Proxecto biblioteca curso 09-10

6
Avda Mac Mahon s/n 15403 Ferrol Curso 2009-2010 C.E.I.P. “ISAAC PERAL” Avda Mac Mahón, s/n 15403 Ferrol Tfno.: 981354699- Fax.: 981354573 E-mail: [email protected]

description

Proyecto de biblioteca

Transcript of Proxecto biblioteca curso 09-10

Page 1: Proxecto biblioteca curso 09-10

Avda Mac Mahon s/n 15403 Ferrol

Curso 2009-2010

C.E.I.P. “ISAAC PERAL”

Avda Mac Mahón, s/n 15403 Ferrol

Tfno.: 981354699- Fax.: 981354573

E-mail : [email protected]

Page 2: Proxecto biblioteca curso 09-10

Proxecto de Bib l io tecas Escolares curso 2009 -2010 - CEIP Isaac Pera l ~ 1 ~

FERROL

ANEXO VIII

Page 3: Proxecto biblioteca curso 09-10

Proxecto de Bib l io tecas Escolares curso 2009 -2010 - CEIP Isaac Pera l ~ 2 ~

PROXECTO: “OS INVITADOS DE PERALIÑO”

XUSTIFICACIÓN

Ao principio deste curso a nosa mascota chegou de dar a volta ao mundo.Veu cargada de

información que permitiu o desenvolvemento de actividades de educación documental, pescuda

de datos na rede, elaboración de traballos persoais e en grupo, lecturas e representación de obras

relacionadas co mar...

Tendo en conta a gran implicación do alumnado e do profesorado pensouse en seguir nesta liña

de investigación. Para achegarnos á cultura destes países polos que pasou, que mellor

axuda motivadora que a dos animais máis característicos que viven neles.

Pretendemos que a través de cartas e correos electrónicos Peraliño envíe invitacións a diferentes

amigos para que o veñan visitar e nos poidan presentar os seus lugares de orixe.

ORGANIZACIÓN E XESTIÓN

Na nosa biblioteca, no 2º trimestre, levouse a cabo unha transformación que supuxo un cambio

estrutural da mesma, cunha ampliación do espazo... que redundou nun gran beneficio para a súa

utilidade.

Rematada a catalogación dos fondos documentais consideramos que a dotación dos mesmos é

axeitada, aínda que para O VINDEIRO CURSO PRETÉNDESE:

- Organización do horario da biblioteca.

- Expurgación de material deteriorado ou non utilizado.

- Adquisición de fondos principalmente en soporte audiovisual e informático, algún

relativos a novo proxecto; catalogación dos mesmos.

- Planificación e xestión das actividades cara ao novo proxecto.

- Adquisición de soportes para as linguas estranxeiras (inglés e francés)

- Catalogación, ordenación e adquisición dos fondos do Departamento de Orientación

- Cambio das portas da biblioteca, xa que están moi deterioradas.Pretendemos que as novas

teñan motivos decorativos alusivos ao mundo do libro.

DINAMIZACIÓN E PROMOCIÓN DOS RECURSOS

A biblioteca debe ser un centro de recursos ao servicio da ensinanza e a aprendizaxe, útil,

integrada na práctica educativa, articuladora dun programa de actividades de aprendizaxe

dirixidas á utilización da información.

Debe colaborar no desenvolvemento das actividades poñendo a disposición do profesorado:

C.E.I.P. “ISAAC PERAL”

Avda Mac Mahón, s/n 15403 Ferrol

Tfno.: 981354699- Fax.: 981354573

E-mail : [email protected]

Page 4: Proxecto biblioteca curso 09-10

Proxecto de Bib l io tecas Escolares curso 2009 -2010 - CEIP Isaac Pera l ~ 3 ~

- espazo para a dinamización do grupo-clase

- tempo para levar a cabo o traballo de busca da información, para un bo

desenvolvemento da competencia informacional.

- axuda para levar a cabo as actividades que deberán estar encadradas no currículo e

servirán para que o alumnado adquira:

- interese por aprender (produción)

- modificar e solucionar problemas (aplicación)

- crear por si mesmo (reprodución)

Todo isto ten como obxectivo integrar o proxecto no desenvolvemento das competencias

básicas.

Para manter vivo o interese, a chegada dos animais invitados distribuirase por trimestres.

DINAMIZACIÓN

1º Trim.

“Os invitados de Peraliño”

- Os rapaces axudarán a escribir as cartas que a mascota enviará aos seus amigos para

que nos dean a coñecer os seus costumes. Lerán as súas respostas na páxina web.

- Chegarán dende o Polo Norte, a foca; do deserto africano, o camelo. Serviranos de

relación co Nadal (Papá Noël e os Reis Magos)

- Traballo interdisciplinar: PESCUDA DE ONDE VEÑEN, busca de información

documental e de imaxes en libros, xornais, na rede.. sobre os países de orixe;

- Descrición destes animais

- Comparación entre os seus hábitats

2º Trim.

