Programación Tecnoloxía 2010-2011

172
IES CURTIS CURSO 2010-2011 PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA

description

Programación Departamento de Tecnoloxia

Transcript of Programación Tecnoloxía 2010-2011

Page 1: Programación Tecnoloxía 2010-2011

IES CURTISCURSO 2010-2011

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA

DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA

Page 2: Programación Tecnoloxía 2010-2011

CONTIDO

Programación Tecnoloxías 2º ESO

Programación Tecnoloxías 3º ESO

Programación Tecnoloxía 4º ESO

Programación TIC 1º BAC

Programación Tecnoloxía Industrial I 1º BAC

Programación Tecnoloxía Industrial II 2º BAC

Page 3: Programación Tecnoloxía 2010-2011
Page 4: Programación Tecnoloxía 2010-2011

DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA 2º ESO

2º ESO

PROGRAMACIÓN DE TECNOLOXÍAS

ÍNDICEPROGRAMACIÓN TECNOLOXÍAS 2ºESO Páxina1. OBXECTIVOS XERAIS DO CURSO. 2-192. CONTIDOS TEMPORALIZADOS. 2-19

2.1. CADRO TEMPORALIZACIÓN. 12-192.2. MÍNIMOS ESIXIBLES. 12-19

3. METODOLOXÍA. 13-194. PROCEDEMENTOS DE AVALIACIÓN. 14-19

4.1. AVALIACIÓN ORDINARIA. 14-194.1.1. CRITERIOS DE AVALIACIÓN. 14-194.1.2. CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN. 14-194.1.3. INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN. 15-194.1.4. PROCEDEMENTOS PARA A REALIZACIÓN DA AVALIACIÓN INICIAL. 16-194.1.5. ACTIVIDADES DE RECUPERACIÓN. 16-194.1.6. CUALIFICACIÓN FINAL. 16-19

4.2. AVALIACIÓN EXTRAORDINARIA. 16-194.2.1. PROCEDEMENTO DE RECUPERACIÓN PARA O ALUMNADO COA MATERIA PENDENTE. 16-19

5. PROGRAMAS ESPECÍFICOS PERSONALIZADOS PARA O ALUMNADO REPETIDOR.17-196. MATERIAIS E RECURSOS DIDÁCTICOS. 17-197. EDUCACIÓN EN VALORES. TEMAS TRANSVERSAIS. 17-198. ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES. 18-199. MEDIDAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE. 18-1910. ACCIÓNS DE CONTRIBUCIÓN AO PROXECTO LECTOR 18-1911. ACCIÓNS DE CONTRIBUCIÓN AO PLAN DE CONVIVENCIA. 19-1912. PROCEDEMENTOS PARA AVALIAR A PROPIA PROGRAMACIÓN. 19-19

IES CURTIS Página 1 de 19

Page 5: Programación Tecnoloxía 2010-2011

DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA 2º ESO

1. OBXECTIVOS XERAIS DO CURSO

1. Analizar os obxectos e sistemas técnicos para identificar os seus elementos e as funcións que realizan, explicar o seu funcionamento, utilizalos e controlalos de diversas formas, e recoñecer as condicións fundamentais que interveñen no seu deseño e construcción.

2. Abordar con autonomía e creatividade, individualmente e en grupo, problemas tecnolóxicos traballando de forma ordenada e metódica para estudar o problema, recompilar e seleccionar información procedente de distintas fontes, elaborar a documentación pertinente, concibir, deseñar, planificar e construír obxectos ou sistemas que resolvan o problema e avaliar a súa idoneidade desde distintos puntos de vista.

3. Actuar de xeito dialogante, flexible, responsable e voluntario no traballo en equipo, na procura de solucións, na toma de decisións e na execución das tarefas encomendadas con actitude de respecto, cooperación, tolerancia e solidariedade.

4. Empregar as destrezas e os coñecementos necesarios para a análise, intervención, deseño, elaboración e manipulación de forma segura e precisa de materiais, obxectos e sistemas.

5. Expresar e comunicar ideas e solucións técnicas, así como explorar a súa viabilidade e alcance utilizando os medios tecnolóxicos, os recursos gráficos,a simboloxía e o vocabulario axeitados.

6. Adoptar actitudes favorables á resolución de problemas técnicos, desenvolvendo interese e curiosidade cara á actividade tecnolóxica, analizando e valorando criticamente a investigación e o desenvolvemento tecnolóxico e a súa influencia na sociedade, no ambiente, na saúde e na calidade de vida das persoas.

7. Manexar con soltura aplicacións informáticas para buscar, almacenar, organizar, manipular, recuperar, presentar, compartir e publicar información, e empregar de forma habitual as redes de comunicación na propia formación, na busca de emprego e para acceder a servizos electrónicos administrativos ou comerciais.

8. Interesarse polos avances tecnolóxicos valorando criticamente a súa contribución á mellora do benestar social e individual, e incorporándoos ao seu facer cotiá.

2. CONTIDOS TEMPORALIZADOS

Unidade 1. DebuxoOBXECTIVOS

Expresar e comunicar ideas, solucións técnicas e explorar a súa viabilidade, empreñando os recursos axeitados.

Coñecer os instrumentos que se utilizan en debuxo técnico. Empregar correctamente os instrumentos de medida lineais e angulares. Realizar obxectos con precisión e claridade a representación de obxectos sinxelos no

sistema diédrico. Comprender a importancia da perspectiva como sistema de representación gráfica. Estudar o que é a perspectiva cabaleira, cal é a súa utilidade e como se realiza. Comprender os debuxos a escala, e aprender a aplicar escalas de reducción e ampliación

no debuxo técnico. Coñecer os principias elementos informativos que se utilizan en debuxo técnico: cotas,

tipos de liñas; practicando sobre debuxos reais.

CONTIDOS

Conceptos:

Instrumentos e materiais básicos de debuxo técnico e deseño gráfico. Trazado de rectas paralelas, perpendiculares e ángulos coa axuda do escuadro e o

cartabón.

IES CURTIS Página 2 de 19

Page 6: Programación Tecnoloxía 2010-2011

DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA 2º ESO

Trazado de figuras xeométricas planas sinxelas. Formas de representación gráfica de obxectos: bosquexos, esbozo e proxección diédrica

(alzado, planta e perfil). Concepto de perspectiva cabaleira. Representación a escala: escalas de ampliación e reducción. O acoutamento no debuxo técnico: cotas e tipos de liñas.

Procedementos:

Representación e exploración gráfica de ideas, usando correctamente os instrumentos e materiais básicos de debuxo técnico.

Manexo correcto dos instrumentos e materiais básicos de debuxo técnico. Representación a man alzada de obxectos simples en proxección diédrica. Lectura e interpretación de documentos técnicos sinxelos: símbolos, esquemas e debuxos

técnicos. Desenvolver os procedementos da perspectiva cabaleira. Practicar con escales de ampliación e reducción.

Actitudes:

Gusto pola orde e a limpeza na elaboración e presentación de documentos técnicos. Recoñecemento da necesidade do bo uso e conservación dos instrumentos de debuxo

propios e do centro escolar. Valoración da importancia técnica da linguaxe gráfica como medio de comunicación de

ideas. Interese por coñecer as distintas formas de representación gráfica. Recoñecemento da importancia do debuxo técnico no desenvolvemento de proxectos.

COMPETENCIAS

Competencia matemáticaEn debuxo técnico trabállase con instrumentos auxiliares de debuxo como o escuadro, o cartabón e o compás. Sistemas de representación de diédrico e escalas. Competencia no coñecemento e a interacción co mundo físicoA interacción co mundo físico pasa pola representación de obxectos e sistemas técnicos en proxección diédrica, así como a obtención da perspectiva cabaleira como ferramenta no desenvolvemento de proxectos técnicos. As destrezas débense conseguir tanto a man alzada coma cos instrumentos de debuxo. Competencia social e cidadáA representación de obxectos, a escala e como se representan achegan o alumno á realidade dos obxectos cotiáns, de forma que lle axuda a expresar e comunicar ideas e solucións técnicas, así como a explorar a súa viabilidade e alcance utilizando medios tecnolóxicos, recursos gráficos, símbolos e linguaxe axeitados. Competencia para aprender a aprenderÓ longo de toda a unidade trabállanse habilidades, nas actividades ou no desenvolvemento, para que o alumno sexa capaz de continuar aprendendo de forma autónoma de acordo cos obxectivos da unidade.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

1. Adquirir habilidade e destreza no manexo dos instrumentos de debuxo.2. Representar obxectos sinxelos en proxección diédrica de forma proporcionada e

intelixible.3. Debuxar a man alzada obxectos sinxelos ou pezas aplicando normas e convencións

elementais de representación.4. Expresar e comunicar ideas utilizando os símbolos e o vocabulario axeitados.5. Desenvolver a concepción espacial dos obxectos, así como a necesidade de representalos

tridimensionalmente, co fin de achegar calquera solución técnica.6. Realizar a perspectiva cabaleira de obxectos tecnolóxicos.7. Aprender a debuxar a escala, ampliación e reducción, así como a acotar perfectamente

un debuxo. IES CURTIS Página 3 de 19

Page 7: Programación Tecnoloxía 2010-2011

DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA 2º ESO

Unidade 2. Mecanismos e máquinasOBXECTIVOS

Construír obxectos con materiais moi diversos, algúns deles de desboto, incorporando mecanismos formados por varios operadores.

Comprende-lo funcionamento de operadores e sistemas mecánicos sinxelos. Saber que os operadores, os sistemas mecánicos e as máquinas facilitan notablemente o

traballo en múltiples situacións. Clasifica-los numerosos operadores presentes nas máquinas en función da acción que

realizan. Solucionar problemas no deseño e construcción de sistemas mecánicos con movemento. Identificar algúns dos operadores mecánicos estudados ó longo da unidade nas máquinas

que empregamos a diario. Comprende-lo funcionamento dalgunhas máquinas térmicas, como o motor de explosión

ou o motor a reacción. Saber como aproveitan a enerxía os motores presentes en moitos vehículos: motocicletas,

coches, avións…

CONTIDOS

Conceptos:

Operadores mecánicos: pancas, poleas e polipastos. Mecanismos de transmisión. Engrenaxes, correas e cadeas. O parafuso sen fin. Trens de mecanismos. Relación de transmisión. O mecanismo piñón-cremalleira. O mecanismo biela-manivela. O mecanismo leva-seguidor. Excéntrica e cigüeñal.

Procedementos:

Interpretar esquemas nos que interveñen operadores mecánicos. Deseñar e construír proxectos que inclúan operadores mecánicos. Analiza-lo funcionamento dalgúns mecanismos. Construír modelos de mecanismos empregando diversos operadores.

Actitudes:

Interese por comprende-lo funcionamento dos mecanismos e sistemas que forman parte das máquinas.

COMPETENCIAS

Competencia matemática.No estudo das pancas exercitámo-lo concepto de proporción. Realizamos exercicios numéricos coa lei da panca. Nos demais mecanismos traballamos ecuacións e proporcións. Competencia no coñecemento e a interacción co mundo físicoUn dos valores educativos da materia de tecnoloxías é o carácter integrador de diferentes disciplinas, neste caso a física e a química. O proceso tecnolóxico lévanos á consecución de habilidades necesarias para integra-los coñecementos de máquinas e motores cos conceptos aprendidos no área de Química (cambios de estado) e de Física (momento dunha forza). Competencia social e cidadáNesta unidade desenvólvese tódolos contidos relativos a máquinas e motores, o coñecemento destes permite ó alumno obte-las destrezas necesarias para tomar decisións sobre o uso de máquinas e motores para aumenta-la capacidade de actuar sobre o contorno e para mellora-la calidade de vida. Competencia para aprender a aprenderÓ longo de toda a unidade trabállanse habilidades, nas actividades ou no desenvolvemento,para que o alumno sexa capaz de continuar aprendendo de forma autónoma de acordo cos obxectivos da unidade.

IES CURTIS Página 4 de 19

Page 8: Programación Tecnoloxía 2010-2011

DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA 2º ESO

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

1. Recoñece-las relacións entre las parte dos operadores dun mecanismo máis ou menos complexo, propondo posibilidades de mellora. 2. Construír modelos de mecanismos, utilizando materiais diversos, e avalialos convenientemente, realizando as oportunas correccións para logra-la mellora do seu funcionamento. 3. Identifica-los operadores presentes nas máquinas do contorno.4. Atopa-lo operador máis adecuado a cada acción.

Unidade 3. Materiais e madeiraOBXECTIVOS

Recoñecer a orixe, as características e as aplicacións dos materiais de uso máis frecuente, diferenciando entre os materiais naturais e os transformados.

Coñecer de forma sinxela as propiedades dos materiais utilizando, ademais, o vocabulario axeitado.

Coñecer as principias propiedades da madeira e a súa relación coas aplicacións máis habituais desta.

Coñecer as distintas formas comerciais da madeira, así como o uso co que están relacionadas.

Aprender a distinguir entre madeiras naturais e artificiais, así como os seus tipos e aplicacións.

Identificar as ferramentas e os útiles que se empreñan nas operacións de medida, trazado, serradura, limadura e tradeadura.

Coñecer e respectar as normas de seguridade no emprego das ferramentas. Recoñecer os distintos tipos de unión e acabado de pezas de madeira e as ferramentas e

útiles que se empreñan en cada un deles.

CONTIDOS

Conceptos:

Madeiras naturais e transformados. Clasificación. Aplicacións máis comúns. Propiedades características da madeira. Principias ferramentas para o traballo coa madeira. Técnicas básicas do traballo coa

madeira. Unións e acabados máis representativos das pezas de madeira. Repercusións ambientais da explotación da madeira.

Procedementos:

Clasificar os materiais segundo a súa orixe e propiedades. Describir e analizar as propiedades dos materiais, identificando as máis axeitadas para

construír un obxecto determinado. Establecer as relacións entre a forma dun obxecto, a súa función e utilidade, os materiais

empregados e as técnicas de fabricación. Selección das madeiras atendendo as súas propiedades características. Identificación das ferramentas máis apropiadas para o traballo con madeira. Elaboración de secuencias de operacións básicas para o traballo con madeira. Recoñecemento dos tipos de unións e acabados para obxectos de madeira Aplicacións das normas básicas de seguridade no taller.

Actitudes:

Interese na busca dun material coas propiedades axeitadas para resolver un problema de deseño concreto.

IES CURTIS Página 5 de 19

Page 9: Programación Tecnoloxía 2010-2011

DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA 2º ESO

Análise e valoración crítica do impacto do desenvolvemento tecnolóxico dos materiais na nosa sociedade e no medio.

Concienciación sobre a ameaza que para o noso medio natural supón os problemas de contaminación, así como a escaseza de materias primas, que fan necesaria a racionalización e adecuación ao uso dos materiais que empreñamos de maneira natural na nosa vida diaria.

Interese por aprender a seleccionar o tipo de madeira máis axeitada para fabricar un obxecto, en función das súas propiedades.

Valoración da importancia de coñecer os formatos, as utilidades da madeira e as súas principais técnicas de traballo.

Valoración da utilidade de planificar correctamente unha secuencia de operacións. Interese por coñecer os problemas medioambientais que o consumo masivo da madeira

causa ao planeta.

COMPETENCIAS

Competencia matemática.É importante destacar as ordes de magnitude. Competencia no coñecemento e a interacción co mundo físicoO estudo dos materiais é moi importante para desenvolver as habilidades necesarias no mundo físico que rodea o alumno; este estudo ponlle de manifesto que os materiais están moi presentes na vida cotiá. Ademais, a interacción que estes producen co medio debido á súa durabilidade achégaos á idea de respecto ao medio. Competencia da información e competencia dixital.Na sección Recanto da lectura trabállase artigos de prensa para contextualizar a información da unidade en temas actuais relacionados coa vida cotiá do alumno. Proponse algunhas páxinas web interesantes que reforzan os contidos traballados na unidade. Competencia social e cidadáNesta unidade desenvólvese contidos relativos ao consumo e a reciclaxe, así como a necesidade de reutilización dos materiais. Descríbanse os tipos de madeiras naturais e artificiais, as súas características e aplicacións. Competencia para aprender a aprenderÓ longo de toda a unidade trabállanse habilidades, nas actividades ou no desenvolvemento, para que o alumno sexa capaz de continuar aprendendo de forma autónoma de acordo cos obxectivos da unidade.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

1. Clasificar materiais de uso común2. Seleccionar as propiedades máis axeitadas para cada obxecto tecnolóxico.3. coñecer e diferenciar as propiedades máis importantes dos materiais.4. Valorar a recollida selectiva dos materiais 5. Coñecer as propiedades da madeira e seleccionar distintos tipos en función da aplicación 6. Coñecer o manexo das ferramentas e as técnicas de unión e acabado da madeira7. Identificar e secuenciar as distintas técnicas de traballo con madeira

Unidade 4. MetaisOBXECTIVOS

Coñecer as propiedades xerais dos metais, a súa clasificación e as aplicacións para as que son axeitados.

Diferenciar os distintos tipos de metais que existen segundo as características que teñen. Empregar as técnicas básicas de traballo con metais: conformación, corte, unión e

acabado de metais. Analizar obxectos técnicos metálicos e entender as razóns que conducen á elección dun

determinado metal no seu deseño. Desenvolver habilidades necesarias para manipular correctamente e con seguridade as

ferramentas empregadas no traballo con metais. Valorar a reciclaxe como unha necesidade para reducir o impacto ambiental da

explotación dos metais.

IES CURTIS Página 6 de 19

Page 10: Programación Tecnoloxía 2010-2011

DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA 2º ESO

CONTIDOS

Conceptos:

Propiedades dos materiais. Materiais metálicos. Clasificación. Materiais férricos: propiedades e aplicacións. Materiais non férricos: propiedades e aplicacións. Técnicas básicas de traballo de metais no taller: ferramentas e uso seguro das mesmas. Técnicas industriais do traballo con metais. Obtención de metais: obtención a altas temperaturas e en cela electroquímica. Impacto ambiental

Procedementos:

Identificar o metal co que está fabricado un obxecto. Avaliar as propiedades que debe ter un metal para construír un obxecto. Elixir materiais atendendo ao seu custo e características. Traballar cos metais e usar as ferramentas de maneira correcta.

Actitudes:

Respecto das normas de seguridade cando se usan ferramentas. Sensibilidade ante o impacto social e ambiental producido pola explotación, a

transformación e o refugo de metais. Valoración positiva da reciclaxe dos metais como medio de obtención de materia prima. Fomento do aforro no uso de material no taller.

COMPETENCIAS

Competencia en comunicación lingüísticaNesta unidade no Recanto de Lectura trabállase de forma explícita os contidos relacionados coa adquisición da competencia lectora. Competencia no coñecemento e a interacción co mundo físicoO estudo dos metais é moi importante para desenvolver as habilidades necesarias no mundo físico que rodea o alumno: os metais están moi presentes na vida cotiá; ademais, a interacción que estes producen co medio debido á súa extracción e durabilidade, achega ós alumnos á idea de respecto ao medio natural. Tratamento da información e competencia dixitalNesta unidade no Recanto de Lectura trabállase con artigos de prensa para contextualizar a información da unidade en temas actuais relacionados coa vida cotiá do alumno. Proponse algunhas páxinas web interesantes que reforzan os contidos traballados na unidade. Competencia social e cidadáCabe destacar a importancia que os metais teñen ó longo da historia. Descríbense os tipos de metais, as características de cada un e as aplicacións. Competencia para aprender a aprenderÓ longo de toda a unidade trabállanse habilidades, nas actividades ou no desenvolvemento, para que o alumno sexa capaz de continuar aprendendo de forma autónoma de acordo cos obxectivos da unidade. Autonomía e iniciativa persoal O coñecemento e a información contribúen á consecución desta competencia.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

1. Coñecer as propiedades básicas dos metais como material de uso técnico.2. Coñecer os distintos metais e diferencialos en función das súas características propias.3. Identificar de que metal están constituídos diferentes obxectos ou productos metálicos.4. Empregar as técnicas básicas de traballo con metais.5. Utilizar as ferramentas de forma segura.IES CURTIS Página 7 de 19

Page 11: Programación Tecnoloxía 2010-2011

DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA 2º ESO

Valorar o impacto ambiental do uso de metais.

Unidade 5. EnerxíaOBXECTIVOS

Coñece-los distintos tipos de transformacións enerxéticas que se producen nos aparatos que utilizamos cotiamente cando ditos aparatos póñense en funcionamento.

Coñecer de que maneiras se obtén hoxe a enerxía, e describi-lo proceso de transporte e distribución da enerxía eléctrica dende os centros de producción ata os lugares de consumo.

Identifica-las características e o modo de funcionamento dos diferentes tipos de centrais eléctricas que existen.

Repasar cales son as fontes de enerxía máis utilizadas na actualidade, amosando as principais vantaxes e desvantaxes de cada unha delas.

Diferencia-los aparatos que consomen unha gran cantidade de enerxía eléctrica dos de baixo consumo.

CONTIDOS

Conceptos:

Medida do consumo eléctrico. O kilovatio hora. Tipos de enerxía: mecánica, térmica, química, radiante, acústica e eléctrica. Transformacións da enerxía. Uso da enerxía eléctrica: producción, distribución e consumo. Tipos de centrais eléctricas: hidroeléctrica, térmica de combustibles fósiles, térmica nuclear, térmica solar, solar fotovoltaica, eólica. Outros tipos de centrais eléctricas: maremotrices, xeotérmicas e heliotérmicas. Enerxía da biomasa.

Procedementos:

Identifica-los diferentes tipos de enerxía e as súas transformacións máis importantes.

Actitudes:

Valoración da enorme importancia que tivo o desenvolvemento da electricidade para o noso modo de vida actual nas sociedades industrializadas.

Fomento de hábitos destinados a diminuí-lo consumo de enerxía eléctrica. Interese por coñecer aquelas características dun aparato eléctrico que determinan o seu

consumo. Interese por coñece-lo proceso que se segue nunha central eléctrica para xerar

electricidade. Sensibilidade cara o uso de enerxías alternativas para xerar electricidade.

COMPETENCIAS

Competencia no coñecemento e a interacción co mundo físicoO coñecemento das distintas fontes de enerxía, a súa clasificación e aproveitamento é un contido fundamental que contribúe á adquisición desta competencia. O coñecemento sobre a forma de xerar enerxía nas distintas centrais capacita ó alumno para entende-la interacción co mundo físico. Competencia social e cidadáIsto conséguese desenvolvendo no alumno a capacidade e disposición para lograr un contorno saudable e unha mellora na calidade de vida, mediante o coñecemento e análise crítico da repercusión medioambiental da actividade tecnolóxica e o fomento das actitudes responsables de consumo racional.

CRITERIOS DE AVALIACIÓNIES CURTIS Página 8 de 19

Page 12: Programación Tecnoloxía 2010-2011

DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA 2º ESO

1. Identificar transformacións de enerxía en aparatos eléctricos que utilizamos cotiamente. 2. Compara-los procedementos empregados para producir enerxía eléctrica nas diferentes centrais.3. Clasifica-los aparatos eléctricos que utilizamos a diario en función do seu elevado ou reducido consumo de enerxía.

Unidade 6. ElectricidadeOBXECTIVOS

Describir e comprender a natureza eléctrica de todos os corpos. Coñecer as principias magnitudes asociadas coa electricidade: voltaxe, intensidade e

resistencia. Comprender a lei Ohm de forma teórica e práctica. Presentar o concepto de circuíto eléctrico e describir os principias símbolos dos elementos

dun circuíto. Coñecer o funcionamento dos principias elementos xeradores e receptores de

electricidade. Coñecer as diferenzas entre os circuítos en serie e paralelo. Describir os principias efectos da enerxía eléctrica. Manexar as compoñentes básicas que forman os circuítos eléctricos: pilas, lámpadas,

interruptores e cables. Adquirir coñecementos prácticos útiles cando se traballa con cables, alongadores,

enchufes, etc., seguindo e respectando as normas básicas de seguridade. Valorar a importancia dos aparellos eléctricos no modo de vida actual.

CONTIDOS

Conceptos:

Voltaxe, intensidade, resistencia e as súas respectivas unidades no S.I. Lei de Ohm. Materiais conductores e illantes. Circuítos. Xeradores, receptores e elementos de control: interruptores, fusibles, lámpadas, motores,

timbres. Circuítos en serie e en paralelo. Transformación da electricidade. Enerxía eléctrica e potencia consumida. Procedementos:

Resolver problemas eléctricos usando a lei de Ohm. Identificar os elementos principais no esquema dun circuíto. Realizar elementos de manobra, como pulsadores e interruptores, con montaxes caseiras

sinxelas. Montar circuítos en serie e en paralelo con resistencias e lámpadas. Calcular o custo derivado da utilización de un ou varios aparellos eléctricos durante certo

tempo. Elaborar proxectos sinxelos en que interviñan un o máis circuítos eléctricos.

Actitudes:

Apreciar o carácter científico, pero sinxelo, de montaxes eléctricas. Mostrar interese pola construcción de circuítos eléctricos. Tomar conciencia da grande cantidade de elementos eléctricos que nos rodean. Coñecer e respectar as medias de seguridade relacionadas coa electricidade. Valoración do impacto da electricidade no medio natural durante a producción, o

transporte e o consumo da mesma.

COMPETENCIAS

IES CURTIS Página 9 de 19

Page 13: Programación Tecnoloxía 2010-2011

DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA 2º ESO

Competencia matemáticaNesta unidade trabállanse as ecuacións e as fraccións. Competencia no coñecemento e a interacción co mundo físicoO coñecemento dos fundamentos básicos de electricidade e das aplicacións derivadas desta fai que esta unidade contribúa de forma importante á consecución das habilidades necesarias para interactuar co mundo físico, posibilitando a compresión de sucesos de maneira que o alumno se poida desenvolver de forma óptima nas aplicacións da electricidade. Tratamento da información e competencia dixitalNesta unidade no Recanto de Lectura trabállase con artigos de prensa para contextualizar a información da unidade en temas actuais relacionados coa vida cotiá do alumno. Proponse algunhas páxinas web interesantes que reforzan os contidos traballados na unidade. Competencia social e cidadáSaber como se xera a electricidade e as aplicacións desta fai que o alumno se forme en habilidades propias da vida cotiá, coma: conexión de lámpadas, coñecemento dos perigos da manipulación e o cálculo do consumo. Isto último desenvolve unha actitude responsable sobre o consumo de electricidade. Ademais, incídese no alto custo da enerxía que proporcionan as pilas.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

1. Comprender a natureza eléctrica da materia.2. Definir os conceptos de voltaxe, intensidade e resistencia.3. coñecer as unidades das principias magnitudes eléctricas no S.I.4. describir a lei de Ohm e resolver algún problema sinxelo.5. Clasificar distintos tipos de materiais polas súas capacidades de conducción ou illamento.6. Describir os distintos elementos dun circuíto.7. diferenciar os conceptos de xeradores, receptores e elementos de control.8. Construír interruptores e pulsadores con elementos caseiros.9. Montar circuítos con lámpadas en serie e en paralelo, e ser capaces de predecir o seu

funcionamento.

Unidade 7. EstruturasOBXECTIVOS

Aprender a recoñecer estructuras e os seus tipos. Coñecer os diferentes tipos de esforzos aos que está sometida unha estrutura. Aplicar todo o estudiado a estruturas reais. Identificar nunca estrutura os elementos que soportan esforzos. Identificar as funcións que cumpre unha estrutura. Recoñecer a existencia de diferentes tipos de estruturas, en obxectos do contorno

próximo. Identificar os esforzos que han soportar os elementos dunha estructura e os efectos que

producen sobre estes. Comprender a utilidade da triangulación de estruturas. Analizar as condicións de estabilidade dunha estrutura e recoñecer diferentes formas de

reforzala. Familiarizarse co vocabulario técnico e utilizalo de forma habitual. Comprender a influencia da evolución no deseño e na construcción de estruturas na nosa

forma de vida.

CONTIDOS

Conceptos:

As estruturas e os seus tipos. Elementos das estruturas Esforzos que soporta unha estrutura.

IES CURTIS Página 10 de 19

Page 14: Programación Tecnoloxía 2010-2011

DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA 2º ESO

Proceso de deseño dunha estrutura resistente, tendo en conta a necesidade que hai que cubrir.

Perfís e triangulación de estructuras básicas.

Procedementos:

Identificación dos esforzos principias a que está sometida unha estructura. Proceso de selección dos materiais, considerando criterios funcionais e económicos. Comparación da forma das construccións, en función do tipo de estrutura e materiais,

considerando as súas vantaxes e os seus inconvenientes. Comprobación das vantaxes que supón a triangulación de estruturas para mellorar a súa

resistencia aos esforzos.

Actitudes:

Interese por coñecer as aplicacións dos perfís na construcción de estruturas. Curiosidade por coñecer cómo se mellora a estabilidade dunha estrutura. Recoñecemento da utilidade práctica e o valor estético dalgunhas grandes estruturas

presentes contorno.

COMPETENCIAS

Competencia en comunicación lingüísticaNesta unidade no Recanto de Lectura trabállase de forma explícita os contidos relacionados coa adquisición da competencia lectora. Competencia no coñecemento e a interacción co mundo físicoOs tipos de estruturas e o seu comportamento ante os esforzos é un contido que desenvolve as destrezas necesarias para comprender mellor a realidade que rodea o alumno. Ao longo desta unidade exemplifícanse con numerosos elementos arquitectónicos. Tratamento da información e competencia dixitalNesta unidade no Recanto de Lectura trabállase con artigos de prensa para contextualizar a información da unidade en temas actuais relacionados coa vida cotiá do alumno. Proponse algunhas páxinas web interesantes que reforzan os contidos traballados na unidade. Competencia social e cidadáÉ importante que o alumno coñeza os tipos de estructuras e a súa estabilidade. Competencia para aprender a aprenderÓ longo de toda a unidade trabállanse habilidades, nas actividades ou no desenvolvemento, para que o alumno sexa capaz de continuar aprendendo de forma autónoma de acordo cos obxectivos da unidade. Autonomía e iniciativa persoal O coñecemento e a información contribúen á consecución desta competencia.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

1. Analizar distintas estructuras, xustificando o porqué do seu uso e aplicación.2. Identificar, en sistemas sinxelos, os seus elementos resistentes e os esforzos a que están

sometidos.3. coñecer os distintos materiais das estruturas e a importancia que teñen na súa

constitución e na adecuación ás súas aplicacións.4. Resolver problemas sinxelos que contribúan a reforzar as estruturas.5. Recoñecer a utilidade práctica e o valor estético das grandes estruturas presentes no teu

contorno máis próximo.

IES CURTIS Página 11 de 19

Page 15: Programación Tecnoloxía 2010-2011

DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA 2º ESO

2.1. CADRO TEMPORALIZACIÓNA distribución temporal realizouse tendo en conta que o curso escolar para estes alumnos consta aproximadamente de 33 semanas lectivas e que á materia lle corresponden 3 horas semanais.

1ª Semana 2ª Semana 3ª Semana 4ª Semana

Setembro Unidade 1. Debuxo

Outubro Unidade 1. DebuxoUnidade 2. Mecanismos e máquinas

Novembro Unidade 2. Mecanismos e máquinas

Decembro Unidade 2. Mecanismos e máquinas NADAL

Xaneiro NADAL Unidade 3. Materiais e madeira

Febreiro Unidade 4. Metais

Marzo Unidade 5. Enerxía

ENTROIDO Unidade 7. Estruturas

Abril Unidade 6. Electricidade SEMANA SANTA

Unidade 6. Electricidade

Maio Unidade 6. Electricidade

Xuño Unidade 6. Electricidade

2.2. CONTIDOS MÍNIMOS ESIXIBLES

Definir tecnoloxía e coñecer algúns produtos tecnolóxicos. Saber como se traballa nunha aula taller. Elaborar un proxecto técnico para resolver un problema, seguindo unhas pautas da-

das. Deseñar e construír un obxecto que cumpra uns requisitos preestablecidos. Describir, utilizando distintas técnicas e soportes, algunhas características dun obxec-

to. Utilizar correctamente os materiais e instrumentos básicos de debuxo técnico. Representar obxectos a man alzada utilizando as vistas necesarias. Saber medir e trazar pezas na realización dun proxecto.

IES CURTIS Página 12 de 19

Page 16: Programación Tecnoloxía 2010-2011

DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA 2º ESO

Deseñar e construír unha máquina e elaborar o correspondente informe técnico. Identificar as propiedades e os usos dos materiais máis habituais. Coñecer o comportamento de certos materiais ante diferentes accións externas. Coñecer as normas de seguridade para a manipulación de materiais e ferramentas. Saber seleccionar os recursos necesarios para a realización dun proxecto técnico. Fabricar obxectos sinxelos empregando a madeira e os seus transformados. Coñecer os elementos básicos dalgunhas estruturas resistentes. Identificar os distintos tipos de esforzos aos que se atopan sometidos os elementos

que compoñen unha estrutura. Coñecer as principais características dos materiais que se usan habitualmente na

construción de estruturas. Deseñar e construír tanto estruturas sinxelas como a estrutura dun guindastre. Identificar os elementos fundamentais dun circuíto eléctrico. Debuxar esquemas de circuítos eléctricos e saber montalos. Deseñar e construír unha máquina que conteña un circuíto eléctrico. Deseñar e construír algúns compoñentes eléctricos. Definir e diferenciar as magnitudes eléctricas básicas. Resolver problemas sobre circuítos eléctricos nos que sexa necesario aplicar a lei de

Ohm.

3. METODOLOXÍA DIDÁCTICAA área de Tecnoloxía na ESO basea a súa aprendizaxe na adquisición de coñecementos e no desenvolvemento de destrezas que permitan tanto a comprensión dos obxectos técnicos coma a intervención sobre eles (saber facer), ben sexa modificándoos ou creándoos, fomentando as aptitudes innovadoras na busca de solucións ós problemas existentes, así coma a sensibilidade ante o aforro e o aproveitamento dos recursos. Igualmente, os alumnos han de usa-las tecnoloxías da información e da comunicación como ferramentas para localizar ou crear, analizar, intercambiar e presenta-la información.

Esta área articúlase, en consecuencia, arredor do binomio coñecemento/acción, no que ambos deben te-lo peso específico apropiado en cada caso para facilita-lo carácter propedéutico desta disciplina. Unha continua manipulación de materiais sen os coñecementos técnicos necesarios non ten validez educativa. Pola contra, un proceso de ensino-aprendizaxe puramente académico, carente de experimentación, manipulación e construcción, non cumpre co carácter práctico inherente á disciplina.

Por todo iso, consideremos que a formulación metodolóxica debe ter en conta os seguintes principios:

Unha parte esencial do desenvolvemento do proceso de ensino-aprendizaxe do alumno debe se-la actividade, tanto intelectual coma manual.

O desenvolvemento da actividade debe ter un claro sentido e significado para o alumno.

A actividade manual constitúe un medio esencial para a área, pero nunca un fin en si mesmo.

Os contidos e aprendizaxes relativos ó uso de máquinas, ferramentas e materiais son consubstanciais á área.

A función do profesor será a de organiza-lo proceso de aprendizaxe, definindo os obxectivos, seleccionando as actividades e creando as situacións de aprendizaxes oportunas para que os alumnos constrúan e enriquezan os seus coñecementos previos.

A secuenciación no currículo determínase en función da graduación lóxica dos contidos, do grao de madurez dos alumnos e da relación mutua dos conceptos.

Como resultado desta formulación, a actividade metodolóxica apoiarase nos seguintes aspectos:

A adquisición dos coñecementos técnicos e científicos necesarios para a comprensión e para o desenvolvemento da actividade tecnolóxica.

IES CURTIS Página 13 de 19

Page 17: Programación Tecnoloxía 2010-2011

DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA 2º ESO

A aplicación dos coñecementos adquiridos aumenta o seu significado ó realiza-la análise dos obxectos tecnolóxicos existentes, así como á súa posible manipulación e transformación.

Desenvolver nos alumnos a posibilidade de se enfrontar a proxectos tecnolóxicos globais debe constituí-lo termo dun proceso de aprendizaxe que se apoia nos dous puntos precedentes.

Transmitirlle ó alumno a importancia social e cultural dos obxectos inventados polo home, e que modifican dalgunha forma as condicións de vida das distintas sociedades históricas.

Para conseguir este equilibrio, a proposta didáctica na área de Tecnoloxía debe basea-lo proceso de ensino-aprendizaxe nun soporte conceptual (principios científicos e técnicos) para que, posteriormente, o alumno desenvolva as accións de análise e proxecto.

O método de análise baséase no estudio de distintos aspectos dos obxectos e sistemas técnicos, para chegar dende o propio obxecto ou sistema a comprende-las necesidades que satisfán e os principios científicos nos que se basea o seu funcionamento.

O método de proxectos consiste en deseñar ou proxectar obxectos ou operadores tecnolóxicos partindo dun problema ou necesidade que se quere resolver, para pasar despois a construí-lo proxectado e avaliar ou verificar posteriormente a súa validez, sempre dende unha perspectiva globalizadora.

Todas estas consideracións metodolóxicas foron tidas en conta no libro de texto que se vai utilizar e, en consecuencia, na propia actividade educativa que se vai desenvolver:

Tratamento dos contidos de forma que conduzan a unha aprendizaxe comprensiva e significativa.

Unha exposición clara, sinxela e razoada dos contidos, cunha linguaxe adaptada á do alumno.

Estratexias de aprendizaxe que propicien a análise e comprensión do feito tecnolóxico.

Esta forma de traballar na aula permitiralle ó alumno tanto unha aprendizaxe autónoma, base de aprendizaxes posteriores, imprescindibles nunha materia coma esta en permanente proceso de construcción do coñecemento, coma grupal, o que poida levar adiante trala súa inserción laboral.

Por último cabe subliñar que segundo o agrupamento dos alumnos as actividades estableceranse do seguinte modo:

En grupo medio (ou grupo de clase):• Exposición de temas.• Propostas de técnicas ou métodos de traballo.• Control de traballos realizados.• Exposición de traballos individuais ou en equipo.• Posta en común.

En grupo coloquial ou en equipo:• Preparación e deseño de proxectos.• Distribución do traballo.• Busca de materiais e fontes.• Terminación e presentación do traballo.

En forma individual:• Realización de experiencias.• Realización de probas.• Confección da memoria de traballos e proxectos.• Elaborar o caderno de clase.

4. PROCEDEMENTOS DE AVALIACIÓN

IES CURTIS Página 14 de 19

Page 18: Programación Tecnoloxía 2010-2011

DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA 2º ESO

4.1. AVALIACIÓN ORDINARIA

4.1.1. Criterios de avaliaciónSon os recollidos en cada unidade didáctica.

4.1.2. Criterios de cualificaciónA forma de avaliar ó alumno consistirá en:

A. Realización dunha proba, como mínimo, de coñecemento escrita en cada avaliación.

B. Elaboración dun proxecto tecnolóxico (non ten que ser constructivo), ou/e realización de actividades prácticas, traballos… relacionados cos contidos explicados en cada trimestre. Redacción dunha memoria escrita sobre os mesmos.

C. Realización dos exercicios e actividades propostos en clase, interese e grao de participación do alumno na clase e cumplimento das normas do centro.

A cualificaión da avaliación calcularase segundo as seguintes porcentaxes:

O 60% corresponde a coñecementos teóricos (parte A).

O 20% corresponde á aplicación práctica de coñecementos (parte B). (O proxecto cando ocupa a maior parte dunha avaliación, terá máis peso na nota final).

Un 20% corresponde á realización dos exercicios e actividades na libreta, ao seu interese e grao de participación na clase e cumplimento das normas do centro (parte C)

Para poder obter unha cualificación positiva na materia será necesario ter en cada unha das partes citadas (A,B e C) unha nota igual ou maior a 4.

O cálculo da nota final, así como o número de exames por avaliación poden variar o longo do curso debido a modificacións na programación, tipo de alumnos, segundo o grupo, etc.

4.1.3. Instrumentos de avaliación

ASPECTOS A AVALIAR INSTRUMENTOS CRITERIOS DE AVALIACIÓN

TRABALLO EN EQUIPO OBSERVACIÓN DIRECTA

¿Realiza as tarefas asignadas dentro do equipo?¿Aporta ideas ao equipo de traballo?¿Participa nos debates?¿Respecta as opinións e o traballo dos demais?................................

TRABALLO INDIVIDUAL OBSERVACIÓN DIRECTA

¿Entrega a memoria e demais documentos nos prazos previstos?¿Actualiza o caderno de clase e faino correctamente?.....................................

USO DE FERRAMENTAS EINSTRUMENTOS DE

MEDIDA OBSERVACIÓN DIRECTA

¿Usa correctamente as ferramentas con precisión e seguridade?¿Usa correctamente os instrumentos de medida?.......................................

REPRESENTACIÓN GRÁFICA

CADERNO DE CLASELÁMINA DE DEBUXO

¿Son aceptables os debuxos en canto a calidade e presentación'?¿Utiliza correctamente as normas e simboloxía?........................................

DESEÑO ¿É realizable o obxecto deseñado tendo en conta tempo

IES CURTIS Página 15 de 19

Page 19: Programación Tecnoloxía 2010-2011

DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA 2º ESO

CADERNO DE CLASEINFORMESMEMORIA

e materiais?¿Busca información?¿Selecciona información?¿Selecciona os materiais e os operadores adecuados?¿Toma decisións valorando as opcións posibles?¿Secuencia adecuadamente as tarefas par a construcción?¿O presuposto ten aproximación ó custo real?.........................................................

OBXECTO CONSTRUIDO OBSERVACIÓN DIRECTA

¿Funciona tal como se indicaba no enunciado?¿Está ben acabado?¿Está construido de acordo co proxectado?¿Está corrixido o deseño para melloralo?No aspecto ergonómico ¿son accesibles os elementos para poder sustituirse por outros?No aspecto da orixinalidade ¿Usa os materiais e coloca os operadores de forma novidosas?

No aspecto estético ¿É agradable á vista o conxunto construido

COÑECEMENTO DOSFENÓMENOS FÍSICOS

IMPLICADOS

PROBAS ESCRITASOBSERVACIÓN DIRECTA

CADI?RNO DE CLASEMEMORIA

¿Utiliza correctamente os operadores sinxelos empregados nas experiencias?¿Utiliza correctamente as leis físicas en cálculos sinxelos?......................................

EXPRESIÓN

OBSERVACIÓN DIRECTACADERNO DE CLASE

INFORMESMEMORIA

¿Presenta os documentos con pulcritude e orixinalidadc?¿Utiliza un vocabulario correcto?.....................................

