Proxecto de investigación sobre os conxuntos de arte ... · sobre mapa turístico dos principais...

37
Os petróglifos de Ames Aprender da contorna ensinando a amala Proxecto de investigación sobre os conxuntos de arte rupestre do Concello de Ames co obxectivo de preparar unha exposición, unha guía de localización e toda a documentación necesaria para dar a coñecer o patrimonio da nosa contorna Jeny Teo Loy, Alicia Frade Mato, Miriam López Pazos Coordinadora: Alicia Eva Garea Traba

Transcript of Proxecto de investigación sobre os conxuntos de arte ... · sobre mapa turístico dos principais...

Page 1: Proxecto de investigación sobre os conxuntos de arte ... · sobre mapa turístico dos principais elementos estudados. Recollida de fotografías e esquemas “in situ”. 3ª Fase.

Os petróglifos de Ames

Aprender da contorna ensinando a amala

Proxecto de investigación sobre os conxuntos de arte rupestre do Concello de Ames

co obxectivo de preparar unha exposición, unha guía de localización e toda a

documentación necesaria para dar a coñecer o patrimonio da nosa contorna

Jeny Teo Loy, Alicia Frade Mato, Miriam López Pazos

Coordinadora: Alicia Eva Garea Traba

Page 2: Proxecto de investigación sobre os conxuntos de arte ... · sobre mapa turístico dos principais elementos estudados. Recollida de fotografías e esquemas “in situ”. 3ª Fase.

PROXECTO: OS PETRÓGLIFOS DE AMES 1

Contido

1) INTRODUCIÓN ................................................................................................................................ 2

Motivación:............................................................................................................................................ 2

Estado da cuestión .............................................................................................................................. 3

Respecto ao coñecemento dos diferentes xacementos ............................................................ 3

Respecto á localización dos xacementos e á toponimia dos lugares de referencia. ........ 4

2) OBXECTIVOS. ................................................................................................................................. 4

3) METODOLOXÍA. ................................................................................................................................. 5

Investigación documental e teórica: ................................................................................................. 5

O traballo de Campo .......................................................................................................................... 5

Fases do traballo ................................................................................................................................. 6

4) DATOS OBTIDOS .............................................................................................................................. 6

Información de carácter xeral sobre os petróglifos, significación e situación xeral no

contexto europeo. ................................................................................................................................ 6

Características xerais ..................................................................................................................... 8

Simboloxía ........................................................................................................................................ 9

Características iconográficas ....................................................................................................... 11

Cronoloxía ...................................................................................................................................... 12

4.1.5 Situación espacial ................................................................................................................ 12

Os petróglifos catalogados en Ames .............................................................................................. 13

A obra de Ramon Sobrino e a pista sobre o petróglifo de Oca. ................................................ 13

Petróglifos de Ames estudio detallado ........................................................................................... 14

Petróglifo “A Nave” ........................................................................................................................ 15

“Pedra Estivada” ............................................................................................................................ 18

“Os Batáns” .................................................................................................................................... 21

“Peneda Negra” ............................................................................................................................ 24

“Petroglifo de Oca” ........................................................................................................................ 27

“Petróglifo Pena da Mira” ............................................................................................................. 30

5) CONCLUSIÓNS ................................................................................................................................ 31

6) BIBLIOGRAFÍA ................................................................................................................................. 33

Webs: .................................................................................................................................................. 33

ANEXOS ................................................................................................................................................. 35

I. Díptico guía da exposición e visita turística .......................................................................... 35

II. Mapa virtual de visita en Google Maps .................................................................................. 36

Page 3: Proxecto de investigación sobre os conxuntos de arte ... · sobre mapa turístico dos principais elementos estudados. Recollida de fotografías e esquemas “in situ”. 3ª Fase.

PROXECTO: OS PETRÓGLIFOS DE AMES 2

1) INTRODUCIÓN

Unha cita para comezar:

Aos meus ollos, a relación entre a arqueoloxía e os petróglifos é incomprensible, ou

máis ben accidental. Mellor dito: sei que os petróglifos foron feitos por xente tan real

coma min; imaxino que eran importantes para eles, pois doutra forma, non me explico

que tomasen o traballo de cicelar eses debuxos na pedra (algo bastante máis

complicado que escribir nun papel, por certo); segundo os arqueólogos, foron feitos

hai dous mil anos por pobos de agricultores seminómades que se establecían á beira

dos ríos, etcétera, etcétera. Un mundo que tamén desapareceu. Esa información

coñézoa, manéxoa, pero non me di nada acerca daqueles petróglifos en particular. Os

que cifraron esas mensaxes xamáis imaxinaron que algún día existiriamos nós. Iso

confíreme unha vaga sensación de superioridade, coma se me asomase polo ollo dun

fecho a un cuarto prohibido. Eles non nos ven, pero nós vémolos. Pero vémolos nós?

Aí están os debuxos tallados na pedra, tratando de dicir algo que non entendemos.

Non: talvez nós tampouco os vemos, e imaxinámolos do mesmo xeito confusa,

arbitraria e limitada en que acaso os fixeron eles.Rodrigo Soto1.

Motivación:

Por que unha investigación sobre os petróglifos? Porque partimos dun feito clave na vida do noso Centro educativo: o seu logotipo. Este logotipo elaborouse tomando como base o debuxo duns dos petróglifos catalogados no municipio de Ames "A Nave" na aldea de Mourigade. Por esa razón xorden entre o alumnado moitas preguntas en relación co seu valor, situación e sobre a importancia deste tipo de restos arqueolóxicos. Por outra parte, os petróglifos teñen unha fonda resonancia mítica que parece unirnos a tempos pretéritos e a un pasado común na prehistoria de Europa, na que son comúns este tipo de achados arqueolóxicos. O valor destes depósitos ponse de manifesto coa resolución que acaba de aprobar o Consello de Europa para a catalogación dos Camiños de Arte Rupestre Prehistórica (CARP), unha asociación internacional de carácter internacional que ten por obxectivo a promoción e divulgación de centros de arte rupestre en Europa, como Itinerario cultural Europeo. Por que no Concello de Ames? O noso concello ten como particularidade unha poboación de orixe diversa, provinte de diferentes lugares de Galicia e España. Pola súa proximidade a Santiago de Compostela o crecemento da poboación foi en aumento nos últimos anos, sen que isto levase aparellado a conformación dunha identidade cultural común. Dar valor ao patrimonio cultural, coñecer e recoñecer a importancia do ámbito arqueolóxico e toponímico, permite promover a identificación

1 Los petróglifos. Saint-Nazaire,Máison des écrivains étrangers et des traducteurs, 2003, p. 95.

Page 4: Proxecto de investigación sobre os conxuntos de arte ... · sobre mapa turístico dos principais elementos estudados. Recollida de fotografías e esquemas “in situ”. 3ª Fase.

PROXECTO: OS PETRÓGLIFOS DE AMES 3

coa comunidade cultural, ao mesmo tempo que se fomenta o coidado e a conservación tanto dos restos arqueolóxicos, como da transmisión do patrimonio cultural común. Por outra parte esa orixe diversa da poboación fai que o coñecemento da toponimia da zona sexa pouco frecuente e, ante o despoboamento do medio rural, se atope en risco de perder a súa significación primitiva. Isto terá como consecuencia, non só unha paulatina perda de coñecemento histórico, senón tamén dificultará, cada vez máis a localización dos diferentes depósitos ou restos dos que se teñen noticias a raíz de diferentes estudos e nos que estes se nomean coa toponimia tradicional, hoxe case en desuso. Por iso faise necesario recoller de novo esa información situando a través da información oral, os diferentes elementos tradicionais, vinculando a súa situación topográfica coa toponimia tradicional e actual que lles corresponde.

