Proxecto unha montaña de escombros

17
UNHA MONTAÑA DE ESCOMBROS Andrea Brage, Sergio García, Víctor Gómez e Carlos Otero Educación para a Cidadanía (2º ESO CPI Virxe da Cela. Maio 2015

Transcript of Proxecto unha montaña de escombros

Page 1: Proxecto unha montaña de escombros

UNHA MONTAÑA DE ESCOMBROS

Andrea Brage, Sergio García, Víctor Gómez e Carlos Otero

Educación para a Cidadanía (2º ESO

CPI Virxe da Cela. Maio 2015

Page 2: Proxecto unha montaña de escombros

Dende a vivencia

En primeiro lugar gustaríame felicitarvos polo traballo que estades a facer.

Paréceme algo interesante e moi produtivo. Non quero estenderme moito, pois o tema é

amplo e gustaríame centrarme no se refire ao tema da montaña que é o que máis

coñezo.

Por un lado, gustaríame empezar dicindo que hai moitas clases de montañas e

as de Nepal en concreto son montañas altas ou moi altas. Existen montañas de 5000,

6000, 7000 e 8000 metros. Nepal ten vales enteiros de montañas aínda por de

descubrir e por ser ascendidas. As máis altas son as máis cobizadas pola gran maioría;

esquecendo, deixando de lado montañas tecnicamente atraentes, máis remotas e

descoñecidas, pero de menor altitude. Na nosa sociedade o que tomou importancia é a

altura das montañas e canto máis altas sexan estas, parece que o mérito sexa maior.

Montañas que nunha época eran inalcanzables para a maioría, hoxe en día teñen

docilitado por axencias, que facilitan aos montañeiros e aos non tan montañeiros,

mediante osixeno artificial, instalación de cordas fixas... a ascensión a estas.

Todo isto fixo que esta clase de montañas, maiormente os 8000-é véxanse

masificados cada tempada. De entre todos os 8000-é o Everest ao ser o máis alto, é o

máis solicitado. Todo montañeiro que se prece parece que ten que subir o Everest, sexa

como sexa. Dá igual o estilo, dá igual os restos que deixemos... se se fai o cumio, parece

que todo vale. A montaña non quedou libre dos nosos valores occidentais nos que os

nosos egos están por enriba de calquera cousa.

A consecuencia de todo isto, montañas como o Everest quedan cada tempada

cheas de lixo, como ben indicades no voso traballo. É verdade que se paga por cada

quilo de lixo que non se baixa, ou que se organizaron expedicións para limpar toda a

zona, pero o problema é real. Todo isto é un reflexo da sociedade actual: Masificamos,

ensuciamos, devastamos, contaminamos, tallamos... sen decatarnos das consecuencias.

Xiramos a cabeza e miramos cara a outro lado.

Ao mesmo tempo, a montaña e os montañeiros, son unha inxección de capital

moi importante para o pobo Nepali. Os permisos que se han de pagar por cada montaña

que se queira subir son elevados e isto achega moito diñeiro cada tempada ao goberno

de Nepal. Os carrexadores e sherpas de altura traballan durante toda a tempada e con

este diñeiro fan unha base para pasar mellor todo o ano...

Page 3: Proxecto unha montaña de escombros

Hai xente que se implica de xeito desinteresado formando fundacións, escolas...

Exemplos como Felix Iñurrategi Fundazioa (Caracorum, Pakistan), Fundación Iñaki

Ochoa de Olza ou a mesma Edurne Pasaban, son exemplos de que o mundo da

montaña tamén se molla.

Temos que dar conta de que a masificación trouxo a Nepal cousas boas e non

tan boas. Dende que empezaron as primeiras expedicións alá polo 1900, máis menos,

ata os nosos días, as cousas, as sociedades, costumes e demais cambiaron e Nepal non é

unha excepción. Nepal necesita os montañeiros, pois o turismo de montaña é a

principal fonte de ingresos e agora máis que nunca necesita que a xente siga subindo

montañas. O que non quere dicir que todos teñamos que ir a esta. Se se tomarían

medidas como regular o uso do osíxeno, o non fixar cordas... seguro que as cousas

cambiarían. Tamén teño que dicir que a maioría dos montañeiros estamos bastante

sensibilizados e intentamos que o impacto que poidamos producir sexa o menor posible.

A masificación e o negocio que se dá no Everest, non é o máis habitual, pero como

antes comentei, o problema existe.

Andrea, non sei se te van servir de algo as miñas reflexións pero o que acontece

no Everest e nos seus arredores é o que está a acontecer en xeral por todo o planeta.

Para calquera cousa que necesites, xa sabes onde encontrarme. Un forte abrazo e

saúdos a toda a familia.