4.1.4. Procedementos para a realización da avaliación inicial.Como norma de carácter xeral, perante o primeiro mes do curso, realizarase un “test de coñecementos previos” co que o profesor/a pode facerse unha idea de cada alumno/a e da clase en xeral e servirá para promover actividades constructivas, nas que o alumno/a estableza de forma clara a relación entre os coñecementos previos e os novos. Así mesmo, faremos un seguimento o máis personalizado posible de cada alumno/a para coñecer as capacidades, os ritmos de desenvolvemento e de traballo, o estilo de aprendizaxe e o interés por progresar, que anotaremos na ficha individual de cada alumno e que serán un referente fundamental para que cada alumno/a desenvolva ao máximo as súas potencialidades.

4.1.5. Actividades de recuperación.Ó finalizar cada unidade didáctica, informarase ós alumnos dos aspectos negativos da súa avaliación, se é o caso, indicándolles como os deberán solventar. Como é obvio, o sistema de recuperación proposto dependerá do tipo de contidos nos que non se acadaron os obxectivos. Mentres que para os contidos conceptuais e algúns procedimentais empregarase normalmente un novo exame, para o resto dos contidos servirán as observacións feitas nas sucesivas Unidades Didácticas e anotacións das fichas de observacións incidencias do profesor, así como os traballos, informes, debuxos, etc. recollidos no caderno de traballo do alumno.

4.1.6. Cualificación final.A cualificación final será a media aritmética das cualificacións das tres avaliacións, tendo aprobadas as tres avaliacións.

4.2. AVALIACIÓN EXTRAORDINARIA.

IES CURTIS Página 16 de 19

Page 20: Programación Tecnoloxía 2010-2011

DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA 2º ESO

4.2.1. Procedementos de recuperación para alumnado coa materia pendente.

Na lexislación vixente está previsto un exame extraordinario no mes de setembro para o alumnado que non acade cualificación positiva na convocatoria de xuño. Este exame realizarase soamente da parte conceptual e procedemental se fora o caso e nas datas que se acorden no centro educativo, sendo necesario obter unha nota de 5 para superalo. O alumnado que nesta convocatoria siga sen acadar cualificación positiva e promocione de curso, levará a materia correspondente pendente. O procedemento de recuperación para estes alumnos/as establécese na programacioón do curso seguinte.

5. PROGRAMAS ESPECÍFICOS PERSONALIZADOS PARA O ALUMNADO REPETIDOR.

Calquera acción personalizada para o alumnado repetidor será consensuada co Departamen-to de Orientación, aínda no caso de que non afecte ós contidos prescriptivos do currículo. En principio, non se tomará ningunha medida organizativa especial para o alumnado repetidor (por exemplo, agrupamentos na aula en razón da súa condición repetidora), agás que o pro-fesor o considere puntualmente oportuno. Haberá, porén, unha metodoloxía específica, que incluirá exercicios de reforzo específicos para os alumnos repetidores. O seu nivel e cantida-de serán determinados individualmente polo profesor á vista do desenvolvemento da progra-mación e do proceso de aprendizaxe de cada alumno.

6. MATERIAIS E RECURSOS DIDÁCTICOS

Ademais do libro de texto, empregarase para o desenrolo da materia os seguintes recursos e materiais didácticos:- Ferramentas, maquinaria e materiais presentes na aula -taller de tecnoloxía.- Materiais reciclables de uso doméstico para a realización de proxectos: cartón, plásticos, madeira, etc.- Televisión e vídeos didácticos sobre a materia de tecnoloxía.- Canón e ordenador- Ordenadores para o desenrolo dos temas informáticos presentes na programación.

7. EDUCACIÓN EN VALORES. TEMAS TRANSVERSAIS

Algúns contidos da ensinanza non poden estar situados nunha área determinada do currículo, pois son temas importantes que reclaman a contribución de tódalas areas, cada unha dende a súa propia perspectiva e especificidade. A continuación tratarase de expoñer como van a ser tratados algúns de estes temas transversais dentro da disciplina de Tecnoloxía do I.E.S. Cidade de Antioquía.

Educación para a saúde e calidade de vida. Ao lograr un ambiente agradable na realización dos traballos da área axudan a xerar comportamentos e actitudes moi positivas para a saúde; fomenta-la orde e limpeza na aula de tecnoloxía; coñecer e aplica-las normas de seguridade e hixiene no traballo propicia unha valoración positiva, por parte dos nosos alumnos, da educación para a saúde.

Educación ambiental. Fomenta-la busca de solucións que eviten ou minimicen o impacto ambiental; valora-lo posible esgotamento de recursos e analiza-los inconvenientes que se deriven do uso de cada un dos materiais, e a repercusión que poida ter nas persoas, animais e plantas, así coma na vida en sociedade.

Educación para o consumidor. Valora-lo custo na realización dos proxectos tecnolóxicos e comparalo co seu uso, analizando as condicións técnicas e estéticas que debe reunir para determina-las características dos materiais que hai que utilizar;

IES CURTIS Página 17 de 19

Page 21: Programación Tecnoloxía 2010-2011

DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA 2º ESO

analiza-la relación calidade/prezo axudará a desenvolver nos nosos alumnos actitudes de consumidor responsable.

Educación para a paz. Fomenta-lo traballo cooperativo; incidir no respecto ás ideas doutros; apoia-los menos capacitados no desenvolvemento dos proxectos tecnolóxicos; desenvolver unha actitude aberta e flexible ante as ideas e os traballos dos demais axudan a adquirir valores e actitudes que incidan directamente neste tema transversal.

Educación para o ocio. O desenvolvemento e realización do traballo tecnolóxico e do uso das ferramentas poden fomentar na vida cotiá do alumno o gusto pola realización de actividades de ocio e afeccións relacionadas co proceso tecnolóxico.

Educación para a igualdade entre ámbolos dous sexos. Fomenta-lo reparto de tarefas nun plano absoluto de igualdade en función das capacidades, sen distinción de sexo; valora-lo esforzo, as ideas e o traballo dos demais dende unha perspectiva de igualdade son contidos plenamente enmarcados na área de Tecnoloxía que inciden no desenvolvemento dunha educación para a igualdade de oportunidades de ámbolos dous sexos.

Educación moral e cívica. Analizar e valora-las implicacións que supón o desenvolvemento de determinados aspectos científicos e técnicos dende unha perspectiva moral e ética; valorar e analizar dende a perspectiva ética e moral as consecuencias derivadas polo desenvolvemento tecnolóxico en dimensión social e persoal de cada un.

8. ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES PREVISTAS

As actividades complementarias e extraescolares previstas durante o transcurso do ano lectivo establécense polo colectivo de profesores compoñentes do claustro.

9. MEDIDAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE

O tratamento á diversidade recóllese nesta programación de diferentes formas, a mellor estratexia para a integración do alumnado con necesidades educativas especiais ou con determinados problemas de aprendizaxe, é implicalos nas mesmas tarefas co resto do grupo, con distintos métodos de apoio e esixencia.

O tratamento en "espiral" ofrece a posibilidade de retomar un contido non asimilado nun momento posterior de traballo, co cal evitamos a paralización do proceso de aprendizaxe de dito sector con exercicios repetitivos que soen incidir negativamente no nivel de motivación.

Esta posibilidade de distinto nivel de profundización en moitas das actividades propostas, permitirán atender demandas de carácter máis profundo por parte de aqueles alumnos con niveis de partida máis avanzados ou cun interese maior sobre o tema estudiado.

Por último, insistir en que no traballo nos talleres, ademais do comentado máis arriba, posibilita a aqueles alumnos e alumnas máis avantaxados unha profundización no tema tratado; e a aqueles ou aquelas con deficiencias, permítelles unha nova oportunidade para asimilar os contidos básicos do bloque ou da unidade. Ademais, a formación de grupos heteroxéneos para a realización destas actividades fomenta as relacións sociais entre o alumnado e a formación ou asentamento dunha maior cultura social e cívica.

10.ACCIÓNS DE CONTRIBUCIÓN AO PROXECTO LECTOR

RECURSOS Biblioteca da aula e do instituto.Aula de informática.Ordenador portátil e canón proxector.Libro de texto de tecnoloxía.

IES CURTIS Página 18 de 19

Page 22: Programación Tecnoloxía 2010-2011

DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA 2º ESO

Conexión a internet na aula de tecnoloxía.

ACTIVIDADES A DESENVOLVER -Realizar lecturas de textos e artigos, a nivel de grupo-clase e en voz alta e por turnos, seleccionados de libros de consulta da biblioteca de aula ou libros de texto, relacionadas con contidos concretos da materia, que permitirá unha posta en común e posterior debate.-Potenciar o aprendizaxe da lectura na pantalla do ordenador, utilizando a aula de informática e a Internet para a búsqueda dalgún artigo ou traballo, e realizar a lectura conxunta do mesmo.-Potenciar o emprego das bibliotecas de aula e do centro como espacio de consulta e ampliación de información para realizar pequenos traballos de investigación.-Búsqueda de información na Internet, en páxinas Web, seleccionala e empregala para a realización de pequenos traballos de investigación.

11.ACCIÓNS DE CONTRIBUCIÓN AO PLAN DE CONVIVENCIAPolo xeral, o profesorado intenta solucionar co alumnado implicado os pequenos conflitos que xurden na aula. En casos excepcionais, empregarase a aula de conviencia e seguiranse as pautas ditadas polo Departamento de Orientación.

12.PROCEDEMENTOS PARA AVALIAR A PROPIA PROGRAMACIÓN

Mensualmente, farase unha avaliación de como se vai seguindo a programación, explicando en todo momento as posibles desviacións e os motivos delas.

IES CURTIS Página 19 de 19

Page 23: Programación Tecnoloxía 2010-2011

DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA 3º ESO

3º ESO

PROGRAMACIÓN DE TECNOLOXÍAS

ÍNDICEPROGRAMACIÓN TECNOLOXÍAS 3ºESO Páxina1. OBXECTIVOS XERAIS DO CURSO 2-212. CONTIDOS TEMPORALIZADOS 2-21

2.1. CADRO TEMPORALIZACIÓN 14-212.2. MÍNIMOS ESIXIBLES 14-21

3. METODOLOXÍA 15-214. PROCEDEMENTOS DE AVALIACIÓN 17-21

4.1. AVALIACIÓN ORDINARIA 17-214.1.1. CRITERIOS DE AVALIACIÓN 17-214.1.2. CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN 17-214.1.3. INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN 18-214.1.4. PROCEDEMENTOS PARA A REALIZACIÓN DA AVALIACIÓN INICIAL 18-214.1.5. ACTIVIDADES DE RECUPERACIÓN 19-214.1.6. CUALIFICACIÓN FINAL 19-21

4.2. AVALIACIÓN EXTRAORDINARIA 19-214.2.1. PROCEDEMENTO DE RECUPERACIÓN PARA O ALUMNADO COA MATERIA PENDENTE. 19-21

5. PROGRAMAS ESPECÍFICOS PERSONALIZADOS PARA O ALUMNADO REPETIDOR.19-216. MATERIAIS E RECURSOS DIDÁCTICOS 20-217. EDUCACIÓN EN VALORES. TEMAS TRANSVERSAIS. 20-218. ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES 21-219. MEDIDAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE 21-2110. ACCIÓNS DE CONTRIBUCIÓN AO PROXECTO LECTOR 21-2111. ACCIÓNS DE CONTRIBUCIÓN AO PLAN DE CONVIVENCIA. 21-2112. PROCEDEMENTOS PARA AVALIAR A PROPIA PROGRAMACIÓN. 21-21

IES CURTISPágina 1 de 21

Page 24: Programación Tecnoloxía 2010-2011

DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA 3º ESO

1. OBXECTIVOS XERAIS DO CURSO

1. Analizar os obxectos e sistemas técnicos para identificar os seus elementos e as funcións que realizan, explicar o seu funcionamento, utilizalos e controlalos de diversas formas, e recoñecer as condicións fundamentais que interveñen no seu deseño e construcción.

2. Abordar con autonomía e creatividade, individualmente e en grupo, problemas tecnolóxicos traballando de forma ordenada e metódica para estudar o problema, recompilar e seleccionar información procedente de distintas fontes, elaborar a documentación pertinente, concibir, deseñar, planificar e construír obxectos ou sistemas que resolvan o problema e avaliar a súa idoneidade desde distintos puntos de vista.

3. Actuar de xeito dialogante, flexible, responsable e voluntario no traballo en equipo, na procura de solucións, na toma de decisións e na execución das tarefas encomendadas con actitude de respecto, cooperación, tolerancia e solidariedade.

4. Empregar as destrezas e os coñecementos necesarios para a análise, intervención, deseño, elaboración e manipulación de forma segura e precisa de materiais, obxectos e sistemas.

5. Expresar e comunicar ideas e solucións técnicas, así como explorar a súa viabilidade e alcance utilizando os medios tecnolóxicos, os recursos gráficos,a simboloxía e o vocabulario axeitados.

6. Adoptar actitudes favorables á resolución de problemas técnicos, desenvolvendo interese e curiosidade cara á actividade tecnolóxica, analizando e valorando criticamente a investigación e o desenvolvemento tecnolóxico e a súa influencia na sociedade, no ambiente, na saúde e na calidade de vida das persoas.

7. Manexar con soltura aplicacións informáticas para buscar, almacenar, organizar, manipular, recuperar, presentar, compartir e publicar información, e empregar de forma habitual as redes de comunicación na propia formación, na busca de emprego e para acceder a servizos electrónicos administrativos ou comerciais.

8. Interesarse polos avances tecnolóxicos valorando criticamente a súa contribución á mellora do benestar social e individual, e incorporándoos ao seu facer cotiá.

2. CONTIDOS TEMPORALIZADOS Os contidos do curso organízanse en UNIDADES DIDÁCTICAS:

PRIMEIRA AVALIACIÓN:

Unidade 1. PlásticosOBXECTIVOS

Coñece-las características fundamentais dos plásticos. Coñece-la clasificación dos materiais plásticos, así como as súas propiedades e

aplicacións. Coñece-los distintos procedementos de fabricación de obxectos de plástico e identifica-lo

proceso de transformación máis apropiado para cada tipo de producto rematado. Facilita-la realización de experiencias que permitan identifica-los materiais plásticos

presentes na vida cotiá. Aprende-la importancia dos materiais plásticos na nosa sociedade actual vendo o gran

número de aplicacións que teñen. Comprender e valora-la necesidade do reciclado dos materiais plásticos na nosa

sociedade.

CONTIDOSConceptos:

Clasificación dos materiais plásticos: termoplásticos, termoestables e elastómeros. Procedementos para a obtención e transformación de materiais plásticos.IES CURTIS

Página 2 de 21

Page 25: Programación Tecnoloxía 2010-2011

DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA 3º ESO

Propiedades dos plásticos e comportamento. Técnicas de identificación dos materiais plásticos. Reciclaxe dos plásticos.

Procedementos:

Recoñece-los diferentes tipos de materiais plásticos de que están feitos os obxectos que nos rodean.

Seleccionar criterios para a elección adecuada de materiais plásticos. Elixir un material plástico adecuado para levar a cabo o proceso de fabricación dun

obxecto determinado. Interpreta-la influencia dos produtos na nosa forma e calidade de vida.

Actitudes:

Avaliación das vantaxes e inconvenientes das principais aplicacións da tecnoloxía na vida cotiá.

Interese por coñecer de que están feitos os obxectos que manexamos a diario e como se fabrican.

Valoración da importancia dos materiais plásticos pola infinidade de aplicacións que teñen na sociedade actual e na nosa vida cotiá.

Recoñecemento e sensibilización achega das actividades de reciclado e recuperación dos materiais plásticos.

COMPETENCIAS

Competencia en comunicación lingüísticaTrabállanse de forma explícita os contidos relacionados coa adquisición da competencia lectora. Competencia no coñecemento e a interacción co mundo físicoO estudo dos plásticos é moi importante para desenvolve-las habilidades necesarias no mundo físico que rodea ó alumno, este estudo ponlle de manifesto que son materiais que están moi presentes na vida cotiá. Ademais a interacción que estes producen co medio debido á súa durabilidade achégalles á idea de respecto ó medio ambiente. Tratamento da información e competencia dixitalTrabállanse con artigos de prensa para contextualizar a información do tema en temas actuais relacionados coa vida cotiá do alumno. Proponse algunhas páxinas web interesantes que reforzan os contidos traballados na unidade. Competencia social e cidadáNesta unidade estúdase os materiais plásticos, cabe destaca-la importancia que estes teñen na sociedade actual, tanto dende o punto de vista de consumo como de reciclado. Descríbense os tipos de plásticos, as características de cada un e as aplicacións. É moi importante destaca-lo impacto ambiental dos plásticos que non se reciclan e a necesidade de reutilizalos. Competencia para aprender a aprenderFarase unha síntese do tema para reforza-los contidos máis importantes, de forma que o alumno coñeza as ideas fundamentais do tema. Autonomía e iniciativa persoal O coñecemento e a información contribúen á consecución desta competencia.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

1. Diferencia-las características fundamentais dos plásticos e los clasifica segundo estas.2. Aprender a clasifica-los plásticos en función das súas características e do seu comportamento ante o calor.3. Identifica-las principais propiedades dos plásticos e aplicar estes coñecementos á hora de fabricar obxectos plásticos.4. Describir cales son os principais procedementos de producción dos materiais plásticos.5. Identificar en obxectos do contorno os distintos tipos de plásticos reciclables e non reciclables.

IES CURTISPágina 3 de 21

Page 26: Programación Tecnoloxía 2010-2011

DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA 3º ESO

6. Coñece-las aplicacións dos plásticos na vida actual e aprecia-las vantaxes que presentan fronte a envases máis tradicionais.

Unidade 2. Materiais de construcciónOBXECTIVOS

Coñece-las características principais dos materiais pétreos, repasando os máis utilizados en construcción, as súas propiedades e aplicacións.

Identifica-las características máis importantes dos materiais cerámicos e vidros. Afondar no estudo dos materiais de construcción, como o xeso, o cemento, o formigón,

etc., e selecciona-los que sexan máis adecuados para cada aplicación específica. Coñece-las principais propiedades destes materiais. Comprende-la importancia das propiedades na selección dos materiais óptimos para

aplicacións determinadas. Tomar conciencia do impacto ambiental que se deriva da utilización de distintos

materiais. Coñece-los avances tecnolóxicos no emprego de novos materiais.

CONTIDOS

Conceptos:

Materiais pétreos: area, xeso, grava, mármore e granito. Materiais cerámicos e vidros: características. Materiais de construcción: morteiro, formigón, formigón armado, formigón pretensado,

cemento, asfalto e elementos prefabricados. Factores a ter en conta na selección de materiais. Propiedades dos materiais: mecánicas, eléctricas, térmicas, acústicas, ópticas, etc.

Procedementos:

Identifica-los materiais cerámicos e pétreos máis empregados na construcción. Observa-los materiais de que están feitos as nosas vivendas e edificios. Describi-las propiedades principais dos materiais. Analiza-las propiedades máis relevantes, segundo o tipo de aplicación, dos materiais.

Actitudes:

Interese pola procura dun material con propiedades apropiadas para a resolución de problemas concretos.

Interese por saber de que están feitos os edificios, estanzas, pontes, estradas, etc., que hai no noso contorno.

Curiosidade por identificar algunhas propiedades mecánicas dos materiais. Análise e valoración crítica do impacto que ten o desenvolvemento tecnolóxico dos

materiais na sociedade e o medio ambiente.

COMPETENCIAS

Competencia en comunicación lingüísticaTrabállanse de forma explícita os contidos de relacionados coa adquisición da competencia lectora, a través de textos con actividades de explotación. Competencia matemáticaNas propiedades dos materiais de construcción trabállanse ordes de magnitude. Competencia no coñecemento e a interacción co mundo físicoA interacción co mundo físico pasa polo estudo das vivendas e os seus materiais de construcción, coñece-las propiedades de cada un e establece-las utilidades. Competencia social e cidadá

IES CURTISPágina 4 de 21

Page 27: Programación Tecnoloxía 2010-2011

DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA 3º ESO

O coñecemento que a construcción ten sobre o medio ambiente nos seus dous vertentes, unha no impacto ambiental (canteiras, cascalleiras, reciclado, etc.) e outra na construcción masificada e sen control que destrúe as zonas naturais. Fai que o desenvolvemento destes contidos sexa moi importante para a adquisición de habilidades necesarias para adquiri-la competencia social e cidadá. Competencia para aprender a aprenderÓ longo de toda a unidade trabállanse habilidades, nas actividades ou no desenvolvemento, para que o alumno sexa capaz de continuar aprendendo de forma autónoma de acordo cos obxectivos da unidade. Autonomía e iniciativa persoal O coñecemento e a información contribúen á consecución desta competencia

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

1. Clasificar unha serie de materiais atendendo ó seu orixe e composición.2. Distinguir entre materiais pétreos e cerámicos, e recoñecer aqueles que máis se utilizan na construcción.3. Coñecer e diferencia-las propiedades máis importantes dos materiais.4. Selecciona-lo material apropiado, coas propiedades máis adecuadas para cada aplicación.5. Valora-las repercusións ambientais no desenvolvemento tecnolóxico dos materiais.

Unidade 3. Mecanismos e máquinasOBXECTIVOS

Construír obxectos con materiais moi diversos, algúns deles de desboto, incorporando mecanismos formados por varios operadores.

Comprende-lo funcionamento de operadores e sistemas mecánicos sinxelos. Saber que os operadores, os sistemas mecánicos e as máquinas facilitan notablemente o

traballo en múltiples situacións. Clasifica-los numerosos operadores presentes nas máquinas en función da acción que

realizan. Solucionar problemas no deseño e construcción de sistemas mecánicos con movemento. Identificar algúns dos operadores mecánicos estudados ó longo da unidade nas máquinas

que empregamos a diario. Comprende-lo funcionamento dalgunhas máquinas térmicas, como o motor de explosión

ou o motor a reacción. Saber como aproveitan a enerxía os motores presentes en moitos vehículos: motocicletas,

coches, avións…

CONTIDOS

Conceptos:

Operadores mecánicos: pancas, poleas e polipastos. Plano inclinado, cuña e parafuso. Mecanismos de transmisión. Engrenaxes, correas e cadeas. O parafuso sen fin. Trens de mecanismos. Relación de transmisión. O mecanismo piñón-cremalleira. O mecanismo biela-manivela. O mecanismo leva-seguidor. Excéntrica e cigüeñal. As máquinas térmicas. A máquina de vapor. O motor de explosión. O motor a reacción.

Procedementos:

Identifica-los elementos dunha panca. Interpretar esquemas nos que interveñen operadores mecánicos. Deseñar e construír proxectos que inclúan operadores mecánicos. Analiza-lo funcionamento dalgúns mecanismos. Construír modelos de mecanismos empregando diversos operadores.

IES CURTISPágina 5 de 21

Page 28: Programación Tecnoloxía 2010-2011

DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA 3º ESO

Actitudes:

Interese por comprende-lo funcionamento dos mecanismos e sistemas que forman parte das máquinas.

Valoración da importancia tecnolóxica dos operadores mecánicos e máquinas sinxelas, como o plano inclinado, a roda ou o parafuso.

COMPETENCIAS

Competencia matemática.No estudo das pancas exercitámo-lo concepto de proporción. Realizamos exercicios numéricos coa lei da panca. Nos demais mecanismos traballamos ecuacións e proporcións. Competencia no coñecemento e a interacción co mundo físicoUn dos valores educativos da materia de tecnoloxías é o carácter integrador de diferentes disciplinas, neste caso a física e a química. O proceso tecnolóxico lévanos á consecución de habilidades necesarias para integra-los coñecementos de máquinas e motores cos conceptos aprendidos no área de Química (cambios de estado) e de Física (momento dunha forza). Competencia social e cidadáNesta unidade desenvólvese tódolos contidos relativos a máquinas e motores, o coñecemento destes permite ó alumno obte-las destrezas necesarias para tomar decisións sobre o uso de máquinas e motores para aumenta-la capacidade de actuar sobre o contorno e para mellora-la calidade de vida. Competencia para aprender a aprenderÓ longo de toda a unidade trabállanse habilidades, nas actividades ou no desenvolvemento,para que o alumno sexa capaz de continuar aprendendo de forma autónoma de acordo cos obxectivos da unidade.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

1. Recoñece-las relacións entre las parte dos operadores dun mecanismo máis ou menos complexo, propondo posibilidades de mellora. 2. Construír modelos de mecanismos, utilizando materiais diversos, e avalialos convenientemente, realizando as oportunas correccións para logra-la mellora do seu funcionamento. 3. Identifica-los operadores presentes nas máquinas do contorno.4. Atopa-lo operador máis adecuado a cada acción.5. Coñece-la diferenza entre enerxías renovables e non renovables. 6. Estuda-los combustibles fósiles como fonte de enerxía. 7. Explica-lo funcionamento do motor de explosión de catro tempos e o motor de dous tempos.8. Interpretar adecuadamente esquemas que ilustran o funcionamento da máquina de vapor, o motor de explosión ou os motores a reacción.

Unidade 4. Internet e comunicaciónOBXECTIVOS

Lembra-los principais servizos de Internet, así como a súa importancia relativa: Correo electrónico. Tipos, protocolos, servidores e clientes. Sistemas para comunidades: foros, grupos de noticias (news) e listas de distribución. Comunicación en tempo real: chats, sistemas de mensaxería instantánea e sistemas de

comunicación multimedia. Presenta-lo impacto producido polo cambio nas comunicacións dende 1992. Analiza-los novos grupos e as novas relacións: as comunidades virtuais. Amosa-la estrutura web: servidor, navegador e páxinas web. Aprender a utilizar con soltura programas xestores do correo electrónico. Manexa-lo correo electrónico vía web. Coñece-las normas básicas de comportamento á hora de participar en foros de discusión.

CONTIDOSIES CURTIS

Página 6 de 21

Page 29: Programación Tecnoloxía 2010-2011

DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA 3º ESO

Conceptos:

Aldea global e comunidades virtuais. Comunicación sincrónica e asíncrona. Correo electrónico, webmail. Arquivos adxuntos e emoticonos. Foros, grupos de noticias (news) e listas de distribución. Chat, mensaxería instantánea, webcam. Páxina web, servidor, URL. O ordenador: un novo medio de comunicación. Os servizos de comunicación que ofrece

Internet.

Procedementos:

Manexar con soltura un programa cliente de correo electrónico. Recoñecer e utilizar correctamente as categorías e información dun foro, dun grupo de

noticias. Se asociar a unha lista de distribución. Usar con destreza un servizo de chat e un sistema de mensaxería instantánea. Analiza-los diferentes elementos que forman parte dunha páxina web: texto escrito,

animacións, imaxes fixas, vídeos, arquivos de audio… Utiliza-lo correo vía web usando algún portal de Internet. Participar en foros de discusión sobre un tema de interese. Controlar e elimina-lo correo lixo.

Actitudes:

Actuación con precaución ante os diversos perigos que presenta Internet: correo electrónico non desexado, uso fraudulento nas transaccións económicas, virus, etc.

Fomento pola crítica da información obtida de Internet e verificación do seu orixe. Respecto polas opinións dos demais ó participar en foros de discusión na Rede. Actitude crítica ante os problemas de Internet e das comunicacións globais, sobre todo en

cuestións de seguridade (virus informáticos, correo electrónico non desexado, etc.).

COMPETENCIAS

Competencia en comunicación lingüísticaA través de textos con actividades de explotación trabállanse de forma explícita os contidos de relacionados coa adquisición da competencia lectora. Tratamento da información e competencia dixitalInternet ofrece diferentes servizos cos que acceder á información. O correo electrónico, ademais da www xa estudada a fondo en cursos anteriores, é o servizo máis utilizado. É o medio polo que podemos enviar e recibir información dunha maneira máis directa. Competencia social e cidadáUn dos problemas de Internet é o máis uso que determinadas persoas fan delas. O spam é un problema bastante grave. Moitas persoas reciben cada día unha cantidade de mensaxes non desexados que supera ó número de mensaxes útiles. Aínda que estanse desenvolvendo ferramentas informáticas destinadas a xestionar este correo non desexado, é imprescindible adoptar un comportamento que permita reducilo.Por outra parte, o desenvolvemento de Internet favoreceu ó seu vez o desenvolvemento do software libre, pois decenas, centos ou miles de persoas en todo o mundo colaboran para conseguir un produto gratuíto que todo o mundo pode empregar. A enciclopedia on-line Wikipedia é, quizais, o exemplo máis significativo. Competencia para aprender a aprenderNo manexo de aplicacións informáticas o autoaprendizaxe é esencial. Ó longo da unidade, inclúense varios procedementos que amosan ós alumnos como realizar tarefas sinxelas empregando aplicacións relacionadas coa comunicación empregando Internet: correo electrónico, mensaxería instantánea…

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

1. Enumerar e describir con certo detalle os servizos que ofrece Internet.IES CURTIS

Página 7 de 21

Page 30: Programación Tecnoloxía 2010-2011

DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA 3º ESO

2. Utiliza-lo correo electrónico, un servizo de chat, a mensaxería instantánea ou un foro.3. Enviar e recibir correos electrónicos cun programa-cliente de correo e vía web.4. Controlar e identifica-lo correo lixo ou spam que chega a un ordenador.

SEGUNDA AVALIACIÓN:

Unidade 5. ElectricidadeOBXECTIVOS

Distinguir entre corrente continúa e corrente alterna, e os seus distintos orixes. Introduci-lo concepto de electromagnetismo e de xeración de electricidade por este

medio. Defini-las principais magnitudes eléctricas. Familiarizar ó alumno co uso do polímetro. Presenta-la lei de Ohm. Transmiti-lo concepto de potencia eléctrica e distintos métodos para la calcula. Amosa-las principais características eléctricas dos circuítos serie, paralelo e mixtos. Familiarizar ó alumno co montaxe de circuítos sinxelos, así como co uso de compoñentes

eléctricos sinxelos.

CONTIDOS

Conceptos:

Corrente continúa. Corrente alterna. Central eléctrica. Voltaxe, intensidade e resistencia eléctrica. Voltio, amperio e ohmio. Polímetro. Voltímetro, ohmímetro e amperímetro. A lei de Ohm. Potencia. Vatio. Circuíto serie, paralelo e mixto. Interruptor, pulsador e conmutador. Relé.

Procedementos:

Realizar montaxes eléctricos sinxelos. Interpretar esquemas eléctricos sinxelos. Realizar medidas cun polímetro. Resolver problemas eléctricos en deseños sinxelos. Resolver problemas teóricos de electricidade en circuítos eléctricos sinxelos.

Actitudes:

Aprecio do carácter científico, pero relativamente sinxelo, dos montaxes eléctricos. Interese pola construcción de circuítos eléctricos. Toma de conciencia da gran cantidade de elementos eléctricos que nos rodean na nosa

actividade cotiá.

COMPETENCIAS

Competencia matemáticaNesta unidade trabállase as ecuacións e as fraccións. Dende o enfoque conceptual á resolución matemática. Competencia no coñecemento e a interacción co mundo físicoO coñecemento dos fundamentos básicos de electricidade e das aplicacións derivadas desta fai que esta unidade contribúa de forma importante á consecución das habilidades necesarias para interactuar co mundo físico, posibilitando a compresión de sucesos de forma que o alumno póidase desenvolver de forma óptima nas aplicacións da electricidade.IES CURTIS

Página 8 de 21

Page 31: Programación Tecnoloxía 2010-2011

DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA 3º ESO

Tratamento da información e competencia dixitalTrabállase con artigos de prensa para contextualizar a información da unidade en temas actuais relacionados coa vida cotiá do alumno. Proponse algunhas páxinas web interesantes que reforzan os contidos traballados na unidade. Competencia social e cidadáSaber como se xera a electricidade e as aplicacións desta fai que o alumno fórmese en habilidades propias da vida cotiá como: conexión de bombillas, coñecemento dos perigos da manipulación e cálculo do consumo. Isto último desenvolve unha actitude responsable sobre o consumo de electricidade. Ademais incídese no cara que é a enerxía que proporcionan as pilas.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

1. Diferencia-los conceptos de corrente continúa e alterna.2. Coñece-las tres principais magnitudes eléctricas, e as unidades en que se miden.3. Manexar con soltura un polímetro para medi-las principais magnitudes dun circuíto eléctrico.4. Operar solidamente coa lei de Ohm.5. Defini-lo concepto de potencia e la calcula nos elementos dun circuíto sinxelo.6. Montar circuítos sinxelos e predici-lo seu funcionamento, tanto de forma teórica como de forma práctica.7. Cumprir certas mínimas normas de seguridade nos montaxes eléctricos.

Unidade 6. Deseño gráfico con ordenador

OBXECTIVOS

Saber diferenciar mapas de puntos de imaxes vectoriais. Aprender a manexar diversas aplicacións informáticas de uso común, como as aplicacións

de debuxo vectorial e as de retoque fotográfico. Identifica-los diferentes tipos de aplicacións informáticas empregadas para levar a cabo

tarefas diferentes. Coñece-las posibilidades que ofrecen para o debuxo as aplicacións de debuxo vectorial. Identifica-los diversos elementos que aparecen na pantalla dun ordenador cando se

traballa con aplicacións destinadas ó debuxo e ó deseño gráfico: imaxe, información sobre a mesma, ferramentas

Saber cales son as formas que existen na actualidade de obter imaxes en formato dixital susceptibles de ser manipuladas nun ordenador.

Aprender a catalogar conxuntos de fotografías dixitais. Coñece-las ferramentas informáticas básicas empregadas no deseño industrial.

CONTIDOS

Conceptos:

Mapas de puntos. Debuxos vectoriais. Aplicacións para o tratamento de imaxes. Calidade das imaxes dixitais. Formatos de arquivos gráficos. Creación de imaxes con Draw. Compresión de imaxes dixitais. Retoque básico de imaxes dixitais. Introducción ó CAD. Manexo básico de QCad.

Procedementos:

Diferencia-las aplicacións de debuxo vectorial das aplicacións de retoque fotográfico.IES CURTIS

Página 9 de 21

Page 32: Programación Tecnoloxía 2010-2011

DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA 3º ESO

Manexar unha aplicación de debuxo vectorial. Manexar unha aplicación de retoque fotográfico. Diferenciar arquivos gráficos comprimidos en distinta medida en función da súa calidade. Utilizar QCad para elaborar debuxos sinxelos. Organizar álbumes de imaxes dixitais.

Actitudes:

Valoración da contribución de distinto tipo de software no mundo da informática. Interese por coñece-los últimos avances no mundo da informática, como a compresión de

arquivos gráficos e a súa aplicación no mundo da fotografía e do vídeo. Aprecio das fotografías dixitais e doutras creacións artísticas dos demais, respectando os

seus gustos e opinións.

COMPETENCIAS

Competencia en comunicación lingüísticaTraballaranse de forma explícita os contidos de relacionados coa adquisición da competencia lectora, a través de textos con actividades de explotación. Competencia matemáticaNo apartado dedicado ó debuxo técnico os alumnos deben prestar especial atención ás medidas das pezas debuxadas, sobre todo á hora de acouta-las dimensións dun debuxo. Tratamento da información e competencia dixitalCalquera cidadán manexa cámaras dixitais ou teléfonos móbiles capaces de tomar imaxes fixas ou en movemento. Neste punto, preséntea unidade debe servir como punto de partida, sobre todo á hora de valora-la resolución e a calidade dunha imaxe dixital e as súas posibilidades de impresión. Competencia cultural e artísticaA fotografía é un arte. A fotografía dixital tamén o é. Ó longo da unidade ofrécense consellos para crear imaxes. Nuns casos, como á hora de manexar Draw, a creatividade está limitada, aínda que sempre é posible descubri-lo «talento artístico» dos alumnos e alumnas. Competencia para aprender a aprenderNo manexo de aplicacións informáticas o autoaprendizaxe é esencial. Ó longo da unidade, inclúense varios Procedementos que amosan ós alumnos como realizar tarefas sinxelas empregando aplicacións relacionadas co tratamento dixital da imaxe.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

1. Diferencia-los mapas de puntos das imaxes vectoriais. 2. Realizar debuxos xeométricos e artísticos usando algunha aplicación sinxela de deseño gráfico. 3. Manexar unha aplicación de deseño gráfico. 4. Manexar imaxes dixitais utilizando algunha aplicación específica. 5. Gardar arquivos gráficos con distintos graos de compresión, sinalando as diferenzas.

TERCEIRA AVALIACIÓN:

Unidade 7. A folla de cálculoOBXECTIVOS

Coñecer cales son as capacidades dunha folla de cálculo. Identifica-los diferentes menús, iconas, etc., que aparecen na pantalla dun ordenador

cando se traballa cunha folla de cálculo. Aprender a manexar unha folla de cálculo con soltura para realizar con ela as funcións

básicas. Saber en que ámbitos se utiliza unha folla de cálculo: entidades bancarias, laboratorios

científicos, departamentos de contabilidade en calquera empresa, etc. Aplica-los contidos aprendidos na unidade ós problemas que nos xorden na vida real. Por

exemplo, á hora de analiza-los datos numéricos procedentes dun experimento.IES CURTIS

Página 10 de 21

Page 33: Programación Tecnoloxía 2010-2011

DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA 3º ESO

Saber como xerar gráficos a partir dos datos dunha táboa empregando unha folla de cálculo

Repasar contidos referentes ó formato do texto que xa se estudaron ó falar de procesadores de textos e los aplica á hora de manexar unha folla de cálculo.

Saber empregar unha folla de cálculo para xestionar bases de datos sinxelas (listín telefónico, etc.).

CONTIDOS

Conceptos:

Software ofimático: as follas de cálculo. A folla de cálculo OpenOffice.org Calc. Formato das celas. Formato de texto. Formato de número. Formato de moeda. Formato

de data. Fórmulas e funcións. Gráficos. Impresión de documentos cunha folla de cálculo.

Procedementos:

Resolver problemas empregando follas de cálculo. Identifica-los elementos que aparecen na pantalla cando empregamos unha folla de

cálculo. Decidi-lo tipo de gráfico que mellor se adapta ós datos numéricos que queremos

representar. Imprimar conxuntos de datos numéricos, gráficos ou táboas baleiras manexando unha

folla de cálculo. Analizar, mediante o uso dunha folla de cálculo, as tarifas correspondentes a varias

compañías telefónicas para comprobar cal resulta máis vantaxosa, economicamente falando.

Actitudes:

Interese por coñecer algunhas aplicacións de software que non estamos habituados a empregar.

Gusto polo orde á hora de manexar gráficos e/ou grandes cantidades de datos numéricos. Aprecio pola importante labor de certas aplicacións informáticas en determinados

ámbitos laborais.

COMPETENCIAS

Competencia en comunicación lingüística Traballaranse de forma explícita os contidos de relacionados coa adquisición da competencia lectora, a través de textos con actividades de explotación. Competencia matemática Ó longo de toda a unidade utilízase unha folla de cálculo, unha ferramenta empregada fundamentalmente como apoio á hora de realizar cálculos ou de elaborar representacións matemáticas de conxuntos de datos. O emprego de fórmulas nunha folla de cálculo servirá para reforza-lo aprendizaxe tamén noutras materias, como a física, a química, a bioloxía ou a xeografía.Os coñecementos adquiridos deben servir para que os alumnos recorran á utilización dunha folla de cálculo no estudo de diferentes materias: Análise dos datos extraídos de experimentos científicos. Manexo de datos estatísticos. Elaboración de diagramas. Tratamento da información e competencia dixitalO tratamento automático de datos numéricos foi a primeira aplicación da informática. Aínda que a folla de cálculo non é a ferramenta máis empregada en ámbitos domésticos (un navegador ou un procesador de textos empréganse máis a miúdo), para o estudante ten un interese especial, pois permitiralle simplificar notablemente certas tarefas repetitivas, á vez

IES CURTISPágina 11 de 21

Page 34: Programación Tecnoloxía 2010-2011

DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA 3º ESO

que pon ó seu alcance ferramentas que lle resultarán útiles, por exemplo, á hora de interpretar gráficos diversos que aparecen asiduamente nos medios de comunicación. Competencia para aprender a aprenderNo manexo de aplicacións informáticas o autoaprendizaxe é esencial. Ó longo da unidade, inclúense varios Procedementos que amosan ós alumnos como realizar tarefas sinxelas empregando aplicacións relacionadas con manexo de datos numéricos e a súa representación gráfica. Autonomía e iniciativa persoal É interesante motivar ós alumnos para que teñan curiosidade por aprender a utilizar ferramentas informáticas novas, como as follas de cálculo, que moitos deles descoñecen.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

1. Realizar cálculos con funcións sinxelas nunha folla de cálculo. 2. Representar graficamente os datos dunha táboa.3. Elixir un tipo de gráfico ou outro en función dos datos que se representan nunha folla de cálculo.4. Imprimar táboas e gráficos.5. Varia-lo formato das celas, utilizando criterios que permitan diferencia-los datos introducidos polo usuario daqueles que calcula a aplicación, por exemplo.6. Elixi-lo formato das celas (data, número, etc.) que mellor se adapta ós datos introducidos.7. Aplica-lo aprendido nesta unidade á hora de resolver algúns problemas de xeografía, matemáticas, física, química ou tecnoloxía.8. Varia-lo formato numérico das celas e explica-las variacións que se observan na pantalla cando se recalculan os datos cun formato diferente.

Unidade 8. Redes informáticas: InternetOBXECTIVOS

Saber definir unha rede informática. Saber como se transmiten os datos nunha rede. Aprender a diferenciar e a clasificar redes informáticas segundo diferentes criterios. Coñecer cal é o hardware empregado para comunicar entre si dous ou máis ordenadores. Aprender como se dispón e conéctanse os diferentes dispositivos que conforman unha

rede informática. Aprender a configurar redes informáticas, tanto en Windows como en Linux. Coñecer como se produciu o nacemento e a posterior evolución da rede Internet. Entender como funciona Internet e como ten lugar o fluxo de información a través da

mesma. Saber como funcionan as redes de banda ancha e as vantaxes que aportan á

comunicación en Internet. Ser capaces de configurar unha conexión a Internet.

CONTIDOS

Conceptos:

Redes informáticas. Usuarios, dominios e grupos de traballo. Estructura cliente-servidor. Transmisión de datos en redes informáticas. Choques. Tipos de redes de ordenadores. Redes LAN, MAN e WAN. Clasificación. Redes cabreadas (Ethernet) e redes inalámbricas. Dispositivos wifi. Hardware necesario para montar unha rede: adaptadores de rede, routers,

concentradores, conmutadores, puntos de acceso, pontes, repetidores, pasarelas… Configuración de redes informáticas en Windows e Linux. Historia e evolución de Internet. A estrutura de Internet e o seu funcionamento. As direccións IP. Os dominios. Adxudicación de dominios. Os distintos tipos de conexións a Internet: rede telefónica básica, RDSI, ADSL, cable,

satélite, banda ancha inalámbrica e PLC.

