RESERVA DA BIOSFERA MARIÑAS CORUÑESAS E TERRAS DO...

13
RESERVA DA BIOSFERA MARIÑAS CORUÑESAS E TERRAS DO MANDEO San Marcos, s/n 15318 Abegondo A Coruña Tlfno. 981 669 541 mail: [email protected] https://biosferamarinasbetanzos.wordpress.com/ PROGRAMA VOLUNTARIADO RESERVA DA BIOSFERA MARIÑAS CORUÑESAS E TERRAS DO MANDEO

Transcript of RESERVA DA BIOSFERA MARIÑAS CORUÑESAS E TERRAS DO...

Page 1: RESERVA DA BIOSFERA MARIÑAS CORUÑESAS E TERRAS DO …marinasbetanzos.gal/wp-content/uploads/2016/11/PROGRAMA... · 2018. 10. 16. · San Marcos, s/n 15318 Abegondo – A Coruña

RESERVA DA BIOSFERA MARIÑAS

CORUÑESAS E TERRAS DO MANDEO San Marcos, s/n 15318 Abegondo – A Coruña Tlfno. 981 669 541 mail: [email protected]

https://biosferamarinasbetanzos.wordpress.com/

PROGRAMA VOLUNTARIADO “RESERVA DA BIOSFERA MARIÑAS CORUÑESAS E TERRAS DO MANDEO”

Page 2: RESERVA DA BIOSFERA MARIÑAS CORUÑESAS E TERRAS DO …marinasbetanzos.gal/wp-content/uploads/2016/11/PROGRAMA... · 2018. 10. 16. · San Marcos, s/n 15318 Abegondo – A Coruña

MEMORIA VOLUNTARIADO ASOCIACIÓN “MARIÑAS – BETANZOS” Páxina 2

INDICE:

A. ASOCIACIÓN MARIÑAS - BETANZOS

1. INTRODUCIÓN.

2. ORGANIZACIÓN DA ASOCIACIÓN.

3. O PROGRAMA LEADER 2007-2013

4. RESERVA DA BIOSFERA MARIÑAS CORUÑESAS E TERRAS DO MANDEO.

5. LIÑAS DE ACCIÓN CONCRETAS DA ASOCIACIÓN MARIÑAS – BETANZOS.

B. PROGRAMA DE VOLUNTARIADO DA ENTIDADE

B.1. FINALIDADE BÁSICA DA ENTIDADE.

B.2. ACTIVIDADES PREVISTAS E ACCIÓNS CONCRETAS OFERTADAS AO VOLUNTARIADO.

B.3. CALENDARIO DE EXECUCIÓN E LUGAR DE DESENVOLVEMENTO DAS ACTIVIDADES.

B.4. RECURSOS POSTOS A DISPOSICIÓN DOS VOLUNTARIOS/AS.

B.5. GASTOS DERIVADOS DA ACCIÓN VOLUNTARIA.

B.6. DEREITOS DAS PERSOAS VOLUNTARIAS.

B.7. PERSOAL QUE PARTICIPA NA ACCIÓN COAS PERSOAS VOLUNTARIAS.

B.8. CANTIDADE DE RECURSOS HUMANOS (2015).

B.9. SEGURO

Page 3: RESERVA DA BIOSFERA MARIÑAS CORUÑESAS E TERRAS DO …marinasbetanzos.gal/wp-content/uploads/2016/11/PROGRAMA... · 2018. 10. 16. · San Marcos, s/n 15318 Abegondo – A Coruña

MEMORIA VOLUNTARIADO ASOCIACIÓN “MARIÑAS – BETANZOS” Páxina 3

A. ASOCIACIÓN MARIÑAS - BETANZOS

1. INTRODUCIÓN.

A Asociación de Desenvolvemento Rural “Mariñas – Betanzos”, e unha entidade sen ánimo

de lucro que foi constituída no ano 2008, cun ámbito territorial que abrangue os municipios

de Abegondo, Aranga, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Cesuras, Coirós

Culleredo, Curtis, Irixoa, Miño, Oleiros, Oza-Cesuras, Paderne, Sada e Sobrado, coa tarefa

principal de xestionar o Programa de desenvolvemento rural -LEADER 2007-2013-.

