RESUMO DA ACTA DA REUNIÓN ORDINARIA DO CONSELLO DE … · Unha correspondente ao Pleno ordinario...

25
1 RESUMO DA ACTA DA REUNIÓN ORDINARIA DO CONSELLO DE GOBERNO DO 10 DE MARZO DE 2016 ELABORADO POLA SECRETARÍA XERAL NOTA: recóllense con iniciais os nomes propios que non forman parte dos acordos ou informes agás os de aqueles membros do Consello que solicitaron expresamente que aparecera o seu nome completo. Presidido polo Sr. Reitor Magnífico, reúnese en segunda convocatoria e sesión ordinaria, o Pleno do Consello de Goberno, o día dez de marzo de dous mil dezaseis, as dez horas e cincuenta e tres minutos. O Reitor procedeu deseguido a abordar os puntos que compoñían a ORDE DO DÍA: 1. Aprobación, se procede, das actas das sesións anteriores 2. Informe do sr. reitor 3. Informe das Vicerreitorías, da Xerencia e da Secretaría Xeral 4. Informe do reitor sobre a rotación dos decanos/directores no Consello de Goberno e nas Comisións Delegadas 5. Calendario académico 2016-2017 6. Aprobación, se procede, da Normativa de Planificación Académica Anual para o curso 2016-2017 7. Aprobación, se procede, da viabilidade de novas propostas e modificacións de títulos de grao e máster para a súa implantación no curso 2017-2018 8. Aprobación, se procede, da viabilidade de novas propostas e modificacións de programas de doutoramento para a súa implantación no curso 2017-2018 9. Aprobación, se procede, do Máster Erasmus Mundus “Máster Europeo en Lexicografía” 10. Aprobación, se procede, de modificacións non substanciais de títulos verificados de grao e máster 11. Aprobación, se procede, do límite de prazas de titulacións de grao para o curso 2016-2017 12. Aprobación, se procede, do límite de prazas de titulacións de máster universitario para o curso 2016-2017 13. Aprobación, se procede, do límite de prazas de programas de doutoramento para o curso 2016-2017 14. Aprobación, se procede, da revogación de titulacións de máster 15. Aprobación, se procede, do Regulamento de matrícula, elaboración e defensa dos traballos fin de grao e fin de máster 16. Aprobación, se procede, da modificación do Regulamento de Estudos de Doutoramento da Universidade de Santiago de Compostela 17. Aprobación, se procede, de memorias de cursos de posgrao propio 18. Aprobación, se procede, de cursos de posgrao propio 19. Convocatoria ordinaria de prazas de aloxamento do Servizo Universitario de Residencias da Universidade de Santiago de Compostela para o curso 2016-2017

Transcript of RESUMO DA ACTA DA REUNIÓN ORDINARIA DO CONSELLO DE … · Unha correspondente ao Pleno ordinario...

Page 1: RESUMO DA ACTA DA REUNIÓN ORDINARIA DO CONSELLO DE … · Unha correspondente ao Pleno ordinario do Consello de Goberno do 11 de febreiro de 2016, onde o Prof. Méndez Paz suxire

1

RESUMO DA ACTA DA REUNIÓN ORDINARIA DO CONSELLO DE

GOBERNO DO 10 DE MARZO DE 2016 ELABORADO POLA SECRETARÍA

XERAL

NOTA: recóllense con iniciais os nomes propios que non forman parte dos acordos ou

informes agás os de aqueles membros do Consello que solicitaron expresamente que

aparecera o seu nome completo.

Presidido polo Sr. Reitor Magnífico, reúnese en segunda convocatoria e sesión ordinaria, o

Pleno do Consello de Goberno, o día dez de marzo de dous mil dezaseis, as dez horas e

cincuenta e tres minutos.

O Reitor procedeu deseguido a abordar os puntos que compoñían a

ORDE DO DÍA:

1. Aprobación, se procede, das actas das sesións anteriores

2. Informe do sr. reitor

3. Informe das Vicerreitorías, da Xerencia e da Secretaría Xeral

4. Informe do reitor sobre a rotación dos decanos/directores no Consello de Goberno e nas Comisións Delegadas

5. Calendario académico 2016-2017

6. Aprobación, se procede, da Normativa de Planificación Académica Anual para o curso 2016-2017

7. Aprobación, se procede, da viabilidade de novas propostas e modificacións de títulos de grao e máster para a súa implantación no curso 2017-2018

8. Aprobación, se procede, da viabilidade de novas propostas e modificacións de programas de doutoramento para a súa implantación no curso 2017-2018

9. Aprobación, se procede, do Máster Erasmus Mundus “Máster Europeo en Lexicografía”

10. Aprobación, se procede, de modificacións non substanciais de títulos verificados de grao e máster

11. Aprobación, se procede, do límite de prazas de titulacións de grao para o curso 2016-2017

12. Aprobación, se procede, do límite de prazas de titulacións de máster universitario para o curso 2016-2017

13. Aprobación, se procede, do límite de prazas de programas de doutoramento para o curso 2016-2017

14. Aprobación, se procede, da revogación de titulacións de máster

15. Aprobación, se procede, do Regulamento de matrícula, elaboración e defensa dos traballos fin de grao e fin de máster

16. Aprobación, se procede, da modificación do Regulamento de Estudos de Doutoramento da Universidade de Santiago de Compostela

17. Aprobación, se procede, de memorias de cursos de posgrao propio

18. Aprobación, se procede, de cursos de posgrao propio

19. Convocatoria ordinaria de prazas de aloxamento do Servizo Universitario de Residencias da Universidade de Santiago de Compostela para o curso 2016-2017

Page 2: RESUMO DA ACTA DA REUNIÓN ORDINARIA DO CONSELLO DE … · Unha correspondente ao Pleno ordinario do Consello de Goberno do 11 de febreiro de 2016, onde o Prof. Méndez Paz suxire

2

20. Convocatoria de prazas de aloxamento do Servizo Universitario de Residencias da Universidade de Santiago de Compostela para estudantes internacionais curso 2016-2017

21. Prezos congresos e visitantes curso 2016-2017 no SUR

22. Convocatoria de verán 2016 no SUR

23. Convocatoria para a asignación de prazas na Escola Infantil Breogán da USC. Curso 2016-2017/ Convocatoria para a adxudicación de axudas para a escolarización dos nenos e nenas menores de tres anos no Campus de Lugo. Curso 2016-2017

24. Creación, se procede, da plataforma tecnolóxica Aula de Produtos Lácteos e Tecnoloxías Alimentarias

25. Aprobación, se procede, da proposta para a creación dunha empresa como EBT da USC, e emisión, se procede, do informe de participación e cualificación na mesma

26. Aprobación, se procede, do acordo transitorio de nova oportunidade para os que esgotaron convocatorias

27. Aprobación, se procede, das memorias das cátedras institucionais

28. Aprobación, se procede, do Convenio de colaboración entre o SERGAS e a Universidade de Santiago de Compostela para o desenvolvemento das actuacións previstas para a dotación dun novo edificio para a Facultade de Medicina e Odontoloxía

29. Aprobación, se procede, do Convenio de colaboración entre o Consorcio da Cidade de Santiago de Compostela, e a Universidade de Santiago de Compostela para a redacción do Plan Director do Edificio da Facultade de Xeografía e Historia

30. Nomeamento decano/a en funcións da Facultade de Filosofía

31. Recursos

32. Regulamentos

33. Convenios

34. Premios extraordinarios

35. Asuntos Económicos

36. Rogos e preguntas

*****

1)Aprobación, se procede, das actas das sesións anteriores Tratábase de dúas actas. Unha correspondente ao Pleno ordinario do Consello de Goberno do 11 de febreiro de 2016, onde o Prof. Méndez Paz suxire unha redacción diferente no punto 2), referido ao “Informe do Sr. Reitor”, e na páxina 7, no punto 4), sobre “Renovación parcial dos membros das Comisións Delegadas do Consello de Goberno (representantes decanos/as)”. Foron admitidas e incorporaranse ao texto definitivo da acta.

Outra do Pleno extraordinario do 1 de marzo de 2016, con relación a cal foron presentadas as seguintes obxeccións:

- Propor unha redacción alternativa da súa intervención nos puntos: 14 e 16 (Prof. C. E.).

Page 3: RESUMO DA ACTA DA REUNIÓN ORDINARIA DO CONSELLO DE … · Unha correspondente ao Pleno ordinario do Consello de Goberno do 11 de febreiro de 2016, onde o Prof. Méndez Paz suxire

3

- Deixar constancia do voto en contra nos puntos: 14 e 15; e modificar a redacción da súa intervención no punto 17 (Prof. G. L.).

- Deixar constancia do voto en contra nos puntos: 12, 14, 15 e 21 (Profs. G. S. e L. D.); e da abstención nos puntos: 7, 8, 13, 17 e 18 (votados conxuntamente), 19 e 20 (Profs. G. S. e L. D.).

- Propoñer unha redacción alternativa das súas intervencións nos puntos: 7 e 8 (Profa. O. E.).

- Propor unha redacción alternativa para a súa intervención nos puntos: 14 e 21 (Prof. M. P.).

- Propor unha redacción alternativa para a súa intervención no puntos 20 (Prof. V.C.).

- Propor unha redacción diferente nos puntos: 14, 15 e 21 (Prof. M. B.). Mentres que a relación de obxeccións recollidas foi aceptada, a Secretaría xeral

rexeitou unha derradeira do Prof. M. B. e correspondente ao punto 14), por non axustarse

a literalidade do expresado no Pleno, tras ler a Secretaria Xeral unha transcripción do audio

sen reproducir o audio de dita sesión, porque ninguén o solicitou.

En fin, o Vicerreitor de PDI e Organización Académica remitiu por escrito (3 de marzo de

2016) a Secretaría Xeral unha matización da súa intervención co fin de que fose incorporada a acta

conforme o disposto no artigo 27.1 da Ley de Régimen Jurídico de las Administraciones Públicas y del

Procedimiento Administrativo Común. E, así, se fixo.

