Quero axudar a… · 4 Quero axudar a… 44 Se ves este vídeo, decataraste do mal que o pode pasar...

15

Transcript of Quero axudar a… · 4 Quero axudar a… 44 Se ves este vídeo, decataraste do mal que o pode pasar...

Quero axudar a…4

44

Se ves este vídeo, decataraste do mal que o pode pasar un neno ou unhanena cando os demais se meten continuamente con el e ninguén lle axuda.

• Que opinas do comportamento dos rapaces e rapazas que se metencos máis débiles? Que cres que poden facer os nenos e nenas paradefenderse?

• Que farías ti?

http://www.youtube.com/watch?v=qvt5S5-YmNw&feature=fvwp

044-057_U4_L4EP_RODEIRA 06/03/12 18:37 Página 44

Aprende con Píxel• Competencia social e cidadá:

— Como ser solidario/a

• Competencia cultual e artísticae comunicación lingüística:

— A noticia

• Reflexión sobre a lingua:

— O nome: xénero e número

— As palabras esdrúxulas

— A formación de adxectivos

45

Escoitas e falas:Eu, coñézome?

• Como tratan a Manuel as súas compañeiras?

• Por que se rin de el?

• Que cres que fará Pedro?

• Que se che ocorre que se podería facer paraaxudar a Manuel?

044-057_U4_L4EP_RODEIRA 06/03/12 18:37 Página 45

arrepíos: tremor

causado polo medo

ou polo frío.

xanela: fiestra

pequena.

46

E que podo facer eu?No cuarto piso dun edificio sen ascensor vive o señor X. Todas asmañás, mentres almorza, le o xornal…, sen saltar a letra pequena.

Algunhas noticias non lle moven un pelo, outras fanlle cóxegas emoitas danlle arrepíos e o corpo éncheselle de preocupacións.

Despois de almorzar, cheo de preocupacións, métese na ducha edálle voltas á cabeza: E que podo facer eu?

Sae do baño cheo de preocupacións e coa pregunta dándollevoltas á cabeza. Asómase á xanela para ver como anda o tempopero a pregunta tápalle os ollos, méteselle no nariz, éntralle polasorellas, non pode ver nin cheirar nin oír…

Entón, o señor X vístese con esforzo (tan cheo de preocupaciónsanda que a roupa vaille un pouco xusta). Marcha a traballar peronon é quen de concentrarse…

Unha noite, o señor X sentou a ler no sofá; e tan canso estaba quequedou durmido coa boca aberta. A pregunta viu o buraco, entroutimidamente, só por curiosidade, e quedou alí a noite toda.

O señor X anda todo o día dándolle voltas á cabeza…

• Ás veces, estamos preocupados por algunha cousa. Como te com-portas ti cando estás preocupado?

LE…

044-057_U4_L4EP_RODEIRA 06/03/12 18:37 Página 46

47

Á mañá seguinte, o señor X espertou un pouco tarde. Leu só as letrasgrandes do xornal, duchouse a toda velocidade, asomouse á xanela epuido cheirar as flores do balcón da veciña, oír o canto dos paxaros…

Abriu a boca e, da punta da lingua, saíu a pregunta: E que podo facereu?

A veciña do terceiro saíu ao balcón e dixo:

—Pódeme mercar o pan. Dóeme unha perna e non dou baixado aescaleira.

O señor X non puido dicir que non e a pregunta volvéuselle acomodarna punta da lingua.

Ao día seguinte, cando ía montar no coche, a veciña do primeiro saíuberrando co fillo no colo:

—O meu neno ten moita febre!

O señor X abriu a boca e a pregunta saíu: E que podo facer eu?

A señora achegouse e dixo:

—Pódeme levar ao hospital. Co neno así, non me atrevo a conducir.

Desde entón, o señor X xa non ten o corpo cheo de preocupaciónsporque sabe que sempre que a pregunta sae da súa boca, alguén llecontesta.

José Campanari & Jesús Cisneros. E que podo facer eu?

OQO Editora (adaptación)

4

044-057_U4_L4EP_RODEIRA 06/03/12 18:37 Página 47

48

…E ENTENDE

1. Contestas estas preguntas:

• Quen é o protagonista do conto?

• Que reaccións ten cando le as noticias no xornal?

• Por que lle dá voltas á cabeza?

• Que lle pasa coa pregunta?

• Que lle ocorreu unha noite?

