Revista Alameda n 5

64
Presentación on algúns defectos e non poucos acertos, a revista “Alameda” segue con férrea vontade o seu camiño. As colaboracións agradan ou suscitan polémica, mais non deixan indiferente a case ninguén. Din que, cando se desexa coñecer algo, logo ao ter coñecimen- to do mesmo, soe defraudar. Non acontece isto coa nosa revista na súa recente mais intensa andadura. Agardo e desexo que isto sexa unha constante no longo camiñar tan arelado por todos os socios e socias. Neste trimestre a Sociedade Liceo foi noticia no mundo empre- sarial, ao acoller na súa sede a entrega dos premios “Dolmen de Ouro”, evento que a Federación de Empresarios do Barbanza ce- lebra cada ano nun concello diferente. A F.E.B. de Muros, Noia e Sar, funciona como asesora e impul- sora dos empresarios destas comarcas. Ao pedimento realizado polo seu Presidente, Manuel Tomé Arca, á directiva do Liceo, esta prestoulle o seu apoio como caso excepcional, máxime tendo en conta que moitos dos nosos socios e socias pertencen ao mundo empresarial. Pareceunos unha colaboración positiva porque permi- tiu ao Liceo disfrutar das conferencias e exposicións que pre- cederon á entrega de galardóns. Os “Dolmen de Ouro” foron creados co obxectivo fundamental de dar a coñecer a empresas e empresarios/as que apostan por crear riqueza. A gala é un referente para a Galicia interior e exterior. Este ano deulle unha importante proxección á vila de Noia. Confío que este novo número da nosa revista sexa do agrado dos socios e socias e gostaria poder seguir contando co seu ines- timábel apoio. Xosé Moas Pazos Presidente da Sociedade Liceo º 5 EDITA: Sociedade Liceo Alameda s/n 15200 Noia - A Coruña Tef./fax: 981 82 05 35 COORDINADOR: Cándido M. Prego Rajo CONSELLO DE REDACCIÓN: Xosé Agrelo Hermo Ramón Carredano Cobas Mª Antonia Castro Patiño Pedro García Vidal A. Ventura González Arufe Aurora Marco López Xosé Moas Pazos GRAVADO DE CAPA: Segundo Oviedo DESEÑO DE CAPA: Alfonso Costa DESEÑO GRÁFICO: Xosé L. Ces Laiño Telf.: 981 59 89 28 E-mail: [email protected] IMPRESIÓN: Gráficas Sementeira, S. A. Telf.: 981 82 38 55 Fax: 981 82 05 35 E-mail: [email protected] DEPÓSITO LEGAL: C-888-2000 1

description

Revista Alameda nº 5 Sociedade liceo de Noia

Transcript of Revista Alameda n 5

Page 1: Revista Alameda n 5

Presentación

on algúns defectos e non poucos acertos, a revista“Alameda” segue con férrea vontade o seu camiño.As colaboracións agradan ou suscitan polémica,mais non deixan indiferente a case ninguén.

Din que, cando se desexa coñecer algo, logo ao ter coñecimen-to do mesmo, soe defraudar. Non acontece isto coa nosa revista nasúa recente mais intensa andadura. Agardo e desexo que isto sexaunha constante no longo camiñar tan arelado por todos os socios esocias.

Neste trimestre a Sociedade Liceo foi noticia no mundo empre-sarial, ao acoller na súa sede a entrega dos premios “Dolmen deOuro”, evento que a Federación de Empresarios do Barbanza ce-lebra cada ano nun concello diferente.

A F.E.B. de Muros, Noia e Sar, funciona como asesora e impul-sora dos empresarios destas comarcas. Ao pedimento realizadopolo seu Presidente, Manuel Tomé Arca, á directiva do Liceo, estaprestoulle o seu apoio como caso excepcional, máxime tendo enconta que moitos dos nosos socios e socias pertencen ao mundoempresarial. Pareceunos unha colaboración positiva porque permi-tiu ao Liceo disfrutar das conferencias e exposicións que pre-cederon á entrega de galardóns.

Os “Dolmen de Ouro” foron creados co obxectivo fundamentalde dar a coñecer a empresas e empresarios/as que apostan por crearriqueza. A gala é un referente para a Galicia interior e exterior. Esteano deulle unha importante proxección á vila de Noia.

Confío que este novo número da nosa revista sexa do agradodos socios e socias e gostaria poder seguir contando co seu ines-timábel apoio.

Xosé Moas PazosPresidente da Sociedade Liceo

º 5

EDITA:

Sociedade LiceoAlameda s/n15200 Noia - A CoruñaTef./fax: 981 82 05 35

COORDINADOR:Cándido M. Prego Rajo

CONSELLO DE REDACCIÓN:Xosé Agrelo HermoRamón Carredano CobasMª Antonia Castro PatiñoPedro García VidalA. Ventura González ArufeAurora Marco LópezXosé Moas Pazos

GRAVADO DE CAPA:Segundo Oviedo

DESEÑO DE CAPA:Alfonso Costa

DESEÑO GRÁFICO:Xosé L. Ces LaiñoTelf.: 981 59 89 28E-mail: [email protected]

IMPRESIÓN:Gráficas Sementeira, S. A.Telf.: 981 82 38 55Fax: 981 82 05 35E-mail: [email protected]

DEPÓSITO LEGAL:C-888-2000

1

Page 2: Revista Alameda n 5

SumarioAxenda . . . . . . . . . . . . . . . . . 2

Cándido M. Prego Rajo

Historia do Liceo . . . . . . . . . 15Ramón Carredano Cobas

Personaxes . . . . . . . . . . . . . 18Aurora Marco

O ensino en Noia . . . . . . . . . 21Xosé Agrelo Hermo

Xeografía . . . . . . . . . . . . . . 24

Pedro García Vidal

Ferreiro en Outes . . . . . . . . . 29

Xoán Mariño

Historia . . . . . . . . . . . . . . . . . 35

Xerardo Agrafoxo

Sobre Alvaro das Casas . . . . . 39

Uxio-Breogán Diéguez

Unha viaxe ó pasado . . . . . . . . 43

Héctor Agrafoxo

En defensa do Patrimonio . . 48

O vello palco da música . . . . 51

Pedro G. Vidal

Cancións de Noia . . . . . . . . . 53

Prudencio Romo

Visións de Noia . . . . . . . . . . 55

Fermín Bouza-Brey

Pinceladas sanitarias . . . . . . 58

Víctor Vez Vilar

Cousas de Noia . . . . . . . . . . 60

Gomari

Os nosos libros . . . . . . . . . . 64

ACTIVIDADES

Xa están en marcha as actividades do curso 2001-2002.

O taekwondista desta Sociedade, José Antonio Roo Pérez,conseguiu formar parte da Selección Nacional de TaekwondoTradicional e participar no Campionato Europeo e Mundial docitado deporte na presente tempada, motivo polo que foi felicita-do persoalmente polo Presidente da Sociedade Liceo, felici-tación que repetimos en “Alameda”.

FESTIVAIS

Como estaba previsto, o dia 7 de xullo, celebrouse o inter-cambio de Folklore Tradicional, no que participou o Grupo deDanzas “Virgen del Campo” de Cabezón de la Sal (Cantabria),como devolución da visita que o noso Grupo de Baile Tra-dicional fixera a aquela localidade montañesa no ano 2000.

Do 19 ó 28 de Agosto celebramos as Festas Patronais '01,conforme ó programa que se incluiu no último número destarevista.

EXPOSICIÓNS

No mes de Agosto fixéronse as exposicións dos traballos dosalumnos e alumnas do Curso de Gravado e do Curso de Dibuxoe Pintura.

Tamén se expuxeron obras realizadas polos Santeiros deChave (Lousame) do 22 de agosto ó 2 de setembro.

VARIOS

Do 17 ó 22 de setembro celebrouse nos locais destaSociedade a Semana Empresarial “Dolmen 2001”, organizadapola Federación de Empresarios de Barbanza, con seminarios,conferencias, exposicións, Gran Gala da XIII Edición Dolmen deOuro e un Baile amenizado pola Orquestra “Fin de Siglo”.

O día 1 de Setembro a Escola de Teatro da Sociedade Liceode Noia, formada por socias e socios aficionados, puxo en esce-na as obras “O Retablo das Marabillas” de Miguel de Cervantes

AxendaCándido M. Prego Rajo

2

Page 3: Revista Alameda n 5

3

e “Comisaría Especial de Mulleres”, de AlbertoMiralles (ambas as duas traducidas ó galego), congrande éxito e afluencia de público. Felicitamos eanimamos desde aquí a todos os que participarondalgún xeito na súa posta en escena, a continuar conesta actividade, para a que contan co apoio da Xun-ta de Governo.

Arriba, actuación do Grupo de Danzas “Virgen del Campo”, Cabezón de la Sal (Cantabria), no Salón do LiceoAbaixo, integrantes do Grupo de Baile do Liceo recibindo un premio.

Invitado por esta Sociedade, o Taller de Teatro“Liceo Rubia Barcia” de Ferrol puxo en escena nosalón de actos, o día 15 de setembro, a obra deGonzalo Torrente Ballester “Una Gloria Nacional”.Á representación acudiu moita xente.

Page 4: Revista Alameda n 5

4

Arriba, confraternidade co Grupo “Virgen del Campo” nos terreos de Ceilán.Abaixo, integrantes do Grupo de Baile do Liceo recibindo un premio.

Page 5: Revista Alameda n 5

5

Á dereita: Exposición das obras realizadas polosSanteiros de Chave (Lousame)

Abaixo:Exposición das obras realizadas polosalumnos e alumnas de Debuxo e Pintura

Page 6: Revista Alameda n 5

6

Á dereita: Exposición das obrasrealizadas polo

alumnado de Debuxo e Pintura

Abaixo:Exposición das obras realizadas polo

alumnado do Curso de Gravado

Page 7: Revista Alameda n 5

7

Distintos momentos da representación da obra “O Retablo das Marabillas” de Miguel de Cervantes..

Page 8: Revista Alameda n 5

8

Page 9: Revista Alameda n 5

9

Esquerda arriba: Un momento da representación da obra “O Retablo das Marabillas” de Miguel de Cervantes.

Esquerda, centro e abaixo, e dereita arriba: Distintos momentos da representación de“Comisaría Especial para Mulleres”, de Alberto Miralles

Ambas as dúas obras foron dirixidas por Manolo Sabín

Dereita: Cartel anunciador de “Una Gloria Nacional”, obra de Gonzalo Torrente Ballester,posta en escena no salón de actos do Liceo o día 15 de setembro polo Taller de Teatro“Liceo Rubia Barcia” de Ferrol.

Page 10: Revista Alameda n 5

10

Page 11: Revista Alameda n 5

11

Á esquerda arriba: Cartel anunciador dosactos do Dolmen ’01. Ao lado, aspecto queofrecía o salón de actos do Liceo o día daentrega dos Dolmen de Ouro

Á esquerda abaixo: Na entrada do Liceo, oPresidente da FEB, Manuel Tomé Arca, oPresidente da As. de Empresarios de Noia,Saturnino Balderrábano, e o PresidentedoLiceo, Xosé Moas Pazos

Nesta páxina, arriba: O Conselleiro daPresidencia da Xunta de Galicia, Xaime

Pita, asinando no Libro de Honra da FEB.

Abaixo: O Fiscal Xeral de Galicia, RamónGarcía-Malvar Mariño, asinando no Libro

de Honra da FEB.

Page 12: Revista Alameda n 5

12

Page 13: Revista Alameda n 5

13

Esquerda, arriba: O Presidente da Deputación da Coruña, Xosé Luis Torres Colomer, asinando no Libro de Honra da FEB.Esquerda, abaixo: Intervención do Presidente da FEB, Manuel Tomé Arca. Nesta páxina, arriba: O Presidente da Asociación de Empresarios de Noia, Saturnino Balderrábano, nun momento da súa intervención.Abaixo: O Presidente do Liceo, Xosé Moas, entregándolle o Dolmen de Ouro á representante da Cooperativa Confecciones O Viso

Page 14: Revista Alameda n 5

14

Directivos do Liceo no acto de entrega dos Dolmem de Ouro

Page 15: Revista Alameda n 5

15

ras dar conta ó Excmo. Sr. Gobernador Civil do resul-tado da última xunta xeral, en relación coa elección danova directiva, esta toma o acordo de facerlle dous

uniformes ó botóns da Sociedade, un de diario e outro de gala,así como sacar a concurso o aluguer dos servicios do ambigú,tendo en conta que o actual adxudicatario debe cesar o día 31 domes en curso, segundo o contrato establecido, poñéndose comodata tope para a presentación de pregos o próximo día quince,data na que, unha vez abertos os citados pregos, se refrexa oseguinte resultado:

D. José Martinez Carro, ofrece 305 pesetas mensuais

D. Ignacio Arufe Abeijón, 510 “ “

D. Ricardo Mariño 200 “ “

D. José Somoza 330 “ “

D. Manuel Martínez Carro 250 “ “

D. Antonio Cruz Romero 275 “ “

D. Carlos Sabater Paya 450 “ “

D. Manuel Rodríguez Martínez 300 “ “

Visto o prego presentado polo actual arrendatario do ambigú,manifesta no mesmo que en virtude das disposicións vixentessobre arrendamentos e prohibición de deshaucios, considéraseasistido do dereito de prórroga do contrato acordado coaSociedade, non ofrecendo neste prego cantidade algunha paraoptar ó novo arrendamento.

A Xunta, previa deliberación e discusión, acorda non tomaren consideración o escrito do Sr. Gómez Arufe, e adxudicar oaluguer dos servicios do ambigú a D. Ignacio Arufe Abeijóncomo mellor postor.

Non obstante, D. Manuel Gómez Arufe, a quen lle corres-pondía cesar nos seus servicios no ambigú o día 31 de Xaneiroúltimo, négase a abandonar o local e a desaloxalo dos utensiliosda súa propiedade, polo que a Xunta acorda requerir ó citado Sr.Gómez Arufe, con asistencia dun notario, a que, en vista do con-trato establecido, proceda a abandonar e deixar libre dos utensi-lios da súa propiedade, o local-ambigú.

O día tres de febreiro, o Presidente D.Manuel Penalta, en unión do Secretario D.Ramón Carredano, requiren ó Notario D.Santos Fernández-Crespo y Riego parapersoarse no ambigú da Sociedade coafinalidade de inventariar os efectos exis-tentes no local e requerir ó Sr. GómezArufe para que o desaloxe.

Persoados no local-ambigú o Presi-dente e o Secretario ,en compañía do Sr.Notario, foi requerido D. Manuel GómezArufe para efectuar inventario e desaloxaro local, negándose a ambos requirimen-tos, de todo o cal, levantouse a oportunaacta notarial.

Seguidamente, o Presidente prohibe, apartir desta data, a entrada na Sociedade aD. Manuel Gómez Arufe, quen, a pesar detodo, continúa entrando no local destinadoa ambigú. A Xunta acorda polo tantoautorizar ó Sr. Presidente para tomar asmedidas propias do caso, co fin de mantera autoridade da Directiva e os dereitos eintereses da Sociedade, incluso pasando otanto de culpa ó Xulgado pola rebeldía ecoacción do citado D. Manuel GómezArufe.

O día 10 de Febreiro, ás catro da tarde, oPresidente, en presencia dos socios señoresD. Angel Cascallar Seoane, D. Alfonso DíezGutiérrez, D. Rodrigo Romero Rodríguez, D.José González Agrelo, D. José Gómez Villare D. Ramón Fiuza Sánchez, requeriu porescrito e de palabra a D. Manuel GómezArufe, solicitándolle que abandonara o local-ambigú, deixando a porta aberta, ou benentregando a chave na conserxería.

Historia do Liceo (VI)aRamón Carredano Cobas

Page 16: Revista Alameda n 5

16

Mais tarde, e en vista de que o Sr. Gómez Arufe se ausentoudo local-ambigú, deixando este pechado e levndo a chave, o Sr.Presidente, en presencia dos socios D. Eduardo Mariño Mirazo,D. Angel Cascallar Seoane, D. Manuel Mayán Seijas, D. JoséGómez Villar e D. Ramón Fiuza Sánchez, estando tamén pre-sente o conserxe D. José Vázquez Rey, deu a orde de que, coasferramentas necesarias para o caso, e por un carpinteiro, se pro-cedese á apertura da porta, o que se fixo en presencia das teste-muñas citadas, sen entrar no local ata a chegada do Notario, D.Cesáreo Vázquez Ulloa, con quen se entrou, procedendoseguidamente a levantar acta de todo o existente no local-ambigúe da propiedade do Sr. Gómez Arufe.

Na acta do 19 de abril, o Sr. Presidente expón a proposiciónque fai o Sr. Gómez Arufe de chegar a un acordo en relación cointerdito presentado no Xulgado de Primeira Instancia eInstrucción desta vila polo citado señor, consistente en que aSociedade o indemnice coa cantidade de catro mil pesetas, coque se consideraría conforme, renunciando a calquera recla-mación.

A Xunta, unanimemente, rexeita a proposición, facendo constarque se suxeita esstrictamente ó fallo que poida recaer por parte doXulgado citado, estimando interpretar así o sentir do tódolos socios.

Con data 18 de Maio, o Vicepresidente, en funcións dePresidente, ó ter pedido este dous meses de licencia por asuntos

persoais, dá conta de ter entregados ó Sr. Gómez Arufe, tódolosutensilios da súa propiedade que deixara no local social ó cesaros seus servicios como adxudicatario do ambigú, apreciándose óefectuar a entrega, a falta de dúas botellas cheas, nove culleriñas,e unha cadeira. A Xunta acorda indemnizar ó Sr. Gómez Arufe afalta destes enseres.

En espera da decisión xudicial, a Sociedade continúa a súavida habitual, comenzando por condonar o importe do aluguerdos servicios do ambigú dos meses de Xaneiro e Febreiro, tendoen conta os graves perxuizos económicos ocasionados ó novoadxudicatario por mor dos incidentes ocorridos co saínte.

Adquírense os mobles necesarios para o salón onde estáinstalada a radio, e repárase o piano. Acórdase decorar os doussalóns principais e o pasillo do primeiro piso, de acordo co orza-mento presentado por D. Jesús Rabina, e que ascende a Pts. 880.-

Asemade, pídese orzamento parareformar a instalación eléctrica do salóndianteiro do primeiro piso, sendo adxudi-cada a obra a D. Juan Pereira, por unimporte de Pts. 257,50.

Tampouco faltan as habituais san-cións:

18-5-45: Acórdase impoñer sanciónsós socios Don V.S. e Don A.M.V., sus-pendéndoos durante quince días dos seusdereitos de socios, pola má conductaobservada na Sociedade.

25-5-45: Acórdase sancionar ós sociosDon. S.P:P. e Don A.S. con dous meses equince días respectivamente, de tódolosdereitos de socios pola liorta entre ambossocios no local social, o que deu lugar porparte de Don S.P.P. a proferir blasfemias eadoptar acenos inconvenientes.

28-12-45: Acórdase a expulsión totaldo socio Don J. R. R.F. polo seu indese-xable proceder no local social.

9-1-46: Acordouse por unanimidadesuspender dos seu dereitos de socio poloprazo de tres meses a Don S.C.R. polareprochable conducta observada no últi-mo festival celebrado na Sociedade.

Previa solicitude de permiso ó Sr.Gobernador Civil, celébranse no parqueda Sociedade, as tradicionais verbenas deSan Xoan e de San Bartolomé.

O 17 de Decembro, celébrase XuntaXeral Ordinaria, previa autorización daSuperior Autoridade, procedéndose namesma á elección de nova directiva, porpresentar a dimisión a directiva actual,sendo elexidos tras votación os seguintessocios: Presidente: Don Eduardo Ron-quete Viñas; Vicepresidente: D. RamónPatiño Ronquete; Secretario: D. AngelBaltar Abella; Depositario: D. RamónMoreira Martínez; Contador: Don JoséSalanova Rodríguez; Bibliotecario: DonFrancisco Pérez Loroño; Vocal 1º DonManuel Louro Gómez; Vocal 2º DonAlfonso Elías Costa Rodríguez.

Seguidamente, o Sr. Presidente dá lec-tura a un escrito presentado por varios

“Facúltase ó Sr. Director da citada ron-dalla para que presente un orzamento doimporte dos traxes para, se o encontra da súaconformidade esta Directiva, facer un an-ticipo para o pago dos mesmos,...”

Page 17: Revista Alameda n 5

17

que conforman esta Xunta, que é un dos fins que deron motivopara a creación e fundación desta Sociedade, así como tamén seacorda incrementar a devandita rondalla e crear un cadro dedeclamación. Facúltase ó Sr. Director da citada rondalla para quepresente un orzamento do importe dos traxes para, se o encontrada súa conformidade esta Directiva, facer un anticipo para o pagodos mesmos, esperando reintegrarse do seu importe co que serecaude nas saídas e concertos que se celebren. Tamén se acordaque unha vez suspendidas as visitas ou concertos, os traxesdeberán ser entregados na Sociedade para a súa custodia.

