Proxecto de innovación. Convocatoria 2015. Memoria final. · Fase 6: MEMORIA FINAL Nesta última...

24
Páxina 1 de 24 Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa Proxecto de innovación. Convocatoria 2015. Memoria final. Título do proxecto Simulador de adestramento nas técnicas de mantemento de aeroxe- radores. SATMA. Coordinador/a María Nieto López Centro educativo I.E.S. Universidade Laboral. Proxecto de innovación premiado na resolución do 6 de abril de 2015 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se conceden os premios para o desenvolvemento de proxectos de innovación tecnolóxica ou cientí- fica e proxectos de innovación didáctica no ámbito da Formación Profesional en centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (Resolución do 24 de novembro de 2014).

Transcript of Proxecto de innovación. Convocatoria 2015. Memoria final. · Fase 6: MEMORIA FINAL Nesta última...

Page 1: Proxecto de innovación. Convocatoria 2015. Memoria final. · Fase 6: MEMORIA FINAL Nesta última fase do proxecto realizouse a memoria final de acordo co punto 2 do arti-go 11 da

Páxina 1 de 24

Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa

Proxecto de innovación. Convocatoria 2015. Memoria final.

Título do proxecto Simulador de adestramento nas técnicas de mantemento de aeroxe-radores. SATMA.

Coordinador/a María Nieto López

Centro educativo I.E.S. Universidade Laboral.

Proxecto de innovación premiado na resolución do 6 de abril de 2015 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se conceden os premios para o desenvolvemento de proxectos de innovación tecnolóxica ou cientí-fica e proxectos de innovación didáctica no ámbito da Formación Profesional en centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (Resolución do 24 de novembro de 2014).

Page 2: Proxecto de innovación. Convocatoria 2015. Memoria final. · Fase 6: MEMORIA FINAL Nesta última fase do proxecto realizouse a memoria final de acordo co punto 2 do arti-go 11 da

Páxina 2 de 24

Page 3: Proxecto de innovación. Convocatoria 2015. Memoria final. · Fase 6: MEMORIA FINAL Nesta última fase do proxecto realizouse a memoria final de acordo co punto 2 do arti-go 11 da

Páxina 3 de 24

Índice

1. Memoria xustificativa ................................................................................................5

1.1 Historia do proxecto. Xustificación. ............................................................................... 5

1.2 Relación de participantes .............................................................................................. 7

1.3 Actividades realizadas. ................................................................................................. 8

1.4 Avaliación final: Cumprimento do plan de avaliación. Valoración mediante os indicadores establecidos. ............................................................................................................... 14

1.5 Conclusións. Valoración global do proxecto e previsións de futuro. ............................ 15

1.6 Memoria de xustificación económica. .......................................................................... 16

1.6.1 Gastos xerais do proxecto................................................................................................................................ 16

1.6.2 Xustificación de gastos individuais de cada centro. ......................................................................................... 17

2. Resultados ou produtos do proxecto .................................................................... 19

Page 4: Proxecto de innovación. Convocatoria 2015. Memoria final. · Fase 6: MEMORIA FINAL Nesta última fase do proxecto realizouse a memoria final de acordo co punto 2 do arti-go 11 da

Páxina 4 de 24

Page 5: Proxecto de innovación. Convocatoria 2015. Memoria final. · Fase 6: MEMORIA FINAL Nesta última fase do proxecto realizouse a memoria final de acordo co punto 2 do arti-go 11 da

Páxina 5 de 24

1. Memoria xustificativa

1.1 Historia do proxecto. Xustificación.

Esta memoria ten por obxecto xustificar o proxecto de Innovación Didáctica da modali-

dade B. Innovación Didáctica da Resolución do 24 de marzo de 2015 da Dirección Xeral de

Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se convoca premios pa-

ra o desenvolvemento de proxectos de innovación tecnolóxica ou científica e proxectos de

innovación didáctica no ámbito da Formación Profesional en centros públicos dependentes

da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

A idea de este proxecto xurde cando profesores do departamento de Enerxía e Auga par-

ticipa en diferentes proxectos relacionados co sector eólico:

O primeiro proxecto europeo Leonardo da Vince TOI ATTP Wind Energy (Adapting

a Transparent Training Programme for Wind Energy), no que como resultado

desenvolveuse un programa de formación unificada a nivel europeo para técnicos

relacionados co sector eólico ATTP.

