REAL FILHARMONÍA DE ABONO DE GALICIA · Adagio para órgano e cordas en sol menor A pesar da súa...

12
AUDITORIO DE GALICIA REAL FILHARMONÍA DE GALICIA 2017 → 2018 XOVES 22 MARZO 2018 20.30 h Auditorio de Galicia DAVID HILL Director e Órgano CONCERTOS DE ABONO

Transcript of REAL FILHARMONÍA DE ABONO DE GALICIA · Adagio para órgano e cordas en sol menor A pesar da súa...

Page 1: REAL FILHARMONÍA DE ABONO DE GALICIA · Adagio para órgano e cordas en sol menor A pesar da súa formación violinística e vocal, Albinoni decidiu non ser músico da corte, práctica

AUDITORIO DE GALICIA

REAL FILHARMONÍA DE GALICIA2017 → 2018

XOVES 22 MARZO 201820.30 hAuditorio de Galicia

DAVID HILL Director e Órgano

CONCERTOSDE ABONO

Page 2: REAL FILHARMONÍA DE ABONO DE GALICIA · Adagio para órgano e cordas en sol menor A pesar da súa formación violinística e vocal, Albinoni decidiu non ser músico da corte, práctica

2

PROGRAMA

I

GEORG FRIEDRICH HAENDEL (1685-1759)Concerto para órgano núm. 13 en Fa maior “O cuco e o reiseñor”, HWV 295

Larghetto AllegroLarghetto Allegro

TOMMASO ALBINONI (1671-1751)Adagio para órgano e cordas en sol menor

FRANZ JOSEPH HAYDN (1732-1809)Peza para reloxo musical

Tempo di MinuettoAllegrettoAllegroTempo di MinuettoPresto

WOLFGANG AMADEUS MOZART (1756-1791)Sinfonía núm. 31 en Re maior “París”, K. 297 (300a)

Allegro assaiAndanteAllegro

Page 3: REAL FILHARMONÍA DE ABONO DE GALICIA · Adagio para órgano e cordas en sol menor A pesar da súa formación violinística e vocal, Albinoni decidiu non ser músico da corte, práctica

3

II

GEORG FRIEDRICH HAENDEL (1685-1759)Concerto para órgano núm. 6 en si bemol menor, op. 4, HWV 294

Andante allegroLarghettoAllegro moderato

FRANZ JOSEPH HAYDN (1732-1809)Peza para un reloxo musical

PrestoMenuettAllegrettoMarche

FRANZ JOSEPH HAYDN (1732-1809)Sinfonía núm. 92 en Sol maior “Oxford”

Adagio - Allegro spiritosoAdagio cantabileMenuetto: AllegrettoPresto

Duración aproximada do concerto: 1 hora e 40 minutos

Pregámoslle ao público que non faga fotografías e quedesconecte os teléfonos móbiles, reloxos, etc

Page 4: REAL FILHARMONÍA DE ABONO DE GALICIA · Adagio para órgano e cordas en sol menor A pesar da súa formación violinística e vocal, Albinoni decidiu non ser músico da corte, práctica

4

REAL FILHARMONÍA DE GALICIA

Director artístico titularPaul Daniel

Principal director invitadoJonathan Webb

Director asociadoMaximino Zumalave

Cincuenta músicos de diferentes nacionalidades achegan cada temporada a súa experiencia, formación, tradición musical, esforzo e ilusión para ofrecelle ao público propostas sorprendentes. Coa orquestra colaboran de maneira habitual directores e solistas de recoñecido prestixio nacional e internacional, apostando por figuras consagradas e tamén por novos músicos que brillan no panorama musical. O seu director titular e artístico é o mestre Paul Daniel, Maximino Zumalave é o seu director asociado e Jonathan Webb o principal director convidado. Xestionada polo Consorcio de Santiago, nace en 1996 promovida pola Xunta de Galicia e ten a súa sede permanente no Auditorio de Galicia.

