PROPOSTAS EDUCATIVAS 2012-2013 - Museo de Belas...

34
- 1 - PROPOSTAS EDUCATIVAS CURSO 2012 -2013

Transcript of PROPOSTAS EDUCATIVAS 2012-2013 - Museo de Belas...

Page 1: PROPOSTAS EDUCATIVAS 2012-2013 - Museo de Belas Artesmuseobelasartescoruna.xunta.gal/_documentos... · e de que materiais están feitas, e xogaremos a ser xigantes. Diante do cadro

- 1 -

PROPOSTAS EDUCATIVAS CURSO 2012 -2013

Page 2: PROPOSTAS EDUCATIVAS 2012-2013 - Museo de Belas Artesmuseobelasartescoruna.xunta.gal/_documentos... · e de que materiais están feitas, e xogaremos a ser xigantes. Diante do cadro

- 2 -

ÍNDICE páxina INFORMACIÓN BÁSICA……………………………………………….. 3 ED. INFANTIL……………………………………………………………. 4 PRIMARIA……….……………………………………………………….. 8 ESO……………………………………………………………………….. 16 BACHARELATO………………………………………………………… 29 ATENCIÓN Á DIVERSIDADE…………………………………………. 32

Page 3: PROPOSTAS EDUCATIVAS 2012-2013 - Museo de Belas Artesmuseobelasartescoruna.xunta.gal/_documentos... · e de que materiais están feitas, e xogaremos a ser xigantes. Diante do cadro

- 3 -

VISITAS E ACTIVIDADES EDUCATIVAS DO MUSEO - As visitas guiadas constan dun percorrido didáctico polas salas do museo adaptado aos diferentes niveis educativos. Para o alumnado de infantil e primaria, e algúns percorridos de secundaria, a actividade inclúe a realización dun obradoiro.

- As visitas serán guiadas por un educador propio do museo, que favorecerá o achegamento do alumnado ás diferentes formas artísticas de unha forma dinámica e lúdica, fomentando a participación e estimulando a súa creatividade.

- O profesorado pode solicitar o envío de información específica sobre as actividades que realizarán os escolares dun determinado nivel.

- Tamén existe a posibilidade de que o profesorado desenvolva e guíe unha actividade propia, previa confirmación do Museo.

- A visita é gratuíta. O museo ten reservado un espazo para a parada do transporte escolar e unha praza exterior descuberta para merendar. Calendario e horarios: A partir do 23 de outubro de 2012 ata o 28 de xuño de 2013. De martes a venres ás 10:00 e ás 11:30. Duración aproximada das propostas educativas: 1 hora e 20 minutos aprox. Destinatarios: Escolares desde Educación Infantil (2 anos) a Bacharelato. Grupos de 55 persoas máximo. Solicitude e reserva de visita: Teléfono - 881 881 700 (de luns a venres en horario de 9:00 a 14:00 h) Fax - 881 881 701 E-mail - [email protected] Web - http://museobelasartescoruna.xunta.es/index.php?id=188 A través do programa educativo do concello da Coruña - http://www.edu.coruna.es/index.php/coruna_educa/inscripcion_fichas_de_solicitud

Page 4: PROPOSTAS EDUCATIVAS 2012-2013 - Museo de Belas Artesmuseobelasartescoruna.xunta.gal/_documentos... · e de que materiais están feitas, e xogaremos a ser xigantes. Diante do cadro

- 4 -

EDUCACIÓN INFANTIL

O primeiro contacto Desde o Museo de Belas Artes estamos convencidos da importancia de abrir o noso centro aos más pequenos, para que desde os primieiros niveis educativos adquiran o costume de asistir aos centros culturais e estar en contacto coas obras de arte. Aquí vivirán a aventura de descubrir os “tesouros” recollidos nas salas do museo.

Descubrindo o Museo Un percorrido adaptado ao segundo ciclo de educación infantil, de 3 a 6 anos, a través do cal os alumnos teñen a súa primeira toma de contacto co museo. Dun xeito lúdico que fomenta o participación, coñecen o edificio e algunhas pezas da colección -cadros e esculturas-, xogando coas cores, as formas e os materiais, e descubrindo os diferentes personaxes e historias que as pezas nos amosan. A actividade inclúe un obradoiro no que os alumnos completarán un retrato. (pax.5)

Primeiros pasos no museo Percorrido para o último nivel da Educación Infantil non obrigatoria (2 - 3 anos), no que os máis pequenos entran en contacto cun espacio novo e especial como é o museo. A través do xogo, descubriremos as salas do museo e os tesouros que agochan. Aprenderemos como se pintan os cadros e converterémonos en pintores, visitaremos ao noso amigo o Xigante, e pintaremos como pequenos ”Picassos”. Recoméndase reservar a visita no terceiro trimestre do curso. (pax.6)

O mar e o museo Este percorrido ten como fío conductor os cadros e esculturas que gardan relación cos mundos mariños reais e fantásticos. Partindo da obra de artistas como Urbano Lugrís, Luís Seoane ou Francisco Lloréns, entre outros, descubriremos cadros e esculturas que nos permitirán coñecer, compartir e crear moitas cousas relacionadas co fascinante medio mariño. (pax.7)

Page 5: PROPOSTAS EDUCATIVAS 2012-2013 - Museo de Belas Artesmuseobelasartescoruna.xunta.gal/_documentos... · e de que materiais están feitas, e xogaremos a ser xigantes. Diante do cadro

- 5 -

DESCUBRINDO O MUSEO Nivel: Educación Infantil (3-5 anos) Duración: 1 h 30 min Obxectivos: - Familiarizar aos escolares cos museos. - Achegarnos ao mundo da arte dunha forma lúdica, adaptada á idade dos pequenos. - Descubrir, a través da observación, os diferentes elementos que aparecen nos cadros. - Coñecer materiais e instrumentos pictóricos e escultóricos. - Descubrir as formas e significados das esculturas. - Crear a nosa propia obra de arte inspirándonos nun cadro do museo.

Desenvolvemento da actividade: Nesta visita dedicada aos grupos de Educación Infantil, percorreremos os diferentes espacios e salas do museo, e coñeceremos algunhas das pezas máis interesantes que acolle. Na escultura Xigante de Francisco Leiro, descubiremos como se crean as esculturas e de que materiais están feitas, e xogaremos a ser xigantes. Diante da Paisaxe de Urgell, iremos buscando e atopando os diferentes elementos que a compoñen: persoas, animais, casas, vexetación, o ceo, o vento... Ante os cadros de Luís Seoane coñeceremos a súa forma de pintar e, a través dun conto, coñeceremos o que lle sucedeu ás Mariscadoras cando estaban a traballar na praia. Partindo do cadro Muller con sombreiro, achegámonos á figura de Pablo Picasso, un artista xenial que pintaba dunha forma diferente. Ademais, completamos o percorrido vendo un retrato e unha obra do xénero mitoloxíco. No obradoiro posterior á visita, o alumnado de tres e catro anos traballará a lámina do cadro de Picasso, e os de cinco anos, terán que facer a súa propia versión do retrato do Duque de Parma.

Page 6: PROPOSTAS EDUCATIVAS 2012-2013 - Museo de Belas Artesmuseobelasartescoruna.xunta.gal/_documentos... · e de que materiais están feitas, e xogaremos a ser xigantes. Diante do cadro

- 6 -

PRIMEIROS PASOS NO MUSEO

Nivel: Educación Infantil (2-3 anos) Duración: 1 h Obxectivos: - Posibilitar un primeiro acercamento ao mundo dos museo dos máis pequenos. - Achegarnos ao mundo da arte dunha forma lúdica, adaptada á idade dos pequenos. - Descubrir, a través da observación e o xogo, animais, obxectos e persoas que aparecen nos cadros. - Coñecer os diferentes materiais empregados nas esculturas e na pintura. - Crear a nosa propia obra de arte inspirándonos nun cadro do museo. Desenvolvemento da actividade: Nesta visita dedicada aos alumnos do primeiro ciclo de Educación Infantil, percorreremos os diferentes espazos e salas do museo, e coñeceremos algunhas das pezas máis interesantes que acolle. Na escultura Xigante de Francisco Leiro, descubriremos como se crean as esculturas e de que materiais están feitas, e xogaremos a ser xigantes. Diante do cadro Volta da feira de Roberto González del Blanco, descubriremos un cadro cheo de personaxes e animais que teremos que descubrir. Ademais, vestirémonos de auténticos pintores e coñeceremos como se pintan os cadros Ante os cadros de Luís Seoane coñeceremos a súa forma de pintar e, a través dun conto, coñeceremos o que lle sucedeu ás Mariscadoras cando estaban a traballar na praia, bailaremos e cantaremos. Partindo do cadro Muller con sombreiro, achegámonos á figura de Pablo Picasso, un artista xenial que pintaba dunha forma diferente. Diante do cadro, pintaremos a lámina de Picasso.

