PROXECTO DE DECRETO POLO QUE SE REGULA A ESTRUTURA E...

28
Praza de Europa, 5 A – 4º Polígono de Fontiñas 15781 SANTIAGO DE COMPOSTELA PROXECTO DE DECRETO POLO QUE SE REGULA A ESTRUTURA E ORGANIZACIÓN DA OFICINA XUDICIAL EN GALICIA A Lei orgánica 19/2003, do 23 de decembro, de modificación da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, asentou as bases dun novo modelo de oficina xudicial, modelo que xorde motivado pola necesidade de modernizar a Administración de xustiza a través dunha reorganización integral centrada na optimización de procesos e de recursos persoais e materiais, así como na incorporación das novas tecnoloxías. Todo isto co obxectivo final de lograr unha organización que facilite unha actuación da xustiza máis áxil, eficaz, transparente e próxima á cidadanía. Na estrutura da nova oficina xudicial, os recursos materiais e humanos, así como as novas funcións dos actuais xulgados e tribunais, reorganízanse ao redor de dous tipos de unidades: as unidades procesuais de apoio directo e os servizos comúns procesuais. De acordo co disposto no artigo 437 da Lei orgánica do poder xudicial, as unidades procesuais de apoio directo asisten directamente a xuíces e maxistrados, e correspóndelle ao Ministerio de Xustiza a determinación das súas dotacións básicas, regulación esta que se produce pola Orde XUS/3244/2005, do 18 de outubro, modificada pola Orde XUS/76/2014, do 28 de xaneiro, sen prexuízo de que as comunidades autónomas con competencias asumidas en materia de xustiza poidan establecer maior dotación ca o mínimo establecido. No caso dos servizos comúns procesuais, o artigo 438.3 da Lei orgánica do poder xudicial recoñece a competencia das comunidades autónomas para o deseño, creación e organización dos servizos comúns procesuais, con funcións de rexistro e repartición, actos de comunicación, auxilio xudicial, execución das resolucións xudiciais, xurisdición voluntaria, mediación e ordenación do procedemento.

Transcript of PROXECTO DE DECRETO POLO QUE SE REGULA A ESTRUTURA E...

Page 1: PROXECTO DE DECRETO POLO QUE SE REGULA A ESTRUTURA E ...ficheiros-web.xunta.gal/transparencia/normativa... · poderán estruturarse en seccións, e estas á súa vez en equipos de

Praza de Europa, 5 A – 4º Polígono de Fontiñas 15781 SANTIAGO DE COMPOSTELA

PROXECTO DE DECRETO POLO QUE SE REGULA A ESTRUTURA E ORGANIZACIÓN DA OFICINA XUDICIAL EN

GALICIA

A Lei orgánica 19/2003, do 23 de decembro, de modificación da Lei orgánica

6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, asentou as bases dun novo modelo de

oficina xudicial, modelo que xorde motivado pola necesidade de modernizar a

Administración de xustiza a través dunha reorganización integral centrada na

optimización de procesos e de recursos persoais e materiais, así como na

incorporación das novas tecnoloxías. Todo isto co obxectivo final de lograr unha

organización que facilite unha actuación da xustiza máis áxil, eficaz, transparente

e próxima á cidadanía.

Na estrutura da nova oficina xudicial, os recursos materiais e humanos, así

como as novas funcións dos actuais xulgados e tribunais, reorganízanse ao redor

de dous tipos de unidades: as unidades procesuais de apoio directo e os servizos

comúns procesuais.

De acordo co disposto no artigo 437 da Lei orgánica do poder xudicial, as

unidades procesuais de apoio directo asisten directamente a xuíces e

maxistrados, e correspóndelle ao Ministerio de Xustiza a determinación das súas

dotacións básicas, regulación esta que se produce pola Orde XUS/3244/2005, do

18 de outubro, modificada pola Orde XUS/76/2014, do 28 de xaneiro, sen

prexuízo de que as comunidades autónomas con competencias asumidas en

materia de xustiza poidan establecer maior dotación ca o mínimo establecido.

No caso dos servizos comúns procesuais, o artigo 438.3 da Lei orgánica do

poder xudicial recoñece a competencia das comunidades autónomas para o

deseño, creación e organización dos servizos comúns procesuais, con funcións

de rexistro e repartición, actos de comunicación, auxilio xudicial, execución das

resolucións xudiciais, xurisdición voluntaria, mediación e ordenación do

procedemento.

Page 2: PROXECTO DE DECRETO POLO QUE SE REGULA A ESTRUTURA E ...ficheiros-web.xunta.gal/transparencia/normativa... · poderán estruturarse en seccións, e estas á súa vez en equipos de

Praza de Europa, 5 A – 4º Polígono de Fontiñas 15781 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Os servizos comúns procesuais, que asumen funcións centralizadas de

xestión e apoio en actuacións derivadas da aplicación das leis procesuais, son

clave para lograr unha organización que posibilite a introdución de métodos de

traballo racionais e criterios de xestión homoxéneos, a racionalización dos medios

humanos e materiais e a incorporación das novas tecnoloxías, o que contribuirá

ao mellor desenvolvemento dos trámites xudiciais. Consonte o artigo 438.5 da Lei

orgánica do poder xudicial, a dirección destes servizos corresponde aos letrados

da Administración de xustiza, e de acordo co punto 4 deste mesmo artigo, os ditos

servizos poden estar estruturados en seccións, e estas, se o servizo o require, en

equipos.

A Lei orgánica do poder xudicial contempla no seu artigo 436.3 un deseño da

oficina xudicial flexible que, respectando os criterios básicos que recolle a

reforma, sexa adaptable ás distintas realidades de cada partido xudicial, polo que

establece que a súa dimensión e organización lle corresponden á Administración

pública competente, en función da actividade que nela se desenvolva.

A complexidade da reforma da oficina xudicial ten particular relevancia en

Galicia polo elevado número de partidos xudiciais, a súa dispersión territorial e a

diferente tipoloxía dos mesmos. Segundo esta tipoloxía e características

singulares da planta xudicial galega, o decreto prevé cinco niveis organizativos

diferentes: no primeiro nivel encádrase o Tribunal Superior de Xustiza; no

segundo, os órganos colexiados e unipersoais das sete cidades galegas; no

terceiro, os partidos xudiciais con tres e catro órganos xudiciais; no cuarto, os

partidos xudiciais con dous órganos xudiciais; e, finalmente, no quinto nivel, os

partidos xudiciais cun único órgano xudicial. Esta estrutura básica, que se

establece no anexo do decreto, poderá axustarse en función das implantacións

que se realicen e das evolucións que se produzan, particularmente en materia

tecnolóxica.

O presente decreto fixa a estrutura e organización xeral da oficina xudicial e

deberá ser completado polas correspondentes ordes de desenvolvemento, que

aprobarán a creación dos distintos servizos comúns procesuais en cada partido

xudicial e que serán as que concreten a súa estrutura específica, organización

xeral e data de entrada en funcionamento.

