RELATO ANA FERNÁNDEZ

2
O CEMITERIO DOS VIVOS Ani Fernández Alonso O cemi terio esta bacío, camiño soa, desganada,mirando cara diante sen mirar todas as historias que deixo atrás. Miles de mortes que seguen a miles de vidas, todas vítimas da mesma realidade e de asasino común. Sigo o meu camiño abríndome paso entre o silencio, ata chegar a unha tumba . A zoa máis florida de todo o campo, a máis fértil, quizais porque aínda está húmida. Paro atraída por esa vida, esa persoa e por o froito de tantas lágrimas, das cales me declaro árbore. Non é a primeira vez que a visito,eu, xardineira dos seus recordos. Recordos de todo o que pasaramos, das nosas risas, das nosas disputas, dos nosos amores. Pobres nós, superviventes dunha sociedade cultivada entre envexa e falsidade. Pensamos que podíamos cambiar o mundo, créramos ser diferentes, superiores. Desafiamos a vida, retamos á morte. Ela a miña compañeira, a miña amiga, a que compartía a miña soidade e se convertera na miña única compañía. Recordo aquela tarde, aqueles días, aqueles anos nos que todo semellaba ser sinxelo, nos que un sorriso bastaba para ser feliz. Pobres nós, non apreciamos o que tanto nos sobraba. Xogamos a ser soldados dunha guerra, sen armas, loitamos polo que queriamos, e fixemos o mesmo. Esquivamos moitas tiros, rozáronos moitos máis. Sempre ocupadas na nosa vida, nos nosos problemas, nos nosos estudios, nas nosas metas confusas,pero sempre co mesmo obxectivo. E agora rañaría no pasado, no máis escuro pasado, nas nosas lágrimas,nesa liviá infelicidade para poder volver axexarte, volver cantaruxar sen que nada importe, volver olfactear o olor da vida e deixar ese aroma a humidade. Vivimos nun mundo de realidades complexas ás cales intentamos poñer solucións , que nunca solucionan. Vivimos buscando o todo, nada nos serve, somos inconformistas ou , se queremos ser francos, somos egoístas. Vivimos tocando as portas do ceo,esperando a que con sorte a felicidade por fin este en casa. Vivimos buscando o destino, sorteando a morte e na procura da perfección. Vivimos nunha procura estúpida e descontrolada cun destino,común,realidade coñecida que non podemos cambiar. Comentario [m1]: NOTA: 10

description

ACTIVIDADE RELACIONADA CO LÉXICO DA UNIDADE 2.

Transcript of RELATO ANA FERNÁNDEZ

Page 1: RELATO ANA FERNÁNDEZ

O CEMITERIO DOS VIVOS

Ani Fernández Alonso

O cemiterio esta bacío, camiño soa, desganada,mirando cara diante sen mirar todas

as historias que deixo atrás. Miles de mortes que seguen a mi les de vidas, todas vítimas da

mesma realidade e de asasino común. Sigo o meu camiño abríndome paso entre o silencio, ata

chegar a unha tumba . A zoa máis florida de todo o campo, a máis fértil, quizais porque aínda

está húmida. Paro atraída por esa vida, esa persoa e por o froito de tantas lágrimas, das cales

me declaro árbore.

Non é a primeira vez que a visito,eu, xardineira dos seus recordos. Recordos de todo

o que pasaramos, das nosas risas, das nosas disputas, dos nosos amores. Pobres nós,

superviventes dunha sociedade cultivada entre envexa e falsidade. Pensamos que podíamos

cambiar o mundo, créramos ser diferentes, superiores. Desafiamos a vida, retamos á morte.

Ela a miña compañeira, a miña amiga, a que compartía a miña soidade e se

convertera na miña única compañía.

Recordo aquela tarde, aqueles días, aqueles anos nos que todo semellaba ser sinxelo,

nos que un sorriso bastaba para ser feliz. Pobres nós, non apreciamos o que tanto nos sobraba.

Xogamos a ser soldados dunha guerra, sen armas, loi tamos polo que queriamos, e

fixemos o mesmo. Esquivamos moitas ti ros , rozáronos moitos máis.

Sempre ocupadas na nosa vida, nos nosos problemas, nos nosos estudios, nas nosas

metas confusas,pero sempre co mesmo obxectivo.

E agora rañaría no pasado, no máis escuro pasado, nas nosas lágrimas,nesa l iviá

infelicidade para poder volver axexarte, volver cantaruxar sen que nada importe, volver

ol factear o olor da vida e deixar ese aroma a humidade.

Vivimos nun mundo de realidades complexas ás cales intentamos poñer solucións ,

que nunca solucionan.

Vivimos buscando o todo, nada nos serve, somos inconformistas ou , se queremos

ser francos, somos egoístas.

Vivimos tocando as portas do ceo,esperando a que con sorte a felicidade por fin este

en casa.

Vivimos buscando o destino, sorteando a morte e na procura da perfección.

Vivimos nunha procura estúpida e descontrolada cun destino,común,real idade

coñecida que non podemos cambiar.

Comentario [m1]: NOTA: 10

Page 2: RELATO ANA FERNÁNDEZ

Pero mentres tanto,mentres se supón que vivimos,estamos tan obcecados que

esquecemos o importante, o real,o etéreo, pois o único valor que non podemos control ar e o

tempo.

E agora aquí estou, soa,o meu tacto xa non nota o palpitar do meu corazón. Mentres

paso a morte cultivando os meus recordos, laiándome da miña ignorancia, visi tando a miña

historia,a miña tumba.

Tan ocupada facendo planes, esquecinme de vivi r.