Con todas as modificacións aceptadas, as dúas actas foron aprobadas por asentimento.

Deixo constancia que o Prof. M. P. fixo unha detallada fe de erros sobre o documento “Mapa de centros e departamentos da USC”, que se engadira como documentación complementaria na referida sesión do 1 de marzo de 2016.

2)Informe do Sr. Reitor O Sr. Reitor informou brevemente sobre os seguintes eventos:

- 16 de febreiro de 2016, celebrouse a rolda de prensa para a presentación de Spin 2016, evento que impulsa empresas de alto nivel baseadas no coñecemento e na I+D. Terá lugar, a través de RedEmprendia, en Santiago de Compostela no mes de setembro.

- 16 de febreiro de 2016, presentación pública do programa Yuzz, que ofrece apoio, asesoramento e formación para plans de negocio individualizados.

- 19 de febreiro de 2016, inauguración do CEBIOVET para reforzar o Hospital Veterinario Universitario da Fundación Rof Codina.

- 23 de febreiro de 2016, entrega de premios no Museo de Historia Natural.

- Anuncio da reunión da CRUE na vindeira semana, da que se dará conta. 3)Informe das Vicerreitorías, da Xerencia e da Secretaría Xeral O Vicerreitor de PDI e Organización Académica precisou que no curso 2015-2016 foron convocadas 114 prazas, e atoparanse cun maior número de problemas na Facultade de Ciencias da Educación e, por extensión, na de Profesorado, derivados do tamén maior número de prazas convocadas, do dos aspirantes e das elevadas obrigas docentes dos profesores que integraban as comisións avaliadoras. Os máis afectados foran o

Page 4: RESUMO DA ACTA DA REUNIÓN ORDINARIA DO CONSELLO DE … · Unha correspondente ao Pleno ordinario do Consello de Goberno do 11 de febreiro de 2016, onde o Prof. Méndez Paz suxire

4

Departamento de Didáctica e Organización Escolar, o Departamento de Didáctica da Lingua e a Literatura e das Ciencias Sociais, e o Departamento de Didáctica das Ciencias Experimentais.

Resumidamente, con relación ao asunto da substitución do profesorado interino por vacante, por un profesor asociado, aos problemas xa citados sumáronse:

- A necesidade dun cambio de perfil dos aspirantes,

- A concesión da compatibilidade pola Xunta,

- A inexistencia dunha lista de agarda, e

- A dificultade de adaptación do horario de aulas coas actividades profesionais destes asociados.

Para facer fronte ao anterior decidiuse:

- Acelerar a saída a concurso das prazas que quedaran desertas,

- Autorizar o pago de horas extraordinarias para que os profesores existentes cubriran máis docencia,

- Invitar a Xunta de Galicia a rápida concesión das autorizacións de compatibilidade.

En particular, no Departamento de Didáctica e Organización Escolar:

- A praza 0003/15-16 foi obxecto dunha reclamación e declarouse a suspensión cautelar do nomeamento á espera da decisión da Comisión de Revisión.

- A praza 40003/15-16 foi declarada deserta despois da renuncia da totalidade dos aspirantes e convocouse de novo, concurso 9001/15-16 (DOGA do 8 de marzo).

- A praza 5002/15-16 é de substitución dunha profesora interina de vacante que se tería que cubrir cun asociado fora de plantilla, pero que a renuncia da última candidata obriga a convocala de novo.

No que atinxe ao Departamento de Didáctica da Lingua e a Literatura e das Ciencias Sociais, cómpre precisar que:

- Na praza 2027-15/16, o nomeamento, producido o 11 de xaneiro de 2016, está pendente de resolución de compatibilidade.

- A praza 6008/15-16 quedou deserta nun primeiro concurso e convocouse novamente cun perfil máis amplo. O nomeamento é do 29 de febreiro de 2016 e está pendente de resolución de compatibilidade.

- A praza 6009/15-16 quedou deserta nun primeiro concurso e convocouse novamente cun perfil máis amplo, nomeándose o candidato o 9 de marzo.

No Departamento de Didáctica das Ciencias Experimentais, destacou a proposta de complementar a docencia coa impartición de seminarios e a cobertura da praza 6001/15/16, pendente de sinatura por solicitude de compatibilidade.

En fin, no Departamento de Teoría da Educación, Historia da Educación e Pedagoxía Social, convocouse a praza 2070/15-16 de interino de vacante para cubrir unha de contratado doutor.

O Vicerreitor engadiu que, tras a aprobación no Pleno do Consello de Goberno do 17 de decembro da adscrición funcional de materias a áreas de coñecemento (convocatoria 2016-2017), a Vicerreitoría procederá a executala.

Page 5: RESUMO DA ACTA DA REUNIÓN ORDINARIA DO CONSELLO DE … · Unha correspondente ao Pleno ordinario do Consello de Goberno do 11 de febreiro de 2016, onde o Prof. Méndez Paz suxire

5

Inquiriu o D. C. A. se o problema do peche dos estudantes na Facultade de Ciencias da Educación rematara, ao que o Vicerreitor respondeulle que o Reitor e máis el tiveran unha reunión coa Decana e quedara de enviarlles un informe ao respecto; entrementres, os Directores dos Departamentos lles fixeran chegar cumprida información.

O Vicerreitor de Oferta Docente e Innovación Educativa informou da recepción do informe favorable da ACSUG referido aos Graos en Xeomática e Topoloxía e en Filoloxía Clásica. A Vicerreitora de Internacionalización deu conta de:

- A extinción das Cátedras Astrazeneca y Johnson & Johnson, polo que no serán incorporadas no punto 27) da orde do día, “Aprobación, se procede, das memorias das cátedras institucionais”.

- 19 de febreiro de 2016, viaxe a Bruxelas para participar no Executive Committee Meeting CGU.

- 26 de febreiro de 2016, participación da Universidade na Celebración 150 aniversario do nacemento de Valle Inclán.

- 26 de febreiro de 2016, visita institucional dos Sres. Nakamura y Kutsuwada da Universidade Kanazawa (Xapón).

- 9 de marzo de 2016, visita institucional da embaixadora de Costa Rica para fortalecer as relacións. A Secretaria Xeral deu conta dos nomeamentos de:

-A Profa. dona Ana Isabel Silveira Rodríguez como decana da Facultade de Enfermaría en substitución da Profa. dona Mª Jesús Núñez Iglesias, que rematara o seu mandato. - A Profa. dona María José López Couso como decana da Facultade de Filoloxía, que renovaba mandato. - O Prof. don José Miguel Sagüillo Fernández-Vega como decano accidental da Facultade de Filosofía, pola baixa por enfermidade do decano titular Prof. don Rafael Martínez Castro. - O Prof. don Cástor Méndez Paz como director do Departamento de Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía, que renovaba o seu mandato. Continuou con outras informacións relativas aos procesos electorais a representantes no Claustro do Sector III, que é bianual; e o dos membros dos consellos de departamento dos novos departamentos. Vinculado ao anterior, explicou a creación dunha comisión técnica para o seguimento do procedemento de reorganización departamental que estaría composta por: o Vicerreitor de PDI e Organización Académica, as Vicexerentas de Asuntos Económicos e de Persoal, a Xefa de Servizo de Planificación, a Xefa de Servizo de Xestión de Persoal, o Director da Área TIC e a Secretaria Xeral. 4)Informe do reitor sobre a rotación dos decanos/directores no Consello de Goberno e nas Comisións Delegadas

O Reitor procedeu a expoñer a súa interpretación sobre o tema indicado no epígrafe que se resume deseguido:

- O art. 79.e), alínea dúas, dos Estatutos establece que o Consello de Goberno estará integrado por “nove decanos e directores de escola, dos cales polo menos dous pertencerán ao Campus de Lugo, de forma rotatoria, por períodos dun ano”. Deste xeito,

Page 6: RESUMO DA ACTA DA REUNIÓN ORDINARIA DO CONSELLO DE … · Unha correspondente ao Pleno ordinario do Consello de Goberno do 11 de febreiro de 2016, onde o Prof. Méndez Paz suxire

6

se establece un sistema novo na nosa Universidade que é o da incorporación a un órgano colexiado por “chamamento” a través dunha rotación, e non por votación.

- O art. 4 do Regulamento de Réxime Interno do Consello de Goberno, en desenvolvemento do art. 79 dos Estatutos, confirma o anterior e explicita a forma de chamamento, que será a disposta no anexo I da norma.

- No aludido anexo I, figura a orde de ingreso dos centros no órgano colexiado, que obedece a dous criterios: por unha banda, que estean representadas as cinco grandes ramas de coñecemento; e, pola outra, os dous campus.

- Do anterior, se conclúe que hai unha representación orgánica dos centros no Consello de Goberno a través dos seus decanos ou directores, e non unha representación persoal do colectivo composto por tales decanos ou directores.

- Deste xeito, a incorporación do decano ou director ao Consello de Goberno en nome do centro que dirixe, abarca a súa condición de membro do Pleno e das comisións, tal e como o indica indirectamente o art. 3 do Regulamento de Réxime Interno do Consello de Goberno al afirmar que “os membros das comisións delegadas, que pertencerán ao Consello de Goberno”. Ao tempo a substitución dun centro por outro, ao remate do ano de rotación, é automática e se manifesta a través da incorporación a dito órgano do decano ou do director.

- O art. 33 do Regulamento de Réxime Interno do Consello de Goberno tamén ordena que os membros das comisións delegadas sexan “elixidos por e entre os membros dos correspondentes sectores”. E é certo no caso de que o sistema de cobertura de postos nas comisións fora sempre o electoral, pero non o é si se trata dos decanos e directores, dado que a súa presenza no Consello de Goberno, ou sexa, no Pleno e nas comisións, obedece a un sistema de rotación. Aínda máis, no momento en que o reiterado Regulamento describe a composición das comisións, esixe un número de representantes pertencentes ao sector I, sen excluír a ninguén pola súa condición de PDI claustral, ou de PDI director de departamento ou de instituto ou similar, ou de PDI decano.