O seguinte proxecto no que colabora o departamento xurde do Plan Anual de

Formación do Profesorado de Formación Profesional, e consiste no desenvolvemento

do manual de “Monitores de acceso e subida a aeroxeradores"

O realizar estes proxectos, o profesorado que participou nel comprobou á hermeticidade

existente no sector eólico no referente a documentación dos equipamentos dos aeroxera-

dores, e o pechado dos seus sistemas de regulación e control, e nas técnicas e procesos de

mantemento dos mesmos fixo moi difícil o desenvolvemento do mesmo.

Esta mesma dificultade a teñen os profesores que imparten no C.S. de Enerxías renova-

bles para impartir os módulos:

Xestión da montaxe de parques eólicos.

Operación e mantemento de parques eólicos.

O proxecto ten como produto principal un simulador das principais situacións suscepti-

bles de actuación por parte dos equipos de mantemento de un aeroxerador, concretamente

trátase do aeroxerador número 21 do Parque Eólico Experimental de Sotavento do fabricante

Page 6: Proxecto de innovación. Convocatoria 2015. Memoria final. · Fase 6: MEMORIA FINAL Nesta última fase do proxecto realizouse a memoria final de acordo co punto 2 do arti-go 11 da

Páxina 6 de 24

Ecotecnia modelo 44/460.

A dispoñibilidade do simulador será en galego, castelán e inglés, aberto para a comunidade

educativa e o entorno produtivo.

Page 7: Proxecto de innovación. Convocatoria 2015. Memoria final. · Fase 6: MEMORIA FINAL Nesta última fase do proxecto realizouse a memoria final de acordo co punto 2 do arti-go 11 da

Páxina 7 de 24

1.2 Relación de participantes.

As entidades participantes no proxecto son:

IES Universidade Laboral coma centro coordinador:

A participación deste centro foi desenvolvida dende o departamento de Enerxía e Auga

cos profesores María Nieto López (coordinadora do proxecto), José Luís Vázquez Otero,

José Ignacio Vila Alonso, coordinador e participante respectivamente do proxecto euro-

peo Leonardo da Vinci TOI ATTP Wind Energy e Gustavo Adolfo Rodríguez Pérez, que

se atopa no presente curso académico impartido docencia no módulo de Xestión da mon-

taxe de parques eólicos e ademais é o titor do CS en Enerxías Renovables.

Fundación Sotavento.

Dita entidade atópase situada no Parque Eólico Experimental de Sotavento polo que dis-

pón da capacidade para facer uso das instalacións do mesmo. De forma resumida, a con-

tinuación citamos as instalacións de dito parque centradas no plano tecnolóxico:

o Aeroxeneradores: 24 máquinas entre as que se encontra ECOTECNIA 44/600.

o Rede de comunicación avanzada.

o Monitorización: Tódolos aeroxeneradores están monitorizados paralelamente al

tecnólogo.

o Outras instalacións renovables: solar fotovoltaica, solar térmica, geotérmica, bio-

masa, hidroxéno

Engasoft, S.L.

Finalmente, a empresa Engasoft realizou a monitorización das instalacións de existentes

no Parque Eólico Experimental de Sotavento, motivo éste polo cal se seleccionou a mes-

ma para a participación neste proxecto, tendo en conta a calidade dos materiais desenvol-

vidos pola mesma nas instalacións do Parque. Esta empresa ten unha ampla experiencia

na realización de aplicacións do sector eólico.

Page 8: Proxecto de innovación. Convocatoria 2015. Memoria final. · Fase 6: MEMORIA FINAL Nesta última fase do proxecto realizouse a memoria final de acordo co punto 2 do arti-go 11 da

Páxina 8 de 24

1.3 Actividades realizadas.

A continuación relaciónanse as actividades realizadas entorno ao proxecto SIMULADOR DE ADESTRAMENTO NAS TÉCNICAS DE MANTEMENTO DE AEROXERADORES. SATMA que están

diferenciadas en seis fases:

Fase 1: INVESTIGACIÓN E ANÁLISE CURRICULAR.

