Resumo de como chegou o liberalismo a españa para recuperación

5
Contidos mínimos para recuperar Como chegou o liberalismo a España? Comezo de século absolutista: Reinado de Carlos IV Iníciase o século co reinado de Carlos IV, un rei. España, como outras potencias europeas, declarou a guerra á Francia revolucionaria, pero perdeu e tivo que pactar cos franceses. Hai que saber dúas cousas: - Os franceses entran en España coa escusa de invadir Portugal, pero van ocupando as cidades españolas. - O fillo de Carlos IV consegue que o seu pai lle ceda a coroa. Reinado de Xosé I e guerra contra os franceses (1808 – 1814) Napoleón obrigou a Carlos IV e Fernando VII a cederlle o trono ao seu irmán Xosé Bonaparte. A poboación española sublevouse contra os franceses o 2 de maio dando comezo á Guerra da Independencia. A loita foi longa e dura. As guerrillas españolas atacaban continuamente ás tropas francesas. As guerrillas eran pequenos grupos de civís 1 armados que atacaban continuamente aos franceses co fin de baixarlles a moral e debilitalos. Durante a guerra redactouse a primeira constitución española: a Constitución de Cádiz de 1812, chamada popularmente “a Pepa” por aprobarse o día de San Xosé. Isto de redactar unha constitución é propio do liberalismo, pero ademais era unha constitución moi liberal porque por mor da guerra moitos deputados non puideron chegar a Cádiz e foron substituídos por xente de alí, sendo Cádiz unha cidade moi aberta e liberal. O máis importante da constitución era: - A soberanía nacional. - División de poderes. 1 Eran homes e algunhas mulleres que non pertencían ao exército. Escondíanse entre a poboación.

Transcript of Resumo de como chegou o liberalismo a españa para recuperación

Page 1: Resumo de como chegou o liberalismo a españa para recuperación

Contidos mínimos para recuperar

Como chegou o liberalismo a España?

Comezo de século absolutista:

Reinado de Carlos IV

Iníciase o século co reinado de Carlos IV, un rei. España, como outras potencias europeas, declarou a guerra á Francia revolucionaria, pero perdeu e tivo que pactar cos franceses. Hai que saber dúas cousas:

- Os franceses entran en España coa escusa de invadir Portugal, pero van ocupando as cidades españolas.

- O fillo de Carlos IV consegue que o seu pai lle ceda a coroa.

Reinado de Xosé I e guerra contra os franceses (1808 – 1814)

Napoleón obrigou a Carlos IV e Fernando VII a cederlle o trono ao seu irmán Xosé Bonaparte. A poboación española sublevouse contra os franceses o 2 de maio dando comezo á Guerra da Independencia.

A loita foi longa e dura. As guerrillas españolas atacaban continuamente ás tropas francesas. As guerrillas eran pequenos grupos de civís1 armados que atacaban continuamente aos franceses co fin de baixarlles a moral e debilitalos.

Durante a guerra redactouse a primeira constitución española: a Constitución de Cádiz de 1812, chamada popularmente “a Pepa” por aprobarse o día de San Xosé. Isto de redactar unha constitución é propio do liberalismo, pero ademais era unha constitución moi liberal porque por mor da guerra moitos deputados non puideron chegar a Cádiz e foron substituídos por xente de alí, sendo Cádiz unha cidade moi aberta e liberal.

O máis importante da constitución era:

- A soberanía nacional.- División de poderes.- Recoñecemento de dereitos liberais como a igualdade ante a lei.

Como estaban en guerra a Constitución practicamente non se aplicou, pero foi un feito moi importante que marca a entrada do liberalismo en España.

O reinado de Fernando VII: predominio do absolutismo.

Xa sabemos que Napoleón foi vencido polas potencias europeas e entón volveu Fernando VII a España. Cando chegou viu que tiña moitos apoios entre os absolutistas e decidiu abolir 2 a Constitución e todas as leis que fixeran as cortes de Cádiz, e empezou a reinar como un rei absoluto. A xente partidaria do liberalismo foi perseguida.

1 Eran homes e algunhas mulleres que non pertencían ao exército. Escondíanse entre a poboación.2 Eliminar unha lei.

Page 2: Resumo de como chegou o liberalismo a españa para recuperación

Todo o reinado de Fernando VII foi absolutista agás tres anos, o chamado Trienio Liberal. Porque en 1820 un pronunciamento3 militar liberal obrigou ao rei a xurar a Constitución de 1812.

Un exército estranxeiro repuxo a Fernando VII como rei absoluto.

A perda das colonias americanas:

Durante o reinado de Fernando VII independizáronse as colonias que España tiña en América do Sur. Os movementos independentistas comezaron durante a guerra da independencia contra os franceses.

