Memoria proxecto Axenda 21 IES Lama das Quendas curso 2009-10
Proxecto de Dirección IES Politécnico (2014-18)
-
Upload
sergio-nunes -
Category
Documents
-
view
228 -
download
2
description
Transcript of Proxecto de Dirección IES Politécnico (2014-18)
Proxecto(de(dirección(2014118(((I.E.S.(POLITÉCNICO(DE(VIGO(
Xosé%Euloxio%Santos%Leites!!!!!ir.gl/proxectodireccion%!
A. INTRODUCIÓN 1
A.1. XUSTIFICACIÓN 1
A.2. PRINCIPIOS XERAIS QUE INFORMAN O PROGRAMA 2
A.3. PROPOSTA DE ÓRGANOS UNIPERSOAIS QUE CONFORMAN A CANDIDATURA 5
B. DIAGNÓSTICO DO CONTEXTO 7
B.1.- DE ONDE PARTIMOS: ANÁLISE DO FUNCIONAMENTO DO INSTITUTO 7
B.2.- DAFO 8
B.3. ASPECTOS SUSCEPTÍBEIS DE MELLORA. INDICADORES 9
C.- PROGRAMA DE DIRECCIÓN 11
C.1.- OBXECTIVOS XERAIS 11
C.2. LIÑAS PRIORITARIAS DE ACTUACIÓN 13
C.3. TEMPORALIZACIÓN DOS OBXECTIVOS E DAS LIÑAS DE ACTUACIÓN 23
D. CUMPRIMENTO DA LEI 7/2004 PARA A IGUALDADE DE MULLERES E
HOMES. 25
D.1. MEDIDAS PARA GARANTIR A IGUALDADE 25
E. AVALIACIÓN DO PROXECTO 27
Proxecto de dirección (2014-2018) I.E.S. Politécnico de Vigo
Xosé Euloxio Santos Leites 1
A. INTRODUCIÓN
A seguinte proposta de programa de dirección consta de cinco partes. Na primeira,
facemos unha xustificación da proposta e unha descrición dos principios xerais que sosteñen
a candidatura e a composición da mesma. A continuación, facemos unha análise da situación
do Instituto, estudamos as súas fortalezas e debilidades e aqueles aspectos susceptibles de
mellora. No terceiro explicamos o programa a desenvolver, en caso de acadar a dirección, os
obxectivos, as accións a realizar para acadar estes obxectivos, así como a temporización das
mesmas. A continuación desenvolvemos as propostas tendentes a avanzar no terreo da
igualdade, e na última parte avanzamos os métodos para avaliar o grao de consecución do
presente programa.
A.1. XUSTIFICACIÓN
Adóitase pensar, por determinadas persoas que acceden a unha responsabilidade do
tipo que for, que a historia empeza con eles, que antes non houbo nada e que despois será o
caos. Isto é frecuente en equipos directivos de centros docentes cando se producen cambios
na xestión con criterios diferentes.
Non é este o caso da candidatura que agora se presenta, sobre todo porque este
esquema non forma parte da filosofía da construción colectiva da cal participa este equipo.
Polo tanto, neste programa de dirección non só non se encontrará a idea de que é
necesario poñer en solfa a tarefa realizada até o de agora. Pola contra, trata de pensar no
funcionamento do Instituto, nos problemas aínda non resoltos, nas novas necesidades do
mesmo, en como corrixir determinadas inercias e comportamentos ou mesmo en como acadar
os obxectivos que nos marcamos.
O programa que agora se presenta é un programa aberto, unha reflexión que debe
ser enriquecida coas achegas de toda a comunidade escolar. Polo tanto, propoñemos
aproveitar este programa para realizar un exercicio colectivo de reflexión para que sexa ao
final unha obra conxunta asumida por todos e que nos leve a acadar os obxectivos.
Presentar unha candidatura constitúe sempre un reto persoal porque os que nos
presentamos comprometémonos cunha tarefa que non depende – como é lóxico- só de nós. O
éxito da xestión dun centro educativo depende de todos os que traballamos nel, pero tamén
das familias, do alumnado e, especialmente no noso caso, do contorno social e produtivo no
Proxecto de dirección (2014-2018) I.E.S. Politécnico de Vigo
Xosé Euloxio Santos Leites 2
cal estamos inmersos. Temos claro tamén que mellorar o funcionamento do Instituto supón
mellores respostas ás demandas educativas do noso alumnado, cumprir de xeito máis eficaz
coa tarefa para a que existimos como institución, partindo do que se ten conseguido até hoxe.
As mudanzas nas organizacións, neste caso o Instituto, son sempre unha
manifestación da súa vitalidade. Isto permítenos recapacitar de novo cara a onde queremos ir,
como funcionamos e como nos podemos enriquecer, como nos relacionamos e cal é o grao de
colaboración e compromiso. Particularmente, cando se tratar dun servizo público. Este reto,
que non pode ser só do equipo directivo, consiste en mellorar a resposta que o Instituto e os
seus profesionais dan as complexas demandas da sociedade, do alumnado e das súas familias.
A complexidade do mundo no que vivimos, e máis da función que nos corresponde
como docentes, fan inviable que de xeito individual deamos coas solucións máis axeitadas.
Parece cada vez máis evidente que as respostas non son particulares, senón que só poderán
aparecer como resultado dunha procura colectiva a través do traballo conxunto, do diálogo
sen límites, e tamén da análise colectiva e da crítica intelixente.
Esta é a razón que nos leva a propoñerlle á comunidade educativa, con ilusión e
espírito construtivo, este programa coas seguintes directrices:
1) Non é un programa pechado, senón un punto de partida para ir mellorando
sucesivamente.
2) Susceptíbel de ser revisado, mellorado, modificado, sempre como froito dunha
discusión e investigacións colectivas.
3) Supón unha ocasión para a nosa propia formación.
Estamos ante unha declaración de intencións, de boas intencións, que é necesario
profundar partindo do diálogo entre as persoas que formamos a comunidade educativa do IES
Politécnico de Vigo. Sabemos que só se contamos con opinións diversas, con suxestións e co
traballo de todos, poderemos acadar algunhas metas interesantes.
É pois un programa para ser discutido, ampliado, concretado e mellorado desde o
inicio da súa redacción, recollendo propostas de todos os sectores educativos, até a
finalización do período establecido de 4 anos (2014-2018).
A.2. PRINCIPIOS XERAIS QUE INFORMAN O PROGRAMA.
Os principios definen unha concepción educativa e, polo tanto, cremos que é
necesaria a súa presenza nun programa como este, porque nos dan o marco xeral da nosa
concepción do que é un centro de secundaria, achegándonos luz sobre as grandes finalidades
Proxecto de dirección (2014-2018) I.E.S. Politécnico de Vigo
Xosé Euloxio Santos Leites 3
da educación que debemos perseguir.
Consideramos que o ensino debe cumprir as seguintes funcións:
1. Procurar unha formación da persoa de carácter xeral: adquisición dos coñecementos e
destrezas necesarios para entender e moverse no mundo que nos rodea.
2. Permitir a aprendizaxe de pautas de conduta, cumprindo funcións de integración
social, dentro dos valores socialmente admitidos.
