PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO · 2020-05-07 · Lei 3/1983, do 15 de xuño, de Normalización...

12
MANUAL DE DOCUMENTOS PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO Instituto de Educación Secundaria “Leixa” EDICIÓN 1 REVISIÓN 1 DATA: 10.05.2011 PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO Redactado por: Francisco José Teijido López Coordinador da comisión Selo de centro Aprobado por Consello Escolar: Ana Roel Ares, Presidenta sinatura sinatura Data: 15.02.2012 Data: 17.02.2012

Transcript of PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO · 2020-05-07 · Lei 3/1983, do 15 de xuño, de Normalización...

Page 1: PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO · 2020-05-07 · Lei 3/1983, do 15 de xuño, de Normalización Lingüística (DOG de 14.07.1983). Decreto 124/2007, do 28 de xuño, polo que se regula

MANUAL DE DOCUMENTOS PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO

Instituto de Educación Secundaria “Leixa”

EDICIÓN 1 – REVISIÓN 1 DATA: 10.05.2011

PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO

Redactado por: Francisco José Teijido López

Coordinador da comisión

Selo de centro

Aprobado por Consello Escolar: Ana Roel Ares,

Presidenta

sinatura

sinatura

Data: 15.02.2012 Data: 17.02.2012

Page 2: PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO · 2020-05-07 · Lei 3/1983, do 15 de xuño, de Normalización Lingüística (DOG de 14.07.1983). Decreto 124/2007, do 28 de xuño, polo que se regula

MANUAL DE DOCUMENTOS PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO

Instituto de Educación Secundaria “Leixa”

EDICIÓN 1 – REVISIÓN 1 DATA: 10.05.2011

Páxina 2 de 12 Proxecto lingüístico de centro

.: ÍNDICE :.

I. Definición, obxectivos e alcance .......................................................................................... 3

1. Definición ..................................................................................................................... 3

2. Obxectivos ................................................................................................................... 3

3. Alcance ........................................................................................................................ 3

II. Responsabilidades .............................................................................................................. 4

1. Responsabilidades ...................................................................................................... 4

III. Análise dos usos lingüísticos do centro ............................................................................. 5

1. Situación sociolingüística no IES Leixa ...................................................................... 5

IV. Accións en materia lingüística........................................................................................... 7

1. Utilización lingüística nas distintas materias e módulos ............................................. 7

2. As linguas oficiais como linguas de integración de estudantes estranxeiros/as ......... 7

3. Recursos de axuda aos estudantes xordos ou cegos ................................................. 7

4. Actividades da biblioteca do centro ............................................................................. 8

V. Órganos de xestión lingüística ........................................................................................... 8

1. Actividades de información normativa en materia lingüística ...................................... 8

2. Equipo de dinamización lingüística .............................................................................. 9

3. Colaboracións ............................................................................................................. 9

VI. Fotoálbum ........................................................................................................................ 10

Referentes normativos:

Lei Orgánica 1/1981, do 6 de abril, do Estatuto de Autonomía para Galicia (BOE de 28.04.1981).

Lei 3/1983, do 15 de xuño, de Normalización Lingüística (DOG de 14.07.1983).

Decreto 124/2007, do 28 de xuño, polo que se regula o uso e a promoción do galego no sistema educativo (DOG de

29.07.2007).

Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia (DOG de 25.05.2010).

Webs:

Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Bibliografía:

Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega:

o Sector 2: Educación, familia e mocidade.

Guía práctica para a planificación lingüística nos centros educativos.

Page 3: PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO · 2020-05-07 · Lei 3/1983, do 15 de xuño, de Normalización Lingüística (DOG de 14.07.1983). Decreto 124/2007, do 28 de xuño, polo que se regula

MANUAL DE DOCUMENTOS PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO

Instituto de Educación Secundaria “Leixa”

EDICIÓN 1 – REVISIÓN 1 DATA: 10.05.2011

Proxecto lingüístico de centro Páxina 3 de 12

.: PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO :.

I. DEFINICIÓN, OBXECTIVOS E ALCANCE

1. DEFINICIÓN

1. Definición: Entendemos o Proxecto Lingüístico de Centro como a ferramenta que resume as propos-

tas da comunidade educativa en materia lingüística, planifica as actividades relacionadas coa aprendiza-xe e a convivencia normalizada tanto das linguas oficiais da nosa Comunidade Autónoma como na intro-dución das linguas estranxeiras e coordina as actuacións que, de forma global, deben adoptarse para a consecución dos obxectivos que se formulan, directamente ou a través de proxectos anuais específicos.

