Rehabilitación vivenda en terra · polo sistema de cob (sistema manual de terra moldeada con...

2
Rehabilitación vivenda en terra Data: 20132017 Situación: Pobra do Brollón Promoción: Privada Proxecto e xestión de obra: Hábitat Social Esta casa xurde do desexo dunha parella, que atopan na zona de Lemos o lugar no que desexan instalarse permanentemente para desenvolver os seus intereses persoais, estando en contacto continuo coa natureza e seguindo os principios da permacultura. A parcela atópase nunha zona bastante illada, rodeada dunha paisaxe fermosa en plena natureza. Partindo das preexistencias da parcela, a intención é rehabilitar a antiga vivenda e ampliala para cubrir as necesidades actuais dos novos habitantes, creando un hábitat saudable e consciente co entorno. Inicialmente, procurase un sistema de construción natural que sexa apropiado ao lugar, e que na medida do posible sexa de baixo custe. A primeira opción foi o tapial, sistema de construción con terra encofrada que se utilizaba tradicionalmente na zona de Lemos. Pero a día de hoxe non existen construtores locais que manexen esta técnica. Perante este inconvinte optase polo sistema de cob (sistema manual de terra moldeada con machete) para a reconstrución dos muros principais. Tanto o tapial como o cob ofrecen unhas cualidades moi similares. Os materiais e a man de obra son na súa maioría de procedencia local (terra, pedra, madeira de castiñeiro, etc.) coa intención de poñer en valor os saberes tradicionais, facendo que o impacto medioambiental sexa mínimo ao aforrar desprazamentos e enerxía no seu proceso de elaboración, e que a inversión revirta económicamente na zona.

Transcript of Rehabilitación vivenda en terra · polo sistema de cob (sistema manual de terra moldeada con...

Page 1: Rehabilitación vivenda en terra · polo sistema de cob (sistema manual de terra moldeada con machete) para a reconstrución dos muros principais. Tanto o tapial como o cob ofrecen

Rehabilitación vivenda en terra

Data: 2013­2017Situación: Pobra do BrollónPromoción: PrivadaProxecto e xestión de obra: Hábitat Social

Esta casa xurde do desexo dunha parella, que atopan na zonade Lemos o lugar no que desexan instalarsepermanentemente para desenvolver os seus interesespersoais, estando en contacto continuo coa natureza eseguindo os principios da permacultura. A parcela atópasenunha zona bastante illada, rodeada dunha paisaxe fermosaen plena natureza.

Partindo das preexistencias da parcela, a intención érehabilitar a antiga vivenda e ampliala para cubrir asnecesidades actuais dos novos habitantes, creando un hábitatsaudable e consciente co entorno. Inicialmente, procurase unsistema de construción natural que sexa apropiado ao lugar,e que na medida do posible sexa de baixo custe. A primeiraopción foi o tapial, sistema de construción con terraencofrada que se utilizaba tradicionalmente na zona deLemos. Pero a día de hoxe non existen construtores locaisque manexen esta técnica. Perante este inconvinte optasepolo sistema de cob (sistema manual de terra moldeada conmachete) para a reconstrución dos muros principais. Tanto otapial como o cob ofrecen unhas cualidades moi similares.

Os materiais e a man de obra son na súa maioría deprocedencia local (terra, pedra, madeira de castiñeiro, etc.)coa intención de poñer en valor os saberes tradicionais,facendo que o impacto medioambiental sexa mínimo aoaforrar desprazamentos e enerxía no seu proceso deelaboración, e que a inversión revirta económicamente nazona.

Page 2: Rehabilitación vivenda en terra · polo sistema de cob (sistema manual de terra moldeada con machete) para a reconstrución dos muros principais. Tanto o tapial como o cob ofrecen

Ademais, a través do deseño bioclimático da vivenda e autilización de materiais naturais, búscase optimizar ofuncionamento da mesma. Para esto empreganse criterioscomo a orientación e apertura ao sur para aproveitar a luz ecalor do sol, a inercia térmica a través dos muros de terra epedra de 60 cm para a conservación da calor, a cubertavexetal como aillante, materiais transpirables ehigroscópicos como arxila e cal para a regulación dahumidade... E por outro lado, buscase tamén o aforroenerxético e a reciclaxe a través dos sistemas deinstalacións: un sistema de paneis solares que cubre ademanda necesaria de electricidade, a instalación de bañossecos (que non necesitan auga e o material orgánico podereutilizarse como abono), a reciclaxe de augas grises a travésda depuración natural e a utilización de estufa de biomasapara calefactar a vivenda.

Imaxes: Yolanda Dolling e Hábitat Social

Rehabilitación vivenda en terra(continuación)