REAL FILHARMONÍA DE ABONO DE GALICIA · coa actuación de Fanny Ardant e que foi presentada co...

8
AUDITORIO DE GALICIA REAL FILHARMONÍA DE GALICIA 2017 → 2018 XOVES 08 FEBREIRO 2018 20.30 h Auditorio de Galicia PIERRE BLEUSE Director CONCERTOS DE ABONO

Transcript of REAL FILHARMONÍA DE ABONO DE GALICIA · coa actuación de Fanny Ardant e que foi presentada co...

Page 1: REAL FILHARMONÍA DE ABONO DE GALICIA · coa actuación de Fanny Ardant e que foi presentada co Lemanic Ensemble no Grand Théâtre de Provence, en Aix-en-Provence en xaneiro de 2017.

AUDITORIO DE GALICIA

REAL FILHARMONÍA DE GALICIA2017 → 2018

XOVES 08 FEBREIRO 201820.30 hAuditorio de Galicia

PIERRE BLEUSE Director

CONCERTOSDE ABONO

Page 2: REAL FILHARMONÍA DE ABONO DE GALICIA · coa actuación de Fanny Ardant e que foi presentada co Lemanic Ensemble no Grand Théâtre de Provence, en Aix-en-Provence en xaneiro de 2017.

2

PROGRAMA

Duración aproximada do concerto: 65 minutos (non haberá pausa)

Pregámoslle ao público que non faga fotografías e quedesconecte os teléfonos móbiles, reloxos, etc

ALBERT ROUSSEL (1869-1937)Concerto para pequena orquestra, op. 34

Allegro Andante Presto

ARTHUR HONEGGER (1892-1955)Pastoral d'été, H. 31

LUDWIG VAN BEETHOVEN (1770-1827)Sinfonía núm. 6 en Fa maior “Pastoral”, op. 68

Apracibles sentimentos que esperta a contemplación dos campos: Allegro ma non troppoEscena xunto ao arroio: Andante molto mossoFesta campestre: AllegroA treboada: AllegroHimno dos pastores despois da treboada: allegretto

Page 3: REAL FILHARMONÍA DE ABONO DE GALICIA · coa actuación de Fanny Ardant e que foi presentada co Lemanic Ensemble no Grand Théâtre de Provence, en Aix-en-Provence en xaneiro de 2017.

3

REAL FILHARMONÍA DE GALICIA

Director artístico titularPaul Daniel

Principal director invitadoJonathan Webb

Director asociadoMaximino Zumalave

Cincuenta músicos de diferentes nacionalidades achegan cada temporada a súa experiencia, formación, tradición musical, esforzo e ilusión para ofrecelle ao público propostas sorprendentes. Coa orquestra colaboran de maneira habitual directores e solistas de recoñecido prestixio nacional e internacional, apostando por figuras consagradas e tamén por novos músicos que brillan no panorama musical. O seu director titular e artístico é o mestre Paul Daniel, Maximino Zumalave é o seu director asociado e Jonathan Webb o principal director convidado. Xestionada polo Consorcio de Santiago, nace en 1996 promovida pola Xunta de Galicia e ten a súa sede permanente no Auditorio de Galicia.

VIOLÍNS I Teimuraz Janiskashvili (concertino)Adriana Winkler (axuda de concertino)Anca Smeu **Ilya FisherIldikó Oltai Michal RyczelAnna AlexandrovaIrene Romero ***Yulia PetrushevskayaClaudio GuridiVictoria Jurov

VIOLÍNS IINikolay Velikov *Grigori Nedobora **Enrique RocaIrina GruiaKiyoko OhashiHéctor Robles ***Gyula VadasziAna Nedobora (R)Elina ViksneSamira Ajkic

VIOLASTilmann Kircher *Natalia Madison **Timur SadykovIonela CiobotaruOxana BakulinaNuria Honrubia ***Anne SchlossmacherIriana Fernández