3. Facilitarlle ao alumnado un adecuado desenvolvemento da súa personalidade e
madurez, así como dotalo das competencias precisas para a súa óptima inserción no
mercado laboral.
4. Atender ás desigualdades de partida e ás diferenzas, promovendo accións
compensadoras, o que fai que tanto a atención á diversidade como a atención á
igualdade de xénero sexan un aspecto esencial a considerar
Ao noso ver, o ensino secundario obrigatorio e postobrigatorio debe entenderse dentro
da necesidade máis xeral da formación de persoas independentes. A educación debe
desenvolver no alumnado unha estrutura cognitiva e cultural o bastante sólida para que sirva
de base e fundamento para aprendizaxes posteriores ao longo da súa vida. Encontrámonos
nun contexto sociocultural que tradicionalmente veu potenciando o inmediato dos resultados
e a memorización dun exceso de información sen capacidade de procesamento. Fronte a isto,
consideramos que a educación debería potenciar unha aprendizaxe reflexiva, centrada nos
procesos e nos métodos para lograr as funcións que a educación debe de ter.
Debemos falar de formación integral da persoa, tendo presente que non é só no
Instituto onde a persoa se forma e se informa, tanto no terreo dos coñecementos en sentido
estrito, como no dos valores e das pautas de conduta. Nun e noutro caso existen vías de
información, incluso máis poderosas, coma os medios de comunicación, Internet, as relacións
co medio social, a familia, academias… Isto confírelle ao centro educativo un papel
insubstituíbel á hora de crear espazos de reflexión e análise critica desa información.
Coherentemente co anterior os obxectivos educativos do Centro deben contemplar
non só os contidos académicos, senón tamén obxectivos no terreo dos valores e da conduta.
De feito, na práctica diaria foméntanse determinados valores e exclúense outros, aínda que
isto non se faga explícito, mesmo aplicando en certos casos solucións semellantes desde hai
anos, cando a nosa sociedade e o alumnado que chega á nosa escola teñen variado
enormemente: as metodoloxías didácticas pasivas e expositivas, a pouca responsabilidade que
Proxecto de dirección (2014-2018) I.E.S. Politécnico de Vigo
Xosé Euloxio Santos Leites 4
lle é asignada ao alumnado na conformación das súas aprendizaxes, a organización da aula,
dos espazos e do horario, a forma de organización, as normas de convivencia, o tipo de
participación dos sectores educativos,etc…
Ter en conta todo o anterior, significa preguntar polo tipo de educación que
queremos: que valores son os que debemos potenciar e como? Que coñecementos e como
deben aprendelos? Que papel debe ter cada sector educativo na escola? Que rol debe xogar o
alumnado na configuración das súas aprendizaxes? A cuestión que nos parece máis
importante é que só poden discutirse e só poderemos chegar a un certo consenso de sermos
quen de obxectivalas, é dicir, de facermos explícitas as cuestións básicas para nós e as
respostas que damos e nos gustaría dar.
Neste sentido, para nós o obxectivo xeral da educación é a consecución da autonomía
integral do individuo, para o cal é necesario que o alumnado teña a posibilidade de
desenvolver as súas áreas afectiva, moral e cognitiva con plena liberdade e respecto ao seu
ritmo de maduración. Así mesmo, consideramos que o outro obxectivo que unha escola
nunha sociedade democrática debe cumprir é desenvolver o que se deu en chamar unha
cidadanía activa. Concordamos que só poderemos acadar estes obxectivos de seguirmos os
seguintes principios xerais que guiarán a nosa actuación directiva:
A. Entendemos por comunidade escolar a que se configura arredor do dereito á
educación, e ao centro educativo como o elemento central da nosa acción máis ca un
agregado de individuos con funcións distintas e alleas.
B. Os valores que presidan a organización e a acción educativa deben ser democráticos
(entendidos como un entendemento entre as partes) tanto no proceso de fixación dos
mesmos, contando coa colaboración e participación de toda a comunidade educativa,
como na súa idiosincrasia, pois deben fomentar o respecto mutuo, a participación dos
afectados nas decisións, unha concepción das cuestións disciplinarias como netamente
educativas e non simplemente exemplares e/ou sancionadoras, e finalmente, o
diálogo como fundamento das interaccións ou a reciprocidade das normas.
C. Reformulando colectivamente os fins da educación e do currículum (metodoloxías,
programas, avaliación, currículum global, recursos didácticos) que obrigue a unha
coordinación real entre departamentos, dándolle unha significación especial aos
procesos didácticos empregados.
D. Procurar un uso eficiente e eficaz dos recursos materiais e da configuración espacial e
temporal do centro.
Proxecto de dirección (2014-2018) I.E.S. Politécnico de Vigo
Xosé Euloxio Santos Leites 5
E. Crearmos unha organización funcional e flexíbel, capaz de responder aos retos que o
“fracaso escolar” pon sobre a mesa.
A.3. PROPOSTA DE ÓRGANOS UNIPERSOAIS QUE CONFORMAN A CANDIDATURA
» Director: Xosé Euloxio Santos Leites.
» Vicedirector: Ángel Pérez Fernández.
» Xefe de estudos Diurno: Sérgio Nunes Garcia.
» Xefa de estudos Nocturno: Sabela Pardo Vázquez.
» Secretaria: Mercedes Couto García.
Os membros da candidatura son compañeiros e compañeiras de destacado
compromiso co ensino público e a súa mellora, con vocación integradora e con capacidade
para o traballo en equipo e para a coordinación das persoas.
A concepción que teñen do seu papel e das funcións a desenvolver no Centro xiran
arredor da necesidade de alcanzar os obxectivos marcados dentro dun clima de respecto e
solidariedade entre toda a comunidade educativa. É, polo tanto, unha cuestión de estilo e de
maneira de asumir como se exerce a función directiva. Procúranse evitar así modos
autoritarios, dinámicas de laissez faire ou pretensións de omnipresencia, entendendo que son
incompatibles co que debe ser un Centro educativo público democrático e moderno. Desde
esta perspectiva comprometémonos a traballar na construción dun modelo de dirección que
permita unir eficacia e xestión con traballo en equipo.
Esta dirección tomará as decisións de forma colexiada, cun estilo baseado na
participación e integración de todos os membros, cuns valores marcados polos compoñentes
de mutuo acordo, dando completa confianza as persoas que traballan a carón, apoiando
incondicionalmente a todo o persoal que configura o centro. Aberto ao dialogo, xerando
confianza para facelo con liberdade.
Atenderá constantemente as ideas e suxestións provenientes tanto das traballadoras e
dos traballadores do Centro, como do alumnado e as nais e pais. Procurará incitar e motivar a
proposta de ideas e solucións por parte dos membros da comunidade educativa, esforzándose
para aplicalas á actividade docente.
Unha dirección en permanente contacto coa comunidade escolar e aberta ao resto da
sociedade.
Unha dirección que vai traballar para que as relacións entre os distintos membros da
Proxecto de dirección (2014-2018) I.E.S. Politécnico de Vigo
Xosé Euloxio Santos Leites 6
comunidade escolar sexan o máis cordiais posibles e así poder motivar a todos os membros.
O noso compromiso como equipo directivo será o de exercer un liderado entendido
como un compoñente organizativo, dinamizador, construtor de melloras e comprometido co
proxecto educativo compartido por toda a comunidade educativa.