IES CURTISPágina 12 de 21

Page 35: Programación Tecnoloxía 2010-2011

DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA 3º ESO

Procedementos:

Interpretar esquemas que amosan como ten lugar o fluxo de datos nunha rede informática.

Identifica-los dispositivos necesarios para montar unha rede informática. Configurar redes e compartir recursos en Windows e Linux. Buscar información para deseñar unha rede doméstica, cableada ou ben inalámbrica (de

tipo wifi). Crear unha rede LAN ou WLAN. Identifica-los elementos físicos (cabreado, modem, router…) que configuran a conexión

física á rede Internet. Configurar unha conexión a Internet.

Actitudes:

Valoración da importancia de Internet na sociedade actual e dos esforzos que realizaron moitas persoas dende fai varias décadas para conseguir que Internet funcione a nivel mundial.

Actitude crítica ante as informacións presentes na Rede.

COMPETENCIAS

Competencia en comunicación lingüísticaA presenza de diferentes tipos de gráficos ó longo de toda a unidade debe servir, ademais, para reforza-la comprensión destes elementos. Competencia matemáticaÉ útil presenta-lo sistema de numeración binario, posto que é a base do tratamento dixital da información. Tratamento da información e competencia dixitalA presenza de redes foi, probablemente, o feito que máis transformou a nosa sociedade occidental nos últimos anos. Ó principio, as redes empregábanse soamente para transmitir información. Agora, permitiron formar unha inmensa comunidade na que a comunicación é case instantánea entre dúas rexións calquera do planeta. Competencia social e cidadáPosto que as redes informáticas permítennos establecer contacto facilmente con moitas persoas, é imprescindible respecta-las opinións dos demais. E, sobre todo, tendo en conta que Internet pon en contacto directo a persoas que teñen contornos culturais moi dispares. Competencia para aprender a aprender No manexo de aplicacións informáticas o autoaprendizaxe é esencial. Ó longo da unidade,

inclúense varios procedementos que amosan ós alumnos como realizar tarefas sinxelas destinadas á comprensión do funcionamento das redes informáticas.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

1. Coñecer e comprende-lo funcionamento dunha rede de comunicacións entre ordenadores.2. Utilizar adecuadamente diferentes dispositivos necesarios para montar unha rede informática.3. Distinguir dous ou máis redes informáticas tendo en conta diferentes criterios: tipo de medio físico que conecta os diversos equipos da rede, topoloxía da rede, área que abarca a mesma, etc.4. Montar e desmontar fisicamente unha rede informática de área local (LAN ou WLAN).5. Avalia-las vantaxes e inconvenientes de distintas conexións a Internet.6. Describi-la estrutura e o funcionamento da rede Internet.7. Coñece-las redes de banda ancha e describi-lo seu funcionamento.8. Configurar unha conexión a Internet.

IES CURTISPágina 13 de 21

Page 36: Programación Tecnoloxía 2010-2011

DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA 3º ESO

2.1. DISTRIBUCIÓN TEMPORALA distribución temporal realizouse tendo en conta que o curso escolar para estes alumnos consta aproximadamente de 33 semanas lectivas e que á materia lle corresponden 2 horas semanais, unha das cales ten lugar na aula de informática, de aí o solapamento destas unidades referidas á informática coas outras unidades.

1ª Semana 2ª Semana 3ª Semana 4ª Semana

Setembro UNIDADE 1: Os plásticos

Outubro UNIDADE 1: Os plásticos UNIDADE 2: Materiais de construcción

NovembroUNIDADE 3: Mecanismos e máquinas

UNIDADE 4: Internet e comunicación

Decembro UNIDADE 3: Mecanismos e máquinas NADAL

Xaneiro NADALUNIDADE 5: Electricidade

UNIDADE 6: Deseño gráfico con ordenador

FebreiroUNIDADE 5: Electricidade UNIDADE 5: Electricidade

UNIDADE 6: Deseño gráfico con ordenador

UNIDADE 6: Deseño gráfico con ordenador

Marzo UNIDADE 5: Electricidade

ENTROIDO UNIDADE 7: A folla de cálculo

Abril UNIDADE 7: A folla de cálculo SEMANA SANTA

UNIDADE 7: A folla de cálculo

Maio UNIDADE 8: Redes informáticas: internet PROXECTO

Xuño PROXECTO

2.2. CONTIDOS MÍNIMOS ESIXIBLES

Clasificación dos materiais plásticos: termoplásticos, termoestables e elastómeros. Procedementos para a obtención e transformación de materiais plásticos. Propiedades dos plásticos e comportamento. Reciclaxe dos plásticos.

IES CURTISPágina 14 de 21

Page 37: Programación Tecnoloxía 2010-2011

DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA 3º ESO

Materiais de construcción: morteiro, formigón, formigón armado, formigón pretensado, cemento, asfalto e elementos prefabricados. Propiedades dos materiais: mecánicas, eléctricas, térmicas, acústicas, ópticas, etc.

Operadores mecánicos: pancas, poleas e polipastos. Mecanismos de transmisión. Engrenaxes, correas e cadeas. O parafuso sen fin.

Trens de mecanismos. Relación de transmisión. O mecanismo piñón-cremalleira. O mecanismo biela-manivela. O mecanismo leva-seguidor. Excéntrica e cigüeñal. O motor de explosión. Correo electrónico. Corrente continúa. Corrente alterna. Central eléctrica. Voltaxe, intensidade e resistencia eléctrica. Voltio, amperio e ohmio. Polímetro. Voltímetro, ohmímetro e amperímetro. A lei de Ohm. Potencia. Vatio. Circuíto serie, paralelo e mixto. Interruptor, pulsador e conmutador.Relé. Formatos de arquivos gráficos. Retoque básico de imaxes dixitais. Manexo básico de QCad. Medida do consumo eléctrico. O kilovatio hora. Tipos de centrais eléctricas: hidroeléctrica, térmica de combustibles fósiles, térmica nuclear, térmica solar, solar fotovoltaica, eólica, maremotrices, xeotérmicas e

heliotérmicas. Enerxía da biomasa. A folla de cálculo OpenOffice.org Calc. Formato das celas. Formato de texto. Formato de

número. Formato de moeda. Formato de data. Fórmulas e funcións.Gráficos. Tipos de redes de ordenadores. Redes LAN, MAN e WAN. Clasificación.A estrutura de

Internet e o seu funcionamento. As direccións IP.

3. METODOLOXÍA DIDÁCTICA

A área de Tecnoloxía na ESO basea a súa aprendizaxe na adquisición de coñecementos e no desenvolvemento de destrezas que permitan tanto a comprensión dos obxectos técnicos coma a intervención sobre eles (saber facer), ben sexa modificándoos ou creándoos, fomentando as aptitudes innovadoras na busca de solucións ós problemas existentes, así coma a sensibilidade ante o aforro e o aproveitamento dos recursos. Igualmente, os alumnos han de usa-las tecnoloxías da información e da comunicación como ferramentas para localizar ou crear, analizar, intercambiar e presenta-la información.

Esta área articúlase, en consecuencia, arredor do binomio coñecemento/acción, no que ambos deben te-lo peso específico apropiado en cada caso para facilita-lo carácter propedéutico desta disciplina. Unha continua manipulación de materiais sen os coñecementos técnicos necesarios non ten validez educativa. Pola contra, un proceso de ensino-aprendizaxe puramente académico, carente de experimentación, manipulación e construcción, non cumpre co carácter práctico inherente á disciplina.

Por todo iso, consideremos que a formulación metodolóxica debe ter en conta os seguintes principios:

Unha parte esencial do desenvolvemento do proceso de ensino-aprendizaxe do alumno debe se-la actividade, tanto intelectual coma manual.

O desenvolvemento da actividade debe ter un claro sentido e significado para o alumno.

A actividade manual constitúe un medio esencial para a área, pero nunca un fin en si mesmo.

Os contidos e aprendizaxes relativos ó uso de máquinas, ferramentas e materiais son consubstanciais á área.

A función do profesor será a de organiza-lo proceso de aprendizaxe, definindo os obxectivos, seleccionando as actividades e creando as situacións de aprendizaxes oportunas para que os alumnos constrúan e enriquezan os seus coñecementos previos.

IES CURTISPágina 15 de 21

Page 38: Programación Tecnoloxía 2010-2011

DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA 3º ESO

A secuenciación no currículo determínase en función da graduación lóxica dos contidos, do grao de madurez dos alumnos e da relación mutua dos conceptos.

Como resultado desta formulación, a actividade metodolóxica apoiarase nos seguintes aspectos:

A adquisición dos coñecementos técnicos e científicos necesarios para a comprensión e para o desenvolvemento da actividade tecnolóxica.

A aplicación dos coñecementos adquiridos aumenta o seu significado ó realiza-la análise dos obxectos tecnolóxicos existentes, así como á súa posible manipulación e transformación.

Desenvolver nos alumnos a posibilidade de se enfrontar a proxectos tecnolóxicos globais debe constituí-lo termo dun proceso de aprendizaxe que se apoia nos dous puntos precedentes.

Transmitirlle ó alumno a importancia social e cultural dos obxectos inventados polo home, e que modifican dalgunha forma as condicións de vida das distintas sociedades históricas.

Para conseguir este equilibrio, a proposta didáctica na área de Tecnoloxía debe basea-lo proceso de ensino-aprendizaxe nun soporte conceptual (principios científicos e técnicos) para que, posteriormente, o alumno desenvolva as accións de análise e proxecto.

O método de análise baséase no estudio de distintos aspectos dos obxectos e sistemas técnicos, para chegar dende o propio obxecto ou sistema a comprende-las necesidades que satisfán e os principios científicos nos que se basea o seu funcionamento.

O método de proxectos consiste en deseñar ou proxectar obxectos ou operadores tecnolóxicos partindo dun problema ou necesidade que se quere resolver, para pasar despois a construí-lo proxectado e avaliar ou verificar posteriormente a súa validez, sempre dende unha perspectiva globalizadora.

Todas estas consideracións metodolóxicas foron tidas en conta no libro de texto que se vai utilizar e, en consecuencia, na propia actividade educativa que se vai desenvolver:

Tratamento dos contidos de forma que conduzan a unha aprendizaxe comprensiva e significativa.

Unha exposición clara, sinxela e razoada dos contidos, cunha linguaxe adaptada á do alumno.

Estratexias de aprendizaxe que propicien a análise e comprensión do feito tecnolóxico.

Esta forma de traballar na aula permitiralle ó alumno tanto unha aprendizaxe autónoma, base de aprendizaxes posteriores, imprescindibles nunha materia coma esta en permanente proceso de construcción do coñecemento, coma grupal, o que poida levar adiante trala súa inserción laboral.

Por último cabe subliñar que segundo o agrupamento dos alumnos as actividades estableceranse do seguinte modo:

En grupo medio (ou grupo de clase):• Exposición de temas.• Propostas de técnicas ou métodos de traballo.• Control de traballos realizados.• Exposición de traballos individuais ou en equipo.• Posta en común.

En grupo coloquial ou en equipo:• Preparación e deseño de proxectos.• Distribución do traballo.• Busca de materiais e fontes.• Terminación e presentación do traballo.

En forma individual:IES CURTIS

Página 16 de 21

Page 39: Programación Tecnoloxía 2010-2011

DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA 3º ESO

• Realización de experiencias.• Realización de probas.• Confección da memoria de traballos e proxectos.• Elaborar o caderno de clase.

4. PROCEDEMENTOS DE AVALIACIÓN

4.1. AVALIACIÓN ORDINARIA

4.1.1. Criterios de avaliaciónSon os recollidos en cada unidade didáctica.

4.1.2. Criterios de cualificaciónA avaliación dos alumnos debería comprender tres fases a inicial (proporciona datos

sobre os coñecementos previos dos alumnos), a formativa (permite corrixi-los erros dos alumnos ó longo do proceso) e a final (que debidamente cuantificada permitiría poñer a nota da asignatura).

Os criterios seguidos para a avaliación dos alumnos veñen definidos de forma xeral no DCB da Consellería de Educación. A forma de aplicar cada criterio virá determinada polos obxectivos didácticos de cada unidade didáctica.

A forma de avaliar ó alumno consistirá en:

A. Realización de dúas probas, como mínimo, de coñecemento escritas en cada avaliación.

B. Elaboración dun proxecto tecnolóxico (non ten que ser constructivo), ou/e realización de actividades prácticas, traballos… relacionados cos contidos explicados en cada trimestre. Redacción dunha memoria escrita sobre os mesmos.

C. Realización dos exercicios e actividades propostos en clase, interese e grao de participación do alumno na clase e cumplimento das normas do centro.

A nota final da avaliación calcularase segundo as seguintes porcentaxes:

Un 60% corresponde a coñecementos teóricos (parte A).

Un 20% corresponde á aplicación práctica de coñecementos (parte B). (O proxecto cando ocupa a maior parte dunha avaliación, terá máis peso na nota final).

Un 20% corresponde á realización dos exercicios e actividades na libreta, ao seu interese e grao de participación na clase e cumplimento das normas do centro (parte C)

Para poder obter unha cualificación positiva na materia será necesario ter en cada unha das partes citadas (A,B e C) unha nota igual ou maior a 4.

Para os alumnos de diversificación curricular o peso de cada unha das partes será a seguinte, para reflexar o caracter máis práctico coa que se impartirá a materia:

Un 40% corresponde a coñecementos teóricos (parte A).

IES CURTISPágina 17 de 21

Page 40: Programación Tecnoloxía 2010-2011

DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA 3º ESO

Un 40% corresponde á aplicación práctica de coñecementos (parte B). (O proxecto cando ocupa a maior parte dunha avaliación, terá máis peso na nota final).

Un 20% corresponde á realización dos exercicios e actividades na libreta, ao seu interese e grao de participación na clase e cumplimento das normas do centro (parte C)

O cálculo da nota final, así como o número de exames por avaliación poden variar o longo do curso debido a modificacións na programación, tipo de alumnos, segundo o grupo, etc.

4.1.3. Instrumentos de avaliación

ASPECTOS A AVALIAR INSTRUMENTOS CRITERIOS DE AVALIACIÓN

TRABALLO EN EQUIPO OBSERVACIÓN DIRECTA

¿Realiza as tarefas asignadas dentro do equipo?¿Aporta ideas ao equipo de traballo?¿Participa nos debates?¿Respecta as opinións e o traballo dos demais?................................

TRABALLO INDIVIDUAL OBSERVACIÓN DIRECTA

¿Entrega a memoria e demais documentos nos prazos previstos?¿Actualiza o caderno de clase e faino correctamente?.....................................

USO DE FERRAMENTAS EINSTRUMENTOS DE

MEDIDA OBSERVACIÓN DIRECTA

¿Usa correctamente as ferramentas con precisión e seguridade?¿Usa correctamente os instrumentos de medida?.......................................

REPRESENTACIÓN GRÁFICA

CADERNO DE CLASELÁMINA DE DEBUXO

¿Son aceptables os debuxos en canto a calidade e presentación'?¿Utiliza correctamente as normas e simboloxía?........................................

DESEÑO

CADERNO DE CLASEINFORMESMEMORIA

¿É realizable o obxecto deseñado tendo en conta tempo e materiais?¿Busca información?¿Selecciona información?¿Selecciona os materiais e os operadores adecuados?¿Toma decisións valorando as opcións posibles?¿Secuencia adecuadamente as tarefas par a construcción?¿O presuposto ten aproximación ó custo real?.........................................................

OBXECTO CONSTRUIDO OBSERVACIÓN DIRECTA

¿Funciona tal como se indicaba no enunciado?¿Está ben acabado?¿Está construido de acordo co proxectado?¿Está corrixido o deseño para melloralo?No aspecto ergonómico ¿son accesibles os elementos para poder sustituirse por outros?No aspecto da orixinalidade ¿Usa os materiais e coloca os operadores de forma novidosas?

No aspecto estético ¿É agradable á vista o conxunto construido

COÑECEMENTO DOSFENÓMENOS FÍSICOS

IMPLICADOS

PROBAS ESCRITASOBSERVACIÓN DIRECTA

CADI?RNO DE CLASEMEMORIA

¿Utiliza correctamente os operadores sinxelos empregados nas experiencias?¿Utiliza correctamente as leis físicas en cálculos sinxelos?......................................

IES CURTISPágina 18 de 21

Page 41: Programación Tecnoloxía 2010-2011

DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA 3º ESO

EXPRESIÓN

OBSERVACIÓN DIRECTACADERNO DE CLASE

INFORMESMEMORIA

¿Presenta os documentos con pulcritude e orixinalidadc?¿Utiliza un vocabulario correcto?.....................................

4.1.4. Procedementos para a realización da avaliación inicial.Como norma de carácter xeral, perante o primeiro mes do curso, realizarase un “test de coñecementos previos” co que o profesor/a pode facerse unha idea de cada alumno/a e da clase en xeral e servirá para promover actividades constructivas, nas que o alumno/a estableza de forma clara a relación entre os coñecementos previos e os novos. Así mesmo, faremos un seguimento o máis personalizado posible de cada alumno/a para coñecer as capacidades, os ritmos de desenvolvemento e de traballo, o estilo de aprendizaxe e o interés por progresar, que anotaremos na ficha individual de cada alumno e que serán un referente fundamental para que cada alumno/a desenvolva ao máximo as súas potencialidades.

4.1.5. Actividades de recuperación.Ó finalizar cada unidade didáctica, informarase ós alumnos dos aspectos negativos da súa avaliación, se é o caso, indicándolles como os deberán solventar. Como é obvio, o sistema de recuperación proposto dependerá do tipo de contidos nos que non se acadaron os obxectivos. Mentres que para os contidos conceptuais e algúns procedimentais empregarase normalmente un novo exame, para o resto dos contidos servirán as observacións feitas nas sucesivas Unidades Didácticas e anotacións das fichas de observacións incidencias do profesor, así como os traballos, informes, debuxos, etc. recollidos no caderno de traballo do alumno.

4.1.6. Cualificación final.A cualificación final será a media aritmética das cualificacións das tres avaliacións, tendo aprobadas as tres avaliacións.

4.2. AVALIACIÓN EXTRAORDINARIA.

4.2.1. Procedementos de recuperación para alumnado coa materia pendente.

Na lexislación vixente está previsto un exame extraordinario no mes de setembro para o alumnado que non acade cualificación positiva na convocatoria de xuño. Este exame realizarase soamente da parte conceptual e procedemental se fora o caso e nas datas que se acorden no centro educativo, sendo necesario obter unha nota de 5 para superalo. O alumnado que nesta convocatoria siga sen acadar cualificación positiva e promocione de curso, levará a materia correspondente pendente. O procedemento de recuperación para estes alumnos/as establécese na programación do curso seguinte.

Se houbera alumnos coa materia pendente o procedemento sería o seguinte:

A avaliación da asignatura quedará dividida en tres partes, cada unha das cales constará dun traballo escrito e un exame tipo test sobre o mesmo. Os traballos escritos suporán un 40 % da nota e os exames o 60 % restante.

Para aprobar será necesario ter unha nota media das tres partes de 5 puntos como mínimo. Aquelas persoas que non acaden o 5 terán dereito a realizar un exame final no mes de maio de todos os contidos da asignatura.

Os traballos escritos entregaránselle ó profesor o día do exame correspondente. O profesor encargado de avaliar ós alumnos informará a estes da data e o lugar do exame con alomenos 15 días de antelación.IES CURTIS

Página 19 de 21

Page 42: Programación Tecnoloxía 2010-2011

DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA 3º ESO

Os traballos escritos entregaranse preferentemente mecanografados, e deberán axustarse ós contidos que para eles se establezan na programación anual.

5. PROGRAMAS ESPECÍFICOS PERSONALIZADOS PARA O ALUMNADO REPETIDOR.

Calquera acción personalizada para o alumnado repetidor será consensuada co Departamento de Orientación, aínda no caso de que non afecte ós contidos prescriptivos do currículo. En principio, non se tomará ningunha medida organizativa especial para o alumnado repetidor (por exemplo, agrupamentos na aula en razón da súa condición repetidora), agás que o profesor o considere puntualmente oportuno. Haberá, porén, unha metodoloxía específica, que incluirá exercicios de reforzo específicos para os alumnos repetidores. O seu nivel e cantidade serán determinados individualmente polo profesor á vista do desenvolvemento da programación e do proceso de aprendizaxe de cada alumno.

6. MATERIAIS E RECURSOS DIDÁCTICOS

Aparte do libro de texto, empregarase para o desenrolo da materia os seguintes recursos e materiais didácticos:- Ferramentas, maquinaria e materiais presentes na aula -taller de tecnoloxía.- Materiais reciclables de uso doméstico para a realización de proxectos: cartón, plásticos, madeira, etc.- Televisión e vídeos didácticos sobre a materia de tecnoloxía.- Canón e ordenador- Ordenadores para o desenrolo dos temas informáticos presentes na programación.

7. EDUCACIÓN EN VALORES. TEMAS TRANSVERSAIS

Algúns contidos da ensinanza non poden estar situados nunha área determinada do currículo, pois son temas importantes que reclaman a contribución de tódalas areas, cada unha dende a súa propia perspectiva e especificidade. A continuación tratarase de expoñer como van a ser tratados algúns de estes temas transversais dentro da disciplina de Tecnoloxía do I.E.S. Cidade de Antioquía.

Educación para a saúde e calidade de vida. Ao lograr un ambiente agradable na realización dos traballos da área axudan a xerar comportamentos e actitudes moi positivas para a saúde; fomenta-la orde e limpeza na aula de tecnoloxía; coñecer e aplica-las normas de seguridade e hixiene no traballo propicia unha valoración positiva, por parte dos nosos alumnos, da educación para a saúde.

Educación ambiental. Fomenta-la busca de solucións que eviten ou minimicen o impacto ambiental; valora-lo posible esgotamento de recursos e analiza-los inconvenientes que se deriven do uso de cada un dos materiais, e a repercusión que poida ter nas persoas, animais e plantas, así coma na vida en sociedade.

Educación para o consumidor. Valora-lo custo na realización dos proxectos tecnolóxicos e comparalo co seu uso, analizando as condicións técnicas e estéticas que debe reunir para determina-las características dos materiais que hai que utilizar; analiza-la relación calidade/prezo axudará a desenvolver nos nosos alumnos actitudes de consumidor responsable.

Educación para a paz. Fomenta-lo traballo cooperativo; incidir no respecto ás ideas doutros; apoia-los menos capacitados no desenvolvemento dos proxectos tecnolóxicos; desenvolver unha actitude aberta e flexible ante as ideas e os traballos dos demais axudan a adquirir valores e actitudes que incidan directamente neste tema transversal.

IES CURTISPágina 20 de 21

Page 43: Programación Tecnoloxía 2010-2011

DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA 3º ESO

Educación para o ocio. O desenvolvemento e realización do traballo tecnolóxico e do uso das ferramentas poden fomentar na vida cotiá do alumno o gusto pola realización de actividades de ocio e afeccións relacionadas co proceso tecnolóxico.

Educación para a igualdade entre ámbolos dous sexos. Fomenta-lo reparto de tarefas nun plano absoluto de igualdade en función das capacidades, sen distinción de sexo; valora-lo esforzo, as ideas e o traballo dos demais dende unha perspectiva de igualdade son contidos plenamente enmarcados na área de Tecnoloxía que inciden no desenvolvemento dunha educación para a igualdade de oportunidades de ámbolos dous sexos.

Educación moral e cívica. Analizar e valora-las implicacións que supón o desenvolvemento de determinados aspectos científicos e técnicos dende unha perspectiva moral e ética; valorar e analizar dende a perspectiva ética e moral as consecuencias derivadas polo desenvolvemento tecnolóxico en dimensión social e persoal de cada un.

8. ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES PREVISTAS

As actividades complementarias e extraescolares previstas durante o transcurso do ano lectivo establécense polo colectivo de profesores compoñentes do claustro.

9. MEDIDAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE

O tratamento á diversidade recóllese nesta programación de diferentes formas, a mellor estratexia para a integración do alumnado con necesidades educativas especiais ou con determinados problemas de aprendizaxe, é implicalos nas mesmas tarefas co resto do grupo, con distintos métodos de apoio e esixencia. O tratamento en "espiral" ofrece a posibilidade de retomar un contido non asimilado nun momento posterior de traballo, co cal evitamos a paralización do proceso de aprendizaxe de dito sector con exercicios repetitivos que soen incidir negativamente no nivel de motivación.Esta posibilidade de distinto nivel de profundización en moitas das actividades propostas, permitirán atender demandas de carácter máis profundo por parte de aqueles alumnos con niveis de partida máis avanzados ou cun interese maior sobre o tema estudiado.Por último, insistir en que no traballo nos talleres, ademais do comentado máis arriba, posibilita a aqueles alumnos e alumnas máis avantaxados unha profundización no tema tratado; e a aqueles ou aquelas con deficiencias, permítelles unha nova oportunidade para asimilar os contidos básicos do bloque ou da unidade. Ademais, a formación de grupos heteroxéneos para a realización destas actividades fomenta as relacións sociais entre o alumnado e a formación ou asentamento dunha maior cultura social e cívica.

10. ACCIÓNS DE CONTRIBUCIÓN AO PROXECTO LECTORRECURSOS Biblioteca da aula e do instituto.Aula de informática.Ordenador portátil e canón proxector.Libro de texto de tecnoloxía.Conexión a internet na aula de tecnoloxía.

ACTIVIDADES A DESENVOLVER -Realizar lecturas de textos e artigos, a nivel de grupo-clase e en voz alta e por turnos, seleccionados de libros de consulta da biblioteca de aula ou libros de texto, relacionadas con contidos concretos da materia, que permitirá unha posta en común e posterior debate.-Potenciar o aprendizaxe da lectura na pantalla do ordenador, utilizando a aula de informática e a Internet para a búsqueda dalgún artigo ou traballo, e realizar a lectura conxunta do mesmo.IES CURTIS

Página 21 de 21

Page 44: Programación Tecnoloxía 2010-2011

DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA 3º ESO

-Potenciar o emprego das bibliotecas de aula e do centro como espacio de consulta e ampliación de información para realizar pequenos traballos de investigación.-Búsqueda de información na Internet, en páxinas Web, seleccionala e empregala para a realización de pequenos traballos de investigación.

11. ACCIÓNS DE CONTRIBUCIÓN AO PLAN DE CONVIVENCIAPolo xeral, o profesorado intenta solucionar co alumnado implicado os pequenos conflitos que xurden na aula. En casos excepcionais, empregarase a aula de conviencia e seguiranse as pautas ditadas polo Departamento de Orientación.

12. PROCEDEMENTOS PARA AVALIAR A PROPIA PROGRAMACIÓN

Mensualmente, farase unha avaliación de como se vai seguindo a programación, explicando en todo momento as posibles desviacións e os motivos delas.

IES CURTISPágina 22 de 21

Page 45: Programación Tecnoloxía 2010-2011

DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA 4º ESO

4º ESO

PROGRAMACIÓN DE TECNOLOXÍA

ÍNDICEPROGRAMACIÓN TECNOLOXÍAS 4ºESO Páxina1. OBXECTIVOS XERAIS DO CURSO 2-232. CONTIDOS TEMPORALIZADOS 2-23

2.1. CADRO TEMPORALIZACIÓN 16-232.2. MÍNIMOS ESIXIBLES 16-23

3. METODOLOXÍA 17-234. PROCEDEMENTOS DE AVALIACIÓN 18-23

4.1. AVALIACIÓN ORDINARIA 18-234.1.1. CRITERIOS DE AVALIACIÓN 18-234.1.2. CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN 18-234.1.3. INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN 19-234.1.4. PROCEDEMENTOS PARA A REALIZACIÓN DA AVALIACIÓN INICIAL 20-234.1.5. ACTIVIDADES DE RECUPERACIÓN 20-234.1.6. CUALIFICACIÓN FINAL 20-23

4.2. AVALIACIÓN EXTRAORDINARIA 21-234.2.1. PROCEDEMENTO DE RECUPERACIÓN PARA O ALUMNADO COAMATERIA PENDENTE. 21-23

5. PROGRAMAS ESPECÍFICOS PERSONALIZADOS PARA O ALUMNADO REPETIDOR.21-236. MATERIAIS E RECURSOS DIDÁCTICOS 21-237. EDUCACIÓN EN VALORES. TEMAS TRANSVERSAIS. 21-238. ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES 22-239. MEDIDAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE 22-2310. ACCIÓNS DE CONTRIBUCIÓN AO PROXECTO LECTOR 23-2311. ACCIÓNS DE CONTRIBUCIÓN AO PLAN DE CONVIVENCIA. 23-2312. PROCEDEMENTOS PARA AVALIAR A PROPIA PROGRAMACIÓN. 23-23

IES CURTIS Página 1 de 23

Page 46: Programación Tecnoloxía 2010-2011

DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA 4º ESO

1. OBXECTIVOS XERAIS DO CURSO

1. Analizar os obxectos e sistemas técnicos para identificar os seus elementos e as funcións que realizan, explicar o seu funcionamento, utilizalos e controlalos de diversas formas, e recoñecer as condicións fundamentais que interveñen no seu deseño e construcción.

2. Abordar con autonomía e creatividade, individualmente e en grupo, problemas tecnolóxicos traballando de forma ordenada e metódica para estudar o problema, recompilar e seleccionar información procedente de distintas fontes, elaborar a documentación pertinente, concibir, deseñar, planificar e construír obxectos ou sistemas que resolvan o problema e avaliar a súa idoneidade desde distintos puntos de vista.

3. Actuar de xeito dialogante, flexible, responsable e voluntario no traballo en equipo, na procura de solucións, na toma de decisións e na execución das tarefas encomendadas con actitude de respecto, cooperación, tolerancia e solidariedade.

4. Empregar as destrezas e os coñecementos necesarios para a análise, intervención, deseño, elaboración e manipulación de forma segura e precisa de materiais, obxectos e sistemas.

5. Expresar e comunicar ideas e solucións técnicas, así como explorar a súa viabilidade e alcance utilizando os medios tecnolóxicos, os recursos gráficos,a simboloxía e o vocabulario axeitados.

6. Adoptar actitudes favorables á resolución de problemas técnicos, desenvolvendo interese e curiosidade cara á actividade tecnolóxica, analizando e valorando criticamente a investigación e o desenvolvemento tecnolóxico e a súa influencia na sociedade, no ambiente, na saúde e na calidade de vida das persoas.

7. Manexar con soltura aplicacións informáticas para buscar, almacenar, organizar, manipular, recuperar, presentar, compartir e publicar información, e empregar de forma habitual as redes de comunicación na propia formación, na busca de emprego e para acceder a servizos electrónicos administrativos ou comerciais.

8. Interesarse polos avances tecnolóxicos valorando criticamente a súa contribución á mellora do benestar social e individual, e incorporándoos ao seu facer cotiá.

2. CONTIDOS TEMPORALIZADOS

Os contidos do curso organízanse en UNIDADES DIDACTICAS

UNIDADE 1

HARDWARE E SOFTWAREOBXECTIVOS

1. Manexar a folla de cálculo en tecnoloxía para obter, analizar e representar información numérica e analizar pautas de comportamento.

2. Coñecer as redes que permiten a comunicación entre ordenadores: rede de rea local (LAN), rede sen fíos (WLAN) e rede de área ampla (WAN).

3. Describir basicamente unha rede de ordenadores de área local e realizar a súa configuración básica.

4. Asumir de forma activa o avance e a aparición de novas tecnoloxías, incorporándoas ao quefacer cotián.

5. Analizar e valorar criticamente a influencia do desenvolvemento tecnolóxico na sociedade.

CONTIDOS

IES CURTIS Página 2 de 23

Page 47: Programación Tecnoloxía 2010-2011

DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA 4º ESO

Conceptos A folla de cálculo en tecnoloxía: introdución de datos, operacións e presentación

dos mesmos. Análise dun sensor, resolución de circuítos, conversión analóxico-dixital. Funcións financeiras da folla de cálculo: facturas, a bolsa, créditos e hipotecas.

Redes de comunicación de datos: comunicación entre ordenadores. Tipos de redes de datos: rede de área local (LAN), rede sen fíos (WLAN) e rede de área ampla (WAN).

Procedementos Introdución de datos nunha folla de cálculo e realización de operacións elementais

con eles. Obtención, a partir dunha táboa de datos, da curva característica do

funcionamento dun sensor. Resolución de circuítos mediante unha folla de cálculo. Uso das funcións matemáticas da folla de cálculo para converter un sinal analóxico

a dixital. Elaboración dunha factura, seguimento dun investimento en bolsa, análise dun

crédito ou empréstito hipotecario. Coñecemento dos dispositivos necesarios e a súa conexión para formar unha rede

de área local.Actitudes

Interese polas novas tecnoloxías e a súa implicación na vida real. Valoración da importancia crecente dos ordenadores na sociedade actual. Respecto polas normas de uso e seguridade no manexo do ordenador. Actitude positiva e creativa ante problemas prácticos e implicación persoal na súa

resolución para conseguir resultados útiles. Curiosidade e respecto cara ás ideas, os valores e as solucións achegadas por

outras persoas, culturas e sociedades. Valoración da necesidade de dispor de sistemas de comunicación fiables que

contribúan ao desenvolvemento económico e social.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

1. Utilizar axeitadamente a folla de cálculo para o tratamento da información numérica.2. Describir os tipos de redes de comunicación de ordenadores.3. Describir, configurar e facer uso das ferramentas necesarias para a conexión dunha

pequena rede local.

COMPETENCIAS

Coñecemento e interacción co mundo físico Coñecer e comprender obxectos, procesos, sistemas e contornas tecnolóxicas.

Matemática Empregar as ferramentas matemáticas axeitadas para cuantificar e analizar

fenómenos, moi especialmente a medición, o uso de escalas, a interpretación de gráficos, os cálculos básicos de magnitudes físicas…

Tratamento da información e competencia dixital Manexar a información nos seus distintos formatos: verbal, numérico, simbólico ou

gráfico. Utilizar as tecnoloxías da información con seguridade e confianza para obter e reportar

datos e para simular situacións e procesos tecnolóxicos.

Comunicación lingüística Adquirir o vocabulario específico para comprender e interpretar mensaxes relativas á

tecnoloxía e aos procesos tecnolóxicos. Utilizar a terminoloxía axeitada para redactar informes e documentos técnicos.

Aprender a aprender Desenvolver estratexias de resolución de problemas tecnolóxicos mediante a

obtención, a análise e a selección de información útil para abordar un proxecto.IES CURTIS Página 3 de 23

Page 48: Programación Tecnoloxía 2010-2011

DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA 4º ESO

UNIDADE 2

DESEÑO ASISTIDO POR ORDENADOR

OBXECTIVOS

1. Coñecer as distintas aplicacións informáticas relacionadas co proceso tecnolóxico e determinar en que fases se emprega.

2. Utilizar aplicacións de debuxo vectorial para elaborar planos técnicos.3. Expresar ideas técnicas mediante debuxos empregando códigos que estruturen a

información que se pretende transmitir e que, ao mesmo tempo, a esclarezan.4. Coñecer as distintas aplicacións informáticas relacionadas co deseño gráfico e a súa

utilidade práctica. 5. Interpretar planos, circuítos e esquemas elaborados con medios informáticos.6. Valorar a importancia do debuxo técnico como medio de expresión e comunicación

na área da Tecnoloxía.7.

CONTIDOS

Conceptos Conceptos de CAD, CAM e CAE. Relación dos conceptos anteriores co proceso tecnolóxico na aula e na vida real. Principais aplicacións informáticas de:

- Debuxo vectorial.- Deseño gráfico.- Maquetación.- Retoque fotográfico.- Cálculo de estruturas.- Cálculo e deseño de circuítos.- Control de produción.- Simuladores virtuais.- Animación.

Principais ordes e opcións dun programa de debuxo vectorial. Proporcionalidade entre debuxo e realidade. Escalas de impresión.

Procedementos Realización de debuxos de vistas e perspectivas de obxectos sinxelos a fin de

comunicar un traballo técnico mediante un programa de debuxo vectorial. Selección dos programas axeitados para cada fase do proceso tecnolóxico. Elección e cálculo da relación entre o tamaño do papel e o debuxo en pantalla

para imprimir na escala axeitada. Anotación de segmentos, circunferencias e arcos en figuras xeométricas planas e

obxectos sinxelos tridimensionais cun programa de debuxo vectorial.

Actitudes Gusto pola limpeza e a orde na presentación dos traballos. Valoración da expresión gráfica como modo de comunicación na área de

Tecnoloxía. Interese polas distintas formas de representación gráfica e as súas aplicacións. Boa disposición para traballar con ordenadores e coidalos. Valoración da importancia de manter unha contorna de traballo ordenado e

agradable.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

1. Recoñecer o tipo de aplicación informática empregada en distintos produtos.2. Elixir o programa axeitado segundo as necesidades de cada fase do proceso

tecnolóxico.IES CURTIS Página 4 de 23

Page 49: Programación Tecnoloxía 2010-2011

DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA 4º ESO

3. Elaborar planos técnicos utilizando unha aplicación informática de debuxo vectorial.4. Acoutar un obxecto técnico cun programa de debuxo vectorial.5. Elaborar circuítos sinxelos cunha aplicación informática.6. Debuxar planos en escala absoluta e configurar as opcións de impresión para imprimir

a distintas escalas.

COMPETENCIAS BÁSICAS

Coñecemento e interacción co mundo físico Coñecer e comprender obxectos, procesos, sistemas e contornas tecnolóxicas. Coñecer e utilizar o proceso de resolución técnica de problemas e a súa aplicación para

identificar e dar resposta a distintas necesidades.

Matemática Empregar as ferramentas matemáticas axeitadas para cuantificar e analizar

fenómenos, moi especialmente a medición, o uso de escalas, a interpretación de gráficos, os cálculos básicos de magnitudes físicas…

Tratamento da información e competencia dixital Manexar a información nos seus distintos formatos: verbal, numérico, simbólico ou

gráfico. Utilizar as tecnoloxías da información con seguridade e confianza para obter e reportar

datos e para simular situacións e procesos tecnolóxicos. Localizar, procesar, elaborar, almacenar e presentar información co uso da tecnoloxía.

Comunicación lingüística Adquirir o vocabulario específico para comprender e interpretar mensaxes relativas á

tecnoloxía e aos procesos tecnolóxicos.

Social e cidadá Preparar a futuros cidadáns para a súa participación activa na toma fundamentada de

decisións.

Aprender a aprender Desenvolver estratexias de resolución de problemas tecnolóxicos mediante a

obtención, a análise e a selección de información útil para abordar un proxecto.

Autonomía e identidade persoal Fomentar o achegamento autónomo e creativo aos problemas tecnolóxicos, valorando

as distintas alternativas e previndo as súas consecuencias.

UNIDADE 3

ELECTRICIDADE E ELECTRÓNICAOBXECTIVOS

1. Deseñar e construír sistemas electrónicos sinxelos como resposta a problemas concretos.

2. Saber interpretar esquemas eléctricos e electrónicos e realizar a montaxe a partir destes, utilizando para iso distintos soportes.

3. Analizar sistemas electrónicos sinxelos para comprender o seu funcionamento, coñecer os compoñentes que os integran e as funcións que realizan.

4. Coñecer a función e as aplicacións dos distintos circuítos integrados de uso común.

CONTIDOS

Conceptos Compoñentes electrónicos básicos: resistencia, condensador, díodo, transistor e

IES CURTIS Página 5 de 23

Page 50: Programación Tecnoloxía 2010-2011

DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA 4º ESO

circuítos integrados simples. Sistemas electrónicos: bloques de entrada, saída e proceso. Dispositivos de entrada: interruptores, pulsadores, resistencias dependentes da luz

e da temperatura. Dispositivos de saída: zumbador, relé, LED, lámpada, motor. Dispositivos de proceso: comparador, circuíto integrado 555, portas lóxicas. Aplicación da álxebra de Boole a problemas tecnolóxicos básicos.

Procedementos Identificación de distintos compoñentes electrónicos, así como das súas funcións e

a súa simboloxía. Recoñecemento da entrada, o proceso e a saída nun sistema electrónico. Realización, a partir dun esquema, de montaxes de circuítos electrónicos, usando

resistencias, condensadores, díodos, transistores e circuítos integrados. Utilización de montaxes xa realizadas para formar bloques como partes

integrantes doutros sistemas. Análise, deseño e aplicación de circuítos dixitais sinxelos. Simulación de circuítos electrónicos para analizar o seu comportamento. Emprego de diversas técnicas de montaxe e conexión de circuítos electrónicos. Uso do polímetro para analizar as características e o estado dos compoñentes

electrónicos básicos. Procura de información sobre distintos circuítos integrados para coñecer a súa

función e usalos axeitadamente.

Actitudes Interese por coñecer o funcionamento dos produtos tecnolóxicos de uso común. Recoñecemento e valoración da importancia da electricidade e a electrónica no

ámbito doméstico, escolar e industrial. Disposición positiva e creativa ante os problemas prácticos e confianza na propia

capacidade para acadar resultados útiles. Respecto polas normas de seguridade na aula de tecnoloxía e concienciación dos

riscos que leva consigo o uso da electricidade.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

1. Describir o funcionamento, a aplicación e os compoñentes elementais dun sistema electrónico.

2. Deseñar, simular e montar circuítos electrónicos sinxelos.3. Coñecer e utilizar axeitadamente a simboloxía electrónica.4. Identificar os bloques de entrada, saída e proceso nun sistema electrónico, e montar

circuítos a partir dos mesmos.5. Realizar operacións lóxicas empregando a álxebra de Boole.6. Relacionar formulacións lóxicas con procesos técnicos e resolver problemas

tecnolóxicos sinxelos mediante portas lóxicas.7. Traballar con orde e respectar as normas de seguridade e hixiene, debido aos riscos

que implica a manipulación de aparellos eléctricos.

COMPETENCIAS BÁSICAS

Coñecemento e interacción co mundo físico Coñecer e comprender obxectos, procesos, sistemas e contornas tecnolóxicas. Desenvolver destrezas e habilidades para manipular obxectos con precisión e

seguridade. Coñecer e utilizar o proceso de resolución técnica de problemas e a súa aplicación para

identificar e dar resposta a distintas necesidades. Favorecer a creación dunha contorna saudable mediante a análise crítica da

repercusión ambiental da actividade tecnolóxica e o fomento do consumo responsable.

