Revista 2013 2014 web

48
Miguel Angelo Pereira PCPI- Carpintaría

description

 

Transcript of Revista 2013 2014 web

Page 1: Revista 2013 2014 web

Miguel Angelo PereiraPCPI- Carpintaría

Page 2: Revista 2013 2014 web
Page 3: Revista 2013 2014 web

LIMIAR

Permitídeme que este ano sexa eu quen escriba este limiar.

Outro xuño máis, chegan estas datas e cando me poño a montar a revista doume de

conta do rápido que pasou o curso.

Penso en todo o que levo vivido neste centro e lémbrome de todos aqueles alumnos e

alumnas, compañeiros e compañeiras que pasaron por el e percátome da cantidade de anos

que pasaron, practicamente a metade dos anos que levo traballando.

Penso no que cambiou o centro neste período de tempo: cambios producidos por

diversos motivos, profesionais, lexislativos, personais..., cambios que á vez se producen en un

mesmo.

Nesta páxinas procúrase reflectir algúns dos traballos e actividades que se

desenvolveron neste 2013-2014. Gustaríame que saísen outros moitos que quedaron no

tinteiro, pero nestas datas a todos nos pilla o touro.

Aínda que parte do alumnado, neste momento, case non valore esta revista, sei que

pasados os anos si que a buscarán pola casa na procura de caras, recordos... e agradecerán

poder tela.

Penso tamén nalgún mozo e nalgunha moza dos que rematan a súa estancia aquí. Eles

non o lembran, pero eu si. Vénme á mente ese primeiro día, cando viñan para estudar no

instituto en 1º ESO, e achegáronse a min para que lles informase de como era o centro.

Seguramente que algún deles, agora que marchan, gustaríalles quedar.

Por último, deixádeme aproveitar a ocasión para felicitar, en nome do centro, a todos os

alumnos e alumnas que neste curso se gradúan na ESO, e tamén a aqueles que, sen obter o

título, marchan por diferentes motivos. Espero que lembren agradablemente a súa estancia

aquí e, sobre todo espero que a formación adquirida en todos os ámbitos lles sexa útil no futuro.

Miguel Ortega

Page 4: Revista 2013 2014 web

Bellón González, José ManuelCives Blanco, Gabriel

do Rego Martínez, FabioEnriquez Fernández, Azael

Fernández Leira, XianaGago Castro, Carla

García Muiños, José ManuelJiménez Cortiñas, Rubén

Jiménez Montoya, Talia del CarmenPato Romero, Aicha M.

Prieto-Puga Gonzáles, ClaudiaRodeiro Rañales, Pablo

Rodríguez Rodríguez, ElisaSalazar Conchado, Jonathan

Salazar Jiménez, Juan AntonioSalazar Monteiro, MiriamSalazar Monteiro, Moisés

Silva Romero, IsaacTatyanova Petkova, Eli

1 ESO “A”º

Page 5: Revista 2013 2014 web

Castro López, LaraCorrea Fajín, Agustina Belén

Fernández Castro, Leroy AntonioFerreira Pinto, Alexandre Inácio

Jiménez Monteiro, AdánKahia Gonzalez, Bela Jasmín

Lorenzo Rodríguez, PaulaLoureiro Cela, Lucía

Mamet, RamónMartínez Estévez, Mario

Monteiro Romero, CristianMonteiro Romero, Tabita

Monteiro Romero, TamaraMouriz Gorgozo, Alejandro

Pérez Pereira, DanielPrieto Vilariño, Cristian

Rey Vidal, AndréRoca Pérez, María

Salazar Conchado, RamónSuárez Barrul, Marta

1 ESO “B”º

Page 6: Revista 2013 2014 web

Aguirre Franco, BraisBarcia Villaverde, AarónCampanario Akdim, JuanChica Salazar, Mike Davis

Díaz Fonticoba, XoánFernández Embade, Anxo

González López, ZeltiaMárquez Fernández, Mónica

Martínez Aguiar, NereaMonteiro Romero, Selene

Paz Lorenzo, SergioRodríguez Fernández, Ángela

Rodríguez Polo, JoannaSalazar Borja, Diego

Salazar Jiménez, BegoñaVarela Fernández Jonathan

2 ESO “A”º

Page 7: Revista 2013 2014 web

Aneiros Sabín, AndreaCurto Benito, Alejandro

de Aviz Queiroz, Yuri Tadeodo Rego Martínez, Leandra

Expósito Bello, MarcosOsorio, Cristian

Maceiras Santiago, CarolinaMartínez Ferreño, AlfonsoMedín Fernández, David

Rama Carneiro, AlbaSaavedra Pérez, Alberto

Salazar Fernández, BibianaSaldaña Vidal, Daniel

Vergara Santiago, Natalia

2 ESO “B”º

Page 8: Revista 2013 2014 web

Aguiar Couce, LauraÁlvarez Medín, José Manuel

Blanco González, PatriciaCadenas Gonzáéz, Adrián

Castro Couce, IvánChamosa Rey, AarónCorral Pérez, Tamara

Díaz Otero, AdriánFernández Fernández, Paula

Fernández García, Juan GabrielGarcía Barca, Mario

Iglesias Botana, RaquelLeira Díaz, Oscar

López Álvarez, IreneLópez Carballeria, Pablo

Loureiro Cela, PabloMoreira Paulino, Sasha Meg

Moreno Bello, KevinPrieto Vilariño, NereaRamos Bogo, Irene

Ramos Martínez, LauraSalazar Jiménez, Fátima

Sedes Ricoy, SaúlSeoane López, Daniel

Sixto Senra, CristelSuárez Díaz, Rubén

Tizón González, Nuria

3 ESOº

Page 9: Revista 2013 2014 web

Aguirre Franco, AdriánAusín Neira, Miguel

Bouza Vilar, EloyChao Calvo, Gloria

Chica Salazar, Kelvin ArielCortizas Rodríguez, Adrián

Fernández Campos, GabrielGarcía Bouza, José Manuel

García Graña, FernandoGarrote Hermida, AidaLópez Prieto, DesiréMéndez Díaz, Carlos