Esta Asociación nace co obxecto de servir de núcleo de integración e representación dos

diferentes axentes territoriais, institucionais, sociais e económicos, tanto públicos como

privados, interesados en promover o desenvolvemento do territorio de actuación, para

acadar os seguintes fins:

a) Vertebrar os diferentes sectores socioeconómicos e constituír un foro de debate continuo sobre

os problemas da zona, prestando especial atención ós mozos/as, ás mulleres, persoas con

discapacidade e colectivos de difícil inserción sociolaboral, así como á protección do ambiente e á

creación de emprego.

b) Sensibilizar ás administracións locais, autonómica e estatal, así como ás institucións comunitarias

europeas, canalizando as demandas da poboación do territorio, co obxecto de optimizar o

aproveitamento dos recursos endóxenos cara ó seu desenvolvemento harmónico e integral.

c) Ser centro receptor e distribuidor de toda a información relativa ó desenvolvemento

socioeconómico do medio rural, tanto a nivel nacional como internacional.

d) Posibilitar entre os asociados e outros interesados o intercambio de experiencias e metodoloxías

de animación e desenvolvemento socioeconómico.

e) Potenciar, revalorizar e preservar os recursos naturais, culturais, históricos e artísticos do

territorio.

f) Concienciar á poboación da necesidade de protexer o ambiente e o contorno rural, e tomar

parte activa niso, mediante actividades orixinais e innovadoras.

g) Formular e transmitir á poboación a estratexia adecuada para lograr o desenvolvemento

territorial.

h) Articular unha dinámica de participación que facilite o desenvolvemento social e económico.

Page 4: RESERVA DA BIOSFERA MARIÑAS CORUÑESAS E TERRAS DO …marinasbetanzos.gal/wp-content/uploads/2016/11/PROGRAMA... · 2018. 10. 16. · San Marcos, s/n 15318 Abegondo – A Coruña

MEMORIA VOLUNTARIADO ASOCIACIÓN “MARIÑAS – BETANZOS” Páxina 4

A Asociación Mariñas Betanzos é o ente xestor da Reserva de Biosfera “Mariñas Coruñesas e

Terras do Mandeo”, declarada oficialmente o 28 de maio de 2013 pola UNESCO, na XXV

Reunión do Comité Internacional do Programa Man and Biosphere (MaB). As Reservas de

Biosfera son recoñecidas pola UNESCO a nivel mundial, conformando territorios e

sociedades comprometidos coa conxugación do desenvolvemento socioeconómico e a

sostibilidade ambiental. A declaración como Reserva de Biosfera ven a fortalecer o

prestixio deste territorio, abrindo novas oportunidades para os seus produtos e servizos,

pero tamén a mellorar e avanzar na gobernanza participativa e baseada no coñecemento.

A Reserva de Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo”, comprende aos concellos

coruñeses de Abegondo, Aranga, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Coirós,

Culleredo, Curtis, Irixoa, Miño, Oleiros, Oza-Cesuras, Paderne, Sada e Sobrado, que

corresponden coas cuncas hidrográficas dos ríos Mandeo e Mero.

Dende o ente xestor da Reserva de Biosfera, vense traballando na posta en marcha de

iniciativas dirixidas ao desenvolvemento rural; ao fomento da innovación no sector

agroalimentario; á dinamización do emprendemento e á mellora da calidade de vida, así

como á recuperación da biodiversidade ou á loita frente o cambio climático.

Page 5: RESERVA DA BIOSFERA MARIÑAS CORUÑESAS E TERRAS DO …marinasbetanzos.gal/wp-content/uploads/2016/11/PROGRAMA... · 2018. 10. 16. · San Marcos, s/n 15318 Abegondo – A Coruña

MEMORIA VOLUNTARIADO ASOCIACIÓN “MARIÑAS – BETANZOS” Páxina 5

2. ORGANIZACIÓN DA ASOCIACIÓN. A Asociación de Desenvolvemento Rural “Mariñas – Betanzos” réxese por unha Asemblea

Xeral, organizada en Mesas Sectoriais, e unha Xunta Directiva elixida pola Asemblea.