Matemática Empregar as ferramentas matemáticas axeitadas para cuantificar e analizar

fenómenos, moi especialmente a medición, o uso de escalas, a interpretación de gráficos, os cálculos básicos de magnitudes físicas…

IES CURTIS Página 6 de 23

Page 51: Programación Tecnoloxía 2010-2011

DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA 4º ESO

Tratamento da información e competencia dixital Manexar a información nos seus distintos formatos: verbal, numérico, simbólico ou

gráfico. Utilizar as tecnoloxías da información con seguridade e confianza para obter e reportar

datos e para simular situacións e procesos tecnolóxicos.

Localizar, procesar, elaborar, almacenar e presentar información co uso da tecnoloxía.

Comunicación lingüística Adquirir o vocabulario específico para comprender e interpretar mensaxes relativas á

tecnoloxía e aos procesos tecnolóxicos. Utilizar a terminoloxía axeitada para redactar informes e documentos técnicos.

Social e cidadá Explicar a evolución histórica do desenvolvemento tecnolóxico para entender os

cambios económicos que favoreceron a evolución social.

Aprender a aprender Desenvolver estratexias de resolución de problemas tecnolóxicos mediante a

obtención, a análise e a selección de información útil para abordar un proxecto.

Autonomía e identidade persoal Fomentar o achegamento autónomo e creativo aos problemas tecnolóxicos, valorando

as distintas alternativas e previndo as súas consecuencias. Desenvolver calidades persoais como a iniciativa, o espírito de superación, a

perseveranza ante as dificultades, a autonomía e a autocrítica.

UNIDADE 4

TECNOLOXÍAS DA COMUNICACIÓN. INTERNET

OBXECTIVOS

1. Saber que é unha rede de comunicación, nomear e describir os tipos de sinal empregados.

2. Clasificar e distinguir os sistemas de comunicación e os medios de comunicación empregados.

3. Describir un sistema de telefonía con fíos e un sistema telegráfico.4. Analizar o espectro radioeléctrico e a súa distribución.5. Describir un sistema de comunicación vía satélite e coñecer as súas características. 6. Describir un sistema de telefonía móbil e os seus tipos e características. 7. Comprender a función dos distintos elementos que interveñen nun sistema de radio.

Describir os tipos de modulación.8. Describir como funciona un sistema de televisión e como se representan as imaxes

segundo o tipo de receptor. 9. Valorar os posibles efectos das radiacións electromagnéticas sobre a saúde e

establecer pautas de comportamento axeitadas.10. Coñecer as funcións dun protocolo de rede e as formas de control e protección de

datos.11. Comprender basicamente o funcionamento da Internet.12. Obter un coñecemento básico do protocolo TCP/IP.13. Ser capaz de estudar e elixir a opción de conexión á Internet máis axeitada ás

necesidades de cada usuario (desde a elección do provedor ata o tipo de conexión máis apropiado).

14. Coñecer as necesidades e as prestacións de cada tipo de conexión, así como os pasos necesarios para a súa instalación e configuración.

IES CURTIS Página 7 de 23

Page 52: Programación Tecnoloxía 2010-2011

DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA 4º ESO

15. Coñecer os pasos necesarios para configurar unha conexión WIFI.

CONTIDOS

Conceptos Comunicación con e sen fíos. Transmisión de sinais eléctricos. Medios de comunicación con fíos: cable de pares, cable coaxial e cable de fibra

óptica. O sistema telegráfico. O sistema telefónico. Medios de comunicación sen fíos: o espectro radioeléctrico. Propiedades da

radiación electromagnética. Bandas de frecuencia e aplicacións. Repartición do espectro. Requisitos de largo de banda dos sistemas de comunicacións típicos.

Comunicación vía satélite: elementos, satélites. O sistema de posicionamento global (GPS).

A telefonía móbil, características principais. A radio. Emisor e receptor. Modulación AM e FM. Funcionamento. A televisión. Fundamentos. Receptores de televisión. Medios televisivos. Efectos das radiacións electromagnéticas na saúde. Transmisión de datos: control e protección. Características dun protocolo de

comunicación. Concepto de ISP, dirección IP, nome de dominio e DNS. O protocolo TCP/IP. Pasos que se deben seguir para conectar un ordenador á Internet. Conexións á Internet: RTB, RDSI, ADSL, cable, vía teléfono móbil, PDA, vía satélite,

pola rede eléctrica e mediante redes sen fíos. Características principais dos distintos tipos de conexión.

Configuración dunha conexión WIFI.

Procedementos Elaboración dun estudo histórico das distintas formas de comunicación, valorando

a evolución do alcance, o tempo necesario, a cantidade de información e a súa área de influencia.

Montaxe dun sistema de comunicacións sinxelo (telégrafo) identificando as partes do sistema e a súa función.

Realización dun estudo comparativo dos distintos medios físicos de transmisión, valorando as súas características en canto a ruído, largo de banda, custo e aplicacións.

Procura de información sobre o espectro do son (incluíndo os sons emitidos polos instrumentos musicais, os animais e polo ser humano). Relación coa largo de banda empregada en telefonía e radiodifusión.

Descrición dun sistema de telefonía e de televisión mediante un diagrama de bloques.

Montaxe dun emisor e receptor de AM e identificación dos distintos bloques. Comparación cun sistema de FM.

Elaboración dunha lista de dispositivos que emiten radiacións electromagnéticas, os seus posibles efectos sobre a saúde e as medidas de precaución que se poden tomar.

Investigación sobre as ofertas dos distintos provedores de acceso. Coñecemento do procedemento para dar de alta unha conexión á Internet. Procura das direccións IP de dominios coñecidos. Descrición e análise da conexión da rede da aula. Obtención de todo tipo de información relacionada coa unidade mediante

buscadores. Análise da configuración do ordenador. Configuración dun ordenador para unha conexión á Internet. Configuración dunha pequena rede co fin de conectala á Internet.

Actitudes Mantemento dunha actitude aberta e flexible ao explorar e desenvolver novas

ideas.

IES CURTIS Página 8 de 23

Page 53: Programación Tecnoloxía 2010-2011

DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA 4º ESO

Interese por coñecer os principios científicos que explican o funcionamento dos obxectos técnicos.

Contribución a manter unha contorna agradable e ordenada na aula. Perseveranza ante as dificultades. Valoración dos efectos do progreso tecnolóxico e desenvolvemento de hábitos en

consonancia. Interese por coñecer o funcionamento da Internet. Valoración das vantaxes de coñecer as distintas formas de conexión à Internet. Disposición á observación e o estudo da configuración de equipos e redes

informáticos. Valoración do impacto da Internet nas sociedades modernas. Valoración da contribución da Internet á mellora da vida das persoas. Toma de conciencia sobre o uso e abuso da Internet. Respecto polas opinións dos demais usuarios.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

1. Representar un sistema de telefonía con fíos cos distintos elementos que interveñen (terminal telefónico, diferentes medios de transmisión e centrais de conmutación) utilizando algúns conceptos asociados, como largo de banda e as formas de transmisión.

2. Ser capaz de interpretar textos sobre o espectro radioeléctrico como recurso limitado, a necesidade de repartir as frecuencias para o seu uso e as características xerais de propagación.

3. Describir un sistema de radio, recoñecer a necesidade da modulación e amplificación no emisor e indicar os distintos bloques do receptor e a súa función.

4. Analizar o xeito no que se forman as imaxes na televisión e coñecer as imperfeccións que o noso cerebro aproveita para captalas.

5. Realizar un esquema do proceso: desde a gravación dunha secuencia ata que esta chega aos nosos receptores.

6. Coñecer os efectos das radiacións electromagnéticas, que aparellos emiten radiacións, que unidades se empregan para medir estas radiacións e que medidas preventivas poden tomarse.

7. Construír un dispositivo, a partir dun esquema determinado, capaz de emitir ou recibir ondas electromagnéticas.

8. Coñecer e comprender diversos conceptos básicos da Internet: provedor, dirección IP, dominio, servidor, protocolo, etcétera.

9. Describir basicamente o funcionamento da Internet desde as funcionalidades do protocolo TCP/IP.

10. Coñecer os pasos que se deben seguir para conectar un ordenador á Internet.11. Coñecer os pasos necesarios para dar de alta unha conexión á Internet.12. Identificar as distintas formas de conexión e as súas características principais.13. Manexar con soltura o léxico básico da Internet: argot, acrónimos, termos procedentes

do inglés, etcétera.

COMPETENCIAS BÁSICAS

Coñecemento e interacción co mundo físico Coñecer e comprender obxectos, procesos, sistemas e contornas tecnolóxicas. Desenvolver destrezas e habilidades para manipular obxectos con precisión e

seguridade. Favorecer a creación dunha contorna saudable mediante a análise crítica da

repercusión ambiental da actividade tecnolóxica e o fomento do consumo responsable.

Tratamento da información e competencia dixital Manexar a información nos seus distintos formatos: verbal, numérico, simbólico ou

gráfico. Utilizar as tecnoloxías da información con seguridade e confianza para obter e reportar

datos e para simular situacións e procesos tecnolóxicos. Localizar, procesar, elaborar, almacenar e presentar información co uso da tecnoloxía.IES CURTIS Página 9 de 23

Page 54: Programación Tecnoloxía 2010-2011

DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA 4º ESO

Comunicación lingüística Adquirir o vocabulario específico para comprender e interpretar mensaxes relativas á

tecnoloxía e aos procesos tecnolóxicos. Utilizar a terminoloxía axeitada para redactar informes e documentos técnicos.

Social e cidadá Preparar a futuros cidadáns para a súa participación activa na toma fundamentada de

decisións.

UNIDADE 5

CONTROL E ROBÓTICAOBXECTIVOS

1. Coñecer os principios, os elementos e as aplicacións básicas dos distintos sistemas de control: electromecánicos, electrónicos e programados.

2. Utilizar o ordenador como parte integrante dos sistemas de control: analizando as características do sistema que se vai a controlar e o intercambio de sinais analóxicos e dixitais entre este e o ordenador, coñecendo as características da interface ou a controladora que permite ao ordenador comunicarse co exterior e elaborando o programa de control.

3. Empregar os coñecementos adquiridos durante o curso para deseñar, planificar e construír un robot con elementos mecánicos, eléctricos e electrónicos, que incorpore sensores para conseguir información da contorna e reaccione segundo os datos obtidos polos mesmos.

4. Analizar e valorar criticamente a influencia do uso das novas tecnoloxías, a automatización de procesos e o desenvolvemento de robots sobre a sociedade.

5. Desenvolver interese e curiosidade cara á actividade tecnolóxica, xerando iniciativas de investigación e de procura e elaboración de novas realizacións tecnolóxicas.

CONTIDOS

Conceptos Sistemas de control. Tipos. Realimentación. Sensores. Tipos, características e utilización en sistemas de control. Control electromecánico. Leva, final de carreira e relé. Control electrónico. Transistores. Comparadores. Control por ordenador. Entrada e saída de datos. Sinais analóxicos e dixitais. Programación. Robots. Arquitectura. Programación de robots.

Procedementos Análise, deseño e montaxe de sistemas electromecánicos de control. Análise, deseño, simulación e montaxe de automatismos controlados mediante

circuítos electrónicos. Realización de programas de ordenador que permitan obter datos do exterior e

activar distintos dispositivos de saída. Elaboración de diagramas de fluxo e programas de control de robots, simulando o

seu funcionamento mediante ordenador, obtendo datos de distintos sensores e proporcionando, a partir destes datos, o sinal axeitado para os actuadores.

Montaxe dun robot que incorpore varios sensores e reaccione ante os datos proporcionados por estes.Actitudes

Predisposición a investigar e coñecer distintos automatismos, tratando de analizar o seu funcionamento, control e manexo.

Curiosidade por automatizar procesos mediante o ordenador. Inquietude por coñecer e aplicar as distintas linguaxes de control. Valoración da importancia do uso do vocabulario axeitado e das normas e a

simboloxía establecidas, para manter unha comunicación eficaz.IES CURTIS Página 10 de 23

Page 55: Programación Tecnoloxía 2010-2011

DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA 4º ESO

Valoración da importancia crecente dos sistemas automáticos ou de control que faciliten a vida das persoas.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

1. Analizar sistemas automáticos, describir os seus compoñentes e montar automatismos sinxelos.

2. Utilizar sensores en sistemas automáticos para adquirir información da contorna. Describir e clasificar distintos tipos de sensores.

3. Deseñar e construír un robot ou sistema automático que sexa capaz de manter o seu funcionamento en función da información que recibe da contorna.

4. Analizar e desenvolver programas informáticos para controlar sistemas automáticos.5. Utilizar simuladores informáticos para verificar e comprobar o funcionamento dos

sistemas automáticos, robots e programas de control deseñados.6. Utilizar o ordenador como ferramenta de adquisición e interpretación de datos, e

como realimentación doutros procesos cos datos obtidos.

COMPETENCIAS BÁSICAS

Coñecemento e interacción co mundo físico Coñecer e comprender obxectos, procesos, sistemas e contornas tecnolóxicas. Desenvolver destrezas e habilidades para manipular obxectos con precisión e

seguridade. Coñecer e utilizar o proceso de resolución técnica de problemas e a súa aplicación para

identificar e dar resposta a distintas necesidades.

Matemática Empregar as ferramentas matemáticas axeitadas para cuantificar e analizar

fenómenos, moi especialmente a medición, o uso de escalas, a interpretación de gráficos, os cálculos básicos de magnitudes físicas…

Tratamento da información e competencia dixital Manexar a información nos seus distintos formatos: verbal, numérico, simbólico ou

gráfico. Utilizar as tecnoloxías da información con seguridade e confianza para obter e reportar

datos e para simular situacións e procesos tecnolóxicos.

Localizar, procesar, elaborar, almacenar e presentar información co uso da tecnoloxía.

Comunicación lingüística Adquirir o vocabulario específico para comprender e interpretar mensaxes relativas á

tecnoloxía e aos procesos tecnolóxicos. Utilizar a terminoloxía axeitada para redactar informes e documentos técnicos.

Social e cidadá Explicar a evolución histórica do desenvolvemento tecnolóxico para entender os

cambios económicos que favoreceron a evolución social. Desenvolver habilidades para as relacións humanas que favorezan a discusión de ideas,

a xestión de conflitos e a toma de decisións baixo unha actitude de respecto e tolerancia.

Aprender a aprender Desenvolver estratexias de resolución de problemas tecnolóxicos mediante a

obtención, a análise e a selección de información útil para abordar un proxecto.

Autonomía e identidade persoal Fomentar o achegamento autónomo e creativo aos problemas tecnolóxicos, valorando

as distintas alternativas e previndo as súas consecuencias. Desenvolver calidades persoais como a iniciativa, o espírito de superación, a

perseveranza ante as dificultades, a autonomía e a autocrítica.IES CURTIS Página 11 de 23

Page 56: Programación Tecnoloxía 2010-2011

DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA 4º ESO

UNIDADE 6

PNEUMÁTICA E HIDRÁULICAOBXECTIVOS

1. Coñecer os compoñentes dos circuítos pneumáticos e hidráulicos, e as aplicacións máis habituais nos sistemas industriais.

2. Comprender as magnitudes e os principios físicos básicos relacionados co comportamento dos fluídos pneumáticos e hidráulicos.

3. Analizar a constitución e o funcionamento dos elementos que compoñen os sistemas pneumáticos e hidráulicos e a función que realizan no conxunto.

4. Aprender a mellor forma de usar e controlar os compoñentes destes sistemas e entender as condicións fundamentais que interviñeron no seu deseño e construción.

5. Empregar os coñecementos adquiridos para deseñar e construír circuítos pneumáticos e hidráulicos sinxelos empregando os recursos gráficos, a simboloxía, o vocabulario e os medios tecnolóxicos axeitados.

6. Analizar e valorar a influencia do uso das novas tecnoloxías, a automatización de procesos e o desenvolvemento de robots sobre a sociedade.

7. Desenvolver interese e curiosidade cara á actividade tecnolóxica, xerando iniciativas de investigación e de procura e elaboración de novas realizacións tecnolóxicas.

CONTIDOS

Conceptos Sistemas pneumáticos e hidráulicos: principios, elementos compoñentes,

funcionamento e aplicacións básicas. Exemplos de aplicación en sistemas industriais.

Procedementos Descrición dos compoñentes básicos dos circuítos pneumáticos e hidráulicos. Análise da constitución e o funcionamento dos circuítos pneumáticos e hidráulicos

de aplicacións reais. Deseño de sistemas pneumáticos e hidráulicos utilizando a simboloxía axeitada. Resolución de circuítos hidráulicos simples mediante a aplicación do principio de

Pascal. Utilización de simuladores no deseño de circuítos básicos empregando a

simboloxía específica.

Actitudes Predisposición a investigar e coñecer distintos automatismos, tratando de analizar

o seu funcionamento, control e manexo. Curiosidade por automatizar procesos mediante o ordenador. Inquietude por coñecer e aplicar distintas linguaxes de control. Valoración da importancia do uso do vocabulario axeitado e das normas e a

simboloxía establecidas, a fin de manter unha comunicación eficaz. Valoración da importancia crecente dos sistemas automáticos ou de control que

faciliten a vida das persoas.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

1. Coñecer as principais aplicacións das tecnoloxías pneumática e hidráulica. 2. Resolver problemas relacionados cos principios físicos básicos do comportamento dos

fluídos pneumáticos e hidráulicos.3. Coñecer os elementos fundamentais que constitúen estes sistemas e describir as súas

características e o seu funcionamento básico.

IES CURTIS Página 12 de 23

Page 57: Programación Tecnoloxía 2010-2011

DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA 4º ESO

4. Identificar os diferentes elementos que compoñen os sistemas pneumático e hidráulico e explicar o seu funcionamento e a súa función no conxunto analizando aplicacións habituais.

5. Utilizar a simboloxía e a nomenclatura necesaria para representar circuítos coa finalidade de deseñar e construír sistemas pneumáticos e hidráulicos sinxelos capaces de resolver problemas cotiáns.

COMPETENCIAS BÁSICAS

Coñecemento e interacción co mundo físico Coñecer e comprender obxectos, procesos, sistemas e contornas tecnolóxicas. Coñecer e utilizar o proceso de resolución técnica de problemas e a súa aplicación para

identificar e dar resposta a distintas necesidades.

Matemática Empregar as ferramentas matemáticas axeitadas para cuantificar e analizar

fenómenos, moi especialmente a medición, o uso de escalas, a interpretación de gráficos, os cálculos básicos de magnitudes físicas…

Tratamento da información e competencia dixital Manexar a información nos seus distintos formatos: verbal, numérico, simbólico ou

gráfico.

Comunicación lingüística Adquirir o vocabulario específico para comprender e interpretar mensaxes relativas á

tecnoloxía e aos procesos tecnolóxicos.Aprender a aprender Desenvolver estratexias de resolución de problemas tecnolóxicos mediante a

obtención, a análise e a selección de información útil para abordar un proxecto.

Autonomía e identidade persoal Fomentar o achegamento autónomo e creativo aos problemas tecnolóxicos, valorando

as distintas alternativas e previndo as súas consecuencias.

UNIDADE 7

AS INSTALACIÓNS NA VIVENDAOBXECTIVOS

1. Identificar e describir o funcionamento dos elementos máis importantes das instalacións básicas da vivenda.

2. Realizar planos e esquemas técnicos razoando o deseño das instalacións.3. Valorar a importancia do uso axeitado das instalacións desde o punto de vista da

seguridade e o impacto ambiental.4. Coñecer a seguridade e o aforro enerxético das instalacións. 5. Coñecer as características da arquitectura bioclimática e de domótica da vivenda.

CONTIDOS

Conceptos Instalación eléctrica dun edificio e do interior da vivenda. Grao de electrificación, conexións, materiais e dispositivos eléctricos. Circuítos interiores de auga: compoñentes básicos. Instalacións de calefacción: tipos e compoñentes. Instalacións de gas: clases, distribución e compoñentes. Outras instalacións da vivenda: telefonía, radio, televisión. Seguridade e mantemento das instalacións.

IES CURTIS Página 13 de 23

Page 58: Programación Tecnoloxía 2010-2011

DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA 4º ESO

Procedementos Identificación dos elementos de cada instalación. Procura de información sobre regulamentación. Deseño e debuxo de instalacións utilizando a simboloxía axeitada. Creación dun glosario cos termos técnicos específicos de cada instalación. Exposición e despezamento dos distintos compoñentes das instalacións.

Actitudes Interese sobre a distribución e o uso da enerxía no fogar. Valoración dos problemas ambientais causados polo desbaratamento no uso das

instalacións da vivenda. Interese e actitude activa no respecto das medidas de mantemento e seguridade

necesarias. Disposición ao consumo responsable.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

1. Coñecer a linguaxe técnica e simbólica dos elementos que forman parte das instalacións da vivenda.

2. Realizar distintos planos de instalacións indicando os elementos máis importantes.3. Identificar as instalacións eléctricas interiores dun edificio e dunha vivenda.4. Identificar os compoñentes básicos das instalacións de fontanería e saneamento

dunha vivenda.5. Identificar os compoñentes básicos das instalacións de calefacción dunha vivenda.6. Identificar os compoñentes básicos das instalacións de gas interiores dun edificio e

dunha vivenda.7. Coñecer as normas básicas de seguridade e mantemento das distintas instalacións.8. Coñecer as características da arquitectura bioclimática e de domótica da vivenda.

COMPETENCIAS BÁSICAS

Coñecemento e interacción co mundo físico Coñecer e comprender obxectos, procesos, sistemas e contornas tecnolóxicas. Desenvolver destrezas e habilidades para manipular obxectos con precisión e

seguridade. Favorecer a creación dunha contorna saudable mediante a análise crítica da

repercusión ambiental da actividade tecnolóxica e o fomento do consumo responsable.

Matemática Empregar as ferramentas matemáticas axeitadas para cuantificar e analizar

fenómenos, moi especialmente a medición, o uso de escalas, a interpretación de gráficos, os cálculos básicos de magnitudes físicas…

Tratamento da información e competencia dixital Manexar a información nos seus distintos formatos: verbal, numérico, simbólico ou

gráfico. Utilizar as tecnoloxías da información con seguridade e confianza para obter e reportar

datos e para simular situacións e procesos tecnolóxicos.

Comunicación lingüística Adquirir o vocabulario específico para comprender e interpretar mensaxes relativas á

tecnoloxía e aos procesos tecnolóxicos. Utilizar a terminoloxía axeitada para redactar informes e documentos técnicos.

Social e cidadá Preparar a futuros cidadáns para a súa participación activa na toma fundamentada de

decisións.IES CURTIS Página 14 de 23

Page 59: Programación Tecnoloxía 2010-2011

DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA 4º ESO

Aprender a aprender Desenvolver estratexias de resolución de problemas tecnolóxicos mediante a

obtención, a análise e a selección de información útil para abordar un proxecto.

Autonomía e identidade persoal Fomentar o achegamento autónomo e creativo aos problemas tecnolóxicos, valorando

as distintas alternativas e previndo as súas consecuencias.

UNIDADE 8

A TECNOLOXÍA E O SEU DESENVOLVEMENTO HISTÓRICOOBXECTIVOS

1. Descubrir e comprender a relación existente entre a evolución histórica da tecnoloxía e o desenvolvemento da historia da humanidade.

2. Coñecer os fitos fundamentais na historia da tecnoloxía. 3. Saber cales foron as tecnoloxías que deron lugar a cambios nos modelos sociais.4. Caracterizar os modelos de sociedade desde a Prehistoria ata os nosos días nas súas

facetas social, enerxética, económica, laboral e tecnolóxica.5. Coñecer a evolución dalgúns obxectos técnicos.6. Recordar o concepto de desenvolvemento sostible e as políticas necesarias para

levalo a cabo. 7. Concienciar sobre todos os aspectos relacionados coas materias primas e os recursos

naturais.

CONTIDOS

Conceptos Significado de ciencia, técnica e tecnoloxía. Principais vías do desenvolvemento tecnolóxico. Períodos tecnolóxicos: azar, artesán e enxeñeril. Fitos fundamentais na historia da tecnoloxía. Localización histórica dos mesmos. Caracterización dos modelos sociais, tecnoloxías que marcan os distintos períodos. Relación da tecnoloxía co modelo social. Evolución dos obxectos tecnolóxicos. Concepto e necesidade da normalización. Aproveitamento de materias primas e recursos naturais. Desenvolvemento sostible.

Procedementos Identificación das diferenzas entre ciencia, técnica e tecnoloxía. Investigación bibliográfica e a través da Internet de momentos históricos. Análise histórica dos distintos modelos sociais. Investigación sobre a evolución dos obxectos tecnolóxicos. Análise das políticas para o desenvolvemento sostible. Incorporación da análise histórica á análise de obxectos.

Actitudes Interese sobre a historia da tecnoloxía. Valoración dos aspectos sociais e económicos do desenvolvemento tecnolóxico. Curiosidade sobre a evolución dos obxectos tecnolóxicos. Disposición a un emprego solidario e responsable dos medios tecnolóxicos actuais. Toma de conciencia ante a deterioración do medio ambiente e o esgotamento dos

recursos naturais.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

1. Identificar as distintas fases históricas da tecnoloxía.2. Coñecer os fitos fundamentais do desenvolvemento tecnolóxico.

IES CURTIS Página 15 de 23

Page 60: Programación Tecnoloxía 2010-2011

DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA 4º ESO

3. Valorar a implicación do desenvolvemento tecnolóxico nos cambios sociais e laborais.4. Realizar unha análise completa, incluíndo a evolución histórica, dalgúns obxectos

tecnolóxicos.5. Valorar as posibilidades dun desenvolvemento sostible e os criterios que deben

adoptarse desde un punto de vista enerxético e ambiental á hora de levar a cabo a actividade tecnolóxica.

COMPETENCIAS BÁSICAS

Coñecemento e interacción co mundo físico Coñecer e comprender obxectos, procesos, sistemas e contornas tecnolóxicas. Desenvolver destrezas e habilidades para manipular obxectos con precisión e

seguridade.

Favorecer a creación dunha contorna saudable mediante a análise crítica da repercusión ambiental da actividade tecnolóxica e o fomento do consumo responsable.

Tratamento da información e competencia dixital Manexar a información nos seus distintos formatos: verbal, numérico, simbólico ou

gráfico. Utilizar as tecnoloxías da información con seguridade e confianza para obter e reportar

datos e para simular situacións e procesos tecnolóxicos. Localizar, procesar, elaborar, almacenar e presentar información co uso da tecnoloxía.

Comunicación lingüística Adquirir o vocabulario específico para comprender e interpretar mensaxes relativas á

tecnoloxía e aos procesos tecnolóxicos. Utilizar a terminoloxía axeitada para redactar informes e documentos técnicos.

Social e cidadá Preparar a futuros cidadáns para a súa participación activa na toma fundamentada de

decisións. Explicar a evolución histórica do desenvolvemento tecnolóxico para entender os

cambios económicos que favoreceron a evolución social. Desenvolver habilidades para as relacións humanas que favorezan a discusión de ideas,

a xestión de conflitos e a toma de decisións baixo unha actitude de respecto e tolerancia.

2.1. DISTRIBUCIÓN TEMPORALA distribución temporal realizouse tendo en conta que o curso escolar para estes alumnos consta aproximadamente de 33 semanas lectivas e que á materia lle corresponden 3 horas semanais.

1ª Semana 2ª Semana 3ª Semana 4ª Semana

Setembro UNIDADE 3:Electricidade e Electrónica

Outubro UNIDADE 3:Electricidade e Electrónica

Novembro UNIDADE 3:Electricidade e Electrónica

Decembro UNIDADE UNIDADE 1: Hardware NADALIES CURTIS Página 16 de 23

Page 61: Programación Tecnoloxía 2010-2011

DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA 4º ESO

3:Electricidade e Electrónica e software

Xaneiro NADAL UNIDADE 4:Tecnoloxías da comunicación

Febreiro UNIDADE 7: Instalacións

MarzoUNIDADE 7: Instalacións ENTROI

DO UNIDADE 6: Pneumática e hidráulica

Abril UNIDADE 6:Pneumática e hidráulica

SEMANA SANTA UNIDADE 2: DAO

Maio UNIDADE 5:Control e robótica PROXECTO

Xuño PROXECTO

2.2. CONTIDOS MÍNIMOS ESIXIBLES

Compoñentes dos circuítos electrónicos: resistencias, condensadores, diodos e transistores.

Asociación de resistencias. Tipos de resistencias. Resistencias variables. Funcionamento dun condensador. Carga e descarga dun condensador. Funcionamento do transistor. Uso do transistor como interruptor. Uso do transistor como

amplificador. Semiconductores e diodos. Diodos LED. Construcción de circuítos impresos. Simuladores de circuítos. Álxebra de Boole. Planteamento dixital de problemas tecnolóxicos. Traducción de problemas tecnolóxicos á

linguaxe da lóxica dixital. Primeira forma canónica. Implementación de funcións lóxicas. Portas lóxicas. Tipos de portas lóxicas. Emprego de portas lóxicas en circuítos. As comunicacións alámbricas: o telégrafo e o teléfono. As comunicacións inalámbricas: a radio e a televisión. Os sistemas de localización por satélite: o GPS. OElectricidade en casa. Fase, neutro e terra. Cadro de protección. Interruptor de control

de potencia (ICP). Interruptor xeneral automático (IGA). Diferencial e interruptor automático (IA).

Elementos propios das diferentes redes: electricidade, auga e gas. Fundamentos da pneumática. Circuítos pneumáticos. Elementos que compoñen un

circuíto pneumático. Simboloxía. Estructura xeral dos sistemas pneumáticos. Robots. Compoñentes dun robot. O movemento de robots. Deseño e construcción de robots non programables. Electrónica, mecánica. Compoñentes que incorporan robots sinxelos: motores, transistores, sensores, diodos. Control por ordenador.

3. METODOLOXÍA DIDÁCTICAA área de Tecnoloxía na ESO basea a súa aprendizaxe na adquisición de coñecementos e no desenvolvemento de destrezas que permitan tanto a comprensión dos obxectos técnicos coma a intervención sobre eles (saber facer), ben sexa modificándoos ou creándoos, IES CURTIS Página 17 de 23

Page 62: Programación Tecnoloxía 2010-2011

DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA 4º ESO

fomentando as aptitudes innovadoras na busca de solucións ós problemas existentes, así coma a sensibilidade ante o aforro e o aproveitamento dos recursos. Igualmente, os alumnos han de usa-las tecnoloxías da información e da comunicación como ferramentas para localizar ou crear, analizar, intercambiar e presenta-la información.

Esta área articúlase, en consecuencia, arredor do binomio coñecemento/acción, no que ambos deben te-lo peso específico apropiado en cada caso para facilita-lo carácter propedéutico desta disciplina. Unha continua manipulación de materiais sen os coñecementos técnicos necesarios non ten validez educativa. Pola contra, un proceso de ensino-aprendizaxe puramente académico, carente de experimentación, manipulación e construcción, non cumpre co carácter práctico inherente á disciplina.

Por todo iso, consideremos que a formulación metodolóxica debe ter en conta os seguintes principios:

Unha parte esencial do desenvolvemento do proceso de ensino-aprendizaxe do alumno debe se-la actividade, tanto intelectual coma manual.

O desenvolvemento da actividade debe ter un claro sentido e significado para o alumno.

A actividade manual constitúe un medio esencial para a área, pero nunca un fin en si mesmo.

Os contidos e aprendizaxes relativos ó uso de máquinas, ferramentas e materiais son consubstanciais á área.

A función do profesor será a de organiza-lo proceso de aprendizaxe, definindo os obxectivos, seleccionando as actividades e creando as situacións de aprendizaxes oportunas para que os alumnos constrúan e enriquezan os seus coñecementos previos.

A secuenciación no currículo determínase en función da graduación lóxica dos contidos, do grao de madurez dos alumnos e da relación mutua dos conceptos.

Como resultado desta formulación, a actividade metodolóxica apoiarase nos seguintes aspectos:

A adquisición dos coñecementos técnicos e científicos necesarios para a comprensión e para o desenvolvemento da actividade tecnolóxica.

A aplicación dos coñecementos adquiridos aumenta o seu significado ó realiza-la análise dos obxectos tecnolóxicos existentes, así como á súa posible manipulación e transformación.

Desenvolver nos alumnos a posibilidade de se enfrontar a proxectos tecnolóxicos globais debe constituí-lo termo dun proceso de aprendizaxe que se apoia nos dous puntos precedentes.

Transmitirlle ó alumno a importancia social e cultural dos obxectos inventados polo home, e que modifican dalgunha forma as condicións de vida das distintas sociedades históricas.

Para conseguir este equilibrio, a proposta didáctica na área de Tecnoloxía debe basea-lo proceso de ensino-aprendizaxe nun soporte conceptual (principios científicos e técnicos) para que, posteriormente, o alumno desenvolva as accións de análise e proxecto.

O método de análise baséase no estudio de distintos aspectos dos obxectos e sistemas técnicos, para chegar dende o propio obxecto ou sistema a comprende-las necesidades que satisfán e os principios científicos nos que se basea o seu funcionamento.

O método de proxectos consiste en deseñar ou proxectar obxectos ou operadores tecnolóxicos partindo dun problema ou necesidade que se quere resolver, para pasar despois a construí-lo proxectado e avaliar ou verificar posteriormente a súa validez, sempre dende unha perspectiva globalizadora.

Todas estas consideracións metodolóxicas foron tidas en conta no libro de texto que se vai utilizar e, en consecuencia, na propia actividade educativa que se vai desenvolver:

Tratamento dos contidos de forma que conduzan a unha aprendizaxe comprensiva e significativa.

Unha exposición clara, sinxela e razoada dos contidos, cunha linguaxe adaptada á do alumno.

IES CURTIS Página 18 de 23

Page 63: Programación Tecnoloxía 2010-2011

DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA 4º ESO

Estratexias de aprendizaxe que propicien a análise e comprensión do feito tecnolóxico.

Esta forma de traballar na aula permitiralle ó alumno tanto unha aprendizaxe autónoma, base de aprendizaxes posteriores, imprescindibles nunha materia coma esta en permanente proceso de construcción do coñecemento, coma grupal, o que poida levar adiante trala súa inserción laboral.

Por último cabe subliñar que segundo o agrupamento dos alumnos as actividades estableceranse do seguinte modo:

En grupo medio (ou grupo de clase):• Exposición de temas.• Propostas de técnicas ou métodos de traballo.• Control de traballos realizados.• Exposición de traballos individuais ou en equipo.• Posta en común.

En grupo coloquial ou en equipo:• Preparación e deseño de proxectos.• Distribución do traballo.• Busca de materiais e fontes.• Terminación e presentación do traballo.

En forma individual:• Realización de experiencias.• Realización de probas.• Confección da memoria de traballos e proxectos.• Elaborar o caderno de clase.

4. PROCEDEMENTOS DE AVALIACIÓN

4.1. AVALIACIÓN ORDINARIA

4.1.1. Criterios de avaliaciónSon os recollidos en cada unidade didáctica.

4.1.2. Criterios de cualificaciónA avaliación dos alumnos debería comprender tres fases a inicial (proporciona datos

sobre os coñecementos previos dos alumnos), a formativa (permite corrixi-los erros dos alumnos ó longo do proceso) e a final (que debidamente cuantificada permitiría poñer a nota da asignatura).

Os criterios seguidos para a avaliación dos alumnos veñen definidos de forma xeral no DCB da Consellería de Educación. A forma de aplicar cada criterio virá determinada polos obxectivos didácticos de cada unidade didáctica.

A forma de avaliar ó alumno consistirá en:

A. Realización de dúas probas, como mínimo, de coñecemento escritas en cada avaliación.

B. Elaboración dun proxecto tecnolóxico (non ten que ser constructivo), ou/e realización de actividades prácticas, traballos… relacionados cos contidos explicados en cada trimestre. Redacción dunha memoria escrita sobre os mesmos.

C. Realización dos exercicios e actividades propostos en clase, interese e grao de participación do alumno na clase e cumplimento das normas do centro.IES CURTIS Página 19 de 23

Page 64: Programación Tecnoloxía 2010-2011

DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA 4º ESO

A nota final da avaliación calcularase segundo as seguintes porcentaxes:

Un 60% corresponde a coñecementos teóricos (parte A).

Un 20% corresponde á aplicación práctica de coñecementos (parte B). (O proxecto cando ocupa a maior parte dunha avaliación, terá máis peso na nota final).

Un 20% corresponde á realización dos exercicios e actividades na libreta, ao seu interese e grao de participación na clase e cumplimento das normas do centro (parte C)

Para poder obter unha cualificación positiva na materia será necesario ter en cada unha das partes citadas (A,B e C) unha nota igual ou maior a 4.

O cálculo da nota final, así como o número de exames por avaliación poden variar o longo do curso debido a modificacións na programación, tipo de alumnos, segundo o grupo, etc.

Para poder obter unha cualificación positiva na materia será necesario ter en cada unha das partes citadas (A,B e C) unha nota igual ou maior a 4.

O cálculo da nota final, así como o número de exames por avaliación poden variar o longo do curso debido a modificacións na programación, tipo de alumnos, segundo o grupo, etc.

4.1.3. Instrumentos de avaliación

ASPECTOS A AVALIAR INSTRUMENTOS CRITERIOS DE AVALIACIÓN

TRABALLO EN EQUIPO OBSERVACIÓN DIRECTA

¿Realiza as tarefas asignadas dentro do equipo?¿Aporta ideas ao equipo de traballo?¿Participa nos debates?¿Respecta as opinións e o traballo dos demais?................................

TRABALLO INDIVIDUAL OBSERVACIÓN DIRECTA

¿Entrega a memoria e demais documentos nos prazos previstos?¿Actualiza o caderno de clase e faino correctamente?.....................................

USO DE FERRAMENTAS EINSTRUMENTOS DE

MEDIDA OBSERVACIÓN DIRECTA

¿Usa correctamente as ferramentas con precisión e seguridade?¿Usa correctamente os instrumentos de medida?.......................................

REPRESENTACIÓN GRÁFICA

CADERNO DE CLASELÁMINA DE DEBUXO

¿Son aceptables os debuxos en canto a calidade e presentación'?¿Utiliza correctamente as normas e simboloxía?........................................

DESEÑO

CADERNO DE CLASEINFORMESMEMORIA

¿É realizable o obxecto deseñado tendo en conta tempo e materiais?¿Busca información?¿Selecciona información?¿Selecciona os materiais e os operadores adecuados?¿Toma decisións valorando as opcións posibles?¿Secuencia adecuadamente as tarefas par a construcción?¿O presuposto ten aproximación ó custo real?.........................................................

OBXECTO CONSTRUIDO OBSERVACIÓN DIRECTA ¿Funciona tal como se indicaba no enunciado?¿Está ben acabado?¿Está construido de acordo co proxectado?¿Está corrixido o deseño para melloralo?No aspecto ergonómico ¿son accesibles os elementos

IES CURTIS Página 20 de 23

Page 65: Programación Tecnoloxía 2010-2011

DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA 4º ESO

para poder sustituirse por outros?No aspecto da orixinalidade ¿Usa os materiais e coloca os operadores de forma novidosas?

No aspecto estético ¿É agradable á vista o conxunto construido

COÑECEMENTO DOSFENÓMENOS FÍSICOS

IMPLICADOS

PROBAS ESCRITASOBSERVACIÓN DIRECTA

CADI?RNO DE CLASEMEMORIA

¿Utiliza correctamente os operadores sinxelos empregados nas experiencias?¿Utiliza correctamente as leis físicas en cálculos sinxelos?......................................

EXPRESIÓN

OBSERVACIÓN DIRECTACADERNO DE CLASE

INFORMESMEMORIA

¿Presenta os documentos con pulcritude e orixinalidadc?¿Utiliza un vocabulario correcto?.....................................

4.1.4. Procedementos para a realización da avaliación inicial.

Como norma de carácter xeral, perante o primeiro mes do curso, realizarase un “test de coñecementos previos” co que o profesor/a pode facerse unha idea de cada alumno/a e da clase en xeral e servirá para promover actividades constructivas, nas que o alumno/a estableza de forma clara a relación entre os coñecementos previos e os novos. Así mesmo, faremos un seguimento o máis personalizado posible de cada alumno/a para coñecer as capacidades, os ritmos de desenvolvemento e de traballo, o estilo de aprendizaxe e o interés por progresar, que anotaremos na ficha individual de cada alumno e que serán un referente fundamental para que cada alumno/a desenvolva ao máximo as súas potencialidades.

4.1.5. Actividades de recuperación.Ó finalizar cada unidade didáctica, informarase ós alumnos dos aspectos negativos da súa avaliación, se é o caso, indicándolles como os deberán solventar. Como é obvio, o sistema de recuperación proposto dependerá do tipo de contidos nos que non se acadaron os obxectivos. Mentres que para os contidos conceptuais e algúns procedimentais empregarase normalmente un novo exame, para o resto dos contidos servirán as observacións feitas nas sucesivas Unidades Didácticas e anotacións das fichas de observacións incidencias do profesor, así como os traballos, informes, debuxos, etc. recollidos no caderno de traballo do alumno.

4.1.6. Cualificación final.A cualificación final será a media aritmética das cualificacións das tres avaliacións, tendo aprobadas as tres avaliacións.

4.2. AVALIACIÓN EXTRAORDINARIA.

4.2.1. Procedementos de recuperación para alumnado coa materia pendente.

Na lexislación vixente está previsto un exame extraordinario no mes de setembro para o alumnado que non acade cualificación positiva na convocatoria de xuño. Este exame realizarase soamente da parte conceptual e procedemental se fora o caso e nas datas que se acorden no centro educativo, sendo necesario obter unha nota de 5 para superalo.

IES CURTIS Página 21 de 23

Page 66: Programación Tecnoloxía 2010-2011

DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA 4º ESO

O alumnado que nesta convocatoria siga sen acadar cualificación positiva e promocione de curso, levará a materia correspondente pendente. O procedemento de recuperación para estes alumnos/as establécese na programacioón do curso seguinte.

Se houbera alumnos coa materia pendente o procedemento sería o seguinte:

A avaliación da asignatura quedará dividida en tres partes, cada unha das cales constará dun traballo escrito e un exame tipo test sobre o mesmo. Os traballos escritos suporán un 40 % da nota e os exames o 60 % restante.

Para aprobar será necesario ter unha nota media das tres partes de 5 puntos como mínimo. Aquelas persoas que non acaden o 5 terán dereito a realizar un exame final no mes de maio de todos os contidos da asignatura.

Os traballos escritos entregaránselle ó profesor o día do exame correspondente. O profesor encargado de avaliar ós alumnos informará a estes da data e o lugar do exame con alomenos 15 días de antelación.

