revista alameda nº 3

64
Presentación esta primavera do novo milenio sae á luz un novo número da revista editada pola Sociedade Liceo, que conta co esforzo e entusiasmo dos nosos ani- mosos colaboradores e colaboradoras. Isto significa que na súa redacción primaron os criterios de carácter práctico, moi importantes sempre e, en particu- lar, cando se aborda a análise da nosa cultura, das nosas xentes e do entorno da nosa admirada vila. Desde estas páxinas de Alameda queremos ofrecervos un amplo abano temático que abranxe temas diversos, sen esquecer algún tema de actualidade. Soñamos con chegar a ser unha parte de vós mesmos. Con catro números xa na rúa, non estará de máis lem- brar as voces de alento que recibimos desde a súa saída, e iso nos congratula. Sen embargo gostaríanos que fun- cionase o buzón do socio, e estamos tamén abertos a un maior número de colaboracións. As persoas que non aportan nada, son as que se insta- lan na medianía e na indiferencia. Por iso será fundamental contribuír con novas ideas para que a nosa sociedade e a nosa vila non se acobillen no conformismo, preludio do os- tracismo. Daí o noso convite a novas colaboracións. Estes son os nosos propósitos. Temos confianza no futuro e ben sabemos que o camiño se fai ao andar. Xosé Moas Pazos Presidente da Sociedade Liceo º 3 EDITA: Sociedade Liceo Alameda s/n 15200 Noia - A Coruña Tef./fax: 981 82 05 35 COORDINADOR: Cándido M. Prego Rajo CONSELLO DE REDACCIÓN: Xosé Agrelo Hermo Ramón Carredano Cobas Mª Antonia Castro Patiño Pedro García Vidal A. Ventura González Arufe Aurora Marco López Xosé Moas Pazos PINTURA DE CAPA: Pio Costa DESEÑO DE CAPA: Alfonso Costa DESEÑO GRÁFICO: Beatriz Ces Telf.: 981 59 89 28 E-mail: [email protected] IMPRESIÓN: Gráficas Sementeira, S. A. Telf.: 981 82 38 55 Fax: 981 82 05 35 E-mail: [email protected] DEPÓSITO LEGAL: C-888-2000 1

description

Revista Alameda nº 3 sociedade liceo de noia

Transcript of revista alameda nº 3

Page 1: revista alameda nº 3

Presentación

esta primavera do novo milenio sae á luz unnovo número da revista editada pola Sociedade

Liceo, que conta co esforzo e entusiasmo dos nosos ani-mosos colaboradores e colaboradoras.

Isto significa que na súa redacción primaron os criteriosde carácter práctico, moi importantes sempre e, en particu-lar, cando se aborda a análise da nosa cultura, das nosasxentes e do entorno da nosa admirada vila.

Desde estas páxinas de Alameda queremos ofrecervosun amplo abano temático que abranxe temas diversos, senesquecer algún tema de actualidade. Soñamos con chegara ser unha parte de vós mesmos.

Con catro números xa na rúa, non estará de máis lem-brar as voces de alento que recibimos desde a súa saída, eiso nos congratula. Sen embargo gostaríanos que fun-cionase o buzón do socio, e estamos tamén abertos a unmaior número de colaboracións.

As persoas que non aportan nada, son as que se insta-lan na medianía e na indiferencia. Por iso será fundamentalcontribuír con novas ideas para que a nosa sociedade e anosa vila non se acobillen no conformismo, preludio do os-tracismo. Daí o noso convite a novas colaboracións.

Estes son os nosos propósitos. Temos confianza nofuturo e ben sabemos que o camiño se fai ao andar.

Xosé Moas PazosPresidente da Sociedade Liceo

º 3

EDITA:

Sociedade LiceoAlameda s/n15200 Noia - A CoruñaTef./fax: 981 82 05 35

COORDINADOR:Cándido M. Prego Rajo

CONSELLO DE REDACCIÓN:Xosé Agrelo HermoRamón Carredano CobasMª Antonia Castro PatiñoPedro García VidalA. Ventura González ArufeAurora Marco LópezXosé Moas Pazos

PINTURA DE CAPA:Pio Costa

DESEÑO DE CAPA:Alfonso Costa

DESEÑO GRÁFICO:Beatriz CesTelf.: 981 59 89 28E-mail: [email protected]

IMPRESIÓN:Gráficas Sementeira, S. A.Telf.: 981 82 38 55Fax: 981 82 05 35E-mail: [email protected]

