Recursos bibliográficos e bases de datos xurídicas

4

Click here to load reader

description

Acceso a bases de datos e recursoso bubibliográficos para o docente e o investigador en ciencias xurídicas.

Transcript of Recursos bibliográficos e bases de datos xurídicas

Page 1: Recursos bibliográficos e bases de datos xurídicas

BASES DE DATOS E RECURSOS PARA A INVESTIGACIÓN EN DEREITO Bases de datos xurídicas Boletíns Oficiais EURLEX CGPJ – Xurisprudencia CURIA Congreso dos Diputados Aranzadi La Ley Digital Tirant on line Iustel Normweb – Normas UNE

Bases de datos bibliográficas Catálogos - BUSC Dialnet CSIC WOS Refdoc SCIRUS Recolecta OAister REBIUN

Bases de datos de citas e impacto de publicacións Web of Science (JCR) RESH IN-RECS IN-RECJ DICE Google Scholar

AS BASES DE DATOS REFERENCIAIS Describimos neste apartado aquelas bases de datos de referencias de artigos de publicacións periódicas, actas de congresos, teses doutorais e tamén as de citas e índice de impacto e que son comúns para as ciencias sociais e as humanidades. 1.- De sumarios de revistas: Dialnet. Portal de difusión da produción científica hispana. Ademáis da referencias de artigos, capítulos de libro e actas de Congreso tamén da acceso ó texto completo cando son publicacións de acceso libre. Cómpre rexistrarse para se subscribir aos servizos de alerta e acceder a outras opcións personalizadas. CSIC. Base de datos de referencias de revistas españolas elaborada no CSIC. É posible consultala por especialidades. Refdoc. Mantenida por el Institut de l'Information Scientifique et Technique (INIST) de Francia, es una base de datos que da acceso a más de 52 millones de referencias de artÌculos, monografÌas, informes, actas de congresos, etc., en todas las disciplinas cientÌficas, incluyendo las Ciencias Sociales. La cobertura cronológica abarca de 1823 hasta el presente. Google Scholar. Esta ferramenta de google permite localizar literatura científica: libros, revistas, ponencias, etc . Da conta das veces que é citado no propio Google Scholar. SCIRUS. Un dos maiores buscadores de información científica na web, con máis de 450 millóns de ítems indizados. Máis completo na rama das ciencias, pero tamén é importante na linguística, as ciencias do comportamento e a economía.

2.- Bases de datos de citas e impacto de publicacións

Web of Science. • Social Sciences Citation Index Inclúe indexadas máis de 1.725 revistas de 50 disciplinas das ciencias sociais; indexando de xeito individual e seleccionado, ítems importantes de cerca de 3.300 revistas científicas e técnicas mundiais. Con un fondo retrospectivo que vai dende 1956, con unhas 2.900 novos rexistros cada semana, inclúe unhas 60.000 novas citas por semana Journal Citation Reports. Recurso que permito avaliar e comparar revistas usando os datos que aparecen nas citas, de cerca de 7.500 revistas escolares e técnicas de máis de 3.300

Page 2: Recursos bibliográficos e bases de datos xurídicas

editores en 60 países. Cubre as áreas tecnolóxicas e das ciencias sociais, e permite, ver cales son os as revistas máis citadas en cada campo, as revistas que contan con un maior índice de impacto en cada un dos seus campos, e as revistas máis importantes en cada campo de coñecemento. RESH achega os resultados da análise das Revistas Españolas de Ciencias Sociais e Humanas desde o punto de vista da súa calidade. Presenta en primeiro lugar os Índices de Citas correspondentes aos anos 1999, 2000, 2001, 2002, 2003 e 2004 a través dos cales pode valorarse o uso e a influencia de cada unha das revistas que aparecen citadas IN-RECS. Es un índice bibliométrico que ofrece información estadística a partir del recuento de las citas bibliográficas con el fin de determinar la relevancia, influencia e impacto científico de las revistas españolas de ciencias sociales, de los autores que publican en las mismas y de las instituciones a que estos se adscriben. Asimismo, permite conocer de manera individualizada las citas bibliográficas que reciben los trabajos publicados en revistas científicas españolas con lo que es posible conocer el impacto real que han tenido en la comunidad científica a la que se dirigen. IN-RECJ. É un índice bibliométrico que ofrece información estatística a partir do reconto das citas bibliográficas co fin de determinar a relevancia, influencia e impacto científico das revistas españolas de ciencias sociais, dos autores que publican nas mesmas e das institucións a que estes se adscriben. Así mesmo, permite coñecer de xeito individualizado as citas bibliográficas que reciben os traballos publicados en revistas científicas españolas co que é posible coñecer o impacto real que tiveron na comunidade científica á que se dirixen. DICE ten o obxectivo de facilitar o coñecemento e a consulta dalgunhas das características editoriais das revistas españolas de Humanidades e Ciencias Sociais máis estreitamente ligadas á calidade, relativas a aspectos tan cualitativos como os mecanismos de avaliación de orixinais para publicar, a apertura dos órganos de xestión e dirección, a presenza de diversas institucións non vinculadas á entidade editora entre as contribucións publicadas, a difusión das revistas en bases de datos multidisciplinares e especializadas de prestixio internacional ou o tipo de presenza en Internet. Complementa así os datos ofrecidos en RESH que achega, especialmente, datos relativos ao uso e influencia das revistas, a partir da elaboración de índices de citas que permiten calcular o impacto de cada unha na contorna disciplinar mais próximo. MIAR. A base de datos MIAR pretende reunir cunha periodicidade anual información crave para a identificación e a avaliación de revistas. Para ese efecto, vincúlanse mediante o número de ISSN conxuntos seleccionados de revistas establecidos segundo grandes ámbitos científicos -subdivididos á súa vez en campos académicos máis específicos- cunha batería de bases de datos de indización e resumo, repertorios de revistas e catálogos de bibliotecas. Ademais, sempre que se dispón do enlace web, ofrécese o vínculo aos datos actualizados nas páxinas web dos editores e institucións responsables dos repertorios e fontes contemplados na ficha de identificación e avaliación de revista establecida en MIAR. Google Scholar. Esta ferramenta de google permite localizar literatura científica: libros, revistas, ponencias, etc . Da conta das veces que é citado no propio Google Scholar.

