RESUMO DA ACCIÓN DE GOBERNO 2014–2018 - usc.es · peche e o traspaso de exercicios...

51
RESUMO DA ACCIÓN DE GOBERNO 2014–2018

Transcript of RESUMO DA ACCIÓN DE GOBERNO 2014–2018 - usc.es · peche e o traspaso de exercicios...

RESUMO DA ACCIÓN DE GOBERNO2014–2018

RESUMO DA ACCIÓN DE GOBERNO 2014–2018UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

2

CONTIDOS

Limiar 3

Reitoría 4

Vicerreitoría de Investigación e Innovación 5

Vicerreitoría de Organización Académica e Persoal Docente e Investigador 10

Vicerreitoría de Oferta Docente e Innovación Educativa 15

Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social 18

Vicerreitoría de Comunicación e Coordinación 23

Vicerreitoría de Internacionalización 27

Vicerreitoría de Coordinación do Campus de Lugo 31

Vicerreitoría de Desenvolvemento Científico e Tecnolóxico do Campus de Lugo 32

Vicerreitoría de Servizos Universitarios do Campus de Lugo 33

Secretaría Xeral 39

Xerencia 46

Área de Valoración, Transferencia e Emprendemento 48

RESUMO DA ACCIÓN DE GOBERNO 2014–2018UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

3

LIMIAR

Ao final deste período á fronte da Universidade de Santiago de Compostela, cómpre que o reitor e o seu equipo presentemos un balance da acción de goberno que levamos a cabo nestes catro anos. É obrigado dar conta do que se fixo, pero tamén o é recoñecer o traballo de toda a comunidade universitaria que, durante uns anos complexos, permitiu que a USC siga a ser recoñecida como unha universidade de referencia na docencia, na investigación, na transferencia de coñecemento e na súa relación cos axentes sociais. Quixera deixar constancia do meu agradecemento a todo o noso persoal, ao alumnado e aos nosos colaboradores e patrocinadores, polo traballo realizado e pola confianza depositada neste equipo de goberno.

A planificación da acción de goberno plasmouse na Programación Plurianual1 para o período 2015–2018, cuxa última actualización foi aprobada polo Consello Social o 15 de decembro de 2017. Pero a maiores das actuacións recollidas na programación e dos informes realizados nas sesións do Claustro Universitario, desde as distintas vicerreitorías, a xerencia e a secretaría xeral, fóronse poñendo en marcha unha serie de iniciativas que se recollen neste documento.

O que presentamos non é unha lista exhaustiva do traballo levado a cabo, e tampouco insistimos no mantemento de actuacións que xa estaban consolidadas: nesta memoria pretendemos reflectir aquelas actuacións que se implementaron nestes catro anos e que supuxeron un impacto nas persoas, na organización ou na xestión da nosa Universidade, buscando sempre a mellora no camiño da excelencia.

Juan M. Viaño ReyReitor da Universidade de Santiago de Compostela

1 http://www.usc.es/gl/web/descargas/Programacion-Plurianual-2017.pdf

RESUMO DA ACCIÓN DE GOBERNO 2014–2018UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

4

Juan M. Viaño ReyReitor

REITORÍA

Persoal da Reitoría

Xosé Manuel Cotos Yáñez. Adxunto ao reitor para Transferencia, Innovación e Emprendemento (desde setembro de 2015).

Jesús Salgado Velo. Comisionado para o Campus da Cidadanía (desde febreiro de 2015 ata febreiro de 2016).

José Antonio Caride Gómez. Comisionado para o Campus da Cidadanía (desde xuño de 2016).

Maria Dolores Pérez Meiras. Comisionada para o Campus Vida e a Coordinación da Rede de Centros Singulares (desde setembro de 2017).

María José Carreira Nouche. Comisionada para Gobernanza das TIC e Estratexia de Titulacións (desde xuño de 2017).

Luis María Hervella Torrón. Delegado do Reitor para o Ensino Medio (desde marzo de 2015).

Secretaría

Ana Paz Torres. Xefa da Secretaría do Reitor.

Ramón Freiría Castelao

Virginia Domínguez González

Noelia Lamela Cambeiro

Enderezo web: http://www.usc.es/reitoria/

RESUMO DA ACCIÓN DE GOBERNO 2014–2018UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

5

Servizos Xerais de Apoio á Investigación non dependentes da RIAIDT:

Biblioteca Universitaria

Arquivo Histórico Universitario

Outros Centros e Servizos de Investigación:

Museo de Historia Natural

Observatorio Astronómico

Estación de Hidrobioloxía

Estación de Bioloxía Mariña

VICERREITORÍA DE INVESTIGACIÓN E INNOVACIÓN

Persoal da Vicerreitoría

María Luz Loureiro García. Adxunta ás Vicerreitorías de Investigación e de Internacionalización.

Luis Otero González. Coordinador de Apoio á Investigación nas Áreas de Humanidades e Ciencias Sociais e Xurídicas.

Antonio Manuel Martínez Cortizas. Asesor no ámbito de Plans Estratéxicos de Investigación.

Alejandra Pernas Abad. Secretaria.

Unidades asociadas

Área de Xestión e Valorización de I+D+i

Dirección: Rogelio Conde–Pumpido Tourón

Servizo de Convocatorias e Recursos Humanos de I+D

Servizo de Xestión de Actividades de I+D

Unidade Técnica de Xestión e Valorización de I+D

Rede de Infraestruturas de Apoio á Investigación e ao Desenvolvemento Tecnolóxico (RIAIDT)

Dirección: Raúl Vieira Miguel

Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento

Dirección: José Luis Villaverde Acuña

Isabel Rodríguez–Rey MoldesVicerreitora de Investigación e Innovación

Enderezo web: http://www.usc.es/vrinvestigacion

RESUMO DA ACCIÓN DE GOBERNO 2014–2018UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

6

ÁREA DE XESTIÓN E VALORIZACIÓN DE I+D+I

Servizo de Convocatorias e Recursos Humanos de I+D

Posta en marcha do Rexistro de investigadores visitantes, automatizando as certificacións que se emiten (600 visitas no período 2015–2017).

Mellora de procesos na xestión de convocatorias: adaptación dos procedementos e deseño de formularios propios para presentación mais eficaz de solicitudes ás diferentes convocatorias, moi particularmente nas da Xunta de Galicia. Melloráronse as taxas de éxito na presentación de solicitudes e consecución de axudas.

Simplificación dos procesos de xestión de convocatorias públicas de selección de persoal con cargo a actividades de I+D (en liña coa implementación do Plan de acción do Selo Europeo de Xestión de RRHH de I+D). Entre outras accións, leváronse a cabo as seguintes:

• Automatización coa implementación a través da OIT virtual das propostas de convocatorias públicas de selección de persoal.

• Posta en marcha do procedemento automatizado a través da sede electrónica da USC da presentación de solicitudes nas convocatorias públicas de selección de persoal para colaborar en actividades e proxectos de investigación.

• Simplificación da documentación a presentar polas persoas candidatas e ordenación dos criterios de baremación.

• Incorporación da oferta de emprego na Base de Datos en EURAXES para a súa difusión internacional.

• Dixitalización da documentación vinculada ás actividades e proxectos de investigación.

Automatización do procedemento de pagos relativos ao artigo 83, eliminando o soporte papel nas comunicacións ao Servizo de Control Interno, responsables de asuntos económicos e Servizo de Xestión de Persoal.

Servizo de Xestión de Actividades de I+D

Mellora de procesos na xestión económica de actividades de I+D, coa posta en marcha do Programa de Xestión Integrada de I+D (PIXI) para facilitar a xestión integrada de actividades asociadas a grupos e unidades de I+D con actividade continuada e fontes diversificadas con diferentes IPs. Tamén se sistematizou a xestión de peche de actividades e a xestión de remanentes para facilitar coa xerencia o peche e o traspaso de exercicios

Racionalización das partidas de investigación para unha mellor identificación e seguimento dos recursos afectados, en particular nos procesos de apertura e peche.

Redución drástica do soporte papel nos procesos administrativos.

Mellora de procesos de xustificación, coas seguintes accións:

• Sistematización de procesos para dar resposta ao incremento de requerimentos informativos e documentais dos financiadores.

• Melloras na recollida de datos e intercambio de información cos financiadores para a confección de contas xustificativas, o que redunda nunha optimización dos recursos captados.

• Mellora nos procesos de alegacións diante de reclamacións de devolución de subvencións: recompilación de casuística de gastos non financiables ou cuestionados e traslado da información aos responsables para a súa corrección en tempo real.

• Melloras no seguimento de expedientes de reintegros, tanto desde o puntos de vista documental como xurídico: maior taxa de éxito en alegacións e recursos.

• Asesoramento e apoio na participación da USC en concursos e licitacións de ámbito nacional e internacional.

• Reorganización dos procesos e seguimento individualizado das actividades asociadas á investigación colaborativa (programas competitivos).

RESUMO DA ACCIÓN DE GOBERNO 2014–2018UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

7

Programas e Accións da Unidade Técnica de Xestión e Valorización de I+D

Plan de reformulación de institutos de investigación. nova normativa de creación e xestión de institutos universitarios de investigación.

Plan de implementación do selo europeo de xestión de recursos humanos de investigación.

Proceso metodolóxico para a especialización de capacidades de I+D asociadas a campus de Excelencia e Estratexias de Internacionalización en Investigación. Elaboración do primeiro mapa de Capacidades. Apoio na definición de Axendas científicas especializadas (por exemplo: Campus Terra; Humanidades Dixitais; Envellecemento activo; Innovación Social e Benestar; Nanotecnoloxía...).

Fortalecemento da estratexia de apoio á participación en Proxectos Europeos. Identificación de convocatorias prioritarias e dinamización personalizada de investigadores en estratexias de especialización; colaboración con FEUGA na dinamización e apoio á participación en proxectos; publicación da NewsLetter; apoio personalizado en candidaturas ERC; identificación e apoio a proxectos tractores; seguimento de plataformas, JTIs e outras unidades de interese para a USC.

Elaboración da normativa para a xestión e uso dos recursos xerados dos proxectos no eido do programa marco de investigación e innovación da unión europea horizonte 2020 (H2020).

Sistematización e apoio singularizado á participación de persoal investigador en concursos e licitacións públicas de I+D.

Mellora do rexistro e seguimento de Servizos de I+D promovidos polo persoal investigador.

REDE DE INFRAESTRUTURAS DE APOIO Á INVESTIGACIÓN E AO DESENVOLVEMENTO TECNOLÓXICO (RIAIDT)

Reorganización de servizos xerais para dar resposta ás necesidades formuladas polo persoal investigador e clientes externos, engadindo maior coordinación, incrementando equipamento analítico e coordinando os RRHH, co aproveitamento das súas capacidades técnicas naqueles servizos máis demandados.

Reestruturación das unidades da RIAIDT no campus de Lugo, creándose a Unidade de Análise Instrumental.

Organización e desenvolvemento de cursos de formación para o persoal técnico e seminarios para presentar á comunidade científica información actualizada sobre os usos e aplicacións das máis modernas e diversas técnicas para a investigación.

Optimización da web da RIAIDT para mellorar a visibilidade dos servizos xerais da USC. Esta ferramenta pretende ser unha porta aberta de posicionamento definitivo da RIAIDT en internet, e representará un paso para a interacción cos usuarios e clientes.

Intercambio de información con outras bases de datos da USC para unificar os datos de procesado e facturación dos servizos ofertados.

Avance nos traballos para conseguir a implantación dun sistema de calidade segundo normas ISO para os servizos xerais da USC na RIAIDT. No 2014 o Laboratorio de Radiofísica conseguiu a renovación da ISO 17025. Durante o 2016, a Unidade de Raios X, iniciou a implantación dun sistema de xestión para a implantación da ISO 9001.

Elaboración da proposta de dotación de equipamentos asociados ás Unidades de servizos centralizados da RIAIDT presentada ao programa de axudas a infrastruturas e equipamento científico–técnico do “Subprograma estatal de infraestructuras científicas y técnicas” convocado polo MINECO (Resolución de 30/12/2015, da Secretaría de Estado de Investigación, Desarrollo e

RESUMO DA ACCIÓN DE GOBERNO 2014–2018UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

8

ACCIÓNS DESENVOLVIDAS NOUTROS SERVIZOS DEPENDENTES DA VICERREITORÍA

Arquivo histórico

Aumento dos seus fondos documentais con conxuntos adquiridos, procedentes de doazóns, en depósito ou cesión, temporal ou definitiva e coas remisións periódicas procedentes doutras institucións que depositan documentación no arquivo.

Desenvolvemento do proxecto de dixitalización correspondente ás convocatorias anuais da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria de axudas para arquivos da administración local e universidades, permitindo a reprodución dixital e catalogación de máis de 800 pergamiños medievais do fondo universitario. Ao longo do ano 2016 foron dixitalizadas un total de 6.308 imaxes por solicitude dos usuarios.

Deseño de novas ferramentas didácticas para a súa utilización nas visitas organizadas ao Arquivo.

Estación de Hidrobioloxía “Encoro do Con”

Renovación do Selo de Compromiso cara á Excelencia Europea 200+ polo seu sistema de xestión, certificado pola European Foundation for Quality Management (EFQM).

Organización de congresos, seminarios e xornadas.

Estación de Bioloxía Mariña da Graña

Certificouse o Sistema de Xestión Medioambiental, segundo a norma ISO 14001, e o Sistema de Xestión de Calidade, segundo a norma ISO 9001 que alcanza traballos de apoio docente e de investigación en Zooloxía Mariña.

Innovación). A obtención destas axudas e execución do orzamento concedido permitiu a renovación dalgunhas das unidades da RIAIDT para dar resposta ás necesidades operativas, técnicas e económicas dos servizos que se prestan e adaptarse, ao mesmo tempo, aos novos requisitos do persoal investigador e das empresas privadas.