VIOLÍNS I Adriana Winkler (concertino)Anca Smeu (axuda de concertino)Victoria Jurov **Yulia PetrushevskayaClaudio GuridiAnna AlexandrovaMichal RyczelIlya Fisher

VIOLÍNS IINikolay Velikov *Gyula Vadaszi **Irina GruiaElina ViksneEnrique RocaKiyoko Ohashi

VIOLASNatalia Madison *Oxana Bakulina **Timur SadykovIonela Ciobotaru

VIOLONCELLOSPlamen Velev *Thomas Piel **Carlos GarcíaMillán Abeledo

CONTRABAIXOSCarlos Méndez *Oriol Xicart **

FRAUTASLaurent Blaiteau *Luis Soto **

ÓBOESChristina Dominik *Esther Viúdez **

CLARINETESBeatriz López *Vicente López **

FAGOTESJuan Carlos Otero *Manuel Veiga **

TROMPASJordi Ortega *Alfredo Varela *Xavier Ramón **

TROMPETASJavier Simó *Ramón Llátser **Francisco Gaspar Tomás ***

TIMBALJosé Vicente Faus *

CLAVEFernando Miguel Jalôto (R)

* principal | ** coprincipal | *** EAEM (Curso Avanzado de Especialización Orquestral) | (R) reforzo

Page 5: REAL FILHARMONÍA DE ABONO DE GALICIA · Adagio para órgano e cordas en sol menor A pesar da súa formación violinística e vocal, Albinoni decidiu non ser músico da corte, práctica

5

DAVID HILL Director e Órgano

Recoñecido pola súa excelente musicalidade, David Hill é respectado polo seu magnífico labor como director coral e orquestral. O seu talento ten sido recoñecido a través dos seus nomeamentos como Director Principal de BBC Singers, Director Musical do Bach Choir e da Leeds Philharmonic Society; ademais de Director Asociado Convidado da Orquestra Sinfónica de Bournemouth e Director Principal da Yale Schola Cantorum.Nacido en Carlisle en 1957, formouse na Escola de Música de Chetham como violinista e pianista, onde dirixiu a orquestra da escola. Con 17 anos foi nomeado membro do Royal College of Organists e gañou unha bolsa de órgano no St. John's College de Cambridge. Entre os seus primeiros traballos destaca o de Director Musical na Catedral de Winchester (1987-2002) e na Catedral de Westminster (1982-19877), foi Director Asociado e logo Director Artístico do Coro Philharmonia (1986-1997), Director Musical de The Waynflete Singers (1987- 2002) e no St. John's College de Cambridge (2003-2007).Ten traballado como director convidado coas filharmónicas de Londres, Royal Liverpool, BBC, Estrasburgo e Zagreb; Orquestra Sinfónica de Sidney, Sinfónica da BBC, Sinfónica Nacional RTE de Irlanda, Sinfónica de Omaha, Orquestra de Minnesota; así como co Coro da Radio dos Países Baixos e o Coro de Cámara RIAS de Berlín.A súa ampla discografía abrangue máis de 80 gravacións, incluíndo moitos premios. O seu compromiso coa música contemporánea teno

Page 6: REAL FILHARMONÍA DE ABONO DE GALICIA · Adagio para órgano e cordas en sol menor A pesar da súa formación violinística e vocal, Albinoni decidiu non ser músico da corte, práctica

6

levado a estrear obras de compositores como Judith Bingham, Philip Wilby, Jonathan Dove, James Macmillan e Sir John Tavener. Os selos discográficos cos que ten colaborado son Decca / Argo, Hyperion, Naxos e Virgin Classics.Entre os seus recentes compromisos destaca a colaboración con: BBC Prom, no que dirixiu aos BBC Singers e o conxunto de cámara Endymion en The Desert Music de Steve Reich; un concerto de celebración para o 90º Aniversario dos BBC Singers no Barbican londiniense; o Bach Choir e a Yale Schola Cantorum; ademais da Orquestra Sinfónica de Bournemouth, Sinfónica de Londres e a Royal Philharmonic Orchestra. Dirixiu o Oratorio de Nadal coa BBC Scottish Symphony Orchestra e foi moi aclamado pola crítica. Tamén dirixiu o Coro Nacional da Xuventude de Australia na temporada 2016 en Melbourne.

