Real Academia Galega de Belas Artes - INICIO 25... · A esta preciosa flor dedícalle Paquito...

2
Organiza: Real Academia Galega de Belas Artes Praza do Pintor Álvarez de Sotomayor, 1 15001 A Coruña Teléfono e fax 981 211 602 [email protected] Www.academiagalegabelasartes.org Programación artística do concerto de carácter benéfico proposto por ENSEMBLE zoar a favor de HOGAR SOR EUSEBIA DE A CORUÑA Real Academia Galega de Belas Artes ENSEMBLE ZOAR Joan Ibáñez (frauta), David Villa (oboe) Alex Salgueiro (fagot), Antonio Suárez (clarinete) e Benjamín Iglesias (trompa). PROGRAMA PANAMÉRICA EN PANORÁMICA CONCERTO EN BENEFICIO DO HOGAR SOR EUSEBIA DE A CORUÑA Martes 25 de Abril de 2017 Ás 20:00 horas Salón de Actos concerto

Transcript of Real Academia Galega de Belas Artes - INICIO 25... · A esta preciosa flor dedícalle Paquito...

Organiza:

Real Academia Galega de Belas Artes

Praza do Pintor Álvarez de Sotomayor, 1 15001 A Coruña

Teléfono e fax 981 211 602 [email protected] Www.academiagalegabelasartes.org

Programación artística do concerto de carácter benéfico proposto por

ENSEMBLE zoar

a favor de

HOGAR SOR EUSEBIA DE A CORUÑA

Real Academia Galega de Belas Artes

ENSEMBLE ZOAR Joan Ibáñez (frauta), David Villa (oboe) Alex Salgueiro (fagot), Antonio Suárez (clarinete) e Benjamín Iglesias (trompa).

PROGRAMA PANAMÉRICA EN PANORÁMICA

CONCERTO EN BENEFICIO DO

HOGAR SOR EUSEBIA DE A CORUÑA

Martes 25 de Abril de 2017 Ás 20:00 horas Salón de Actos

con

certo

NOTAS AO PROGRAMA “PANAMÉRICA EN PANORÁMICA”

