PROXECTO LECTOR...motivación de ler, non a obriga de facelo, porque “o verbo ler non soporta o...

22
PROXECTO LECTOR CEIP PLURILINGÜE MANUEL MURGUÍA

Transcript of PROXECTO LECTOR...motivación de ler, non a obriga de facelo, porque “o verbo ler non soporta o...

Page 1: PROXECTO LECTOR...motivación de ler, non a obriga de facelo, porque “o verbo ler non soporta o imperativo” (Daniel Pennac). 4.1.2.- Como debe actuar o mediador. Nun bo plan de

PROXECTO LECTOR

CEIP PLURILINGÜE MANUEL MURGUÍA

Page 2: PROXECTO LECTOR...motivación de ler, non a obriga de facelo, porque “o verbo ler non soporta o imperativo” (Daniel Pennac). 4.1.2.- Como debe actuar o mediador. Nun bo plan de

Proxectolector-CEIPPlurilingüeManuelMurguía Páxina2

ÍNDICE

1.- PRESENTACIÓN ................................................................................................... 3

2.- INTRODUCIÓN AO PROXECTO ........................................................................... 3

3.- CONTEXTUALIZACIÓN ......................................................................................... 5

4.- MARCO DE APLICACIÓN DO PLAN ..................................................................... 6

4.1.- O estímulo de hábitos lectores.................................................................. 6

4.1.1.- Definición dunha idea de fomento da lectura ................................... 6

4.1.2.- Como debe actuar o mediador ........................................................ 7

4.1.3.- Deseño de liñas xerais de actuación ............................................... 8

4.2.- Outros aspectos de relevancia................................................................ 10

4.2.1.- Os ambientes lectores .................................................................. 10

4.2.2.- Implicación das familias no proxecto ............................................ 12

5.- DESENVOLVEMENTO DO PROXECTO ............................................................. 13

5.1.- Avaliación previa ..................................................................................... 13

5.1.1.- Valoración dos hábitos lectores dos alumnos/as .......................... 13

5.1.2.- Valoración dende a experiencia docente ...................................... 14

5.1.3.- Descrición dos recursos que posúe o centro ................................ 15

5.2.- Obxectivos xerais para a Educación Primaria......................................... 16

5.3.- Consecución das competencias clave dende o Proxecto Lector ............ 16

6.- PROPOSTAS DE TRABALLO ............................................................................. 18

7.- PROPOSTAS DE LECTURA ............................................................................... 20

Page 3: PROXECTO LECTOR...motivación de ler, non a obriga de facelo, porque “o verbo ler non soporta o imperativo” (Daniel Pennac). 4.1.2.- Como debe actuar o mediador. Nun bo plan de

Proxectolector-CEIPPlurilingüeManuelMurguía Páxina3

1.- PRESENTACIÓN

O Claustro de profesores do CEIP Plurilingüe Manuel Murguía, dando

cumprimento á Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación (LOE), á Lei

Orgánica 8/2013, de 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa (LOMCE) e

ao Decreto 105/2014, de 4 de setembro, que establece o currículo da Educación

Primaria en Galicia, comprométese a traballar todo o necesario para elevar o nivel de

comprensión lectora, así como para fomentar o hábito lector entre o alumnado.

Pretendemos que, ao remate dos seus estudos, os nenos/as teñan adquiridas as

competencias lingüísticas necesarias para o seu desenvolvemento persoal e

profesional.

2.- INTRODUCIÓN AO PROXECTO

A lectura é unha actividade fundamental, tanto nas diversas etapas educativas

coma no día a día. Adquirindo hábitos lectores os alumnos/as desenvolven as súas

capacidades cognitivas e melloran a súa vida social. Adquiren habilidades en diversos

ámbitos, que poden concretarse nos seguintes:a) Dimensión formativa: O coñecemento humano baséase nunha “intelixencia

lingüística” (José Antonio Marina). En consecuencia, o fomento da

lectoescritura transcende ao estudo da lingua e das letras para influír noutras

áreas curriculares, porque proporciona competencias instrumentais que

permiten adquirir e profundizar en todo tipo de coñecementos, transformándose

nunha vía para prever o fracaso escolar. Ler e escribir correctamente é a

condición indispensable para calquera traxectoria educativa ou académica que

aspire a uns mínimos de calidade.

b) Dimensión didáctica: O único xeito de espertar o gusto pola lectura é

achegarse aos libros dende as primeiras etapas educativas, co fin de adquirir

progresivamente as capacidades que require unha boa interpretación dos

textos, nos que os niveis de esixencia e complexidade aumentan

paulatinamente. Polo tanto, ir dos contos ás novelas ou relatos breves durante

Page 4: PROXECTO LECTOR...motivación de ler, non a obriga de facelo, porque “o verbo ler non soporta o imperativo” (Daniel Pennac). 4.1.2.- Como debe actuar o mediador. Nun bo plan de

Proxectolector-CEIPPlurilingüeManuelMurguía Páxina4

os cursos de Primaria contribúe a asentar aquelas habilidades cognitivas que o

alumno/a terá que dominar cando inicie a ESO, sobre todo as relacionadas coa

comprensión lectora.

c) Dimensión social: O ser humano vive nun mundo de signos, é coma un “mono

gramático” (Octavio Paz) que utiliza a linguaxe nas súas relacións interpersoais

ou laborais, cando comparte ou accede á información, para interpretar a súa

circunstancia e coñecer outras, sempre que expresa ou aclara sentimentos e

gustos, no momento de analizar problemas persoais e resolvelos, ao facer

plans a curto ou longo prazo, etc. En definitiva, a lectura e a escritura forman

parte da realidade cotiá. Por iso este proxecto non intenta só facilitar a

adquisición de coñecementos, senón que quere colaborar no óptimo

desenvolvemento do alumnado no seu contorno.

