Reunión pais eso

10
REUNIÓN CON PAIS E NAIS DO ALUMNADO DE ESO

Transcript of Reunión pais eso

Page 1: Reunión pais eso

REUNIÓN CON PAIS E NAIS DO ALUMNADO DE ESO

Page 2: Reunión pais eso

IES PLURILINGÜE XOSÉ NEIRA VILAS CURSO 2013/14

TITOR/A:

GRUPO:

HORA DE ATENCIÓN AOS PAIS/NAIS POR PARTE DO/A TITOR/A:

Para solicitar unha entrevista co titor/a pódese facer por medio do fillo/a. Convén que avisen cun mínimo dunha semana de antelación para que se poida preparar de maneira satisfactoria a información de todo o profesorado.

DATAS DAS REUNIÓNS DE AVALIACIÓNS> A primeira será o 11 e 12 de decembro>A segunda será o 25 e 26 de Marzo > A terceira será o 23 de XuñoEn cada unha das tres avaliacións recibirán a información académica correspondente mediante o boletín de notas. Este boletín seralles enviado, en man, polo seu fillo/a, e terá que devolverse asinado o correspondente resgardo. O boletín ten en relevo o anagrama do Instituto , cuestión importante no caso de que se quixese falsificar.

O CALENDARIO ESCOLARNo curso académico haberá os seguintes períodos non lectivos: Nadal: do 21 de Decembro ao 8 de Xaneiro ámbolos dous incluídos, Entroido: do 1 ao 5 de Febreiro ámbolos dous incluídos, Semana Santa: do 12 de Marzo ao 21 de Abril ámbolos dous incluídos. A Xunta de Galicia declarou este ano como día non lectivo o 31 de Outubro e o Consello Escolar escolleu como días non lectivos de libre disposición: o 4 de Novembro e o 2 de Maio.

ASISTENCIA A CLASEEn canto ás faltas de asistencia a clase, o coñecemento das mesmas por parte dos pais ou titores legais do alumnado non significa que estean xustificadas.As nais, pais ou titores e titoras legais do alumnado deberán poñer en coñecemento da titoría docente, coa suficiente antelación, as faltas a clase previstas do seu fillo ou filla. No caso de faltas imprevistas e xustificables deberán comunicalo á maior brevidade posible, non deixando transcorrer máis de cinco días dende a incorporación de novo ás clases.Corresponde á titoría docente aceptar ou non a xustificación das faltas de asistencia, logo de ser postas no seu coñecemento por parte dos pais, nais ou titoría legal.

TELÉFONOS MÓBILES E OUTROS APARATOS ELECTRÓNICOSO alumnado non poderá usar móbiles, cámaras nin outros medios de gravación de voz ou imaxes en todo o recinto do centro, incluíndo as zonas exteriores e as actividades complementarias. Estes dispositivos estarán gardados, desactivados e fóra da vista en todo momento. En casos excepcionais poderán ser utilizados coa aprobación e a supervisión dun profesor ou profesora ou dun membro do persoal non docente.

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES E COMPELEMENTARIASO alumnado que participe nas actividades complementarias ou extraescolares deberán asumir o coste das entradas que se teñan que pagar e o coste da parte proporcional que lle corresponda do transporte (se non é gratuito)

SANCIÓNS Ó ALUMNADO2

Page 3: Reunión pais eso

IES PLURILINGÜE XOSÉ NEIRA VILAS CURSO 2013/14

O número de faltas de asistencia non xustificadas que darán lugar a un apercibimento escrito serán de:a) Catro faltas a materias de dúas sesións semanais.b) Seis faltas a materias de tres sesión semanais.c) Oito faltas a materias de catro sesións semanais.d) Vinte faltas entre tódalas materias.

