RESUMO EXECUTIVO - Accion contra el Hambre · ou emprendedoras/ empresarias que poida promover as...

64
ESTUDO DE OPORTUNIDADES DE NEGOCIO EN GALICIA 1 RESUMO EXECUTIVO

Transcript of RESUMO EXECUTIVO - Accion contra el Hambre · ou emprendedoras/ empresarias que poida promover as...

Page 1: RESUMO EXECUTIVO - Accion contra el Hambre · ou emprendedoras/ empresarias que poida promover as habilidades da forza laboral e a innovación. En España, segundo os datos publicados,

ESTUDO DE OPORTUNIDADES DE NEGOCIO EN GALICIA

1

RESUMO EXECUTIVO

Page 2: RESUMO EXECUTIVO - Accion contra el Hambre · ou emprendedoras/ empresarias que poida promover as habilidades da forza laboral e a innovación. En España, segundo os datos publicados,

ESTUDO DE OPORTUNIDADES DE NEGOCIO EN GALICIA

2

Page 3: RESUMO EXECUTIVO - Accion contra el Hambre · ou emprendedoras/ empresarias que poida promover as habilidades da forza laboral e a innovación. En España, segundo os datos publicados,

Denominación: Investigación acerca das oportunidades de negocio en Galicia

Ano: 2017

Realizado por:

Page 4: RESUMO EXECUTIVO - Accion contra el Hambre · ou emprendedoras/ empresarias que poida promover as habilidades da forza laboral e a innovación. En España, segundo os datos publicados,
Page 5: RESUMO EXECUTIVO - Accion contra el Hambre · ou emprendedoras/ empresarias que poida promover as habilidades da forza laboral e a innovación. En España, segundo os datos publicados,

INTRODUCIÓN

1. OBXECTIVOS

2. DESEÑO METODOLÓXICO

3. O CONTEXTO EMPRENDEDOR

3.1. A CONTORNA ECONÓMICA E SOCIAL

3.2. EMPREGO E EMPESA EN CIFRAS

3.3. EMPRENDEMENTO EN CIFRAS

4. ANÁLISE DAS ENTREVISTAS

5. ANÁLISE DOS GRUPOS DE DISCUSIÓN

6. ANÁLISE DA ENQUISA

7. MAPA DE RECURSOS

8. CONCLUSIÓNS XERAIS

9. OPORTUNIDADES DE NEGOCIO EN GALICIA

10. PROPOSTAS DE MELLORA

11. BIBLIOGRAFÍA

Contido7

9

12

14

14

15

20

24

26

29

32

38

43

57

60

Page 6: RESUMO EXECUTIVO - Accion contra el Hambre · ou emprendedoras/ empresarias que poida promover as habilidades da forza laboral e a innovación. En España, segundo os datos publicados,
Page 7: RESUMO EXECUTIVO - Accion contra el Hambre · ou emprendedoras/ empresarias que poida promover as habilidades da forza laboral e a innovación. En España, segundo os datos publicados,

ESTUDO DE OPORTUNIDADES DE NEGOCIO EN GALICIA

7

INTRODUCIÓN

A composición da estrutura social e económica da sociedade galega non é unha constante no tempo, xa que tanto as estruturas sociais como as interaccións económicas son

cambiantes e evolucionan a medida que novas variables entran en xogo.

É por esta razón que Acción Contra a Fame (ACH) presenta este estudo acerca das Oportunidades de Negocio en Galicia tras analizar os cambios da distribución dos recursos dispoñibles de maneira que se poidan xerar accións de desenvolvemento ligados ao emprego, as novas iniciativas de emprendemento e a consolidación do tecido empresarial galego.

Os datos mostran que, trala crise internacional dos últimos anos, os indicadores da economía mundial, española e galega experimentaron un lixeiro crecemento. Sen embargo, esta melloría é moderada xa que existe un cambio estrutural e as desigualdades entre rexións e clases sociais son, cando menos, palpables.

Hai que dicir que se pon o foco en tres comarcas seleccionadas previamente: A Coruña, Santiago e Barbanza, co fin de coñecer de primeira man a realidade dos concellos que as conforman e así programar accións concretas para estes territorios.

Para levalo a cabo, recolleuse información relacionada coa situación empresarial e de posibilidades de emprego das distintas rexións, utilizando tanto fontes secundarias (estudos, informes, bases de datos, etc.) como primarias (enquisa a empresas galegas, entrevistas a axentes clave e grupos de discusión con persoas relevantes das comarcas sinaladas).

O estudo e analise dos datos obtidos permítenos acadar unha idea bastante próxima da situación laboral e empresarial, constatandose que existe unha clara descompensación entre as zonas rurais e urbanas e que os recursos que se estan a ofrecer por parte das entidades públicas e privadas non son suficientes, ou non son percibidos como suficientes polos axentes clave. De feito, algunhas das propostas que veremos no presente estudo céntranse en mellorar a coordinación e a profesionalización dos entes que ofrecen asesoramento laboral e empresarial, fomentando así a mellora das habilidades e competencias tanto de homes como de mulleres.

Por outra banda, existe unha clara preocupación no ambito internacional acerca da situación da muller e o seu desenvolvemento no mundo laboral e empresarial. Para abordar este tema realizouse unha investigación transversal para coñecer cal é a realidade galega e así poder implantar posteriormente medidas ao respecto.

Finalmente, grazas ao proceso investigador, coñécense os sectores en auxe que existen en Galicia e nas diferentes comarcas, aportando unha perspectiva futura tanto para as persoas que implantan proxectos de desenvolvemento local como tamén para as persoas que estan na busca da súa oportunidade laboral e empresarial.

A investigación realizouse durante o segundo semestre do ano 2017.

INTRODUCCIÓN

Page 8: RESUMO EXECUTIVO - Accion contra el Hambre · ou emprendedoras/ empresarias que poida promover as habilidades da forza laboral e a innovación. En España, segundo os datos publicados,

1OBXECTIVOS

Page 9: RESUMO EXECUTIVO - Accion contra el Hambre · ou emprendedoras/ empresarias que poida promover as habilidades da forza laboral e a innovación. En España, segundo os datos publicados,

ESTUDO DE OPORTUNIDADES DE NEGOCIO EN GALICIA

9

1. OBXECTIVOSO obxectivo principal do presente estudo é o de analizar as oportunidades de negocio en Galicia, así como propor un mapa de recursos económicos endóxenos. A tal fin, séguense tres niveis analíticos:

Análise da situación económica e do perfil emprendedor en Galicia

Este primeiro nivel analítico implica a cuantificación, por medio da exploración de fontes de datos secundarios e a obtención de datos primarios, da situación económica e do perfil emprendedor en Galicia.

Análise das oportunidades de negocio en Galicia

Analise das oportunidades de negocio manifestas e latentes en Galicia, así como as dificultades no acceso e a permanencia das mulleres no entorno empresarial.

Detección dos recursos e accións en favor do desenvolvemento económico de Galicia

Investigaranse as accións específicas desenvolvidas por entes públicos e privados en favor da creación e consolidación de empresas, así como as accións específicas para mellorar a presenza das mulleres no entorno empresarial.

Así mesmo, os anteriores niveis analíticos tradúcense nos seguintes obxectivos específicos:

OBXECTIVOS ESPECÍFICOS CONSECUCIÓN

Cuantificar o entorno empresarial en Galicia e nas comarcas de A Coruña, Santiago e Barbanza

Revisión de fontes de datos secundariosCoñecer o perfil emprendedor en Galicia

Coñecer a participación das mulleres no entorno empresarial en Galicia

Analizar as oportunidades de negocio en España e en Galicia Fontes documentais

Coñecer as características das empresas que contan con postos de traballo en Galicia, e, sobre todo nas comarcas de: A Coruña, Santiago de Compostela e Barbanza

EnquisaCoñecer as opinións do empresariado sobre os obstaculos e as medidas a desenvolver en relación co acceso do equipo humano nas entidades

Pescudar sobre as propostas para mellorar a consolidación de empresas na súa zona ou comarca

OBXECTIVOS

Page 10: RESUMO EXECUTIVO - Accion contra el Hambre · ou emprendedoras/ empresarias que poida promover as habilidades da forza laboral e a innovación. En España, segundo os datos publicados,

ESTUDO DE OPORTUNIDADES DE NEGOCIO EN GALICIA

10

Valorar a situación socio – económica, de futuro de Galicia e das diferentes comarcas e oportunidades de desenvolvemento da mesma

Entrevistas en profundidade / grupos de discusión

Pescudar sobre a situación do emprego nas empresas da comarca, a participación das mulleres en relación coas oportunidades laborais e empresariais

Pescudar as accións que desde o punto de vista das persoas participantes poderíanse desenvolver para mellorar a presenza da muller no tecido empresarial

Pescudar as medidas que desde o ambito público e privado estan a levarse a cabo en materia de creación de empresas

Propor melloras que, desde o punto de vista das informantes clave, sería necesario introducir para facilitar a creación de empresas e incremento do mercado laboral

Conclusións da analise cuantitativa e cualitativa

OBXECTIVOS

Page 11: RESUMO EXECUTIVO - Accion contra el Hambre · ou emprendedoras/ empresarias que poida promover as habilidades da forza laboral e a innovación. En España, segundo os datos publicados,

2DESEÑO METODOLÓXICO

Page 12: RESUMO EXECUTIVO - Accion contra el Hambre · ou emprendedoras/ empresarias que poida promover as habilidades da forza laboral e a innovación. En España, segundo os datos publicados,

ESTUDO DE OPORTUNIDADES DE NEGOCIO EN GALICIA

12

2. DESEÑO METODOLÓXICOEste estudo baséase nun deseño que consiste nunha combinación de métodos de investigación na medición dun mesmo fenómeno. Así, conxugaronse datos procedentes de fontes diversas, complementando datos cuantitativos e datos cualitativos. A decisión de integrar métodos de natureza cuantitativa e cualitativa radica nun afan de complementariedade.

Aínda que os datos cuantitativos permiten esbozar unha primeira imaxe das oportunidades de negocio e das características das empresas que estan en Galicia, a metodoloxía cualitativa sacara a luz aspectos de natureza subxectiva que modelan as oportunidades reais neste ambito de actuación. Trala recompilación de datos primarios a través dunha enquisa, desenvólvese unha analise cualitativa mediante as técnicas da entrevista en profundidade semi-estruturada e grupos de discusión.

ANÁLISE EN DATOS

20 fontes secundarias analizadas (estudos, informes, bases de datos, etc.)