VIOLONCELLOSPlamen Velev *Barbara Switalska **Carlos GarcíaThomas PielMillán AbeledoIratxe Paredes ***

CONTRABAIXOSCarlos Méndez *Alfonso Morán **Oriol Xicart M. Ángel Luzárraga ***

FRAUTASLaurent Blaiteau *Luis Soto **Beatriz Gallardo ***

ÓBOESChristina Dominik *Esther Viúdez **

CLARINETESBeatriz López *Vicente López **Germán Martínez ***

FAGOTESJuan Carlos Otero *Manuel Veiga **Mario Vercher ***

TROMPASJordi Ortega *Xavier Ramón **Adrián Lavía ***

TROMPETASJavier Simó *Ramón Llátser **

TROMBÓNSRubén Prades (R)Iago Ríos (R)

TIMBALJosé Vicente Faus *

* principal | ** coprincipal | *** EAEM (Curso Avanzado de Especialización Orquestral) | (R) reforzo

Page 4: REAL FILHARMONÍA DE ABONO DE GALICIA · coa actuación de Fanny Ardant e que foi presentada co Lemanic Ensemble no Grand Théâtre de Provence, en Aix-en-Provence en xaneiro de 2017.

4

PIERRE BLEUSE Director

Considerado como un destacado talento nas salas de concertos do seu país, Francia, na actualidade atópase no cumio dunha gran carreira internacional. A súa comunicación coa orquestra, caracterizada por un entusiasmo inspirador e unha encantadora autoridade natural, apóiase nunha técnica de dirección clara e expresiva. Mantén relacións artísticas permanentes coa Orquestra Nacional do Capitolio de Toulouse e coa Orquestra Nacional de Burdeos-Aquitania. O seu exitoso debut nos EUA veu da man da O. Sinfónica de Utah en 2016, e o seu director musical, Thierry Fischer, tras unha actuación no Mozarteum de Salzburgo coa O. da Fundación Animato. Recentemente debutou en Asia cun concerto en Taipei. Nesta temporada dirixe por primeira vez en España, debutando coa Real Filharmonía de Galicia.Recentes e próximos compromisos inclúen o seu regreso á Ópera de Lyon, tras ser asistente de Kazushi Ono en dúas producións. O compositor Michael Jarrell tamén confiou nel para a súa ópera Cassandre, produción que contou coa actuación de Fanny Ardant e que foi presentada co Lemanic Ensemble no Grand Théâtre de Provence, en Aix-en-Provence en xaneiro de 2017.Tamén supervisa a Musika Orchestra Academy en colaboración coa Orquestra Nacional do Capitolio de Toulouse, con quen debutou en 2012; dende entón é convidado con frecuencia como director. Fundado en principio como festival internacional de música, tense convertido tanto nunha academia europea de primeira categoría como nunha plataforma para o intercambio profesional entre músicos, enxeñeiros de son e produtores de diferentes países. Estudou dirección orquestral con Jorma Panula en Finlandia dende o ano 2010 e con Laurent Gay no Conservatorio de Música de Xenebra. Como violinista, gañou o primeiro premio do Conservatorio Nacional de París e ten traballado con agrupacións como Quatuor Satie, Ensemble Court-circuit ou Ensemble tm+, así como coa Orquestra Filharmónica de Radio Francia.

Page 5: REAL FILHARMONÍA DE ABONO DE GALICIA · coa actuación de Fanny Ardant e que foi presentada co Lemanic Ensemble no Grand Théâtre de Provence, en Aix-en-Provence en xaneiro de 2017.