2. Completa este fragmento:

3. Localiza estas palabras na lectura e explica o seu significado coas túas propias palabras:cóxegas, acomodar.

4. Por que pensas que se repite ao longo do texto a frase: «E que podo face eu?» Xustifica a túaresposta.

5. Ordena estas accións segundo aparezan no texto:

• O señor X adormeceu no sofá. • O señor X xa non ten preocupacións.

• Algunhas noticias danlle arrepíos.

— Agora explica por que cres que ao señor X xa lle pasaron as preocupacións.

Na lectura, o protagonista, o señor X, está cheo de preocupacións e sempre sepregunta que pode facer.

• Que cousas che preocupan a ti? Como adoitas solucionalas? Axúdache alguén?

• Como lle podes axudar a alguén que teña un problema?

Reflexiona

Á mañá seguinte, o . . . . . . . . . . X espertou un pouco tarde. Leu só as . . . . . . . . . . grandes do . . . . . . . . . . ,

duchouse a toda . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . , asomouse á . . . . . . . . . . e puido . . . . . . . . . . as flores do balcón da veciña,

oír o canto dos paxaros…

E serán capacesde facelo?

044-057_U4_L4EP_RODEIRA 06/03/12 18:37 Página 48

49

4APRENDE PALABRAS: creación de adxectivos

1. Observa as fotografías:

2. Cales son os adxectivos das fotografías anteriores?

. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . e . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

3. Agora forma ti adxectivos a partir destas palabras. Se é preciso utiliza o dicionario.

Lembra que utilizamos o adxectivo para describir as características ou calidades dunobxecto, persoa, animal…

Podemos formar adxectivos engadíndollesas seguintes terminacións a uns nomes ou auns verbos:

Exemplo: alarma alarmista, alarmado…

primavera sabor cantar

círculo verdade falar

color pacificar flor

auga potable día chuvioso

-oso/-osa, -eiro/-eira, -dor/-dora, -do/-da,-al,-ista-ar.

044-057_U4_L4EP_RODEIRA 06/03/12 18:38 Página 49

ESCRIBIR: A noticia

Nunha noticia débense contestar estas cinco preguntas: Quen? Que? Onde? Cando? Porque?

QUEN? QUE? ONDE? CANDO? POR QUE?

Milleiros de españois aprovei-tan as súas vacacións para tra-ballar como voluntarios encentros de acollida, escolas ouhospitais, pero para colaborarnon é preciso viaxar a outroslugares afastados; decenas deONG desenvolven programasnas principias cidades españo-las e todas necesitan axuda noverán.

«Xa non hai escusas para nonser voluntario: nin hai que irlonxe, nin hai que ser unha per-soa experta, nin hai que dedi-carlle milleiros de horas; só haique querer axudar», subliñouPola Villa, da Fundación Fai oposible, e encargada da xes-tión da páxina Hacesfalta.org,un taboleiro de anuncios virtualpara conectar a voluntarios eONG.

Na páxina están rexistradasunhas 2 500 ONG que ofrecenunhas 100 oportunidades decolaborar con elas semanal-mente: desde protectoras deanimais e plantas, centros derehabilitación de drogas, atafundacións que buscan volun-tarios que queiran axudarcomo coidadores de chimpan-cés de Xibraltar.

Voluntarios de verán sen saírde EspañaMilleiros de españois aproveitan as súas vacacións para traballarcomo voluntarios en centros de acollida, escolas e hospitais.SUBTÍTULO

CORPO

TITULAR

Amplía toda ainformación

Capta a aten-ción do lector.

Complementaa información

do titular

1. Marca, sobre unha noticia dun xornal, as partes que acabas de ver.

2. Contesta estas preguntas sobre a noticia:

• De quen fala? • Onde sucede? • Que ocorre?

• Cando? • Por que?

3. Imos xogar ás Noticias disparatadas: Facede grupos de cinco persoas. Cada membro dogrupo terá un papel coas seguintes preguntas:

Deseguido, cada un contestará unha pregunta e pasaralle a quen teña ao lado o papel ataque todas as preguntas estean respondidas.

(As preguntas responderanse sen ver o que escribiron os demais.)

• Inventa unha noticia a partir das respostas dadas.

• Inventa un título e un subtítulo.

• Le a noticia que escribiches.

• Fíxate nesta nova que leu no xornal o señor X.

50

044-057_U4_L4EP_RODEIRA 06/03/12 18:38 Página 50

— Ponte no lugar das persoas que aparecen nesta noticia e explica que senten.

• O policía. • A muller que está de parto.

• O home. • A nena.

