amizade. Pero aíndaque todos son moi bos actores, tanto traballo precisa de organización.Lucho, Lupita e María Isabel farán de directores para que todo saía apedir de boca.

Navidad MágicaCADENA COPE presenta

Xoves 27 ás 20.30 horas

Page 14: Programación teatro colón  diciembre 2012

PROGRAMACIÓN DECEMBRO 14

Volve Manquiña ao teatro Colón, volve cos seus Monólogos Inocentes,un novo show que promete non deixar indiferente aos centos deespectadores que gozaron con el.

Monólogos inocentesMANUEL MANQUIÑAVenres 28 ás 20.30 horas

Page 15: Programación teatro colón  diciembre 2012

PROGRAMACIÓN DECEMBRO 15

Misscelánea é a ópera prima do actor e cómico David Perdomo.Misscelánea non é un monólogo, pero si. Non é cabaret, pero si. Non éclown, pero si. Non é teatro, pero si. É Misscelánea. Algo máis que unshow cómico. Un espectáculo para ti. Misscelánea é unha viaxe acedapola vida, polas relación e conflitos da raza humana. Todo isto en horae media de gargalladas, risas culpables e Rock&Roll.

Misscelánea DAVID PERDOMO

Sábado 29 ás 20.30 horas

Page 16: Programación teatro colón  diciembre 2012

PROGRAMACIÓN DECEMBRO 16

Nacida en Albacete, estudou canto no conservatorio superior de músicade Valencia e na escola superior de canto de Madrid, onde obtivo o títulosuperior de cantante de ópera e cantante especializada. A música española dos séculos XIX e XX é parte fundamental do seurepertorio, gravou distintos discos de ópera e zarzuela, así como demúsica e poesía, destacando Paseo por la Poesía, de Garcilaso aRafael Alberti. Unha das voces máis destacadas do panorama actual, recibiu pola súalabor galardóns como: Diario La Tribuna, La Verdad, Consejo Social dela Mujer, Cadena SER, Oso y Madroño de Plata, Rosa del Azafrán deOro, Premio Morales Nieva. Foi profesora do Real ConservatorioSuperior de Música de Madrid e actualmente éo na escola superior decanto de Madrid.

Elisa BelmonteDomingo 30 ás 20.30 horas

Page 17: Programación teatro colón  diciembre 2012

PROGRAMACIÓN DECEMBRO 17

Outras actividadesXoves 13 ás 20.30 horas

Os alumnos do colexio Liceo La Paz de A Coruña celebran o seu festival de Nadal.

Mércores 19 ás 20.30 horas

Representación do Conservatorio de Danza de A Coruña. Acto a cargo da

Page 18: Programación teatro colón  diciembre 2012

www.teatrocolon.es