RESOLUCIÓN DO TRIBUNAL ADMINISTRATIVO DE … · 2018-06-19 · Recurso nº 3/2018 Resolución nº...
Transcript of RESOLUCIÓN DO TRIBUNAL ADMINISTRATIVO DE … · 2018-06-19 · Recurso nº 3/2018 Resolución nº...
Raxeira 52-2º 15781 Santiago de CompostelaTeléfono 881995481 Fax 881995485 Rexistro Xeral no Edificio Administrativo San Caetano15781 Santiago de Compostela [email protected] https://tacgal.xunta.gal
Recurso nº 3/2018
Resolución nº 9/2018
RESOLUCIÓN DO TRIBUNAL ADMINISTRATIVO DE CONTRATACIÓN
PÚBLICA DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA
En Santiago de Compostela, a 14 de maio de 2018
VISTO o recurso especial en materia de contratación interposto por J. M. B. T. e
R. G. F. actuando en nome e representación de AGFA HEALTHCARE SPAIN S.A.U
contra a resolución de adxudicación do Lote 2, da Dirección Xeral de Recursos
Económicos do Servizo Galego de Saúde, na licitación denominada Subministración
de equipamento electromédico de radioloxía con destino a diversos centros sanitarios
do Servizo Galego de Saúde, código licitación AB-SER2-17-009, este Tribunal
Administrativo de Contratación Pública da Comunidade Autónoma de Galicia
(TACGAL, en adiante) en sesión celebrada no día da data, adoptou, por unanimidade,
a seguinte Resolución:
ANTECEDENTES DE FEITO
Primeiro.- Polo Servizo Galego de Saúde convocouse a licitación do contrato
de subministración de equipamento electromédico de radioloxía con destino a diversos
centros sanitarios do Servizo Galego de Saúde, código licitación AB-SER2-17-009, cun
valor estimado declarado de 1.708.060 euros.
Tal licitación foi obxecto de publicación no Perfil do contratante, na Plataforma de
Contratos Públicos de Galicia e no DOUE, o 4.10.2017.
Po resolución do 12 de marzo de 2018 adxudicouse o lote 2 a FUJIFILM
EUROPE GmbH Sucursal en España.
Páxina 1 de 15
Raxeira 52-2º 15781 Santiago de CompostelaTeléfono 881995481 Fax 881995485 Rexistro Xeral no Edificio Administrativo San Caetano15781 Santiago de Compostela [email protected] https://tacgal.xunta.gal
Segundo.- Segundo o expediente da licitación, a mesma está sometida ao
texto refundido da Lei de Contratos do Sector Público, aprobado polo Real Decreto
Lexislativo 3/2011, de 14 de novembro (TRLCSP, en adiante).
Terceiro.- En data 4.4.2018 AGFA HEALTHCARE SPAIN S.A.U interpuxo
recurso especial en materia de contratación contra a resolución de adxudicación do
Lote 2, da Dirección Xeral de Recursos Económicos do Servizo Galego de Saúde, na
licitación denominada Subministración de equipamento electromédico de radioloxía
con destino a diversos centros sanitarios do Servizo Galego de Saúde, código
licitación AB-SER2-17-009. O 5.4.2018 abriuse ao recorrente trámite de enmenda do
seu escrito, cumprimentado en tempo e forma.
Cuarto.- Con data 9.4.2018 reclamouse a Servizo Galego de Saúde o
expediente e o informe ao que se refire o artigo 56.2 da Lei 9/2017, de 8 de
novembro, de contratos do sector público (en diante, LCSP). A documentación foi
recibida neste Tribunal o día 20.4.2018.
Sexto.- Trasladouse o recurso aos interesados os días 20, 24 e 26 de abril, sen
que se recibiran alegacións.
Sétimo.- Mediante resolución de 13.4.2018, o TACGAL acordou manter a
suspensión automática do procedemento de licitación.
FUNDAMENTOS DE DEREITO
Primeiro.- Ao abeiro do artigo 35 bis. 5 da Lei 14/2013, de 26 de decembro, de
racionalización do sector público autonómico, corresponde a este Tribunal a
competencia para resolver este recurso.
Segundo.- En virtude do disposto na Disposición Transitoria Primeira.4 LCSP o
presente recurso tramitouse conforme os artigos 44 a 60 da Lei 9/2017, de 8 de
novembro, de contratos do sector público, e, no que fose de aplicación, polo Real
Decreto 814/2015, de 11 de setembro, polo que se aproba o Regulamento dos
procedementos especiais de revisión de decisións en material contractual e de
organización do Tribunal Administrativo Central de Recursos Contractuais.