Page 3: PROXECTO DE DECRETO POLO QUE SE REGULA A ESTRUTURA E ...ficheiros-web.xunta.gal/transparencia/normativa... · poderán estruturarse en seccións, e estas á súa vez en equipos de

Praza de Europa, 5 A – 4º Polígono de Fontiñas 15781 SANTIAGO DE COMPOSTELA

A dotación do persoal, o desenvolvemento do proceso de ordenación deste e

a súa integración na nova organización realizaranse a través das relacións de

postos de traballo, que substituirán o antigo sistema de cadros de persoal.

En canto ao funcionamento dos servizos comúns, o artigo 438.7 da Lei

orgánica do poder xudicial atribúe competencias ao Consello Xeral do Poder

Xudicial para establecer criterios xerais que permitan a homoxeneidade nas

actuacións dos servizos comúns procesuais da mesma clase en todo o territorio

nacional. Xunto con estes criterios, o funcionamento dos servizos comúns virá

determinado polas circulares e instrucións do órgano da comunidade autónoma

con competencias en materia de xustiza e mais polos protocolos de actuación no

procedemento previstos no artigo 8 do Regulamento orgánico do corpo de

secretarios xudiciais, aprobado polo Real decreto 1608/2005, do 30 de decembro.

O uso das novas tecnoloxías é un elemento indispensable da modernización

da Administración de xustiza, polo que na configuración e desenvolvemento da

nova oficina xudicial se impulsarán as medidas necesarias para propiciar o seu

uso xeneralizado, en liña cos principios recollidos na Lei 18/2011, do 5 de xullo,

reguladora do uso das tecnoloxías da información e a comunicación na

Administración de xustiza.

No marco da política de promoción e normalización lingüística, impulsarase o

proceso de incorporar o idioma galego no ámbito das oficinas xudiciais,

garantindo os dereitos da cidadanía a poder utilizar calquera das dúas linguas

oficiais, castelán e galego, nas súas relacións coa Xustiza.

Así mesmo, promoverase e incentivarase a formación especializada en

materia de violencia contra a muller, en cumprimento das previsións establecidas

na Lei 7/2004, do 16 de xullo, galega para a igualdade de mulleres e homes, e

mais na Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento

integral da violencia de xénero.

O presente decreto consta de dezaoito artigos, unha disposición adicional, tres

disposicións transitorias e tres disposicións derradeiras.

Os distintos artigos recollen a nova estrutura da oficina xudicial e os principios

que deben rexer a súa actividade. A disposición adicional única establece a

Page 4: PROXECTO DE DECRETO POLO QUE SE REGULA A ESTRUTURA E ...ficheiros-web.xunta.gal/transparencia/normativa... · poderán estruturarse en seccións, e estas á súa vez en equipos de

Praza de Europa, 5 A – 4º Polígono de Fontiñas 15781 SANTIAGO DE COMPOSTELA

ordenación do persoal a través das correspondentes relacións de postos de

traballo. As disposicións transitorias primeira e segunda fan referencia,

respectivamente, ao desenvolvemento progresivo da nova estrutura e á situación

dos servizos comúns creados con anterioridade. A disposición transitoria terceira

refírese ao mantemento das retribucións complementarias fixas do persoal

funcionario dos corpos xerais para o caso de imposibilidade de confirmación en

postos de similares características aos que desempeñaban antes do proceso de

acoplamento á nova estrutura. Nas disposicións derradeiras regúlase a entrada

en funcionamento da nova estrutura e a habilitación necesaria para a execución e

desenvolvemento deste decreto, así como a súa entrada en vigor. Finalmente, no

anexo reflíctese a estrutura territorial prevista.

Neste marco legal, en virtude do traspaso de competencias en materia de

medios ao servizo da Administración de xustiza a través dos reais decretos

2166/1994, 2397/1996 e 233/1998, correspóndelle á Comunidade Autónoma de

Galicia determinar a estrutura e organización que terá a oficina xudicial no seu

ámbito territorial.

Polo exposto, por proposta do vicepresidente e conselleiro de Presidencia,

Administracións Públicas e Xustiza; tras informe do Consello Xeral do Poder

Xudicial; informadas a Sala de Goberno do Tribunal Superior de Xustiza de

Galicia e mais a Secretaría de Goberno; oídas as organizacións sindicais máis

representativas; e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa

reunión do ______ de ___________ de ______,

DISPOÑO:

CAPÍTULO I

DISPOSICIÓNS XERAIS

Page 5: PROXECTO DE DECRETO POLO QUE SE REGULA A ESTRUTURA E ...ficheiros-web.xunta.gal/transparencia/normativa... · poderán estruturarse en seccións, e estas á súa vez en equipos de

Praza de Europa, 5 A – 4º Polígono de Fontiñas 15781 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Artigo 1. Obxecto.

O presente decreto ten por obxecto determinar a estrutura e organización da

oficina xudicial en Galicia, regulando a creación e principais funcións das

unidades que a constitúen.

Artigo 2. Ámbito de aplicación.

O ámbito de aplicación comprende todas as oficinas xudiciais con sede na

Comunidade Autónoma de Galicia e mais a Secretaría de Goberno do Tribunal

Superior de Xustiza de Galicia.

Artigo 3. Configuración da oficina xudicial.

1. De acordo coa Lei orgánica do poder xudicial, a oficina xudicial é a

organización de carácter instrumental que serve de soporte e auxilio á actividade

xurisdicional de xuíces e tribunais.

2. A súa estrutura básica, homoxénea en todo o territorio nacional, está

baseada nos principios de xerarquía, división de funcións e coordinación.

3. O elemento básico da oficina xudicial é a unidade, e distínguense dous tipos

de unidades: as unidades de apoio directo e os servizos comúns procesuais.

CAPÍTULO II

ESTRUTURA DA OFICINA XUDICIAL

Artigo 4. Unidades procesuais de apoio directo.

1. As unidades procesuais de apoio directo son aquelas unidades da oficina

xudicial que directamente asisten a xuíces e maxistrados no exercicio das

funcións que lles son propias, realizando as actuacións necesarias para o exacto

e eficaz cumprimento de cantas resolucións diten estes.

Page 6: PROXECTO DE DECRETO POLO QUE SE REGULA A ESTRUTURA E ...ficheiros-web.xunta.gal/transparencia/normativa... · poderán estruturarse en seccións, e estas á súa vez en equipos de

Praza de Europa, 5 A – 4º Polígono de Fontiñas 15781 SANTIAGO DE COMPOSTELA

2. Existirán tantas unidades procesuais de apoio directo como xulgados, salas

ou seccións dos tribunais estean creados e en funcionamento, integrando xunto

cos seus titulares o respectivo órgano xudicial.

3. As unidades procesuais de apoio directo contarán cun letrado da

Administración de xustiza que exercerá as competencias que lle son propias. Por

motivos de racionalización do servizo, un mesmo letrado da Administración de

xustiza poderá actuar en máis dunha destas unidades.