2. OBXECTIVOS

1. Obxectivos: Considéranse os seguintes:

Mantemento da convivencia harmónica de ambas as dúas linguas oficiais da nosa comunidade autónoma.

Adquisición da competencia lingüística de todos os estudan-tes do centro en ambas as dúas linguas, castelán e galego, e iniciar accións encamiñadas á introdución das linguas estran-xeiras de forma transversal na vida escolar mediante accións deseñadas ao efecto e plasmadas no Proxecto de Dinamiza-ción Lingüística (PDL).

Realización de accións que permitan a adquisición de compe-tencia lingüística en castelán e galego dos estudantes estran-xeiros.

Motivación do profesorado para participar en actividades de formación que permitan a adquisición de competencia lingüís-tica tanto en galego como en linguas estranxeiras.

3. ALCANCE

1. Alcance: O proxecto afecta a todas as actividades educativas e formativas formais, non formais e in-

formais que se realizan no IES Leixa.

2. Persoas implicadas: O proxecto implica a todos os membros da comunidade

educativa:

Dirección.

Docentes.

Xefes/as de departamento.

Estudantes.

Xunta de delegados/as.

Persoal non docente.

O proxecto é coordinado polo Equipo de Dinamización Lingüística (EDL) do IES Lei-xa.

Page 4: PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO · 2020-05-07 · Lei 3/1983, do 15 de xuño, de Normalización Lingüística (DOG de 14.07.1983). Decreto 124/2007, do 28 de xuño, polo que se regula

MANUAL DE DOCUMENTOS PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO

Instituto de Educación Secundaria “Leixa”

EDICIÓN 1 – REVISIÓN 1 DATA: 10.05.2011

Páxina 4 de 12 Proxecto lingüístico de centro

II. RESPONSABILIDADES

1. RESPONSABILIDADES

1. Dirección: En canto que o equipo directivo debe:

Ser o dinamizador de todas as actividades do centro.

Nomear aos membros do Equipo de Dinamización Lingüística.

Velar polo cumprimento da normativa en materia lingüística.

Integrar no Plan Anual do centro do Proxecto de Dinamización Lingüística.

2. Docentes: Son as encomendadas pola lexislación vixente e, en relación con este proxecto, as seguintes:

Impartir as materias asignadas na lingua establecida neste Proxecto.

Dinamizar entre o alumnado a utilización tanto da lingua castelá como da lingua galega así como incentivar o uso de linguas estranxeiras.

Realizar as propostas que, en materia lingüística, conside-ren oportunas.

Cumprimentar en lingua galega os documentos normali-zados de centros agás aqueles que normativamente de-ban estar noutras linguas.

Participar en actividades de formación permanente rela-cionadas coas competencias lingüísticas.

3. Xefes/as de departamento: Son as encomendadas pola lexislación vixente e, en relación con este proxecto, as seguintes:

Coordinación da execución do PDL polos membros do departamento.

Propor, a través da Comisión de Coordinación Pedagóxica, ou o órgano que a substitúa, os membros do EDL.

Incentivar o uso normalizado de ambas as dúas linguas oficiais, castelán e galego, nas activi-dades do departamento tratando de dar continuidade ao proceso de bilingüismo harmónico do centro.

Programar actividades que inclúan, sempre que sexa posible, a utilización dunha lingua estran-xeira pondo a disposición de docentes e estudantes os recursos que faciliten esa utilización (di-cionarios, recursos audiovisuais, tradutores on-line…).

Actualizar os recursos de biblioteca con fontes variadas en diversas linguas.

4. Estudantes: Son as encomendadas pola lexislación

vixente e, en relación con este proxecto:

Participar, de xeito voluntario, nas actividades que en materia lingüística se organicen no centro na procura dunha competencia lingüística na lingua menos utilizada.

Colaborar no desenvolvemento do Proxecto Lec-tor.