Páxina 2 de 15
Raxeira 52-2º 15781 Santiago de CompostelaTeléfono 881995481 Fax 881995485 Rexistro Xeral no Edificio Administrativo San Caetano15781 Santiago de Compostela [email protected] https://tacgal.xunta.gal
Terceiro.- O recorrente ostenta lexitimación para interpoñer o presente recurso
especial, en base ao art. 48 LCSP, por canto participou na licitación, sendo a súa
oferta a segunda mellor valorada.
Cuarto.- En base as datas antes descritas, o recurso foi interposto en prazo.
Quinto.- A actuación recorrida é susceptible de recurso especial ao abeiro dos
artigos 44.1.a) e 2.c) LCSP.
Sexto.- Segundo o recorrente, a adxudicación do lote n° 2 á empresa FUJIFILM
EUROPE GmbH Sucursal en España incumpre as condicións de obrigado
cumprimento recollidas no Prego de Prescricións Técnicas, de forma que considera
que a súa non exclusión vulnera os principios máis elementais de contratación pública
e especialmente o principio de igualdade de trato e non discriminación que debe rexer
todo procedemento de selección dos contratistas da Administración.
Alega que da lectura do prego de Prescricións Técnicas determínase a esixencia
de presentar un sistema radiográfico analóxico, mentres que a solución ofertada pola
adxudicataria é un sistema radiográfico dixital, considerándose que son produtos
diferentes.
Tamén recolle que o prego de Prescricións Técnicas e a Enquisa establece a
esixencia de que os equipos ofertados dispoñan de colimador físico, non existente na
oferta de FUJIFILM EUROPE GmbH Sucursal en España, e engade que o Prego de
Prescricións Técnicas (PPT en adiante) obriga que os produtos sanitarios a ofertar
cumpran coa normativa de aplicación e que o Real Decreto 1591/2009, do 16 de
outubro, polo que se regulan os produtos sanitarios, determina no seu artigo 22 a
obriga de comunicación de comercialización e posta en servizo e rexistros de
trazabilidade para os produtos da clase Ilb, extremo que a recorrente considera que
non puido acreditar que fose realizada por parte de FUJIFILM EUROPE GmbH
Sucursal en España respecto do modelo Smart X, pertencente á familia FDR Smart,
que ofertou no lote.
Finalmente aporta que o órgano de contratación unicamente lle deu acceso aos
Informes Técnicos de Valoración e da Enquisa Técnica obrante na oferta de FUJIFILM
EUROPE GmbH Sucursal en España, pero non á documentación técnica explicativa
da oferta (Composición Técnica da Oferta) obrante na mesma, e que se permita o
Páxina 3 de 15
Raxeira 52-2º 15781 Santiago de CompostelaTeléfono 881995481 Fax 881995485 Rexistro Xeral no Edificio Administrativo San Caetano15781 Santiago de Compostela [email protected] https://tacgal.xunta.gal
acceso á oferta ou que este Tribunal comprobe a veracidade dos datos obrantes na
enquisa técnica de tal oferta.
En virtude do anterior solicita se anule a resolución de adxudicación do lote 2,
por canto FUJIFILM EUROPE GmbH Sucursal en España (FUJIFILM en adiante) e se
considere que a súa oferta non cumpría coas esixencias previstas, debendo ser
excluída.
Sétimo.- O informe do órgano de contratación argumenta que a oferta de
FUJIFILM cumpre o disposto no prego.
Engade que non se declarou confidencial a totalidade da oferta, senón
unicamente as súas características técnicas, co cal os recorrentes tiveron acceso ao
resto da documentación como a enquisa técnica, a memoria técnica e os catálogos da
oferta, ao que hai que engadir os informes técnicos do órgano de contratación que
serviron de base á adxudicación. Non cabe, por tanto, considerar que tivo lugar unha
indefensión.
Acompaña ademais un informe da Técnica do Servizo de Montaxe e
Equipamento, que expresa que o prego indica que debe cumprir coas especificacións
técnicas, características xerais, e prestacións, que terán carácter de mínimo. Así, era
un mínimo que a detección da imaxe fora polo menos dixital indirecta a través dun
soporte intermedio, o CR (radiografía computorizada), para que posteriormente poida
ser visualizada na consola de adquisición da imaxe tamén solicitada.
