RELEVO DA PENÍNSULA IBÉRICA
description
Transcript of RELEVO DA PENÍNSULA IBÉRICA
RELEVO DA PENÍNSULA IBÉRICA
O relevo do interior da Península Ibérica está formada por unha gran MESETA CENTRAL, atravesada e rodeada por sistemas montañosos. Uns sistemas cruzan o interior da Meseta, outros bordéana e outros dispoñense alonxados dela.
Os sistemas interiores á Meseta son: o Sistema Central e os Montes de Toledo
Os sistemas que bordean á Meseta son: Montes Vascos, Cordal Cantábrico, Sistema Ibérico e Serra Morena
Os sistemas exteriores á Meseta son: Macizo Galaico, Pireneos, Sistema Costeiro Catalá e as Cordilleiras Béticas
SISTEMA CENTRAL• Divide á Meseta en dúas partes: a
Submeseta Norte e a Submeseta Sur• Esténdese desde o río Douro ata o río Texo• As súas serras ou montañas máis importantes
son: Somosierra, Guadarrama, Serra de Gredos (onde se atopa o monte máis alto, o Almanzor), Serra de Gata e Serra da Estrela, esta última en Portugal
Montes de toledo• Esténdense desde o río Texo ata o río Guadiana• As súas serras máis importantes son: Serra da Caldeira,
Guadalupe, Montanchez, Altamira, San Pedro, Chorito e Pocito
MONTES VASCOS• Esténdese desde o río Bidasoa ata a zona
cántabra dos Picos de Europa.• Os seus montes máis importantes son: Peña
Gorbea, Montes de Vitoria, Puerto del Escudo e Peña Labra.
CORDAL CANTÁBRICO• Formado polos Picos de Europa e os
Montes de León• Os seus montes máis importantes son:
Picos de Europa (onde se atopa o Torrecerredo, o monte máis alto), Porto de Pajares, Peña Ubiña, Peña Rubia, Peña Prieta e Teleno (en León)
Macizo galaico• Ocupa o noroeste da Península (Galicia).
Podemos destacar: - En Lugo: Serra de Meira, Xistral, Courel e
Ancares- En Coruña: Montes de Castelo- En Pontevedra: Faro de Avión, Serra do Suído, Montes do Testeiro e Serra de Santa Tecla
- En Ourense: Cabeza de Manzaneda, Cabeza de Meda, Serra de Sanmamede, Pena Trevinca (o pico máis alto), Montes do Invernadeiro, Serra de Larouco, Montes do Rodicio, Serra do Eixo, Serra de Queixa e Pena Negra
Sistema ibérico• Esténdese en diagonal dende os Picos de
Europa ata o río Xúcar• As súas serras máis importantes son: Montes de
Oca, Serra da Demanda, Urbión, Moncayo (que é o pico máis alto). Aquí o Sistema dividese en dúas direccións: unha que vai ó sur, con Albarracín, Montes Universais e Serra de Cuenca; e outra ó leste, onde están Javalambre e Pico de Gúdar.
SERRA MORENA• Esténdese desde o río Guadiana ata o río
Guadalquivir• As súas alturas máis importantes son:
Serra de Alcaraz, Paso de Despeñaperros, Serra Madrona, Serra de Almadén e Aracena.
• O seu pico máis alto é a Madrona
pireneos• Esténdense desde o cabo de Creus (en Girona)
ata o río Bidasoa (fronteira de Euskadi con Francia)
• As súas serras máis importantes son: A Mesa dos Tres Reis, Serra do Cadí, Serra das Tres Irmáns, Serra Alberes, Monte Perdido, Paso de Roncesvalles, Canfranc, Posets e Aneto (que é o pico máis alto)
Sistema costeiro catalá• Tamén chamado Macizo Catalán• Os montes máis elevados son: Montsant,
Montserrat e Montseny
CORDILLEIRAS BÉTICAS• Tamén chamadas Sistemas Béticos• Esténdese ó sur da Meseta. Atravesa a parte leste de
Andalucía e vai desde o río Xúcar ata o Golfo de Cádiz
• As súas alturas máis importantes son: Serra Carrasquete, Serra de Segura, A Sagra, Serra Nevada (onde se atopa o pico máis alto, que é o Mulhacén), Monte de San Cristobal, Serra Bermeja, Serra de Ubrique, Serranía de Ronda e Serra de Tolox
En Tenerife (as Illas Canarias) está o pico máis alto de España, o Teide
AS DEPRESIÓNS• Ademáis destas zonas elevadas e montañosas,
na Península Ibérica hai outras zonas chas e baixas, son as depresións. As dúas máis importantes son:- A depresión do Ebro: está situado entre o Sistema Ibérico e os Pireneos- A depresión do Guadalquivir: atópase entre Serra Morena e as Cordilleiras Béticas