A Asemblea Xeral

A Asemblea Xeral é o máximo órgano de decisión da Asociación e está integrada por todas

as entidades que forman parte dela. A Asemblea Xeral reúnese con carácter ordinario unha

vez ó ano co obxecto de avaliar o funcionamento de “Mariñas – Betanzos”, aprobar as

contas anuais así como os orzamentos para o vindeiro ano.

As Mesas Sectoriais

As entidades integradas na Asemblea Xeral organízanse en Mesas Sectoriais, nas cales se

poñen en común a problemática do sector que representan coa finalidade de establecer

posibles actuacións de mellora, canalizando á Xunta Directiva aquelas suxestións,

demandas, proxectos e iniciativas que o sector considere.

As Mesas Sectoriais constitúen a base da participación e difusión da información para as

entidades que operan no territorio. Teñen como finalidade dinamizar sectorialmente ós

actores locais implicados no desenvolvemento do territorio, así como servir de canle

informativo da Asociación.

Actualmente as Mesas Sectoriais están organizadas da seguinte forma: 1) Mesa do sector

agrario, gandeiro e cooperativo; 2) Mesa do sector forestal e da madeira; 3) Mesa de

asociacións de mulleres; 4) Mesa de asociacións xuvenís e colectivos xuvenís; 5) Mesa de

asociacións deportivas, recreativas, de veciños, culturais, ANPAS; 6) Mesa de artesanía; 7)

Mesa de asociacións e colectivos medioambientais ou actividades na natureza; 8) Mesa do

sector de turismo e hostalería; 9) Mesa de asociacións de empresarios multisectoriais; 10)

Mesa de colectivos de interese social, discapacidade e ONG´s; 11) Mesa do sector

institucional; 12) Mesa das administracións locais; 13) Mesa da pesca, marisqueo,

acuicultura.

Page 6: RESERVA DA BIOSFERA MARIÑAS CORUÑESAS E TERRAS DO …marinasbetanzos.gal/wp-content/uploads/2016/11/PROGRAMA... · 2018. 10. 16. · San Marcos, s/n 15318 Abegondo – A Coruña

MEMORIA VOLUNTARIADO ASOCIACIÓN “MARIÑAS – BETANZOS” Páxina 6

MESA SECTORIAL Nº ENTIDADES

ADMINISTRACIÓNS LOCAIS 17

ASOCIACIÓNS EMPRESARIOS MULTISECTORIAIS 11

ASOCIACIONS DEPORTIVAS, RECREATIVAS, DE VECIÑOS, CULTURAIS, ANPAS 27

ASOCIACIÓNS E COLECTIVOS DE MULLERES 11

ASOCIACIÓNS E COLECTIVOS MEDIOAMBIENTAIS OU ACTIVIDADES NA NATUREZA 14

ASOCIACIÓNS XUVENÍS E COLECTIVOS XUVENÍS 2

COLECTIVOS DE INTERESE SOCIAL, DISCAPACIDADE E ONG´S 14

MESA DA ARTESANIA 1

PESCA, MARISQUEO, ACUICULTURA 3

SECTOR AGRARIO, GANDEIRO E COOPERATIVO 11

SECTOR DE TURISMO E HOSTALERIA 4

SECTOR FORESTAL E DA MADEIRA 6

SECTOR INSTITUCIONAL 8

TOTAL ENTIDADES ASOCIADAS 129

A Xunta Directiva

A Xunta Directiva da asociación está formada polos representantes das entidades asociadas

organizadas sectorialmente e elixidos pola Asemblea Xeral, en función da pertenza destes

a cada mesa sectorial, de acordo coa representatividade que a Asemblea Xeral lle outorgou

a cada unha delas.

É o máximo órgano executivo, reuníndose xeralmente unha vez ó mes, co obxecto de fixar

as liñas concretas de actuación e aprobar ou denegar os Informes previamente verificados

por AGADER dos Proxectos LEADER.

