PROGRAMACION - Galiciacentros.edu.xunta.es/iesdefene/webantiga/downloads/... · Web...

113
Programación departamento de Economía PROGRAMACION DO DEPARTAMENTO DE ECONOMÍA CURSO 2006 - 2007 Curso 2006 - 2007 Páxina: 0

Transcript of PROGRAMACION - Galiciacentros.edu.xunta.es/iesdefene/webantiga/downloads/... · Web...

PROGRAMACION2 Obxectivos xerais……………………………………………………………… 3
3.1.1 Obxectivos xerais………………………………………………… 4
3.1.6 Mínimos exixíbeis………………………………………………… 53
3.1.8 Materiais e recursos didácticos…………………………………… 55
3.1.9 Metodoloxía……………………………………………………… 55
3.1.11 Plan de actividades de atención a pendentes……………………… 59
3.1.12 Criterios e procedementos de avaliación de pendentes…………… 59
3.1.13 Atención a diversidade…………………………………………… 59
3.1.14 Alumnado con perda do dereito á avaliación continua…………… 59
3.2 Materias de economía e organización de empresas de 2º de bacharelato…… 60
3.2.1 Obxectivos xerais………………………………………………… 60
3.2.6 Mínimos exixíbeis………………………………………………… 71
3.2.8 Materiais e recursos didácticos…………………………………… 73
3.2.9 Metodoloxía……………………………………………………… 73
3.2.11 Plan de actividades de atención a pendentes……………………… 76
3.2.12 Criterios e procedementos de avaliación de pendentes…………… 76
3.2.13 Atención a diversidade…………………………………………… 77
3.2.14 Alumnado con perda do dereito á avaliación continua…………… 77
4 Atención a pendentes…………………………………………………………… 78
5 Temas transversais……………………………………………………………… 78
8 cursos de formación.
1 MEMBROS DO DEPARTAMENTO
Economía e Organización de Empresa de 2º de bacharelato
2 OBXECTIVOS XERAIS
Os estudios do Bacharelato teñen un dobre obxectivo; por un lado, orientar e preparar para os estudios superiores e, polo outro, contribuír á formación xeral do alumnado. O Bacharelato debe desenvolver nos alumnos e nas alumnas actitudes e capacidades de análise e de valoración crítica do mundo contemporáneo, a comprensión dos elementos fundamentais da investigación e do método científico, así como consolidar unha madureza persoal e moral que permita participar de forma solidaria no desenvolvemento e na mellora do seu contorno social. 
Nunha sociedade na que as formas de organización económica revisten modos cada vez máis complexos cómpre o estudio da Economía e da empresa, non só como instrumento para a comprensión dos procesos económicos, senón tamén para a formación e fundamentación de actitudes éticas e sociais fronte a problemas tales como a distribución da renda, o paro, o subdesenvolvemento, o deterioro medioambiental ou a función da empresa no mundo contemporáneo. A materia de Economía non só cobre este aspecto terminal das ensinanzas de Bacharelato, senón que, por medio dos contidos seleccionados, proporciona unha formación básica introductoria que capacita ós alumnos e ás alumnas que desexen acceder á Formación Profesional de grao superior e ós estudios universitarios de Economía e de Administración Xestión de Empresas. 
Desta maneira, a materia de Economía, xunto co resto das materias, contribúe a dar resposta ás necesidades educativas demandadas pola sociedade e recollidas nos obxectivos xerais do Bacharelato, tanto no seu aspecto xeral ou terminal coma na súa vertente propedéutica ou preparatoria. 
Esta materia introduce ó alumnado nos conceptos básicos que permiten comprende–lo funcionamento dos sistemas económicos. A Economía ocúpase dos sistemas mediante os que cada sociedade procura o benestar material. A ensinanza desta pódese entender como unha análise altamente formalizada do intercambio baseado nas decisións individuais de producción e de consumo nun marco de competencia. Este enfoque, que é característico da Economía Neoclásica, aínda que debe ser coñecido polo alumnado, non é o único posible. A función da Economía no Bacharelato debe ser máis ampla ca aquela; trátase de realizar un enfoque, tanto positivo coma normativo, no que os elementos socioeconómicos teñan unha participación equivalente á dos estrictamente técnicos e formais.
3 MATERIAS DO DEPARTAMENTO
3.1- ECONOMIA 1º BACHARELATO
3.1.1Obxectivos xerais
−Coñecer e utilizar os conceptos económicos básicos. Elaborar e formular xuízos e criterios persoais acerca de problemas económicos de actualidade. Comunicar as súas opinións a outros, argumentar con precisión e rigor e aceptar a discrepancia e os puntos de vista distintos como vía de entendemento e enriquecemento persoal.
−Coñecer o funcionamento do sistema económico, identificando as diferentes magnitudes que se utilizan para seguir a súa evolución. Identificar e comprender o papel dos axentes económicos como protagonistas da actividade económica.
−Obter unha visión sintética do funcionamento económico a nivel mundial, manifestando interese por coñecer tanto os grandes problemas económicos actuais como as desigualdades económicas mundiais, a fame e o subdesenvolvemento, os problemas demográficos e de sobreexplotación dos recursos e a relación entre a produción e o consumo coa degradación medioambiental; analizándoos con sentido crítico e solidario.
−Interpretar as mensaxes, datos e informacións que aparecen nos medios de comunicación sobre problemas económicos actuais. Relacionar os feitos económicos significativos co contexto social, cultural e político en que ocorren. Trasladar esta reflexión á situación cotiá e analizar as medidas correctoras que se propoñen.
−Identificar o ciclo da actividade económica, distinguindo os diferentes sistemas económicos e formándose un xuízo persoal acerca das bondades e defectos de cada un deles.
−Identificar os mecanismos e valores da economía de mercado coñecendo o seu
funcionamento, así como os seus límites e fallos, formulando un xuízo crítico do sistema.
−Coñecer e comprender os rasgos característicos da situación e perspectivas da economía galega e española, analizando a súa situación no contexto económico internacional.
−Analizar e valorar criticamente as repercusións do crecemento económico sobre o medio ambiente e a calidade de vida das persoas.
3.1.2. Contidos
Unidade 1: A economía
Unidade 3: Os factores de producción
Unidade 4: As economías domésticas
Unidade 5. A empresa
Unidade 6: O mercado
Unidade 8: Macromagnitudes
Unidade 10: O diñeiro e o sistema monetario
Unidade 11: O sector público e a política económica
Unidade 12: Crise, desemprego e inflación
Unidade 13: Comercio internacional e balanza de pagamentos
Unidade 14: Relacións económicas internacionais
Unidade 15: A Unión Europea
Unidade 16: A moeda única europea
Unidade 17: O noso contorno económico
3.1.2.2. Programación
Obxectivos didácticos
· Recoñecer a escaseza como o principal problema da realidade económica.
· Determinar o obxecto de estudio da ciencia económica.
· Distinguir as actividades económicas e clasificalas segundo sexan de producción, de distribución ou de consumo.
· Describir o funcionamento da actividade de producción.
· Recoñecer os distintos tipos de factores de producción e clasificalos segundo sexan recursos naturais, traballo ou capital.
· Clasificar bens e servicios atendendo a diferentes criterios.
· Identificar e describir os tres axentes económicos básicos: consumidores, empresas e sector público.
· Recoñecer o mercado como lugar de encontro dos axentes económicos e describir diferentes tipos de mercados: de bens e servicios, de factores e de traballo.
· Explicar cómo se posicionan os diferentes axentes económicos en cada un dos mercados descritos.
· Recoñecer as ramas e as disciplinas que constitúen a ciencia económica.
Contidos
Conceptos
· A economía.
· Clasificación de actividades económicas.
· Clasificación de factores de producción, de bens, de axentes económicos e de tipos de mercado.
Actitudes, valores e normas
· Educación moral e cívica: comportamento responsable nas visitas a instalacións industriais.
Actividades de aprendizaxe
· Examinar a estructura da unidade.
· Evocar coñecementos previos a partir dos contidos presentados e das actividades propostas no apartado Actividades previas.
· Observar unha serie de situacións concretas e localizar o ben escaso que aparece en cada unha.
· Ler un texto para chegar a comprender o alcance da palabra economía nas súas diferentes acepcións. Memorizar comprensivamente a definición de ciencia económica.