4. Cada unidade contará, ademais, cos postos de traballo necesarios para a

atención do órgano de que se trate, de acordo coa orde xurisdicional a que

pertenza, o que se determinará nas respectivas relacións de postos de traballo,

respectando en todo caso as dotacións básicas que determine o Ministerio de

Xustiza.

Artigo 5. Servizos comúns procesuais.

1. O servizo común procesual defínese como aquela unidade da oficina

xudicial que, sen estar integrada nun órgano xudicial concreto, asume labores

centralizados de xestión e apoio nas actuacións derivadas da aplicación das leis

procesuais.

2. Con carácter xeral, estes servizos prestarán o seu apoio a todos ou a algún

dos órganos xudiciais do seu ámbito territorial, con independencia da orde

xurisdicional a que pertenzan e da extensión da súa xurisdición.

Artigo 6. Tipoloxía dos servizos comúns procesuais.

1. Os servizos comúns procesuais poderán ser dos seguintes tipos:

a) Servizo común procesual xeral.

b) Servizo común procesual de ordenación do procedemento.

c) Servizo común procesual de execución.

Artigo 7. Servizos comúns procesuais xerais.

Page 7: PROXECTO DE DECRETO POLO QUE SE REGULA A ESTRUTURA E ...ficheiros-web.xunta.gal/transparencia/normativa... · poderán estruturarse en seccións, e estas á súa vez en equipos de

Praza de Europa, 5 A – 4º Polígono de Fontiñas 15781 SANTIAGO DE COMPOSTELA

1. Os servizos comúns procesuais xerais asumen funcións centralizadas de

xestión e apoio a todas as unidades da oficina xudicial do seu ámbito que non

estean encomendadas expresamente a outro servizo común procesual.

2. Por razóns da dimensión do partido xudicial, de eficiencia dos

procedementos e de optimización de recursos, poderá crearse un único servizo

común procesual xeral. Neste caso, a unidade procesual de apoio directo asumirá

as funcións de execución e ordenación do procedemento.

3. Nos partidos xudiciais de menor tamaño, a estrutura do servizo común

procesual xeral poderá constituírse a xeito dunha sección común procesual xeral

ou a xeito dun ou varios equipos, que asumirán as funcións do servizo común

xeral.

4. Os servizos comúns procesuais xerais poderán ampliar o seu ámbito

territorial a máis dun partido xudicial, sempre que os medios materiais e,

particularmente, os tecnolóxicos o permitan.

5. Segundo a natureza das funcións que asuman, estes servizos comúns

poderán estruturarse en seccións, e estas á súa vez en equipos de traballo.

6. Os servizos comúns procesuais xerais poderán asumir as seguintes

funcións:

6.1. Rexistro xeral de entrada.

a) Sen prexuízo da organización do servizo de garda, exercer de portelo

único de recepción de demandas, denuncias, querelas, exhortos e recursos

presentados telemática e presencialmente, así como de recepción da

correspondencia ordinaria e da demais dirixida ás unidades de apoio

directo ou ao resto de servizos comúns.

b) Rexistrar e dixitalizar as solicitudes de cooperación xudicial, nacional e

internacional.

c) Recibir e clasificar os escritos.

Page 8: PROXECTO DE DECRETO POLO QUE SE REGULA A ESTRUTURA E ...ficheiros-web.xunta.gal/transparencia/normativa... · poderán estruturarse en seccións, e estas á súa vez en equipos de

Praza de Europa, 5 A – 4º Polígono de Fontiñas 15781 SANTIAGO DE COMPOSTELA

d) Rexistrar informaticamente e dixitalizar, se corresponde, a

documentación presentada, cando a canle utilizada para o efecto sexa a

vía presencial.

e) Expedir as dilixencias e cubrir os recibos de presentación de escritos,

asuntos e demais documentación que se presenta no servizo.

f) Centralizar, nos casos procedentes, os apoderamentos e

comparecencias apud acta que se soliciten no marco das competencias da

oficina xudicial.

g) Apoiar a garda.

h) Calquera outra función análoga ás anteriores.

6.2. Repartición.

a) Repartir asuntos, exhortos e recursos conforme a normativa e baixo a

dependencia regulamentaria.

b) Repartir escritos consonte as normas de repartición vixentes.

c) Repartir as solicitudes de cooperación xudicial.

d) Enviar informaticamente e en papel, cando proceda, a documentación

repartida.

e) Custodiar as copias en formato papel correspondentes aos escritos

remitidos telematicamente, ata o seu traslado á unidade ou servizo que

corresponda.

f) Calquera outra función análoga ás anteriores.

6.3. Estatística xudicial e control de calidade.

a) Xestionar o servizo e confeccionar as estatísticas e controis.

Page 9: PROXECTO DE DECRETO POLO QUE SE REGULA A ESTRUTURA E ...ficheiros-web.xunta.gal/transparencia/normativa... · poderán estruturarse en seccións, e estas á súa vez en equipos de

Praza de Europa, 5 A – 4º Polígono de Fontiñas 15781 SANTIAGO DE COMPOSTELA

b) Recompilar, xestionar, subministrar e conservar a información estatística

solicitada polos órganos competentes, coa súa correspondente

clasificación e arquivamento.

c) Elaborar os datos, informes ou memorias estatísticas, así como os

indicadores de calidade, que sexan solicitados, como base para a

consolidación da información da estatística xudicial.

d) Calquera outra función análoga ás anteriores.

6.4. Actos de comunicación e execución.

a) Recibir e rexistrar as solicitudes de práctica de actos de comunicación

procesual non realizados aos avogados, procuradores e graduados sociais,

así como os mandamentos de execución de resolucións procesuais.

b) Practicar os actos de comunicación e execución sen restricións en razón

da súa clase, número ou orde xurisdicional de procedencia, nos termos que

se establezan para cada servizo concreto, salvo aqueles que por

disposición legal se deban realizar en presenza xudicial ou ben por

calquera outro medio de comunicación.

c) Practicar os actos de comunicación e execución cando sexan pedidos a

través de solicitudes de cooperación xudicial, nacional ou internacional,

salvo aqueles que se deban realizar en presenza xudicial ou ben por

calquera outro medio de comunicación.

d) Acordar e executar cantas actuacións resulten necesarias para levar a

efecto os actos de comunicación que se lle encomenden.

e) Calquera outra función análoga ás anteriores.

6.5. Arquivo e depósito de efectos.

6.5.1. Funcións de arquivo de xestión.

a) Recibir e rexistrar os expedientes e documentos xudiciais remitidos ao

arquivo de xestión.