Engade que a indicación de que “Deberá ser compatible cos sistemas de
dixitalización existentes no mercado” deixa claro que o que se pretende é a súa
dixitalización nunha etapa posterior, entendendo como dixitalización a adquisición da
imaxe de maneira directa é dicir, que a imaxe adquirida durante o disparo radiográfico
apareza directamente na consola de adquisición xunto cos parámetros e as doses
utilizadas, sen necesidade do paso intermedio que supón o uso do CR. Quedaba claro
no prego que o obxectivo final da licitación era conseguir un sistema dixital completo.
Remata esta cuestión expresando que a característica da “compatibilidade cos
sistemas de dixitalización existentes no mercado” foi considerada como mellora
relevante na valoración dos equipos.
Páxina 4 de 15
Raxeira 52-2º 15781 Santiago de CompostelaTeléfono 881995481 Fax 881995485 Rexistro Xeral no Edificio Administrativo San Caetano15781 Santiago de Compostela [email protected] https://tacgal.xunta.gal
Sobre o colimador expresa que o Product Data do modelo FDR Smart X que
AGFA xunta ao recurso non coincide na súa totalidade co documento presentado por
FUJIFILM na súa oferta técnica. En concreto, o extracto do Product Data que AGFA
reproduce no recurso no que figura a marca e modelo do colimador non forma parte da
documentación técnica presentada FUJIFILM na súa oferta técnica, e que en ningún
apartado da documentación achegada na oferta de FUJIFILM menciónase a marca e
modelo do colimador. Aínda que na Enquisa Técnica cumprimentada por FUJIFILM
indicou colimador manual, o resto de documentación presentada na oferta permitiu
comprobar que o colimador cumpre os requisitos mínimos do PPT.
Finalmente, sobre a alegación do recorrente sobre a comercialización e posta en
servizo, a informante explica que o Prego de Prescricións Administrativas no seu
punto 5.4.1 indica a documentación para incluír dentro do sobre B que reflictan as
características da oferta do licitador, que non son avaliables de forma automática e en
concreto no apartado 3 se solicita a acreditación de cumprimento de normativa de
produtos sanitarios mediante declaración responsable conforme o modelo que se
acompaña (Anexo III), que foi o que presentou FUJIFILM.
Oitavo.- O primeiro motivo de exclusión alegado pola recorrente refírese ao
apartado do prego de prescricións técnicas (PPT) do lote nº2 onde se recollen as
características do equipo a ofertar, especificamente e polo que aquí interesa: “sistema
radiográfico analógico”. Sinala o recorrente que a solución ofertada pola adxudicataria
é un sistema radiográfico dixital, non analóxico, concretamente o modelo Smart X, polo
que dita oferta debería ter sido excluída ao non corresponderse co previsto no PPT.
Engade que o prego permite que se oferten equipos con características superiores ás
fixadas, pero non equipos de distinta natureza.
Polo tanto, o que procede determinar é se a concreta redacción do PPT permite
ou non aceptar como válido un sistema radiográfico directamente dixital.
En canto a interpretación do contido dos pregos, a resolución 817/2014 do
Tribunal administrativo central de recursos contractuais establece que:
“... si los términos del contrato son claros y no dejan lugar a dudas sobre la
intención de los contratantes, habrá de estarse al sentido literal de sus cláusulas.
(Sentencia del Tribunal Supremo de 19 marzo 2001, de 8 junio de 1984 o Sentencia
de 13 mayo de 1982). Jurisprudencia más reciente como la que se deriva de la
Sentencia de la Sala de lo contencioso administrativo del Tribunal Supremo de 8 de
julio de 2009 se refiere a la interpretación literal o teleológica (si las palabras
Páxina 5 de 15
Raxeira 52-2º 15781 Santiago de CompostelaTeléfono 881995481 Fax 881995485 Rexistro Xeral no Edificio Administrativo San Caetano15781 Santiago de Compostela [email protected] https://tacgal.xunta.gal
parecieran contrarias a la intención evidente de los contratantes, prevalecerá esta
sobre aquellas, artículo 1.281 del Código Civil) y también a la propia interpretación
lógica de las cláusulas del contrato. Asimismo, como señalamos en otras
resoluciones ( valga de referencia a nº 147/2011), al examinar si las cláusulas del
pliego adolecen de ambigüedad y, por tanto, pueden ser objeto de interpretaciones
distintas, hay que partir de “que los pliegos de un procedimiento de licitación
constituyen un conjunto de normas, y así, para conocer el significado de una cláusula,
es necesario considerarla junto con aquellas otras que estén relacionadas con la
misma”.