Page 5: PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO · 2020-05-07 · Lei 3/1983, do 15 de xuño, de Normalización Lingüística (DOG de 14.07.1983). Decreto 124/2007, do 28 de xuño, polo que se regula

MANUAL DE DOCUMENTOS PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO

Instituto de Educación Secundaria “Leixa”

EDICIÓN 1 – REVISIÓN 1 DATA: 10.05.2011

Proxecto lingüístico de centro Páxina 5 de 12

5. Xunta de delegados/as: Son as establecidas pola lexislación vixente e, en relación con este proxecto:

Realizar as propostas que, en materia lingüística, afecten á vida escolar e faciliten a incorpora-ción ás linguas castelán e galega aos estudantes estranxeiros.

Propor ao representante dos estudantes que forme parte do EDL.

Colaborar coa organización e desenvolvemento das actividades en materia lingüística que se programen no centro.

6. Persoal non docente:

Propor ao representante do persoal non docente que forme parte do EDL.

Colaborar, dentro das súas responsabilidades, no desen-volvemento das actividades que en materia lingüística se organicen no centro.

III. ANÁLISE DOS USOS LINGÜÍSTICOS DO CENTRO

1. SITUACIÓN SOCIOLINGÜÍSTICA NO IES LEIXA

1. Evolución histórica e momento actual: A publicación do ano 1995 do Decreto 247/1995, modificado

parcialmente polo Decreto 66/1997, que regulaban o uso do galego na ensinanza e na administración educativa, no IES Leixa comezouse unha intensa actividade que tiña como obxectivo a normalización do uso, de xeito inclusivo en todas as actividades do centro, de ambas as dúas linguas oficiais da nosa co-munidade autónoma.

A primeira decisión, que xa viña levándose a cabo pero non dunha forma institucionalizada, foi adoptar o galego como lingua vehicular en todos os documentos e comunicacións do centro, mesmo adoptando a lingua galega como lingua de comunicación por parte de todos os membros do equipo directivo nas reu-nións, xuntanzas e calquera outra actividade na que participasen en representación do centro.

Ao longo de todos estes anos, ata o presente, houbo unha implicación real e directa de todos os axentes educativos, nomeadamente todo o profesorado, que asumiron a normativa con absoluta normalidade de xeito que hoxe en día podemos afirmar que se acadou o obxectivo de que ambas linguas, castelán e galego, convivan funcionalmente e non exista ningún tipo de conflito lingüístico.

No estado actual, publicado o Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilin-güismo no ensino non universitario de Galicia, o galego mantén un predominio lingüístico nos seguintes eidos:

Planificación educativa: Todos os documentos do centro, PEC, programacións, activida-des, comunicacións, etc., están redactadas en galego agás aqueles que normativamente han de estar en castelán ou mesmo nunha lingua estranxei-ra, como é o caso das corres-pondentes programacións di-dácticas.

Actividades de reforzo, aseso-ramento e apoio técnico: As

adaptacións curriculares, formación do profesorado, grupos de traballo, seminarios, proxectos de innovación, orientación, etc., están redactados en galego agás naqueles casos en que se formu-lan con centros doutras comunidades autónomas en cuxo caso se redactan en castelán.

Page 6: PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO · 2020-05-07 · Lei 3/1983, do 15 de xuño, de Normalización Lingüística (DOG de 14.07.1983). Decreto 124/2007, do 28 de xuño, polo que se regula

MANUAL DE DOCUMENTOS PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO

Instituto de Educación Secundaria “Leixa”

EDICIÓN 1 – REVISIÓN 1 DATA: 10.05.2011

Páxina 6 de 12 Proxecto lingüístico de centro

Seguimento e control: A memoria anual, os boletíns de cualificacións, documentos de alumnado, informes, etc., están redactados en galego agás aqueles que, por ir destinados a organismos de fóra da nosa comunidade autónoma, se redactan en castelán.

Información externa: A web do instituto está integramente deseñada en galego; as notas de prensa e comunicacións con outros organismos, institucións ou empresas fanse sempre en gale-go.

Documentación formativa extracu-rricular: No IES Leixa, como enti-dade acreditada pola Dirección Xe-ral de Saúde Pública, realiza cursos de hixiene alimentaria para os que se preparou documentación propia redactada en galego; mesmo dis-pomos dunha web propia, no domi-nio www.hixienealimentaria.es feita en galego. No mesmo sentido, o IES Leixa colabora con outros cen-tros na impartición de charlas de primeiros auxilios para os que se utiliza unha web propia no dominio http://centros.edu.xunta.es/iesleixa/webantiga/paux/index.htm feita in-tegramente en galego.

