Reserva - santiagodecompostela.gal

2
Do 13 ao 17 de setembro 2021 IV edición Espazos agochados de Compostela As visitas guiadas que realizamos na Semana do Patrimonio Invisible baséanse en dúas premisas: a calidade do discurso narrativo e a protección dos bens culturais que visitamos. Por este motivo as prazas para cada quenda de visitas son limitadas, e o proceso de reserva precisa da confirmación mediante correo electrónico por parte da organización a cada visitante. Compostela garda nas súas rúas, prazas e edificios un legado histórico e artístico como poucas cidades no mundo poden presumir. Porén non toda esta herdanza monumental de séculos pode ser visitada durante o ano. A Semana do Patrimonio Invisible é un ciclo programado pola Área de Cultura do Concello de Compostela que abre as portas de tesouros, habitualmente fechadas, e deseña unhas visitas guiadas de pequenos grupos para que os seus usuarios garden na memoria unha experiencia cultural única. Reserva a túa praza! Máis información: [email protected] Queremos garantir o acceso á actividade ao maior número de persoas, polo que cada solicitante poderá reservar un máximo de unha visita para dúas persoas. Para facer as reservas é preciso entrar na páxina web oficial e completar o formulario de reservas: www.patrimonioinvisible.gal

Transcript of Reserva - santiagodecompostela.gal

Do 13 ao 17 de setembro 2021IV edición

Espazos agochados de Compostela

As visitas guiadas que realizamos na Semana do Patrimonio Invisible baséanse en dúas premisas: a calidade do discurso narrativo e a protección dos bens culturais que visitamos. Por este motivo as prazas para cada quenda de visitas son limitadas, e o proceso de reserva precisa da confirmación mediante correo electrónico por parte da organización a cada visitante.

Compostela garda nas súas rúas, prazas e edificios un legado histórico e artístico como poucas cidades no mundo poden presumir. Porén non toda esta herdanza monumental de séculos pode ser visitada durante o ano.

A Semana do Patrimonio Invisible é un ciclo programado pola Área de Cultura do Concello de Compostela que abre as portas de tesouros, habitualmente fechadas, e deseña unhas visitas guiadas de pequenos grupos para que os seus usuarios garden na memoria unha experiencia cultural única.

Reservaa túa praza!

Máis información:[email protected]

Queremos garantir o acceso á actividade ao maior número de persoas, polo que cada solicitante poderá reservar un máximo de unha visita para dúas persoas.Para facer as reservas é preciso entrar na páxina web oficial e completar o formulario de reservas:

www.patrimonioinvisible.gal

LUGO

DE S

AR

RÚA

DO C

ASTR

ÓN D

OURO

AVENIDA DE LUGO

AS HO RTAS

RÍO

SARE

LARÍ

O SA

RELA

AV. X

OÁN

XXIII

AV. X

OÁN

XXIII

PARQUE FE

RMÍN BOUZA BREY

PARQUE FE

RMÍN BOUZA BREY

PARQUE FE

RMÍN BOUZA BREY

PARQUE FE

RMÍN BOUZA BREY

E ALEXANDRE BÓVEDA

E ALEXANDRE BÓVEDA

E ALEXANDRE BÓVEDA

E ALEXANDRE BÓVEDA

AAVVAAVAA ..VV.VVCCAASSTTEELLAAOO

PRAZA PRAZA PRAZA PRAZA VISTA ALEGREVISTA ALEGREVISTA ALEGREVISTA ALEGRE

RRÚÚAA

DDAASS

SSAALLVVLLVLL

AAVVAVVDDAA

SS

Fundación Laboral de la Construcción

Mananciaisde Compostela

Colexio de Fonseca

Zona C - Antigo Concello

Facultade de Xeografía e Historia

Seminario Menor da Asunción

Tribuna da Catedral

Pazo de Vaamonde

Hostal dos Reis Católicos

Orde Terceira

17161413 15

Colexio de FonsecaNeste fermoso edificio visitaremos o claus-tro e espazos máis agochados como a Bi-blioteca América e o Salón Nobre.

Seminario Menor da AsunciónO colexio domina a cidade histórica desde o outeiro de Belvís coa súa impoñente arqui-tectura e os seus máis de 24.000 m² de su-perficie construída.

Pazo de VaamondeConstruído no XVIII, este magnífico exemplo de pazo urbano acolle actualmente as ofici-nas do Consorcio de Santiago.

Fundación Laboral de la ConstrucciónHoxe sede desta institución, era un dos cur-tidoiros máis antigos da cidade e mais gran-des de Galicia.

Tribuna da CatedralFaremos un percorrido interior en altura polo edificio máis importante da cidade, desde onde teremos unha visión perfecta da súa estrutura románica.

Hostal dos Reis CatólicosCreado para albergar camiñantes e converti-do en hotel, coñeceremos os seus fermosos claustros, capela renacentista e outras sor-presas agochadas entre os seus muros.

Mananciais de CompostelaVisitaremos os antigos mananciais da Fonte Branca e da Ponte Mantible para introducir-nos nos puntos orixinais da arquitectura da auga da cidade.

Facultade de Xeografía e HistoriaEste templo do saber construído entre os séculos XVIII e XIX agocha sorprendentes espazos como o paraninfo ou a sala de lec-tura e unhas magníficas vistas sobre a cida-de histórica.

Zona C - Antigo ConcelloA fachada de Cervantes dun dos consistorios máis antigos de Galicia foi escenario do cre-cente poder municipal desde o século XVII.

Orde TerceiraDescubrimos o conxunto da Orde Terceira visitando a súa igrexa, deseñada por Domin-go de Andrade en 1681, a súa sancristía e mais o cemiterio.

Luns

12 h Colexio de Fonseca 13 h Seminario Menor da Asunción 17 h Colexio de Fonseca 18 h Pazo de Vaamonde 19 h Fundación Laboral de la Construcción 20 h Zona C - Antigo Concello

Martes 12 h Colexio de Fonseca 13 h Tribuna da Catedral 17 h Hostal dos Reis Católicos 18 h Fundación Laboral de la Construcción 19 h Colexio de Fonseca 20 h Pazo de Vaamonde

Mércores 12 h Fundación Laboral de la Construcción 13 h Zona C - Antigo Concello 17 h Mananciais de Compostela 18 h Mananciais de Compostela 19 h Mananciais de Compostela 20 h Mananciais de Compostela Xoves

12 h Orde Terceira 13 h Hostal dos Reis Católicos 17 h Pazo de Vaamonde 18 h Tribuna da Catedral 19 h Facultade de Xeografía e Historia 20 h Facultade de Xeografía e Historia

Venres 12 h Orde Terceira 13 h Fundación Laboral de la Construcción 17 h Zona C - Antigo Concello 18 h Tribuna da Catedral 19 h Seminario Menor da Asunción 20 h Facultade de Xeografía e Historia