Page 10: PROXECTO DE DECRETO POLO QUE SE REGULA A ESTRUTURA E ...ficheiros-web.xunta.gal/transparencia/normativa... · poderán estruturarse en seccións, e estas á súa vez en equipos de

Praza de Europa, 5 A – 4º Polígono de Fontiñas 15781 SANTIAGO DE COMPOSTELA

b) Clasificar, arquivar e desarquivar física e informaticamente os

expedientes.

c) Etiquetar, organizar e custodiar as carpetas e caixas de arquivo.

d) Colaborar na confección das relacións de expedientes que deban

pasar aos arquivos territoriais e á Xunta de Expurgación.

e) Empaquetar e remitir expedientes e documentos aos órganos

xudiciais e aos arquivos territoriais.

f) Entregar, para os efectos correspondentes, os expedientes sometidos

ao procedemento de expurgación.

g) Administrar as entradas e saídas no arquivo xudicial de xestión.

h) Requirirlle á oficina xudicial que decida o destino final dos bens e

efectos, cando sexa necesario.

i) Calquera outra función análoga ás anteriores.

6.5.2. Funcións de arquivo territorial.

a) Recibir, rexistrar, clasificar, ordenar e custodiar os documentos e

expedientes xudiciais que deban ser conservados nos arquivos

territoriais.

b) Remitir os documentos e expedientes solicitados polos órganos

xudiciais e servizos comúns.

c) Confeccionar e remitirlle ao órgano competente as relacións de

causas, autos e procedementos afectados polo transcurso dos prazos

legais de prescrición ou caducidade.

d) Entregar as series, expedientes e documentos determinados pola

Xunta de Expurgación.

e) Expedir certificacións e testemuños das actuacións xa concluídas que

figuren nos arquivos territoriais non declaradas reservadas ou secretas.

f) Calquera outra función análoga ás anteriores.

6.5.3. Funcións de depósito de efectos.

a) Recibir, rexistrar, fotografar, empaquetar, etiquetar, trasladar,

custodiar, remitir e darlles destino ás pezas de convicción, efectos e

instrumentos do delito, segundo o resolto polo tribunal.

Page 11: PROXECTO DE DECRETO POLO QUE SE REGULA A ESTRUTURA E ...ficheiros-web.xunta.gal/transparencia/normativa... · poderán estruturarse en seccións, e estas á súa vez en equipos de

Praza de Europa, 5 A – 4º Polígono de Fontiñas 15781 SANTIAGO DE COMPOSTELA

b) Comunicarlles aos órganos xudiciais correspondentes o rexistro e

depósito de efectos e instrumentos do delito e mais de pezas de

convicción, para a inclusión dos datos de rexistro no sistema de xestión

procesual, con indicación, se é o caso, da referencia e do lugar onde se

atopan.

c) Calquera outra función análoga ás anteriores.

6.6. Elaboración e xestión das listaxes de peritos.

a) Xestión das listaxes e sorteos.

b) Realización do sorteo e comunicación ás unidades de apoio directo do

resultado das listas, para que procedan ao chamamento e nomeamento do

perito designado.

c) Calquera outra función análoga ás anteriores.

6.7. Investigacións de domicilio.

a) Solicitar, realizar e fornecer as consultas que se lles encomenden

relativas á investigación de domicilio dos intervenientes, a través dos

accesos telemáticos dos que se dispoñan con diversos rexistros e

organismos públicos.

b) Solicitar a empresas, organismos ou institucións os datos

complementarios que se lles encomenden sobre as consultas relativas á

investigación de domicilio.

c) Controlar as solicitudes recibidas e realizar o seguimento das pendentes

ou en trámite, a fin da súa adecuada e pronta atención.

d) Obter, actualizar e conservar a clave informática ou os elementos de

sinatura dixital precisos para o acceso ás bases de datos das

administracións públicas e rexistros.

e) Calquera outra función análoga ás anteriores.

6.8. Caixa xudicial.

a) Recibir e rexistrar as resolucións en que se ordene a expedición de

mandamentos de pago e ordes de transferencia.

b) Verificar a competencia e autenticidade da resolución que ordena o

pagamento.

Page 12: PROXECTO DE DECRETO POLO QUE SE REGULA A ESTRUTURA E ...ficheiros-web.xunta.gal/transparencia/normativa... · poderán estruturarse en seccións, e estas á súa vez en equipos de

Praza de Europa, 5 A – 4º Polígono de Fontiñas 15781 SANTIAGO DE COMPOSTELA

c) Confeccionar e controlar as relacións de encargos recibidos e arquivar a

documentación xustificativa da entrega dos realizados na unidade ou

servizo ordenante.

d) Acceder á aplicación informática de xestión da conta de depósitos e

consignacións.

e) Buscar a conta do expediente dos autos de referencia.

f) Comprobar a concordancia dos datos das partes ou beneficiarios que

figuran na resolución cos que constan na aplicación, así como a existencia

de saldo dispoñible.

g) Elaborar electronicamente o mandamento de pago ou orde de

transferencia e canalizar o seu retorno á unidade de apoio directo ou

servizo común procesual que os ordenou.

h) Calquera outra función análoga ás anteriores.

6.9. Información e asistencia ás vítimas e atención á cidadanía e

profesionais.

a) Recibir e acoller os cidadáns que acudan aos órganos xudiciais e

facilitarlles a orientación e axuda que precisen.

b) Atender as demandas de información xeral por vía presencial, telefónica

e/ou escrita na forma e coas garantías previstas no correspondente

protocolo de actuación.

c) Responder ás concretas demandas de información sobre condutos

legais, procedementos, trámites, requisitos e documentación para as

actuacións que o cidadán propoña realizar, tendo en conta que en ningún

caso a atención e información facilitada pode entrañar unha interpretación

normativa, consideración ou asesoramento xurídico, nin valoración

económica ningunha.

d) Xestionar o servizo de cita previa para trámites ante as oficinas xudiciais.

e) Atender os profesionais e cidadáns en xeral que demanden información

sobre cuestións xerais de rexistro, repartición, sinalamentos, suspensións

de procedementos e consultas de similares características.

f) Asistir as vítimas de delitos e faltas, facilitándolles información sobre as

axudas e medidas de asistencia ás vítimas e orientándoas sobre os

servizos sociais e recursos públicos dispoñibles para a súa atención, sen

prexuízo do servizo que sexa prestado por oficinas especializadas.

Page 13: PROXECTO DE DECRETO POLO QUE SE REGULA A ESTRUTURA E ...ficheiros-web.xunta.gal/transparencia/normativa... · poderán estruturarse en seccións, e estas á súa vez en equipos de

Praza de Europa, 5 A – 4º Polígono de Fontiñas 15781 SANTIAGO DE COMPOSTELA

g) Informar ás testemuñas e peritos que acudan aos órganos xudiciais dos

dereitos que lles asisten en materia de indemnizacións polos gastos que a

súa comparecencia lles puidese ocasionar, facilitándolles os impresos, a

súa cubrición e a reclamación dos importes debidos.

h) Coñecer e valorar a satisfacción polo servizo e velar pola boa imaxe do

funcionamento e organización dos servizos.

i) Rexistrar e tratar as queixas e suxestións que formulen os cidadáns e

profesionais, e remitilas aos órganos competentes para a súa resolución.

j) Colocar, manter e distribuír os carteis, elementos e documentos

informativos necesarios.

k) Calquera outra función análoga ás anteriores.