Page 7: PROPOSTAS EDUCATIVAS 2012-2013 - Museo de Belas Artesmuseobelasartescoruna.xunta.gal/_documentos... · e de que materiais están feitas, e xogaremos a ser xigantes. Diante do cadro

- 7 -

O MAR NO MUSEO

Nivel: Educación Infantil (5 anos) Duración: 1h 30 min. Obxectivos: - Coñecer os diferentes aspectos do mundo mariño: o mar, a fauna, os elementos que compoñen a paisaxe e a interacción humana co medio. - Descubrir, a través da observación da obra de arte, escenas nas que se está a desenvolver unha acción, e nas que o protagonista é o mar - Fomentar a observación, o descubrimento e a interpretación de imaxes a través do contacto directo coa obra de arte. - Promover a creatividade do alumnado de educación infantil co fío condutor dun tema tan apaixonante para eles como é o mar, tendo en conta os seus elementos reais e tamén fantásticos. Desenvolvemento da actividade: Este percorrido é unha alternativa para os centros que xa visitaron o museo en Educación Infantil que queiran repetir visita neste nivel educativo, e tamén para todos aqueles que estean interesados na temática do mar e na súa representación na arte. O mar é unha temática moi común dentro da nosa colección. Nas salas do museo podemos atopar moitos cadros de diferentes épocas e estilos que fan referencia ao mundo mariño: océanos, rías, praias, cantís, vellos mariñeiros, nenas que xogan á beira do mar, bañistas, mariscadoras, barcos, peixes, polbos, sereas... Neste percorrido queremos que o alumnado de educación infantil descubra con nós a relación entra a arte e o mar, a través das creacións de artistas como Urbano Lugrís (Mariña surrealista), Luís Seoane (As mariscadoras), Francisco Lloréns (Costas galegas, Ría de Mera), Paco Pestana (Nora para xentís peixes e xentís sonos), etc. Obras que teñen como vencello común a representación do mar e dos diferentes elementos asociados ao mundo mariño. Partindo da observación da obra de arte, falaremos dos diferentes elementos das paisaxes de costa e da fauna mariña, escoitaremos os sons do mar, coñeceremos os traballos das mariscadoras e mariñeiros, e contaremos historias dos mundos fantásticos que se agochan nos fondos do océanos. A visita inclúe un obradoiro no que os rapaces e rapazas terán que completar un álbum de cromos con cadros do museo, e debuxar cada un a súa interpretación persoal dos mundos mariños.

Page 8: PROPOSTAS EDUCATIVAS 2012-2013 - Museo de Belas Artesmuseobelasartescoruna.xunta.gal/_documentos... · e de que materiais están feitas, e xogaremos a ser xigantes. Diante do cadro

- 8 -

EDUCACIÓN PRIMARIA

Cada ano, unha experiencia nova O alumnado de Educación Primaria é obxecto dunha atención especial por parte do departamento de educación do museo. Para eles hai programados seis percorridos diferenciados co obxectivo de que os nenos e nenas que nos visitan vivan unha experiencia nova de cada vez. As visitas organízanse a través de diferentes eixos temáticos. Son programas independentes e adaptados a idade e ao currículo educativo de cada un dos tres ciclos.

PRIMEIRO CICLO DE PRIMARIA

Arte en movemento Neste percorrido os alumnos observan diferentes cadros e esculturas moi variados nos que se representa unha acción. Entre todos, teremos que descubrir que é o que está a suceder. Tamén falaremos doutros aspectos dos cadros, como a época en que foron pintados, as cores, as historias que nos contan, etc. Despois da visita realizaremos unha actividade plástica partindo dunha obra de Carlos Maside. (pax.10)

Os personaxes do museo Percorrido que ten como protagonistas aos personaxes que aparecen retratados nos cadros do museo, pertencentes a diferentes épocas e con orixes e ocupacións moi diversas. Veremos as diversas formas de representar a figura humana, desde o retrato máis fiel a realidade, ata as formas que pinta Picasso, ou as caricaturas de Cebreiro. A través da observación dos cadros, descubrimos as modas ao longo do tempo e a expresividade dos rostros. O obradoiro baséase na representación de diferentes expresións faciais. (pax.11)

SEGUNDO CICLO DE PRIMARIA

Coleccionistas de tesouros A colección do museo convértese na protagonista deste percorrido, a través de pinturas, esculturas e artes decorativas de diferentes xéneros, épocas e estilos que os rapaces e rapazas irán descubrindo. Pezas mitolóxicas, paisaxes, bodegóns, retratos, esculturas feitas con diversos materiais, abanos, moedas, mobles, etc. Falaremos tamén de como se coida e se expón unha colección de arte nun museo. No obradoiro crearemos unha nova colección para o Coleccionista de tesouros. (pax.12)

Page 9: PROPOSTAS EDUCATIVAS 2012-2013 - Museo de Belas Artesmuseobelasartescoruna.xunta.gal/_documentos... · e de que materiais están feitas, e xogaremos a ser xigantes. Diante do cadro

- 9 -

Vestímonos coa arte Percorrido temático a través dos diferentes xeitos de vestir ao longo do tempo, que descubrimos nos cadros expostos no museo. A luxosa roupa que podemos observar nos retratos antigos, as vestimentas que usan as clases populares na súa vida cotiá, os traxes rexionais, os complementos, as xoias, os abanos, as perrucas, os símbolos de poder, etc. Completamos a visita coa realización dun taller no que traballaremos creando novos personaxes coa roupa e os complementos que vimos no percorrido. (pax.13)

TERCEIRO CICLO DE PRIMARIA

Imaxinando un museo Neste percorrido visitamos algunhas das obras sobranceiras do museo, pertencentes a diferentes períodos artísticos. Ademais de coñecer os diversos xéneros e estilos artísticos, descubriremos algunhas funcións do museo: coleccionar, conservar, restaurar, expoñer... Despois da visita guiada, faremos un obradoiro no que os alumnos terán que compoñer unha maqueta dunha sala de exposición do museo. (pax.14)

Modelando o espazo Un percorrido que ten á escultura como eixo temático, aproveitando a importancia que esta posúe na colección do museo, na que destacan as creacións de artistas galegos dos séculos XIX e XX. Falaremos das diferentes técnicas e materiais empregados, e tamén as ideas que moven aos escultores a facer as súas pezas. No obradoiro traballaremos en equipo, creando unha escultura colectiva ensamblando materiais reciclados. (pax.15)

Page 10: PROPOSTAS EDUCATIVAS 2012-2013 - Museo de Belas Artesmuseobelasartescoruna.xunta.gal/_documentos... · e de que materiais están feitas, e xogaremos a ser xigantes. Diante do cadro

- 10 -

ARTE EN MOVEMENTO

Nivel: 1º ciclo de primaria Duración: 1 h 30 min Obxectivos: - Iniciarse e familiarizarse cos museos - Coñecer de primeira man diferentes manifestacións artísticas que se produciron ao longo do tempo - Interpretar as imaxes na procura do significado da representación artística - Estimular a imaxinación e a creatividade a través da observación dos cadros e esculturas - Fomentar a participación e o diálogo dentro do grupo Desenvolvemento da actividade: Neste percorrido veremos cadros e esculturas ‘en movemento’, nos que se representa unha acción. Pezas de diferentes épocas e estilos a través das cales os alumnos terán que descubrir que é o que a imaxe nos está a narrar. A través dos cadros Aquiles descubrindo a Ulises e A caída de Ícaro, coñeceremos fascinantes historias da mitoloxía grega. A pintura costumista tamén xoga un papel importante neste percorrido, no que comentaremos obras como os Os xogadadores de cartas e O boieiro Castelán. Dentro da arte contemporánea e actual, coñeceremos algunhas pezas nas que xoga un papel fundamental a estimulación da observación e da imaxinación como unha forma de achegarse ao mundo da arte. A Mariña Surrealista de Urbano Lugrís, a serie On the Move de Roberto González e a Nora para xentís peixes e xentís sonos de Paco Pestana serán algunhas das pezas que tamén traballaremos no percorrido. No obradoiro traballamos cunha lámina de A tenda de Carlos Maside, que teremos que encher de cores a través da pintura e do collage.