BIBLIOTECA UNIVERSITARIA

Mellora na colección de recursos dispoñibles, coas seguintes accións destacadas:

• Consolidación da colección propia da USC e incremento nos últimos exercicios dos orzamentos destinados a recursos periódicos (Scopus) e monografías.

• Incremento de recursos accesibles a través da participación no consorcio BUGALICIA: estabilización da achega económica e incremento do numero de recursos bibliográficos.

• Establecemento de criterios áxiles e obxectivos para a avaliación da colección de revistas na USC.

• Extensión do acceso a coleccións non dispoñibles na USC mediante a gratuidade do préstamo interbibliotecario e a fotodocumentación para a comunidade universitaria

Melloras na uniformidade dos nomes dos autores e visibilización da produción científica, coa actualización da base de datos de autores galegos na BUSC e nas páxinas de autor en Dialnet. Tamén se levaron a cabo actuacións centradas no identificador ORCID (mellorando a calidade das contas existentes e apoiando a instrución da vicerreitoría con este obxectivo, contando con 889 rexistros en ORCID).

RESUMO DA ACCIÓN DE GOBERNO 2014–2018UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

9

financiamento dun contrato de traballo destinado á recepción e axuda no establecemento de visitantes internacionais.

Apoio ás liñas estratéxicas dirixidas a mellorar a internacionalización da investigación que están recollidas no Plan de Internacionalización da USC (PEI).

Apoio, colaboración directa, e redefinición conxunta das convocatorias de axudas de produción científica internacional en aberto e de axudas destinadas á solicitude de proxectos de investigación e cooperación internacionais promovidas desde a Vicerreitoría de Internacionalización.

Desenvolvéronse accións para incrementar o potencial internacional da investigación e cooperación en coordinación coa Vicerreitoría de Internacionalización. Coordináronse os procedementos e deuse asesoramento dende a Oficina de Proxectos Europeos do Servizo de Xestión de Actividades de I+D, sobre os procedementos de xestión e xustificación de proxectos internacionais (de ámbito europeo como H2020 e Erasmus+).

NOVAS UNIDADES DE INVESTIGACIÓN: CREACIÓN DE INFRAESTRUTURAS SINGULARES

Dúas novas infraestruturas que, como plataformas, desenvolverán as máis avanzadas técnicas de experimentación biomédica baseada en modelos animais (Centro de Biomedicina Experimental, CEBEGA) e na aceleración de partículas con láser para a produción de radioisótopos (Laboratorio Láser de Aceleración e Aplicación, L2A2). Proximamente estarán ambas as dúas plenamente operativas para o seu funcionamento e explotación, e os seus servizos e utilidades deben vertebrarse eficientemente coas liñas de investigación de distintos grupos, así como articularse de forma práctica coa demanda dos axentes do sistema de innovación.

A proposta de Creación e de Regulamento de Réxime Interno foron aprobados por asentimento no Consello de Goberno do 22 de Febreiro de 2018.

Museo de Historia Natural

A USC é a única universidade galega, e unha das poucas españolas, que conta cun museo dedicado á docencia, investigación e divulgación científica das ciencias naturais.

En outubro de 2014 foi inaugurada a súa nova sede, cun formato expositivo vangardista e cunha ordenación e dixitalización das coleccións que posibilita o acceso a gran parte da información sobre as mesmas en rede e nas dependencias do museo.

Entre os logros acadados coa nova configuración do museo cómpre salientar a mellora na información sobre a colección, o incremento das coleccións por doazóns de particulares e membros da USC, así como a participación en actividades docentes, de investigación e de divulgación científica.

Observatorio Ramón María Aller

O observatorio Ramón María Aller leva facendo unha tarefa de divulgación e investigación moi significativa. Algúns fitos a destacar son a organización de distintas xornadas, o establecemento do programa TODOCOSMOS (con catro edicións celebradas). Este programa é financiado pola FECYT e foi recoñecido como práctica innovadora en cultura científica no ano 2015.

ACCIÓNS CONXUNTAS CON OUTRAS VICERREITORÍAS

Elaboración dun borrador do plan de captación de persoal investigador de alto nivel internacional e, en especial, de persoal investigador de proxectos financiados polo ERC.

Atención de forma personalizada (e de xeito experimental) ao persoal investigador ERC captado no período 2016–2017, facilitando trámites de mobilidade persoal, profesional e familiar. A USC é unha das universidades españolas con máis persoal investigador financiado polo ERC.

Apoio e colaboración directa coa Vicerreitoría de Internacionalización na posta en marcha do Centro de Benvida Internacional co

RESUMO DA ACCIÓN DE GOBERNO 2014–2018UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

10

VICERREITORÍA DE ORGANIZACIÓN ACADÉMICA E PERSOAL DOCENTE E INVESTIGADOR

Persoal da Vicerreitoría

Celestino García Arias. Adxunto á Vicerreitoría de Organización Académica e Persoal Docente e Investigador.

María José Mato Gómez. Secretaria (desde novembro de 2016).

Yolanda Pacios Cancelo. Secretaria (ata novembro de 2016).

Unidades asociadas

Servizo de Planificación de Persoal Docente e Investigador

Servizo de Xestión da Oferta e Programación Académica

Servizo de Xestión de Persoal

Luis Lima RodríguezVicerreitor de Organización Académica

e Persoal Docente e Investigador

Enderezo web: http://www.usc.es/vrpdi

RESUMO DA ACCIÓN DE GOBERNO 2014–2018UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

11

Actuacións relativas á actualización e adaptación de normativa reguladora

Aprobación do Regulamento de Profesorado Emérito (xuño de 2015) que establece os requisitos e os criterios de acceso a esta condición, determina a clase de vínculo xurídico do Profesorado Emérito coa USC, fixa os seus dereitos e obrigas, e regula o procedemento conducente, no seu caso, ao nomeamento.

Aprobación do Regulamento das Figuras Honoríficas de Profesorado e Persoal Investigador «Ad Honorem» (xuño de 2015) que regulariza esta clase de figuras diferenciándoas claramente da figura de Profesorado Emérito.

Aprobación da Normativa Concesión de Licenzas por Sabático (de xuño de 2015) que clarifica e actualiza a regulación dos requisitos e as condicións de goce das licenzas, os prazos de goce e as memorias nas que se informa do aproveitamento da licenza.

Aprobación do Regulamento de Departamentos da USC (xullo de 2015) no que se establecen os criterios xerais de estrutura organizativa, de funcionamento e de creación, modificación e supresión. Ademais de fixar o marco normativo común ao que se deben axustar todos os regulamentos dos Departamentos da USC, o Regulamento foi a base normativa do proceso de fusión de Departamentos da USC.

De acordo coa normativa elaborada, procedeuse a unha modificación da estrutura departamental da USC. Foi un proceso ao longo do cal os departamentos existentes puideron propor as súas preferencias para fusionarse e mesmo aducir as razóns de excepcionalidade que poderían xustificar a súa exención do proceso de fusión. Mediante o estudo pormenorizado pola Vicerreitoría e na COAP das preferencias e as razóns de excepcionalidade alegadas, o proceso rematou co recoñecemento dunha única excepcionalidade por cada campus e una redución nun terzo do número de departamentos (de 76 a 50).

Actualización completa do contido da Resolución Reitoral de vacacións, licenzas e permisos do PDI de 14 de novembro de 2008, tralo acordo asinado polo reitor e os representantes sindicais o pasado 7 de marzo de 2018, asumindo as condicións máis favorables das establecidas pola normativa autonómica ou nacional e eliminando a necesidade de facer una Resolución Reitoral nesta materia con periodicidade anual.

Aprobación do Regulamento de Asignación de Prazas de Catedrático/a pola Quenda de Promoción Interna (xuño de 2017) a áreas de coñecemento, que fixa os criterios necesarios para ordenar o proceso. Este proceso desenvolveuse en dúas fases: na primeira, clarificouse o criterio estrutural. Na segunda fase, engadíronse novos criterios como os méritos académicos e a antigüidade na acreditación.

Actuacións relativas a dar solución satisfactoria á situación do PDI

Estabilización de todo o Profesorado Interino por Vacante con compromiso (IPP, RyC, Profesorado Axudante, Profesorado Asociado LRU de convocatorias anuladas…), eliminándose a bolsa que se tiña acumulada desde antes do ano 2012.

Promoción do Profesorado Contratado Doutor que tiñan a praza bloqueada desde 2012 (Capactus e seguintes).

Establecemento dunha Planificación Plurianual en materia de PDI para o período 2016–2020 que recolle as previsións de accións de incorporación, estabilización e promoción de PDI da USC, estimando as cotas anuais para cada unha das figuras de PDI, así como o custo total e desagregado por accións. As súas accións pivotan sobre tres eixes:

• Dotación de recursos ás áreas deficitarias en capacidade e/ou estrutura:

§ Reposición de vacantes.

RESUMO DA ACCIÓN DE GOBERNO 2014–2018UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

12

§ Incorporación de axudantes, profesorado asociado, PACS, lectores e profesorado interino de substitución.

• Estabilización de PDI (Oferta de Emprego Público):

§ Estabilización por convenio colectivo de Profesorado Axudante Doutor e Profesorado Contratado Doutor.

§ Estabilización de Profesorado Interino de Vacante sen compromiso.

§ Incorporación/estabilización de persoal investigador.

• Promoción de PDI (Oferta de Emprego Público):

§ Promoción de Profesorado Contratado Doutor a Profesorado Titular de Universidade.

§ Promoción de Profesorado Titular de Universidade a Profesorado Catedrático de Universidade por quenda de promoción interna.

Actualización do cadro de capacidades estruturais das áreas de coñecemento publicado na web do Servizo de Planificación do Persoal Docente e Investigador.

Adianto da Instrución anual de Planificación de PDI con obxecto de que ao comezo do próximo curso os departamentos dispoñan dos recursos necesario para afrontar coa calidade necesaria o seu encargo lectivo.

Convocatorias de prazas de persoal laboral temporal, incluídas listas de agarda, co obxecto de dispor de recursos naquelas áreas onde a capacidade sexa limitada, facilitando a incorporación de efectivos en situacións sobrevidas (IT, maternidade, cargos…).

Convocatoria anual de prazas de Profesorado Emérito, nun número non superior ao que represente o 15% do profesorado da USC con vinculación permanente e dedicación a tempo completo que se tivera xubilado no curso académico anterior.

Actuacións relativas á docencia no ámbito das Ciencias da Saúde

Sinatura do convenio USC–Sergas para a Docencia Especializada de Matronas, que desvincula esta docencia da área de Enfermería e crea a área propia de Matronas.

Convocatoria singular de cinco prazas de Profesorado Asociado LOU P6 para a docencia especializada de Matronas.

Sinatura do convenio USC–Deputación de Ourense para a financiación de cinco prazas de PACS no CHUOU.

Sinatura do convenio USC–Sergas para a financiación de nove prazas de PACS no CHUVI.

Sinatura do convenio USC–Sergas sobre docencia clínica da Facultade de Medicina para a financiación de 12 prazas de Profesorado Titular de Universidade con praza asistencial vinculada en áreas clínicas.

Posta en marcha do proceso de modificación do Concerto USC–Sergas para dar soporte ás vinculacións provisionais de PDI.

Acordo de 4 vinculacións provisionais de Profesorado Titular de Universidade de áreas clínicas con docencia no grao en Medicina condicionado a modificación do concerto USC–Sergas.

RESUMO DA ACCIÓN DE GOBERNO 2014–2018UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

13

Corpo docente/Categoría2014*

Santiago2014* Lugo

2015 Santiago

2015 Lugo

2016 Santiago

2016 Lugo

2017 Santiago

2017 Lugo

2018+ Santiago

2018+ Lugo

Total prazas

Catedrático de Universidade 1 2 0 0 4 0 5 5 Pdte. Pdte. 32

Profesor Titular de Universidade 2 1 0 0 5 0 9 1 12 3 33

Profesor Contratado Doutor 0 0 9 7 30 11 11 4 7 8 87

Profesor Axudante Doutor 7 6 12 3 6 3 12 2 10 6 67

Profesor Asociado LOU - P6 35 2 18 11 13 4 54 6 20 12 175

Profesor Asociado LOU - P3 5 7 33 11 24 5 29 12 36 12 174

Profesor Asociado LOU - P1/2 0 0 0 0 6 0 5 0 0 1 12

Prof. Asociado CC. Saúde (PACS) 17 3 5 0 37 0 23 0 22 0 107

Prof. Interino por Vacante - TC 11 2 5 2 0 0 0 0 0 0 20

Prof. Interino por Vacante - P6 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0

Prof. Interino por Vacante - P3 3 1 0 0 0 0 0 0 0 0 4

Prof. Interino por Substitucion - TC 2 0 3 1 6 2 5 0 1 0 20

Prof. Interino por Substitución - P6 0 0 6 0 1 4 3 0 4 0 18

Prof. Interino por Substitución - P3 1 0 3 2 7 3 10 2 11 0 39

Total 84 24 94 37 139 32 166 32 123 42 788

2014* 2015 2016 2017 2018+

Total Prazas PDI Funcionario/Curso 6 0 9 20 30

Total Prazas PDI Laboral/Curso 102 131 162 178 165

Total 108 131 171 198 195

(*) Prazas aprobadas no mandato anterior e executadas neste.

(+) Pendente de aprobación no Consello Social.