O modelo de dirección que propoñemos impulsar ten un estilo:
a) Aberto. Proponse adoptar un estilo de dirección non excluínte, aberto a todas as
sensibilidades presentes no claustro e no conxunto da comunidade educativa, receptivo as
alternativas e respectuoso coas discrepancias, capaz de xuntar antes que disgregar, e plural á
hora de concibir as grandes liñas de planificación do centro
b) Participativo. Un modelo que permita a participación de todos na xestión e na
coordinación do centro; que posibilite compartir responsabilidades; que favoreza a
integración de todos os sectores da comunidade educativa, na vida escolar e na toma de
decisións.
Capaz de facer partícipes ao profesorado, alumnado, nais e pais na construción dun proxecto
de centro, e que dea autonomía aos órganos de coordinación para un funcionamento máis
eficaz.
c) De xestión. Unha dirección que vai asumir as súas responsabilidades ante a comunidade
educativa e a Administración que vai xestionar cada ámbito de maneira transparente e con
rigor, en termos de eficacia e de optimización de recursos materiais, económicos e humanos.
d) Con visión global. Unha dirección non adicada a apagar lumes, que vai máis alá das
urxencias diarias ou da simple xestión académica do día a día. Procurará formarse unha
visión global nun proxecto de futuro para o centro e nas grandes liñas de traballo diario,
evitando as dinámicas do deixarse levar.
Proxecto de dirección (2014-2018) I.E.S. Politécnico de Vigo
Xosé Euloxio Santos Leites 7
B. DIAGNÓSTICO DO CONTEXTO
B.1.- DE ONDE PARTIMOS: ANÁLISE DO FUNCIONAMENTO DO INSTITUTO.
O Instituto Politécnico de Vigo fará, no vindeiro 2018, os 50 anos de funcionamento
que lle serviron para estabilizarse, e para ser referente en toda Galicia na formación de
profesionais das distintas areas da educación. Hoxe cremos que se atopa nunha boa situación
para facer fronte ós retos educativos que os novos procesos sociais e tecnolóxicos, a crecente
complexidade da tarefa educativa, o alargamento da educación obrigatoria e a continua
evolución do aparato produtivo nos propoñen. Cremos pois, que o centro encóntrase asentado
nas súas rutinas educativas, grazas especialmente ao compromiso dos departamentos e o
labor do equipo docente.
Teñamos presente que este centro sufriu dende o comezo da súa andadura sucesivas e
importantes transformacións que dificultaron o seu asentamento e a súa normalización: a
creación como escola de mestría industrial, a adaptación á lei xeral de educación do 70, a
conversión en Instituto Politécnico, a implantación da LOXSE, a implantación dos
bacharelatos e da ESO, a LOE e a LOMCE, a desaparición dalgunhas especialidades técnicas
e a aparición doutras novas, e ligado a todo o anterior ás sucesivas ampliacións físicas a que
foi sometido.
Agora temos un Centro que conta cun cadro de persoal bastante estable, unha
dotación nada desprezable (inda que mellorable) e rutinas adquiridas que dan continuidade ao
labor docente, así como un Claustro comprometido co ensino público.
O punto de partida é, pois, bo para propoñermos algunhas tarefas pendentes: mellorar
a eficacia e a calidade educativa da organización, o incremento da diversidade e do chamado
fracaso escolar, unha formación máis polivalente, o incremento da poboación inmigrante, a
desmotivación do alumnado en xeral e da ESO e bacharelato en particular, a mala orientación
cara aos ciclos formativos. Tamén para incrementar e mellorar as infraestruturas do Centro,
especialmente no que se refire á consecución dunha total accesibilidade para as persoas con
problemas de mobilidade. Dotalo de laboratorios para o ensino de linguas estranxeiras, a
aplicación efectiva das novas tecnoloxías nas aulas e despachos, mellorar horizontal e
verticalmente a coordinación dos equipos docentes, a participación dos distintos sectores da
comunidade educativa, oferta de actividades culturais e alternativas, a apertura do centro a
Proxecto de dirección (2014-2018) I.E.S. Politécnico de Vigo
Xosé Euloxio Santos Leites 8
sociedade mediante a cesión das súas instalacións etc.
Acometer todas estas cousas non sería viable nun Centro cun cadro de persoal
inestable ou no que exista un malestar que mine o seu grao de compromiso.
Esta situación de “normalidade” fainos crer que é un bo momento para abordar outros
problemas, revisar os obxectivos e as formas, atender aspectos que non temos tratado etc. En
definitiva trátase de pechar unha etapa e comezar outra nova que introduza melloras
cualitativas.
No que segue, queremos sinalar algúns dos indicadores que nos poden revelar en que
áreas ou dimensións do funcionamento do centro debemos actuar, porque nos servirá para
establecer os eixos de actuación prioritarios, os obxectivos para os próximos catro anos
B.2.- DAFO
FACTORES EXTERNOS FACTORES INTERNOS
ASP
ECTO
S PO
SITI
VO
S
Oportunidades: - Único centro público que oferta ESO, FP e Bacharelato en réxime ordinario e de Adultos no centro de Vigo. - Aumento no número de alumnado tanto en adultos como na maioría dos ciclos de FP como consecuencia da crise - Centro referente polas ensinanzas que oferta na área metropolitana con maior concentración industrial de Galiza. - Existencia de programas e concursos de emprendemento na FP. - Imaxe de profesionalidade e alto nivel formativo nos ciclos da FP entre o alumnado galego. - En toda a provincia de Pontevedra non hai oferta educativa de ciclos formativos de deseño.
Fortalezas: - Profesorado moi estábel e experimentado - Oferta ampla de FP - Único centro con Bacharelato de Artes en Vigo - Boa dotación de recursos materiais, didácticos e para as TIC. - Boa dotación de persoal non docente. - Experiencia en programas de reforzamento das linguas estranxeiras como Comenius, Erasmus ou seccións bilingües. - Oferta ampla e consolidada en linguas estranxeiras. - Existencia da figura da Orientación Laboral. - Importante reestruturación da biblioteca escolar. - Un gran número de profesorado con competencia en lingua galega e comprometido coa súa normalización. - Unha boa parte do alumnado desexa maior presenza da lingua galega no centro.
Proxecto de dirección (2014-2018) I.E.S. Politécnico de Vigo
Xosé Euloxio Santos Leites 9
ASP
ECTO
S N
EGA
TIV
OS
Ameazas: - Imaxe de centro complexo pola diversidade de orixe lingüística e cultural do alumnado. - Posibilidade de converternos nun CIFP. - Crise e recortes en profesorado. -Diminución do alumnado de ESO debido á imaxe do Instituto nesta etapa. - Centros concertados que derivan alumnado non desexado ao Politécnico. - Descenso importante nas axudas á normalización lingüística para os centros.