Acórdase tamén facer as xestións oportunas para que osbailes que se celebren os días tres e cinco de Marzo (Antroidos),teñan lugar no salón do teatro Coliseo Noela, xa que o grannúmero de socios, e o reducido do local social, case impediría asúa celebración. O asalto do día seis, celebrarase no local social.

Para a comisión de orden destos festivais, son nomeados osseñores socios Don Ramón Carredano, Don Manuel Louro, DonJosé Moas, Don Ramón Lira, Don Manuel Barreiro, DonMaximino Pérez, Don Ramón Taboada e Don José Salanova.

Acordándose que a Agrupación Musical recorra as rúas davila, pasarase invitación a tódalas autoridades comunicándolles asúa visita, así como ós demais señores desta localidade que seacorde.

Desexando que os señores socios dos primeiros días do ano1946, disfruten do Antroido no salón do Coliseo Noela e coa súanova rondalla, emplázoos para a próxima edición da revista“ALAMEDA”.

socios no que solicitan se organice,patrocinada pola Sociedade, unha ronda-lla musical. A Xunta Xeral, previa delibe-ración e discusión do asunto, acorda sefaga constar en acta a simpatía e o agradocon que verían a organización da citadarondalla, deixando a súa organización acargo da Xunta Directiva.

Pero todos os socios elexidos na últi-ma Xunta Xeral celebrada para formar anova Xunta Directiva, non aceptaron oscargos, polo que se acorda convocar novaXunta Xeral para o día 31 de Xaneiro.

Nesta Xunta, e tras o oportuno escruti-nio, son elexidos os seguintes socios: Pre-sidente: D. Eduardo Ces Iglesias; Vice-presidente: Don Luís Lamas Seijas;Secretario: D. Silvestre Fernández Vilas;Depositario: Don Manuel Iglesias Siso;Contador: D. Manuel Rivas Rego; Biblio-tecario: D. Salustiano Agra Aseguinolaza;Vocal 1º : D. Antonio Romero Aneiros; eVocal 2º D. Manuel Seijas Louro.

Finalmente, acórdase aumentar nunhapeseta a cuota mensual de socios.

Entre as primeiras actuacións da novaDirectiva, está a de prestar á rondalla omáximo apoio por entender os señores

Alameda de Noia, ao fondo á dereita ubícase a actual sede da sociedade

Page 18: Revista Alameda n 5

18

VIDA E OBRASon escasos os dados biográficos que

posuimos de Eduardo Núñez. Fillo dotamén escritor, mestre e xornalista EduardoNúñez Sarmiento (1865-1906), natural deRois1, o noso biografado naceu en Noia o4 de marzo de 1888. Sendo moi novo emi-grou a Cuba –posibelmente esta data haxaque situá-la en 1894, cando partiu o seu paipara a illa– e ali morou até a sua morte,acontecida en 1971, con viaxes esporádicasà sua terra, como se desprende da leitura deCaulículos, un dos seus poemários: en1904, por exemplo, está datada en Noia, acanción “Tú”, que figura ali recopilada. En1953 foi-lle concedida a Medalla de Honrada vila, posteriormente entregada… Destasviaxes hai constáncia. Máis nada. Tam-pouco podemos aportar case nengun dadobiográfico da sua vida en Cuba. Só unbreve apontamento de Neira Vilas, que serefere a el como “o poeta, heraldista ecarpinteiro de trencha fina Eduardo NúñezMartínez”, no seu libro A prensa galega enCuba, do que parece deducir-se a profisióna que se dedicou. A consulta da corres-pondéncia cruzada co seu pai, que se con-serva no Arquivo de Manuel Fabeiro,segundo informa a Gran EnciclopediaGalega, talvez deitaria luz sobre diferentesaspectos biográficos de ambos os escri-tores, pai e fillo, que nesta altura descoñe-cemos.

PersonaxesAurora Marco

Eduardo Núñez Mar t ínez“D ’Arxe l las ”

esta galeria de personaxes nacidas enNoia, lembramos neste número a Eduar-do Núñez Martínez, que asinou co seudóni-

mo “D´Arxellas”, escritor cuxa vida e obra son moipouco coñecidas, debido talvez à auséncia da terra,por seguir, coma tantos outros galegos e galegas, ocamiño da emigración. “Poeta, heraldista e carpin-teiro de trencha fina”, en palabras de Neira Vilas, nasua estimábel produción literária, a vila de Noia estámoi presente, en lembranza, como o poeta di, “delonxanos días, daquel outro tempo que pasei ditoso,lumínico e fermoso por ruas e prazas, recovecos, deque se compón a miña vila, o meu pobo, que aindalevo latente en ensoño novo…”

Page 19: Revista Alameda n 5

19

Non podemos emitir xuízos valorativos da totalidade da suaobra por resultar de difícil, e mesmo imposíbel, aceso. Sípuidemos ler as colaboracións de Tapal e o libro Caulículos.Tradicións noyesas, publicado en 1953. Libro misceláneo, conpoemas en galego e castellano, de diversa feitura e temática: unbo monllo de sonetos, a maior parte dos cuais é de temáticacubana, como os seis recollidos sob o título “Visiones de laHabana”, evocacións da “vella, boa e noble Habana” (“Por eso,a aquesta Habana…/ la quiero y la requiero por tránsito obitu-ario/ a recorrer, tan pronto me falle el corazón”). Outros sonetosestán inspirados en figuras históricas, con protagonismo na vilade Noia , “Ad memoriam” e “Adorade”, ou teñen por motivo aconcesión da medalla outorgada pola Corporación Municipal(“Medalla de Noya”, “Nobleza obliga”). Referidas a Noia haioutra série de composicións, algunhas en galego, evocacións,lembranzas da vila, das suas ruas, de homes e mulleres quedeixaron a sua pegada nostálxica en D´Arxellas: Consueliño a“Policia”, Doloriñas do “Marchenas”, Pilariña a da Portela,Maripepa a de Sueiro, dona Eulalia Míguez… ou o vello Colás,o “Churrapas”, o “Cosito”, o Rachou, o vello Magariños, o fe-rreiro Anxelo, Agrelo o zapateiro, o “Demiño”, o Sampedro. ARasa, o Obre, o Chan de Maroñas, o fiadeiro da Ponte, aAlameda, os muíños de Xei, o Campo de Noia, a ponte deArgalo… están presentes nestas composicións, que semellanenchidas de saudade.

O libro se completa cun longuísimo poema en tres partes ediferentes estáncias ou capítulos: “Blanca Lis de Bergondo”, queo autor dedica ao concello por motivo da concesión a que aludi-mos, e que asina o derradeiro dia de xuño de 1953, con esta estro-fa final: Esta leyenda, lector” / de muchachito la oía / de Noya ensu alrededor… / Yo, la escribí como autor / sabiendo que no eramía. / Tan sólo la narración; / por lo demás mentiría.”

Eduardo Núñez Martínez morreu na Habana o 15 de setem-bro de 1971. Toda a sua obra literária doou-na ao Concello deNoia. Non estaria de máis, para ampliar o coñecimento –polo deagora escaso– sobre “D´Arxellas”, escolmar o máis interesanteda sua produción lírica e dá-lo a coñecer; e completar a suabiografia coa exumación da correspondéncia, ou parte dela. Maisisto, claro é, depende da sensibilidade das persoas que teñen nasua mao levar a cabo o que aquí se formula como un desexo.

Para finalizar estas breves notas bibliográficas, reproducimosalguns fragmentos de Caulículos:

Ría de mi Noyahasta el mar del Son;playas las de Boa,Portosín y Nebra, isla de la Crebamilagro y canción.…………………..

Algo máis podemos dicer da sua obrade criación, relativamente extensa, enprosa e verso, reunida nos seguinteslibros: En mis tedios del exilio (A Habana,1920), en verso; Himnos del bien (AHabana, 1951), prosa e verso; Metopas.Tradiciones noyesas (A Habana, 1952), enverso; Mi cruz de refugio, libro que nonaparece referenciado na brevísima biobi-bliografia da Gran Enciclopedia Galega,mais ao que alude Andrés RodríguezMillares en Tapal (nº correspondente a1952); Caulículos. Tradiciones noyesas(A Habana, 1953), en verso; Minucias (AHabana, 1954), verso e prosa; Fragmen-tos, verso e prosa (sen poder precisar datade publicación).

Alén da sua obra de criación reunidaen libro, colaborou na revista Tapal, entodos os números: “Fragmentos de histo-ria noyesa” (1950), “La Historia y la He-ráldica” (1951), “Semblanzas de Noya”(1952), “Mariño de Noya” (poema, 1953),“Nin exilios nin noxos” (poema engalego, 1954), “Un explorador gallego”(1955). Hai constancia da sua colabo-ración na revista Vivero en Cuba, que ini-ciou a sua andadura en 1911, dirixida porJesús Peynó até 1932 e posteriormentepor Francisco Docal. Posibelmente, a suaasinatura figura en outras revistas ou xor-nais da colectividade galega en América,pois debeu dedicar à escrita boa parte doseu tempo. Mais este pormenor biográfi-co, como outros, precisa ser recuperado ecompletado.

Por esa dedicación, unida ao feito deser un divulgador das lendas da vila deNoia –a quen dedicou sentidos poemas,alguns en galego–, o Concello de Noiaoutorgou-lle en 1953 a Medalla deBronce, con Pergameo honorífico, ga-lardón que lle foi entregado polo taménpoeta, residente na Habana, o Pai JoséRubinos, en solene acto celebrado en1954, segundo informa a revista Tapal.Eduardo Núñez Martínez recebeu asimes-mo o prémio “Bachiller y Morales”, con-cedido polo Ministério de Educacióncubano.

Page 20: Revista Alameda n 5

20

Ría de mi Noya,verso y madrigalque termina en Muros…mar de los salseirosque adorna la ríaque empieza en Testal.(De “Rumores”)

No idioma da nai Galiciateño de falar falar,hasta que a morte me eschuchedas fontes do paladar.(De “Volveretas”)

Cando lonxe, no eixilio, fora da Españaa morte deixe a ialma no alén de min,heime de ir, (en)col do ánxel que me acompaña,a voar ao paradiso onde eu nacín.

Entre os ledos rumores de entre os pinares,dentes as altivas cumes que percavínde neno en cen olladas, cantando os maresvolverei sentir canto en vida sentín.

¡Ou! Do vivir nunha bágoa de orballoque se esguma e de nada volve a xurdir,fecundando no coco que dá o carballomosca que dura un día e vólvese a dir.

Sendo esprito mais nunca da miña terrao meu corpo de patria verei despir:“Nin eixilios, nin noxos” a patria berrapara non ter dignidades que empercudir. (Publicado en Tapal, nº de 1954)

1 Núñez Sarmiento desenvolveuunha intensa actividade en Cuba:exerceu como profesor no plantel“Concepción Arenal” do CentroGalego da Habana; colaborou ennumerosas publicacións galegas,ou vinculadas a Galiza; fundou edirixiu Galicia en América, LaRegión, El Quijote, El Ecoespañol; publicou tres poemá-rios; foi membro honorário demoitas colectividades e obtivodiversos prémios e condeco-racións. Entre os seus numerosostraballos non literários, cumpredestacar un dedicado à vila deNoia, “Antiguedades de Noya”,publicado na revista GaliciaDiplomática.

BIBLIOGRAFIA:

NEIRA VILAS, X., A prensa gale-

ga de Cuba, Ediciós do Castro,

Sada, A Coruña, 1985.

GRAN ENCICLOPEDIA GA-

LLEGA, sub voce “D´Arxellas”,

Silverio Cañada editor, Vitoria,

1974, tomo 8, páx. 227.

Revista Tapal, Noia (1950-1955).

Page 21: Revista Alameda n 5

21

elite nunha sociedade caciquil, na que traballadores e labregos (emáis aínda se eran mulleres) tiñan un acceso moi restrinxido ásescolas primarias de pago que seguían as pautas e os programasdo século XIX. Pola contra, hai varios intentos de adecuar osestudios secundarios a uns tempos máis modernos e así xa en1900 aparece o Plano de Bacharelato do ministro conservadorGarcía Alix con dúas novidades moi interesantes e que per-manecerían bastante tempo: o ingreso aos dez anos e a duracióndos estudios fixada en seis cursos. Pero é a reforma deRomanones en 1901 a que confirma o Plano de García Alix ereorganiza os estudios secundarios en Institutos Xerais eTécnicos para o grao de bacharel, e os estudios elementais deAgricultura, Industria, Comercio, Belas Artes e Nocturnos.

Pola trascendencia que terá no futuro cómpre deterse unpouco para observar as asignaturas que aparecían no programade cada curso de estudios secundarios (1901):

1º- Lingua Castelá, Xeografía, Aritmética e Xeometría,Relixión, Debuxo, Ximnasia e Caligrafía.

2º- Lingua Castelá, Xeografía, Aritmética, Relixión, Debuxo,Ximnasia e Caligrafía.

3º- Lingua Latina, Historia de España, Xeometría, Francés,Xeografía, Relixión, Debuxo e Ximnasia.

4º- Lingua Latina, Historia Universal, Xeometría, Francés,Debuxo, Ximnasia e Cosmografía.

5º- Psicoloxía e Lóxica, Historia da Literatura, Física,Química, Inglés ou Alemán, Debuxo e Ximnasia.

6º- Ética e Rudimentos de Dereito, Historia Natural,Fisioloxía e Hixiene, Agricultura, Técnica Industrial,Inglés ou Alemán, Debuxo e Ximnasia.

O Ensino Privado en Noia

No ensino primario a formación dos alumnos e alumnas estáen mans de relixiosos ou de persoas non cualificadas específica-mente, como bachareles fracasados ou ex seminaristas, que llecobraban aos usuarios por impartir as clases xa que os mestresoficiais, que dependían das Deputacións, non pasaron aoMinisterio de Instrucción Pública ata 1911 cobrando un salarioanual de 1.000 pesetas. Mesmo o Concello tiña problemas paraalugar os locais destinados a escolas como pasou en 1906 candose trasladou a escola de Boa a Taramancos e, ante a solicitude de

Século XX

níciase o século XX coa volta dospoucos soldados que quedaronvivos na guerra de Cuba, desfeitosfísica e moralmente, nun ambiente

de fracaso e pesimismo polo remate defi-nitivo do aínda chamado pomposamente“Imperio Español”. A Rexencia de MaríaCristina e a alternancia no poder políticode conservadores e liberais, xunto co sis-tema electoral censitario propio daRestauración alfonsina, consolidaban uncaciquismo que en Galicia mostraba a súafaciana más dura, causante de revoltas eprotestas populares, que só na vida deNoia causaron dous mortos en 1910, e enNebra a de cinco labregos en 1916. Arepresión foi aumentando cada vez máisata que en setembro de 1923 instáurase coapoio do Rei Alfonso XIII a dictadura doxeneral Miguel Primo de Rivera e o seuDirectorio Militar que aboliu a Constitu-ción e as poucas liberdades que aíndaquedaban, intentando suprir a ausencia deliberdade por grandes obras públicas,propias de todos os dictadores, e coremate da guerra de Marrocos. O malestarpopular, as protestas sindicais e a recesióneconómica levaron á demisión de Primode Rivera en xaneiro de 1930 e despoisdun ano de “dictabranda” do xeneralBerenguer, a monarquía borbónica é de-rrocada nas eleccións municipais do 12 deabril de 1931. Ía comezar a curta peroapaixoante historia da Segunda RepúblicaEspañola.

Reformas da Lei Moyano

O que máis lle interesaba á burguesíada Restauración a principios de século eraorganizar os estudios para a formacióndos seus fillos como futuros cadros de

O ensino en Noia(VI) Xosé Agrelo Hermo

Page 22: Revista Alameda n 5

22

casas para impartir as clases, non se presentou máis que unveciño que pedía polo aluguer 120 pesetas ao ano. Poucas vecesas Escolas Públicas ubicadas no flamante edificio onde hoxe estáo Instituto “Virxe do Mar” son noticia por algunha actividadeextraescolar. Así o 28 de agosto de 1903, e como remate das fes-tas patronais, faise entrega de premios a diversos alumnos cundiscurso pronunciado por Manuel Otero Fontán, profesor supe-rior de Ensino Primario e baixo a presidencia do Rector daUniversidade de Santiago de Compostela Francisco RomeroBlanco, o anatómico lousamiano tan vinculado a Noia.

A Escola de Debuxo fundada en 1879 polo alcalde LuisCadarso Allarza, con Ramón Lira Castro de Boán na dirección,segue o seu exitoso camiño, como cando en 1905, co gallo do ter-ceiro centenario da publicación de El Quijote, convocou un con-curso de Debuxo que gañou o alumno de terceiro ano AvelinoAgeitos. Foi esta Escola un auténtico viveiro de artistas noieses–insigne precedente do ansiado bacharelato de artes tan reivindi-cado actualmente pola comunidade educativa e por todo o pobode Noia– ata o punto de que en 1927 a Xunta Directiva daSociedade Comarcal e Industrial da Vila acorda solicitar acreación dunha Escola de Aprendizaxe Obreira en base á memo-ria da que fora dirixida polo profesor Ramón Lira e premiadapolo Ministerio de Fomento. Xa máis tarde, o 17 de outubro de1930, créase a Escola de Artes e Oficios dirixida por RamónCreo Vilas.

No eido dos estudios secundarios segue o seu labor o colexio“San Vicente de Paul”, do que xa temos falado, que fora funda-do en 1866 por Atanasio López e dirixido máis tarde porMarcelino Rodríguez Castro ata 1916 ano en que se fixo cargo dadirección César Carreño. (Por certo, este coñecido profesor

aparece en 1903 formando parte comovocal do Comité Republicano presididopor Miguel Cacheiro Carou). No ano 1915o Claustro do Colexio San Vicente de Paulestaba constituido polos seguintes profe-sores, todos moi coñecidos na Vila, non sopola súa dedicación á docencia senontamén polo seu labor público e profesio-nal: Marcelino Rodríguez Castro, direc-tor; José Vázquez Millares, sacerdote;Angel Pérez Morales, avogado; JoséMaría Cairo Hermo, médico; ArturoGarcía Rudiño, avogado; Benito VíctorFraga, avogado; José Pena Luhía, pintor;Pedro Leiciaga Sieira, responsábel doensino primario. Nese momento tiña 30alumnos internos procedentes de Ribeira,Pobra, O Son, Serra de Outes e Ferrol.

Creación do Instituto

Sen dúbida, neste primeiro tercio de séculoo feito máis trascendente no mundo da edu-cación en Noia foi a creación en 1928 doInstituto Elemental de Bacharelato.Daquela só as principais cidades galegascontaban con centros oficiais de ensinomedio: Lugo, Santiago, Pontevedra, Ou-rense, A Coruña, Vigo e Ferrol. A demandaeducativa da comarca e a influencia dunnoiés de prestixio como profesor

Edificio do Instituto Virxe do Mar

Page 23: Revista Alameda n 5

Alexandre Rodríguez Cadarso, fillopredilecto da vila desde 1925 efuturo Rector da Universidadecompostelá, fixeron que Noia con-tase –ao mesmo tempo queRibadeo– cun centro educativo queía ser o facho que alumease a vilacultural de toda a súa zona de in-fluencia, sobre todo nos anos daSegunda República. Esta institu-ción educativa, que tivo a súaprimeira sede no actual edificio dosXulgados da praza da Consti-tución, marcaría para sempre onivel cultural e o estilo de vida doshabitantes de Noia, poñendo aoalcance das clases menos favoreci-das a posibilidade de melloramentointelectual e formativo nunha época

na que o caciquismo máis cerrilpechaba noutros lugares o acceso ácultura das clases populares.

Máis que anecdótico é sintomáticoque nese ano 1928, cando a dic-tadura “Primoriverista” estaba adar os últimos latexos, aparecesentres proxectos tan dispares e com-plementarios na sociedade noiesa,como foron o Instituto de Bacha-relato, a Sociedade Liceo e oClube de Fútbol federado, dos queen 2003 se celebrará –coido quecon moito pulo– o seu 75º aniver-sario. Máis unha vez ten Noia aíoutra oportunidade para demostrarque os nosos devanceiros non tra-ballaron en balde.

Fe de erros:Na entrevista do número V danosa revista apareceron trasto-cados os apelidos de FrancoCobas González polo quesolicitamos disculpas do intere-sado e dos nosos lectores quefacilmente comprenderían aequivocación pois o noso entre-vistado, aínda que afincado enVigo, é moi apreciado e coñeci-do na nosa vila”.

Ángeles Romero IglesiasEscola de Gravado “Alfonso Costa”. Liceo de Noia

23

Page 24: Revista Alameda n 5

24

pesares dunha continuada e cada vez máis intensa agresión levada a cabo nos anos finais do sécu-lo XIX, a principios do século XX a muralla noiesa presentaba aínda lenzos perfectamente visiblesnas partes que miraban ó mar e ó río. Algunha das fotografías dese tempo así o poñen de manifesto.

Pouco ía durar esta medieval imaxe da vila de Noia.