Táboa resumo das prazas convocadas no período

RESUMO DA ACCIÓN DE GOBERNO 2014–2018UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

14

ANO OPE

Resolución DOGCorpo/

CategoríaGrupo de Decisión Santiago Lugo

Nº total Prazas

Acceso

2015 13/04/2015 22/04/2015

PX Estabilización Convenio Colectivo 5 2 7 LibrePX Estabiliz. Prf. Axudante Doutor (Conv. Anulada 2012) a PX 3 1 4 LibrePX Estabiliz. Prf. Asociado LRU (Conv. Anulada 2012) a PX 2 2 4 LibrePX Estabiliz.P. Investigador IPP e Ryc a PX 1 3 4 Libre

PX Contratación reserva 15% Invst. Ramon y Cajal como Laboral fixo 2 2 4 Libre

Total 23

2016 14/06/2016 28/06/2016

PX Estabilización Convenio Colectivo 1 0 1 LibrePX Estabiliz. Prf. Axudante Doutor (Conv. Anulada 2012) a PX 7 2 9 LibrePX Estabiliz. Prf. Asociado LRU (Conv. Anulada 2012) a PX 5 1 6 LibrePX Estabiliz.P. Investigador IPP a PX 11 2 13 LibrePX Contratación reserva 15% Invst. Ramon y Cajal como Laboral fixo 6 0 6 LibrePX Estabilización Convenio Colectivo (FX remate 2014) a PX 2 1 3 Libre

TU Promo de PX a TU (Convoc Anulada 2012) CAPACTUS PRIORIZADOS 5 0 5 Libre

    Total 43

2016 29/07/2016 05/08/2016 CU Promoción Acreditados a Cátedra 2016 4 0 4 Promoción Interna

Total 4

2017 07/07/2017 18/07/2017

PX Estabiliz. VXNP a PX (Acordo 23/03/2012) 1 0 1 LibrePX Estabiliz. P. Investigador IPP e Ryc a PX (Reserva 15% RyC) 4 0 4 LibrePX Estabilización Convenio Colectivo (FX a PX) 3 0 3 LibrePX Promo a PX - Vinculado - SERGAS (Acordo C.G. 20/07/2012) 1 0 1 LibreTU Promo de PX a TU (Convoc Anulada 2012) CAPACTUS PRIORIZADOS 5 0 5 LibreTU Promo a TU: Prazas Vinculadas USC–SERGAS Acordo C.G 20/07/2012) 2 0 2 LibreTU Promo de PX a TU SEGUINTES CAPACTUS PRIORIZADOS 3 0 3 Libre

CU Promoción Acreditados a Cátedra 2017 5 5 10 Promoción Interna

    Total 29

2018 Pdte. Pdte.

PX Estabiliz. VXNP a PX 7 3 10 LibrePX Estabiliz. P. Investigador Ryc a PX (Reserva 15% RyC) 5 0 5 LibreTU Promo de PX a TU SEGUINTES CAPACTUS PRIORIZADOS 7 2 9 LibreTU Promo a TU: RyC Estabilizado a PX con praza TU informada COAP 2 0 2 LibreTU Promo a TU: Convenio Colectivo art 35 2 2 4 LibreTU Promo a TU: Prazas Vinculadas Convenio USC–SERGAS 4 0 4 Libre

CU Promoción Acreditados a Cátedra 2018 0 0 15 Promoción Interna

    Total 49

Total prazas de Catedrático de Universidade 29Total prazas de Profesor Titular de Universidade 34Total Prazas de Profesor Contratado Doutor 85Total 148

Resumo:

RESUMO DA ACCIÓN DE GOBERNO 2014–2018UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

15

VICERREITORÍA DE OFERTA DOCENTE E INNOVACIÓN EDUCATIVA

Persoal da Vicerreitoría

María José Carreira Nouche. Comisionada para a Gobernanza das TIC e Estratexia de Titulacións.

Ana Díaz Martínez. Directora do Centro de Estudos Propios.

Elisa Jato Seijas. Directora do Centro de Tecnoloxías para a Aprendizaxe.

Beatriz García Antelo. Subdirectora do Centro de Tecnoloxías para a Aprendizaxe.

Ramón Leis Fidalgo. Director do Centro Internacional de Estudos de Doutoramento e Avanzados da USC.

Esther Olveira Olveira. Directora do IV Ciclo.

Mª del Carmen Moreira Figueiras. Secretaria.

Unidades asociadas

Centro de Linguas Modernas

Centro de Estudos Propios

Centro Internacional de Estudos de Doutoramento e Avanzados da USC

Centro de Tecnoloxías para a Aprendizaxe

Programa Universitario de Maiores: IV Ciclo

Servizo de Xestión da Oferta e Programación Académica

Roberto Javier López LópezVicerreitor de Oferta Docente e Innovación Educativa

Enderezo web: http://www.usc.es/vrtitulacions

RESUMO DA ACCIÓN DE GOBERNO 2014–2018UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

16

Actuacións en grao e mestrado

Implantación de tres novos graos (inicio previsto no curso 2018–2019): Biotecnoloxía e Criminoloxía no campus de Santiago, e Paisaxe no campus de Lugo (interuniversitario coa Universidade de A Coruña), e dezaoito títulos de mestrado en todas as ramas de coñecemento.

Establecemento de dez programas de simultaneidade de estudos de grao, oito no campus de Santiago (Bioloxía–Química; Dereito–Relacións Laborais; Enxeñaría Informática–Matemáticas; Farmacia–Óptica; Física–Matemáticas; Física–Química; Mestra/e de Educación Infantil–Mestra/e de Educación Primaria; Xornalismo e Comunicación Audiovisual), e dous no campus de Lugo (Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria–Enxeñaría Forestal e do Medio Natural; Mestra/e de Educación Infantil–Mestra/e de Educación Primaria).

Revisión e redacción de regulamentos relativos á organización dos graos e mestrados e de actividades académicas: modificación do Regulamento do título propio de Diploma Superior en Criminoloxía (C.G. 30-09-2014); Regulamento sobre dobres titulacións e simultaneidade de ensinanzas oficiais na USC (C.G. 27-03-2015); Regulamento de prácticas académicas externas da Universidade de Santiago de Compostela (C.G. 29-07-2015); Regulamento do procedemento para a tramitación e modificación das titulacións oficiais de Grao e Mestrado (C.G. do 17-12-2015); Regulamento de matrícula, elaboración e defensa dos traballos fin de grao e fin de mestrado na Universidade de Santiago de Compostela (C.G. 10-03-2016); Acordo do Consello de Goberno sobre recoñecemento de créditos nos estudos de grao ao abeiro do artigo 12.8 do Real Decreto 1392/2007 (C.G. 5-07-2016); e Regulamento das titulacións oficiais de Grao e Mestrado na Universidade de Santiago de Compostela (C.G. do 28-07-2017).

Establecemento de dúas convocatorias anuais ao inicio de cada semestre, para o cofinanciamento de prácticas de campo nos estudos de grao e mestrado.

Actuacións en doutoramento

Creación do Centro Internacional de Estudos de Doutoramento e Avanzados da USC (CIEDUS), no que se integra o Centro de Estudos Avanzados para o apoio dos estudos de doutoramento.

Creación da Escola de Doutoramento Internacional en Artes e Humanidades, Ciencias Sociais e Xurídicas; da Escola de Doutoramento Internacional Campus Terra; da Escola de Doutoramento Internacional en Ciencias da Saúde; e da Escola de Doutoramento Internacional en Ciencias e Tecnoloxía (C. G. 29-07-2016; Decreto da Xunta de Galicia 91/2017, DOGA 3-10-2017).

Revisión e redacción de regulamentos relativos á organización da estrutura institucional e dos estudos de doutoramento: Regulamento de estudos de Doutoramento (C.G. 12-06-2017); Regulamento de réxime interno do Centro Internacional de Estudos de Doutoramento e Avanzados da USC (C.G. 31-01-2018); Réxime provisorio sobre as xuntanzas dos órganos colexiados transitorios das Escolas de Doutoramento, mentres non se aprobe polo Consello de goberno o Regulamento de Réxime Interno das Escolas (C.G. 31-01-2018); Regulamento de Réxime Interno da Escola de Doutoramento Internacional en Artes e Humanidades, Ciencias Sociais e Xurídicas da USC (C.G. 22-02-2018); Regulamento de Réxime Interno da Escola de Doutoramento Internacional Campus Terra da USC (C.G. 22-02-2018); Regulamento de Réxime Interno da Escola de Doutoramento Internacional en Ciencias e Tecnoloxías da USC (C.G. 22-02-2018); Regulamento de Réxime Interno da Escola de Doutoramento Internacional en Ciencias da Saúde da USC (C.G. 22-02-2018).

Actuacións no Centro de Estudos Propios

Reorganización e revisión da xestión e desenvolvemento dos estudos propios da USC, para o que se actualizou o Regulamento de estudos propios de posgrao e cursos de formación continua (C.G. 4-02-2015).

RESUMO DA ACCIÓN DE GOBERNO 2014–2018UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

17

de MOOC e recursos audiovisuais. Para a súa materialización, celebráronse a I e II Convocatorias de proxectos de innovación educativa en Aprendizaxe–Servizo (ApS), nas que se desenvolveron 15 e 17 proxectos, respectivamente. Tamén se organizou a Convocatoria de proxectos de innovación educativa en MOOC e de apoio das TIC á docencia (28 de abril de 2017), dando apoio a 20 iniciativas.

No curso 2017–2018, con carácter experimental, foi incorporada a Plataforma eHabilis que integra a video–conferencia e gravación (WizlQ) e a atención on line (Moodle).

Actualización do Programa de Formación e Innovación Docente (PFID), no que se integra a oferta xeral de formación (cursos de carácter xeral ou específico agrupados en itinerarios formativos), e o recoñecemento de actividades de formación propostas desde os propios centros docentes e de investigación, departamentos e grupos de investigación e innovación da USC que desexen mellorar as súas prácticas.

Actuacións no CLM

Posta en marcha dun programa de ensino de inglés para á docencia dirixido a PDI. O CLM, en particular a súa sección de inglés, colabora activamente coa Vicerreitoría de Internacionalización nas accións integradas no Plan Estratéxico de Internacionalización (PEI), e no Regulamento para a docencia de calidade en linguas estranxeiras da USC (LEDUS).

Incorporación ás probas de acreditación de lingua inglesa Aptis, mediante convenio asinado co British Council.

Mediante convenio co Instituto Cervantes, a Universidade foi recoñecida a través do CLM como centro examinador para as probas de “Conocimientos constitucionales y socioculturales de España” (CCSE) desde 2016, e as probas do “Servicio Internacional de Evaluación de la Lengua Española” (SIELE) desde 2017.

Creación a partir do anterior Centro de Posgrao e Terceiro Ciclo, do Centro de Estudos Propios (CEP).

Inscrición da USC, desde novembro de 2017 a USC, na Fundación Estatal para la formación en el empleo (FUNDAE), para poder participar deste xeito na organización e impartición de cursos de formación para as empresas.

Actuacións en IV Ciclo

Revisón e actualización dos programas de estudo, Diploma Senior en IV Ciclo e Diploma Excélsor en IV Ciclo, a través do Regulamento dos estudos do Programa Universitario de Maiores, Estudos de Cuarto Ciclo da USC (C.G. 5-07-2016).

Mellora nos procedementos académicos e administrativos do programa de IV Ciclo coa súa inclusión en Xescampus.

Ampliación das actividades do Programa Universitario de Maiores a través de “Camiños de coñecemento e experiencia”, acción levada a cabo por vez primeira no ano 2017 para levar actividades de formación ao ámbito rural, mediante convenios e acordos coa Consellería de Política Social, Deputación da Coruña, Deputación de Pontevedra e sete concellos. No ano 2018, a colaboración esténdese a 21 concellos de Galicia.

Actuacións no Centro de Tecnoloxías para a Aprendizaxe

Instalación dun estudo de gravación en Santiago para á elaboración de recursos audiovisuais para a docencia. Financiado cunha axuda da convocatoria de consolidación de proxectos de excelencia nas universidades, convocada polo MEC, con referencia CEI15–30. Está dotado de: estudo virtual, Green Studio verde, cámara de vídeo, mesa de mesturas, micrófonos, sistema de iluminación, sistema de edición de vídeo, pantalla e monitores e telepronter.

No curso 2016–2017 foi iniciado un segundo nivel de formación vinculado aos proxectos de innovación nos ámbitos da metodoloxía de aprendizaxe e servizo (ApS) e ao deseño e desenvolvemento

RESUMO DA ACCIÓN DE GOBERNO 2014–2018UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

18

VICERREITORÍA DE ESTUDANTES, CULTURA E RESPONSABILIDADE SOCIAL

Persoal da Vicerreitoría

María Dolores Cadaval Sampedro. Coordinadora do Servizo Universitario de Residencias con competencias no ámbito de Residencias e Responsabilidade Social.

Marta Carballo Fidalgo. Asesora no ámbito de Estudantes, Cultura e Deporte.

Eva Aguayo Lorenzo. Directora da Oficina de Igualdade de Xénero.

Silvana Longueira Mato. Directora da Oficina de Desenvolvemento Sostible.

Lucia Iglesias da Cunha. Directora da Escola Infantil Breogán.

Mª del Carmen Segura Iglesias. Adxunta á Vicrreitoría de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social (ata outubro de 2015).

Mª del Carmen Pumar García. Secretaria.

Unidades asociadas

Área de Cultura

Área de Orientación Laboral

Axudas e Servizos ao Alumnado

Cafeterías e Comedores Universitarios

Escola Infantil Breogán

Oficina de Desenvolvemento Sostible

Oficina de Igualdade de Xénero

María Dolores Álvarez PérezVicerreitora de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social

Servizo de Deportes

Servizo de Participación e Integración Universitaria

Servizo de Publicacións e Intercambio Científico

Enderezo web: http://www.usc.es/vrestudantes

RESUMO DA ACCIÓN DE GOBERNO 2014–2018UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

19

Área de Cultura

Posta en valor do patrimonio artístico da USC a través do desenvolvemento dun museo virtual. Fotografiáronse 900 pezas catalogadas e implementouse unha aplicación informática que permite o acceso ás pezas, acompañadas das fichas explicativas correspondentes.

Ampla oferta cultural nos ámbitos da música, do teatro, da danza, das artes visuais e das exposicións da que se poden destacar os Festivais Internacionais e Mostras de teatro Universitario, os Encontros de danza universitaria, o ciclo de charlas–conferencias “Nerd Nites”, os encontros orquestrais e concertos da Orquestra da USC, os ciclos “Unha pequena historia do cuarteto de corda” e “Unha vida de emocións en 32 sonatas: as sonatas para piano de Beethoven”, e as estreas anuais da produción da Aula de Teatro.