Debilidades: - Estilos directivos dos últimos anos moi regulamentistas, burocráticos e carentes de liderado pedagóxico. - Funcionamento deficiente e pouco transparente dos órganos de participación e representación. - Profesorado acostumado a unha dinámica de pouca transparencia e conformidade. - Cultura organizativa pouco participativa e colaborativa da comunidade educativa (profesorado, alumnado, PAS, pais e nais) na vida do Instituto e no seu funcionamento. - Porcentaxe cualitativamente importante de alumnado con dificultades na ESO. - Escaso seguimento dos alumnos en etapas posteriores ás do instituto. - Mecanismos para a orientación escolar deficientes. - Escasa oferta de optativas no Bacharelato. - Nula oferta lúdica, con poucas posibilidades de espazos para o esparexemento dos alumnos. - Non hai dinámicas estruturais de fomento e normalización do galego.
B.3. ASPECTOS SUSCEPTÍBEIS DE MELLORA. INDICADORES
1. No aspecto académico:
1.1. Os “desfases “ existentes entre o primeiro e o segundo ciclo da ESO, no
Bacharelato (entre 1º e 2º), así como entre este nivel e os Ciclos Superiores.
Desfases que poden ser un factor importante nos resultados académicos e na
formación xeral do alumnado.
1.2. O crecente aumento da diversidade lingüística e cultural e/ou curricular do
alumnado, cun número significativo dos que precisan unha axuda que
compense o seu punto de partida desfavorable.
1.3. A integración social de diferentes culturas que precisaría dun programa
específico ao que se incorporaran todos os alumnos e alumnas (prevención de
actitudes xenófobas, racistas, machista, violencia de xénero…).
1.4. Unha maior relevancia e integración do PCPI e dos Ciclos formativos de Grao
Medio como unha saída posible e eficaz para serto alumnado.
1.5. Incrementar a presenza do Departamento de Orientación como recurso para
apoiar a atención á diversidade e á orientación a todo o alumnado. Parece
pois, necesario un contacto constante entre este Departamento e a Xefatura de
Proxecto de dirección (2014-2018) I.E.S. Politécnico de Vigo
Xosé Euloxio Santos Leites 10
Estudos co fin de asesorar sobre a programación e o desenvolvemento do
curso, de xeito que a través destes se coñeza a evolución dos distintos grupos e
se poida propor pautas de actuación cando for necesario.
1.6. A posta en marcha e potenciación de aulas específicas como aulas de idiomas,
laboratorios ou outras, que incidirá na mellora da calidade.
1.7. Consolidar a oferta existente en linguas estranxeiras, dotándoa dos recursos
orgánicos, materiais e técnicos necesarios, continuando e ampliando os
programas de reforzo.
2. No relativo á participación da comunidade educativa na vida do centro:
2.1. A baixa participación do alumnado tanto a través das figuras de
representación, como nas actividades que se lles ofrece é un Indicador da
pouca vinculación co Instituto para unha parte significativa do alumnado.
2.2. A insuficiente implicación por parte das familias no seguimento da
aprendizaxe dos seus fillos, o que tamén incide na motivación e na eficacia da
resposta educativa que o Instituto ofrece.
2.3. A mellora da participación do profesorado na toma de decisións, na
clarificación de ideas e proxectos, aumentando a transparencia no
funcionamento de todos os órganos de goberno do centro.
3. Na organización, de xestión e promoción do Centro:
3.1. A imaxe do Centro no contorno social veu degradándose nos últimos anos.
Sobre ela incide directamente a forma en que se atenden as demandas da
familia, a calidade na atención, a información transparente e suficiente…
3.2. O uso das dependencias do Centro fóra do horario escolar é escaso e supón
desaproveitar un potencial de dinamismo e de identificación do alumnado co
Centro.
3.3. Hai unha escasa oferta de actividades alternativas, complementarias e
extraescolares no centro, para a comunidade educativa. Deberían potenciarse
todas aquelas relativas ao deporte, ás artes e á cultura.
3.4. A información económica e de xestión financeira é opaca e pouco
transparente. Toda a comunidade educativa debería ter acceso á mesma e, moi
especialmente, os órganos do Centro.
3.5. Hai profesorado con experiencias profesionais noutros ámbitos, que non están
Proxecto de dirección (2014-2018) I.E.S. Politécnico de Vigo
Xosé Euloxio Santos Leites 11
sendo aproveitadas polo centro, co obxecto de difundir as súas actividades e
prestixiar aos nosos traballadores.
4. Noutros aspectos de actuacións transversais:
4.1. A innovación educativa presente no Centro a través dalgunhas iniciativas, non
está resultando ser un elemento dinamizador da actividade educativa. A busca
de respostas aos problemas debería concretarse en experiencias educativas das
que todos poidamos aprender e a todos nos sirva de estímulo e orientación.
4.2. Os ciclos formativos da familia de delineación veñen tendo un descenso no
alumnado moi acusado que obriga a adoptar decisións máis innovadoras para
diferenciarse na oferta formativa como posíbeis especializacións ou
reorientacións dos mesmos.
4.3. Non temos unha estrutura dinámica e permanente con accións decididas a
incrementar o uso da lingua entre a comunidade educativa.
4.4. A utilización dos recursos enerxéticos e materiais do centro están lonxe de
acadar a sustentabilidade.
C.- PROGRAMA DE DIRECCIÓN
C.1.- OBXECTIVOS XERAIS.
Deseñar un programa de dirección a catro anos non é fácil, sobre todo se pretende ser
suficientemente concreto. Tamén resulta difícil temporizalo e concretalo ano por ano. Se a
isto sumamos unha cambiante situación lexislativa (LOXSE, LOE, LOMCE) que provoca
cambios organizativos e curriculares, nova normativa sectorial en FP, referida á formación
modular, ao idioma, etc., a dificultade para concretar é inda maior. Polo tanto, o que aquí
propoñemos son, en primeiro lugar, amplos eixos de traballo que extraemos dos nosos
obxectivos máis xerais, e, en segundo lugar, da análise realizada no apartado anterior.
No aspecto académico-curricular
A1. Reducir os niveis de abandono e fracaso escolar e absentismo, potenciando as
competencias básicas do alumnado.
A2. Completar e consolidar a oferta educativa e curricular do centro.
A3. Mellorar as competencias do alumnado en linguas estranxeiras.
Proxecto de dirección (2014-2018) I.E.S. Politécnico de Vigo
Xosé Euloxio Santos Leites 12
No relativo á participación da comunidade educativa na vida do centro:
P1. Establecer mecanismos de participación da comunidade educativa, que melloren a
súa participación e implicación.
P2. Facilitarlle á comunidade educativa o acceso a toda a información do centro.
Na organización, xestión e promoción do Centro:
X1. Mellorar a convivencia no centro, fomentando mecanismos de conciliación para a
resolución dos conflitos.
X2. Aumentar a oferta das actividades extraescolares e complementares ofertadas no
Centro para a comunidade educativa.
X3. Dotar o centro de accesibilidade plena e mellorar as condicións de habitabilidade
X4. Realizar unha xestión orzamentaria con prioridade ás necesidades estruturais do
Centro, reducindo gastos e custos prescindíbeis.
X5. Promocionar a imaxe e a proxección externa do Centro.
X6. Mellorar a transición entre etapas do alumnado
X7. Revisar o Regulamento de Réxime interno e a súa integración no PEC.
Noutros aspectos de actuacións transversais:
T1. Incrementar o uso do galego na comunidade educativa.