6.10. Auxilio da oficina xudicial.

a) Preparar e realizar as xestións precisas para a correcta celebración das

vistas, xuízos e comparecencias que lles encomenden, e, se é o caso, para

a súa gravación audiovisual; así como acoller e atender os intervenientes,

asistir o tribunal e manter a orde naqueles.

b) Asistir á celebración dos xuízos, vistas e comparecencias que lles

encomenden e realizar as actuacións auxiliares precisas para o seu

desenvolvemento.

c) Preparar e realizar as xestións precisas para a correcta celebración das

videoconferencias.

d) Producir as copias de soportes audiovisuais e mais de escritos,

documentos e expedientes voluminosos.

e) Documentar os soportes das gravacións realizadas a través do sistema

de gravación de sala de vistas.

f) Recoller, trasladar e entregar os expedientes, escritos, comunicacións,

documentos e obxectos ás correspondentes unidades da oficina xudicial,

así como á fiscalía, unidades administrativas, Instituto de Medicina Legal e

servizos da Administración de xustiza.

g) Preparar, a través de medios manuais ou automáticos, os sobres, os

xustificantes de recepción, as listaxes e os paquetes para entrega do

servizo de correos.

h) Calquera outra función análoga ás anteriores.

Page 14: PROXECTO DE DECRETO POLO QUE SE REGULA A ESTRUTURA E ...ficheiros-web.xunta.gal/transparencia/normativa... · poderán estruturarse en seccións, e estas á súa vez en equipos de

Praza de Europa, 5 A – 4º Polígono de Fontiñas 15781 SANTIAGO DE COMPOSTELA

6.11. Apoio local.

Adscribir os funcionarios dos corpos xerais ao servizo da Administración de

xustiza á prestación de servizos nas oficinas xudiciais da localidade, a fin

de lles proporcionar apoio en situacións de sobrecarga de traballo ou de

suplir as ausencias temporais.

6.12. Apoio a labores gobernativos.

Os servizos comúns procesuais xerais poderán prestar apoio ás

presidencias dos tribunais e aos decanatos dos xulgados das cidades para

soporte burocrático da actividade gobernativa dos seus titulares. As

funcións de apoio comprenden:

a) Xestionar a incoación e tramitación de expedientes gobernativos e

administrativos da unidade.

b) Realizar comunicacións recibidas ou emitidas polo xuíz decano ou polo

presidente da Audiencia Provincial ou do Tribunal Superior de Xustiza.

c) Apoiar nos labores de protocolo derivados do cargo de xuíz decano e/ou

presidente da Audiencia Provincial ou do Tribunal Superior de Xustiza.

d) Xestionar e tramitar os chamamentos de xuíces substitutos ou

maxistrados da Audiencia Provincial ou do Tribunal Superior de Xustiza.

e) Xestionar os procedementos de convocatoria da Xunta de Xuíces, así

como os acordos adoptados na dita xunta.

f) Xestionar as medidas urxentes adoptadas en asuntos non repartidos, de

competencia do decanato.

g) Xestionar e levar axendas, transcribir documentos e organizar e preparar

viaxes.

h) Xestionar o proceso de selección e designación de candidatos a

xurados, de acordo coas instrucións do director do servizo común.

Page 15: PROXECTO DE DECRETO POLO QUE SE REGULA A ESTRUTURA E ...ficheiros-web.xunta.gal/transparencia/normativa... · poderán estruturarse en seccións, e estas á súa vez en equipos de

Praza de Europa, 5 A – 4º Polígono de Fontiñas 15781 SANTIAGO DE COMPOSTELA

i) Atender o teléfono, fax, correo electrónico, sistemas de xestión procesual

e outras aplicacións informáticas.

j) Realizar os estudos, memorias e informes relacionados coas

características e execución das súas funcións que lle sexan solicitados.

k) Calquera outra función análoga ás anteriores.

6.13. Mediación intraxudicial.

a) Coordinar e supervisar a documentación e tramitación procesual,

rexistrando as derivacións dos xulgados que se produzan, xestionando a

axenda e supervisando a asignación dos mediadores.

b) Apoiar aos mediadores na elaboración da documentación e das actas

das sesións informativas e de mediación, realizando todos os trámites que

permitan instrumentar a mediación.

c) Facilitar no proceso de mediación a localización das partes e a

comunicación con elas, así como levar a cabo aqueles outros actos de

comunicación necesarios para o desenvolvemento da mediación, se fose

preciso.

d) Controlar a calidade e supervisar o desenvolvemento das distintas

sesións informativas e de mediación, e elaborar os protocolos de derivación

ou os manuais de procesos necesarios para o adecuado funcionamento da

mediación.

e) Calquera outra función análoga ás anteriores.

7. Ademais da relación de funcións previstas nos puntos anteriores, os

servizos comúns procesuais xerais poderán asumir calquera outra función

análoga ás anteriores que se conteña na correspondente orde de creación, así

como na restante normativa que resulte de aplicación. De igual xeito, asumirán

calquera outra función que poida xurdir como consecuencia de reformas da

lexislación procesual e substantiva ou dos avances tecnolóxicos.

Artigo 8. Servizos comúns procesuais de ordenación do procedemento.

1. Os servizos comúns procesuais de ordenación do procedemento asumen

funcións centralizadas de tramitación e impulso dos procedementos en todas

Page 16: PROXECTO DE DECRETO POLO QUE SE REGULA A ESTRUTURA E ...ficheiros-web.xunta.gal/transparencia/normativa... · poderán estruturarse en seccións, e estas á súa vez en equipos de

Praza de Europa, 5 A – 4º Polígono de Fontiñas 15781 SANTIAGO DE COMPOSTELA

aquelas actuacións nas que non resulte imprescindible a intervención do xuíz ou

maxistrado e que non estean encomendadas expresamente a outro servizo

común procesual.

2. Os servizos comúns procesuais de ordenación do procedemento poderán

asumir as seguintes funcións:

a) Comprobar os requisitos e sanear os defectos previos á admisión ou

inadmisión dos escritos iniciadores do procedemento.

b) Xestionar e tramitar o procedemento en fase declarativa.

c) Xestionar e tramitar os recursos.

d) Xestionar a axenda de sinalamentos dos xuízos, vistas e comparecencias a

través do programa informático, tendo en conta os criterios existentes e a

duración estimada dos correspondentes actos que vaia sinalar a persoa titular

do órgano xudicial ou a presidencia da sala ou sección nos tribunais.

e) Realizar os trámites necesarios para lle dar curso á práctica das probas.

f) Realizar as actuacións que sexan precisas con outras administracións e

rexistros públicos para a investigación patrimonial ou semellantes.

g) Colaborar coas unidades procesuais de apoio directo na prestación do

servizo de garda.

h) Tramitar e resolver os asuntos de xurisdición voluntaria que as leis lles

atribúan aos letrados da Administración de xustiza e celebrar os actos de

conciliación que lles correspondan.

i) No ámbito mercantil, e con relación aos procedementos concursais, a

ordenación do procedemento estenderase á fase de liquidación do concurso

contida na normativa concursal.

j) No ámbito xurisdicional de vixilancia penitenciaria, a ordenación do

procedemento estenderase ata a finalización do procedemento e o seu

arquivamento.

k) Asumirán, así mesmo, calquera outra función de trámite do procedemento

que as leis non atribúan expresamente aos membros da carreira xudicial e

que se conteña na correspondente orde de creación, sempre que sexan

conformes coa natureza do servizo común procesual de ordenación do

procedemento, así como as demais previstas na normativa que resulte de

aplicación.

Page 17: PROXECTO DE DECRETO POLO QUE SE REGULA A ESTRUTURA E ...ficheiros-web.xunta.gal/transparencia/normativa... · poderán estruturarse en seccións, e estas á súa vez en equipos de

Praza de Europa, 5 A – 4º Polígono de Fontiñas 15781 SANTIAGO DE COMPOSTELA

3. Os servizos comúns procesuais de ordenación do procedemento poderanse

organizar en seccións, correspondentes ás distintas ordes xurisdicionais, cando a

carga e a organización do traballo da oficina xudicial así o requira.

4. Naqueles partidos xudiciais nos que, debido ao número de órganos

xudiciais ou á carga de traballo, se estime necesario, poderá haber diferentes

servizos comúns de ordenación do procedemento por tipo de xurisdición ou por

clase de órgano xudicial.

5. Nos partidos xudiciais nos que, por razóns de eficacia e eficiencia, non sexa

conveniente a creación dun servizo común procesual de ordenación do

procedemento, estas funcións serán asumidas polas correspondentes unidades

de apoio directo.

Artigo 9. Servizos comúns procesuais de execución.

1. Os servizos comúns procesuais de execución asumen as funcións de

execución das resolucións xudiciais que, de acordo coas leis procesuais, non

requiran dunha intervención xudicial directa.

2. Estes servizos encargaranse de tramitar as execucións de calquera tipo

dende que se dita a resolución xeral que ordena a execución ata a terminación

desta, e poderán asumir as seguintes funcións:

2.1.Orde xurisdicional penal e xulgados de menores.

a) Tramitar mandamentos de prisión ou, se for o caso, ordes de busca e

detención.

b) Tramitar as medidas de internamento de menores.

c) Tramitar a suspensión condicional, a pena ou o indulto.

d) Realizar os trámites necesarios para levar a efecto a liquidación de

condenas e a substitución de penas.

e) Investigar o patrimonio, os embargos e as poxas.

f) Tramitar a retención de permisos oficiais e xestionar as comunicacións

posteriores.

g) Efectuar as comunicacións ao rexistro de penados, ao censo electoral, a

tráfico ou a outros.

Page 18: PROXECTO DE DECRETO POLO QUE SE REGULA A ESTRUTURA E ...ficheiros-web.xunta.gal/transparencia/normativa... · poderán estruturarse en seccións, e estas á súa vez en equipos de

Praza de Europa, 5 A – 4º Polígono de Fontiñas 15781 SANTIAGO DE COMPOSTELA

2.2. Resto de ordes xurisdicionais.

a) Tramitar e resolver incidentes que haxa que emendar derivados da

revisión da demanda polo xuíz, así como as cuestións procesuais previas

antes da admisión.

b) Conducir a xestión da solicitude inicial da execución provisional.

c) Corrixir as incidencias procesuais.

d) Investigar o patrimonio, os embargos e as poxas.

e) Realizar os trámites necesarios para a adopción de medidas alternativas

á poxa xudicial nos supostos de execucións non pecuniarias; e se se

desatendeu o requirimento, levar a cabo, á instancia do executante, as

actuacións procedentes.

f) Realizar outras xestións comúns a varias unidades xudiciais que,

presentando un contido funcional análogo a algunhas das anteriores,

poidan xurdir no futuro como consecuencia de reformas da lexislación

procesual e substantiva, así como calquera outras que veñan determinadas

polos avances tecnolóxicos.

g) Asumir, así mesmo, calquera outra función de trámite das execucións

dos procedementos que as leis non atribúan expresamente aos membros

da carreira xudicial e que se conteña na correspondente orde de creación,

sempre que sexan conformes coa natureza do servizo común procesual de

ordenación do procedemento, así como as demais previstas na normativa

que resulte de aplicación.

3. Os servizos comúns procesuais de execución poderanse organizar en

seccións cando a carga e a organización do traballo da oficina xudicial así o

requira.

4. Naqueles partidos xudiciais nos que, debido ao número de órganos

xudiciais ou á carga de traballo, se estime necesario, as funcións do servizo

común procesual de execución serán asumidas polas unidades de apoio directo.

CAPÍTULO III

SECRETARÍA DE GOBERNO DO TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA

Page 19: PROXECTO DE DECRETO POLO QUE SE REGULA A ESTRUTURA E ...ficheiros-web.xunta.gal/transparencia/normativa... · poderán estruturarse en seccións, e estas á súa vez en equipos de

Praza de Europa, 5 A – 4º Polígono de Fontiñas 15781 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Artigo 10. Estrutura e organización da Secretaría de Goberno.

1. A Secretaría de Goberno constitúese como un centro de destino do persoal

ao servizo da Administración de xustiza que ten como función dar soporte e apoio

á realización das funcións da Presidencia, da Sala de Goberno e da persoa titular

da Secretaría de Goberno do Tribunal Superior de Xustiza, así como dos

secretarios de coordinación provincial.

2. O persoal destinado na Secretaría de Goberno realizará as funcións que lle

son propias baixo a superior dirección da persoa titular da Secretaría de Goberno.

3. Na correspondente relación de postos de traballo poderán incluírse prazas

cuxo centro de traballo se atope nas secretarías de coordinación provincial. O

persoal que ocupe estas prazas exercerá as súas funcións baixo a dirección da

persoa titular da secretaría de coordinación provincial correspondente.

CAPÍTULO IV

DISPOSICIÓNS COMÚNS

Artigo 11. Dotación dos servizos comúns procesuais.

1. Á fronte de cada servizo común procesual haberá un letrado ou letrada da

Administración de xustiza que, na súa calidade de director ou directora, exercerá

funcións de dirección e organización da carga de traballo, así como todas aquelas

previstas na Lei orgánica do poder xudicial, nas leis procesuais, no Regulamento

orgánico do corpo de secretarios xudiciais e na demais normativa

complementaria.

2. En función das características e necesidades específicas de cada partido

xudicial, os servizos comúns procesuais poden estruturarse en seccións, e estas,

se é o caso, en equipos, que poderán ser desempeñadas por persoal funcionario

pertencente ao corpo de letrados da Administración de xustiza e aos corpos

xerais ao servizo da Administración de xustiza, segundo se determine nas

correspondentes relacións de postos de traballo.