- En realidade, o art. 25.2 do Regulamento di que nas comisións delegadas “se tenderá a que estean representados os decanos e directores de centro e directores de departamento, de institutos universitarios ou de investigación, de escolas de doutoramento e doutras estruturas universitarias de investigación, e conten coa representación das cinco grandes áreas”. E, tras o acordo acadado o pasado ano sobre a cobertura dos postos das comisións delgadas que evitou un proceso electoral no seo do Consello de Goberno por existir tantos candidatos como postos a cubrir en cada una delas, a opción consensuada foi a da incorporación dos decanos en diferentes comisións, e dos directores de departamento nas mesmas ou en outras. Non se estableceu ningunha “acción positiva” nin durante a negociación, nin no momento do acordo en favor dun determinado colectivo. E iso non foi contra legem porque a norma non dispuxo un sistema de cotas por colectivos, senón que deu liberdade ao propio Consello de Goberno para establecer os membros das comisións coa única obriga de respectar o número regulamentario daqueles segundo os sectores.

- A razón da rotación dos centros a través dos seus decanos e directores no Consello de Goberno estribaba e estriba en permitir que participen todos na toma de decisións ao máis alto nivel na Universidade, pero non en dotar de inestabilidade a ese órgano de goberno (agás a representación dos estudantes necesariamente movible ao estar

Page 7: RESUMO DA ACTA DA REUNIÓN ORDINARIA DO CONSELLO DE … · Unha correspondente ao Pleno ordinario do Consello de Goberno do 11 de febreiro de 2016, onde o Prof. Méndez Paz suxire

7

condicionada pola natureza e duración dos seus estudos), de sorte que cada ano deba de reformular a composición das súas comisións, e menos aínda dunha concreta comisión a que se accedería por un canle diferente e cun criterio diferente ao empregado para as outras.

- Polo anterior, conclúese que, dentro do marco legal e respectando os criterios do acordo polo que se designaron os membros das comisións, hai dous sistema de cobertura: o electoral e o de chamamento por rotación.

Na quenda de debate sucedéronse as seguintes intervencións:

- O Prof. M. P. chamou a atención sobre o feito de que a rotación dos decanos como membros do Consello é un mandato dos Estatutos, pero que o Regulamento do Consello de Goberno establece que cando un membro dunha comisión perde a condición de tal debe procederse a unha nova elección. Ademais, como consta na acta da sesión do Consello celebrada o 2 de marzo de 2015, os membros das comisións foron propostos e designados nominalmente para cada comisión polo sector correspondente (neste caso PDI doutor con vinculación permanente), non como decanos, directores de departamento, directores de instituto ou representantes do Claustro no Consello de Goberno. Polo que o que habería que facer sería aplicar simplemente o Regulamento, sen que caiban outras interpretacións. Ademais, os representantes dos directores de departamento xa lle fixeran chegar ao sr. Reitor o malestar da Conferencia de Directores porque non houbera ningún representante deste sector na COAP, na que a meirande parte dos temas que se tratan afectan aos departamentos e solicitaran que se corrixira esta anomalía aproveitando a renovación de membros das comisións. Dixo tamén manter a súa candidatura para a COAP (que formulara in voce no citado Pleno do 11 de febreiro). Nunha segunda e terceira intervención, en relación coa intervención do Prof. F. L. con respecto a que a interpretación do Regulamento é competencia do reitor, afirmou que “que el soubera, o Reitor aínda non gozaba da característica de infalibilidade coma o Papa” e que a súa interpretación conculcaba os dereitos dos decanos e dos directores de departamento a presentar a súa candidatura para calquera das comisións delegadas

- O Prof. G. S. sinalou que detestaba non ter o informe con antelación, pois iso obrigaba á improvisación. Afirmou que: as persoas que estaban nas comisións representaban todo o colectivo (o sector I), sen que existira unha representación divida en subsectores; descoñecía que o ano pasado ao aceptar o decano A sería substituído no seguinte polo decano B; os decanos teñen dereito a expresar a súa vontade de se queren estar ou non nas comisións e de saber se os seus compañeiros os apoian; o Sr. Reitor mudara a súa posición pois no Pleno do 11 de febreiro aceptara a votación.

- O Prof. M. V. explicou que a interpretación do Regulamento feita polo Reitor xeraba dúas modalidades de acceso as comisións e que este instrumento non comprendía toda a realidade polo que cumpría modificalo.

- O Prof. V. C. destacou que nos Estatutos creábase unha sorte de representación institucional e que sen a modificación do Regulamento será difícil atopar unha solución ao problema.

- O Prof. F. L. coincidía coa posición do Prof. V. C. e reiterou a idea de que a interpretación do Regulamento era competencia do Reitor.

- O Prof. R. L. propuxo a modificación do Regulamento ou achegar a un acordo, pois os Estatutos e o Regulamento non resolvían de xeito expreso a representación

Page 8: RESUMO DA ACTA DA REUNIÓN ORDINARIA DO CONSELLO DE … · Unha correspondente ao Pleno ordinario do Consello de Goberno do 11 de febreiro de 2016, onde o Prof. Méndez Paz suxire

8

anual nas comisións do Consello. A interpretación correspóndelle o Sr. Reitor, ao tempo que o remplazo automático dos decanos parecería un pouco forzado.

- O Prof. C. E. sostivo que a interpretación do Reitor era forzada pois o espírito na composición das comisións estaba no art. 25.2 do Regulamento. Dende esta perspectiva e co sistema de rotación, preguntábase cómo se garantiría a perspectiva de xénero, a presenza das áreas, etc.?

O Reitor respondeu o que se indica de xeito resumido:

- Con relación á intervención do Prof. M. P., dixo que había un acordo polo que os membros do Consello de Goberno entrarían como representantes do PDI pero de antemán sabían que para uns o posto sería de 4 anos e para outros de 1. Iso era así porque o Regulamento precisa que cando un decano cesa na súa condición de membro do Consello de Goberno ten que chamarse ao que o substitúe. Continuo replicando a segunda e terceira intervención do citado profesor, e engadindo que non se debía utilizar o sistema de rotación para abrir un proceso electoral dada a estabilidade que debe presidir a composición do Órgano colexiado onde unicamente muda o sector de estudantes pola propia natureza do seu vínculo coa Universidade e que o artigo 25.2 do Regulamento non se estaba a aplicar de xeito taxativo para todas as comisións.

- En referencia á intervención do Prof. G. S., confirmou que no acordo tratábase do mesmo número de candidatos que de postos, e que ninguén pensara na situación actual porque era nova. Pero o certo é que os membros que son decanos incorporábanse ao Consello de Goberno por un sistema de rotación. Puidera suceder que nunha comisión que non sufre cambios quixera, non obstante, entrar algún dos novos decanos.

- Aos Profs. M. V., V. C., F. L. e R. L., ratificoulles que a proposta de interpretación xurdía por non existir unha solución nos Estatutos nin no Regulamento, e que non se negaba a modificación deste o a acadar un novo acordo.

Despois do anterior, o Reitor deu por rematado o debate. 5) Calendario académico 2016-2017

Interveu a Secretaria Xeral indicando que o calendario fora elaborado coa colaboración dos

decanos e tendo en conta as súas suxestións; ao tempo, destacou os cambios máis

destacables relativos a data de comezo do curso e a determinación de sucesivos períodos de

exames correspondentes a primeira oportunidade do segundo cuadrimestre, a segunda

oportunidade do primeiro cuadrimestre e a primeira oportunidade para a defensa dos TFG

e TFM, entre os meses de maio, xuño e xullo, así como da segunda oportunidade na

defensa de ditos traballos no mes de setembro coa precaución de que os mesmos terían que

estar depositados a 31 de xullo.

As intervencións subseguintes corresponderon ao Prof. R. L., quen puxo o punto

de inflexión na necesidade de adaptar os procedementos de matrícula a dito calendario de

sorte, por exemplo, que a modificación da matrícula unicamente sexa autorizada en

situación excepcional. Ao Prof. M. P., que fixo unha corrección de erros referidos ao punto

1, “Disposicións xerais”, a cal foi recollida. Á Profa. S. M., que indicou a necesidade de

Page 9: RESUMO DA ACTA DA REUNIÓN ORDINARIA DO CONSELLO DE … · Unha correspondente ao Pleno ordinario do Consello de Goberno do 11 de febreiro de 2016, onde o Prof. Méndez Paz suxire

9

adiantar os exames no Grao en Farmacia por mor das prácticas tuteladas. Esta cuestión

tamén foi reiterada polo Prof. M. B. con referencia ao Grao en Medicina e Cirurxía. Ao

Prof. C.E., quen solicitou mudar a alínea, “Os centros poderán solicitar a Secretaría Xeral

(...)”, correspondente ao punto 2 do documento, ao seu punto 1. E ao Prof. V. C., o cal

propuxo unha reforma ampla do calendario para outros exercicios.

A Secretaria Xeral indicou que o adianto de exames, por circunstancias singulares

dalgunhas titulacións estaba contemplado dentro da aplicación do calendario, que no

próximo ano académico a modificación da matrícula, agás os supostos das convalidacións,

restrinxiríase ao prazo das 72 horas posteriores á da súa formalización, e aceptou a

incorporación dos cambios indicados. Someteuse a votación co resultado seguinte:

- A favor: 34 votos

- En contra: ningún

- Abstencións: 7

O Sr. D. V. solicitou constase en acta a súa abstención por temas que non se corrixiran

e viñan do pasado, tal como o establecemento do período de exames da primeira

oportunidade do primeiro cuadrimestre despois das vacacións de Nadal. A esta abstención

sumouse a do Prof. M. V.