TOTAL MEMBROS XUNTA DIRECTIVA: 26

PERSOAL DA ASOCIACIÓN MARIÑAS - BETANZOS

O persoal laboral da Asociación “Mariñas – Betanzos” a 31 de decembro de 2014 e o

seguinte:

1. Xerente Programa LEADER: Jorge M. Blanco Ballón

2. Técnica de Proxectos: Concepción Bonome González

3. Auxiliar Administrativa: Isabel Eiriz Naveira

4. Técnico de Proxectos: Diego Miranda Barrós

5. Técnico de Proxectos: Miguel Fernández Pardo

Page 7: RESERVA DA BIOSFERA MARIÑAS CORUÑESAS E TERRAS DO …marinasbetanzos.gal/wp-content/uploads/2016/11/PROGRAMA... · 2018. 10. 16. · San Marcos, s/n 15318 Abegondo – A Coruña

MEMORIA VOLUNTARIADO ASOCIACIÓN “MARIÑAS – BETANZOS” Páxina 7

3. O PROGRAMA LEADER 2007-2013.

Para acadar os obxectivos que se teñen marcado desde a Asociación de Desenvolvemento

Rural “Mariñas-Betanzos” estanse a executar distintos programas e/ou proxectos, entre os

que hai que destacar o Programa LEADER (2007-2013).

Desde a Consellería do Medio Rural se ten elaborado o “Programa de Desenvolvemento

Rural (PDR) de Galicia 2007-2013”, que contempla as actuacións en materia de

desenvolvemento rural, cofinanciadas con fondos europeos, coas que se pretende realizar

un esforzo que permita acadar un medio rural sólido e viable no horizonte do 2013.

O Programa LEADER é un dos catro eixos estratéxicos que conforman o Programa de

Desenvolvemento Rural. O enfoque LEADER parte do enfoque “abaixo-arriba”, onde a

estratexia de desenvolvemento se realiza desde o ámbito local e a capacidade de decisión

reside na unión dos axentes locais (Públicos e Privados) que desenvolven proxectos

tratando de implicar aos diferentes sectores do territorio, fomentando o emprego e o

traballo en rede e incorporando a innovación aos procesos de desenvolvemento

socioeconómico como un elemento importante.

A tipoloxía de actuacións subvencionables a través do Programa LEADER (Mariñas-Betanzos)

son as seguintes:

Proxectos para a dinamización do sector agrario e forestal.

Actuacións para a mellora medioambiental e do contorno rural.

Proxectos para a diversificación da economía rural e mellora da calidade de vida.

A Xunta de Galicia aprobou a concesión de novos fondos para o territorio de Mariñas –

Betanzos para os anos 2014 e 2015.

No ano 2015 a Asociación comezará a traballar na nova convocatoria do Programa de

Desenvolvemento Rural 2014-2020, para solicitar un novo Programa de Axudas para o

territorio.

Page 8: RESERVA DA BIOSFERA MARIÑAS CORUÑESAS E TERRAS DO …marinasbetanzos.gal/wp-content/uploads/2016/11/PROGRAMA... · 2018. 10. 16. · San Marcos, s/n 15318 Abegondo – A Coruña

MEMORIA VOLUNTARIADO ASOCIACIÓN “MARIÑAS – BETANZOS” Páxina 8

4. RESERVA DA BIOSFERA MARIÑAS CORUÑESAS E TERRAS DO MANDEO. PLAN DE

XESTIÓN 2013-2017

A candidatura da Reserva da Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo” establece o

Plan de Acción para o período 2013 – 2022, aprobado pola UNESCO na declaración oficial da

Reserva da Biosfera.

Na primeira reunión do Consello de Dirección da Reserva de Biosfera “Mariñas Coruñesas e

Terras do Mandeo”, celebrada o día 18 de xuño de 2013, acórdase traballar na elaboración

dun Plan de Xestión (2013 – 2017) a cinco anos que concrete as accións recollidas no Plan

de Acción (2013 – 2022).

Este Plan de Xestión é froito da participación e consenso dos axentes do territorio e das

entidades que participan na xestión e que teñen competencias na Reserva da Biosfera (a

participación é un principio que se está a impulsar desde a UNESCO no desenvolvemento do

Programa MaB).