Estado da cuestión

Respecto ao coñecemento dos diferentes xacementos

Hai que dicir que na actualidade se están a producir diferentes actuacións de catalogación, restauración e protección deste tipo de depósitos por parte de diferentes institucións do Estado e a tamén a través dos Organismos dependentes do Consello de Europa. Non obstante a actuación no Concello de Ames redúcese só á catalogación dos petróglifos máis accesibles. Na investigación previa de documentación, puidemos constatar a existencia de, polo menos os seguintes depósitos catalogadas: A Pedra Estivada, A Nave e Os Batáns, accesibles dende o sistema de información do Concello de Ames. A través de diferentes blogs de traballo2 de afeccioados púidose acceder a referencias sobre outros petróglifos referenciados como O Vilar, Peneda Negra, Monte Pumariño. Doutros depósitos como Outeiro de Pedrouzos (Covas), ou Monte Grande (Piñeiro), Pena dá Mina (Buceleiras) non encontramos información fiable nin doadamente accesible. No que respecta ao petróglifo de Castrigo, moi próximo ao Instituto é dubidosa a súa catalogación dentro deste tipo de depósitos, por razóns que máis tarde aclararemos. É particularmente rechamante a especial situación do depósito de Oca, que malia ser descrito de forma exhaustiva na obra do arqueólogo afeccionado Ramón Sobrino, non foi aínda referenciado de forma oficial polo Concello nin é accesible ao público na actualidade por acharse en propiedade privada.

2 www.petroglifosdegalicia.com

Page 5: Proxecto de investigación sobre os conxuntos de arte ... · sobre mapa turístico dos principais elementos estudados. Recollida de fotografías e esquemas “in situ”. 3ª Fase.

PROXECTO: OS PETRÓGLIFOS DE AMES 4

Respecto á localización dos xacementos e á toponimia dos lugares de

referencia.

Faise necesario establecer con precisión a denominación dos enclaves nos que se sitúan os petróglifos, co fin de unificar a información que aparece sobre eles en diferentes lugares. En moitos casos, depósitos que aparecen coa mesma referencia fotográfica denomínanse con topónimos diferentes. Tamén se fai necesario analizar a orixe das denominacións mais vinculadas ao uso local e poder precisar os camiños de aceso. É importante sinalar o estado actual deste tipo de xacementos en moitos casos deteriorados por actos de vandalismo, pero tamén polas condicións de deterioro debido aos axentes de erosión, fundamentalmente incendios e axentes atmosféricos. Con respecto aos axentes humanos involucrados nese deterioro, a información escasa que a poboación de Ames ten destes elementos patrimoniais non contribúe á súa conservación.

2) OBXECTIVOS.

Elaboración dunha pequena guía temática sobre a arte rupestre que poña en relación

os petróglifos de Ames co significado xeral deste tipo de restos arqueolóxicos e as

súas relacións coa identidade cultural galega e europea, o seu simbolismo e os seus

posibles significados.

Elaboración dunha pequena guía turística sobre a localización e características dos

principais petróglifos do Concello de Ames (explicacións, fotografías, esquemas e

rutas de acceso)

Elaboración de fichas sobre cada un dos petróglifos estudados (deseño, orientación,

estado de conservación...)

Precisar a situación sobre o mapa dos petróglifos dos que non hai información

accesible tratando de situalos a través da toponimia suxerida e a información dos

habitantes da zona.

Desfacer as confusións de denominación que en moitos casos están provocados pola

confusión entre os topónimos do lugar, a aldea ou a parroquia na que se sitúa o

petróglifo.

Page 6: Proxecto de investigación sobre os conxuntos de arte ... · sobre mapa turístico dos principais elementos estudados. Recollida de fotografías e esquemas “in situ”. 3ª Fase.

PROXECTO: OS PETRÓGLIFOS DE AMES 5

3) METODOLOXÍA.

Investigación documental e teórica:

Consistiu en realizar en primeiro lugar una recompilación de las fontes escritas, o

traballo de afeccioados (publicado ou non), as referencias concretas aos petróglifos

de Ames na Web.

En segundo lugar realizouse unha investigación nos estudos xerais sobre este tipo de

vestixios arqueolóxicos: o seu significado, antigüidade, interese e evolución.

En terceiro lugar investigouse sobre os principais métodos de estudo deste tipo de

depósitos co fin de usar a metodoloxía correcta no seu estudo e seleccionar o tipo de

estudo que será posible levar a cabo.

O traballo de Campo

Usamos unha metodoloxía de prospección superficial descrita por Colin Renfrew e

Paul Bahn3, fundamentalmente centrándonos na busca documental e na busca e

localización dos restos máis prominentes da

paisaxe. O método de traballo centrouse en

buscar, atopar e rexistrar os xacementos da

zona de Ames, para o que usamos

fundamentalmente as tecnoloxías

dispoñibles en Google earth, e o traballo

sobre o terreo.

Fixáronse as coordenadas GPS de cada un

dos xacementos observados e situouse a

súa localización nun mapa. Algúns estudios

xa realizados e dispoñibles na Web serviron

de modelo4.

Cubriuse una ficha de rexistro5 de cada

xacemento na que recolleron os seguintes

datos: Nome do obxecto, ubicación (lugar,

aldea, parroquia), situación, dimensións,

3 http://pdf.depontevedra.es/ga/127/zqIxHSWhNV.pdf páx 17

4 http://masquepetróglifos.blogspot.com.es, Outro tipo de estudio, máis detallado en

http://www.rupestreweb.info/diquis.html, o O también http://tierradeamacos.blogspot.com.es/ 5 modelo similar ao que aparece en

http://www1.ifc.org/wps/wcm/connect/5da288004a89b0c498bcfdf998895a12/EIA+Reventazon+14.pdf?MOD=AJPERES

Page 7: Proxecto de investigación sobre os conxuntos de arte ... · sobre mapa turístico dos principais elementos estudados. Recollida de fotografías e esquemas “in situ”. 3ª Fase.

PROXECTO: OS PETRÓGLIFOS DE AMES 6

deseño, posición, técnica…

Co fin de situar os depósitos no mapa usaranse tanto os mapas turísticos

proporcionados polo Concello, coma os mapas de afeccioados (unha vez solicitados

os pertinentes dereitos aos seus autores)

Realizouse un mapa colaborativo en Google Maps que permitirá aos turistas a

chegada a cada un dos depósitos coa información mínima destes. Entrevistas aos

residentes na zona sobre a toponímia tradicional dos diferentes lugares e situación

nos mapas.

Fases do traballo

1ª Fase. Traballo de documentación teórica: traballo coas fontes, recollida de datos teóricos, aprendizaxe da metodoloxía de traballo arqueolóxica:

Visita a conxuntos de Arte Rupestre dispoñibles (Campo Lameiro, Mogor, Baroña…)

Entrevistas a arqueólogos profesionais e asistencia a cursos de capacitación na investigación arqueolóxica.

2ª Fase. Traballo práctico: situación mediante as ferramentas google earht e google maps dos xacementos a estudar na zona de Ames. Representación gráfica sobre mapa turístico dos principais elementos estudados. Recollida de fotografías e esquemas “in situ”. 3ª Fase. Construción de materiais: Elaboración do díptico guía para visitas

turísticas, elaboración dun “prezi” para a presentación virtual dos resultados da

investigación. Preparación dunha exposición, co material necesario para a mesma

(póster, dioramas, fotografías)

4) DATOS OBTIDOS

Información de carácter xeral sobre os petróglifos, significación e situación

xeral no contexto europeo.

Etimoloxicamente, a palabra petróglifo vén dos termos gregos petros (pedra) e

glyphein (tratar). Os petróglifos son deseños simbólicos rexistrados en rochas,

raspando a súa capa superficial. Moitos deles foron feitos polos homes prehistóricos

no período neolítico.

Os petróglifos máis antigos remóntanse ao Paleolítico Superior ou ao Neolítico. Máis

tarde, fai aproximadamente 7000 ou 9000 anos, os petróglifos conviven cos sistemas

de escritura e seguen sendo moi correntes os ideogramas e os pictogramas.

Page 8: Proxecto de investigación sobre os conxuntos de arte ... · sobre mapa turístico dos principais elementos estudados. Recollida de fotografías e esquemas “in situ”. 3ª Fase.

PROXECTO: OS PETRÓGLIFOS DE AMES 7

Algunhas culturas menos avanzadas continuaron usándoos durante milenios, mesmo

ata o momento para entrar en contacto coa cultura occidental.

Hai mostras en todos os continentes, agás na Antártida, aínda que se centran

especialmente en zonas de Sudamérica, África, Escandinavia, Siberia, sureste de

Norteamérica e Australia.