ACORDO

O Consello de Goberno aprobou con 34 votos a favor e 7 abstencións o calendario académico da Universidade de Santiago de Compostela para o curso 2016-2017.

6) Aprobación, se procede, da Normativa de Planificación Académica Anual para o curso 2016-2017

Tras a presentación do punto polo Vicerreitor de PDI e Organización Académica, tomaron a palabra: o Prof. R. L, que considerou inasumible a equivalencia de so 3 horas por cada TFG e o mesmo acontece co Practicum e solicitou a habilitación de diversas aulas virtuais para unha mesma materia se é impartida por varios profesores. O Prof. F. R., cuxa opinión foi denunciar a falta de recoñecemento da labor investigadora ao xeito do “Decreto Wert”. O prof. G. S. mostrou o seu absoluto desacordo có tratamento do tema da docencia e do profesorado e, en particular, co desconto de horas docentes pois o traballo feito debería contar e non descontar. O Prof. C. M. agradeceu o desconto docente aplicado ex novo aos membros do Comité de Bioética pero o considerou insuficiente. O Prof. V. C. alegou que o cómputo para os alumnos repetidores era insuficiente e que debería acadar o 100 por cen. O Prof. D. V., partindo de que na súa Facultade había departamentos que non podían aplicar ningún desconto, se preguntaba se, no caso de fusión de dous ou máis, o POD se faría por separado ou conxuntamente tomando o total do novo departamento. O Prof. G. L. que fixo unha corrección de erros. A Profa. S. M. apuntou a brevidade para os centros do prazo do calendario de planificación académica que comprendía dende o 14 de marzo ata o 4 de abril. E o Prof. M. P., cuxa intervención, excluíndo a advertencia de erros, resúmese nos seguintes puntos:

Page 10: RESUMO DA ACTA DA REUNIÓN ORDINARIA DO CONSELLO DE … · Unha correspondente ao Pleno ordinario do Consello de Goberno do 11 de febreiro de 2016, onde o Prof. Méndez Paz suxire

10

- Na páxina 4 do documento, preguntábase por que para xerar un novo grupo tiña

que superarse o modulo nun 25% en cada grupo, xa que iso prexudicaba especialmente ás titulacións con máis estudantes.

- Instaba a modificación da nota a pe da páxina 5, no relativo a autorización pola Vicerreitoría de “docencia que non computaría no encargo lectivo das áreas de coñecemento (...)”.

- Sinalaba que o recoñecemento de 20 horas para os coordinadores de área debería limitarse a aquelas áreas que tiveran un número mínimo de profesores, por exemplo, cinco ou máis nos departamentos multiárea.

- Cuestionaba que se obrigara aos departamentos a cubrir toda a docencia asignada aínda que non teñan recursos suficientes para facelo.

- Solicitaba a desaparición do parágrafo 5, na páxina 15: “Para cubrir este PDA terán prioridade as materias correspondentes aos graos sobre os másteres universitarios (...)”.

- Consideraba que non cabería tratar no mesmo nivel aos centros e as comisións académicas dos másteres. Esta cuestión concitou tamén o apoio expreso do Prof. V. C.

- Demandaba se nos títulos propios concorrían a consignación na carga no POD e o cobro dalgunha retribución.

O Vicerreitor respondeu grosso modo que:

- Compartía que o desconto docente actuaba como unha sorte de redención de pena, e que non era unha técnica do seu agrado.

- A razón do recoñecemento en horas docentes do TFG e do TFM era que o módulo de cálculo utilizado consistía en 240 horas lectivas por ano -nas que tampouco se computaba o tempo dedicado a preparación das aulas-, e non a xornada semanal de 37 horas e media.

- A ampliación do recoñecemento do Prácticum non é posible por falta de recursos, como tampouco o é o Decreto Wert, agás nalgunha área.

- Estaba de acordo cos módulos dos grupos formulados polo Prof. M. P.

- Explicaba que a única titulación propia, de todas as que tiña datos, que compartía a consignación no POD do encargo docente e a retribución, era a de Criminoloxía.

- Sobre o Comité de Bioética e o feito de que preste servizos externos, consideraba a necesidade de atopar unha forma diferente de compensación aos seus membros.

- Conviña en ampliar o prazo para gravar o PDA en detrimento da Vicerreitoría pero destacou que ían moi xustos de cara a programación dos estudantes.

As modificacións e suxestións incorporadas ao texto orixinal descríbense deseguido no

acordo que se acadou tras a votación.

ACORDO

O Consello de Goberno aprobou con 24 votos a favor, 1 en contra e 10 abstencións, a Normativa de Planificación Académica Anual para o curso 2016-2017, coas modificacións en relación ao curso precedente que se detallan: 1ª) No apartado 1.1, c), “Outro persoal docente investigador”, incorpórase a figura de emérito con 90 horas lectivas en Posgrao e sen que compute na capacidade docente das áreas. 2ª) No apartado 5, “Cómputo das Actividades de Xestión e Representación Sindical”, recoñeceranse 20 horas docentes equivalentes a actividade de xestión de coordinación de área de coñecemento cando o departamento estea constituído por máis dunha área de

Page 11: RESUMO DA ACTA DA REUNIÓN ORDINARIA DO CONSELLO DE … · Unha correspondente ao Pleno ordinario do Consello de Goberno do 11 de febreiro de 2016, onde o Prof. Méndez Paz suxire

11

coñecemento que conte con cinco ou máis profesores. 3ª) No apartado 7, “Recoñecemento da actividade investigadora (AI):

a) Figuran 20 HDE para os membros do órgano habilitado do Comité de Bioética (OHCE) e do Comité de Ética en Experimentación Animal (CEEA);

b) O presidente/secretario do Comité de Bioética constan na redución correspondente do Anexo I ao igual que o xefe veterinario do Comité de Ética en Experimentación Animal;

c) Inclúense as funcións de dirección e edición e/ou secretaría de redacción das revistas da USC que antes figuraba nas actividades de xestión.

d) Tamén figuran 10 HDE no caso dos interconecta, de haber subproxectos, por cada un deles ata un máximo de 80 horas.

4ª) No apartado 8, “Recoñecemento da actividade docente (AD)”: a) Redúcese a 10 horas equivalentes a coordinación de curso/módulo das

titulacións de grao; b) Incorpórase con 10 horas equivalentes a coordinación de módulo/especialidade

nas titulacións de máster; c) Faise unha aclaración na redacción “só no caso de que o título teña como

estrutura mínima o módulo e non a materia”; d) Redúcese a 30 horas equivalentes a Coordinación Práctica Externa Clínica e ou

Práctica Externa non Clínica e da Administración; e) Redúcese a 10 horas equivalentes a coordinación de itinerario, mención ou

intensificación curricular de titulación de grao, cando esta teña como mínimo 30 ects en materias do itinerario distintas ás do resto da titulación.

5ª) No factor corrector por maior esforzo ligado a grupos cun maior número de estudantes, increméntanse as horas por tramo en 0,2 a partir de 49 alumnos para facela algo máis proporcional. 6ª) No número de grupos en PDA, existe a posibilidade dun incremento que resultaría pola igualación do número de grupos expositivos por curso e o axuste entre grupos de docencia expositiva e interactiva, de ser o caso. Neste suposto, os grupos adicionais formarán parte do PDA. 7ª) No encargo docente POD:

a) O encargo mínimo será de 60 horas lectivas tanto en grupos ordinarios como de centro;

b) O Persoal Investigador en Formación (R.D. 63/2006) poderán participar nas condicións descritas nas titulacións de máster sempre que posúen a titulación de máster ou unha titulación equivalente ao nivel 3 do MECES.

Consta en acta a abstención do Prof. G. S. e o voto en contra do Prof. R. L.

7) Aprobación, se procede, da viabilidade de novas propostas e modificacións de títulos de grao e máster para a súa implantación no curso 2017-2018 Tras a explicación polo Vicerreitor de Oferta Docente e Innovación Educativa de que as propostas de novos graos en Biotecnoloxía e en Criminoloxía contaban co informe favorable das Comisións de Titulacións e Programas de Estudo específica do Claustro (26 de xaneiro de 2016) e da de Organización Docente delegada do Claustro (27 de xaneiro de 2016) e do seu contido, o Prof. M. V. inquiriu sobre se había similitudes coas propostas xa presentadas no ano anterior no Grao en Biotecnoloxía e, en particular, sobre a cuestións

Page 12: RESUMO DA ACTA DA REUNIÓN ORDINARIA DO CONSELLO DE … · Unha correspondente ao Pleno ordinario do Consello de Goberno do 11 de febreiro de 2016, onde o Prof. Méndez Paz suxire

12

das áreas involucradas na impartición do título, tendo en conta que algunhas se postularan con tal fin no pasado e non figuraban na actual declaracións de intencións. O Prof. M. P. chamou a atención sobre o problema do déficit dalgunhas áreas afectadas e advertiu sobre a necesidade de que cando se presenten as próximas propostas se acompañen de información sobre a oferta xa existente en cada ámbito e a dispoñibilidade de recursos, ou que, no caso de non haber suficientes nalgunha área, se achegue un plan de dotación dos mesmos se a nova titulación se considera estratéxica. O Vicerreitor respondeu o seguinte:

- O aproveitamento nas declaracións de intencións dos graos de moitos dos aspectos tratados nas propostas do ano precedente, como a carteira de empresas que colaborarán na impartición.

- Presentada as memorias específicas dos títulos, terá que darse o trámite de exposición pública para a formulación de alegacións.

- Aínda se descoñecían os recursos humanos exactos para a introdución destes títulos no 2017-2018.

O Vicerreitor de PDI e Organización Académica precisou que na fase de declaracións de intencións era prematuro facer unha diagnose exacta dos recursos e que habería que comprender a posibilidade de liberar materia por uns departamentos deficitarios para que se impartan por outros. Apostilou o Reitor que a análise sobre as necesidades de profesorado na fase de declaracións de intencións non era a mesma que na de elaboración da memoria.