d) Dimensión cívica e ética: A lectura amplía a nosa visión do mundo e, ao

mesmo tempo, a nosa capacidade de elixir. Axúdanos a ser libres e a coñecer

valores humanos cos que agrandar o pensamento e a sensibilidade. Cremos,

como San Agustín, que “hai que temer ao home dun só libro”, e pensamos que

un bo plan de fomento da lectura debe transmitir respecto á diversidade e á

conciencia democrática.

e) Dimensión lúdica: O bo lector/a establece unha comunicación activa, dialoga

cos textos, reflexiona sobre os mesmos. Durante a lectura interpreta, anticipa,

reformula expectativas. É un acto no que se vale da intelixencia, da capacidade

reflexiva, da emotividade e da imaxinación. Falamos de facultades que lle

servirán para enriquecer o seu tempo de lecer e non limitarse a ser un

espectador pasivo, que se entretén con programas de televisión ou videoxogos

rutinarios. É unha alternativa de lecer que pretendemos afianzar entre os

nenos/as, para que pensen na lectura como unha fiestra aberta a “mundos

posibles” (Umberto Eco) e gocen dunha das actividades humanas máis

deleitosas, pracenteiras e sutís.

f) Dimensión estética: Por medio da lectura o neno/a define os seus gustos,

desenvolve a súa sensibilidade, achégase á beleza das formas, aprende a

Page 5: PROXECTO LECTOR...motivación de ler, non a obriga de facelo, porque “o verbo ler non soporta o imperativo” (Daniel Pennac). 4.1.2.- Como debe actuar o mediador. Nun bo plan de

Proxectolector-CEIPPlurilingüeManuelMurguía Páxina5

estimalas. É un proceso que se vincula á adquisición de novo vocabulario e ao

coñecemento doutras vivencias e experiencias que posibilita a literatura.

Por outra banda, o noso país atópase nun momento propicio ao fomento da

lectura que debemos aproveitar:

Segundo o “Barómetro de hábitos de lectura e compra de libros” do terceiro

trimestre de 2007, un estudo realizado por Precisa Research para a Federación

de Gremios de Editores, o 57% da poboación adulta do noso país defínese

como lectora, mentres que a porcentaxe de nenos/as entre 6 e 13 anos que din

ler a miúdo sen ter en conta os libros de texto é dun 82,2%.

Ao Plan de Fomento da Lectura impulsado polo MEC sumouse o Plan

Iberoamericano de Lectura e, dende a celebración de IV Centenario de “El

Quijote”, en todos os medios de comunicación e actos públicos se manifesta a

importancia da lectura.

As Consellerías de Educación das Comunidades Autónomas, entre elas

Galicia, publicaron nos seus diarios oficiais unha serie de pautas para a

elaboración por parte dos Centros de Educación Primaria dun Plan de Fomento

da Lectura e o desenvolvemento da comprensión lectora.

O profesorado do CEIP Plurilingüe Manuel Murguía acepta a necesidade dun

Proxecto Lector e xa desde sempre, cada un ao seu xeito; traballa nesta

dirección facendo lectura en voz alta, silenciosa, comprensiva, comentada,

marcando un mínimo de libros para ler ao trimestre.

3.- CONTEXTUALIZACIÓN

O centro emprázase nunha zona que aínda que pertence ao concello de A

Coruña, ten moitas características rurais: o tipo de hábitat, a ocupación laboral

dalgúns habitantes, a paisaxe, o tipo de construción, etc.

Xeograficamente está enmarcado no extremo suroeste do concello de A

Coruña, limítrofe co concello de Arteixo.

Ata hai uns anos foi unha zona pouco poboada, e cunha densidade moi inferior

Page 6: PROXECTO LECTOR...motivación de ler, non a obriga de facelo, porque “o verbo ler non soporta o imperativo” (Daniel Pennac). 4.1.2.- Como debe actuar o mediador. Nun bo plan de

Proxectolector-CEIPPlurilingüeManuelMurguía Páxina6

á que presenta o resto do concello, pero a construción de máis de 3.000 vivendas en

Novo Mesoiro, fixo que esta aumentara considerablemente. Así, o número de

alumnos/as que solicitan este colexio aumenta ano tras ano.

A lingua materna entre as persoas coetáneas en moitos fogares segue a ser a

galega pero a maioría dos nenos do centro falan castelá.

O colexio dispón dunha biblioteca bastante ben dotada, dadas as súas

características. Fai préstamos para as bibliotecas de aula, organiza exposicións de

novidades ou doutro tipo, publica folletos con libros recomendados, organiza actos de

contacontos e axuda aos Proxectos que van xurdindo ao longo do curso escolar.

4.- MARCO DE APLICACIÓN DO PLAN

4.1.- O estímulo de hábitos lectoresAntes de perfilar o plan lector é recomendable sentar unhas bases que

cimenten o seu deseño e aplicación: que entendemos por fomento da lectura, que

actitudes e requisitos deben ter os mediadores, que tipo de lecturas son axeitadas

para cada nivel, que esquema xeral imos seguir para que o proxecto non se estanque

e, finalmente, que circunstancias e accións poden contrariar a motivación de ler.

4.1.1.- Definición dunha idea de fomento da lectura.O noso proxecto aposta por unha transmisión do gusto por ler que contemple

aspectos afectivos e intelectuais, e cremos que isto debe facerse pouco a pouco. Non

podemos esquecer que o descubrimento do pracer lector ten que basearse en

procedementos lúdicos e creativos, que eviten a imposición. Primeiro presentaremos a

lectura como un divertimento, e despois iremos asociándoa ás necesidades de

información e aprendizaxe dos alumnos/as.