Como inmediatamente observaremos na descrición literal do produto a
subministrar no lote 2 o PPT se fala, textualmente, de “sistema radiográfico analóxico”,
e non doutro tipo de sistema radiográfico.
Non é só esa literalidade, que ten un peso evidentemente moi cualificado para o
prisma do que pode entender un licitador, senón que isto se ve reforzado se
comparamos a descrición do lote 2, co resto de lotes.
Efectivamente, no Anexo V do PCAP, “Anexo descritivo dos lotes, do número de
unidades e os seus importes unitarios” establece como cadro resumo:
Se tamén acudimos ao pregos de prescricións técnicas de cada un dos lotes
atopamos o seguinte:
Lote 1
Páxina 6 de 15
Raxeira 52-2º 15781 Santiago de CompostelaTeléfono 881995481 Fax 881995485 Rexistro Xeral no Edificio Administrativo San Caetano15781 Santiago de Compostela [email protected] https://tacgal.xunta.gal
Lote 2:
Lote 3:
Observamos entón que alí onde se buscaba que o produto fora de dixitalización
directa, así se recolleu, e isto, por certo, independentemente de que logo en todos
haxa esa referencia a unha especificación de mínimos.
Páxina 7 de 15
Raxeira 52-2º 15781 Santiago de CompostelaTeléfono 881995481 Fax 881995485 Rexistro Xeral no Edificio Administrativo San Caetano15781 Santiago de Compostela [email protected] https://tacgal.xunta.gal
Polo tanto, e unha vez fixado con claridade que a licitación do lote nº 2 refírese a
unha sala RX analóxica, e non dixital directa coma era o nº1, debemos analizar tal
literalidade coa referencia, tamén recollida nos pregos, a que “(con) las
especificaciones técnicas, características generales y prestaciones, (que) tendrán
carácter de mínimos, que a continuación se relacionan”.
Para este Tribunal, o feito de que en relación co obxecto de licitación,
textualmente analóxico, as especificacións, características e prestacións puideran ter
carácter de mínimos, non ampara unha modificación do obxecto contractual cara un
produto que sobrepasa esa referencia para encadrarse no que sería un produto
diferente, so pena de romper a igualdade entre os licitadores e a súa confianza no que
aparecía como o solicitado para esta subministración do lote 2: un sistema radiolóxico
“analóxico”.
Como recolle o Tribunal Administrativo de Contratos Públicos de Aragón,
Resolución 37/2016: “...el TRLCSP proscribe las mejoras genéricas, no determinadas
en cuanto a los aspectos de la prestación que serían mejorables por las propuestas de
los licitadores en cuanto al valor o la ponderación que tendrán como criterio de
adjudicación. También para la valoración de las ofertas, que incluye la de las mejoras,
su concreción es un requisito esencial,...”
O prisma a valorar aquí é o ordenado por Sentenzas coma a do Tribunal de
Xustiza da Unión Europea, na Sentenza de 22 de abril de 2010, onde advirte que se
debe ofrecer obxectivamente a todo posible licitador, normalmente informado e
experimentado, e razoablemente dilixente, a oportunidade de facerse unha idea
concreta do obxecto da licitación, e de formular en consecuencia a súa oferta.
Abundando no dito, observamos que no PPT, tras recoller que o obxecto é un
sistema radiográfico analóxico, engade que se busca unha detección dixital “indirecta”,
a través de CR e que "Deberá ser compatible con los sistemas de digitalización
existentes en el mercado", o que reforza que o aparato era analóxico con, no seu
caso, ulterior dixitalización, pero non directamente dixital, ou así cabía ser entendido
por un licitador normalmente dilixente.
Así, quen pretendía concorrer a esa licitación era lóxico que entendera que o
buscado non era tal sistema directamente dixital, pois senón se expresaría literalmente
neses termos, sexa con tal expresión – como fai o lote 1-, sexa co xogo de permitir
variantes, etc., sendo coñecido que a falta de claridade non pode ir en prexuízo do que
Páxina 8 de 15
Raxeira 52-2º 15781 Santiago de CompostelaTeléfono 881995481 Fax 881995485 Rexistro Xeral no Edificio Administrativo San Caetano15781 Santiago de Compostela [email protected] https://tacgal.xunta.gal
pretende concorrer. Engadir neste punto que, como recolle a carátula do PCAP, non
estaban admitidas variantes, e que cando na mesma (apartado 11.1.1) alude ao termo
“melloras” a efectos dos criterios de adxudicación do lote 2, as refire só á
habitabilidade dos espazos, non ao que nos ocupa.