DEPÓSITO LEGAL:C-888-2000

1

Page 2: revista alameda nº 3

SumarioAxenda . . . . . . . . . . . . . . . . . 2

Cándido M. Prego Rajo

Seccións . . . . . . . . . . . . . . . 10

Caza e Pesca

Historia do Liceo . . . . . . . . . 12Ramón Carredano Cobas

Pinceladas sanitarias . . . . . . 16

Victor Vez Vilar

Entrevista . . . . . . . . . . . . . . . 18

Pío Costa (Pomponius Mela)

O ensino en Noia . . . . . . . . . 21José Agrelo Hermo

Xeografía . . . . . . . . . . . . . . 24

Pedro García Vidal

Cancións de Noia . . . . . . . . . 30

Prudencio Romo

Un retrato de Avilés . . . . . . . 31

Xoán Mariño

Os petos de ánimas . . . . . . . 33

Xepe Torres e Rosa Mtez.

Fundación Blanco-Monroy . . 36

X. Agradoxo, P. García

Fútbol noiés . . . . . . . . . . . . . 39

Gomari

Andrés R. Millares . . . . . . . . 43

José Luis Rodríguez

Historia . . . . . . . . . . . . . . . . . 47

Xerardo Agrafoxo

Os Nobel do ano 2000 . . . . . 52

Hector Agrafojo B

Poboación de Outes . . . . . . . 55

Manuel González

Manolo Romero, pintor noiés . 58

Carlos Pereira M.

Os nosos libros . . . . . . . . . . 63

ACTIVIDADES

O 29 de Decembro disputouse o Torneo de Nadal deTENIS MESA entre os compoñentes desta sección.

O 30 de Xaneiro celebrouse a Asemblea XeralOrdinaria de socios/as do ano 2000 con nutrida concu-rrencia. na rde do día figuraba a elección de Presidente.Foi reelexido por unanimidade D. Xosé Moas Pazos, porun periodo de dous anos, tal como contempla oRegulamento da Sociedade.

FESTIVAIS

Dos festivais programados para o Nadal cabe destacaro concerto de Panxoliñas con que nos deleitou a Coral doLiceo o día 22 de Decembro, que deu paso ao Nadal.

A sección de Baile Galego e Pandeireteiras do Liceo, emáis o Grupo Tequexetéldere da Estrada, que asistiucomo invitado, ofrecéronnos un bonito festival de folckloregalego o día 28 de Decembro.

O día 6 de Xaneiro visitáronnos os Reis Magos quetrouxeron agasallos para os cativos e cativas.

As orquestras anunciadas no Programa actuaron nosdías máis sinalados do Nadal, ofrecéndonos a súa músicapara divertimento de todos.

Para pechar as mencionadas festas actuou o día 7 deXaneiro o Grupo Galego de música Folck LAIO e máis asnosas Pandeireteiras, que nos ofreceron a música máisenxebre do País.

Dentro das actividades programadas pola Sociedadehai que lembrar as Festas do Entroido recén acabadas,nas que actuaron destacadas orquestras, con grande asis-tencia de público.

AxendaCándido M. Prego Rajo

2

Page 3: revista alameda nº 3

3

O Domingo de Entroido (25 de febreiro)celebrouse o Baile Infantil ao que asistironmoitos pequenos disfrazados, sorteándoseposteriormente diferentes agasallos.

O martes sorteáronse, ademáis das consa-bidas lacoadas, 3 botellas numeradas de litro emedio de champán “Milenium” da casaCodorniú, valoradas en 11.000 ptas. cadaunha, donadas pola Cafetería Liceo, e unhacea para 4 persoas, donada polo RestauranteElisardo de Noia.

O sábado de Piñata (3 de marzo) cele-bramos “A NOITE DO TERROR” e sorteamosun capón. Houbo moitos disfraces.

VARIOS

O 16 de Setembrocelebramos unha roma-ría nos terreos depor-tivos de Ceilán coscompoñentes da sec-ción de Baile Galegoque resultou moi diver-tida.

O Grupo de baile do Liceoactuando no Festival de Nadal

Finalizóu o III TORNEO NAVIDEÑO DEDOMINÓ organizado pola Sociedade Liceo, coseguinte resultado:

Campións: D. JOSÉ Mª RILO EIROA e D. IGNACIO CARNOTA CASTRO.

Subcampións: D. MANUEL SEIRO SENDÓN e D. JOSÉ LUIS PESTONIT HERMIDA.

3º lugar: D. ÁLVARO FREIRE GÓMEZ e D. RENATO PESTONIT BRENLLA.