A nosa meta é desenvolver competencias lectoras entre os nenos/as para que

as interioricen, que se afagan a ler e se convertan en lectores estables. Para acadalo

propoñemos utilizar estratexias variadas que se adapten aos distintos niveis

formativos e á diversidade do alumnado. Trátase de deseñar un itinerario que parta da

identificación dos elementos lingüísticos -sons, letras, sílabas, palabras, frases,

Page 7: PROXECTO LECTOR...motivación de ler, non a obriga de facelo, porque “o verbo ler non soporta o imperativo” (Daniel Pennac). 4.1.2.- Como debe actuar o mediador. Nun bo plan de

Proxectolector-CEIPPlurilingüeManuelMurguía Páxina7

parágrafos-, pase pola construción de significados -a través, por exemplo, da

selección de ideas, personaxes ou accións- e remate na interpretación e valoración

das lecturas dende criterios fundados que, sen negar a mirada propia, respecten unha

base textual.

Queremos que os alumnos/as se acheguen aos libros deixándolles “falar”,

aprendendo a “escoitar” o que din, que dialoguen con eles, xa que toda lectura é un

acto interactivo, no que intervén a sensibilidade, a imaxinación e a apertura de miras.

Para iso contamos coa intención comunicativa do neno/a, coa necesidade de

compartir experiencias, coa súa curiosidade... En resume, desexamos transmitir a

motivación de ler, non a obriga de facelo, porque “o verbo ler non soporta o

imperativo” (Daniel Pennac).

4.1.2.- Como debe actuar o mediador.Nun bo plan de invitación á lectura todo o equipo docente debe asumir, en

maior ou menor grao, un papel de mediador, e reunir os seguintes atributos:

- Entender a psicoloxía infantil e a súa diversidade.

- Ler habitualmente e ter coñecementos de literatura infantil e xuvenil, e dispoñer

de información sobre novidades editoriais de interese.

- Querer transmitir o pracer pola lectura, así coma o valor persoal e social de ser

un lector/a autónomo.

- Ser sensible aos valores que irradian os textos para fomentar a reflexión e o

espírito crítico entre os alumnos/as.

- Entender a lectura coma un estímulo que axuda a formar a propia personalidade

e a superar conflitos e problemas.

- Saber promover a participación mediante estratexias lúdicas que activen a

imaxinación, e xerar ambientes que faciliten esa tarefa.

- Estar aberto ás recreacións individuais, sen impoñer lecturas concluíntes que

inhiban a creatividade dos nenos/as.

- Sentir curiosidade polos gustos e intereses dos seus alumnos/as.

- Ter aptitudes para converterse nun modelo de lectura silenciosa e colectiva.

Ademais, é probable que o mestre/a atope atrancos no seu papel de mediador.

Os máis correntes adoitan ser:

Page 8: PROXECTO LECTOR...motivación de ler, non a obriga de facelo, porque “o verbo ler non soporta o imperativo” (Daniel Pennac). 4.1.2.- Como debe actuar o mediador. Nun bo plan de

Proxectolector-CEIPPlurilingüeManuelMurguía Páxina8

o Os contextos familiares e sociais, que viven alleos á lectura.

o A composición heteroxénea dos grupos, tanto nas competencias lingüísticas

coma na súa relación cos libros.

o A consideración da lectura como unha alternativa de lecer excesivamente seria,

aburrida, que obriga a pensar e non distrae.

o A propensión, común entre os alumnos/as de Primaria, de asociar “libros” con

“deberes” ou “estudo”.

o A tendencia a automatizar as habilidades de lectoescritura e desatender a

comprensión.

O coordinador/a facilitará o labor mediador asumindo, entre outras, estasfuncións:

Efectuar a análise das necesidades de formación do profesorado, dos materiais

didácticos para o fomento da lectura e do estado das bibliotecas de aula e

centro.

Impulsar o plan anual para alumnos/as e mestres/as, en colaboración co

profesorado, e seleccionar textos para cada idade que permitan avaliar as

habilidades de comprensión lectora.

Promover no centro todas as iniciativas e proxectos que o profesorado ou o

alumnado propoña en relación co fomento da lectura.

Informar ao profesorado de cantas convocatorias xurdan relativas á formación

en técnicas e estratexias de fomento da lectura, especialmente de aquelas

dirixidas ás comunidades educativas (pais/nais, profesores/as e alumnos/as).

4.1.3.- Deseño das liñas fundamentais de actuación.Nas primeiras reunións sobre o proxecto, o coordinador/a e os mestres/as dos

distintos cursos poden trazar un plan estruturado en tres momentos, para que

progrese en función das competencias lectoras que vai adquirindo o alumno/a. Os

posibles resultados son:

O código oral, case exclusivo en Educación Infantil, vaise perdendo en favor do

escrito. Por iso empezaremos dando prioridade á lectura mecánica, a

decodificación das letras e das palabras, á súa correcta expresión oral e ao trazo.

Page 9: PROXECTO LECTOR...motivación de ler, non a obriga de facelo, porque “o verbo ler non soporta o imperativo” (Daniel Pennac). 4.1.2.- Como debe actuar o mediador. Nun bo plan de

Proxectolector-CEIPPlurilingüeManuelMurguía Páxina9

Durante o 1º e 2º niveis de Primaria é moi importante o achegamento visual.

As lecturas serán sinxelas, con letras grandes e frases curtas, que repitan

palabras ou rimas lixeiras que axuden a comprender o lido, e se baseen sempre

en ilustracións atractivas pola variedade de cores, incluso en soportes musicais.

Por medio destes textos, empezaremos a traballar, insistindo na correcta

pronunciación e entoación, tratando de que capten o sentido global, compartindo

opinións sobre as lecturas, enriquecendo o vocabulario e escribindo oracións

sinxelas.

Cando os nenos/as se manexen ben coa lectura mecánica, comezaremos coalectura comprensiva. Este é un paso que podemos situar no 3º e 4º niveis, sen

descoidar aos alumnos/as que aínda amosen dificultades coas competencias

clave. Para que isto non suceda, estableceranse varios niveis de lectura que

permitan a todos progresar.