5

Albert Roussel (Tourcoing, 1869 - Royan, 1937)Concerto para pequena orquestra op. 34Tras unha breve carreira como oficial da Mariña de guerra francesa, a vocación de Albert Roussel lévao á Schola Cantorum, primeiro como alumno de D´Indy e logo como profesor con alumnos tan dispares como Satie, Varèse ou Martinu. Até 1914, compón un reducido número de partituras -que evolucionan desde un preciso e confuso escolasticismo até un impresionismo libre e atractivamente fresco (O festín da araña e Evocacións son as súas obras crave de preguerra)-, sendo a estrea de Para unha festa de primavera a que en 1921 o eleva a figura da música francesa da posguerra, aclamado polas novas xeracións que consideran superado o impresionismo dada a súa capacidade para evolucionar autonomamente e desenvolver o seu propio pensamento musical sen someterse a escolas, modas, tendencias ou imposicións: un neoclasicismo orixinal que emprega a disonancia, ritmicamente vigoroso e cheo de enerxía, pero con extraordinarios oasis de extática contemplación, de inmobilidade solar, de pagá mediterraneidade.O Concerto para pequena orquestra op. 34 que Roussel escribiu entre 1926 e 1927 é unha obra sutil, podería dicirse que exemplo de neoclasicismo dentro dunha tradición francesa que combina romanticismo e ocasionais brillos de atonalidade e disonancia e cuxos tres breves movementos revelan un mestre do contrapunto e a orquestración. Algúns detalles tímbricos, case camerísticos, que permiten un plantel instrumental reducido, fan evidente a influencia de Stravinski no concerto e o tratamento rítmico e melódico de certos fragmentos evocan a música de Bartók e, incluso por momentos, podería recoñecerse o acento burlesco de Weill.

Arthur Honegger (Le Havre, 1892 – París, 1955)Pastorale d’été, H. 31Nacido en Francia, de pais suízos, Honegger estudou nos conservatorios de Zúric e París. O crítico Henri Collet publicou en 1920 un influente artigo no que incluíu o compositor no denominado grupo Les Six integrado polos seus coetáneos Poulenc, Mihaud, Auric, Tailleferre e

Page 6: REAL FILHARMONÍA DE ABONO DE GALICIA · coa actuación de Fanny Ardant e que foi presentada co Lemanic Ensemble no Grand Théâtre de Provence, en Aix-en-Provence en xaneiro de 2017.

6

Durey. Honegger explicaba que a idea xurdiu da amizade entre eles máis que de formar un grupo estético, pois cada un traballaba individualmente sen aterse a ordes. O propio Honegger explicáballe ao musicólogo e crítico francés Paul Landormy as súas prioridades estéticas: “Tomei unha dirección musical para reaccionar contra o musicalmente denominado impresionismo (por exemplo Debussy) e que é, na miña opinión, un retorno á construción contrapuntal en oposición á construción harmónica. Quero tamén darlle máis importancia á arquitectura musical, que non me gustaría ver sacrificada por razóns literarias ou pictóricas. Quizais tamén teño unha esaxerada tendencia a buscar a complexidade contrapuntal. O meu referente primordial é J. S. Bach”, declaración que debe ser tida en conta para escoitar o seu breve e modesto poema sinfónico Pastorale d’été. Composto en agosto de 1920 coa inspiración dos Alpes berneses de Suíza nunha visita a Wengen, a partitura comeza coa cita do poeta Arthur Rimbau: ‘J’ai embrassé l’aube d´été’ (Abracei a alba de verán) e foi premiada polo público no Premio Verley, sendo elixida para ser interpretada xunto con outras catro obras. Nesta idílica composición podemos distinguir, na súa lírica abertura, o canto do paxaro no son da frauta e do clarinete, fragmentos de marcados ritmos populares na animada sección central de colorista orquestración e unha constante expresión de sentimentos que nos lembra o espírito da Sinfonía Pastoral de Beethoven.

Ludwig van Beethoven (Bonn, 1770 – Viena, 1827)Sinfonía núm. 6 en Fa maior, op. 68 ‘Pastoral’Tras o fracaso da súa ópera Fidelio, e rematada a súa Sinfonía núm 4, L. v. Beethoven compuxo o Concerto para violín en re maior op. 61, estreado en 1806. En setembro de 1807, o compositor comezou a traballar na súa Sinfonía en Fa maior, rematándoa a finais de xullo de 1808 cando ultimaba a Quinta. De significado oposto, ambas as pezas están intimamente relacionadas entre si e foron estreadas no mesmo concerto o 22 de decembro dese ano no Teatro an der Wien. Estas dúas obras tenden a converter a música nunha linguaxe tan expresiva que excede o seu significado sonoro para

Page 7: REAL FILHARMONÍA DE ABONO DE GALICIA · coa actuación de Fanny Ardant e que foi presentada co Lemanic Ensemble no Grand Théâtre de Provence, en Aix-en-Provence en xaneiro de 2017.