Os petróglifos Galego-portugueses6 son unha manifestación particular dentro do

conxunto das artes prehistóricas na Península Ibérica, ubícanse dentro da Arte

peninsular post-palaeolitica, nome xenérico que inclúe as Artes Levantinas7 a

Esquemática e a Macro-Esquemática en conxunto.8

De esta forma, el grupo galaico de petroglifos y el de pinturas y grabados

de filiación esquemática, dos manifestaciones artísticas en principio

mutuamente ajenas vienen a situarse al compás de los trabajos recientes

en una posición de contigüidad a lo largo de una franja que abarca

aproximadamente desde el Bajo Miño hasta el límite entre Ourense y el

occidente trasmontano9

A chegada do metal, coincide, polo menos en Europa, cun cambio radical de estilo da

pintura rupestre. Do realismo paleolítico descritivo e a estilización da arte levantina,

cambiase a un esquematismo eminentemente simbólico. As formas redúcense aos

trazos básicos, sen deixar de ser reproducións abstractas de elementos auténticos.

Os deseños de carácter xeométrico son os que predominan na Arte

Rupestre Galaico, e se estenden especialmente pola franxa costeira do

sur de Pontevedra. Puntos de variado diámetro ou cazoletas (tamén

chamadas "coviñas" ou "foxas"), combinacións circulares, círculos

concéntricos e espirais, deseños labirínticos, cuadrangulares, liñas rectas

e sinuosas, etc., constitúen unha linguaxe complexa, relacionada co

universo espiritual da sociedade que os creou.10

A arte esquemática ten un gran desenvolvemento no Occidente da península Ibérica,

tanto na pintura coma nos gravados, pero tamén se estende por todo o Litoral

Atlántico (de Portugal a Noruega). É especialmente abundante no Leste de Francia e

o norte de Italia. Tanto no océano Atlántico, como na área italiana francesa

predominan os petróglifos, quizais polos contactos migratorios. Isto fai pensar en rutas

comerciais ou migratorias ao longo destes espazos, xa no Paleolítico. O

6 Rey García, J.M. y otors El parque arqueológico del Arte Rupestre:Ideas, estrategias y acciones para una gestión

integral de los petroglifos gallegos. Cuadernos RGPA. Xunta de Galicia 7 Martínez Celis, Á. B. (2004). Manual de arte rupestre de Cundinamarca. Bogotá, Colombia: Pág. 20 (arte

rupestre en Europa). 8 Rey García, J.M. y otros El parque arqueológico del Arte Rupestre:Ideas, estrategias y acciones para una gestión

integral de los petróglifos gallegos. Cuadernos RGPA. Xunta de Galicia 9 Bradley y Fábregas, R. Petroglifos gallegos y Arte Esquemático Complururn Extra, 6(11), pag. 105

10 Varios. Guia de Arte Rupestre. Tesouros do Tempo. Diputación de Pontevedra. Pag.6

Page 9: Proxecto de investigación sobre os conxuntos de arte ... · sobre mapa turístico dos principais elementos estudados. Recollida de fotografías e esquemas “in situ”. 3ª Fase.

PROXECTO: OS PETRÓGLIFOS DE AMES 8

desenvolvemento do esquematismo nas artes prehistóricas foi interpretado como

unha liberación da realidade, como como vitoria do mundo simbólico e, polo tanto,

sería unha consecuencia da aparición de relixións máis maduras. Á parte diso, o

desenvolvemento de ferramentas metálicas favorece o traballo da rocha, e facilita a

expresión cultural, de forma que estes gravados se estenden no tempo ata períodos

históricos máis recentes.

Características xerais

Soporte:

Os petroflifos Galego-portugueses están realizados na pedra, en afloramentos

rochosos no exteriror. A maioría destos afloramentos son de tipo granítico. Debido a

grande dificultade para obter composicións verticais (a causa da morfoloxía do apoio),

xeralmente son horizontais.

Técnica

A propia morfoloxía do apoio determina a técnica, sendo esta o gravado mediante a

raspadura, producindo, en algunhas ocasións baixorelevo.

Tema e inconografía

A temática non é moi variada, e normalmente non consiste en representacións

figurativas. En xeral distínguense dous grupos de temas11: os motivos meramente

xeométricos e os motivos naturais, non fieis, pero que polo menos poden ser

identificados coma cuadrúpedos ou figuras humanas. A. de la Peña

Santos y M. Vázquez Varela12 estableceron en 1979 unha tipoloxía aproximada dos

gravados, que sistematizaron nos seguintes grupos:

CÍRCULOS: Combinacións circulares con numerosas variantes.

LABIRINTOS: 3000 anos de antigüidade. Presente en numerosos lugares arredor do

mundo, dende Siria ate Irlanda. Constan duha única liña que obtén un labirinto cun

deseño moi simple.

ESPIRAIS: Algúns motivos están cubertos de aneis pechados ou espirais que dan

orixe a figuras concéntricas. Nun mesmo debuxo poden mesturarse varias espirais

que se tocan nos bordos.

11

Graña, A. J. (2004). Treba y territorium: Génesis del desarrollo mobiliario e inmobiliario arqueológico instoitucional de la Gallaecia. Universidad de Santiago de Compostela: El tema de la "caza salvaje" en los petróglifos gallegos. Pag. 50 12

A. de la Peña Santos y M. Vázquez Varela Os petroglifos galegos, A NOSA TERRA. Pag. 10

Page 10: Proxecto de investigación sobre os conxuntos de arte ... · sobre mapa turístico dos principais elementos estudados. Recollida de fotografías e esquemas “in situ”. 3ª Fase.

PROXECTO: OS PETRÓGLIFOS DE AMES 9

CAZOLETAS ou coviñas: son buratos semiesféricos escavados na rocha. O seu

diámetro non supera 5 centímetros. Pode aparecer illado, nun grupo ou asociado con

outros temas.

CUADRANGULAR: Variables en tamaño de 30 cm a 15 cm en cada lado.

ARMAS: Agás un par de casos, as rochas onde aparecen varios tipos de dagas,

concéntranse na provincia de Pontevedra (Galicia, España). Pero un caso especial é

o do depósito do Castriño de Conxo, preto de Santiago de Compostela.

IDOLOMORFOS: Nun número moi limitado aparecen representación de ídolos en

forma de figuras cilíndricas.

ANTROPOMORFOS: A representación humana é escasa e acostuma a presentarse

asociado a outras figuras que forman escenas de caza ou guia de animáis.

ZOOMORFOS: o 3º dos grandes tipos representados nas rochas ao aire libre. Ás

veces, é difícil establecer unha clasificación. Existe un predominio do cervo, seguido

de cabalos e serpes. Poden aparecer illados ou asociados con outros temas que

forman composicións complexas.

Simboloxía

Área de análisis

Enténdese por área de análise cada un dos aspectos perfectamente definible,

analizable de forma independente e que xuntos compoñen certo estilo. As áreas

deben ser divididas en dous niveis ou escalas:

1. O primeiro nivel concirne á propia rocha; a análise da distribución dos elementos

nela definirá o estilo en sentido estrito. Dentro deste nivel, os motivos e os elementos

básicos formais que constitúen o deseño e que, en combinación co material de apoio,

forman os paneis que dan lugar a contidos temáticos e a grupos iconográficos.

2. O segundo nivel intenta definir de que forma as artes rupestres axudan a construír

certa paisaxe, o que é necesario considerar coma un aspecto definitivo do estilo.

Elementos formáis básicos

A definición dos Elementos Básicos Formáis e as súas posibilidades de combinación

soamente afectan á xeración dos deseños abstractos xeométricos e compoñen logo

deseños complexos baseados nestes elementos simples. Estas formas elementais

adoitan ser: o punto, a liña sinxela, o círculo, o triángulo, etc, aínda que dentro de

todos os estilos a cantidade de Elementos Básicos Formáis é limitada. Son realmente

as posibilidades de combinación entre eles as que delimitan os diferentes estilos.

Page 11: Proxecto de investigación sobre os conxuntos de arte ... · sobre mapa turístico dos principais elementos estudados. Recollida de fotografías e esquemas “in situ”. 3ª Fase.