· Analizar diversas actividades concretas do ser humano para chegar a distinguir as actividades económicas das que non o son. Memorizar comprensivamente a definición de actividade económica.
· Ler un texto e observar un diagrama para distinguir os conceptos de input e output aplicados ás actividades de producción.
· Ler un texto e confeccionar un cadro síntese no que se recollan as características esenciais dos diferentes factores de producción (terra, traballo e capital).
· Analizar un cadro para diferenciar os distintos tipos de bens atendendo a diversos criterios de clasificación.
· Ler un texto e elaborar un cadro síntese no que se reflictan as características, as funcións e os tipos de decisións que adopta cada un dos axentes económicos.
· Ler un texto e observar un diagrama de bloques para diferenciar os distintos tipos de mercado e a forma de posicionarse os axentes económicos en cada un deles.
· Ler un texto e observar un diagrama de bloques para distinguir o obxecto de estudio da microeconomía e da macroeconomía.
Actividades de avaliación
· Exemplificar situacións nas que se pon de manifesto a escaseza dalgún tipo de ben.
· Definir correcta e rigorosamente o concepto de ciencia económica.
· Distinguir, a partir dun caso concreto, entre realidade económica e actividade económica.
· Enumerar actividades que sexan económicas e outras que non o sexan.
· Clasificar as actividades económicas previamente enumeradas segundo sexan de producción, de distribución ou de consumo.
· Analizar un proceso de producción concreto e identificar as transformacións sucesivas que se levan a cabo no producto.
· Identificar e categorizar diferentes factores de producción.
· Localizar factores que poden ser considerados de producción ou de consumo segundo a utilidade que se lles dea.
· Enumerar bens e servicios dispoñibles no contorno e clasificalos segundo o seu tipo.
· Relacionar os axentes económicos cos tipos de decisións que adoptan.
· Identificar os bens, servicios e factores que se intercambian en cada un dos diferentes tipos de mercado e a posición que ocupa neles cada un dos axentes económicos.
· Analizar unha información económica extraída dun medio de comunicación e identificar as actividades económicas, os mercados e os axentes económicos a que fai referencia.
UNIDADE DIDÁCTICA 2: Os sistemas económicos
Obxectivos didácticos
· Enumerar os principais problemas económicos e explicar en qué consisten.
· Explicar as relacións entre os problemas económicos e os procesos da actividade económica.
· Definir o concepto de sistema económico.
· Localizar no espacio xeográfico e no tempo os principais sistemas económicos.
· Describir as características do sistema escravista, o feudal, o mercantilista e o capitalista.
· Argumentar as consecuencias sociais do sistema capitalista que dá orixe á crítica marxista.
· Describir a función do sector público no sistema socialista e as consecuencias sobre o resto do sistema.
· Determinar as razóns do fracaso do sistema socialista.
· Explicar as características do sistema de economía mixta de mercado e valorar criticamente os seus erros.
· Comparar as solucións que proporciona o sistema de economía mixta de mercado e o sistema socialista ós principais problemas económicos.
Contidos
Conceptos
· sistema socialista e o seu fracaso. Causas.
· A economía mixta de mercado.
· Erros do sistema de economía mixta de mercado.
Procedementos
· Localización no tempo dos diferentes sistemas económicos.
Actitudes, valores e normas
· Educación moral e cívica: valoración dos aspectos positivos e negativos dos dous sistemas económicos.
· Educación moral e cívica: actitude favorable a reflexionar criticamente sobre as propias ideas e valores.
Actividades de aprendizaxe
· Examinar a estructura da unidade.
· Evocar coñecementos previos a partir dos contidos presentados e das actividades propostas no apartado Actividades previas.
· Ler un texto e observar un diagrama de bloques para diferenciar os grandes problemas económicos e a súa interrelación coas actividades económicas.
· Observar e reproducir detalladamente un cadro de dobre entrada no que se reflicta a evolución histórica dos sistemas económicos e as zonas xeográficas onde se implantaron.
· Confeccionar unha síntese comparativa dos trazos definitorios dos sistemas escravista, feudal e mercantilista.
· Ler e sintetizar un texto no que se describen as etapas polas que atravesou o sistema capitalista desde as súas orixes.
· Ler e sintetizar un texto que describe os fundamentos e os eventos históricos que xustifican a aparición do sistema económico socialista.
· Analizar comparativamente un cadro de dobre entrada para distinguir os trazos dos dous grandes sistemas económicos do século XX: o de economía mixta de mercado e o socialista.
· Analizar os trazos do sistema socialista a partir dos postulados marxistas e xustificar o seu fracaso como consecuencia das contradiccións internas do propio sistema e a súa incapacidade para resolver os problemas económicos dunha maneira real.
· Analizar os trazos do sistema de economía mixta de mercado e valorar criticamente os fallos máis significativos e as súas consecuencias en relación coa resolución dos principais problemas económicos.
· Confeccionar un cadro síntese comparativo das propostas de cada un dos sistemas económicos do século XX para resolver os principais problemas económicos.
Actividades de avaliación
· Enumerar os principais problemas económicos. Seleccionar un deles e describir as súas características utilizando con rigor a linguaxe económica.
· Definir correcta e rigorosamente o concepto de sistema económico.
· Localizar no tempo os principais sistemas económicos do pasado e enumerar as súas características básicas.
· Xustificar económica, social e politicamente a aparición do sistema capitalista.
· Enumerar os trazos característicos do capitalismo financeiro durante o século XIX.
· Realizar un comentario e unha crítica persoal sobre os postulados marxistas e xustificar a súa aparición histórica.
· Localizar a distribución xeográfica dos dous grandes sistemas económicos ó longo do século XX.
· Valorar criticamente os trazos que definen o modelo económico socialista e xustificar o seu fracaso histórico.
· Valorar criticamente os fallos do sistema de economía mixta de mercado.
· Describir as solucións propostas polos dous grandes sistemas económicos a cada un dos problemas económicos básicos de calquera sociedade.
UNIDADE DIDÁCTICA 3: Os factores de producción
Obxectivos didácticos
· Enumerar e clasificar os factores de producción.
· Clasificar os recursos naturais e distinguilos dos bens económicos que se derivan deles.
· Coñecer os criterios que permiten clasificar a poboación en activa e inactiva, ocupada e desocupada e calcular as correspondentes taxas.
· Distinguir o capital físico do capital financeiro e sinalar as características do factor capital.
· Explicar qué se entende por fronteira de posibilidades de producción e confeccionar a súa representación gráfica a partir de datos sinxelos.
· Relacionar os movementos ó longo da curva que representa a fronteira de posibilidades de producción e os desprazamentos desta cos cambios nas asignacións de recursos.
· Relacionar os principais problemas económicos dun sistema económico coa fronteira de posibilidades de producción.
· Explicar o significado da división do traballo e os seus efectos sobre a realidade económica.
· Distinguir os sectores da producción e as actividades máis importantes que se encadran en cada un deles.
Contidos
Conceptos
· capital.
· A fronteira de posibilidades de producción.
· A fronteira de posibilidades de producción e os principais problemas económicos.
· Os avances tecnolóxicos na fronteira de posibilidades de producción.
· A división do traballo e os sectores económicos.
Procedementos
· Cálculo de taxas de actividade, de desemprego e de dependencia.
· Resolución de problemas relacionados co cálculo da amortización do capital fixo.
Actitudes, valores e normas
Actividades de aprendizaxe
· Examinar a estructura da unidade.
· Evocar coñecementos previos a partir dos contidos presentados no apartado Actividades previas.
· Ler un texto e confeccionar un resumo no que se recollan as principais características dos recursos naturais como factores de producción.
· Confeccionar un diagrama de bloques para diferenciar a demanda de traballo (empresas) da oferta de traballo (consumidores).
· Memorizar comprensivamente as fórmulas que permiten calcular as diferentes taxas porcentuais referidas á poboación activa, ocupada e desempregada e resolver problemas sinxelos de cálculo mediante aplicación das citadas fórmulas.
· Ler un texto e confeccionar un resumo no que se recollan as principais características do capital como factor de producción e a súa diferencia co capital financeiro.
· Resolver exercicios sinxelos de cálculo de amortización de bens de capital.
· Ler un texto e observar unha gráfica para comprender toda a información que se recolle na curva denominada fronteira de posibilidades de producción (FPP).
· Confeccionar un breve resumo no que se relacione a FPP cos principais problemas económicos.