O proceso que vai conducir á progresiva desaparición da cerca pétrea, vai ter como vimos casuística múltiple.Trátase dun proceso dilatado no tempo, no que o desinterés das autoridades, xunto cos intentos de apropiaciónpor parte dos viciños, son factores que colaboran na súa degradación. Pero a desaparición de partes signi-ficativas da muralla non ocorre por igual en todas as partes da mesma. Son os lenzos que dan á terra os queprimeiro van caer, ó contrario do que sucede cos que miran ós bordos marítimo e fluvial. Neste caso, a funcióndos muros como dique de contención das augas fai que estes se manteñan en pé ata máis tarde.

Os primeiros anos do século XX van ser testemuñas dos derradeiros días de vida da muralla nas súas frontesmarítima e fluvial. O proceso que vai rematar coa súa case completa desaparición vai correr parello á apari-ción dun novo elemento fundamental para o futuro da vila, como vai ser a construcción dos Malecóns.

Pedro García Vidal

Sobre a pa i saxe cons t ru ída do casco h i s tó r i co no ié s

CLAVES PARA A INTERPRETACIÓN DUNHA PAISAXE URBANA SINGULAR

(e IV) O século XX. Os derradeiros instantes da muralla noiesa

Xeografía

A construcción dos Malécóns de Cadarso e Gasset ea desaparición da muralla nas súas frontes maríti-ma e fluvial

O capítulo final da historia da muralla vai escribirseagora, cando se decide levar a cabo a obra de alonxar,mediante recheos, a liña de costa do linde amurallado.

Os novos tempos, cos modernos medios de transporte,precisan de novas vías de tránsito. Por este motivo, épreciso superar o impedimento que supón o ter quecruzar a vila polo seu centro con rúas estreitas e sinuo-sas pouco aptas para a circulación rodada. A soluciónvirá coa construcción de novas vías que, paralelasexteriormente á muralla, permitan circunvalar o

Plano da vila de Noia realizado por D. Ramón Lira Castro. Neste plano da vila, realizado no ano 1907 polo profesor de debuxo D.Ramón Lira Castro, figuran xa perfectamente sinaladas as novas aliñacións dos recentemente finalizados Malecóns de Cadarso e Gassetque, xunto coas rúas da Carreiriña do escultor Ferreiro, Porta da Vila e Ferrador, permiten agora circunvalar o recinto histórico sennecesidade de atravesalo.

Page 25: Revista Alameda n 5

25

núcleo urbano sen necesidade depenetrar no seu interior. O recheo eposterior trazado dos futuros ma-lecóns, coa construcción de murosde contención pétreos, así como acesión e venda das parcelassobrantes da nova aliñación dosbordos ribeireños, vai poñer opunto final á historia das murallas.

O Malecón de Cadarso

No ano 1879 escomeza orecheo do Malecón que posterior-mente se denominará de Cadarso.O proceso iníciase a partires doHospital do Sancti Spíritus, ouHospital de Afora, no arrabaldemariñeiro do Espíritu Santo. Ólongo dos anos oitenta vai proce-derse desde este lugar a un progre-sivo recheo con materiais proce-dente de escombros das obraspúblicas e particulares. A edicióndun Bando de Policía urbana vaianimar a realizar esta tarefa,sinalándose xa no mesmo a novadenominación do lugar: “..que losescombros que resulten de lasobras públicas y particulares sedepositen en el punto llamado hoydel Malecón”.

Asemade, para o sostementoduns materiais que axiña es-comezan a ser abundantes, e decara a “terraplenar los escombrosy para evitar el derrumbamientode los mismos”, vese a necesidadeda construcción dun dique de con-

tención. Este muro de pedra, en contacto directo coas augas do Traba, iní-ciase desde o Hospital de Afora e van realizarse nunha primeira fase vintemetros do mesmo. Posteriormente, no ano 1884, en vista do avanzado dosrecheos, e por estar estes en contacto directo coas augas do río, de novose solicita a construcción dun contedor pétreo que “impida sean llevadospor la corriente del río Traba que desemboca en el mar por este punto,de modo que ocasiona perjuicios a la baía, pues de no evitar su caída lle-garía a obstruírse la ría, motivo por el que debe continuar la muralla desostenimiento que parte del Hospicio”. Por esta razón, acórdase construírun novo tramo de vinte metros continuación dos xa realizados, con vistasa evitar o arrastre dos escombros polas augas. Igualmente, un mes máistarde, apróbase continuar o muro vinte metros máis, pois con frecuenciaos escombros ocasionaban “perjuicios de consideración al río de laPedrachán y Bandiña que obstruían el paso para el tránsito de laspequeñas embarcaciones que por allí circulan”.

Unha decisión importante, e que vai ter notables consecuencias nofuturo da muralla, vai tomarse en sesión do 7 de abril de 1884. Acórdase,con vistas a acelerar o proceso de construcción do Malecón de Cadarso,proceder, canto antes, á aliñación desta fronte fluvial para así “enajenarlos sobrantes que resultasen e invertir su valor en aquellos”.

Dado que a apertura e aliñación de rúas é de competencia exclusivadas corporacións municipais, segundo a regulamentación do artigo 72 daLei Municipal en vigor nese momento, o Concello de Noia deciderealizar a aliñación da rúa do Malecón de Cadarso, que unha vez expos-to ó público por un período de vinte días sen que se presente reclamaciónalgunha, é finalmente aprobado. Unha vez cumprida a formación doexpediente de aliñación, a Corporación, en virtude do artigo 85 da men-cionada Lei Municipal que faculta ós concellos para vender os sobrantesda vía pública ingresando o seu producto nas arcas municipais, decide:“proceder a la enajenación de los terrenos sobrantes de la vía pública,anunciándose en la forma más conveniente para que los interesadospuedan solicitar la adquisición de los terrenos limítrofes”. Para ditaadquisición, ós viciños lindantes cos devanditos terreos desígnaselles noplano aprobado a porción de terreo ó que teñen dereito e fíxase un preciopara as parcelas.

En principio, o precio de venda dos sobrantes ía ser de dúas pesetas ometro cadrado, pero dadas as diferentes condicións dos terreos, que fanque o seu valor non sexa idéntico, é polo que se decide que o precio do

Malecón de Cadarso. O recheo e pos-terior trazado dos Malecóns, coa cons-trucción de muros de contenciónpétreos, así como a cesión e venta dasparcelas sobrantes da nova aliñacióndos bordos ribeireños, vai poñer opunto final á historia das murallas.

Page 26: Revista Alameda n 5

26

As edificacións reempra-zan á muralla na rúa daCarreiriña do escultor Fe-rreiro. A realización dasrúas da Carreiriña e Ferra-dor que dan saída ós novosMalecóns cara a Santiago eMuros, puxo en valor estesbordos do casco histórico eas edificacións miran asnovas rúas erguéndose so-bre os restos da primitivamuralla.

metro sexa convencional: “atendiendo el Ayuntamiento a lascondiciones y demás circunstancias que respectivamentereunan”.

Un aspecto ó que as autoridades da vila prestan tamén aten-ción, ó mesmo tempo que se realizan as obras dos Malecóns, é areforma das rúas limítrofes dos mesmos con vistas ó embelece-mento xeral do conxunto. Por este motivo, en sesión do 21 dexullo de 1894, e referíndose ó Malecón de Cadarso, sinálase que:“las calles limítrofes – paralelas a este –, que llegará a ser unmagnífico paseo, cuando terminen las obras, necesitan que lasedificaciones que en ellas se realicen, se sujeten a una alinea-ción fija, y al mismo tiempo, hacer una calle de avenida al expre-sado Malecón, en atención a que las que hoy existen son suma-mente estrechas, cuya calle se proyectará en el centro del largoMalecón, a fin de comunicarlo con la población; creyendo porconsiguiente necesario que se nombre persona perita que seencargue del proyecto de alineación”. A Corporación vai nomearó profesor de debuxo D. Ramón Lira Castro para que se encar-gue do proxecto de aliñación das rúas da Praza de Lamas,Pescadería e Canliña por ser as que máis preto se atopan doMalecón.

O Malecón de Gasset

O espaldarazo definitivo para a construcción dos Malecóns tivolugar o ano 1897. O Deputado en Cortes por este distrito, RafaelGasset Chinchilla, en escrito remitido ó Concello, informa que condata 13 de abril deste ano, o ministro de Fomento aprobara o pro-xecto de “construcción del Puente de esta Villa, así como la tra-vesía que ha de enlazar las carreteras del estado de Padrón aNoya, Boimorto a Muros y Angeles a Noya”. En agradecemento ásxestións realizadas polo mencionado Rafael Gasset, o Concello, ensesión que se celebra o 24 de abril de 1897 “rindiendo justo tribu-to de agradecimiento al interés demostrado por el celoso Diputado,debía significárselo en la forma que estimase oportuno, acordán-dose por unanimidad dar el nombre de Gasset a la calle que ha deformar el nuevo Malecón desde el puente hasta el punto de enlaceen que se han de unir las carreteras de Padrón a Noya, Angeles a

Noya y Boimorto a Muros, acordando tam-bién dar un voto de gracias al Señor PaísLapido y dirigir un telegrama al Excmo. Sr.Ministro de Fomento, dándole gracias porla aprobación del proyecto de la Travesía yPuente”. A importancia das obras arealizar para o futuro da vila son conside-radas tales por parte das autoridadesmunicipais, –“inmensos beneficios paralos intereses locales que han de reportar”–,que non parecéndolle suficiente proba degratitude o anteriormente acordado, deci-den, en sesión de 2 de outubro de 1897,nomear ó mencionado Gasset como filloadoptivo da vila.

No ano 1901, o día 3 de novembro,remátanse as obras da ponte de Noia, pro-ducíndose nese momento a súa reapertura.Ó mesmo tempo, o Malecón de Gasset vaiver como se levan a cabo ós últimos reto-ques do mesmo, mentres que o de Cadarsovai estar por estas datas practicamenterematado. Como remate dos mesmossolicítase no ano 1902 a realización dunpretil en pedra en todo o seu bordo

O derrubo das portas e muralla nonacente Malecón de Gasset

As primeiras partes en caer da murallavan ser as portas que aínda se mantiñan enpé. O 8 de xaneiro de 1902 apróbase oderribo das portas que daban ó Malecónde Gasset en construcción:

“Por el Sr. Calvo se propone que laIlma Corporación acuerde el derribo de

Page 27: Revista Alameda n 5

27

“..se propone que el Ilmo. Ayuntamiento se sirva acordar quesi al conceder línea en el Malecón de la Travesía y Puentequedase algún sobrante de la vía pública frente a las fincas queallí tienen los herederos de D. José Andrés Curiel y Dña. AngelaFernández, se conceda gratuitamente a los mismos como com-pensación, una extensión de terreno igual a la que ocupe cadauno de los trozos de muralla que habrá de derribarse con lasantiguas puertas de piedra que obstruyen la comunicación de lascalles de la Ayuda, Condesa y Tapal”.

Do anteriormente sinalado dedúcese facilmente, que todo oproceso de construcción dos Malecóns vai en paralelo coa vendaa particulares dos terreos sobrantes da nova aliñación. Este pro-ceso simultáneo traerá acompañado igualmente a práctica totaldesaparición dos lenzos da antiga muralla que aínda estaban enpé nesta fronte marítimo-fluvial. Os viciños adquiren os terreos,e no seu lugar escomenzan a levantar edificacións que miran ómar e ó río. O resultado será unha transformación profunda dosbordos acuáticos do recinto histórico.

As transformacións futuras estarán en relación co firme dosMalecóns ou o alzado das edificacións que os delimitan. O asfal-to sustituirá, en épocas recentes, o primitivo adoquín, e osdesproporcionados edificios en altura e volume destruirán aimaxe agradable que ofrecía a vila na distancia, –o sky line dorecinto histórico noiés– un conxunto de pequenas vivendas apre-tadas en escalonada ascensión hacia a plataforma do Tapal na quese erguía poderosa a figura pétrea de San Martiño.

O debate político

Mediante a lectura das discusións e deliberacións extraídasdas actas dos plenos municipais, reconstrúese un debate bastante

las dos puertas de la antigua muralla quecerraba el pueblo y que dicen a las callesde la Plazuela y subida al Tapal, com-prendiendo el tal derribo la parte de lamuralla que cierra las expresadas calles afin de que estas desemboquen con todo suancho en el malecón en construcción”.

Pouco máis tarde, o 26 de xullo de1902, a Corporación autoriza o derrubo daporta que se abría na rúa da Axuda:

“El Sr. D. Benito Fraga hace la mani-festación de que está autorizado para consen-tir el derribo de la antigua puerta de la mura-lla parte que dice a la calle de la Ayuda. LaCorporación quedó enterada y acuerda que seproceda a dicho derribo por medio de emplea-dos que nombre el Ayuntamiento y que esto setenga en cuenta para en su día, cuando sehaga la cesión de parcelas, por lo que respec-ta al propietario de la puerta que se trate”.

A puntilla final para os restos damuralla que aínda subsisten no que será ofuturo Malecón de Gasset vai producirsecando a Corporación decida proceder ánova aliñación que vai trazarse neste lugarcon vistas á futura edificación. En caso dequedar algún sobrante da vía pública, estedebe concederse gratuitamente comocompensación a aqueles propietarios quese viron na obriga de tirar partes da mura-lla. Así se fai constar en sesión do 6 deagosto de 1904:

Parte da muralla no Malecón de Gasset. A muralla, un elemento tan fundamental na historia da vila de Noia, un fito tan destacadona súa paisaxe, unha obra diferenciadora dunha realidade urbana á que proporcionaba categoría de cidade, unha arquitectura en fin,presente sempre nas imaxes do pasado da vila, sen embargo non ocupa o lugar destacado que merece na memoria urbana dos seus habi-tantes.

Page 28: Revista Alameda n 5

28

A muralla logo damuralla. O proceso que con-duce á vila de Noia ó des-mantelamento das antigasmurallas xustifícase en base áutilidade, a novos valoresurbanos, e o primeiro deles éa circulación. Así, a apari-ción simultánea á desapari-ción dos muros de vías de cir-culación que rodean igual-mente a cidade antiga, vaidar lugar ó nacemento dun-has novas murallas simbóli-cas. Ó igual que o muropétreo, as vías circunvalato-rias, hoxe cun tráfico notable,van ser tamén fronteiras difí-ciles de traspasar, a vecescausantes de verdadeirostapóns circulatorios paratodos aqueles que pretendensaír da cidade antiga.

prolongado no tempo, no que están implicadas diferentes admi-nistracións civís, sobre a demolición das murallas. As razóns dosprimeiros ataques á muralla teñen pouco que ver con problemasde orde urbanístico, relacionándose máis ben con necesidades decarácter social. Posteriormente, entra en xogo o tema do sanea-mento daquelas zonas máis degradadas nas proximidades damuralla. O discurso da utilidade pública toma en consideracióntamén o problema, e tampouco faltan discusións de orde arqui-tectónico provocadas pola destrucción das portas.

A intención especulativa estaba clara en moitos casos e faisereferencia específica a ela nas actas das comisións. Do debateextráese a impresión de que o interés económico prima sobre asoutras consideracións, sobre un punto que semella ser aceptadopola grande maioría: a eliminación dun elemento que xa non seconsidera útil.

No momento en que a vila medra e se desenvolve, a murallavai converterse no símbolo do impedimento que dificulta saír ácidade fóra dun límite tan reducido. Por ese motivo, vai facersever a necesidade de suprimila co fin de que o desenvolvementoeconómico e demográfico poidan realizarse axeitadamente.

O pobo en xeral está máis inclinado cara ós aspectos nega-tivos que poden representar as murallas, principalmente en aque-les solares urbanos moi preto da muralla, onde as condicións dedegradación e insalubridade presentes fanse patentes dunhamaneira máis clara e extendida.

As preferencias da administración e propietarios de solaresen contacto coa muralla a favor de intereses económicos vaifacer posible o binomio destrucción–construcción nos seusmuros. O interés económico nestes casos, que considera o espa-cio só en función do valor do solo, vai ver as murallas comounha fonte de beneficios máis que como unha necesidade históri-ca ou un ben colectivo.

Incluso unha obra pública non vai garantir o interés colectivoda muralla. A construcción de vías de circulación que circun-valan a muralla vai traer consigo a operación de venda de solares

sobrantes da aliñación, en moitos casosadquirido con oportunidade e a moi baixoprezo, con clara intención especulativa.

A muralla hoxe

No proceso de xeral degradación dorecinto histórico noiés, na perda ou des-persoalización dunha notabilísima arqui-tectura patrimonial, no desinterés porconseguir un recinto histórico cada vezmáis fermoso e agradable, estamos todosimplicados e poucos son de verdade osque poden proclamar sen rubor a súainocencia.

Hoxe, recén inaugurado un novoséculo, cando vestixios dun pasado detanto esplendor saen á luz baixo ossolares edificables dos bordos do cascohistórico, cando teóricamente unhamaior e mellor información conforma abase social, corresponde ás/ós cidadánsnoieses decidir que solución dar a esastestemuñas dunha historia de séculos.Unha sociedade con futuro é aquela quesabe recoñecer e gardar con celo o seupasado; construír un futuro prósperosobre os poderosos alicerces dun pasadose merecen ser conservados. Preservar amemoria, en definitiva.

Page 29: Revista Alameda n 5

29

escultor noiés Xosé Ferreiro éun dos máis grandes artistasda nosa Terra e introductor do

estilo neoclásico en Galicia. Traballoucase toda a súa vida en Santiago (ondefixo o Santiago Matamouros que coroa oPazo Raxoi e outras grandiosas obras enpedra e madeira para franciscanos, bene-dictinos ou a Universidade). En Outes estáconstatado o seu traballo para S. Ourentee atribúenselle algunhas outras obras enRoo e Sabardes.

1. Os retábulos de Ferreiro en SanOurente

No ano 1796, D. Simón Díaz deRábago, Penitenciario da catedral deSantiago e apoderado do cardeal Celada,promotor das obras de engrandecementode S. Ourente (por se-la sé do seu arcedia-nado de Sta. Tasia) que incluíron a cons-trucción da nova igrexa da parroquia, quesustituiu á do Rial como parroquial, con-

tratou con Xosé Ferreiro, un dos máis importantes escultoresgalegos e o mellor daquela época, a realización de cinco retábu-los coas súas correspondentes imaxes para o actual templo, xuntoco cruceiro do cemiterio, a urna de S. Campio e algunhas outraspezas.1

O primeiro levado acabo foi o retábulo maior,que costou 18.000 reás,pero que a fins do s. XIXou comenzos do XX foisustituído por outro máismoderno e menor intereseno que aínda se conserva aimaxe do Santo titular,realizada polo noso artista(foto 1), figura de grantamaño –2.3 m. de alto–vestido de bispo coa súatúnica, roquete cunha am-pla faixa pintada pola parteinferior imitando puntillas,capa pluvial vermella emitra sobre a súa cabeza deperfil clásico, cuio rostro, apesar do desafortunado re-pinte a que foi sometido hai algúns anos, destaca pola súaplacidez, aire de dozura e tratamento lumínico de barbas e cabe-los. Coa man esquerda sostén un báculo, mentras bendice coadereita; a roupaxe, de plegues achaflanados, imitando a talla domármore, revela a estructura interna da figura baixo a vestimen-ta, de maneira que podemos recoñecer como unha perna estámáis retrasada que a outra, facendo balancearse ó corpo.

No mesmo ano de 1796 Ferreiro realizou os retábulos deS. Francisco Xabier e o Rosario, que valeron en conxunto16.000 reás, situados a ambos lados do cruceiro, pegados áparede oriental.

O retábulo de S. Francisco Xabier (foto 2), no brazo sur docruceiro, de 7 m. de alto por 3.25 de ancho e liñas neoclásicas,caracterizadas pola maior pureza na utilización dos ordes greco-rromanos, así como na maior sobriedade decorativa respecto dobarroco, levántase sobre un sinxelo banco sen ornamentación,seguido da predela na que vai un pequeno sagrario flanqueado

Xoán X. Mariño

As esculturas de Ferreiro en Outes

1. San Ourente

2. Retábolo de San Francisco Xavier

Page 30: Revista Alameda n 5

por pequenas pilastras, sobre as que vai a única rúa do primeirocorpo, cunha fornela cuberta por unha pequena bóveda acasetoa-da que acobilla á imaxe de S. Francisco Xabier xunto a unpequeno S. Roque procesional. Pilastras pareadas, a amboslados, de fuste liso e capiteis compostos, precedidas de columnasdo mesmo tipo, sosteñen o entablamento liso, máis adiantado naparte central sobre o que pousan dous xarróns nas esquinas e o

30

cadeiras, dándolle movento e vida á escul-tura, efecto reforzado polo seu rostro cla-sicista de barba curta e sens deprimidasque mira ó espectador con expresión deanhelante misticismo. Co brazo dereitosostén un bordón e na man esquerda portaun crucifixo, no que se observan tódalascaracterísticas coas que o artista distingueós seus crucificados: Cristo en expiraciónxirando a cabeza cara ó lado dereito, cunpano anoado tamén deste lado e un pleguecentral dobrado para fóra, tibias e coste-laxe moi marcadas, dedos gordos dos pésseparados, anatomía de gran elegancia,peiteado cara atrás, deixando ver o lóbuloda orella esquerda e rostro de expresiónserea.