Con relación ao Grao en Criminoloxía, o Prof. M. B. destacou que era un título imprescindible para a Universidade e que as materias e os profesores para impartilas eran os mesmos no momento actual que cando se elaborou a memoria precedente, por todo o cal cominaba a facer un esforzo para a dotación de profesorado.

O Prof. G. S. comentou que urxía a reflexión desta Universidade sobre a duración e os tipos dos novos títulos de grao –o que tiña que ver co de Criminoloxía- para que non nos colla o tema “contra reloxo”.

O Reitor afirmou que a CRUE ía reconsiderar en breve a cuestión da moratoria na implantación dos graos de 3 anos. O debate rematou e aprobouse por asentimento.

ACORDO

O Consello de Goberno aprobou por asentimento, contando co previo informe favorable da Comisión de Titulacións e Programas de Estudo específica do Claustro (26 de xaneiro de 2016) e da Comisión de Organización Docente delegada do Claustro (27 de xaneiro de 2016), as declaracións de intencións para a implantación dos novos Graos en Biotecnoloxía e en Criminoloxía.

Despois das explicacións do Vicerreitor de Oferta Docente e Innovación Educativa

sobre o seguinte bloque de declaracións de intencións que comprendía algunhas modificacións de títulos existentes e a aprobación de dobres itinerarios, a Profa. A. F. e o Prof. R. L. destacaron as circunstancias polas que se retrasara a modificación do Grao en Ciencia Política e da Administración e a introdución do dobre título Grao en Mestre en Educación Infantil e de Grao en Mestre en Educación Primaria no Campus de Lugo.

ACORDO

O Consello de Goberno aprobou por asentimento, contando co previo informe favorable da Comisión de Titulacións e Programas de Estudo específica do Claustro (26 de xaneiro de 2016) e da Comisión de Organización Docente delegada do Claustro (27 de xaneiro de

Page 13: RESUMO DA ACTA DA REUNIÓN ORDINARIA DO CONSELLO DE … · Unha correspondente ao Pleno ordinario do Consello de Goberno do 11 de febreiro de 2016, onde o Prof. Méndez Paz suxire

13

2016), as declaracións de intencións para a modificación dos planos de estudos para o curso 2017-2018 do Grao en Ciencia Política e da Administración; do Grao en Óptica e Optometría; do Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria; do Grao en Enxeñaría Civil; do Grao en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural; do Grao en Enxeñaría en Xeomática e Topografía; e do Grao en Enxeñaría de Procesos Químicos. Así mesmo, aprobou por asentimento a declaración de intencións do dobre título de Grao en Farmacia e de Grao en Óptica e Optometría para o citado curso; e do dobre título de Grao en Mestre en Educación Infantil e de Grao en Mestre en Educación Primaria no Campus de Lugo para o curso 2016-2017.

Continuou o Vicerreitor coas declaracións de intencións dos novos títulos de

máster para súa implantación no curso 2017-2018, sendo requirido polo Prof. M. V. no senso de que o Máster en Química parecía invadir materias doutro xa existente polo que conviría mellor reformar este último, máxime por contar cunha estrutura organizada por módulos, e solicitaba unha aclaración detallada pola Facultade de Química. Respondeu o Vicerreitor que o Máster en Química, que contaba co informe favorable da Xunta da Facultade, ía máis dirixido a formación profesional fronte aos outros másteres xa existentes naquela pensados principalmente na investigación. Destacou, previa pregunta do Prof. G. S., que non existía unha profesión regrada de químico. O Prof. M. P. preguntou polo mapa de titulacións, necesario para dar neste caso unha resposta acertada; a Profa. A. F. indicou que a Secretaria da Facultade remitira escrito á Vicerreitoría porque no seu centro non se tiña información sobre o título, Máster en Xerencia e Administración Pública, que non era máis que a renovación doutro xa existente; a Profa. O. E. propuxo que se pedira informe a todos os centros afectados por un título par evitar estas situacións. O Vicerreitor aclarou que o mapa de titulacións fora rematado o día anterior e o Reitor concluíu o debate precisando que, en efecto, todos os centros deberían emitir informes.

ACORDO

O Consello de Goberno aprobou por asentimento, contando co previo informe favorable da Comisión de Titulacións e Programas de Estudo específica do Claustro (26 de xaneiro de 2016) e da Comisión de Organización Docente delegada do Claustro (27 de xaneiro de 2016), as declaracións de intencións para a implantación no curso 2017-2018 dos novos títulos de Máster en Biodiversidade Terrestre: Caracterización e Conservación; Máster en Biotecnoloxía Industrial; Máster de Innovación en Nutrición, Seguridade e Tecnoloxía Alimentarias (transformación de título xa existente); Máster en Mediación; Máster en Química; Máster Universitario en Computación de Altas Prestacións (transformación de título xa existente); e Máster en Xerencia e Administración Pública.

Retiraron a proposta do Master en Innovación e Creatividade Aplicadas a Comunicación

Dixital.

ACORDO

O Consello de Goberno aprobou por asentimento, contando co previo informe favorable da Comisión de Titulacións e Programas de Estudo específica do Claustro (26 de xaneiro de 2016) e da Comisión de Organización Docente delegada do Claustro (27 de xaneiro de 2016), as declaracións de intencións para a modificación no curso 2017-2018 do Máster Universitario en Arqueoloxía e Ciencias da Antigüidade; Máster Universitario de Enerxías Renovables e Sustentabilidade Enerxética; Máster Universitario en Física; Máster Universitario en Investigación e Desenvolvemento de Medicamentos; Máster Universitario en Investigación Biomédica; Máster Universitario en Investigación Química e Química Industrial; e Máster Universitario en Xestión

Page 14: RESUMO DA ACTA DA REUNIÓN ORDINARIA DO CONSELLO DE … · Unha correspondente ao Pleno ordinario do Consello de Goberno do 11 de febreiro de 2016, onde o Prof. Méndez Paz suxire

14

Sustentable da Terra e do Territorio.

8) Aprobación, se procede, da viabilidade de novas propostas e modificacións de programas de doutoramento para a súa implantación no curso 2017-2018

ACORDO

O Consello de Goberno acordou con 27 votos a favor e 5 abstencións, ratificando o previo informe da Comisión de Doutoramento (26 de xaneiro de 2016), por unha banda, aprobar as declaracións de intencións para a modificación no curso 2017-2018 do programa de doutoramento de Investigación e Desenvolvemento de Medicamentos, así como a declaración de intencións para a implantación do novo programa Protección do Patrimonio Cultural; e, pola outra, non aprobar para o mesmo curso as declaracións de intencións das novas propostas dos programas de doutoramento de Atención Integral da Saúde e de Métodos Alternativos de Resolución de Conflitos.

Solicitou que constase de xeito expreso a súa abstención o Prof. M. B.

9) Aprobación, se procede, do Máster Erasmus Mundus “Máster Europeo en Lexicografía”

ACORDO

O Consello de Goberno aprobou por asentimento a memoria do novo título Máster Erasmus Mundus: Máster Europeo en Lexicografía.

10)Aprobación, se procede, de modificacións non substanciais de títulos verificados de grao e máster

ACORDO

O Consello de Goberno aprobou por asentimento as propostas de modificacións non substanciais do Máster de Investigación Biomédica; así como as dos Graos en Farmacia e en Odontoloxía.

O Prof. M. B. ausentouse do Pleno porque a votación lle afectaba.

11)Aprobación, se procede, do límite de prazas de titulacións de grao para o curso 2016-2017 As cuestións que se suscitaron xiraron en torno a tres temas: se a redución de prazas nalgunha titulación repercutía nos ingresos da Universidade (Prof. G. S.); que os dobre títulos non supoñan de facto un incremento da matrícula de novo ingreso (Profa. O. E.); e

Page 15: RESUMO DA ACTA DA REUNIÓN ORDINARIA DO CONSELLO DE … · Unha correspondente ao Pleno ordinario do Consello de Goberno do 11 de febreiro de 2016, onde o Prof. Méndez Paz suxire

15

que como consecuencia da actuación da CIUG non se desborde o límite de prazas aprobado pola Universidade (Prof. M.B.). En resposta, o Xerente sinalou que era difícil aventurar o impacto da redución da matrícula na nosa Universidade pois tiña que ser analizado o asunto con relación as Universidades de A Coruña e Vigo. Pola súa banda, o Vicerreitor propuxo un axuste do límite nas dobres titulacións para evitar o non desexado efecto de incrementar as prazas e tomou nota do comentario do Prof. M. B. O Sr. D. V. indicou que votaría en contra pola redución efectiva de prazas en titulacións que tiñan, non obstante, demanda.

ACORDO

O Consello de Goberno acordou con 29 votos a favor, 2 en contra e 2 abstencións o límite de prazas nas titulacións de grao para o curso 2016-2017, agás no Grao en Comunicación Audiovisual para o que se decidiu aumentar a oferta total a 55 prazas (50 oferta ordinaria e 5 para dobre titulación), e no Grao en Matemáticas para o que se decidiu reducir o 5 por cento da oferta, e dicir, que quede en 114 prazas (104 oferta ordinaria e 10 para dobre titulación).

12)Aprobación, se procede, do límite de prazas de titulacións de máster universitario para o curso 2016-2017 Coa presentación do punto polo Vicerreitor de Oferta Docente e Innovación Educativa, xurdiron as intervencións dos Profs. C. M., F. L., F. R. e M. B., que destacaron temas tales como a improcedencia de que a impartición dos másteres dependa de acadar un número determinado de alumnos na edición precedente, especialmente cando esta foi a primeira, a necesidade de flexibilizar e axilizar a matrícula así como de unificar os criterios de acceso ao menos nos títulos dunha mesma área de coñecemento, a retirada do asterisco na páxina web onde se fai a oferta anual dun máster –obedece a dúbida sobre a súa impartición no curso seguinte no caso de non acadar o mínimo de alumnos- sen que iso supoña unha mingua da información fidedigna ao alumnado, etc. O Vicerreitor dixo asumir todas estas propostas.