· Ler un texto para distinguir os diferentes sectores económicos: primario, secundario e terciario.
Actividades de avaliación
· Definir correcta e rigorosamente o concepto de factor terra.
· Distinguir, a partir dun exemplo concreto, entre recursos naturais e bens económicos.
· Enumerar recursos naturais e clasificalos en renovables e non renovables.
· Definir correcta e rigorosamente o concepto de factor traballo.
· Ler un texto e sintetizar as variables das que depende a demanda de traballo por parte das empresas.
· Distinguir claramente entre poboación activa/inactiva e ocupada/desempregada.
· Calcular a taxa de desemprego, a taxa de actividade e a taxa de dependencia a partir de datos concretos sobre poboación.
· Definir correcta e rigorosamente o concepto de factor capital. Distinguir entre capital físico e capital financeiro.
· Calcular a amortización dun ben de capital utilizando o método de amortización constante.
· Describir as características da fronteira de posibilidades de producción (FPP) e os movementos e desprazamentos que pode sufrir.
· Xustificar a relación entre a FPP e os principais problemas económicos.
· Identificar os sectores da producción a partir de casos concretos.
UNIDADE DIDÁCTICA 4: As economías domésticas
Obxectivos didácticos
· Identificar a microeconomía como unha parte teórica da economía positiva que estudia as decisións dos axentes económicos.
· Clasificar as decisións das economías domésticas en decisións de consumo de bens, de consumo/aforro e de ocio/renda.
· Recoñecer os factores psicolóxicos e os sociolóxicos como os que motivan as economías domésticas a consumir por enriba das necesidades básicas.
· Explicar cómo os consumidores establecen as súas preferencias en termos de combinacións de bens e definir as súas características básicas: completitude, transitividade e non saturación.
· Identificar a curva de indiferencia como o instrumento gráfico utilizado para describir as preferencias.
· Recoñecer un mapa de preferencias do consumidor e explicar o significado das cestas de bens que se atopan sobre as curvas de indiferencia e por riba ou por debaixo delas.
· Coñecer o concepto de restricción orzamentaria e identificar a recta de balance como a súa forma de representación.
· Identificar as preferencias do consumidor e a restricción orzamentaria como factores que explican por qué o consumo se materializa nun determinado ben ou servicio e nunha determinada cantidade.
· Describir e representar o equilibrio do consumidor e analizar os efectos que provocan nel unha modificación da renda e/ou a variación de prezos relativos dos bens.
· Coñecer e comprender a lei da demanda.
Contidos
Conceptos
· As preferencias dos consumidores.
· A curva de indiferencia.
· A restricción orzamentaria e a recta de balance.
· equilibrio do consumidor.
Procedementos
· Identificación das decisións de consumo de bens a partir da análise de casos.
· Proceso de construcción dunha curva de indiferencia.
· Análise dunha curva de indiferencia.
· Representación, mediante un gráfico bidimensional, do equilibrio do consumidor por medio da recta de balance e das curvas de indiferencia.
· Construcción da curva de demanda dun consumidor concreto.
Actitudes, valores e normas
· Valoración da importancia de asumir responsabilidades e tomar decisións nun contorno económico.
· Educación do consumidor: valoración crítica das necesidades de consumo creadas a través de técnicas abusivas.
Actividades de aprendizaxe
· Examinar a estructura da unidade.
· Evocar coñecementos previos a partir dos contidos presentados no apartado Actividades previas.
· Repasar o diagrama de bloques analizado na unidade 1 e identificar o obxecto de estudio da microeconomía. Memorizar comprensivamente a súa definición.
· Ler un texto e exemplificar os diferentes tipos de decisións que adopta un consumidor no exercicio da actividade económica.
· Ler un texto e analizar un exemplo concreto para comprender o gran número de decisións de consumo de bens que adopta un consumidor na súa vida cotiá.
· Ler e comprender o significado de cesta de bens e confeccionar un resumo das características básicas das preferencias dos consumidores.
· Construír teoricamente unha curva de indiferencia seguindo o proceso descrito no texto.
· Analizar e xustificar as características dunha curva de indiferencia.
· Confeccionar un mapa de curvas de indiferencia e recoñecer as súas características gráficas.
· Confeccionar a recta de balance a partir de datos concretos sobre a renda do consumidor e os prezos dos bens.
· Estudiar a modificación gráfica da recta de balance cando cambian as variables das que depende (prezo dos bens ou renda do consumidor).
· Determinar graficamente o punto de equilibrio do consumidor a partir do mapa de curvas de indiferencia e da construcción da recta de balance sobre el.
· Determinar graficamente a curva de demanda individual a partir das modificacións que sofre o punto de equilibrio cando cambian as variables das que depende.
Actividades de avaliación
· Definir correcta e rigorosamente o concepto de microeconomía.
· Analizar e clasificar unha serie de decisións das economías domésticas segundo sexan de consumo de bens, de consumo/aforro ou de ocio/renda.
· Exemplificar decisións de consumo de bens que un individuo adopta ó longo dun día da súa vida.
· Analizar casos concretos de decisións de consumo nos que se poñan de manifesto as tres condicións básicas: completitude, transitividade e non saturación.
· Construír teoricamente unha curva de indiferencia e definir o seu significado.
· Interpretar un mapa de curvas de indiferencia.
· Construír teoricamente unha recta de balance e definir o seu significado.
· Analizar a evolución que experimenta a recta de balance dun consumidor concreto en diversos supostos de modificación do prezo dos bens ou do seu nivel de renda.
· Determinar graficamente o punto de equilibrio do consumidor a partir do coñecemento do mapa de curvas de indiferencia e a construcción da recta de balance.
· Construír teoricamente unha curva de demanda individual a partir da evolución da posición do punto de equilibrio do consumidor cando se modifica o prezo dos bens.
UNIDADE DIDÁCTICA 5: A empresa
Obxectivos didácticos
· Determinar as razóns que xustifican a existencia das empresas.
· Distinguir entre factores de producción fixos e variables en función do seu comportamento ó longo do tempo.
· Explicar en qué consiste a tecnoloxía aplicada á producción e xustificar a súa eficiencia técnica e económica.
· Definir o concepto de isocuanta e representar a tecnoloxía da empresa mediante un mapa de isocuantas.
· Definir e representar a función de producción a partir dunha táboa de valores na que se reflicta a evolución dun só factor variable.
· Asociar a productividade ó comportamento da producción a curto prazo, distinguir entre productividade total, productividade media e productividade marxinal e calculalas en casos sinxelos.
· Explicar en qué consiste a lei dos rendementos decrecentes e xustificala en casos sinxelos.
· Recoñecer os rendementos a escala como a forma de analizar o comportamento da producción a longo prazo.
· Distinguir entre custo total, custo medio e custo marxinal e calculalos en casos sinxelos.
· Distinguir entre ingreso total, ingreso medio e ingreso marxinal e calculalos en casos sinxelos.
· Explicar en qué consiste a minimización de custos e establecer graficamente o punto óptimo da empresa.
· Determinar graficamente os límites de rendibilidade dunha empresa e o nivel de producción que permite a maximización dos seus beneficios.
Contidos
Conceptos
· Dimensión temporal da producción.
· A función de producción.
· Os rendementos a escala.
· Confección e interpretación de mapas de isocuantas.
· Representación da función de producción a partir de táboas de datos.
· Cálculo de productividades a partir de gráficas ou de táboas de datos.
· Cálculo e representación de custos e ingresos empresariais a partir de táboas de datos.
· Representación, mediante un gráfico bidimensional, do punto de equilibrio da empresa por medio da recta de isocusto e do mapa de isocuantas.
· Expresión verbal e gráfica do equilibrio da empresa en competencia perfecta, utilizando os conceptos de custo e de ingreso marxinal.
Actitudes, valores e normas
· Curiosidade por coñecer a utilidade e o significado dos instrumentos da análise económica e empresarial.
· Toma de conciencia da necesidade dun comportamento planificado, organizado e controlado para o bo funcionamento empresarial.
Actividades de aprendizaxe
· Examinar a estructura da unidade.
· Evocar coñecementos previos a partir dos contidos presentados no apartado Actividades previas.
· Ler un texto e confeccionar un cadro resumo no que figuren as razóns que xustifican a existencia das empresas. Exemplificar tipos de empresas e analizar as súas motivacións.
· Observar un diagrama e ler un texto para distinguir entre planta, empresa, industria e sector industrial.