O retábulo do Rosario, é xemelgo doanterior e, polo tanto, ademais das mes-mas dimensións presenta idéntica concep-ción de estilo e organización: sobriedadeclasicista no banco e predela lisos, fornelacentral acasetoada que acobilla a imaxe daVirxe do Rosario xunto á cal se acha unpequeno S. Ourente, que non pertence óretábulo, como tampouco San Antonio,pousado sobre o banco que fai de altar,flanqueados por pilastras e columnaspareadas de fuste liso e capitel compostoque sosteñen o entablamento denticuladoque separa este corpo do seguinte no quepilastras lisas e entablamento curvoenmarcan nesta ocasión un releve com-posto polas letras A e M superpostascunha coroa enriba, rodeadas de nubes eraios dourados, con xarróns tamén nasesquinas. A Virxe do Rosario (foto 3), unpouco máis grande có S. Francisco Xabier–1.75 m de alto– é outra talla de fantásti-co preciosismo saída das mans de Fe-rreiro, figura de increíble beleza quesostén ó Neno no seu brazo esquerdo eextende o dereito cun xesto gracioso eelgante, remarcado por uns dedos exquisi-tamente finos e delicados, para amosa-locolar de contas que acompaña ós recitadosde devotos e devotas. O rostro repite,segundo tradición recollida por Murguía,o da súa propia muller: boca pequena,queixo resaltado, fazulas carnosas, coloalongado, pelo partido ó medio, recollidopor enriba das orellas e cuberto por unhapañoleta que lle enmarca a fermosa e sen-sual faciana de óvalo perfecto, indudable-mente idealizada, porque para esta época,a súa dona tiña xa máis de 50 anos e aquí,a Virxe presenta unhas faccións bastante

3. Virxe do Rosario

4. Dolorosa

segundo corpo, formado por pequenas pilastras que sosteñen unentablamento que se curva na parte central, enmarcando as letrasIHS e cruz enriba, rodeadas dunha mandorla de nubes e feixes deraios. A imaxe de S. Francisco Xabier, de 1.6 m. de alto, queocupa a fornela central, viste o hábito negro dos xesuítas, cingui-do cun lazo á cintura e ornamentado con finos motivos vexetaisdourados na parte inferior que se repiten na esclavina que levasobre os ombreiros. A postura, cunha perna flexionada e outratensa, ademais de provoca-la acumulación de plegues na zona daentreperna como é característico en Ferreiro–, fai balancea-las

Page 31: Revista Alameda n 5

31

xuvenís, dacordo cos ideais de beleza cla-sicistas que Ferreiro persegue e difundepor toda Galicia. Outro pano anóase sobreo peito; a túnica que se lle cingue á cintu-ra permite trasluci-la rotundidade das súascadeiras, así como a posición das pernas(unha tesa outra relaxada) que fai oscila-lo corpo; sobre ela, o manto azul, cuiosamplos plegues se arremuíñan artistica-mente baixo o brazo, incrementa, se cabe,a perfección da imaxe.

Tres anos máis tarde, é dicir, en 1799,fixo Ferreiro os tamén neoclásicos retábu-los da Dolorosa e do Cristo para as dúasparedes do fondo do cruceiro.

O retábulo da Dolorosa (foto 4), decase 6 m. de alto e 4.2 de ancho atópaseno lado do evanxeo e levántase sobre unbanco coa súa parte central máis avanzadae unha pintura no medio que representa oPano da Verónica co rostro de Cristo,sobre unha cruz e unha escaleira en aspa.A predela é lisa e vai sobresaíndo a medi-da que se aproxima ós extremos, porservir de base a pilastras na parte máisinterior, columnas exentas no medio ecolumnas dobradas na parte exterior queflanquean unha Dolorosa, trala cal unhagran cruz se continúa polo segundo corpo,onde unha ampla cortinaxe embelecidacon múltiples flores de lis, saíndo dundosel central, cae a ambos lados da Virxe,sen ser interrumpida polo entablamento,que se corta na parte central. O segundocorpo péchase cun dobre frontón curvo e

acasetoado, sobre cuia cornixa dous anxos adoradores con sen-llas cruces nas mans e sobre nubes, se dispoñen a ambos ladosdun releve central que representa ó Año Pascual sobre o Librodos Sete Selos da visión apocalíptica, rodeado de nubes e raiosdourados, rematando o conxunto. A Dolorosa (foto 5) que pre-side o retábulo, de 1.6 m. de alto, elegantes proporcións e talla deinigualable maestría, viste túnica morada de aristados pleguesdecorada con orla e cenefa douradas que se repiten no ampulosomanto azul anoado na cintura e que lle cobre a cabeza, tocadatamén cun veo, e levantada coa mirada cara ó ceo cun rostro deintensa tristura, ó tempo que pousa a man esquerda sobre o peito,no que está cravado un puñal, mentras extende a man dereita paraintensifica-lo dramatismo da representación.

Os anxos adoradores que se atopan sobre o frontón doretábulo (foto 6) miden 1 m. de alto cada un e están afrontadose axeonllados sobre grupiños de nubes en actitude orante cara óaño que pousado sobre o libro dos Sete Selos remata o altar, por-tando senllas cruces que apretan contra o seu peito, vestindotúnica azulada con floriñas douradas pintadas, mostrando un ros-tro de fazulas regordiñas e sonrosadas e unhas mans de suavemorosidade e finura de talla.

Facendo xogo co anterior, ó outro lado do cruceiro, dispú-xose o retábulo do Cristo, que tamén tén as mesmas dimensións,claridade de liñas e distribución e poucos cambios nos seus ele-mentos: banco, predela, columnas e pilastras, dosel, cortinaxe,entablamento e frontón son iguais; unicamente unha coroa deespiñas con tres cravos sobre o Santo Sudario sustitúe ó pano daVerónica no banco, como tamén o Cristo crucificado (foto 6)ocupa o lugar da Dolorosa, os anxos do remate carecen de nubes,cambian as cruces por varas con follas e o releve centralsustitúese pola columna do martirio sobre nubes, con lanzas enaspa, unha delas coa esponxa mollada en fel, coroando o con-xunto. O Cristo mide un pouco menos cá Dolorosa –1.5 m. dealto–, pero mantén as mesmas harmónicas proporcións e facturamaxistral no tratamento da anatomía, dos cabelos e da expresiónserea do rostro, que se inclina cara á dereita en expiración, ó

5. Anxo adorador

6. Cristo

Page 32: Revista Alameda n 5

32

mesmo lado onde vai o nó do pano de pureza de plegues taménaristados. Os anxos adoradores que flanquean a columna do altardo Cristo están sentados sobre o frontón directamente, sen nubes,pero coa mesma calidade cós anteriores, na talla das túnicas, dorostro de sonrosadas puchinchas e da branda carnosidade dasmans que agora soteñen un martelo e unha vara con follasrespectivamente.

Entre esa data de 1799 e a de 1801, na que cobrou o últimopago do que se lle adeudaba, realizou o pequeno –90 cm.– S.Roque procesional (foto 8) que se atopa pousado no altar de s.Francisco Xabier. Viste túnica azul cunha estreita orla dourada naparte inferior e un artístico lazo tamén dourado cinguíndoa nacintura. Leva un manto vermello que colga do brazo esquerdo edesprendido do ombro dereito enrédaselle no brazo. O mantoloce unha esclavina con dúas cunchas de vieira, alusión á súaperegrinaxe a Santiago, polo que leva na man esquerda tamén obordón de peregrino e na cabeza o sombreiro característico noque figuran dúas chaves cruzadas, recordo da súa viaxe a Roma,onde adquiriu sona de curar ós apestados, pola que foi santifica-do, logo de contraer el mesmo a enfermidade, cuias chagas nosamosa e que un anxo lle sandou milagreiramente, aquí represen-tado ó seu carón cun tarro de ungüentos na man e acompañadodo can que entramentras curaba lle traía comida ó refuxo.

No mesmo recibo datado en 1801 no que di cobrar “700 reása conta dun cruceiro e outras obras”, que non se detallan, debíaseincluir tamén a Virxe do Carme (foto 9) de pouco máis de 1 m.de alto que está colocada no pequeno altar que fai esquina entreo presbiterio e o brazo sur do cruceiro2; levántase sobre un tronode nubes e anxos, viste o hábito carmelita (túnica e escapulariomarróns e manto branco) e leva ó Fillo no brazo esquerdo, men-tras amostra, ó igual có Neno un pequeno escapulario. A cabeza,de rostro ovalado, boca pequena, queixo destacado e miradasaudosa, vai cinxida cunha coroa de prata.

Tamén fixo Ferreiro a urna de S. Campio (foto 10), paragarda-los restos do mártir traídos uns anos antes de Roma e que,recubertos de cera, orixinalmente exhi-bíanse ó pé do altar maior

e hoxe na parte posterior do mesmo, visi-ble desde un pasillo habilitado por detrásdo retábulo. Tén forma trapezoidal, mide2 m. de lon-go e leva no marco decoraciónde tipo vexetal dourada, pero antigamentetamén tiña na parte superior un grupo denenos, estandartes, nubes, palmas eemblemas militares de gusto neoclásico,eliminados brutalmente a fins do s. XIXou principios do XX para empotra-lacaixa na súa ubicación actual.

Pecha a actividade do gran artista o cru-ceiro (foto 11) que se menciona no docu-mento antes citado e preside o cemiterio.Mide case 6 m. de altura, pero a parte máisinteresante é cruz, que leva por diante unCristo duns 60 cm. de alto que repite en pedraas características descritas no crucificado dointerior da igrexa e polo reverso unhaDolorosa sedente sobre un trono de nubes eanxos, coas mans xuntas, mirada cara ó alto eun puñal de ferro chantado no peito.

7. San Roque

8. Virxe do Carme

9. Urna de San Campio

Page 33: Revista Alameda n 5

33

Unha obra en Roo

En S. Xoán de Roo, súa é tamén contoda seguridade a figura de S. XoánBautista, de armonioso e clasicista perfilque se pode admirar no lateral esquerdodo retábulo do Carme3 que hai pegado ómuro nororiental do cruceiro do temploparroquial, pero aínda que este retábulofoi realizado cara a 1820, a figura doBautista é moi anterior, a xulgar polaúnica referencia documental coñecida eque atopou Carmen Bermejo nas contasde 17824, nas que ademais se cita o seucoste: 761 reás.

A imaxe (foto 12) de gran elegancia,harmonioso perfil e talla exquisita, posúetódolos rasgos estilísticos que identificanas obras do artista noiés: a serenidade naexpresión, o canon alongado, o tratamen-to lumínico de cabelos e pelexo de came-lo que viste, o rostro ovalado de finas ce-llas e boca pequena, o balanzo de cadeirasprovocado polo retrasamento dunhaperna, coa que tamén busca a profundi-dade pola superposición de planos, deforma idéntica á utilizada noutras figurasdeste tipo realizadas para S. Mamede deCarnota e S. Fructuoso de Santiago.

As esculturas do Freixo

En S. Xoán de Sabardes, probable-mente as elegantes imaxes de S. Bernaldoe S.Basilio, situadas no retábulo maior daigrexa parroquial, do que só sabemos quefoi pintado en 17905, saísen tamén do seuobradoiro, porque a maneira en que ocanon se alonga e os panos se aristan soncaracterísticas do artista noiés; se a estoengadimos que as espesas barbas doprimeiro (foto 13) repiten as dos apóstolosde Loureda ou de S. Pablo de Carnota e acomposición do seu S. Bieito da fachadado mosteiro de Samos (libro na manesquerda ó que dirixe a mirada, báculo nadereita, perna adiantada flexionada emitra ó seu pé), mentres que a composi-ción do segundo recorda enormemente ádo S. Pedro de Mezonzo que Ferreiro fi-xera en 1779 para S. Martiño Pinario deSantiago (do que dependía o mosteiro doFreixo ó que pertencía esta igrexa), comesmo ba-lanzo de cadeiras provocadopola flexión da perna adiantada que, á súavez, fai acumula-los panos do hábito

10. Cruceiro

12. San Bernaldo

13. San Ourente

Page 34: Revista Alameda n 5

34

–agora negro– na entreperna, báculo naman esquerda e mirada ó alto, repetindo,asemade, o aristamento dos panos, oalongamento do canon e a espiritualidadedo rostro, coa introducción de pequenasvariantes como son a mitra na cabeza, enlugar de ir pousada ó pé, pluma na man,en vez do libro e barbas máis recortadas,pero semellantes ás do S. FranciscoXabier de S. Ourente, resulta quepodemos estar certos de que nos atopamosdiante de dúas novas esculturas descoñe-cidas do noso artista embelecendo ostemplos da nosa comarca.

Notas:1 MARIÑO REINO, XOÁN X. O escultor

Ferreiro. Noia, 1991. Páxs. 101 a 106.2 MARIÑO REINO, XOÁN X. Patrimonio

Histórico-Artístico de Outes. Volume II. Ed.Tórculo. Santiago, 1999.

3 MARIÑO REINO, XOÁN X. Unha escultura deFerreiro en Roo. Revista Século XXI, nº 9.Noia, setembro-outubro 1997.

4 BERMEJO DÍAZ DE RÁBAGO, CARMEN.Una escultura de Ferreiro en Roo. RevistaComposte-llanum, Vol. XXII. 1982.

5 MARIÑO REINO, XOÁN X. PatrimonioHistórico-Artístico de Outes. Volume II. Páxs.127 e 128. 11. San Xoán de Roo

Page 35: Revista Alameda n 5

35

ando a política de inmigración dun país está cons-truida sobre a represión e o medo, non está demaislembrar estes importantes datos. Segundo a Divisiónda Poboación das Nacións Unidas, España pasará

no ano 2050 dos 40 millóns de habitantes actuais a 31 mi-llóns, dos cales o 44% terá máis de 60 anos. Segundo osinformes elaborados pola Unión Europea, España precisa dachegada anual de 240.000 inmigrantes para manter o seuactual nivel económico e o das súas prestacións sociais.

Cando algunhas capas da poboación amosan un acu-sado receo á chegada de inmigrantes, tampouco estádemais recordar a orixe de moitas familias do concello insta-ladas dende hai anos nesta banda da ría. A través dos censosde habitantes, os textos históricos, as inscripcións nos sarte-gos de Santa María a Nova e a mesma guía telefónica, nal-gúns casos a fonte máis apropiada, sorprende o pesodemográfico de veciños cunhas raíces fóra de Galicia.

En primeiro lugar, destaca a presencia dun elevadonúmero de apelidos de delatadora procedencia vasco-navarra.Amais de Celaya, Bazarra, Zabala, Arzuaga, Mendieta,Ilundaín, Beitia, Ciaurriz, Iníguez, Zúñiga,Vaquero, Oiza,Echevarría, Elu, Herraiz, Segurola, Arrugaeta, Leiceaga eIturralde, está documentada a procedencia dos Juanatey, deorixe no Val de Baztán en Navarra e instalados como cur-tidores no lugar de Sameiro (Santa Cristina de Barro). Oapelido Larrondo, de recente chegada á vila, xurde do lugardo mesmo nome preto de Sondica (Biscaia). Loroño ten undos seus berces en Larrabezúa, tamén en Biscaia. Chegou aNoia a través do Enciso (A Rioxa) e nalgún caso emparentoucon outro de Euskadi como Viazcoechea ou Beascoechea(“Casa grande da esquina”). Son proviñentes da Rioxa osSáez (Ortigosa de los Cameros) e os Llaría Fontecha (Brie-va de los Cameros).

En tempos da controvertida Segunda República (1931-1936) chegou á vila o matrimonio formado polo Axudante deMarina Germán Olariaga Derteano e Coro BasterraAramburu, que deixaron os seus apelidos de Amorebieta-Etxano (Biscaia) en varias xeracións de noieses. Curio-samente, a través dun documento aportado a esta sinxela

investigación polo poeta noiés MaxiOlariaga (tamén de Eivissa ), podemosapreciar como este apelido de incon-fundible raigame vasca xa tivera presen-cia na vila dende o século XVI:

En 1.589, Pedro Ochoa DELORIAGA,es Rector de la parroquial de San Juande Lousame, perteneciente a laJurisdicción de Noia. Procedía deVasconia y en su traslado a Galicia, leacompañaron algunos parientes.

En 1.606, su sobrino MARTÍN DEOLARIAGA, ostentaba el cargo deAlguacil Mayor de la Villa de Noia.

El clérigo Francisco Ochoa de LOR-RIAGA, es testigo de un concilio otor-gado por Doña Mayor de Figueroa, dela nobleza noiesa, (12 de Octubre de1632) en el cual mandó hacer unaermita dedicada a las Santas Susana yRufina, en el monte Barbanza.

29 de Mayo de 1.639, Juan Varela deQuirós, hijo de Bartolomé Méndez deRivera y María Álvarez de Quirós, con-trajo matrimonio con Constanza Ochoade OLARIAGA y Constanza García,siendo testigos el Capitán Vasco de PugaQuiñónez y don Rosendo Sotelo.

La Doña Constanza Ochoa deOLARIAGA, vivía en Noya al si-guiente año de su matrimonio.

A cuestión que xurde trala lecturado interesante e preciso documentoresulta obvia. ¿ Terían algo que ver estesOlariagas de Vergara cos actuais, asenta-dos na vila dende hai setenta anos?¿Sabería o Axudante de Marina, orixi-nario de Amorebieta, desta anterga pres-

Historia

Xerardo Agrafoxo

150 apelidos de Noia

Page 36: Revista Alameda n 5

36

encia de posibles antepasados en Noia? Da mesma proceden-cia vasco-navarra é a parella Echeandía- Azkona que, a pesarda súa curta estancia na vila, deixaría unha pegada imborrable.Cun Rh galegovasco son varias rapazas e mozos de Noia, peroresidentes en Bilbao, cos apelidos Urbieta e Gallastegui,repectivamente.

Outro dos apelidos de renome na vila é o de Cadarso.Segundo as fontes consultadas procede de Viana (Navarra). Oprimeiro desta rama en chegar a Noia foi Luis CadarsoAyarza que acompañou ata San Xoan de Lousame a seu tío opresbítero Alejandro Ayarza. Casado con Manuela ReiAndrade, filla do procurador noiés Xacobe Rei, tería cinco fi-llos: Alexandre, Manuel, Luis (heroe do Cavite), Luisa e Car-men. Daquí partiría toda a saga dos Cadarso en Noia.

De Asturias proveñen os noieses Manjón e Buylla. Daveciña rexión tamén están afincadas en Noia varia familias conapelidos frecuentes noutras comunidades: Arias, ArobesCalzadilla, Méndez e Menéndez. De clara orixe na amplameseta configurada por Castela-León, Madrid e Castela-AMancha existen na vila varias familias. Entre elas podemos citarás que levan o apelido Otero (Zamora), Melcón (Burgos),

Matilla (Pinilla de Toro, Zamora), Torija(Noez, Toledo), Gutierrez de Velasco(Utrilla, Soria), Muñoz e Opacio(Madrid), Bejarano (Candelario, Béjar,Salamanca), Galdino (Aldea Nueva deGuadalaxara), Morata de La Cruz(Cuenca), Digón (León), Duque (Ma-drid), Martín (Peñaranda de Bracamonte ,Salamanca), Cabezón (Zamora), Salas(León), Romo (de berce castelán e chega-do a Noia dende Villanueva del Segura,Murcia), Lope (Medina del Campo, Va-lladolid), Blázquez e Orcajo (Burgos) eManzanedo (San Martín de Valdeteja,León) e Carrasco. Tamén son desta últimaprovincia os Vega, Pol, Marbán, Gundíne Gavela. De recente chegada ó concelloson os apelidos: Tudanca (Burgos), Uz-quiano e Serrano de Toledo, Valdezate,Bombín e Arranz de la Horra (Vallado-lid) e Valdecantos (Yaguas, Soria, víaPortomarín).

Belén Freire BarreiroEscola de Gravado

“Alfonso Costa”. Liceo de Noia

Page 37: Revista Alameda n 5

37

noieses Pedrero (Cáceres) e Hidalgo. Unha rama desteapelido é o pertencente a Teodomiro Hidalgo Iglesias (DonTeo) con raíces en Torre de Santa María (Cáceres), pero nadona Coruña. Son de orixe andaluza algunhas familias de Noiacos apelidos Hita (Almería), Del Pozo (Sevilla), Narváez(Cádiz), Tobajas (Málaga) e Baena (Córdoba). De Murciaviñeron os que levan o apelido Florit.

Das limítrofes terras portuguesas proceden os noieses connomes como Olveira, Da Silva, Barbosa, Dos Anxos,Gonçalves, Silvalde, Nascimento e Gomes. A presencia deapelidos estranxeiros nas terras de Noia obedecen a diversosmotivos e exténdense dende a Idade Media ata os nosos días.De orixe polaca é Lutensky e, quizais, Delphenich. De Italiason os apelidos Agrasso, Paccini, Gregori (siciliano emigrado aValencia) e Ronquete (derivado de Ronchetti). Proceden deAlemania os Erst, Jankhe e Da Bonna. Posiblemente Ons teñaa súa orixe en soldados holandeses instalados en Galicia en tem-pos da retirada dos Tercios do Duque de Alba dos Países Baixos.A famila Russu ten a súa orixe na calorosa e mediterránea illagrega de Siros.