7

transmitir contidos que superan a idea musical, o que xa sucedera na sinfonía Heroica. Beethoven pasaba varios meses ao ano no campo, preto de Viena, e parece que a súa crecente xordeira o levou a escribir, baixo o influxo da natureza, esta Sinfonía núm 6 ‘Pastoral’ que amosa ao autor ofrecendo o perfil máis contemplativo e ditoso do ser humano, e que resulta ser unha das obras máis representativas da súa creación musical. O primeiro movemento permite achegarse ao sentimento do autor: Espertar de alegres sentimentos ao chegar á campiña, no que refina un canto popular que mostra a calma e a serenidade do campo, os trinos dos paxaros e o murmurio das fragas. A continuación, un Andante en sonata, Escena xunto ao regato, revela un dos cumios da arte beethoveniana: sobre unha base lírica, que parece predicir a luz e a cor dunha pintura impresionista, Beethoven ofrece pinceladas de naturalismo sonoro cando frauta, óboe e clarinete imitan o reiseñor, o paspallás e o cuco. No Allegro, unha Alegre reunión dos campesiños, onde o stacatto das cordas e unha frase dos ventos conflúen nunha danza campestre sobre elementos do primeiro tema do Allegro inicial. Despois do Trio volve o Scherzo, cuxa repetición curta a tempestade, Tormenta e choiva, páxina na que se advirte de novo a capacidade de Beethoven para crear ideas musicais con conceptos instrumentais, anticipando efectos dignos do Romanticismo máis avanzado. Música descritiva, programática, onde a desculpa da natureza se transforma nunha innegable creación artística. O final da sinfonía Canto dos pastores. Sentimentos alegres e agradecidos despois da tormenta é un canto de acción de grazas de gran tenrura a través de imitacións, variacións, fugados etc, no que Beethoven restitúe a quietude inicial da sinfonía.

Page 8: REAL FILHARMONÍA DE ABONO DE GALICIA · coa actuación de Fanny Ardant e que foi presentada co Lemanic Ensemble no Grand Théâtre de Provence, en Aix-en-Provence en xaneiro de 2017.

AUDITORIO DE GALICIAAvda. Burgo das Nacións s/n15705 Santiago de Compostela

DESPACHO DE BILLETEST 981 571 026 | T 981 573 979 (Auditorio)T 981 542 349 (Teatro Principal)

OFICINAST 981 552 290 | T 981 574 152

www.rfgalicia.orgwww.compostelacapitalcultural.gal

RealFilharmoniadeGaliciaCompostelaCapitalCultural

@rfgalicia@CCultura

Domingo 18 de febreiro, 2018 19,30 hCICLO DE PIANO ÁNGEL BRAGECentenario C. Debussy / L. BernsteinDÚO BIZJAK

C. Debussy, En blanc et noirS. Rachmaninov, Suite para dous pianos núm. 2L. Bernstein, Suite de West Side StoryM. Ravel, La Valse

Venres 23 de febreiro, 2018 20,30 hReal Filharmonía de GaliciaJonathan Webb, directorAlexandre Kantorow, piano

W. A. Mozart: Música para un funeral masónico en do m, KV 477/479aC. Saint-Saëns: Concerto para piano núm. 4 en do m, op. 44P. I. Chaikovski: Sinfonía núm. 2 en do m op. 17 Pequena Rusia

A cafetería permanecerá aberta ao remate do concerto. 

Cómpre retirar os vehículos do garaxe trala fin do espectáculo.