Nesta primeira etapa de investigación recolleuse e analizouse as características de outros

produtos destinados á simulación de instalacións de produción de enerxía eólica para desen-

volver o simulador.

O mesmo tempo analizouse o currículo do ciclo formativo que ten relación co proceso de

mantemento de aeroxeradores, e así púidose representar no simulador os puntos clave do

mantemento dos mesmos.

Analizouse a documentación correspondente ao aeroxerador que é obxecto de simulación,

definíndose os estados do mesmo.

Nesta fase inicial colaboraron os principais propulsores do proceso, o profesorado do I.E.S

Universidade Laboral

Fase 2: ASESORÍA PUNTOS DE CONTROL E DATOS HISTÓRICOS.

Nesta etapa persoal das entidades colaboradoras, en función dos puntos de control de que

dispoñen instalados no aeroxerador e os datos históricos dispoñibles, realizarán unha aseso-

ría técnica para ver o alcance do proxecto en función da investigación realizada na fase 1 e

das posibilidades que permita o orzamento do proxecto.

Nesta fase fixéronse diversas visitas ás instalacións de Sotavento, para realizar traballos so-

bre o aeroxerador obxecto de monitorización, ademáis da selección dos datos históricos a

implementar no simulador.

Page 9: Proxecto de innovación. Convocatoria 2015. Memoria final. · Fase 6: MEMORIA FINAL Nesta última fase do proxecto realizouse a memoria final de acordo co punto 2 do arti-go 11 da

Páxina 9 de 24

Esta fase desenvolveuse por persoal da Fundación Sotavento e Engasoft, S.L., coa supervi-

sión do IES Universidade Laboral.

Fase 3: DEFINICIÓN DO PRODUTO.

Implemeátaronse os datos obtidos polos puntos de control e a selección e adaptación dos da-

tos históricos á plataforma na que se desenvolveu o simulador SATMA.

A implementación de datos desenvolveuse principalmente por persoal de Engasoft,

baixo a asesoría de persoal da Fundación Sotavento e supervisada polo IES Universi-

dade Laboral como coordinador do proxecto.

Realizáronse reunións de traballo e seguimento do desenvolvemento do simulador nas

instalacións na Fundación de Sotavento e no IES Universidade Laboral.

Page 10: Proxecto de innovación. Convocatoria 2015. Memoria final. · Fase 6: MEMORIA FINAL Nesta última fase do proxecto realizouse a memoria final de acordo co punto 2 do arti-go 11 da

Páxina 10 de 24

Fase 4: DESENVOLVEMENTO DO SIMULADOR.

Nesta fase desenvolveuse o produto de simulación SATMA,en galego, español e inglés.

A empresa Engasoft S.L. elaborou a plataforma e o simulador e a Fundación Sotavento e

I.E.S. Universidade Laboral realizou as fichas que Engasoft deberá incluír no simulador.

A empresa Engasoft S.L. elaborou a plataforma e o simulador e a Fundación Sotavento

e I.E.S. Universidade Laboral realizou as fichas que Engasoft deberá incluír no simulador.

A estructura de Satma especificase no marxen izquierdo aparecendo os seguintes

submenús tendo:

Xeneralidades.

Aeroxerador Ecotecnia 44

Scada

O&P: Operación e mantemento.

Intervecións Períodicas

E por último Operacións Destacadas.

Page 11: Proxecto de innovación. Convocatoria 2015. Memoria final. · Fase 6: MEMORIA FINAL Nesta última fase do proxecto realizouse a memoria final de acordo co punto 2 do arti-go 11 da

Páxina 11 de 24

Fase 5: DIVULGACIÓN

Unha vez que o simulador estivo rematado realizase a fase de divulgación, para o cal:

presentase o proxecto no congreso de Innovación na Formación Profesional, do

24 ao 25 de febreiro de 2016 participando no obradoiro de Innovación.