Hai que destacar o enfoque de abaixo a arriba na formulación deste Plan de Xestión, que

será resultado do debate e a participación das Mesas Sectoriais e a Xunta Directiva da

A.D.R. “Mariñas-Betanzos”, do Consello de Dirección, Comités Científico e de

Participación, as Comisións Técnicas da Reserva da Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras

do Mandeo”, así como o público interesado en xeral.

Este Plan de Xestión constitúe un plan de desenvolvemento sostible da Reserva da

Biosfera, cuxa finalidade é establecer as liñas de actuación concretas para o cumprimento

dos obxectivos das Reservas da Biosfera para o período 2013 – 2017.

A posta en marcha e desenvolvemento do Plan de Xestión (2013 – 2017) vai a desenvolver a

Visión compartida e a Misión da Reserva de Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do

Mandeo”.

A Visión céntrase en fomentar o aproveitamento sostible dos recursos endóxenos, así como

a conservación do patrimonio natural e cultural que identifica a este territorio, permitindo

a mellora da calidade de vida da poboación local.

Page 9: RESERVA DA BIOSFERA MARIÑAS CORUÑESAS E TERRAS DO …marinasbetanzos.gal/wp-content/uploads/2016/11/PROGRAMA... · 2018. 10. 16. · San Marcos, s/n 15318 Abegondo – A Coruña

MEMORIA VOLUNTARIADO ASOCIACIÓN “MARIÑAS – BETANZOS” Páxina 9

Esta Reserva de Biosfera mediante a participación dos seus poboadores, comprometeuse

coa conservación dos recursos naturais a través dun modelo de desenvolvemento

socioeconómico sostible que xere oportunidades para a igualdade social, sen comprometer

a xeracións futuras, mellorando o uso racional do territorio e a súa gobernanza,

desenvolvendo actividades de formación e investigación, así como poñendo en marcha

experiencias demostrativas de desenvolvemento sostible.

A Misión da Reserva de Biosfera é:

A. Promover a mellora da calidade de vida e o reforzo dos sectores produtivos

mediante a súa integración cos obxectivos e principios de conservación e

sostibilidade da Reserva de Biosfera.

B. Garantir un desenvolvemento sostible do espazo rural é necesario para apoiar a

mellora de renda das explotacións de forma integral, incluíndo a mellora da

calidade das producións, o respecto ao medio ambiente, o mantemento dos servizos

dos ecosistemas e a diversificación das actividades.

C. Outro dos retos desta Reserva de Biosfera será impulsar modelos de produción e

consumo máis sostibles, que permitan contribuír á mitigación do cambio climático

reducindo as emisións de CO2, así como solucionar os problemas derivados da gran

demanda enerxética actual e da dependencia dos combustibles fósiles.

D. Asegurar a recuperación, conservación e protección dos valores ambientais e

culturais do territorio, así como fomentar o aproveitamento sostible dos recursos

naturais.

E. Contribuír a enfrontar os grandes retos do século XXI baixo o prisma da

investigación, a aprendizaxe, a cooperación, a comunicación, a innovación, a

sostibilidade e a cohesión social, promovendo deste modo un crecemento

participativo, sostible e integrador da Reserva de Biosfera, e xerando un entorno de

coñecemento. As funcións das Reservas de Biosfera presupoñen a implicación das

poboacións locais e outros axentes sociais na xestión do territorio e o

desenvolvemento do plan de actuacións. Só deste modo poderán acadarse os fins da

Reserva en canto a harmonizar desenvolvemento e conservación.

Page 10: RESERVA DA BIOSFERA MARIÑAS CORUÑESAS E TERRAS DO …marinasbetanzos.gal/wp-content/uploads/2016/11/PROGRAMA... · 2018. 10. 16. · San Marcos, s/n 15318 Abegondo – A Coruña

MEMORIA VOLUNTARIADO ASOCIACIÓN “MARIÑAS – BETANZOS” Páxina 10

O Plan de Xestión (2013 – 2017), estrutúrase nas seguintes liñas de acción:

A. XESTIÓN ADAPTATIVA, COMUNICACIÓN E COOPERACIÓN

B. ENTORNO SOCIOECONÓMICO, EMPREGO E CAMBIO CLIMÁTICO

C. SOSTIBILIDADE DO MEDIO RURAL E DO MEDIO MARIÑO, PRODUCIÓNS E SERVIZOS

D. CIENCIA E DESENVOLVEMENTO DE CAPACIDADES

E. CONSERVACIÓN DOS RECURSOS NATURAIS E PATRIMONIAIS

5. LIÑAS DE ACCIÓNS CONCRETAS DA ASOCIACIÓN MARIÑAS – BETANZOS-

RESERVA DA BIOSFERA MARIÑAS CORUÑESAS E TERRAS DO MANDEO. Liñas de

traballo.