ACORDO

O Consello de Goberno aprobou con 27 votos a favor, 2 en contra e 3 abstencións: 1)O límite de prazas e os criterios de admisión dos títulos de máster universitario para o curso 2016-2017, ratificando o informe da COAP (7 de marzo de 2016), e tendo presente que o Máster en Computación en Altas Prestacións e o Máster en Enerxías Renovable están pendentes da autorización pola Secretaría Xeral de Universidades para su impartición no vindeiro curso. 2) Engadir na oferta o Máster Universitario en Innovación en Nutrición, Seguridade e Tecnoloxía Alimentarias. 3) Autorizar ao Vicerreitor de Oferta Docente e Innovación Educativa para ditar as instrucións necesarias aos efectos da execución e axuste do número de prazas que non modifiquen de xeito esencial o contido do acordado.

Page 16: RESUMO DA ACTA DA REUNIÓN ORDINARIA DO CONSELLO DE … · Unha correspondente ao Pleno ordinario do Consello de Goberno do 11 de febreiro de 2016, onde o Prof. Méndez Paz suxire

16

13)Aprobación, se procede, do límite de prazas de programas de doutoramento para o curso 2016-2017

ACORDO

O Consello de Goberno aprobou por asentimento: 1)O límite de prazas de programa de doutoramento para o curso 2016-2017, segundo figura no anexo desta acta. 2) Autorizar ao Vicerreitor de Oferta Docente e Innovación Educativa para ditar as instrucións necesarias aos efectos da execución e axuste do número de prazas que non modifiquen de xeito esencial o contido do acordado.

14) Aprobación, se procede, da revogación de titulacións de máster

ACORDO

O Consello de Goberno acordou por asentimento solicitar a revogación do Máster Universitario en Biotecnoloxía (RUCT: 4315055); do Máster Universitario en Ciencias Odontolóxicas (RUCT: 4312584); do Máster Universitario en Dereito das Administracións e Institucións Públicas (RUCT: 4311751); do Máster Universitario en Filosofía: Cuestións Actuais (RUCT: 4311762); e do Máster Universitario en Investigación en Medicina e Sanidade Veterinarias (RUCT: 4311774).

15) Aprobación, se procede, do Regulamento de matrícula, elaboración e defensa dos traballos fin de grao e fin de máster O Vicerreitor de Oferta Docente e Innovación Educativa explicou que o texto que se presentaba era froito dun traballo conxunto do XSOPRA, Xestión Académica, Asesoría Xurídica e Biblioteca segundo as peticións e suxestións dos decanos. No debate, o Prof. R. L. solicitou unha revisión da redacción do Regulamento, a posta en marcha da prometida plataforma de xestión dos TFG e TFM e un dereito transitorio que asegure a aplicación neste curso dalgúns dos seus aspectos máis destacables. O Sr. D. V. quen, tras dicir que os documentos presentados non eran negociados cos estudantes, pregaba resolver a cuestión de que non se poda defender o TFG ou o TFM sen aprobar previamente todas as materias do título. O Prof. M. B. preguntaba sobre a diferenza, se a tiña, entre os titores e os cotitores, o que causó tamén a intervención dos Profs. C. M., C. M., O. E., G. S. e V. C. A Profa. S. M. afirmou que consideraba ao TFG ou TFM como unha materia máis e, así, debería ser tratado. E o Sr. G. F. apuntou que no punto 6.6 hai unha referencia ao punto 5.1 e tería que ser ao 5.6. O Vicerreitor comprometeuse a que o texto pasase por o Servizo de Normalización Lingüística para mellorar a redacción e outros erros, ao tempo que aceptou a posibilidade de que houbera dous cotitores. O Vicerreitor de Comunicación e Coordinación respondeu que se estaba na fase de adaptación do módulo centralizado na Universidade e que estaría preparado para o próximo curso. A Secretaria Xeral aceptou a incorporación dunha disposición extravagante no Regulamento onde aparecera o réxime transitorio de aplicación do artigo relativo a forma de defensa dos traballos e a composición dos tribunais. Tamén explicou que na codificación “Normativa de Permanencia” non se condicionará a defensa do TFG e do TFM a superación de todas as materias.

Page 17: RESUMO DA ACTA DA REUNIÓN ORDINARIA DO CONSELLO DE … · Unha correspondente ao Pleno ordinario do Consello de Goberno do 11 de febreiro de 2016, onde o Prof. Méndez Paz suxire

17

ACORDO

O Consello de Goberno aprobou por asentimento o Regulamento de matrícula, elaboración e defensa dos traballos fin de grao e fin de máster da Universidade de Santiago de Compostela, incorporando no texto orixinal as modificacións que se detallan: 1ª) No art. 5.1, substitúese a frase: “(...), poderá designarse un/ha cotitor/a, ou excepcionalmente dous cotitores”, por: “(...), poderá designarse outro/a titor/a, un/ha cotitor/a, ou excepcionalmente dous cotitores”; 2ª) Na Disposición Final Única, dáse a redacción seguinte: “1.O presente Regulamento entrará en vigor no curso académico 2016/2017 e será de aplicación aos títulos regulados polo R.D. 1393/2007, do 29 outubro, polo que se establece a ordenación das ensinanzas universitarias oficiais.

2. Sen prexuízo do disposto no parágrafo anterior, os artigos 6.4 e 6.7 do presente Regulamento serán de aplicación no vixente curso académico 2015/2016 tras a publicación no Taboleiro Electrónico de Anuncios de aquel. Para acollerse ao disposto no artigo 6.7, será preciso que a Vicerreitoría con competencias en titulacións o autorice previa solicitude da dirección do Centro.

3. O presente Regulamento será interpretado en consonancia co resto de normas e procedementos da Universidade de Santiago de Compostela vixentes, entre outras a Normativa sobre Permanencia nas Titulacións de Grao e Máster, a Normativa de Avaliación do Rendemento Académico dos Estudantes e de Revisión de Cualificacións, o Regulamento da USC dos Intercambio Universitarios de Estudantes, as Normas de Planificación Académica Anual, e o resto de normas sobre os TFG e os TFM dos Centros.”

16) Aprobación, se procede, da modificación do Regulamento de Estudos de Doutoramento da Universidade de Santiago de Compostela O Vicerreitor de Oferta Docente e Innovación Educativa anunciou que as novidades a destacar eran: a redución do número de membros dos tribunais de 5 a 3, a esixencia de 2 membros doutra universidade distinta da nosa, e, no caso de mención internacional, tamén se precisa que un membro titular e o seu suplente sexan estranxeiros. Decorren deseguido diferentes intervencións, como a do Prof. M. P. quen matizou sobre diferentes erros e incongruencias; o Prof. G. S., o cal solicitou unha mellor redacción; e o Prof. F. L., destacando o aforro que suporía a medida de redución do número de membros dos tribunais. O Vicerreitor aceptou todas as suxestións que foron incorporadas como modificacións no acordo de aprobación do Regulamento.

ACORDO

O Consello de Goberno aprobou por asentimento a modificación do Regulamento de Estudos de Doutoramento da Universidade de Santiago de Compostela incorporando no texto orixinal as modificacións que se detallan: 1ª) No art. 34, parágrafo sete, substitúese a frase: “os titulares do tribunal”, por: “os titulares e suplentes do tribunal”; 2ª) No art. 36, parágrafo un, substitúese a frase: “proporá unha relación de oito membros”, por: “proporá unha relación de seis membros”; 3ª) No art. 36, parágrafo tres, substitúese a frase: “A ED designará o tribunal encargado de xulgar a tese entre os oito especialistas propostos pola CAPD, que estará constituído por tres titulares e tres suplentes”, por: “A ED designará o tribunal encargado de xulgar a tese entre os seis especialistas propostos pola CAPD, que estará constituído por tres titulares e dous suplentes”; 4ª) No art. 36, parágrafo seis, substitúese a frase: “En caso de renuncia por causa

Page 18: RESUMO DA ACTA DA REUNIÓN ORDINARIA DO CONSELLO DE … · Unha correspondente ao Pleno ordinario do Consello de Goberno do 11 de febreiro de 2016, onde o Prof. Méndez Paz suxire

18

xustificada dun integrante titular do tribunal procederase a substituílo polo suplente correspondente (...)”, por: “En caso de renuncia por causa xustificada dun integrante titular do tribunal procederase a substituílo por un suplente”.

17) Aprobación, se procede, de memorias de cursos de posgrao propio

ACORDO

O Consello de Goberno acordou por asentimento, ratificando o informe da Comisión de Posgrao Propio, non aprobar a memoria do curso MC02 Máster en Medicina Oral, Cirurxía Oral e Imprantoloxía e establecer un control alternativo da xestión económica das súas edicións vixente e futuras.

ACORDO

O Consello de Goberno acordou por asentimento, ratificando o informe da Comisión de Posgrao Propio, non non aprobar a memoria do curso MC34 Máster en Reprodución Humana.

(20.18h entra a presidir a Vicerreitora de Investigación)

ACORDO

O Consello de Goberno acordou por asentimento non aprobar, ratificando o informe da Comisión de Posgrao Propio, a memoria do curso MD62 Máster en Prostodoncia e Implantoloxía e establecer un control alternativo da xestión económica das súas edicións vixente e futuras.

ACORDO

O Consello de Goberno acordou por asentimento, ratificando o informe da Comisión de Posgrao Propio, aprobar as memorias dos títulos que se relacionan:

- MD75 Máster en Odontoloxía en Pacientes con Patoloxía Sistémica, e

- MD90 Máster en Evaluación e Intervención en Atención Temperá.