Page 11: PROPOSTAS EDUCATIVAS 2012-2013 - Museo de Belas Artesmuseobelasartescoruna.xunta.gal/_documentos... · e de que materiais están feitas, e xogaremos a ser xigantes. Diante do cadro

- 11 -

OS PERSONAXES DO MUSEO

Nivel: 1º ciclo de Primaria Duración: 1 h 30 min Obxectivos: - Comprender as diferentes representacións da figura humana ao longo do tempo: vestimenta, modas, costumes... - Achegarse ao xénero do retrato, coñecendo as diferentes expresións faciais e corporais que presentan os personaxes dos cadros - Coñecer, partindo da obra de arte, as historias de diferentes personaxes reais e fantásticos - Estimular a creatividade traballando a representación de diferentes expresións faciais. Desenvolvemento da actividade: Os personaxes do museo é unha actividade pensada para o alumnado de primeiro ciclo de primaria que ten como fío condutor aos personaxes que aparecen en diferentes cadros do museo. Así pois, o xénero do retrato terá unha importante presenza. A través de retratos de séculos pasados coñeceremos as historias dos personaxes neles representados, como a raíña Mariana de Austria ou o Duque de Parma. Partindo destes cadros, descubriremos algúns segredos da pintura de retrato: as poses, os detalles nas vestimentas, as olladas dos personaxes, as modas da época... Neste percorrido coñecemos tamén a tipos populares que aparecen representados na colección do museo, como O gaiteiro; e tamén a personaxes mitolóxicos que gardan relación coas lendas locais, como Hércules. A medida que nos mergullamos na historia dos personaxes, tamén é posible facelo coa historia dos cadros, dando resposta a preguntas como: onde estaban eses retratos antes de chegar ao museo? Por que se pintaban estes cadros? Así, achegámonos ás obras non soamente como expresión artística senón tamén como obxectos que gardan unha historia e que foron realizados cun obxectivo concreto. Por último, ademais da representación realista da figura humana, veremos como existen outras formas de expresión moderna, como o retrato de Muller con Sombreiro de Picasso ou as caricaturas de Álvaro Cebreiro No obradoiro, reforzaranse os contidos da visita cun taller no que traballaremos as diferentes expresións dos rostros a partindo da obra de Isaac Díaz Pardo Xentes que ollan.

Page 12: PROPOSTAS EDUCATIVAS 2012-2013 - Museo de Belas Artesmuseobelasartescoruna.xunta.gal/_documentos... · e de que materiais están feitas, e xogaremos a ser xigantes. Diante do cadro

- 12 -

COLECCIONISTAS DE TESOUROS

Nivel: 2º ciclo de primaria Duración: 1 h 30 min Obxectivos: - Familiarizarse co museo e coñecer as súas principais funcións: coleccionar, conservar e mostrar - Observar e comentar cadros de diferentes épocas, xéneros e estilos - Descubrir algúns dos tesouros que conforman a colección do museo: miniaturas, moedas, libros, esculturas, reloxos, abanos... - Promover o aprecio entre o alumnado cara as diferentes expresións artísticas antigas e modernas Desenvolvemento do percorrido: Iniciamos esta visita ao museo diante de Gabinete do coleccionista, un cadro do século XVII que representa unha “cámara dos tesouros”, pertencente a un antigo coleccionista de arte e de outros obxectos considerados valiosos e curiosos. Esta peza sérvenos para que os rapaces coñezan máis polo miúdo a orixe e as funcións dos museos en xeral, e do Museo de Belas Artes da Coruña en concreto. A través da observación desta obra, presentaremos as diferentes disciplinas (cadros, esculturas e artes decorativas) e xéneros artísticos que de seguido os rapaces irán descubrindo polas diferentes salas: - Veremos cadros mitolóxicos, relixiosos, retratos, paisaxes, o costumismo e tamén a arte de vangarda e a abstracción. - Coñeceremos a colección de esculturas do museo, pertencentes a diferentes épocas, feitas de diversos materiais e con formatos moi variados, que de seguro chamarán a atención dos nenos participantes nesta actividade. - Descubriremos as pezas de artes decorativas expostas no museo: tapices, abanos, moedas, mobles, xoias, etcétera. Despois da visita á colección, desenvolverase un pequeno obradoiro co obxectivo de mudar a dinámica da visita, de fomentar a propia creatividade dos nenos e de tratar de fixar os conceptos aprendidos na visita. Para isto traballaremos cunha lámina do Gabinete do coleccionista, que eles terán que manipular para crear a súa propia “colección”.

Page 13: PROPOSTAS EDUCATIVAS 2012-2013 - Museo de Belas Artesmuseobelasartescoruna.xunta.gal/_documentos... · e de que materiais están feitas, e xogaremos a ser xigantes. Diante do cadro

- 13 -

VESTÍMONOS COA ARTE Nivel: 2º ciclo de Primaria Duración do percorrido: 1h 30 min Obxectivos: - Apreciar a visita ao museo como unha experiencia estimulante e significativa para o alumno. - Fomentar a capacidade de observación e de análise, fixándonos na indumentaria dos personaxes dos cadros do museo. - Descubrir como as modas van evolucionado ao longo do tempo, e as orixes sociais dos personaxes a través da súa indumentaria - Estimular a creatividade do alumnado a través do obradoiro

Desenvolvemento da actividade:

Neste percorrido imos tratar a vestimenta dos personaxes que aparecen nos cadros do museo, e como esta vaise transformando co paso dos séculos polas diferentes modas que surxen. Así, iremos coñecendo os costumes propios de cada época. Vemos como roupa actúa como un símbolo a través do cal a persoa afirma a súa propia identidade ante o resto da sociedade, transmite información sobre si mesmo e comunícase, hoxe en día igual que acontecía en séculos pasados. No percorrido veremos como vestían as raíñas e princesas de antano, cos seus luxosos vestidos, como acontece con Mariana de Austria ou María Luísa de Orleáns. Falaremos de como os traxes van acompañados de complementos diversos, como son as alfaias, maquillaxes, perfumes, tocados, perrucas, condecoracións, plumas...

A través da colección de abanos do museo podremos observar obxectos reais de tempos pasados. Tamén veremos como vestían os nobres e os cabaleiros, as veces de forma moi rechamante e as veces moito máis austeros. Durante o percorrido descubriremos formas de vestir máis exóticas, como a Escrava do harén ou o Neno con traxe escocés. A través da roupa tamén albiscamos as diferencias sociais entre os personaxes que aparecen nos cadros, como ocurre con O Consello dun pai. No obradoiro crearemos novos personaxes partindo das vestimentas dos que aparecen nos cadros do museo; usaremos tamén revistas actuais para buscar caras e roupas cos que crear os nosos propios modelos.

Page 14: PROPOSTAS EDUCATIVAS 2012-2013 - Museo de Belas Artesmuseobelasartescoruna.xunta.gal/_documentos... · e de que materiais están feitas, e xogaremos a ser xigantes. Diante do cadro

- 14 -

IMAXINANDO UN MUSEO

Nivel: 3º Ciclo de Primaria Duración: 1 hora e 30 minutos Obxectivos: - Aproximarse ás diferentes técnicas e estilos artísticos, atendendo á súa evolución ao longo do tempo - Coñecer e diferenciar os diferentes xéneros da pintura: retrato, relixioso, mitolóxico, bodegón, paisaxe... e as motivacións que levan aos artistas a traballar eses temas. - Descubrir as historias que os cadros nos contan, comprendendo o contexto no que xurden.

