Rev. industrial (rafael fernández alonso)

25

Transcript of Rev. industrial (rafael fernández alonso)

Page 1: Rev. industrial (rafael fernández alonso)
Page 2: Rev. industrial (rafael fernández alonso)

REVOLUCIÓN AGRARIA: fonda transformación das técnicas e métodos agrícolas, emprego da maquinaria e modificación do cambio da propiedade.CONSECUENCIAS: aumento da cantidade de alimentos, aumento da poboación, desenvolvemento da revolución industrial (capitais, ampliación de mercados, man de obra).

● AGRICULTURA A FINAIS DO ANTIGO RÉXIME (s. XVIII):

– Sistemas de cultivo extensivos, policultivo de subsistencia, emprego de moita man de obra (75 % poboación).

– BARBEITO (bianual e trienal)

– Escaso desenvolvemento das actividades gandeiras.

– Baixa produtividade (deficientes ferramentas agrícolas, non uso de fertilizantes).

– Escasas innovacións técnicas (aumento da produtividade facíase pola roturación de novas terras).

– Crises de subsistencias (condicións climáticas adversas, esgotamento das terras) FAME, AUMENTO DA MORTALIDADE.

– Réxime da propiedade: pertencían á nobreza e á Igrexa. Protexidas legalmente, non se podían vender e mercar (morgados, mans mortas).

● Propiedade comunal: explotada por campesiños pobres.

Page 3: Rev. industrial (rafael fernández alonso)

CAUSAS das transformacións agrarias: S. XVIII aumento considerable da poboación, aumento dos produtos agrícolas e

manufacturas, aumento dos intercambios comerciais.PERO a mediados s.XVIII: produción agraria non foi ao mesmo ritmo que o crecemento

da poboación aumento dos prezos dos alimentos.

● SOLUCIÓN a este desfase : novos sistemas de cultivo e cambio na propiedade da terra en vez de roturar novas terras.

– Eliminización do barbeito e extensión das rotacións de cultivos:

● Novos cultivos que non esgotan o chan e permiten alimentar o gando: nabos, trebo, alfalfa, leguminosas...

● Lord Townshend: sistema Norfolk.

– Novas ferramentas e mellora das terras cultivables: emprego de ferro para os útiles agrícolas, perfeccionamento do arado, sementeiras, malladoras, uso da máquina de vapor para a maquinaria agrícola... extensión do regadío, uso de fertilizantes, selección de sementes e razas gandeiras...

– Aparición de sociedades e publicacións agronómicas para o fomento da agricultura.

– Cambios na mentalidade dos propietarios agícolas: baseadas no liberalismo económico (individualismo, buscar beneficios, introdución de melloras para aumentar a produción)

Page 4: Rev. industrial (rafael fernández alonso)
Page 5: Rev. industrial (rafael fernández alonso)
Page 6: Rev. industrial (rafael fernández alonso)
Page 7: Rev. industrial (rafael fernández alonso)

MODIFICACIÓNS NO RÉXIME DE PROPIEDADE: burguesía e pensadores liberais: substituír o anterior sistema de propiedades por outro

baseado na propiedade privada, explotación individual e considerar a terra como unha mercadoría que se poida vender e mercar libremente

● Os cerramentos británicos: eliminación e privatización da propiedade comunal actas de cerramento (enclosure acts) permitiron o cerramento de campos, terras baldías e comunais, pradarías abertas propiedades individuais

● Beneficiados os campesiños ricos e a aristocracia rural: eran os únicos que podían facer fronte aos gastos de construción das cercas dos campos e da súa explotación.

● Perxudicados: os campesiños pobres que traballaban as terras comunais éxodo rural, emigración

● Estes cambios estiveron impulsados polo aumento dos prezos agrícolas que facía atractivo o investimento en novas terras.

● España desamortización (Mendizábal e Madoz): transformación na supresión dos señoríos e na venda das terras eclesiásticas e comunais.

● Galicia eliminación do sistema foral (foros: contratos agrarios de longa duración).

Page 8: Rev. industrial (rafael fernández alonso)
Page 9: Rev. industrial (rafael fernández alonso)
Page 10: Rev. industrial (rafael fernández alonso)
Page 11: Rev. industrial (rafael fernández alonso)
Page 12: Rev. industrial (rafael fernández alonso)
Page 13: Rev. industrial (rafael fernández alonso)
Page 14: Rev. industrial (rafael fernández alonso)

Revolución industrial● 2 ENFOQUES DESTACADOS

Socialistas (Blanqui, Engels, Marx): defínese polas consecuencias sociais negativas que estaba a producir a expansión das máquinas e das fábricas (explotación do proletariado).

Produción feudal produción capitalista

Liberais (Toynbee, Mantoux): cambio profundo e radical polo que un país pasa desde unhas estruturas económicas agrarias a outras de predominio industrial (transformacións técnicas e materiais)

● INGLATERRA:

– Transformacións agrarias s. XVIII incremento da poboación éxodo rural: aumento dos consumidores que había que satisfacer as súas necesidades e incremento de man de obra barata para as fábricas.

– Desenvolvemento do comercio colonial: exportación dos produtos elaborados, novos mercados e accesoa materia primas. Mellora da rede interior (estradas, vías fluviais...)

– Beneficios da agricultura e comercio foron investidos en actividade rendibles: industria.

– Mentalidade empresarial e institucións políticas estables: liberalismo económico favorable aos intereses da burguesía

– Existencia de importantes xacementos de carbón.