1. Xestión adaptativa, Comunicación e Cooperación.

2. Conservación dos recursos naturais e patrimoniais.

3. Sostibilidade do medio rural e mariño, producións e servizos

4. Ciencia e desenvolvemento de capacidades.

5. Entorno socioeconómico, emprendemento e cambio climático.

Page 11: RESERVA DA BIOSFERA MARIÑAS CORUÑESAS E TERRAS DO …marinasbetanzos.gal/wp-content/uploads/2016/11/PROGRAMA... · 2018. 10. 16. · San Marcos, s/n 15318 Abegondo – A Coruña

MEMORIA VOLUNTARIADO ASOCIACIÓN “MARIÑAS – BETANZOS” Páxina 11

B. PROGRAMA DE VOLUNTARIADO DA

ENTIDADE

B.1. FINALIDADE BÁSICA DA ENTIDADE:

Segundo os Estatutos, a Asociación constitúese coa finalidade de ser o núcleo de

integración e representación dos diferentes axentes territoriais, institucionais, sociais e

económicos, tanto públicos como privados, interesados en promover o desenvolvemento do

territorio de actuación.

Entidade xestora da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo e do

Programa LEADER.

B.2. ACTIVIDADES PREVISTAS E ACCIÓNS CONCRETAS OFERTADAS AO

VOLUNTARIADO:

O persoal voluntario prestará apoio nas liñas de traballo comprendidas no Plan de Xestión

da Reserva da Biosfera “MCeTM” aprobado pola Xunta Directiva da Asociación “Mariñas –

Betanzos”:

Liña 2. Conservación dos recursos naturais e patrimoniais: Accións encamiñadas á

conservación, recuperación, difusión e mellora dos recursos naturais e patrimoniais.

Liña 3. Sostibilidade do medio rural e mariño, producións e servizos: Accións para

mellorar a calidade de vida da poboación, fomentar a sostibilidade e a diversificación das

actividades agrogandeiras e do mar, facilitando a incorporación de novos activos; reforzar

as actividades artesanais e de calidade, fomentando a comercialización e consumo local.

Creación de marcas de calidade para os produtos e servizos da Reserva.

Liña 4. Ciencia e desenvolvemento de capacidades: Mellorar a investigación e o

coñecemento sobre os recursos da Reserva da Biosfera e o seu aproveitamento sostible.

Liña 5. Entorno socioeconómico, emprendemento e cambio climático: Accións dirixidas

a fomentar o emprego e o emprendemento sostible, e responsabilidade empresarial.

2. APOIO NAS TAREFAS DO PLAN ALIMENTARIO DA RESERVA DA BIOSFERA MARIÑAS

CORUÑESAS E TERRAS DO MANDEO. 2014-2017.

Page 12: RESERVA DA BIOSFERA MARIÑAS CORUÑESAS E TERRAS DO …marinasbetanzos.gal/wp-content/uploads/2016/11/PROGRAMA... · 2018. 10. 16. · San Marcos, s/n 15318 Abegondo – A Coruña

MEMORIA VOLUNTARIADO ASOCIACIÓN “MARIÑAS – BETANZOS” Páxina 12

3. APOIO NA ELABORACIÓN SOLICITUDES CANDIDATURAS DOUTROS PROXECTOS: LIFE,

INTERREG, EUROPA PARA OS CIDADÁNS…..ELABORADAS POLA ASOCIACIÓN MARIÑAS

BETANZOS.