- Aprender algunhas ideas de como se fai unha colección de arte, como se conserva e como se fai accesible a todo o público do museo.

Desenvolvemento da actividade:

Unha visita xeral aos diferentes espazos do Museo na que se pretende que os nenos e nenas alumnos de terceiro ciclo coñezan mellor o mundo dos museos e da arte, e os consideren coma unha opción para “gozar e encher o seu tempo de lecer”. Presentamos o Museo de Belas Artes como institución. Falaremos das funcións dos museos e da súa importancia como centros que transmiten e conservan a arte e a cultura. Ao longo do percorrido descubriremos unha escolma de cadros e esculturas de diferentes épocas, xéneros e estilos. Veremos obras mitolóxicas como A caída de Ícaro, outras de xénero costumista como Os xogadores de cartas, e retratos como o de Mariana de Austria. Tamén falaremos do xénero da paisaxe, a través dun cadro de Francisco Lloréns (Costas galegas, Ría de Mera). Dentro da pintura moderna e de vangarda, falaremos da importancia da obra de Picasso e veremos a evolución da arte ata chegar á abstracción. Ademais, os alumnos que visiten o museo poderán coñecer a colección de esculturas e de artes decorativas: moedas, abanos, estatuiñas, mobles, xoias e outros obxectos artísticos. Completaremos a visita cun obradoiro no que os rapaces terán que crear unha maqueta dunha sala de exposición do museo, colocando nela unha serie de reproduccións de obras e de creacións propias.

Page 15: PROPOSTAS EDUCATIVAS 2012-2013 - Museo de Belas Artesmuseobelasartescoruna.xunta.gal/_documentos... · e de que materiais están feitas, e xogaremos a ser xigantes. Diante do cadro

- 15 -

MODELANDO O ESPAZO

Nivel: 3º ciclo de primaria Duración do percorrido: 1 h 30 min Obxectivos: - Familiarizarse coa linguaxe escultórica, descubrindo os materiais e técnicas que se empregan na escultura. - Coñecer algunhas das esculturas tradicionais e contemporáneas que se atopan no museo. - Aprender a mirar as esculturas dende distintos puntos de vista, interpretando os distintos significados de cada peza. - Potenciar o traballo en equipo na construcción da escultura colectiva final. - Fomentar a conciencia ecolóxica no aproveitamento de materiais usados e reciclados para a elaboración de pezas de arte.

Desenvolvemento do percorrido:

Este percorrido está centrado na colección de esculturas do Museo de Belas Artes, que abrangue pezas de diferentes épocas e estilos, realizadas con diferentres mateirais (pedra, madeira, terracota, bronce, etc) e técnicas (modelado, esculpido, ensamblaxe, etc)

Partindo de pezas como O Xigante de Francisco Leiro, ou Filliña de Asorey, trataremos de descifrar entre todos os significados de moitas das esculturas que ocupan os diferentes espazos do museo, como Nora para xentís peixes e xentís soños ou Conversa asimétrica, coñecendo as distintas técnicas, materiais e ferramentas que utilizan os artistas para facer as súas esculturas.

Nas salas do museo descubriremos algunhas esculturas que pertencen á colección do Museo e que teñen varios séculos de antigüidade, entre as que destaca a Minerva.

Durante a visita tamén prestaremos especial atención ás características das pezas escultóricas como son a textura, o ritmo, a cor, as liñas... Experimentando co noso propio corpo cuestións referentes a escala, o movemento, o volume e o espazo.

Ao remate da visita, realizaremos un taller no que crearemos una escultura colectiva valéndonos dos distintas técnicas, utilizando materiais de refugallo e diversos obxectos que xa tiveron outras vidas.

Page 16: PROPOSTAS EDUCATIVAS 2012-2013 - Museo de Belas Artesmuseobelasartescoruna.xunta.gal/_documentos... · e de que materiais están feitas, e xogaremos a ser xigantes. Diante do cadro

- 16 -

EDUCACIÓN SECUNDARIA

O museo, ferramenta de aprendizaxe

Desde o Museo de Belas Artes queremos que a visita ao museo sexa unha experiencia didáctica significativa dentro do currículo educativo dos alumnos dos dous ciclos da ESO. Así, ofrecemos aos institutos e colexios unha programación didáctica específica, adaptada aos diferentes niveis educativos de secundaria e relacionada coas obras que nel se expoñen.

Os centros que nos visiten poderán optar por unha visita xeral polas diferentes salas do museo, a través dunha escolma de obras destacadas de diferentes épocas e estilos. Ademais propoñemos diferentes visitas temáticas, de 45 minutos de duración e os cales pódense combinar nunha mesma visita ao museo.

Visita xeral á colección do museo: Percorrido adaptado ao currículo escolar dos catro cursos da ESO, que presenta o edificio, as funcións e a colección do museo, a través dunha escolma de pezas que reflicten a diversidade de épocas, xéneros e estilos representados nas salas do museo. (pax.18)

As mulleres do museo: Con este percorrido pretendemos achegarnos ás obras do museo desde unha perspectiva non tradicional, vendo como foi representada a muller na arte a través do tempo. Tamén reflexionaremos sobre a dificultade histórica que as mulleres tiveron á hora de acadar o status de artistas. Para o primeiro ciclo da ESO, completamos a visita cun obradoiro dedicado ás mulleres artistas máis destacadas de Galicia e do panorama internacional. (pax.19)

Page 17: PROPOSTAS EDUCATIVAS 2012-2013 - Museo de Belas Artesmuseobelasartescoruna.xunta.gal/_documentos... · e de que materiais están feitas, e xogaremos a ser xigantes. Diante do cadro

- 17 -

PERCORRIDOS TEMÁTICOS

Os gravados de Goya: Visita centrada na colección de gravados de Francisco de Goya, estampas nas que amosa con total liberdade as súas ideas, e a través das cales fai unha profunda reflexión sobre a sociedade do seu tempo. Centrámonos fundamentalmente nas series Caprichos, na que o xenio aragonés fai unha forte crítica á sociedade de finais do século XVIII, e Os desastres da guerra, nos que, a través de imaxes que reflicten grandes doses de violencia, Goya fai unha denuncia dos horrores da guerra que ten valor universal. (pax.21)

O barroco: A través da observación de cadros de diferentes xéneros -retrato, pintura relixiosa, mitoloxía, costumismo, bodegón- pertencentes á colección do museo, coñeceremos as características principais da pintura barroca (as cores, a luz, a composición, iconografía...), descubriremos a fondura ideolóxica dun arte que responde a unha época determinada, coñeceremos algunhas das historias que nos amosan os cadros, e falaremos do status e da vida dos pintores do XVII: os talleres, o traballo por encargo, etc. (pax.23)

A arte do século XIX: Percorrido que ofrece unha ollada sobre a arte romántica e realista do XIX. Abordamos os cambios sociais que se producen neste século e como estes se reflicten no mundo da arte. Veremos como os xéneros da paisaxe e o costumismo van gañando importancia nesta época, e transformado a forma de traballar do artista. Por último, botaremos unha ollada á colección de artes decorativas do museo. Trátase dun percorrido especialmente indicado para combinar coa visita aos gravados de Goya e para alumnado de 4ª da ESO. (pax.25)

A arte galega no museo: visita que fai un percorrido pola colección de arte galega do museo. Partindo das obras dos artistas rexionalistas, botamos unha ollada a creación artística na nosa terra desde finais do XIX ata a actualidade, subliñando a importancia que tiveron na plástica galega figuras como Sotomayor, Luís Seoane, Colmeiro, Laxeiro, Lugrís, etc. (pax.27)

Page 18: PROPOSTAS EDUCATIVAS 2012-2013 - Museo de Belas Artesmuseobelasartescoruna.xunta.gal/_documentos... · e de que materiais están feitas, e xogaremos a ser xigantes. Diante do cadro

- 18 -

VISITA XERAL Á COLECCIÓN DO MUSEO Nivel: 1º, 2º, 3º e 4º ESO Duración: 1 h 20 min. Obxectivos: - Presentar de xeito global os diferentes xéneros e estilos artísticos que presenta a colección do museo, coñecendo como evolucionou o mundo da arte ao longo do tempo - Dar a coñecer o museo como lugar de conservación e difusión da arte e da cultura en xeral - Aprender algúns conceptos artísticos que teñen que ver coa perspectiva, a luz, as cores, os temas representados, etc. - Fomentar as opinións persoais e o gusto estético a través da observación e o diálogo da peza artística.