Monteiro Vargas, AbrahamPorca Lorenzo, DiegoRegueira Pena, Irene

Rivera González, Francisco JavierRodríguez López, Santiago

Romero Rico, AinoaSantos Leira, Erik

Teixeira Carrodeguas, Inés

4 ESOº

Page 10: Revista 2013 2014 web

Acuculitei, Andrei FlorínCosme de Oliveira, Bruno Miguel

de Costa Barros, Tiago MiguelFontela López, Carolina

Freire Calvo, RaquelIglesias Fernández, Estefanía

López Mariño, AlejandroMartínez Rodríguez, Jennifer

Martínez Villalobos, BraisPaz Pérez, Jonathan

Pereira Soares, Miguel AngeloSanjurjo Rodríguez, Hector Manuel

PCPI

Page 11: Revista 2013 2014 web

ALGUNHA DAS ACTIVIDADES DA BIBLIOTECA

DÍA DE SAN VALENTÍN:Este curso a biblioteca agasallou a TODA a comunidade educativa cun “chuchepoemas” (un caramelo real envolto nun poema).

Page 12: Revista 2013 2014 web

ENTROIDO:

Tamén o Entroido xira en torno ao tema anual da biblioteca. O venres de Entroido previo ás breves

vacacións, organizamos, xunto co EDLG, unha xornada especial onde se premian os mellores

disfraces relativos ao tema. No curso 2013-14, dedicado á poesía, desfilaron e declamaron no noso

centro: dous Quevedos, un Garcilaso, un Rafael Alberti, Vicente Risco, Castelao, Manuel Antonio, ... e

mesmo dona Emilia Pardo Bazán, entre moitísimos outros.

Page 13: Revista 2013 2014 web

E a Literatura Galega con Rosalía, Castelao, Vicente Risco, Manuel Antonio e

Rafael Alberti infiltrado.

Velaquí os séculos dourados.

Page 14: Revista 2013 2014 web

DÍA DO LIBRO:

Celebrámolo na semana do 21 ao 25 de abril, sendo o venres o día grande, cando se suspenden as

clases no recreo e dedicamos o resto do día á exaltación do libro. As actividades coas que gozamos

foron:

Maratón de lectura: a cargo de dúas alumnas de 4º E.S.O. que percorreron todas as aulas a

primeira hora identificadas con bandas e carregadas de poemas para leren cos alumnos de cada

grupo, nun sistema de lectura compartida na que cada alumno tiña que ler o verso sinalado que

lle tocou no total de versos do poema.

Xornada de “portas abertas” dos Clubes existentes no centro: de lectura xuvenil de 1º ciclo, de

lectura xuvenil de 2º ciclo, de Manga e Anime, e de Xadrez; que aproveitaron a ocasión para

intentar captar novos adeptos.

III Feira do Libro Solidaria, na que

recadamos cartos para a Cociña

Económica de Ferrol

Rematamos a xornada coa entrega dos doce premios para as catro modalidades do Concurso do Día do

Libro: Crea un Poema, Tunea o Poema, Poema en Power Point e Marcadores con Poema. Salientamos

a calidade e beleza dos traballos presentados en Power Point, Impress ou en formato vídeo polos nosos

alumnos.

FELICIDADES A TODOS!

Page 15: Revista 2013 2014 web

CONCURSO SEMANAL DA BIBLIOTECAO venres 30 de maio, todos os participantes no concurso semanal da Biblioteca gozaron merecidamente dunha festa con merenda e lambetadas organizada para eles na cafetería do centro. Houbo regalos para todos pero ademais, os membros do equipo gañador recibiron cadanseu premio composto por: un libro, un par de auriculares para escoitar música e un marcador conmemorativo.

OS NOSOS PARABÉNS A TODOS OS PARTICIPANTES! AGARDÁMOSVOS O VINDEIRO CURSO…

TUNEA A GATA CATAEste curso 2013-14, o tema elixido para a Biblioteca foi A Poesía. Coma todos os anos, convocamos un concurso para disfrazar a mascota; nesta ocasión foi Marcos Expósito Bello, de 2º B quen obtivo o premio ao mellor deseño. Nesta foto vémolo na Biblioteca recibindo o agasallo de mans da súa titora. Felicidades a ambos!

Page 16: Revista 2013 2014 web

CONCURSO DA BIBLIOTECA CURSO 2013-2014

COMA XA VOS COMENTAMOS QUE A MASCOTA DA BIBLIOTECA É UNHA GATIÑA QUE CAMBIA CADA ANO

SEGÚN O EIXE TEMÁTICO.

O concurso da biblioteca sempre desenvolve o tema xeral, é dicir, o eixe temático de cada ano concreto. Este curso, como non podía

ser doutra maneria, os nosos traballos xiraron en torno á poesía e, durante 15 recreos , os concursantes buscaron información sobre

poemas e poetas tan coñecidos como Rosalía de Castro, Eduardo Pondal, Becquer, Neruda, Rubén Darío,Eugéne Grindel,……. E,

por suposto, Xosé María Díaz Castro, o poeta homenaxeado nas Letras Galegas 2014.

Desde estas páxinas queremos agradecer a participación dos alumnos e animalos para que sigan participando en anos sucesivos.

Comezaron catro grupos e remataron os catro, así que foron constantes. Poucos pero bos!

Aí van as fotos dos nosos concursantes na festa de entrega de premios.

Page 17: Revista 2013 2014 web

AS GAÑADORAS DESTE ANO FORON AS RAPAZAS DO EQUIPO BELMA, DE 1º B : LUCÍA,

BELA E MARÍA.

NORABOA E ATA O CURSO QUE VÉN!