Iban Silvar.

Page 4: Proxecto unha montaña de escombros

PRÓLOGO

Fai uns meses, cando nos explicaron o que era o proxecto, e que iamos realizar;

todo estaba orientado á basura, ao desperdicios. Agora, todo cambiou, a desgraza xa non

está centrada no lixo, senón nas vidas e nos escombros; pois os días: 25 de abril (de

magnitude entre 7.8 e 8.1) e o 12 de maio (de magnitude de 7.3) todo acabou para

moitos nepalíes: máis de 10.000 persoas morreron, e outros miles están á súa sorte sen

casa, sen comida, en resumo; sen nada.

Só hai que imaxinarse estar sen casa e sen saber que será de ti mañá, dos teus

fillos, do teu pobo, de todo o teu mundo. Aínda que as organizacións e ONG´s fan o que

poden non é suficiente.

No noso grupo decidimos non alargar máis este prólogo, só explicar que tivemos

que darlle un xiro a este traballo para intentar que se adapte á situación tan desastrosa

que están vivindo nestes momentos e, ao mellor, xa non queda ningún lugar onde

realizar o proxecto.

Coma unha imaxe vale máis que mil palabra, aquí deixamos algunhas delas:

Page 5: Proxecto unha montaña de escombros

INTRODUCIÓN

Ben, todo o mundo sabe que é o Himalaya, donde está Nepal, e o bonito que é na

televisión. Tamén o arriscado que parece para os valentes alpinistas que xogan alí a

súa vida, pero, eles o fan porque queren.

A donde queremos chegar con isto? Pois ben, despois de mencionar as preciosas

cousas do Himalaya, vamos falar das que ninguén sabe, ou que, polo menos, queren

ocultar. Referímonos ás persoas que van alí e ás que viven alí. Comezaremos coa

explicación:

As persoas que van alí, o fan por voluntade, por diversión…E claro, só pensan

en que todo está moi limpo, que todo é precioso! Isto é o que eles ven, pero non ven

o que deixan ás súas espaldas. O que deixan é efectivamente unha montaña de lixo,

como o nome do proxecto indica.

Ás veces, non só é culpa da persoa que deixa alí envases, bolsas e outros

desperdicios. Tamén é culpa das persoas que o ocultan, que buscan as partes limpas

para amosar á xente, facendo que non existe este segredo a berros. Así, a persoa que

vai alí pensa: Por unha cousa non vai pasar nada, así persoas tras persoa.

Ben, agora falaremos das persoas que viven alí. O primeiro ñe explicar que os

poboados non os podemos imaxinar coma as casiñas de aquí, que moitas veces estas

persoas viven en condicións nas que calquera de nós non duraría nin dous días.

Por outra parte, vamos falar en referencia ao primeiro parágrafo, falaremos de

“arriscar a vida”, os alpinistas e outros escaladores afeccionados poden non ir (tendo

en conta que é unha actividade totalmente válida), pero as persoas que habitan estas

montañas non teñen outra elección; todos os días arriscan a vida ao mellor por só

conseguir un pouco de comida, de auga, andar co gando…

Coma resumo de esta introducción, digamos que nós, coma bos habitantes,

deberiamos axudar a estas persoas: Evitar deixar lixo no Himalaya, e o que hai,

reutilizalo para poder facilitar un pouco máis a vida destas persoas.

Andrea Brage,

Coordinadora do proxecto.

Page 6: Proxecto unha montaña de escombros

PROXECTO “UNHA MONTAÑA DE LIXO”

NOME DA ORGANIZACIÓN: LOM (Limpando O Mundo).

LOM

LOCALIZACIÓN DO PROXECTO:

Coordenadas, altitude (en metros): Lukia, Khumbu, monte Mera, Himalaya.

Coor. 61º 31´ 44´´. Altitude 6.461m.

Page 7: Proxecto unha montaña de escombros

Paisaxe, accidentes xeográficos, flora e fauna: Paisaxes desérticos, con

grandes barrancos e temperaturas baixas. Bosques de llanuras, cinturón de Terai,

bosques montanos, arbustos e prados alpinos. A principal fauna é o Yak de

Nepal.

Actividades humanas: agricultura, gandería, comercio, industria: Dedícanse

á extracción de sal rosa e comercia con ela. Teñen Yaks, dos cales aliméntanse e

quéntanse co seu pelo.

Nº de nenos/as, adultos/as, anciáns:

Nº de familias e casas:

0 20 40 60 80 100 120

Nenos

Adultos

Anciáns

0 5 10 15 20 25 30 35

Familias

Casas

Page 8: Proxecto unha montaña de escombros

Densidade de poboación:

Infraestruturas: Non teñen vías de comunicación, a electricidade chega a

menos da metade das casas é so durante unhas horas, o punto de auga potable

está a 2 km., carecen de de teléfono, internet, hospitais, escolas e transporte

público. As casas son de madeira e tellados de palla, non son seguras.