É o momento no que a curiosidade do neno/a lle fai interesarse por moitas

cousas que o rodean, pero tamén polos contos marabillosos. Por iso

seleccionaremos tanto lecturas apegadas á realidade como lendas e narracións

fantásticas, onde as ilustracións, sen deixar de ser fundamentais, perden

importancia en favor do texto. A acción ten que ser dinámica, áxil, e debe

combinar partes narrativas con descricións e diálogos breves, que serán os

primeiros modelos de produción escrita. Igual de sinxelos serán as panxoliñas,

trabalinguas, adiviñas, encrucillados... que servirán para propoñer xogos

lingüísticos que estimulen a imaxinación e a creatividade.

Nesta etapa, a consulta do dicionario e a práctica de técnicas elementais que

faciliten a comprensión (reler, avanzar, deducir o significado de fragmentos

difíciles pola relación con outros....) son recursos imprescindibles. Tamén o son as

lecturas dramatizadas e as representacións teatrais coas que exercitar a dicción, o

ritmo e a pronunciación claras.

No 5º e 6º niveis afondaremos nas habilidades de lectoescritura para que o

neno/a inicie a ESO en condicións e reforce a súa afección polos libros. Entre os

que elixamos, (de 100 ou 150 páxinas) incluiremos as fábulas, os relatos de

aventuras ou viaxes, as intrigas detectivescas e de terror, as lendas, algúns

clásicos adaptados que poidan resultar atractivos polo perfil dos protagonistas e a

Page 10: PROXECTO LECTOR...motivación de ler, non a obriga de facelo, porque “o verbo ler non soporta o imperativo” (Daniel Pennac). 4.1.2.- Como debe actuar o mediador. Nun bo plan de

Proxectolector-CEIPPlurilingüeManuelMurguía Páxina10

súa trama, así como antoloxías líricas e de prosas poéticas que traten sobre

temas que interesen aos pequenos, coma o amor, a liberdade, a solidariedade, a

amizade, a natureza, o misterio... Así descubrirán novos estilos e xéneros que lles

axuden a definir os seus gustos e preferencias. Daquela compre observar se

visitan a biblioteca a miúdo, e se utilizan o servizo de préstamo de forma

autónoma e voluntaria. É un modo directo de valorar se o plan lector tivo os froitos

esperados.Asemade, reforzaremos técnicas coma o resumo, esquema ou escritura de

textos propios, baseados en modelos máis complexos, e asegurarémonos de que

a eficacia, a velocidade e a comprensión lectoras son as axeitadas.

4.2.- Outros aspectos de relevancia4.2.1.- Os ambientes lectores.

A creación de ambientes propicios para a lectura entre os alumnos/as é

esencial. A verba “ambiente” engloba espazos, tempos, accións e vivencias dos

participantes nos procesos educativos. Teranse en conta varias cuestións:

a) Queremos que as actividades de fomento da lectura realizadas na aula faganposible a participación de todos, o achegamento e o diálogo entre uns e

outros para formar grupos que compartan metas e ilusións e, ao mesmo tempo,

permitan a autonomía persoal. Deste xeito, e sempre que sexa posible,

prescindiremos da tradicional disposición espacial unidireccional, e optaremos

por unha organización máis activa, xuntando as mesas en grupos para que

cada neno/a sexa ao mesmo tempo receptor e emisor, potenciando o traballo

en grupo, o diálogo, e a realización de actividades complementarias ou distintas

en función das necesidades. Así crearemos ambientes dinámicos, que se

poidan transformar segundo sexa a natureza do traballo realizado.

b) Desexamos que os contornos de lectura reflictan as peculiaridades, os

intereses e a personalidade dos nenos/as. Para iso hai que facelos partícipes

da configuración dos espazos por medio de carteis con mensaxes sobre a

lectura en xeral ou sobre libros en particular, e elaboración de slogans

publicitarios.

Podemos impulsar as bibliotecas de aula que faciliten o acceso dos

Page 11: PROXECTO LECTOR...motivación de ler, non a obriga de facelo, porque “o verbo ler non soporta o imperativo” (Daniel Pennac). 4.1.2.- Como debe actuar o mediador. Nun bo plan de

Proxectolector-CEIPPlurilingüeManuelMurguía Páxina11

alumnos/as aos libros e lles permitan compartir e intercambiar lecturas. Deben

situarse en lugares accesibles e compoñerse de libros de atractivo deseño.

No terreo das estratexias e vivencias, debemos elixir un achegamento

lúdico á lectura. O obxectivo é activar a relación entre xogo, pensamento e

linguaxe, superando así a “obriga de ler” ao convertela no “xogo de ler”. Crear

historias a partir dun binomio fantástico, inventar finais, transformando as

funcións dos personaxes noutras antagónicas, técnicas que expón Gianni

Rodari na súa “Gramática da Fantasía”, serven perfectamente para chegar ao

fin desexado.

c) Por último, os espazos lectores teñen que estenderse fóra da aula, ata o

patio, a biblioteca, a aula de informática... Estes dous últimos estarán ben

sinalizados, e o seu acondicionamento debe ser agradable, para invitar aos

rapaces/zas a entrar.

Para logralo, débense realizar visitas periódicas, para que os alumnos/as,

sobre todo os máis pequenos, se familiaricen co seu contido e practiquen as

normas de uso.Con respecto á aula de informática, o uso dos recursos que nela se sitúan

é un elemento clave, pois os nenos/as senten especial curiosidade por todo o

que se asocie ás TIC. Para potenciar esta tendencia, os mediadores/as

considerarán tres vertentes:

A aprendizaxe de recursos cos que dominar as funcións básicas do

ordenador: escribir, buscar información, almacenala...

A utilización da informática coma unha ferramenta: para deseñar portadas,

realizar debuxos e carteis, pasar a limpo contos de produción propia, utilizar

o corrector, visitar páxinas de literatura infantil, intercambiar correos e textos

con alumnos/as doutros colexios, etc.

O ordenador como recurso pedagóxico para matizar ou ampliar

coñecementos de lectoescritura, aproveitando webs especializadas que

conteñan exercicios interactivos, ou amenas prácticas de escritura e

comprensión lectora.