Page 18: Revista 2013 2014 web

OBRADOIROS CO POETA RAÚL VACAS POLO:

O pasado martes 13 de maio acudiu á nosa chamada o célebre poeta salmantino Raúl Vacas Polo, autor entre outras moitas obras, de Esto y ESO e Consumir preferentemente que tanto gustaron este curso aos nosos alumnos.Recitou poesía empregando un megáfono, facendo maxia e mesmo recreando a escea dun crime. Despois, reuniuse en petit comité cos membros dos Clubs de Lectura de Adultos e Xuvenil.

Page 19: Revista 2013 2014 web

SAÍDA DO CLUB DE LECTURA XUVENIL A BETANZOS

Con ocasión da apertura do novo punto de venta de Biblos en Betanzos e como agradecemento á

colaboración tan estreita que sempre mantivemos co IES As Mariñas (con quen o EDLG deste centro edita

en conxunto un folleto especial polas Letras Galegas), o martes 3 de xuño realizamos unha actividade de

contacto co Club de Lectura dese centro. Por suposto, mercamos libros aproveitando a visita e cada un dos

16 alumnos recibiu un agasallo “lector” por parte dos coordinadores do Club. Pois o noso obxectivo sempre

é recompensar a lectura e a implicación dos rapaces no Club.

Visitamos o Museo Internacional da Estampa onde os alumnos, tras unha clase teórica sobre os tipos de gravado, tiveron ocasión de asistir a un obradoiro no que eles mesmos realizaron un gravado que trouxeron de recordo. Cando chegou a hora de comer, acudimos ao célebre Pasatempo e ao remate deste pequeno lecer, fixemos un percorrido cultural pola cidade de Betanzos e paramos no cruceiro de Santa María de Azougue onde tiramos unha foto igualiña que a de Lorca.

Page 20: Revista 2013 2014 web

CLUB DE LECTURA DE ADULTOS

Dende a Biblioteca do I.E.S. Catabois, convidamos a todos os pais, avós, irmáns de alumnos, exalumnos e a

calquera membro maior de idade da nosa comunidade educativa, a formar parte do Club de Lectura de Adultos

“José Beceiro” do noso centro.

Reunímonos o primeiro martes de cada mes ás 18'15 h. na biblioteca para falar do libro que limos o mes

anterior e intercambiar opinións. Os exemplares subminístraos a propia biblioteca que tamén admite

suxestións de lectura. E en moitas ocasións, temos a oportunidade de coñecer en persoa a algún dos

autores lidos que aceptan a invitación de acudir ao noso centro.

Animádevos a participar!!!

Page 21: Revista 2013 2014 web

VISITA AU MUNCYT E PRÁCTICA DE LABORATORIO NA DOMUS

O martes 21 de xaneiro, os nosos alumnos de 1º de E.S.O. visitaron o MUNCYT e a Domus en A Coruña. Tres

semanas máis tarde, o martes 18 de febrero, os alumnos de 3º /4º acudiron tamén as instalacións do Muncyt

onde realizaron con moito éxito un xogo de investigación proposto polo persoal do museo.

Na Domus, realizaron unha práctica de laboratorio relacionada coa investigación sobre a transmisión e a vacina

da malaria.

Cremos que espertaron algunas vocacións

científicas …

Page 22: Revista 2013 2014 web

VIAXE Á NEVE

Este ano visitamos Boi Taül.

Queredes saber como a viviron os que tiveron a sorte de ir? E… que facían mentres os que quedaron? Velaí

vos van algúns fragmentos deses días:

DIEGO, sábado 8

Erguinme ás 11:00. Fun durmir á casa dun compañeiro porque tiñamos que coller o bus do equipo ás 12:15

para Vigo. Foi o meu primeiro partido en Nacional no que marquei un gol. Volvemos á casa e chamei a

Miguel e estivemos falando da viaxe en bus. Díxome que xa comezaran a aparecer amizades moi fortes e

que estaban cansos pola viaxe.

GLORIA e AINOA, martes 11

Comezamos o día chegando ao instituto. Tivemos unha saída polo Ferrol modernista, pasando antes polo

singularmente decorado barrio de Canido. Foi unha mañá diferente e moi amena para os que non fomos á

neve de 4º A.

GABRIEL, mércores 12

Eu non fun de excursión. Ese día non fun ao instituto.

Pola mañá collín a bicicleta e fun dar unha volta polo

barrio. A xente mirábame con asombro, con cara de:

“Que fai este rapaz na rúa a estas horas?” Dábame

un pouco de corte.

Logo de xantar fun ao ximnasio onde paso o meu

tempo de ocio. Tras rematar o meu programa din

unha ducha xélida pola avaría da caldeira e para á

casa. Un colacao con galletas e a durmir, agardando

por un amencer tan bo como o deste día.

JAVIER, domingo 9

Espertei no autobús tras atravesar Francia. Paramos a xantar. Vimos un lugar con moi boa pinta pero as

aparencias enganan. De seguido fomos dar unha volta ía moitísima calor. Regresamos ao bus e

retomamos a viaxe.

Ao chegar descargamos a equipaxe e acomodámonos nas nosas habitacións.Tivemos unha reunión onde

nos deron toda a información. Fomos relacionarnos coas demais rapazas dos outros institutos (Ferrol Vello

e un de Vigo) e pola noite fomos ao cuarto das nosas nenas todos xuntos, os dos tres coles.

Foi unha experiencia incrible. Non podedes deixar de ir para o curso que vén.

ADRIÁN, luns 10

Xa na noite do domingo fixeramos moi boas migas coas nenas de Vigo. Logo fomos dar un unha volta

Irene, Santi e mais eu. De volta aos apartamentos a Solana, Carlos, Miguel, Santi e máis eu durmimos

no mesmo cuarto.

O luns ás oito menos cuarto puxémonos en pé e comezamos unha rutina de clases e descanso que se

repetiría toda a semana.