· Analizar exemplos concretos de producción para distinguir a dimensión temporal da producción e as características dos factores productivos segundo o período de tempo considerado.
· Analizar cadros de datos e distinguir as tecnoloxías economicamente eficientes das que non o son.
· Confeccionar mapas de isocuantas a partir de táboas de datos.
· Observar a forma que adopta a función de producción e distinguir entre productividade total, media e marxinal.
· Calcular productividades a partir de táboas de datos.
· Ler un texto e propoñer exemplos concretos para comprender perfectamente a lei dos rendementos decrecentes.
· Analizar mapas de isocuantas e distinguir rendementos de escala segundo sexan constantes, crecentes ou decrecentes.
· Ler un texto e algúns exemplos concretos para distinguir entre custo total, custo medio e custo marxinal. Representar graficamente os custos a partir de táboas de datos.
· Ler un texto para distinguir entre ingreso total, medio e marxinal. Representar graficamente os ingresos a partir de táboas de datos.
· Determinar o punto óptimo da empresa a partir da tanxencia entre as liñas isocustos e o mapa de isocuantas.
· Representar graficamente ingresos e custos nunha mesma gráfica e determinar, a partir dela, o límite de rendibilidade da empresa. Establecer relacións entre o límite de rendibilidade e os ingresos e custos marxinais.
Actividades de avaliación
· Enumerar e describir brevemente tres razóns que xustifican a existencia de empresas.
· A partir dun exemplo de producción, real ou imaxinario, que se desenvolve nun período de tempo, identificar os factores de producción que se consideran fixos e os que se consideran variables e xustificar a decisión.
· Propoñer exemplos de recursos tecnolóxicos tecnicamente eficientes e recursos economicamente eficientes.
· Confeccionar un mapa de isocuantas a partir dunha táboa de datos.
· Calcular a productividade total, a productividade media e a productividade marxinal dunha determinada actividade a partir de táboas de datos ou de gráficos da función de producción.
· Analizar un proceso de producción, calcular os custos e os ingresos totais, medios e marxinais, representar graficamente custos e ingresos e determinar o nivel óptimo de producción a partir da análise da gráfica obtida.
UNIDADE DIDÁCTICA 6: O mercado
Obxectivos didácticos
· Definir o concepto de mercado e establecer as relacións entre a oferta, a demanda e os prezos.
· Distinguir a demanda e a oferta individuais das de mercado.
· Enumerar as variables das que dependen a demanda e a oferta e explicar cómo lles afectan.
· Apreciar a utilidade da cláusula ceteris paribus para a análise económica da oferta e a demanda.
· Trazar a curva de demanda e de oferta e coñecer o significado de cada un dos seus puntos.
· Obter a curva de oferta e de demanda de mercado a partir das curvas individuais.
· Diferenciar entre desprazamentos e movementos ó longo das curvas de demanda e de oferta.
· Comprender o concepto de elasticidade e aplicalo á demanda e á oferta.
· Explicar as características do equilibrio do mercado.
Contidos
Conceptos
· A demanda.
· Modificacións da demanda agregada.
· Modificacións da oferta agregada.
Procedementos
· Construcción e análise de curvas de demanda e de oferta individuais e agregadas.
· Construcción e análise de curvas de oferta individual e agregada.
· Cálculo de elasticidades-prezo da oferta e da demanda.
· Interpretación gráfica do equilibrio do mercado.
Actitudes, valores e normas
· Valoración da importancia dos mecanismos económicos para o progreso e a transformación do contorno social, económico e político.
Actividades de aprendizaxe
· Examinar a estructura da unidade.
· Evocar coñecementos previos a partir dos contidos presentados no apartado Actividades previas.
· Ler un texto e identificar os elementos que constitúen o mercado e as súas características específicas.
· Confeccionar un cadro síntese no que se recolla a influencia das variables das que depende a demanda individual.
· Observar a forma que adopta a gráfica da curva de demanda individual e ler as súas características básicas.
· Confeccionar unha curva de demanda de mercado a partir de datos elementais de demandas individuais.
· Ler un texto e observar unha serie de gráficas para comprender en qué medida lle afectan algunhas variables á demanda agregada.
· Confeccionar un cadro síntese no que se recolla a influencia das variables das que depende a oferta individual.
· Observar a forma que adopta a gráfica da curva de oferta individual e ler as súas características básicas.
· Confeccionar unha curva de oferta de mercado a partir de datos elementais de ofertas individuais.
· Ler un texto e observar unha serie de gráficas para comprender en qué medida lle afectan algunhas variables á oferta agregada.
· Ler un texto para comprender en qué consiste o concepto de elasticidade-prezo da demanda e observar unha serie de exemplos para distinguir tipos de demanda segundo a súa elasticidade.
· Ler un texto para comprender en qué consiste o concepto de elasticidade-prezo da oferta e observar unha serie de exemplos para distinguir tipos de oferta segundo a súa elasticidade.
· Observar unha serie de gráficas e ler un texto no que se describe a forma de alcanzar o equilibrio de mercado a partir de diferentes movementos e desprazamentos das curvas de oferta e demanda agregadas.
Actividades de avaliación
· Identificar os elementos básicos dun mercado concreto.
· Xustificar a forma que adoptan as curvas de oferta e demanda individual dun ben e analizalas comparativamente.
· Confeccionar curvas de oferta e de demanda de mercado a partir de datos individuais sinxelos.
· Xustificar os movementos e desprazamentos das curvas de oferta e demanda de mercado a partir da variación dalgunha das variables que lles afectan.
· Calcular a elasticidade de demanda e de oferta a partir de datos sinxelos.
· Determinar o punto de equilibrio de mercado por métodos analíticos e gráficos.
UNIDADE DIDÁCTICA 7: Clases de mercado
Obxectivos didácticos
· Distinguir as estructuras de mercado en función das súas características.
· Identificar os trazos que definen o mercado de competencia perfecta.
· Xustificar o comportamento das empresas nun mercado de competencia perfecta.
· Identificar os trazos do mercado de competencia imperfecta e sinalar as diferencias esenciais co mercado de competencia perfecta.
· Distinguir o comportamento a curto e a longo prazo do mercado de competencia imperfecta.
· Describir as características do monopolio, do mercado oligopolista e o de competencia monopolista.
· Recoñecer a importancia dos acordos entre empresas oligopolistas para evitar as guerras de prezos.
Contidos
Conceptos
· mercado de competencia imperfecta.
· oligopolio.
· Os acordos entre empresas.
· mercado de competencia monopolista.
· As barreiras de entrada.
Procedementos
· Observación do funcionamento dos mercados de bens e servicio na práctica e contraste cos modelos teóricos.
· Análise e interpretación de curvas de demanda en diversas situacións de mercado.
· Cálculo dos beneficios máximos a partir dos custos e dos ingresos marxinais.
Actitudes, valores e normas
Actividades de aprendizaxe
· Examinar a estructura da unidade.
· Evocar coñecementos previos a partir dos contidos presentados no apartado Actividades previas.
· Ler un texto e observar un diagrama de bloques para diferenciar as distintas estructuras de mercado que van ser analizadas na unidade.
· Ler un texto e observar un gráfico para comprender as características dos mercados de competencia perfecta e a forma que adopta a curva de demanda agregada. Confeccionar un cadro síntese coas características deste mercado.
· Ler un texto e observar unha serie de gráficas para comprender o comportamento das empresas no mercado de competencia perfecta e xustificar o seu carácter de prezo-aceptantes.
· Ler un texto e observar un gráfico para comprender as características dos mercados de competencia imperfecta e a forma que adopta a curva de demanda agregada. Confeccionar un cadro síntese coas características destes mercados.
· Ler un texto e observar unha serie de gráficas para comprender as características do monopolio e o comportamento das empresas neste mercado. Calcular beneficios e custos a partir de datos concretos.
· Confeccionar un cadro comparativo no que se sinalen as analoxías e as diferencias entre o monopolio e o mercado de competencia perfecta.
· Ler un texto e observar unha serie de gráficas para comprender as características do oligopolio e o comportamento das empresas neste mercado. Calcular beneficios e custos a partir de datos concretos.
· Observar e analizar datos para comprender en qué consisten os acordos entre empresas en réxime de oligopolio.
· Ler un texto e observar unha serie de gráficas para comprender as características do mercado de competencia monopolista e o comportamento das empresas neste mercado. Calcular beneficios e custos a partir de datos concretos.