PROXECTO: OS PETRÓGLIFOS DE AMES 10

Motivos

Distinguimos motivos sinxelos, formados por un só elemento formal, e motivos

complexos, que son os formados para varios elementos. Seremos capaces de saber

se unha figura é ou non un motivo, e podemos illalo ou distinguilo dos outros, se se

repite de forma similar en varios paneis ou mesmo no mesmo panel. Os aspectos

seguintes clasifican os motivos dependendo da análise en profundidade e a forma en

que son xerados:

1 Forma de representación: segundo a relación existente entre o elemento

representado e a súa representación material, os deseños poden ser:

Non figurativo: cando non é posible identificar o modelo ao que imita. É

necesario supoñer que hai elementos da natureza ou da cultura material que

propician a xeración de figuras supostamente abstractas, como un astro, un río,

etc. nas artes primitivas non existe unha separación clara entre representación

e concepto representado, porque se acostuma a fabricar as figuras artísticas a

partir de formas existentes na vida material.

Figurativo: cando é posible dunha forma intuitiva recoñecer o modelo

representado. Os deseños poden ser naturalistas: cando pretenden representar

fielmente o modelo; estilizado: presérvase o volume e a contorna simplificada;

esquemático: se a representación se limita ás súas liñas básicas e máis

significativas. As formas estilizadas axudan a delimitar con máis claridade os

estilos diferentes.

Os deseños, figurativos ou non, tamén pode ser xeométricos, cando están formados

por puntos, liñas, triángulos, temas e figuras derivadas destes, e especialmente cando

existe certo tendencia á simetría nas composicións. A forma na que se construen as

escenas pode dicirnos moito sobre o concepto que tiñan estas sociedades do tempo e

da distribución espacial. Ao recoñecer o elemento básico do deseño, é posible

analizar a relación de tamaño entre o modelo e a súa representación, o tipo de

perspectiva, etc.

2. O tamaño e a proporción: todos os estilos teñen un tamaño máximo e mínimo, para

todos os tipos de deseño. Existen casos raros nos cales o tamaño é utilizado para

expresar xerarquía composta ou subliñar certos elementos. Por outra parte as

proporcións están entre o modelo e a súa representación e, obviamente son

soamente analizables en elementos figurativos.

Técnicas de execución

No caso dos gravados, predominan os pequenos buratos, o rozamento, o corte ou a

combinación de varias habilidades. Con respecto ás ferramentas usadas, en ocasións

é posible determinar se se facían os gravados cun instrumento pedregoso ou

metálico. Dado o grao de perfección das figuras é posible supoñer que utensilios de

Page 12: Proxecto de investigación sobre os conxuntos de arte ... · sobre mapa turístico dos principais elementos estudados. Recollida de fotografías e esquemas “in situ”. 3ª Fase.

PROXECTO: OS PETRÓGLIFOS DE AMES 11

medición se usaron, como algunha forma de compás, un debuxo anterior na

superficie, etc.

Características iconográficas

Os cervos son as figuras zoomorfas de aparición máis frecuente. Cunha dispersión

moi clara xeográfica, que apenas supera a área das Rías Baixas, en ocasións están

illados, aínda que a cousa máis normal é que comparten a rocha cos deseños do

bloque xeométrico ou abstracto. O estilo é de dous tipos:

Un de carácter estático, no cal a figura está formada por dúas liñas básicas: a baixa

que rodea interior das patas e o abdome, mentres a superior debuxa o exterior das

patas, pescozo, cabeza e lombo.

Outra variante é de estilo dinámico; aquí os animais son representados claramente ao

galope: case todos os cervos amosan pequenas colas; algúns deles presentan bucina

poboada, e nalgunhas ocasións esbózanse os xenitais con claridade. Menos veces

amosánse os ollos ou a boca do animal. En ocasións semellan esbozarse outras

figuras diferentes ao cervo que se parecen a femias ou animais non moi ben

definidos, pero sempre usando a figura inicial do cervo.

As figuras humanas non son un grupo moi numeroso, pero si enormemente suxestivo

polo seu carácter narrativo. Caracterízanse por un deseño moi sinxelo, case

esquemático, e un tamaño escaso. Son moi variables formalmente, aínda que gardan

sempre unhas dimensións semellantes. As representacións coñecidas humanas

aparecen en dúas actitudes diferentes: de pé en cazaría ou para aterrar ou en

equitación. Cando se poñen a pé, estilisticamente diminúen a un deseño no cal o

punto indica a cabeza, debaixo diso, unha cruz sinxela debuxa o torso e os brazos. A

figura complétase pola adición de dous contornos en ángulo como patas. Moi

ocasionalmente, cunha liña sinxela os xenitais masculinos collen forma, e na maior

parte dos casos alzan en todos os brazos unha lanza coa que acosan cervos.

Nas escenas de equitación, as figuras humanas mostran un estilo un pouco diferente.

As pernas do xinete case nunca se representan, e se se fai, debuxanse liñas

paralelas no plano frontal. Unha liña ininterrompida rodea o torso e a cabeza, co que a

figura gaña o volume que lle faltaba con respecto ás figuras a pé. Cun dos brazos

collen unha lanza, mentres que co outro collen as bridas ou directamente a cabeza do

cabalo.

Os ídolos cilíndricos son unha serie de figuras de aparición moi limitada. Crese que

representan algunha divindade relacionada co mundo dor ritos mortuorios, pola súa

aparición repetida nas tumbas megalíticas do sur peninsular, aínda que non se debe

deixar de lado un posible uso como emblema ou sinal de pertenza a unha tribo ou

familia.

Page 13: Proxecto de investigación sobre os conxuntos de arte ... · sobre mapa turístico dos principais elementos estudados. Recollida de fotografías e esquemas “in situ”. 3ª Fase.

PROXECTO: OS PETRÓGLIFOS DE AMES 12

Cronoloxía

A meirande parte dos gravados galegos pertencen ao derradeiro período, producto da

Idade de Bronce, que coincide co desenrolo inicial da metalurxía. Porén, en moitos

casos, están mesturados con obras de períodos anteriores, existentes previamente.13

Nalgunhas ocasións o cristianismo procesou os símbolos considerados pagáns, e así,

a imaxes resultantes quedaban ocultas por ermidas, igrexas ou cruceiros construídos

no lugar que estaban a ocupar. Como resultado estes lugares cristianizados foron

obxectivo de lendas pagás (cos mouros de protagonistas en moitos casos14).

4.1.5 Situación espacial

A meirande parte dos petróglifos conservados nos nosos días está no sur de Galicia15,

na provincia de Pontevedra, na zona de costa que vai da Ría de Muros ata a

desembocadura do río Miño, e concretamente no val do río Lérez, onde a maior parte

dos gravados permanecen en bo estado de conservación. Ao norte e nas provincias

de interior, atopamos un número moi baixo, e case sempre nos vales dos ríos. Algúns

dos máis importantes:

- Parque arqueolóxico de Campo Lameiro (Pontevedra): conxunto considerado por

moitos autores como a "Capela Sixtina" dos petróglifos galegos.

- Os labirintos de Mogor (Marín, Pontevedra).

- O petróglifo de Pedra Moura ou de Fragoselo

- O Castriño de Conxo, Concello de Santiago de Compostela.

- Auga da Laxe, concello de Gondomar.

- Petróglifos de Fontemoureira, no Freixo, concello de Outes.

- Os petróglifos de Monte Farelo, concello de Antas de Ulla.

- Couto do Corno, concello de Teo.

- Pedra Redonda en Cotobade.

Os depósitos, a miúdo, se relacionaron con rutas de paso ou de comunicación entre

diferenes asentamentos. O sur de Galicia debeu estar densamente poboado, a xulgar

pola cantidade de depósitos existentes.

Muy a menudo las mayores concentraciones de petroglifos se dan a lo

largo de rutas naturales que hombres y animales habrían seguido en sus

13

Guitián Castromil, J. y Guitián Rivera, X (2001), Arte rupestre do Barbanza, Noia. Editorial Toxosoutos. Pag.20 14

García, M. L. (2009). Interpretación y sobreinterpretación en la reconstrucción histórica: una reflexión sobre los petróglifos con podomorfos en Galicia.BIBLID [0514-7336 (2009) LXIV, julio-diciembre; 39-51] Universidad de Salamanca Pag. 43 15

Mauleón, A. (Miércoles, 7 de enero de 2009). Un grupo de investigadores crea el primer mapa virtual de petróglifos de Galicia. Faro de Vigo , pág. 41.