Page 23: Revista 2013 2014 web

DESIRÉ, xoves 13

A mañá foi coma todos os días. Erguerse ás sete, prepararse, almorzar, clases de esquí, as pistas, xantar,

máis esquí e ás catro xa no bus para volver para o hotel. Chegamos, preparámonos e fomos xunto os nenos

dos outros institutos, os do Ferrol Vello e mais os de Vigo. Estivemos todos xuntos falando sobre o que

iamos facer ese día. Chegaron as oito e fomos cear. Moito rimos. Logo á discoteca do resort. Esa noite era a

última que nos quedaba no hotel.

Repetiría esta experiencia pola boa compañía, polos bos amigos que levo e porque son experiencias únicas

na vida.

MIGUEL, mércores 12

Como cada día, erguémonos ás sete e media ou oito menos cuarto. Almorzamos os croissants e o leite co

colacao. Fomos á estación de esquí ás nove e ás dez comezabamos as clases ata as doce do mediodía.

Deixábannos un pouco libre e á unha iamos xantar todos xuntos. Cando terminamos deixáronnos esquiar

por libre ata as catro e media. Recollemos o material e volvemos ao hotel. Cando chegamos, chamounos

Diego e contámoslle todas as caídas que houbo ese día. Máis tarde o mestre do Ferrol Vello nos levou a un

spa e foi moi divertido. Lodo ceamos e pola noite houbo algúns enfados por mor dos celos. Ao final do día

xurdiu a primeira relación da excursión e acabamos indo á discoteca.

FER E SANTI, xoves 13

Como xa era costume, os meus compañeiros e eu erguémonos no último momento grazas á nosa

compañeira Irene que semellaba ser o noso espertador particular. Almorzamos e fomos esquiar. Ás catro

regresamos ao hotel e pasamos a tarde dando voltas dunha habitación á outra. Logo de cear decidimos ir

todos xuntos á discoteca para gozar da última noite, cousa que foi boa idea.

A viaxe resultou unha experiencia moi grata e que eu aconsellaría a todos os que quedan no instituto.

Page 24: Revista 2013 2014 web

22

IRENE, venres 14

Logo de almorzar pechamos as maletas e deixámolas en consigna mentres fomos esquiar. Parecía que ía

ser unha xornada agoniante pero non foi así. Como era o último día fixemos un pouco o “animal” . Decidimos

non marchar sen probar a pista negra. Asustaba un pouco, pero alá fomos. Xa de volta de esquiar,

aseámonos e collemos as cousas do hotel. Era a hora das despedidas.

Para min foi unha experiencia inesquecible, xa que tamén coñecemos xente moi simpática doutros

institutos.

Recoméndovos esta viaxe aos que fagades 4º para o curso que vén.

AIDA, sábado 15

Camiño de Ferrol. Todos estabamos moi cansos. Sobre as dúas da mañá algúns xogamos ás cartas no bus.

Achegábase a hora das despedidas e eu polo menos estaba moi triste. Todos eran xeniais.

Pensaba que non ía durmir na viaxe de volta.

Chegamos ás seis e media da mañá e decidimos almorzar todos xuntos. Despedímonos con bicos e

apertas e cando xa marcharon quedei moi triste. O resto do día paseino durmindo.

É unha excursión moi recomendable. Coñeces moita xente e divírteste moito.

Page 25: Revista 2013 2014 web

Miguel Angelo Pereira Soares. PCPI- Carpintaría

LINGUA PORTUGUESA

O mundo é grande

O mundo é grande e cabenesta janela sobre o mar.

O mar é grande e cabena cama e no colchão de amar.

O amor é grande e cabeno breve espaço de beijar.

CARLOS DRUMOND DE ANDRADE

Page 26: Revista 2013 2014 web

Os que marchan Aínda sendo conscientes das incertezas que xera decidir o tipo de estudos que escollerán ao rematar a ESO no noso Instituto, e que ademais aínda teñen tempo a decidir por onde van a orientar o seu futuro, preguntámoslle ao alumnado de 4 que profesión lles gustaría estar a exercer ºno ano 2024, é dicir, dentro de dez anos, e aquí están as súas respostas:

Adrián AguirreMilitar

Miguel AusínMatemático

Eloy BouzaGarda forestal

Gloria ChaoAdministrativa

Kelvin ChicaMilitar

Adrián CortizasAstronauta

Gabriel FernándezFisioterapeuta

José M. GarcíaLoitador profesional

Fernando GarcíaBombeiro

Aida GarroteProfesora

Page 27: Revista 2013 2014 web

Diego PorcaMecánico

Irene RegueiraEd. Infantil

Fco. Javier RiveraPiloto

Desiré LópezAux. Enfermería

Carlos MéndezMilitar

Abraham MonteiroFutbolista

Santiago RodríguezArquitecto

Ainoa RomeroEd. Infantil

Erik SantosEnfermeiro

Inés TeixeiraPolicía

Page 28: Revista 2013 2014 web

DEPARTAMENTO DE E.F.

Din que “Se a montaña non vai a Mahoma, Mahoma terá que ir á montaña”. Pois ben, no departamento de E.F., adaptamos esta frase ás nosas circunstancias: é dicir, dámoslle a volta. Como moitos dos nosos rapaces non practican actividade deportiva fóra do horario escolar, e pensamos que ás veces é por falta de motivación, descoñecemento ou información sobre as posibilidades e variedade da oferta deportiva que teñen no seu entorno, o que facemos é "traer a montaña": tentar acercar unha variedade de actividades deportivas ou físicas non habituais pero que están ó seu alcance; para que as coñezan, practiquen uns días e, se é posible e lles gustan, terminen apuntándose e practicando no seu tempo libre. Porque pensamos que ese é un dos obxectivos máis importantes da materia: intervir nos séus hábitos de vida, facendo que sexan máis saudables por medio do exercicio, da actividade física. Que incorporen a práctica dun deporte á súa rutina diaria ou, alomenos, semanal.Este curso, as actividades que trouxemos foron as seguintes:-Capoeira e Wing-tsun no mes de marzo.