Page 12: PROXECTO LECTOR...motivación de ler, non a obriga de facelo, porque “o verbo ler non soporta o imperativo” (Daniel Pennac). 4.1.2.- Como debe actuar o mediador. Nun bo plan de

Proxectolector-CEIPPlurilingüeManuelMurguía Páxina12

4.2.2.- Implicación das familias no proxecto.É indispensable buscar a colaboración das familias para que o plan lector non

se limite ao ámbito escolar. A forma máis directa de implicalas é darlles a coñecer o

noso proxecto e organizar reunións informativas. Nelas convén establecer unhaspautas de actuación. Estas son algunhas ideas para comentar e debater entre todos:

Pais e nais deben ter presente que son uns modelos de conduta para os seus

fillos/as. Se os nenos/as os ven ler, valorarán a lectura, e verana como unha

actividade cotiá.

É bo favorecer calquera tipo de lecturas adecuadas á súa idade e capacidade, e

non transmitir nunca a impresión de que ler é unha perda de tempo ou unha

actividade aburrida.

A motivación lectora reforzarase se na casa hai libros e comprometemos ao

neno/a na ampliación da biblioteca, e na formación dunha propia. De feito, un

dos obxectivos centrais das sesións informativas será orientar na elección das

lecturas infantís, tendo en conta as características de cada alumno/a, o seu nivel

formativo e as súas inclinacións. Os titores/as e o coordinador/a deben estar

dispostos a aconsellar aos pais/nais.

De igual xeito, nas sesións informativas podemos trazar outras estratexias queaxuden na motivación lectora, suxerindo ás familias varias actividades; por exemplo:

Acompañar ao neno/a á biblioteca pública máis próxima, tramitar o carné de

socio e tomar un libro en préstamo, para finalmente devolvelo na data indicada.

Visitar unha librería cunha boa oferta de literatura infantil e xuvenil, marcarlle un

presuposto e deixar que elixa o libro que máis lle guste. Despois comentar as

razóns da súa elección, resaltando aspectos positivos.

Visitar feiras de libros que se organizan en moitas localidades en determinadas

datas, coma o Día do Libro, Día das Letras Galegas.....

Aconsellar aos pais/nais dos nenos/as máis pequenos que lean un conto aos

seus fillos/as antes de durmir.

Asociar o feito de ler a moitas tarefas cotiás, coma consultar a programación

televisiva ou a carteleira dos cines, ler en alto e comentar noticias curiosas ou ler

as instrucións dun xoguete ou electrodoméstico antes de poñelos en marcha.

TTrrááttaassee ddee ccoooorrddiinnaarrssee ee ssuummaarr eessffoorrzzooss ppaarraa qquuee ooss nneennooss//aass aassoocciieenn aa

lleeccttuurraa aa ddiivveerrssaass aaccttiivviiddaaddeess qquuee rreeaalliizzaann xxuunnttoo aa ssúúaa ffaammiilliiaa..

Page 13: PROXECTO LECTOR...motivación de ler, non a obriga de facelo, porque “o verbo ler non soporta o imperativo” (Daniel Pennac). 4.1.2.- Como debe actuar o mediador. Nun bo plan de

Proxectolector-CEIPPlurilingüeManuelMurguía Páxina13

5.- DESENVOLVEMENTO DO PROXECTO

Tendo en conta todo o exposto ata aquí, no CEIP Plurilingüe Manuel Murguía

parécenos axeitado realizar ou ter en conta unhas mínimas avaliacións do alumnado

en canto á relación que teñen coa lectura e aos hábitos relacionados coa mesma.

5.1.- Avaliación5.1.1.- Valoración dos hábitos lectores dos alumnos/as.

A tarefa coa que debemos iniciar o Proxecto Lector consiste en coñecer a

relación que manteñen os alumnos/as de Educación Primaria coa lectura.

Podemos utilizar diversas maneiras de recompilar información ao respecto.

Unha opción é organizar debates sobre o tema. Así, o titor/a ou mestre/a pode

formular preguntas do tipo: Que pasaría se non existisen os libros? E se ninguén

escribise historias para os demais? Que sucedería se, de súpeto, todo o mundo se

esquecese de ler? Que pasaría se só tivesen ou mercasen libros unhas poucas

persoas?

Outra maneira de coñecer os hábitos lectores é redactar un cuestionario, unha

batería de preguntas que revele conclusións xerais sobre condutas lectoras. A

continuación proponse unha enquisa que pode servir de modelo:

AVALIACIÓN INICIAL Si / MoitosAlgo /

AlgúnsNon / Nada /Case nunca

1. Gústache ler?

2. Hai na túa casa libros que che gusten?

3. Tés un libro na túa mesa de noite?

4. Estiveches algunha vez na biblioteca pública?

5. Vas á biblioteca do colexio?

6. Gústache visitar librerías?

7. Agasállanche libros a miúdo?

8. Pides que che agasallen libros?

9. Os teus pais/nais len na casa?

10. Len libros, ademais do periódico?

11. A túa familia anímate a ler?

Page 14: PROXECTO LECTOR...motivación de ler, non a obriga de facelo, porque “o verbo ler non soporta o imperativo” (Daniel Pennac). 4.1.2.- Como debe actuar o mediador. Nun bo plan de

Proxectolector-CEIPPlurilingüeManuelMurguía Páxina14

AVALIACIÓN INICIAL Si / MoitosAlgo /

AlgúnsNon / Nada /Case nunca

12. Síntaste na obriga de ler?

13. Les a miúdo cos teus pais/nais ou irmáns?

14. Gozas comentando as túas lecturas?

15. Gústanche máis os cómics que os contos?

16. Onde che gusta ler?

17. Ler paréceme... (aburrido, divertido, etc)

18. Encantaríame ler historias sobre...

19. Cantas horas les á semana?

Cómpre dicir que a aplicación da enquisa non debe ser un trámite; adecuarase

a un protocolo que asegure a súa eficacia. Por iso teremos en conta as seguintes

notas:

a) Consensuar entre todos un formulario definitivo a partir do que se inclúe arriba,

cambiando a súa redacción para adaptalo ás características dun grupo

determinado.

b) Pasar o cuestionario polos cursos, baixo a supervisión do titor/a de cada un.

c) Sistematizar os datos a través de porcentaxes, gráficas, etc.

d) Traballar máis ou menos nas diferentes propostas do plan de lectura, por parte

dos mediadores, segundo as carencias que detecte a enquisa.

e) Avaliar os froitos de proxecto coa mesma enquisa, xa que se ideou como

ferramenta para describir hábitos lectores, e podemos comprobar a evolución

comparando os resultados iniciais e finais.