Page 12: Proxecto de innovación. Convocatoria 2015. Memoria final. · Fase 6: MEMORIA FINAL Nesta última fase do proxecto realizouse a memoria final de acordo co punto 2 do arti-go 11 da

Páxina 12 de 24

presentase no boletín do centro educativo

exponse no I.E.S Universidade Laboral, para que a comunidade educativa do

mesmo coñeza a ferramenta.

Participarase II Encontros de intercambio de experiencias educativas. Compar-

tindo boas prácticas previsto a realizar a finais de abril.

Page 13: Proxecto de innovación. Convocatoria 2015. Memoria final. · Fase 6: MEMORIA FINAL Nesta última fase do proxecto realizouse a memoria final de acordo co punto 2 do arti-go 11 da

Páxina 13 de 24

Fase 6: MEMORIA FINAL

Nesta última fase do proxecto realizouse a memoria final de acordo co punto 2 do arti-

go 11 da convocatoria de premios para o desenvolvemento de proxectos de innovación

tecnolóxica.

Nela explicase todo o proceso para obtención dos obxectivos incluíndo os materiais

elaborados polos socios deste proxecto.

Page 14: Proxecto de innovación. Convocatoria 2015. Memoria final. · Fase 6: MEMORIA FINAL Nesta última fase do proxecto realizouse a memoria final de acordo co punto 2 do arti-go 11 da

Páxina 14 de 24

1.4 Avaliación final: Cumprimento do plan de avaliación. Valoración mediante os indicadores establecidos.

A calidade do proxecto é avaliado polo coordinador do mesmo chegando a conclu-

sión que se acadaron todos os obxectivos proposto na memoria de solicitude. Para o cal

o finalizar cada unha das fases estudáronse os seguintes aspectos:

- Grao de consecución dos obxectivos do proxecto.

- Posibles desviacións nos obxectivos preestablecidos.

- Alcance dos obxectivos concorde coa temporalización programada.

- Produtos do proxecto coa calidade prevista, por medio de posta en común co equi-

po docente do departamento de enerxía e auga.

Page 15: Proxecto de innovación. Convocatoria 2015. Memoria final. · Fase 6: MEMORIA FINAL Nesta última fase do proxecto realizouse a memoria final de acordo co punto 2 do arti-go 11 da

Páxina 15 de 24

1.5 Conclusións. Valoración global do proxecto e previsións de futuro.

Todos os docentes implicadas no proxecto adquiriron:

coñecementos nos principais sistemas que forman parte dun aeroxerador e das

tecnoloxías dispoñibles de forma xeral, e polo miúdo do aeroxerador Ecotecnia

44.

as condicións de operación e mantemento necesarias nas tarefas de mantemento

de aeroxeradores. Tendo acceso a documentación, a planos e fotografías, do

aeroxerador en estudo así coma a temporalización recomendada polo fabricante.

Achegaronse á Formación Profesional un entorno web no que adestrar aos estudantes

dos ciclos formativos na constitución de un aeroxerador real, o seu funcionamento e sobre

todo nas situacións máis habituais susceptibles de mantemento preventivo e correctivo por

parte dos equipos de mantemento dos parques eólicos.

Adquiríronse coñecementos relacionados coas técnicas de investigación e innova-

ción,susceptibles de ser levadas ao entorno dos Centros de Formación Profesional.

Melloraron as destrezas de comunicación coas empresas.

Fixéronse relacións consolidadas con empresas, fundacións e institucións que permiten

unha relación máis directa entre os centros educativos e ditas entidades, que de feito xa se

están facendo notar por medio de novos convenios de colaboración.

Este tipo de proxectos incrementa non só os coñecementos do profesorado de Forma-

ción Profesional senón as súas destrezas de negociación, colaboración e relación co entor-

no produtivo de maneira que o mantén actualizado na realidade existente fora das aulas e

serve de motivación para continuar co aprendizaxe ao longo da carreira profesional e da

vida.