4º lugar: D. PEDRO MARTÍNEZ CEGARRA e D. JOSÉ M. SÁNCHEZ LOJO.

A nosa noraboa para todos eles.

Page 4: revista alameda nº 3

4

Arriba, o Grupo TEQUELETELDERE da Estrada nunmomento da súa actuación.

Á dereita, Lois Agrelo e Villaverde Vázquez, campión esubcampión, respectivamente, do I Campionato de Chavecelebrado en Outono en Ceilán.

Abaixo, participantes e gañadores do Torneo Nadal deTenis Mesa.

Page 5: revista alameda nº 3

5

Os Reis Magos facendo entrega dos agasallosaos nenos.

Page 6: revista alameda nº 3

6

Arriba, un momento da actuación doGrupo LAIO o 7 de xaneiro.

Á dereita, compoñentes da sección deBaile Galego na Romaría celebrada enCeilán.

Abaixo, exposición dos xoguetes para osnenos e lacóns para os maiores noEntroido 2001.

Page 7: revista alameda nº 3

7

Arriba, compoñentes da sección de BaileGalego na Romaría celebrada en Ceilán.

Á esquerda e abaixo, momentos da entre-ga de agasallos para os máis pequenos noBaile Infantil do Entroido.

Page 8: revista alameda nº 3

8

Arriba, momentos da entrega de agasallospara os máis pequenos no Baile Infantil doEntroido.

Á dereita e abaixo, algúns dos agraciadosno sorteo dos lacóns o martes de entroido.

Page 9: revista alameda nº 3

9

Arriba, algúns dos agraciados nosorteo dos lacóns o martes de

entroido.

A dereita, grupo de participantesna Noite do Terror.

Abaixo, integrantes doCampionato de Dominó e

directivos do Liceo.

Page 10: revista alameda nº 3

Pérez, José Montero, José Mª Pérez Barreiro, JoséA. López Hernando, Juan Ramón López Oviedo, eJosé Piñeiro Priegue.

Conforme pasan os anos vanse conseguindo osobxetivos proxectados o día 21/02/65: O Couto dePesca; logo no ano 1985 consíguese o Couto deCaza, unindo todo o terreo dos concellos deLousame e Noia, unión que segue actualmente,sendo un exemplo practicamente único no provinciada Coruña.

Toda esta tarefa foi doada, gracias ao traballo dassucesivas directivas que con grande esforzo lograrono que somos na actualidade.

Os seus presidentes foron: Manuel CobasVázquez (1965), José Piñeiro Priegue (1966), JoséPestonit Brenlla (1968), Jose Mª Pérez Barreiro(1968), Ramón Fernández Somoza (1972), Juan MºLiñares Stolle (1974), Casimiro García Echeverría(1977), Andrés Vila Martínez (1978), SantiagoRodríguez Lorenzo (1981), José M. Romero Castro(1986), I. Ramón Iñíguez López (1992), José M.

Sociedade de Caza ePesca “LICEO” comen-zou a súa andaina o 21

de Febreiro de 1965, baixo a tutelada Sociedade Liceo de Noia.

A primeira Xunta directivaestaba formada polas seguintespersoas:

Presidente:

D. Manuel Cobas Vázquez

Vicepresidente:

Juan José López Pérez

Secretario:

D. Isolino Nieto Caamaño

Contador:

D. Severo Romaní González

Tesorero:

D. Ángel González Carnota

Vocais:

Severiano Loroño Laciana

Leopoldo Rodríguez Paz

Pablo Roig Martínez

Jesús Tubío Tubío e

Manuel Fornís García.

Ademais dos socios fun-dadores: Jesús García Soñora,José García Soñora, BaldomeroPena, José M. Carnota, LuisEstévez, Óscar Castro, ManuelLÓpez, Camilo Pais, José López

10

Seccións

Caza e Pesca

Grupo de participantes nun campionato de Tiro ao Prato

Page 11: revista alameda nº 3

11

Romero Castro (1996), e o actual Ricardo OuteiralNieto (1999). O actual presidente da Sociedade LiceoD. José Moas Pazos, ocupou cargos directivosdende 1968 ate 1974. Outra das persoas a destacare D José García Sóñora, que ademais de socio fun-dador foi Secretario durante moitos anos, sendosempre un exemplo a seguir.

A Sociedade consta de tres seccións: Caza,Pesca e Tiro.