0 20 40 60 80 100 120 140 160 180

Densidade da poboación Lukia

Densidade da poboación Europa

Page 9: Proxecto unha montaña de escombros

XUSTIFICACION DO PROXECTO

Conseguir que pobos con pouco desenvolvemento situados en espazos naturaIs

podan loitar contra a contaminación.

Obter novos produtos vitais para mellorar a forma de vida.

Conservar o espazo natural.

Outros beneficios para a comunidade: No noso proxecto, aparte da tarefa de

limpeza e reciclaxe, aportará outros beneficios. Ensinaremos aos fillos dos

habitantes a leer e escrbir, e aos adultos, datos de cultura xeneral que lles son

necesarios a calquera adulto. Ensinarémoslles como mellorar os seus fogares e

algunha técnica para reter a calor, xa que na súa aldea, Lukia, a temperatura

habitual é moi baixa. E tamén como protexerse do sol, xa que a aldea esta a

moita altitude.

Recursos humanos: No noso proxecto trataremos de contar con:

-1 médico: Con coñecementos básicos de medicina.

-1 alpinista: Que coñeza a ruta.

-6 voluntarios.

-2 científicos: Con coñecementos de ecoloxismo.

-Características xenerais: bo estado físico e de saúde.

Recursos materiais: Equipos de alpinismo básicos, roupa de abrgo para todos

os compoñentes do equipo, tendas de campaña pra o camiño (antes de chegar ao

pobo), conxunto de ferramentas básicas portátil.

Temporalización do proxecto:

1º paso: Chegada ao lugar, familiarización coas persoas do pobo. (2 días)

2º paso: Xornada de rastreo para ver a contaminación do lugar. (3 días)

3º paso: Nº de persoas que levemos, pedir axuda dos habitantes e recolección

de obxectos (3 días)

4º paso: Xornadas de construción e de reutilización dos materiais. (4 días)

Page 10: Proxecto unha montaña de escombros

5º paso: Entrega dos materiais e despedida. (2 días)

6º paso: Saída da ruta do Himalaya, incorporación ás carreteras e chegada ao ao

aeroporto. (2 días)

Dotación económica necesaria e vías para o financiamento do proxecto:

CUSTO GANANCIAS

Campaña de donativos que durará dúas

semanas, realizándoa dous meses antes da

expedición:

Campañas de venta de produtos co eslogan

“unha montaña de lixo” , libretas, bolígrafos

e camisetas.

Localización en centros comerciais: Marineda

City, Espacio Coruña, Odeón, Cuatro

Caminos e as Termas.

500 euros 1000 euros

Subencións do goberno para ONG's: A Xunta

de Galicia

- 2000 euros.

Axudas de outras ONG's: Entreculturas,

cunha doazón de. Voluntariado Galego,

- 300 euros

200 euros.

Dotación para o equipo grazas á promoción:

Compra do equipo nas tendas Decatlhon

- Aforro 300

euros

Comida, aloxamento - Ningún custo

(garantido polas

familias da

aldea)

NOTA: Necesitaremos 3200 euros dos sobrantes para os billetes de ida e de volta, xa

que os voluntarios (médicos, alpinistas...), van por propia voluntade e pagarán os seus

billetes. Os 500 euros sobrantes utilizaranse para gastos imprevistos.

Page 11: Proxecto unha montaña de escombros

IDEAS PARA A REUTILIZACIÓN DO LIXO DAS MONTAÑAS

Obxectos de refugallo: Papel e cartón, restos metálicos, bombonas de osíxeno,

plásticos, cordas e ganchos metálicos, botellas de auga, envases de comida...

Papel e cartón: cadernos para os nenos

Restos metálicos: Esquís

Bombonas de osíxeno: Estantes, recipientes...

Page 12: Proxecto unha montaña de escombros

Plásticos: Tapiar buracos, facer cortinas, protectores para o sol

Cordas e ganchos metálicos: Facer tendedeiros, estantes...

Botellas de auga: Facer xoguetes para os nenos

Envases de comida: Reutilizalos para gardar comida

Page 13: Proxecto unha montaña de escombros

Que se vai facer cos obxectos reutilizados: Todos serán de uso para a

comunidade excepto os envases de comida (que se poderán vender nun posto

ambulante cun beneficio de 100 euros) e os plásticos (que tamén se venderán

nun mercado cun beneficio de 300 euros). Todo o gañado será para o pobo, co

que poderán mercar alimentos.