3. Dá ideas de como lles podemos axudar aos nosos amigos, aos nosos veciños, á familia, aoscompañeiros…

ATENDE E DI: como ser solidario e axudar aos demais? 4

As ONG son Organizacións non--gobernamentais (non dependen deningún goberno) que se dedican aaxudar aos demais.

Unha axente da Policía Local deCorcubión asistiu onte polamañá unha muller que se puxode parto na súa casa da rúa Sole que, mentres esperaban achegada da asistencia sanitaria,deu a luz unha nena, tal e comoexplicaron fontes municipais.

Os feitos ocorreron ás 7:40horas, cando un home moi ner-vioso avisou o 092 indicandoque necesitaba axuda médica,xa que a súa muller embarazadatiña moitas dores. Preto da rúaSol atopábase unha patrulla daPolicía Local que acudiu de con-

tado. Mentres o axente quedouna rúa esperando os sanitarios,unha policía local axudou amuller embarazada no parto noque deu a luz unha nena. Máistarde ambas as dúas foron tras-ladadas ao Hospital Xeral.

Unha Policía axuda nun parto nunha vivenda Auxiliou unha nai que xa estaba parindo sen ningún médico.

1. Formade equipos e investigade o nome de distintas ONG.

— Escolle unha e pescuda información sobre o traballo que realizan, onde o fan, como colabo-ran cos demais…

— Así que teñades a información recollida organizádea e expoñédea perante os demais.

2. Le a seguinte noticia.

Fonte: La Voz de Galicia

gl.wikipedia.org/wiki/ONG

Igual que o señor X, todos podemos facer algo polos demais.

51

044-057_U4_L4EP_RODEIRA 06/03/12 18:38 Página 51

LE E COMENTA: axudar aos maiores

Queres aprender a usar o ordenador?

Organízanse clases no Centro Cívico da Coruña para avós

e avoas, netos e netas. Todos aprenderán cousas novas.

Os interesados deben

anotarse no Centro

Cívico desde o día 2 ata

o 7 de marzo do 2012

en horario de mañá (de

9 a 13 horas).

Comenta

• Describe o anuncio anterior: que se anuncia, a quen se lle propón, que deben facer os interesados.

Responde

— Cres que é importante que os nosos avós aprendan a usar o ordenador?

— Que opinas sobre que os netos lles axuden aos seus avós? Como o poden facer?

— En que outras cousas lles poden axudar? Por que é importante facelo?

— Que opinas da organización desta tarefa?

Investiga

• Fíxate no anuncio. Fai referencia a unha actividade realizada nun centro cívico, sabes o que son?Coñeces algún que estea preto da túa casa? Que actividades se organizan? En cales participas?

— Facede grupos na clase e intentade elaborar un anuncio no que se organice unha actividadena que se axuden unhas persoas ás outras.

52

044-057_U4_L4EP_RODEIRA 06/03/12 18:38 Página 52

4• Le e completa:

APRENDE A ESCRIBIR: palabras esdrúxulas

3. Separa en sílabas e ponlle o acento gráfico ás palabras que o precisen.

1. Ordena as sílabas e terás palabras esdrúxulas.

2. Clasifica no teu caderno estas palabras segundo o acento gráfico en agudas, graves e esdrúxulas:

Que aparello tenteclas que usas

para marcar númerose chamar?

O . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

A palabra …………………. ten a sílaba tónica na antepenúltima sílaba e clasifí-case como ………………………. . Sempre levan acento gráfico.

platano - carpeta - lostrego - vertido - circulo - bagoa - medico - simpatico - zapato

informática - lapis - sofá - termómetro - cantar - cara - atención - máquina - fácil

po mo

ta pó hi

pa da

lám

fá bri

ca

mu

fór la

53

044-057_U4_L4EP_RODEIRA 06/03/12 18:38 Página 53

• Cambiar a terminación -a por -o ou -o por -a, por exemplo: nena . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

• Engadirlles un -a ás palabras rematadas en -r, por exemplo: pintor . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

• Engadirlle unha terminación especial, por exemplo: galo . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

• Utilizar palabras distintas, por exemplo: home . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

• Observa.

• Cámbialles o xénero ás palabras anteriores.

Para cambiarlle o xénero a unha palabra tes que ter en conta que podes:

COÑECE A LINGUA: xénero e número dos nomes

1. Cambia o xénero das seguintes palabras.

2. Agora, escribe o froito de cada árbore. Hai casos nos que o xénero do froito non coincide coda árbore.

can - princesa - novo - actor - presidente - avó - heroe - cabalo - nai - vaca

figueira - castiñeiro - maceira - laranxeira - pereira - nogueira

— Hoxe vai moito calor para facer o viaxe.