Da illa verde de Gran Bretaña son orixinarios os“noieses” Robertson, Sutclife, Bonner e Munro (esteúltimo escocés). Da chuviosa e céltica Irlanda é orixi-nario o apelido Burke. Os Van Itterbeck proceden deBélxica e os Grafas de Suiza.

O apelido Paulo procede de Angola e os sonorosSaada Hassasi, Sadek Asan e Suelma Abbid son deExipto. Deeb é sirio, Bishara Rantisi xordano, Ben Amarmarroquí e Nske Boquesa é de Guinea Ecuatorial. Da vilado Aaiún, na República Arabe Saharaui, existe en Noia afamilia irmán dos Aabid. De raíces en Hispanoaméricaexisten na vila varios apelidos: Matías (República Domi-nicana), Pardomo (nicaragüense); Brarda, Marco e Stumpfson arxentinos.

Por último, no veciño do norte teñen a súa orixe osnoieses Jaudénes (Normandía), Cluet Comte, Rechou, Pes-tonit, Balirach, Especht ou Speck (alsaciano) e o que levancon humilde fachendía os catro irmáns Roget (Madalena,Victorio, Pura e Jaime), descendentes dun toneleiro francés(Rouget) fuxido a principios do século XIX dende departamen-to meridional de La Arriege (bispado de Touluse) ata as terras doval de Miñortos.

A sorpresa final da investigación é reconfortante. Unmosaico de culturas comeza a divisarse a principios doséculo XXI en Noia. Benvidos todos a esta pequena aldeaglobal. Gracias aos numerosos informantes, pola súa ines-timable aportación a este breve estudio das raíces demoitos noieses, e permítaseme unha última e necesarialembranza. Tal como di o oportuno lema antirracista:“Todos somos diferentes. Todos somos iguais”. É dicir:“Todos somos emigrantes”.

Circunstancias do destino e daemigración posibilitaron a presen-cia na vila de persoas con apelidosvascos e casteláns. Tal é o caso doexposto aquí abaixo con amableprecisión para este traballo:

ANDRÉS PETISCO AICINENA,1917 PORTOSÍN

Mis abuelos paternos eran deHinojosa del Duero (Salamanca).Él, carabinero de fronteras, fue des-tinado a Santa Engracia- Huesca.Donde nació mi padre; Éste, cara-binero como su padre, fue destinadoal valle del Baztan, Elizondo(Navarra), en la frontera francesa.

Allí , se casó con mi madre, FranciscaAicinena Maia, 1901. En 1907 vino desti-nado a Galicia, donde nacimos mis her-manos y yo.

En reciente viaje por Navarra yEuskadi pude comprobar que misegundo apellido es Ainzinena enlugar de Aicinena, pues así me lohan hecho saber mis parientes.

A instalación de numerosas fábri-cas de salgazón de pescado en determi-nados puntos da ría nos séculos XVIII eXIX trouxo consigo a chegada deindustriais cataláns que, procedentesdun rosario de peiraos da Costa Brava(Blanes, Canet de Mar, Arenys de Mar,Calella, Sant Pol, Tossa, Lloret, etc.. ),deixaron a pegada dos seus apelidos enNoia. Romaní, Roig , Ferrer e Roura,teñen a súa orixe nestes fomentadoreschegados ao mesmo tempo que outrosinstalados noutras rías (Colomer,Portals, Batista, Vieta, Pla, GodayDomenech, Martorell, Massó, etc.). Amesma raigame catalana teñen os apeli-dos Valls (Tarragona), Treus (Sitges,Barcelona), Salanova (catalano-ara-gonés) e Canitrot. De marcado orixealtoaragonés é o apelido Allut, chegadoá vila, a través de Salamanca, a media-dos do século XIX. Desta rexión taméné o apelido Olave.

Do arco mediterráneo taménproceden os apelidos Guasch Suñer(ibicenco), Calafat (Valencia), Fornas(Viver, Castellón) e Palau (mallor-quín). Das terras de Extremadura son os

Page 38: Revista Alameda n 5

38

Andrea Martínez CambeiroEscola de Gravado “Alfonso Costa”. Liceo de Noia

Page 39: Revista Alameda n 5

39

umpre-se este ano o centenário do nascimento do ca-tedrático de Instituto, escritor, historiador e xeógrafoÁlvaro Maria das Casas Blanco (Ourense, 1901-Barcelona, 1950). Mais este ano cumpre-se tamén o

centenário do nascimento do Álvaro das Casas político. Digo istoporque parez ficar no esquecimento, à luz das poucas reseñas queeste ano teñen saido da imprensa sobre Das Casas, a importánciaque na traxectória vital deste home tivo a res política, cando, aomeu ver, se algo o acompañou ao longo da sua vida foi precisa-mente a sua actividade neste eido.1

Nesta liña, o presente artigo tenta suplementar as achegas atéo momento aparecidas sobre Álvaro das Casas, aportando algunsdados en relación á sua actividade política na Galiza republicana.Esta colaboración remata no ano 1933 deixando para unha pró-xima achega o período que vai desde este ano ao 1936.

Álvaro Das Casas en Tempo republicano

No 1931 puña-se fin a ese tan breve como incerto espazotemporal que comezara coa queda da dictadura primorriverista(1923-29). Encetaba-se a II República o 14 de abril e Catalunya,Euskadi e Galiza pensaban máis cercano o recoñecimento dassuas respectivas realidades nacionais. Enmarcado neste contextoachamos a Álvaro das Casas, que nunha carta dirixida a un cole-ga2 portugués asinala perante a proclamación da República oseguinte: “Por mi parte yo estoy dedicado con alma y vida a unaactuación política que no me deja punto de reposo. Concentrotodas mis fuerzas en batallar por mi tierra gallega que esta porencima de todo. Creo que ha llegado el año de su liberación y enestos meses espero hacer algo definitivo por libertarla”3.

Con efeito, desde que no 1930 Álvaro Maria das CasasBlanco se instala no país, logo da sua andaina por España,achamo-lo en canto acto político de corte nacionalista de rele-vo se desenvolve. Residirá concretamente en Noia ondeexercerá como profesor de Xeografia e História no Instituto davila. Parello à toma de posesión da devandita praza4 aparez xácomo asinante5 do manifesto fundacional da ‘IrmandadeGaleguista’ da localidade. Neste manifesto asevera-se que seestá a “(...) entrever unha Galiza nova, que ven fortalecida derecordos e cobizosa de espranzas (...)” acrescentando os seusasinantes que traballarán “(...) sin acougos (...)” para “(...)ollar a nosa bandeira azul e branca latendo en todol-os ven-

tos, dend-a vila a ffreiguesía6 mais lon-xana”.

En abril do 1931, diante da procla-mación da República, atopamos que DasCasas formará parte da ‘Xunta provincialrepublicana’ que se constitui en Noia7,sob a presidéncia de Germán VidalBarreiro, en convocatória do ‘Delegadodo Comité revolucionário de Santiago’José Ramallo Gómez.

Dous meses despois xunto a LoisTobío, Basilio Fernández, Xosé Eiroa,Antonio Fraguas e Carvalho Calero, entreoutros, Álvaro Das Casas asina o mani-festo profundamente republicano e nacio-nalista ‘Ezquerda galeguista falalle opais’8. Neste manifesto da Ezquerdagaleguista os asinantes dan conta dasproblemáticas políticas, lingüísticas einfra-estruturais do noso país, marcandoque se comprometen a “(...) labourar solopra Galiza, [e] ... a non aceitar nomea-mentos polítecos do goberno de Madrí(...)”, afirmando que se desligan de “(...)todol-os partidos hastra hoxe eisistentes,si ben non abandonamos a posibilidadede xuntar nosos esforzos aos que teñan un

Uxio-Breogán Diéguez Cequiel

Álvaro das Casas e o seu compromiso político

na Galiza republicana (I)

Álvaro das Casasnos anos trinta

Page 40: Revista Alameda n 5

40

Ultreya. Esta organización, segundo o próprio Das Casas, conce-beu-na pensando “(...) no éisito que un tempo alcanzaron nonoso país os eisproradores (...) e na posibilidade de ispirar unhaorganización que, recollendo o esprito xuvenil daquelas tropas,se mantivese ao marxen de patrioteirías pueriles e de malsanasparodias castrenses”12. Asi foi que o dez de fevreiro,“(...) per-feitamente perfilada miña visión sobre o que tiñamos de facer,pedín colaboración aos meus alumnos do Liceo de Noia, e coneles lancei un chamamento â mocedade galega (...)”13. A orga-nización nascia coa idea de aglutinar ao maior número de mozosposíveis, axuntados nun convivio da máisima galeguidade pralabourar, na posibilidades das suas forzas, pol-o engrandeci-mento da Terra.14 Só un mes despois de se ter lanzado desdeNoia ese chamamento que dixera Das Casas, Ultreya tiña arredorde si oitocentos rapaces de entre doce a dezaoito anos localiza-dos maioitariamente en Ourense, Pontevedra, Vilagarciá, Vigo,Compostela e Noia. Este número tan elevado de mozos foi resul-tado da visita que ao longo dunha semana organiza Ultreya àMisión Biolóxica da Galiza na Granxa de Salcedo en Pontevedra.Cunha clara finalidade proselitista asinala o profesor deXeografia e História de Noia que habia que organizar “(...) rapi-damente unha xeira de unha semán, na que poidesen convivirperto de min rapaces de difrentes vilas e cidades aos que teria deeispricar amplamente o meu pensamento (...)”seria “(...) unhaxuntanza na que se ia á xogar o noso porvir (...)”15.

Mais Ultreya parez que foi en parte o motivo polo que Álvarodas Casas se deu de baixa do PG esgrimindo ‘discrepáncias tác-ticas’16. Os tira-puxas que mantiña coa dirección do Partidodunha banda xunto a aparente conciéncia independentista que íatomando doutra, foron quen de facer que ese militante que tanlouvado fora por destacados dirixentes do nacionalismo daaltura, fuxa a finais de 1932 da disciplina partidária do PG.

Que Das Casas se dea de baixa do PG non significa que aban-doe o traballo en Ultreya nen, de contado, a política. Con efeito,segue a traballar politicamente e tenta criar unha organización àsua medida, independentista e que fuxa das claudicacións dasque acusaba ao PG. Esta nova organización será VanguardaNacionalista Galega (VNG). O Dia da Pátria de 1933 esta for-mación apresenta-se à sociedade galega tirando às ruas unhavolantina intitulada Mais!, na que ao carón de Das Casas escreve

contido manifestamente ezquerdista, nocaso en que o ben de Galiza esí orequira”.

Actuando en consecuéncia, os asi-nantes deste manifesto xunto aos for-mantes de todos eses comités, irmandadese pequenos partidos9 que se crian polopaís adiante trás a proclamación da IIRepública, constituen en Pontevedra entreo 5 e 6 de Decembro do 1931, diante dacelebración da VII Asembleia Naciona-lista, o Partido Galeguista (PG). Nesteacto elexirá-se o primeiro ‘consello exe-cutivo’ da organización do que Álvaro dasCasas10 formará parte11.

Entanto, o profesor do Instituto deNoia irá tendo gradualmente unha maiorpresenza pública, quer a través dos distin-tos cabezallos de dentro e fóra da Galizaquer por meio das conferéncias que darápolo país.

A comezos do 1932 será cando o nosoprotagonista inície a criazón da organi-zación pola que máis se lle ten coñecido,a agrupación nacionalista de xovens

Álvaro das Casas con Ultreias. Figueirido, 1932.(O quinto da segunda fila)

Álvaro das Casas visto por Seoane

Page 41: Revista Alameda n 5

41

Francisco F. Del Riego, Manuel Beiras e Ramón Cabanillas,todos eles, segun din, galegos axuntados para “(...) luchar sintregua por la libertad absoluta y definitiva del país gallego(...)17”. Mais por moito que a verba deste manifesto da VNG fortan enérxica, o certo é que este novo proxecto político non terámáis transcendéncia que a própria dos seus formantes.

Neste senso, Álvaro das Casas segue a dar conferéncias e é dedestacar que, mália as suas controvérsias coa liña oficial do PG,a plana maior do Partido está presente diante da conferéncia queDas Casas pronúncia no Instituto de Ponte-Vedra o 16 de fevreirode 1933 sob o título de “Terra, raza e lingoa”18.

Ora, se falamos das conferéncias pronunciadas por Álvarodas Casas temos de ter presente que a de máis releváncia foi, aomeu ver, a que desenvolve no Paraninfo da Universidade deSantiago o 9 de marzo de 1933. Aceitando o convite da FUE oleeder separatista19 desenvolve a conferéncia intitulada Verbasaos mozos galegos. O momento universitario. A releváncia destaconferéncia ven dada polas consecuéncias que tivo o seu pro-nunciamento, isto é, a apertura dun expediente académico. Oproblema estribaba no conteúdo da conferéncia do director doInstituto de Noia20, ainda que nesta, en palavras do próprio DasCasas, só se dixo que “(...) a nosa Universidade, en troques deser o eixo da vida galega, fica de costas á ela sin importarse dosseus probremas (...) saben todos que (...) na bibrioteca da facul-dade de Letras onde se gastaron milleiros de pesetas, onde teñenvolumes como a edición castelán de Sin Novedad en el Frente,non teñen un libro de Vicente Risco, nin de Taibo, nin de MarceloMacías, nin de Noriega, nin de Villar Ponte (...) libros funda-mentais para o estudo da nosa Historia e o conocimento da nosaLiteratura (...) que os nosos alumnos de Dereito rematan sindebruzarse n-un probrema económico ou xurídico da Terra e osde Meiciña sin visitar nin por curiosidade centros de estudocomo Conxo (...) e sin acometer probremas como o da lepra queson unha anguria e unha vergonza pra o noso país”21.

Ainda asi, as verbas de Das Casas foron acollidas pola ierarquiauniversitária como un atentado contra a Universidade e un modo deincitar à violéncia ao estudantado22, polo que o noiés Rodríguez

Cadarso, naquela altura reitor daUniversidade de Santiago, abre o devanditoexpediente a instáncias de vintetrés cate-dráticos universitários que me denunciaronao señor Reitor en termos de violenciaimprocedente23. O asunto tivo unha grandesona, até tal ponto que fóra da Galiza van-se dar probas de apoio ao catedrático noiés,nomeadamente entre a emigración galega.Sociedades galegas como a Unión P.Ourensana, a Unión Estradense, a UniónQuiroguesa, Fillos do A. de Maside,Residentes de Teo, Asociación de Chan-tada, entre outras, van a se solidarizar, ainstáncias da Sociedade NazonalistaPondal24, con Álvaro Das Casas polo queconsideran un irregular proceso académi-co25. Contodo, o certo é que tais probas desolidariedade de alén e aquén mar nonserviron para nada; con efeito, Álvaro dasCasas seria encarcerado un ano despois daapertura do expediente académico durantedezanove dias en Santiago. O motivo doseu ingreso no cárcere foi, nen máis nenmenos, que por dar a sua persoal opiniónsobre o que era e o que cria devia ser aUniversidade na Galiza.

Desde o ano do pronunciamento daconferéncia Verbas aos mozos galegos. Omomento universitario até a sublevaciónmilitar de xullo do ´36 Álvaro das Casas,por moito que for tomado prisioneirodurante dezanove dias na cárcere deSantiago, seguiu a desenvolver unha forteactividade política na Galiza, mais isto, secallar, será o tema do que nos ocuparemosnoutra colaboración nesta revista.

Ao pé da foto, Álvaro das Casa con Ultreias. Salcedo, 1932

Page 42: Revista Alameda n 5

42

Nacionalista como representante da Irmandade Nacionalista de Noia.11 Isto indica às claras a forte importáncia e implantación que tiña Das

Casas no movimento nacionalista da altura. Pensemos que esteprimeiro ‘consello executivo’ do PG fica formado, para alén deÁlvaro Das Casas, por Banet Fontenla, Alexandre Bóveda, NúñezBua, Tobio Fernández, Carballo Calero, Alonso Rios, Plácido Castro,Vicente Risco, Lugris Freire, Ramón Martínez e Paz Andrade. Se benhai que lembrar que os deputados Daniel R. Castelao, R. SuárezPicallo e Ramón O. Pedrayo, non están non Consello, mália serenpesos pesados do movimento, pola incompatibilidade existente,segundo os estatutos do PG, entre formar parte dun órgao colexiadodo Partido e ser un cárrego político-institucional, tal e como era ocaso.

12 Das Casas, Álvaro Limiar, Ultreya 1ª Xeira. Misión Biolóxica deGaliza, Santiago, 1932.

13 Ibidem14 Tirado dun anónimo enviado desde Noia a distintos xornais con o

título Da Galiza Moza. A autoria do escrito parez corresponder-lle aÁlvaro das Casas.

15 Ibidem16 Castro, Xavier, O galeguismo na encrucillada republicana,

Deputación Provincial de Ourense, vol.II, p.75517 Non podemos deixar de chamar a atención no facto de se utilizar o

español como idioma de redacción do manifesto Mais! da VNG. 18 Capelán Rey, Antón, Contra a casa da Troia, eds Laiovento, Com-

postela, 1996. p.7019 Fernández del Riego, Francisco, Pol-a Universidade Nacional, A

Fouce, órgao de expresión da Sociedade Nazonalista Pondal-SNP,Buenos Aires, 1933.

20 Álvaro das Casas é director do Instituto de Noia entre o 1 de maio de1932 e o 28 de outubro de 1933. Cremos que non é un casual que DasCasas cese no seu posto de director do centro de ensino noiés tan sósete meses despois de ter pronunciado a conferéncia “Verbas aosmozos galegos. O momento universitario”.

21 Das Casas, Álvaro, Alvaro das Casas, fala dos incorrectos proce-deres dos que lle incoaron o vergoñoso e ilegal proceso académico,carta asinada en Noia a 20 de maio do 1933.

22 Diéguez Cequiel, Uxio-Breogán, Introducción à imprensa naciona-lista. Alento, un caso singular. Actas do IX Congreso de XovensHistoriadores da Asociación Galega de Historiadores-AGH,Universidade de Santiago, 2001(en impresión).

23 Das Casas, Álvaro, Alvaro das Casas, fala dos...24 A Sociedade Nazonalista Pondal agrupaba desde os anos vinte à mi-

litáncia independentista galega alén mar, nomeadamente en BuenosAires. Temos prova da relación de Álvaro das Casas con estasociedade desde mediados de 1930.

25 A protesta das Sociedades galegas pol-o atropello de que se querfacer victima a Álvaro das Casas, A Fouce-SNP, Outono 1933.

NOTAS:1 Ainda que non destacase coeréncia política.

Isto é, se ben sobranceia a face política deÁlvaro das Casas, o certo é que hai, grossomodo, tres etapas claramente diferenciadasna sua vida política. É monárquico até finaisdos anos vinte. Diante da proclamación daRepública é, para alén de republicano,nacionalista. Trás o alzamento militar-fascista do 18 de xullo do 1936, parez quelonxe da Galiza, concretamente na Alemaña,Álvaro das Casas enceta a sua andaina pro-fascista.

2 O colega e íntimo amigo ao que Das Casaslle escreve esta carta é o portugués Júlio deLemos.

3 O subliñado é meu. Quero resaltar aqui tresideias: dunha banda pór a atención no factode que Álvaro das Casas parez estar conven-cido de que todo o que fai durante a IIRepública, fai-no a prol da Galiza e a sualiberación nacional, doutra, sinalar que o tra-ballo que coma o del se desenvolve estáenmarcado nunha espécie de guerra. Istoúltimo, ainda que unha hipótese miña na quevou seguir traballando, coido é acertado setemos en conta a forte componente mili-tarista que ao longo da sua vida nos amosaDas Casas. Por último a conxugación doverbo en singular e o ton empregado no últi-mo subliñado que fixemos, somado a artigose cartas deste autor coas que traballamos,aponta cara un Álvaro das Casas acentuada-mente personalista, que entendia tiña ofuturo do país nas suas maos.

4 Tomará posesión da sua praza de profesor oprimeiro de outubro do 1930.

5 Xunto a José Mª Vázquez Ulloa, LuisVilanova, José López, Blas Agra Cadarso,Abelardo López e o crego de Fruime, entreoutros.