67 empresas enquisadas

18 persoas entrevistadas

2 grupos de discusión

DESEÑO METODOLÓXICO

Page 13: RESUMO EXECUTIVO - Accion contra el Hambre · ou emprendedoras/ empresarias que poida promover as habilidades da forza laboral e a innovación. En España, segundo os datos publicados,

3O CONTEXTOEMPRENDEDOR

Page 14: RESUMO EXECUTIVO - Accion contra el Hambre · ou emprendedoras/ empresarias que poida promover as habilidades da forza laboral e a innovación. En España, segundo os datos publicados,

ESTUDO DE OPORTUNIDADES DE NEGOCIO EN GALICIA

14

3. O CONTEXTO EMPRENDEDOR

1. A CONTORNA ECONÓMICA E SOCIAL

Ámbito Internacional e estatal

Segundo o resumo executivo “Situación y perspectivas de la economía mundial 2017” das Naciones Unidas, a situación da economía mundial permanece nun prolongado período de baixo crecemento. Os prognósticos seguen sendo positivos con crecementos dun 2,7% e un 2,9%, no 2017 e 2018, respectivamente, aínda que é mais unha sinal de estabilización económica que un signo dunha recuperación robusta e sostida da demanda global.

Para situar novamente a economía global nunha traxectoria de crecemento mais saudable no medio prazo, requírense políticas activas sobre o mercado laboral, regulación e incentivos financeiros eficaces, investimentos en educación e na capacitación das persoas traballadoras ou emprendedoras/ empresarias que poida promover as habilidades da forza laboral e a innovación.

En España, segundo os datos publicados, espérase unha evolución positiva en todos os sectores; marcado este crecemento especialmente polos sectores do turismo, servizos, industria, o sector agrario e a construción.

Así mesmo, tanto en España como no resto dos países europeos son moi preocupantes as altas taxas de envellecemento da poboación, que leva consigo o envellecemento dos cadros de persoal, así como a perda de poboación, especialmente nas zonas rurais, pola falta de substitución xeracional.

En Galicia

Segundo os datos recollidos do Informe Ardan 17 Galicia, pode comprobarse que Galicia pecha unha década de inestabilidade económica con taxas de crecemento moi por encima da media europea, o que permitira recuperar os niveis de xeración de riqueza (PIB) previos a crise neste ano 2017. Este crecemento ben marcado polo bo comportamento nas exportacións relacionadas coa automoción, téxtil, servizos, comercio, loxística, etc.

O CONTEXTO EMPRENDEDOR

Page 15: RESUMO EXECUTIVO - Accion contra el Hambre · ou emprendedoras/ empresarias que poida promover as habilidades da forza laboral e a innovación. En España, segundo os datos publicados,

ESTUDO DE OPORTUNIDADES DE NEGOCIO EN GALICIA

15

Crecemento económico de Galicia (taxas interanuais)

Fonte: Ardan 17 Galicia

-0,6

0,7

3,63,8

3,43,2

0,3

-1,8

2013 2014 2015 2016

PIB real

PIB nominal

2. EMPREGO E EMPRESA EN CIFRASEmprego e empresa en España e Galicia

España

Segundo os datos proporcionados polo Ministerio de Empleo y Seguridad Social (MEySS) sobre as empresas inscritas na Seguridade Social en novembro de 2017, había case tres millóns de empresas en España, das cales o 54% o representan persoas autónomas sen persoal asalariado, seguidas dun 39,8% constituidas por microempresas de ata 9 persoas asalariadas.

O CONTEXTO EMPRENDEDOR

Page 16: RESUMO EXECUTIVO - Accion contra el Hambre · ou emprendedoras/ empresarias que poida promover as habilidades da forza laboral e a innovación. En España, segundo os datos publicados,

ESTUDO DE OPORTUNIDADES DE NEGOCIO EN GALICIA

16

Empresas inscritas na Seguridade Social en novembro 2017 (uds, %)

Tasa de variación %

Empresas por tamaño Nº de empresas Intermensual Interanual

Persoas autónomas (sen asalariados/as) 1.542.725 -0,04%

Microempresas (1-9 asalariados/as) 1.135.211 0,37% 0,86%

Pequenas (10-49 asalariados/as) 148.408 0,70% 4,94%

Medianas (50-249 asalariados/as) 23.588 0,07% 5,52%

PEMES (1-249 asalariados/as) 1.307.207 0,40% 1,39%

Grandes (250 ou mais asalariados/as) 4.541 0,87% 5,75%

Empresas con asalariados/as 1.311.748

Total empresas 2.854.473 0,62%

Fonte: MEySS

En canto a empregabilidade por sectores, claramente o sector Servizos é o que acapara gran parte do emprego no ámbito estatal (75%), seguido moi de lonxe pola industria (15%).

Persoas traballadoras por sectores febreiro 2017 (%)

Fonte: MEySS

Crecemento económico en Galicia

As provincias de A Coruña e Pontevedra acaparan o maior número de empresas (37,82% e 36,26%, respectivamente) as cales obteñen o groso dos resultados económicos (56,37% e 30,81%, respectivamente). Estes datos corroboran a importancia do eixe atlántico como motor económico da CC.AA. de Galicia.

SERVIZOS (75%)INDUSTRIA (15%) AGRARIO (4%)CONSTRUCCIÓN (6%)

O CONTEXTO EMPRENDEDOR

Page 17: RESUMO EXECUTIVO - Accion contra el Hambre · ou emprendedoras/ empresarias que poida promover as habilidades da forza laboral e a innovación. En España, segundo os datos publicados,

ESTUDO DE OPORTUNIDADES DE NEGOCIO EN GALICIA

17

Distribución provincial por empresas, ingresos explotación e valor engadido bruto no ano 2015 (Mill. Euros, Euros, uds)

Fonte: Ardan 17 Galicia

Os sectores que xeran máis emprego son: “Comerciantes polo miúdo de pezas de vestir e complementos”, seguido de “Supermercados e hipermercados”.

Ranking de sectores en xeración de emprego en Galicia (2015, uds)Fonte: Ardan 17 Galicia

Galicia

Pontevedra

Ourense

Lugo

A Coruña

17.361,68€

18.235€

74.798,34€

4.699,13€

23.041,84€

6.976€

1.015,95€

5.082,08€

1.925€

1.001,53€

4.511,11€

2.436€

10.645,25€

42.163,31€

6.897€

Valor Engadido Bruto mill. Euros

Ingresos explotación mill. Euros

Empresas nº

101

5000 1.000 1.500 2.000 2.500

103

106

119123

126144146151

171172191197221227269273353394

477483525

615620

9071.240

2.188Comerciantes polo miúdo de pezas de vestir e...

Axencias de emprego e colocación (Rk 13)

Transporte de mercancías por estrada (Rk 5)

Servizos técnicos de enxeñería (Rk 10)

Fontanería, calefacción e aire acondicionado (Rk 21)

Construcción de edificios (Rk 3)

Hoteis (Rk 25)

Fabricación de compoñentes, pezas e accesorios (Rk 9)

Actividades de seguridade e investigación (Rk 62)

Almacenistas de peixes e mariscos (Rk 11)

Mercerías e outros produtos textiles (Rk 38)

Recollida e xestión de residuos (Rk 72)

Fabricación de cemento, cal, yeso e os seus elementos...

Outras actividades profesionais e científicas...

O CONTEXTO EMPRENDEDOR

Page 18: RESUMO EXECUTIVO - Accion contra el Hambre · ou emprendedoras/ empresarias que poida promover as habilidades da forza laboral e a innovación. En España, segundo os datos publicados,

ESTUDO DE OPORTUNIDADES DE NEGOCIO EN GALICIA

18

Rendabilidade económica por sistemas produtivos (2015, %)

Fonte: Ardan 17 Galicia

Loxística e transporte

Electricidade, enerxía e auga

Saúde e asistencia social

Naval

Produtos químicos e derivados

Pesca

Industria auxiliar

Maquinaria e equipo

Información e coñecemento

Agroalimentario

Servizos profesionais

GALICIA

Madeira e mobles

Turismo, viaxes e lecer

Automoción e equipo

Artigos de consumo

Textil, confección e moda

Construcción

Rocas ornamentais

5,66%

5,61%

5,38%

5,36%

4,39%

4,09%

3,69%

3,36%

3,20%

2,82%

2,81%

2,73%

2,61%

2,33%

2,25%

2,01%

1,98%

1,85%

1,15%

0% 1% 2% 3% 4% 5% 6%

O CONTEXTO EMPRENDEDOR

Page 19: RESUMO EXECUTIVO - Accion contra el Hambre · ou emprendedoras/ empresarias que poida promover as habilidades da forza laboral e a innovación. En España, segundo os datos publicados,

ESTUDO DE OPORTUNIDADES DE NEGOCIO EN GALICIA

19

Análise das comarcas do estudo

Na clasificación comarcal galega, segundo a xeración do VEB (Valor Engadido Bruto) A Coruña ocupa o primeiro posto, seguida de Santiago de Compostela e, por último, en octava posición a comarca de Barbanza.

Ranking das 15 comarcas máis relevantes por xeración do VEB no 2015 (Posición, %)

nº empresas ingresos VEB emprego poboación

A Coruña 2 1 1 1 2

Vigo 1 2 2 2 1

Santiago 3 4 3 3 3

Ourense 4 3 4 4 5

Lugo 5 8 5 6 7

Pontevedra 6 5 6 5 6

Ferrol 8 7 7 8 4

Barbanza 9 9 8 9 11

Betanzos 20 6 9 10 16

O Salnés 7 10 10 7 8

O Morrazo 11 11 11 11 9

Ordes 16 13 12 14 17

Bergantiños 10 14 13 12 10

Valdeorras 0 17 14 15 23

O Baixo Miño 12 0 15 13 12

15 comarcas 76,85% 90,13% 91,52% 87,51% 73,60%

Fonte: Ardan 17 Galicia

A comarca da Coruña xerou o 45,89% do VEB total galego e a de Vigo concentrou o 18,21%. Santiago, Ourense e Lugo situadas en terceiro, cuarto e quinto lugar, respectivamente, tiveron valores do VEB inferiores ao 6% do total de Galicia.

A comarca de A Coruña destaca pola riqueza comarcal xerada pola sociedade INDUSTRIA DE DISEÑO TEXTIL, S.A. En Santiago, a xeración da riqueza da comarca é por parte de Fabricación de chapas e taboleiros de madeira FINANCIERA MADERERA, S.A. ( grupo FINSA ) que xera ela soa practicamente o 100% do VEB comarcal do sector e o 99,81% do emprego da comarca de Santiago, colocandose, deste xeito, como líder comarcal en canto a xeración de emprego no período de analise 2015.

En derradeiro lugar, a comarca do Barbanza, xerou o 1,88% do VEB total galego. Isto supón situarse no posto número 8 do total das 53 comarcas de Galicia. A pesca, a industria conserveira e o turismo (Mancomunidade Arousa Norte) abranguen os sectores de xeración de riqueza.

