Recomendacions Nadal 2014

5
UN NADAL DE AVENTURA RECOMENDACIÓNS DO CEIP A RAMALLOSA 2014

description

 

Transcript of Recomendacions Nadal 2014

Page 1: Recomendacions Nadal 2014

UN NADAL DE AVENTURA

RECOMENDACIÓNS DO CEIP A RAMALLOSA 2014

Page 2: Recomendacions Nadal 2014

PRIMEIROS LECTORES

Vou ter un irmán. María Solar. Galaxia. Como será? Cando nacerá? A emoción da espera por un irmán.

Amelia quere un can? Tin Bowley. Kalandraka. Unha historia de insólitas mascotas a proba de rapaces.

Demo de dente! Pep Bruno. OQO. Estratexias, cada cal máis esmendrellante, para acabar co molesto baile dun dente

As historias da avoa Catarina. Iñaki Zubeldia. Unha avoa che de historias.

O domador de monstros. Ana M. Machado. SM. A chegada da noite é o comezo do pesadelo. apagada a luz aparecen pantasmas por todas partes.

Honorato, o rato namorado. Antonio G. Teijeiro. Xerais. Honorato é un rato ao que lle gustan as palabras, e gústalle pintalas de cores.

Unha bruxa ben rara. Carlos Mosteiro. SM. Na fraga de Bentraces vive Raruxa, unha bruxa particular e herdeira dunha maldición familiar que a fai fermosa e amable

A nai da nai da miña mamá. Alejandra Schmidt. Hércules. Este álbum ilustrado ofrécenos unha re-flexión sobre a vida a través dos anos da vellez dunha avoa e os anos de infancia da súa bisneta.

BO NADAL!

Page 3: Recomendacions Nadal 2014

O raposo e a mestra. Manuel Rivas. Xerais. O raposo Pindo é un raposo solitario, que sabe as falas de todos os animais e as persoas;

Piratas en la clase. Cornelia Franz. Edelvives. A pirata Walli a Salvaxe e os seus compinches perderon o barco e necesitan a axuda dun colexio para atopalo.

Un furacán chamado Otilia. Víctor Raga. Helena e Martiño seguen a pelexar coma o can e o gato. Por sorte, o señor Viramontañas sabe como tratalos e xuntos aprenden moitas cousas sobre a atmosfera e o tempo, ata que chega un furacán chamado Otilia e pon todo patas arriba

Fantasmas no corredor. Agustín Fdez Paz. Xerais.A familia de Mariña múdase a unha nova casa. Unha casa moi especial, pois axiña descobre que o corredor está cheo de fantasmas.

LECTORES AUTÓNOMOS

Un hermano metomentodo.Jesús Zatón.Edelvives. Lucas fai a vida moi difícil á súa irmá coa que discute a miúdo.

Un problema con patas. Marinella Terzi. Edelvives. Marcos ten medo do can da súa amiga e sempre inventa

unha excusa para non saír a pasealo.

O estrambótico Principiño. Pinto e Chinto. Bululú.O estrambótico Principiño é o rei, que un día foi Principiño, quen nos conta o que realmente sucedeu.

BO NADAL!

VIVE AVENTURAS ESTE NADAL DA MAN DUN BO

LIBRO!!

Page 4: Recomendacions Nadal 2014

Oso atrapabolboretas. Susana Isern. OQO. Un oso que salva as bolboretas que caen ao lago e lles sopra para que se sequen.

Un can e un gato. Paula Carbonell. OQO. Dous animais atópanse, xogan, enfádanse, sepáranse, bótanse de menos… e

volven xogar

Renato. Manolo Hidalgo. Kalandraka. As aventuras deste reno polo bosque.

A sopa queima. Pablo Albo. OQO. Que facer cando a sopa queima?

Un bicho raro. Paz Rodero G. Edelvives

Cantos animais. Susa Herrera. Libro-CD- DVD. Divertidas cancións de diferentes animais

PRELECTORES

A viaxe das bolboretas. Paula Carbonell. OQO. O percorrido que a eiruga fai da laranxeira ao limoeiro, durante o que se lle van sumando distintos compañeiros de viaxe

Quen é ese becho? Carmen Queralt. Kalandraka. Unha fauna diminuta habita neste simpático conto onde o lector/a convértese nun personaxe máis

O paseo de Rosalía. Pat Hutchins. Kalandraka. Cruzando a granxa, un raposo axexa a galiña Rosalía pero, tan torpe e desafortunado, que todos, riremos con tantas peripecias..

BO NAD

AL

Page 5: Recomendacions Nadal 2014

LECTORES EXPERTOS

Os reloxos preguiceiros de Néboa. Xabier Lama. Xerais. Na cidade de Néboa vívese unha aparente rebelión de todos os reloxos, que deixan de contar o tempo.

El laberinto de los números romanos. Ortega de la Cruz. Nivola. Lucía e Bruno intérnanse nunha vella casa. Nos seus corredores alguén escribiu palabras e números....

:

.

BO NADAL!El asesinato del profesor de matemáticas. J. Sierra i Fabra. Anaya. Un grupo de alumnos deben atopar ao asasino do profesor resolvendo unha serie de enigmas.

Escarlatina, a cociñeira defunta. Ledicia Costas. Xerais. Román recibe como agasallo do curso de cociña que pediu, unha cociñeira morta no s. XIX.

Prohibido leer a Lewis Carroll. Diego Arboleda. Anaya. Unha nena apasionada por un libro, unha institutriz algo gafe e un tío moi pintoresco.

Os Megatoxos e o dragón de xade. Anxo Fariña. Xerais. Nesta nova aventura os Megatoxos viaxan ao Xapón medieval na procura do Toxo para evitar que Namuzu, unha aparición oriental, provoque un terremoto devastador.

VIVE AVENTURAS ESTE NADAL DA MAN

DUN BO LIBRO!!