Os traballos escritos entregaranse preferentemente mecanografados, e deberán axustarse ós contidos que para eles se establezan na programación anual.

5. PROGRAMAS ESPECÍFICOS PERSONALIZADOS PARA O ALUMNADO REPETIDOR.

Calquera acción personalizada para o alumnado repetidor será consensuada co Departamento de Orientación, aínda no caso de que non afecte ós contidos prescriptivos do currículo. En principio, non se tomará ningunha medida organizativa especial para o alumnado repetidor (por exemplo, agrupamentos na aula en razón da súa condición repetidora), agás que o profesor o considere puntualmente oportuno. Haberá, porén, unha metodoloxía específica, que incluirá exercicios de reforzo específicos para os alumnos repetidores. O seu nivel e cantidade serán determinados individualmente polo profesor á vista do desenvolvemento da programación e do proceso de aprendizaxe de cada alumno.

6. MATERIAIS E RECURSOS DIDÁCTICOS

Aparte do libro de texto, empregarase para o desenrolo da materia os seguintes recursos e materiais didácticos:- Ferramentas, maquinaria e materiais presentes na aula -taller de tecnoloxía.- Materiais reciclables de uso doméstico para a realización de proxectos: cartón, plásticos, madeira, etc.- Televisión e vídeos didácticos sobre a materia de tecnoloxía.- Canón e ordenador- Ordenadores para o desenrolo dos temas informáticos presentes na programación.

7. EDUCACIÓN EN VALORES. TEMAS TRANSVERSAIS

Algúns contidos da ensinanza non poden estar situados nunha área determinada do currículo, pois son temas importantes que reclaman a contribución de tódalas areas, cada unha dende a súa propia perspectiva e especificidade. A continuación tratarase de expoñer como van a ser tratados algúns de estes temas transversais dentro da disciplina de Tecnoloxía do I.E.S. Cidade de Antioquía.

Educación para a saúde e calidade de vida. Ao lograr un ambiente agradable na realización dos traballos da área axudan a xerar comportamentos e actitudes moi positivas para a saúde; fomenta-la orde e limpeza na aula de tecnoloxía; coñecer e

IES CURTIS Página 22 de 23

Page 67: Programación Tecnoloxía 2010-2011

DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA 4º ESO

aplica-las normas de seguridade e hixiene no traballo propicia unha valoración positiva, por parte dos nosos alumnos, da educación para a saúde.

Educación ambiental. Fomenta-la busca de solucións que eviten ou minimicen o impacto ambiental; valora-lo posible esgotamento de recursos e analiza-los inconvenientes que se deriven do uso de cada un dos materiais, e a repercusión que poida ter nas persoas, animais e plantas, así coma na vida en sociedade.

Educación para o consumidor. Valora-lo custo na realización dos proxectos tecnolóxicos e comparalo co seu uso, analizando as condicións técnicas e estéticas que debe reunir para determina-las características dos materiais que hai que utilizar; analiza-la relación calidade/prezo axudará a desenvolver nos nosos alumnos actitudes de consumidor responsable.

Educación para a paz. Fomenta-lo traballo cooperativo; incidir no respecto ás ideas doutros; apoia-los menos capacitados no desenvolvemento dos proxectos tecnolóxicos; desenvolver unha actitude aberta e flexible ante as ideas e os traballos dos demais axudan a adquirir valores e actitudes que incidan directamente neste tema transversal.

Educación para o ocio. O desenvolvemento e realización do traballo tecnolóxico e do uso das ferramentas poden fomentar na vida cotiá do alumno o gusto pola realización de actividades de ocio e afeccións relacionadas co proceso tecnolóxico.

Educación para a igualdade entre ámbolos dous sexos. Fomenta-lo reparto de tarefas nun plano absoluto de igualdade en función das capacidades, sen distinción de sexo; valora-lo esforzo, as ideas e o traballo dos demais dende unha perspectiva de igualdade son contidos plenamente enmarcados na área de Tecnoloxía que inciden no desenvolvemento dunha educación para a igualdade de oportunidades de ámbolos dous sexos.

Educación moral e cívica. Analizar e valora-las implicacións que supón o desenvolvemento de determinados aspectos científicos e técnicos dende unha perspectiva moral e ética; valorar e analizar dende a perspectiva ética e moral as consecuencias derivadas polo desenvolvemento tecnolóxico en dimensión social e persoal de cada un.

8. ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES PREVISTAS

As actividades complementarias e extraescolares previstas durante o transcurso do ano lectivo establécense polo colectivo de profesores compoñentes do claustro.

9. MEDIDAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE

O tratamento á diversidade recóllese nesta programación de diferentes formas, a mellor estratexia para a integración do alumnado con necesidades educativas especiais ou con determinados problemas de aprendizaxe, é implicalos nas mesmas tarefas co resto do grupo, con distintos métodos de apoio e esixencia.

O tratamento en "espiral" ofrece a posibilidade de retomar un contido non asimilado nun momento posterior de traballo, co cal evitamos a paralización do proceso de aprendizaxe de dito sector con exercicios repetitivos que soen incidir negativamente no nivel de motivación.

Esta posibilidade de distinto nivel de profundización en moitas das actividades propostas, permitirán atender demandas de carácter máis profundo por parte de aqueles alumnos con niveis de partida máis avanzados ou cun interese maior sobre o tema estudiado.

Por último, insistir en que no traballo nos talleres, ademais do comentado máis arriba, posibilita a aqueles alumnos e alumnas máis avantaxados unha profundización no tema tratado; e a aqueles ou aquelas con deficiencias, permítelles unha nova oportunidade para

IES CURTIS Página 23 de 23

Page 68: Programación Tecnoloxía 2010-2011

DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA 4º ESO

asimilar os contidos básicos do bloque ou da unidade. Ademais, a formación de grupos heteroxéneos para a realización destas actividades fomenta as relacións sociais entre o alumnado e a formación ou asentamento dunha maior cultura social e cívica.

10. ACCIÓNS DE CONTRIBUCIÓN AO PROXECTO LECTOR

RECURSOS Biblioteca da aula e do instituto.Aula de informática.Ordenador portátil e canón proxector.Libro de texto de tecnoloxía.Conexión a internet na aula de tecnoloxía.

ACTIVIDADES A DESENVOLVER -Realizar lecturas de textos e artigos, a nivel de grupo-clase e en voz alta e por turnos, seleccionados de libros de consulta da biblioteca de aula ou libros de texto, relacionadas con contidos concretos da materia, que permitirá unha posta en común e posterior debate.-Potenciar o aprendizaxe da lectura na pantalla do ordenador, utilizando a aula de informática e a Internet para a búsqueda dalgún artigo ou traballo, e realizar a lectura conxunta do mesmo.-Potenciar o emprego das bibliotecas de aula e do centro como espacio de consulta e ampliación de información para realizar pequenos traballos de investigación.-Búsqueda de información na Internet, en páxinas Web, seleccionala e empregala para a realización de pequenos traballos de investigación.

11. ACCIÓNS DE CONTRIBUCIÓN AO PLAN DE CONVIVENCIAPolo xeral, o profesorado intenta solucionar co alumnado implicado os pequenos conflitos que xurden na aula. En casos excepcionais, empregarase a aula de conviencia e seguiranse as pautas ditadas polo Departamento de Orientación.

12. PROCEDEMENTOS PARA AVALIAR A PROPIA PROGRAMACIÓN

Mensualmente, farase unha avaliación de como se vai seguindo a programación, explicando en todo momento as posibles desviacións e os motivos delas.

IES CURTIS Página 24 de 23

Page 69: Programación Tecnoloxía 2010-2011

DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA 1º BACHARELATO

1º BACHARELATO:

PROGRAMACIÓN DE TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E DA COMUNICACIÓN

ÍNDICEPROGRAMACIÓN TICS 1º BACHARELATO Páxina1. OBXECTIVOS XERAIS DO CURSO 2-222. CONTIDOS TEMPORALIZADOS 2-22

2.1. CADRO TEMPORALIZACIÓN 17-222.2. MÍNIMOS ESIXIBLES 18-22

3. METODOLOXÍA 19-224. PROCEDEMENTOS DE AVALIACIÓN 19-22

4.1. AVALIACIÓN ORDINARIA 19-224.1.1. CRITERIOS DE AVALIACIÓN 19-224.1.2. CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN 19-224.1.3. INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN 19-224.1.4. PROCEDEMENTOS PARA A REALIZACIÓN DA AVALIACIÓN INICIAL 19-224.1.5. ACTIVIDADES DE RECUPERACIÓN 20-224.1.6. CUALIFICACIÓN FINAL 20-22

4.2. AVALIACIÓN EXTRAORDINARIA 20-224.2.1. PROCEDEMENTO DE RECUPERACIÓN PARA O ALUMNADO COA MATERIA PENDENTE. 20-22

5. PROGRAMAS ESPECÍFICOS PERSONALIZADOS PARA O ALUMNADO REPETIDOR.20-226. MATERIAIS E RECURSOS DIDÁCTICOS 21-227. EDUCACIÓN EN VALORES. TEMAS TRANSVERSAIS. 21-228. ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES 21-229. MEDIDAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE 21-2210. ACCIÓNS DE CONTRIBUCIÓN AO PROXECTO LECTOR 21-2211. ACCIÓNS DE CONTRIBUCIÓN AO PLAN DE CONVIVENCIA. 22-2212. PROCEDEMENTOS PARA AVALIAR A PROPIA PROGRAMACIÓN.22-22

IES CURTIS Página 1 de 22

Page 70: Programación Tecnoloxía 2010-2011

DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA 1º BACHARELATO

1. OBXECTIVOS XERAIS DO CURSO

1. Coñecer e empregar os recursos e posibilidades que as TIC poden ofrecer para unha aprendizaxe ao longo da vida.2. Ser quen de demostrar un pensamento creativo, construíndo coñecemento e desenvolvendo produtos innovadores, empregando as TIC.3. Empregar medios e ámbitos dixitais para comunicarse e traballar en rede, para obter, avaliar e usar información, e para apoiar a aprendizaxe individual e contribuír á aprendizaxe doutros.4. Desenvolver e usar habilidades de pensamento crítico para planificar e conducir unha investigación, administrar proxectos, resolver problemas e tomar decisións informadas usando ferramentas e recursos dixitais apropiados.5. Poñer en práctica condutas éticas e legais e entender os asuntos humanos, culturais e sociais relacionados coa tecnoloxía. 6. Acadar un entendemento axeitado dos conceptos, sistemas e funcionamento da tecnoloxía; adquirindo unha formación ética, mediante un ejercicio constante de reflexión e práctica democrática ante o uso das IC.7. Adquirir un coñecemento global e contextualizado, integrando as aprendizaxes, relacionándoas cos contidos curriculares das diversas áreas e materias, asumíndoas de maneira que sexan transferibles e aplicables en diversas situacións e contextos de ensino-aprendizaxe a través das TIC.8. Aprender a convivir, participando activamente nun mundo globalizado, interrelacionado e cambiante.

2. CONTIDOS TEMPORALIZADOS

UNIDADE 01. AS TICS

OBXECTIVOS

Adquirir unha visión xeral da evolución histórica das tecnoloxías da información. Identificar e analizar problemas cotiáns que poden resolverse con axuda das TIC. Valorar as posibilidades, achegas e riscos da sociedade da información. Coñecer distintas profesións e actividades directamente relacionadas coas tecnoloxías

da información.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

Identifica e resolve problemas cotiáns con axuda das TIC. Analiza e valora algunhas das influencias das tecnoloxías da información na sociedade

actual. Identifica diferentes dispositivos multimedia e explica a utilidade de cada un deles. Utiliza axeitadamente a terminoloxía habitual relacionada coa materia. Le, comprende e resume textos representativos relacionados coas TIC e as súas

implicacións.

CONTIDOS

As tecnoloxías da información Evolución das tecnoloxías da información. Curiosidade por coñecer a evolución histórica das tecnoloxías da información.

IES CURTIS Página 2 de 22

Page 71: Programación Tecnoloxía 2010-2011

DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA 1º BACHARELATO

Novos desenvolvementos das tecnoloxías da información e a comunicación Telecomunicacións. Intelixencia artificial. Tecnoloxía multimedia. Recoñecemento e valoración do potencial comunicativo que ofrece a tecnoloxía

multimedia. Interese nos avances que se realizan continuamente na tecnoloxía multimedia, así

como na aprendizaxe de novas aplicacións. Valoración crítica das posibilidades, vantaxes e inconvenientes que ofrece a

manipulación de imaxes e sons mediante a tecnoloxía multimedia.

Posibilidades e riscos das tecnoloxías da información Lectura e análise de textos representativos relacionados coas tecnoloxías da

información e as súas implicacións. Interese en comunicar as ideas do xeito máis claro e sinxelo que sexa posible e coa

axuda de distintas técnicas.

Aplicacións científicas das TIC Lectura e copia de información de documentos pdf

Informática distribuída

Aplicacións sociais das TIC

UNIDADE 02. HARDWARE

OBXECTIVOS

Identificar os principais compoñentes do ordenador, así como doutros dispositivos con prestacións de ordenador, e describir a función de cada un deles.

Explicar o modo no que o ordenador manipula e almacena a información, así como o esquema de circulación desta a través dos seus compoñentes.

Conectar e configurar os periféricos máis habituais: teclado, monitor, impresora, modem, etc.

Comparar as características e prestacións de distintos ordenadores. Coñecer o concepto de rede local e os distintos elementos que a constitúen. Describir o hardware e o software necesario para montar unha rede local con acceso a

internet. Presentar e describir os distintos tipos de conexións a internet: RTC, RDSI, ADSL e

conexión vía satélite.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

Identifica os distintos elementos físicos que compoñen o ordenador e diferencia as súas funcións.

Interpreta as características que se utilizan habitualmente para definir un ordenador e valóraas axeitadamente.

Coñece a configuración mínima necesaria para o funcionamento dun ordenador persoal.

Conecta e configura correctamente distintos periféricos: impresora, modem, teclado, etc.

Identifica os elementos e compoñentes necesarios para a montaxe dunha rede local de ordenadores, provista de acceso a internet.

Emprega os procedementos necesarios para realizar unha conexión entre varios ordenadores e conectar un ordenador a internet.

Coñece e respecta as normas e criterios establecidos para o uso dos ordenadores e demais recursos da aula de informática.

CONTIDOSIES CURTIS Página 3 de 22

Page 72: Programación Tecnoloxía 2010-2011

DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA 1º BACHARELATO

Datos e información Codificación binaria. Sistemas de numeración. Medidas da información. Transformación de números do sistema decimal ao binario e viceversa.

Arquitectura de ordenadores Identificación física e instalación funcional dos compoñentes do ordenador e os seus

periféricos. Interese en manipular de xeito correcto o ordenador persoal e os seus periféricos.

Dispositivos con arquitectura de ordenador Teléfono móbil. Reprodutores multimedia. PDA. Navegadores GPS. Videoconsolas.

Placa base, chipset e microprocesador O reloxo e a velocidade do ordenador.

Memoria Memoria RAM. Memoria caché. Memoria virtual. Memoria ROM-Bios. Memoria RAM

CMOS. Recompilación, estudo, valoración e resumo de información técnica. Comparación das características e prestacións de distintos ordenadores.

Conectores e portos de comunicación Tarxetas de expansión. Rañuras de expansión e controladores. Identificación de cada un dos compoñentes do ordenador (placa base,

microprocesador, memoria RAM, buses, rañuras de expansión, etc.) e comprensión do seu funcionamento.

Dispositivos de entrada e saída Curiosidade por coñecer a composición interna do ordenador e o seu funcionamento,

así como o dos periféricos.

Dispositivos de almacenamento Discos magnéticos. Discos ópticos. Discos magneto-ópticos. Dispositivos de

almacenamento baseados en memoria flash. Coidado na utilización e mantemento dos equipos informáticos e no uso dos soportes

lóxicos.

Dispositivos de comunicación. Redes Redes locais. Topoloxía dunha rede. Cableado. Redes inarámicas. Conexión a unha

rede externa (liña telefónica, cable, satélite, ondas radioeléctricas, conexión móbil) Instalación e configuración de redes locais, formadas por tres ou máis ordenadores,

unha ou dúas impresoras e unha conexión a internet.

UNIDADE 03. SISTEMAS OPERATIVOS

OBXECTIVOS

Explicar as principais tarefas e funcións que leva a cabo un sistema operativo. Aprender o manexo básico do sistema operativo: acender e apagar o ordenador,

arrancar e saír das aplicacións, manexo de ventás, montar e desmontar unidades, etc. Utilizar distintos accesorios do sistema operativo: caderno de notas, calculadora,

gravadora, etc. Utilizar as ferramentas de xestión de arquivos do sistema operativo (Explorador de

Windows, Nautilus, etcétera ) para realizar as operacións habituais de mantemento de arquivos (copiar, borrar, mover, renomear,...), de carpetas (crear, borrar, mover,...) e de discos (dar formato, copiar,...).

Modificar a configuración do sistema operativo e a do propio ordenador mediante as ferramentas que proporciona o propio sistema operativo.

IES CURTIS Página 4 de 22

Page 73: Programación Tecnoloxía 2010-2011

DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA 1º BACHARELATO

Coñecer e utilizar as distintas posibilidades de personalización que ofrece o sistema operativo.

Traballar simultaneamente con varias aplicacións e transferir información entre elas. Habituarse ao uso das axudas do sistema operativo e das aplicacións. Coñecer e utilizar algunhas das posibilidades que ofrece unha rede local.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

Realiza as operacións máis habituais no sistema operativo: arranca aplicacións, abre e pecha ventás, etcétera.

Coñece e emprega algún dos accesorios e utilidades do sistema operativo. Realiza correctamente as operacións habituais de mantemento de ficheiros, carpetas

e discos: crear, seleccionar, copiar, borrar, cambiar o nome, mover, etcétera. Escribe correctamente a ruta de acceso a calquera ficheiro ou carpeta. Traballa simultaneamente con varias aplicacións, e intercambia información entre

elas. Utiliza, cando o necesita, o sistema de axuda do sistema operativo e das aplicacións. Coñece e utiliza algunhas das posibilidades que ofrece unha rede local. Respecta os demais usuarios, evitando modificar a configuración do sistema operativo

e a dos periféricos.

CONTIDOS

Funcións do sistema operativo Sistemas operativos GNU/Linux. Sistemas operativos Windows. Recoñecer a importancia de coñecer o manexo do sistema operativo, como paso

previo ao uso doutros programas.

Interface gráfico de usuario Escritorio. Intérprete de comandos. Arranque e apagado do ordenador. Posta en marcha e saída do sistema operativo. Operacións básicas no escritorio: inicio de aplicacións, adición de elementos, traballo

con varios escritorios, etcétera.

Manexo do sistema operativo Ventás. Menús. Elementos de interacción. Uso dalgunhas das utilidades e accesorios do sistema operativo: calculadora, notas,

reprodutor multimedia, etcétera.

Estrutura física e lóxica de almacenamento Nomenclatura das unidades lóxicas. Sistemas de arquivos. Organización e

administración de arquivos. Ferramentas de xestión de arquivos. Utilización correcta da ruta de acceso a calquera ficheiro ou carpeta.

Usuarios no sistema operativo

Configuración e personalización do S.O Personalización do sistema operativo: configuración da hora, idioma, fontes,

salvapantallas, etc.

Configuración de dispositivos Instalación de impresoras. Configuración dunha tarxeta de rede. Configuración dunha

rede.

Instalación e desinstalación de aplicacións

Mantemento e protección do ordenador Almacenamento, administración e recuperación de arquivos e carpetas en distintos

soportes: discos duros, disquetes, CD, etc. Uso responsable do ordenador.

IES CURTIS Página 5 de 22

Page 74: Programación Tecnoloxía 2010-2011

DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA 1º BACHARELATO

Traballo en rede Utilización de redes locais: compartindo periféricos, programas e ficheiros. Interese por coñecer e utilizar as posibilidades que ofrecen as redes locais.

UNIDADE 04. INTERNET E WEB 2.0

OBXECTIVOS

Afondar na aprendizaxe do manexo dun ou varios navegadores web e aproveitar as facilidades que ofrecen para cargar, imprimir, gardar e descargar páxinas web ou elementos contidos nelas.

Desenvolver capacidades de busca, interpretación, discriminación e valoración da información obtida a través de internet.

Adquirir unha visión xeral sobre a web 2.0. Facer uso dalgúns dos servizos máis habituais da web 2.0: RSS, Podcast, aplicacións

en liña, cartografía, etc. Coñecer e utilizar as ferramentas para integrarse en redes sociais, colaborando ao

crecemento destas e participando en producións colectivas. Responsabilizar o alumnado sobre a necesidade de empregar os servizos de internet

dentro dun marco legal e ético.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

Valora a importancia que están a adquirir as comunicacións telemáticas hoxe en día e coñece as súas posibles repercusións.

Localiza información na rede e carga, imprime e garda páxinas Web ou elementos (texto, gráficos, sons, etc.) contidos nelas.

Participa na edición cooperativa e colaborativa de páxinas ou sitios web en liña. Expresa opinións, debáteas e contrástaas coas doutros usuarios dun sitio web que

ofreza a devandita posibilidade. Publica e comparte fotos e vídeos en internet. Consulta e difunde noticias mediante os servizos RSS e Podcast. Fai uso de distintas aplicacións en liña para a creación e edición de distintos tipos de

documentos. Utiliza algunhas das posibilidades do servizo de cartografía de Google Maps. É responsable na difusión e uso dos contidos obtidos ou introducidos en internet.

CONTIDOS

Conceptos básicos na web social6. Servizos da web 2.0. Servidores de servizos na web 2.0.7. Localización, carga e almacenamento de distintos tipos de informacións (páxinas

completas, textos, imaxes, sons, videos, etc.) na web.8. Valoración da necesidade social de que se coñezan e reclamen os dereitos como

usuarios ou consumidores dos servizos que ofrece internet.

Wikis e blogs9. Descrición dun wiki. Participación na Wikipedia.10. Descrición dun blog. Participación nun blog.11. Responsabilidade na difusión e o uso das informacións obtidas ou introducidas en

internet.12. Interese pola busca obxectiva de información ante informacións antagónicas

procedentes de distintas fontes.

Publicar e compartir fotos e vídeos

IES CURTIS Página 6 de 22

Page 75: Programación Tecnoloxía 2010-2011

DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA 1º BACHARELATO

Servizos para publicar fotos. Publicar fotos en Flickr. Banco de imaxes. Servizos para publicar vídeos. Publicar vídeos en YouTube.

RSS e Podcast Acceso aos servizos RSS. Descarga de Podcast. Creación e publicación de Podcast.

Xeolocalización e Xeorreferenciación Cartografía de Google Maps. Traballar cos mapas de Google Maps. Xeorreferenciación en imaxes.

Ensino-aprendizaxe a distancia: LCMS

Aplicacións en liña Google Docs. Zona clic. Descartes.

Redes P2P Voz sobre IP. Intercambio de arquivos. Respecto pola utilización dos medios informáticos dentro dun marco legal e ético.

UNIDADE 05. PROCESADOR DE TEXTO

OBXECTIVOS

Afondar na aprendizaxe do procesador de texto, como ferramenta habitual para a creación, modificación e reprodución de documentos.

Utilizar algunhas das posibilidades avanzadas que ofrecen os procesadores de texto: estilos, índices de contidos, encabezados e pés de páxina, táboas, etc.

Elaborar documentos que conteñan obxectos: imaxes, gráficos, textos artísticos, etcétera.

Elaborar documentos cuxo deseño se basee no emprego de táboas. Elaborar documentos que conteñan expresións científicas. Utilizar formatos de documento recoñecibles por distintas aplicacións.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

Identifica e fai uso as principais posibilidades dos procesadores de texto. Deseña documentos utilizando sangrías, tabuladores, aliñacións, cabeceiras e pés de

páxina, tipo, tamaño e estilo de letra, etc. Elabora documentos que conteñen elementos de distinta natureza: texto, gráficos,

táboas, imaxes, etcétera. Imprime documentos completos, así como algunhas as súas páxinas. Xera un documento PDF por distintos procedementos. Mostra predisposición cara ao uso do procesador de textos como ferramenta habitual

de traballo.

CONTIDOS

Intercambio de información Transferencia de texto dende un documento PDF. Transferencia de datos e gráficos

dende unha folla de cálculo. Pegado especial. Vincular obxectos.

Documentos con índice de contidos16. Utilización de estilos. Creación dun índice de contidos. Encabezados e pés de páxina

diferentes en páxinas pares e impares.

IES CURTIS Página 7 de 22

Page 76: Programación Tecnoloxía 2010-2011

DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA 1º BACHARELATO

17. Interese por aplicar os coñecementos adquiridos nos seus traballos, tanto académicos como doutro tipo.

Documentos con estilo xornalístico18. Escritura en columnas. Inserir e distribuír texto ao redor dunha imaxe.19. Utilización de procesador de texto na realización de traballos individuais ou colectivos

nas diferentes áreas.

Documentos con táboas Deseño e modificación de táboas.

Elaborar panfletos ou folletos publicitarios Inserir textos artísticos. Visualización previa e impresión de documentos.

Apuntamentos persoais Captura de imaxes dende a pantalla. Creación de debuxos nos documentos. Valoración da informática como medio de expresión nos traballos persoais.

Documentos científicos

Xerar un documento PDF Dende OpenOffice. Con PDFCreator.

UNIDADE 06. FOLLA DE CÁLCULO I

OBXECTIVOS

Presentar algunhas das aplicacións máis habituais das follas de cálculo: simulacións, tratamentos estatísticos, representacións gráficas, contabilidade, etcétera.

Crear e utilizar follas de cálculo que permitan resolver problemas sinxelos propios da modalidade: media dun conxunto de datos, valores que toma unha variable cando se modifica outra, etc.

Coñecer e utilizar algunhas das posibilidades que ofrece a folla de cálculo: operacións con rangos de celas, emprego de fórmulas, deseño da folla, etc.

Transformar e presentar a información numérica en forma de gráficos de distintos tipos.

Imprimir total ou parcialmente a información contida nunha folla de cálculo. Intercambiar información entre as distintas aplicacións de Office e OpenOffice.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

Mostra interese por coñecer e utilizar as posibilidades que ofrecen as follas de cálculo: simulacións, cálculos estatísticos, presupostos, etc.

Identifica problemas que poden ser resoltos coa axuda dunha folla de cálculo. Crea, almacena e recupera follas de cálculo que conteñen fórmulas sinxelas. Introduce, corta, copia, borra e move información nunha folla de cálculo. Utiliza funcións numéricas sinxelas. Mellora o aspecto dunha folla de cálculo, engadindo liñas, cores, sombreadas:

cambiando o formato dos números, o tipo de aliñación; etc. Imprime a información contida nunha folla de cálculo. Xera gráficos a partir dos datos dunha folla de cálculo. Intercambia información entre as distintas aplicacións de Office e OpenOffice.

CONTIDOS

Ámbito de traballoIES CURTIS Página 8 de 22

Page 77: Programación Tecnoloxía 2010-2011

DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA 1º BACHARELATO

Estrutura dunha folla de cálculo. Filas, columnas e celas. Valoración das posibilidades que ofrece a folla de cálculo en distintas áreas do

coñecemento: ciencias experimentais, economía, matemáticas, etc.

Introdución de datos Datos e fórmulas. Prioridades dos operadores nas fórmulas. Direccións absolutas e

relativas das celas. Modificación e edición de datos. Utilización de fórmulas. Uso axeitado das parénteses e dos operadores. Gusto pola planificación e a organización necesarias para realizar calquera traballo.

Rangos Realización de operacións básicas con rangos: copiar, mover, borrar e cortar. Nomear rangos. Encher un rango de celas. Copiar fórmulas nun rango.

Funcións Concepto, sintaxe e utilidade. Funcións matemáticas. Funcións estatísticas. Funcións

financeiras. Funcións de data e hora. Funcións lóxicas. Funcións de busca. Funcións de texto.

Introdución de funcións cun asistente. Utilización de funcións (de data, financeiras, matemáticas, ...) para axilizar os cálculos.

Referencias a celas Referencias absolutas, relativas e mixtas.

Edición dunha folla de cálculo Interese por empregar as facilidades que incorporan as follas de cálculo para mellorar

o aspecto dos traballos realizados con elas.

Visualización e impresión da folla Vista preliminar. Configurar páxinas.

Gráficos Os seus tipos. Xeración de distintos tipos de gráficos (de barras, de sectores, de liñas, etc.) a partir

dunha colección de datos.

Cálculo dun valor Busca de obxectivos. Utilización da folla de cálculo como ferramenta para a resolución de problemas.

UNIDADE 07. FOLLA DE CÁLCULO II

OBXECTIVOS

Utilizar algunhas das posibilidades avanzadas que ofrece a folla de cálculo. Empregar a folla de cálculo para o tratamento de información numérica e a análise de

pautas de comportamento. Crear e utilizar follas de cálculo que permitan resolver problemas propios da

modalidade: lanzamento de proxectís, experimentos aleatorios, enerxía de enlace por nucleón, combinatoria, movemento dun satélite artificial, lei dos grandes números, etc.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

Crea follas de cálculo que permiten resolver problemas sinxelos propios da modalidade de Bacharelato elixida.

Establece hipótese, comproba propiedades e obtén conclusións dos fenómenos por medio de modelos creados cunha folla de cálculo.

IES CURTIS Página 9 de 22

Page 78: Programación Tecnoloxía 2010-2011

DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA 1º BACHARELATO

Discrimina qué instrumento informático de cálculo é o máis adecuado para resolver un determinado problema científico.

CONTIDOS

Sistemas de numeración Disposición favorable á utilización das ferramentas informáticas na resolución de

problemas científicos e técnicos.

Aplicación da folla de cálculo ao ámbito da Física Campo gravitatorio. Estudo do lanzamento oblicuo de proxectís. Movemento dun

satélite artificial. Enerxía de enlace por nucleón. Representación de funcións e estudo destas empregando para iso as facilidades que

ofrece a folla de cálculo.

Aplicación da folla de cálculo ao ámbito da Estatística Funcións estatísticas. Táboa de frecuencias dunha variable discreta. Estudo dunha

variable discreta cualitativa. Distribucións bidimensionais. Regresión. Lei dos grandes números. Experimentos aleatorios.

Realización do estudo estatístico dun conxunto de datos experimentais, empregando as facilidades que ofrece a folla de cálculo

Deseño, creación e uso de follas de cálculo que permitan estudar distintos temas, calcular valores dalgunhas magnitudes ou demostrar algunhas leis do ámbito científico e tecnolóxico.

Aritmética mercantil Valoración da necesidade de seguir un método ordenado no deseño de follas de

cálculo e outros proxectos informáticos que permitan resolver problemas propios da modalidade.

UNIDADE 08. DERIVE

OBXECTIVOS

Realizar operacións aritméticas sinxelas con DERIVE. Simplificar, expandir, factorizar e achar o valor de polinomios con DERIVE. Utilizar instrumentos informáticos para o estudo gráfico de funcións: interporlación e

regresión, estudo de funcións explícitas, etc. Representar funcións dunha e dúas variables a partir das correspondentes expresións

introducidas en DERIVE. Resolver ecuacións, inecuacións e sistemas de ecuacións lineais con DERIVE. Utilizar as facilidades que ofrece DERIVE para a realización de cálculos diferenciais e

integrais: cálculo de derivadas sinxelas, cálculo da derivada nun punto, cálculo de derivadas sucesivas, cálculo de integrais indefinidas, cálculo de integrais definidas, etc.

Introducir e calcular límites con DERIVE. Empregar as posibilidades que ofrece DERIVE para realizar operacións estatísticas:

calculo dos principais parámetros estatísticos dunha distribución unidimensional, estudo dunha variable estatística bidimensional, etc.

Utilizar instrumentos informáticos para o estudo gráfico de funcións: interpolación e regresión, estudo de funcións explícitas, etc.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

Introduce, simplifica, edita, almacena, recupera, copia e imprime expresións en DERIVE

IES CURTIS Página 10 de 22

Page 79: Programación Tecnoloxía 2010-2011

DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA 1º BACHARELATO

Introduce, simplifica, expande e factoriza polinomios en DERIVE. Realiza o estudo gráfico de funcións coa axuda de distintas aplicacións informáticas:

folla de cálculo, programas estatísticos, asistentes matemáticos, programas específicos para a representación de funcións, etc.

Representa funcións dunha e dúas variables a partir das correspondentes expresións introducidas en DERIVE.

Utiliza as facilidades que ofrece DERIVE para a realización de cálculos diferenciais e integrais, así como para o cálculo de límites.

Coñece e utiliza as facilidades que ofrece DERIVE para realizar operacións estatísticas.

CONTIDOS

Traballo con expresións aritméticas Simplificar expresións. Cálculo dun valor aproximado. Inserción de textos. Follas. Introdución, simplificación, edición, almacenamento, recuperación, copia e impresión

de expresións en DERIVE. Predisposición cara ao uso dos asistentes matemáticos como ferramenta de traballo

noutras áreas do coñecemento.

Polinomios8. Introdución, simplificación, expansión e factorización de polinomios en DERIVE.9. Calculo do valor dun polinomio.

Funcións Representación de funcións no plano. Representación de funcións no espazo.

Ecuacións Ceros dunha expresión polinómica. Ecuación con varias variables. Sistema de

ecuacións lineais. Inecuacións. Representación de inecuacións.

Cálculo diferencial Cálculo de derivadas. Cálculo da derivada nun punto. Cálculo de derivadas sucesivas.

Cálculo integral Integrais indefinidas. Integrais definidas.

Límites e sumatorios Cálculo de límites. Cálculo de sumatorios.

Estatística Cálculo de parámetros en distribucións unidimensionais. Estudo dunha variable estatística bidimensional. Disposición favorable á utilización das ferramentas informáticas na resolución de

problemas científicos e técnicos.

UNIDADE 09. IMAXES DIXITAIS.

OBXECTIVOS

Definir os principais conceptos relacionados coas imaxes dixitais: pixel, obxecto, profundidade de cor, tamaño, resolución, relación de aspecto, etc.

Explicar o manexo básico dalgúns editores gráficos. Elaborar imaxes e gráficos con distintas aplicacións. Aprender o manexo dun programa visualizador de imaxes.

IES CURTIS Página 11 de 22

Page 80: Programación Tecnoloxía 2010-2011

DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA 1º BACHARELATO

Describir e poñer en práctica as distintas formas de introducir imaxes no ordenador: escanear, creación cun editor gráfico, capturas de pantalla, transferencia dende unha cámara dixital, etc.

Retocar imaxes empregando aplicacións de retoque fotográfico.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

Realiza con medios informáticos debuxos ou deseños baseados en especificacións dadas.

Sabe utilizar un visualizador de imaxes. Obtén imaxes dixitais por distintos procedementos: escanear, captura de pantalla,

fotografía dixital, etc. Manipula imaxes dixitais modificando o seu tamaño, axustando a súa resolución ou

convertendo o seu formato. Retoca imaxes modificando a luminosidade e a cor. Modifica imaxes traballando con seleccións, máscaras e capas. Fai composicións a partir de dous ou máis imaxes. Incorpora textos nas imaxes. Modifica imaxes aplicando distintos filtros e estilos de capa.

CONTIDOS

Imaxes gráficas Tipos de imaxes. Elementos dunha imaxe. Calidade dunha imaxe dixital. Tamaño de

imaxe e tamaño de arquivo. Tamaño de imaxe e relación de aspecto. Formato de arquivos gráficos.

Software para visualizar e editar imaxes Editores gráficos. Visualizadores de imaxes. GIMP. Photoshop. Visualización de imaxes de distinta procedencia coa axuda de programas

especialmente deseñados para iso.

Obtención de imaxes dixitais6. Dixitalización de imaxes. Capturas de pantalla. Creación cun editor. Transferir

fotografías ao ordenador. Propiedades dunha imaxe fotográfica.

Manipular imaxes fotográficas7. Modificar o tamaño. Cambiar o tamaño do lenzo. Axustar a resolución para impresión.

Conversión de formato.

Modificar a luminosidade e a cor8. Sistemas de cor. Converter unha imaxe en escala de grises. Equilibrar as cores.

Modificar o brillo e o contraste. Modificar o ton e a saturación das cores. Modificar as curvas de cor.

Traballar con seleccións, máscaras e capas9. Seleccionar parte dunha imaxe. Enmarcar unha fotografía. Traballar con capas.

Traballar con máscaras.

Composición de fotografías10. Recortar. Transferir o recorte. Escalar e colocar a imaxe da nova capa. Nomear e/ou

ancorar a capa de selección. Aplicar perspectiva a unha capa e diminuír a súa opacidade.

Traballar con textos11. Agregar texto ás imaxes. Capas de texto. Edición dun texto.

Aplicar filtros e estilos de capa12. Exemplos de filtros.

IES CURTIS Página 12 de 22

Page 81: Programación Tecnoloxía 2010-2011

DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA 1º BACHARELATO

UNIDADE 10. PRESENTACIÓNS.

OBXECTIVOS

Deseñar, crear e modificar diapositivas que conteñen distintos elementos: textos, imaxes, sons, vídeos, táboas, etc.

Manter unha presentación de diapositivas xa creada: ordenar, modificar, eliminar, agregar, etc.

Levar a cabo unha presentación de diapositivas ante un auditorio. Integrar aplicacións ofimáticas e de edición multimedia na elaboración dun proxecto.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

Deseña e crea diapositivas de distintos tipos e inclúe nelas elementos de distinta natureza: títulos, imaxes, vídeos, táboas, etc.

Realiza as operacións básicas de mantemento dunha presentación de diapositivas. Inclúe elementos interactivos. Incorpora efectos de animación e transicións. Leva a cabo unha presentación de diapositivas ante un auditorio.

CONTIDOS

Ferramentas de presentación13. Ámbito de traballo de OpenOffice.org Impress e de PowerPoint.14. Modos de visualización.15. Interese por coñecer as posibilidades que ofrecen os medios informáticos para

espertar o interese e facilitar a comprensión sobre un tema.

Deseño de diapositivas Deseño de presentacións de diapositivas e almacenamento para a súa utilización

posterior. Modificación de presentacións xa creadas: eliminar diapositivas, crear novas

diapositivas, modificar obxectos (textos, táboas, esquemas,...) Integración das presentacións dixitais con elementos que proceden doutras

aplicacións ofimáticas. Valoración de calidades como a claridade, a simplicidade, a orde, a creatividade, a

estética, etc., na elaboración de presentacións.

Elementos interactivos Hiperenlaces. Botóns de acción.

Preparación e realización da presentación Transicións. Efectos de animación. Realización de presentacións de diapositivas ante un auditorio. Valoración das posibilidades que ofrecen os medios informáticos para a preparación e

desenvolvemento de exposicións en público.

UNIDADE 11. BASES DE DATOS

OBXECTIVOS

Consultar bases de datos xa creadas.

IES CURTIS Página 13 de 22

Page 82: Programación Tecnoloxía 2010-2011

DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA 1º BACHARELATO

Recompilar, introducir e manter os datos dunha base de datos composta de, polo menos, 100 rexistros.

Deseñar bases de datos para o almacenamento de informacións de distinta natureza. Utilizar a linguaxe de consulta básica propia de diferentes bases de datos. Crear e activar consultas nunha base de datos. Crear e imprimir informes a partir da información contida nunha base de datos. Intercambiar, compartir e combinar información entre a base de datos e outras

aplicacións.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

Identifica os distintos modos de presentación da información dunha base de datos. Realiza operacións sinxelas cos rexistros dunha base de datos: introdución de novos

rexistros, modificación ou eliminación de datos, etc. Ordena, segundo distintos criterios, os rexistros dunha base de datos. Deseña a estrutura dunha base de datos sinxela. Realiza as operacións máis habituais de mantemento (altas, baixas, modificacións,

etc.) dunha base de datos. Realiza consultas, cunha ou varias condicións, nunha base de datos xa creada. Define e xera formularios. Crea e imprime informes a partir da información que extrae dunha base de datos. Consulta bases de datos documentais. Obtén a información necesaria para resolver problemas propios da modalidade,

mediante consultas a bases de datos específicas. Intercambia información entre a base de datos e outras aplicacións.

CONTIDOS

Xestores de bases de datos relacionais4. Access. OpenOffice.org Basee. Ámbito de traballo. Obxectos dunha base de datos.5. Interese na creación de bases de datos sinxelas, para almacenar e xestionar os datos

propios: direccións e teléfonos, libros, discos, etc.6. Respecto pola utilización dos medios informáticos dentro dun marco legal e ético.

Táboas. Gardar e modificar a información Rexistros e campos. Tipos de campos. Formatos. Deseño da estrutura dunha base de datos e introdución dos rexistros. Realización das operacións de mantemento dunha base de datos: engadir, modificar,

borrar e ordenar rexistros. Filtrado de rexistros.

Relación de táboas Modificar relación entre táboas. Folla de datos secundaria. Intercambio de información entre unha base de datos e outras aplicacións.

Consultas Activar unha consulta. Consultas en varias táboas. Operadores de comparación.

Comodíns. Consultas con criterios múltiples. Creación de consultas e obtención dos rexistros dunha base de datos que cumpran

unha ou máis condicións.

Formularios Activación. Creación. Estrutura dun formulario.

Informes Creación e impresión de informes. Estrutura dun informe.

Modificar o deseño de formularios e informes Controis.

IES CURTIS Página 14 de 22

Page 83: Programación Tecnoloxía 2010-2011

DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA 1º BACHARELATO

Uso dunha base de datos documental: Abies Ámbito de traballo. Usuarios de Abies. Catalogación dun libro.

Busca de información Consultas en Abies. Consultas nun catálogo on-line. Disposición favorable cara á utilización de bases de datos públicas, para localizar e

consultar información nelas. Valoración da importancia e a necesidade das bases de datos para xestionar e

manipular gran cantidade de información

UNIDADE 12. PROGRAMACIÓN I

OBXECTIVOS

Adquirir rigor lóxico na estruturación dun problema. Deseñar algoritmos para a resolución de problemas sinxelos. Clasificar as linguaxes de programación en catro grandes grupos (de baixo nivel, de

alto nivel, de cuarta xeración e orientados a obxectos). Definir as principais características de cada un destes grupos e citar exemplos de linguaxes incluídas en cada un deles.

Distinguir entre os diferentes arquivos que aparecen como resultado da creación dun programa: programa fonte, código obxecto e arquivo executable.

Coñecer as fases a seguir para elaborar un programa no ámbito de programación de Visual Basic: análise do problema, busca do algoritmo, escritura do programa, obtención do programa executable, corrección de erros.

Coñecer os elementos principais dun programa en Visual Basic: Formularios, eventos, obxectos, funcións, instrucións.