O CONTEXTO EMPRENDEDOR

Page 20: RESUMO EXECUTIVO - Accion contra el Hambre · ou emprendedoras/ empresarias que poida promover as habilidades da forza laboral e a innovación. En España, segundo os datos publicados,

ESTUDO DE OPORTUNIDADES DE NEGOCIO EN GALICIA

20

3. EMPRENDEMENTO EN CIFRASÁmbito nacional

Se analizamos a Taxa de Actividade Emprendedora (Total Entrepreneurial Activity- TEA) española e galega a escala internacional, vemos a situación de ambas economías fronte a outros países, clasificados de acordo co seu nivel de desenvolvemento polo World Economic Forum (WEF). Ambas localízanse no grupo de países cuxo crecemento se basea na innovación, e cuxos valores son similares a outros países europeos.

Taxa de Actividade Emprendedora española e galega a escala internacional (%)

Fonte: Informe Executivo 2015 - Informe Mundial GEM (Global Entrepreneurship Monitor)

Canada

Australia

Israel

Eslovaquia

Irlanda

Puerto Rico

Taiwan

Suecia

Grecia

Bélgica

España

Galicia

Alemania

Líbano

Colombia

Barbados

Brasil

Guatemala

Uruguay

Tailandia

Panama

Túnez

Sudafrica

Croacia

Macedonia

Bulgaria

Senegal

Burkina Faso

Filipinas

Iran

India

14,7213,14

12,79

11,8811,82

10,18

9,649,499,33

9,258,48

7,31

7,37,217,16

6,936,75

6,596,24

5,915,75,7

5,665,514,87

4,7

30,15

33,56

25,93

22,6722,22

21,01

21,01

20,98

17,74

17,71

17,67

14,29

14,11

13,74

12,84

12,8

10,83

10,13

9,21

9,19

7,92

7,69

7,39

6,11

4,443,46

2,93

39,5533,23

29,7525,37

17,16

13,65

12,93

11

10,83

O CONTEXTO EMPRENDEDOR

Page 21: RESUMO EXECUTIVO - Accion contra el Hambre · ou emprendedoras/ empresarias que poida promover as habilidades da forza laboral e a innovación. En España, segundo os datos publicados,

ESTUDO DE OPORTUNIDADES DE NEGOCIO EN GALICIA

21

Analizada a información recollida en materia de políticas gobernamentais (España 3,1% vs. Europa 2,9%), a maioría dos elementos do ecosistema emprendedor español están por baixo da valoración media dos países europeos participantes en 2016.

En concreto, as valoracións mais baixas obsérvanse en:

• Educación en etapa escolar (1,7 vs. 2,0%)• Políticas gobernamentais de apoio ao emprendemento (1,9 vs. 2,6%) • Políticas orientadas a redución da burocracia/impostos (2,0 vs. 2,5%) • Financiamento para emprendedores (2,2 vs. 2,9%)• Dinamismo do mercado interno (2,7 vs. 2,8%)• Educación en etapa postescolar (2,2 vs. 2,9%)• Acceso a infraestrutura física e de servizos (3,5 vs. 4,0%)

En Galicia

Segundo o Informe Executivo Galicia 2015. GEM (Global Entrepreneurship Monitor),a situación da contorna para emprender en Galicia é a seguinte:

• Oportunidades para emprender: O 21,02% das persoas enquisadas no estudo perciben boas oportunidades para emprender en Galicia.

• Habilidades e coñecementos para emprender: O 44,88% das persoas enquisadas no estudo afirma posuír habilidades e coñecementos para emprender en Galicia.

• Intencionalidade emprendedora: Respecto da poboación en xeral, as persoas emprendedoras galegas manifestan un menor temor ao fracaso, afirman ter capacidade para explotar unha idea de negocio, e identifican en maior medida oportunidades de negocio na contorna.

• A porcentaxe de emprendedores/as que coñece a algún outro emprendedor/a incrementouse en 2015, mentres que se reduciu entre a poboación en xeral.

• Descende o número de emprendedores que cesou a súa actividade mercantil.

En Galicia implantanse mais proxectos de creación de empresa preto das cidades e é unha tendencia que amplía a brecha aínda mais entre as distintas localizacións xeograficas.

O CONTEXTO EMPRENDEDOR

Page 22: RESUMO EXECUTIVO - Accion contra el Hambre · ou emprendedoras/ empresarias que poida promover as habilidades da forza laboral e a innovación. En España, segundo os datos publicados,

ESTUDO DE OPORTUNIDADES DE NEGOCIO EN GALICIA

22

Implantación en contorna rural ou urbana do emprendedor/a segundo a fase do proceso (%, 2014-2015)

ImplantaciónEmprendedor/a

potencialEmprendedor/a

nacenteEmprendedor/a

novo/aEmprendedor/a

incipienteEmprendedor/aconsolidado/a

Emprendedor/aque abandonou

2014 2015 2014 2015 2014 2015 2014 2015 2014 2015 2014 2015

Urbano 86% 92% 86% 87% 83% 86% 84% 86% 78% 81% 81% 83%

Rural 14% 8% 14% 13% 17% 14% 16% 14% 22% 19% 19% 17%

Fonte: Informe Executivo Galicia 2015. GEM (Global Entrepreneurship Monitor)

En Galicia - Muller vs Home

A posición do TEA (tendencia á alza da actividade emprendedora ) feminino na comunidade autónoma galega segue sendo inferior á media española (4,62 en Galicia fronte ao 5,02 en España). Deste xeito, Galicia mantén a súa posición como novena comunidade autónoma con maior TEA feminino no ano 2015, e a oitava con maior diferencial positivo entre homes e mulleres, cunha diferenza de 1,78 puntos fronte ao 1,35 da media española. Só Asturias e Estremadura manteñen un diferencial negativo, con maior número de emprendedoras que emprendedores no ano 2015.

Evolución do TEA en función do sexo (2005-2015, %)

Fonte: Informe Executivo Galicia 2015. GEM (Global Entrepreneurship Monitor)

O CONTEXTO EMPRENDEDOR

MULLER

TOTAL

2005 2006 2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015

5,605,94

7,64

7,49

4,69

3,12

4,745,13

4,11

3,92

5,51

6,40

4,17

4,80

5,795,39

3,99

6,13

8,13

8,97

6,826,68

4,21

5,23

6,326,88

3,27

2,26

4,084,49

3,423,68

4,62

HOME

Page 23: RESUMO EXECUTIVO - Accion contra el Hambre · ou emprendedoras/ empresarias que poida promover as habilidades da forza laboral e a innovación. En España, segundo os datos publicados,

4ANÁLISE DAS ENTREVISTAS

Page 24: RESUMO EXECUTIVO - Accion contra el Hambre · ou emprendedoras/ empresarias que poida promover as habilidades da forza laboral e a innovación. En España, segundo os datos publicados,

ESTUDO DE OPORTUNIDADES DE NEGOCIO EN GALICIA

24

4. ANÁLISE DAS ENTREVISTASNeste apartado preséntase as conclusións das 18 entrevistas realizadas no estudo, das que 7 foron a homes e 11 estiveron respondidas por mulleres.

Éstas analízanse a través da segmentación dos obxectivos establecidos en 4 tematicas específicas:

1.- Situación socio-económica de Galicia.2.- Oportunidades de negocio.3.- Medidas para apoiar a creación de oportunidades de negocio. 4.- Propostas de mellora.

As principais conclusións extraídas, segundo as tematicas sinaladas anteriormente, son:

Situación da economía galega:Segundo a opinión da maioría das persoas entrevistadas, nestes últimos anos a economía galega:

A) Experimentou un crecemento positivo moderado, aínda que non repercutiu na mesma medida no consumo interno.B) Indícase unha zona económica moi diferenciada na xeografía galega, situandoa no eixe atlantico, e marcando unha importante brecha co menor desenrolo das zonas rurais, nas que tamén se diagnostican menos oportunidades de creación de empresa.C) Percíbese ademais unha dependencia das empresas “tractoras” (téxtil, automoción e madeireira) como aquelas que mobilizan o emprego e a creación de empresas auxiliares.

• Os principais sectores en auxe:Turismo, servizos, restauración, terceira idade, novas tecnoloxías, agroalimentación.

• Perfil da persoa emprendedora: entre 35 e 45 anos, con experiencia por conta allea previa e que deciden abrir unha nova vía para vivir.

• Principais necesidades detectadas:- É necesaria a formación en habilidades e destrezas, como pode ser o traballo en equipo, a comunicación, as dotes comerciais, e a xestión e dirección en xeral.- Centralización e unificación dos entes que ofrecen asesoramento as persoas emprendedoras.

• Principais propostas de mellora:- Mellorar a financiación, tanto para pemes que estean a comezar, como para empresas xa consolidadas.- Simplificar os procedementos por parte da Administración: para a constitución e a supervivencia/consolidación das empresas, impulsar a teletramitación e a coordinación interadministrativa.- Melloras fiscais en cota de autónomos e seguridade social de empregados.

ANÁLISE DAS ENTREVISTAS

Page 25: RESUMO EXECUTIVO - Accion contra el Hambre · ou emprendedoras/ empresarias que poida promover as habilidades da forza laboral e a innovación. En España, segundo os datos publicados,

5ANÁLISE DOS GRUPOSDE DISCUSIÓN

Page 26: RESUMO EXECUTIVO - Accion contra el Hambre · ou emprendedoras/ empresarias que poida promover as habilidades da forza laboral e a innovación. En España, segundo os datos publicados,

ESTUDO DE OPORTUNIDADES DE NEGOCIO EN GALICIA

26

5. ANÁLISE DOS GRUPOS DE DISCUSIÓNEstes grupos de discusión tiveron lugar en dúas localizacións distintas:

1) En A Coruña, con axentes e entidades desta comarca.

2) En Santiago, con axentes das comarcas de Santiago e Barbanza.

A analise preséntase organizada seguindo as mesmas tematicas que as establecidas anteriormente nas entrevistas.

AS PRINCIPAIS CONCLUSIÓNS SON:

Situación da economía Galega:Recóllese unha percepción de certo optimismo, se ben existe un cambio de ciclo económico no que a nova economía non xerara emprego de masas.

Apúntanse dous conceptos importantes: acomodarse a situación precaria (ou adaptación as circunstancias) e o estancamento na situación, sobre todo nas zonas rurais, onde non se perciben tantas oportunidades laborais ou de creación de empresa como en perímetros urbanos.

Tamén se fai énfases na importancia do eixe atlantico e as empresas instaladas nas principais cidades galegas: A Coruña, Vigo e Santiago de Compostela. Grazas a eses emprazamentos, os concellos limítrofes benefícianse do movemento económico xerado.