De feito, é moi ilustrativo constatar como no expediente de licitación obra o
informe técnico relativo aos criterios non valorables de forma automática sobre este
Lote 2, o cal recoñece que FUJIFILM presenta unha oferta “tecnológicamente muy
superior a lo solicitado, ya que presenta una sala digital directa...” e engade, de forma
moi significativa para os termos deste debate, que “...en lugar de una sala compatible
en un futuro con los sistemas de digitalización existentes en el mercado tal como se
solicita en el PPT”.
Isto remarca a consideración de que, en realidade, se presentou un produto, que
pode que agora se entenda que mellor a eses efectos tecnolóxicos, pero diferente ao
que un licitador dilixente podía entender que era o que se estaba a solicitar, coa creba
dos principios que estamos a aludir.
O informe xuntado polo órgano de contratación ao remitir o expediente,
considera que a dixitalización directa ofrecida é máis favorable para o Servizo Galego
de Saúde e que quedaba claro que “el objetivo final de la licitación era conseguir un
sistema digital completo”. Se ese era o obxectivo, necesitaba entón dunha descrición
máis aberta do produto, remarcando que debía servir a tal finalidade, sen recoller de
forma tan explícita o seu carácter de analóxico, directamente ligado á descrición do
sistema radiográfico, e que ademais se reforza, por se non fora aquilo suficientemente
explícito, cunha ulterior referencia, tamén textual, a unha detección dixital “indirecta”. A
interpretación máis lóxica para un licitador, entón, é que este carácter analóxico era
parte do solicitado, e non como un mínimo, senón como requisito a partir do cal podían
aportarse, no seu caso, mellores prestacións, pero non obviando aquilo.
O escrito do recurso explica tamén que un equipo analóxico e un directamente
dixital teñen esixencias diferentes, e, polo tanto, vantaxes e desvantaxes segundo o
buscado, polo que ten razoabilidade que se entendera que valoraron estas e se optou
por cada un dos sistemas, para o lote 1 o sistema radiográfico dixital e para o 2, o
analóxico.
Corroboración do dito é que existen diferenzas no PPT do lote 1, sobre sistema
radiográfico dixital e no do lote 2, sobre sistema radiográfico analóxico, o que ratifica
Páxina 9 de 15
Raxeira 52-2º 15781 Santiago de CompostelaTeléfono 881995481 Fax 881995485 Rexistro Xeral no Edificio Administrativo San Caetano15781 Santiago de Compostela [email protected] https://tacgal.xunta.gal
que non son intercambiables só cunha mención xenérica á que as especificacións son
de mínimos, ou, dende logo, non se mostraron a este Tribunal argumentos para obviar
todo o relatado.
Por exemplo, o PPT do lote 1 recolle mencións que se nos aparecen como
destinadas a esa dixitalización directa, como é que nas súas características técnicas
se describa como debe ser o detector dixital, o sistema de adquisición de imaxe ou a
consola de control de sistema (con referencias á imaxe), o que non atopamos no
mesmo apartado do lote 2. De feito nas características técnicas do lote 2 non é só que
non se vexa como debe ser entón o detector dixital, o sistema de adquisición de imaxe
ou a consola de control de sistema, senón que o que se recolle textualmente no
“Soporte de solo” é unha referencia a detección do CR, que na descrición antes
reproducida do lote 2 ía ligado á unha detección dixital indirecta.
Igual sucede coa Enquisa técnica do lote 1 e do lote 2 que acompañan ao PPT
de cada un, pois na do lote primeiro, sobre sala de RX dixital directa, existen
apartados como o de sistema de visualización e proceso ou de sotfware de tratamento
de imaxe, que non existen na do lote 2.
Como apuntabamos, o principio de igualdade de trato esixe que os licitadores
coñezan con claridade os requisitos e condicións da licitación, o que determina a
imposibilidade de que logo apareza un produto distinto ao mencionado, pois
precisamente o que concorre é consciente da necesidade de suxeitarse ao
estritamente solicitado, so pena de exclusión por presentar algo diferente.
Neste sentido pronúnciase o Tribunal Xeral da Unión Europea, Sala Segunda, na
Sentenza de 28 de xuño de 2016 (asunto T-652/14), afirmando no seu apartado 78:
“Por el otro lado, si la EUIPO [entidad contratante] no se atuvo a las
condiciones que ella misma había fijado en los documentos del procedimiento de
licitación, vulneraría el principio de igualdad de trato entre los licitadores y su
actuación afectaría negativamente la una competencia sana y efectiva. En este
sentido, la jurisprudencia precisó que, cuando, en el marco de un procedimiento de
licitación, el órgano de contratación define las condiciones que pretende imponer a
los licitadores, se autolimita en el ejercicio de su facultad de apreciación y no puede
ya apartarse de las condiciones que de este modo definió con respecto a cualquiera
de los licitadores sin vulnerar el principio de igualdad de trato entre los licitadores
(sentencia de 20 de marzo de 2013, Nexans France/Empresa Común Fusion fuere
Energy, T-415/10, IU: T:2013:141, apartado 80)”.
Páxina 10 de 15
Raxeira 52-2º 15781 Santiago de CompostelaTeléfono 881995481 Fax 881995485 Rexistro Xeral no Edificio Administrativo San Caetano15781 Santiago de Compostela [email protected] https://tacgal.xunta.gal
Non é necesario desenvolver que se o órgano de contratación quere deixar máis
aberto o produto a ofertar polo licitadores, ten camiños varios: unha descrición máis
ampla do obxecto contractual, como mellora, variante,... con sometemento, en cada
caso, ao marco e condicionantes que implican, pero coa nota común de claridade para
o licitador dilixente que quere axustar a súa oferta ao solicitado. Pero, como acabamos
de reproducir, xa o TXUE advirte que, unha vez descrito o produto a subministrar, o
órgano de contratación se “autolimita”, e isto en garantía deses principios de igualdade
e confianza, sen que sexa alicerce para obviar tales importantes bens xurídicos
cláusulas xenéricas.
A Resolución 230/2017 do Tribunal Administrativo de Contratación Pública da
Comunidade de Madrid reitera como os pregos tamén vinculan ao órgano de
contratación, loxicamente:
“Conviene recordar que los Pliegos de Cláusulas Administrativas Particulares y
de Prescripciones Técnicas conforman la ley del contrato y vinculan a los licitadores
que concurren a la licitación aceptando su contenido y también a los órganos de
contratación y vinculan en sus propios términos, (por todas STS de 29 de septiembre
de 2009 o Sentencia del Tribunal Superior de Justicia de Madrid, 128/2011, de 14 de
febrero ( JUR 2011/170863), de manera que los licitadores han de estar y pasar por
los mismos en todo su contenido. (...)
Por su parte el órgano de contratación, en contrapartida, debe respetar y no
relativizar a la hora de valorar la oferta, las exigencias establecidas en los pliegos
rectores de la licitación, por lo que resulta de extremada importancia que las mismas
no lo sean de carácter puramente formal y tengan una función en relación con la
selección de la oferta económicamente más ventajosa”.
A recentísima Sentenza do Tribunal Supremo de 23 de de marzo de 2018
(recurso 2838/2015), incide no vencellamento á literalidade dos pregos e resto de
documentación contractual:
“La sentencia no desconoció las prerrogativas de que dispone la Administración
para interpretar los pliegos ni, en particular, la discrecionalidad técnica que asiste al
órgano de contratación. Se limitó, simplemente, insistimos, a aplicar los pliegos los
cuales, como venimos recordando, vinculan a los licitadores pero también a la
Administración. Esa aplicación viene precedida por una interpretación que,
ciertamente, se atuvo al sentido de las palabras utilizadas por ellos y es coherente
con el conjunto de las cláusulas y de la documentación contractual así como con el
objeto del contrato.
Páxina 11 de 15
Raxeira 52-2º 15781 Santiago de CompostelaTeléfono 881995481 Fax 881995485 Rexistro Xeral no Edificio Administrativo San Caetano15781 Santiago de Compostela [email protected] https://tacgal.xunta.gal
(...)
Esa opción puede parecer mejor o peor pero es la que tomó la Administración
autora de los pliegos y la sentencia no hizo más que hacerla cumplir, que es hacer
cumplir los pliegos aceptados por los licitadores.”
Como peche, aínda que a efectos dialécticos nos situaramos no plano das
melloras, os Tribunais de recursos contractuais remarcan as condicións para que estas
se axusten aos parámetros dos principios da contratación pública. Por todas,
Resolución 61/2015 do Tribunal Administrativo de Contratación Pública de Madrid:
“Considera la Junta Consultiva de Contratación Administrativa del Ministerio de
Economía y Hacienda, en su informe 59/2009, de 26 de febrero de 2010, relativo a
la inclusión en los pliegos de criterios de adjudicación consistentes en la valoración
de mejoras, que son admisibles las que estén previstas con el suficiente grado de
identificación en el pliego ( o en su caso en el anuncio de licitación), guarden relación
directa con el objeto del contrato y se establezca la forma en la que incrementarán la
valoración de la oferta que las contenga.