6 O duplo ‘f’ pertence à redacción do orixinal. 7 Con data 15 de abril de 1931.8 O manifesto asina-se o 14 de xuño do 1931

en Compostela.9 Beramendi González, J. e Núñez Seixas,

X.M., O Nacionalismo Galego, Vigo, eds. ANosa Terra, 1995 p.142

10 Das Casas está presente na VII Asembleia

Page 43: Revista Alameda n 5

43

lgúns países exercen unha influ-encia tan profunda sobre o visi-tante que acaban por seducilo. Éo caso de Italia, que ofrece unha

dose desbordante de arte e beleza, ou doReino Unido, que fai recordar o seu pasa-do épico cos seus espléndidos castelos.Marrocos, pola súa banda, invita a viaxarcara atrás no tempo e a disfrutar dunhaspaisaxes que case semellan oníricas. Nassúas casbahs (prazas fortificadas) pódeseasistir ó espectáculo de observar escenascotiás que permanecen inalterables desdea Idade Media. No seu deserto o tempo e oespacio parecen desaparecer. Esta é unhabreve crónica da realidade deste país talcomo a percibín no verán do 2001.

Héctor Agrafoxo Blanco

O reino do caos.

Chego a Tánxer despois de cruzar o Estreito en ferri. Ostrámites que teño que realizar na aduana do porto son inter-minables, e en seguida me dou conta de que nos próximos díasvou ter que tomar a viaxe con moita calma. “As présas matan”,como me din os marroquís. Por algún motivo que descoñezo osfuncionarios que traballan na fronteira non conseguen tomar notados meus datos con rapidez e tardan en deixarme marchar cocoche. Resulta extraño que os policías se retrasen tanto cos meusdocumentos, cando dous dos seus colegas xa mos revisaran den-tro do ferri, tranquilamente sentados nunha das mesas dacafetería do barco. En fin, este é o meu primeiro contacto coarealidade deste país, que vive a vida moi lentamente.

Os trámites na fronteira quítanme as ganas de determe enTánxer, así que pospoño a visita ata a volta e diríxome ó suratravesando os montes do Rif. Os meus nervios póñense a proba

“Ahora (...) no dejo de preguntarme por el extraño poder de seducción del desierto, esaomnipresente e inseparable mezcla de pavor y de fascinación”.

Pep Subirós, La rosa del desierto.

Unha viaxe ó pasado porMarrocos

A vila fortificada de Ait Benhaddu, esenariode grandes películas.

Page 44: Revista Alameda n 5

44

nestas primeiras estradas que percorro cando me vexo adiantadoen liña continua constantemente por conductores que son dignosde ser seleccionados como especialistas para películas de acciónde Hollywood. Eu prefiro continuar alleo a esta voraxe de veloci-dade e adrenalina.

A medida que vou coñecendo as vilas deste reino do caosquedo fascinado polo extraordinario ambiente que se vivenos seus zocos (mercados). Teño que conducir con moitocoidado cada vez que chego a un deles, porque sempre estánateigados de xente. Aquí, os comerciantes, os motoristas, oscamellos e os turistas forman un grupo do máis heteroxéneo.O cheiro que desprenden os excrementos dos animais e acarne que se cociña nas rúas comezan a transportarme a unmundo distinto, descoñecido. Paradoxalmente, a pesar destaaparente desorde todo semella seguir unha lóxica, todos osnativos parecen colaborar entre si con enorme harmonía paralevar a cabo as súas actividades diarias. Tamén resulta sor-prendente que este mundo estea tan preto xeograficamente eó mesmo tempo quede tan distante.

Restos dun imperio glorioso

Ós pés dun bosque de oliveiras atopo, solitarias, as ruínas dacidade romana de Volubilis, probas da enorme expansión do impe-rio que se orixinou na Cidade Eterna e que, igualmente, deixou paraa posteridade admirables monumentos en lugares tan disparescomo Caerleon (Gales), Arles (Francia) ou El Yem (Tunicia). Aíndaque fai unha calor abafante, todos os que coincidimos alí ese díanos paramos a contemplar con atención as pedras desta cidade, talcomo veñen facendo moitas persoas nos últimos anos.

Desde o século I a. C. Volubilis formou parte do ImperioRomano. Chegou a ser unha das cidades máis importantes deMauritania e nos séculos II e III d. C. baseaba a súa economía nocomercio de aceite, tal como o demostran as prensas que se des-

cubriron en moitas das súas casas. Máistarde os bereberes pasaron a habitala, ataque a abandonaron no século IX. Xa noséculo XVIII un terremoto acabou pordestruíla.

O que máis chama a atención destacidade son os mosaicos que adornan ochan dalgunhas construccións. Nelesvense figuras mitolóxicas como Hérculesou Baco, decorados xeométricos, grecas,medallóns e cores diversas combinadascon mestría. Por momentos, estes mo-saicos parecen grandes tapices.

A visita prolóngase debido ó excep-cional tamaño das rúas e das casas polasque me vou introducindo. Como entodas as ruínas romanas, hai como unhaforza magnética que me retén alí, e isoque xa fai tempo que me caen gotas desuor pola faciana. Préstolle especialatención á basílica, da que só quedanunhas columnas, e ó arco do triunfo, omonumento que mellor resiste o pasodos anos. Finalmente despídome deVolubilis intentando imaxinarme oaspecto que tería esta cidade na súaépoca de esplendor.

Máis ó norte descubro os restos doutracidade romana, Lixus, que tamén escondeuns mosaicos interesantes. O guía, grancoñecedor da historia desta cidade, con-tinúa a tradición do seu pai de explicarllesós visitantes onde se encontraban as ter-

As ruínas da cidade romana de Volubilis. Ó fondo distínguese a vila de Mulay Idris

Page 45: Revista Alameda n 5

45

con soltura. Non o aprendeu en ningunha escola; é un autodidac-ta. Tanto os moitos guías que se me ofrecen para levarme por Fezcomo os vendedores das tendas que vou encontrando esfórzansepor atraer a miña atención. Árabes e bereberes tratan de ser hos-pitalarios e pronuncian unha frase que se pode escoitar ata asaciedade neste país: “Soyez le bienvenu”. Os guías vanse tur-nando pola medina e todos intentan sacar tantos cartos comopoden. Lévanme a ver tendas de alfombras, de especias, de tease de babuchas e véxome máis desbordado que en calquera centrocomercial de Londres. As rúas son estreitísimas e están abarro-tadas, o caos é total e a calor sofocante. Para rematar a visita vouó barrio dos curtidores, onde presencio escenas bíblicas de tra-balladores mergullados en cubas cheas de líquidos de cores coasque se tinxen as peles antes de ter forma de bolsos ou maletíns.Os coiros están a secar nas terrazas deste arrabalde e o cheiro éfortísimo. Pero a experiencia é gratificante.

Hai outros lugares que ofrecen espectáculos semellantes enMarrocos. Xauen, unha vila do norte, caracterízase polas súasvivendas escarbadas nas rochas e pola cor azul pastel coa queestán pintadas. Vilas como Mulay Idris ou Skura viven ancoradasno atraso e na miseria. E tamén Maadid, unha pequena vila situa-da no medio da nada, permite asistir á triste realidade do país. Oguía que me ensina Maadid é o responsable da casbah. Vai vesti-do cunha túnica de cor índigo e unhas sandalias gastadísimas, etén cincuenta e poucos anos, aínda que aparenta moitos máis.Neste lugar as casas están feitas de adobe e están todas gretadas.A pobreza que se ve na xente é total. O guía invítame a ir á súacasa e acepto de boa gana. Tén unha muller e dous fillospequenos. Dormen na terraza enriba dunhas alfombras, ó ladodun cuberto para as súas cabras e dun pequeno cubículo con pallaque serve de retrete. A sala principal e a cociña están sucias e asúa imaxe é desoladora. Extraen auga dun pozo que está no cen-tro da sala, xa que, por suposto, no hai auga corrente. Os únicos

mas, o teatro e as vivendas neste lugar faiséculos. Fala un castelán fluído, entre ou-tras linguas, e é moi cortés. Viste conroupa de abrigo e leva un gorro de la,como en inverno. Ó final da visita recibea xusta remuneración pola súa profesio-nalidade.

Unha viaxe ó pasado

Tras uns días de aclimatación ó país,chego á cidade de Fez. A súa medina(parte vella) é a máis grande do Magreb efoi declarada Patrimonio da Humanidadepola Unesco. Ó igual que as grandescidades medievais europeas, este cascohistórico está amurallado e accédese a el através de diferentes portas. Desde o hotel,que está na parte nova da cidade, diríxomeó palacio de Dar El-Majzen e de alí ó mel-lah (barrio xudeo), coas súas casas de bal-cóns ornamentados. A continuación atra-veso a muralla e entro na medina poloarrabalde de Fez El-Yedid. Inmediata-mente teño a sensación de retroceder cen-tos de anos no tempo: moita xente usa avestimenta tradicional de chilabas e ba-buchas, e os asnos ocupan as rúas carga-dos coas mercadorías dos seus amoscomerciantes.

Un guía ofréceme a súa axuda paraconducirme por este labirinto. Tén unhatenda de tecidos na medina e fala castelán

Vista de Skura

Page 46: Revista Alameda n 5

46

obxectos que me recordan que estou no ano 2001 son un radio-cassette, un televisor e unha parabólica, todos en mal estado.Marcho de Maadid aturdido e prométome que, a partir de agora,valorarei máis as comodidades que teño na miña casa.

Orson Welles en Marrocos

Tradicionalmente Marrocos foi fonte de inspiración paramoitas figuras do mundo cultural. Por aquí pasaron pintorescomo Henri Matisse ou Eugène Delacroix, que representaron nassúas teas escenas da vida diaria marroquí. Ata aquí chegou taméno compositor estadounidense Paul Bowles coa intención de estu-diar a música do país. A atracción que sentiu por esta cultura le-vouno a establecer en Tánxer a súa residencia e a escribir unhaextensa colección de obras ambientadas no norte de África, comoO ceo protector. Bowles, como tantos outros, foi moi sensible óencanto do deserto, que provoca sentimentos de benestar erelaxación, pero tamén de sobrecollemento e incluso medo.

O cine tamén sacou partido das paisaxes de Marrocos.Recentemente rodáronse escenas da película Gladiator na vilafortificada de Ait Benhaddu, unha espectacular cidadela con to-rres almeadas rodeada de murallas que foi declarada Patrimonioda Humanidade pola Unesco. Anteriormente David Lean uti-lizara o marco de Ait Benhaddu e de Uarzazat, unha cidade situa-da nunha meseta desértica, para rodar escenas de Lawrence deArabia. A visita a estes lugares tan áridos e tan apartados faimerevivir secuencias destas películas.

A seguinte etapa da miña viaxe lévame á costa atlántica,concretamente á cidade de Essauira. No porto todo o mundo estáen plena actividade. Algúns mariñeiros traen raias frescas domar, outros esfórzanse por reparar os seus barcos. O motivo queme leva a vir ó peirao é descubrir a súa fortaleza, pois nestemesmo lugar estivo Orson Welles en 1949 rodando os exterioresde Otelo, adaptación dunha das obras mestras do xenio deStratford William Shakespeare. Aínda se conservan en bo estadoas torres e os cañóns das murallas. Para recordar ó cineasta, nohotel onde me aloxo hai unha cafetería que leva o seu nome.

O esplendor do Islam

As terras conquistadas polo Islam trasa morte de Mahoma están cheas de monu-mentos conmemorativos. En Marraquechdetéñome a ver a Kutubia, a mezquitamáis emblemática da cidade. Sen embar-go, o espectáculo está alí ó lado, na prazade Yamaa El-Fna, onde se reúnencociñeiros, adiviños, encantadores de ser-pes, augadores, taxistas e moita máisxente para darlle animación á praza. É ocaos en estado puro.

Meknès é unha cidade que tamén val apena visitar polo seu conxunto de mura-llas, capaces de deter a calquera exército.Unha das portas máis enormes das mura-llas é a de Bab Mansur. Colócome alí parafacer unha foto e aparéceme un augador,que tamén quere saír retratado. Comopropina por facer de modelo improvisadorecibe 10 dirhams, e como cre que sonmoitos cartos devólveme unha moeda decen pesetas. Marrocos é un país imprevi-sible.

En Casablanca visito un dos monu-mentos máis modernos do país, a GrandeMezquita de Hassan II, que co seu colo-sal minarete foi concebida para ser o prin-cipal templo do extremo oeste do mundomusulmán.

Finalmente, vou á capital, Rabat, paraver a Torre de Hassan, un enormeminarete inacabado dunha mezquita quese iniciou no século XII e que estabachamada a ser unha das maiores construc-cións da súa época. O encanto desta torre

En Rabat, a capital, atópase a importante Torre de Hassan

Page 47: Revista Alameda n 5

47

hospitalidade. Nunha ocasión un bereber invitoume a tomar un téna súa casa. A súa irmá estaba tecendo unha alfombra empregan-do instrumentos moi rudimentarios. A casa era moi austera. Obereber, que tiña a dentadura negra e levaba posto un turbantexigantesco, contábame que pasaba seis meses ó ano na montañacoidando as súas cabras e outros seis naquela vila adicándose ósseus negocios. Ós seus fillos non os mandaba á escola senón quelles ensinaba o que el consideraba máis importante na vida (astradicións do seu pobo, etc.), tal como viñan facendo os seusantepasados. Os índices de analfabetismo e de paro en Marrocosson alarmantes. Sen embargo, os nativos son reacios a comentar-lle ó estranxeiro os problemas políticos que arrastra o país pormedo á represión. Mentres tanto, seguen vivindo na súa pobreza,sentados diariamente á sombra dalgunha árbore esperando a quepase a vida.

reside precisamente en que está incon-clusa, así como o atractivo especial daTorre de Pisa é que está inclinada.

Vendo transcorrer a vida

Na medina de Tánxer dou os últimospaseos desta viaxe e tomo uns docesárabes para que me quede un bo sabor deboca desta visita. Ó día seguinte marchode Marrocos recordando con claridade asensación de tranquilidade que vivín nasvilas que visitei e nas terrazas nas que meparei a tomar un refresco. A pesar das pre-carias condicións de vida nas que estásumido este país, a xente consegue recibiró visitante facendo gala dunha grande

O barrio dos curtidores de Fez, un espectáculo digno de ver

Page 48: Revista Alameda n 5

48

acontecido en Noia co cruceiro de Eiroa –un des-encravo en granito dos máis importantes e coñeci-dos de Galicia, esnaquizado por mor dun accidente

de tráfico– non é máis que a exemplificación práctica dunfeito que se repite a cotío: o Patrimonio está en mans daprovidencia, da fatalidade, dos fados do destino.

Nun lugar onde os accidentes se suceden a cotío coacaída das primeiras pingas de auga –máis de 50 nos últimosanos–, con constantes chamadas da vicindade a correxircurva tan perigosa, onde os coches accidentados se estrelansempre nas proximidades do lugar onde se asentaba o cru-ceiro –algunha vez tocando xa a base do mesmo– era clara-mente previsible que algún dos sinistros tivese fatais conse-cuencias para o monumento. E o día fatal chegou. A conse-cuencia: o esnaquizamento dun elemento patrimonial deprimeira orde, que coa súa presencia enchía de valor engadi-do cultural o lugar onde se emprazaba.

Pero, desgraciadamente, este caso non é máis que oreflexo dunha situación de abandono xeral que percorre oconxunto Patrimonial que garda a nosa memoria histórica.Todo un variado tipo de bens que constitúen o legado dei-xado polas xeracións pasadas, e que entendemos comoPatrimonio Histórico Cultural, está seriamente ameazado,ó albur dos fados do destino, dependendo a súa salvaciónou ruína somentes da fatalidade.Un breve percorrido polaxeografía próxima serve para confirmar a veracidadedesta afirmación: mámoas e dólmenes, como o dolmen daCova da Moura, nun estado lamentable; castros como o deSan Lois convertidos nun bosque de antenas; cruceiros epetos de ánimas en completo esquecemento só en pé polomimo dos viciños; lavadoiros, fontes, muíños, pombais,pontes, hórreos, aldeas, .... todo un conxunto de rea-lizacións representativas de variados movementos cul-turais, de formas de vida anteriores que, superandotódolos avatares do tempo chegaron ata os nosos días,

están na actualidade baixo a ameaza da destrucciónirremediable, a perderse nun total abandono, a morrer poladesidia de quen debe mirar polo seu mantemento e coida-dos, ou a parar a algunha finca dun chalet lonxano, sen

ninguén que os bote en falta, ante aausencia dunha catalogación exhaus-tiva que, cando menos, os tivese re-xistrados.

Unha clara mostra da dimensión egravidade do tema, ofrécenola o esta-do de penuria en que se atopan tresdos monumentos máis notables donoso entorno máis inmediato, coñeci-dos por todos, e publicitados na tota-lidade de guías e folletos turísticos dabisbarra: ¿Cantas invernías poderáresistir Pontenafonso, a mítica Pontedas Pías nos documentos medievais,voando sobre as augas do Tambre?,¿ quen dubida que o seu sostén en péante próximas riadas, nunha lamenta-ble situación de penuria froito doabandono máis absoluto por partedas autoridades “competentes”, vaidepender da fatalidade ou dos fadosdo destino?,

¿cantos avisos dos viciños denun-ciando unha danada estructura sonnecesarios?, ¿cantas promesas in-cumpridas?, ¿a que se espera paraactuar? Asemade, ¿alguén ignora quea medieval Ponte de Traba, sobre orío do mesmo nome, espera exhaustaa chegada dunha nova invernada?,¿que, de non axudala reforzando osseus piares e defensas ante asaugas, o seu derrube só depende dacapacidade de resistencia dunhasforzas de por si moi debilitadas? Omesmo acontece coa románicacapela de Santa Cristina, alí soa nointerior do que foi o seu camposanto,totalmente esquecida e abandonada,

En defensa do Patrimonio

O escrito que figura de seguido en defensa do Patrimonio cultural noiés, asinado por un grupo decincuenta persoas relacionadas coa cultura, foi enviado en días pasados ó rexidor Municipal, óresponsable de cultura da Diputación Provincial e ó director Xeral de Patrimonio, solicitando unhamaior protección para o conxunto patrimonial da localidade noiesa. A equipa de redacción da revistaAlameda, consciente da importancia do patrimonio como alicerce da nosa memoria histórica, consti-tuíndo unha das súas preocupacións principais o dalo a coñecer, quere manifestar o seu apoio plenoó referido escrito e facilita a través das páxinas da revista Alameda a súa difusión de cara ó seu xeralcoñecemento.

A CONSERVACIÓN DO PATRIMONIO NON PODE DEPENDER DOS FADOS DO DESTINO

Page 49: Revista Alameda n 5

49

que consoman o tempo do seu mandato e non perder aesperanza de que veñan outros mellores.

Debemos empezar a considerar que os poderes públi-cos teñen a obriga de cumprir as leis e de que ese cumpri-mento é un dereito que os cidadáns temos e non unha gra-cia magnanimamente outorgada polos que gobernan. Haileis que protexen o noso patrimonio. Esixamos que secumpran.

Os poderes públicos actúan con frecuencia no tema doPatrimonio, como unha medida de propaganda motivadapolo éxito fácil e momentáneo que reporta a fotografía deinauguración. Publicítase a intervención puntual en pro daprotección do Patrimonio mediante folletos e guías turísti-cas ou a través dos medios de comunicación, e ó mesmotempo estase a permitir con pasividade e desidia o pro-gresivo deterioro ou destrucción do conxunto do mesmo.Son coñecedores que o monumento histórico pode pre-sentarse como unha “imaxe de marca” do conxunto daurbe ou do concello, e por conseguinte, van facer unha uti-lización propagandista de determinados aspectos doPatrimonio cultural, esquecendo aquilo que non se prestaós seus intereses meramente electoralistas. Cegados polaadulación instantánea, vense como salvadores do monu-mento, sen decatarse de que iso non é suficiente, eobviando os aspectos fundamentais que si farían ver-dadeiramente exitoso un programa rehabilitador.

CONCLUÍMOS:

Somentes desde unha visión global poderá abarcarse arehabilitación integral da paisaxe construída. Só tendo enconta o Patrimonio no seu conxunto, harmonicamenteintegrado na paisaxe, no convencemento da importanciada súa conservación como elemento identitario, e do quesupón de responsabilidade a súa conservación de cara ásxeracións futuras, pode concebirse o levar a cabo un pro-ceso de rehabilitación integral do mesmo. A planificación alongo prazo dunha actuación sobre o territorio construído,solidaria e comprometida, significa coñecer as necesi-dades reais, ter vontade de buscar solucións, e obter osrecursos ó efecto. Iso significa crer, en definitiva, na his-toria propia e nas súas potencialidades.

DEMANDAMOS:

– Identificar, catalogar e inventariar o conxunto patrimonial.

– Evitar a degradación e perda das construccións en maiorperigo mediante unha actuación urxente: Pontenafonso,ponte de Traba, capela de Santa Cristina ...

– Favorecer a restauración e rehabilitación dos bensculturais facendo uso de materiais axeitados.

– Conservar de xeito integral o patrimonio construído e omedio, vendo a paisaxe natural e construída como un todo.

– Preservar e revitalizar os bens culturais como un pat-rimonio a conservar para legalo ás xeracións futuras ecomo un activo económico.

colonizada por hedras e outra ve-xetación, que van comendo as súasentrañas, ¿canto resistirá en pé anteo ataque dos elementos?