T2. Estender e potenciar o uso das novas tecnoloxías nas tarefas didácticas e
pedagóxicas, así como nas de organización, xestión e comunicación do Centro.
T3. Facilitar a innovación didáctica no Centro, fomentando a incorporación de
técnicas e experiencias de renovación pedagóxica mediante liñas e grupos de traballo.
T4. Establecer medidas de sustentabilidade ecolóxica no funcionamento e xestión do
centro.
T5. Potenciar o funcionamento da biblioteca.
T6. Garantir o cumprimento da normativa en prevención de riscos laborais.
Proxecto de dirección (2014-2018) I.E.S. Politécnico de Vigo
Xosé Euloxio Santos Leites 13
C.2. LIÑAS PRIORITARIAS DE ACTUACIÓN
No aspecto académico-curricular
Obxectivo A1.
Reducir os niveis de fracaso escolar e absentismo, potenciando as competencias básicas
do alumnado
Actuarase arredor de tres eixos básicos: potenciar a orientación e a acción titorial, establecer
mecanismos de reforzo e apoio individualizado e mellorar as competencias do alumnado nas
destrezas básicas (lecto-escritura e cálculo).
Accións a realizar:
A.1.1. Solicitar a nosa participación no programa da Consellaría “Contratos-Programa”,
na súa modalidade 1 (antigo PROA) para o reforzo e apoio individualizado do
alumnado con dificultades.
A.1.2. Determinar as persoas que deben formar parte do Departamento de Orientación
(DO), incrementando o seu número, dotando o centro de máis profesorado de
Orientación e de Pedagoxía Terapéutica.
A.1.3. Configurar e darlles estrutura ás titorías de nivel, co obxecto de coordinar a todo
o profesorado, sempre co seguemento do DO.
A.1.4. Establecer reforzos nas titorías daqueles grupos e etapas que a carga de traballo
así o esixa (mediante duplas titorías, atención específica do DO…)
A.1.5. Constituír a figura do “alumnado-titor” que guíe e axude ao alumnado novo con
dificultades no Centro.
A.1.6. Comunicarlles aos proxenitores ou titores do alumando da ESO antes das 9h30 a
inasistencia ou retraso do seu fillo/a de xeito telefónico ou mensaxería (SMS,
Whatsapp, Telegram...).
A.1.7. Fixar os criterios relativos a horarios con criterios pedagóxicos que faciliten o
logro dos obxectivos de redución do fracaso escolar e mais a mellora das
competencias básicas. Incluso analizando a posibilidade de modificar os horarios
de entrada, saída e descanso do alumando.
A.1.8. Implementar medidas de deteccón de situacóns econ´micas precarias.
Proxecto de dirección (2014-2018) I.E.S. Politécnico de Vigo
Xosé Euloxio Santos Leites 14
Obxectivo A2.
Completar e consolidar a oferta educativa e curricular do Centro.
Completar e consolidar o documento cos criterios xerais de avaliación e de promoción da
ESO,Bacharelato e dos Ciclos Formativos, así como a oferta de materias optativas para a súa
incorporación ao Proxecto Educativo.
Accións a realizar:
A.2.1. Establecer os criterios xerais de avaliación e promoción da ESO, Bacharelato e
FP. Redactar un documento cos criterios xerais de avaliación, promoción e
titulación da ESO, Bacharelato e dos Ciclos Formativos, para a súa incorporación
ao Proxecto Educativo.
A.2.2. Definir a oferta de materias optativas. Definir, completar e consolidar o currículo
optativo da ESO e do Bacharelato.
A.2.3. Incorporar na oferta educativa do centro cuestións e materias que poñan en valor
as particularidades da lingua, a historia e a cultura de Galicia.
A.2.4. Estudar a oferta formativa en FP, especialmente en delineación, tendo en conta a
disponibilidade de recursos docentes e materiais.
A.2.5. Estudar a posibilidade de ofertar ciclos de FP de Ensinanzas Artísticas,
comezando por facelo no réxime de adultos, tendo en conta a dispoñibilidade de
recursos docentes e materiais..
Obxectivo A3.
Mellorar as competencias do alumnado en linguas estranxeiras
Accións a realizar:
A.3.1. Dotar de medios e recursos axeitados para o estudio de linguas estranxeiras o
centro, Débese facer unha análise dos recursos necesarios para a aprendizaxe de
idiomas desde os Departamentos implicados, realizando os investimentos
posíbeis.
A.3.2. Analizar as posibilidades de implantar seccións bilingues no centro: Fixaranse
uns criterios básicos e comúns para a constitución de seccións bilingües no
centro, establecendo prioridades e obxectivos.
Proxecto de dirección (2014-2018) I.E.S. Politécnico de Vigo
Xosé Euloxio Santos Leites 15
A.3.3. Crear mecanismos de coordinación entre os Departamentos didácticos de linguas
estranxeiras para o fomento de actividades comúns: As xefaturas dos
Departamentos de Linguas estranxeiras deben coordinarse naquelas cuestións
comúns relativas á promoción e fortalecemento neste aspecto.
A.3.4. Potenciar o papel do programa Erasmus+ dotándoo de máis recursos. O novo
programa Erasmus+, que inclúe todas as accións formativas relativas a varios
programas antigos (Erasmus, Leonardo, Comenius…), non debe quedar só en
mans de un ou dous responsábeis, xa que pola súa carga de traballo e importancia
debe implicar a un equipo de profesorado interdisciplinar.
A.3.5. Valorar a posibilidade de constituír formalmente o Departamento de Lingua
Portuguesa.
A.3.6. Fomentar a creación de grupos de lectura e conversación en lingua estranxeira
entre membros da comunidade educativa (profesores, pais e nais, alumnado…).
No relativo á participación da comunidade educativa na vida do Centro
Obxectivo P1.
Establecer mecanismos de participación da comunidade educativa, que melloren a súa
participación e implicación
Os tres subsectores da comunidade educativa (profesorado, nais e pais e alumnado) deben
dispor de mecanismos que permitan mellorar a súa participación na vida do centro, recoller
as súas demandas e suxestións e aumenar a súa implicación e responsabilidade.
Accións a realizar:
P.1.1. Potenciar o papel do Claustro e o Consello Escolar como instrumentos de debate
e decisión.
P.1.2. Potenciar o funcionamento da CCP. Establecer trimestralmente unha “folla de
ruta”, suxeita á aprobación da Comisión.
P.1.3. Informatizar as actas do Claustro, Consello Escolar e CCP, facéndoas públicas e
accesíbeis para os sectores educativos implicados.
P.1.4. Xerar mecanismos de comunicación na comunidade educativa áxiles e fáciles
(sms, whatsapp, redes sociais…).
P.1.5. Dotar dun local, de taboleiro de anuncios e acceso a determinados servizos
Proxecto de dirección (2014-2018) I.E.S. Politécnico de Vigo
Xosé Euloxio Santos Leites 16
(fotocopiadora, teléfono,ordenador con conexión a internet…) aos representantes
do alumnado.
P.1.6. Establecer un protocolo de información ao alumnado sobre o seu sistema de
participación, talleres dispoñíbeis e outras cuestións de interese.
