Receitas de cociña para celebrar a Guadalupe

12

description

Traballo elaborado por Marta Lorenzo, Ana Lucía González e Sara Fachado de 3ºESO-B

Transcript of Receitas de cociña para celebrar a Guadalupe

Page 1: Receitas de cociña para celebrar a Guadalupe
Page 2: Receitas de cociña para celebrar a Guadalupe

ESTOFADO DE COELLO:

Ingredientes:

- Patacas- Carne de coello- Azafrán moído- Pemento vermello (en tiras)- Sal- Aceite de oliva- Viño branco- Perexil- Allo- Auga- Cebola

Elaboración:

1. O coello ponse en adobe dende o día anterior.2. Dóurase o coello na tixola.3. Sácase para un prato .4. Pásase o aceite de dourar o coello a unha tarteira e neste engádeselle a cebola,

o allo, o pemento e o perexil.5. Deixase facer o sofrito e engádeselle o coello, deixase cocer un pouco e

bótaselle un vaso de viño branco, ao que o viño ferva engádeselle unha pouca auga.

6. Deixase ferver vinte minutos a lume lento e bótanselle as patacas e o azafrán moído.

7. Deixase cocer outros vinte minutos dende que ferva a lume lento, e cando as patacas estean listas sérvese.

8. Este sería o resultado:

Page 3: Receitas de cociña para celebrar a Guadalupe

FILLOAS

Ingredientes:

- Auga- Ovos- Leite- Un pouco de anís- Unha pouca casca de limón rallada- Fariña- Aceite de oliva

Elaboración:

1. Bátense os ovos.2. Mestúranse os ovos e o leite.3. Engádeselle o sal, anís e auga.4. Mesturase todo.5. Pouco a pouco vaise botando fariña a medida que se vai removendo.6. Ten que quedar unha masa líquida para que as filloas saian ben finiñas.7. Bótase un pouco aceite nunha sartaña ou nunha tixola, para que non se

peguen.8. Vaise botando na sartaña (ou tixola) a mestura realizada anteriormente.9. Cando vexamos que está ben feita retirámola e repetimos o procedemento ata

acabar.10. Este é o resultado:

Page 4: Receitas de cociña para celebrar a Guadalupe

PINCHOS PICANTES DE TENREIRA CON PATACAS FRITIDAS

Ingredientes:

- 750g. de carne de tenreira- Aceite 300ml.- Vinagre 150ml.- Sal- Viño branco 150ml.- Ourego- Pemento picante- Pemento doce- Perexil 100g.- Tres dentes de allo

Elaboración:

1. Realízase o adobe, bótaselle nunha xerra 300 ml. de aceite, 150ml. de vinagre, sal, 150ml. de viño branco, ourego, pemento picante, pemento doce, 100g. de perexil e tres dentes de allo.

2. Mesturase o anteriormente dito para ter o abobe elaborado.

3. Córtase a carne de tenreira en dadiños de pequeno tamaño para unha mellor cocción.

4. Bótaselle sal.5. Engádeselle o adobe á carne.6. Cando a carne o absorbeu métese nunhas baritas de aceiro inoxidable, que son

para facer os pinchos.

7. Realizada a operación anterior póñense na grella e ásanse.

Page 5: Receitas de cociña para celebrar a Guadalupe

8. Este sería o resultado final:

DOCE DE IOGUR

Ingredientes:

- Fariña 250 gramos.- 1 sobre de fermento- 4 ovos- 200g. de azucre- Un iogur (pode ser natural ou de sabores)- 100ml. de aceite de oliva- Casca de limón rallada.

Elaboración:

1. Quentar o forno a 175ºC.2. Engraxar con manteiga un molde.3. Poñer nunha cunca grande os ovos co azucre e a casca de limón rallada.4. Bater ata que a masa quede espumosa.5. Engadir o iogur e o aceite ata obter unha mestura cremosa.6. Botar a fariña pouco a pouco e verter no molde.