Page 7: REAL FILHARMONÍA DE ABONO DE GALICIA · Adagio para órgano e cordas en sol menor A pesar da súa formación violinística e vocal, Albinoni decidiu non ser músico da corte, práctica

7

Georg Friedrich Haendel (Halle, 1685 - Londres, 1759)Concerto para órgano núm. 13 en Fa Maior op. 4 HWV 295Concerto para órgano núm. 6 en si bemol menor op. 4 HWV 294

Haendel deixou como maior herdanza a creación do oratorio dramático. Escribiu 29, lonxe das tradicións operísticas existentes, e na súa madurez creativa compuxo concertos (solistas, grossos, a due cori) para os intermedios das súas grandes obras corais, comezando probablemente na representación de Athalia, en 1733. Durante trinta anos consagrouse a eses oratorios (como Saúl, Sansón ou Salomon) e a esas obras instrumentais, entre as que se atopan algunhas das pezas máis substanciais: os concertos para solistas (1736, cinco para órgano e un para arpa) ou os 12 concertos grossos (1739). Entre os concertos para órgano solista, destaca o Concerto en Fa Maior, titulado O cuco e o reiseñor, estreado en 1739 con Israel en Exipto. Estruturado en catro elegantes e inspirados movementos, inclúe unha dobre repetición do Larghetto-Allegro, pois Haendel evitou as ríxidas técnicas contrapuntísticas da súa época e fundamentou a súa música en estruturas sinxelas, de acordo coas súas propias ideas estilísticas. Esta obra forma parte dos 16 concertos para órgano que compuxo, os seis primeiros incluídos no opus 4 e outros seis no opus 7 e o seu interese céntrase na imitación do canto dos paxaros nos rexistros superiores do órgano, durante o segundo movemento. Tamén o opus 4 inclúe o Concerto núm. 6 en si bemol menor publicado en 1738 e escrito no mesmo período que o oratorio A festa de Alexandre, estreado en 1736. Parece que este concerto foi concibido inicialmente para arpa, especialmente para o arpista William Powel, e presenta unha estrutura tradicional: un movemento central lento con dous rápidos nos extremos. O primeiro, anotado por Haendel como Andante. Allegro, equivale ao Allegro moderato que se encontra nas reimpresións modernas do concerto. O segundo é un Larghetto escrito en sol menor cuxa forma rítmica e a progresión melódica do seu tema, lembran á Chacona de Bach. Este movemento achega unha cadencia do solista que, sen solución de continuidade, conduce a un Allegro final onde se explotan os sons brillantes dos mencionados rexistros agudos.

Page 8: REAL FILHARMONÍA DE ABONO DE GALICIA · Adagio para órgano e cordas en sol menor A pesar da súa formación violinística e vocal, Albinoni decidiu non ser músico da corte, práctica

8

Tommaso Albinoni (Venecia, 1671 - 1751)Adagio para órgano e cordas en sol menor

A pesar da súa formación violinística e vocal, Albinoni decidiu non ser músico da corte, práctica habitual na época, e pasou a formar parte dos chamados dilettanti do século XVIII, predecesores dos artistas independentes do Romanticismo. Como compositor acadou un éxito pasaxeiro coas súas obras vocais, pero duradeiro coas súas obras instrumentais, das que Bach tomou algúns temas. Entre esas citadas pezas aparecen sinfonías, sonatas e, entre 1707 e 1722, trinta e seis concertos reunidos nunha edición única e adscritos á tradición do concerto grosso que neses anos desenvolvía Alessandro Marcello baixo a influencia de Corelli, combinando esa tradición coas novidades expresivas do coetáneo Vivaldi. Pero Albinoni non compuxo o coñecido Adagio en sol menor; trátase dunha obra para orquestra de cordas e órgano escrita en 1945 polo musicólogo italiano Remo Giazotto, e publicada en 1958 pola editorial Ricordi, cuxo editor a lanzou ao mercado argumentando que o compositor se baseaba na liña do baixo dun movemento lento dunha sonata a trío de Albinoni, ao parecer, nun fragmento encontrado nas ruínas da Biblioteca de Dresde tralos bombardeos sobre esa cidade durante a Segunda Guerra Mundial. A Biblioteca nunca confirmou a existencia do dito fragmento entre os seus fondos pero en calquera caso, si é certo que Albinoni posuía un extraordinario don melódico que fixo que as súas obras se empregaran como material de ensino, e ademais, foi precursor no uso da forma dos tres movementos de modo estable nos seus concertos. Moitas das súas páxinas sorprenden pola variedade de ritmos, audaces modulacións e polas súas impecables imitacións canónicas.