A nivel da interacción didáctica, a principios de cada curso faise unha enquisa entre o profesorado para coñecer o uso de ambas linguas, castelán e galego, tanto na fala como nos materiais didácticos utilizados nas aulas.

Actuación docente: Existe un equilibrio normalizado (bi-lingüismo harmónico) no uso do castelán e o galego cun lixeiro predominio do castelán na fala, aínda que no se trata dun uso exclusivo.

Materiais didácticos: Como na fala, mantense o equilibrio harmónico no uso do castelán e o galego, neste caso cun lixeiro predominio do galego, sobre todo nos materiais de elaboración propia xa que nos ciclos formativos non exis-ten, ou hai poucos, libros de texto en galego. Moitos do-centes complementan o uso de libros en castelán con ou-tros materias en galego. Neste sentido cabe subliñar que dende o curso 2010-2011 se está a utilizar por parte dun número significativo de docentes a aula virtual do instituto na que predominan os materiais e actividades en galego.

Clima escolar: Todos os rótulos e información do instituto están en galego e está normalizado o uso dos alum-nos/as na lingua que eles escollan, agás nas materias en que uso debe ser nunha lingua específica, como é o caso

da lingua castelá, lingua galega e linguas estranxeiras do bacharelato. Os estudantes poden utili-zar libremente calquera das dúas linguas oficiais da nosa comunidade tanto na fala como na es-crita sen que existan ningún tipo de imposición pedagóxica.

Onde queda traballo por facer, e debe ser obxecto de regulación e propostas de traballo anual a través das addendas a este PLC, é no uso das linguas estranxeiras que están practicamente reducidas ao ámbi-to das correspondentes materias do bacharelato. Neste PLC estableceranse unhas liñas básicas para tratar de que o inglés e o francés se incorporen á vida educativa a través de plans de integración das linguas estranxeiras.

Page 7: PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO · 2020-05-07 · Lei 3/1983, do 15 de xuño, de Normalización Lingüística (DOG de 14.07.1983). Decreto 124/2007, do 28 de xuño, polo que se regula

MANUAL DE DOCUMENTOS PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO

Instituto de Educación Secundaria “Leixa”

EDICIÓN 1 – REVISIÓN 1 DATA: 10.05.2011

Proxecto lingüístico de centro Páxina 7 de 12

IV. ACCIÓNS EN MATERIA LINGÜÍSTICA

1. UTILIZACIÓN LINGÜÍSTICA NAS DISTINTAS MATERIAS E MÓDULOS

1. Materias que se imparten en lingua galega: Independentemente do uso lingüístico propio que fan as materias de lingua castelá, lingua galega, idioma francés e idioma inglés, no IES Leixa impártense en galego as seguintes, sen menoscabo de que en outras materias se utilicen materiais en galego ou caste-lán indistintamente:

Bacharelato:

o Materias do departamento de Xeografía e Historia, nomeadamente: Historia de España, Xeografía, Historia do Mundo Contemporáneo, Xeografía e Historia de Galicia e Historia da Arte.

o Materias do departamento de Educación Física, nomeadamente Educación Física e De-portiva.

o Materias do departamento de Filosofía, nomeadamente Filosofía e Cidadanía, Historia da Filosofía, Ética e Filosofía do Dereito e Antropoloxía.

o Materias do departamento de Bioloxía e Xeoloxía, nomeadamente Bioloxía e Xeoloxía, Bioloxía, Ciencias da Terra e Medioambientais e Ciencias para o Mundo Contemporáneo.

Ciclos formativos:

o Módulos de Formación e Orientación Laboral, nomeadamente, Formación e Orientación Laboral, Relacións no Entorno de Traballo, Relacións no Contorno de Traballo e Empre-sa e Iniciativa Emprendedora, en todos os ciclos formativos.

o Módulos da familia de Artes Gráficas, nomeadamente Procesos en Artes Gráficas, Segu-ridade e Hixiene, Materias Primas, Materiais de Produción, Organización, Xestión, Pro-xecto Integrado, Tintas Líquidas e Montaxe e Obtención da Forma Impresora de CMP2.

o Módulos da familia de Sanidade, nomeadamente Hixiene no Medio Hospitalario, Técni-cas de Axuda Odontolóxica, Técnicas Básicas de Enfermaría, Formulación Maxistral, Primeiros Auxilios, Oficina de Farmacia e Dispensa de Produtos Farmacéuticos.