Apunte tamén destacable a dependencia que se detecta da economía galega ao sector de emprego público.

Existe tamén una clara diferencia entre a contorna urbana e o rural: a primeira mais desenvolvida e con mais recursos, e o medio rural con menos oportunidades, tanto en iniciativas como en posibilidades reais de creación de empresa.

Perfil en “busca de emprego”O perfil de persoas que estan en busca de emprego é moi dispar e depende en moitos casos do seu lugar de procedencia. Dende xente preparada e cualificada ata persoas que case non teñen estudos. Maior cualificación técnica nas principais urbes.

Problemáticas detectadasDetéctanse dificultades para a inserción laboral en maiores de 45 anos, de baixa cualificación. No caso da muller, a idade diminúe aos 30-35 anos (pola maternidade). A dificultade radica non só na falta de formación, se non na problematica que supón quedarse obsoleta para as profesións futuras.

ANÁLISE DOS GRUPOS DE DISCUSIÓN

Page 27: RESUMO EXECUTIVO - Accion contra el Hambre · ou emprendedoras/ empresarias que poida promover as habilidades da forza laboral e a innovación. En España, segundo os datos publicados,

ESTUDO DE OPORTUNIDADES DE NEGOCIO EN GALICIA

27

Outro foco de preocupación da inserción: poboación nini e xoves sen ningún tipo de formación. A esta problematica súmase, para esta xeración, a incerteza de cara ao futuro de poder cambiar a creación de emprego precario.

Nesta problematica detectada, tamén é preciso referirse a brecha nas oportunidades de emprego entre homes e mulleres, a pesar de que os distintos indicadores amosen unha redución desas diferencias.

Perfil da persoa emprendedoraO perfil emprendedor é moi heteroxéneo, tanto pola súa motivación para emprender (oportunidade vs necesidade, ou falso emprendedor), como polas distintas actividades que se queren desenvolver; aínda que se apunta cara un incremento do emprendemento por oportunidade, fronte ó ciclo anterior marcado polo emprendemento por necesidade.

Principais sectores en auxeTurismo, servizos, restauración, terceira idade, novas tecnoloxías, alimentación e o primario (pesca, gandería e agricultura).

Principais propostas de mellora1) Mellorar a cultura emprendedora no sistema educativo.2) Centralización de entidades con única información.3) Mellorar a financiación da creación de empresa.4) Facer un esforzo especial na consolidación empresarial e na segunda oportunidade.5) Axilizar os tramites administrativos.6) Melloras fiscais para as empresas.

ANÁLISE DOS GRUPOS DE DISCUSIÓN

Page 28: RESUMO EXECUTIVO - Accion contra el Hambre · ou emprendedoras/ empresarias que poida promover as habilidades da forza laboral e a innovación. En España, segundo os datos publicados,

6ANÁLISE DAENQUISA

Page 29: RESUMO EXECUTIVO - Accion contra el Hambre · ou emprendedoras/ empresarias que poida promover as habilidades da forza laboral e a innovación. En España, segundo os datos publicados,

ESTUDO DE OPORTUNIDADES DE NEGOCIO EN GALICIA

29

6. ANÁLISE DA ENQUISARepresentación das 67 respostas obtidas:

*41 empresas con centro de traballo principal na provincia de A Coruña (61,19%);

*16 son de empresas na provincia de Pontevedra (23,88%); *7 empresas na provincia de Lugo (10,44%)

*3 na provincia de Ourense (4,47%).

Por cidades, a maior representación de respostas é do concello da Coruña, o 22,38%, seguido de Santiago de Compostela, cunha porcentaxe do 13,43% de empresas localizadas nesta area metropolitana.

Das persoas que participaron na enquisa:

SITUACIÓN LABORAL: ocupando cargos en mais da metade dos casos de Dirección ou Xerencia (58,20%).

PERFIL DAS EMPRESAS: tratase de empresas que estan situadas un 61,19% na provincia de A Coruña.

53,7%46,3%

MullerHome

Menos de 20 anos

Entre 20 e 29 anos

Entre 30 e 45 anos

De 46 ou mais anos

31,3%

7,5%

61,2%

Sexo Idade

ANÁLISE DA ENQUISA

Page 30: RESUMO EXECUTIVO - Accion contra el Hambre · ou emprendedoras/ empresarias que poida promover as habilidades da forza laboral e a innovación. En España, segundo os datos publicados,

ESTUDO DE OPORTUNIDADES DE NEGOCIO EN GALICIA

30

ESTAS EMPRESAS SON:

40,3% empresas consolidadas con mais de 20 anos de antigüidade

Mais do 65% son empresas que contan con menos de 10 traballadores e traballadoras.

Dentro do seu persoal tamén hai diferenzas canto a sexo, habendo unha menor representación feminina, no 59,7% das empresas enquisadas non hai mulleres.

Seguindo coas características do persoal das empresas que participaron na enquisa, pódese dicir que o persoal se sitúa nunha franxa de idade comprendida entre os 30 e os 45 anos cun nivel de estudos fundamentalmente universitario. A modalidade de contrato en máis do 55% dos casos, é indefinido e a xornada máis habitual é a Tempo Completo.

Atopamos unha importante diferencia entre homes e mulleres, sendo no caso dos homes mais dun 70% os que teñen unha xornada completa, fronte ó 58% das mulleres.

En canto a distribución das persoas nas diferentes areas da empresa atopamos que pola tipoloxía de microempresas carecen de areas como I+D, Recursos Humanos e Loxística, en dúas terceiras partes das enquisadas.

Afondando na posición das mulleres nas empresas enquisadas atopamos unha altísima participación de mulleres en niveis directivos, presentes no 73,14% das mesmas.

Se falamos de obstáculos que dificultan o aumento nos cadros de persoal destas empresas enquisadas, en máis da metade dos casos, sinalan a Escasa Facturación.

Lanzan como propostas dúas accións prioritarias:

Desenrolo de Programas de Financiación específicos da actividade

Programas de Consolidación de Empresas

ANÁLISE DA ENQUISA

Page 31: RESUMO EXECUTIVO - Accion contra el Hambre · ou emprendedoras/ empresarias que poida promover as habilidades da forza laboral e a innovación. En España, segundo os datos publicados,

7MAPA DE RECURSOS

Page 32: RESUMO EXECUTIVO - Accion contra el Hambre · ou emprendedoras/ empresarias que poida promover as habilidades da forza laboral e a innovación. En España, segundo os datos publicados,

ESTUDO DE OPORTUNIDADES DE NEGOCIO EN GALICIA

32

7. MAPA DE RECURSOSA metodoloxía para desenvolver o mapa de recursos foi:

1. Entidades públicas mais relevantes de ambito global en Galicia: IGAPE, Xunta de Galicia, AGADER, GAC, Puntos PAE, Deputacións provinciais.

2. Recursos públicos e privados dos concellos correspondes as comarcas de A Coruña, Santiago de Compostela, A Barbanza.

3. Recursos públicos e privados das cidades mais relevantes de Galicia non incluídas nas comarcas antes mencionadas: Pontevedra, Vigo, Lugo e Ourense.

A continuación móstranse as comarcas e as cidades mediante códigos de cores:

Comarcas de estudo

Cidades máis relevantes de GaliciaFonte: Galicia enteira e elaboración propia

MAPA DE RECURSOS

Page 33: RESUMO EXECUTIVO - Accion contra el Hambre · ou emprendedoras/ empresarias que poida promover as habilidades da forza laboral e a innovación. En España, segundo os datos publicados,

ESTUDO DE OPORTUNIDADES DE NEGOCIO EN GALICIA

33

En canto a recompilación dos recursos existentes tanto nas comarcas escollidas para o estudo como nas cidades relevantes, recorreuse aos seguintes criterios:

• Analise dos servizos de fomento da empregabilidade, creación e consolidación de empresas de cada un dos concellos pertencentes as comarcas de A Coruña, Santiago de Compostela e Barbanza.• Analise dos Puntos de Atención ao Emprendemento (PAE) existentes en cada concello.• Recompilación dos recursos ofrecidos polos concellos das principais urbes galegas ou capitais das provincias.• Mención das entidades que promoven accións para a mellora da empregabilidade e do tecido empresarial.

Indicamos neste resume executivo os principais entes públicos de Galicia, así como o resumo dos entes das comarcas foco do estudo. O mapa íntegro de recursos pódese consultar no estudo.

1. Entidades máis relevantes de ámbito global en Galicia: IGAPE, Xunta de Galicia, AGADER, GAC, Puntos PAE, Deputacións provinciais.

1.- Instituto Galego De Promoción Económica (IGAPE)www.igape.es Tel. 902 300 903 / 981 541 147

O Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) é a axencia adscrita á Consellería de Economía, Emprego e Industria, para o desenrolo económico de Galicia.

Entre os seus principais recursos esta o Asesoramento ó Emprendedor, Servizos de Internacionalización, Programas de Mentorización e Subvencións.

O IGAPE ten oficinas territoriais en: Ferrol, A Coruña, Vigo, Lugo, Pontevedra e Ourense.

2.- Xunta De Galicia - Empregohttp://emprego.xunta.es

A través do Servicio Público de Emprego pódese acceder ó Portal de Emprego, no que se ofrecen servizos para ofertantes e demandantes, así como de formación.

MAPA DE RECURSOS

Page 34: RESUMO EXECUTIVO - Accion contra el Hambre · ou emprendedoras/ empresarias que poida promover as habilidades da forza laboral e a innovación. En España, segundo os datos publicados,

ESTUDO DE OPORTUNIDADES DE NEGOCIO EN GALICIA

34

3.- Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER)Paxina web: http://agader.xunta.gal/gl/agader

A Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER) é un ente público da Xunta de Galicia que promove e coordina o desenvolvemento rural en Galicia. Este desenvolvemento ten como finalidade mellorar a calidade e condicións de vida dos/das habitantes do medio rural ao tempo que contribúe a cohesión do territorio galego.

4.- Grupos De Acción Costeira (GAC) Paxina web: http://www.accioncosteira.es

Os GAC son grupos de entidades sen ánimo de lucro de caracter supramunicipal de cooperación e compromiso, que estan formados por distintos axentes tanto públicos como privados da zona, con especial protagonismo dos pertencentes e relacionados co mundo pesqueiro. Teñen por obxetivo o desenvolvemento local e o fortalecemento da capacidade organizativa do sector pesqueiro, a estimulación da innovación e unha diversificación para os profesionais do mar, buscando a continuidade e estabilidade sostible.

5.- Puntos de Atención ao Emprendedor (PAE)Paxina web: http://portal.circe.es

Galicia conta con case 200 puntos PAE localizados nas catro provincias, tendo un maior número nas principais cidades. O desglose por provincias é o seguinte:• A Coruña: 87• Pontevedra: 65• Lugo: 13• Ourense: 32

6.- Deputacións provinciaisAs deputacións provinciais son os órganos de goberno das provincias e a súa labor consiste en administras os intereses e asegurar a prestación integral e convinte dos servizos públicos de competencia municipal en todo o territorio da provincia.