ANTONIN DVORAK Un ano despois da súa chegada a Estados Unidos, durante o seu descanso estival en Spillville, Dvorak escribiu o cuarteto de corda coñecido como O americano, obra que pronto se convertería nunha das grandes obras do repertorio. A orixe do título é incerto: por unha banda. Hai quen afirma que neste cuarteto pódense apreciar influenzas da música afroamericana, coas que Dvorak tivo contacto desde a súa chegada a Estados Unidos, por outra banda tamén hai quen di que a escala pentatónica que tanto usa Dvorak ao longo de toda a obra ten a súa orixe na música folclórica americana. O certo é que as dous únicas constancias que se teñen de relación entre este cuarteto e América son a seguinte inscri-ción do propio Dvorak no manuscrito: “A miña segunda composición escrita en América” e por outra banda, a transcrición que o compositor fixo do canto dun paxaro que só habita no continente america-no, chamado a Piranga Olivácea. Dvorak usou o canto dese paxaro no inicio do terceiro movemento, no violín (na frauta nesta versión para ventos). AARON COPLAND Foi o principal impulsor da chamada “Escola Americana” formada por compositores norteamericanos nados durante as dúas primeiras décadas do Século XX. Fortemente influído polo impresionismo de Igor Stravinsky e o folclore nativo destacou como sinfonista e compositor de música de películas. En 1939 compuxo a banda sonora do documental The City, unha película de George Stoney que foi estrea-da durante a Exposición Universal de New York dese mesmo ano. Posteriormente incluiría a escena inicial como peza independente nunha suite de música de películas. New England Countryside acom-paña imaxes de fabulosas paisaxes de Nova Inglaterra e describe a paz e o acougo da vida no campo na década dos anos 30. Dita Suite seguiría con Sunday Traffic, tamén da película documental The City que actúa como contraste do anterior, describindo neste caso o tráfico e o estrés da gran cidade, e se pecharía coa peza titulada Graver's Corner que acompaña aos créditos iniciais da película Our Town de Thorton Wilder. JESÚS BAL Y GAY O paso do compositor galego pola Residencia de Estudantes de Madrid lle facilitou o coñecemento da música de Falla, Poulenc, Milhaud e Stravinski, e se introduciu na musicoloxía da man de Anglés e Menéndez-Pidal. Tras tres anos en Cambridge, estableceuse en México desde o 1938 ao 1965, ano no que regresou a España. Esta etapa mexicana foi sen lugar a dúbidas un dos momentos vitais máis crea-tivos do autor, mantendo un contacto estreito con Stravinski compuxo gran parte da súa obra e tamén escribiu libros musicais e publicou unha edición do Cancioneiro de Uppsala. Non sería estreado en España ata 1980 polo quinteto de vento da Coruña que a interpretou nos Xoves Musicais da Universi-dade de Santiago. Segundo o propio compositor, a pesar de que non parte de ningún tema folclórico “hai matices nesta obra que evidentemente proveñen do popular e do español do século dezaseis, feito que aproxima este Divertimento ás últimas obras de Manuel de Falla”. De carácter contrapuntístico e politonal, utiliza esta forma característica do S. XVIII e foi composta “para deleite de oídos e espírito, do mesmo modo que as serenatas e cancións da mesma época, sen pretender representar nada nin espertar determinados estados de ánimo”. SAMUEL BARBER Poderíase incluílo na xeración posterior da escola citada anteriormente. A súa refinada música, con frecuencia elexíaca e lírica, así como as súas influencias europeas caracterízanlle como un compositor neorromántico moi prezado pola súa música de cámara. Summer Music é unha cálida obra con esas tinguiduras románticas. Nun único movemento, está composta con numerosos fragmentos o seccións en distintos tempi, que voltan ao punto de partida en sucesivas ocasións, marcado como Slow and indolent. Unindo desalentadoras emocións persoais da maneira máis pulcra e sensible, a obra posúe un aire melancólico interrompido por breves arrebatos, que aparecen de modo caricaturesco, lírico e ás veces tormentoso. LALO SCHIFRIN O pianista, compositor e director de orquestra Lalo Schifrin é ben coñecido por as súas bandas sonoras. Tras estudar composición en París, con Messiaen e Koechlin, apareceu na súa carreira Dizzy Gillespie gañando notoriedade como pianista e arreglista do seu cuarteto. A Nouvelle Orleans foi encargada en 1987 polo Dorian Woodwind Quintet e describe toda unha liña emocional nos tempos dun funeral de New Orleans, sendo o inicio unha melodía fúnebre interrompida por golpes de paixón, finalizando

cun alegre rag que transmite todo o xúbilo co que os invitados saen do camposanto.

PAQUITO D’RIVERA Toda unha lenda viva da música jazz, o cubano Paquito d’Rivera comezou a súa carreira como músico de clásica aínda que, saltou á fama tras traballar xunto a Gillespie e foi premiado con diversos Grammy. O propio Paquito coméntanos que La Fleur de Cayenne «é unha flor caribeña moi linda coñecida tamén como hibisco ou “Marpacífico” que o meu pai sementaba no xardinci-ño da casa». Trátase dun joropo venezolano: o nome que recibe unha festa familiar acompañada por música, canto e baile en Venezuela e Colombia. É unha danza ternaria, e ten un vínculo moi forte co vals, posto que nestas festas báilanse tamén valses, por iso a primeira parte do joropo recibe o nome de “Valsiao”. A esta preciosa flor dedícalle Paquito d'Rivera esta danza simple pero moi virtuosa e chea de todo o sabor latino, tan típico do estilo da música de d'Rivera. * * *

Joan Ibáñez (frauta), David Villa (oboe) Alex Salgueiro (fagot), Antonio Suárez (clarinete) e Benjamín Iglesias (trompa).

ANTONÍN LEOPOLD DVORAK (1841 - 1904) Cuarteto no. 12, Op. 96 “Americano” (1893)

I. Allegro II. Lento III. Molto Vivace IV. Finale

AARON COPLAND (1900-1990) New England Countryside (1942) Adaptación para quinteto de Erik Morales

JESÚS BAL Y GAY(1905-1993) Divertimento (1942) Para cuarteto de madeira

SAMUEL BARBER (1910-1981) Summer Music Op. 31 (1959) Para quinteto de vento

I. Prelude II. Menuet II. Claire de lune IV. Passepied

LALO SCHIFFRIN (1932) S La Nouvelle Orleans (1987) Para quinteto de vento

PAQUITO D’RIVERA(1940) S La Fleur de Cayenne (2016)