· Confeccionar un cadro síntese que resuma as barreiras de entrada ás que se enfronta unha empresa que queira acceder a un mercado en competencia monopolista.
Actividades de avaliación
· Confeccionar un cadro comparativo cos trazos dos mercados de competencia perfecta e os de competencia imperfecta e propoñer exemplos concretos en cada caso.
· Confeccionar as curvas de oferta e demanda de empresas en competencia perfecta, monopolio, oligopolio e competencia monopolista e xustificar as características de cada unha.
· Propoñer empresas reais que actúan en réxime de competencia perfecta, monopolio, oligopolio ou competencia monopolista e xustificar a elección en cada caso.
UNIDADE DIDÁCTICA 8: Macromagnitudes
· Recoñecer o obxecto de estudio da macroeconomía.
· Clasificar as macromagnitudes segundo se refiran ó nivel de prezos, á producción ou ó nivel de emprego.
· Explicar en qué consiste a inflación e enumerar algúns dos seus efectos negativos.
· Calcular o índice de prezos de consumo e a taxa de inflación a partir de modelos económicos sinxelos.
· Definir o Producto Interior Bruto e sinalar as súas características máis importantes.
· Distinguir entre PIB a prezo de mercado e PIB a custo de factores.
· Describir brevemente algún método de cálculo do PIB e efectuar ese cálculo a partir de datos sinxelos.
· Distinguir entre PIB e PNB e sinalar as diferencias cualitativas e cuantitativas entre ambas as macromagnitudes.
· Explicar cómo se pode determinar a Renda Nacional a partir do Producto Interior Bruto.
· Determinar a Renda Persoal Dispoñible a partir do dato da Renda Nacional.
· Xustificar o fluxo circular da renda desde o punto de vista dos consumidores, das empresas e do Sector Público.
· Distinguir entre macromagnitudes nominais e reais e calculalas a partir de datos sinxelos.
· Distinguir os tipos de desemprego e definir as taxas porcentuais relacionadas con el.
Contidos
Conceptos
· Índice de Prezos de Consumo.
· nivel de producción.
· Producto Interior Bruto (PIB).
· Métodos de determinación do PIB: do gasto, do ingreso ou da renda, e da producción ou do valor engadido.
· Producto Nacional Bruto (PNB).
· A Renda Nacional (RN).
· A Renda Persoal Dispoñible.
· fluxo circular da renda.
· Macromagnitudes nominais e reais.
· Cálculo e interpretación de indicadores económicos básicos e análise cualitativa dos mesmos.
· Interpretación da relación que existe entre diferentes macromagnitudes e a súa evolución.
· Interpretación de diagramas explicativos do fluxo circular da renda.
Actitudes, valores e normas
· Preocupación polo rigor e a obxectividade no cálculo, na análise e na interpretación de indicadores macroeconómicos.
Actividades de aprendizaxe
· Examinar a estructura da unidade.
· Evocar coñecementos previos a partir dos contidos presentados no apartado Actividades previas.
· Repasar o diagrama de bloques analizado na unidade 1 e identificar o obxecto de estudio da macroeconomía. Memorizar comprensivamente a súa definición.
· Observar un cadro no que se clasifican as principais macromagnitudes e memorizar comprensivamente a definición de cada unha.
· Ler un texto para comprender a relación entre o nivel xeral de prezos e a inflación. Propoñer situacións concretas e analizar os efectos da inflación sobre cada unha delas.
· Ler un texto descritivo sobre a forma de cálculo do IPC e a taxa de inflación e observar un exemplo resolto no que se calculan ambas as macromagnitudes.
· Ler e memorizar comprensivamente a definición de producto interior bruto. Analizar e comprender as súas características máis destacadas.
· Ler un texto e unha serie de exemplos para comprender os factores dos que depende o PIB a prezo de mercado, calculado a partir do método do gasto.
· Ler un texto e unha serie de exemplos para comprender os factores dos que depende o PIB a custo de factores, calculado a partir do método do ingreso ou da renda. Distinguir entre PIB a prezo de mercado e PIB a custo de factores.
· Ler un texto e un exemplo resolto para comprender a forma de cálculo do PIB a custo de factores por medio do método do valor engadido.
· Ler un texto e observar un diagrama de bloques para comprender e memorizar a definición de producto nacional bruto e para establecer a diferencia entre PIB e PNB.
· Ler e memorizar comprensivamente a definición de renda nacional e establecer a relación entre esta e o PIB a custo de factores.
· Calcular a renda persoal dispoñible, coñecida a renda nacional e o número de habitantes dun país.
· Ler un texto e observar un diagrama de fluxo para comprender o carácter circular do fluxo da renda e a intervención dos consumidores, as empresas e o sector público nel.
· Observar un exemplo resolto para distinguir entre macromagnitudes reais e macromagnitudes nominais.
· Ler un texto e elaborar un cadro síntese no que se reflictan os diferentes tipos de desemprego existentes e as características de cada un.
Actividades de avaliación
· Relacionar as principais macromagnitudes coas variables ás que fan referencia.
· Xustificar os efectos da inflación sobre un axente económico de características determinadas.
· Calcular o IPC e a taxa de inflación a partir de datos sinxelos referidos a dous ou tres anos como máximo.
· Describir algún dos métodos empregados para o cálculo de PIB e distinguir entre PIB a prezo de mercado e PIB a custo de factores.
· Establecer relacións cualitativas entre o PIB e o PNB.
· Describir o fluxo circular da renda a partir dun modelo no que só interveñan as empresas e os consumidores.
· Aplicar o deflactor do PIB para calcular o valor real desta macromagnitude e distinguilo do seu valor nominal.
· Propoñer exemplos concretos de situacións de desemprego estacional, friccional, estructural e cíclico.
UNIDADE DIDÁCTICA 9: As táboas input-output
Obxectivos didácticos
· Recoñecer a existencia de interrelacións entre as actividades de consumo e as de producción.
· Interpretar o significado dos termos input e output en relación coas actividades de producción e de consumo.
· Xustificar a necesidade de identificar os inputs intermedios á hora de contabilizar a producción global dunha economía.
· Identificar a táboa input-output como unha representación simplificada das interrelacións entre os sectores dunha economía.
· Diferenciar as matrices en que se descompón a táboa input-output e identificar o obxecto da análise de cada unha.
· Distinguir a actuación dos sectores económicos nas súas vertentes de productores e de demandantes e recoñecer a súa situación na táboa input-output.
· Distinguir entre input intermedio e demanda final.
· Identificar os sectores finais dunha economía.
· Interpretar os datos globais que aparecen en cada unha das matrices e xustificar a forma de cálculo en cada caso.
· Interpretar os datos globais da táboa input-output e establecer as equivalencias oportunas entre empregos e recursos e entre consumo total importado e importacións equivalentes.
· Obter valores de macromagnitudes a partir dos datos consignados na táboa input-output.
Contidos
Conceptos
· A producción e as relacións intersectoriais.
· A táboa input-output: introducción.
Procedementos
· Lectura e interpretación de táboas intersectoriais.
· Determinación da renda de equilibrio nun sistema económico con sector privado, sector público e sector exterior.
Actitudes, valores e normas
Actividades de aprendizaxe
· Examinar a estructura da unidade.
· Evocar coñecementos previos a partir dos contidos presentados no apartado Actividades previas.
· Ler un exemplo extraído da vida cotiá para chegar a comprender a interdependencia da actividade económica. Propoñer outros exemplos semellantes.
· Ler un texto descritivo dunha determinada actividade económica e identificar os inputs e os outputs empregados en cada fase do proceso productivo.
· Comprobar a imposibilidade de sumar os custos totais de cada sector productivo para calcular as macromagnitudes estudiadas, dada a existencia de inputs de sectores que son outputs dotros e, polo tanto, que se contabilizan dúas veces. Observar o aspecto xeral e a estructura dunha táboa input-output simplificada.
· Analizar a matriz de consumos intermedios e comprobar a coherencia dos datos que se reflicten nela.
· Analizar a matriz de empregos finais e comprobar a coherencia dos datos que se reflicten nela.
· Analizar a matriz de inputs primarios e comprobar a coherencia dos datos que se reflicten nela.
· Integrar os datos das tres matrices analizadas e comprobar a coherencia global da táboa input-output.
Actividades de avaliación
· Completar unha táboa input-output incompleta e comprobar a coherencia dos datos reflectidos nela.