5.1.2.- Valoración dende a experiencia docente.Ao mesmo tempo que se sondan hábitos de lectura por medio de preguntas

directas, non estaría de máis que os mediadores precisaran que carencias observan

entre os nenos/as, nunha serie de reunións convocadas ao efecto polo coordinador/a.

Así non confiarán unicamente o seu diagnóstico inicial ás respostas dadas polos

destinatarios do plan. É dicir, dende a práctica e a experiencia educativa concretarán

as dificultades que advirten nestas etapas para poder sopesalas e idear con certas

Page 15: PROXECTO LECTOR...motivación de ler, non a obriga de facelo, porque “o verbo ler non soporta o imperativo” (Daniel Pennac). 4.1.2.- Como debe actuar o mediador. Nun bo plan de

Proxectolector-CEIPPlurilingüeManuelMurguía Páxina15

garantías propostas de intervención.

Os mediadores docentes valorarán se hai desinterese, lagoas na comprensión

lectora, erros de pronunciación, fallos na interpretación dos signos de puntuación...

5.1.3.- Descrición dos recursos que posúe o centro.Tendo en conta que contamos cunha biblioteca que está perfectamente

informatizada e inventariada, poderemos avaliar se estamos a quitarlle partido aos

recursos dos que dispoñemos. Se os resultados son negativos, modificaremos o

sistema empregado, sempre co consenso dos sectores implicados.A continuación enuméranse aspectos a avaliar na biblioteca e na aula de

informática, a fin de orientar a descrición dispoñible e axilizar a súa mellora:

** SSOOBBRREE OO EESSPPAAZZOO::

o Mobiliario adecuado: número e tipo de mesas, cadeiras, expositores, etc.

o Iluminación, ambiente, decoración.

** SSOOBBRREE AA XXEESSTTIIÓÓNN DDAA BBIIBBLLIIOOTTEECCAA::

o Horarios de consulta e préstamo.

o Difusión de actividades e horarios.

o Vínculos coas bibliotecas de aula.

o Relación con bibliotecas públicas de preto.

o Participación de alumnos/as, pais/nais e docentes.

** SSOOBBRREE AA XXEESSTTIIÓÓNN DDOOSS FFOONNDDOOSS BBIIBBLLIIOOGGRRÁÁFFIICCOOSS::

o Fondos bibliográficos actualizados para diferentes niveis.

o Material audiovisual, CD-ROM.

o Revistas e publicacións periódicas.

o Folletos de solicitude de libros.

o Catálogos informatizados.

o Guías de lectura (por eixes transversais, por temática, por xénero, etc.)

** SSOOBBRREE AA AAVVAALLIIAACCIIÓÓNN DDAA BBIIBBLLIIOOTTEECCAA::

o Elaboración da memoria anual, onde se incluiría: un informe sobre o uso da

biblioteca, as actividades realizadas e propostas de mellora.

** SSOOBBRREE OOSS EEQQUUIIPPOOSS::

o Número de ordenadores, características, prestacións, accesorios.

Page 16: PROXECTO LECTOR...motivación de ler, non a obriga de facelo, porque “o verbo ler non soporta o imperativo” (Daniel Pennac). 4.1.2.- Como debe actuar o mediador. Nun bo plan de

Proxectolector-CEIPPlurilingüeManuelMurguía Páxina16

4.2.- Obxectivos xerais para a Educación PrimariaAo longo da Educación Primaria os alumnos/as deben consolidar os seguintes

obxectivos:

Desenvolver competencias para ler con fluidez, velocidade e entoación

axeitadas, comprender textos adaptados para a súa idade, usar a lectura

para ampliar vocabulario e coñecer as regras básicas da ortografía.

Dominar estratexias elementais de comprensión lectora.

Estimar o valor dos textos literarios e servirse da lectura coma fonte de

pracer, información e enriquecemento persoal.

Usar a biblioteca para a busca de información, e ver nela un recurso

privilexiado de goce.

Ler e resumir (de xeito oral ou por escrito), ao rematar cada curso, dez obras

aproximadamente, ademais de gozar de tipos de textos de extensión

variable, tanto por suxestión do mestre/a coma por iniciativa propia.

4.3.- Consecución das competencias clave dende o Proxecto LectorO Proxecto Lector do centro garantirá a paulatina capacitación dos nenos/as

nas competencias clave que se pretenden, de cara á súa formación como cidadáns

activos e solidarios.

As actuacións desenvolvidas por cada curso dentro do Plan Anual de Lectura e

o Proxecto Lector incidirán de xeito global na adquisición de todas as competencias

clave, posto que a formación de lectores competentes e a creación e consolidación do

hábito lector é un obxectivo básico para esta finalidade dende todas as áreas.

De xeito xeral, sinalamos a súa incidencia directa nos seguintes aspectos de

cada competencia clave:1. Competencia en comunicación lingüística (CCL):

Progresivo desenvolvemento do proceso lector.

Mellora da comprensión lectora.

Fomento da escritura.

Adquisición do vocabulario.