ACORDO

O Consello de Goberno acordou por asentimento non aprobar, ratificando o informe da Comisión de Posgrao Propio, a memoria do curso MD06 Máster Internacional Teórico-Práctico de Endodoncia Avanzada e establecer un control alternativo da xestión económica das súas edicións vixente e futuras.

ACORDO

O Consello de Goberno acordou por asentimento, ratificando o informe da Comisión de Posgrao Propio, aprobar as memorias dos títulos que se relacionan:

- EED2 Curso de Especialización en Seguridade Internacional

- EED6 Curso de Especialización en Endodoncia na Práctica Diaria

- ME04 Máster en Odontoloxía Práctica Diaria

- ME89 Máster en Intervención e Emancipación de Mozos/as en Conflito Social

- ME93 Máster en Produción de Leite

- FE1V Curso de Experto en Fibrilación Auricular

- FE4P Curso de Experto: Programa Superior en Xestión Empresarial de Oficinas de Farmacia

- ME78 Máster en Mediación

- EE38 Curso de Especialización en Relacións Laborais

Page 19: RESUMO DA ACTA DA REUNIÓN ORDINARIA DO CONSELLO DE … · Unha correspondente ao Pleno ordinario do Consello de Goberno do 11 de febreiro de 2016, onde o Prof. Méndez Paz suxire

19

18) Aprobación, se procede, de cursos de posgrao propio

ACORDO

O Consello de Goberno acordou por asentimento, ratificando o informe da Comisión de Posgrao Propio, non aprobar a renovación do curso MF34 Máster Propio en Reprodución Humana.

ACORDO

O Consello de Goberno acordou por asentimento, ratificando o informe da Comisión de Posgrao Propio, aprobar a renovación do curso FF4P Curso de Experto: Programa Superior en Xestión Empresarial de Oficinas de Farmacia.

(20.31 h preside de novo o Reitor) 19) Convocatoria ordinaria de prazas de aloxamento do Servizo Universitario de

Residencias da Universidade de Santiago de Compostela para o curso 2016-2017

ACORDO

O Consello de Goberno aprobou por asentimento a proposta de convocatoria ordinaria de prazas de aloxamento do Servizo Universitario de Residencias da Universidade de Santiago de Compostela para o curso 2016-2017.

20) Convocatoria de prazas de aloxamento do Servizo Universitario de Residencias

da Universidade de Santiago de Compostela para estudantes internacionais curso

2016-2017

ACORDO

O Consello de Goberno aprobou por asentimento a proposta de convocatoria de prazas de aloxamento do Servizo Universitario de Residencias da Universidade de Santiago de Compostela para estudantes internacionais do curso 2016-2017.

21) Prezos congresos e visitantes curso 2016-2017 no SUR

ACORDO

O Consello de Goberno aprobou por asentimento a proposta de prezos das prazas do Servizo Universitario de Residencias da Universidade de Santiago de Compostela para a asistencia a congresos e para visitantes do curso 2016-2017.

22) Convocatoria de verán 2016 no SUR

ACORDO

O Consello de Goberno aprobou por asentimento a proposta de convocatoria de prazas do Servizo Universitario de Residencias da Universidade de Santiago de Compostela para

Page 20: RESUMO DA ACTA DA REUNIÓN ORDINARIA DO CONSELLO DE … · Unha correspondente ao Pleno ordinario do Consello de Goberno do 11 de febreiro de 2016, onde o Prof. Méndez Paz suxire

20

membros da comunidade universitaria ou para alumnado da Universidade de Verán 2016, durante o período comprendido entre o 7 de xuño e o 31 de agosto de 2016.

23) Convocatoria para a asignación de prazas na Escola Infantil Breogán da USC.

Curso 2016-2017 / Convocatoria para a adxudicación de axudas para a

escolarización dos nenos e nenas menores de tres anos no Campus de Lugo. Curso

2016-2017”

A Vicerreitora de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social explicou que na

Convocatoria incorporábanse unhas melloras, froito da reunións coas representacións

sindicais, que se circunscribían en:

Incremento da subvención dos prezos dun 5 por cento para familias monoparentais e dun 10 por cento para as numerosas, sendo a cantidade máxima a reducir a correspondente ao desconto de dous fillos.

Ampliación do acceso aos traballadoras das empresas contratadas coa Universidade a ela ante o feito de quedar prazas vacantes nos anos precedentes.

O Prof. G. S. mostrou a súa oposición a que as unidades familiares cuxos ingresos

acaden ou superen os cen mil euros teñan un financiamento do 5 por cen; nunha intervención posterior, solicitou coñecer cal era o importe da subvención e a súa distribución por segmentos. O Sr. P. C. sumouse a intervención anterior e engadiu necesitar saber con exactitude os incluídos na Convocatoria. O Prof. M. P. razoou que se o persoal da Escola ía reducíndose, cómo era posible atender aos nenos de traballadores das empresas vinculadas coa Universidade.

A Vicerreitora matizou que as empresas aludidas eran “as participadas pola Universidade”, que toda a persoa que pediu praza a tivo e, sobre os outros datos, non dispoñía deles. Entón, o Xerente agregou que, polos datos da contabilidade analítica, o custe da Escola era de 760.000 euros/ano, os ingresos de 111.000 e a taxa de cobertura do custe do 15 por cento.

O Prof. M. B. solicitou que os titulares de rendas máis elevadas tiveran un menor financiamento, ante o cal a Vicerreitora propuxo a eliminación do último tramo, o que figura coa letra E), no punto 3 da Convocatoria.

Con esta modificación aceptada, someteuse a Convocatoria a votación co resultado indicado no acordo.

ACORDO

O Consello de Goberno aprobou por 23 votos a favor e 3 abstencións a proposta de convocatoria para a asignación de prazas na Escola Infantil Breogán da Universidade de Santiago de Compostela no curso 2016-2017, condicionada a eliminación da “Cota E” no punto 3.2 do cadro intitulado “Cotas, porcentaxes de subvención e prezos por cota”.

A convocatoria da Escola Infantil Breogán aprobouse así mesmo condicionada a

que se eliminase unha cota. Por tanto, no punto 3.2 no cadro que se titula “Cotas,

porcentaxes de subvención e prezos por cota”, foi retirada a liña que se refire á cota E.

Page 21: RESUMO DA ACTA DA REUNIÓN ORDINARIA DO CONSELLO DE … · Unha correspondente ao Pleno ordinario do Consello de Goberno do 11 de febreiro de 2016, onde o Prof. Méndez Paz suxire

21

ACORDO

O Consello de Goberno aprobou por 23 votos a favor e 3 abstencións a proposta de convocatoria para a adxudicación de axudas para a escolarización dos nenos e nenas menores de tres anos no Campus de Lugo no curso 2016-2017, condicionada a eliminación da “Cota E” no punto 3 do cadro intitulado “Axudas máximas por RPD e tipo de xornada””.

24) Creación, se procede, da plataforma tecnolóxica Aula de Produtos Lácteos e Tecnoloxías Alimentarias O Vicerreitor de Desenvolvemento Científico e Tecnolóxico do Campus de Lugo fixo unha presentación da Aula centrada resumidamente en:

-No 2015 a Aula mudouse a unhas novas instalacións que a converten nunha das mellores plantas de Europa. - Na actualidade, a vontade é de transformala nunha plataforma científico-tecnolóxica mixta no Campus Terra, apoiada pola RIAIDT. - O persoal estará composto por investigadores e técnicos de apoio á investigación. - Ao seu fronte, estará un responsable científico pertencente ao PDI doutor, que será proposto polo Vicerreitor de Coordinación do Campus de Lugo previa audiencia do Comité Científico. - O seus ingresos están a se dividir entre os procedentes de asistencias técnicas (65%) e os dos proxectos (35%), que suman un total de 400.000 euros/ano.

Preguntou o Prof. M. P. si a expresión “mixta” significaba que a Aula contaba coa

presenza da Universidade e tamén dos grupos de investigación, ao que obtivo unha resposta afirmativa do Vicerreitor.

O Reitor aclarou que, de aprobarse a creación da Aula, o actual director-comisario cesaría no seu cargo –agradecía os seus servizos-, e se daría un prazo para a constitución do Comité Científico.

ACORDO

O Consello de Goberno acordou por asentimento a creación da plataforma tecnolóxica Aula de Produtos Lácteos e Tecnoloxías Alimentarias.

25) Aprobación, se procede, da proposta para a creación dunha empresa como EBT da USC, e emisión, se procede, do informe de participación e cualificación na mesma A Vicerreitora de Investigación dixo que a proposta de creación da empresa contaba co informe favorable da Comisión de Investigación delegada do Consello de Goberno.

ACORDO

O Consello de Goberno acordou por asentimento aprobar a proposta de creación da empresa 3EDATA INGENIERÍA AMBIENTAL S.L. como EBT da Universidade de Santiago de Compostela, e emitir informe favorable á participación e cualificación da Universidade na mesma.

Page 22: RESUMO DA ACTA DA REUNIÓN ORDINARIA DO CONSELLO DE … · Unha correspondente ao Pleno ordinario do Consello de Goberno do 11 de febreiro de 2016, onde o Prof. Méndez Paz suxire

22

26) Aprobación, se procede, do acordo transitorio de nova oportunidade para os que

esgotaron convocatorias

ACORDO

O Consello de Goberno aprobou por asentimento o “Acordo transitorio de nova oportunidade para os que esgotaron o número máximo de convocatorias”.

27) Aprobación, se procede, das memorias das cátedras institucionais

ACORDO

O Consello de Goberno aprobou por asentimento a memoria de actividades do ano 2015 e a programación para o 2016 da Cátedra Bancaja. Jóvenes Emprendedores, da Cátedra Bolivar, da Cátedra Empresa Familiar, da Cátedra de Hidroloxía Médica USC-Balnearios de Galicia, da Cátedra Juana de Vega, e da Cátedra Unesco sobre Migracións.