Page 14: Proxecto de investigación sobre os conxuntos de arte ... · sobre mapa turístico dos principais elementos estudados. Recollida de fotografías e esquemas “in situ”. 3ª Fase.

PROXECTO: OS PETRÓGLIFOS DE AMES 13

desplazamientos del valle a los montes. Estas manifestaciones artísticas

abundan igualmente en torno a cuencas húmedas (brañas) donde a su

vez se localizan frecuentemente asentamientos coetáneos. Estos últimos

son todavía mal conocidos pero suelen presentar restos materiales

encuadrables en cronologías bastante amplias, si bien el carácter de

cada una de las ocupaciones no parece encajar con un patrón

sedentario a largo plazo.16

Os petróglifos catalogados en Ames

No século VIII B.C.E., durante a Idade de Ferro, a rexión estaba ocupada polo “populi”

de “amaecos”, de onde provén o topónimo de "Amaía", segundo algúns especialistas.

En Ames, hai sete parroquias nas cales existen restos de castros (Piñeiro, Agrón,

Bugallido, Ortoño, Covas, Biduído e Ames). A maioría dos depósitos prehistóricos en

Ames ocupan alturas que superan 100 metros, pero sen superar os 200. O nivel máis

baixo mide 50 e é ocupado polo depósito da Tarroeira en Ortoño, o máis alto

corresponde ao de Piñor que consegue os 199 metros de altura. Algunhas

edificacións están defendidas por parapetos, tirando proveito do propio relevo e os

cursos de auga para reforzar a defensa como en (Ortoño, Mirás, Agrón...). Nalgún

destes depósitos encontráronse restos materiais o que indica a romanización intensa

da rexión. A zona meridional do municipio estaba cruzada por unha ruta Romana, que

conducía de Iria Fravia a Compostela e unha parte do camiño a Finisterre dende

Santiago, pasa por este Concello.

Os petróglifos de Ames pertencen todos ao periódo da Idade de Bronce. Encontramos

5 depósitos: O Petróglifo de “Oca”, a “Nave de Mourigade”, O conxunto de " Os

Batans", “Pedra Estivada”, “Pena da Mira” e “Peneda Negra”. Todos eles están

recollidos no PXOM do Concello, sen que se levase a cabo ningunha actuación de

recuperación ou conservación, salvo no caso do conxunto de " Os Batans" que,

despois de seren descubertos a causa das obras da autovía Santiago-Brión, foron

catalogados por Patrimonio e colocaronse carteis informativos na zona.

A obra de Ramon Sobrino e a pista sobre o petróglifo de Oca.

Topógrafo e arqueólogo afeccionado, nace en marzo 1915 e morre en febreiro 1959,

en Poio - Pontevedra. A súa importancia para o noso traballo radica no seu estudo

sobre o Petróglifo de Oca. Neste estudo publicado no Boletín da Real Academia,

Sobrino detalla con precisión os debuxos que presenta este depósito e que hoxe en

día só son visibles parcialmente polo substrato vexetal que o cobre.

16

Fábregas, R y Bradley, R (1999): Un caso fronterizo: los grupos artísticos esquemáticos galaicos y la prehistoria del noroeste de la Península Ibérica.CSIC. Trabajos de prehistoria 56,n.M, Pag. 56

Page 15: Proxecto de investigación sobre os conxuntos de arte ... · sobre mapa turístico dos principais elementos estudados. Recollida de fotografías e esquemas “in situ”. 3ª Fase.

PROXECTO: OS PETRÓGLIFOS DE AMES 14

Cando era aínda mozo, descubriu a súa vocación arqueolóxica cando acompañaba o

seu pai Ramón Sobrino Buhígas estudando e catalogando os gravados galegos en

pedra. Como topógrafo do Concello de Santiago, dirixía a restauración da fachada da

catedral que dá á Praza Pratarías e á fachada San Martín Pinario. Un pouco antes da

súa morte, a Fundación 18 Marzo outorgáralle unha bolsa de estudos para mellorar os

seus estudos en Gran Bretaña. Entre as súas obras destacan:

Un petróglifo en Mallos, Concello de Teo (A Coruña) (1947)

El petróglifo del monte dos Vilares, Ponte Cesures (Pontevedra) (1948),

Acerca de los signos del petróglifo de "Eira dos Mouros" (1948),

Material lítico pulimentado de Lens (1950),

Mámoas de Montecelo (1951),

Petroglifos y laberintos (1951),

Origen de los petroglifos gallego-atlánticos (1952),

El petroglifo de Oca en Ames (A Coruña) (1953),

Megalitos del Monte Corzán (1953),

Petroglifos prehistóricos europeos (1954),

Datos para el estudio de los petróglifos de tipo atlántico (1955),

Visión y observaciones sobre historia primitiva en Galicia (1955),

Bosquejo para un estudio de los petróglifos portugueses (1956),

Prospecciones arqueológicas en Morrazo (1956),

Petroglifos de la comarca de Lalín I (1957),

Petroglifos de la comarca de Lalín II (1958), etc.

Petróglifos de Ames estudio detallado

Entre os obxectivos do traballo estaba,

non só recoñecer, analizar e situar os

diferentes depósitos de gravados

rupestres no Concello, senón tamén

facilitar os elementos necesarios para

unha visita guiada a cada un deles. Para

poder dar cumprimento a este obxectivo

realizouse en Google Maps, un mapa

interactivo coa situación dos diferentes

petróglifos e a forma de chegar a eles.

Comezamos o traballo cun mapa

provisional da zona no que están

repreentados os ríos e as altitudes

Page 16: Proxecto de investigación sobre os conxuntos de arte ... · sobre mapa turístico dos principais elementos estudados. Recollida de fotografías e esquemas “in situ”. 3ª Fase.

PROXECTO: OS PETRÓGLIFOS DE AMES 15

relativas dun xeito superficial. Pode localizarse o Mapa en:

https://maps.google.es/maps?hl=es&vector=1&mid=1364655145

Petróglifo “A Nave”

Coordenadas GPS17 42°50'54.26"N - 8°37'25.38"O. Elevación 96 metros

Ubicación: Parroquia de Bugallido, Aldea de Mourigade. Microtopónimo “A Nave”

O petróglifo máis coñecido da zona. O seu debuxo é a base do logotipo do noso IES.

Só se ve un gravado, pero pode ser que existan máis baixo o substrato vexetal que

cobre a rocha. O gravado aproveita a protuberancia da rocha granítica. O seu deseño

consta de 5 círculos concéntricos cunha gran cazoleta central, atravesada por unha

liña que establece un eixe que sobresae polos dous extremos do debuxo.

Vaise ao petróglifo pola estrada que vai da Igrexa de Bugallido a Laraño. Ao chegar á

aldea de Outeiro, baixar pola estrada que vai a Ortoño. A 250 metros hai unha pista

forestal en dirección sur. Séguese ata a primeira curva pronunciada e despois por un

camiño que se interna cara a un bosque de piñeiros. O petróglifo está xusto no límite

do piñeiral..

Toponimia.

Mourigade é un topónimo bastante estendido en Galicia. Relaciónase coas lendas

ancestrais de "Mouros e señoriñas", nas que sempre se alude a tesouros escondidos

en covas de pedra. Pero ben puidera ser tamén que o nome proviñese do propietario,

na época dos romanos, das terras da zona. Algunhas hipóteses afirman que os

nomes se latinizaban en xenitivo, e os que remataban en -atus, -ati, transformaron a

súa terminación en –ade18 (como Andeade, ou o noso Mourigade)

En canto ao microtopónimo co que se coñece a situación do Petróglifo “A Nave”,

preguntamos os veciños, sen que ninguén puidese dar razón do nome máis que o

costume. Non obstante, algúns estudos afirman que pode proceder da palabra celta

"lameira" que designaba un lugar elevado que pola súa forma podía concentrar auga

de choiva. E, aínda que o termo "lameira" adoita usarse en plural, os filólogos admiten

que na documentación medieval aparecen intercambiados os termos “nava” y “nave”19

17

en http://www.arumeinformatica.es/utiles/buscar-coordenadas-gps-en-google-maps/ 18

Martinez Salazar, A. A propósito de un étimo: Sobrado Boletin de la Real Academia Gallega Boletín nº 143-144 http://www.realacademiagalega.org/imaxin-boletins-web/paxinas.do?id=1775&d-447263-p=6 19

http://www.canedo.eu/toponimia/lugaresCa.html

Page 17: Proxecto de investigación sobre os conxuntos de arte ... · sobre mapa turístico dos principais elementos estudados. Recollida de fotografías e esquemas “in situ”. 3ª Fase.