— Cruza polo ponte.

— A mel está boísima.

— O asasino está na cárcere.

O nome serve para designar cousas, animais, persoas ou lugares.Os nomes teñen xénero masculino (macho) e feminino (femia).

3. Corrixe as seguintes oracións:Aprende o xénero dalgúns casosespeciais de palabras:• A árbore, a viaxe, a paisaxe, a calor,

a ponte, a eclipse• O mel, o leite, o sangue, o cárcere

54

044-057_U4_L4EP_RODEIRA 06/03/12 18:38 Página 54

4• Observa estas imaxes.

• Fíxate agora nestes carteis e completa no teu caderno as normas de formación do plural.

• Para cambiarlle o número aos nomes, debemos ter en conta:

1. Forma o plural:

man caracol luz gata cónsul funil sofá

avestruz español túnel exame flor compás mal

2. Cambia o xénero e o número das oracións:

• A nena traballa co ordenador. • O xuíz condenou ese home.

• Os meus tíos levan uns antefaces.

3. Forma o plural dos seguintes nomes:

• luns:

• paraugas:

Os nomes teñen número: singular,cando se refiren a un elemento, eplural, cando indican que hai máiselementos.

animal

casa noz

irmán túnel

tenor

Se remata en vogal, engadi-mos -s, exemplo: ......

Se remata en -z, muda por-ces, exemplo: ......

Se son graves rematan en -lengaden –es, exemplo: ......

Se remata en -l, muda por-is, exemplo: ......

Se remata en -n, engadimos-s, exemplo: ......

Se rematan en -r, engaden-es, exemplo: ......

Ás veces sabemos se unhapalabra se refire a unha ou avarias cousas polo artigo que aacompaña. Exemplo: o mércores, osmércores.

55

044-057_U4_L4EP_RODEIRA 06/03/12 18:38 Página 55

Recollida solidaria de xoguetes

TAREFA INTEGRADA COMPETENCIAS BÁSICAS E INTELIXENCIAS MÚLTIPLES

A que a todas as persoas nos agrada xogar con xoguetes bonitos, vistosos e en bo estado? Pero,desgrazadamente non todos os nenos e as nenas os teñen. Por iso se organizan campañas derecollida de xoguetes.

Gustaríache participar nunha destas campañas? Imos aprender a organizar unha.

1. Neste enlace atoparás información sobre unha campaña de xoguetes. Lea con atención paracontestar as seguintes preguntas.

Preparamos a campaña

http://www.youtube.com/watch?v=4NG9saSOiNM

— Explica coas túas palabras por que se organiza a campaña.

— Como deben ser os xoguetes que se recollan?

— Ademais de xoguetes novos, que outros xoguetes se poden recoller?

— Onde se recollen os xoguetes? Desde que día?

— A que nenos e nenas se lles entregarán os xoguetes?

— Teñen que facer algo as familias que queiran recibir os xoguetes?

— Explica cal é o percorrido que segue cada xoguete desde a familia que o entrega ata quechega ao neno ou á nena que o recibe.

56

044-057_U4_L4EP_RODEIRA 06/03/12 18:38 Página 56

2. Formade grupos de 4 persoas e deseñade un cartel para a campaña de recollida de xoguetes.

Deseñamos un cartel para a campaña

3. Chegou o momento da recollida de xoguetes. Para que todo saia ben é importante que esteamoi ben organizada. Pódenvos servir estas indicacións:

• Organizade un espazo no colexio para facer a recollida. Primeiro pedídelles permiso ao vosotitor/a e ao director/a.

• Buscade outro espazo para gardar os xoguetes recollidos.

• Establecede as quendas de recollida entre as persoas que participades.

• Entregádelle todos os xoguetes á organización que decidirades (unha ONG, Cáritas, CruzVermella…).

Recollida de xoguetes

Seguide estes pasos:

• Pensade nunha imaxe relacionada co tema para captar a atención.

• Inventade unha frase curta ou slogan para convencer os demais da importancia da participa-ción na campaña.

• Non esquezades indicar os tipos de xoguetes que se poden entregar, a duración da campaña,onde se recollen e a que ONG se lle darán para que os distribúa.

— Tamén podedes elaborar o voso cartel on-line. Consulta no seguinte enlace.

http://edu.glogster.com/

Ah! Non esquezades colocar os carteis en lugares visibles da escola!

57

044-057_U4_L4EP_RODEIRA 06/03/12 18:38 Página 57