UNIDADE DIDÁCTICA 10: O diñeiro e o sistema monetario
Obxectivos didácticos
· Coñecer a evolución do concepto de diñeiro ó longo da historia e as funcións que cumpre nun sistema económico actual.
· Identificar as principais institucións financeiras e analizar o papel que desenvolve o sistema financeiro e bancario na actualidade.
· Enumerar as funcións do Banco de España e describir as operacións que realiza.
· Interpretar un balance simplificado do Banco de España ou de calquera outra entidade bancaria pública ou privada.
· Sinalar os elementos compoñentes da base monetaria e explicar os instrumentos que utiliza o Banco de España para controlala.
· Distinguir entre base monetaria e oferta monetaria.
· Identificar os motivos que levan ós axentes económicos a demandar diñeiro e sinalar os inconvenientes que supón a súa posesión.
· Enunciar as variables das que depende a demanda de diñeiro e explicar cómo inflúen sobre ela.
· Explicar mediante un exemplo a creación de diñeiro bancario.
· Comprender a función que desenvolve o coeficiente de caixa e a súa relación co multiplicador bancario.
· Distinguir entre diñeiro legal ou fiduciario e diñeiro bancario.
Contidos
Conceptos
· A demanda monetaria.
· multiplicador bancario.
Procedementos
· Análise dun balance axustado do Banco de España, distinguindo a fonte e os usos da oferta monetaria.
· Identificación dos principais instrumentos de control da oferta monetaria dos que dispón o Banco de España.
· Descrición do proceso de creación de diñeiro bancario a partir de modelos simplificados.
Actitudes, valores e normas
· Preocupación polo rigor e a obxectividade na análise e na interpretación de cuestións económicas, tratando de evitar explicacións esquemáticas e simplistas.
Actividades de aprendizaxe
· Examinar a estructura da unidade.
· Evocar coñecementos previos a partir dos contidos presentados no apartado Actividades previas.
· Confeccionar un friso histórico no que se indique a evolución do concepto de diñeiro ó longo da historia, segundo as necesidades impostas polo intercambio de bens.
· Ler e memorizar comprensivamente as funcións do diñeiro.
· Confeccionar un cadro síntese no que se reflicten as principais institucións que configuran o sistema financeiro español e as funcións máis importantes de cada unha.
· Ler e memorizar comprensivamente as funcións que desempeñaba o Banco de España ata a entrada en vigor do Banco Central Europeo.
· Ler un texto para comprender en qué consiste a base monetaria, cáles son os seus principais compoñentes e a súa diferencia coa oferta monetaria.
· Analizar criticamente as razóns que moven os axentes económicos a demandar diñeiro e valorar as vantaxes e os inconvenientes de posuílo.
· Ler unha serie de exemplos encadeados nos que se pon de manifesto o proceso de creación de diñeiro bancario. Propoñer outros exemplos semellantes partindo dun coeficiente de caixa diferente.
· Ler comprensivamente un texto para establecer as relacións entre o multiplicador bancario e o coeficiente de caixa.
· Ler un texto para distinguir entre o modelo teórico proposto e o modelo real e as diferencias entre diñeiro legal e diñeiro bancario. Xustificar razoadamente por qué non coincide o diñeiro emitido polo banco central co diñeiro bancario.
Actividades de avaliación
· Xustificar o comportamento económico nos procesos de intercambio nun momento determinado da historia, real ou imaxinario. Describir a función do diñeiro nese momento concreto.
· Enumerar as institucións que constitúen o sistema financeiro español.
· Enumerar as funcións do Banco de España, ata o establecemento do Banco Central Europeo.
· Distinguir entre base monetaria e oferta monetaria.
· Xustificar as vantaxes e os inconvenientes da demanda de diñeiro a partir de situacións concretas propostas de antemán.
· Describir o proceso de creación de diñeiro polas entidades bancarias e xustificar a importancia do coeficiente de caixa neste proceso.
UNIDADE DIDÁCTICA 11: O sector público e a política económica
Obxectivos didácticos
· Distinguir o conxunto de administracións, organismos e empresas públicas que dependen do sector público segundo os distintos criterios de sectorización.
· Coñecer os principais obxectivos do sector público.
· Distinguir os instrumentos que utiliza o sector público para intervir na economía.
· Distinguir entre política fiscal e política monetaria.
· Definir o concepto de Orzamentos Xerais do Estado, determinar os seus compoñentes e explicar o seu proceso de elaboración.
· Clasificar o gasto público e os ingresos públicos.
· Recoñecer o carácter progresivo do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas.
· Identificar e distinguir as categorías de bens segundo o tipo impositivo de IVE aplicable.
· Valorar a importancia do sector público na distribución da renda e nos fallos do mercado.
Contidos
Conceptos
· A política económica.
· gasto público.
Procedementos
· Análise e interpretación de informacións extraídas dos Orzamentos Xerais do Estado, a Comunidade Autónoma ou o Concello e de programas de actuación das entidades públicas.
· Preparación e realización de debates, negociacións e toma de decisións simuladas sobre cuestións controvertidas de política económica.
· Articulación da política fiscal e monetaria e a súa relación coa evolución de magnitudes macroeconómicas.
Actitudes, valores e normas
· Educación moral e cívica: valoración dos impostos progresivos e doutros instrumentos redistributivos como elementos de equidade e solidariedade.
Actividades de aprendizaxe
· Examinar a estructura da unidade.
· Evocar coñecementos previos a partir dos contidos presentados no apartado Actividades previas.
· Ler un texto e observar un diagrama de bloques para comprender a estructura e a composición do sector público español. Analizar organismos, entidades e empresas dependentes do sector público e clasificalas segundo o seu ámbito de actuación, a súa función económica e o tipo de institución.
· Confeccionar un cadro síntese que resuma os obxectivos do sector público a partir da lectura dun texto descritivo.
· Ler un texto e analizar unha serie de cadros para distinguir a política microeconómica e a política macroeconómica como formas de intervención do sector público na economía.
· Ler un texto descritivo do proceso de elaboración dos Orzamentos Xerais do Estado e elaborar un resumo deste proceso.
· Observar un cadro representativo dalgunhas partidas do gasto público e clasificar unha serie de gastos segundo se trate de gastos correntes, gastos de investimento ou doutros gastos.
· Observar unha serie de cadros e gráficos para distinguir os impostos directos dos indirectos e comparar os trazos característicos do IRPF e do IVE. Clasificar diferentes ingresos públicos segundo se trate de ingresos ordinarios ou extraordinarios.
· Ler un texto descritivo da relación entre o sector público e o funcionamento dos mercados.
Actividades de avaliación
· Definir os conceptos de empresa pública e de administración pública e establecer as súas analoxías e as súas diferencias.
· Enumerar organismos, administracións e empresas que dependen do sector público e clasificalos segundo o seu ámbito territorial de actuación.
· Xustificar algúns dos principais obxectivos que se propón o sector público na súa actuación macroeconómica.
· Describir o proceso de elaboración dos Orzamentos Xerais do Estado.
· Distinguir entre gastos correntes, gastos de investimento e outros gastos e poñer exemplos representativos de cada tipo.
· Analizar comparativamente o IRPF e o IVE e establecer as súas analoxías e as súas diferencias fundamentais.
· Enumerar posibles actuacións do sector público fronte a determinados fallos do mercado previamente propostos.
UNIDADE DIDÁCTICA 12: Crise, desemprego e inflación
Obxectivos didácticos
· Describir as características e as fases dun ciclo económico.
· Xustificar os desprazamentos das curvas de oferta e demanda agregadas na fase de expansión e na fase de recesión dun ciclo económico.
· Definir o desemprego como concepto e explicar a forma de medilo.
· Enumerar os tipos de desemprego e explicar en qué consiste cada un.
· Enunciar e describir as consecuencias económicas e sociais do desemprego.
· Xustificar as políticas de promoción do emprego.
· Definir o concepto de inflación e distinguir entre inflación de demanda e inflación de custos.
· Explicar en qué consiste a relación entre os salarios e a inflación e describir a espiral salario-prezos.
· Describir, mediante exemplos, algúns dos efectos negativos que produce a inflación.
· Describir as grandes crises económicas de noso século —a crise de 1929 e as dúas crises do petróleo (1973 e 1979)— e xustificar as políticas económicas que se tomaron en cada caso.
