RESEÑA LITERARIA SARA

3
De Agustín Fernández Paz. Por Sara Soutullo Fernández. O libro Cartas de Inverno, xira entorno a amizade entre Adrián e Xabier. Amigos dende nenos e separados polos diferentes oficios que ocupaban. Adoitaban quedar a primeira quincena de agosto na que fora a súa terra de nacemento, Viveiro. En Galicia naceran xuntos, e en Galicia morrerían xuntos. Nun día desa quincena, Adrián confesoulle o seu amigo que quería volver a estar nos seus orixes, en Galicia, de onde se mantivera afastado no estranxeiro debido o seu traballo; era pintor. Xabier ollou nun xornal que se vendía una casa “encantada” e animou o seu amigo a comprala. Chegou o momento de volver as súas vidas, e despedíronse ata o ano seguinte, prometéndose que se manterían en contacto por carta dos seus seguintes pasos. De aí o título deste intrigante a vez que perturbador libro. Pero o que non sabía Adrián e que as cartas ían ser o seu modo de desafogarse do que lle acontecería nos seguintes seis meses. Por outra banda, Xabier, que era un recoñecido escritor, xurdiulle un traballo no Quebec canadense por seis meses. Foise sen avisar a ninguén, nin tan sequera a súa irmá Tereixa, a que estaba fortemente ligado. Este fora, posiblemente o maior erro que cometera un dos protagonistas desta historia. Adrián, tal e como prometera, escribíalle moi acotío, contándolle cada nova sobre a casa que mercara, a mesma casa que Xabier vira no xornal, a mesma casa que tiña tras dela unha lenda horrible que facía que os veciños dos arredores non quixesen achegarse. Alleo a toda esta información sobre a casa, Adrián mudouse a fermosa casa situada en Doroña-Vilamaior. Cando xa levaba varias noites, Adrián comezou a sentir presenzas estrañas na súa casa, estas presenzas derivaron a mensaxes de Fax pedindo auxilio e chamadas telefónicas imposibles de entender o seu significado. As dúas únicas palabras eran “SOCORRO” e “ARRIBA”. Por intuición, Adrián supuxo que a Comentario [m1]: NOTA: 10

description

RESEÑA LITERARIA DA OBRA DE A. FERNÁNDEZ PAZ, CARTAS DE INVERNO. REALIZADA POR SARA SOUTULLO. 4º ESO

Transcript of RESEÑA LITERARIA SARA

Page 1: RESEÑA LITERARIA SARA

De Agustín Fernández Paz.

Por Sara Soutullo Fernández.

O libro Cartas de Inverno, xira entorno a amizade entre Adrián e Xabier.

Amigos dende nenos e separados polos diferentes oficios que ocupaban.

Adoitaban quedar a primeira quincena de agosto na que fora a súa terra de

nacemento, Viveiro. En Galicia naceran xuntos, e en Galicia morrerían xuntos.

Nun día desa quincena, Adrián confesoulle o seu amigo que quería volver a

estar nos seus orixes, en Galicia, de onde se mantivera afastado no estranxeiro

debido o seu traballo; era pintor. Xabier ollou nun xornal que se vendía una

casa “encantada” e animou o seu amigo a comprala.

Chegou o momento de volver as súas vidas, e despedíronse ata o ano

seguinte, prometéndose que se manterían en contacto por carta dos seus

seguintes pasos. De aí o título deste intrigante a vez que perturbador libro.

Pero o que non sabía Adrián e que as cartas ían ser o seu modo de desafogarse

do que lle acontecería nos seguintes seis meses.

Por outra banda, Xabier, que era un recoñecido escritor, xurdiulle un traballo

no Quebec canadense por seis meses. Foise sen avisar a ninguén, nin tan

sequera a súa irmá Tereixa, a que estaba fortemente ligado. Este fora,

posiblemente o maior erro que cometera un dos protagonistas desta historia.

Adrián, tal e como prometera, escribíalle moi acotío, contándolle cada nova

sobre a casa que mercara, a mesma casa que Xabier vira no xornal, a mesma

casa que tiña tras dela unha lenda horrible que facía que os veciños dos

arredores non quixesen achegarse.

Alleo a toda esta información sobre a casa, Adrián mudouse a fermosa casa

situada en Doroña-Vilamaior.

Cando xa levaba varias noites, Adrián comezou a sentir presenzas estrañas na

súa casa, estas presenzas derivaron a mensaxes de Fax pedindo auxilio e

chamadas telefónicas imposibles de entender o seu significado. As dúas únicas

palabras eran “SOCORRO” e “ARRIBA”. Por intuición, Adrián supuxo que a

Comentario [m1]: NOTA: 10

Page 2: RESEÑA LITERARIA SARA

solución para saber o significado desta mensaxe podía atoparse no faio da

casa.

Nada do faio semellaba nada fora do normal, aínda que ficou nun libro moi

groso que a simple vista parecía común, pero no seu interior contiña un

gravado dunha moza nun cuarto cunha paisaxe moi familiar para el.

Cada vez que Adrián miraba a imaxe esta cambiada, non o seu contido, senón

a rapaza. As veces miraba pola fiestra, outras escribía nas paredes mensaxes

de auxilio, outras miraba para Adrián cuns ollos tristeiros, ollos que reflectían

horror...

Como para calquera persoa normal, estes acontecemos son inimaxinables.

Adrían chegou a pensar que Xabier estaba detrás de todo isto, soamente para

asustarlle, ou simplemente para gastarlle unha broma pesada.

Escribía cartas para que quedase demostrado o que estaba a pasar, para que o

seu amigo soubese que non toleaba. Estas cartas eran as que mantiñan a

Adrián calmado.

Para rematar coa situación, Adrián decide ir o cuarto onde se encontraba a

rapaza do gravado. Visiblemente, non existía, o cuarto estaba agochado detrás

dunha das paredes da cociña. O derribar este muro, encontrou unha trapela no

chan, pola que baixou para non volver subilas mais...

O chegar a súa casa, Xabier viu todas estas cartas e as imaxes que lle chegaran

na súa ausencia e non dubidou en partir cara Doroña.

O chegar ninguén estaba na casa, nin sequera o coche de Adrián,

Xabier envioulle unha carta a súa irmá, Tereixa, na que lle contaba que se non

lle volvía a chamar que lle dera o sobre que ía coa carta o inspector Soutullo e

el sabería perfectamente que facer neses casos.

Despois de escribir a carta, Xabier seguiu os pasos que fixera Adrián.

Días despois, o inspector Soutullo e a Tereixa partiron cara Doroña, onde

houbera un incendio na casa onde supostamente estaban Xabier e Adrián.

Page 3: RESEÑA LITERARIA SARA

Este libro mostra, aparte dun carácter paranormal, as cousas que fan uns

amigos por outros e ata onde pode chegar a curiosidade do ser humano polas

cousas descoñecidas.