3.- Bases de datos de teses doutoramento

Page 3: Recursos bibliográficos e bases de datos xurídicas

Teseo. Teseo é unha base de datos coa información das Teses de doutoramento desde 1976. Esta páxina está creada para permitir ao futuro doutor introducir os datos da súa tese no sistema. Proquest Dissertation and Theses. Proporciona referencias bibliográficas e abstracts de máis de 1,2 millóns de teses lidas en máis de 1000 institucións de todo o mundo dende 1861. Cada disertación publicada desde xullo de 1980 inclue un resumen de 350 palabras feito polo autor.

Tesis en red. Portal de teses electrónicas, a texto completo, no que se poden facer buscas en teses españolas. Tamén ten enlace a outras teses dixitais de universidades estranxeiras. 4.- Bases de datos de actas de Congresos ISI Proceedings. Base de datos que conta con máis de tres millóns e medio de rexistros bibliográficos cubrindo máis de 60.000 conferencias, que van dende o ano 1990 ata a actualidade e ós que se engaden máis de 225.000 rexistros novos cada ano. CSIC. Na base de datos do CSIC tamén se recollen ponencias en Congresos. DIALNET. Na base de datos do DIALNET tamén se recollen ponencias en Congresos. REBIUN. Na medida en que a maioría dos catálogos de bibliotecas universitarias españolas fan referencias dos traballos dos seus profesores, pódense localizar as referencias da maioría das ponencias presentadas por éstes en Congresos nos últimos anos. AS BASES DE DATOS ESPECIALIZADAS Faremos referencia ás bases de datos máis relevantes de cada especialidade sempre que sexan de acceso aberto ou estean subscritas pola BUSC ou BUGALICIA. 1.- Bases de datos xurídicas Boletíns Oficiais. Desde a páxina web do BOE poderemos acceder ó texto completo do BOE e do seu predecesor a Gazeta de Madrid, e á maioría dos boletíns oficiais doutros organismos do Estado, das comunidades autónomas e dos boletíns provinciais. Xurisprudencia do Tribunal Supremo. Acceso libre a texto completo das sentencias e resolucións deste tribunal . Congreso dos Diputados. Consulta de tódolos traballos parlamentarios e acceso ás webs doutros parlamentos autonómicos e extranxeiros. Europa. Portal que permite consultar toda a lexislación e xurisprudencia dos distintos organisnmos da UniónEuropea. Aranzadi. A Lexislación do Estado dende 1930. As normas máis relevantes e prácticas a texto vixente. A lexislación da súa Comunidade Autónoma dende que se formou. As Iniciativas Lexislativas máis interesantes. A Xurisprudencia do Tribunal Supremo e do Tribunal Constitucional dende 1979 A Xurisprudencia dos Tribunais Superiores de Xustiza, Audiencias Provinciais e Audiencia Nacional: tódalas sentencias - máis de 330.000- a partir do 2001 As sentencias máis interesantes dos Tribunais de Primeira Instancia. A Xurisprudencia actual do Tribunal Europeo de Dereitos Humanos e do Tribunal de Xustiza das Comunidades Europeas. Resolucións da Dirección Xeneral dos Rexistros e do Notariado, Tribunal de Defensa da Competencia, Tribunal conómico-Administrativo Central. Artigos doctrinais e máis de 20.000 referencias bibliográficas Áreas temáticas: as principais novedades en información xurídica agrupadas por áreas (Civil - Mercantil, Penal, Administrativo, Tributario e Social). Tutorial de consulta

Page 4: Recursos bibliográficos e bases de datos xurídicas

La Ley Digital. Permite a busca simultánea sobre un termo ou concepto nas diferentes bases de datos : BD de JURISPRUDENCIA inclúe o maior Fondo Xurisprudencial do mercado. BD da DIRECCIÓN GENERAL DE REGISTROS Y DEL NOTARIADO ofrece as resolucións itadas por este organismo dende 1980 e unha selección dende 1862. BDde LEGISLACIÓN contén disposicións de todos os ámbitos normativos (internacional, europeo, estatal, autonómico e foral) , así coma a redacción orixinal da norma e todas as súas versións intermedias dende o 1 de xaneiro de 2000. Códigos LA LEY da acceso ás normas máis relevantes do noso ordenamento xurídico. BD de DOCTRINA contén as referencias bibliográficas máis relevantes no mundo xurídico, e o texto completo de máis de 18.000 artigos doutrinais das publicacións periódicas de LA LEY Diario LA LEY, publicación que ofrece unha coidada información e selección de contados jurídicos Tirant on line. Lexislación, xurisprudencia, formularios, ordenanzas locais, tamén se poden consultar a texto completo a maioría dos textos editados por esta editorial xurídica.