As entidades destinatarias son: concellos, entidades públicas e privadas.

Galicia conta con catro administracións para a xestión e presentación de proxectos.• https://www.dicoruna.es• http://www.deputacionlugo.org • https://www.depo.es• http://www.depourense.es

MAPA DE RECURSOS

Page 35: RESUMO EXECUTIVO - Accion contra el Hambre · ou emprendedoras/ empresarias que poida promover as habilidades da forza laboral e a innovación. En España, segundo os datos publicados,

ESTUDO DE OPORTUNIDADES DE NEGOCIO EN GALICIA

35

2. Recursos públicos e privados dos concellos correspondentes ás comarcas de A Coruña, Santiago e A Barbanza

Unha vez analizados os principais recursos de entes públicos, móstrase unha analise mais detallada das comarcas foco deste estudo, e de cada un dos concellos que as integran.

Fonte: AGADER

COMARCA DE A CORUÑA

A Coruña

Arteixo

Culleredo

Sada

Cambre

Oleiros

Bergondo

Abegondo

Carral

COMARCA DE SANTIAGO

Santiago de Compostela

Teo

Val do Dubra

Vedra

Ames

Boqueixón

Brión

COMARCA DE BARBANZA

Pobra do Caramiñal

Boiro

Ribeira

Rianxo

MAPA DE RECURSOS

Page 36: RESUMO EXECUTIVO - Accion contra el Hambre · ou emprendedoras/ empresarias que poida promover as habilidades da forza laboral e a innovación. En España, segundo os datos publicados,

ESTUDO DE OPORTUNIDADES DE NEGOCIO EN GALICIA

36

Esquema do Mapa de Recursos

Concellos PAEpúblicos

PAEprivados web do Concello Promoc.

EconómicaÁrea de

EmpregoÁrea de

EmprenderÁrea de

Subvencións

Asoc.emprego e empresa

CO

MAR

CA

DE

A C

ORU

ÑA

A Coruña 5 23 coruna.gal Si Si Si Si 12

Arteixo Non 2 arteixo.org Si Si Si Si 2

Culleredo Non 1 culleredo.es Si Si Si Si 1

Sada Non Non concellodesada.com Non Si Si Si 2

Cambre Non 3 ww3.cambre.es Si Si Si Non 1

Oleiros Non Non oleiros.org Si Si Si Non Non

Bergondo Non Non bergondo.gal/es Si Si Si Non 1

Carral Non Non carral.es Non Si Si Non Non

Abegondo Non Non abegondo.es Non Non Non Non Non

CO

MAR

CA

DE

SAN

TIAG

O Santiago 5 8 santiagodecompostela.gal Si Si Si Si 10

Teo Non 3 teo.gal Si Si Si Non 4

Val do Dubra Non 1 valdodubra.gal Si Si Si Non 1

Vedra Non Non concellodevedra.com Si Si Si Si 2

Ames Non 3 concellodeames.org Non Si Si Non Non

Boqueixón Non Non boqueixon.com Non Si Si Non Non

Brión Non Non concellodebrion.org Non Si Si Non Non

CO

MAR

CA

DO

BA

RBAN

ZA

Pobra do Caramiñal Non Non apobra.gal Non Si Si Non 4

Boiro 1 Non boiro.gal Non Si Non Non 2

Ribeira Non Non ribeira.es Non Si Si Non 3

Rianxo Non Non concelloderianxo.gal Si Si Non Non 4

Fonte: Elaboración propia

Neste apartado se amosan os principais recursos dos que dispón as diferentes comarcas orientadas ao emprego, empresa e emprendeduría.

As principais conclusións que se obteñen trala recompilación de recursos realizada son:• A comarca de A Coruña é a que posúe de mais recursos para as persoas en busca de emprego ou con proxecto empresarial.• Na maioría dos concellos existen recursos para o desenrolo de accións de emprego e empresa.• Existe unha clara polarización dos recursos nas cidades de A Coruña e Santiago de Compostela fronte aos que pertencen ao medio rural.• Os concellos limítrofes as areas urbanas posúen mais servizos tanto públicos como privados.• En moitos casos os servizos de orientación ao emprego tamén desempeñan labores de asesoramento empresarial, sobre todo nos concellos de menor dimensión.• O número de asociacións en materia de empresa é reducido.

MAPA DE RECURSOS

Page 37: RESUMO EXECUTIVO - Accion contra el Hambre · ou emprendedoras/ empresarias que poida promover as habilidades da forza laboral e a innovación. En España, segundo os datos publicados,

8CONCLUSIÓNS

Page 38: RESUMO EXECUTIVO - Accion contra el Hambre · ou emprendedoras/ empresarias que poida promover as habilidades da forza laboral e a innovación. En España, segundo os datos publicados,

ESTUDO DE OPORTUNIDADES DE NEGOCIO EN GALICIA

38

8. CONCLUSIÓNS8.1 Situación socioeconómica de Galicia

Segundo os datos estatísticos da economía española e galega, existe unha moderada recuperación trala crise dos anos pasados. A opinión das diferentes persoas que participaron nos grupos de discusión reflicte que é evidente que ese crecemento é moderado, incluíndo un cambio de ciclo económico, e que a nova economía non volvera a acadar os niveis das vivencias anteriores, é dicir, non se volverá a xerar un emprego de masas.

Nestes últimos anos a economía galega experimentou un crecemento moderado; de feito, en canto a situación correspondente á provincia de A Coruña, o 2016 foi un ano de creación de emprego. Estas opinións corrobóranse cos datos estatísticos, xa que, no cuarto trimestre de 2016 A Coruña situabase como a decimonovena provincia con menor taxa de paro, por diante de Asturias, Madrid e Barcelona; e en relación tanto coa poboación activa como a ocupada, ambas víronse aumentadas mais dun punto porcentual a primeira, e case tres puntos porcentuais a segunda. En canto a poboación desempregada, esta diminuíu mais dun 7%, sendo o 2016 o cuarto ano consecutivo que descende.

Xunto coa percepción da saída da crise tamén xorden dous conceptos importantes: a acomodación á situación precaria (ou adaptación ás circunstancias) e o estancamento na situación, sobre todo nas zonas rurais onde non se perciben tantas oportunidades laborais ou de posibilidades de creación de empresa, pese a os esforzos dalgunhas entidades públicas e privadas.

En canto a demarcación económica na xeografía galega, queda reflexado, unha vez mais, a importancia do eixe atlántico e as empresas instaladas nas principais cidades galegas, como son: A Coruña, Vigo e Santiago de Compostela. Grazas a eses emprazamentos, os concellos limítrofes benefícianse do movemento económico xerado e das oportunidades que isto lles está a ofrecer.

Un grave problema que esta a reflectir tamén na economía galega, especialmente de cara ao futuro, é o descenso do crecemento demográfico que está a afectar a toda Galicia, con maior influencia nos núcleos rurais de Lugo e Ourense.

O sector servizos é moi importante para a economía da provincia de A Coruña (71,11% da xeración do PIB provincial), mais de tres puntos porcentuais que en Galicia. Por outra banda, un sector que está a medrar na provincia, e en toda Galicia, é o turístico.

O sector da construción de edificios experimentou tamén unha melloría e outros sectores que tamén se viron incrementados, e son dignos de mención, foron os de agricultura, a industria e o comercio.

Apúntase ademais a importancia do comercio exterior para a economía coruñesa, e para a galega en xeral, sendo un efecto tractor do sector téxtil (INDITEX), automobilístico (Citroën) e madeireiro (FINSA).

CONCLUSIÓNS

Page 39: RESUMO EXECUTIVO - Accion contra el Hambre · ou emprendedoras/ empresarias que poida promover as habilidades da forza laboral e a innovación. En España, segundo os datos publicados,

ESTUDO DE OPORTUNIDADES DE NEGOCIO EN GALICIA

39CONCLUSIÓNS

8.2 Análise de emprego en Galicia

Existen dúas perspectivas ben diferenciadas, a visión rural e a visión urbana. En canto a visión urbana (e de zonas limítrofes), a situación é favorable en canto ao rexurdimento de postos de traballo. Polo contrario, en moitas zonas do rural esta percepción non é a mesma.Existe un segmento da poboación con altas dificultades á hora na busca de emprego, non so por non ter formación, se non por quedarse obsoleto para as profesións futuras. Este é o de home ou muller de máis de 45 anos sen formación que se adicaron durante moito tempo da súa vida laboral a un sector que está en decrecemento.

Clara preocupación pola xeración de emprego precario, tanto na dependencia da estacionalidade como en salarios reducidos.

Os principais sectores que estan a vivir un incremento na oferta de emprego: hostalaría, turismo, comercio, industrial, enxeñaría, tecnoloxía, conserveiras, servizos, agro-alimentario, socio- sanitarios, primario, forestal.

En canto aos perfís nos que se está a perceber unha demanda de emprego situamos na primeira liña os perfís comercial, comercio exterior, técnicos, tecnolóxicos, manipulación de alimentos.

8.3 Recursos e accións para a empregabilidade

Existen múltiples recursos para o emprego dende as distintas entidades públicas e privadas, focalizados en gran medida nas principais cidades de Galicia e concellos limítrofes.

Entidades públicas e privadas ofertan similares recursos para a empregabilidade, onde atopamos principalmente: formación específica, formación competencias relacionadas co emprego, acompañamento na consecución do emprego, axudas, etc.

8.4 Perfil emprendedor en Galicia O perfil de persoas que estan en busca de emprego é moi dispar e depende en moitos casos do seu lugar de procedencia. Nos grupos de discusión falouse de xente preparada e cualificada por un lado e por outro lado, aquelas que case non teñen estudos.

O perfil emprendedor é moi heteroxéneo, tanto pola súa motivación para emprender (oportunidade vs necesidade, ou falso emprendedor), como polas distintas actividades que se queren desenvolver. Sen embargo, si se empeza a percibir un incremento na porcentaxe

Page 40: RESUMO EXECUTIVO - Accion contra el Hambre · ou emprendedoras/ empresarias que poida promover as habilidades da forza laboral e a innovación. En España, segundo os datos publicados,

ESTUDO DE OPORTUNIDADES DE NEGOCIO EN GALICIA

40

de emprendedores que o fan “por oportunidade”, feito motivado pola lixeira recuperación económica. Persoas que queren emprender porque queren un cambio de vida, que buscan a “súa oportunidade”.