Page 17: PROXECTO LECTOR...motivación de ler, non a obriga de facelo, porque “o verbo ler non soporta o imperativo” (Daniel Pennac). 4.1.2.- Como debe actuar o mediador. Nun bo plan de

Proxectolector-CEIPPlurilingüeManuelMurguía Páxina17

2. Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía(CMCT):

Comprensión da linguaxe matemática.

Interpretación e estrutura de problemas matemáticos.

Análise de gráficos.

Obtención e interpretación da información sobre o medio físico e social

que nos rodea.

Emprego da linguaxe para manter actitudes de respecto cara ao medio

social, os demais e un mesmo.

3. Competencia dixital (CD): Emprego eficaz e comprensivo das tecnoloxías da información e da

comunicación (TIC).

Utilización do ordenador para o tratamento e busca da información.

Identificación da estrutura e dos elementos comunicativos dun texto ou

gráfico.4. Competencias sociais e cívicas (CSC):

Utilización da lingua para coñecer sentimentos, valores e emocións en

relación coas demais persoas.

Uso do diálogo e a comunicación para resolver conflitos.

Fomento do traballo en equipo, aceptando outros puntos de vista.5. Conciencia e expresións culturais (CCEC):

Valoración das diversas manifestación culturais a través da lingua.

Elaboración de textos breves, usando a imaxinación e a creatividade.6. Aprender a aprender (CAA):

Utilización da linguaxe como base do pensamento e coñecemento.

Relación de novas aprendizaxes coas que xa temos.

Emprego da linguaxe para o análise de problemas da vida cotiá e

comprensión de diferentes contidos.7. Sentido de iniciativa e espírito emprendedor (CSIEE):

Comunicación de afecto, gustos, sentimentos e de emocións.

Reflexión sobre as normas de convivencia e a responsabilidade.

Planificación de respostas propias e toma de decisións ante problemas

cotiás.

Page 18: PROXECTO LECTOR...motivación de ler, non a obriga de facelo, porque “o verbo ler non soporta o imperativo” (Daniel Pennac). 4.1.2.- Como debe actuar o mediador. Nun bo plan de

Proxectolector-CEIPPlurilingüeManuelMurguía Páxina18

6.- PROPOSTAS DE TRABALLO

Para a consecución dos obxectivos propostos neste plan poden realizarse

actividades de moitos tipos. Entre todas as posibles convén que, dun ou doutro xeito,

en todas as aulas se leven a cabo as seguintes:

o Lectura diaria na aula: Esta é unha actividade que se vén realizando dende

hai xa moito tempo. Utilízanse libros de texto (que normalmente xa traen

actividades para favorecer a comprensión lectora), así coma libros da biblioteca

de aula ou da do centro.

A lectura en voz alta axuda a recoñecer as ideas principais do texto e a

saber relacionar a distinta información que conteñen.

Atendendo ao Decreto 105/2014, así como á LOE, modificada

parcialmente polo artigo único da LOMCE, dedicarase un tempo mínimo diario

de media hora á lectura. Ao principio de curso, todos os titores/as determinan

este tempo nunha franxa horaria, o cal pode estar repartido entre as áreas de

Lingua Galega e de Lingua Castelá.

o Lectura na biblioteca do centro: Semanalmente os grupos acoden á

biblioteca, na que se fan préstamos de libros e se dedica tempo á lectura. O

titor/a centrará moito a atención no coidado que se debe ter cos libros,

potenciando así o gusto por conservar os libros como algo valioso e como parte

da cultura propia.

o Fichas resumo: Unha boa actividade que se pode realizar despois da lectura

dun libro é a realización de fichas resumo. Cada curso adapta estas fichas ao

nivel dos seus alumnos/as, así como os titores/as ao seu grupo propio.

Dependendo dos niveis as fichas poderán conter o título, o autor, o número de

páxinas que ten o libro, o idioma no que está escrito e incluso un pequeno

resumo. Estas fichas poden realizarse dende os niveis máis baixos. En

Educación Infantil utilizarase o debuxo máis ca o texto, para reflectir os datos

que se queren facer constar. Incluso pódese converter en xogo e intentar

adiviñar o nome dun conto vendo os debuxos que se fixeran anteriormente, ou

Page 19: PROXECTO LECTOR...motivación de ler, non a obriga de facelo, porque “o verbo ler non soporta o imperativo” (Daniel Pennac). 4.1.2.- Como debe actuar o mediador. Nun bo plan de

Proxectolector-CEIPPlurilingüeManuelMurguía Páxina19

traballar a narración de contos por parte dos alumnos/as utilizando unicamente

imaxes das escenas máis importantes.

o Mochila viaxeira: O centro dispón de 10 mochilas. Cada unha delas ten varios

libros de diferentes niveis de lectura. Estas mochilas, xestionadas polo equipo

de biblioteca, repártense en función dos diferentes grupos, e o profesorado titor

é o encargado de repartilas. Cada alumno/a leva a mochila unha semana,

comprometéndose á lectura de diversos exemplares contidos na mesma.

o Proxecto común: Dende o departamento de biblioteca sairá ao inicio do curso

un tema que se desenvolverá todo ano, relacionándoo coas diferentes áreas

curriculares.

Tamén se poderán establecer talleres relacionados co tema do ano, da

seguinte maneira:

- Primeiro trimestre: Obradoiro de narrativa.

- Segundo trimestre: Traballo con poesías.

- Terceiro trimestre: Traballo con contos traídos de casa.

- Todo o curso: Elaboración de fichas de valoración sobre contos collidos

da biblioteca do colexio.

o Actividades complementarias: Adaptando sempre cada unha destas

actividades ás características dos diferentes niveis, levaranse a cabo visitas a

algunha editorial ou ao xornal para ver en directo o proceso de elaboración de

libros ou xornais.

Ademais, como xa se vén facendo dende hai anos no centro, seguiremos

asistindo a algunhas actividades de contacontos, teatro ou visitas a bibliotecas,

que organiza o Concello.