Page 15: Rev. industrial (rafael fernández alonso)

1ª revolución industrial

● MECANIZACIÓN: renovación tecnolóxica dos distintos sectores productivos mediante a creación de numerosos inventos e máquinas específicas sustitución de man de obra incrementar a produción e a produtividade

Page 16: Rev. industrial (rafael fernández alonso)
Page 17: Rev. industrial (rafael fernández alonso)

http://www.claseshistoria.com/revolucionindustrial/%2Bmokyrmaquinavapor.htm

● Emprego da enerxía mecánica nos procesos produtivos grazas á máquina de vapor e o emprego de carbón

● Establecemento do sistema fabril (factory system) FÁBRICA: concéntrase as máquinas e os homes baixo unha dirección centralizada, divide o traballo en tarefas específicas e obtense o máximo rendemento dos traballadores baixo disciplina.

● Desaparece o traballo artesanal en pequenos obradoiros ou nas casas particulares dos campesiños (domestic system)

Page 18: Rev. industrial (rafael fernández alonso)

● Desvalorización do traballo humano:

– Protagonismo das máquinas no proceso produtivo (maior produción e uniformidade nos produtos).

– Incremento da xornada laboral, man de obra de escasa cualifición (mulleres, nenos) con baixos salarios.

– Despersonalización das relacións entre empresarios e obreiros (mercadoría máis que se compra e vende a cambio dun salario).

● Autofinanciamento: reinvestimento constante das ganancias (financiadas basicamante de carácter familiar na mellora e ampliación da empresa.

Page 19: Rev. industrial (rafael fernández alonso)

SECTORES PUNTEIROS: industria téxtil

● Gran tradición en Inglaterra (la): desde finais s. XVI importancia da produción téxtil: grandes rabaños de ovellas, excelente la, apoio da Monarquía satisfacía a demanda interna e era apreciada no exterior.

● s. XVII Indianas: tecidos de algodón estampados de procedencia oriental. Competencia cos tecidos tradicionais. Parlamento inglés prohibe a súa importación pero a demanda permanecía numerosos talleres se dedicasen o tecido de algodón procedentes das colonias.

● Incremento da demanda estimulou innovacións técnicas (máquinas de fiar, lanzadeira voante, tear mecánico...)

● Sustitución da la polo algodón (abundante e barato, resistente, fácil de mecanizar, diversificación de tecidos, amplo mercado -zonas frías e cálidas-)

● Sustitución dos obradoiros tradicionais e a domicilo polas fábricas.● Rápida estesión por Europa e localización específica (portos e zonas

con tradición téxtil)

Page 20: Rev. industrial (rafael fernández alonso)

SECTORES PUNTEIROS: industria siderometalúrxica● A crecente demanda de ferro para a fabricación de ferramentas e máquinas

estimulou a transformacioón do sector.

● Altos fornos e emprego de carbón mineral sustituíron as pequenas fundicións (fragas) e o emprego de madeira como fonte de combustión.

● Transformación grazas a numerosas innovacións técnicas:

● Abraham Darby: transforma a hulla (carbón) en coque (carbón mineralizado), máis poder calorífico. Úsase na fundición do ferro.

● John Wilkinson incorpora a máquina de vapor nos fornos de fundición e nos martelos de laminación.

● Henry Cort obtén ferro de maior calidade reducindo o contido de carbono.● Incremento da produción de ferro e extracción da hulla como fonte de enerxía.

Inglaterra contaba con grandes filóns. Carbón e ferro símbolos da industrialización.

● Novas fundicións de ferro localízanse preto das minas e portos.

● Paisaxes típicas industriais: altas chemineas, “cidades negras”, aparición de talleres de transformación, aparición de novas máquinas que facían topdo tipo de produtos.

Page 21: Rev. industrial (rafael fernández alonso)

A industrialización en Europa no século XIX

Page 22: Rev. industrial (rafael fernández alonso)

OS TRANSPORTES: o aumento da produción agrícola, mineral e industrial estimulou a aparición de novos medios de transporte que permitisen levar eses produtos de forma barata e rápida a todos os produtos

● FERROCARRIL: aplicación da máquina de vapor no arrastre de vagóns deu lugar á invención da locomotora (Stephenson) e do ferrocarril.

– 1825 1º tren mineiro en Inglaterra.

– 1830 1º tren pasaxeiros (Manchester-Liverpoool)

● Grao de desenvolvemento diferente no resto e Europa dependendo dos diferentes ritmos de industrialización

● A construción de vías férreas estimulou a industria mineira e siderúrxica dando ocupación a gran cantidade de man de obra.

● Ampliación e interrelación de mercados.

● A necesidade de capitais contribuiu ao desenvolvemento do sector financeiro e bancario.

Page 23: Rev. industrial (rafael fernández alonso)
Page 24: Rev. industrial (rafael fernández alonso)
Page 25: Rev. industrial (rafael fernández alonso)

● O BARCO DE VAPOR: – O emprego da enerxía de vapor tardou máis tempo en

xeneralizarse. Os primeiros barcos de vapor (Fulton) empregáronse no transporte fluvial.

– 1817 1º barco de bapor en España “El Fernandino”.

– 1818 “Savannah” 1º barco que cruzou o Atlántico.

– Ata finais do s.XIX a navegación a vapor non desbancou definitivamente a navegación a vela nas rutas marítimas a longa distancia

– Acurtáronse distancias: canais de Suez (1869) e Panamá (1914). melloráronse as instalacións portuarias.

● CONSECUENCIAS:

– Excedentes agrarios e industriais puidesen ser colocados en mercados nacionais e internacionais.

– Mundialización da economía: especialización produtiva de rexións enteiras e incremento da produción.

– Posibilidade de comunicación rápida entre lugares provocou cambios de hábitos da sociedade.