Outro perfil emprendedor que se está a detectar é o da poboación, entre 30 e 45 anos, que desenrolou parte da súa carreira fóra e quere retornar, e está na busca dun proxecto de negocio como unha alternativa a vivir doutra maneira.

Tras esta primeira aproximación, e segundo as informacións recollidas en fontes primarias e secundarias podemos establecer tres perfís de emprendedores/as que van a liderar os proxectos de futuro nas oportunidades de negocio detectadas e sobre os que se debería facer foco en canto a recursos tanto económicos como de asesoramento e formación:

8.5 Recursos e accións para a creación e a consolidación de empresas

Do mesmo xeito, analizados os recursos ofertados na area da emprendeduría e consolidación de empresas, existen igualmente múltiples recursos destinados para tal fin dende as distintas entidades públicas e privadas. Dende formación específica, formación competencias relacionadas coa emprendeduría, instalacións (viveiros de empresas ou espazos de coworking), acompañamento na creación e consolidación de empresas, subvencións, etc.

Feito destacable extraído das fontes primarias deste estudo é que en moitas ocasións a promoción das posibilidades de creación de empresa fíxose de maneira “descontrolada”, sen ter en conta as competencias reais do perfil emprendedor.

CONCLUSIÓNS

PERFIL EMPRENDEDOR I

35 - 44 anos

Formación técnica superior

10-15 anos de experiencia

En activo

Emprendedor/a por oportunidade

Con experiencia laboral noutros mercados

Carencias en competencias e habilidades para emprender

PERFIL EMPRENDEDOR II

25 - 34 anos

Estudos obrigatorios

En activo

Emprendedor/a por necesidade

Carencias en experiencia practica en empresa

Carencias en competencias profesionais propias da actividade

PERFIL EMPRENDEDOR III

35 - 50 anos

Formación heteroxénea

10-15 anos de experiencia

Situación de desemprego

Emprendedor/a por necesidade

Con experiencia laboral en otros mercados

Carencias en competencias y habilidades para emprender

Page 41: RESUMO EXECUTIVO - Accion contra el Hambre · ou emprendedoras/ empresarias que poida promover as habilidades da forza laboral e a innovación. En España, segundo os datos publicados,

ESTUDO DE OPORTUNIDADES DE NEGOCIO EN GALICIA

41

Analizando as accións relacionadas coa formación para os/as xoves, estas céntranse, primordialmente, en formación de competencias e en facilidades económicas específicas, detectandose unha realidade da necesidade de incluír e potenciar esta formación en habilidades e competencias no sistema educativo en idades máis novas.

8.6 Barreiras á hora de emprender

Analizadas as principais barreiras a hora de emprender destacanse como principais o descoñecemento de todos os recursos que teñen as persoas emprendedoras a súa disposición motivado pola atomización na oferta de recursos e puntos de información.

Por outra banda, a adversión ao risco é outra barreira destacable, tanto na doenza existente para a xestión ao cambio como para vencer os medos relacionados directamente coa actividade emprendedora: problemas na saúde financeira, elevada mortandade, etc.

Outras barreiras que se atopan as persoas emprendedoras teñen que ver coa falta de coordinación entre concellos e os problemas relacionados ca escaseza de chan industrial.

As persoas emprendedoras tamén se atopan con barreiras tales como as economías de escala, o alto investimento inicial que requiren a maioría dos negocios para operar de forma eficiente, o acceso a canles de distribución concentrados en mans de poucas empresas, a alta diferenciación dalgún produto existente, a falta de formación especializada nos novos nichos de mercado, as barreiras legais que algúns sectores impoñen á entrada de novos competidores, falta de adaptación as necesidades reais do mercado, etc.

8.7 Recursos e accións específicas para mellorar a presenza das mulleres no entorno empresarial

No que se refire as diferenzas por xénero entre homes e mulleres, a pesar dos logros acadados durante estes anos, é necesario por de manifesto que os indicadores de igualdade en relación co traballo doméstico e de coidados, así como cos usos do tempo, seguen mostrando unha realidade de relacións persoais e sociais asimétricas entre mulleres e homes, como o reflicten os datos socieconómicos nos ambitos europeo, estatal e de Galicia.

Isto mostra que aínda persisten roles e estereotipos sociais que inciden no imaxinario colectivo respecto da suposta maior capacidade das mulleres para atender as responsabilidades de caracter familiar, o que continúa dificultando o seu acceso e permanencia no mercado laboral e empresarial debido, entre outras cuestións, a que son as que continúan acolléndose maioritariamente as diferentes medidas postas en marcha desde as administracións públicas para promover políticas de conciliación da vida persoal, familiar e laboral.

CONCLUSIÓNS

Page 42: RESUMO EXECUTIVO - Accion contra el Hambre · ou emprendedoras/ empresarias que poida promover as habilidades da forza laboral e a innovación. En España, segundo os datos publicados,

9OPORTUNIDADESDE NEGOCIO EN GALICIA POR SECTORES

Page 43: RESUMO EXECUTIVO - Accion contra el Hambre · ou emprendedoras/ empresarias que poida promover as habilidades da forza laboral e a innovación. En España, segundo os datos publicados,

ESTUDO DE OPORTUNIDADES DE NEGOCIO EN GALICIA

43

9. OPORTUNIDADES DE NEGOCIO EN GALICIA POR SECTORESTras a recollida e analise da información xerada nas fontes cualitativas e cuantitativas empregadas para este estudo debuxamos a continuación o mapa de oportunidades de negocio en Galicia por sectores. Establecéronse deste xeito os sectores mais potenciais segundo o mapa galego de comarcas, e facendo especial foco nas comarcas de A Coruña, Santiago e Barbanza, segundo os obxetivos fixados no estudo.

A continuación recolleranse os nichos e actividades empresariais con mais potencialidade dentro dos sectores detectados.

COMARCA DE A CORUÑA

COMARCA DE SANTIAGO

COMARCA DE BARBANZA

COMARCAS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA

COMARCAS DA PROVINCIA DE LUGO

COMARCAS DA PROVINCIA DE OURENSE

OPORTUNIDADES DE NEGOCIO EN GALICIA POR SECTORES

Page 44: RESUMO EXECUTIVO - Accion contra el Hambre · ou emprendedoras/ empresarias que poida promover as habilidades da forza laboral e a innovación. En España, segundo os datos publicados,

ESTUDO DE OPORTUNIDADES DE NEGOCIO EN GALICIA

44

COMARCA DE A CORUÑAA comarca de A Coruña, composta por 9 concellos conta con mais de 400.000 habitantes, segundo o Observatorio Sociolaboral do concello de A Coruña (2013). Contando así co 35% da poboación da provincia e o 14% de Galicia. Só no concello de A Coruña reside o 62% da poboación da comarca.

A comarca de A Coruña é unha das areas densamente poboadas de Galicia que contén a dous dos dez municipios mais densamente poboados de Galicia. Dato a ter moi en conta é o feito de que esta comarca, a diferencia do resto de Galicia vai incrementando interanualmente a sua poboación.

En canto a poboación xoven, os concellos nos que reside unha maior porcentaxe son os concellos de Arteixo, Cambre e Culleredo. Pola contra, os concellos con unha poboación mais envellecida son os de Abegondo e Bergondo.

En qué sectores hai oportunidades de negocio?

Na comarca de A Coruña as oportunidades de negocio estan dentro de 5 sectores:

COMARCA DE A CORUÑA

SECTOR DE SERVIZOS A PERSOAS

SECTOR DE SERVIZOS PROFESIONAIS

SECTOR COMERCIO

SECTOR TIC

SECTOR INDUSTRIAL E AUXILIAR

COMARCA DE A CORUÑA

A Coruña

Arteixo

Culleredo

Sada

Cambre

Oleiros

Bergondo

Abegondo

Carral

OPORTUNIDADES DE NEGOCIO EN GALICIA POR SECTORES

Page 45: RESUMO EXECUTIVO - Accion contra el Hambre · ou emprendedoras/ empresarias que poida promover as habilidades da forza laboral e a innovación. En España, segundo os datos publicados,

ESTUDO DE OPORTUNIDADES DE NEGOCIO EN GALICIA

45

COMARCA DE SANTIAGOA comarca de Santiago, composta por 7 concellos, é unha comarca, ao igual que A Coruña, maioritariamente urban, composto polo propio concello mais seis periféricos que son receptores do crecemento de urban da capital. Dentro desta comarca, e mais ala desta area periférica tamén conta con zonas rurais con diferenzas e necesidades propias e diferentes das zonas urbans.

Motivado pola política fiscal e a do chan industrial pódense atopar barrios- dormitorio que acollen a unha proporción crecente da poboación urbana, e tamén as actividades económicas descentralizadas ou de nova implantación (O Milladoiro, Teo, Bertamirans).

Toda a comarca de Santiago, con preto de 165.000 habitantes, é, xunto ca de A Coruña, unha das de maior tamaño e poboación de Galicia.

En qué sectores hai oportunidades de negocio?

COMARCA DE SANTIAGO

SECTOR DE SERVIZOS A PERSONAS

SECTOR DE SERVIZOS PROFESIONAIS

SECTOR COMERCIO

SECTOR INDUSTRIAL E AUXILIAR

SECTOR MADEIREIRO

COMARCA DE SANTIAGO

Santiago de Compostela

Teo

Val do Dubra

Vedra

Ames

Boqueixón

Brión

OPORTUNIDADES DE NEGOCIO EN GALICIA POR SECTORES

Page 46: RESUMO EXECUTIVO - Accion contra el Hambre · ou emprendedoras/ empresarias que poida promover as habilidades da forza laboral e a innovación. En España, segundo os datos publicados,

ESTUDO DE OPORTUNIDADES DE NEGOCIO EN GALICIA

46

COMARCA DE BARBANZAA Comarca de Barbanza, composta por catro concellos, conta cunha poboación de mais de 68.000 habitantes, sendo unha das mais densamente poboadas, así como unha das areas demograficas mais importantes e activas de Galicia.

A pesca, a industria conserveira e a pesqueira en xeral, mais o comercio dos produtos do mar son a base da súa próspera economía, a que o turismo completa durante o veran.

A estrutura urbana é complexa, e adopta unha configuración policéntrica, por ser numerosos os núcleos urbanos que se estenden ao longo dos eixes de comunicación ou arredor dos portos.

En que sectores hai oportunidades de negocio?