Xestión da convocatoria de axudas ás compañías de teatro e danza e desenvolvemento de varios cursos (teatro, danza, fotografía, cine, etc.).

Orientación laboral, empregabilidade e fomento da cultura emprendedora

Orientación laboral persoalizada a máis de 1000 alumnas e alumnos.

Xestión de máis de 4.000 solicitudes de prácticas extracurriculares por parte do alumando, adxudicando 564 bolsas para o desenvolvemento das mesmas.

Diagnose de necesidades de prácticas curriculares nos estudos de grao e mestrado mediante cuestionarios enviados ás direccións de centro e coordinacións de titulacións, evidenciándose a existencia dunha demanda non atendida.

Contactos con 677 empresas e institucións solicitándolle a súa colaboración nas prácticas curriculares, lográndose unha resposta

positiva de preto de 300 empresas que pasaron a colaborar cos distintos centros docentes, satisfacendo así a demanda existente.

Desenvolvemento de dous foros de emprego coa participación de numerosas empresas.

Fomento da cultura da innovación e emprendemento a través do desenvolvemento do Evento AQUA TALENT HUP, dúas veces cada ano. A participación nos eventos foi de 700 alumnas e alumnos aproximadamente.

Implantación e desenvolvemento do programa “Lanzadeiras para o emprego”, co obxecto de impulsar a empregabilidade e o emprendemento dos graduados e graduadas, organizando máis de cen obradoiros nos últimos tres cursos nos que participaron máis de 2.000 alumnas e alumnos.

Implantación e desenvolvemento do “Proxecto Mentoring: desenvolvemento profesional e mentoring inclusivo”, no que se implicaron 120 mentores e participaron 300 alumnas e alumnos ao longo das súas tres edicións. O proxecto contempla a formación presencial para ambos os dous colectivos, o desenvolvemento dunha guía didáctica para os mentores, avaliación da satisfacción dos colectivos participantes e a difusión do mesmo nos medios de comunicación.

Sinatura de convenios co Consello Social, La Caixa, Fundación Aquae e Seguros Santa Lucía para captar recursos para financiar os “Proxectos Mentoring desenvolvemento profesional e mentoring inclusivo” e o programa de “Lanzadeiras para o emprego”.

Integración e participación universitaria

Sinatura de doce convenios con entidades e asociacións do terceiro sector para o desenvolvemento de proxectos de voluntariado.

Programa de impulso da Responsabilidade Social na docencia mediante a implantación da metodoloxía de aprendizaxe e servizo (ApS), que incluíu cursos de formación para PDI e estudantado, o

RESUMO DA ACCIÓN DE GOBERNO 2014–2018UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

20

desenvolvemento de máis de 40 proxectos en distintos centros docentes e entidades da contorna, a elaboración de material audiovisual, a convocatoria de premios aos mellores proxectos ApS e a compilación de boas prácticas.

Desenvolvemento do programa de apoio na aula ao alumnado con discapacidade, que comprende o estudo sobre o grado de inclusión na USC, a realización dunha xornada formativa e divulgativa para o estudantado e outra para o profesorado, o establecemento dun plan director e a actualización de protocolos de actuación.

Creación e coordinación da Rede de Cooperación do SUG, a través dun convenio coa Xunta de Galicia. Fortalecemento de espazos de traballo conxuntos coas universidades galegas no ámbito da cooperación.

Desenvolvemento de máis de 15 cursos para mellorar as capacidades técnicas no ámbito da cooperación aos que asistiron aproximadamente 100 docentes.

Convocatoria de bolsas de proxectos de coñecemento da realidade para o estudantado.

Desenvolvemento do curso de formación continua en cooperación internacional e especialista con carácter anual.

Reforma normativa sobre créditos ECTS por voluntariado aprobada polo consello de goberno no curso 2015–16.

Deseño e implantación dun curso de formación en liña de carácter obrigatorio para o alumnado interesado en realizar voluntariado na USC.

Desenvolvemento e xestión de varios convenios co Concello, Xunta de Galicia, Fundación José Otero e La Caixa para captar recursos para desenvolver as actividades do servizo.

Estudo sobre a relación entre a empregabilidade e a participación nas actividades de voluntariado financiado polo Consello Social.

Fomento da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes

Implantación do II Plan Estratéxico de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes, de cuxa avaliación, desenvolvida pola Oficina de Igualdade de Xénero no 2017, se deduce un grao de cumprimento das accións do 74,67% no 2015 pasando a un 80% no 2016.

Deseño e posta en marcha do protocolo de prevención e actuación fronte ao acoso sexual e o acoso por razón de sexo, orientación sexual e identidade de xénero (de aplicación a toda a comunidade universitaria e que entrou en vigor o 14 de xaneiro de 2017).

Consolidación de accións como a convocatoria dos Premios á Introdución da Perspectiva de Xénero na Docencia e na Investigación, que foi incluída na ferramenta en liña (GEAR tool) do European Institute for Gender Equality (EIGE) como exemplo de boa práctica.

Conmemoración das datas consagradas na axenda feminista (o 8 de marzo e o 25 de novembro) e o recoñecemento pola súa traxectoria a prol da igualdade de xénero a unidades ou servizos da USC, no marco do acto institucional do Día Internacional das Mulleres.

Potenciación da conciliación da vida laboral, familiar e persoal a través do impulso do programa Verán CampUSC (campamentos urbanos para fillos e fillas do persoal e alumnado de la USC) .

Xestión dun convenio con Concello de Santiago para a realización de actividades para promover a conciliación da vida laboral, familiar e persoal e a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres.

Celebración anual da Xornada Universitaria Galega en Xénero (en colaboración coas outras dúas universidades galegas).

Creación de comisións ou enlaces de xénero nos centros (de apoio no seguimento e implantación do Plan en 16 dos 25 centros da USC)

Realización de accións formativas no ámbito da prevención, vinculadas ao Protocolo, para o PDI e PAS (especialmente dirixida

RESUMO DA ACCIÓN DE GOBERNO 2014–2018UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

21

ao persoal con responsabilidades directivas e representantes dos traballadores e traballadoras e alumnado).

Promoción dunha imaxe positiva da acción de xénero coa convocatoria dos Certames de fotografía Ruth Matilda Anderson e o desenvolvemento de actividades nos centros de ensino secundario para promover a presenza de rapazas nos títulos relacionados coas disciplinas coñecidas como STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas) e caracterizadas por unha baixa porcentaxe de alumnas.

Desenvolvemento sostible

Desenvolvemento dunha diagnose da situación da USC, a fin de actualizar o plan de desenvolvemento sostible (DS), que incluíu un informe sobre o grao de coñecemento e implicación nas súas aulas dos principios do DS do PDI, unha recompilación e análise das prácticas de xestión relacionadas co DS e unha actualización dos grupos de investigación que contemplan nas súas liñas e nos seus proxectos algún aspecto relacionado co DS.

Mantemento dos programas de mobilidade sostible (préstamo de bicicletas, comparte o teu coche, etc.) e de hortos.

Xestión da convocatoria de bolsas de sostibilidade para alumnado de grao e mestrado.

Titorización anual de 14 proxectos realizados polo alumnado no ámbito da sostibilidade.

Organización da xornada CRUE sostibilidade á que asistiron representantes das universidades españolas.

Proxecto de Comercio Xusto en colaboración con Panxea e Solidariedade Internacional, financiado a través dun proxecto presentado á Xunta de Galicia.

Recollida anual de datos e cálculo da Pegada Ecolóxica da USC.

Fomento da actividade deportiva

Accións de mellora nas instalacións deportivas, destacando as pistas de tenis, o estadio de atletismo e a pista exterior de baloncesto. Tamén se iniciaron as obras para o acondicionamento do campo de fútbol que rematarán no 2018 grazas ao convenio coa Deputación de A Coruña, o Concello de Santiago e a Federación Galega de Fútbol.

Desenvolvemento dunha nova aplicación informática para a xestión do Servizo de Deportes.

Accións de mellora na xestión das actividades deportivas, que partindo da análise da evolución dos usuarios, dos ingresos, custes e prezos do servizo, permitiu a reformulación da oferta deportiva e o incremento de usuarios.

Convenio coa Deputación de A Coruña para financiar custes derivados da competición do deporte universitario.

Convenio coa Deputación de A Coruña, o Concello de Santiago e a Federación Galega de Fútbol.

Desenvolvemento do plan director de mellora das instalacións 2018–2022.

Actuacións no Sistema Universitario de Residencias

Melloras nas instalacións das residencias e colexios maiores. Realizáronse unha serie de melloras moi importantes no Servizo Universitario de Residencias que contribuíron a mellorar a calidade de vida dos estudantes.

Convocatoria anual de bolsas para proxectos de colaboración do alumnado das Residencias e Colexios Maiores para a realización de actividades formativas.

Realización das memorias de actividades formativas anuais correspondentes a cada colexio maior e residencia do SUR.

RESUMO DA ACCIÓN DE GOBERNO 2014–2018UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

22

Revisión da normativa de aplicación (convocatoria ordinaria, convocatoria para estudantes internacionais e convocatoria de verán) e aprobación do Regulamento do Sistema de Residencias.

Accións de mellora na explotación das prazas das residencias, a través do programa A Ponte co ensino medio e do programa “Estancias científicas de Verán (ESCIVE)”, financiado pola FECYT, a colaboración coa entidade Cursos Internacionais da USC, S.L. e a sinatura de convenios con entidades locais para a utilización das residencias universitarias nas épocas estivais en ámbitos culturais.

Servizo de Publicacións e Intercambio Científico

Acreditación do selo de calidade USC Editora por AENOR e IQNET coa certificación ISO 9001:2008 de sistemas de xestión de calidade. A acreditación foi sucesivamente renovada e, en 2018, adaptouse con éxito á nova versión da norma ISO 9001: 2015. O Servizo de Publicacións e Intercambio Científico é o primeiro organismo da USC en adaptarse á nova versión da norma.

Inaguración do Portal Dixital de Libros da USC Lib{USC}, que integra nunha única plataforma (montada sobre o software open source Open Monograph Press.OMP) todo o fluxo de xestión, revisión, edición, produción, e comercialización ou posta ao dispor en acceso aberto das coleccións e monografías da USC.

Incorporación ao Portal Dixital de Revistas Rev{USC}, que aloxa todas as publicacións periódicas científicas editadas pola USC en soporte exclusivamente dixital, tres novas revistas: Elos. Revista de Literatura Infantil e Xuvenil; Gladius et Scientia. Revista de Seguridad del CESEG e MARCO. Márketing y Comunicación Política.

Tres revistas da USC (Ágora. Papeles de Filosofía; Estudos de Lingüística Galega e Verba. Anuario Galego de Filoloxía) foron merecentes do selo de calidade da FECYT.

En estreita colaboración coa Biblioteca Xeral, e nunha acción pioneira en España, xunto coas universidades de Burgos, Cádiz, Salamanca e Murcia, inaugurouse Prelo. Portal de Préstamo de

Libros On–Line da USC, onde se aloxan para préstamo a produción dixital de monografías, de natureza comercial, do Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, que se achegan ao número de 300.

O Servizo de Publicacións e Intercambio Científico seguiu contribuíndo á produción dixital en acceso aberto da USC, sobrepasando de longo a edición de 2000 teses de doutoramento no repositorio Minerva. A marzo de 2018, só a produción dixital en acceso aberto do Servizo de Publicacións representa máis da metade dos fondos de Minerva (excactamente, 9807 arquivos dun total de 19114, o 51,3%).

O Servizo de Publicacións e Intercambio Científico recibiu cinco galardóns nos Premios Nacionais de Edición Universitaria: Violencia de género y justicia (Mellor monografía de CC. Xurídicas e Sociais, 2014); Charles S. Peirce: Semiótica. Textos selectos (Mellor tradución, 2015); Antimateria, magia y poesía (Mellor obra de divulgación científica, 2015); Con el alba. El cuaderno de Francia de Ramón del Valle–Inclán (Obra mellor editada, 2017) e Memorias de Fernando Álvarez de Sotomayor (Mellor coedición interuniversitaria, 2017).

Escola infantil Breogán

Negociación e resolución da convocatoria de prazas da Escola Infantil que contou con informe favorable da ANPA todos os anos.

Inversións para mellora e mantemento das infraestruturas e organización das celebracións dos 40 anos da Escola.

Memoria de responsabilidade social

Elaboración, presentación e difusión das memorias de responsabilidade social dos anos 2014, 2015 e 2016, coa adaptación dos indicadores á versión GRI4.

RESUMO DA ACCIÓN DE GOBERNO 2014–2018UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

23

VICERREITORÍA DE COMUNICACIÓN E COORDINACIÓN

Persoal da Vicerreitoría

María José Carreira Nouche. Comisionada para a Gobernanza das TIC e Estratexia de Titulacións (desde xuño de 2017).

José Raúl Canay Pazos. Coordinador de Accións de Mecenado e Patrocinio Institucional (ata xuño de 2017).

Enrique Castelló Mayo. Asesor de Imaxe Institucional (desde xuño de 2017).

Luis M. Hervella Torrón. Coordinador do programa A Ponte.

Francisco Javier López González. Coordinador do programa A Ponte no Campus de Lugo.

Carlos Pío del Oro. Asesor para o Sistema Integrado de Información Universitaria.

Rosa M. Crujeiras Casais. Adxunta da Vicerreitoría de Comunicación e Coordinación con competencias en calidade (ata xuño de 2017).

Elena Sieiro Negro. Secretaria.