P.1.7. Fixar datas de “aulas abertas” para a visita dos pais e nais dos alumnos de 6º de
Primaria que accederán previsiblemente ao Centro, o alumnado de 4º da ESO e 2º
de Bacharelato aos talleres e zonas de FP, así como de outro alumnado que poida
desexar matricularse nun futuro no Instituto.
P.1.8. Potenciar o mecanismo de recepción e resposta das Queixas, Suxestións e Rogos.
P.1.9. Impulsar a colaboración na páxina Web do Centro, dandolle participación ao
alumnado e á ANPA da forma que mellor consideren.
P.1.10. Acto de Inauguración do Curso aberto á ANPA.
Obxectivo P2.
Facilitarlle á comunidade educativa non docente o acceso a toda a información do
Centro.
Accións a realizar:
P.2.1. Presentación dos orzamentos e dación de contas á ANPA.
P.2.2. Sesións informativas coa ANPA e cos delegados de alumnos en todos aqueles
temas de trascendencia para o funcionamento do Centro
P.2.3. Poder acceder á información económica do Centro de xeito sinxelo e comprensíbel.
Na organización, xestión e promoción do Centro:
Obxectivo X1.
Mellorar a convivencia no Instituto, fomentando mecanismos de conciliación para a
resolución dos conflitos.
Instrumento destinado a facer do centro un espazo para a aprendizaxe da resolución pacífica
dos conflictos, e da convivencia democrática.
Especificará as normas de convivencia, a relación co regulamento de réxime interior.
Proxecto de dirección (2014-2018) I.E.S. Politécnico de Vigo
Xosé Euloxio Santos Leites 17
Garantirá a mediación nos conflictosque se presenten, e concretaranse nel os procedementos
e protocolos de actuación en casos de acoso escolar.
Accións a realizar:
X.1.1. Elaboración do borrador do Plan polo Observatorio da Convivencia coa
participación das titoras, titores, e alumnado através das titorías.
X.1.2. Presentación do borrador ao Consello Escolar, e o Claustro. Creando grupo de
debate. Difusión entre a comunidade educativa do documento, con actos concretos.
X.1.3. Análise das propostas formuladas polos distintos sectores. Elaboración do
documento.
X.1.4. Presentación do proxecto definitivo ao Claustro e ao Consello Escolar, para a súa
aprobación.
X.1.5. Edición e divulgación do Plan de Convivencia.
Obxectivo X2.
Aumentar a oferta das actividades extraescolares e complementares ofertadas no centro
para a comunidade educativa
Accións a realizar:
X.2.1. Organizar competicións e liguiñas en diversas disciplinas.
X.2.2. Organizar ciclos de cine.
X.2.3. Organizar concursos de Artes.
X.2.4. Constituir un grupo de teatro de Centro.
X.2.5. Permitir o uso da aula de música para a práctica de instrumentos ou de grupos
musicais.
X.2.6. Establecer un tema núcleo a partir do cal xire toda unha serie de actividades
musicais, artísticas, culturais, literarias…
X.2.7. Fomentar os xogos populares galegos (chave, trompo, billarda, bólas…) e
promover o coñecemento de xogos populares doutros países e continentes.
X.2.8. Poñer xogos de mesa a disposición dos alumnos durante os recreos.
X.2.9. Estudar as posibilidades do patio e soportais para dar alternativas de xogo ao
fútbol.
X.2.10. Organizar os preparativos para o 50º Aniversario do Centro no ano 2018.
Proxecto de dirección (2014-2018) I.E.S. Politécnico de Vigo
Xosé Euloxio Santos Leites 18
Obxectivo X3.
Dotar o Centro de accesibilidade plena e mellorar as condicións de habitabilidade: faise
necesario seguir co obxectivo de facer un centro totalmente accesible para as persoas con
algunha discapacidade así como dotar o Centro de melloras nas aulas e nos lugares comúns do
Instituto co fin de favorecer a estancia e o traballo nos mesmos.
Accións a realizar:
X.3.1. Xestionar a instalación de ascensor entre o garaxe e delineación.
X.3.2. Realizar as obras necesarias para adaptar os baños.
X.3.3. Humanizar aulas, corredores e zonas comúns, dotándoas da confortabilidade
axeitada: iluminación, mobiliario...
Obxectivo X4.
Realizar unha xestión orzamentaria que dean prioridade ás necesidades estruturais do
centro, reducindo gastos e custos prescindíbeis.
O orzamento do centro é un documento de xestión económica a curto prazo (un ano natural),
que pretende distribuír os ingresos para cubri- las demandas e necesidades do Centro. Debe
prever o desfase entre o ano natural e o curso académico. Debe permitir a participación na
súa elaboración de todos os sectores da comunidade educativa.
Accións a realizar:
X.4.1. Estudar as necesidades de cada unidade de xestión (equipo directivo, xefes de
dep, persoal de administarción e servizos) e inversións necesarias.
X.4.2. Elaboración do ante-proxecto pola comisión económica: gastos fixos, gastos de
actividades docentes, actividades, subministros, obras e reparacións, etc.
X.4.3. Presentación e aprobación do proxecto na CCP, no Claustro, ANPAS e Consello
Escolar
X.4.4. As bases sobre as que se asentará a elaboración dos orzamentos serán:
1. Analizar os gastos correntes que poden ser reducidos mediante unha axeitada
política de compras , contratación e aforro..
2. Redistribuír as porcentaxes de orzamentos para a Admón. xeral e
Proxecto de dirección (2014-2018) I.E.S. Politécnico de Vigo
Xosé Euloxio Santos Leites 19
departamentos, pasando do 60-40% actuais ata o 50% para cada un dos apartados.
Fixar unha porcentaxe do orzamento para adicala a proxectos de interés ou a
dotacións que os dptos. non alcancen, así como un procedimento obxetivo para
acceder a el.
3. Fixar unha porcentaxe en función de: nº de grupos, nº de alumnos e tipo de
ensinanzas.
4. Fixar un plano de inversións en obras necesarias no Instituto.
5. En caso de necesitar realizar algunha modificación importante do presuposto,
esta será informada pola CCP e aprobada polo Consello Escolar
Obxectivo X5.
Promocionar a imaxe e a proxección externa do centro.
Mellorar a imaxe e a proxección externa do centro, optimizar as vías de información sobre a
oferta educativa, as actividades do centro, comunicación coa comunidade educativa e co
entorno do Centro.
Accións a realizar:
X.5.1. Edición e distribución de material informativo sobre o centro, para as nais e pais
de alumnos, para os Centros educativos, empresas, e Concellos.
X.5.2. Comunicacións e reunións periódicas coas nais e pais dos alumnos durante o curso
sobre cuestións xerais.
X.5.3. Sesións informativas aos centros sobre a oferta educativa do Instituto.
X.5.4. Aumentar a presenza nos medios de comunicación locais sobre as actividades do
centro e os logros dos alumnos e alumnas
X.5.5. Fomentar a presentación do Centro aos premios escolares.
X.5.6. Abrir ao público algunhas conferencias e actividades organizalas no Centro.
X.5.7. Facilitar o uso das instalacións do Centro a organizacións sociais e civís para as
súas actividades, durante os períodos non lectivos.
Obxectivo X6.
Mellorar a transición entre etapas do alumnado.