Page 6: Receitas de cociña para celebrar a Guadalupe

7. Introducilo no forno e deixalo cocer de 30 a 35 minutos.8. Asegurarse de que estea ben cocido, picándoo cun escarvadentes e que este

saia sen restos de masa pegados.9. Así quedaría despois de sacalo do forno.

SALTEADO DE ESPINACAS CON ATÚN E ARROZ EN BRANCO

Ingredientes:

- 200 g. de espinacas frescas- Un vaso de arroz- Auga - 2 dentes de allo- Aceite de oliva- Atún

Elaboración:

1. Cóllese unha tarteira, botáselle unha pouca auga.2. Cando a auga estea algo morna engádenselle as espinacas e déixanse cocer

durante 10 minutos. 3. Cando as espinacas estean cocidas escórrense.4. Tras escorrer as espinacas botamos nunha tixola un chisco de aceite de oliva.5. Bótaselle o allo picado en cadradiños moi pequenos, e as espinacas e deixase

durante 5 minutos.6. Cando as espinacas colleran algo do sabor do allo e do aceite engádeselle o

atún durante 2 minutos aproximadamente.7. O seguinte paso sería facer o arroz, entón, collemos unha tarteira, botámoslle

arredor de tres vasos de auga, un de arroz e un dente de allo. 8. Deixámolo cocer durante 15 minutos e xa estaría o arroz listo.9. Tendo toda a comida cociñada só nos queda servilo.

Page 7: Receitas de cociña para celebrar a Guadalupe

10. Este sería o resultado:

SARDIÑAS DE RIANXO ASADAS

Ingredientes:

- 1 kg. De sardiñas frescas- Sal

Elaboración:

1. Límpanse as sardiñas.

2. Fanse ascuas na lareira ou barbacoa con carbón.

Page 8: Receitas de cociña para celebrar a Guadalupe

3. Cando vexamos que estean feitas as ascuas, poñemos as sardiñas con un chisco de sal na grella.

4. Déixanse asar uns 15 minutos aproximadamente e dáselle a volta.5. Cando estean feitas retíranse do lume e sérvense. 6. Este sería o resultado final:

EMPANADA DE ZAMBURIÑAS

Ingredientes:- 1 Kg. De zamburiñas.- 1 cebola- Allo- Pemento vermello- Pemento verde- Sal- Fariña- Auga- Ovos- Fermento - Aceite de oliva- Azafrán - Pemento doce

Page 9: Receitas de cociña para celebrar a Guadalupe

Elaboración:

1. 2 horas antes de comezar a facer nada déixanse as zamburiñas limpas cun pouco de xugo de limón e sal para suavizar o seu sabor.

2. Bátese un ovo.3. Ponse a fariña nunha superficie plana.4. Nunha cunca mestúranse fermento, sal e auga morna.5. Mestúranse os ovos e a fariña, e vaise botando a mestura anterior ata conseguir unha

masa manexable.6. Váiselle botando fariña e amasando ata que sexa unha masa consistente.7. Deixase repousara a masa un pouco para que medre co

8. Para elaborar o rustrido picamos a cebola e o allo en cadradiños de pequeno tamaño.9. A continuación picamos ¼ de pemento vermello e a mesma medida de pemento

verde.

10. Poñemos a tixola ao lume e esperamos ata que o aceite estea algo quente.11. Engadimos a cebola, o allo e os pementos á tixola ata que se douren.12. Cando estean dourados engádenselle as zamburiñas, cun pouco de azafrán e pemento

doce.13. Cando estea feito retirase do lume.14. Estírase a masa en dúas capas finas.15. Ponse a capa inferior nunha empanadeira.16. Engádeselle o rustrido por toda a superficie repartíndoa ben.17. Ponse a capa superior, sélase ben polos bordes e fáiselle un buraco o medio.18. Píntase con xema de ovo para darlle brillo.19. Quentamos o forno a 180ºC.

Page 10: Receitas de cociña para celebrar a Guadalupe

20. Introducímola no forno e deixámola cocer sobre 40 minutos.21. Cando estea ben cocida retírase do forno.22. Este sería o resultado: