Respiración celular

5
ESQUEMA GLICOLISE-RESPIRACIÓN CELULAR

description

Esquemas da respiración celular

Transcript of Respiración celular

Page 1: Respiración celular

ESQUEMA GLICOLISE-RESPIRACIÓN CELULAR

Page 2: Respiración celular
Page 3: Respiración celular

ESQUEMA GLICOLISE-RESPIRACIÓN CELULAR

Page 4: Respiración celular

ESQUEMA GLICOLISE-RESPIRACIÓN CELULAR

Page 5: Respiración celular

Cando decimos que o catabolismo é un proceso de oxidación, non ten que se entender como unha simple incorporación de osíxeno, senón como unha separación de electróns. Dende este punto de vista, en todo proceso oxídativo existen: a) Unha substancia ou sustrato rico en enerxía que é o que se oxida por pérdida de electróns (o que supón a súavez unha deshidroxenación, coa conseguinte disociación iónica H+ y e-b) Unha substancia que ao final do proceso respiratorio capte os electróns cedidos polo substrato que se oxida. De acordo con isto, podemos distinguir:

1. Respiración aerobia. Nela o aceptor final de electróns é o osíxeno, polo tanto, para levarse a cabo é necesaria a presencia deste elemento. Neste tipo de respiración, a degradación do substrato que se oxida é total, sendo os produtos resultantes Co2 e H2O, substancias carentes de enerxía. Por esta circunstancia a respiración aerobia é a forma máis frecuente de respiración e a que máis cantidade de enerxía libera. 2. Fermentacións. O aceptor final de electróns é algún composto de natureza orgánica. Os procesos fermentativos liberan unha menor cantidade de enerxía que a respiración aerobia, debido a que a oxidación do substrato non é completa. Tampoco é necesaria a presencia de osíxeno, pois tampouco aquí actúa este elemento como aceptor final de electróns. Dentro das fermentacións podemos incluir o proceso de apodrecemento, que non é máis que a fermentación dos prótidos. As fermentacións a levan a cabo bacterias e levaduras e teñen unha gran importancia polas súas implicación industriais (fabricación de cervexa, viño, iogur, etc.)