Proxecto de dirección (2014-2018) I.E.S. Politécnico de Vigo
Xosé Euloxio Santos Leites 20
Reforzar a información para a transición da ESO ós ciclos medios e bacharelatos e dende o
bacharelato cara os ciclos superiores de FP e a Universidade.
Accións a realizar:
X.6.1. Reforzar a orientación académica e profesional.
X.6.2. Organizar unha semana de actividades e postos informativos sobre saídas
formativas para o alumando de ESO e Bacharelato.
Obxectivo X7.
Revisión do RRI do centro e integración no PEC.
Aprobar un novo Regulamento de Réxime Interno, entendendo éste como ó documento que
establece a forma democrática de organización que adopta o centro tomando como base os
dereitos e obrigas que lle corresponden a cada integrante da comunidade educativa.
Definir os mecanismos do réxime disciplinario e das normas de convivencia do centro, co
obxectivo de axilizar e simplificar, ó máximo os procedementos de corrección de condutas
contrarias ás normas de convivencia e gravemente prexudiciais.
Accións a realizar:
X.7.1. Elaboración ó inicio de curso, do capítulo referido ó alumnado do anteproxecto do
novo RRI. Difusión entre a comunidade educativa.
X.7.2. Presentación do borrador do Proxecto de RRI, consensuado cos distintos sectores.
X.7.3. Constitución dunha comisión no Consello Escolar, de titoras e titores para o
debate do Proxecto.
X.7.4. Establecer os mecanismos de revisión e actualiacón do RRI.
X.7.5. Presentación do proxecto definitivo ó Claustro e ó Consello Escolar, para a súa
aprobación.
Proxecto de dirección (2014-2018) I.E.S. Politécnico de Vigo
Xosé Euloxio Santos Leites 21
Noutros aspectos de actuacións transversais:
Obxectivo T1.
Incrementar o uso do galego na comunidade educativa.
Accións a realizar:
T.1.1. Realización de intercambios escolares con centros educativos do rural onde o
alumnado sexa maioritariamente galegofalante.
T.1.2. Potenciar o xornal e a radio escolar.
T.1.3. Establecer mecanismos de coordinación entre o profesorado que imparte en lingua
galega e o do departamento de galego.
T.1.4. Fomentar o uso do galego nos provedores de servizos do Centro.
Obxectivo T2.
Estender e potenciar o uso das novas tecnoloxías nas tarefas didácticas e pedagóxicas, así
como nas de organización, xestión e comunicación do Centro.
Accións a realizar:
T.2.1. Determinar as necesidades do centro en materia de NN.TT.
T.2.2. Implementar mecanismos de acceso á información do centro a través da rede e de
dispositivos móbiles.
T.2.3. Potenciar as comunicacións entre a comunidade educativa mediante a computación
na nube e dos dispositivos móbiles.
T.2.4. Fortalecer a creación e utilización de aulas virtuais, en entorno Moodle e
computación na nube (Google Drive, Onedrive, Dropbox...).
T.2.5. Instaurar a figura da “titora-tic” en cada nivel educativo, que asesore e axude ao
resto do profesorado na aplicación das NN.TT. á súa práctica docente.
Obxectivo T3.
Facilitar a innovación didáctica no centro, fomentando a incorporación de técnicas e
experiencias de renovación pedagóxica mediante liñas e grupos de traballo
Accións a realizar:
Proxecto de dirección (2014-2018) I.E.S. Politécnico de Vigo
Xosé Euloxio Santos Leites 22
T.3.1. Xestionar coa Administración a creación da figura do coordinador ou coordinadora
de formación no Centro
T.3.2. Promover a formación continuada do profesorado impulsando a creación de grupos
para a Formación en centros.
Obxectivo T4.
Establecer medidas de sustentabilidade ecolóxica no funcionamento e xestión do centro
Accións a realizar:
T.4.1. Estudar os recursos utilizados polo centro a nivel material e enerxético.
T.4.2. Determinar as posibilidades de redución, reutilización e reciclaxe de materiais e
enerxía do centro
T.4.3. Realizar as actuacións encomendadas a lograr os obxectivos marcados
T.4.4. Promover o consumo de produtos locais e de cercanía, así como aqueles
procedentes do comercio xusto, ecolóxicos ou con outros selos de sustentabilidade.
Obxectivo T5.
Potenciar o funcionamento da biblioteca.
O obxectivo de mellora da capacidade de lectura e comprensión dos alumnos pode acadarse
mediante a implantación de programas de fomento e animación á lectura, papel que debe
levar a cabo a biblioteca .
Accións a realizar:
T.5.1. Estudar as inversións necesarias, e asignación de orzamentos axeitada.
T.5.2. Creación dun club de lectura.
T.5.3. Reforzar a adicación de persoal ás tarefas propias da biblioteca.
Obxectivo T6.
Garantir o cumprimento da normativa en prevención de riscos laborais.
A Lei de Prevención de Riscos Laborais debe ser aplicada aos traballadores dos centros
docentes, obrigando a unha serie de aspectos como formación e información, avaliación dos
Proxecto de dirección (2014-2018) I.E.S. Politécnico de Vigo
Xosé Euloxio Santos Leites 23
riscos (especialmente os psicosociais), organización do traballo, sinalización, iluminación,
etc… e que non se está a cumprir na maior parte dos aspectos.
Accións a realizar:
T.6.1. Analizar o cumprimento da lexislación, comezando por realizar unha avaliación
pormenorizada dos factores de riscos presentes no Centro (na aula, nos laboratorios,
nos talleres, PVDs, administrativos, conserxería…).
T.6.2. Establecer un protocolo de formación e información para novos docentes que se
incorporen ao Centro, así como dos que xa levan tempo con destino definitivo.
T.6.3. Revisar o Plano de Autoprotección.
T.6.4. Realizar as medicións e adaptacións que sexan necesarias derivadas da avaliación
inicial (ruído, iluminación…).
T.6.5. Determinar os responsábeis en materia preventiva no centro, incluíndo a posibilidade
de designar traballadores ou de precisar a presenza de recursos preventivos en
determinados postos de traballo.
C.3. TEMPORALIZACIÓN DOS OBXECTIVOS.
OBXECTIVOS E LIÑAS PRIORITARIAS DE ACTUACIÓN
2014
-15
2015
-16
2016
-17
2017
-18
A1. Reducir os niveis de fracaso escolar e absentismo, potenciando as competencias básicas do alumnado.
A2. Completar e consolidar a oferta educativa e curricular do Centro.
A3. Mellorar as competencias do alumnado en linguas estranxeiras.
P1. Establecer mecanismos de participación da comunidade educativa, que melloren a súa participación e implicación.
P2. Facilitarlle á comunidade educativa o acceso a toda a información do Centro.
X1. Mellorar a convivencia no Centro, fomentando mecanismos de conciliación para a resolución dos conflitos.
X2. Aumentar a oferta das actividades extraescolares e complementares ofertadas no Centro para a comunidade educativa.
Proxecto de dirección (2014-2018) I.E.S. Politécnico de Vigo
Xosé Euloxio Santos Leites 24
X3. Dotar o Centro de accesibilidade plena e mellorar as condicións de habitabilidade.
X4. Realizar unha xestión orzamentaria con prioridade ás necesidades estruturais do Centro, reducindo gastos e custos prescindíbeis.