- Kick-Boxing no mes de abril.

Page 29: Revista 2013 2014 web

- Yoga e Esgrima no mes de maio (Esgrima só para primeiro ciclo).

Desde o departamento, queremos agradecer o esforzo dos profesores invitados a colaborar connosco, e a súa simpatía e dedicación as semanas que estiveron nas nosas clases. Eles son Xavier, Luis, Emilio, Macarena e Bea. E, aínda que toda a información necesaria para aqueles interesados en continuar xa foi dada -e de feito temos alumnos apuntados nalgunha delas desde entón todos os que queirades máis información ou contacto para seguir a práctica, podedes acudir a nós e daremos todos os datos que necesitedes. Animádevos a levar unha vida activa e saudable, practicando exercicio!

Page 30: Revista 2013 2014 web

� Proxectos de Tecnoloxía en 4º de ESOOs alumnos e alumnas do grupo de 4ºA que cursaron a materia optativa de tecnoloxía, deseñaron e construíron, como parte do desenvolvemento da materia, varios sistemas robóticos. Tras aprender durante uns meses algúns conceptos básicos sobre circuítos e elementos electrónicos, control de procesos e programación, realizaron os seguintes proxectos.

Robot segue-liñas

Trátase dun vehículo autopropulsado que é

quen de recoñecer diferenzas de color na

superficie sobre a que se despraza. Neste caso foi

programado para seguir de xeito autónomo unha

liña negra pintada no chan.

Page 31: Revista 2013 2014 web

Robot segue-luz

Desta volta trátase tamén de un vehículo

autopropulsado que é capaz de recibir

información sobre o nivel de luz ambiental. Foi

programado para que a súa traxectoria poida ser

guiada cunha lanterna enfocada cara a el, xa

que en todo momento se moverá cara onde

detecte maior intensidade de luz.

Page 32: Revista 2013 2014 web

Sistema automático de control de nivel de auga en tanques.

O sistema de control deseñado é quen de

recibir información sobre cando o nivel de auga de un

depósito se atopa nun nivel mínimo ou máximo e

actuar sobre unha bomba que extrae auga de

devandito tanque cando é mester. O sistema foi

programado para que, cando o depósito estea

recibindo unha cantidade de auga e acade o nivel

máximo, se poña en marcha a bomba que baleira a

auga, ata acadar de novo un nivel de seguridade.

Page 33: Revista 2013 2014 web

Pola súa banda, os alumnos e alumnas do grupo de 4º PDC, despois de ter aprendido os conceptos básicos

sobre electrónica analóxica e sistemas de comunicacións, levaron a cabo un proxecto no que construíron

un sistema de intercomunicadores de sobremesa. Os intercomunicadores construídos permiten a

transmisión simultánea de voz dun a outro a través dun fío de datos, tal e como ocorre, por exemplo, no

porteiro automático de unha vivienda.

Intercomunicadores de sobremesa.

Page 34: Revista 2013 2014 web

EDLG E DEPARTAMENTO DE LINGUA

MAGOSTO E SAMAÍN

Como todos os anos, no tempo do Samaín organizamos o concurso de relatos de medo e mais de cabazas.

Velaí tedes as vosas cabazas camiño do Quilómetro do terror organizado polos Empresarios, Comerciantes e

Hostaleiros de Catabois (E.C.HO.).

Gústavos gata Cata da biblioteca disfrazada con motivos do

Samaín? É obra de Eli Tatianova Petcova de 1º A. Graciñas, Eli.

Page 35: Revista 2013 2014 web

NADAL

Logo veu o Nadal e celebrámolo cun festival o 20 de decembro divertíndonos moito.

Algunhas das nosas alumnas amosaron o seu talento cantando e bailando: Bibiana Fernández, Natalia

Vergara, Cristel Sixto, Eli Tatyanova, Elisa Rodríguez e Aicha Pato.

Tamén xogamos ao xadrez,ao futbolín, ao tenis de mesa e ao baloncesto.

Page 36: Revista 2013 2014 web

Bela Kahia agasallounos coa interpretación dunhas pezas musicais co violín e varios alumnos de 1º E.S.O.

recitaron poemas coa súa fermosa música de fondo. Grazas a todos eles: María Roca, Lucía Loureiro,

André Rey, Pablo Rodeiro e Claudia Prieto.

E por fin, a esperada entrega de premios do concurso de cabazas e de relatos de medo promovido por

E.C.H.O. e polo EDLG. Asemade entregáronse os premos do concurso de postais de Nadal e que cada

ano convoca a Biblioteca do centro. Velaquí algúns dos galardoados cos seus titores. Parabéns a todos e a

todas.

Page 37: Revista 2013 2014 web

Chegou febreiro e con el o día do amor. O EDLG colaborou coa Biblioteca na confección dos

chuchepoemas. E así, o 14 celebramos no IES Catabois o día de San Valentín agasallándonos cos

chuchepoemas que levabamos preparando toda a semana. A idea era sinxela: un caramelo envolto nun

poema, dedicatoria ou frase que entregariamos a quen nos importase moito.

CELEBRACIÓN DÍA DE ROSALÍA

Este ano celebramos os versos e a figura da nosa Rosalía de Castro confeccionando unhas camisolas moi

poéticas. Desde o Concello de Ferrol ofrecéronnos o obradoiro e aí tedes as vosas creacións

Page 38: Revista 2013 2014 web

ENTROIDO NO I.E.S. CATABOIS 2014

Coma todos os cursos, o noso Entroido xira ao redor do tema eixe da biblioteca. Este ano tócalle á poesía

(por fin!), e polo noso instituto pasaron Quevedo, Garcilaso, Rosalía, Emilia Pardo Bazán, Rafael Alberti,

Góngora, Safo, Virgilio, Manuel Antonio, Vicente Risco, ... Qué ben o pasamos! Comprobádeo mirando as

fotos.