28) Aprobación, se procede, do Convenio de colaboración entre o SERGAS e a Universidade de Santiago de Compostela para o desenvolvemento das actuacións previstas para a dotación dun novo edificio para a Facultade de Medicina e Odontoloxía De xeito resumido o Xerente explicou que:

-O importe do financiamento era escaso (60.000 euros) ao tempo que simbólico, pois tratábase de fornecer o desenvolvemento dun anteproxecto da Facultade onde o gañador tería a posibilidade de que o seu proxecto fora o elixido para a execución posterior. -O financiamento non procede dos recursos do Sistema Universitario de Galicia senón do Servizo Galego de Saúde (SERGAS), tal e como acontecera xa no momento da edificación do aulario Novoa Santos. - O proceso de definición das necesidades de infraestruturas estaba moi adiantado no que atinxía a Facultade de Medicina, pero se intentaba resolver tamén as cuestións que afectan a Facultade de Enfermaría. - O presente Convenio non resolvía directamente o tema da construción da nova Facultade de Medicina, cuxo custe total podería acadar os trinta millóns de euros, se ben abría un novo camiño no que non estaban comprometidos os recursos da Universidade. O prof. M. B. preguntou a quen ía corresponder a titularidade da Facultade e a data da

súa conclusión. Respondeu o Xerente que correspondería a USC, tal e como o sinalan as primeiras

cláusulas do Convenio, aínda que o SERGAS podería facer unha cesión do solo. Por outra banda, as variables de execución dun proxecto consolidado son tantas que non resultaba posible precisar a data de remate.

Por alusións, engadiu o Prof. G. O. que dende 1976 está enriba da mesa o tema das instalacións definitivas da Facultade de Medicina, pero que no Convenio non se sentían reflectidos pois, agás unhas liñas, falábase do “complexo e do actual pavillón docente”, o que non permitía saber se tamén estaría comprendida a Facultade de Enfermaría e se a propia Facultade de Medicina e Odontoloxía perdería o seu nome.

Page 23: RESUMO DA ACTA DA REUNIÓN ORDINARIA DO CONSELLO DE … · Unha correspondente ao Pleno ordinario do Consello de Goberno do 11 de febreiro de 2016, onde o Prof. Méndez Paz suxire

23

O Xerente respondeu que este Convenio tiña un obxecto moi limitado e que dentro do “Complexo” habería que dar razón a Facultade de Enfermaría contando co pavillón Novoa Santos.

ACORDO

O Consello de Goberno aprobou por asentimento o Convenio de colaboración entre o SERGAS e a Universidade de Santiago de Compostela para o desenvolvemento das actuacións previstas para a dotación dun novo edificio para a Facultade de Medicina e Odontoloxía.

29) Aprobación, se procede, do Convenio de colaboración entre o Consorcio da Cidade de Santiago de Compostela, e a Universidade de Santiago de Compostela para a redacción do Plan Director do Edificio da Facultade de Xeografía e Historia Recalcou o Xerente, ao explicar o contido do Convenio, que tiña como elemento vertebrador a cooperación interadministrativa, a través dunha comisión de seguimento, onde cada Administracións facía uso dos seus propios recursos e os poñería ao servizo da outra.

ACORDO

O Consello de Goberno aprobou por asentimento o Convenio de colaboración entre o Consorcio da Cidade de Santiago de Compostela, e a Universidade de Santiago de Compostela para a redacción do Plan Director do Edificio da Facultade de Xeografía e Historia.

30) Nomeamento decano/a en funcións da Facultade de Filosofía Tras a dimisión do Prof. Martínez Castro, como decano, e do Prof. Horta Álvarez, como vicedecano, aos cales se lle agradecen os servizos prestados e se amosa o desexo dunha pronta e plena recuperación do Prof. Martínez, propón o Reitor o nomeamento como decano en funcións do catedrático máis antigo do centro, o Prof. Sagüillo Fernández-Vega co principal fin de conducir o proceso electoral para a designación dun novo decano. O Prof. V. C., profesor de Física, pero que imparte docencia na Facultade de Filosofía, solicitou que constase en acta a súa solidaridade con dita Facultade e a necesidade de ter un compromiso real con ela. Tamén lamentou o proceso que desencadeara a dimisión do Prof. Martínez Castro a quen lles transmitía os máis expresivos parabéns, e se congratulaba do nomeamento en funcións do Prof. Sagüillo para quen destinaba os mellores desexos. A esta declaración se sumou o Prof. F. L. e os demais membros do Consello de Goberno.

ACORDO

O Consello de Goberno acordou nomear por asentimento e a proposta do Sr. Reitor ao Prof. Sagüillo Fernández-Vega como decano en funcións da Facultade de Filosofía.

31) Recursos

ACORDO

O Consello de Goberno acordou por 12 votos a favor, 6 en contra e 3 abstencións a desestimación do recurso potestativo de reposición interposto por dona Iria González Mariño.

Page 24: RESUMO DA ACTA DA REUNIÓN ORDINARIA DO CONSELLO DE … · Unha correspondente ao Pleno ordinario do Consello de Goberno do 11 de febreiro de 2016, onde o Prof. Méndez Paz suxire

24

Solicitaron constase en acta o voto en contra dos profesores G. S., M. B., O. E., R.

L., S. M. e S. R. 32) Regulamentos Se retirou 33) Convenios Ao presentar o punto, a Vicerreitora de Investigación aludiu ao “Convenio de Colaboración entre la Fundación Ramón Domínguez y la Universidad de Santiago de Compostela para la Gestión del Proyecto de Investigación «Research and Option Agreement»” (22 de febreiro de 2016), no que se regula un mandato de xestión da Fundación para representar a USC no referido proxecto dado que a mesma Fundación asinara con Yeda Research and development Company LTD e Sun Pharmaceutical Industries LTD un “Acuerdo de Investigación y Primera Opción y sus Anexos”, o 1 de decembro de 2015, sendo investigador principal o Prof. Castillo Sánchez. O Prof. M. P. afirmou que “iso está feito e non lle imos dicir agora que non”, pero que era preciso unha información sobre as actividades dos profesores vinculados a outras empresas ou entidades. O Reitor respondeu que era razoable que así fora.

O Sr. P. C., con relación ao contrato de asistencia técnica 2016-CE018 celebrado

entre el Banco Santander S.A. y el CITIUS a través del Prof. Barro Ameneiro, que figura

como investigador principal, dixo que aínda que agora o exreitor non figuraba nas dúas

partes contractuais seguía a ter o mesmo fondo e defectos nos outros aspectos que o

contrato anulado con Rede Emprendia e se reiteraba unha cantidade dineraria coincidente

coa recollida noutros contratos precedentes."

ACORDO

O Consello de Goberno aprobou por 12 votos a favor, 1 en contra e 7 abstencións, o contrato de asistencia técnica 2016-CE018 celebrado entre el Banco Santander S.A. y el CITIUS a través del Prof. Barro Ameneiro, que figura como investigador principal.

O Sr. P. C. solicitou constase en acta o seu voto en contra expresado por el mesmo

e en nome do colectivo de A Trabe.

ACORDO

O Consello de Goberno aprobou por asentimento os convenios e contratos de asistencia técnica que figuran no anexo da acta.

34) Premios extraordinarios

ACORDO

O Consello de Goberno aprobou por asentimento a concesión de premios extraordinarios aos estudantes e nas titulacións que figuran no anexo desta acta.

Page 25: RESUMO DA ACTA DA REUNIÓN ORDINARIA DO CONSELLO DE … · Unha correspondente ao Pleno ordinario do Consello de Goberno do 11 de febreiro de 2016, onde o Prof. Méndez Paz suxire

25

35) Asuntos Económicos

ACORDO

O Consello de Goberno aprobou por asentimento a proposta de convalidación das modificacións orzamentarias necesarias con motivo do peche de exercicio orzamentario segundo figuran no expediente CS-25-15; e as transferencias de crédito de operacións correntes a operacións de capital e de operacións de capital a operacións correntes que figuran no expediente CS-01-16.

36) Rogos e preguntas

O Prof. M. P. solicitou unha copia do informe utilizado polo Reitor no punto 4) da orde do

día e preguntou cando está previsto someter a aprobación do Consello de Goberno a RPT

de PDI e que pasos se van dar neste tema en relación cos departamentos.

O Xerente dixo que o calendario dependía da coordinación entre a Vicerreitoría de PDI e

Organización Académica e a Xerencia, aínda que, en todo caso, a RPT de PDI, que deriva

das prazas dotadas nos Orzamentos, sería coñecida na Mesa Sindical do 30 de marzo e tería

que estar lista para remitila a Xunta no mes de xullo. Tamén indicou que se enviaría a

información aos departamentos para que puideran pronunciarse sobre as prazas

correspondentes antes de someter a RPT á aprobación do Consello de Goberno.

O Prof. R. L. preguntou se no próximo Pleno a documentación podería

estas a disposición, ao menos, dos decanos.

O Vicerreitor de Comunicación dixo que non se podía comprometer a iso pola

capacidade do Moega.

O Sr. P. C. pediu que se acurtasen os nomes dos arquivos para facilitar o acceso no

Moega. Nesta liña, o Prof. M. B. mostrou a súa queixa polas graves dificultades que tiña

para abrir os documentos que se subía directamente dende a Secretaría Xeral.

O Prof. G. S. inquiriu sobre o “Acordo de docencia clínica” e sobre a veracidade da

creación de grupos de cuarto e quinto fora da nosa Universidade.

Afirmou o Reitor que non había ningún traballo sobre ese tema, e engadiu o

Vicerreitor de PDI e Organización Académica que resultaba absolutamente inviable tal

opción dada a dotación de profesorado en Vigo e A Coruña.

O Reitor levantou a sesión as 10.45 h, agradecendo a dura xornada de traballo, do

que como secretaria dou fe.

Vº et pracet

A secretaria

O Reitor