Page 16: Proxecto de innovación. Convocatoria 2015. Memoria final. · Fase 6: MEMORIA FINAL Nesta última fase do proxecto realizouse a memoria final de acordo co punto 2 do arti-go 11 da

Páxina 16 de 24

1.6 Memoria de xustificación económica.

1.6.1 Gastos xerais do proxecto.

O orzamento inicial deste proxecto ascendía á cantidade de TRINTA E NOVE MIL

NOVECENTOS NOVENTA E SEIS EUROS, seguindo as instruccións da convocatoria, presentou-

se de forma global para o desenvolvemento do proxecto e de forma parcial dividido en 3 partes,

unha para cada socio participante do proxecto.

1. I.E.S. UNIVERSIDADE LABORAL 9.911,00 euros

2. FUNDACIÓN SOTAVENTO 20.075,00 euros

3. ENGASOFT S.L. 10.010,00 euros

TOTAL: 39.996,00 euros.

Cando o proxecto foi aprobado houbo unha redución dun 25 %, que se repartiu en cada

unha das partidas, quedando como se resume a continuación. o que fixo necesario que as partidas

sufriran unha redución. Quedando

1. I.E.S. UNIVERSIDADE LABORAL 7433,25 euros

2. FUNDACIÓN SOTAVENTO 7507,5 euros

3. ENGASOFT S.L. 15056,25 euros

TOTAL: 29.997 euros.

Page 17: Proxecto de innovación. Convocatoria 2015. Memoria final. · Fase 6: MEMORIA FINAL Nesta última fase do proxecto realizouse a memoria final de acordo co punto 2 do arti-go 11 da

Páxina 17 de 24

1.6.2 Xustificación de gastos individuais de cada centro.

Page 18: Proxecto de innovación. Convocatoria 2015. Memoria final. · Fase 6: MEMORIA FINAL Nesta última fase do proxecto realizouse a memoria final de acordo co punto 2 do arti-go 11 da

Páxina 18 de 24

Page 19: Proxecto de innovación. Convocatoria 2015. Memoria final. · Fase 6: MEMORIA FINAL Nesta última fase do proxecto realizouse a memoria final de acordo co punto 2 do arti-go 11 da

Páxina 19 de 24

2. Resultados ou produtos do proxecto

O produto final de este proxecto é unha ferramenta para o adestramento de opera-

rios nas técnicas de mantemento de aeorxeradores.

Con este simulador preténdese obter datos existentes tanto de índole construtivo dos

aeroxeradores coma procedimental das técnicas e condicións nas que se desenvolve o

mantemento dos aeroxeradores, pois como xa se comentou en puntos anteriores estes

datos son inaccesibles para o profesorado pois as empresas fabricantes de aeroxera-

dores non difunden este tipo de datos.

Para acceder a dita plataforma terase que escribir na barra de direcciones

www.satmawind.com

A primeira páxina poderase elixir o idioma no que traballar.

Elixido o idioma, accedemos a páxina principal no que no marxen izquierdo aparecen

os seguintes submenús tendo:

• Xeneralidades.

• Aeroxerador Ecotecnia 44

• Scada

• O&P: Operación e mantemento.

• Intervecións Períodicas

• E por último Operacións Destacadas.

O proxecto quere servir como formador de futuros profesionais de mantemento de ae-

Page 20: Proxecto de innovación. Convocatoria 2015. Memoria final. · Fase 6: MEMORIA FINAL Nesta última fase do proxecto realizouse a memoria final de acordo co punto 2 do arti-go 11 da

Páxina 20 de 24

roxeradores polo enxertouse un apartado de contacto onde calquera poderase poñer en

contacto cos profesores do departamento de Enerxía e Auga do I.E.S. Universidade Labo-

ral ben a través do teléfono ou do correo eléctronico.

O simulador é unha ferramenta de formación de aplicación no mundo da enerxía , cen-

trándonos dende o punto de vista do mantemento, pero ainda así faise necesario ter uns

coñecementos mínimos das diferentes tenoloxías existentes. Polo que no apartado de Xe-

ralidades descríbense os principais sistemas que forman parte dun aeroxerador e das tecno-

loxías dispoñibles de forma xeral.