E que dicir do Casco Histórico davila de Noia. A aprobación dun PlanEspecial de Protección do mesmoescomézase a incumplir de xeito sis-temático ós poucos días de apro-barse: Peches de seguridade, rótulos,cores de fachadas, fóra de normativa;derrubo de edificios protexidos; trata-mento irregular de ocos de fachadanos baixos; ... a ilegalidade consenti-da é a norma.

A nosa sociedade civil está acostu-mada á desidia dos nosos represen-tantes políticos que, lonxe de defen-der e conservar o patrimonio, actúanen moitos casos con claros signos deignorancia. As súas actuacións son,ás veces, froito da improvisación, dearroutadas do político de turno queconsidera a súa idea como única exenial e lévaa a cabo sen unha plani-ficación axeitada e global. Comomostra disto temos a actuación doConcello na suposta peonización doCasco Histórico de Noia, actuaciónque se limitou a restrinxir o paso devehículos por un par de rúas. Cu-riosamente, todo o contorno de SanMartiño segue sendo un aparcadeiroinverosímil nunha vila que di protexeros seus monumentos. O grave nestetipo de actuacións é que non existen,hoxe por hoxe, mecanismos sociaisque obriguen ás autoridades acumprir a lei –que existe, non haidúbida diso– que protexe e conservaa nosa memoria histórica, sexa patri-monial ou paisaxística.

A impunidade que preside asnefastas actuacións dos nososresponsables políticos leva moitasveces a pensar que teñen durante oseu mandato carta branca para facero que se lles antolle. Con seguridade,nos países desenvolvidos, onde seconsidera o patrimonio como un benrendible que se debe preservarmesmo tamén por intereses económi-cos, as actuacións indignas dosresponsables políticos terán conse-cuencias mesmo xudiciais. Aquí, pordesgracia, só nos queda agardar a

Page 50: Revista Alameda n 5

50XOAN X. MARIÑO REINO

Ensinante e investigador.

Mª DOLORES ARXÓNS ÁLVAREZ

Ensinante e Coord. de “Casa da Gramática”

PEDRO GARCÍA VIDAL

Ensinante e investigador.

XERARDO AGRAFOXO PÉREZ

Ensinante e investigador.

NACHO COSTA BEIRO

Pintor.

PÍO COSTA BEIRO

Pintor.

CONCHA SABUCEDO ÁLVAREZ

Ensinante e Coord. de “Casa da Gramática”.

MIGUEL FERNÁNDEZ NOGUEIRA

Director do I. E. S. “Virxe do Mar”.

PILAR MELCÓN NÚÑEZ

Vicedirectora do I. E. S. “Virxe do Mar”.

XAVIER CASTRO RODRÍGUEZ

Xefe de Estudios do I.E.S. “Virxe do Mar”.

ANA Mª BLANCO GÓMEZ

Patronato Rosalía de Castro.

XABIER A. OLARIAGA

Ensinante e escritor.

RICARDO DE BARREIRO

Pintor.

ALFONSO COSTA

Pintor.

JULIO M. CAAMAÑO PÉREZ

Director do I.E.S. “Campo de San Alberto”.

Mª MANUELA DOSIL VIEITES

Ensinante.

ELENA NOGUEIRA RIVADULLA

Vicedirectora do I.E.S. “Campo de San Alberto”.

MATÍAS BARREIRO BLANCO

Xefe de Estudios do I.E.S. “Campo de San Alberto”.

JUAN M. RODRÍGUEZ CAMPOS

Secretario do I.E.S. “Campo de San Alberto”.

Mª ANTONIA CASTRO P.

Ensinante e gravadora.

ANA CAMBEIRO

Gravadora.

Mª JOSÉ ESPAÑA GONZÁLEZ

Ensinante.

RAMÓN CARREDANO COBAS

Membro da Xunta Directiva da Sociedade Liceo.

JOSÉ LUÍS VEIRAS MANTEIGA

Pintor.

Mª TERESA GONZÁLEZ CES

Artesá.

XOSÉ AGRELO HERMO

Director do I.E.S. de Muros, Dir. de Toxosoutos, Escritor.

BERTA NIETO VILLAR

Ensinante.

DOMINGOS CAMPOS ALBORÉS

Ensinante.

DOLORES MARTÍNEZ PROL

Ensinante.

LUÍS AVILÉS BAQUERO

Audiovisual.

RODRIGO ROMANÍ BLANCO

Compositor e músico.

J. ISAAC RODRÍGUEZ JUANATE

Membro da Xunta Directiva do Casino.

JESÚS MARTÍNEZ MOLEDO, “SUSO XOGAINA”

Fotógrafo.

IGNACIO SUÁREZ CARNOTA

Colectivo Literario Sacou.

MANUEL LÓPEZ RODRÍGUEZ

Colectivo Literario Sacou.

MANUEL MARIÑO REINO

Músico e pintor.

MANUEL CAAMAÑO MARIÑO

Encargado Casa da Cultura de Noia.

FRANCISCA CASTRO BLANCO

Ensinante.

JESÚS GUTIÉRREZ FERNÁNDEZ

Bobliotecario.

ANDRÉS CASTRO CAAMAÑO

Investigador.

MARÍA ESPERANZA PONTE CASTRO

Ensinante.

JOSÉ MANUEL BARREIRO INSUA

Ensinante.

AVELINA NEIRO CUENCIO

Ensinante.

IRIA LAGO GARCÍA

Colectivo Literario Sacou.

RAMÓN BLANCO FERNÁNDEZ

Colectivo Literario Sacou.

MANUELA PÉREZ MATO

Arqueóloga.

ROSA MARTÍNEZ FERREIRO

Ensinante.

XEPE TORRES REINO

Ensinante e investigador.

AURORA MARCO LÓPEZ

Ensinante e investigadora.

XOÁN GARCÍA FERNÁNDEZ

Colectivo Literario Sacou.

LOLA GIL AGRA

Arqueóloga.

RELACIÓN DE ASINANTES

Page 51: Revista Alameda n 5

51

coqueto palco en pedra quepreside a alameda de Noia,obra construída por encargo do

alcalde Pedro Sáez Pichel e inaugura-da en 1950 sendo rexidor ManuelBlanco Ons, alza aínda hoxe a súa sin-gular figura poliédrica no bordo nortedeste espacio de lecer. Trátase dunhaobra sinxela pero fermosa. Con baseen ben traballados sillares de granito ebaranda en ferro forxado, da que seprolongan columnas no mesmo mate-rial a soster un tellado en forma deparaugas protector, o coñecido comopalco da música, constitúe un elemen-to patrimonial destacado dentro doconxunto axardiñado-verde que é aadmirada alameda noiesa.

A octogonal silueta do palco engranito, testemuña dunha ben gañadafama de bo facer en pedra duns can-teiros que chegaron a acadar xustasona, foi converténdose co paso dotempo en depositaria, xunto con ban-

O VELLO PALCO DA MÚSICA MUTILADO.

cos e baranda corrida, dunha imaxe de autenticidadenunha alameda cada vez máis desnaturalizada de palme-ras e azulexos. Bandas de música e orquestras sentíanfachenda por tocar nel. Era todo un luxo para a época.

O paso dos anos escomeza a afectarlle en forma decrecente re-xeite por parte dunhas orquestras cada vezmáis necesitadas de espacio. O palco quedábasepequeno, pero aínda resistíu uns anos, tempo no que osgrupos musicais sonaron con potencias de racionalidade.Os novos tempos de culto ós watios, sen embargo, per-sonificados en forma de mastodónticas torres de amplifi-cación, fixeron que o vello palco fora arrinconado, e ensinal de desprecio convertido nun lugar accesorio para col-gar no seu lateral un mamotreto de cables e enchufes coque suministrar enerxía ós novos e agresivos palcos quese colocaban ó seu carón. O seu acolledor piso demadeira quedaba somentes para dar cabida ás tradi-cionais bandas de música, sempre auténticas por carecerde todo artificio co que sacar as notas ó ar para deleite dosoídos sen necesidade de artificiais amplificacións.

Os poderes públicos, mentres tanto, acordaban do anti-go palco para ordear aplicar sobre o abandono unhascapas de pintura enmascaradora dunha realidade moles-ta, ou acometer urxentes reparacións, sempre en vísperas

Inauguración do palco da música o 31 de decembro do ano 1950.Imaxe aparecida na revista Tapal no número de febreiro do 1951

A falta de agarimo polo patrimonio propio

Page 52: Revista Alameda n 5

52

festivas. Máis recentemente, a vaidade e soberbia dopoder quedará asinada en forma de placa metálica que,atornillada perforando o corpo pétreo do monumento, cer-tifica igualmente o impúdico desprecio sobre tan singularben patrimonial.

Tiña que ser un macroconcerto –non podía ser doutroxeito– o que puxera finalmente ó diminuto palco no seulugar. ¿Como ía consentirse que aquela antigallainsignificante supuxera o máis mínimo impedimento paraunha actuación de tal calibre?, ¿que representaba aque-la miniatura obsoleta para poder obstaculizar a colo-cación dun escenario tan monumental nunca antes vistona alameda noiesa?, ¿por que había que perder un sóinstante de tempo en pensar nunha solución menostraumática?, que máis daba que se tratase dun elemen-to patrimonial catalogado e protexido, incluído dentrodos lindes do casco histórico. Había que definirse. Seríade provincianos pensar en priorizar quen tiña queperder. Solución: amputar, cortar polo san. Deste xeito,

algún universalista defensor do pro-greso redentor, autoriza mutilar oentrañable palco da música. Na cla-ridade da solución non pensasequera que a súa actuación podeser considerada como falta gravecontra o patrimonio e, polo tanto,sancionable por lei. O pasado patri-monial non debe obstaculizar o novotempo, berran estes vendedores defume, mentres publicitan hipócrita ecinicamente defender o patrimonio.Aí radica a clave da situación depenuria en que actualmente seatopa o patrimonio cultural noiés egalego, e o desprecio a que se vesometido a cotío. ¡Que tristura! .

Pedro García Vidal

25 de agosto de 2001. Un empregado municipal, serra en man, procede á mutilación do vello palco da música, un monumento catalo-gado e protexido por Lei, co fin de facilitar a montaxe do macroesceario preparado para a actuación da cantante Mª del Monte.

Page 53: Revista Alameda n 5

53

resento neste número unhacomposición que un com-pañeiro estreou no ano 1956

naquel vello Liceo, que foi unpouco o símbolo da nosa vila.Aquel Liceo, referencia de estilo ediversión para os forasteiros, queinventaban historias para poderasistir ás verbenas na súa famosapista.

Cantaron esta peza acarón dovello hórreo dous compañeiros quexa non están entre nós: Constan-tino Pego (O Xitano) e Maceiras.Estou a falar de Os Beiros.

Os Beiros tiveron un papel moiimportante na música que soabanas nosas festas, ao lado de outrasorquestras, todas elas da nosacomarca. Lembro agora a Orques-tra Creo-Brasil, a París, Horizontesdel JAZZ, Veracruz e outras quedeixo para falarvos delas no suce-sivo.

O autor que presento nestacolaboración é Eugenio Lestón(Genucho) que, ademais de “Cantoa Noia”, é autor de moitas das can-cións que interpretaban Os Beiros,e tamén de composicións parabanda e coros.

O que isto vos conta, estaba áoutra banda do camiño, pois erarival artístico de OS BEIROS,

Cancións de Noia

Prudencio Romo Canto a Noia

Page 54: Revista Alameda n 5

54

mais admiraba e respeitaba o traballo de Eugenio Lestónporque, coma min, traballaba por elevar o nivel artístico e per-soal dos músicos, infravalorado naqueles tempos.

Agora, despois de moitos anos de loita e de peregrinaxe,volvemos atoparnos no camiño tranquilo que deixan aspegadas dos anos, e rememoramos os vellos tempos, medran-do, no noso interior, unha profunda e sinceira amizade.

Como homenaxe a Eugenio Lestón Alcaina, o día 17 denovembro do ano en curso, o cantante noiés José M. Túñez,acompañado da Orquestra Key, interpretará no Salón de Actosda Sociedade Liceo a canción “Canto a Noia”. Eugenio Lestón Alcaina

Page 55: Revista Alameda n 5

55

dun fidalgo”, ambientada na Galiza decimonónica. Comoensaista salientan os seus traballos sobre a biografia de Rosaliade castro, publicadas en diferentes revistas e reeditados en 1992co título de Artigos rosalianos. En 1963 fixo unha edición críti-ca de Cantares Gallegos, comemorativa do centenário do naci-mento da grande cantora do Sar.

Mais se como criador literário ten un posto de seu na históriada literatura galega, a sua produción máis relevante acha-se nocampo científico. Foi un auténtico polígrafo e os seus traballosabranxen diversas ciéncias do saber humanístico: Prehistória eArqueoloxia (xunto con López Cuevillas, foi un dos sistemati-zadores da Prehistória galega), Epigrafia e Numismática,História (centrou-se, sobreto, nos estudos relativos aos períodosxermánico e suevo), Arte, Etnografia… O seu esforzo investi-gador materializou-se en perto dun millar de publicacións, que oconverteron nun dos máximos eruditos da bibliografia galegacontemporánea, con grande prestíxio na comunidade científicainternacional.

Fermin Bouza-Brey morreu en Santiago de Compostela, ondeviveu na derradeira etapa da sua vida o 11 de xuño de 1973.

En Vieiros, revista do “Padroado da Cultura Galega noMéxico”, dirixida por Luis Soto Fernández, Carlos Velo eFlorencio Delgado Gurriarán, no número 1 (1959), publicouBouza-Brey a evocación a que fixemos alusión e que aquí repro-ducimos:

Hai nas Rías Altas da Galiza, unha vila evocadora e miste-riosa que é doce pervagar do brazo de algunha venturosalembranza: a Vila de Noia.

Perdeuse no tempo como fror prensada nas follas de un libroesquecido, e que algún día foi o resto amado de unha pasiónsaudosa. Lonxe das vías do tráfego interurbán, buscadapolas ondas leves do río Traba e do sonoroso Tambre, tráelle

ermín Bouza-Brey naceu enPonteareas o 31 de marzo de1901. Cursou estudos de Filosofia

e Letras e Direito na Universidade deSantiago de Compostela. Ingresou na ca-rreira xudicial e exerceu de maxistrado endiferentes cidades. Vinculado desde moinovo à cultura galega, en 1923, xunto aoutros estudantes, foi un dos artífices dafundación do Seminário de EstudosGalegos, institución vital no desenvolvi-mento cultural, que tiña como obxectivoprincipal a formación de investigadores eo estudo científico de Galiza en todos osseus aspectos. Bouza-Brey realizou unintenso labor no SEG e, máis adiante, noInstituto Padre Sarmiento, continuadordaquel.

Como escritor, destaca a sua facetalírica: foi o iniciador da escola neotro-vadoresca co seu primeiro poemário, Naosenlleira (1933), onde recolle e adapta atécnica e o espírito da lírica medieval e,máis concretamente, das cantigas deamigo (paralelismo, leixapren e refrán).Embora a sua produción poética non sexaextensa –só publicou un segundo poe-mário, Seitura (1955)–, a sua obra, abso-lutamente persoal e cun selo inconfundí-bel, foi unha das máis xenuinas rea-lizacións da poesia contemporanea.Bouza fixo tamén unha pequena incursiónna narrativa: en 1925 publicou Cabal-gadas en Salnés, subtitulada “lembranzas

Visións de Noia

Fermín Bouza-Brey Unha hora na paz do cimiterio de Noia

Este ano en que se celebra o centenário do nacimento de Permin Bouza-Brey, a revista “Alameda”quer ren-der-lle a sua particular homenaxe lembrando brevemente a sua figura e incorporando a esta sección a saudosaevocación que fixo sobre o cemitério de Santa Maria a Nova.

Page 56: Revista Alameda n 5

56

o mar Atlántico lonxanos efluvios de perdidos minutos depoderío e melancolía. As casas do burgo medieval vivenaínda baixo a melancolía apuntada como unha espiña dasoxivas. Hai unha tristura de claustro en algúns anacos darúa, que animan os batifondos dos mercados e das feiras.Nos peiraos do porto, as barcas de pesca remansan, comoagardando por unha inspiración. Pradilla, que a visitou,deixounos apuntes do seu vivir plácido, nos derradeiros anosdo século XIX. ¡Todo o que teña alma de artista debe visitara vila de Noia!

Atravesando os séculos, por riba dos progresos urbanísticos,aboia nas caladas horas nouturnas a saudade da cántiga,que o pobo atribui ao autor da vella ponte noiesa, un rapazpedreiro que alí consumiu a súa vida. É un laio rachador, unadeus doente de morte sin remedio:

¡Adeus, ti, Ponte Nafonso!

Non sei quen te acabará.

Trinta anos me levache,

Fror da miña mocedá.

Iste peso dos vellos historiadores que lle chamaron Noela,das antigas crónicas que a nomearon “chave de Galiza”, dasdepredacións normandas e das loitas señoriaes co Arcebispode Compostela, recai como nun pano sagro no cimiterio deSanta María. É unha quintana, unha antiga quintana her-bosa e fresca, onde noutros tempos –en medio dos túmulos–se axuntaban para facer estrados ou xusticias os alcaldes davila. É un adro, que ten no seu centro a eirexa que “edificoue sagrou” –asegún reza o epígrafe dun tímpano– o Arcebispo

Berenguel de Landore no século XIV;aquil discutidísimo prelado que, nadoen Francia, tanto interviu nas loitaspolíticas galegas do tempo. É un pan-teón onde dorme boa parte da nobrezagalega, da burguesía noiesa e dosindividos dos gremios ds antiga vila.Un panteón tranquío, como un agroou como un prado, onde se durmeu ovento que non move as frores silan-deiras, nadas á ventura acó e aló. Afidalguía dos Guisamondes e dosCaamaños, dos Romeiros e dosMariños, afaise á beira dos xastres edos carpinteiros, dos zapateiros e doscurtidores.

Alí os brasós máis requintados daheráldica galega, emparexan cos sím-bolos gremiaes –as tesoiras, osmachados, as anclas– na mesmapedra de fino grau salgado dos consda ribeira.

Eiquí temos a Pedro Carneiro, dequen reza o seu epitafio que era“veciño da porta da Corredoira”.Acolá anda Xoán de Estibadas, untaberneiro de moita conta que deixoubos diñeiros para a Cofradía dosCregos en 1397. Parez como si desempre nos coñecéramos: que saen ao

Page 57: Revista Alameda n 5

57

alcipreste isolado, unha oliveira acaracochada, unha roseirabrava tal vez… As xeneraciós sucédense baixo da mesmapedra labrada co sinal da cruz ás penas.

¡Camposantos da miña terra! ¡Cimiterio de Iria onde xaceuo corpo de Rosalía, responsada polas belas oliverias que elamesma cantou! ¡Romántico cimiterio de Ribadavia custodia-do de mirtos e de alciprestes! ¡Cimiterio de Castrelo de Miñoempoleirado hastra o ceo, onde achou paz unha raíña!¡Cimiterio compostelán de Santo Domingo, musgoso de mir-tos e de loureiros, onde repousan os graves e doctos univer-sitarios de outrora!

¡Cimiterio de Noia, en fin, onde un grande fillo da Galizarenacente topou un xacigo modesto –falo do insigne DonEladio Oviedo e Arce–, que os tempos che conserven ise airemisterioso de agachado recanto, onde se agarda o xuicio deEl Señor!

¡Camposantos da miña terra! Veñen á ideia os versos deRosalía…

Cimiterios de Galicia,

frescos como os nosos campos,

en cal dormirá algún día,

este, meu corpo cansado.

noso encontro e que nos invitan a des-cansar tamén, naquel curruncho sen-lleiro do cimiterio de Noia.

¿Qué nos quer decir aquela lousa?Antre as letras e os símbolos graba-dos, ten un liquen mouro, tristento,que fala ao esprito algunha cousafonda que non percibimos ben.Soletreamos: “Aquí xaz Lope UrceteMateu, Mercador de Bilbau”. Porbaixo das letras unhas tesoiras e unhavara de medir. Si a imaxinaciónsuplise á historia, a cousa era doada.Un mercader de panos de Bilbau veu aNoia a mercar lenzo galego, paratraficar na súa terra; e aquí quedouseá soma de Santa María, por imperioda morte.

Veleiquí están o Xoán Moas, aquilvello notario, o señor Antonio Alvez otendeiro; e o rector de Santa María deArgalo, Álvaro de Ben. Dentro daeirexa, en solene arcosolio, un ban-queiro dos Arcebispos de Santiago:Pedro Carneiro; e no chan, homil-doso, o crego Xan de Sabugueiro.¡Pénsase que tivemos que coñecer aistes que levaron taes nomes, tanaxeitados aos destinos de cada uncomo si a fonética se adaptase aoscárregos e aos oficios!

E cobexando a todas as sepulturas, opalio de pedra de baldaquino conbaixoreleves da caza, simbólica davida quezais. Un baldaquino solene egrave, como unha pirámide tumular,acolle un cruceiro aldeán, patético esinxelo. Polo camposanto adiante,outras cruces de pedra erguen o seuvaral ouricelado.