Coñecer os principais tipos de datos cos que se pode traballar en Visual Basic. Coñecer as instrucións básicas de saída e entrada de información en Visual Basic, así

como os operadores aritméticos básicos (suma, resta, multiplicación e división) Elaborar programas en Visual Basic que resolvan problemas sinxelos.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

Deseña algoritmos para a resolución de problemas sinxelos e represéntaos mediante os seus correspondentes diagramas de fluxo.

Coñece os elementos principais dun programa escrito en Visual Basic, así como os principais tipos de datos cos que se pode traballar nesta linguaxe.

Elabora programas sinxelos en Visual Basic, corrixe os posibles erros e obtén o correspondente programa executable.

Respecta e fai bo uso dos medios e ferramentas que se poñen á súa disposición: manuais, software, consumibles, etc.

CONTIDOS

Linguaxes de programación Algoritmos e programas. Linguaxes de programación.

Creación dun programa Fases na creación dun programa. Conversión a un programa executable. Depuración

de erros. Código fonte. Representación de algoritmos mediante organigramas e tradución dos devanditos

organigramas á linguaxe Visual Basic.

Ámbito de traballo de Visual BasicIES CURTIS Página 15 de 22

Page 84: Programación Tecnoloxía 2010-2011

DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA 1º BACHARELATO

Obxectos, eventos, mensaxes e procedementos. Proxectos e formularios.

Elementos da ventá de Visual Basic Ámbito de traballo do editor de Visual Basic de Office.

Como se programa en Visual Basic Control de erros. Modificar e agregar procedementos a eventos. Depuración de programas e corrección de erros.

Controis Propiedades dos obxectos.

Eventos nun programa Creación dun arquivo executable. Compilación, montaxe e execución de programas sinxelos en Visual Basic. Creación de programas que permitan resolver problemas sinxelos e que inclúan as

funcións tratadas ao longo do tema.

UNIDADE 13. PROGRAMACIÓN II

OBXECTIVOS

Coñecer as estruturas básicas de control: Estrutura secuencial, estrutura selectiva e estrutura repetitiva.

Coñecer as instrucións selectivas (sentenza If ) así como os operadores relacionais (maior que, menor que, etc.) e os operadores lóxicos (e, Ou, NON) en Visual Basic.

Coñecer as estruturas If e Select Case, que permiten a creación de bucles en Visual Basic.

Elaborar programas en Visual Basic que resolvan problemas sinxelos e que conteñan estruturas aniñadas.

Coñecer a utilidade das sentenzas For...Next, Do,... Loop, Do While...Loop, Do Until...Loop, e elaborar programas sinxelos que as inclúan.

Escribir programas en Visual Basic que fagan uso das casas de verificación; por exemplo, un programa capaz de analizar a divisibilidade dun número.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

Elabora programas sinxelos que faciliten a execución de certas tarefas susceptibles de ser automatizadas.

Coñece e aplica na confección de programas as estruturas básicas de control. Elabora programas en Visual Basic que conteñen estruturas aniñadas.

CONTIDOS

Tipos de datos e declaración de variables Declaración de constantes. Utilización de constantes e variables con controis.

Operacións aritméticas e de asignación Operadores aritméticos. Asignación de valores.

Programación estruturada. Estruturas selectivas Estruturas básicas de control. Sentenza If. Operadores relacionais. Operadores lóxicos.

Estrutura If. Estrutura Select Case. Creación de programas que permitan resolver problemas sinxelos e que inclúan

estruturas selectivas.

Estruturas repetitivas Control Lista. Sentenza For... Next. Sentenzas Do... Loop.

IES CURTIS Página 16 de 22

Page 85: Programación Tecnoloxía 2010-2011

DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA 1º BACHARELATO

Creación de programas que permitan resolver problemas sinxelos e que inclúan estruturas repetitivas.

Aniñación de estruturas Creación de programas que permitan resolver problemas sinxelos e que inclúan

estruturas aniñadas. Actitude aberta ante as diferentes solucións dadas a un problema e as razóns que

inflúen na súa elección.Matrices

Declaración de matrices. Matrices dinámicas. Asignación de valores. Bucles para percorrer unha matriz.

Cálculos estatísticos. Interese por elaborar sinxelos programas que faciliten a execución de certas tarefas

tales como cálculos estatísticos, porcentaxes, resolución de ecuacións e outras que sexan susceptibles de ser automatizadas.

Botóns de opción e marcosCasas de verificación

2.1. DISTRIBUCIÓN TEMPORALA distribución temporal realizouse tendo en conta que o curso escolar para estes alumnos consta aproximadamente de 33 semanas lectivas e que á materia lle corresponde 4 horas semanais.

1ª Semana 2ª Semana 3ª Semana 4ª Semana

Setembro UNIDADE 02. HARDWARE

Outubro UNIDADE 03. SISTEMAS OPERATIVOS

Novembro UNIDADE 04. INTERNET E WEB 2.0

DecembroUNIDADE 04. INTERNET E WEB 2.0

UNIDADE 05. PROCESADOR DE TEXTO NADAL

Xaneiro NADALUNIDADE 06. FOLLA DE CÁLCULO I

UNIDADE 07. FOLLA DE CÁLCULO II

Febreiro UNIDADE 09. IMAXES DIXITAIS

MarzoUNIDADE 09. IMAXES DIXITAIS

ENTROIDO UNIDADE 09. IMAXES DIXITAIS

Abril UNIDADE 10. PRESENTACIÓNS. SEMANA SANTA

UNIDADE 10. PRESENTACIÓNS.

Maio UNIDADE 08. DERIVE UNIDADE 11. BASES DE DATOS

IES CURTIS Página 17 de 22

Page 86: Programación Tecnoloxía 2010-2011

DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA 1º BACHARELATO

XuñoUNIDADE 12. PROGRAMACIÓN I

UNIDADE 13. PROGRAMACIÓN II

UNIDADE 01. AS TICS

2.2. CONTIDOS MÍNIMOS ESIXIBLES Utilización de redes locais: compartindo periféricos, programas e ficheiros. Servizos da

web 2.0. Servidores de servizos na web 2.0. Descrición dun wiki. Participación na Wikipedia. Descrición dun blog. Participación nun blog.

Servizos para publicar fotos. Publicar fotos en Flickr. Banco de imaxes. Servizos para publicar vídeos. Publicar vídeos en YouTube. Acceso aos servizos RSS. Descarga de Podcast. Creación e publicación de Podcast.

Cartografía de Google Maps. Traballar cos mapas de Google Maps. Xeorreferenciación en imaxes.

Google Docs. Zona clic. Descartes. Respecto pola utilización dos medios informáticos dentro dun marco legal e ético. Transferencia de texto dende un documento PDF. Transferencia de datos e gráficos

dende unha folla de cálculo. Estrutura dunha folla de cálculo. Filas, columnas e celas. Utilización de fórmulas. Uso

axeitado das parénteses e dos operadores. Concepto, sintaxe e utilidade. Funcións matemáticas. Funcións estatísticas. Funcións financeiras. Funcións de data e hora. Funcións lóxicas. Funcións de busca. Funcións de texto. Xeración de distintos tipos de gráficos (de barras, de sectores, de liñas, etc.) a partir dunha colección de datos.

Introdución, simplificación, edición, almacenamento, recuperación, copia e impresión de expresións en DERIVE.

Tipos de imaxes. Elementos dunha imaxe. Calidade dunha imaxe dixital. Tamaño de imaxe e tamaño de arquivo. Tamaño de imaxe e relación de aspecto. Formato de arquivos gráficos. Editores gráficos. Visualizadores de imaxes. GIMP. Photoshop. Dixitalización de imaxes. Capturas de pantalla. Creación cun editor. Transferir fotografías ao ordenador. Propiedades dunha imaxe fotográfica. Modificar o tamaño. Cambiar o tamaño do lenzo. Axustar a resolución para impresión. Conversión de formato. Sistemas de cor. Converter unha imaxe en escala de grises. Equilibrar as cores. Modificar o brillo e o contraste. Modificar o ton e a saturación das cores. Modificar as curvas de cor. Seleccionar parte dunha imaxe. Enmarcar unha fotografía. Traballar con capas. Traballar con máscaras. Recortar. Transferir o recorte. Escalar e colocar a imaxe da nova capa. Nomear e/ou ancorar a capa de selección. Aplicar perspectiva a unha capa e diminuír a súa opacidade. Agregar texto ás imaxes. Capas de texto. Edición dun texto.

Ámbito de traballo de OpenOffice.org Impress e de PowerPoint. Deseño de presentacións de diapositivas e almacenamento para a súa utilización posterior. Modificación de presentacións xa creadas: eliminar diapositivas, crear novas diapositivas, modificar obxectos (textos, táboas, esquemas,...) Integración das presentacións dixitais con elementos que proceden doutras aplicacións ofimáticas. Hiperenlaces. Botóns de acción. Transicións. Efectos de animación.

Access. OpenOffice.org Basee. Ámbito de traballo. Obxectos dunha base de datos. Rexistros e campos. Tipos de campos. Formatos. Deseño da estrutura dunha base de datos e introdución dos rexistros.

Algoritmos e programas. Linguaxes de programación. Creación de programas que permitan resolver problemas sinxelos e que inclúan estruturas aniñadas.

3. METODOLOXÍA DIDÁCTICAA metodoloxía a aplicar será principalmente práctica: realizarase unha exposición

detallada dun concepto, seguirán actividades que impliquen o manexo do mesmo para a súa IES CURTIS Página 18 de 22

Page 87: Programación Tecnoloxía 2010-2011

DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA 1º BACHARELATO

asimilación correcta, e a anotación no Caderno de Prácticas do desarrollo da experiencia, tanto dos acertos como dos erros, para unha completa comprensión. Intentarase aproveitar o atractivo que en xeral suscita no alumnado os elementos técnicos característicos da materia. Tratarase de enfocar a ensinanza dende unha perspectiva próxima ó mundo real para concienciar ó alumnado da utilidade dos coñecementos que está adquirindo.Tamén se procurará a conexión con outras materias do currículo

4. PROCEDEMENTOS DE AVALIACIÓN

4.1. AVALIACIÓN ORDINARIA

4.1.1. Criterios de avaliación

Son os recollidos en cada unidade didáctica.

4.1.2. Criterios de cualificación

Se valorará o traballo realizado nas clases: traballo en grupo, individual, exposicións orais ou participación en debates.Por ser unha materia eminentemente práctica, a valoración fundamental virá dada polo traballo nos ordenadores. Se valorará os traballos realizados polo alumno na casa.    

 A forma de avaliar ó alumno consistirá en:

A.- Se realizará, alomenos, unha proba por avaliación que conste de parte teórica e práctica. O profesor pode considerar que a parte práctica queda avaliada coas prácticas resoltas na aula, si estas foron suficientes.

B.- Realización dos exercicios e actividades propostos en clase.

A nota final da avaliación calcularase segundo as seguintes porcentaxes:

Un 40% corresponde a coñecementos teóricos (parte A): Probas e cuestionarios sobre as unidades didácticas, prácticas e exposicións en clase.

Un 60% corresponde as prácticas realizadas en clase: exercicios e actividades. (parte B)

Se nalgunha avaliación se realizan traballos individuais ou colectivos, terase en conta para a nota final, polo tanto realizaranse modificacións na porcentaxe final: 40% parte A, 50% parte B e 10% o traballo.

O cálculo da nota final, así como o número de exames por avaliación poden variar o longo do curso debido a modificacións na programación, tipo de alumnos, segundo o grupo, etc.

Os instrumentos empregados serán diversos, como son diversos os contidos a avaliar. Para avalia-los conceptos, empregarase normalmente distintos tipos de probas escritas (“exame clásico”) e os cuestionarios. Para avalia-los procedementos e actitudes empregarase, ademais dos traballos feitos por cada un dos alumnos e o grupo, fundamentalmente a observación na clase. Para iso empregaranse dous tipos de instrumentos, unha ficha de incidencias e un cuestionario de observacións.

4.1.3. Instrumentos de avaliación

Empregaranse os exames escritos para avaliar os contidos conceptuais e procedimentais. Tamén se recollerán traballos e prácticas realizadas nas horas de clase ao ser unha materia de gran contido práctico. O traballo na aula avaliarase por observación directa.IES CURTIS Página 19 de 22

Page 88: Programación Tecnoloxía 2010-2011

DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA 1º BACHARELATO

4.1.4. Procedementos para a realización da avaliación inicial.

Como norma de carácter xeral, perante o primeiro mes do curso, realizarase un “test de coñecementos previos” co que o profesor/a pode facerse unha idea de cada alumno/a e da clase en xeral e servirá para promover actividades constructivas, nas que o alumno/a estableza de forma clara a relación entre os coñecementos previos e os novos. Así mesmo, faremos un seguimento o máis personalizado posible de cada alumno/a para coñecer as capacidades, os ritmos de desenvolvemento e de traballo, o estilo de aprendizaxe e o interés por progresar, que anotaremos na ficha individual de cada alumno e que serán un referente fundamental para que cada alumno/a desenvolva ao máximo as súas potencialidades.

4.1.5. Actividades de recuperación.

Ó finalizar cada unidade didáctica, informarase ós alumnos dos aspectos negativos da súa avaliación, se é o caso, indicándolles como os deberán solventar. Como é obvio, o sistema de recuperación proposto dependerá do tipo de contidos nos que non se acadaron os obxectivos. Mentres que para os contidos conceptuais e algúns procedimentais empregarase normalmente un novo exame, para o resto dos contidos servirán as observacións feitas nas sucesivas Unidades Didácticas e anotacións das fichas de observacións incidencias do profesor, así como os traballos, informes, debuxos, etc. recollidos no caderno de traballo do alumno.

4.1.6. Cualificación final.

A cualificación final será a media aritmética das cualificacións das tres avaliacións, tendo aprobadas as tres avaliacións.

4.2. AVALIACIÓN EXTRAORDINARIA.

4.2.1. Procedementos de recuperación para alumnado coa materia pendente.

Na lexislación vixente está previsto un exame extraordinario no mes de setembro para o alumnado que non acade cualificación positiva na convocatoria de xuño. Este exame realizarase soamente da parte conceptual e procedemental se fora o caso e nas datas que se acorden no centro educativo, sendo necesario obter unha nota de 5 para superalo. O alumnado que nesta convocatoria siga sen acadar cualificación positiva e promocione de curso, levará a materia correspondente pendente. Se houbera alumnos coa materia pendente o procedemento sería o seguinte:

A avaliación da asignatura quedará dividida en tres partes, cada unha das cales constará dun traballo escrito e un exame tipo test sobre o mesmo. Os traballos escritos suporán un 40 % da nota e os exames o 60 % restante.Para aprobar será necesario ter unha nota media das tres partes de 5 puntos como mínimo. Aquelas persoas que non acaden o 5 terán dereito a realizar un exame final no mes de maio de todos os contidos da asignatura.Os traballos escritos entregaránselle ó profesor o día do exame correspondente. O profesor encargado de avaliar ós alumnos informará a estes da data e o lugar do exame con alomenos 15 días de antelación.Os traballos escritos entregaranse preferentemente mecanografados, e deberán axustarse ós contidos que para eles se establezan na programación anual.

IES CURTIS Página 20 de 22

Page 89: Programación Tecnoloxía 2010-2011

DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA 1º BACHARELATO

5. PROGRAMAS ESPECÍFICOS PERSONALIZADOS PARA O ALUMNADO REPETIDOR.

Calquera acción personalizada para o alumnado repetidor será consensuada co Departamento de Orientación, aínda no caso de que non afecte ós contidos prescriptivos do currículo. En principio, non se tomará ningunha medida organizativa especial para o alumnado repetidor (por exemplo, agrupamentos na aula en razón da súa condición repetidora), agás que o profesor o considere puntualmente oportuno. Haberá, porén, unha metodoloxía específica, que incluirá exercicios de reforzo específicos para os alumnos repetidores. O seu nivel e cantidade serán determinados individualmente polo profesor á vista do desenvolvemento da programación e do proceso de aprendizaxe de cada alumno.

6. MATERIAIS E RECURSOS DIDÁCTICOSAparte dos apuntes do profesor, empregarase para o desenrolo da materia a aula de informática.

A programación desta materia está absolutamente condicionada polas características técnicas dos ordenadores e dos programas dispoñibles. Polo que algunha parte da programación pode ser susceptible de cambio ou adecuación os medios dispoñibles

7. EDUCACIÓN EN VALORES. TEMAS TRANSVERSAIS

Na realización de actividades e exercicios teranse en conta aqueles temas que son obxecto dunha formación permanente do alumnado na actividade docente de todo o profesorado: educación para a convivencia, para a saúde, para a paz, do consumidor, no sexista, ambiental, sexual e vial, e que xa foron relacionados nas unidades didácticas máis arriba

8. ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES PREVISTAS

As actividades complementarias e extraescolares previstas durante o transcurso do ano lectivo establécense polo colectivo de profesores compoñentes do claustro.

9. MEDIDAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADEO tratamento á diversidade recóllese nesta programación de diferentes formas:

1. A mellor estratexia para a integración do alumnado con necesidades educativas especiais ou con determinados problemas de aprendizaxe, é implicalos nas mesmas tarefas co resto do grupo, ocn distintos métodos de apoio e esixencia. O tratamento en "espiral" ofrece a posibilidade de retomar un contido non asimilado nun momento posterior de traballo, co cual evitamos a paralización do proceso de aprendizaxe de dito sector. con exercicios repetitivos que soen incidir negativamente no nivel de motivación2. Esta posibilidade de distinto nivel de profundización en moitas das actividades propostas, permitirán atender demandas de carácter máis profundo por parte de aqueles alumnos con niveis de partida máis avanzados o cun interese maior sobre o tema estudiado.3. Por último, insistir en que no traballo nos talleres ou laboratorio, ademais do comentado máis arriba, posibilita a aqueles alumnos e alumnas máis avantaxados unha profundización no tema tratado; e a aqueles ou aquelas con deficiencias, permítelles unha nova oportunidade para asimilar os contidos básicos do bloque ou da unidade. Ademais, a formación de grupos para a realización destas actividades fomenta as relacións sociais entre o alumnado e a formación ou asentamento dunha maior cultura social e cívica.

10.ACCIÓNS DE CONTRIBUCIÓN AO PROXECTO LECTOR

IES CURTIS Página 21 de 22

Page 90: Programación Tecnoloxía 2010-2011

DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA 1º BACHARELATO

RECURSOS Biblioteca da aula e do instituto, aula de informática, ordenador portátil e canón proxector.

ACTIVIDADES A DESENVOLVER -Realizar lecturas de textos e artigos, a nivel de grupo-clase e en voz alta e por turnos, seleccionados de libros de consulta da biblioteca de aula ou libros de texto, relacionadas con contidos concretos da materia, que permitirá unha posta en común e posterior debate.-Potenciar o aprendizaxe da lectura na pantalla do ordenador, utilizando a aula de informática e a Internet para a búsqueda dalgún artigo ou traballo, e realizar a lectura conxunta do mesmo.-Potenciar o emprego das bibliotecas de aula e do centro como espacio de consulta e ampliación de información para realizar pequenos traballos de investigación.-Búsqueda de información na Internet, en páxinas Web, seleccionala e empregala para a realización de pequenos traballos de investigación.

11.ACCIÓNS DE CONTRIBUCIÓN AO PLAN DE CONVIVENCIAPolo xeral, o profesorado intenta solucionar co alumnado implicado os pequenos conflitos que xurden na aula. En casos excepcionais, empregarase a aula de conviencia e seguiranse as pautas ditadas polo Departamento de Orientación.

12.PROCEDEMENTOS PARA AVALIAR A PROPIA PROGRAMACIÓN

Mensualmente, farase unha avaliación de como se vai seguindo a programación, explicando en todo momento as posibles desviacións e os motivos delas.

IES CURTIS Página 22 de 22

Page 91: Programación Tecnoloxía 2010-2011

DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA 1º BACHARELATO

1º BACHARELATO:

PROGRAMACIÓN DE TECNOLOXÍA INDUSTRIAL I

ÍNDICEPROGRAMACIÓN T. INDUSTRIAL I 1º BACHARELATO Páxina1. OBXECTIVOS XERAIS DO CURSO 2-242. CONTIDOS TEMPORALIZADOS 2-24

2.1. CADRO TEMPORALIZACIÓN 18-242.2. MÍNIMOS ESIXIBLES 18-24

3. METODOLOXÍA 19-244. PROCEDEMENTOS DE AVALIACIÓN 20-24

4.1. AVALIACIÓN ORDINARIA 20-244.1.1. CRITERIOS DE AVALIACIÓN 20-244.1.2. CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN 20-244.1.3. INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN 21-244.1.4. PROCEDEMENTOS PARA A REALIZACIÓN DA AVALIACIÓN INICIAL 21-244.1.5. ACTIVIDADES DE RECUPERACIÓN 21-244.1.6. CUALIFICACIÓN FINAL 21-24

4.2. AVALIACIÓN EXTRAORDINARIA 22-244.2.1. PROCEDEMENTO DE RECUPERACIÓN PARA O ALUMNADO COAMATERIA PENDENTE. 22-24

5. PROGRAMAS ESPECÍFICOS PERSONALIZADOS PARA O ALUMNADO REPETIDOR.22-246. MATERIAIS E RECURSOS DIDÁCTICOS 22-247. EDUCACIÓN EN VALORES. TEMAS TRANSVERSAIS. 22-248. ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES 23-249. MEDIDAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE 23-2410. ACCIÓNS DE CONTRIBUCIÓN AO PROXECTO LECTOR 24-2411. ACCIÓNS DE CONTRIBUCIÓN AO PLAN DE CONVIVENCIA. 24-2412. PROCEDEMENTOS PARA AVALIAR A PROPIA PROGRAMACIÓN.24-24

IES CURTIS Página 1 de 19

Page 92: Programación Tecnoloxía 2010-2011

DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA 1º BACHARELATO

1. OBXECTIVOS XERAIS DO CURSO

-Adquirir os coñecementos precisos para analizar máquinas e sistemas técnicos, para explicar os seus principios de funcionamento e identificar os elementos que os constitúen.-Comprender o papel da enerxía nos procesos tecnolóxicos, explicando as súas distintas transformacións e aplicacións, e adoptar actitudes de aforro e valoración da eficiencia enerxética de cara a con seguir un desenvolvemento sustentable.-Comprender e explicar como se organizan e desenvolven procesos tecnolóxicos, identificar e describir as técnicas e os factores económicos e sociais que concorren en cada caso.-Analizar de forma sistemática produtos da actividade técnica para avaliar a súa calidade e explicar o seu funcionamento, utilización e forma de control.-Valorar criticamente as repercusións da actividade tecnolóxica na vida cotiá e na Calidade de vida, manifestando e argumentando as propias ideas e opinións. -Analizar as distintas repercusións que determinados desenvolvementos tecnolóxicos teñen para homes e mulleres.-Transmitir con precisión os coñecementos e ideas sobre procesos ou produtos Tecnolóxicos utilizando vocabulario, símbolos e formas de expresión apropiadas.-Actuar con autonomía, confianza e seguranza ao inspeccionar, manipular e intervir en máquinas, sistemas e procesos técnicos para comprender o seu funcionamento. -Planificar e desenvolver proxectos técnicos en equipo, achegando ideas e opinións, responsabilizándose de tarefas e cumprindo os obxectivos do plan de traballo.-Valorar a importancia da investigación e desenvolvemento na creación de novos produtos e sistemas.

2. CONTIDOS TEMPORALIZADOS POR AVALIACIÓN

Os contidos do curso organízanse en BLOQUES TEMÁTICOS, e cada bloque contén as seguintes unidades didácticas:

1.- Bloque temático Recursos enerxéticosUnidade 1: A enerxía e a súa transformaciónUnidade 2: Enerxías non renovables.Unidade 3: Enerxías renovablesUnidade 4: A enerxía no noso contorno.

2. Bloque temático Materiais:Unidade 5: Os materiais: tipos e propiedades.Unidade 6: Metais ferrosos.Unidade 7: Metais non ferrosos.Unidade 8: Plástico, fibras téxtiles e outros materiais.

3. Bloque temático Elementos de máquinas e sistemas:Unidade 9: Elementos transmisores do movemento.Unidade 10: Elementos mecánicos transformadores do movemento.IES CURTIS Página 2 de 19

Page 93: Programación Tecnoloxía 2010-2011

DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA 1º BACHARELATO

Unidade 11: Elementos mecánicos auxiliares.Unidade 12:Circuítos eléctricos de cc e caUnidade 13: Circuíto pneumático e oleohidráulico

4.- Bloque temático Procedementos de fabricación.Unidade 14:Conformación de pezas sen arranque de viruta.Unidade 15: Fabricación de pezas por arranque de viruta.

5.- Bloque temático O proceso e produtos da tecnoloxíaUnidade 16: O mercado e a actividade productiva.Unidade 17: Deseño e mellora dos productosUnidade 18: Fabricación e comercialización de productos.

1ª AVALIACIÓN 2ª AVALIACIÓN 3ª AVALIACIÓN1.- Recursos enerxéticos 2.- Materiais.

3.-Elementos de máquinas e sistemas

4.-Procedementos de fabricación.5.-O proceso e produtos da tecnoloxía

1.- RECURSOS ENERXÉTICOS

Unidade 1. A enerxía e a súa transformación

CONTIDOS

Relación entre ciencia, tecnoloxía e técnica. Terminoloxía de tipo científico e tecnolóxico. Sistemas de unidades. Concepto de enerxía. Unidades. Formas de manifestarse a enerxía. Transformacións enerxéticas: consumo e rendemento. Aforro enerxético. Conversión dunha unidade, magnitude derivada ou fundamental noutro sistema de

unidades distinto. Resolución de problemas de conversión de enerxías. Cálculo de enerxías achegadas ou gastadas en función do tipo de enerxía estudiado. Determinación do rendemento dunha máquina. Pautas a seguir para conseguir un aforro enerxético. Representación e relación, mediante organigramas, das distintas máquinas empregadas

para transformar unha enerxía noutra.

IES CURTIS Página 3 de 19

Page 94: Programación Tecnoloxía 2010-2011

DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA 1º BACHARELATO

CRITERIOS DE AVALIACIÓN Coñecer as unidades fundamentais e derivadas en cada un dos tres sistemas, así como a súa equivalencia. Entender as cinco maneiras de manifestarse a enerxía. Saber resolver problemas sinxelos relacionados coas enerxías. Comprender o primeiro principio de termodinámica e sabelo aplicar na resolución de problemas sinxelos relacionados co rendemento de máquinas. Analizar un sistema (vivenda, transporte, empresa, instituto, etc.) co obxecto de detectar posibles perdas de enerxía e adoptar solucións que permitan un aforro enerxético significativo. Reflexionar sobre a importancia do aforro enerxético e empregar, na medida do posible, aparatos con elevada eficiencia enerxética.

Unidade 2. Enerxías non renovables

CONTIDOS Fontes de enerxía primarias e secundarias. Combustibles fósiles: Carbón. Tipos. Aplicacións. Productos derivados. Funcionamento dunha central térmica.

Sectorización. Carbón e medioambiente. Tratamento de residuos. Petróleo. Orixe. Pozos. Refinerías. Productos obtidos. Petróleo e medioambiente.

Tratamento de residuos. Enerxía nuclear. Fisión. Compoñentes dunha central. Fusión. Impacto medioambiental.

Tratamento de residuos. Resolución de problemas relacionados coas enerxías non renovables. Proceso seguido nunha central térmica para transformar un combustible fósil

(xeralmente carbón) en enerxía eléctrica. Representación gráfica do proceso seguido polo petróleo ou cru ata se converter nun

hidrocarburo que constitúe unha fonte de enerxía secundaria. Descrición do funcionamento dunha central nuclear de fusión e fisión.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN Distinguir entre enerxías primarias e secundarias. Coñecer cáles son os tipos de carbón máis empregados para a obtención de enerxía primaria. Saber qué subproductos se obteñen do carbón e para qué se empregan. Entender o funcionamento dunha central térmica clásica. Comprender a orixe, extracción, refinado e craqueado do petróleo para obter hidrocarburos que se van empregar como fonte de enerxía secundaria. Analizar o funcionamento dunha central nuclear de fusión e fisión. Asumir a importancia dos combustibles fósiles a pesar de que provoquen un grande impacto ó medioambiente.

Unidade 3. Enerxías renovables Enerxía hidráulica: — Compoñentes dun centro hidroeléctrico.IES CURTIS Página 4 de 19

Page 95: Programación Tecnoloxía 2010-2011

DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA 1º BACHARELATO

— Potencia e enerxía obtida nunha central hidráulica. — Tipos de centrais. — Enerxía hidráulica e medio ambiente. Enerxía solar: — Aproveitamento: colectores planos, aproveitamento pasivo, campo de helióstatos,

colectores cilíndrico-parabólicos, forno solar e placas fotovoltaicas. Enerxía eólica: — Clasificación das máquinas eólicas. — Cálculo da enerxía xerada nunha aeroturbina. Biomasa: — Extracción directa. — Procesos termoquímicos. — Procesos bioquímicos. Enerxía xeotérmica. Tipos de xacementos. Enerxía mareomotriz. Residuos sólidos urbanos. Enerxía das ondas. Enerxías alternativas e medioambiente. Proceso de obtención de enerxía eléctrica nunha central hidroeléctrica. Resolución de problemas relacionados coa enerxía hidráulica, solar, eólica e biomasa. Representación gráfica do funcionamento dunha central de bombeo puro e bombeo

mixto. Explicación do funcionamento dun colector plano e dun colector cilíndrico-parabólico.

Transformación de enerxías. Análise do funcionamento dun campo de helióstatos. Pasos a seguir á hora de instalar un equipo que permita o aproveitamento da enerxía

xeotérmica. Descrición, mediante diagramas conceptuais, do funcionamento dos dispositivos

empregados para obter enerxía eléctrica a partir da enerxía das ondas.CRITERIOS DE AVALIACIÓN

Saber clasificar as centrais hidroeléctricas, así como distinguir os distintos elementos que se encargan de aproveitar a enerxía. Ser capaz de explicar o funcionamento dunha central hidroeléctrica. Calcular a potencia e enerxía de centrais hidroeléctricas, paneis solares e máquinas eólicas. Comprender a diferencia entre un colector plano, un cilíndrico-parabólico, un campo de helióstatos, un forno solar e unha placa fotovoltaica. Recoñecer a importancia do emprego de aeroturbinas para o aproveitamento dunha enerxía gratis (o vento) e renovable. Analizar as avantaxes e inconvenientes das aeroturbinas de eixe horizontal e vertical. Establecer en qué consiste a biomasa, RSU, a enerxía xeotérmica, a enerxía mareomotriz e a enerxía das ondas.

Unidade 4. A enerxía no noso contorno

IES CURTIS Página 5 de 19

Page 96: Programación Tecnoloxía 2010-2011

DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA 1º BACHARELATO

CONTIDOS Enerxías do futuro: fusión fría e pila de combustible. Xeración, transporte e distribución de enerxía eléctrica. Coxeneración. Definición. Sistemas. Análise dunha instalación sinxela de transformación de enerxía eléctrica: transformador.

Modelización. Enerxías alternativas na vivenda e de apoio á industria. Necesidades mínimas. Deseño da instalación. Selección da enerxía máis adecuada. Custo enerxético na vivenda e o centro docente. Aforro enerxético. Descrición do proceso de funcionamento dunha pila de hidróxeno ou pila de combustible. Representación gráfica do sistema de xeración, transporte e distribución de enerxía

eléctrica, indicando as diferentes tensións ou voltaxes ó longo do percorrido. Explicación do funcionamento dunha caldeira de gas natural. Proceso seguido na modelización de máquinas sinxelas. Detección das necesidades enerxéticas mínimas dunha vivenda utilizando enerxías

alternativas. Deseño de instalacións enerxéticas sinxelas. Avaliación da fonte de enerxía máis idónea para emprego no centro docente ou vivenda. Alternativas de aforro enerxético, mantendo a mesma calidade de vida.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN Entender en qué consiste a fusión fría e o funcionamento da pila de hidróxeno. Comprender a importancia de transportar a enerxía eléctrica a altas voltaxes para diminuír as perdas de enerxía no transporte. Entender en qué consiste a coxeneración, así como os sistemas máis importantes. Aprender a determinar o rendemento dunha instalación (quentador de gas). Analizar o funcionamento de máquinas transformadoras de enerxía. Saber crear modelos de instalacións sinxelas. Realizar proxectos sinxelos nos que se analicen as necesidades mínimas dunha vivenda e se deseñen os elementos xeradores de enerxía alternativa que sexan necesarios. Investigar a fonte de enerxía secundaria máis adecuada para uso no centro docente ou vivenda.

2.- MATERIAISUnidade 5. Os materiais: tipos e propiedades

CONTIDOS Necesidade de materiais para fabricar obxectos. Clasificación dos materiais. Propiedades máis importantes dos materiais. Esforzos físicos ós que poden estar sometidos os materiais. Introducción ós ensaios de materiais.

IES CURTIS Página 6 de 19

Page 97: Programación Tecnoloxía 2010-2011

DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA 1º BACHARELATO

Uso racional de materiais. Residuos industriais: inertes, tóxicos e perigosos. Clasificación dos distintos materiais que podemos encontrar no noso contorno. Determinación das propiedades mecánicas máis importantes dun material. Análise do tipo de esforzo a que pode estar sometida unha peza dun obxecto en función

do número de dirección das forzas que actúen sobre el. Proceso seguido á hora de realizar un ensaio seguido mecánico determinado sobre un

material calquera. Criterios para a elección adecuada dun material que debe cumprir uns requisitos

determinados. Adopción de posibles solucións para evitar un esgotamento prematuro de todos aqueles

materiais non renovables. Normas a seguir para evitar a contaminación do medioambiente cando se xeran residuos

inertes, tóxicos e perigosos.CRITERIOS DE AVALIACIÓN

Saber cómo se clasifican os materiais atendendo á materia prima da que proceden. Coñecer as propiedades mecánicas que pode ter calquera material. Recoñecer o tipo de esforzo a que pode estar sometida unha peza ou obxecto dependendo das forzas que actúen sobre el. Explicar en qué consisten os ensaios de tracción, fatiga, dureza e resiliencia. Establecer os criterios mínimos á hora de elixir un material para unha aplicación concreta. Definir qué solucións se poden adoptar para evitar un esgotamento prematuro dos materiais. Determinar solucións sinxelas que permitan reducir, tratar e controlar residuos inertes e tóxicos que xurdan na vivenda ou centro educativo.

Unidade 6. Metais ferrososCONTIDOS

Metais ferrosos ou férricos: xacementos e tipos de mineral. Proceso de obtención do aceiro e outros productos ferrosos: materia prima, forno alto,

convertedor e forno eléctrico. Coada do aceiro. Trens de laminación. Productos ferrosos: clasificación e diagrama de ferro-carbono. Tipos de aceiro: non aliados e aliados. Presentacións comerciais do aceiro. Fundicións: tipos e propiedades. Impacto medioambiental producido polos productos ferrosos. Presentación de informes orais e escritos sobre un tema determinado, seguindo unhas

pautas que simplifiquen e axuden a entender o mesmo. Confección de diagramas conceptuais que amosan o proceso seguido polo aceiro, desde

a mina (mena) ata a súa comercialización. Representación gráfica de aliaxes de ferro carbono en función da temperatura á que se

encontren sometidas e da porcentaxe de carbono.

IES CURTIS Página 7 de 19

Page 98: Programación Tecnoloxía 2010-2011

DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA 1º BACHARELATO

Identificación do tipo de aceiro co que poden estar fabricados distintos elementos do noso contorno, segundo a aplicación á que se destinen.

Pasos seguidos para a obtención das fundicións máis importantes.CRITERIOS DE AVALIACIÓN

Saber cáles son os minerais de ferro máis empregados para a fabricación de productos ferrosos. Coñecer detallada e secuencialmente a forma de obtención do aceiro desde que entra no forno alto ata que se transforma en productos industriais. Clasificar os productos ferrosos dependendo da súa porcentaxe de carbono e de que leven elementos de aliaxe incorporados ou non. Recoñecer as diferentes presentacións comerciais do aceiro. Comprender a forma de obtención das fundicións máis empregadas. Saber elixir un aceiro determinado para unha aplicación concreta. Avaliar as avantaxes e inconvenientes que supón para unha zona determinada a instalación dunha siderurxia.

Unidade 7. Metais non ferrososCONTIDOS

Clasificación dos metais non ferrosos. Características, obtención, aliaxes e aplicacións máis importantes dos seguintes metais

non ferrosos: — Pesados: estaño, cobre, cinc e chumbo. — Lixeiros: aluminio e titanio. — Ultralixeiros: magnesio. Impacto medioambiental durante a extracción, obtención e reciclaxe de productos non

ferrosos. Presentacións comerciais. Pasos a seguir para identificar os metais ferrosos polo seu aspecto, aplicación e peso

específico. Elaboración de métodos que simplifiquen o proceso de aprendizaxe das propiedades e

características dos metais ferrosos. Proceso de obtención dos seguintes metais non ferrosos: estaño, cobre, cinc, chumbo,

aluminio, titanio e magnesio. Representación mediante diagrama de bloques conceptuais, relacionados entre si, do

proceso de obtención dos metais ferrosos máis usuais. Pautas para reducir o impacto medioambiental na utilización e reciclaxe de productos

non ferrosos, como consumidor.CRITERIOS DE AVALIACIÓN

Distinguir entre metais ferrosos pesados, lixeiros e ultralixeiros, indicando as aplicacións máis usuais de cada un.

Coñecer as propiedades máis importantes dos metais non ferrosos máis usuais. Saber distinguir cada un dos metais non ferrosos máis utilizados polo seu aspecto,

aplicación ou calculando o seu peso específico. Comprender o proceso de obtención dos metais non ferrosos máis utilizados.

IES CURTIS Página 8 de 19

Page 99: Programación Tecnoloxía 2010-2011

DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA 1º BACHARELATO

Valorar a importancia das aliaxes de metais non ferrosos para mellorar o aspecto, propiedades e durabilidade do producto final.

Recoñecer a importancia do emprego do galvanizado, metalizado e shrardización nos recubrimentos de pezas ferrosas para protexelos contra a oxidación e corrosión.

Unidade 8. Outros materiais de uso industrial

CONTIDOS Plásticos ou polímeros: materia prima, compoñentes aditivos, tipos, conformación de

plásticos e plásticos compostos. Fibras téxtiles: orixe (mineral, vexetal, animal, artificial e sintético). Elastómeros. A madeira: transformación en productos industriais, derivados. O papel: obtención e clases. A cortiza: obtención e productos obtidos. O vidro. Materiais cerámicos: porosos e impermeables. Xeso. Cemento e os seus derivados. Novos materiais. Impacto medioambiental. Recollida de información relacionada cos plásticos, seguida dunha posterior selección de

acordo cunhas pautas establecidas con anterioridade. Proceso de conformación dun plástico para unha aplicación determinada seguindo certas

pautas, tales como durabilidade, economía, propiedades mecánicas, etc. Identificación de fibras téxtiles e productos plásticos segundo as etiquetas e símbolos

normalizados escritos sobre eles. Descrición do proceso de obtención de productos derivados da madeira. Representación, mediante diagramas conceptuais, do proceso de fabricación do papel. Pasos que seguir para a obtención de productos de cortiza a partir da materia prima. Procesos de fabricación do vidro, do xeso, do cemento e do formigón pretensado. Busca e selección de información relacionada co impacto medioambiental orixinado por

diferentes materiais de uso industrial, propoñendo posibles solucións para diminuír ou eliminar ese impacto.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN: Coñecer cáles son os compoñentes principais dos plásticos e os tipos máis importantes. Saber cómo se obtén un producto fabricado de plástico dependendo da súa forma e tamaño. Identificar obxectos fabricados con plásticos compostos. Recoñecer a importancia dos distintos materiais empregados na fabricación de fibras téxtiles para aplicacións distintas. Distinguir os distintos tipos de derivados da madeira. Entender o proceso de fabricación do papel. Diferenciar os distintos tipos de materiais cerámicos segundo su proceso de fabricación. Determinar de qué maneira se pode mellorar un formigón.

IES CURTIS Página 9 de 19

Page 100: Programación Tecnoloxía 2010-2011

DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA 1º BACHARELATO

3.- ELEMENTOS E PRINCIPIOS DE MÁQUINAS

Unidade 9. Elementos transmisores do movementoCONTIDOS:

Elementos motrices. Elementos de máquinas. Elementos transmisores de movemento. Axustes entre árbores. Transmisión por fricción: exterior, interior e cónica. Cálculos. Transmisión mediante poleas e correas. Transmisión por engrenaxes. Cálculos. Transmisión do movemento entre eixes que se cruzan. Cadeas cinemáticas. Representación. Cálculos. Relación entre potencia e par. Articulacións. Elementos de corda ou arame. Elementos transmisores por cadea e correa dentada. Rendemento de máquinas. Normas de seguridade e uso de elementos mecánicos. Pasos á hora de montar e desmontar diferentes elementos transmisores do movemento. Cálculo do número de rpm con que xirará o eixe conducido se se empregou na

transmisión, rodas, engrenaxes, cadeas, correas, etc. Representación gráfica, mediante o símbolo mecánico correspondente dunha

transmisión desde o elemento motriz ata a árbore final. Determinación das causas que poden reducir considerablemente o rendemento dunha

máquina, en relación coa transmisión do movemento. Establecemento das normas de seguridade e uso de máquinas sinxelas próximas ó

contorno do alumnado. Descubrimento da potencia ou enerxía perdida ó transmitila desde a árbore motriz ó

lugar en que se necesita.CRITERIOS DE AVALIACIÓN

Recoñecer a importancia dos axustes entre árbores para a transmisión do movemento. Ser capaz de resolver problemas sinxelos relacionados coa transmisión do movemento entre árbores con: rodas de fricción, poleas e correas, engrenaxes e cadeas cinemáticas. Saber calcular o par transmitido a partir da potencia e o número de revolucións con que xire a árbore final e inicial. Calcular a potencia e enerxía perdida nunha transmisión, debido a rozamentos, esvaramentos e deseño nas engrenaxes. Coñecer todos e cada un dos sistemas de transmisión de movementos sabendo elixir o máis adecuado para unha actividade determinada.