Desenvolvemento da actividade: Un percorrido adaptado a cada nivel da ESO no que, a través dunha escolma de obras, damos a coñecer o máis destacado do Museo de Belas Artes. Dun xeito ameno e atractivo, fomentando a participación e o diálogo entre os alumnos e co educador, descubriremos os cadros e esculturas máis interesantes da nosa colección. Na sala do barroco coñeceremos a importancia que tiña o xénero mitolóxico, descubrindo as obras de Rubens e a súa escola, e tentaremos descifrar as mensaxes ocultas que se agochan en obras como Os xogadores de cartas. Subliñamos o interese daquela época na arte relixiosa, comentando cadros de gran

formato que antes decoraban as igrexas. O alumnado terá tamén a posibilidade, neste percorrido, de coñecer a evolución do retrato ao longo do tempo. Como reflicten ás elites sociais de cada época e como evolucionan as modas e o xeito de pintar. Veremos unha galería de reis, nobres e burgueses retratados coas súas mellores galas, e coñeceremos algunhas historias e anécdotas sobre eles. Seguindo a evolución da arte, veremos o xurdimento da arte rexionalista, que terá excelentes exemplos na pintura de paisaxes e no costumismo. Posteriormente, veremos como xurde en Galicia un grupo de artistas vinculados a arte de vangarda, figuras moi importantes da plástica galega como Luís Seoane, Manuel Colmeiro, Laxeiro ou Carlos Maside, entre outros. Finalizaremos o percorrido, vendo as novas tendencias da arte aparecidas nas últimas décadas, como o surrealismo ou a abstracción, e coñecendo a obra de urbano lugrís, artista que deixou unha fonda pegada na nosa cidade.

Page 19: PROPOSTAS EDUCATIVAS 2012-2013 - Museo de Belas Artesmuseobelasartescoruna.xunta.gal/_documentos... · e de que materiais están feitas, e xogaremos a ser xigantes. Diante do cadro

- 19 -

AS MULLERES DO MUSEO Nivel: 1º, 2º, 3º e 4º ESO Duración: 1 h 20 min. Obxectivos: - Achegarse a unha visión da historia da arte na que as mulleres son protagonistas, a través das súas representacións e dos significados das obras. - Coñecer as dificultades que as mulleres tiveron ao longo de tempo para ser recoñecidas profesionalmente como artistas. - Facer unha achega ao mundo da arte desde un punto de vista non tradicional, tratando de poñer en valor mensaxes implícitas nas imaxes. - Relacionarse con outros eidos da cultura como a literatura, onde as mulleres teñen un importante labor realizado. - Promover valores como igualdade e non discriminación por cuestións sociais ou de xénero. - Fomentar o traballo en grupo e o debate de ideas. Desenvolvemento da actividade: Que papel xogan as mulleres no mundo da arte? A través deste percorrido didáctico polas salas do museo tentaremos buscar resposta a esta pregunta a través de dous puntos de vista: - O papel da muller como obxecto artístico, e dicir, como foron representadas na pintura, ao longo do tempo. - O papel da muller como artista. E dicir, como van accedendo, paseniño, as mulleres ao oficio de artistas. A través deste recorrido pola colección, imos observar algunhas obras nas que se representan mulleres, e reflexionar sobre o que vemos nesas imaxes, a través de diferentes eixes temáticos: A Virxe e a Madalena como iconas da feminidade, a evolución da imaxe da muller nos retratos , as mulleres nos gravados de Goya, a ampliación do universo feminino a partir do século XIX, a identificación da muller galega coa terra dos Renovadores ou as novas visións contemporáneas do século XX a partir de Dolores Díaz Baliño ou María Antonia Dans, entre outras. Tamén queremos subliñar, como o papel da muller como artista na historia da arte vai evolucionando, desde unha posición marxinal ata a relevancia acadada hoxe en día. Mais, está a muller artista hoxe en día en pé de igualdade co home? Podemos falar de un arte feita por homes e de unha estética propia de mulleres? Tamén queremos reflexionar sobre estes aspectos, afondando na necesidade de entender que

Page 20: PROPOSTAS EDUCATIVAS 2012-2013 - Museo de Belas Artesmuseobelasartescoruna.xunta.gal/_documentos... · e de que materiais están feitas, e xogaremos a ser xigantes. Diante do cadro

- 20 -

diferencias pasadas, tanto no eido das artes como noutros aspectos da vida, carecen de sentido hoxe en día. Así mesmo, afondaremos na relación que existe entre as mulleres e a literatura, a través das figuras de Emilia Pardo Bazán, escritora e tamén coleccionista e patrocinadora das artes. Remataremos a actividade cun obradoiro (1º ciclo da ESO) no que teremos que facer uns murais dedicados a algunhas das artistas máis importantes na arte galega e universal.

Page 21: PROPOSTAS EDUCATIVAS 2012-2013 - Museo de Belas Artesmuseobelasartescoruna.xunta.gal/_documentos... · e de que materiais están feitas, e xogaremos a ser xigantes. Diante do cadro

- 21 -

OS GRAVADOS DE GOYA

Nivel: ESO (Recomendado para 3º e 4º) Duración: 45 min Obxectivos: - Achegarnos ao universo creativo e ao significado da obra dun dos artistas máis importantes da plástica española e europea como é Francisco de Goya - Introducir ao alumno no concepto de arte como documento histórico e como reflexo dunha determinada época, neste caso da etapa crucial que supuxo o paso do Antigo Réxime ao sistema liberal - Coñecer o procedemento creativo e as posibilidades expresivas e estéticas da técnica do gravado - Comprobar como a arte é unha ferramenta moi importante para expresar ideas propias e como plataforma de denuncia das inxustizas - Fomentar o respecto e a valoración cara ás manifestacións artísticas Desenvolvemento da actividade: Achegámonos á figura de Francisco de Goya a través das series de gravados que conserva o Museo de Belas Artes: Reproduccións dos cadros de Velázquez, os Caprichos, os Desastres da guerra, os Disparates e a Tauromaquia. Comezamos o percorrido comentando os gravados que fixo Goya copiando os cadros de Velázquez. A partir deste encargo real, Goya aprende a técnica, namórase dela, e decide que o gravado será un vehículo de expresión artística na súa carreira artística. Explicamos quen era Goya, a súa traxectoria, a súa transcendencia. Tamén falamos de como é a técnica do gravado e a importancia que tiña como plataforma de difusión de imaxes. Os Caprichos representan unha visión crítica en clave irónica da sociedade do Antigo Réxime. Goya fai, a través destas estampas, unha denuncia dos costumes sociais da época, na que se reflicte a súa defensa da ilustración e a súa ideoloxía liberal. Así, vemos como denuncia a ignorancia (Si sabrá más el discípulo), as supersticións (Lo que puede un sastre), os privilexios e malos costumes do clero (Están calientes), a crueldade da inquisición (Aquellos polbos...), os abusos dos poderosos (Se repulen) , a miseria material e moral (A caza de dientes), a falta de liberdade das persoas (No hay quien los separe) ou os matrimonios de conveniencia (El si pronuncian...). Unha serie de gran importancia dentro da obra de Goya son os Desastres da guerra, a través dos cales fai unha denuncia dos horrores que son consecuencia dos conflictos bélicos, a través da súa visión sobre as guerras napoleónicas na Península Ibérica. Goya non toma partido, nestas imaxes non hai honra militar, non hai bos nin malos, só