2. AS LINGUAS OFICIAIS COMO LINGUAS DE INTEGRACIÓN DE ESTUDANTES ESTRANXEIROS/AS

1. Integración de estudantes estranxeiros/as: Conscientes das dificultades que pode entrañar para o proceso educativo de estudantes estranxeiros o uso das linguas, todos os docentes do IES Leixa asumen a utilización lingüística diferenciada para facilitar aos estudantes estranxeiros/as a súa integración no noso país, adoptando as medidas de tradución necesarias tanto na fala como nos materiais educativos e, sobre todo, nas probas escritas, sen menoscabo das accións que permitan a paulatina aprendizaxe tanto da lingua castelá como da lingua galega, nun clima de “integración facilitadora”.

3. RECURSOS DE AXUDA AOS ESTUDANTES XORDOS OU CEGOS

1. Axuda aos estudantes xordos ou cegos: A escolarización de alumnos/as xordos e o descoñecemen-to do profesorado da lingua de signos non debe ser un obstáculo para a escolarización dos estudantes xordos/as ou cegos/as polo que o IES Leixa adopta as medidas destinadas a facilitar e proceso educativo mediante a rotulación en braille dos espazos, ademais de realizar aquelas actividades que permitan a integración normalizada dos estudantes e que impliquen a toda a comunidade educativa. Así, nos últimos cursos se fixeron algunhas actividades como:

Elaboración dun “Glosario de Artes Gráficas na Lingua de Signos Española”, redactada tanto en galego como en castelán, e que se fixo coa colaboración de alumnado e profesorado de Artes Gráficas e foi premiada nos premios EducaCompostela.

Actividades de concienciación entre o alumnado coa rotulación coa lingua de signos en diferentes zonas do instituto.

Page 8: PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO · 2020-05-07 · Lei 3/1983, do 15 de xuño, de Normalización Lingüística (DOG de 14.07.1983). Decreto 124/2007, do 28 de xuño, polo que se regula

MANUAL DE DOCUMENTOS PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO

Instituto de Educación Secundaria “Leixa”

EDICIÓN 1 – REVISIÓN 1 DATA: 10.05.2011

Páxina 8 de 12 Proxecto lingüístico de centro

4. ACTIVIDADES DA BIBLIOTECA DO CENTRO

1. A biblioteca escolar: A biblioteca do instituto é o órgano que mellor pode, mediante actividades programadas, normalizar o uso lingüístico das diferentes linguas.

Dende a integración da xestión da biblioteca no Proxecto MEIGA ata a realización de actividades incorporadas no Plan Lector, a biblioteca achega a estudantes e docentes propostas de lectura para o que dis-pón dun espazo privilexiado na entrada do pavillón 1.

2. Recursos na biblioteca: Todos os departamentos do instituto, e máis os de linguas, deben establecer

as medidas que consideren oportunas para que na biblioteca existan recursos diversos tanto nas linguas oficiais da comunidade como en linguas estranxeiras:

Libros de lectura ordinaria.

Libros de contidos académicos específicos.

Libros de consulta.

Literatura clásica.

Novidades editoriais.

V. ÓRGANOS DE XESTIÓN LINGÜÍSTICA

1. ACTIVIDADES DE INFORMACIÓN NORMATIVA EN MATERIA LINGÜÍSTICA

1. Información en materia lingüística: Co-

rresponde á dirección do centro realizar as actividades de información sobre a normativa en materia lingüística, utilizando os seguintes medios preferentes:

A páxina web do instituto, www.iesleixa.es, na que existirá unha base de datos actualizada coa norma-tiva en materia educativa, incluíndo nun lugar preferente a relacionada co uso do galego no apartado “Curso ac-tual-Normativa vixente”.

Circulares internas, cando a normativa introduza cambios significativos na vi-da ou na organización docente.

A aula virtual, para a documentación relacionada coa análise do uso do galego por parte dos docentes (documento pdl101) e as en-quisas de satisfacción de estudantes nas actividades programadas (pac301).

Taboleiros de anuncios da sala de docentes, das aulas e taboleiros de información xeral do cen-tro.