En canto a comarca de Barbanza, a terceira comarca foco deste estudo, detectamos oportunidades tamén no SECTOR DE SERVIZOS A PERSOAS, un sector en crecemento en xeral en toda Galicia. Así mesmo, na comarca de Barbanza detectamos outras oportunidades de negocio nos sectores:

COMARCA DE BARBANZA

SECTOR CONSERVEIRO

SECTOR DE SERVIZOS A PERSOAS

SECTOR TURISMO NAÚTICO

SECTOR SERVIZOS DE OCIO

Por outra banda, se facemos un percorrido mais amplo, abarcando outras comarcas galegas, detectamos que existe unha idiosincrasia diferente. Por exemplo, na comarca de Ferrolterra-Eume-Ortegal detéctanse maiores oportunidades en:

COMARCA DE BARBANZA

Pobra do Caramiñal

Boiro

Ribeira

Rianxo

OPORTUNIDADES DE NEGOCIO EN GALICIA POR SECTORES

Page 47: RESUMO EXECUTIVO - Accion contra el Hambre · ou emprendedoras/ empresarias que poida promover as habilidades da forza laboral e a innovación. En España, segundo os datos publicados,

ESTUDO DE OPORTUNIDADES DE NEGOCIO EN GALICIA

47

COMARCAS FERROLTERRA-EUME-ORTEGAL

SECTOR TURISMO ACTIVO

SECTOR INDUSTRIAL

No correspondente as comarcas da provincia de Lugo, atopamos oportunidades moi diferenzadas entre a comarca de Lugo, as comarcas costeiras da provincia e as comarcas de interior.

COMARCAS DA PROVINCIA DE LUGO

SECTOR AERONAÚTICO

SECTOR TIC

SECTOR TURISMO

SECTOR AGROALIMENTARIO

SECTOR MADEIREIRO

Pola contra, na provincia de Ourense, os sectores con maior potencialidade para a creación de negocio son:

COMARCAS DA PROVINCIA DE OURENSE

SECTOR AGROALIMENTARIO

SECTOR TÉXTIL

Se analizamos as oportunidades da provincia de Pontevedra estamos a falar de 5 sectores clave para o desenrolo:

COMARCAS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA

SECTOR INDUSTRIA AUXILIAR DA AUTOMOCIÓN

SECTOR TIC

SECTOR AGROPECUARIO

SECTOR PESQUEIRO

SECTOR TURISMO

OPORTUNIDADES DE NEGOCIO EN GALICIA POR SECTORES

Page 48: RESUMO EXECUTIVO - Accion contra el Hambre · ou emprendedoras/ empresarias que poida promover as habilidades da forza laboral e a innovación. En España, segundo os datos publicados,

ESTUDO DE OPORTUNIDADES DE NEGOCIO EN GALICIA

48

Un sector, o SECTOR PESQUEIRO con potenciais oportunidades tamén na comarca de Terra de Soneira e Bergantiños.

Contornos urbanos vs. Contornos rurais

Pasando a analizar as oportunidades en contornos rurais, atopamos outros sectores que estan a vivir un crecementos como son:

COMARCAS EN CONTORNAS RURAIS

SECTOR AGROALIMENTARIO

SECTOR VITIVINÍCOLA

SECTOR DE SERVIZOS A PERSOAS

SECTOR MADEIREIRO

SECTOR AGROPECUARIO

Dentro da contorna rural atopamos outras comarcas, como a de Terra de Melide, cunha localización estratéxica, nas que se estan a detectar tamén oportunidades de negocio nos sectores:

COMARCA DE TERRA DE MELIDE

SECTOR TRANSPORTES

SECTOR TURISMO

SECTOR INDUSTRIAL

OPORTUNIDADES DE NEGOCIO EN GALICIA POR SECTORES

Page 49: RESUMO EXECUTIVO - Accion contra el Hambre · ou emprendedoras/ empresarias que poida promover as habilidades da forza laboral e a innovación. En España, segundo os datos publicados,

ESTUDO DE OPORTUNIDADES DE NEGOCIO EN GALICIA

49

SUBSECTORES E ACTIVIDADES EMPRESARIAIS CON OPORTUNIDADES DE NEGOCIO EN GALICIA

Se afondamos no estudo das oportunidades de negocio, pódesen destacar os seguintes subsectores, ou actividades empresariais, nos que existen importantes oportunidades de negocio:

1. SECTOR DE SERVIZOS A PERSOASNeste sector, en gran auxe en todo o territorio de Galicia, detéctanse actividades potenciais de desenrolo en Servizos a Persoas e Servizos do Fogar, con diferenzas de necesidades entre contornas urbanas e rurais.

SERVIZOS PARA O FOGAR

SERVIZOS DE APOIO Á CONCILIACIÓN

SERVIZOS DE LECER

OPORTUNIDADES DE NEGOCIO EN GALICIA POR SECTORES

Page 50: RESUMO EXECUTIVO - Accion contra el Hambre · ou emprendedoras/ empresarias que poida promover as habilidades da forza laboral e a innovación. En España, segundo os datos publicados,

ESTUDO DE OPORTUNIDADES DE NEGOCIO EN GALICIA

50

Pola contra, en contornas rurais as oportunidades veñen motivadas polo envellecemento da poboación rural, superior a que atopamos nas principais cidades galegas. Deste xeito, no rural detéctanse mais demanda de:

SERVIZOS SOCIO-SANITARIOS

Segundo a analise realizada da información recollida en fontes primarias e secundarias podemos establecer dentro do SECTOR SERVIZOS A PERSOAS as seguintes actividades empresariais con oportunidades para o desenrolo de proxectos de autoemprego e proxectos empresariais.

SECTOR DE SERVIZOS A PERSOAS

Se analizamos polo tipo de actividades pódese esperar que sea un sector cunha porcentaxe de emprendimento mais femenino.

Outro dos sectores onde se detectan actividades empresarias con oportunidades é no SECTOR DE SERVIZOS PROFESIONAIS, onde o perfil do que se fala é maioritariamente de proxectos de autoemprego para dar servizos auxiliares. Aquí recollemos tres actividades con potencial desenrolo:

SECTOR DE SERVIZOS PROFESIONAIS

Actividades deseño grafico

Actividades deseño industrial

Actividades comerciais

OPORTUNIDADES DE NEGOCIO EN GALICIA POR SECTORES

ACTIVIDADES EMPRESARIAISSERVIZOS A PERSOAS

Actividades para envellecemento activo

Condución e acompañamento para maiores

Axuda a domicilio

Fisioterapia a domicilio

Coidado de nenos a domicilio

Actividades extraescolares

ACTIVIDADES EMPRESARIAISSERVIZOS DO FOGAR

Servizos de limpeza

Servizos de pasar o ferro a domicilio

Servizos de bricolaxe

Servizos de xardinería

Page 51: RESUMO EXECUTIVO - Accion contra el Hambre · ou emprendedoras/ empresarias que poida promover as habilidades da forza laboral e a innovación. En España, segundo os datos publicados,

ESTUDO DE OPORTUNIDADES DE NEGOCIO EN GALICIA

51

2. SECTOR COMERCIOO comercio é un sector onde maioritariamente o perfil emprendedor é tamén de autoemprego, un sector ademais, segundo a información recollida, que foi receptor, xunto ca hostalaría dunha gran parte do emprendimento por necesidade, froito da falta de oportunidades de emprego.

Sen embargo, e aínda sendo pequenos brotes verdes, sí se estan comenzando a detectar proxectos con diferenciación e innovación propia, en especial nas areas periféricas as principais cidades galegas. E, se continua a recuperación económica que se esta a vivir, é de esperar tamén un incremento do consumo interno.

En canto a actividades empresariais nas que se esta a perceber oportunidades son:

SECTOR COMERCIO

Puntos de venda para a comercialización de produtos do sector agroalimentario

Puntos de venda de comercio de produtos personalizados

Comercio electrónico para desenrolo de novas canles de venda

Seguindo a tendencia actual de emprendimento no sector, e recollida a información das fontes pódese prever que non se atope unha gran diferenza por xénero no perfil emprendedor.

3. SECTOR TICAnalizando as oportunidades atopamos algunhas das actividades englobadas dentro do sector TIC, mais que son actividades transversais que darían servizos e xeradores de negocio para outras empresas.

En que actividades se están a detectar oportunidades?

SECTOR TIC

Creación de contidos audivisuais

Creación de paxinas web e apps

Asistencia e reparación a domicilio

Automatización de procesos de producción

Servizos de big data para empresa

Desenrolo de tecnoloxía propia para o sector agroalimentario

Nestas actividades, e pola marcada masculinización do sector TIC, estamos a falar de proxectos que estarían liderados por perfís mais masculinos, exceptuando as actividades de xeración de contidos, nas que sí hay unha maior taxa de emprendimento femenino.

OPORTUNIDADES DE NEGOCIO EN GALICIA POR SECTORES

Page 52: RESUMO EXECUTIVO - Accion contra el Hambre · ou emprendedoras/ empresarias que poida promover as habilidades da forza laboral e a innovación. En España, segundo os datos publicados,

ESTUDO DE OPORTUNIDADES DE NEGOCIO EN GALICIA

52

Hai que destacar tamén o feito de que é un sector clave tanto para o emprendimento nos xóvenes como para a continuidade no crecimento deste sector como xerador de emprego.

4. SECTOR INDUSTRIALUn sector, o industrial, para o que, segundo a información recollida nas fontes seleccionadas para este informe, se fai necesario un proxecto que permita o desenrolo e consolidación en Galicia. A carencia de chan industrial dispoñible supón a día de hoxe un bloqueo para a captación de novas empresas.

Ainda así, é un sector con importantes oportunidades, en especial naquelas actividades empresariais entorno as tres industrias estratéxicas de Galicia: sector textil, sector da automoción e sector madeireiro.

SECTOR INDUSTRIAL

Actividades de manipulación téxtil

Actividades de loxística

Actividades de transporte

Actividades auxiliares de automoción

En canto ao perfil por xénero, no sector industrial sí que se recolle unha maior diferencia, estando mais masculinizadas aquelas actividades relacionadas co sector da automoción, frente as actividades auxiliares do sector textil, que son mais marcadamente perfís femeninos.

OPORTUNIDADES DE NEGOCIO EN GALICIA POR SECTORES

Page 53: RESUMO EXECUTIVO - Accion contra el Hambre · ou emprendedoras/ empresarias que poida promover as habilidades da forza laboral e a innovación. En España, segundo os datos publicados,

ESTUDO DE OPORTUNIDADES DE NEGOCIO EN GALICIA

53

5. SECTOR TURISMOEn canto as actividades empresariais con oportunidades no sector do turismo, atopamos unha clara diferencia entre as contornas do interior de galicia e aquelas onde o seu recurso principal é o mar. Sumado a isto, ponse de manifesto a relevancia do Camiño de Santiago, como recurso primordial para a captación do turismo na rexión, así como da necesidade de mellorar a profesionalización dos servizos e de potenciar o nivel da oferta respondendo as novas necesidades demandantes.

Así mesmo, o incremento do turismo nos últimos anos procedente do trafico marítimo dos principais portos galegos foron sinalados polas fontes recollidas como posibles oportunidades xeradoras de negocio.