Page 22: PROPOSTAS EDUCATIVAS 2012-2013 - Museo de Belas Artesmuseobelasartescoruna.xunta.gal/_documentos... · e de que materiais están feitas, e xogaremos a ser xigantes. Diante do cadro

- 22 -

imaxes de extrema crueldade e violencia. Nesta altura, Goya actúa case como un reporteiro de guerra na actualidade, gravando imaxes reais que sorprenden ao espectador e lle fan reflexionar sobre o grao de crueldade humana. Goya vai dar continuidade ao seu labor de gravador a través dunha serie de estampas coñecidas como os Caprichos enfáticos, a través dos cales vai denunciar o regreso do absolutismo e o castigo sufrido polos liberais, moitos deles seus amigos, unha vez rematada a guerra. Seres que adoptan formas animais para acentuar a súa falta de humanidade, sacerdotes na corda frouxa ou alegorías que representan á liberdade morta a mans dos representantes do Antigo Réxime son algunhas das singulares imaxes desta etapa creativa do xenio de Fuendetodos. No percorrido tamén comentaremos outras series de gravados presentes na colección do museo. Os Disparates son obra do Goya máis enigmático. Se os Desastres os relacionamos co cadro dos Fusilamentos do tres de maio, esta serie de estampas gardan relación directa coas Pinturas negras. Un Goya que nos traslada a un mundo escuro habitado por seres aberrantes e infernais, monstros que xorden do máis fondo do seu atormentado subconsciente e que son considerados como precursores de movementos artísticos de vangarda como o expresionismo ou o surrealismo. Por último, a través da serie Tauromaquia comprobaremos a excelente capacidade de debuxo, de análise das formas e as composicións que converteron a Goya no mellor artista da súa época. *Existe a posibilidade de completar a visita cun obradoiro no que os alumnos terán que facer, inspirados na obra de Goya, unha creación artística que denuncie un problema social da actualidade. A esa imaxe deberán poñerlle un título que faga énfase no seu contido, tal e como facía Goya nas súas estampas. É posible, así mesmo, solicitar a realización dun obradoiro de gravado. Esta actividade está suxeita á dispoñibilidade por parte do museo.

Page 23: PROPOSTAS EDUCATIVAS 2012-2013 - Museo de Belas Artesmuseobelasartescoruna.xunta.gal/_documentos... · e de que materiais están feitas, e xogaremos a ser xigantes. Diante do cadro

- 23 -

O BARROCO Nivel: 1º, 2º, 3º, 4º ESO

Duración: 45 min.

Obxectivos:

- Aprender a observar un cadro e apreciar os detalles e historias que nos contan

- Coñecer as características básicas da pintura barroca a través dos diferentes xéneros: retrato, mitoloxía, xénero relixioso e costumismo

- Descubrir como era a sociedade do Antigo Réxime utilizando a pintura como fonte histórica

- Reflexionar sobre a necesidade de valorar, conservar e difundir o patrimonio artístico herdado do pasado.

Desenvolvemento da actividade:

A pintura do século XVII ten unha presenza destacada dentro da colección do museo, importancia que este ano viuse reforzada pola chegada dun novo depósito de pinturas do Museo del Prado que a enriqueceu notablemente.

Durante o percorrido coñeceremos as obras de xénero mitolóxico que forman parte do proxecto de Rubens para a Torre da Parada, e que inclúe dous pequenos orixinais do mestre de flamengo (Psique e Dédalo e o Minotauro) e outras obras de mestres da súa escola (A apoteose de Hércules, O amor durmido, A caída de Ícaro). Partindo deles, coñeceremos a orixe dos cadros, as historias que nos contan, e afondaremos nalgunhas características da pintura desta época: as cores vivas, a luz contrastada , as composicións complexas, o dramatismo das escenas...

A pintura relixiosa conforma un dos xéneros máis importantes do barroco. Cadros de grande formato que decoraban igrexas e mosteiros, que formaban parte de grandes programas iconográficos e que son testemuña do poder económico e social da Igrexa católica na idade Moderna. A través de pinturas como O xubileo da Porciúncula, as do ciclo de San Xoán de Mata ou a Visitación de Rizi, afondaremos na importancia da

Page 24: PROPOSTAS EDUCATIVAS 2012-2013 - Museo de Belas Artesmuseobelasartescoruna.xunta.gal/_documentos... · e de que materiais están feitas, e xogaremos a ser xigantes. Diante do cadro

- 24 -

pintura relixiosa na época e na función dunha arte fundamentalmente didáctica que tiña como obxecto modelar as conciencias das xentes da época, a través de virxes esplendorosas, de escenas da paixón de cristo cheas de dramatismo, de ceos que se rachan e amosan o mundo celestial e de santos que interceden a través das milagres.

Outro dos cadros que visitaremos neste percorrido é Os xogadores de cartas, de Theodor Rombouts. trátase dun cadro costumista de gran realismo, a partir do cal teremos que descubrir os diferentes elementos que o compoñen e as mensaxes ocultas que nos transmite. Unha obra de gran calidade e que nos sirve para coñecer un pouco a vida social dunha época moi diferente á nosa.

Por último, observaremos e comentaremos os retratos nos que aparecen representados a monarquía e a nobreza da época, cuxa riqueza e preeminencia social se reflicte na vestimenta, na pose e tamén nos fondos dos cadros. Coñeceremos algunhas anécdotas destes personaxes reais como María Luísa de Orleáns ou a raíña Margarida de Austria, e comentaremos como estaba organizada a sociedade naqueles tempos.

Page 25: PROPOSTAS EDUCATIVAS 2012-2013 - Museo de Belas Artesmuseobelasartescoruna.xunta.gal/_documentos... · e de que materiais están feitas, e xogaremos a ser xigantes. Diante do cadro

- 25 -

A ARTE DO SÉCULO XIX

Nivel: 4º ESO

Duración: 45 min.

Obxectivos:

- Comprender a arte no contexto no que foi creado e como reflexo das ideas e intereses dunha determinada época

-Coñecer diferentes xéneros artísticos e afondar no modo de vida dos artistas, e ver como esta vai cambiando ao longo do tempo

- Diferenciar o realismo e o romanticismo como estilos artísticos opostos que se suceden no tempo

Desenvolvemento da actividade

Un percorrido especialmente indicado para o alumnado do 4º curso da ESO, co fin de complementar os contidos da materia de historia coa visita ao museo.

Comezamos o recorrido botando unha ollada á obra de Jenaro Pérez villaamil, un dos mellores representantes da pintura romántica en España. A través dos seus interiores de catedrais introducimos o concepto de romanticismo, explicando as súas ideas e os seus presupostos estéticos e vitais. Partindo da súa obra veremos outras pinturas e gravados característicos deste estilo.

Como contrapunto ao romanticismo, os pintores realistas representarán con absoluta fidelidade o seu entorno, a través dos xéneros da paisaxe e o costumismo. Escenas da vida cotiá con mensaxes moralizantes serán habituais desta época, como podemos comprobar en cadros como O castigo e O consello do pai.

A través das paisaxes de Carlos de Haes, e tamén das de artistas que representan escenas do noso contorno, como Ferrant Fischermans ou Martínez Abades, permiten achegarnos á pintura ao aire libre e ao estudio da luz que facían os paisaxistas.

Page 26: PROPOSTAS EDUCATIVAS 2012-2013 - Museo de Belas Artesmuseobelasartescoruna.xunta.gal/_documentos... · e de que materiais están feitas, e xogaremos a ser xigantes. Diante do cadro

- 26 -

O retrato tamén vai evolucionar ao longo do XIX. Á vella aristocracia únese a burguesía emerxente -e a fidalguía no caso galego- como novos clientes do artistas. Os seus retratos reflicten as novas modas do século, e ademais tentan de afondar no perfil psicolóxico dos personaxes retratados a través da expresión facial, como comprobamos nos cadros de Madrazo ou de Fierros.

Dentro da arte do XIX destacaremos tamén o xurdimento do rexionalismo, que ten como excelente exemplo as esculturas de Isidoro Brocos. Artistas galegos van retomar estes temas que a través do costumismo exaltan o folclore local, e que serán precursores dos grandes artistas galegos do primeiro tercio do século XX, como Sotomayor, Asorey e Lloréns.