Isto levarase a cabo a petición do profesor ou profesora das materias, da titoría docente do alumnado ou da Xefatura de Estudos, previa comunicación entre os tres.O profesorado está facultado para poñer medidas correctoras ás condutas leves contrarias á convivencia, sempre respectando a proporcionalidade entre as medidas aplicadas e as condutas disruptivas que se queren corrixir. Os profesores darán conta destas medidas ao titor do alumno ou alumna e, se o considera pertinente, á xefatura de estudos.Calquera membro do equipo docente poderá sancionar a un alumno ou alumna coa comparecencia inmediata ante a xefatura de estudos (Art. 48 B do R.D. 732/1995), debendo cumprimentar a correspondente comunicación escrita. Os partes de conduta deberán crearse e xestionarse cos medios telemáticos cos que conta o centro (SIXA).As sancións de comparecencia inmediata ante a xefatura de estudos poderán dar lugar, a criterio da mesma, a un apercibimento escrito.No caso de acumulación de dous apercibimentos, farase unha valoración entre o profesorado titor, a xefatura de estudos e o departamento de orientación onde se decidirá a intervención a realizar.Os alumnos ou alumnas que presenten condutas disruptivas que imposibiliten a marcha normal da clase e, polo tanto, o aproveitamento académico dos seus compañeiros e compañeiras, poderán ser apartados transitoriamente da aula. Estes alumnos ou alumnas levarán traballo para realizar nas aulas de inclusión educativa. As aulas de inclusión educativa, reguladas na lei 4/2011, estarán a cargo dun membro do profesorado designado pola xefatura de estudos, e no seu defecto un profesor ou profesora de garda. No caso de non haber profesorado dispoñible, o alumno ou alumna debe permanecer na aula. O principio destas aulas de inclusión é evitar que este alumnado quede apartado do proceso educativo. O alumnado que presente condutas disruptivas estará obrigado a seguir un programa de habilidades sociais, cando se determine. Este será organizado polo departamento de orientación.As condutas gravemente prexudiciais para a convivencia nos centros docentes tipificadas nesta sección prescriben aos catro meses da súa comisión e as condutas leves contrarias á convivencia, ao mes. Os pais, nais ou titores legais do alumnado maior de idade recibirán copia das comunicacións das correccións impostas aos seus fillos, salvo renuncia expresa por escrito na secretaría do Instituto.No noso Centro , ademáis da vía punitiva e sancionadora, tamén temos contemplada a MEDIACIÓN como ferramenta para resolver conflitos dun xeito pacífico, que se leva desenvolvendo dende o curso 2005/06. O grupo de Convivencia e Mediación está integrado por tres profesores coordinadores e um grupo de 44 alumnos mediadores. A mediación está encamiñada á solución de “conflitos entre iguais”.

Que é a mediación?Un método de resolución de conflitos no que mediante o diálogo se chega a un acordo satisfactorio por ambas partes, axudados por unha persoa imparcial chamada mediadora.Que características ten a mediación?

· É voluntaria.· É confidencial.· Os mediadores e mediadoras deben ser neutrais e imparciais.

Vantaxes da mediación.· Prevén a violencia. · Saída positiva aos conflitos.· Maduración persoal.· Contribúe ao fomento de vínculos máis democráticos no centro. · Participación activa e responsable.· Mellora a convivencia

3

Page 4: Reunión pais eso

IES PLURILINGÜE XOSÉ NEIRA VILAS CURSO 2013/14

Que conflitos se poden resolver coa mediación? · Insultos,ameazas e malas relacións interpersoais.· Amizades que se deterioraron.· Situacións inxustas e degradantes

Quen pode ser mediador/a?· Todas as persoas que desexen formarse e comprometerse na xestión construtiva dos conflitos cotiáns.