Wolfgang Amadeus Mozart (Salzburgo, 1756 - Viena, 1791)Sinfonía núm. 31 en Re maior K.297 (300a)

Mozart contaba con só vinte e dous anos e presentábase en París por terceira vez, afeito a unha vida de continuas viaxes por Europa, desde que en 1762, cunha primeira actuación en Múnic, o seu pai iniciara unha extensa serie de xiras nas que exhibía ao seu fillo como neno prodixio

Page 9: REAL FILHARMONÍA DE ABONO DE GALICIA · Adagio para órgano e cordas en sol menor A pesar da súa formación violinística e vocal, Albinoni decidiu non ser músico da corte, práctica

9

nalgunhas das principais capitais e cidades europeas. Esta Sinfonía París, debe o seu nome ao feito de ser composta nesa visita á capital francesa, onde foi estreada o 18 de xuño de 1778. Mozart, atendendo as instrucións do seu pai -“Debes conquistar gloria e fama en París e logo, se tes cartos, poderás ir a Italia e atopar o xeito de escribir óperas”- compuxo unha obra de grande espectacularidade en tres movementos, na que mesturou maxistralmente a grandeur francesa co seu inconfundible estilo. É a primeira das súas sinfonías, e nela inclúe clarinetes e fai destacar con brillantez unha extensa sección de corda. A sinfonía comeza cun artificio, orgullo da orquestra parisiense: un vigoroso unísono das cordas, coñecido como “le premier coup d’archet”. Outro exemplo da énfase das cordas é a apertura do terceiro movemento, cun extraordinario dúo contrapuntístico dos primeiros e segundos violíns. Ademais, para agradar ao público e a Le Gros, director dos coñecidos Concerts Spirituels, o compositor substituíu o movemento central que compuxera para a sinfonía por outro máis breve, ao manifestarlle Le Gros que contiña excesivas modulacións. A interpretación da sinfonía resultou un rotundo éxito: o público aplaudiu a rabiar e Le Gros cualificouna como a mellor das que xamais se compuxeron para a súa serie de concertos. Pero o éxito non foi suficiente para que algún aristócrata o contratara na súa corte; así pois, Mozart retoma o seu posto na corte de Salzburgo, aínda que as súas relacións co príncipe-arcebispo non eran boas.

Joseph Haydn (Rohrau, 1732 – Viena, 1809)Sinfonía núm. 92 en Sol maiorPezas para reloxo mecánico

A influencia das máis de cen sinfonías de Joseph Haydn modificará e consolidará de xeito definitivo esta forma musical, que será decisiva para consideralo o “pai” da sinfonía. A xénese da sinfonía Oxford encádrase na segunda etapa da traxectoria creadora de Haydn cando, tras anos de traballo na corte Esterházy, a publicación e interpretación das súas composicións en París e Londres convertérono nun músico admirado. A pesar do seu alcume, a Sinfonía núm. 92 foi orixinalmente escrita para a capital

Page 10: REAL FILHARMONÍA DE ABONO DE GALICIA · Adagio para órgano e cordas en sol menor A pesar da súa formación violinística e vocal, Albinoni decidiu non ser músico da corte, práctica