Xosé Pereira FariñaVicerreitor de Comunicación e Coordinación (ata xuño de 2017)

Rosa M. Crujeiras CasaisVicerreitora de Comunicación e Coordinación (desde xuño de 2017)

Enderezo web: http://www.usc.es/vrcomunicacion

RESUMO DA ACCIÓN DE GOBERNO 2014–2018UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

24

Unidades asociadas

Área de Tecnoloxías da Información e das Comunicacións (ATIC)

Área de Calidade e Mellora de Procedementos

Comisión TIC

Gabinete de Comunicación

Oficina de Información Universitaria (OIU)

Oficina Web

Programa “A Ponte entre o Ensino Medio e a USC”

Servizo de Medios Audiovisuais (SERVIMAV)

Tarxeta Universitaria de Identificación

Tecnoloxías da Información e das Comunicacións

Melloras nas infraestruturas de rede de datos e voz, coa renovación completa do equipamento de rede cableada e sen fíos e reducindo custos de mantemento, co conseguinte aumento na cobertura da rede Wifi e mellora da velocidade de interconexión entre todos os edificios.

Integración da plataforma Office 365 co correo–e da USC.

Renovación tecnolóxica da infraestrutura web e inicio dos traballos de redeseño da nova páxina da USC.

Melloras en seguridade, como a habilitación do acceso seguro mediante redes privadas virtuais para o traballo desde fóra da USC, a dotación dun centro de operación de seguridade para a protección fronte a ciberameazas e a implantación de novas devasas de última xeración.

Realización de auditorías de código para garantir a seguridade das aplicación de xestión da USC.

Implantación da emisión instantánea da TUI a todos os colectivos consolidando o uso da parte criptográfica para os certificados de empregado público.

Primeira universidade española en utilizar Cl@ve na súa plataforma de identificación corporativa e primera tamén en permitir a sinatura electrónica con credencias de usuario.

Melloras nos sistemas de alimentación do centro de procesamento de datos (CPD) da USC e inicio da construción do novo CPD de respaldo.

Elaboración e aprobación do Regulamento de Gobernanza das TIC, coa creación da Comisión TIC, que xa foi constituída e a partir da cal se teñen organizado grupos de traballos por distintas áreas.

Renovación do software e hardware nos servidores máis críticos.

RESUMO DA ACCIÓN DE GOBERNO 2014–2018UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

25

Inicio dos traballos para a implantación da extensión .gal nas direccións de correo electrónico, en probas no momento de elaboración deste informe.

Inicio dos traballos para a implantación da APP–USC, prevista antes da finalización do curso 2017–2018.

Calidade e Mellora dos Procedementos

Apoio aos procesos de seguimento e acreditación de títulos de grao e mestrado, e ao seguimento de programas de doutoramento proporcionando formación específica, guías para a elaboración dos autoinformes, evidencias e indicadores.

Certificación dos Sistemas de Garantía de Calidade (SGIC) na Escola Técnica Superior de Enxeñaría, Escola Politécnica Superior de Enxeñaría, Facultade de Bioloxía, Facultade de Ciencias e Facultade de Psicoloxía. Ao longo do 2018 someteranse ao proceso de certificación as facultades de Administración e Dirección de Empresas, Ciencias da Comunicación, Ciencias Económicas e Empresariais, Formación do Profesorado, Matemáticas e Veterinaria.

Formación de persoal docente e investigador e persoal de administración e servizos como auditores de sistemas internos de garantía de calidade, como apoio aos procesos de implantación e certificación dos SGIC nos centros.

Mellora da Aplicación de Apoio aos Sistemas de Xestión, facilitando información (indicadores e evidencias) de apoio aos procesos de seguimento e renovación da acreditación de títulos.

Establecemento do calendario de actuacións en materia de calidade, co fin de facilitar a organización dos centros.

Centralización da información estatística dirixida a organismos oficiais, rankings, peticións particulares e comunicación externa.

Apoio ao plan de acción do selo HRS4R, asumindo a responsabilidade de varias accións como a formación de persoal para a elaboración de

cartas de servizo, cuxa primeira fase xa se acometeu en febreiro de 2018, prevendo a publicación das cartas en maio de 2018.

Apoio ao Plan Estratéxico de Internacionalización, asumindo a responsabilidade de varias accións, como a implantación de selos internacionais. O Grao en Enxeñaría Química e o Mestrado en Química Ambiental e Bioprocesos conseguiron o selo ICheme. Durante o 2018, o Grao en Veterinaria someterase á avaliación para ser membro da European Association of Establishments for Veterinary Education (EAEVE). Avaliaranse para o selo EURACE os graos en Enxeñaría Civil e Enxeñaría Forestal e do Medio Natural así como o Máster en Enxeñaría de Montes, e para o Chemistry Quality Eurabel o Grao en Química.

Elaboración do Plan de Melloras da USC, como ferramenta de apoio aos plans de centro e á programación plurianual.

Participación no grupo de coordinación de universidades do Club de Excelencia en Gestión.

Apoio aos servizos nos procesos de certificación de sistemas de xestión con normas ISO.

Gabinete de Comunicación

Intensificación da coordinación informativa entre os Campus de Lugo e Santiago e da difusión informativa derivada da produción científica dos grupos de investigación da USC.

Optimización da acción comunicativa nas redes sociais da USC, elaborando unha guía de recomendacións de uso das mesmas, que se trasladará aos centros e servizos interesados nas vindeiras datas.

Participación na planificación e produción das campañas promocionais de captación do alumnado.

Elaboración dunha axenda de expertas e expertos da USC en saberes das distintas áreas, consolidando a súa presenza nos medios de comunicación xeral, como líderes de opinión ao fío da actualidade informativa.

RESUMO DA ACCIÓN DE GOBERNO 2014–2018UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

26

Servizo de Medios Audiovisuais

Gravación e retransmisión en directo de todos os actos académicos institucionais da USC (apertura de curso, investidura de Honoris Causa…), así como gravación e retransmisión en directo das sesións do Claustro Universitario desde 2015.

Apoio á divulgación a través da gravación e postprodución das convocatorias de Pint of Science, Emprega–T, Sondaxes e Experimentos, ConCiencia, etc. Produción de contidos audiovisuais para exposicións, como a Historia da Informática.

Participación no convenio de colaboración entre 26 universidades e RTVE para a realización e retransmisión de contidos audiovisuais (“La Universidad Responde”). Neste ano e no vindeiro participaremos no programa “Universo Sostenible”, tamén a través de RTVE, cuxa emisión está prevista dentro do programa “La Aventura del Saber”.

Colaboración co CeTA para a produción de contidos audiovisuais, así como para a creación de elementos audiovisuais comúns para todas as producións que se realicen na USC, identificando a imaxe corporativa da institución e distinguindo as distintas pezas (MOOCs, pílulas, actos,...).

Mellora do sistema de xestión e arquivo de contidos audiovisuais, en colaboración con ATIC, que permitirá actualizar o portal USC–TV e aglutinar baixo unha mesma plataforma distintos usuarios, optimizando os recursos.

Outras actuacións

Elaboración e aprobación dun Plan de Viabiliade para UNIXEST.

Reestruturación de espazos nos edificios institucionais (San Xerome, Fonseca, Balconada e Elisa e Jimena), reubicando distintos servizos para dar cabida ao Centro de Benvida Internacional no Colexio de Fonseca.

Establecemento do protocolo de benvida a cargos (decanas/os e directoras/es de centros e departamentos), facilitándolles información sobre xestión académica, procesos de xestión de calidade e de xestión económica.

Reorganización das visitas guiadas con novas propostas de horarios e fortalecemento da publicidade sobre as mesmas.

Intensificación do seguimento e control de uso da imaxe corporativa da USC, así como da presenza da universidade en redes sociais.

Deseño e implantanción das campañas de captación de alumnado de novo ingreso para os cursos 2017–2018 e 2018–2019 reforzando a presenza en medios sociais.

Colaboración e asesoramento na elaboración do Plan Estratéxico do Campus da Cidadanía, un proxecto chave para a USC, que foi aprobado en decembro de 2017 e que cuxas actividades se canalizarán a través de plans de acción anuais.

Intensificación do labor informativo da Oficina de Información Universitaria, a través do correo electrónico e da súa web, que rexistrou unha media anual de máis dun millón e medio de visitas.

RESUMO DA ACCIÓN DE GOBERNO 2014–2018UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

27

VICERREITORÍA DE INTERNACIONALIZACIÓN

Persoal da Vicerreitoría

María Luz Loureiro García. Adxunta ás Vicerreitorías de Investigación e Innovación e de Internacionalización.

Héctor Rodríguez Martínez. Asesor para a Internacionalización da Oferta Docente.

Jacobo Daniel Feás Vázquez. Asesor para a Xestión da Información e a Elaboración do Mapa Relacional.

Mercedes Pérez Zaera. Secretaria (ata xuño de 2015).

Mª del Carmen García Vidal. Secretaria (desde xuño de 2015).

Unidades asociadas

Cátedras Institucionais

Servizo de Relacións Exteriores

Cursos Internacionais da USC, S.L.

Almudena Hospido QuintanaVicerreitora de Internacionalización (desde setembro de 2015)

Carlos Salgado LópezVicerreitor de Internacionalización (ata xullo de 2015)

Enderezo web: http://www.usc.es/vrinternacionalizacion

RESUMO DA ACCIÓN DE GOBERNO 2014–2018UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

28

Accións estructurais de potenciación da internacionalización

Elaboración e aprobación do Plan Estratéxico de Internacionalización (PEI) para o período 2017–2020, e execución do plan de acción asociado ao curso 2017–2018.

Mudanza do Servizo de Relacións Exteriores (SRE) aos Colexios de San Xerome e Fonseca.

Definición e posta en marcha do Centro de Benvida Internacional no Colexio de Fonseca.

Reformulación do programa de atención a estudantes extracomunitarios (PATEX).

Proxectos e accións de cooperación internacional

Participación moi activa con resultados positivos nas convocatorias anuais da Acción Clave 2 (Capacity Building for Higher Education) do Programa Erasmus+, destacando os seguintes proxectos institucionais coordinados desde o SRE:

• SOLA (Spin–off Lean Acceleration) 15/10/2015–14/10/2017

• ECCUM (Establishment of Computing Centers and Curriculum Development in Mathematical Engineering Master program) 15/10/2015–14/10/2018

• UNISON (University – enterprise cooperation via spin–off companies network) 15/10/2016–14/10/2019

• ENINEDUCOR (Enhancement of Higher Education and Corporate Sectors Integration in accordance with New Social Environment) 15/10/2016–14/10/2019

• CLASS (Development of the Interdisciplinary Master Program on Computational Linguistics at Central Asian UniverSitieS) 15/10/2017–14/10/2020

Participación activa con resultados positivos na convocatoria do Fondo de Asilo, Migración e Integración da CE, coa concesión do proxecto UNINTEGRA (University Leading Full and Stepwise Approach to the Integration of Refugees) 01/10/2017–30/09/2019.

Definición e lanzamento do Programa propio de axudas a persoas refuxiadas, cun horizonte temporal de 5 anos e que na actualidade conta con catro persoas beneficiarias.

Definición e lanzamento do programa propio de Axudas para a especialización de mulleres africanas a favor de desenrolo sostible.

Participación activa en redes internacionais de universidades, como por exemplo o Compostela Group of Universities (CGU), cuxa XXI Asemblea Xeral tivo lugar na USC en Setembro de 2015, a European Association for International Education (EAIE), onde a USC estivo presente nas conferencias anuais de Liverpool (2016) e Sevilla (2017) ou a Euro–Mediterranean Network Universities (TETHYS) desde 2016.

Internacionalización da oferta docente

Elaboración e aprobación do Regulamento para a Docencia de Calidade en Linguas Estranxeiras (LEDUS).

Revisión das iniciativas de dobres títulos con universidades estranxeiras e impulso a novas accións nesta liña. En concreto realizáronse visitas e multitude de reunións na distancia coa Universidade de Turín (Italia), a Universidade Técnica Federal do Paraná (Brasil) e a Pontificia Universidade Católica de Valparaíso (Chile). Neste ámbito tense dedicado moito tempo e esforzo á busca de encaixe entre o noso sistema 4+1 e o 3+2 predominante na meirande parte dos países europeos e o 5+0 preferente nos países latinoamericanos.

RESUMO DA ACCIÓN DE GOBERNO 2014–2018UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

29

Mobilidade internacional

Participación moi activa con resultados positivos nas convocatorias de 2016 e 2017 no programa Erasmus+ International Credit Mobility KA107, con 165 e 144, respectivamente, mobilidades acadadas que permite manter a posición de liderado en terceiros países que a USC tiña alcanzado a través dos programas Erasmus Mundus (agora xa en extinción).

Preparación da Convocatoria de bolsas de mobilidade para estudos de doutoramento ao abeiro do Programa Erasmus+ a partir do curso académico 2017–2018 e ata o curso 2020–2021, en estreita colaboración co Centro Internacional de Estudos de Doutoramento e Avanzados da USC (CIEDUS).

Definición e posta en marcha do International Students Welcome Day, acto de benvida ao estudantado internacional que combina unha recepción institucional, presentación dos servizos da USC e actividades de integración. Na súa edición do 2017 este acto serviu tamén de celebración do 30 aniversario do nacemento do programa Erasmus.

Celebración anual do International Day, en colaboración coa Asociación Erasmus Compostela, que busca presentar os destinos internacionais ao alumnado da USC a través da participación activa do alumnado internacional.

Redacción e lanzamento do premio á excelencia dos estudantes da USC en destinos internacionais, dirixido ao estudantado de grao ou mestrado na USC que realice unha mobilidade internacional baixo calquera dos programas nos que participa a USC.

Redacción e lanzamento do premio á promoción da USC nos destinos internacionais, dirixido a todos os membros da comunidade universitaria que tras facer unha mobilidade internacional acrediten actividades de promoción da USC nas universidades de destino.

Posta en marcha dun formato de viaxe con representantes institucionais e PDI, buscando o máximo retorno das conversas e

visitas realizadas. Neste formato realizouse unha viaxe a Teherán (Irán) en abril de 2016 e outra a Swansea (Gales, Reino Unido) en febreiro 2017.

Definición de protocolo de recepción de visitas de representantes institucionais e PDI extranxeiros. Neste formato recibíronse delegacións de Gales (Reino Unido) en maio 2016 e de Xapón en Novembro 2017.