Que fan os mediadores/as?· Acollen as persoas en conflito. · Escoitan activamente e centran o proceso na transformación do conflito. · Promoven a comprensión mutua. · Non xulgan.· Non sancionan. · Non aconsellan.· Non dan solución

USO DA BIBLIOTECAO horario de apertura da biblioteca elaborarase cada curso académico e estará en función da dispoñibilidade de profesorado para poder atendela.Todos os libros ou publicacións do Instituto serán susceptibles de préstamo a calquera membro do persoal docente, do alumnado ou do persoal de administración e servizos, independentemente de cal sexa a localización física do mesmo, agás os dicionarios, enciclopedias, revistas e libros de orientación.Os libros prestaranse por un período de oito días, renovable unicamente por outros oito. O alumnado non poderá retirar os libros sen o consentimento da persoa encargada, debendo cubrir as fichas correspondentes ao préstamo, previa presentación do carné escolar.O uso da sala de lectura da biblioteca obriga a permanecer en silencio para non perturbar o traballo do resto de persoas que a utilizan, así como a non comer nin beber na mesma.

MELLORA DO RENDEMENTO ACADÉMICO

1. Cal é a diferenza entre o suspenso e o aprobado ?- A diferenza adoita estar no traballo que dia a dia debemos facer na casa.- Non chega con atender e entender, é necesario traballar na casa.

2. “ Non teño nada que facer”. -Isto dino frecuentemente pero o seu fillo/a sempre ten algo que facer: exercícios, traballos específicos... -Ademais, sempre terá que repasar cada dia os temas dados.

3. “ Pasa a tarde na habitación pero… está estudando?- A habitación é un lugar de estudo e descanso, non é unha sala de cine nen televisión.- Os pais debemos controlar o seu tempo de estudo e/ou traballo, mirar os cadernos, a axenda, o calendario de exames..- Son os nosos fillos/as, por que o imos facer se non?

4. Debo premiar?, debo castigar ?- O castigo en si mesmo non é malo se é xusto, proporcionado, inmediato, consensuado entre os pais e se se lle explica ao rapaz/a cal é a conducta corrrecta.- O premio tamén debe de cumplir as mesmas premisas.

5. Planfificación do tempo libre - Estudar require un gran esforzo, por iso é imprescindible que os estudantes durman o necesario e se alimenten adecuadamente antes de vir ao Instituto.- Debe haber, ademáis, un tempo diario para o ejercicio físico e o lecer.

4

Page 5: Reunión pais eso

IES PLURILINGÜE XOSÉ NEIRA VILAS CURSO 2013/14

- Pero… ¡ OLLO¡ sen restarlle tempo ao estudo e ao traballo escolar.

6. Ambiente familiar propicio - Unidade de criterio entre os pais á hora de esixir disciplina e responsabilidade- Firmeza no fundamental, coa boa dose de comprensión e tolerancia. Ser firme non implica ser duro ou intransixente.- Respecto sempre a un horario flexible, a unhas normas de traballo e a unha conducta correcta.- Comprensión e axuda, valorando o esforzo diário para superarse.- Constancia á hora de esixir que os seus fillos cumpran coas súas responsabilidades- Interese polas actividades, polo rendemento durante o curso e polas dificultades que poida experimentar.

TITORÍA DE PAIS. CURSO 2013/14

Hora/Día

Lúns Martes Mércores Xoves Venres

1ª Lourdes Otero

Carlos Vidal

Montse López

2ª Francesca LópezManuel San Luis

Milagros Rey Isabel

AllerRaquel Mañana

J. A. CurrosAgustín Fernández Gago

Mª Dolores Rey

1º recreo3ª Ana Crego Fernando

VidalJuan Mato Lilliana

GonzálezMercedes DopicoLópez Couce

Carmen PortaJorge Calle

4ª Isabel López Mariño

Juan Santamaría

Isabel MoarIgnacio Taibo

Warinca Arce

2º recreo5ª X.