As principais actividades empresariais recollidas foron:

SECTOR TURISMO

Actividades turismo nautico

Actividades deporte activo

Viaxes personalizados

Servizos de guía

En canto a perfil empresarial non se recollen diferenzas por xénero.

OPORTUNIDADES DE NEGOCIO EN GALICIA POR SECTORES

Page 54: RESUMO EXECUTIVO - Accion contra el Hambre · ou emprendedoras/ empresarias que poida promover as habilidades da forza laboral e a innovación. En España, segundo os datos publicados,

ESTUDO DE OPORTUNIDADES DE NEGOCIO EN GALICIA

54

6. SECTOR CONSERVEIROO sector conserveiro, un sector en auxe na comarca de Barbanza así como nas comarcas limítrofes sitúano tamén como un sector a ter moi en conta como xerador tanto de oportunidades de emprendimento como de emprego.

SECTOR CONSERVEIRO

Servizos de manipulado de alimentos

7. SECTOR AGROALIMENTARIO E SOSTENIBILIDADEO sector agroalimentario, enmarcado en contornas rurais de Galicia recóllese como outro dos sectores, especialmente en comarcas da provincia de Ourense e Lugo, como un sector con actividades con oportunidade de desenrolo.

Indícase como actividades propias do sector con proxección:

SECTOR AGROALIMENTARIO E SOSTENIBILIDADE

Actividades de produción de alimentos ecolóxicos

Actividades de xestión de viñas

Actividades de produción de aceite con plantación de oliveiras

Actividades de Elaboración de bebidas ecolóxicas

Actividades de Comercialización mercado exterior

Reciclaxe

8. SECTOR MADEIREIROO sector madeireiro, un dos sectores claves na economía galega conta en Galicia con recursos clave como valor para continuar na senda do crecemento. Aínda que é un sector clave para a comarca da Coruña, necesita de actividades clave que son mais propias de entornos rurais, e que se detectan como posibles focos a ter en conta.

SECTOR MADEIREIRO

Actividades de plantación e mantemento de fincas

OPORTUNIDADES DE NEGOCIO EN GALICIA POR SECTORES

Page 55: RESUMO EXECUTIVO - Accion contra el Hambre · ou emprendedoras/ empresarias que poida promover as habilidades da forza laboral e a innovación. En España, segundo os datos publicados,

ESTUDO DE OPORTUNIDADES DE NEGOCIO EN GALICIA

55

Trala investigación destas actividades empresariais con potenciais oportunidades de negocio, recollemos as competencias que complementarían os perfís profesionais necesarios para levar a cabo este tipo de proxectos:

Profesionais con formación técnica, tecnolóxica ou enxeñería e que posúan habilidades e competencias na area comercial, xestión e comunicación.

Así mesmo, se falamos de creación de emprego dentro destes sectores son perfís con formación en comercio e comercio exterior. Mais especificamente para o sector industrial búscase profesional cualificado con formación polivalente para diferentes postos de traballo.

OPORTUNIDADES DE NEGOCIO EN GALICIA POR SECTORES

Page 56: RESUMO EXECUTIVO - Accion contra el Hambre · ou emprendedoras/ empresarias que poida promover as habilidades da forza laboral e a innovación. En España, segundo os datos publicados,

ESTUDO DE OPORTUNIDADES DE NEGOCIO EN GALICIA

56

10PROPOSTAS DE MELLORA

Page 57: RESUMO EXECUTIVO - Accion contra el Hambre · ou emprendedoras/ empresarias que poida promover as habilidades da forza laboral e a innovación. En España, segundo os datos publicados,

ESTUDO DE OPORTUNIDADES DE NEGOCIO EN GALICIA

57

10. PROPOSTAS DE MELLORADespois desta analise incorporamos propostas de mellora que contribúan a potenciar as necesidades para o aproveitamento destas oportunidades de negocio. Detéctanse oito areas sobre as que establecer melloras co obxetivo dunha mellor potenciación das oportunidades detectadas.

As principais áreas sobre as que traballar son:

1. ASESORAMENTO E FORMACIÓN EMPRESARIAL

2. COORDINACIÓN EMPRESA-UNIVERSIDADE

3. CULTURA DE EMPRENDEMENTO

4. CENTRALIZACIÓN ENTES EMPRESARIAIS

5. PROFESIONALIZACIÓN DE SECTORES

6. MELLORA DE ESPAZOS FÍSICOS

7. FINANCIACIÓN E FISCALIDADE

8. CONSOLIDACIÓN DE EMPRESAS

9. COMUNICACIÓN E SENSIBILIZACIÓN

1.- Propostas relacionadas co asesoramento e formación empresarial:• Formación en competencias profesionais específicas propias da actividade.• Formación de plataformas que poidan xerar redes de equipo polivalentes.• Desenrolo de Programas de Formación especializados en habilidades e destrezas, como poden ser as dotes comerciais, a comunicación, o traballo en equipo, etc.

2.- Propostas relacionadas coa mellora da coordinación entre universidades e empresas:

• Desenrolo de Formación regulada adaptada as novas oportunidades detectadas (sectores: téxtil, automoción, aeronautico, agro alimentario, etc.).• Mellorar a coordinación entre universidades e empresas, deseñando programas de formación practica especializada nos sectores en auxe.

PROPOSTAS DE MELLORA

Page 58: RESUMO EXECUTIVO - Accion contra el Hambre · ou emprendedoras/ empresarias que poida promover as habilidades da forza laboral e a innovación. En España, segundo os datos publicados,

ESTUDO DE OPORTUNIDADES DE NEGOCIO EN GALICIA

58

3.- Propostas relacionadas coa “cultura do emprendemento”• Potenciar o emprendemento a través da educación / formación desde os primeiros niveis educativos.

4.- Propostas relacionadas coa centralización e unificación dos distintos entes relacionados co emprendimento:

• Centralización e unificación dos entes que ofrecen asesoramento as persoas emprendedoras, sobre todo a xente nova.• Simplificar os procedementos para a constitución e a supervivencia/ consolidación das empresas, impulsar a teletramitación e a coordinación interadministrativa, e garantir a unidade do mercado a nivel estatal.

5.- Propostas relacionadas coa profesionalización dos sectores en auxe: • Potenciar a profesionalización do sector primario en entornos rurais.• Potenciar a profesionalización do sector turístico en entornos rurais.• Potenciar a profesionalización do sector comercio en entornos rurais.

6.- Propostas relacionadas coa mellora para os espazos físicos:• Ampliación do chan industrial a baixo custo para a captación de empresas do sector industrial nas comarcas con potencial desenrolo.• Potenciar a labor que fan os viveiros de empresas.• Mellorar as infraestructuras dos polígonos industriais ubicados fora das grandes urbes.

7.- Propostas relacionadas coa mellora da financiación e a fiscalidade:• Reducir os custos nos primeiros anos do emprendimento.• Mellorar a financiación, tanto para pemes que estean a comezar, como para empresas consolidadas.• Mellorar a flexibilidade de pagos.• Mellorar os procesos e tempos de adxudicación e xustificación das subvencións.

8.- Propostas relacionadas coa consolidación de empresas:• Incrementar o apoio a consolidación empresarial.• Incrementar o apoio a apertura de novos mercados.

9- Propostas relacionadas coa comunicación e a sensibilización:• Medidas orientadas cara ao fomento da vocación emprendedora e da figura do empresario ou empresaria entre a sociedade, con campañas de sensibilización cidada e información pública sobre o papel crave da empresa na sociedade e a economía do país como eixo vertebrador e garante do benestar.• Potenciar a comunicación do emprendemento responsable na sociedade.

PROPOSTAS DE MELLORA

Page 59: RESUMO EXECUTIVO - Accion contra el Hambre · ou emprendedoras/ empresarias que poida promover as habilidades da forza laboral e a innovación. En España, segundo os datos publicados,

11BIBLIOGRAFÍA

Page 60: RESUMO EXECUTIVO - Accion contra el Hambre · ou emprendedoras/ empresarias que poida promover as habilidades da forza laboral e a innovación. En España, segundo os datos publicados,

ESTUDO DE OPORTUNIDADES DE NEGOCIO EN GALICIA

60

11. BIBLIOGRAFÍA1. Situación y perspectivas de la economía mundial 2017 – Naciones Unidas

2. Informe del Mercado Estatal de Trabajo 2017

3. Informe Empresas inscritas en la SS.SS. en nov 2017 – Ministerio de Empleo y Seguridad

Social (MEySS)

4. Infoempleo Adecco 2016 – Adecco

5. Informe económico e de competitividade 2017 - Ardan

6. Informe Mundial GEM 2016

7. Informe Executivo 2015 – Informe Mundial GEM

8. GEDI 2017-12-09

9. GEM España 2016

10. Informe Executivo GEM Galicia 2015

11. Breve Reflexión sobre a economía de Galicia 2017 – Circulo de empresarios

12. Perfil emprendedor del estudiante universitario, Informe 2015. 2016 – Red Emprendia

13. Oportunidades de negocio en Europa 2016 – Confederación de empresarios de Galicia

14. Estrategia de emprendimiento y empleo joven 2013 -2016 - Ministerio de Empleo y

Seguridad Social (MEySS)

15. Prospección de sectores generadores de empleo en el area metropolitana de A Coruña:

TIC Y LOGÍSTICA 2017– Concello de A Coruña

16. IMPACTUR - Estudio del impacto económico del turismo sobre la economía y el empleo

de Galicia, 2014 - Exceltur

17. Perspectivas de España 2017 - KPMG

18. Barómetro del clima de negocios en España 2017 – IESE Business School

19. Doing Business 2017 – Equal Opportunity for All - World Bank Group

20. Doing Business 2017 – Reforming to Create Jobs - World Bank Group

BIBLIOGRAFÍA

Page 61: RESUMO EXECUTIVO - Accion contra el Hambre · ou emprendedoras/ empresarias que poida promover as habilidades da forza laboral e a innovación. En España, segundo os datos publicados,
Page 62: RESUMO EXECUTIVO - Accion contra el Hambre · ou emprendedoras/ empresarias que poida promover as habilidades da forza laboral e a innovación. En España, segundo os datos publicados,
Page 63: RESUMO EXECUTIVO - Accion contra el Hambre · ou emprendedoras/ empresarias que poida promover as habilidades da forza laboral e a innovación. En España, segundo os datos publicados,
Page 64: RESUMO EXECUTIVO - Accion contra el Hambre · ou emprendedoras/ empresarias que poida promover as habilidades da forza laboral e a innovación. En España, segundo os datos publicados,

Financiado por: Fundación Incyde e Fondo Social Europeo, dentro do Programa Anima Galicia, Fomento do autoemprego e as iniciativas empresariais en Galicia 2017-2018