Page 20: PROXECTO LECTOR...motivación de ler, non a obriga de facelo, porque “o verbo ler non soporta o imperativo” (Daniel Pennac). 4.1.2.- Como debe actuar o mediador. Nun bo plan de

Proxectolector-CEIPPlurilingüeManuelMurguía Páxina20

7.- PROPOSTAS DE LECTURA

A modo de orientación, o equipo encargado da elaboración deste Proxecto

Lector propón algunhas lecturas que poden ser de interese:

11ºº CCUURRSSOO ddee EEdduuccaacciióónn PPrriimmaarriiaa::

o La despensa mágica. Begoña oro.

o Hay mañanas. Daniel Nesquens.

o El monstruo malacresta. David Peña.

o Nadie quiere jugar conmigo. Gabriela Keselman.

o Tú eres mi héroe. Juan Carlos Chandro.

o Un extraño en el tejado. Andrés Guerrero.

o Pupi e o club dos dinosaurios. Maria Menéndez-Ponte.

o Pupi e a aventura dos vaqueiros. Maria Menéndez-Ponte.

o Coellos de etiqueta. Gabriela Deselman.

o A máxica historia do ratiño pérez. Fina Casalderrey.

o Dóeme a lingua. Margarita Mainé.

22ºº CCUURRSSOO ddee EEdduuccaacciióónn PPrriimmaarriiaa::

o La lista de cumpleaños. Anna Manso.

o Morris, regálame un amigo. Gabriela Keselman.

o Cómo consolar a una ardilla. Begoña Oro.

o Ojos negros. Lluis Farré.

o Simón miedoso. Paloma Sánchez.

o ¿Por qué no habla mi gata? Miguel Piquemal.

o Pupi e a cabeza chea de fume. María Menéndez-Ponte.

o Pupi e as pantasmas. María Menéndez-Ponte.

o A casa de vidro do señor clin. Gloria Sánchez.

o A vaca maruja esquía en valbabuxa. Xavier Frías.

o A miña veciña éche unha bruxa. Paloma Bordóns.

.33ºº CCUURRSSOO ddee EEdduuccaacciióónn PPrriimmaarriiaa::

o Medianoche en la luna. Mary Pope.

o Susana ojos negros. Marjaleena Lembcke.

Page 21: PROXECTO LECTOR...motivación de ler, non a obriga de facelo, porque “o verbo ler non soporta o imperativo” (Daniel Pennac). 4.1.2.- Como debe actuar o mediador. Nun bo plan de

Proxectolector-CEIPPlurilingüeManuelMurguía Páxina21

o Papel en blanco. Josu Díaz.

o Amistad entre dinosaurios. Dick-King-Smith.

o Se vende garbanzo. Care Santos.

o El secreto del huevo azul. Catalina González.

o Cando a terra esqueceu xirar. Fina Casalderrey.

o O misterio da casa do pombal. Fina Casalderrey.

o Pegasiño. Ramón Blanco.

o A máquina contacontos. Xelís de Toro.

o Ra por un día. Mª Teresa Arretzaga.

44ºº CCUURRSSOO ddee EEdduuccaacciióónn PPrriimmaarriiaa::

o Caperucita roja. Alain Serres.

o El señor del mal. Josu Díaz.

o Retahílas del cielo y tierra. Gianni Rodari.

o Querida Azubá. Mónica Rodríguez.

o El tesoro de barracuda. Llanos Campos.

o Un lobo en la leonera. Paul Van Loon.

o As fadas verdes. Agustín Fernández.

o Pedro e as nubes. Xosé Mª Álvarez.

o Os corvos do xardín. Aldous Huxley.

o A escola dos piratas. Agustín Fernández.

o Correo urxente. Paula Carballeira.

55ºº CCUURRSSOO ddee EEdduuccaacciióónn PPrriimmaarriiaa::

o Mi vecino de abajo. Daniel Nesquens.

o Querido max. D.J.Lucas.

o El planeta de los árboles de navidad. Gianni Rodari.

o Luces en el canal. David Fernández.

o Como escribir realmente mal. Anne Fine.

o El amigo que surgió de un viejo ordenador. Belén Gopegui.

o A sopeira e o cazo. Michael Ende.

o O meu nome é Skywalker. Agustín Fernández Paz.

o Gordiño recheo. Fina Casalderrey.

o Unha inmensa vaca marela. J.F.Renau.

Page 22: PROXECTO LECTOR...motivación de ler, non a obriga de facelo, porque “o verbo ler non soporta o imperativo” (Daniel Pennac). 4.1.2.- Como debe actuar o mediador. Nun bo plan de

Proxectolector-CEIPPlurilingüeManuelMurguía Páxina22

66ºº CCUURRSSOO ddee EEdduuccaacciióónn PPrriimmaarriiaa::

o Hay un chico en el baño de las chicas. Louis Sachar.

o La gran masacre de los hámsters. Katie Davies.

o Futbolísimos. Roberto Santiago.

o Lila sacher y la expedición al norte. Catalina González.

o Mateo y el saco sin fondo. Alfredo Gómez.

o Kulanjango. El viaje del águila. Gill Lewis.

o Todo marcha sobre rodas. Graham Greene.

o Unha bruxa na casa. Fernando Cabezas.

o O día despois do día. Manuel Lourenzo.

o Trece anos de branca. Agustín Fernández Paz.

o Ideas de bombeiro. Andreu Martín.

E, válidos para todos os niveis educativos, adaptando o seu uso ás

capacidades dos alumnos/as, para o traballo de valores, recoméndanse:

“Beeelinda, la oveja sabia” e “Zeta y Silvia”. Begoña Ibarrola.

“El héroe de goma” e “Aquella última ola”. Begoña Ibarrola.

“Llámame capitán” e “La voz del corazón”. Begoña Ibarrola.

“La abuela extraterrestre” e “El pequeño unicornio”. Begoña Ibarrola.

“Negros e brancos”. David Mckee.

“Gato negro, gato branco”. Andrés Guerrero.

“Cal é a miña cor?”. Antoine Guilloppé.