Unha xeración Nós moi particular foi a

encargada de presentar o festival.

Agradecemos, coma sempre, a colaboración

d e E . C . H . O . q u e x e n e r o s a m e n t e

subministrou os agasallos para os mellores

disfraces en forma de cataleuros.

Page 39: Revista 2013 2014 web

VISITA DE ANDREA MACEIRAS

En Abril

O 28 de marzo visitounos unha autora. Ese martes, o alumando de 1º e 2º da ESO tivo unha clase especial.

A profesora foi , filóloga e amante da natureza que nos adentrou no Andrea Maceiras Segredo do lagarto

Arnal. Non, non foi unha clase de Bioloxía sobre os réptiles. Foi unha clase de Literatura Galega sobre

narrativa contemporánea. Concretamente, unha charla sobre o seu libro.

Explicounos o significado dos alcumes dos seus protagonistas: Arnal, Avelaíña, Buxo, Bolboretiña...

Por certo, terá alcume Andrea? Arriscádesvos a poñerlle algún? Falounos do difícil que é ás veces amosar o

diferentes que somos.

Tamén aprendemos que hai especies que se dan a coñecer día a día e especies que desaparecen

por mor da pésima xestión do ecosistema que está a desenvolver o home.

Andrea respondeu a todas as vosas dúbidas e curiosidades, incluso cando lle preguntastes sobre o

argumento doutras dela. obras

Para rematar a xornada asinou exemplares. Andrea deixou a pegada do Arnal nos vosos libros.

Gozade da lectura desta autora, medraderes con ela.

Page 40: Revista 2013 2014 web

ANDREA MACEIRAS TRÓUXONOS NUBES DE EVOLUCIÓN EN MAIO

Neste mes de maio predominaron as nubes no IES

de Catabois.

Primeiro achegáronse polo centro os Nimbos de

Xosé María Díaz Castro que cubriron o instituto dun

xeito especial o pasado 16 de maio.

O 20 de maio, , tróuxonos desde o Andrea Maceiras

leste Nubes de evolución.

A autora xa estivera coa rapazada de 1º e 2º da ESO

falándolles do Segredo do lagarto arnal.

Desta volta tocáballes aos do segundo ciclo da ESO escoitar como Andrea lles explicaba, experta como é en meteoroloxía literaria, cal foi o proceso da formación de Nubes de evolución.

Falounos do frío que vai nas estacións de autobuses e das vidas que podemos imaxinar dos seus transeúntes. Falounos de cine, de arte, de pintadas, da "Angie" dos Rolling Stones... e da Ánxela que gustaba especialmente desta canción e que é o nó que enlaza a Amanda, o Uxío, o Luís e o resto dos personaxes.

Andrea revelounos por que elixiu esa canción. Pero nós, coma ela tamén preferimos os versos de Cantares gallegos da nosa Rosalía: "Cóbreme unha espesa nube

tal preñada de tormentastal soidás preñadaque a miña vida envenenada”

E que terán que ver os Rolling con Rosalía?

Gozade da lectura dunha obra da que, segundo o voso profesor Henrique Dacosta: "tematicamente podemos falar dun canto de esperanza á vida, pois Amanda tira partido da súa coraxe para arranxar contas co seu pasado e refacer a súa vida, á vez que a doutros" e onde "hai certos ecos do filme ".Amelie

Agardamos te volva a traer axiña. Andrea

Page 41: Revista 2013 2014 web

SEMANA DO LIBRO

Chegou abril e con el a Semana do Libro. Unha vez máis o Departamento de Lingua e mais o EDLG se

volcou coa Biblioteca nesta celebración.

Ainhoa e Irene (4º E.S.O. A, integrantes do EDLG) levaron a todas as clases un maratón de lectura e

poesía e todos os alumnos de 4º participaron como vendedores nos postos de libros de ocasión que

compoñen a que xa é a III Feira do Libro Solidaria do I.E.S. Catabois, cuxa recadación se destina, como é xa

tradición, a favor da Cociña Económica de Ferrol.

Page 42: Revista 2013 2014 web

E o alumnado de 4º, membros do EDLG, preparou contiños na nosa lingua para os pequenos.

Page 43: Revista 2013 2014 web

XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO. DÍA DAS LETRAS 2014

A finais do 2013, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do

instituto agasallounos co xa tradicional almanaque coa efixie do

homenaxeado nas Letras do ano seguinte e mais un texto

representativo del. Neste caso foron e o seu Xosé María Díaz Castro

"Penélope" os que encheron os días do 2014.

No do segundo trimestre da biblioteca tríptico

coñecemos algo máis deste autor senlleiro da

Xeración do 36.

E xa no mes de maio, os Nimbos encapotaron o ceo da biblioteca e mais o instituto todo e o EDLG orballou o

boletín monográfico sobre o guitiricense.

Celebramos ese día comezando por escoitar declamar ao propio Xosé María o seu poema máis coñecido

de Nimbos. "Penélope" resoou polos altofalantes en todas as aulas, en todos os Departamentos, en todos

os recunchos do instituto. Logo, nese tempo precioso da Hora de ler, todos os cursos leron unha selección

de poemas do homenaxeado.

Vimos relacionados co poeta. Escoitamos o do IES que leva o seu nome cantar o vídeos alumnado

devandito poema e, no recreo, a radio escolar presentounos temas das e dos nosos artistas máis novos:

Sés, Deusketecrew, Aid...

Un paso adiante e outro adiante, Galiza!

