RESEÑA LITERARIA JOSÉ RODRÍGUEZ TOBIO

3
1 Rodríguez Tobío José 4º B ESO Língua Galega – LIBRO: A Expedición do Pacífico 19 de novembro de 2011 A EXPEDICIÓN DO PACÍFICO MARILAR ALEIXANDRE Emilia Goianes , unha rapaza de Fisterra de doce anos, quere ir nunha expedición científica, pero ao ser muller, non pode. Decide argallar un plan para meterse no barco. Uns días despois, o seu irmán Andrés , un dos zoólogos que formaba parte da expedición, descóbrea, pero ao fin, déixaa que se quede, pero disfrazándoa de home e presentándoa como o seu irmán, co nome de Marcos . A expedición está formada por tres barcos nos que viaxaban douscentos homes, entre os que se atopaban oito naturalistas e un debuxante e fotógrafo. A expedición tiña como obxectivo mellorar as relacións entre España e Iberoamérica. Resulta enriquecedora en descubrimentos científicos, pero tamén moi perigosa. Destacan os moitos animais curiosos que descobren ao seu paso por Cabo Verde, Chile, Perú, Guatemala e Panamá, onde non poden continuar no barco debido ás tensións diplomáticas entre España e Iberoamérica. Seguen entón polo Amazonas ata chegar á cidade brasileira de Belem, onde o segredo de Emilia é descuberto. Voltan en decembro de 1871, tres anos despois da súa partida e fan unha exposición en Madrid, cos materiais recadados, que conta coa colaboración imprescindible da protagonista. Para min, este foi un libro entretido, pero non moi sinxelo de ler, xa que a primeira parte contén demasiada información a cerca das personaxes da historia e das cidades visitadas pola expedición. Pero a medida que a trama vai transcorrendo, a lectura vaise facendo máis amena, e é por iso polo que o final do libro é a parte máis interesante. Comentario [m1]: NOTA: 10

description

RESEÑA LITERARIA DA OBRA DE MARILAR ALEIXANDRE, EZPEDICIÓN AO PAFÍCIFO.

Transcript of RESEÑA LITERARIA JOSÉ RODRÍGUEZ TOBIO

Page 1: RESEÑA LITERARIA JOSÉ RODRÍGUEZ TOBIO

1

Rodríguez Tobío José

4º B ESO Língua Galega – LIBRO: A Expedición do Pacífico

19 de novembro de 2011

A EXPEDICIÓN DO PACÍFICO – MARILAR ALEIXANDRE

Emilia Goianes, unha rapaza de

Fisterra de doce anos, quere ir nunha

expedición científica, pero ao ser muller,

non pode. Decide argallar un plan para

meterse no barco. Uns días despois, o seu

irmán Andrés, un dos zoólogos que

formaba parte da expedición, descóbrea,

pero ao fin, déixaa que se quede, pero

disfrazándoa de home e presentándoa

como o seu irmán, co nome de Marcos.

A expedición está formada por tres

barcos nos que viaxaban douscentos

homes, entre os que se atopaban oito

naturalistas e un debuxante e fotógrafo.

A expedición tiña como obxectivo

mellorar as relacións entre España e

Iberoamérica. Resulta enriquecedora en

descubrimentos científicos, pero tamén

moi perigosa. Destacan os moitos animais

curiosos que descobren ao seu paso por Cabo Verde, Chile, Perú, Guatemala e

Panamá, onde non poden continuar no barco debido ás tensións diplomáticas

entre España e Iberoamérica. Seguen entón polo Amazonas ata chegar á cidade

brasileira de Belem, onde o segredo de Emilia é descuberto.

Voltan en decembro de 1871, tres anos despois da súa partida e fan unha

exposición en Madrid, cos materiais recadados, que conta coa colaboración

imprescindible da protagonista.

Para min, este foi un libro entretido, pero non moi sinxelo de ler, xa que a

primeira parte contén demasiada información a cerca das personaxes da historia

e das cidades visitadas pola expedición. Pero a medida que a trama vai

transcorrendo, a lectura vaise facendo máis amena, e é por iso polo que o final

do libro é a parte máis interesante.

Comentario [m1]: NOTA: 10

Page 2: RESEÑA LITERARIA JOSÉ RODRÍGUEZ TOBIO

2

Rodríguez Tobío José

4º B ESO Língua Galega – LIBRO: A Expedición do Pacífico

19 de novembro de 2011

No seu conxunto, podo dicir que a obra me resultou enriquecedora, xa

que os temas que se esconden tras a historia, como por exemplo:

-Os descubrimentos científicos.

-O contexto histórico.

-A reivindicación do feminismo.

parecéronme moi interesantes e que merecen ser tratados na sociedade actual.

Tamén me chamou moito a atención que o libro tivera dous prólogos:

-No primeiro, a autora explícanos que a novela está

baseada nunha expedición real, que tivo lugar entre 1862 e

1866. E na obra, reflexa certas semellanzas coa realidade,

como son algúns personaxes, os lugares visitados e as

penalidades ás que tiveron que facer fronte.

-No segundo, explica a relación que estableceu entre

personaxes da obra e personalidades polas que a autora sinte

admiración:

Emilia representa a dúas mulleres: Emilia Pardo Bazán, defensora

da educación das mulleres e Emilia Docet, quen loitou a favor do

Estatuto Galego.

Diego Vargas, amigo de Emilia, fai referencia ao avó da autora.

Por último, gustaríame destacar dúas cousas:

Penso que na actualidade, a expedición non estaría ben vista,

debido aos métodos empregados na captura de animais e nas

experimentacións con eles. Pero sei que grazas á súa contribución,

hoxe en día mellorou moito o coñecemento científico sobre estes

temas.

Page 3: RESEÑA LITERARIA JOSÉ RODRÍGUEZ TOBIO

3

Rodríguez Tobío José

4º B ESO Língua Galega – LIBRO: A Expedición do Pacífico

19 de novembro de 2011

A autora, fai protagonista a unha rapaza, reivindicando así o seu

papel de feminista, xa que daquela, as mulleres estaban

encasilladas nunha vida da que poucas veces podían saír ou

escapar, e só unha rapaza como Emilia, podía ter a valentía de

enfrontarse a súa realidade e interesarse por temas que a ela lle

interesaban, aínda que non estivesen ben vistos pola sociedade na

que vivía.

Narradora, poeta e tradutora, Marilar Aleixandre usa o galego

como lingua literaria e afirma que ten a lingua partida, pero

que non todos os bichos con lingua bífida son perversos. En

canto aos libros, di que no fondo son mensaxes escritas con

tinta, chuspe ou sangue que guindamos ao baleiro coa

esperanza de que alguén os reciba. Afeccionada a recoller

palabras descarreiradas, gárdaas entre as liñas de relatos ou

poemas. Traballa nunha das empresas máis antigas (500

anos) de Galicia.

Vive en Santiago de Compostela, onde ensina Didáctica da

Bioloxía e Educación Ambiental na Universidade, e escribe.

Algúns temas recorrentes nos seus libros son as traizóns,

sobre todo as traizóns a un mesmo, a unha mesma e as

tortuosas relacións familiares.