IES CURTIS Página 10 de 19

Page 101: Programación Tecnoloxía 2010-2011

DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA 1º BACHARELATO

Unidade 10. Elementos mecánicos transformadores do movemento Elementos transformadores do movemento: — Piñón-cremalleira. — Parafuso-porca. — Leva e excéntrica. — Biela-manivela. Émbolo. — Trinquete. Roda libre. Elementos mecánicos de unión: — Unión desmontable: bulóns, parafusos de unión, prisioneiros, espárragos, porlóns,

parafusos de rosca cortante e tirafondos, pasadores, chavetas, lingüetas, etc. — Unión fixa: remaches, adhesivo, soldadura e unión forzada. Realización de montaxe e desmontaxe de elementos transformadores do movemento,

tales como roda libre dunha bicicleta, trinquete dun reloxo de corda, etc. Elaboración de esbozos nos que se representen os distintos elementos transformadores

do movemento que constitúen unha máquina, indicando o proceso de montaxe e desmontaxe.

Realización de problemas sinxelos nos que se pide determinar a potencia, par ou forza transmitida a través dun elemento roscado.

Elaboración do proceso seguido á hora de realizar unha soldadura, elixindo aquel tipo que resulte máis adecuado de acordo cos materiais a unir e a función que se vai realizar.

Pasos a seguir á hora de unir dúas pezas mediante un elemento de unión fixo ou desmontable.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN Coñecer o funcionamento e utilidade de ó menos o 60 % dos dispositivos estudiados neste tema que se empregan para a transmisión do movemento. Saber en qué se diferencia unha leva dunha excéntrica e coñecer os tipos de levas máis importantes. Distinguir unha roda libre dun trinquete sinalando as características e aplicacións de cada un. Recoñecer os elementos roscados de unión máis importantes, sabendo qué nome recibe cada un. Diferenciar entre chaveta e lingüeta e sabelas usar nunha aplicación concreta. Aprender a unir pezas mediante unión forzada. Saber qué tipo de soldadura se debe utilizar cando se queren unir dúas pezas dun material e unhas dimensións coñecidas.

Unidade 11. Elementos auxiliares de máquinasCONTIDOS

Acumuladores de enerxía: volantes de inercia e elementos elásticos. Elementos disipadores de enerxía (freos) de: zapata, disco, tambor e eléctricos. Sistemas

de accionamento. Embragues de: dentes, disco, cónicos e hidráulicos. Outros elementos mecánicos: soportes, chumaceiras de fricción e rodamentos. Lubricación de máquinas: manual, a presión e por borboteo. Mantemento de elementos mecánicos.IES CURTIS Página 11 de 19

Page 102: Programación Tecnoloxía 2010-2011

DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA 1º BACHARELATO

Interpretación de planos de montaxe de máquinas sinxelas. Identificación de mecanismos en máquinas reais. Selección de mecanismos mecánicos para unha tarefa concreta. Normas de seguridade e uso de elementos mecánicos. Realización de problemas sinxelos relacionados coa acumulación ou disipación de

enerxía. Establecemento de criterios lóxicos e racionais que permitan desmontar e montar

mecanismos de máquinas seguindo unha serie de pautas concretas. Emprego de símiles para explicar o funcionamento de determinados mecanismos ou

máquinas. Utilización e realización de fichas de mantemento de máquinas nas que se mostren os

pasos a levar a cabo así como a periodicidade coa que se teñen que realizar. Seguimento lóxico para a selección de mecanismos para unha tarefa concreta.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN: Saber resolver problemas relacionados con acumuladores e disipadores de enerxía. Comprender a misión e funcionamento dos embragues máis usuais. Recoñecer a importancia das chumaceiras e rodamentos. Valorar a importancia do mantemento de mecanismos e máquinas, incluída a lubricación, para asegurar unha longa vida da máquinas. Ser capaz de interpretar planos de montaxe e desmontaxe de máquinas sinxelas. Identificar mecanismos en máquinas reais do noso contorno. Aprender a empregar as normas de seguridade cando se manexan máquinas e mecanismos.

Unidade 12. Circuítos eléctricos de corrente continuaCONTIDOS:

O circuíto eléctrico. Características. Magnitudes eléctricas: intensidade, voltaxe e resistencia eléctrica. Lei de Ohm. Enerxía e

potencia eléctrica. Elementos dun circuíto. Axuste de xeradores e receptores. Elementos de control.

Elementos de protección. Leis de Kirchhoff aplicadas a unha malla e a varias mallas. Distribución da enerxía eléctrica. Simboloxía e esquemas eléctricos. Interpretación de planos. Circuítos eléctricos domésticos. Montaxe e experimentación de circuítos eléctricos de cc. Normas de seguridade en instalacións eléctricas. Representación, mediante diagramas conceptuais, dos distintos elementos que

compoñen un circuíto eléctrico, indicando a interrelación entre eles, así como os símiles correspondentes.

Resolución de problemas relacionados coa corrente eléctrica. Realización de esquemas eléctricos, utilizando a simboloxía normalizada. Determinación experimental, utilizando o instrumento de medida adecuado, de

diferentes magnitudes eléctricas, dentro dun circuíto.

IES CURTIS Página 12 de 19

Page 103: Programación Tecnoloxía 2010-2011

DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA 1º BACHARELATO

Pasos á hora de determinar as diferentes incógnitas dun circuíto empregando as leis de Kirchhoff.

Montaxe e experimentación con circuítos eléctricos sinxelos típicos de cc. Uso adecuado de normas de seguridade en instalacións eléctricas.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN: Saber representar graficamente, mediante diagramas de bloques conceptuais, o

principio de funcionamento de calquera circuíto eléctrico, aberto ou pechado. Entender o funcionamento dun circuíto eléctrico de cc. Resolver problemas tecnolóxicos relacionados coa electricidade nos que interveñan: intensidade, voltaxe, fem, resistencia, potencia e enerxía, independentemente de cómo se encontren axustados os xeradores e receptores. Distinguir claramente todos os elementos dun circuíto eléctrico, sabendo a función que realiza cada un. Entender qué funcións realizan os interruptores magnetotérmicos e diferenciais nu circuíto. Representar esquemas eléctricos, mediante a simboloxía eléctrica adecuada. Montar circuítos sinxelos e experimentar que se cumpran as leis de Ohm e de Kirchhoff.

Unidade 13. O circuíto pneumático e oleohidráulico

CONTIDOS: O circuíto pneumático. Magnitudes e unidades. Elementos dun circuíto. Productores e tratamento do aire, redes de distribución,

reguladores e elementos de accionamento final (cilindros e motores). Simboloxía pneumática. Montaxe e experimentación con circuítos pneumáticos. Circuítos oleohidráulicos: Elementos principais. Magnitudes: forza hidráulica, caudal, potencia, resistencia hidráulica, caída de presión e

axuste de elementos hidráulicos. Elementos dun circuíto hidráulico. Circuítos oleohidráulicos básicos. Montaxe e experimentación de distintos circuítos pneumáticos e oleohidráulicos sinxelos. Representación secuencial e lóxica á hora de debuxar circuítos pneumáticos e

oleohidráulicos utilizando simboloxía normalizada. Proceso de análise e descubrimento do funcionamento interno de distintas válvulas

pneumáticas e oleohidráulicas. Explicación do funcionamento de circuítos pneumáticos e oleohidráulicos. Resolución de problemas sinxelos relacionados coa pneumática e hidráulica. Interpretación do funcionamento de circuítos pneumáticos e hidráulicos sinxelos a partir

da súa representación simbólica.CRITERIOS DE AVALIACIÓN:

Coñecer as unidades fundamentais de presión e as súas equivalencias.IES CURTIS Página 13 de 19

Page 104: Programación Tecnoloxía 2010-2011

DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA 1º BACHARELATO

Ser capaz de tratar problemas sinxelos relacionados coa pneumática e a hidráulica. Recoñecer os distintos elementos dun circuíto pneumático e hidráulico. Saber cómo se pode producir e tratar o aire comprimido para poder utilizalo en equipos

de pneumática. Representar diferentes válvulas e distribuidores de maneira simbólica. Entender o funcionamento dun circuíto pneumático e hidráulico vendo o seu esquema

correspondente. Comprender cómo funciona unha válvula ou distribuidor interiormente. Experimentar diferentes circuítos pneumáticos e oleohidráulicos, montando os diferentes

elementos que os compoñen e comprobando que os resultados se corresponden co esperado.

4.- PROCEDEMENTOS DE FABRICACIÓN

Unidade 14. Fabricación de pezas sen arranque de labraCONTIDOS:

Fabricación de pezas por unión: ensamblado e tecidos. Conformación por fusión: coada por gravidade, sobre moldes de area, á cera perdida, en

molde que xira e coada continua. Laminación en quente e en frío. Forma en quente e en frío. Fabricación mediante corte: corte, cizallado e troquelado. Control do proceso de fabricación e calidade da obra: concepto de tolerancia, posición da

tolerancia, indicación da posición, tipos de axustes e instrumentos de medida. Impacto medioambiental dos procedementos de fabricación. Proceso seguido para a conformación de pezas mediante sinterizado ou metalurxia de

pos. Pasos á hora de elaborar un tecido. Descrición dos pasos seguidos para a obtención de pezas mediante os seguintes

procedementos de coada ou moldeo por: gravidade, en moldes de permanentes, á cera perdida, en molde que xira e por inxección.

Método seguido para a obtención de pezas mediante forxa, segundo o tipo de peza que se vai obter.

Mediación de pezas utilizando os instrumentos de medida convencionais, tales como calibrador ou palmer.

Análise descritiva dos impactos medioambientais producidos polos distintos procesos de fabricación e busca de medidas correctoras que reduzan ese impacto ou o eviten.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN: Coñecer en qué consiste o sinterizado e qué tipo de pezas se obteñen. Saber cómo se poden obter os tecidos, así como coñecer as clases de tecidos básicos. Aprender a deseñar e, nalgúns casos, realizar moldes para a obtención de pezas por coada. Diferenciar o proceso de laminación da forxa, sinalando as técnicas propias de cada unha.

IES CURTIS Página 14 de 19

Page 105: Programación Tecnoloxía 2010-2011

DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA 1º BACHARELATO

Entender as avantaxes e inconvenientes do emprego do: corte, cizalladura e troquelado. Coñecer o concepto de tolerancia e saber indicar a súa posición. Manexar adecuadamente instrumentos de medida básicos (calibrador e palmer), así como instrumentos de comparación (reloxo comparador). Valorar o impacto medioambiental producido polos distintos procesos de fabricación estudiados.

Unidade 15. Fabricación de pezas por arranque de labra e outros procedementos

CONTIDOS: Serradura. Características e técnicas. Limado. Concepto de rosca. Características dunha rosca. Sistema de roscas e identificación.

Fabricación de parafusos e porcas. Mecanizado de pezas mediante máquinas-ferramentas. Trade: fixación da peza, cálculo do numero de revolucións (rpm). Torno. Principio de funcionamento. Formas das pezas a obter. Cepilladora e lixadora. Características. Fresadora. Limadora e rectificadora. Fabricación de pezas mediante separación por calor. Oxicorte. Fío quente. Plasma e láser. Fabricación totalmente automatizada mediante CNC. Melloras técnicas de productos acabados. Desenvolvemento de productos. Normas de seguridade e saúde en centros de traballo. Impacto medioambiental dos procedementos de fabricación. Descrición de cada unha das operacións necesarias para elaborar unha peza utilizando o

método de fabricación por arranque de labra. Representación gráfica da peza que se desexa obter, indicando tanto as súas cotas coma

a posición da tolerancia. Normas para un uso correcto de serras, limas e machos e chumaceiras (tarraxas) de

roscar. Determinación do número de revolucións con que debe xirar a ferramenta ou peza

cando se está utilizando unha máquina-ferramenta. Establecemento das normas a seguir á hora de utilizar unha determinada ferramenta,

durante a fabricación dunha peza, co obxecto de evitar accidentes.CRITERIOS DE AVALIACIÓN:

Coñecer, de maneira xeral, cada un dos procedementos de fabricación estudiados ó longo da unidade. Saber utilizar adecuadamente as ferramentas manuais empregando as normas de seguridade pertinentes. Identificar roscas mediante algún dos procedementos estudiados.

IES CURTIS Página 15 de 19

Page 106: Programación Tecnoloxía 2010-2011

DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA 1º BACHARELATO

Determinar qué ferramenta ou máquina sería máis apropiada para fabricar unha peza cunha forma determinada. Calcular o número de revolucións con que deberá xirar a ferramenta ou peza que queremos fabricar. Saber en qué consiste o CNC. Sinalar qué técnicas modernas se empregan para o acabado de pezas.

5.- O PROCESO E PRODUCTOS DA TECNOLOXÍA

Unidade 16. O mercado e a actividade productiva

2. CONTIDOS: Sistemas económicos. Características. O mercado. Leis. Tipos de mercado. A oferta e a demanda. O prezo de custo e o prezo de mercado dun producto. Sectores productivos. Participación da muller nos sectores productivos. Clasificación das empresas. Estructura interna dunha empresa. Tecnoloxía na empresa. Parques tecnolóxicos. Proxectos I+D+I. Novas tecnoloxías no desenvolvemento industrial. Determinación do prezo de mercado dun producto a partir de datos que determinen a

curva de oferta e demanda. Busca de información para o establecemento dunha empresa que satisfaga unhas

necesidades comerciais previamente establecidas. Representación, mediante diagramas conceptuais, do organigrama de funcionamento

dunha empresa sinxela, así como do instituto. Secuenciación lóxica do ciclo de vida de cada tecnoloxía.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN: Coñecer os sistemas económicos existentes analizando as avantaxes e inconvenientes de cada un. Comprender as leis básicas dun mercado capitalista, así como os tipos de mercado existentes. Entender qué é a oferta e a demanda e qué relación teñen co prezo dun producto ou servicio prestado. Saber por qué é tan importante que as empresas empreguen tecnoloxías claves fronte a outras tecnoloxías.

Unidade 17. Deseño e mellora de productos2. CONTIDOS:

Fases do proceso productivo.

IES CURTIS Página 16 de 19

Page 107: Programación Tecnoloxía 2010-2011

DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA 1º BACHARELATO

— Estudio de mercado (fase 1): fontes de información, investigación, análise de mercado, títulos de propiedade industrial.

— Desenvolvemento (fase 2): deseño, fabricación de maquetas, fabricación de prototipos, normalización, proxecto técnico.

— Planificación de producción (fase 3): listado de fases, diagramas de fluxo, exemplificacións.

Representación das distintas fases que implica o proceso productivo de calquera producto mediante diagramas conceptuais.

Pasos que seguir á hora de levar a cabo un estudio de mercado. Proceso seguido para o recoñecemento público dun invento (patente). Desenvolvemento dun proxecto técnico. Secuenciación de pasos na realización dun listado de fases e dun diagrama de fluxo.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN: Aprender cáles son as fases do proceso productivo. Determinar o limiar de rendibilidade dun producto determinado. Saber cáles son os títulos de propiedade industrial máis importantes. Diferenciar entre maqueta e prototipo. Coñecer as fases na fabricación dun proxecto técnico, así como os documentos ou partes de que consta. Entender as fases de fabricación dun producto e o funcionamento dun diagrama de fluxo de fabricación e montaxe.

Unidade 18. Fabricación e comercialización de productosCONTIDOS:

Fabricación de productos (fase 4): aprovisionamento de materiais, procesos de fabricación.

Prevención de riscos laborais. Repercusións medioambientais dos sistemas productivos. Xestión da calidade Control de calidade. Ferramentas empregadas. Control de calidade á producción Defectos típicos. Empaquetado e almacenamento de productos. Comercialización e reciclaxe de productos (fase 5): mercadotecnia, publicidade

(estratexias e medios), venda, distribución, dereitos e deberes dos consumidores, reciclaxe de productos.

Elaboración dun plano de prevención de accidentes dunha empresa sinxela ou instituto. Representación, mediante diagramas conceptuais das fases de producción e

comercialización de productos. Análise das repercusións medioambientais na producción ou fabricación de obxectos,

achegando solucións para reducir eses impactos. Pasos para contribuír na mellora do control de calidade na fabricación de productos

sinxelos. Pautas que seguir á hora de realizar unha compra para ter dereito a reclamar.

IES CURTIS Página 17 de 19

Page 108: Programación Tecnoloxía 2010-2011

DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA 1º BACHARELATO

CRITERIOS DE AVALIACIÓN: Entender as fases de producción e comercialización de productos. Comprender as causas que poden provocar accidentes, algunhas normas para evitalos e a sinalización adecuada. Entender qué repercusións medioambientais pode supoñer os diferentes impactos producidos polas empresas como consecuencia da fabricación de productos. Distinguir os distintos controles de calidade, así como os defectos típicos de productos. Coñecer cáles son os medios de publicidade e as estratexias que empregan para chegar ó consumidor. Saber qué pasos se deben seguir á hora de realizar unha reclamación motivada pola compra dun producto.

2.1. DISTRIBUCIÓN TEMPORALA distribución temporal realizouse tendo en conta que o curso escolar para estes alumnos consta aproximadamente de 33 semanas lectivas e que á materia lle corresponde 4 horas semanais.

1ª Semana 2ª Semana 3ª Semana 4ª Semana

Setembro RECURSOS ENERXÉTICOS

Outubro RECURSOS ENERXÉTICOS

Novembro MATERIAIS.

Decembro MATERIAIS. NADAL

Xaneiro NADAL ELEMENTOS DE MÁQUINAS E SISTEMAS

Febreiro ELEMENTOS DE MÁQUINAS E SISTEMAS

Marzo ELEMENTOS DE MÁQUINAS E

SISTEMAS

ENTROIDO ELEMENTOS DE MÁQUINAS E SISTEMAS

IES CURTIS Página 18 de 19

Page 109: Programación Tecnoloxía 2010-2011

DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA 1º BACHARELATO

Abril ELEMENTOS DE MÁQUINAS E SISTEMAS SEMANA SANTA

PROCEDEMENTOS DE

FABRICACIÓN

Maio PROCEDEMENTOS DE FABRICACIÓN

Xuño O PROCESO E PRODUTOS DA TECNOLOXÍA

2.2. CONTIDOS MÍNIMOS ESIXIBLES -Propiedades físicas, químicas e tecnolóxicas mais importantes das aleacións

férreas (aceiros comúns e inoxidables, fundicións). Outras aleacións: de cobre, lixeiras (aluminio), de estaño, chumbo e cinc. Plásticos.

-Descrición xeral das máquinas e procedementos empregados na fabricación de pezas metálicas e plásticas: Conformado por moldeo. Conformado por deformación do material en quente (Forxa, laminación, colada continua). Deformación en frío (Laminado, estampación, doblado, embutido, extrusión). Corte. Conformado por separación con arranque de viruta (Aserrado, roscado manual, taladrado, torneado, fresado, limadoras e cepilladoras, rectificadoras). Corte por arco. Soldadura (oxiacetilénica, por arco e por resistencia).

-Xeometrías elementais que poden obterse cas máquinas descritas anteriormente(Cilindros, conos e prismas), e aplicacións mais xeneralizadas. Movementos relativos entre as ferramentas e as pezas.

-Medida de dimensións mediante regras, goniómetros, calibres e micrómetros.-Sistemas de unión entre pezas, fixos e desmontables. Funcionamento dos sistemas

mecánicos en xeral: Elementos para transmisión do movemento (árbores, rodas de fricción e dentadas, poleas, acoplamentos). Cálculo de relacións de transmisión. Aplicacións mais características. Partindo de representacións gráficas dos sistemas anteriores, identificar seus elementos, describindo o seu funcionamento ca terminoloxía apropiada, e valorando a sua influencia no funcionamento e na durabilidade do producto.

-Formas de transformación do movemento ( con elementos roscados, sistema biela-manivela, cigoñal, excéntricas e levas, sistema piñón-cremalleira). Elementos auxiliares (Chumaceiras e guías). Aplicacións mais características dos sistemas anteriores. Identificación e descrición de elementos e dispositivos mecánicos complementarios (Resortes, freos, volantes). Sistemas de lubricación. Partindo de representacións gráficas dos sistemas anteriores, identificar seus elementos, describindo o seu funcionamento ca terminoloxía apropiada, e valorando a súa influencia no funcionamento e na durabilidade do producto.

- Fontes enerxéticas. Productos enerxéticos (petróleo, gas natural, carbón, materiais radioactivos e auga). Procesos de transformación en enerxía eléctrica. Descrición esquemática dos diferentes tipos de centrais eléctricas e sua repercusión medioambiental. Transporte, transformación e distribución da enerxía eléctrica. Enerxías alternativas: Avantaxes limitación. Aforro enerxético. Illantes. Racionalización do consumo enerxético. Coxeración. Identificación en catálogos das características de materiais eléctricos homologados e emprego dos mesmos para cálculo do gasto enerxético.

-Circuítos eléctricos, electrónicos pneumáticos: Identificación de símbolos e representacións esquemáticas. Análise e descrición do funcionamento dun circuíto, instalación, ou sistema tecnolóxico representado esquematicamente, empregando a terminoloxía adecuada. Identificación física dos compoñentes representados simbolicamente. (Os esquemas propostos deben referirse a aplicacións sinxelas e comúns. Normalización e Regulamentación. Organismos de Normalización e Certificación. Importancia e avantaxes do emprego de productos normalizados. Circuítos eléctricos de CA e CC. Elementos que os integran (xeración, transformación, transporte, receptores, protección e control).

Neste curso non se farán prácticas por falta de tempo.

IES CURTIS Página 19 de 19

Page 110: Programación Tecnoloxía 2010-2011

DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA 1º BACHARELATO

3. METODOLOXÍA DIDÁCTICAA área de tecnoloxía articúlase arredor do binomio coñecemento-acción, no que

ambos deben te-lo peso específico apropiado en cada caso para facilita-lo carácter propedéutico desta disciplina.

A formulación metodolóxica debe ter en conta os seguintes principios:1. Unha parte esencial do desenvolvemento do proceso de ensino-aprendizaxe do

alumno debe se-la actividade intelectual e práctica.2. O desenvolvemento da actividade debe ter un claro sentido e significado para o

alumno.3. A actividade práctica constitúe un medio esencial para a área, pero nunca un

fin en si mesmo.4. Os contidos e aprendizaxes relativos ó uso de máquinas, ferramentas e

materiais son consubstanciais á área.5. A función do profesor será a de organiza-lo proceso de aprendizaxe, definindo

os obxectivos, seleccionando as actividades e creando as situacións de aprendizaxes oportunas para que os alumnos constrúan e enriquezan os seus coñecementos previos.

A secuenciación no currículo determínase en función da graduación lóxica dos contidos, do grao de madurez dos alumnos e da relación mutua dos conceptos.

Como resultado desta formulación, a actividade metodolóxica apoiarase nos seguintes aspectos:

1. A adquisición dos coñecementos técnicos e científicos necesarios para a comprensión e para o desenvolvemento da actividade tecnolóxica.

2. A aplicación dos coñecementos adquiridos aumenta o seu significado ó realiza-la análise dos obxectos tecnolóxicos existentes, así como á súa posible manipulación e transformación.

3. Desenvolver nos alumnos a posibilidade de se enfrontar a proxectos tecnolóxicos globais debe constituí-lo termo dun proceso de aprendizaxe que se apoia nos dous puntos precedentes.

4. Transmitirlle ó alumno a importancia social e cultural dos obxectos inventados polo home, e que modifican dalgunha forma as condicións de vida das distintas sociedades históricas.

Para conseguir este equilibrio, a proposta didáctica na área de Tecnoloxía Industrial debe basea-lo proceso de ensino-aprendizaxe nun soporte conceptual (principios científicos e técnicos) para que, posteriormente, o alumno desenvolva as accións de análise e resolución de problemas.

O método de análise baséase no estudio de distintos aspectos dos obxectos e sistemas técnicos, para chegar dende o propio obxecto ou sistema a comprende-las necesidades que satisfán e os principios científicos nos que se basea o seu funcionamento.

A resolución de problemas consistirá na aplicación práctica dos contidos teóricos explicados a través de exercicios e supostos prácticos.

Todas estas consideracións metodolóxicas foron tidas en conta no libro de texto que se vai utilizar e, en consecuencia, na propia actividade educativa que se vai desenvolver:

1. Tratamento dos contidos de forma que conduzan a unha aprendizaxe comprensiva e significativa.

2. Unha exposición clara, sinxela e razoada dos contidos, cunha linguaxe adaptada á do alumno.

3. Estratexias de aprendizaxe que propicien a análise e comprensión do feito tecnolóxico.

Esta forma de traballar na aula permitiralle ó alumno tanto unha aprendizaxe autónoma, base de aprendizaxes posteriores, imprescindibles nunha materia coma esta en permanente proceso de construcción do coñecemento, coma grupal, o que poida levar adiante trala súa inserción laboral.Como norma de carácter xeral trataranse de utilizar diversos métodos no desenrolo das distintas unidades didácticas, así como unha diversidade ampla de técnicas.IES CURTIS Página 20 de 19

Page 111: Programación Tecnoloxía 2010-2011

DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA 1º BACHARELATO

4. PROCEDEMENTOS DE AVALIACIÓN

4.1. AVALIACIÓN ORDINARIA

4.1.1. Criterios de avaliación

Son os recollidos en cada unidade didáctica.

4.1.2. Criterios de cualificaciónOs criterios seguidos para a avaliación dos alumnos veñen definidos de forma

xeral no DCB da Consellería de Educación. A forma de aplicar cada criterio virá determinada polos obxectivos didácticos de cada unidade didáctica.

A forma de avaliar ó alumno consistirá en:

A. Realización de dúas probas de coñecemento escritas en cada avaliación.B. Realización dos exercicios e actividades propostos en clase durante as horas nas

que se explica a teoría.

A nota final da avaliación calcularase segundo as seguintes porcentaxes:

Un 80% corresponde a coñecementos teóricos (parte A). Un 20% corresponde á aplicación práctica de coñecementos (parte B).

Cada vez que un alumno deixe de respectar algunha norma ou amose actitudes negativas restará 0,1 puntos da súa cualificación. Destas actitudes, valores e normas, os alumnos e alumnas serán debidamente informados. Por este concepto poderanse perder ata 2 puntos (20% da cualificación).

Para obter unha cualificación positiva na materia será necesario que en cada unha das partes o alumno onteña unha cualificación mínima de 4.

Se nalgunha avaliación non se realizan traballos individuais ou colectivos, realizaranse modificacións na porcentaxe final, tendo máis peso a parte A.

O cálculo da nota final, así como o número de exames por avaliación poden variar o longo do curso debido a modificacións na programación, tipo de alumnos, segundo o grupo, etc.

Os instrumentos empregados serán diversos, como son diversos os contidos a avaliar. Para avalia-los conceptos, empregarase normalmente distintos tipos de probas. Para avalia-los procedementos e actitudes empregarase, ademáis dos traballos feitos por cada un dos alumnos e o grupo, fundamentalmente a observación na clase.

4.1.3. Instrumentos de avaliación

Empregaranse os exames escritos para avaliar os contidos conceptuais e procedimentais. Tamén se recollerán traballos e prácticas realizadas nas horas de clase ao ser unha materia de gran contido práctico. O traballo na aula avaliarase por observación directa.IES CURTIS Página 21 de 19

Page 112: Programación Tecnoloxía 2010-2011

DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA 1º BACHARELATO

4.1.4. Procedementos para a realización da avaliación inicial.

Como norma de carácter xeral, perante o primeiro mes do curso, realizarase un “test de coñecementos previos” co que o profesor/a pode facerse unha idea de cada alumno/a e da clase en xeral e servirá para promover actividades constructivas, nas que o alumno/a estableza de forma clara a relación entre os coñecementos previos e os novos. Así mesmo, faremos un seguimento o máis personalizado posible de cada alumno/a para coñecer as capacidades, os ritmos de desenvolvemento e de traballo, o estilo de aprendizaxe e o interés por progresar, que anotaremos na ficha individual de cada alumno e que serán un referente fundamental para que cada alumno/a desenvolva ao máximo as súas potencialidades.

4.1.5. Actividades de recuperación.

Ó finalizar cada unidade didáctica, informarase ós alumnos dos aspectos negativos da súa avaliación, se é o caso, indicándolles como os deberán solventar. Como é obvio, o sistema de recuperación proposto dependerá do tipo de contidos nos que non se acadaron os obxectivos. Mentres que para os contidos conceptuais e algúns procedimentais empregarase normalmente un novo exame, para o resto dos contidos servirán as observacións feitas nas sucesivas Unidades Didácticas e anotacións das fichas de observacións incidencias do profesor, así como os traballos, informes, debuxos, etc. recollidos no caderno de traballo do alumno.

4.1.6. Cualificación final.

A cualificación final será a media aritmética das cualificacións das tres avaliacións, tendo aprobadas as tres avaliacións.

4.2. AVALIACIÓN EXTRAORDINARIA.

4.2.1. Procedementos de recuperación para alumnado coa materia pendente.

Na lexislación vixente está previsto un exame extraordinario no mes de setembro para o alumnado que non acade cualificación positiva na convocatoria de xuño. Este exame realizarase soamente da parte conceptual e procedemental se fora o caso e nas datas que se acorden no centro educativo, sendo necesario obter unha nota de 5 para superalo. O alumnado que nesta convocatoria siga sen acadar cualificación positiva e promocione de curso, levará a materia correspondente pendente. Se houbera alumnos coa materia pendente o procedemento sería o seguinte:

A avaliación da asignatura quedará dividida en tres partes, cada unha das cales constará dun traballo escrito e un exame tipo test sobre o mesmo. Os traballos escritos suporán un 40 % da nota e os exames o 60 % restante.Para aprobar será necesario ter unha nota media das tres partes de 5 puntos como mínimo. Aquelas persoas que non acaden o 5 terán dereito a realizar un exame final no mes de maio de todos os contidos da asignatura.Os traballos escritos entregaránselle ó profesor o día do exame correspondente. O profesor encargado de avaliar ós alumnos informará a estes da data e o lugar do exame con alomenos 15 días de antelación.

IES CURTIS Página 22 de 19

Page 113: Programación Tecnoloxía 2010-2011

DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA 1º BACHARELATO

Os traballos escritos entregaranse preferentemente mecanografados, e deberán axustarse ós contidos que para eles se establezan na programación anual.

5. PROGRAMAS ESPECÍFICOS PERSONALIZADOS PARA O ALUMNADO REPETIDOR.

Calquera acción personalizada para o alumnado repetidor será consensuada co Departamento de Orientación, aínda no caso de que non afecte ós contidos prescriptivos do currículo. En principio, non se tomará ningunha medida organizativa especial para o alumnado repetidor (por exemplo, agrupamentos na aula en razón da súa condición repetidora), agás que o profesor o considere puntualmente oportuno. Haberá, porén, unha metodoloxía específica, que incluirá exercicios de reforzo específicos para os alumnos repetidores. O seu nivel e cantidade serán determinados individualmente polo profesor á vista do desenvolvemento da programación e do proceso de aprendizaxe de cada alumno.

6. MATERIAIS E RECURSOS DIDÁCTICOSAparte do libro de texto, empregaranse os seguintes recursos e materiais didácticos:- Ferramentas, maquinaria e materiais presentes na aula -taller de tecnoloxía.-Televisión e vídeos didácticos sobre a materia de tecnoloxía.- Ordenador e canón.

7. EDUCACIÓN EN VALORES. TEMAS TRANSVERSAISAlgúns contidos da ensinanza non poden estar situados nunha área determinada do

currículo, pois son temas importantes que reclaman a contribución de tódalas areas, cada unha dende a súa propia perspectiva e especificidade. A continuación tratarase de expoñer como van a ser tratados algúns de estes temas transversais dentro da disciplina de Tecnoloxía do I.E.S. Cidade de Antioquía.

• Educación para a saúde e calidade de vida. O lograr un ambiente agradable na realización dos traballos da área axudan a xerar comportamentos e actitudes moi positivas para a saúde; fomenta-la orde e limpeza na aula de tecnoloxía; coñecer e aplica-las normas de seguridade e hixiene no traballo propicia unha valoración positiva, por parte dos nosos alumnos, da educación para a saúde.

• Educación ambiental. Fomenta-la busca de solucións que eviten ou minimicen o impacto ambiental; valora-lo posible esgotamento de recursos e analiza-los inconvenientes que se deriven do uso de cada un dos materiais, e a repercusión que poida ter nas persoas, animais e plantas, así coma na vida en sociedade.

• Educación para o consumidor. Valora-lo custo na realización dos proxectos tecnolóxicos e comparalo co seu uso, analizando as condicións técnicas e estéticas que debe reunir para determina-las características dos materiais que hai que utilizar; analiza-la relación calidade/prezo axudará a desenvolver nos nosos alumnos actitudes de consumidor responsable.

• Educación para a paz. Fomenta-lo traballo cooperativo; incidir no respecto ás ideas doutros; apoia-los menos capacitados no desenvolvemento dos proxectos tecnolóxicos; desenvolver unha actitude aberta e flexible ante as ideas e os traballos dos demais axudan a adquirir valores e actitudes que incidan directamente neste tema transversal.

• Educación para o ocio. O desenvolvemento e realización do traballo tecnolóxico e do uso das ferramentas poden fomentar na vida cotiá do alumno o gusto pola realización de actividades de ocio e afeccións relacionadas co proceso tecnolóxico.

• Educación para a igualdade entre ámbolos dous sexos. Fomenta-lo reparto de tarefas nun plano absoluto de igualdade en función das capacidades, sen distinción de sexo; valora-lo esforzo, as ideas e o traballo dos demais dende unha perspectiva de igualdade son contidos plenamente enmarcados na área de Tecnoloxía que inciden no

IES CURTIS Página 23 de 19

Page 114: Programación Tecnoloxía 2010-2011

DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA 1º BACHARELATO

desenvolvemento dunha educación para a igualdade de oportunidades de ámbolos dous sexos.

• Educación moral e cívica. Analizar e valora-las implicacións que supón o desenvolvemento de determinados aspectos científicos e técnicos dende unha perspectiva moral e ética; valorar e analizar dende a perspectiva ética e moral as consecuencias derivadas polo desenvolvemento tecnolóxico en dimensión social e persoal de cada un.

8. ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES PREVISTAS

As actividades complementarias e extraescolares previstas durante o transcurso do ano lectivo establécense polo colectivo de profesores compoñentes do claustro.

9. MEDIDAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADEO tratamento á diversidade recóllese nesta programación de diferentes formas:

1. A mellor estratexia para a integración do alumnado con necesidades educativas especiais ou con determinados problemas de aprendizaxe, é implicalos nas mesmas tarefas co resto do grupo, ocn distintos métodos de apoio e esixencia. O tratamento en "espiral" ofrece a posibilidade de retomar un contido non asimilado nun momento posterior de traballo, co cual evitamos a paralización do proceso de aprendizaxe de dito sector. con exercicios repetitivos que soen incidir negativamente no nivel de motivación2. Esta posibilidade de distinto nivel de profundización en moitas das actividades propostas, permitirán atender demandas de carácter máis profundo por parte de aqueles alumnos con niveis de partida máis avanzados o cun interese maior sobre o tema estudiado.3. Por último, insistir en que no traballo nos talleres ou laboratorio, ademais do comentado máis arriba, posibilita a aqueles alumnos e alumnas máis avantaxados unha profundización no tema tratado; e a aqueles ou aquelas con deficiencias, permítelles unha nova oportunidade para asimilar os contidos básicos do bloque ou da unidade. Ademais, a formación de grupos para a realización destas actividades fomenta as relacións sociais entre o alumnado e a formación ou asentamento dunha maior cultura social e cívica.

10. ACCIÓNS DE CONTRIBUCIÓN AO PROXECTO LECTORRECURSOS Biblioteca da aula e do instituto, aula de informática, ordenador portátil e canón proxector.

ACTIVIDADES A DESENVOLVER -Realizar lecturas de textos e artigos, a nivel de grupo-clase e en voz alta e por turnos, seleccionados de libros de consulta da biblioteca de aula ou libros de texto, relacionadas con contidos concretos da materia, que permitirá unha posta en común e posterior debate.-Potenciar o aprendizaxe da lectura na pantalla do ordenador, utilizando a aula de informática e a Internet para a búsqueda dalgún artigo ou traballo, e realizar a lectura conxunta do mesmo.-Potenciar o emprego das bibliotecas de aula e do centro como espacio de consulta e ampliación de información para realizar pequenos traballos de investigación.-Búsqueda de información na Internet, en páxinas Web, seleccionala e empregala para a realización de pequenos traballos de investigación.

11. ACCIÓNS DE CONTRIBUCIÓN AO PLAN DE CONVIVENCIA

IES CURTIS Página 24 de 19

Page 115: Programación Tecnoloxía 2010-2011

DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA 1º BACHARELATO

Polo xeral, o profesorado intenta solucionar co alumnado implicado os pequenos conflitos que xurden na aula. En casos excepcionais, empregarase a aula de conviencia e seguiranse as pautas ditadas polo Departamento de Orientación.

12. PROCEDEMENTOS PARA AVALIAR A PROPIA PROGRAMACIÓN

Mensualmente, farase unha avaliación de como se vai seguindo a programación, explicando en todo momento as posibles desviacións e os motivos delas.

IES CURTIS Página 25 de 19

Page 116: Programación Tecnoloxía 2010-2011

DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA 2º BACHARELATO

2º BACHARELATO

PROGRAMACIÓN DE TECNOLOXÍA INDUSTRIAL II

ÍNDICEPROGRAMACIÓN T. INDUSTRIAL II 2º BACHARELATO Páxina1. OBXECTIVOS XERAIS DO CURSO. 2-192. CONTIDOS TEMPORALIZADOS. 2-19

2.1. CADRO TEMPORALIZACIÓN. 14-192.2. MÍNIMOS ESIXIBLES. 15-19

3. METODOLOXÍA. 15-194. PROCEDEMENTOS DE AVALIACIÓN. 16-19

4.1. AVALIACIÓN ORDINARIA. 16-194.1.1. CRITERIOS DE AVALIACIÓN. 16-194.1.2. CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN. 16-194.1.3. INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN. 17-194.1.4. PROCEDEMENTOS PARA A REALIZACIÓN DA AVALIACIÓN INICIAL. 17-194.1.5. ACTIVIDADES DE RECUPERACIÓN. 17-194.1.6. CUALIFICACIÓN FINAL. 17-19

4.2. AVALIACIÓN EXTRAORDINARIA. 17-194.2.1. PROCEDEMENTO DE RECUPERACIÓN PARA O ALUMNADO COA MATERIA PENDENTE. 17-19

5. PROGRAMAS ESPECÍFICOS PERSONALIZADOS PARA O ALUMNADO REPETIDOR.18-196. MATERIAIS E RECURSOS DIDÁCTICOS. 18-197. EDUCACIÓN EN VALORES. TEMAS TRANSVERSAIS. 18-198. ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES. 19-199. MEDIDAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE. 19-1910. ACCIÓNS DE CONTRIBUCIÓN AO PROXECTO LECTOR 19-1911. ACCIÓNS DE CONTRIBUCIÓN AO PLAN DE CONVIVENCIA. 19-1912. PROCEDEMENTOS PARA AVALIAR A PROPIA PROGRAMACIÓN. 19-19

IES CURTIS Página 1 de 19

Page 117: Programación Tecnoloxía 2010-2011

DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA 2º BACHARELATO

1. OBXECTIVOS XERAIS DO CURSO

-Adquirir os coñecementos precisos para analizar máquinas e sistemas técnicos, para explicar os seus principios de funcionamento e identificar os elementos que os constitúen.-Comprender o papel da enerxía nos procesos tecnolóxicos, explicando as súas distintas transformacións e aplicacións, e adoptar actitudes de aforro e valoración da eficiencia enerxética de cara a con seguir un desenvolvemento sustentable.-Comprender e explicar como se organizan e desenvolven procesos tecnolóxicos, identificar e describir as técnicas e os factores económicos e sociais que concorren en cada caso.-Analizar de forma sistemática produtos da actividade técnica para avaliar a súa calidade e explicar o seu funcionamento, utilización e forma de control.-Valorar criticamente as repercusións da actividade tecnolóxica na vida cotiá e na Calidade de vida, manifestando e argumentando as propias ideas e opinións. -Analizar as distintas repercusións que determinados desenvolvementos tecnolóxicos teñen para homes e mulleres.-Transmitir con precisión os coñecementos e ideas sobre procesos ou produtos Tecnolóxicos utilizando vocabulario, símbolos e formas de expresión apropiadas.-Actuar con autonomía, confianza e seguranza ao inspeccionar, manipular e intervir en máquinas, sistemas e procesos técnicos para comprender o seu funcionamento. -Planificar e desenvolver proxectos técnicos en equipo, achegando ideas e opinións, responsabilizándose de tarefas e cumprindo os obxectivos do plan de traballo.-Valorar a importancia da investigación e desenvolvemento na creación de novos produtos e sistemas.

2. CONTIDOS TEMPORALIZADOS POR AVALIACIÓNOs contidos do curso organízanse en BLOQUES TEMÁTICOS, e cada bloque contén unidades didácticas:

PRIMEIRA AVALIACIÓN:

• Busca de solucións creativas ós problemas técnicos.

BLOQUE DE MATERIAISUnidade 1. Estructura dos materiais. Propiedades e ensaios de medida

OBXECTIVOS

• Coñece-la estrutura atómica da materia e a súa relación coa reactividade química.• Relaciona-la enerxía do enlace co tipo de enlaces.• Identifica-los diferentes tipos de enlaces atómicos e moleculares.• Coñece-las estruturas cristalinas fundamentais dos metais• Analiza-las propiedades mecánicas fundamentais dos materiais.• Identifica-los diferentes tipos de ensaios mecánicos fundamentais, para valorar posteriormente as propiedades mecánicas.• Saber da existencia doutros ensaios que proporcionan características do material determinantes para o seu uso.

CONTIDOS

IES CURTIS Página 2 de 19

Page 118: Programación Tecnoloxía 2010-2011

DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA 2º BACHARELATO

Conceptos:

• Estructura atómica.• Forzas e enerxías de interacción entre átomos.• Estructura electrónica e reactividade química. Electronegatividade.• Tipos de enlaces atómicos e moleculares.• Estrutura cristalina e redes cristalinas dos metais. Alotropía.• Propiedades mecánicas dos materiais.• Tipos de ensaios.• Ensaios mecánicos: deformacións elásticas e plásticas.• Relación entre tensión e deformación. Concepto de tensión e deformación unitaria.

Procedementos:

• Relaciona-la enerxía de enlace co tipo de enlace atómico ou molecular dunha sustancia.• Analiza-lo tipo de enlace como base do comportamento técnico dos materiais.• Diferencia-los metais dos metais, en función da súa estrutura atómica cortical e enlaces.• Analizar do tipo de enlace de distintos materiais.• Analizar e diferencia-los sistemas cristalinos fundamentais nos metais.• Realizar un ensaio de tracción (no seu defecto pódese visitar unha empresa).• Analiza-lo diagrama de tracción.• Relaciona-lo diagrama de tracción co comportamento do material.• Realizar un ensaio de dureza.• Elixir do método de ensaio de dureza máis adecuado, en función do tipo de material.• Coñece-la existencia doutros ensaios adecuados ó comportamento en uso do material.