Outras accións

Revisión e pulo decidido das cátedras institucionais existentes, e apoio á creación de novas iniciativas.

Creación dunha unidade de centralización da xestión da información e da comunicación de rankings a través do alias [email protected].

Apoio ao plan de acción do selo HRS4R, asumindo a responsabilidade de varias accións como a recepción de investigadores a través do centro EURAXESS asociado ao Centro de Benvida Internacional.

Redacción e lanzamento da convocatoria de axudas de apoio á produción científica e promoción da visualización da USC, co obxecto de apoiar a visualización e a internacionalización da produción científica do PDI en revistas de alto impacto ou publicacións de alta reputación.

Redacción e lanzamento da convocatoria para apoiar a participación do PDI da USC en convocatorias públicas de proxectos e/ou actividades de investigación e cooperación internacionais, principalmente dentro dos programas Horizonte 2020 e Erasmus+.

Captación activa de alumnado internacional a través das principais feiras, tales como Europosgrados México (2015, 2016, 2017), Europosgrados Colombia (2015), EHEF Japan (2016, 2017), Study in Europe Ecuador & Perú (2016, 2017), Estudiar en España – Brasil (2017), Expoestudiante Guayaquil, Quito e Lima (2017), Global Education Fairs Asia (2017) ou Undergrad Tour Rusia (2018).

RESUMO DA ACCIÓN DE GOBERNO 2014–2018UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

30

Definición e impresión do folleto institucional de presentación da USC, buscando así completar o material de presentación dispoñible máis dirixido á captación de estudantado internacional en feiras.

Dinamización do perfil USC Internacional nas redes sociais (Facebook, Instagram e Twitter).

Aposta clara pola calidade e o posicionamento de Cursos Internacionais da USC como centro de referencia de ELE en Galicia, a través da sistematización de procesos internos de xestión, o lanzamento de novos produtos e o inicio dos procesos de acreditación do Instituto Cervantes e do Sistema Integral de Calidade Turística Española en Destinos (SICTED).

RESUMO DA ACCIÓN DE GOBERNO 2014–2018UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

31

VICERREITORÍA DE COORDINACIÓN DO CAMPUS DE LUGO

Persoal da Vicerreitoría

Francisco Javier López González. Coordinador do programa A Ponte no Campus de Lugo.

Olga Taboada Fontao. Secretaria.

Competencias

As principais competencias nas que se traballou dende a Vicerreitoría de Coordinación do Campus de Lugo nestes catro anos foron as seguintes:

§ Representación institucional da USC no Campus de Lugo.

§ Dirección e coordinación xeral do Campus Terra.

§ Coordinación dos procesos de elaboración, modificación e implantación dos planos de estudos de grao e posgrao, así como da oferta de estudos propios no Campus de Lugo.

§ Apoio na xestión dos estudos de doutoramento e cuarto ciclo no Campus.

§ Concesión de permisos e licenzas de PDI.

§ Apoio ás accións de planificación de PDI.

§ Tramitación de convenios institucionais.

§ Xestión económica das partidas orzamentarias dependentes da Vicerreitoría.

§ Xestión de infraestruturas do campus.

§ Xestión de contratos administrativos do Campus Terra.

Javier Bueno LemaVicerreitor de Coordinación do Campus de Lugo

Enderezo web: http://www.usc.es/vrlugo

RESUMO DA ACCIÓN DE GOBERNO 2014–2018UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

32

Andrés Barreiro LoisVicerreitor de Desenvolvemento Científico e Tecnolóxico

do Campus de Lugo

Enderezo web: http://www.usc.es/vrdesenvolvemento

VICERREITORÍA DE DESENVOLVEMENTO CIENTÍFICO E TECNOLÓXICO DO CAMPUS DE LUGO

Persoal da Vicerreitoría

María Luisa Vázquez García. Secretaria.

Unidades asociadas

Estación científica do Courel

IBADER

Competencias

A Vicerreitoría de Desenvolvemento Científico e Tecnolóxico do Campus de Lugo é a responsable da coordinación dos servizos, estruturas e infraestruturas de investigación no Campus de Lugo. Asume tamén a representación legal nas solicitudes de proxectos e axudas de investigación e a representación institucional en fundacións, redes e asociacións relacionadas co Campus de Lugo

RESUMO DA ACCIÓN DE GOBERNO 2014–2018UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

33

VICERREITORÍA DE SERVIZOS UNIVERSITARIOS DO CAMPUS DE LUGO

Persoal da Vicerreitoría

María Luisa Vázquez García. Secretaria.

Unidades asociadas

Europracticum

Servizo de Normalización Lingüística

Competencias

A Vicerreitoría de Servizos Universitarios do Campus de Lugo é responsable neste campus nos servizos de cultura, empregabilidade, deportes e voluntariado, así como das actividades relativas a internacionalización. Tamén é responsable do Servizo de Normalización Lingüística da USC. Dende esta Vicerreitoría, tamén se deu apoio a accións do Centro de Linguas Modernas e a actividades de docencia non presencial.

María do Carme Silva DomínguezVicerreitora de Servizos Universitarios do Campus de Lugo

Enderezo web: http://www.usc.es/vrservizos

RESUMO DA ACCIÓN DE GOBERNO 2014–2018UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

34

Relacións institucionais

Xestión das relacións institucionais co Concello de Lugo, nas que destacaron o apoio económico ao convenio Lugocultural para a realización de actividades literarias, de música, teatro, danza e fotografía no Campus, a súa participación e apoio económico no padroado da Fundación Rof Codina (FRC), a súa participación activa en proxectos europeos do programa LIFE captados no Campus (Lugo +Biodinámico) e a cesión á USC da xestión do museo da Domus do Mitreo.

Xestión das relacións institucionais coa Deputación de Lugo, destacando os convenios do plan de choque, as subvencións nominativas, a achega ao convenio da CITT, o plan de captación de talento e a construción da granxa experimental do Campus Terra.

Xestión das relacións institucionais coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia en relación ao plan estratéxico do Campus Terra.

Xestión das relacións institucionais co Ministerio de Agricultura y Pesca, Alimentación y Medio Ambiente do Goberno de España que permitiu desbloquear a paralizada conexión entre o edificio da Aula de Produtos Lácteos e Tecnoloxías Alimentarias (APLTA) e o Centro Tecnolóxico Agroalimentario de Lugo (CETAL), así como a sinatura de varios convenios de colaboración entre a USC e o CETAL.

Campus Terra

Redeseño do Plan Estratéxico do Campus Terra (CT), conseguindo o seu financiamento e a súa posta en marcha en setembro de 2015.

Creación e mantemento das estruturas de gobernanza do CT:

• Comisión reitora

• Comisión de dirección

• Comisión asesora externa

• Comisión de docencia

• Comisión de investigación, transferencia e innovación

• Comisión de servizos e proxección social

Elaboración e desenvolvemento dos plans operativos do CT:

• Plan director para a orientación da especialización docente

• Plan director de investigación para a orientación da I+D+i cara aos novos retos

• Plan de promoción e comunicación do CT

• Plan de internacionalización do CT

• Plan de homologación e certificación

Consecución da acreditación pola Entidade Nacional de Acreditación (ENAC) da Plataforma Tecnolóxica de Enxeñaría da Madeira Estrutural (PEMADE).

Materialización das seguintes accións estratéxicas:

• Posta en marcha do portal web do CT

• Creación da unidade e–Terra

• Melloras na rede de infraestruturas da RIAIDT en Lugo

• Actuacións de mellora na Estación Científica do Courel

• Mellora da Plataforma Tecnolóxica de Enxeñaría da Madeira Estrutural

• Obras de mellora dos invernadoiros da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría

• Obra de reforma para a adecuación do animalario do CT ao RD 53/2013 que establece as normas básicas aplicables para a protección dos animais utilizados en experimentación e outros fins científicos

RESUMO DA ACCIÓN DE GOBERNO 2014–2018UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

35

• Acondicionamento de laboratorios na Facultade de Ciencias

• Creación da adega experimental do CT

• Creación da Escola de Doutoramento Internacional CT no CACTUS

• Reforma da sala de necropsias na Facultade de Veterinaria

• Creación do centro de emprendemento do CT na Facultade de ADE

Captación de novo estudantado

Creación da figura do Coordinador do programa A Ponte para o Campus de Lugo, incrementándose significativamente as visitas de estudantes de ensino medio ao Campus ao pasar das 240 recibidas no ano 2014 a unha media de máis de 800 por ano no período 2015–2018.

Posta en marcha da campaña “Para estudar Lugo” (2014–2017): Plan de promoción de Lugo como cidade universitaria e das titulacións do seu Campus.

Dotación dun plan de bolsas para gastos de matrícula (50%) nas titulacións de grao con problemas de demanda no Campus, cun total de 293 (curso 2014–15), 304 (curso 2015–16), 288 (curso 2016–17) e 264 (curso 2017–18) bolsas adxudicadas.

Realización dun programa de visitas para dar a coñecer titulacións con dificultades de demanda en centros de Formación Profesional na primavera de 2017.

Reforzo do CLM en Lugo

Reforzo do Centro de Linguas Modernas no Campus Terra coa contratación dunha profesora de inglés a maiores. Isto permitiu mellorar a atención ao estudantado para a acreditación do B1 e poder ofertar niveis más avanzados.

Docencia non presencial

Creación do estudo e–Terra na Facultade de Humanidades para a elaboración de recursos audiovisuais para docencia non presencial. O estudo dotouse de equipamento técnico e contratouse a unha persoa para o seu manexo.

Creación e equipamento da aula e–Terra na Biblioteca Intercentros para o desenvolvemento de actividades formativas.

Organización do I Encontro Campus Terra sobre docencia universitaria non presencial (2017) no que participaron responsables de universidades españolas con títulos oficiais así como especialistas na materia.

Recursos para prácticas de campo

Posta en marcha dun plan de apoio para as prácticas de campo das titulacións do Campus, dotando de máis recursos económicos as convocatorias anuais para poder atender a todas as solicitudes realizadas desde os centros do Campus Terra.

Redacción do proxecto de construción da Granxa Experimental do Campus Terra que estará ubicada dentro dos terreos da Granxa Gayoso–Castro que a Deputación de Lugo posúe en Castro de Ribeiras do Lea. A obra prevé estar rematada no presente ano 2018.

Apoio ás titulacións de Mestrado Oficial

Fomento das titulacións de mestrado no Campus a través dunha convocatoria específica de axudas nos últimos tres cursos académicos (2015–16, 2016–17 e 2017–18).

Fundación Rof Codina

Xestións urbanísticas que permitiron o inicio da construción do Centro de Investigación en Biomedicina e Veterinaria (CEBIOVET) no ano 2014, co apoio da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e inaugurado en febreiro de 2016.

RESUMO DA ACCIÓN DE GOBERNO 2014–2018UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

36

Cofinanciamento das obras de reforma do Hospital Veterinario Universitario Rof Codina realizadas nos anos 2017 e 2018.

Aula de Produtos Lácteos e Tecnoloxías Alimentarias (APLTA)

Inauguración das novas instalacións da APLTA o 1 de xuño de 2015. Tras un traballo de reorganización dos recursos materiais e humanos desenvolto ao longo do curso académico 2014–2015, a nova APLTA converteuse nunha plataforma tecnolóxica enmarcada dentro do proxecto do Campus Terra.

Cultura

Renovación do convenio para a programación de Lugo Cultural (convenio USC–Concello de Lugo–Deputación de Lugo) nos anos 2015, 2016, 2017 e 2018. Incluíronse novas iniciativas, como por exemplo: nova oferta formativa en cine, encontros con creadores e creadoras, novas actividades como a Finde Curta, etc., xunto co mantemento da programación estable anterior.

Creación do Museo Universitario A Domus do Mitreo: revisión da musealización do xacemento coa renovación dos materiais audiovisuais e a incorporación dunha nova oferta interactiva na que tamén teñen cabida nenos e nenas e persoas con necesidades específicas; ampliación do museo coa incorporación dun espazo no primeiro andar no que se recolle a historia do soar desde a época medieval ata a actualidade, nova xestión coa conversión do xacemento nun museo universitario de vocación investigadora, con mellores horarios de visita e desde o que se deseñará unha oferta didáctica e divulgativa aberta a distintos colectivos.

Potenciación da provincia de Lugo como destino de actividades da Universidade de Verán da USC mediante a realización dunha convocatoria de axudas nos anos 2015, 2016, 2017 e 2018.

Mellora do equipamento de son, iluminación e proxección do auditorio da Casa do Saber.

Voluntariado

Ademais da continuación da actividade ordinaria do servizo, impulsouse en 2016 a creación do programa de acompañamento Campus Terra Buddy Program, que ten como finalidade facilitar a integración, tanto na cidade como no campus e en cada centro específico, do alumnado internacional que nos escolle.

Internacionalización

Realización, desde o ano 2016, do International Students Welcome Day, evento destinado a dar a coñecer ao alumnado internacional o campus e a cidade no inicio de cada un dos cuadrimestres.

Realización no ano 2016 do International Day, evento destinado a promover o coñecemento doutras culturas por parte do alumnado do campus para promover a súa mobilidade. No ano 2017 transformouse na International Week, semana en que se visitaron varios centros do Campus Terra realizando actividades diversas destinadas a fomentar a mobilidade saínte dos e as alumnos e alumnas.

Deseño de accións formativas en lingua inglesa para PDI, aliñadas tanto co plan LEDUS como co Plan Estratéxico de Internacionalización do Campus Terra, entre outras: deseño dun curso específico de inglés para docentes no primeiro cuadrimestre 2017–18, negociación co CLM de cara á inclusión na oferta formativa do segundo cuadrimestre do presente curso de dous cursos dirixidos a docentes, pulo a unha acción formativa dirixida ás diversas necesidades dos e as docentes a respecto da lingua inglesa (docencia en grao e mestrado, elaboración de materiais científicos, certificación lingüística).