Plano imaxinario da aldea con zonas de traballo e tras o resultado da nosa

intervención:

CONCLUSIÓN FINAL

En fin, despois de todo isto, a conclusión é darse de conta de todo o que se pode

facer, de poñerse na pel de outros, de poder cambiar o mundo.Grazas a isto, tamén

podemos apreciar un pouco mais a natureza e a fermosura do noso mundo.

“Comezamos polo Himalaya, pero aínda nos queda o resto do mundo”

Page 14: Proxecto unha montaña de escombros

ACTA I . INFORME DE SEGUEMENTO

PROXECTO “UNHA MONTAÑA DE LIXO”

Coma a coordinadora do meu grupo, mando a información e organización que

realizamos na clase do mércores:

1. Escollemos o nome do noso grupo, LOM (limpando o mundo) e comezamos

cunha chuvia de ideas das que escollemos as que podían saír a diante.

2. Verifiquei a contribución do meu primo (alpinista) para proporcionarnos

información sobre a súa vivenza no Himalaya e axuda na localización de pobos

que posteriormente serán escollidos polo grupo por votación.

3. Definimos a rexión na que iamos traballar (Nepal), pero non o pobo.

4. Finalmente distribuímos as diferentes actividades que realizaremos de forma

individual e posteriormente realizarase unha posta en común e montaxe do

traballo. Tamén decidimos realizar unha parte en conxunto para non perder a

comunicación e evitar o“ir ao teu aire”.

Eu penso que un dos meus traballos coma coordinadora é tratar de que todo o

mundo vaia ao mesmo ritmo, así que todas as sesións mirarei o traballo que leva cada

un, intentando non aburrir ao adiantado e meter as pilas ao máis folgazán. Outra das

miñas funcións creo que é o feito de realizar cambios puntuais na organización para

poder chegar ao punto de maior rendemento tendo en conta as calidades de cada

integrante do grupo.

Monfero, a 19 de novembro de 2014.

Andrea Brage Amado.

Coordinadora do proxecto

Page 15: Proxecto unha montaña de escombros

ACTA II . INFORME DE SEGUEMENTO

PROXECTO “UNHA MONTAÑA DE LIXO”

Coma a coordinadora do meu grupo, mando a información e organización que

realizamos na clase do mércores (3 de decembro, 19.55):

1. Repartín un documento, ao chamamos “Proxecto físico” aclaramos de que

partes estaba formado.

2. Traballamos individualmente cos portátiles.

3. Fixemos unha posta en común e aclaramos dúbidas sobre a información

acadada.

4. Recollín os papeis e revisei de que os correos estiveran postos.

Na clase de hoxe avanzamos moito, cada un estivo traballando pola súa conta e cun

bo ritmo. Atopamos webs, recompilamos información... En resume, foi unha clase moi

produtiva.

Monfero, a 3 de decembro de 2014.

Andrea Brage Amado.

Coordinadora do proxecto

Page 16: Proxecto unha montaña de escombros

ACTA III . INFORME DE SEGUEMENTO

PROXECTO “UNHA MONTAÑA DE LIXO”

Coma a coordinadora do meu grupo, mando a información e organización que

realizamos na clase do mércores (10 de decembro, 10.35):

1. Repartín un documento, ao chamamos “Proxecto físico”.

2. Traballamos individualmente cos portátiles.

3. Fixemos unha posta en común e aclaramos dúbidas sobre a información

acadada.

4. Recollín os papeis e aclarei dúbidas.

Nesta clase xa acabamos puntos e saíron novas ideas. Respecto a Víctor, estou

conseguindo que leve as cousas ao día e, de momento, vai ben. Carlos, ten un dos

puntos máis complicados, e vai moi ben. Sergio non pode realizar moito, xa que a súa

parte vai ligada á de Carlos, pero está pasando todo a ordenador. Eu, avanzo na miña

materia e axudo ao resto.

Monfero, a 10 de decembro de 2014.

Andrea Brage Amado.

Coordinadora do proxecto

Page 17: Proxecto unha montaña de escombros

ACTA IV. INFORME DE SEGUEMENTO

PROXECTO “UNHA MONTAÑA DE LIXO”

Coma a coordinadora do meu grupo, mando a información e organización que

realizamos na clase do mércores (14 de xaneiro, 10.35):

1. Repartín un documento, ao que chamamos “Proxecto físico”.

2. Traballamos individualmente cos portátiles.

3. Consultamos dúbidas entre uns e outros.

4. Modificamos un pouco quen realizaba cada cousa.

Nesta sesión acabamos por completo case todos os puntos, só queda acabar dous

punto e darlle o repaso final. Adxunto o documento case acabado.

Monfero, a 14 de xaneiro de 2014.

Andrea Brage Amado.

Coordinadora do proxecto