El propio Tribunal de Justicia de la Unión Europea (TJUE) analizó el deber de
que el pliego de cláusulas detalle las condiciones y requisitos de presentación de las
mejoras, en aras el principio de igualdad de los licitadores (sentencia 16 de octubre
de 2003, asuntoTrunfelher GMBH). También para la valoración de las ofertas, que
incluye la de las mejoras,su concreción es un requisito esencial, pues cómo recordó
la sentencia TJUE de 28 de noviembre de 2008, el órgano de valoración no puede
establecer a posteriori coeficientes de ponderación, subcriterios o reglas no
reflejados en el pliego”. El principio de igualdad, rector de la licitación pública, y su
vertiente del principio de transparencia, implica que todas las condiciones y
modalidades del procedimiento de licitación estén formuladas de forma clara, precisa
e inequívoca en el anuncio de licitación o en el pliego de condiciones (Sentencia del
Tribunal de Justicia de 29 de abril de 2004, Comisión/ CAS Succhi dice Frutta,
asunto C-496/99 P, Rec. p. I-3801, apartados 109 a 111).”
Por esta vía, entón, tamén chegaríamos á conclusión de que se o que o órgano
de contratación buscaba era que se mellorara o produto ate ese punto debía ser, en
todo caso, recollido con toda claridade e taxatividade, e non con expresións xenéricas,
o cal aportamos a efectos de completar esta análise.
A consecuencia da anterior conclusión é que a oferta de FUJIFILM EUROPE
GmbH Sucursal en España, non podía ser admitida verbo do lote 2 por non axustarse
aos pregos, tal como explicamos e resulta do artigo 84 do Real Decreto 1098/2011, de
Páxina 12 de 15
Raxeira 52-2º 15781 Santiago de CompostelaTeléfono 881995481 Fax 881995485 Rexistro Xeral no Edificio Administrativo San Caetano15781 Santiago de Compostela [email protected] https://tacgal.xunta.gal
12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento Xeral da Lei de Contratos das
Administracións Públicas.
Noveno.- Unha vez determinado isto, non sería necesario proceder ao análise
do resto das cuestións alegadas no recurso, posto que esta apreciación xa determina
de por si a súa estimación, pero a efectos de esgotar esta análise debemos manifestar
o seguinte.
Sobre o colimador o recorrente alega que FUJIFILM non presenta un colimador
manual, en base a que xunta documentación sobre ese modelo do produto.
Xunto a que, como recolle o informe do órgano de contratación, o relevante é a
documentación presentada coas ofertas, e non información externa (resolucións
TACRC 134/2017 e 24/2016), o informe do servizo que acompaña dá conta de que
non hai incumprimento do PPT.
Explica ese informe que o Product Data do modelo FDR Smart X que
AGFA xunta ao recurso non coincide na súa totalidade co documento
presentado por FUJIFILM na súa oferta técnica. En concreto, o extracto do
Product Data que AGFA reproduce no recurso no que figura a marca e
modelo do colimador non forma parte da documentación técnica presentada
FUJIFILM na súa oferta técnica, e, de feito, en ningún apartado da
documentación achegada na oferta de FUJIFILM EUROPE GmbH
menciónase a marca e modelo do colimador.
Engade que aínda que na Enquisa Técnica cumprimentada por
FUJIFILM indicou colimador manual, o resto de documentación presentada na
oferta permitiu comprobar que o colimador cumpre os requisitos mínimos do
PPT de dispoñer de “Dispositivo de colimación luminoso. Funcionamento
manual y automático. Indicar características” o cal foi xustificado por Fujifilm
no documento “Descrición Técnica Sala Smart X” (páxina 6) presentado por
Fujifilm no que se indica que inclúe: “Dispositivo de colimación luminoso” e
“Filtración total del tubo, incluído el dispositivo de colimación a 2,9 mm AI 80
Kv”. A maiores, se asevera que no documento “Descrición técnica de la oferta
según criterios de valoración Lote 2” (páxina 2) indica: “La colimación es
automática con formatos predeterminados y modificables desde la pantalla de
la consola o desde la pantalla de tubo. Si el operador lo desea puede
modificar en el momento del centraje puede ajustar manualmente el área
según necesidades”.