Contidos
Conceptos
· A inflación.
· Grandes crises e actuación do sector público.
· A crise de 1929: o sector público debe intervir.
· As crises do petróleo de 1973 e 1979.
Procedementos
· Análise comparativa e avaliación crítica de informacións dos medios de comunicación social sobre un mesmo feito ou fenómeno económico, diferenciando entre datos, opinións e prediccións.
· Realización de pequenas investigacións ou estudios monográficos sobre cuestións de actualidade económica, utilizando información obtida de distintas fontes.
· Presentación ó grupo de breves exposicións sobre problemas económicos de actualidade.
Actitudes, valores e normas
· Educación moral e cívica: valoración das implicacións da inflación e a súa relación co desemprego, sinalando os seus aspectos positivos e negativos.
· Educación moral e cívica: actitude crítica ante as desigualdades económicas.
Actividades de aprendizaxe
· Examinar a estructura da unidade.
· Evocar coñecementos previos a partir dos contidos presentados no apartado Actividades previas.
· Observar unha gráfica representativa dun ciclo económico e ler un texto para distinguir as sucesivas fases polas que pasa a actividade económica ó longo do tempo. Observar gráficas representativas dos desprazamentos das curvas de oferta e demanda agregadas na fase de expansión económica.
· Ler un texto e observar un gráfico PIB-tempo para identificar a fase de crise ou recesión e recoñecer as súas características. Observar gráficas representativas dos desprazamentos das curvas de oferta e demanda agregadas nesa fase.
· Evocar os tipos de desemprego e ler un texto no que se describen as súas consecuencias económicas e sociais. Observar unha gráfica e ler un texto para establecer a relación entre a evolución dos salarios e a do desemprego. Ler un texto no que se describen distintas políticas gobernamentais de promoción do emprego. Clasificar situacións de desemprego segundo o seu tipo.
· Evocar o concepto de inflación. Ler un texto e observar dúas gráficas prezo-cantidade para distinguir a inflación de demanda e a inflación de custos. Observar unha serie de exemplos resoltos que ilustran a denominada espiral salario-prezos. Confeccionar un cadro síntese no que se resuman as consecuencias da inflación e se leve a cabo unha análise crítica de cada unha delas.
· Ler dous textos para comprender as causas e as consecuencias económicas e sociais da crise de 1929 e as crises do petróleo de 1973 e 1979. Analizar criticamente as consecuencias destas dúas últimas crises.
Actividades de avaliación
· Interpretar o diagrama representativo dun ciclo económico e distinguir entre a fase expansiva, o auxe, a fase de recesión e a depresión.
· Analizar o desprazamento das curvas de oferta e demanda agregada nunha situación concreta e identificalas segundo se trate dunha fase expansiva ou recesiva do ciclo.
· Interpretar unha gráfica na que se establece a relación entre os salarios e o desemprego.
· Distinguir entre inflación de demanda e inflación de custos e representalas graficamente utilizando curvas prezo-cantidade.
· Analizar a influencia da inflación en situacións concretas da vida cotiá e da vida empresarial propostas previamente.
· Explicar, por medio dun exemplo concreto, a espiral salario-prezos.
· Describir algunha das grandes crises económicas do século XX e analizar as súas causas e as súas consecuencias.
UNIDADE DIDÁCTICA 13: Comercio internacional e balanza de pagamentos
Obxectivos didácticos
· Distinguir as dúas ramas en que se divide a economía internacional.
· Recoñecer a división internacional do traballo como o fundamento do comercio internacional e analizar as súas vantaxes e os seus inconvenientes.
· Enumerar as causas que propiciaron o incremento actual do comercio internacional.
· Valorar criticamente as posturas proteccionista e librecambista respecto ó comercio internacional.
· Explicar en qué consiste un arancel e distinguir os tipos de aranceis que se poden aplicar.
· Xustificar a utilidade das medidas de fomento á exportación.
· Recoñecer as subbalanzas que compoñen a balanza de pagamentos e as partidas que se inscriben en cada unha delas, segundo sexan ingresos ou pagamentos.
· Valorar o principio contable da partida dobre á hora de analizar os resultados da balanza de pagamentos.
· Xustificar as consecuencias dun déficit prolongado na balanza por conta corrente dun país.
· Explicar o funcionamento do mercado de divisas nun contexto de cambio flexible e noutro de cambio fixo.
Contidos
Conceptos
· Proteccionismo e librecambismo.
· Os aranceis.
· Balanza por conta financeira.
· Axuste final da balanza.
Procedementos
· Interpretación e análise dos datos esenciais da balanza de pagamentos española.
· Interpretación da evolución da balanza de pagamentos española coa evolución da reserva de divisas e o endebedamento exterior.
Actitudes, valores e normas
· Educación moral e cívica: actitude crítica ante as desigualdades económicas.
Actividades de aprendizaxe
· Examinar a estructura da unidade.
· Evocar coñecementos previos a partir dos contidos presentados no apartado Actividades previas.
· Ler un texto descritivo dos trazos básicos da economía internacional, memorizar comprensivamente a súa definición e as dúas ramas nas que se divide.
· Ler un texto para comprender que o fundamento do comercio internacional radica na división internacional do traballo e propoñer exemplos concretos para establecer analoxías entre este fundamento e o que existe entre o comercio interno e a división do traballo. Ler un texto para recoñecer as causas e as razóns do desenvolvemento do comercio internacional nos nosos días.
· Observar dous cadros e ler os textos que os acompañan para distinguir as razóns que xustifican as posturas fronte ó comercio internacional: proteccionismo e librecambismo. Valoralas criticamente e buscar unha postura intermedia que resulte conciliadora.
· Ler e memorizar comprensivamente a definición de política comercial. Confeccionar un cadro resumo que conteña as principais barreiras a que se ve sometida a importación de productos estranxeiros e as medidas de fomento da exportación de productos do propio país.
· Ler un texto e observar unha serie de cadros para distinguir as subbalanzas que compoñen a balanza de pagamentos e recoñecer este instrumento contable como a mellor forma de analizar a actividade económica dun país en relación co comercio internacional.
· Ler un texto no que se describen as características e o funcionamento básico do mercado de divisas. Observar unha serie de gráficas e ler os textos que as acompañan para distinguir o comportamento dese mercado segundo se rixa por un tipo de cambio fixo ou por un tipo de cambio flexible.
Actividades de avaliación
· Enumerar actividades económicas da vida cotiá e empresarial que son posibles gracias ó comercio internacional.
· Confeccionar un cadro comparativo que recolla os trazos máis significativos do proteccionismo e do librecambismo, analizar criticamente cada unha destas posturas e xustificar razoadamente a propia.
· Valorar criticamente as barreiras á importación e redactar un breve comentario acerca da equidade do arancel ad valorem fronte ó arancel específico.
· Describir de forma xeral a balanza de pagamentos, as subbalanzas máis importantes e xustificar o principio contable de partida dobre.
· Describir, con axuda de gráficas, o comportamento do mercado de divisas cando se guía por tipos de cambio fixos.
UNIDADE DIDÁCTICA 14: Relacións económicas internacionais
Obxectivos didácticos
· Establecer o obxectivo fundamental e as preocupacións principais da Organización de Nacións Unidas (ONU).
· Enunciar a finalidade e os principios fundamentais de actuación do Acordo Xeral de Aranceis e Comercio (GATT).
· Explicar os obxectivos da Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico (OCDE) e os dos organismos que dependen dela.
· Determinar as funcións do Fondo Monetario Internacional (FMI).
· Analizar as causas do fracaso da Comisión Económica para América Latina e o Caribe (CEPALC).
· Definir o concepto de sistema monetario e identificar o Sistema Monetario Internacional como o sistema de tipos de cambio e pagamentos internacionais existente entre todos os países do mundo.
· Identificar as características dos países desenvolvidos, subdesenvolvidos, do centro, da periferia e dos países de economías de planificación central.
· Recoñecer a importancia do papel das materias primas, a ecoloxía e o nivel de endebedamento na economía.
Contidos
Conceptos
· A Organización das Nacións Unidas (ONU).
· Acordo Xeral de Aranceis e Comercio (GATT).
· A Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico (OCDE).
· Fondo Monetario Internacional (FMI).
· A Comisión Económica para América Latina e o Caribe (CEPALC).
· Os cárteles internacionais.
· A economía mundial.
· papel das materias primas na economía.