10

francesa na que o seu ambiente musical prerrevolucionario era moi activo e nese contexto o conde Ogny, promotor da Loge Olympique de Concerts, encargou a Haydn en 1784 seis sinfonías (da 82 á 87) para as que puxo á súa disposición unha enorme orquestra de máis de 40 violíns e ampla sección de vento; o éxito foi tal que o promotor solicitoulle en 1789 as sinfonías núms. 90, 91 e 92. Esta obra é un compendio da sabedoría musical que Haydn acadou nos trinta anos de actividade precedentes; de calidade comparable ás sinfonías londinienses aínda que cronoloxicamente non pertenza a este grupo. No Adagio-Allegro spiritoso as cordas abren a peza cunha tranquila e refinada melodía características das súas sinfonías parisienses e contrasta co brillante e vital Allegro spiritoso que se desenvolve a continuación en forma-sonata, aínda que moitas das ideas derivan do primeiro tema, o que dota ao movemento de unidade e cohesión. O Adagio cantabile ten forma de lied ternario que se inicia cunha melodía delicada e nobre interrompida de forma moi brusca pola sección central, de ritmo enérxico e ton dramático. No Menuetto, en tres seccións, aparecen elementos que remiten aos dous movementos anteriores e que Haydn utiliza para dar unidade á sinfonía. Os primeiros compases derivan do Allegro spiritoso e os silencios conectan co final do Adagio cantabile. A parte central ou Trio convírtese nun diálogo iniciado por trompas e fagots aos que responden as cordas con intervencións posteriores do resto dos instrumentos. O ímpeto do movemento inicial vólvese a sentir no primeiro tema do Presto que pecha a composición. O catálogo de Haydn tamén recolle 32 obras, pouco documentadas, para unha sorprendente variedade de instrumentos musicais mecánicos e inventos asociados. Dispositivos como o órgano mecánico, o reloxo musical (tamén coñecido como Flötenuhr) gañaran popularidade durante a última parte do século XVIII. Aínda que moi custoso, e de deseño moi complexo e adornado, a súa progresiva admisión entre as clases acomodadas reafirmaban a chamada da Ilustración a unificar as forzas aparentemente polarizadas do avance tecnolóxico e o sentimento estético nun so obxecto de pracer e embeleso. Haydn escribiu as obras para reloxos e órganos mecánicos

Page 11: REAL FILHARMONÍA DE ABONO DE GALICIA · Adagio para órgano e cordas en sol menor A pesar da súa formación violinística e vocal, Albinoni decidiu non ser músico da corte, práctica

11

durante os meses entre as súas grandes estadías en Londres de 1791-1792 e 1794-1795. Peter Joseph Niemecz, bibliotecario na corte Esterházy, foi un hábil inventor afeccionado e interesado en instrumentos musicais inusuais. Amosou ao compositor os órganos mecánicos que formaban as seccións inferiores de enormes reloxos, con mecanismos que activaban os instrumentos para sonar a intervalos preprogramados de modo que, ao dar a hora, se accionaba un mecanismo que fornecía aire e activaba as correspondentes notas musicais do tubo. Haydn comezou a compor para órgano mecánico a finais da década de 1780, escribindo varias pezas orixinais para un instrumento encargado a Niemecz e completando a maior parte desta produción entre 1792 e 1793. Arredor de 21 destas composicións están en Do maior, unha licenza que posiblemente reflicte os retos tecnolóxicos de engadir cada semitón á metade e duplicar o rango de notas utilizables.

Page 12: REAL FILHARMONÍA DE ABONO DE GALICIA · Adagio para órgano e cordas en sol menor A pesar da súa formación violinística e vocal, Albinoni decidiu non ser músico da corte, práctica

AUDITORIO DE GALICIAAvda. Burgo das Nacións s/n15705 Santiago de Compostela

DESPACHO DE BILLETEST 981 571 026 | T 981 573 979 (Auditorio)T 981 542 349 (Teatro Principal)

OFICINAST 981 552 290 | T 981 574 152

www.rfgalicia.orgwww.compostelacapitalcultural.gal

RealFilharmoniadeGaliciaCompostelaCapitalCultural

@rfgalicia@CCultura

Xoves 5 de abril 20,30 hOrquestra Sinfónica de GaliciaDima Slobodeniouk, directorNicolas Altstaedt, violoncello

T. Adés, Dances from ‘Powder her face’W. Walton, Concerto para violoncelloC. Nielsen, Sinfonía núm. 4, op. 29, ‘A inextinguible’

Xoves 12 de abril 20,30 hReal Filharmonía de GaliciaPaul Daniel, director

María Ruíz, soprano (Electra)Maribel Ortega, soprano (Chrysothemis)Marta Infante, mezzosoprano (Klytemnestra)Richard Wiegold, barítono (Orestes)José Manuel Zapata, tenor (Egisto)

R. Strauss, Electra (Escenas)

A cafetería permanecerá aberta ao remate do concerto. Cómpre retirar os vehículos do garaxe trala fin do espectáculo.

PRÓXIMOSCONCERTOS