“Chegan máis invitados”

- É tempo de Paz virán visitarnos o elefante da India e o tucano de América Latina.

- Comparación de culturas e economías entre os países desenvolvidos e os máis

desfavorecidos.

- Traballo de pescuda similar ao anterior trimestre.

3º Trim.

“Festa con Peraliño e os seus invitados….”

- Entramos nas estacións calorosas.De África chegará a xirafa, e o canguro de Australia.

- Traballo de pescuda.

- Fagamos unha festa cos nosos amigos. Vaiamos de excursión a un Parque Natural onde

poidamos observar in situ a estes animais.

Page 5: Proxecto biblioteca curso 09-10

Proxecto de Bib l io tecas Escolares curso 2009 -2010 - CEIP Isaac Pera l ~ 4 ~

FORMACIÓN DE USUARIOS

No que respecta ao manexo dos fondos documentais da biblioteca, o alumnado está bastante ben

preparado. Cada ano debemos formar aos alumnos de nova inscrición e os axudantes dos

empréstitos que soen ser de 6º curso.

- Elaboraranse varios trípticos, segundo a idade, de guía de usuarios que se repartirá a

cada alumno/a, para levar á casa. Ampliarase a tamaño DIN-A3 para as aulas e a

biblioteca.

- Planificaranse liñas de actuación para o desenvolvemento do proxecto, de acceso á

información, con actividades sinxelas e de curto tempo, debido ao gran nº de alumnado

que fai difícil a flexibilidade dos grupos.

FOMENTO DA LECTURA E O PROXECTO LECTOR

Levaranse a cabo todas aquelas actividades relacionadas co fomento da lectura e que virán

recollidas no texto do proxecto lector que durante o vindeiro curso se presentará a claustro para

a súa aprobación:

- Maleta viaxeira con libros da temática do novo proxecto ou outros temas que vaian

xurdindo.

- Mochila viaxeira, con ampliación de tempo de permanencia na casa e apertura a textos

doutros idiomas (inglés e francés).

- Hora de ler como impulsora do desenvolvemento da lectura e da mellora das

competencias.

- Lectura na rede:seguir mantendo as liñas de actuación deste curso, no tempo de ler e a

través da páxina Web do centro ( lecturas on-line)

- Encontros con escritores e ilustradores.

- Representacións teatrais, poéticas... creadas e dramatizadas polo alumnado.

- Traballar a lectura en todas as áreas do currículo.

- Guías de lectura

OUTRAS ACTUACIÓNS

Dende a biblioteca deberase apoiar o labor docente do profesorado no primeiro ámbito da

competencia informacional, que é a busca de información.

Axudarase a desenvolver as actividades programadas polo centro e que están incluídas no

calendario escolar: Magosto, Nadal, Entroido...

En definitiva colaborar no marco das competencias básicas na contextualización dunha

aprendizaxe interdisciplinar.

Page 6: Proxecto biblioteca curso 09-10

Proxecto de Bib l io tecas Escolares curso 2009 -2010 - CEIP Isaac Pera l ~ 5 ~

CRITERIOS E PROCEDEMENTOS DE AVALIACIÓN

- Análise de cada actividade por parte de cada ciclo para ver se foron acadados os

obxectivos, se o material, tempo e lugar foron os axeitados.

- Análise trimestral do proxecto: observación do seguimento das directrices fixadas,

dificultades de cumprimento, realización de actividades, melloras...

- Avaliación final mediante cuestionario á comunidade educativa que recolla o sentir da

mesma.

GRUPO DA BIBLIOTECA

- Seguirá estando designada como coordinadora: Mª Dolores López Espiñeira, co mesmo

grupo dinamizador, agás unha baixa dunha mestra de E. Infantil e a incorporación de

novos membros doutras áreas: matemáticas, coñecemento do medio...

- Para o vindeiro curso o grupo quedaría segundo táboa, pendentes de variantes na

elección de nivel no vindeiro curso.

Nome e Apelidos Situación Administrativa Etapa / Ciclo

Rosa Anido Abeledo P. Definitivo E. Infantil

Dalia Abella Pérez P. Definitivo 1º Ciclo E.Primaria

Mª José Rivas García P. Definitivo 2º Ciclo E. Primaria

Mª Dolores López Espiñeira P. Definitivo 3ºCiclo E.Primaria

Mª Isabel Cajide Pedreira P. Definitivo 2º Ciclo E. Primaria

Olga Vales Corti P. Definitivo Aud. y L./ Depart.

Extraescolares

Mª José Piñeiro Abeledo P. Definitivo

2ºCiclo E. Primaria/

Xef. Est ./ Depart .

TICS