Page 44: Revista 2013 2014 web

LA FÁBRICA

Vivo en las afueras de una ciudad pequeña, rodeada de zonas verdes con senderos por los que pasear. Tengo trece años y me gusta salir a caminar con mi perro labrador siempre que puedo. De todos los sitios a los que solemos ir mi perro Leo y yo, hay una que nos gusta especialmente y al que no volveremos nunca más…Una tarde de otoño salimos a dar una vuelta hasta nuestro sitio favorito, una fábrica abandonada a orillas de un río cercano. Cuando llegamos allí el sol aún calentaba la hierba así que, me tumbé a escuchar música con mis auriculares y Leo se tumbó a mi lado.Llevábamos unos diez minutos tumbados cuando Leo se levantó de repente y salió corriendo y ladrando hacia la fábrica, yo me levanté de un salto quitándome los auriculares mientras le llamaba y corría tras él al mismo tiempo.Me planto delante de la fábrica y oigo los aullidos de Leo en el interior, decido colarme por la misma ventana que había saltado Leo y una vez dentro empiezo a caminar despacio entre tablones, cristales, piedras y restos de basura. Grito llamando a mi perro y empiezo a ponerme algo nerviosa porque en la oscuridad no soy capaz de ver nada, y de hecho, me doy cuenta de que tampoco se oye absolutamente nada; ni el viento, ni los pájaros, ni las hojas…¡nada!Empecé a notar que me sudaban las manos y el corazón me palpitaba con fuerza en la sienes pero no podía irme sin encontrar a mi perro.Mis pupilas empezaban a acostumbrarse a la oscuridad y di un paso al frente, una tabla cedió bajo mis pies, caí, rodé y me estampé en un fango pringoso.Estaba en una especie de cueva húmeda después de haberme precipitado unos tres metros, un olor nauseabundo hizo que me tapara la cara con las manos, me encontraba bien sólo un poco mareada y entonces noté unos bichos asquerosos subiendo por mis piernas, enormes cucarachas trepaban a gran velocidad y comencé a saltar y a gritar mientras me sacudía piernas y brazos… ya no me importaba el fango. Salí corriendo por un túnel que se alargaba frente a mí a veces caía en el barro y me imaginaba miles de bichos pegados a mi piel. Durante un solo momento que dejé de gritar me pareció oír a Leo… sí era él así que, continué corriendo unos metros más y comencé a ver otra especie de cueva en la que Leo le ladraba a alguien. Cuando ya estuve a su lado le animé a que se acercara a mí… no lo hizo… siguió ladrando… Miré en la misma dirección que él y las vi…Vi aquellas calaveras horribles colgadas del techo de la cueva, vi huesos tirados en los oscuros rincones, vi incluso cuerpos putrefactos que aún podían mirarme rabiosos. No podía moverme, estaba rígida y noté que mis rodillas empezaban a doblarse, todo empezó a dar vueltas… me desmayé.Lo siguiente que recuerdo es despertarme en el hospital al lado de mis padres, tardaron más de un día en encontrarme, gracias a Leo que no se movió de mi lado pero que no dejó de ladrar. Aquellos cadáveres eran de adolescentes desaparecidas años atrás y ahora descansan en un lugar mejor.

Ángela Rodríguez Fernández. 2ºAIES CATABOIS

Page 45: Revista 2013 2014 web

Miguel Ausin Neira 4º ESO

41 CONCURSO LITERARIO JUVENIL 2014CORAL POLIFÓNICA BETANZOS

UNA RARA HISTORIA

Este fue un hecho que transcurrió en un pueblecito llamado Arteixo. La protagonista, Laura, invitó a sus amigos (Antonio, Claudia y Manuel) a una fiesta de disfraces en su casa, pero Laura no contaría con la compañía de su hermano, Borja, y sus amigos, ya que él los había invitado a su casa para jugar a la consola toda la noche. Se hace de noche y van llegando casi al mismo tiempo los amigos de Laura como los de Borja. Pasando un buen rato Laura y sus amigos no se encuentran cómodos, por culpa del ruido que hacen su hermano y sus amigos, que no paraban de gritar. Pues deciden irse de casa y se dirigen al bosque encantado, las leyendas dicen que a veces por la noche aparece una casa encantada y cuando se hace de día desaparece. Se adentran en el bosque, deambulaban todo el rato, no sabían a donde ir, hasta que de repente encontraron una casa enorme, contenía un jardín con rosas muertas, una piscina sin agua y el color de la casa era negro. Tenían un poco de miedo y no sabían que hacer en ese momento, entrar o quedarse fuera. Diez minutos más tarde reaccionan y deciden entrar en la extraña casa. Al principio no sabían que hacer, seguir con la fiesta o investigar la casa. Pero prefieren seguir con la fiesta, pusieron música y siguen bailando y echándose unas risas. Al paso de un buen rato se escucha el sonido de un cubierto cayéndose, apagan la música y van rápido los cuatro para ver que había pasado. Entraron en una habitación que parecía la cocina, enciende Antonio las luces y se ven unos cuantos cuchillos llenos de sangre. Laura y sus amigos se quedaron paralizados hasta que empezaron a escuchar la música que Claudia había traído a la fiesta. Cada vez sentían más miedo, de tanto miedo que tenían no se atrevían a separarse ni a moverse. De repente Manuel siente que le toca algo en el hombro, mira para el y tenía una araña, otra en la cabeza, se asustó, gritó e hizo que se asustaran todos y salieran rápidamente de la casa. Consiguen salir de la casa después de haber corrido por ella durante minutos, miran hacia atrás y ven que había una pancarta que ponía: ESTA ES LA CASA ENCANTADA, NADIE PODRÁ ENTRAR Y SI ENTRA MORIRÁ FUERA O DENTRO DE ELLA. Todos salieron corriendo lo más rápido que podían hacia la casa de Laura. Al llegar a ella, vieron a Borja y a sus amigos viendo un vídeo que habían gravado de miedo y como lo habían hecho. Los habían llamado para que lo viesen, Laura y sus amigos no tenían muchas ganas de ver ese vídeo, después de pasar ese miedo en la extraña casa, pero lo fueron a ver. Al principio no se lo podían creer, les habían hecho una broma de miedo, Laura se enfado un poco, pero prefería saber que era broma antes que les pasara de verdad. Al ser muy tarde todos se marchaban a sus casas. Su hermano lo subió a Youtube. Al día siguiente el video había sido visto por millones de personas, se habían hecho famosos y los periodistas les querían hacer una entrevista, ellos la aceptaron, estaban un poco nerviosos, pero cada uno respondió a cada pregunta. Al final de la entrevista Borja y Laura les querían enseñar el lugar de los hechos, entraron todos en el bosque. Pasaron horas y horas y no la encontraban, a los chicos les parecía raro que no la dieran encontrado, los periodistas no tenían más tiempo y se tenían que ir. Laura y Borja estaban impresionados, al no haber encontrado la casa que les hizo famosos, Borja acabó como director de películas importantes de miedo como Insiduos 2 y Laura fue una actriz famosísima, protagonizando películas maravillosas. Y se quedaron con esa duda el resto de su vida.

