REBAIXA A TÚA PEGADA ECOLÓXICA SOGAMA a túa pegada... · 2020-02-22 · REBAIXA A TÚA PEGADA...

7
REBAIXA A TÚA PEGADA ECOLÓXICA SOGAMA

Transcript of REBAIXA A TÚA PEGADA ECOLÓXICA SOGAMA a túa pegada... · 2020-02-22 · REBAIXA A TÚA PEGADA...

Page 1: REBAIXA A TÚA PEGADA ECOLÓXICA SOGAMA a túa pegada... · 2020-02-22 · REBAIXA A TÚA PEGADA ECOLÓXICA SOGAMA 1. Consumo responsable. Tamén en época de rebaixas. Non se trata

REBAIXA A TÚA PEGADA ECOLÓXICA

SOGAMA

Page 2: REBAIXA A TÚA PEGADA ECOLÓXICA SOGAMA a túa pegada... · 2020-02-22 · REBAIXA A TÚA PEGADA ECOLÓXICA SOGAMA 1. Consumo responsable. Tamén en época de rebaixas. Non se trata

SOGAMA

REBAIXA A TÚA PEGADA ECOLÓXICA

SOGAMA

Novo ano e novos propósitos. Toca facer balance. Quedarse co bo e corrixir e dar forma ao susceptible de ser mellorado.

E, xa que estamos de rebaixas, unha magní�ca forma de empezar esta nova década é rebaixando a nosa pegada ecolóxica para contribuír a un medio ambiente limpo e saudable.

Aquí deixamos 20 consellos para un 2020 redondo e circular:

Page 3: REBAIXA A TÚA PEGADA ECOLÓXICA SOGAMA a túa pegada... · 2020-02-22 · REBAIXA A TÚA PEGADA ECOLÓXICA SOGAMA 1. Consumo responsable. Tamén en época de rebaixas. Non se trata

REBAIXA A TÚA PEGADA ECOLÓXICA SOGAMA

1. Consumo responsable. Tamén en época de rebaixas. Non se trata de comprar por comprar, senón de adquirir aquelo que necesitamos, pero a un prezo máis asequible.

2. Realmente precisas ese obxecto ou esa prenda coa que te encaprichaches?

3. Non acumules aquelo que sabes que non vas a utilizar. Seguro que outras persoas sacaranlle proveito.

4. Aforra auga. A ducha, non máis de 5 minutos, tempo equivalente ao gasto de 100 litros do líquido elemento. Utiliza redutores do consumo de auga en duchas, inodoros, billas e aproveita a de cociñar para regar as plantas.

Page 4: REBAIXA A TÚA PEGADA ECOLÓXICA SOGAMA a túa pegada... · 2020-02-22 · REBAIXA A TÚA PEGADA ECOLÓXICA SOGAMA 1. Consumo responsable. Tamén en época de rebaixas. Non se trata

REBAIXA A TÚA PEGADA ECOLÓXICA SOGAMA

5. Aforra en enerxía. Utiliza lámpadas de baixo consumo e apaga as luces cando non as esteas usando.

6. Desenchufa os cargadores e non deixes os electrodomésticos en ‘stand by’ xa que seguen utilizando electricidade se están conectados.

7. Temperatura equilibrada. O termóstato, no seu sitio. Ollo coa calefacción (non máis de 25ºC en inverno) e co aire acondicionado (non menos de 23ºC en verán).

8. Aparca a preguiza. Ponte en marcha: camiña ou pedalea e, cando isto non sexa posible, utiliza o transporte público.

Page 5: REBAIXA A TÚA PEGADA ECOLÓXICA SOGAMA a túa pegada... · 2020-02-22 · REBAIXA A TÚA PEGADA ECOLÓXICA SOGAMA 1. Consumo responsable. Tamén en época de rebaixas. Non se trata

9. Reduce o uso do coche particular e compárteo con outras persoas para diminuír emisións de CO2.

10. Prioriza a adquisición de artigos producidos baixo criterios ecolóxicos e sociais, así como os comercializados a granel e leva a túa propia bolsa ao mercado.

11. Compra produtos locais e de tempada. Contribuirás a diminuír as emisións de CO2, coa particularidade de que os alimentos gañan en sabor, xa que se recollen cando se atopan no seu punto óptimo de maduración.

12. Minora o consumo de alimentos procesados. Requiren grandes cantidades de auga e de enerxía na súa elaboración e, por se isto fose pouco, resultan menos saudables.

REBAIXA A TÚA PEGADA ECOLÓXICA SOGAMA

Page 6: REBAIXA A TÚA PEGADA ECOLÓXICA SOGAMA a túa pegada... · 2020-02-22 · REBAIXA A TÚA PEGADA ECOLÓXICA SOGAMA 1. Consumo responsable. Tamén en época de rebaixas. Non se trata

13. Evita os pratos precociñados e prepara as túas propias comidas. Reducirás o consumo de recursos.

14. Non desperdicies alimentos. Malgastar comida ten graves consecuencias ambientais, económicas e sociais, ademais de resultar inmoral.

15. Rexeita a embalaxe excesiva. Evita os envases plásticos e procura que a embalaxe sexa reciclado e reciclable.

16. O usar e tirar tense que acabar. Evita pratos, vasos e cubertos de plástico. Ten a man a túa propia botella de cristal ou termo para beber auga.

REBAIXA A TÚA PEGADA ECOLÓXICA SOGAMA

Page 7: REBAIXA A TÚA PEGADA ECOLÓXICA SOGAMA a túa pegada... · 2020-02-22 · REBAIXA A TÚA PEGADA ECOLÓXICA SOGAMA 1. Consumo responsable. Tamén en época de rebaixas. Non se trata

17. Di non ás palliñas de plástico. Tardan centos de anos en desaparecer. Existen alternativas: palliñas de papel e ata elaboradas con materiais comestibles.

18. Cumpre cada día cos tres mandamentos da xestión sostible dos residuos: Reduce, Reutiliza e Recicla.

19. Pensa en circular. Saca a máxima rentabilidade aos produtos. Protexerás a contorna e aforrarás diñeiro.

20. Toma conciencia. Mentalízate de que toda acción que realizas ten unha consecuencia.

REBAIXA A TÚA PEGADA ECOLÓXICA SOGAMA