¡Quen será o que vaia a Noia, cosollos do esprito abertos, que non fagaestación de camiñante emocioado nocimiterio de Santa María!

A súa vista, veñen á lembranza aquilesoutros cimiterios galegos, sin már-mores nin estatuas, nin latinorios pre-suntuosos nos epígrafes, sin culti-vadas frores antre os cinerarios… Un

Page 58: Revista Alameda n 5

Cando falamos de “tecidos”, pensemos nas paredes das arte-rias, xa que o acúmulo de placas de colesterol (Placa de “atero-ma”) e o endurecemento das mesmas arterias por mor do coles-terol son un dos principais responsables (pero non o único) dosproblemas cardiovasculares, tales como arterioesclerose, infarto,etc. etc.

Vemos pois que a función das lipoproteinas LDL é perxudi-cial para a saúde e esa é a razón pola que se lle adxudica o ape-lativo de colesterol malo, mentras que a función beneficiosa daslipoproteinas HDL fan que o colesterol que trasportan sexa coñe-cido como colesterol bo.

¿De onde ven o colesterol?

Xa ficou dito que o fígado “fabrica” colesterol. A palabracorrecta sería sintetiza.

Vexamos: o 30% do colesterol presente no noso organismoprocede directamente dos alimentos que inxerimos. E o 70%restante sintetízao o fígado a partir dos alimentos.

Vemos pois a importancia que ten a clase de alimentos queconsumamos, xa que segundo sexa a nosa dieta, así será o tipo delipoproteina. Ou dito doutro xeito: segundo o tipo de graxa quecomamos, así teremos máis ou menos colesterol “bo” ou “mau”.

Colesterol e dieta

En principio, compre suliñar que, en teoría, co colesterol quesintetiza o fígado sería suficiente para cubrir as necesidades doorganismo.

Digamos que as graxas que se denominan saturadas son asresponsables do aumento do LDL (ou “colesterol mau”).

Manteiga, nata, embutidos, carnes graxas, pastelería, etc.serían os alimentos que nos proporcionarían LDL.

As graxas insaturadas pola sua parte, nos proporcionaríanHDL (ou colesterol bo).

Peixes (peixe azul), aceites vexetais, olivas, noces, amén-doas, avelás, etc, son os alimentos ricos en HDL.

Non obstante, no referente a aceites vexetais teñamos enconta que non todos eles nos proporcionarían “colesterol HDL”xa que hai aceites (coco, palma, palmito) que teñen unha estruc-

alábamos no anterior artigo dainxustificada crenza que atribúe ócolesterol o papel de “inimigo dasaúde”.

Vexamos como realmente non só noné así, senon máis ben todo o contrario.

Ó mesmo tempo, analizaremos o seuverdadeiro papel e como debemos com-portarnos ó respecto.

¿Qué é?

O colesterol é unha graxa presente noorganismo humano e mesmo en moitosanimais.

Non poderíamos vivir sin colesterol xaque forma parte da membrana das célulase serve, asemade, para a formación dashormonas, Vitamina D e sales biliares(que permiten dixerir as graxas).

O bó e o malo

Nen o colesterol nen ningún tipo degraxa podería circular polo sangue comotal. Precisa dun “medio de transporte”: aslipoproteínas, que veñen sendo unha com-binación de proteinas e graxas e que seclasifican pola súa densidade, denominán-dose científicamente dacordo coas siglasda nomenclatura inglesa: Lipoproteínasde moi baixa densidade: VLDL. De baixadensidade: LDL e de alta densidadeHDL.

Segundo sexa o “medio de transporte”,así será o comportamento no organismo: asVLDL e as LDL levan as graxas (e polotanto o colesterol) do figado (que é onde o“fabrica” o organismo) ós tecidos paraalmacenalas; mentras que as LDL levan asgraxas dos tecidos ó fígado para queimalas.

58Pinceladas

sanitariasVíctor Vez Vilar

O COLESTEROL

Page 59: Revista Alameda n 5

tura química semellante ás graxas animais polo que favorecerena aparición de colesterol “malo”.

Se a isto engadimos que son máis baratos que os aceites deoliva ou sementes, entenderemos por que adoitan estar presentesnos procesos de fabricación da meirande parte dos productos debollería industrial, pois como pode comprenderse, sen incumplira lexislación, a súa utilización abarata custos. Esta é a causa polaque moitos médicos (pediatras, cardiologos, etc.) alertan sobre oconsumo excesivo destes productos.

Consellos:

a/ Alimentarios

Para mellorar a taxa de colesterol no sangue, recoméndaseseguir unha alimentación rica en productos vexetais: comer máislegumes, froitas, cereais.

Reducir o consumo de graxas animais, escollendo carnesmagras.

Consumir preferentemente productos lácteos desnatados.

Utilizar aceites (oliva, sementes) para cociñar en vez de manteiga

Comer peixe, cando menos dúas ou tres veces á semana.

Reducir o consumo de bombóns, pastelería e bollería.

Moderación no consumo de bebidas alcoholicas e de sal.

b/ Hixiene de vida

Xa se apontou que o colesterol (ou se se prefire a ali-mentación) non é o único responsable das enfermidades cardio-vasculares.

O tabaco, ademais doutros efectos perxudiciais (sobre todono aparato respiratorio), favorece a aparición de placas de atero-ma nas paredes das arterias, e ó mesmo tempo parece ser quefavorece a disminuición de colesterol HDL.

O estrés é, segundo algúns investi-gadores, responsable do aumento da taxade colesterol.

O exercicio físico, exerce unha influ-encia moi positiva no aumento da taxa decolesterol bo (HDL).

A hipertensión ten un efecto negativosobre os vasos sanguíneos, volvéndoosfráxiles e favorecendo os depósitos decolesterol LDL

Non podemos esquecer que o sobrepe-so é asemade un factor de risco máis.

Concluindo:

Vemos que o colesterol non é en síningún inimigo da saúde, sempre, claroestá, que se manteña dentro das cifrasconsideradas “normais” (menos de 220 decolesterol total).

Pero máis importante, se cabe, quemanter a “raia” a cifra de colesterol total,é que a proporción entre HDL e LDL sexaa adecuada (así, pois, o que realmentedeberemos manter a “raia” é o chamadocolesterol “mau”)

Para iso non temos máis que seguir osconsellos xa indicados: Control da ali-mentación, exercicio regular, control dosobrepeso e moderación (ou supresión) detabaco e alcohol.

E a vivir moitos anos con boa saúde ...

59

Page 60: Revista Alameda n 5

Xunta Rectora do NOIAF.C. organiza un campio-nato para os conxuntos

modestos e os equipos xorden pordoquier, moi ben organizados, porcerto, e algúns coas correspon-dentes directivas e co seu ades-trador e masaxista. O que demos-traba que os equipos tiñan desexode quedar ben diante da afecciónno recinto de San Alberto. O ter navila de Noia un equipo arbitralmagnífico e numeroso, dirixidopor José Salanova Rodríguez; o terna directiva do NOIA F.C. xentecualificada e preparada, e o terunha afección que sempre respon-deu ante os diversos eventos quese lle ofrecían, animou aos diri-xentes a embarcarse nunha grandeaventura. E dicimos “aventura”porque a directiva organizadoranon contaba cun problema ao quese ía enfrontar o barco dirixente ea súa tripulación: o “handicap”non era outro que ningún equipoestaba disposto a perder con estamentalidade dos equipos, con estasmiradas de tanta estreitura tiñanque cubrir moi pouco terreo.

A competición finalizou comoo rosario da aurora, mais, contodo, o torneo tivo unha organi-zación perfecta, foi unha competi-ción moi ben organizada. Víronsebos partidos, algúns de moita clasee perfeccionada técnica, e os afec-cionados saían compracidos dovetusto campo de San Alberto.

E como remate final, no esca-parate do negocio de D. José Fer-nández Vilas (Pepino o Ceboleiro),

aparecían cada luns os resultados da xornada, e no bisemanario META,publicabáse un comentario de cada partido.Ou sexa que nada ficaba notinteiro.

Os equipos participantes nesta Copa da Ría eran os seguintes:

BARCIA C.F. de NoiaBOA C.F. de Boa (Noia)CAMARON C.F. da Chainza (Noia)FONFORRON C.F. da Vila de Porto do SonINVERNAL C.F. de PortosínLANDIN C. F. de NoiaMUROS C.F. de Muros de San pedroRAPETA C.F. do Obre (Noia)

O NAVALES BARCIA C.F. era un equipo que se fundou no Malecónde Cadarso, e na súa directiva aparece como presidente José Sabín Nietoe como segundo de abordo José Baltar Abella. Pouco a pouco, foiseescorando cara o centro da vila e xa aparecía como “euipiers” xogadoresde verdadeira clase, algúns deles chegaron a xogar no equipo local daserie A rexional e outros emigraron a outros lares, chegando a xogar tor-neos internacionais.

Neste equipo do Navales BARCIA C.F. destacaban o bon porteiroJuanatey, o magnífico extremo Basilio Rodríguez Castro, que se desen-volvía moi ben pola banda dereita, o centro dianteiro Juan Reino, o inte-rior esquerdo Paco Sarmiento, un xogador dunha clase extraordinaria,que para si quixeran os que hoxe son considerados cotizables. O outrointerior era Moncho Costa Sánchez, o chamado interior de enlace; o sa-crificado do equipo na banda deste lado, o extremo Milucho Seijas. Eraun equipo de luxo que o 25 de abril de 1949 se enfrentou ao conxuntolocal do LANDIN C.F. e, como premio ao seu traballo e bon facer anteo equipo rival, recibiron a prima de 24 pts.

Outro partido para a lembranza é o Muros C.F.- N. Barcia que fina-lizou coa victoria do conxunto naval por 3-1. Este partido foi arbitrado porD. Jesús “O cebolo”. Antes de dar comezo o encontro o xogador do Barcia,Andrés “O galego”, dirixiuse ao árbitro decindo: este balón parece unhavexiga e, a seguir, o “trencilla” sinaloulle o camiño dos vestuarios.

Foto 1.- Na foto que reproducimos aparece o primeiro conxunto doNavales Barcia C.F., formado polos seguintes xogadores: Balolo,Lelucho, Milucho, Vicente, Gonzalo, Portugués, Sarmiento, Peldebé,Luis, Segundo, Andrés e Hermida.

Foto 2.- A foto foi tomada o 25 de abril de 1949, antes de dar come-zo o choque local Barcia-Landín, e está tomada na portería que lindaba

Cousas de Noia

Gomari Temporada 1.948-1.949 (e III)

60

Page 61: Revista Alameda n 5

Foto 3.- Na foto aparecen de esquerdaa dereita: Pepe Culebras, Santiago Allut,Rafael González, Antonio Cao (O chato)Marcial Breñilla, Martín Hermo, PepePestonit, Chemanel, Joaquín Fernández,Alberto o Bravo, Alberto Pérez, o Tor-pedero e co botiquín Joseito o Bravo.

Un conxunto de grande poder ofensivo,cun bon porteiro en Santiago Allut, ungrande medio centro en Marcial Breñilla eunha dianteira que saía a goleada por partido.

Foto 4.- A foto que aparece corres-ponde ao equipo da Vila de Porto do Son,representada polo FONFORRON C.F.,coa súa alma mater, Rufino ManeiroDávila, ao tempo xogador do equipoalbinegro en compañía do seu irmán, oporteiro Zamorita.

A foto foi tomada o 12 de xuño de1949 antes de dar comezo o encontro

coas leiras de Santolo. Nela aparecen de esquerda a dereita e arri-ba: Andrés (o Galego), Manuel Hermida, Balolo, GonzaloSalanova e Benito Juanatey (porteiro), e vestía de xersei amare-lo. Agachados: Moncho Costa, Emilio Seijas, Juan Reino,Basilio Rodríguez Castro e Paco Sarmiento Rodríguez.

Todo un equipo que hoxe traería de cabeza a moitos equiposde rexional preferente e a outros tantos de 3ª división.

Moitos afeccionados –asiduos a San Alberto– lembraban connostalxia a algúns dos componentes, e a directiva do Barcia, aodisolverse o torneo, ofreceulles un pequeno “ágape” no Bar doCine Galicia, rexentado naquela altura por Sabín, O Moreno, eM. Germán Mayán.

O Landín C.F. era outro equipo noiés, que viña ser unhasucursal do Clube Area, que recibiu este nome porque unarmador deste apelido estaba construindo un barco nos asteleirospróximos a Noia, pensando que sería un bon patrocinador.

Presidía o equipo D. José González Vázquez (Pepe Cu-lebras), sendo adestrador D. Alfonso Louro (Torpedero) e uti-lleiro José Gómez Ulloa.

Foto 1

Foto 2

61

Page 62: Revista Alameda n 5

FONFORRON-INVERNAL, con moita xente na vella grada demadeira, no antigo campo do Bosque, máis tarde baptizado conome de San Alberto. Nela aparecen: de pe e de esquerda a derei-ta Fidel Bello (porteiro), Lisardo Sampedro, Miluco, Moraña,José Avilés, José Luis Colomer e José Sampedro.

Agachados- Alejandro Pazos, José Bouzas (o paparrulo),Galitero, Pepe Sampedro e Bernardo.

Para o partido contra o Invernal, confíaselle o cargo de ades-trador ao Sr. Picher, que era Delegado de Abastos no concello deRibeira. Este díxolle a Fino que non o ía aliñar naquel partido, eo seu irmán, Zamorita, fixo causa común e tampouco xogou. Opartido finalizou coa victoria do Invernal C.F. (3-2), o que deulugar á retirada do equipo do Son, por dirixir o partido dos árbi-tros (Salanova e Rubiche). Un mal perder de xente que presumíade deportista e que deixou coxa á competición.

O RAPETA C.F. do Obre representaba ao anexo de SantaMariña na parroquia de San Martiño. Por estas calendas, o Obre eraunha saída con moi poucos veciños e escasos medios económicos.O entusiasmo dun reducido grupo de afeccionados, capitaneadospor Manuel Rodríguez Martínez (o Roncho) –máis tarde Manolodo Liceo- enfrascáronse no torneo e tiñan un conxunto máis queaceptable. Antes de enfrentarse ao equipo do Fonforron C.F. foicaptada esta imaxe na que aparecen os sguintes xogadores: de pe,ede esquerda a dereita: Jaime Mariño (porteiro), Celestino do Coto,José Cabezón, Jesús Nimo Abeijón e Nocho.

Agachados: Benigno de Paco (o Pardelo), Adelino RiosFilgueira, Andrés Melchor, Felitos, Manuel Rios Filgueira(Nolo) e Manolo Canabal (o Rubico).

O equipo retirouse do torneo por unha decisión arbitral quelesionou os intereses do equipo de Santa Mariña, e con estadecisión moi pouco deportiva, corrobora o que dicía ao principio:todos os equipos querían ser “cabalo ganador”.

O INVERNAL C.F. de PORTOSIN tiña un grande conxuntocon xogadores como Rechou, o Negro, o extremo esquerdo

Limés, o bon porteiro Toñín e tantos ou-tros que se perderon na lembranza. Émágoa que non se conserve unhafotografía daquel equipo e iso que se bus-cou por todo Portosín mais non hai formade encontrala.

O mesmo podemos decir do MUROSC.F., capitaneado por Carcamán e outrosbos xogadores que o facían no Campo deLariño, onde hoxe está ubicado o terreo dexogo do Ancoradoiro.

O BOA C.F. con directiva presididapor D. Jesús Rios Silvaera, un grandedirixente e un bon deportista. Reunira unexcelente plantel de xogadores, capitanea-dos por José Luis Bandín e fixeron unhacompetición discreta.

O CAMARON C.F. da Chainza (Noia)era un equipo formado por xente do lugarcon incrustacións do Campo das Rodas.Era o colista do torneo e tiña máis moralque o Alcoiano. Non creou problemas áorganización e xa ten o su mérito.

RETAZOS DO CAMPEONATO. Crónicaen EL IDEAL GALLEGO

Del encuentro INVERNAL-FON-FORRON, es falsa, absolutamente falsa,la noticia circulada ayer en cierto per-iódico vigués, haciendo constar que elInvernal F.C. de Santiago, resultó clarovencedor del Club Fonforrón de Puertodel Son, en el partido celebrado en Noyael pasado día 12 del actual, pues aunqueel equipo san-tiagués saltó al campo ani-mado de las mejores esperanzas por ha-

Foto 3

62

Page 63: Revista Alameda n 5

63

Foto 5

llarse reforzado con tres elementos de una aldea del Son, lla-mada Portosín, no consiguió vencer al Fonforrón a pesar de lasnoticias circuladas en tal sentido, ya que el marcador señalabaun empate a dos tantos en el momento que el equipo agredidoy no vencido, decidió retirarse a sus posiciones, siendo marca-do el tanto del desempate en plena ausencia del Fonforrón yaunque la superioridad de este equipo fue claramente reflejadadurante su actuación, optó por desistir de la continuación delencuentro creyendo que más vale una retirada a tiempo queuna victoria injusta.

El colegiado Sr. Salanova dirigió el encuentro durante elprimer tiempo siendo sustituido en el segundo por su colega Sr.Rubiche, relevando este al primero del compromiso adquirido ysentenciando un 3 – 2 a favor del Invernal, pues el Sr. Salanovase encerró en sus casillas sin comprometerse a salir en la segun-da parte. Por ello, la directiva del Fonforrón, considerando injus-to el resultado del encuentro y haciendo uso de un perfecto dere-cho reglamentario pidió la anulación de este partido y propuso lacelebración de un nuevo encuentro presidido por un Delegadofederativo encargado de controlar el arbitraje...y siguen las expli-caciones del Fonforron en una larga crónica.

Así se respiraba en los dos equiposparticipantes y como nadie quería perder,terminó todo, suspendiéndose el torneocon el perjuicio para los equipos que noparticipaban de estas rencillas.

EPILOGO.- Unha competición organizadacoa máxima seriedade, cun grande entu-siasmo e con moita ilusión, acabou moimal, ante a intransixencia do FonforrónC.F. e do Rapeta do Obre. As estreiteces demiras e que todos os equipos quixeran servencedores, finalizou desta maneira.

Quizás o fallo do comité fose nonesixir un depósito económico aos equipos,porque desta maneira a afección non con-templaría estes desplantes.

Por último, o perxuízo que causaronaos equipos do Navales Barcia, Landín,Invernal e Muros. En deporte o máisimportante –segundo o Barón Pierre deCoubertín– é participar.

Foto 4

Page 64: Revista Alameda n 5

64

XERARDO AGRAFOXO PÉREZ

A Guerra Civil en Lousame e NoiaEdita: Concello de Lousame14 x 21 cm. 702 páx.

Este libro constitúe o derradeiro dunha triloxía que o pro-fesor Xerardo Agrafoxo adica ós tráxicos días da GuerraCivil nas terras de Lousame e Noia. A través das súaspáxinas o investigador saca á luz, devolve a voz, a unhaspersoas esquecidas, que nen sequera sabiamos que exis-tiran. O libro pon ó descuberto que a historia tén taménas súas miserias, os seus axentes anónimos que igual-mente a protagonizan. Combinando atinadamente osdocumentos orixinais dos procesos co relato do propioautor, logra que os acontecementos se fagan asequibles echeguen a todo o mundo, e non só se dirixan a expertose estudiosos do tema. Cunha palabra clara e precisa, oautor narra os días e as horas que anteceden á traxedia.Ante o que alí se relata o lector non permanece impasi-ble, a concencia remóvese no máis fondo. Sereshumildes, obreiros, escasos de todo o posuidores denada, perdedores, en fin, recuperan a voz por medio dapalabra escrita de Xerardo e reivindican o seu lugar nahistoria.

FRANCISCO ABEIJÓN NÚÑEZ

Álvaro das CasasEdita: Toxosoutos, Noia, 200111 x 16, 5 cm. 85 páx.

Na colección “Fasquía” saíu recentemente o número 6,dedicado a Álvaro das Casas Blanco. Oportuna publi-cación porque este ano se cumpre o centenário do seunacimento. O nome deste ourensán resulta familiar enNoia porque no instituto de segundo ensino desta vilaexerceu como profesor de Xeografia e História de 1930 a1936, e estivo a cargo da dirección (1932-1933). Aquidesenvolveu un grande labor educativo e puxo en fun-cionamento as agrupacións ULTREYA. Álvaro das Casascultivou vários xéneros: poesia, narrativa, ensaio, teatro.Este último parece ser o veículo de expresión en que me-llor se achaba o escritor (Pancho de Rábade, A morte deLord Staüler, O outro, Mítin, O tolo de Lastra, A gavilla,Dente de ouro). De todos estes pormenores nos informao libro de Abeijón: vida, obra, o político, Ultreya, Asxeiras... O libro se completa cunha biobibliografia e contextos escolmados da sua abundante produción.O escritor ourensán, que morreu o 8 de marzo de 1950,publicou moitos libros, en galego e castellano, os de-rradeiros en América, de exaltación españolista. Unhaviraxe sorprendente, por certo, a xulgar pola sua activi-dade política anterior à guerra.

Os nosos libros