PROXECTO: OS PETRÓGLIFOS DE AMES 16

Mapas de situación en Google Maps e Google earth.

https://maps.google.es/maps?hl=es&tab=ll

Page 18: Proxecto de investigación sobre os conxuntos de arte ... · sobre mapa turístico dos principais elementos estudados. Recollida de fotografías e esquemas “in situ”. 3ª Fase.

PROXECTO: OS PETRÓGLIFOS DE AMES 17

Fotografías

Page 19: Proxecto de investigación sobre os conxuntos de arte ... · sobre mapa turístico dos principais elementos estudados. Recollida de fotografías e esquemas “in situ”. 3ª Fase.

PROXECTO: OS PETRÓGLIFOS DE AMES 18

“Pedra Estivada”

Coordenadas 42º51´57,71”N-8º37´23,08”O Elevación 142 metros

Ubicación: Parroquia de Ortoño, Lugar de Lapido, aldea as Barreiras, microtopónimo

“Pedra Estivada”

Totalmente erosionados, os debuxos case non se perciben. As rochas nas que se

sitúan están cheas de cazoletas formadas pola erosión da chuvia.

No único roquedal da zona, pódense observar algunhas cazoletas moi erosionadas,

situadas en posición circular. Ademas insinúase unha liña circular que as circunda,

pero é difícil de ver se non se vai a unha hora e a que os raios do Sol o permitan: ao

amencer ou ao atardecer.

Vaise ao xacemento pola estrada que vai da rotonda de Aldea Nova (situada na

estrada C543 a Santiago) ao novo cemiterio de Bertamiráns. A 100 metros da rotonda

e inmediatamente despois da única casa, encóntrase á esquerda o penedo onde

están os gravados.

Toponimia.

Hai referencias a un posible castro en Ortoño relacionado co asentamento na próxima

cidade de Santiago na parroquia de Conxo (ou Castriño), pero o actual Ortoño ten

unha orixe medieval.

O topónimo Lapido pode provir do latín lappa, pedra, terreo cheo de pedras e así

suxíreo o feito de que comparte topónimo con outras partes da península tamén

romanizadas. Aínda que tamén cabe a posibilidade de que faga referencia á familia

propietaria da maior parte das terras de Ortoño20.

En canto ao microtopónimo "estivada" podemos remitirnos ao significado que lle

outorga Vide no século XVIII: é a roza que se fai no monte para queimar a broza e

despois arar a terra e sementala de trigo ou centeo (en Pontevedra cachar). Ou pode

proceder de rabela ou mellor de aestiva, aludindo ao verán, que é cando se queima,

ou de aestus. (Sarmiento, CatálogoVF 1745-1755, en Santamarina 2004:s.v.)21.

Semella que este tipo de rozas levábanse a cabo no monte en man común, o que

encaixa coa situación do xacemento.

20

http://historiadeortono.blogspot.com.es/ 21

Navaza, G. As estibadas ou estivadas. Nota etimolóxica Universidad de Vigo. En : http://ilg.usc.es/elg/volume/1/peneira/Peneira_Navaza_ELG01_2009.pdf

Page 20: Proxecto de investigación sobre os conxuntos de arte ... · sobre mapa turístico dos principais elementos estudados. Recollida de fotografías e esquemas “in situ”. 3ª Fase.

PROXECTO: OS PETRÓGLIFOS DE AMES 19

Mapas de situación en Google Maps e Google earth.

https://maps.google.es/maps?hl=es&tab=wl

Page 21: Proxecto de investigación sobre os conxuntos de arte ... · sobre mapa turístico dos principais elementos estudados. Recollida de fotografías e esquemas “in situ”. 3ª Fase.

PROXECTO: OS PETRÓGLIFOS DE AMES 20

Fotografías

Page 22: Proxecto de investigación sobre os conxuntos de arte ... · sobre mapa turístico dos principais elementos estudados. Recollida de fotografías e esquemas “in situ”. 3ª Fase.

PROXECTO: OS PETRÓGLIFOS DE AMES 21

“Os Batáns”

Coordenadas: 42°52'5.29"N - 8°38'43.77"O Elevación 50 metros

Ubicación: Parroquia de Ortoño, lugar de “O Vilar” Microtoponimo “Os Batáns”

O petróglifo máis próximo a Bertamiráns e o único que está nunha zona baixa.

Vense varios gravados, o máis rechamante unha cruz cunha cazoleta ao seu lado.

Son varias rochas as que presentan gravados, círculos concéntricos, cazoletas.

Descubertos a causa das obras da autoestrada, consérvase o conxunto rochoso

debaixo desta. Existen nela polo menos 5 gravados, todos moi desgastados

Vaise aos petróglifos pola estrada que vai do centro de Bertamiráns a Santiago a 200

metros hai que desviarse pola rúa Rosaleda. Seguir a rúa ata o final onde se converte

en pista forestal mal cimentada. Os petróglifos están debaixo do viaduto da

autoestrada Santiago-Brión.

Toponimia

A palabra "vilar" provén do latin medieval "villare", en latin "vila", usada dende o

primeiro milenio. Significaba propiedade ou vivenda con terras e propiedades anexas.

Non obstante, o toponimo Vilar alude precisamente á poboación inicial dunha zona,

"villar" (poboación) que non ten nada que ver coa definición común de "vila agraria".

O microtopónimo "os Batáns" e do tipo ligado a procesos industriais, neste caso fai

referencia aos aparatos movidos pola forza da auga que tiña unhas mazas de

madeira coas que se batía o liño. A proximidade do "rego dos pasos" e os muíños da

zona coinciden con esta denominación.

Con todo, as referencias a este conxunto arqueolóxico non están claras, na

documentación refírense a eles como os petróglifos de "o Vilar" en clara alusión á

aldea, mentres que en moitas páxinas web se fai referencia ao microtopónimo " Os

Batáns", dando lugar a confusións.

Page 23: Proxecto de investigación sobre os conxuntos de arte ... · sobre mapa turístico dos principais elementos estudados. Recollida de fotografías e esquemas “in situ”. 3ª Fase.

PROXECTO: OS PETRÓGLIFOS DE AMES 22

Mapas de situación en Google Maps e Google earth.

https://maps.google.es/maps?hl=es&tab=wl

Page 24: Proxecto de investigación sobre os conxuntos de arte ... · sobre mapa turístico dos principais elementos estudados. Recollida de fotografías e esquemas “in situ”. 3ª Fase.

PROXECTO: OS PETRÓGLIFOS DE AMES 23

Fotografías

Page 25: Proxecto de investigación sobre os conxuntos de arte ... · sobre mapa turístico dos principais elementos estudados. Recollida de fotografías e esquemas “in situ”. 3ª Fase.

PROXECTO: OS PETRÓGLIFOS DE AMES 24

“Peneda Negra”

Coordenadas

Ubicación: Parroquia de Covas, Lugar de Ventosa, microtopónimo “A Peneda Negra”

É un enorme bloque granítico con paredes case verticais, en cuxo cume se gravaron

uns poucos motivos abstractos, de tal forma que calquera que se situase xunto ás

figuras se vería realzado coma se se achase sobre un escenario. Así, a visión do

afloramento rochoso dende unha posición inferior é tan importante como a

panorámica que se pode contemplar dende a propia rocha22.

Totalmente erosionados, polos incendios, os debuxos case non se perciben. A rocha

está chea de diferentes debuxos esparexidos, que son difíciles de ver e son máis

visibles cando os raios do Sol non inciden directamente. Destaca un debuxo de

círculos concéntricos con cazoleta central na parte superior da rocha e un zoomorfo

na pendente desta. Sobre as figuras deste conxunto hai información relevante no

museo de Pontevedra e na obra inédita de Maria José Soto Barreiro, aínda que na

actualidade non son visibles.