Páxina 13 de 15
Raxeira 52-2º 15781 Santiago de CompostelaTeléfono 881995481 Fax 881995485 Rexistro Xeral no Edificio Administrativo San Caetano15781 Santiago de Compostela [email protected] https://tacgal.xunta.gal
Por tanto, tal informe certifica que queda garantido o compromiso de colocar un
colimador automático en cumprimento dos requisitos mínimos do PPT.
Tamén o recorrente alega que produto ofertado pola adxudicataria incumpre as
obrigas previstas no RD 1591/2009, polo que se regulan os produtos sanitarios,
concretamente respecto á comunicación de comercialización e posta en servizo. A
estes efectos, o órgano de contratación no seu informe sinala que “La empresa Fujifilm
presentó la Declaración responsable sobre cumplimiento de dicha normativa mediante
la cumplimentación del Anexo III”, tal e como se esixía na cláusula 5.4.1 o PCAP, que
recolle como documentación a presentar no sobre B “acreditación del cumplimiento de
normativa de productos sanitarios mediante declaración responsable conforme al
modelo que se acompaña”. Sen prexuízo de que este apartado do recurso perde
significación coa estimación do mesmo e determinación de exclusión da oferta de
FUJIFILM, habería que completar aquela referencia do informe do órgano co mandato
da cláusula 5.3 do do PCAP sobre que os operadores poden ser excluídos no caso de
declaracións falsas de carácter grave, se ocultan información ou non poden presentar
documentos xustificativos.
Finalmente, en relación ao acceso ao expediente, sen prexuízo de que o recurso
denota coñecemento dos elementos necesarios para facer efectivo o seu dereito ao
recurso, a estimación do mesmo fai innecesarias ulteriores consideracións (p.e,
Resolución 1/2018 Tribunal Administrativo de Contratos Públicos de Canarias). Só
aportar, a maiores, que se lles concedeu acceso ao expediente en data 15.2.2018,
onde na dilixencia levantada ao efecto – asinada polos representantes da recorrente-,
non se reflexa que fora tal vista insuficiente ou restritiva aos fins pretendidos, e incluso,
obsérvase que con posterioridade houbo intercambio de correos electrónicos con
subministración de información, como os datos da oferta de FUJIFILM sobre o
dispositivo de colimación. Por último, lembrar que non é amparable un acceso referido
“a un mero deseo de búsqueda de defectos o errores en la oferta de otro licitador”
(resolución 329/2016 Tribunal Administrativo de Recursos Contractuais de Andalucía).
Décimo.- Dado que, como avanzamos, este recurso está sometido, en canto a
súa tramitación e resolución á LCSP, e polo tanto ao seu artigo 57 -que non recolle o
antes contido no apartado 2 do artigo 47 TRLCSP- debemos estimar o recurso,
anulando a adxudicación do lote 2, debendo procederse polo órgano de contratación á
exclusión da oferta de FUJIFILM EUROPE GmbH Sucursal en España a tal lote e á
ulterior adxudicación do mesmo á oferta que corresponda, manténdose a tales efectos
a validez daqueles actos e trámites cuxo contido permanecería igual de non cometerse
a infracción.
Páxina 14 de 15
Raxeira 52-2º 15781 Santiago de CompostelaTeléfono 881995481 Fax 881995485 Rexistro Xeral no Edificio Administrativo San Caetano15781 Santiago de Compostela [email protected] https://tacgal.xunta.gal
Por todo o anterior, vistos os preceptos legais de aplicación, este Tribunal, en
sesión celebrada no día da data, RESOLVE:
1. Estimar o recurso interposto contra a resolución de adxudicación do Lote 2,
da Dirección Xeral de Recursos Económicos do Servizo Galego de Saúde, na licitación
denominada Subministración de equipamento electromédico de radioloxía con destino
a diversos centros sanitarios do Servizo Galego de Saúde, código licitación AB-SER2-
17-009, e en consecuencia, anular o acto impugnado, para que se proceda nos termos
expostos no derradeiro fundamento de dereito desta resolución.
2. Levantar a suspensión acordada no seu día .
3. O órgano de contratación deberá dar coñecemento a este Tribunal das
actuacións adoptadas para lle dar cumprimento a esta resolución.
Esta resolución, directamente executiva no seus propios termos, é definitiva na
vía administrativa e contra a mesma cabe interpoñer recurso perante a Sala do
contencioso-administrativo del Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de
dous meses, a contar desde o día seguinte á notificación desta resolución, de
conformidade co disposto nos artigos 10.1.k) e 46.1 de la Lei 29/1998, de 13 de xullo,
reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Páxina 15 de 15