A chegada do liberalismo: o reinado de Isabel II

O liberalismo chegou a España definitivamente da man de Isabel II.

O problema da herdanza:

Cando morreu Fernando VII, a súa viúva fíxose cargo do goberno no nome da súa filla, xa que Isabel era unha nena. Pero ao mesmo tempo os absolutistas consideraron que o verdadeiro rei era Carlos de Borbón, declarándose así a primeira guerra carlista.

A xente partidaria do absolutismo apoiaba a don Carlos, así que a Isabel II so lle quedaría a opción liberal se quería atopar apoios. Desta maneira entrou o liberalismo definitivamente en España.

O reinado de Isabel II.

A meirande parte do goberno de Isabel II estiveron no poder os liberais moderados. Só houbo dous anos nos que estiveron no poder os liberais progresistas, pero conseguírono por un pronunciamento e axiña se volveu á situación anterior.

A raíña era liberal pero moi conservadora, polo que os progresistas foron radicalizándose. Algúns progresistas formaron novos grupos como os demócratas, que defendían o sufraxio universal masculino e os republicanos que desexaban cambiar a monarquía por unha república sen rei nin raíña.

A chegada da democracia: o sexenio democrático

A Gloriosa:

Ao final do reinado de Isabel II, progresistas, demócratas e republicanos xuntaron as súas forzas para quitar do poder á raíña. En 1868 un pronunciamento militar comezou unha revolución á que chamaron “a Gloriosa” xa que Isabel II abandonou España.

Convocáronse eleccións a cortes e fixeron unha nova Constitución, a primeira constitución democrática da historia de España. Por fin a constitución declaraba que a soberanía estaba no pobo e que o sufraxio era universal (sufraxio universal masculino). Tiña tamén unha ampla

3 Pronunciamento: rebelión militar moi frecuente no século XIX consistente en manifestar a súa oposición ao goberno para provocar un cambio.

Page 3: Resumo de como chegou o liberalismo a españa para recuperación

declaración de dereitos da cidadanía. De todas formas España seguía a ser unha monarquía, non unha república, e puxéronse a buscar un rei ou raíña.

Amadeo I:

Finalmente as cortes elixiron a Amadeo de Saboia como rei de España. Pero Amadeo I non tiña moitos apoios.

Amadeo abdicou4.

A Primeira República:

Xa era moito poñerse a buscar outro rei, así que se declarou a república. Era a primeira vez que había unha república en España. Pero por se foran poucos os problemas que xa había (guerras carlista e cubana), os republicanos non tiñan todos a mesma idea de república. Os había que querían unha república unitaria5 e outros que querían unha república federal6. Estalou o movemento cantonalista. Declararon a súa independencia Cataluña, Málaga, Cartaxena... O movemento foi duramente reprimido polo goberno.

A Restauración:

Volveron a poñer de rei a un Borbón: o fillo de Isabel II, Afonso XII.

Fixeron unha nova constitución. España volvía a ser unha monarquía constitucional, na que a soberanía estaba compartida entre o rei e as cortes, así que de democracia xa nada. Volvían ao liberalismo do reinado de Isabel II.

Os liberais organizaron o poder ao seu antollo. Deixaron fora a todos os partidos que non foran monárquicos e constitucionais (anarquistas7, republicanos8, socialistas9 e nacionalistas10). O poder o alternaban os liberais progresistas (os “liberais”) e os liberais moderados ( os “conservadores”) a través do fraude electoral.

Corrupción electoral: caciquismo e pucheirazo.

O rei decidía primeiro quen ía formar goberno, e logo facían como de quen que había eleccións limpas e que era o pobo o que decidía:

- No campo os caciques, forzaban á xente a votar a quen eles dicían mediante ameazas. Eran persoas moi influentes e poderosas, se o cacique te poñía na lista negra facíanche a vida imposible.

4 Abdicar é como dimitir cando és rei ou raíña.5 República unitaria é unha España sen rei pero toda unida nun só Estado.

6 República federal é unha España sen rei e dividida en estados ( o Estado galego, o Estado Catalán, etc.) que se unen nunha España Federal.7 Anarquistas os daremos máis adiante: non queren poder ningún. Queren que a xente se organice pacíficamente entre si.8 Non queren rei.9 Os socialistas eran demócratas de esquerdas, liderados por Pablo Iglesias. Tamén o daremos.10 Que querían que España fora unha federación de Estados ou ben a independencia dos diferentes territorios de España.

Page 4: Resumo de como chegou o liberalismo a españa para recuperación

- Na cidade, onde os caciques tiñan menos poder, manipulábanse os resultados: o pucheirazo.

Así que acabamos o século con liberalismo, despois dun breve período democrático.