Deseño e impulso a accións formativas específicas para outros colectivos, como os PAS: organización dun curso de competencias comunicativas básicas.

RESUMO DA ACCIÓN DE GOBERNO 2014–2018UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

37

Deportes

Realización de diversas accións de visibilización do Campus Terra perante a sociedade lucense a través do deporte e, en especial, organización da I Carreira Popular Campus Terra (2017) en colaboración co Concello de Lugo.

Emprego

Apoio nas accións de empregabilidade, transversais ou realizadas a solicitude dos centros.

Apoio no deseño e realización dalgunhas das accións específicas realizadas a solicitude dos centros, como por exemplo en Humanidades: Xornada de Xestión e Mediación Cultural 2017, Foro de debate sobre a xestión cultural como espazo profesional (2017).

Elaboración dun Programa de competencias transversais dirixido a estudantes, egresadas e egresados do campus de Lugo, que se realizará en 2018 e conterá: competencias transversais común e competencias transversais específicas por centros ou áreas de coñecemento, e que se chamará Campus Terra Emprega.

Normalización lingüística

Mantemento do convenio coa Xunta de Galicia, dentro do cal se realizaron diversas accións xa coñecidas (como os premios á calidade lingüística, a edición de unidades didácticas, etc.) e outras máis innovadoras, como por exemplo o I Certame de Música Galega (celebrado en 2017 e de previsible carácter bianual) ou, en colaboración co Campus Terra, a elaboración de “pílulas” de coñecemento en galego.

No campus de Lugo organizouse en 2016 e 2017 unha actividade de divulgación científica (DivulgaTerra) aberta ao público en xeral e na que investigadores e investigadoras novos do campus afrontaban o desafío de explicar os seus achados de xeito accesible e comprensible.

Servizos de apoio á investigación

No ámbito da investigación renovouse o convenio que garante o financiamento do CITT e no que colaboran Caixa Rural Galega, Deputación Provincial de Lugo e Confederación de Empresarios de Lugo nos anos 2015, 2016, 2017 e 2018.

Novas titulacións no Campus

Negociouse, no marco da revisión do mapa de titulacións do SUG, a implantación nos vindeiros cursos de catro novos títulos nos ámbitos do emprendemento, a xestión cultural, a robótica e a bioquímica.

Apoio ao deseño da nova oferta de titulacións: localización e interlocución con títulos semellantes en outras universidades, supervisión da localización de títulos internacionais, análise da situación das diversas propostas de títulos en canto aos procesos de verificación en axencias oficiais, interlocución con consultoras, encargo e financiamento de informes, participación en reunións para o deseño de novos títulos.

Promoción e visualización do Campus

Creación da Enderezo web do Campus Terra e das súas redes sociais: Facebook, Twitter, Instagram e canle de YouTube.

Elaboración de vídeos deseñados desde o Campus Terra para dalo a coñecer tanto no nivel nacional como internacional.

Organización das Xornadas de Benvida ao Campus Terra nos cursos 2016–2017 e 2017–2018, e nas que a totalidade dos servizos do campus se presentaron aos novos alumnos e alumnas de grao e mestrado nunha xornada festiva celebrada no auditorio da Facultade de Veterinaria con notable éxito de público.

RESUMO DA ACCIÓN DE GOBERNO 2014–2018UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

38

Promoción da divulgación científica

Realizáronse xestións para a consecución de axudas aos congresos e xornadas organizadas no Campus Terra. A relación de actos que recibiron axudas desta actuación foron: Campus de verán Xuvenciencia 2015, 2016 e 2017. Xornada Ciencia para xoves investigadores. Facultade de Ciencias 2016 e 2017. Xornadas de simulación e control en ciencias da Terra. EPSE 2015. D3 Mobile. EPSE 2015, 2016 e 2017. Proxecto FECYT Unha cebra na auga. Facultade de Veterinaria 2015. Xornada “Ciencia aplicada á cociña e á industria alimentaria” 2016. Xornadas sobre “Vehículos aéreos non tripulados: drons, uav, uas, rpa, rpas e as súas aplicacións”. EPSE 2016. VIII Encontro Ibérico da Historia da Educación. Facultade de Formación do Profesorado 2016. XII Congreso da Sociedade Española de Agroecoloxía. 2016. I Congreso Internacional

“Migración e Refuxio en Europa”. Facultade de Humanidades 2016. Curso de Xestión Estratéxica de Explotacións Agrícolas para una mellora global. EPSE 2017. Curso avanzado de pilotaje de vehículos aéreos no tripulados (RPAS). EPSE 2017. I Congreso Iberoamericano de Cianotoxinas. Facultade de Veterinaria 2017. Xornada sobre Dirección de Proxectos: roles e perspectivas. EPSE 2017. XIX Congreso Internacional de Galicia e Norte de Portugal de Formación para o Traballo. Facultade de Formación do Profesorado 2017. Coloquio Sine Iniuria In Pace Vivatur: A construción do Imperio durante os Xulio–Claudios, Facultade de Humanidades 2017. Xornadas Campus Terra sobre Docencia Universitaria semipresencial, Facultade de Humanidades 2017. Xornada de Xestión e Mediación Cultural, Facultade de Humanidades 2017. Xornadas “Xenómica para a mellora das producións e a xestión da biodiversidade”, Facultade de Veterinaria 2018.

RESUMO DA ACCIÓN DE GOBERNO 2014–2018UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

39

SECRETARÍA XERAL

Persoal da Secretaría Xeral

Carlos Gómez Otero. Secretario Xeral Adxunto.

Emilio Filgueira Pouso. Secretario.

Maruxa Casal Reyes.

Teresa Expósito González.

Unidades asociadas

Arquivo Histórico

Asesoría Xurídica

Oficina de Análise de Reclamacións

Rexistro Xeral

Servizo de Xestión Académica

Consuelo Ferreiro RegueiroSecretaria Xeral

Enderezo web: http://www.usc.es/secxeral

RESUMO DA ACCIÓN DE GOBERNO 2014–2018UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

40

DATOS DE INTERESE

Celebráronse 54 plenos do Consello de Goberno (a data de 21 de marzo de 2018), a razón de 35 ordinarios e 19 extraordinarios.

Celebráronse, ademais, 10 plenos do Claustro (a data de 9 de marzo de 2018), dos que 7 foron ordinarios e 3 extraordinarios.

Foron aprobados 24 regulamentos xerais ou de grandes estruturas ou materias, e modificados 6.

CREACIÓN DE ESTRUTURAS E ÓRGANOS

Plataforma tecnolóxica Aula de Produtos Lácteos e Tecnoloxías Alimentarias (CG do 10 de marzo de 2016).

Centro de Estudos sobre a Sáhara Occidental (CG do 5 de xullo de 2016).

Centro de Estudos Propios da Universidade de Santiago de Compostela (CG do 29 xullo de 2016).

Creación das Escolas de Doutoramento Internacional Campus Terra, Ciencia e Tecnoloxía, Ciencias da Saúde, e Artes e Humanidades, Ciencias Sociais e Xurídicas (CG do 29 xullo de 2016).

Centro de Biomedicina Experimental, CEBEGA (CG do 22 febreiro de 2018).

CONVENIOS CELEBRADOS

Financiamento xeral

Convenio entre a Xunta de Galicia e a USC para a determinación do financiamento desta entidade no marco do plan galego de financiamento universitario 2016–2020 (CG do 17 de decembro 2015).

CISUG

Convenio de Colaboración entre a Xunta de Galicia, a Universidade da Coruña, a Universidade de Santiago de Compostela, e a Universidade de Vigo, para a Constitución dun Consorcio Interuniversitario do Sistema Universitario Galego, CISUG (CG do 18 de outubro de 2017).

Domus Mitreo

Convenio entre o Concello de Lugo e a Universidade de Santiago de Compostela para a Xestión dos Espazos Arqueolóxicos Musealizados baixo a Ampliación do Edificio da Vicerreitoría da Universidade de Santiago na Cidade de Lugo (CG do 18 de outubro de 2017).

Facultade de Ciencias da Saúde

Acordo sobre a titulación de Medicina acadado coa Consellería de Sanidade e coa de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (maio de 2015).

Convenio para a Colaboración na Docencia Clínica do Grao en Medicina da Universidade de Santiago de Compostela (sinatura 9 de outubro de 2015).

Convenio de colaboración entre o SERGAS e a Universidade de Santiago de Compostela para o desenvolvemento das actuacións previstas para a dotación dun novo edificio para a Facultade de Medicina e Odontoloxía (CG do 10 de marzo de 2016).

Convenio coa Consellería de Sanidade sobre o concurso de ideas para a elaboración do anteproxecto da futura Facultade de Medicina (sinatura 12 de abril de 2016).

Facultade de Xeografía e Historia

Convenio de colaboración entre o Consorcio da Cidade de Santiago de Compostela, e a Universidade de Santiago de Compostela para a redacción do Plan Director do Edificio da Facultade de Xeografía e Historia (CG do 10 de marzo de 2016).

RESUMO DA ACCIÓN DE GOBERNO 2014–2018UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

41

Campus Terra

Convenio de Colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Universidade de Santiago de Compostela para o plan de actuación 2015–2016 do Campus Terra (sinatura 7 de outubro de 2015).

Convenio do Campus Terra (sinatura 7 de outubro de 2015).

Convenio Interadministrativo entre a Deputación Provincial de Lugo e a USC para a construción e funcionamento da Granxa experimental do Campus Terra (CG do 14 de novembro de 2017).

Planificación académica

Acordo das universidades públicas do Sistema Universitario de Galicia sobre o procedemento de admisión aos estudos universitarios oficiais de grao do SUG, para o curso 2017–2018 (CG do 3 de marzo de 2017).

Acordo entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e as Universidades de Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo para a definición dos principios reitores da planificación da oferta académica universitaria no SUG ata o curso 2020–2021 (ratificado no CG do 5 de abril de 2017).

Informe sobre o “Reforzo do mapa de titulacións universitarias de grao no Sistema Universitario de Galicia 2017–2021” (CG do 30 outubro de 2017, extraordinario).

NORMAS XERAIS

Electoral

Liñas Xerais do Regulamento Electoral Xeral da Universidade de Santiago de Compostela (Claustro do 26 de xuño de 2015).

Regulamento Electoral Xeral (CG do 8 de outubro de 2015).

Investigación

Normativa para a xestión e uso dos recursos xerados dos proxectos no eido do Programa Marco de Investigación e Innovación da Unión Europea Horizonte 2020 (H2020) (CG do 29 de xullo de 2016).

Regulamento de Creación de Empresas de Base Tecnolóxica (EBT) da Universidade de Santiago de Compostela (CG do de 31 de xaneiro de 2017).

Valedor da Comunidade

Modificación do Estatuto do Valedor (Claustro do 22 de novembro de 2017).

Organización de cargos

Acordo sobre a reorganización e a revisión da redución docente e do complemento económico dos cargos académicos e outras designacións na USC, “Táboa de cargos” (CG do 31 de xaneiro de 2017).

Novas tecnoloxías

Regulamento da Universidade de Santiago de Compostela polo que se regulan as notificacións electrónicas obrigatorias (CG do 3 de marzo de 2017).

Regulamento para a gobernanza das tecnoloxía da información e das comunicacións da Universidade de Santiago de Compostela (CG do 12 de maio de 2017).

Protocolos

Protocolo de prevención e actuación fronte ao acoso sexual e o acoso por razón de sexo, orientación sexual e identidade de xénero da Universidade de Santiago de Compostela (CG do 29 de xullo de 2016 e modificado o 27 de outubro de 2016).

RESUMO DA ACCIÓN DE GOBERNO 2014–2018UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

42

Protocolo da Universidade de Santiago de Compostela de actuación fronte ao acoso psicolóxico, a violencia psicolóxica e outras situacións de conflito relacional no traballo (CG do 31 de xaneiro de 2018).

NORMAS ESPECIFICAS

Estruturas mixtas

Estatutos do Consorcio Interuniversitario do Sistema Universitario de Galicia, CISUG (CG do do 18 de outubro de 2017).

Órganos de Goberno colexiados

Regulamento de Réxime Interno do Consello de Goberno (CG do 17 de decembro de 2014).

Regulamento de Réxime Interno do Claustro Universitario (Claustro do 26 de xuño de 2015).

Acordo sobre a gravación das sesións do Consello de Goberno (CG do 4 de novembro 2015).

Órganos de goberno unipersonais

Proposta de bases (liñas xerais) do regulamento da universidade de santiago de compostela sobre os dereitos e obrigas e o rexistro de intereses dos seus altos cargos.

Estruturas internas salientables

Regulamento de Réxime Interno do CIEDUS (CG do 31 de xaneiro de 2018).

Regulamentos de Réxime Interno das Escolas de Doutoramento Internacional Campus Terra, Ciencia e Tecnoloxía, Ciencias da Saúde, e Artes e Humanidades, Ciencias Sociais e Xurídicas (CG do 22 de febreiro de 2018).

Regulamento de Réxime Interno da Domus de Mitreo (CG do 31 de xaneiro de 2018).

Regulamento de réxime interno do CEBEGA (CG do 22 de febreiro de 2018).

Proposta de bases (liñas xerais) do regulamento da Universidade de Santiago de Compostela sobre a creación e funcionamento de estruturas universitarias de docencia e investigación (artigo 62 dos estatutos).

ECONOMÍA E ORZAMENTOS

Debate e presentación do “Plan económico–financeiro de reequilibrio” (PEFR) (CG do 30 de setembro de 2014).

Ratificación do PEFR (Claustro do 18 de novembro de 2014).

Liñas xerais de Orzamentos e da Programación Plurianual 2015 (Claustro do 8 de novembro de 2014).

Aprobación da proposta de Orzamento 2015 e da Programación Plurianual 2017 (CG do 17 de decembro de 2014).

Informe sobre a actualización do PEFR (Claustro do 3 de decembro de 2015).

Liñas Xerais do Orzamento e da actualización da Programación Plurianual 2016 (Claustro do 3 de decembro de 2015).