· Os problemas ecolóxicos.
· Análise das distintas estratexias de desenvolvemento económico.
· Preparación e presentación ó grupo de breves exposicións sobre problemas económicos de actualidade, incorporando opinións e xuízos propios, de forma clara e axustada, con argumentos razoados e con referencia a exemplos e datos apropiados.
Actitudes, valores e normas
· Educación ambiental: Valoración do ambiente como recurso económico escaso e como elemento importante na calidade de vida.
· Actitude favorable a reflexionar criticamente sobre as propias ideas e valores.
· Educación moral e cívica: actitude crítica ante as desigualdades económicas.
Actividades de aprendizaxe
· Examinar a estructura da unidade.
· Evocar coñecementos previos a partir dos contidos presentados no apartado Actividades previas.
· Ler un texto e confeccionar un diagrama de fluxo para distinguir os diferentes niveis de integración económica que se poden dar entre países. Analizar as relacións de España con outros países e clasificar estas relacións en función do nivel de integración económica que se dá.
· Observar un diagrama de fluxo para comprender a existencia de múltiples organismos internacionais de cooperación política e económica.
· Confeccionar un cadro síntese no que figuren os trazos máis significativos, os obxectivos propostos e os logros alcanzados por diferentes organismos de cooperación, a partir da lectura dos textos nos que se describen:
· A ONU e os seus organismos dependentes (FAO e UNCTAD).
· O GATT.
· A OCDE e os seus organismos autónomos (AIE e CAD).
· O FMI.
· Os cárteles internacionais, de modo especial a OPEP.
· Ler e memorizar comprensivamente a definición de sistema monetario e analizar a diferencia entre un sistema de cambios fixos e un de cambios flexibles. Comprender o concepto de moeda de referencia. Ler un texto no que se describe a evolución do Sistema Monetario Internacional.
· Analizar un cadro síntese para distinguir entre países desenvolvidos e subdesenvolvidos, da periferia e do centro, de planificación central e de economía mixta de mercado.
· Valorar criticamente os principais problemas que lle afectan á economía mundial a partir da lectura dos respectivos textos onde se describen: o papel das materias primas e os problemas do seu esgotamento, a conservación do medio e os problemas ecolóxicos derivados da actividade económica, e as dificultades que supón o endebedamento internacional para o desenvolvemento dos países máis pobres.
Actividades de avaliación
· Identificar situacións de cooperación económica entre países, reais ou ficticias, e clasificalas segundo o nivel de integración que presentan.
· Seleccionar algún dos organismos estudiados (FAO, UNCTAD, GATT, OCDE, FMI, CEPALC) e describir a súa composición, o seu funcionamento e os obxectivos que persegue.
· Valorar criticamente algún dos grandes problemas que lle afectan á economía mundial: esgotamento das materias primas, conservación do medio, endebedamento dos países pobres...
UNIDADE DIDÁCTICA 15: A Unión Europea
Obxectivos didácticos
· Coñecer a orixe do proceso de integración europea e as fases polas que este atravesou.
· Comprender a estructura organizativa actual da Unión Europea: as súas institucións e órganos máis importantes.
· Identificar os trazos que caracterizan a Unión Europea en canto a poboación e producción.
· Coñecer as características da estructura productiva da Unión Europea, así como a importancia relativa que teñen os diferentes sectores productivos nela.
· Xustificar a necesidade dunha Política Agrícola Común, valorar os seus resultados e as sucesivas reformas que sufriu.
· Enumerar as liñas básicas de actuación da Unión Europea en materia de política industrial común.
· Recoñecer a importancia da política ambiental común e da política común de protección dos consumidores e enunciar os obxectivos fundamentais de cada unha.
Contidos
Conceptos
· Tratado de Roma.
· Europa a partir de Maastricht.
· As institucións da Unión.
· Consello Europeo.
· Parlamento Europeo.
· As políticas comúns: agraria, industrial, ambiental e de protección dos consumidores.
Procedementos
Actitudes, valores e normas
· Educación ambiental: valoración do medio como recurso económico escaso e como elemento importante na calidade de vida.
Actividades de aprendizaxe
· Examinar a estructura da unidade.
· Evocar coñecementos previos a partir dos contidos presentados no apartado Actividades previas.
· Observar un cadro síntese e memorizar comprensivamente as datas correspondentes ós acontecementos principais do proceso da unidade europea. Ler e valorar positivamente os obxectivos que impulsaron este proceso. Confeccionar un friso histórico no que se sinale o momento no que cada un dos países europeos se integraron na Comunidade Europea ou solicitaron a súa integración. Observar un mapa de Europa para comprender o estado actual do proceso de integración.
· Ler un texto e observar un diagrama de fluxo para comprender a composición e as funcións das diferentes institucións que compoñen a Unión Europea: a Comisión Europea, o Consello da Unión, o Consello Europeo, o Parlamento, o Tribunal de Xustiza e os diferentes comités de asesoramento.
· Observar un mapa de Europa e localizar nel as rexións máis ricas e máis pobres. Ler un texto no que se describe a política rexional da Unión e os diferentes fondos destinados ó reequilibrio económico rexional.
· Confeccionar un cadro resumo no que figuren os trazos característicos das distintas políticas comúns emprendidas pola Unión Europea (agrícola, industrial, ambiental e de protección ós consumidores) a partir da lectura dos textos descritivos correspondentes.
Actividades de avaliación
· Elaborar unha redacción na que se describa o proceso de integración europea desde o final da II Guerra Mundial ata o Tratado de Maastricht.
· Elixir algunha das institucións da Unión Europea e describir a súa estructura e as súas funcións.
· Describir os trazos característicos da política económica rexional establecida pola Unión Europea e os fondos destinados ó reequilibrio das rexións máis pobres.
· Elixir algunha das políticas comúns (agrícola, industrial, ambiental ou de protección ós consumidores) e describir os seus trazos. Valorar criticamente o impacto da política seleccionada sobre a economía do noso país.
UNIDADE DIDÁCTICA 16: A moeda única europea
Obxectivos didácticos
· Describir o concepto e a finalidade do Sistema Monetario Internacional.
· Avaliar a utilidade dunha moeda única.
· Coñecer e avaliar o impacto económico da implantación da moeda única en España e en Europa.
· Distinguir entre o ecu e o euro en canto se refire á súa funcionalidade.
· Enumerar e xustificar os criterios europeos de converxencia económica.
· Valorar criticamente o ingreso de España na Unión Europea.
· Coñecer o calendario da entrada en vigor do euro.
· Valorar o código de boas prácticas.
· Coñecer e diferenciar os distintos billetes e moedas euro.
· Converter as pesetas en euros.
Contidos
Conceptos
· Os criterios de converxencia económica.
· Valoración da entrada de España na UEM.
· euro.
· Cálculo de equivalencias pesetas-euros e viceversa.
Actitudes, valores e normas
· Valoración da entrada de España na Unión Económica e Monetaria.
Actividades de aprendizaxe
· Examinar a estructura da unidade.
· Evocar coñecementos previos a partir dos contidos presentados no apartado Actividades previas.
· Observar un exemplo resolto no que se aprecian as vantaxes e os inconvenientes do tipo de cambio variable entre diferentes moedas. Ler un resumo histórico no que se aprecia o proceso de unificación da moeda que vai desde o ecu ata o euro. Reproducir un cadro no que se recollen as fases do proceso de unión monetaria, os períodos de duración de cada unha e os obxectivos que se pretenden alcanzar. Analizar cadros nos que se reflicte a data de ingreso na Unión Europea e na Unión Económica e Monetaria dos 15 países membros.
· Ler un breve resumo do proceso seguido por España ata chegar á integración europea. Analizar os criterios de converxencia de Maastricht e confeccionar un cadro síntese coas vantaxes e cos inconvenientes da integración de España na Unión, de modo que se posibilite unha valoración crítica desta.
· Observar un mapa de Europa para identificar os países membros da UE e os que constitúen a UEM. Ler un texto para comprender o calendario de implantación do euro.
· Analizar e valorar criticamente os compromisos que constitúen o código de boas prácticas que facilita a substitución das pesetas por euros.
· Observar o símbolo do euro e comparalo cos doutras moedas (o dólar ou o ien). Ler un texto e observar unha imaxe para identificar e recoñecer as características comúns e diferenciais dos billetes e moedas euro que circulan actualmente por Europa.
· Observar un diagrama de