Estes gravados foron descubertos na época dos 20 por Lojo Batalla. As

primeiras noticias que posuímos son as recollidas en 1935 por R.

Sobriño Buhigas; xa en 1953, R. Sobrino Lorenzo-Ruza incorpóraos na

catalogación que realiza dos traballos do Bronce Atlántico.23

Na estrada que vai de Roxos a Portomouro C453, no lugar de Lombao. Accédese por

ou camiño forestal que arrinca da aldea de Ventosa e internase no monte en dirección

Noroeste. A 500 metros, aproximadamente, hai que buscar algunha forma de

internarse no bosque e subir cara á esquerda, buscando o paso entre dous regueiros.

Toponimia

"Covas" do latín covu, concavidade natural ou artificial, na superficie ou no interior da

terra. En Galicia rara é a cova que non ten unha lenda referida a "mouros", tesouros

ou damas "enmeigadas"

Ventosa é cualificativo que alude a unha vila batida polo vento. A súa orientación na

aba dun monte, completamente desprotexida do Norte, dá fe do seu cualificativo.

"Peneda Negra" é o microtopónimo que designa o depósito, en alusión á cor que

define a rocha e que, contra o que se puidese pensar non é debido aos incendios

sucesivos da zona, aínda que estes teñen acentuado a cor negra.

22

Bradley, R Y Fábregas Valcarce. La "ley de la frontera": grupos rupestres galaico y esquemático

Y prehistoria del noroeste de la península ibérica) Consejo Superior de Investigaciones Científicas T. P.,56, n.M, 1999 23

23 Soto Barreiro. M.J. (1986) Los petróglifos prehistóricos de la comarca compostela. USC. (inédito) pag. 149

Page 26: Proxecto de investigación sobre os conxuntos de arte ... · sobre mapa turístico dos principais elementos estudados. Recollida de fotografías e esquemas “in situ”. 3ª Fase.

PROXECTO: OS PETRÓGLIFOS DE AMES 25

Mapas de situación en Google Maps e Google earth.

https://maps.google.es/maps?hl=es&tab=wl

Page 27: Proxecto de investigación sobre os conxuntos de arte ... · sobre mapa turístico dos principais elementos estudados. Recollida de fotografías e esquemas “in situ”. 3ª Fase.

PROXECTO: OS PETRÓGLIFOS DE AMES 26

Fotografías

Page 28: Proxecto de investigación sobre os conxuntos de arte ... · sobre mapa turístico dos principais elementos estudados. Recollida de fotografías e esquemas “in situ”. 3ª Fase.

PROXECTO: OS PETRÓGLIFOS DE AMES 27

“Petroglifo de Oca”

Coordenadas 42°55'42.20"N -8°40'40.78"O Elevación 50 metros

Ubicación. Parroquia de Ames, Lugar Oca

Sen dúbida un dos petróglifos máis complexos que se atopan no concello. Nunha

propiedade particular na aldea de Oca.

Nun penedo de 6 metros de altura e 15 de longo (aprox), encóntranse debuxos de

círculos concéntricos, con cazoletas centrais, artellados uns sobre outros. Ao mesmo

tempo aparecen cazoletas e debuxos circulares dispersos. Non pode verse na súa

totalidade a causa do substrato vexetal que o cobre. O primeiro en describilo foi

Ramon Sobrino, os debuxos que este arqueólogo achega dan fe do complexo do

deseño e tamén do seu tamaño.24.

Vaise ao depósito pola estrada que vai de Bertamirans ata a aldea de Auga Pesada

CP0204, despois en dirección a Barouta, pola AC452. Na aldea de Mamoa toma a

estrada CP0202 ata chegar ao desvío de Oca. As rochas atópanse nun piñeiral detrás

dun terreo particular. Accédese dende a capela a través dun camiño de monte.

Toponimia

Non se debe confundir o xenérico do Concello "Ames", coa Parroquia de Ames, cuxa

igrexa é San Tomé. Segundo todos os indicios o topónimo "Ames" provén de

"amaeos", nome dos pobos prerrománicos da zona pertencente á tribo dos caporos.

Poboacións súas eran Iria (Flavia) e Lucus (Augusti), segundo Plinio e Ptolomeo.

O topónimo "Oca" ten un significado antigo. Segundo o historiador Federico

Barrenongoua, Oka significa río. Tamén nos atopamos con algúns derivados

formados por oca+ ondo, "oquendo" que significaría xunto ao río, ou tamén

meandro25.

A aldea de Oca está, de feito, preto do río Tambre, que divide os Concellos de Ames

e Negreira, é a aldea máis meridional do Concello. Nela sitúase un dos santuarios

famosos da zona, o santuario de "O Corpiño" (non confundir co famoso na provincia

de Pontevedra). A explicación máis común deste microtopónimo "corpiño" sería o

achado de corpos incorruptos de santos, que comezarían a venerarse nestes lugares,

pero esta denominación ben pode ser un intento de interpretación cristiá dun antigo

topónimo vencellado a antigos cultos ás árbores e ás rochas. Puideron facer

24

Sobrino, R. El Petroglifo de Oca en Ames. Boletín de la Real Academia Gallega. nº 294-296http://www.realacademiagalega.org/imaxin-boletins-web/paxinas.do?id=2872 25

García Sánchez. Ocana, nambroca, recas y otros nombres de lugar. RFE, LXXXin, 2003 PAG. 149 “El topónimo Oca (< Auca) se corresponde con una voz indoeuropea de carácter prerromano y nada tiene que ver, como es lógico, con el lat. AVICA (> esp. oca) 'oca, ganso”.

Page 29: Proxecto de investigación sobre os conxuntos de arte ... · sobre mapa turístico dos principais elementos estudados. Recollida de fotografías e esquemas “in situ”. 3ª Fase.

PROXECTO: OS PETRÓGLIFOS DE AMES 28

necesario que a nova relixión cristiá reconducise o culto cara a reliquias máis

vinculadas coa nova tradición que se quería impoñer 26.

Mapas de situación en Google Maps e Google earth.

https://maps.google.es/maps?hl=es&tab=wl

26

Algunha proposta relacionada con “quercus sanctus” en http://arqueotoponimia.blogspot.com.es/2012/02/corpo-santo-o-corpino.html

Page 30: Proxecto de investigación sobre os conxuntos de arte ... · sobre mapa turístico dos principais elementos estudados. Recollida de fotografías e esquemas “in situ”. 3ª Fase.

PROXECTO: OS PETRÓGLIFOS DE AMES 29

Fotografías

Page 31: Proxecto de investigación sobre os conxuntos de arte ... · sobre mapa turístico dos principais elementos estudados. Recollida de fotografías e esquemas “in situ”. 3ª Fase.

PROXECTO: OS PETRÓGLIFOS DE AMES 30

“Petróglifo Pena da Mira”

Coordenadas 42° 50' 59.90" N 8° 36' 44.00" W Elevación 178 metros

Ubicación. Parroquia de Bugallido, Lugar Buceleiras. Microtopónimo “Pena da Mira”.

Temos que facer constar que no momento de finalizar este traballo tivemos noticia

dun depósito máis ao que non puidemos acceder aínda: o Petróglifo de Pena dá Mira

en Buceleiras. Do mesmo tipo que os demais da zona, presenta, a dicir das persoas

entrevistadas, dous círculos concéntricos con cazoleta central e está catalogado por

patrimonio. Queda pendente realizar a súa ficha para incluíla na exposición polas

dificultades á hora de obter unha fotografía válida.

Parece que o petróglifo está catalogado no PXOM de Ames coa referencia GA

15002013. Non puidemos atopar unha fotografía válida do mesmo polo estado de

deterioro no que se atopa. Máis información en:

http://patrimoniogalego.net/index.php/14760/2012/03/petróglifo-de-pena-da-mira/

Page 32: Proxecto de investigación sobre os conxuntos de arte ... · sobre mapa turístico dos principais elementos estudados. Recollida de fotografías e esquemas “in situ”. 3ª Fase.