CarballudeEva TizónAdela Otero

Mª Dolores GarcíaCarmen García-Rodeja Pilar Morandeira

Ángel GonzálezAgustín Lorenzo

J. A. AmedoJesús Fernández

X. A. GarcíaX. Rodríguez

5

Page 6: Reunión pais eso

IES PLURILINGÜE XOSÉ NEIRA VILAS CURSO 2013/14

IESP Xosé Neira Vilas

Instituto de Ensino Secundario PLURILINGÜE Xosé Neira Vilas de Oleiros

Centros Pluri l ingües

Son centros nos que se impartan nunha lingua estranxeira áreas ou materias non lingüísticas, cun

6

Page 7: Reunión pais eso

IES PLURILINGÜE XOSÉ NEIRA VILAS CURSO 2013/14

máximo dun terzo do horario lectivo, no Neira Vilas impártese en FRANCÉS a materia de

CIENCIAS SOCIAIS . O noso centro é plurilingüe desde o ano escolar 200-11; temos alumnos

plurilingües en 1º, 2º, 3º e 4º da ESO.

Actividades específicas para estes alumnos .-

O Departamento de Francés coordinador dos grupos plurilingües organiza actividades específicas

para estes alumnos , a destacar a “ VIAXE EUROPEA “ desde que se comezou esta

actividade o alumnado viaxou a Bruxelas, Roma, Lisboa e este ano a Xenebra onde visitarán

entre outras cousas a sede da ONU e o CERN ( Centro Europeo da Investigación Nuclear)

BACHIBAC .-

Para o alumnado participante nas Seccións Plurilingües queremos que fagan o Bachibac.

Bachibac é un programa de dobre titulación que, desde o curso escolar 2008/2009, se imparte

dentro da etapa de ensino secundario post-obligatoria en determinados centros bilingües

autorizados de España e Francia, e que permite a quen o cursan acceder a unha dobre titulación,

o título de Bachiller español e o de Baccalauréat francés, así como ao sistema de ensino superior

de ambos países.

De ser asi , en Galicia o IESP Xosé Neira Vilas sería o primeiro na nosa Comunidade Autónoma.

Outras actividades.-

Este ano organízase o VI INTERCAMBIO ESCOLAR co Collège Notre Dame Le Ménimur de

Vannes , en total levan participado mais de 200 alumnos desde 2º da ESO ata 1º de Bacharelato.

O Intercambio Escolar consiste fundamentalmente en acoller no seo da propia familia

unha alumna ou un alumno do centro francés, que veñen acompañados de dous profesores

durante a súa estadia en Oleiros e a súa vez as familias francesas acollen as/os súas/seus

fillas/os. Esta actividade ten unha duración aproximada de 10/11 días durante os cales a parte de

asistir a algunha clase no centro francés organízanse outras actividades como excursións para

coñecer a rexión, visitas a museos, etc... rematando o Intercambio cunha visita a Paris e a

Eurodisney.

Exames DO DELF .-

7

Page 8: Reunión pais eso

IES PLURILINGÜE XOSÉ NEIRA VILAS CURSO 2013/14

O Diploma de estudios en lengua francesa o DELF (Diplôme d'études en langue française

en francés), é un certificado que expide o Ministerio de Educación francés e que acredita o nivel

en lingua francesa de candidatos estranxeiros de países non francófonos.

Está compuesto por catro diplomas independentes correspondentes aos catro primeiros niveis do

Marco Común Europeo de Referencia para as linguas. Estos diplomas son A1, A2, B1 y B2.

A alumnado do noso centro ven realizando xa estos exámes dende hai varios anos, este ano

vintesete alumnos acadaron os certificados DELF. O alumnado que se presentou era tanto de

Secundaria como de Bacharelato e pola primeira vez presentáronse ao nivel A2 alumnos do

grupo plurilingüe de 3º da ESO . Mais información na páxina web do centro.

8

Page 9: Reunión pais eso

IES PLURILINGÜE XOSÉ NEIRA VILAS CURSO 2013/14

9

Page 10: Reunión pais eso

IES PLURILINGÜE XOSÉ NEIRA VILAS CURSO 2013/14

9