Dito apartado está subdividido en cada unha das principais partes do aeroxenerador.

Base, torre Góndola, Sistema de Captación Sistema de transmisión Sistema de xera-

ción, Sistema de Freada, Sistema hidráulico Sistema de Control, Aparamenta Eléctrica e

S. Compensación Sistema de Refrixeración.

Os recursos que utilizamos para facilitar a compresión dos contidos nos apartados te-

mos infografías.

Por exemplo na Vista xeral de xeneralidades, representa un aeroxerador, se nos poñe-

mos en riba dos botos resaltase dita parte na infografía.

Page 21: Proxecto de innovación. Convocatoria 2015. Memoria final. · Fase 6: MEMORIA FINAL Nesta última fase do proxecto realizouse a memoria final de acordo co punto 2 do arti-go 11 da

Páxina 21 de 24

Nas explicacións de cada unha das partes temos texto resaltado o facer clic sobre él te-

mos acceso fotos, planos, videos que nos axudan a compresión da parte que se está a estu-

dar.

No apartado Ecotecnia 44 describese polo miúdo dito aeroxerador. A idea deste proxec-

to e seguir ampliando con outros aeroxeradores en outros proxectos. En todo o proxecto

séguese a mesma estrutura para así facilitar o estudo ao alumno e lle sexa doado buscar a

información

Por exemplo na vista xeral do Ecotecnia 44 temos unha infografía baseada nos planos

de dito aeroxerador e a igual que acontecía na vista xeral de xeneralidades ao pasar por ri-

ba de cada unha das partes está resaltase na infografía.

Neste apartado ademais de explicar a parte que corresponda contamos con planos reais o

Page 22: Proxecto de innovación. Convocatoria 2015. Memoria final. · Fase 6: MEMORIA FINAL Nesta última fase do proxecto realizouse a memoria final de acordo co punto 2 do arti-go 11 da

Páxina 22 de 24

que para o persoal de mantemento facilita moito o traballo. Por exemplo no apartado de es-

tructuras principais, explícase a base, a torre e a góndola. O pinchar en riba deles ademais de

indicar a que parte corresponde accedese a información e aos planos.

O seguinte apartado a tratar e o Scada, un Scada é un sofware para ordenadores que

permite controlar e supervisar un ou varios aeroxeradores a distancia.

Dentro das principais funcionalidades que procura un SCADA temos:

Permite a monitorización en tempo real da maioría de dispositivos

Rexistra e almacena información procedente do aeroxerador

Proporciona gráficas e informes para representar indicacións de funcionamento,

producción e dispoñibilidade.

Page 23: Proxecto de innovación. Convocatoria 2015. Memoria final. · Fase 6: MEMORIA FINAL Nesta última fase do proxecto realizouse a memoria final de acordo co punto 2 do arti-go 11 da

Páxina 23 de 24

O SCADA resulta de gran axuda para que o persoal de mantemento poida identificar

anomalías e para obter información sobre o funcionamento e os problemas que ocurren

nos aeroxeradores.

No apartado de Intervencións periódicas abórdase de maneira xeral as condicións de

Operación e Mantemento necesarias nas tarefas de mantemento de aeroxeradores.

No apartado de intervencións periódicas detállanse as operacións periódicas a desen-

volver neste aeroxerador, indicando as operacións planos e seguir e temporalización reco-

mendada polo fabricante.

Page 24: Proxecto de innovación. Convocatoria 2015. Memoria final. · Fase 6: MEMORIA FINAL Nesta última fase do proxecto realizouse a memoria final de acordo co punto 2 do arti-go 11 da

Páxina 24 de 24

Por último o apartado de operacións destacadas, descríbense 16 operacións de mante-

mento destacadas no aeroxenerador Ecotecnia 44, a selección de ditas operacións fíxose

en coordinación con a Fundación Sotavento.

Nela teremos acceso a planos, fotografías e vídeos.

Para que está páxina web póidase implemetar, entregamos dous arquivos que están na

carpeta de proxectos e unha guía de instalación.