4. TAREFAS DE APOIO AO EMPRENDEMENTO SOCIAL: ASESORAMENTO A PERSOAS NOVAS,

PERSOAS EN RISCO DE EXCLUSIÓN SOCIAL, MULLERES….DO TERRITORIO DA RESERVA DA

BIOSFERA MARIÑAS CORUÑESAS E TERRAS DO MANDEO. SERVIZOS SOCIAIS.

5. DIFUSIÓN E DINAMIZACIÓN SOCIAL.

B3. CALENDARIO DE EXECUCIÓN E LUGAR DE DESENVOLVEMENTO

DAS ACTIVIDADES.

Os voluntarios/as dos diferentes proxectos, desenvolveran a súa actividade no territorio de

Mariñas – Betanzos, apoiándose na sede do GDR Mariñas – Betanzos en Abegondo: Rúa San

Marcos, s/n (Antiga Cámara Agraria 1ª planta) 15318 Abegondo (A Coruña).

O horario dos voluntarios/as que participen nestes Programas adaptaríase ás

dispoñibilidades do voluntariado.

A Sede ten o seguinte horario de apertura:

Inverno: Luns a Venres de 8.00 a 15.00 horas (Tardes de luns a xoves 16.00 a 18.30 horas)

Verán: Luns a Venres de 8.00 a 15.00 horas.

B4. RECURSOS POSTOS A DISPOSICIÓN DOS VOLUNTARIOS/AS:

Todos os voluntarios/as terán a súa disposición os medios e recursos necesarios para

desenvolver con éxito o seu desempeño.

A sede da Asociación dispón de ordenadores, impresoras, material de oficina, cámaras de

fotos e cámara de vídeo.

B5. GASTOS DERIVADOS DA ACCIÓN VOLUNTARIA:

As persoas voluntarias que participen nestes Programas serán reembolsadas dos gastos que

poidan ocasionarlles esta actividade de voluntariado, exceptuando os gastos de

desprazamentos á sede da Asociación.

Os gastos de desprazamento serán aboados a 0,19€ por quilómetro en vehículo propio.

Page 13: RESERVA DA BIOSFERA MARIÑAS CORUÑESAS E TERRAS DO …marinasbetanzos.gal/wp-content/uploads/2016/11/PROGRAMA... · 2018. 10. 16. · San Marcos, s/n 15318 Abegondo – A Coruña

MEMORIA VOLUNTARIADO ASOCIACIÓN “MARIÑAS – BETANZOS” Páxina 13

B6. DEREITOS DAS PERSOAS VOLUNTARIAS:

As persoas voluntarias que participen nestes programas recibirán certificación da

súa participación, como recoñecemento do seu valor social para que poidan incluílo

no seu curriculum, e as horas efectivamente adicadas.

Poderán cesar libremente na súa condición de persoas voluntarias cando o desexen.

Non serán asignadas na execución de tarefas alleas aos fins e natureza da entidade.

Outros que se recollen na Lei 3/2000, do 22 de decembro, do voluntariado de

Galicia.

B7. PERSOAL QUE PARTICIPA NA ACCIÓN COAS PERSOAS

VOLUNTARIAS:

O seguimento e distribución das actividades e voluntarios/as nos diferentes Programas será

coordinado polo Xerente da Asociación, Jorge M. Blanco Ballón.

B8. CANTIDADE DE RECURSOS HUMANOS (2015):

- VOLUNTARIOS QUE PARTICIPAN NA XUNTA DIRECTIVA DA ASOCIACIÓN: 26

B9. SEGURO COMPAÑÍA:

Todas as persoas voluntarias que participen neste Programa estarán aseguradas polos riscos

que poidan derivarse do exercicio da actividade voluntaria, polos capitais que

regulamentariamente se establezan.

Actualmente existe unha póliza de Responsabilidade Civil para asistentes a cursos de

formación voluntarios.

Este Programa rexerase pola Lei 10/2011, de 28 de novembro, de acción voluntaria da

Xunta de Galicia, unha vez aprobado pola Xunta Directiva da Asociación Mariñas –

Betanzos.

Abegondo, 1 de xaneiro de 2015

Asdo.: José Antonio Santiso Miramontes

Presidente Asociación Mariñas - Betanzos