Actitudes:

• Valora-la importancia da investigación para obter novos materiais acordes coas necesidades da sociedade.• Uso crítico na selección e utilización dos materiais.• Valoración da importancia da realización de ensaios de materiais para poder determina-las propiedades fundamentais dos mesmos.• Coñecemento da importancia dos ensaios no control da calidade.• A responsabilidade na selección do material e cálculo dos elementos cotiás (estruturas ou máquinas).

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

• Ser capaz de identifica-los diferentes tipos de enlaces atómicos e moleculares nos materiais máis usados na industria: metais, cerámicos e plásticos.• Ser capaz de identifica-las estructuras cristalinas fundamentais nos metais.• Ser capaz de analizar unha clasificación dos principais tipos de ensaios que se realizan na industria, para determina-las características técnicas dos materiais.• Ser capaz de analizar diagramas de esforzo-deformación para predicir o comportamento do material fronte a esforzos.• Ser capaz de determinar cuantitativamente a dureza de diversos materiais mediante os datos facilitados nosensaios de penetración.

Unidade 2. Diagramas de equilibrio

OBXECTIVOS

• Coñece-las aliaxes metálicas. Solucións sólidas.• Estudar e analiza-los diagramas de equilibrio de fases.• Interpretar diagramas de fases.

CONTIDOS

IES CURTIS Página 3 de 19

Page 119: Programación Tecnoloxía 2010-2011

DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA 2º BACHARELATO

Conceptos:

• Solucións sólidas: aliaxes.• Sistemas materiais.• Diagramas de equilibrio de fases.

Procedementos:

• Aplica-la regra das fases de Gibbs para calcula-lo número de fases. graos de liberdade e número de compoñentes.• Interpretar diagramas de fases: calcula-lo número de fases, determina-la composición e a cantidade relativa de cada fase.• Analizar e interpreta-lo diagrama ferro-carbono.

Actitudes:

• Interese en profundar e actualiza-los coñecementos de matemáticas.• Interese en profundar e actualizar coñecementos e métodos.• Adquisición de hábitos para unha organización eficiente: busca de calidade.• Busca de solucións creativas ós problemas técnicos.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

• Aplicar recurso gráficos na representación de sistemas materiais.• Aplicar a regra das fases de Gibbs e da panca aos diagramas de fases.• Interpretar e analizar diagramas de fases (especialmente o de ferro-carbono).

Unidade 3 Metais non férreos e ciclo de utilización dos materiais

OBXECTIVOS

• Identifica-los materiais non férreos máis usados na industria e elixi-lo máis adecuado segundo a súa función e a súa utilización.• Coñece-los materiais mecánicos, polímeros, cerámicos e compostos máis utilizados.• Coñece-los procesos de transformación dos materiais con vista ó seu reciclado.

CONTIDOS

Os contidos desta unidade son, sobre todo, de tipo procedimental e actitudinal, aínda que os alumnos deben aprender algúns conceptos teóricos para despois realiza-las prácticas, entendendo por que e para que o fan.

Conceptos:

• Tipos de materiais.• Conformacións metálicas.• Metais e aliaxes non férricas.• Materiais cerámicos. A súa conformación.• Polímeros, polimerización. A súa conformación.• Termoplásticos, elastómetros e plásticos termoestables.

Procedementos:

• Identifica-los diferentes materiais e os seus diferentes presentacións comerciais.• Clasifica-los polímeros en termoplásticos , elastómeros e termoestables.• Elixi-la conformación máis adecuada en cada un dos materiais, en función da utilización posterior.

Actitudes:IES CURTIS Página 4 de 19

Page 120: Programación Tecnoloxía 2010-2011

DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA 2º BACHARELATO

• Uso crítico na selección e utilización dos materiais

CRITERIOS DE EVALUACION

• Seleccionar materiais para unha utilización determinada, tendo en conta as súas propiedades, factores tecnolóxicos, económicos e medioambientais.• Establecer a conformación máis adecuada de un material, en función das súas propiedades e factores técnicos de producción e utilización posterior.• Clasificar as aleacións non férricas.• Ordenar os polímeros en función de diferentes factores.• Observar as cerámicas e a súa conformación.

Unidade 4 Tratamentos térmicos e superficiais. O fenómeno da corrosión

OBXECTIVOS

• Coñece-la necesidade e importancia dos tratamentos térmicos dos aceiros na modificación e mellora dalgunha das súas propiedades.• Saber elixi-lo tratamento térmico ou termoquímico máis adecuado, para conseguir unhas determinadas propiedades finais, en función da súa utilización posterior.• Coñece-la interacción materia-ambiente como causante do deterioro das propiedades físicas do material.

CONTIDOS

Os contidos desta unidade, son fundamentalmente conceptuais, pero pódense proposto unha serie de actividades, para facilita-lo proceso de aprendizaxe.

Conceptos:

• Tratamentos térmicos e termoquímicos.• Corrosión e oxidación.• Tipos de corrosión.• A pila de corrosión electroquímica.

Procedementos:

• Elixi-lo tratamento térmico ou termoquímico máis apropiado para obte-las propiedades desexadas.• Interpreta-los gráficos de templabilidade.

Actitudes:

• Consideración sobre a problemática da corrosión na industria.• Valoración das perdas económicas que xera o fenómeno da corrosión.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

• Seleccionar o tratamento térmico e/ou termoquímico máis adecuado para un aceiro, considerando as propiedades finais que queremos conseguir.• Analiza-las causas da corrosión en diferentes situacións.• Aplica-lo método de protección máis axeitado en cada caso

BLOQUE DE SISTEMAS AUTOMÁTICOSUnidade 5. Sistemas automáticos

IES CURTIS Página 5 de 19

Page 121: Programación Tecnoloxía 2010-2011

DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA 2º BACHARELATO

OBXECTIVOS

• Comprende-la importancia dos sistemas automáticos.• Describi-los sistemas de control en lazo aberto e en lazo pechado.• Analizar un sistema de control formado por varios bloques, determinando a súa función de transferencia.• Analiza-la estabilidade dun sistema de control.• Comprende-lo funcionamento dos reguladores proporcionais e das súas aplicacións.• Comprende-lo funcionamento dos reguladores e integrais das súas aplicacións.• Comprende-lo funcionamento dos reguladores e derivativos das súas aplicacións.• Analiza-las características dos reguladores PID.

CONTIDOS Conceptos:

• Sistema automático de control Definicións.• Sistema de control en lazo aberto.• Sistema de control en lazo pechado.• Bloque funcional.• Función de transferencia.• Estabilidade dos sistemas de control.• Tipos de control.• Control proporcional.• Control integral.• Control derivativo.• Control PID.

Procedementos:

• Identificación dos elementos dun sistema automático de uso común.• Descrición da función que desempeña cada elemento nun sistema.• Montaxe e experimentación de circuítos de control sinxelos, identificando os distintos elementos.

Actitudes:

• Interese en profundar e actualiza-los coñecementos de matemáticas.• Interese en profundar e actualizar coñecementos e métodos.• Adquisición de hábitos para unha organización eficiente: busca de calidade.• Busca de solucións creativas ós problemas técnicos.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

• Analiza-la composición dun sistema automático identificando os seus elementos.• Recoñecer as diferencias fundamentais existentes entre un sistema de control en circuíto aberto e un en circuíto pechado.• Determinar a función de transferencia dun sistema automático dado • Analizar a estabilidade dun sistema mediante o criterio de Routh.• Identificar un controlador proporcional, así como a súas características máis importantes.• Identificar un controlador integral, así como as súas características máis importantes.• Identificar un controlador derivativo, así como as súas características máis importantes.• Identificar un controlador PID.

Unidade 6. Compoñentes dun sistema de control

OBXECTIVOS

• Analiza-la misión dun detector dentro dun sistema de control.

IES CURTIS Página 6 de 19

Page 122: Programación Tecnoloxía 2010-2011

DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA 2º BACHARELATO

• Coñecer detectores de distintas magnitudes físicas e o seu principios de funcionamento.• Elixi-lo detector idóneo para a súa aplicación en particular.• Analiza-lo papel dos detectores de erro e elementos finais dun sistema de control.

CONTIDOS

Conceptos:

• Detectores de posición, presión, temperatura, etc.• Principios de funcionamento dos detectores.• Detectores de erro.• Actuadores.

Procedementos:

• Montaxe e comprobación do funcionamento de distintos transductores.• Montaxe e experimentación de circuítos con transductores, identificando o seu funcionamento.

Actitudes:

• Interese en profundar e actualiza-los coñecementos de matemáticas.• Interese en profundar e actualizar coñecementos e métodos.• Adquisición de hábitos para unha organización eficiente: busca de calidade.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

• Identificar os distintos tipos de detectores en función da magnitude que detecten.• Identificar os distintos tipos de detectores en función do principio de funcionamento no cal están baseados.• Recoñecer a misión dun detector dentro dun sistema de control.• Identificar os distintos tipos de actuadores e recoñecer la misión dun actuador dentro dun sistema de control.

SEGUNDA AVALIACIÓN:

BLOQUE DE CONTROL E PROGRAMACIÓN DE SISTEMAS AUTOMÁTICOS

Unidade 7 Circuítos combinacionais. Álxebra de Boole

OBXECTIVOS

• Coñece-los códigos máis utilizados no control e programación dos sistemas de control.• Domina-las técnicas básicas do álxebra de Boole.• Analizar circuítos, os simplificando e os implementando con distintas portas lóxicas.• Analizar distintos circuítos integrados formados por portas lóxicas.• Coñece-los circuítos combinacionais integrados.• Analizar e deseñar circuítos combinacionais, tales como codificadores, decodificadores, multiplexores, etc.

CONTIDOS

Conceptos:

• Códigos binario, BCD, hexadecimal.• Álxebra de Boole. Postulados, propiedades e teoremas.• Funcións básicas booleanas.• Táboa de verdade.• Ecuación canónica.IES CURTIS Página 7 de 19

Page 123: Programación Tecnoloxía 2010-2011

DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA 2º BACHARELATO

• Simplificación de funcións.• Realización de circuítos con portas lóxicas.• Circuítos combinacionais integrados.

Procedementos:

• Simplificación de circuítos lóxicos.• Análise e descrición de circuítos lóxicos combinacionais.• Montaxe de circuítos lóxicos combinacionais.

Actitudes:

• Interese en profundar e actualiza-los coñecementos de matemáticas.• Interese en profundar e actualizar coñecementos e métodos.• Adquisición de hábitos para unha organización eficiente: busca de calidade.• Busca de solucións creativas ós problemas técnicos.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

• Identificar os distintos tipos de códigos binarios, convertendo un determinado número decimal a binario, BCD natural e hexadecimal.• Converter un determinado número expresado en binario, BCD natural o hexadecimal a decimal.• Identificar as funcións básicas booleanas.• Deseñar circuítos combinacionais, simplificándoos polo método alxebraico ou de Karnaugh e analizándoos con portas lóxicas a partir das consideracións de deseño.

Unidade 8 Circuítos secuenciais.

OBXECTIVOS

• Coñece-lo funcionamento dos biestables básicos.• Coñecer o funcionamento de tódolos elementos que interveñen no deseño de circuítos secuenciais de carácter eléctrico.• Deseñar, montar e describi-lo funcionamento de circuítos secuenciais, cuxo deseño estea baseado nos contactores.• Deseñar, montar e describi-lo funcionamento de circuítos secuenciais, cuxo deseño estea baseado nos contactores e temporizadores.

CONTIDOS

Conceptos:

• Biestables R-S, J-K, T e D.• Rexistros de desprazamento.• Contadores.• Pulsadores e interruptores.• Relés ou contactores.• Temporizadores á conexión e desconexión.

Procedementos:

• Análise e descrición dos distintos tipos de biestables.• Análise, deseño e simulación dun circuíto secuencial baseado en tecnoloxía eléctrica, empregando relés ou contactores.• Análise, deseño e simulación dun circuíto secuencial baseado en tecnoloxía eléctrica, empregando contactores e temporizadores.

Actitudes:

• Interese en profundar e actualiza-los coñecementos de matemáticas.IES CURTIS Página 8 de 19

Page 124: Programación Tecnoloxía 2010-2011

DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA 2º BACHARELATO

• Interese en profundar e actualizar coñecementos e métodos.• Adquisición de hábitos para unha organización eficiente: busca de calidade.• Busca de solucións creativas ós problemas técnicos.

CRITERIOS DE EVALUACIÓN

• Analizar o funcionamento dos biestables R-S, J-K. T y D.• Analizar o funcionamento dos relés, contactores e relés temporizados.• Describir o funcionamento dun circuíto secuencial.

Unidade 9 O ordenador e o microprocesador.

OBXECTIVOS

• Distinguir entre as diferentes partes dun ordenador.• Saber que traballo realiza cada unha destas partes.• Aprender a clasifica-los diferentes tipos de programas comerciais que existen.• Aproximar ó alumno ós autómatas programables.• Recoller diferentes conceptos vistos nos bloques anteriores como aplicación na resolución de situacións reais prácticas.

CONTIDOSConceptos:

• O microprocesador.• Arquitectura interna e instruccións básicas do microprocesador.• O autómata programable. Estructura e instrucións básicas.• Exemplos de aplicación

Procedementos:

• Uso das instrucións básicas de programación dun autómata programable e comprobación práctica dunha aplicación sinxela.• Elaboración dun programa para un microprocesador utilizando as instrucións máis elementais.• Análise e simulación do control programado dun mecanismo.

Actitudes:

• Interese en profundar e actualiza-los coñecementos de matemáticas.• Interese en profundar e actualizar coñecementos e métodos.• Adquisición de hábitos para unha organización eficiente: busca de calidade.• Busca de solucións creativas ós problemas técnicos.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

• Coñecer e distinguir as diferentes partes do ordenador, así como a súa función.• Recoñecer a conexión que existe entre os diferentes elementos de un ordenador.• Coñecer os principais bloques que compoñen un autómata programable.• Establecer e comprender a relación entre o autómata programable e a súa programación.• Utilizar un vocabulario acxeitado.

BLOQUE DE CIRCUITOS PNEUMATICOS E HIDRÁULICOSUnidade 10 Automatización pneumática

OBXECTIVOS

IES CURTIS Página 9 de 19

Page 125: Programación Tecnoloxía 2010-2011

DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA 2º BACHARELATO

• Repasar algúns coñecementos de pneumática que os alumnos e alumnas xa deberían adquirir no curso anterior.• Calcular algúns compoñentes dunha instalación pneumática.• Coñece-la simboloxía pneumática.• Comprende-las conduccións e acondicionamento do aire comprimido.• Interpretar obxectivamente o funcionamento dos circuítos pneumáticos.• Deseñar circuítos pneumáticos simples.• Observa-las principais aplicacións da pneumáticas.

CONTIDOS

Conceptos:

• Estudio das técnicas de producción, conducción e filtrado de fluídos.• Estudio dos elementos de accionamento, regulación e control. Simboloxía.• Circuítos característicos. Aplicacións.

Procedementos:

• Identificación dos elementos dun circuíto e da función que desempeñan.• Deseño e desenvolvemento gráfico dun circuíto sinxelo.• Realización dun circuíto que simule unha función determinada.

Actitudes:

• Costume de uso e estudio de termos técnicos.• Costume de aceptar novas técnicas e tecnoloxías.• Curiosidade polas posibilidades dos circuítos pneumáticos e valoración da súa importancia na automatización de procesos industriais e na fabricación de máquinas e aparellos.• Tendencia a observación do funcionamento dos circuítos presentes no seu entorno.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

• Coñecer os principios e leis que rexen o comportamento do aire.• Coñecer os distintos elementos básicos empregados en pneumática.• Interpretar algúns circuítos pneumáticos sinxelos.• Saber cáles son as funcións de cada elemento do circuíto.• Realizar algúns circuítos pneumáticos sinxelo.

Unidade 11 Automatismos oleohidráulicos

OBXECTIVOS

Aproveitando as nocións adquiridas polos alumnos e alumnas los tema de pneumática, tentarase que tamén aprendan algunhas nocións básicas de circuítos oleohidráulicos.

CONTIDOS

Conceptos:

• Simboloxía.• Propiedades físicas dos fluídos de traballo.• Válvulas e elementos de accionamento e regulación.• Elementos impulsores do fluído.• Outros elementos dos circuítos oleohidráulicos.• Circuítos básicos.IES CURTIS Página 10 de 19

Page 126: Programación Tecnoloxía 2010-2011

DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA 2º BACHARELATO

Procedementos:

• Identificación dos elementos dun circuíto práctico.• Deseño e desenvolvemento gráfico dun circuíto sinxelo• Realización dun circuíto que simule unha función determinada.

Actitudes:

• Costume de uso e estudio de termos técnicos.• Costume de aceptar novas técnicas e tecnoloxías.• Curiosidade polas posibilidades dos circuítos oleohidráulicos e valoración da súa importancia na automatización de procesos industriais e na fabricación de máquinas e aparellos.• Tendencia a observación do funcionamento dos circuítos presentes no seu entorno.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN:

• Comprobar que o alumnado coñece os principais principios e leis que rexen o comportamento dun fluído.• Comprobar que o alumnado coñece os diferentes elementos básicos que se utilizan en oleohidráulica.• Comprobar que o alumnado é capaz de interpretar algúns circuítos sinxelos.

TERCEIRA AVALIACIÓN:

BLOQUE DE MÁQUINAS

Unidade 12 Principios xerais de máquinas.

OBXECTIVOS

• Repasar algúns coñecementos de máquinas que os alumnos e alumnas xa deberían ter de cursos anteriores.• Revisa-lo Sistema Internacional de Unidades como tema transversal a todo o texto.• Ampliar estes coñecementos con algúns outros de importancia fundamental.• Afianza-los conceptos de enerxía, traballo, potencia.• Coñecer outros conceptos novos, pero de gran importancia no estudo dos mecanismos que compoñen as máquinas e automatismos.• Introducir algúns conceptos de termodinámica interesantes para o estudo dos motores térmicos.

CONTIDOS

Conceptos:

• Enerxía útil.• Potencia dunha máquina.• Par motor no eixe.• Perdas de enerxía.• Calor e temperatura.• Primeiro principio da termodinámica.• Traballo en diferentes tipos de transformacións.

Procedementos:

• Identifica-los parámetros principais do funcionamento dunha máquina.• Comprobar algúns principios físicos fundamentais mecánicos e termodinámicos.IES CURTIS Página 11 de 19

Page 127: Programación Tecnoloxía 2010-2011

DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA 2º BACHARELATO

Actitudes:

• Curiosidade por coñecer o mundo das maquinas menos comúns.• Interese por coñece-las aplicacións deste tipo de máquinas. • Valoración da importancia de da elección da maquina mais adecuada para cada aplicación.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

• Comprobar que o alumnado coñece os principios físicos mecánicos e termodinámicos fundamentais.• Comprobar que o alumnado comprende perfectamente o significado de conceptos tales como rendementos, perdas, calor e temperatura, etc.

Unidade 13 Motores térmicos. Circuítos frigoríficos

OBXECTIVOS

• Repasar algúns coñecementos de máquinas que os alumnos e alumnas xa deberían ter de cursos anteriores.• Coñece-los principais tipos de máquinas térmicas que existen e a súa clasificación.• Aproximar ó alumno ó funcionamento dalgúns sistemas térmicos de ampla utilización, como os motores dos automóbiles ou das motocicletas, así como as turbinas, por exemplo.• Iniciar ós alumnos no coñecemento dalgunhas das máquinas térmicas máis usuais, tanto para a producción de frío como de calor.

CONTIDOS

Conceptos:

• Motores térmicos.• Tipos de motores térmicos.• Aplicacións dos motores térmicos.• Circuíto frigorífico. Elementos.• Bomba de calor. Elementos.• Aplicacións dos circuítos frigoríficos e da bomba de calor.

Procedementos:

• Identifica-los parámetros principais do funcionamento dunha máquina térmica.• Identifica-los parámetros principais do funcionamento dunha máquina frigorífica.• Identifica-los parámetros principais do funcionamento dunha bomba de calor.• Elementos constitutivos de cada unha das máquinas citadas anteriormente.• Avalia-las aplicacións máis usuais.

Actitudes:

• Curiosidade por coñecer o mundo das maquinas menos comúns.• Interese por coñece-las aplicacións deste tipo de máquinas. • Valoración da importancia de da elección da maquina mais adecuada para cada aplicación.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

• Comprobar que o alumnado coñece os principios termodinámicos fundamentais.• Establecer se o alumnado é capaz de identificar as principais aplicacións dos motores térmicos.• Comprobar se o alumnado coñece as partes máis representativas dun motor.• Comprobar se coñece o ciclo operativo dun motor.IES CURTIS Página 12 de 19

Page 128: Programación Tecnoloxía 2010-2011

DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA 2º BACHARELATO

• Comprobar que o alumnado é capaz de utilizar os recursos gráficos e verbais apropiados para a descrición do funcionamento dos sistemas vistos.• Comprobar que o alumnados é capaz de comprender o funcionamento dun circuíto frigorífico.• Comprobar que o alumnados é capaz de comprender o funcionamento dunha bomba de calor.• Establecer se o alumnado é capaz de identificar os elementos que compoñen cada un dos sistemas e as funcións de cada un deles.

Unidade 14 Motores eléctricos.

OBXECTIVOS

• Comprende-los principios de funcionamento dos motores eléctricos.• Analiza-la misión que cumpre cada elemento dentro dun motor eléctrico.• Analiza-los distintos tipos de motores de corrente continúa en función da conexión inducido-inductor, interpretando as súas características para los adapta a unha aplicación determinada en función de ditas características.• Analiza-lo arranque, regulación da velocidade, inversión do sentido de xiro e freado dun motor de corrente continúa.• Analiza-los principios de funcionamento dos motores de corrente alterna tanto trifásicos como monofásicos.• Coñece-las partes principais dun motor de corrente alterna.• Analiza-la curva par velocidade dun motor de corrente alterna monofásico e trifásico.• Analiza-las distintas formas de arrancar, regular a velocidade e inverter o sentido de xiro dun motor trifásico e monofásico.

CONTIDOS

Conceptos:

• Principios de funcionamento das máquinas eléctricas rotativas.• Magnitudes fundamentais dos motores de corrente continúa e alterna.• Tipos e características de motores de corrente continúa e alterna.• Balance de potencias dos motores de corrente continúa e alterna.• Arranque, inversión de xiro, freado e regulación da velocidade nos motores eléctricos.

Procedementos:

• Identifica-los parámetros principais do funcionamento dun motor eléctrico.• Comproba-lo funcionamento dunha máquina en réxime nominal.• Calcular e comproba-los parámetros principais dun motor en diferentes condicións de funcionamento.

Actitudes:

• Curiosidade por coñecer o mundo das maquinas menos comúns.• Interese por coñece-las aplicacións deste tipo de máquinas. • Valoración da importancia de da elección da maquina mais adecuada para cada aplicación.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

• Deducir a aplicación dun motor eléctrico en función da súa curva par velocidade.• Calcular os distintos tipos de perdas que se producen nos motores eléctricos.• Definir o concepto de potencia útil, absorbida, perdida e rendemento.• Saber conectar correctamente os distintos tipos de motores eléctricos.• Analizar os distintos métodos de regulación da velocidade.• Coñecer a forma de inverter o sentido de xiro en función do tipo de motor.

IES CURTIS Página 13 de 19

Page 129: Programación Tecnoloxía 2010-2011

DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA 2º BACHARELATO

2.1. DISTRIBUCIÓN TEMPORALA distribución temporal realizouse tendo en conta que o curso escolar para estes alumnos consta aproximadamente de 29 semanas lectivas e que á materia lle corresponde 4 horas semanais.

1ª Semana 2ª Semana 3ª Semana 4ª Semana

Setembro BLOQUE MATERIAIS

Outubro BLOQUE MATERIAIS

Novembro BLOQUE DE MÁQUINAS

Decembro BLOQUE DE MÁQUINAS NADAL

Xaneiro NADAL BLOQUE SISTEMAS AUTOMÁTICOS

FebreiroBLOQUE SISTEMAS

AUTOMÁTICOSBLOQUE CIRCUITOS

PNEUMATICOS E HIDRAULICOS

MarzoBLOQUE

CIRCUITOS PNEUMATICOS E

HIDRAULICOS

ENTROIDO

BLOQUE DE CONTROL E PROGRAMACIÓN DE SISTEMAS

AUTOMÁTICOS

AbrilBLOQUE DE CONTROL E

PROGRAMACIÓN DE SISTEMAS AUTOMÁTICOS

SEMANA SANTA

BLOQUE DE CONTROL E

PROGRAMACIÓN DE

SISTEMAS AUTOMÁTIC

OS

MaioBLOQUE DE CONTROL E

PROGRAMACIÓN DE SISTEMAS AUTOMÁTICOS

EXAMES FINAIS

2.2. CONTIDOS MÍNIMOS ESIXIBLES

- Motores térmicos de explosión e por compresión. Máquinas de vapor. Turbinas de gas. Máquinas frigoríficas e bombas de calor. Transformacións e ciclos termodinámicos. -Tipos de máquinas eléctricas e partes constituíntes das mesmas (CA e CC). Funcionamento dos motores monofásicos e trifásicos. Características das mesmas: Velocidade, par. Rendemento das máquinas. Diferencia entre as potencias consumida e útil. Par motor.

IES CURTIS Página 14 de 19

Page 130: Programación Tecnoloxía 2010-2011

DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA 2º BACHARELATO

-Principios básicos e elementos que integran os circuítos pneumáticos e hidráulicos: Producción, tipos, tratamento dos fluídos, potencia, regulación e control da presión e do caudal, traballo. Detectores de posición e de presión. Xeneralidades sobre deseño de circuítos eléctricos, pneumáticos e hidráulicos. Aplicacións dos circuítos eléctricos, pneumáticos e hidráulicos e avantaxes duns e outros.-Propiedades físicas, químicas e tecnolóxicas mais importantes das aleacións férreas (aceiros comúns e inoxidables, fundicións). Outras aleacións: de cobre, lixeiras (aluminio), de estaño, chumbo e cinc. Plásticos.- Descrición xeral das máquinas e procedementos empregados na fabricación de pezas metálicas e plásticas: Conformado por moldeo. Conformado por deformación do material en quente (Forxa, laminación, colada continua). Deformación en frío (Laminado, estampación, dobrado, embutido, extrusión). Corte. Conformado por separación con arranque de viruta (Serrado, roscado manual, taladrado, torneado, fresado, limadoras e cepilladoras, rectificadoras). Corte por arco. Soldadura (oxiacetilénica, por arco e por resistencia). Xeometrías elementais que poden obterse cas máquinas descritas anteriormente(Cilindros, conos e prismas), e aplicacións mais xeneralizadas. Movementos relativos entre as ferramentas e as pezas. -Estructura interna dos materiais. Tipos de enlaces. Enlace metálico. Estructuras cristalinas fundamentais. Propiedades mecánicas. Ensaio de tracción: Diagrama de esforzos-deformacións. Outros ensaios: Dureza, resiliencia e fatiga. Ensaios non destructivos. -Tratamentos térmicos é termoquímicos: tipos é propiedades que incorporan nas aleacións Fe-C. Tratamentos anticorrosión.

Neste curso non se farán prácticas debido a falta de tempo para impartir o currículo da asignatura.

3. METODOLOXÍA DIDÁCTICA

A área de tecnoloxía articúlase arredor do binomio coñecemento-acción, no que ambos deben te-lo peso específico apropiado en cada caso para facilita-lo carácter propedéutico desta disciplina.A formulación metodolóxica debe ter en conta os seguintes principios:1. Unha parte esencial do desenvolvemento do proceso de ensino-aprendizaxe do alumno debe se-la actividade intelectual e práctica.2. O desenvolvemento da actividade debe ter un claro sentido e significado para o alumno.3. A actividade práctica constitúe un medio esencial para a área, pero nunca un fin en si mesmo.4. Os contidos e aprendizaxes relativos ó uso de máquinas, ferramentas e materiais son consubstanciais á área.5. A función do profesor será a de organiza-lo proceso de aprendizaxe, definindo os obxectivos, seleccionando as actividades e creando as situacións de aprendizaxes oportunas para que os alumnos constrúan e enriquezan os seus coñecementos previos.A secuenciación no currículo determínase en función da graduación lóxica dos contidos, do grao de madurez dos alumnos e da relación mutua dos conceptos. Como resultado desta formulación, a actividade metodolóxica apoiarase nos seguintes aspectos:1. A adquisición dos coñecementos técnicos e científicos necesarios para a comprensión e para o desenvolvemento da actividade tecnolóxica. 2. A aplicación dos coñecementos adquiridos aumenta o seu significado ó realiza-la análise dos obxectos tecnolóxicos existentes, así como á súa posible manipulación e transformación.3. Desenvolver nos alumnos a posibilidade de se enfrontar a proxectos tecnolóxicos globais debe constituí-lo termo dun proceso de aprendizaxe que se apoia nos dous puntos precedentes.4. Transmitirlle ó alumno a importancia social e cultural dos obxectos inventados polo home, e que modifican dalgunha forma as condicións de vida das distintas sociedades históricas.

Para conseguir este equilibrio, a proposta didáctica na área de Tecnoloxía Industrial debe basea-lo proceso de ensino-aprendizaxe nun soporte conceptual (principios científicos e IES CURTIS Página 15 de 19

Page 131: Programación Tecnoloxía 2010-2011

DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA 2º BACHARELATO

técnicos) para que, posteriormente, o alumno desenvolva as accións de análise e resolución de problemas.O método de análise baséase no estudio de distintos aspectos dos obxectos e sistemas técnicos, para chegar dende o propio obxecto ou sistema a comprende-las necesidades que satisfán e os principios científicos nos que se basea o seu funcionamento.A resolución de problemas consistirá na aplicación práctica dos contidos teóricos explicados a través de exercicios e supostos prácticos.Todas estas consideracións metodolóxicas foron tidas en conta no libro de texto que se vai utilizar e, en consecuencia, na propia actividade educativa que se vai desenvolver:1. Tratamento dos contidos de forma que conduzan a unha aprendizaxe comprensiva e significativa.2. Unha exposición clara, sinxela e razoada dos contidos, cunha linguaxe adaptada á do alumno.3. Estratexias de aprendizaxe que propicien a análise e comprensión do feito tecnolóxico.Esta forma de traballar na aula permitiralle ó alumno tanto unha aprendizaxe autónoma, base de aprendizaxes posteriores, imprescindibles nunha materia coma esta en permanente proceso de construcción do coñecemento, coma grupal, o que poida levar adiante trala súa inserción laboral.Como norma de carácter xeral trataranse de utilizar diversos métodos no desenrolo das distintas unidades didácticas, así como unha diversidade ampla de técnicas.

4. PROCEDEMENTOS DE AVALIACIÓN

4.1. AVALIACIÓN ORDINARIA

4.1.1. Criterios de avaliación

Son os recollidos en cada unidade didáctica.

4.1.2. Criterios de cualificación

Os criterios seguidos para a avaliación dos alumnos veñen definidos de forma xeral no DCB da Consellería de Educación. A forma de aplicar cada criterio virá determinada polos obxectivos didácticos de cada unidade didáctica.

A forma de avaliar ó alumno consistirá en:

A. Realización de dúas probas de coñecemento escritas en cada avaliación.B. Realización dos exercicios e actividades propostos en clase durante as horas nas que se explica a teoría.

A nota final da avaliación calcularase segundo as seguintes porcentaxes:

Un 80% corresponde a coñecementos teóricos (parte A). Un 20% corresponde á aplicación práctica de coñecementos (parte B).

Cada vez que un alumno deixe de respectar algunha norma ou amose actitudes negativas restará 0,1 puntos da súa cualificación. Destas actitudes, valores e normas, os alumnos e alumnas serán debidamente informados. Por este concepto poderanse perder ata 2 puntos (20% da cualificación).

Se nalgunha avaliación non se realizan traballos individuais ou colectivos, realizaranse modificacións na porcentaxe final, tendo máis peso a parte A.

O cálculo da nota final, así como o número de exames por avaliación poden variar o longo do curso debido a modificacións na programación, tipo de alumnos, segundo o grupo, etc.IES CURTIS Página 16 de 19

Page 132: Programación Tecnoloxía 2010-2011

DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA 2º BACHARELATO

4.1.3. Instrumentos de avaliación

Empregaranse os exames escritos para avaliar os contidos conceptuais e procedimentais. Tamén se recollerán traballos e prácticas realizadas nas horas de clase ao ser unha materia de gran contido práctico. O traballo na aula avaliarase por observación directa.

4.1.4. Procedementos para a realización da avaliación inicial.

Como norma de carácter xeral, perante o primeiro mes do curso, realizarase un “test de coñecementos previos” co que o profesor/a pode facerse unha idea de cada alumno/a e da clase en xeral e servirá para promover actividades constructivas, nas que o alumno/a estableza de forma clara a relación entre os coñecementos previos e os novos. Así mesmo, faremos un seguimento o máis personalizado posible de cada alumno/a para coñecer as capacidades, os ritmos de desenvolvemento e de traballo, o estilo de aprendizaxe e o interés por progresar, que anotaremos na ficha individual de cada alumno e que serán un referente fundamental para que cada alumno/a desenvolva ao máximo as súas potencialidades.

4.1.5. Actividades de recuperación.

Ó finalizar cada unidade didáctica, informarase ós alumnos dos aspectos negativos da súa avaliación, se é o caso, indicándolles como os deberán solventar. Como é obvio, o sistema de recuperación proposto dependerá do tipo de contidos nos que non se acadaron os obxectivos. Mentres que para os contidos conceptuais e algúns procedimentais empregarase normalmente un novo exame, para o resto dos contidos servirán as observacións feitas nas sucesivas Unidades Didácticas e anotacións das fichas de observacións incidencias do profesor, así como os traballos, informes, debuxos, etc. recollidos no caderno de traballo do alumno.

4.1.6. Cualificación final.

A cualificación final será a media aritmética das cualificacións das tres avaliacións, tendo aprobadas as tres avaliacións.

4.2. AVALIACIÓN EXTRAORDINARIA.

4.2.1. Procedementos de recuperación para alumnado coa materia pendente.

Na lexislación vixente está previsto un exame extraordinario no mes de setembro para o alumnado que non acade cualificación positiva na convocatoria de xuño. Este exame realizarase soamente da parte conceptual e procedemental se fora o caso e nas datas que se acorden no centro educativo, sendo necesario obter unha nota de 5 para superalo. O alumnado que nesta convocatoria siga sen acadar cualificación positiva e promocione de curso, levará a materia correspondente pendente. Se houbera alumnos coa materia pendente o procedemento sería o seguinte:

A avaliación da asignatura quedará dividida en tres partes, cada unha das cales constará dun traballo escrito e un exame tipo test sobre o mesmo. Os traballos escritos suporán un 40 % da nota e os exames o 60 % restante.IES CURTIS Página 17 de 19

Page 133: Programación Tecnoloxía 2010-2011

DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA 2º BACHARELATO

Para aprobar será necesario ter unha nota media das tres partes de 5 puntos como mínimo. Aquelas persoas que non acaden o 5 terán dereito a realizar un exame final no mes de maio de todos os contidos da asignatura.Os traballos escritos entregaránselle ó profesor o día do exame correspondente. O profesor encargado de avaliar ós alumnos informará a estes da data e o lugar do exame con alomenos 15 días de antelación.Os traballos escritos entregaranse preferentemente mecanografados, e deberán axustarse ós contidos que para eles se establezan na programación anual.

5. PROGRAMAS ESPECÍFICOS PERSONALIZADOS PARA O ALUMNADO REPETIDOR.

Calquera acción personalizada para o alumnado repetidor será consensuada co Departamento de Orientación, aínda no caso de que non afecte ós contidos prescriptivos do currículo. En principio, non se tomará ningunha medida organizativa especial para o alumnado repetidor (por exemplo, agrupamentos na aula en razón da súa condición repetidora), agás que o profesor o considere puntualmente oportuno. Haberá, porén, unha metodoloxía específica, que incluirá exercicios de reforzo específicos para os alumnos repetidores. O seu nivel e cantidade serán determinados individualmente polo profesor á vista do desenvolvemento da programación e do proceso de aprendizaxe de cada alumno.

6. MATERIAIS E RECURSOS DIDÁCTICOS

A parte do libro de texto, empregaranse os seguintes materiais:-Televisión e vídeos didácticos sobre a materia de tecnoloxía.-Ordenador e canón

7. EDUCACIÓN EN VALORES. TEMAS TRANSVERSAISAlgúns contidos da ensinanza non poden estar situados nunha área determinada do currículo, pois son temas importantes que reclaman a contribución de tódalas areas, cada unha dende a súa propia perspectiva e especificidade. A continuación tratarase de expoñer como van a ser tratados algúns de estes temas transversais dentro da disciplina de Tecnoloxía do I.E.S. Cidade de Antioquía.• Educación para a saúde e calidade de vida. O lograr un ambiente agradable na realización dos traballos da área axudan a xerar comportamentos e actitudes moi positivas para a saúde; fomenta-la orde e limpeza na aula de tecnoloxía; coñecer e aplica-las normas de seguridade e hixiene no traballo propicia unha valoración positiva, por parte dos nosos alumnos, da educación para a saúde.• Educación ambiental. Fomenta-la busca de solucións que eviten ou minimicen o impacto ambiental; valora-lo posible esgotamento de recursos e analiza-los inconvenientes que se deriven do uso de cada un dos materiais, e a repercusión que poida ter nas persoas, animais e plantas, así coma na vida en sociedade.• Educación para o consumidor. Valora-lo custo na realización dos proxectos tecnolóxicos e comparalo co seu uso, analizando as condicións técnicas e estéticas que debe reunir para determina-las características dos materiais que hai que utilizar; analiza-la relación calidade/prezo axudará a desenvolver nos nosos alumnos actitudes de consumidor responsable.• Educación para a paz. Fomenta-lo traballo cooperativo; incidir no respecto ás ideas doutros; apoia-los menos capacitados no desenvolvemento dos proxectos tecnolóxicos; desenvolver unha actitude aberta e flexible ante as ideas e os traballos dos demais axudan a adquirir valores e actitudes que incidan directamente neste tema transversal.• Educación para o ocio. O desenvolvemento e realización do traballo tecnolóxico e do uso das ferramentas poden fomentar na vida cotiá do alumno o gusto pola realización de actividades de ocio e afeccións relacionadas co proceso tecnolóxico.• Educación para a igualdade entre ámbolos dous sexos. Fomenta-lo reparto de tarefas nun plano absoluto de igualdade en función das capacidades, sen distinción de sexo; valora-lo esforzo, as ideas e o traballo dos demais dende unha perspectiva de igualdade son IES CURTIS Página 18 de 19

Page 134: Programación Tecnoloxía 2010-2011

DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA 2º BACHARELATO

contidos plenamente enmarcados na área de Tecnoloxía que inciden no desenvolvemento dunha educación para a igualdade de oportunidades de ámbolos dous sexos.• Educación moral e cívica. Analizar e valora-las implicacións que supón o desenvolvemento de determinados aspectos científicos e técnicos dende unha perspectiva moral e ética; valorar e analizar dende a perspectiva ética e moral as consecuencias derivadas polo desenvolvemento tecnolóxico en dimensión social e persoal de cada un.

8. ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES PREVISTAS

As actividades complementarias e extraescolares previstas durante o transcurso do ano lectivo establécense polo colectivo de profesores compoñentes do claustro.

9. MEDIDAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE

O tratamento á diversidade recóllese nesta programación de diferentes formas:1. A mellor estratexia para a integración do alumnado con necesidades educativas especiais ou con determinados problemas de aprendizaxe, é implicalos nas mesmas tarefas co resto do grupo, con distintos métodos de apoio e esixencia. O tratamento en "espiral" ofrece a posibilidade de retomar un contido non asimilado nun momento posterior de traballo, co cal evitamos a paralización do proceso de aprendizaxe de dito sector. con exercicios repetitivos que soen incidir negativamente no nivel de motivación2. Esta posibilidade de distinto nivel de profundización en moitas das actividades propostas, permitirán atender demandas de carácter máis profundo por parte de aqueles alumnos con niveis de partida máis avanzados o cun interese maior sobre o tema estudiado.3. Por último, insistir en que no traballo nos talleres ou laboratorio, ademais do comentado máis arriba, posibilita a aqueles alumnos e alumnas máis avantaxados unha profundización no tema tratado; e a aqueles ou aquelas con deficiencias, permítelles unha nova oportunidade para asimilar os contidos básicos do bloque ou da unidade. Ademais, a formación de grupos para a realización destas actividades fomenta as relacións sociais entre o alumnado e a formación ou asentamento dunha maior cultura social e cívica.

10. ACCIÓNS DE CONTRIBUCIÓN AO PROXECTO LECTORRECURSOS Biblioteca da aula e do instituto, aula de informática, ordenador portátil e canón proxector.

ACTIVIDADES A DESENVOLVER -Realizar lecturas de textos e artigos, a nivel de grupo-clase e en voz alta e por turnos, seleccionados de libros de consulta da biblioteca de aula ou libros de texto, relacionadas con contidos concretos da materia, que permitirá unha posta en común e posterior debate.-Potenciar o aprendizaxe da lectura na pantalla do ordenador, utilizando a aula de informática e a Internet para a búsqueda dalgún artigo ou traballo, e realizar a lectura conxunta do mesmo.-Potenciar o emprego das bibliotecas de aula e do centro como espacio de consulta e ampliación de información para realizar pequenos traballos de investigación.-Búsqueda de información na Internet, en páxinas Web, seleccionala e empregala para a realización de pequenos traballos de investigación.

11. ACCIÓNS DE CONTRIBUCIÓN AO PLAN DE CONVIVENCIAPolo xeral, o profesorado intenta solucionar co alumnado implicado os pequenos conflitos que xurden na aula. En casos excepcionais, empregarase a aula de conviencia e seguiranse as pautas ditadas polo Departamento de Orientación.

12. PROCEDEMENTOS PARA AVALIAR A PROPIA PROGRAMACIÓN

IES CURTIS Página 19 de 19

Page 135: Programación Tecnoloxía 2010-2011

DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA 2º BACHARELATO

Mensualmente, farase unha avaliación de como se vai seguindo a programación, explicando en todo momento as posibles desviacións e os motivos delas.

IES CURTIS Página 20 de 19