Page 20: PROXECTO DE DECRETO POLO QUE SE REGULA A ESTRUTURA E ...ficheiros-web.xunta.gal/transparencia/normativa... · poderán estruturarse en seccións, e estas á súa vez en equipos de

Praza de Europa, 5 A – 4º Polígono de Fontiñas 15781 SANTIAGO DE COMPOSTELA

3. O persoal funcionario dos corpos xerais ao servizo da Administración de

xustiza dependerá organicamente da dirección xeral competente en materia de

xustiza en Galicia, e funcionalmente do letrado ou letrada da Administración de

xustiza que exerza a dirección do servizo común correspondente.

4. Os postos de traballo dos servizos comúns procesuais poderán distribuírse

entre os edificios xudiciais dos tribunais e xulgados de cada localidade.

5. Consonte o previsto no artigo 521.3.a) da Lei orgánica do poder xudicial,

considérase centro de destino do persoal funcionario ao servizo da Administración

de xustiza o servizo común procesual a que quede adscrito.

Artigo 12. Organización e funcionamento dos servizos comúns procesuais.

1. Dentro do marco da Lei orgánica do poder xudicial, dos regulamentos que a

desenvolven, das leis procesuais, das normas organizativas establecidas pola

Administración autonómica e dos criterios xerais aprobados polo Consello Xeral

do Poder Xudicial, a organización e funcionamento da actividade diaria dos

servizos comúns procesuais regularanse a través dos protocolos de actuación

que, para cada área de actividade, sexan aprobados polos órganos competentes

do corpo de letrados da Administración de xustiza.

Os protocolos de actuación terán en conta en todo caso e adaptaranse ao

deseño e organización dos servizos comúns procesuais establecidos pola

Administración autonómica, así como ás funcións asignadas a cada un dos postos

nas relacións de postos de traballo.

2. A persoa titular da dirección xeral con competencias en materia de xustiza,

no exercicio das competencias que a comunidade autónoma ten en materia de

xustiza respecto aos medios persoais e materiais, poderá aprobar instrucións ou

circulares coa finalidade de concretar, no marco das funcións xerais que a Lei

orgánica do poder xudicial atribúe aos diferentes corpos do persoal funcionario ao

servizo da Administración de xustiza, as tarefas que dentro de cada área de

actividade debe desenvolver este persoal, así como tamén sobre a utilización dos

medios informáticos e outros medios materiais, sen prexuízo das funcións de

dirección técnico-procesual que lles corresponden aos letrados e letradas da

Page 21: PROXECTO DE DECRETO POLO QUE SE REGULA A ESTRUTURA E ...ficheiros-web.xunta.gal/transparencia/normativa... · poderán estruturarse en seccións, e estas á súa vez en equipos de

Praza de Europa, 5 A – 4º Polígono de Fontiñas 15781 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Administración de xustiza e dos protocolos de actuación no procedemento que se

diten no exercicio destas funcións.

Artigo 13. Estrutura e creación dos servizos comúns.

1. Os servizos comúns procesuais que se constitúan nos diferentes partidos

xudiciais determinaranse por orde da persoa titular da consellería competente en

materia de xustiza, atendendo á planta xudicial, aos medios persoais e materiais,

á carga obxectiva de traballo e ás características do partido xudicial.

A orde de creación concretará o ámbito territorial e as funcións que deberán

asumir os ditos servizos, sen prexuízo de que estas se poidan modificar de forma

gradual e progresiva, segundo as necesidades de cada partido xudicial.

2. Para os efectos do previsto no parágrafo anterior, no anexo deste decreto

reflíctese a estrutura territorial prevista. Este anexo poderá ser modificado por

orde da persoa titular da consellería competente en materia de xustiza para

adaptalo ás necesidades organizativas e funcionais que xurdan.

Artigo 14. Coordinación coa oficina fiscal e co Instituto de Medicina Legal de

Galicia.

Promoverase a coordinación de actuacións coa oficina fiscal e co Instituto de

Medicina Legal de Galicia, impulsándose particularmente os mecanismos de

interoperabilidade informática e o aproveitamento dos recursos.

Artigo 15. Utilización das novas tecnoloxías.

1. O uso dos medios e sistemas informáticos postos á disposición da

Administración de xustiza en Galicia terá carácter obrigatorio na actividade dos

servizos regulados neste decreto, de acordo coa normativa vixente e coas

instrucións que diten os órganos competentes.

2. Estes medios empregaranse con carácter preferente nas relacións cos

cidadáns e profesionais, así como co resto das administracións e organismos

públicos.

Page 22: PROXECTO DE DECRETO POLO QUE SE REGULA A ESTRUTURA E ...ficheiros-web.xunta.gal/transparencia/normativa... · poderán estruturarse en seccións, e estas á súa vez en equipos de

Praza de Europa, 5 A – 4º Polígono de Fontiñas 15781 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Artigo 16. Igualdade de xénero.

Os principios de igualdade de xénero deberán ser tidos en conta no

funcionamento da oficina xudicial, en cumprimento das previsións establecidas na

Lei 7/2004, do 16 de xullo, galega para a igualdade de mulleres e homes, e mais

na Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención integral da violencia de

xénero.

Artigo 17. Promoción do uso do galego.

Garantirase o dereito da cidadanía e traballadores a poderen empregar o

galego na súa relación coa Administración de xustiza. Con esta finalidade

potenciarase e promoverase o uso do galego no ámbito de actuación dos servizos

comúns procesuais en Galicia, tanto mediante a posta á disposición dos recursos

técnicos necesarios coma con outras medidas de difusión, sensibilización ou

promoción profesional.

Artigo 18. Sistema de xestión de calidade.

1. A organización dos servizos comúns procesuais estará suxeita a un sistema

de xestión de calidade, de tal xeito que se implante unha sistemática de traballo

homoxénea que optimice os recursos dispoñibles e incremente a eficacia dos

servizos prestados.

2. O sistema de xestión de calidade planificará e medirá o cumprimento de

obxectivos, analizará as disfuncións e facilitará a adopción de medidas para o

mellor funcionamento dos servizos.

Disposicións adicionais.

Disposición adicional única. Ordenación do persoal.

1. A ordenación do persoal dos corpos xerais da Administración de xustiza

realizarase a través das correspondentes relacións de postos de traballo.

2. Mentres non se aproben as relación de postos de traballo e se produzan os

correspondentes procesos de acoplamento e nomeamento nos novos postos de

Page 23: PROXECTO DE DECRETO POLO QUE SE REGULA A ESTRUTURA E ...ficheiros-web.xunta.gal/transparencia/normativa... · poderán estruturarse en seccións, e estas á súa vez en equipos de

Praza de Europa, 5 A – 4º Polígono de Fontiñas 15781 SANTIAGO DE COMPOSTELA

traballo, o persoal ao servizo da Administración de xustiza continuará prestando

servizos nos seus actuais destinos, coas retribucións que lle correspondan.

3. As relacións de postos de traballo serán públicas e o proceso de

acoplamento do persoal realizarase de acordo co previsto na disposición

transitoria cuarta da Lei orgánica 19/2003, do 23 de decembro, de modificación da

Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, conforme a redacción dada

á mesma pola Lei orgánica 1/2009, do 3 de novembro.

4. O proceso de acoplamento do persoal á nova estrutura irá acompañado de

accións formativas.