X5. Promocionar a imaxe e a proxección externa do Centro.
X6. Mellorar a transición entre etapas do alumnado
X7. Revisar o Regulamento de Réxime interno.
T1. Incrementar o uso do galego na comunidade educativa.
T2. Estender e potenciar o uso das novas tecnoloxías nas tarefas didácticas e pedagóxicas, así como nas de organización, xestión e comunicación do Centro.
T3. Facilitar a innovación didáctica no centro, fomentando a incorporación de técnicas e experiencias de renovación pedagóxica mediante liñas e grupos de traballo.
T4. Establecer medidas de sustentabilidade ecolóxica no funcionamento e xestión do Centro.
T5. Potenciar o funcionamento da biblioteca.
T6. Garantir o cumprimento da normativa en P.R.L.
D. CUMPRIMENTO DA LEI 7/2004 PARA A IGUALDADE DE MULLERES E
HOMES.
Aínda recoñecendo os importantes logros conseguidos nos últimos tempos en materia
de igualdade de homes e mulleres grazas en parte ao corpo lexislativo creado, a situación de
desigualdade é un feito notorio e indiscutible en todos os ámbitos da nosa sociedade:
doméstico, no acceso ao mundo do traballo, nos salarios etc. Esta situación manifesta a
necesidade de afondar no compromiso da sociedade na defensa activa da igualdade, contra a
discriminación e na prevención da violencia de xénero. Con esta finalidade, faise necesario
que todos os estamentos da sociedade actuemos contra os prexuízos de xénero, e como non, o
ámbito educativo constitúe un marco referencial e privilexiado para difundir e afondar nos
valores do respecto entre homes e mulleres e promocionar que as novas xeracións salgan das
nosas escolas e institutos formadas e interioricen de xeito natural as políticas de igualdade e
non discriminación.
A efectos do sinalado no parágrafo anterior o capítulo 1 da lei 7/2004 para a igualdade
Proxecto de dirección (2014-2018) I.E.S. Politécnico de Vigo
Xosé Euloxio Santos Leites 25
de mulleres e homes regula todo o relativo á educación e á formación para a igualdade e
regula nos artigos 9, 10 cuestións como o currículo regulador do sistema educativo e a
erradicación de prexuízos nos centros docentes.
No artigo 9 establécese que o currículo regulador da práctica docente en cada un dos
niveis, etapas, ciclos, graos e modalidades do sistema educativo adaptaranse as seguintes
especificacións:
1. A comprensión do valor constitucional da igualdade entre ambos sexos como
obxectivo de especial atención.
2. O enriquecemento dos contidos curriculares coas contribucións ao coñecemento
realizadas polas mulleres.
3. A adquisición no alumnado dos coñecementos e actitudes necesarias que lles
permitan, unha vez acadada a madurez, atender as súas propias necesidades
domésticas e os labores familiares compartidos.
4. O fomento da presenza das mulleres naquelas áreas onde se atopen pouco
representadas e o fomento das vocacións masculinas naquelas áreas onde se atopen
insuficientemente representados os homes.
No artigo 10 proponse a erradicación de prexuízos nos centros docentes, arbitrando medidas
como:
1. Non se admitirán, no centro docente, as desigualdades entre alumnos e alumnas
sustentadas en crenzas, prexuízos, tradicións inxustificables ou prácticas transmisoras
dunha distribución estereotipada de papeis entre os sexos ou dunha imaxe de
dominación dun sexo sobre o outro.
2. De forma directa, o profesorado non permitirá ningunha forma de machismo e de
misoxinia que puidese existir no seo da comunidade escolar.
D.1. MEDIDAS PARA GARANTIR A IGUALDADE.
● Reforma do RRI para explicitar axeitadamente as medidas correctoras de
comportamentos sexistas, e o establecemento das sancións pertinentes se houbese
lugar.
● Reforma do plano de Convivencia do Centro para reforzar a resposta da Comunidade
educativa ante indicios de existencia de violencia de xénero.
● Creación no sen do Consello Escolar dunha comisión encargada de elaborar un plano
Proxecto de dirección (2014-2018) I.E.S. Politécnico de Vigo
Xosé Euloxio Santos Leites 26
de igualdade cuxas conclusións, unha vez discutidas por todos os estamentos
educativos, se incorporen nos distintos ámbitos de actuación.
● Introdución nas programacións das distintas materias de contidos, actividades e
procedementos que propicien a loita contra a desigualdade e contra a violencia de
xénero.
E. AVALIACIÓN DO PROXECTO
A avaliación é un elemento dinamizador de toda a actividade do Centro durante o
período de mandato da dirección, e finalmente serve como referente de avaliación do equipo;
polo que debe garantir unha avaliación coherente da xestión directiva.
A avaliación non se considera unha fase final, como modelo en espiral de mellora, é
unha comprobación do desenvolvemento, inmersa nun proceso de posta en práctica, para ver
en que aspectos os plans específicos deben ser mellorados ou corrixidos, así como o
seguimento do propio Proxecto de Dirección.
Serán todos os sectores da Comunidade Educativa quen avalíen e fagan un
seguimento deste proxecto (Claustro de profesores, alumnado, Consello Escolar, ANPA,
persoal non docente e, o mesmo equipo directivo), creando grupos de debate (instrumento
para a toma de datos, co que se pretende obter, de persoas actuando como grupo,
información, baseándonos argumentos utilizados no debate).
Tamén corresponde a Administración Educativa (Inspección), avaliar e facer un
seguimento do proxecto, e da dirección do Centro.
Os instrumentos de avaliación, as formas de observar a realidade que se pretende
avaliar, realizarase a través de: cuestionarios, entrevistas, grupos de debate e observación
obxectiva.
Neste proxecto establécense tres fases de avaliación:
A. Fase de seguimento. Os xuízos de valor emitiranse de forma continuada dentro das
distintas estruturas organizativas do centro (Consello Escolar, Claustro de Profesores,
Comisión de Coordinación Pedagóxica, Departamentos, Equipos Docentes, etc),
tendo en conta as liñas de actuación e temporalización establecidas.
Proxecto de dirección (2014-2018) I.E.S. Politécnico de Vigo
Xosé Euloxio Santos Leites 27
B. Fase de seguimento anual. O seguimento e valoración dos obxectivos realizarase en
paralelo a memoria anual.
C. Avaliación dos resultados (avaliación final). A avaliación dos resultados realizarase
ó remate da temporalización establecida en cada unha das accións e por último
confeccionarase un informe final, pasados os catro anos.
Outros obxectivos a avaliar:
- Ademais dos obxectivos propostos e as prioridades establecidas, neste proxecto
terase moi en conta ao longo do mandato as prioridades marcadas pola comunidade
educativa. Entre elas destacamos:
- Dinamizar os órganos de goberno.
- Xestionar os recursos humanos e materiais para propiciar unha oferta educativa de
calidade, ampla e axustada as demandas sociais.
- Atender ao alumnado e ás súas familias ofrecendo información e respondendo ás
súas demandas.
- Impulsar e poñer en marcha programas e iniciativas de innovación e formación que
melloren o funcionamento do Centro.
Asdo. Euloxio Santos Leites