Aprobación da proposta de Orzamento e da actualización da Programación Plurianual 2016 (CG do 17 de decembro de 2015).

Aceptación da memoria económica e da conta anual do exercicio 2015, e informe sobre a contabilidade analítica do ano 2015 (CG do 28 de xuño de 2016).

Liñas xerais do orzamento e da actualización da programación plurianual 2017 (Claustro do 3 de novembro de 2016).

Aprobación da proposta de orzamento e de actualización da programación plurianual 2017 (CG do 16 de decembro de 2016).

RESUMO DA ACCIÓN DE GOBERNO 2014–2018UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

43

Aceptación da memoria económica e da conta anual do exercicio 2016, e informe sobre a contabilidade analítica do ano 2016 (CG do 23 de xuño de 2017).

Aprobación da das liñas xerais do orzamento e actualización das liñas xerais da programación plurianual 2018 (Claustro do 2 de novembro de 2017).

Aprobación da proposta de orzamentos 2018 e da actualización da programación plurianual 2018 (CG do 13 de decembro de 2017).

PERSOAL DOCENTE E INVESTIGADOR

Modificación da “Normativa sobre o criterio de antigüidade do PDI para efectos internos na USC”, na que se da preferencia aos acreditados dentro dos seus propios corpos o grupos profesionais (CG do 4 de febreiro de 2015).

Normativa de licenzas por ano sabático (CG do 5 de xuño de 2015).

Regulamento de figuras honoríficas de Persoal Investigador «Ad Honorem» da USC (CG do 5 de xuño de 2015).

Regulamento do Profesorado Emérito da USC (CG do 5 de xuño de 2015).

Modificación da Normativa de promoción de profesorado funcionario acreditado a cátedra da Universidade de Santiago de Compostela de 27 de xullo de 2010 (CG do 5 xullo de 2016).

Regulamento de asignación de prazas de catedrático/a de universidade pola quenda de promoción interna na USC (CG do 12 de xuño de 2017).

ORGANIZACIÓN ACADÉMICA

Regulamento de Estudos Propios de Posgrao e Cursos de Formación Continua da Universidade de Santiago de Compostela (CG do 4 de febreiro de 2015).

Recoñecemento da lingua de signos como créditos do artigo 12.8 do Decreto 1393/2007, de 29 de outubro, polo que se establece a ordenación das ensinanzas universitarias oficiais, que quedara excluída do acordo adoptado ao respecto no CG do 31 outubro 2013 (CG do 4 de febreiro de 2015).

Modificación da “Normativa sobre dobres titulacións e simultaneidade de ensinanzas oficiais da USC” (CG do 27 de marzo de 2015).

Aprobación do procedemento de modificación dos títulos oficiais (CG do 29 de xullo e 2015).

Regulamento de tramitación das titulacións de grao e mestrado oficial (CG do 17 de decembro de 2015).

Regulamento de matrícula, elaboración e defensa dos traballos fin de grao e fin de mestrado (CG do 10 de marzo de 2016).

Regulamento de Estudos de Doutoramento (CG do 12 de xuño de 2017).

Modificación do Regulamento dos Estudos do Programa Universitario de Maiores, IV Ciclo da USC (CG do 5 de xullo de 2016).

Regulamento das Titulacións Oficiais de Grao e Mestrado da Universidade de Santiago de Compostela (CG do 28 de xullo de 2017).

Regulamento para a docencia de calidade en linguas estranxeiras da USC, Regulamento LEDUS (CG do 31 de xaneiro de 2018).

ORGANIZACIÓN ADMINISTRATIVA

Departamentos

Criterios Xerais para a Creación, Modificación e Supresión de Departamentos (Claustro do 26 de xuño de 2015).

Regulamento de creación, modificación e supresión de departamentos (CG do 29 de xullo de 2015).

RESUMO DA ACCIÓN DE GOBERNO 2014–2018UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

44

Creación dos Departamentos seguintes (CG extraordinario do 1 de marzo de 2016):

• Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias

• Bioloxía Funcional

• Didácticas Aplicadas

• Estatística, Análise Matemática e Optimización

• Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica

• Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana

• Filosofía e Antropoloxía

• Matemáticas

• Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física

Modificación dos Departamentos seguintes (CG do extraordinario 1 marzo 2016):

• Ciencia Política e Socioloxía

• Ciencias Forenses, Anatomía Patolóxica, Xinecoloxía e Obstetricia, e Pediatría

• Cirurxía e Especialidades Médico–Cirúrxicas

• Dereito Público Especial e da Empresa

• Economía Aplicada

• Enxeñaría Agroforestal

• Física de Partículas

• Historia

• Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral

• Pedagoxía e Didáctica

• Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría

• Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina

Institutos de investigación

Regulamento de Creación e Xestión de Institutos de Investigación da USC (CG do 18 de outubro de 2017).

Reformulación dos Institutos de Investigación da USC (CG do 1 de decembro de 2017).

Réxime transitorio na remodelación dos Institutos de Investigación (CG do 31 de xaneiro de 2018).

Outros

Reorganización das Unidades de Apoio á Xestión de Centros e Departamentos, UAXCD (CG do 16 de decembro de 2016).

Creación da Comisión delegada de Administración e Servizos (CG do 4 de novembro de 2015).

Reorganización das cátedras institucionais (CG do 17 de decembro de 2015).

Regulamento do Servizo Universitario de Residencias (CG do 29 de xullo de 2015).

ESTUDANTES E XESTIÓN ACADÉMICA

Regulamento de prácticas académicas externas da USC (CG do 29 de xullo de 2015).

Recoñecemento de niveis de coñecemento de idioma e acreditación do coñecemento de lingua estranxeira para a obtención do título de grao para o caso de estudantes con necesidades educativas específicas (CG do 29 de xullo de 2015).

RESUMO DA ACCIÓN DE GOBERNO 2014–2018UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

45

Aprobación dunha oportunidade de recuperación extraordinaria para os alumnos/as que cursaron materias das licenciaturas en graos (CG do 29 de xullo de 2015).

Modificación do acordo sobre o establecemento dunha oportunidade extraordinaria de recuperación para os plans de estudos en proceso de extinción, aprobado polo Consello de Goberno do 29 de xullo de 2015 (CG do 8 de outubro de 2015).

Aprobación da modificación dos requisitos esixidos aos estudantes para poder concorrer a convocatoria de fin de carreira de graos e mestrados —oportunidade de gracia— (CG do 8 de outubro de 2015).

Aprobación do acordo transitorio de nova oportunidade para os que esgotaron convocatorias (CG do 10 de marzo de 2016).

Normativa de Avaliación e Rendemento Académico (CG do 5 de abril de 2017).

Programa de Atención a Estudantes de fora da Unión Europea, PATEX (CG extraordinario 30 marzo 2016).

OUTROS

Memoria inicial do Campus da Cidadanía (CG do 8 de maio de 2015).

Aprobación do Plan Estratéxico do Campus da Cidadanía (CG do 1 de decembro de 2017).

Aprobación do Plan Estratéxico de Internacionalización (CG do 18 de outubro de 2017).

RESUMO DA ACCIÓN DE GOBERNO 2014–2018UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

46

XERENCIA

Persoal da Xerencia

José Luís Cruz Torres. Vicexerente de Xestión Académica e do Campus de Lugo.

Dulce María Garía Mella. Vicexerenta de Persoal.

María Teresa Angulo Carballal. Vicexerenta de Asuntos Económicos.

Miguel Anxo López Quián. Técnico superior.

Secretaría

Inmaculada Baamonde Pedreira

Isabel Fernández Iglesias

José Luis González Porrúa

Modesto Gómez Raña

Xosé Manuel Villanueva PrietoXerente

Enderezo web: http://www.usc.es/xerencia/

RESUMO DA ACCIÓN DE GOBERNO 2014–2018UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

47

Persoal de Administración e Servizos

Aprobación de 3 ofertas de emprego público (2015, 2016 e 2017) que permiten a consolidación de 63 prazas do cadro de persoal.

Promoción interna de 27 prazas de funcionarios da escala Auxiliar á de Administrativo e dunha de Axudante a Facultativo de Arquivos.

Constitución da Mesa Xeral de Negociación do Persoal de Administración e Servizos.

Acordo para a funcionarización do cadro de persoal, suscrito na mesa xeral de negociación pero non aplicado por non ser ratificado en referéndum polo persoal laboral.

Persoal contratado con recursos externos de I+D

Acordo cos sindicatos para a aplicación a ese colectivo dos incrementos retributivos para os empregados públicos derivados das Leis anuais de orzamentos.

Inicio da negociación dun convenio colectivo para regular as condicións de traballo dese persoal.

Infraestruturas

Realización de obras de reforma, ampliación e mellora en centros e servizos por importe de 6.289.465,75 euros.

Inicio do proxecto para o novo complexo docente de Ciencias da Saúde na contorna do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS).

Economía e finanzas

Elaboración e aprobación e execución do Plan Económico Financeiro de Reequilibrio (PEFR).

Posta en mercado e alleamento do vello Hospital de Galeras.

Negociación do Plan de Financiamento do SUG para o período 2016–2020

Resolución definitiva do conflito coa Axencia Tributaria en materia de IVE.

Redución en 7 millóns de Euros do déficit existente a 31 de decembro 12 de 2013.

Amortización de débeda financiera, tras xestión de aprazamentos de anticipos reintegrables e renegociación da débeda bancaria, por importe de 20 millóns de euros.

Aprobación en prazo de 4 orzamentos e liquidación positiva nos tres orzamentos xa rematados (2015, 2016 e 2017).

Presentación de informes de contabilidade analítica coa conta Xeral en todos os exercicios.

Inicio da implementación dun modelo máis eficiente de xestión económica da investigación por medio dos Programas de Xestión Integrada da I+D (PIXI).

Reorganización de servizos

Reforma das Unidades de Xestión de Centros e Departamentos, xunto coa implementación da Programación Administrativa Anual para estas unidades.

Axuste da estrutura do servizo de xestión académica e do centro de posgrao para dar soporte ao Centro Internacional de Estudos de Doutoramento e Avanzados da USC e ao Centro de Estudos Propios.

RESUMO DA ACCIÓN DE GOBERNO 2014–2018UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

48

Accións e fitos relevantes

Definición e aprobación do Regulamento de Creación de Empresas de Base Tecnolóxica (EBTs) da USC.

Definición e aprobación do Regulamento de Protección, Explotación e Participación de Resultados de Investigación Xerados na USC.

Convocatoria anual e resolución do programa de proba de concepto Acelerador de Transferencia.

Creación de 15 empresas de base tecnolóxica no período 2014–2017.

Elaboración e aprobación dun Plan Estratéxico de Actuación para UNINOVA.

Coordinación e dirección das actividades de fomento e xestión do emprendemento en UNINOVA.

Coordinación coa área de inversións patrimoniais en SpinOffs creadas pola USC, en UNIXEST.

Programas e actividades

Convocatoria anual e resolución do Premio de Ideas Innovadoras.

Convocatoria anual e resolución do Premio e Proxectos Empresariais Innovadores.

Programa anual de formación en Emprendemento Argos.

Coordinación e soporte do programa de aceleración de ideas YUZZ no nodo de Santiago, desde 2015–2018 (en colaboración co Centro Internacional Santander Universidades).

Apertura dun novo nodo do programa de aceleración de ideas YUZZ no campus de Lugo, desde 2017–2018 (en colaboración con Centro Internacional Santander Universidades).

Coordinación e soporte do programa de formación de emprendedores Akademia, en colaboración coa Fundación Bankinter.

ÁREA DE VALORACIÓN, TRANSFERENCIA E EMPRENDEMENTO

Persoal

José Luis Villaverde. Director da Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento.

Xosé Manuel Cotos YáñezAdxunto ao reitor para Transferencia, Innovación e Emprendemento

(desde setembro de 2015)

Enderezo web: http://www.usc.es/gl/investigacion/avte/

RESUMO DA ACCIÓN DE GOBERNO 2014–2018UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

49

Coordinación da parte de transferencia da convocatoria do Campus de Excelencia Internacional 2015–2016.

Coordinación do evento internacional de emprendemento Spin2016, en colaboración con RedEmprendia.

Definición, coordinación e implementación de dúas edicións do programa de emprendemento SpinWay, en colaboración con RedEmprendia.

Coordinación e participación en programas e proxectos

Coordinación do proxecto internacional Erasmus + Spin Off Lean Acceleration (SOLA).

Participación nos proxectos de colaboración transfronteiriza POCTEP: ACEINT, Clúster Transfronteirizo en Biotecnoloxía, Código Mais.

Seguimento da realización do Informe GEM–Galicia (2015–2018).

Coordinación e execución das actividades do programa WomanEmprende, en particular: Proxecto Innovatia 8.3 (2011–2015, e 2015–2017). En fase de preparación para a súa sinatura o proxecto 2018–2021.

Soporte e apoio ao programa EMEGA da Secretaría Xeral de Igualdade (2014–2017).

Definición e posta en marcha dun programa de amadriñamento para emprendedores: (En Red8.3).

Coodinación do programa de mobilidade internacional da CE Young Entrepreneurs in Motion (desde UNINOVA 2017–2019).

Solicitude ao INCYDE dun proxecto para a creación dunha Incubadora de Alta Tecnoloxía en Biotecnoloxía da Saúde, e Tecnoloxías Alimentarias, BioIncubaTech, en colaboración coa Cámara de Comercio de Santiago e a Axencia Galega de Innovación. (Pendente de resolución).

RESUMO DA ACCIÓN DE GOBERNO 2014–2018UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

50

Máis información:

§ A USC en cifras:

http://www.usc.es/gl/info_xeral/responsable/cifras/index.html

§ Memoria de Responsabilidade Social:

http://www.usc.es/gl/info_xeral/responsable/memoriars/index.html

§ Portal de transparencia:

http://www.usc.es/gl/transparencia/index.html

§ A USC en Rankings:

http://www.usc.es/gl/info_xeral/rankings/index.html