PROXECTO: OS PETRÓGLIFOS DE AMES 31

5) CONCLUSIÓNS

Constatamos unha confusión entre os petróglifos denominados "de Covas" e " Os

Batáns": Covas parece ser a aldea, mentres que "Os Batáns" se refire á micro-

toponimia do lugar que fai referencia á zona, preto do río, na que tradicionalmente se

"batía" o liño, para a súa preparación.

Tamén parece haber unha confusión entre os petróglifos "A Nave" e Buceleiras,

porque aínda que a aldea de Mourigade e a de Buceleiras son diferentes están moi

próximas en situación, sen que se puidese constatar a existencia doutro petróglifo na

zona, aínda que existen referencias a un petróglifo "Pena da Mira" non puidemos

constatar a súa existencia, e aínda que coñecemos a súa situación non puidemos

observar os seus deseños e referencialos.

O petróglifo de "Castrigo" parece ser unha pedra ornamentada, dun período posterior

ao prehistórico, aínda que non se poida descartar que se utilizase un petróglifo máis

antigo. Hoxe en día está situada nunha canle de auga e a erosión fai moi difícil

contrastar ese dato.

Agás o petróglifo de "A Nave" na aldea de Mourigade que está en bo estado de

conservación os outros 4 depósitos presentan signos de deterioración avanzada, na

súa maioría por erosión de axentes atmosféricos, incendios ou polo substrato e a

vexetación que os cobre.

O máis deteriorado é o petróglifo de "Pedra Estivada", ata o punto que case é

imposible percibir as cazoletas, as liñas circulares desapareceron case totalmente.

O petróglifo de "Peneda Negra" está tamén moi desgastado pola inclinación da rocha

sobre a que se asentan e os incendios da zona. Ademais o seu acceso é moi

incómodo pola maleza e a ausencia de camiños. Aínda que os seus debuxos son

dificilmente recoñecibles polo seu estado de desgaste, presenta os mesmos deseños

que os outros do seu ámbito.

O petróglifo de Oca, só é parcialmente visible, os mofos e líquenes cobren case a

totalidade da superficie do penedo. Ao estar en propiedade particular, e aínda que os

donos do terreo deixaron o penedo fóra dos límites do muro que pecha a súa casa, a

súa visita está restrinxida. Os seus gravados parecen estar moito máis deteriorados

que no momento no que Ramón Sobrino constatou a súa existencia e describiu e

pintou os seus debuxos. Aínda que os propietarios do terreo afirman que se levou a

cabo un estudo por parte da Universidade de Santiago, non puidemos constatar

ningún dato ao respecto. E, Aínda que os propietarios se mostraron dispostos a dar

Page 33: Proxecto de investigación sobre os conxuntos de arte ... · sobre mapa turístico dos principais elementos estudados. Recollida de fotografías e esquemas “in situ”. 3ª Fase.

PROXECTO: OS PETRÓGLIFOS DE AMES 32

paso para poder ver o petróglifo, na actualidade segue tendo unicamente acceso por

propiedades privadas.

Mención especial merece o petróglifo de "Os Batáns" ou "O Vilar" sobre o que se

realizou, no 2001, unha acción de catalogación e de preservación. Na actualidade os

carteis aparecen pintados con "grafittis" e as manchas de pintura deterioraron moito

as rochas dos petróglifos, sen que ata o momento se intentase a súa recuperación.

No noso traballo logramos recompilar a información máis recente sobre os petróglifos

da zona e facela accesible de forma conxunta.

https://sites.google.com/site/petróglifosdeames/

Realizouse a documentación necesaria para a exposición que ao remate deste

traballo está en marcha e que estará a disposición do público no blog:

http://ospetróglifosdeames.blogspot.com.es/

Page 34: Proxecto de investigación sobre os conxuntos de arte ... · sobre mapa turístico dos principais elementos estudados. Recollida de fotografías e esquemas “in situ”. 3ª Fase.

PROXECTO: OS PETRÓGLIFOS DE AMES 33

6) BIBLIOGRAFÍA

Costas Goberna, F. J., J. Hidalgo Cuñarro y Peña Santos, A (1999), Arte rupestre no sur da Ría de Vigo, Vigo. Instituto de Estudios Vigueses. ISBN 84-89599-13-0. García Alén, A. y Peña Santos, A. (1981), Grabados rupestres de la provincia de Pontevedra, Fundación Pedro Barrié de la Maza. ISBN 84-85728-04-1. Fábregas, R y Bradley, R (1996) Petroglifos gallegos y arte esquemático: Una propuesta de trabajo Complururn Extra, 6(11), 103-110 en http://www.ucm.es/BUCM/revistas/ghi/11316993/articulos/CMPL9696330103A.PDF Fábregas, R y Bradley, R (1999): Un caso fronterizo: los grupos artísticos esquemáticos galaicos y la prehistoria del noroeste de la Península Ibérica.CSIC. Trabajos de prehistoria 56,n.M, 1999, pp. 103 a 114 en http://tp.revistas.csic.es/index.php/tp/article/download/292/292. Guitián Castromil, J. y Guitián Rivera, X (2001), Arte rupestre do Barbanza, Noia. Editorial Toxosoutos. ISBN 84-95622-21-1. Peña Santos, A. (1999), Os petroglifos galegos, A NOSA TERRA. ISBN 84-89976-68-6. Peña Santos, A. y Vázquez Varela, J. M. (1996), Los petroglifos gallegos. Grabados rupestres prehistóricos al aire libre en Galicia, Sada. Ediciós do Castro. ISBN 84-85134-99-0. (3ª edición) Peña Santos, A. (2003) El grupo galaico de arte rupestre. Texto de la Ponencia presentada al Ir.Congrés Internacional de Gravats Rupestres i Murals organizado por el Institut d´Estudis Illerdencs (Lleida 1992) en Actas del I Congrés Internacional de Gravants Rupestres i Murals (Lleida, 1.992). Lleida, Institut d´Estudis Illerdencs, , pp. 495- 490. http://www.ctv.es/USERS/sananton/lleida.pdf Sobrino Buhigas, R. (2000), Corpus Petroglyphorum Gallaeciae, Sada: Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-956-3. (orixinal de 1935) Sobrino Buhigas, R. El petroglifo de Oca. Boletin de la Real Academia Gallega. Nº 294-296 en: http://www.realacademiagalega.org/imaxin-boletins-web/paxinas.do?id=2872 Vázquez Varela, J. M. (1990), Petroglifos de Galicia, Santiago de Compostela. Universidade de Santiago de Compostela. ISBN 84-7191-655-X . Vázquez Rozas, R. (1997), Petroglifos de las Rías Baixas gallegas, Pontevedra. Deputación de Pontevedra. ISBN 84-89690-00-6.

Webs:

http://www.petroglifos.org/

Page 35: Proxecto de investigación sobre os conxuntos de arte ... · sobre mapa turístico dos principais elementos estudados. Recollida de fotografías e esquemas “in situ”. 3ª Fase.

PROXECTO: OS PETRÓGLIFOS DE AMES 34

http://gl.wikipedia.org/wiki/Grupo_Galaico_de_Arte_Rupestre https://paleorama.wordpress.com/category/galicia/ http://www.historiayarqueologia.com/group/petroglifos/forum http://www.aguarda.com/museo/petroglifos.pdf http://www.geocities.ws/jhantelo/ptr1.htm http://aconcagua25000.blogspot.com/2009/04/blog-post.html http://petroglifosdegalicia.com http://arqueotoponimia.blogspot.com.es

Page 36: Proxecto de investigación sobre os conxuntos de arte ... · sobre mapa turístico dos principais elementos estudados. Recollida de fotografías e esquemas “in situ”. 3ª Fase.

PROXECTO: OS PETRÓGLIFOS DE AMES 35

ANEXOS

I. Díptico guía da exposición e visita turística

Page 37: Proxecto de investigación sobre os conxuntos de arte ... · sobre mapa turístico dos principais elementos estudados. Recollida de fotografías e esquemas “in situ”. 3ª Fase.

PROXECTO: OS PETRÓGLIFOS DE AMES 36

II. Mapa virtual de visita en Google Maps

https://maps.google.es/?mid=1368276275