Disposicións transitorias.

Disposición transitoria primeira. Desenvolvemento da estrutura organizativa.

A implantación do novo modelo organizativo da oficina xudicial previsto neste

decreto realizarase de forma progresiva, segundo o permitan as dispoñibilidades

organizativas, técnicas e orzamentarias.

Disposición transitoria segunda. Servizos comúns creados con anterioridade.

1. Os servizos comúns creados con anterioridade á entrada en vigor deste

decreto quedarán suprimidos á medida que se poñan en funcionamento os

previstos nel.

2. O persoal destes servizos quedará adscrito provisionalmente aos postos

que ocupaba neles ata que finalice o correspondente proceso de acoplamento e

nomeamento nos novos postos de traballo.

Disposición transitoria terceira. Mantemento de retribucións.

1. Se con ocasión do proceso de acoplamento, o persoal funcionario dos

corpos xerais do persoal ao servizo da Administración de xustiza non pode ser

confirmado en postos de similares características e pasa a desempeñar un posto

de traballo xenérico con retribucións complementarias fixas inferiores, manteranse

Page 24: PROXECTO DE DECRETO POLO QUE SE REGULA A ESTRUTURA E ...ficheiros-web.xunta.gal/transparencia/normativa... · poderán estruturarse en seccións, e estas á súa vez en equipos de

Praza de Europa, 5 A – 4º Polígono de Fontiñas 15781 SANTIAGO DE COMPOSTELA

as retribucións complementarias fixas que perciba no momento da implantación

da nova organización.

2. O mantemento destas retribucións non poderá ser obxecto de

compensación nin absorción e continuará mentres non se produza un cambio de

posto de traballo voluntario.

Disposicións derradeiras.

Disposición derradeira primeira. Entrada en funcionamento.

A entrada en funcionamento das distintas unidades previstas neste decreto

determinarase por resolución da persoa titular da dirección xeral competente en

materia de xustiza.

Disposición derradeira segunda. Habilitación.

1. Facúltase á persoa titular da consellería competente en materia de xustiza a

ditar cantas disposicións normativas sexan necesarias para a execución e

desenvolvemento do disposto neste decreto, incluída a modificación da estrutura

prevista no anexo.

2. Corresponderalle á persoa titular da dirección xeral competente en materia

de xustiza adoptar os actos e resolucións necesarios para a aplicación de cantas

disposicións se diten en materia de oficina xudicial.

Disposición derradeira terceira. Entrada en vigor.

Este decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario

Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, ______ de ___________ de 2015

Alberto Núñez Feijóo

Page 25: PROXECTO DE DECRETO POLO QUE SE REGULA A ESTRUTURA E ...ficheiros-web.xunta.gal/transparencia/normativa... · poderán estruturarse en seccións, e estas á súa vez en equipos de

Praza de Europa, 5 A – 4º Polígono de Fontiñas 15781 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Presidente

Alfonso Rueda Valenzuela

Vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e

Xustiza

Page 26: PROXECTO DE DECRETO POLO QUE SE REGULA A ESTRUTURA E ...ficheiros-web.xunta.gal/transparencia/normativa... · poderán estruturarse en seccións, e estas á súa vez en equipos de

Praza de Europa, 5 A – 4º Polígono de Fontiñas 15781 SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANEXO

Estrutura territorial prevista

A oficina xudicial en Galicia estrutúrase nos seguintes niveis:

NIVEL I. Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

NIVEL II. Cidades.

1. Neste nivel encádranse os partidos xudiciais das cidades da Coruña, Ferrol,

Santiago de Compostela, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo.

2. Os servizos comúns procesuais asumirán as funcións que lles correspondan

respecto de todos os órganos xudiciais con sede no partido correspondente, e

poderán estruturarse en:

a) Servizo común procesual xeral. Este servizo común poderá estruturarse

nas seguintes seccións: Recepción, rexistro e repartición, e estatística;

Actos de comunicación e auxilio xudicial; e Outros servizos.

b) Servizo común procesual de ordenación do procedemento. Este servizo

poderá estruturarse nas seguintes seccións: Sección de civil,

contencioso-administrativo e social; Sección de penal; e Sección de

audiencia provincial.

c) Servizo común de execución. Este servizo común poderá estruturarse

nas seguintes seccións: Sección de civil, contencioso-administrativo e

social; Sección de penal; e Sección de audiencia provincial.

3. A creación do servizo común procesual de ordenación do procedemento

avaliarase para cada caso concreto tendo en conta a dimensión do partido

Page 27: PROXECTO DE DECRETO POLO QUE SE REGULA A ESTRUTURA E ...ficheiros-web.xunta.gal/transparencia/normativa... · poderán estruturarse en seccións, e estas á súa vez en equipos de

Praza de Europa, 5 A – 4º Polígono de Fontiñas 15781 SANTIAGO DE COMPOSTELA

xudicial, a localización e distribución das súas sedes e as ferramentas

tecnolóxicas.

NIVEL III. Partidos xudiciais con tres e catro órga nos xudiciais.

1. Neste nivel encádranse nove partidos xudiciais, correspondentes ás vilas de

Carballo, Ribeira, Cangas, O Porriño, Vilagarcía de Arousa, Ponteareas e Tui,

con tres órganos; e Betanzos e Cambados, con catro.

2. Os servizos comúns procesuais asumirán as funcións que lles correspondan

respecto de todos os órganos xudiciais con sede no partido correspondente, e

poderán estruturarse nun servizo común procesual xeral.

3. As funcións do servizo común procesual de ordenación do procedemento, e,

segundo o caso, do servizo común procesual de execución, manteranse nas

unidades procesuais de apoio directo.

NIVEL IV. Partidos xudiciais con dous órganos xudic iais.

1. Neste nivel encádranse dezaseis partidos xudiciais: Noia, Corcubión, Ordes,

Padrón, Viveiro, Mondoñedo, Monforte de Lemos, Vilalba, O Barco de

Valdeorras, Verín, O Carballiño, Lalín, Marín, A Estrada, Caldas de Reis e

Redondela.

2. Nestes partidos xudiciais existirá un único servizo común procesual xeral,

que prestará servizo a todos os órganos do partido xudicial.

NIVEL V. Partidos xudiciais cun único órgano xudicial .

1. Neste nivel encádranse trece partidos xudiciais: Arzúa, Negreira, Ortigueira,

Muros, Becerreá, Chantada, A Fonsagrada, Sarria, Bande, Ribadavia, Xinzo

de Limia, Celanova e A Pobra de Trives.

Page 28: PROXECTO DE DECRETO POLO QUE SE REGULA A ESTRUTURA E ...ficheiros-web.xunta.gal/transparencia/normativa... · poderán estruturarse en seccións, e estas á súa vez en equipos de

Praza de Europa, 5 A – 4º Polígono de Fontiñas 15781 SANTIAGO DE COMPOSTELA

2. Nestes partidos xudiciais poderanse constituír equipos para o apoio da

actividade procesual e para o soporte xeral.