Por último, aproveitamos este percorrido para presentar a colección de artes decorativas do museo, que ten no XIX excelentes exemplos de libros, xogos de escritorio, abanos, antucas, moedas, medallas, mobles...

Page 27: PROPOSTAS EDUCATIVAS 2012-2013 - Museo de Belas Artesmuseobelasartescoruna.xunta.gal/_documentos... · e de que materiais están feitas, e xogaremos a ser xigantes. Diante do cadro

- 27 -

A ARTE GALEGA NO MUSEO

Nivel: ESO Duración: 45 min

Obxectivos: - Dar a coñecer aos alumnos á colección de arte galega dos séculos XIX e XX do Museo, coñecendo obras orixinais dalgúns dos artistas sobranceiros da plástica galega. - Promover o respecto e valoración cara ao patrimonio cultural galego por parte dos alumnos.

- Coñecer a revolución no mundo da arte que supón o xurdimento das vangardas, e como os movementos artísticos internacionais van influír na plástica galega.

- Comprender e valorar as representacións artísticas propias da arte de vangarda e actual, achegándonos a propostas estéticas e significados diferentes aos da arte tradicional.

Desenvolvemento da actividade:

A altura da segunda metade da centuria van confluír unha serie de circunstancias que provocan que Galicia (as súas paisaxes e xentes) sexa a protagonista das obras de moitos artistas. En primeiro lugar destacamos o xurdimento dunha xeración de artistas galegos: Isidoro Brocos, Dionisio Fierros, Serafín Avendaño, os membros pertencentes á Xeración Doente (Joaquín Vahamonde, Ovidio Murguía, Jenaro Carrero...). Moitos deles van practicar o xénero pictórico, practicamente inédito en Galicia se exceptuamos a figuras como Jenaro Pérez Villaamil.

En segundo lugar, a propia evolución das tendencias artísticas permite que no século XIX os creadores poidan practicar un maior número de xéneros. Neste contexto a pintura costumista e a pintura de paisaxes van ir acadando cada vez máis importancia. Esta circunstancia leva aos nosos artistas a atopar referencias no que teñen máis preto, nas xentes e nas paisaxes de Galicia.

Por outra banda, destacamos o nacemento en Galicia -en paralelo ao que acontece noutros puntos de Europa- dunha nova conciencia de pertenza e de valoración do territorio e a cultura propia. En Galicia este proceso coñécese como Rexurdimento, sendo a figura emblemática do mesmo a poetisa Rosalía de Castro. A literatura vai, pois, á vangarda dun movemento que abrangue diversos ámbitos e que inicia a recuperación da nosa cultura e identidade en campos como a historiografía, a música, a cultura popular, o folclore e, como non, as artes plásticas.

Iniciamos o percorrido diante da obra O gaiteiro do pintor Jaspe Moscoso. Un cadro rexionalista que abre dous vieiros polos que imos continuar o noso percorrido: a paisaxe e o costumismo. Na sala 5 temos unha serie de cadros dedicados á paisaxe

Page 28: PROPOSTAS EDUCATIVAS 2012-2013 - Museo de Belas Artesmuseobelasartescoruna.xunta.gal/_documentos... · e de que materiais están feitas, e xogaremos a ser xigantes. Diante do cadro

- 28 -

galega, entre os que destacan Ovidio Murguía, Imeldo Corral e, sobre todo, Francisco Lloréns, o gran paisaxista galego do rexionalismo.

A parte referida á cultura popular, anunciada no cadro do gaiteiro, atopámola de novo na sala 5, a través das obras de Fernando Álvarez de Sotomayor (Estudio para romaría, Estudio para comida de voda en Bergantiños) e da escultura de Francisco Asorey (Filliña). Sotomayor foi un mestre en representar as costumes e tradicións populares da nosa terra. Tanto nos seus cadros como na escultura de Asorey atopamos unha serie de elementos propios da cultura popular galega como son as romarías, os traxes e vestidos, a relixiosidade popular...

A pintura de Luís Seoane, xa na sala 6, é moi diferente á que levamos visto ata o de agora, claramente situada na arte de vangarda. No tocante á temática, a obra de Seoane ten, en moitas ocasións, unha forte compoñente de denuncia social. É o caso de Emigrante, un cadro que nos invita a reflexionar sobre o fenómeno migratorio e sobre a diáspora galega formada por milleiros de emigrantes e de exiliados da que o mesmo Seoane formou parte.

Por outra banda, a obra de Seoane significa a culminación do proceso de renovación da plástica galega. Unha renovación que albiscamos nas obras de Laxeiro, Colmeiro e Maside. Este grupo de artistas atopa os elementos representativos e diferenciais da nosa cultura nos mundos do campo e do mar, nas tarefas cotiás que as mulleres -moitas delas viúvas de vivos que se atopaban alén mar- facían con absoluta dignidade e esforzo. Representan así a unha Galicia máis pura e sinxela, sen artificios, e o fan a través dunha linguaxe artística moderna e propia. Recollen unha tradición e a actualizan con recursos propios das vangardas.

Tanto na arte como na literatura, a creación de mundos fantásticos, moitas veces tirados do máis fondo da imaxinación e do subconsciente humano, é un recurso habitual. É o caso de Urbano Lugrís e Eugenio F. Granell, dous artistas próximos ao movemento surrealista cuxa obra tamén está representada na colección do museo.

A parte final da visita á sala 6 resérvanos unha serie de tesouros en pequeno formato que cómpre destacar: os debuxos de Castelao, as caricaturas de Álvaro Cebreiro, a Carnavalada de Laxeiro, os gravados e as capas de Seoane, as ilustracións de Arturo Souto... Despois deste repaso pola arte galega dos últimos cento cincuenta anos, botamos unha ollada ao panorama actual, no que temos artistas galegos que recollen éxitos no contexto estatal e internacional. Centrámonos na obra dun dos artistas galegos de maior sona na actualidade: Francisco Leiro. Tamén na planta baixa do museo atopamos outras obras de artistas galegos que seguen a traballar na actualidade, como é o caso de Silverio Rivas, Leopoldo Nóvoa, Roberto González, Paco Pestana... Que adoptan as diferentes linguaxes artísticas que son compartidas por artistas con orixes moi diversas. Neste grupo de obras comprobamos os diferentes vieiros expresivos que a plástica galega presenta, introducindo así os alumnos, en certa medida, no concepto de arte actual.

Page 29: PROPOSTAS EDUCATIVAS 2012-2013 - Museo de Belas Artesmuseobelasartescoruna.xunta.gal/_documentos... · e de que materiais están feitas, e xogaremos a ser xigantes. Diante do cadro

- 29 -

BACHARELATO Vivir o museo O contacto directo coa obra de arte, polo que ten de expresión cultural e de recurso documental, é un exercicio moi interesante para o alumnado dos niveis superiores do sistema educativo. Outro aspecto importante da visita ao museo é, ademais, converter a asistencia aos centros culturais nun feito común na vida dos alumnos de bacharelato. O museo oferta para os alumnos de bacharelato un programa de visitas guiadas por educadores especializados, que tentarán fomentar este hábito, conectando a colección do museo cos contidos recollidos no currículo educativo, así como cos intereses persoais das novas xeracións. Tamén poñemos a disposición do profesorado a opción de que eles mesmos poidan organizar a súa propia visita, escollendo o percorrido e as obras máis axeitadas para o seu nivel e asignatura, dentro da ampla colección do museo, que abrangue desde o século XVI ata a actualidade.