Page 46: Revista 2013 2014 web

Anxo Fernández Embade 2º ESO

41CONCURSO LITERARIO JUVENIL 2014CORAL POLIFÓNICA BETANZOS

EL MISTERIO DE LA PLAYA

Mi nombre es Pablo y tengo doce años. Hace dos meses salí del hospital psiquiátrico donde estaba enfermo, por algo que me pasó hace aproximadamente un año, algo que nunca olvidaré y por lo que ninguna persona debería pasar nunca. Desde aquel suceso no he podido dormir ni una sola noche debido a las continuas pesadillas que tenía día sí, día también. Todo empezó un caluroso verano… Mi familia había alquilado una casa a pie de playa para pasar las vacaciones. La casa era grande y espaciosa. La casera era una mujer ancha y alta, muy simpática. Su hijo Javier era una persona increíble y pronto nos hicimos grandes amigos. Éramos los únicos niños de la zona, así que nos pasábamos el día juntos. Javier era rubio, un poco más alto que yo, tenía los ojos verdes y el pelo corto. A pesar de tener un año menos que yo, era muchísimo más listo. Conocía la zona de memoria. Nos pasamos todo el verano jugando, paseando, bañándonos en la playa… Era increíble. Un día, quedé con Javier para ir andando un poco en bici por el paseo de la playa, como calentamiento para luego irnos a la montaña que había cerca. Cuando llegué, Javier estaba pálido, triste y había aparecido sin la bici. Le pregunté que le pasaba y me contestó que se encontraba mal y que no tenía ganas de andar en la bici. Le dije que no había problema, que ya iríamos otro día. También le pregunté si necesitaba algo, pero me contestó que no, que solo necesitaba dormir un poco. A partir de ese día, solo quedábamos de vez en cuando, y, cuando lo hacíamos, siempre se presentaba de la misma manera: pálido, triste y cansado. Solo quedábamos para pasear, nunca para hacer nada que supusiese mucho esfuerzo físico, por que Javier siempre estaba cansado. Poco a poco cada vez nos veíamos menos, porque cuando nos veíamos, me sentía incómodo. Javier nunca hablaba, permanecía callado y respondía a mis preguntas con un "sí" o un "no". Solo paseábamos, uno al lado del otro, mirando para el suelo y sin decir nada. Cada día estaba más pálido y apagado. Siempre que le preguntaba si le pasaba algo, respondía que no, que estaba bien. Yo me pasaba los días y las noches pensando en lo que le podía pasar, estaba preocupado, tan preocupado que un día decidí ir a visitarlo a su casa a hablar con él seriamente. Cuando llegué me encontré a su madre, la casera, que me dijo que Javier no estaba en casa, que había salido a pasear y que volvería pronto. Me quedé a esperarlo mientras hablaba con su madre de lo que le pasaba a Javier. Ella me dijo que también estaba preocupada y que no sabía lo que le pasaba. Javier no llegaba así que me fui a casa. Al día siguiente me levanté temprano, tan temprano que aun era noche. Decidí ir a dar un paseo por la playa y de paso veía la salida del sol. Me duché, me vestí, desayune y les dejé una nota a mis padres diciéndoles a donde había ido. Estaba a mitad de la playa, cuando divisé algo en la orilla. Fui hacia allí pensando que al llegar podía encontrarme con un delfín o algún animal marino muerto que le mar había traído hasta la playa. Al llegar allí me quede de piedra, aquel cuerpo no era un animal, era un cuerpo humano. Era el cuerpo de Javier. Javier yacía en la orilla de la playa, con los ojos abiertos y la mirada perdida. Tenía un disparo en el pecho y un corte en el cuello. Lo habían asesinado. Empecé a llorar tan fuerte como pude hasta que me cansé. Miré a Javier y me tumbé a su lado. Vi como salía el sol y me quedé dormido. Me desperté en el hospital al poco tiempo de darme de alta, mis padres me metieron en el hospital psiquiátrico debido a mi extraño comportamiento desde aquel suceso. Nunca se supo lo que había pasado en aquella playa… Nunca se averiguó quien había matado a Javier…

Page 47: Revista 2013 2014 web

ÍNDICE

FOTOS CURSOS ...................................................................2-8

ACTIVIDADES BIBLIOTECA ................................................9-15

VIAXE Á NEVE........................................................................16-18

POESÍA E IMAXE ...................................................................19

OS QUE MARCHAN...............................................................20-21

DEPARTAMENTO ED. FÍSICA ..............................................22-23

PROXECTOS TECNOLOXÍA 4º ESO....................................24-27

ACTIVIDADES EDLG ............................................................28-37

RELATOS GAÑADORES (BETANZOS) ...............................28-37

Page 48: Revista 2013 2014 web

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIAI.E.S. de CATABOISEstr. de Catabois, s/n. 15405 Ferrol (A Coruña) Telf./Fax: 981 31 46 54 E-mail: [email protected]