Page 9: PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO · 2020-05-07 · Lei 3/1983, do 15 de xuño, de Normalización Lingüística (DOG de 14.07.1983). Decreto 124/2007, do 28 de xuño, polo que se regula

MANUAL DE DOCUMENTOS PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO

Instituto de Educación Secundaria “Leixa”

EDICIÓN 1 – REVISIÓN 1 DATA: 10.05.2011

Proxecto lingüístico de centro Páxina 9 de 12

2. EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

1. Equipo de Dinamización Lingüística: En tanto non se desenvolve o establecido no punto 2 do artigo

15º do Decreto 79/2010, no IES Leixa constituirase un Equipo de Dinamización Lingüística, formado por:

O xefe/a do departamento de Lingua Galega e Literatura, que actuará como coordinador/a.

O xefe/a do departamento de Lingua Castelá e Literatura ou de Linguas Clásicas.

Un xefe/a de departamento de Linguas Inglesa ou de Lingua Francesa.

Un representante do persoal non docente a proposta do persoal non docente.

Un estudante a proposta da Xunta de Delegados/as.

Ademais, poderán colaborar e participar nas sesións que realicen o EDL, todos/as os membros da comu-nidade educativa que o desexen, con voz e sen voto.

2. Funcións a desenvolver polo EDL: O EDL terá como función principal o deseño dun Proxecto de Dinamización Lingüística (PDL) anual coas principais actividades a desenvolver ao longo do curso e

que inclúa actividades de dinamización tanto da lingua galega como da lingua castelá e as linguas es-tranxeiras.

O dito Proxecto, que integrará o Proxecto Lector do instituto, formará parte do Plan Anual do centro.

3. Orzamento do EDL: Para a realización das súas actividades, o EDL disporá dos recursos económicos

que aprobe a CCP con cargo aos orzamentos do instituto.

4. Flexibilización horaria: Dentro das dispoñibilidades horarias, os docentes que formen parte do EDL

disporán nos seus horarios dunha sesión complementaria na que realizarán as actividades propias do EDL. Sempre que sexa posible, procurarase que a sesión sexa coincidente para os docentes.

3. COLABORACIÓNS

1. Coordinadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra: O IES Leixa forma parte da Coordinadora de

Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra e colabora coas actividades que esta Coordinadora organiza, entre elas Cinema en Galego, En Galego Sen Filtro e no Certame de Poesía e Imaxe, entre outras.

2. Convenios: O IES Leixa poderá establecer os convenios de colabora-

ción que se propoñan dende o EDL con entidades e institucións que or-ganicen actividades de promoción das linguas.

Page 10: PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO · 2020-05-07 · Lei 3/1983, do 15 de xuño, de Normalización Lingüística (DOG de 14.07.1983). Decreto 124/2007, do 28 de xuño, polo que se regula

MANUAL DE DOCUMENTOS PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO

Instituto de Educación Secundaria “Leixa”

EDICIÓN 1 – REVISIÓN 1 DATA: 10.05.2011

Páxina 10 de 12 Proxecto lingüístico de centro

VI. FOTOÁLBUM

Exposición “Comes cos ollos” no curso 2007-2008

Certame “Poesía e Imaxe” no curso 2007-2008

Xornadas técnicas de Artes Gráficas no curso 2008-2009

Page 11: PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO · 2020-05-07 · Lei 3/1983, do 15 de xuño, de Normalización Lingüística (DOG de 14.07.1983). Decreto 124/2007, do 28 de xuño, polo que se regula

MANUAL DE DOCUMENTOS PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO

Instituto de Educación Secundaria “Leixa”

EDICIÓN 1 – REVISIÓN 1 DATA: 10.05.2011

Proxecto lingüístico de centro Páxina 11 de 12

Premios de cartelismo “Dereitos do Consumidor” no curso 2008-2009

Conmemoracións no curso 2009-2010

Premios EducaCompostela co “Glosario de Artes Gráficas na Lingua de Signos Española” no curso 2009-2010

Page 12: PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO · 2020-05-07 · Lei 3/1983, do 15 de xuño, de Normalización Lingüística (DOG de 14.07.1983). Decreto 124/2007, do 28 de xuño, polo que se regula

MANUAL DE DOCUMENTOS PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO

Instituto de Educación Secundaria “Leixa”

EDICIÓN 1 – REVISIÓN 1 DATA: 10.05.2011

Páxina 12 de 12 Proxecto lingüístico de centro

Premios de cartelismo “Dereitos do Consumidor” no curso 2010-2011

Colaboracións externas no curso 2010-2011

Integración de estudante cega galardonada co Premio Extraordinario de Bacharelato no curso 2010-2011 e rotulación braille