Visita xeral á colección do museo Para os alumnos de bacharelato propoñemos unha visita xeral á colección do museo, visitando todas as salas e coñecendo obras de diferentes épocas e estilos, desde o renacemento e barroco, ata as vangardas e a abstracción. Os alumnos de Historia da Arte de segundo curso, e aqueles que estean a cursar o bacharelato de artes, serán obxecto dunha atención especial, sendo a visita ao museo un complemento moi interesante para os contidos da aula. (pax.30)

Page 30: PROPOSTAS EDUCATIVAS 2012-2013 - Museo de Belas Artesmuseobelasartescoruna.xunta.gal/_documentos... · e de que materiais están feitas, e xogaremos a ser xigantes. Diante do cadro

- 30 -

VISITA XERAL AO MUSEO

Nivel: BACHARELATO Duración: 1 h 20 min. Obxectivos:

- Presentar de xeito global os diferentes xéneros e estilos artísticos que comprende a colección do museo, coñecendo como evolucionou da arte ao longo do tempo

- Dar a coñecer o museo lugar de conservación e difusión da arte e da cultura en xeral.

- Aprender algúns conceptos artísticos que teñen que ver coa perspectiva, a luz, as cores, os temas representados, etc.

- Fomentar as opinións persoais e o gusto estético a través da observación e o diálogo da peza artística.

Desenvolvemento da actividade

Para os alumnos de Bacharelato propoñemos unha visión xeral da colección do museo, visitando todas as salas e coñecendo obras de diferentes épocas e estilos, desde o renacemento e barroco, ata as vangardas e a abstracción. Cos alumnos de Historia da Arte de segundo curso, e aqueles que estean a cursar o Bacharelato de artes, afondaremos nos conceptos artísticos e nos diferentes estilos e significados da colección do museo, sendo a visita ao museo un complemento moi interesante para completar os contidos da aula, especialmente para os alumnos da materia de Historia da Arte.

A colección do museo permite coñecer algúns exemplos da pintura do XVI, principalmente de pintura relixiosa. A través de obras como A virxe do leite (Anónimo), A sagrada familia de Juan de Juanes ou Ecce-Hommo de Luís Morales, veremos obras propias do tempo do Renacemento, cadros que buscan a proporcionalidade, o minucioso estudio da perspectiva, a harmonía e a beleza, como herdeiros do ideal clásico que son.

Na sala do barroco coñeceremos a importancia que tiña o xénero mitolóxico, descubrindo as obras de Rubens e a súa escola, e tentaremos descifrar as mensaxes ocultas que se agochan en obras como Os xogadores de cartas. Subliñamos o interese daquela época na arte relixiosa, comentando cadros de gran formato que antes decoraban as igrexas. Partindo destes cadros, comprobamos o que ten de efectista e teatral a pintura barroca, os claroscuros, a riqueza de cores, o dramatismo das escenas, a complexidade das composicións...

Neste percorrido comprobaremos evolución do retrato ao longo do tempo. Como reflicten ás elites sociais de cada época -da aristocaracia á burguesía, e como evolucionan as modas e o xeito de pintar, pasando dunha pintura moi preocupada pola representación minuciosa dos detalles a outra no que vai interesar máis reflectir a personalidade do personaxe retratado.

Page 31: PROPOSTAS EDUCATIVAS 2012-2013 - Museo de Belas Artesmuseobelasartescoruna.xunta.gal/_documentos... · e de que materiais están feitas, e xogaremos a ser xigantes. Diante do cadro

- 31 -

Seguindo a evolución da arte, veremos a arte do XIX, co romanticismo, o realismo e o xurdimento da arte rexionalista, que terá excelentes exemplos na pintura de paisaxes e no costumismo. Posteriormente, veremos como xurde un grupo de artistas vinculados a arte de vangarda coñecidos como Os Renovadores, figuras moi importantes da plástica galega como Luís Seoane, Manuel Colmeiro, Laxeiro ou Carlos Maside, entre outros.

Finalizaremos o percorrido vendo as novas tendencias da arte xurdidas nas últimas décadas, como o surrealismo ou a abstracción, tamén representados nos museo a través da obra de artistas galegos como Lugrís e Manuel Mampaso.

Page 32: PROPOSTAS EDUCATIVAS 2012-2013 - Museo de Belas Artesmuseobelasartescoruna.xunta.gal/_documentos... · e de que materiais están feitas, e xogaremos a ser xigantes. Diante do cadro

- 32 -

ATENCIÓN Á DIVERSIDADE

Un Museo sen barreiras O museo quere trasladar o seu interese por fomentar a participación de todas as persoas nas actividades educativas que se desenvolven no mesmo. O obxectivo é proporcionar a inclusión de grupos tradicionalmente afastados das institucións culturais e, na medida das posibilidades do centro, protexer os seus dereitos, facilitar recursos para que podan desenvolver as súas capacidades e darlles alternativas para a integración social.

Trátase de normalizar o acceso ao museo, de facer asequibles os seus contidos e as súas actividades a todos e de sensibilizar á cidadanía para que se respecte e se favoreza o acceso ao ocio e a cultura de todos e todas.

Nos últimos tempos visitaron o museo diferentes asociacións que traballan con grupos de diversidade: enfermos de Alzeihmer, axuda a drogadicción, integración de emigrantes, grupos de discapacitados físicos, psíquicos ou sensoriais. O museo está aberto a todos eles para que repitan a experiencia, e a grupos novos que poidan estar en interesados en visitarnos e participar nas actividades.

Os grupos interesados en acudir ao museo poden solicitar unha visita xeral ao mesmo, ou ben a realización da seguinte actividade:

As cores da natureza Unha actividade que combina unha visita guiada polas salas do museo e un obradoiro plástico, e que ten como fío condutor a representación da natureza na arte. A través do xénero paisaxístico e da colección de esculturas do museo descubriremos unha morea de cousas sobre o mundo da arte, antes de crear nos a nosa propia paisaxe. (pax.33)

Page 33: PROPOSTAS EDUCATIVAS 2012-2013 - Museo de Belas Artesmuseobelasartescoruna.xunta.gal/_documentos... · e de que materiais están feitas, e xogaremos a ser xigantes. Diante do cadro

- 33 -

AS CORES DA NATUREZA

Nivel: Atención a diversidade (enfermos de Alzeihmer, axuda a drogadicción, integración de emigrantes, grupos de discapacitados físicos, psíquicos ou sensoriais...) Duración: 1h 30 min. Obxectivos: - Refrozar as capacidades sensoriais a través dos mateirias, as formas e as cores. - Descubrir, a través da observación da obra de arte, os diferentes elementos que componen as paisaxes. - Coñecer as diferentes ferramentas que se empregan no proceso creativo das artes plásticas. - Promover a creatividade do alumnado partindo da temática da natureza, experimentando con diversos materiais e texturas. - Desenvolver unha actividade creativa, didáctica e de lecer nun entorno diferente e suxestivo para os participantes como é o museo

Desenvolvemento da actividade: A natureza ten unha gran relación co mundo da arte, non só como tema e fondo de inspiración dos artistas a través do xénero da paisaxe, senón tamén como fonte de recursos onde os artistas -sobre todo os escultores- atopan os materiais necesarios para a creación das súa pezas. Nunha actividade moi flexible -dependendo da idade e das capacidades do grupo que nos visite-, tomamos a natureza como fío condutor da visita ao museo, descubrindo, observando e comentando entre todos diferentes cadros de paisaxes de diferentes épocas e estilos: Costas galegas. Ría de Mera de Lloréns, Xardíns de Cuernavaca de Arturo Souto ou a Paisaxe de Urgell. Tamén utilizaremos neste percorrido outros cadros nos que a natureza enmarca unha

Page 34: PROPOSTAS EDUCATIVAS 2012-2013 - Museo de Belas Artesmuseobelasartescoruna.xunta.gal/_documentos... · e de que materiais están feitas, e xogaremos a ser xigantes. Diante do cadro

- 34 -

acción que están a desenvolver os personaxes protagonistas do cadro, como A Caída de Ícaro, O Boieiro castelán ou As Mariscadoras. Partindo da colección de escultura do museo, comprovaremos como para crealas empregamos diferentes materiais que teñen as súas propias características e técnicas: madeira (Xigante), pedra (Nú con peixe, maternidade, metal (Nú andando), terracota (A parva), técnica mixta (Nora para xentís peixes...). Para finalizar a actividade realizaremos un obradoiro na que os participantes terán que crear a súa propia paisaxe empregando diferentes elementos da natureza como algodón, barro, carbón, cortiza, follas, etc.