A sección de caza goberna o couto de caza C-10077 denominado NIMO-COLOU, de 10.000 has.onde se realiza durante todo o ano o seguimento deespecies cinexéticas, repoboando se é necesario evedando as zonas onde a recuperación dos animaisnon é a correcta. Realízanse os campionatos sociaisde todas as modalidades. Os vencedores participanno correspondente Campionato Provincial.

En Febreiro de 1992 Emilio Romero Castro gañouos Campionatos Provincial e Galego de Caza, indoen representación de Galicia, no Iº Campionato deEspaña de Arcea que tivo lugar en Santander.

En 1995 organizouse o Campionato de Españade Arcea, con moi boa participación, realizándose acomida no salón de actos da Sociedade, con perto de300 comensais, entre os que se encontraban ospresidentes das federación provincial, galega enacional, e as directivas da Sociedade Liceo, e

Caza e Pesca. En 1998 decla-rousenos como mellor clube deCaza de Galicia.

A Sección de Pesca xestionao couto de pesca “Traba” no ríoSóñora, estando consorciado coaConsellería de M.A.N. e actual-mente temos o 75% dos pases.Todos os anos límpianse as mar-xes do río, fanse pequenaspontes, e mantéñense as posturasde pesca. Realízanse campi-onatos sociais, así como un con-curso infantil coa finalidade deensinar aos máis cativos esteapaixonante deporte.

A Sección de tiro iniciouse coastiradas no Peirao de Marqués,institucionalizando o trofeo “BER-BERECHO DE OURO”, que seguehoxe en día realizándose.

A directiva actual está com-posta por Ricardo Outeiral, JoséRodríguez, I. Ramón Iñíguez,Emilio Romero, José M. Regueira,Manuel Ourille, Ana Romero eJosé Ramón Romero.

Grupo de socios galardonados nun campionato de pesca

Page 12: revista alameda nº 3

Xunta Directiva, acorda “apro-bar a solicitude de Don N. F.coa condición de impoñerlle uncorrectivo polo acontecido ovinteoito de Agosto último,debendo satisfacer os recibospendentes máis a cuota deentrada.”

Nesta mesma acta, e paranostálxicos, “A presidencia daconta de que, en virtude dasfacultades que lle conferiu aXunta Directiva, alugou a D.Silvestre Fernández, o hórreoemprazado na horta da Socie-dade, polo prezio de trintapesetas anuais, quedando senefecto cando a Xunta o estimeconveniente.”

E tamén: “En vista da ca-restía da vida, acórdase aumen-tar o salario do conserxe en trintapesetas mensuais, ou sexa quedesde primeiros de Novembro,percibirá como salario mensual,cento cincuenta pesetas”.

O quince de Decembro,convócase Xunta Xeral Ordi-naria con elección de novaDirectiva, resultando elexidosos seguintes señores: Presi-dente: D. José Fernández Pe-reira; Vicepresidente: D. Ra-món Carredano Seoane; Se-cretario: D. Eduardo RonqueteViñas; Depositario: D. EduardoPatiño Ronquete; Contador: D.Eduardo Juanatey Rodríguez;Bibliotecario: D. Venancio Blan-

al como se acordara,o día 21 de Maio deano 1.939, Ano da

Victoria, celebrouse o final daguerra co Baile da Festa daVictoria. A partir de aquí, e deacordo co novo orden socialimposto, o Liceo volve pouco apouco, a ter unha vida socialactiva. O número de socios,tan exiguo, aumenta sen prisapero sen pausa, alcanzandoen 15 de Decembro dese ano,día no que se celebra XuntaXeral Ordinaria, un total detrescentos catorce, a pesardas dificultades que as ríxidasdirectivas da época impoñenpara a admisión de novossocios, e da cantidade de cas-tigos e expulsións dos apa-rentemente díscolos asocia-dos.

Así, na acta do día 2 de Xuñodo ano 39, Ano da Victoria, nocuarto punto da Acta de SesiónOrdinaria, figura: “Tendo coñece-mento a Xunta Directiva de quena noite do dazaoito de Maio, asseñoritas P.M. e C.M. deronlugar a un incidente que pugnacos deberes e a corrección queen todo momento deben gar-darse dentro da Sociedade, estaXunta acordou que, durantenoventa días, non poderán con-correr a ningún festival queneste lapso de tempo puideracelebrarse.”

As citadas señoritas de-beron intentar unha defensadas súas persoas, porque naacta do primeiro de agostoseguinte, lemos: “A presidenciadá conta dunha carta suscritapolas señoritas P.M. e C.M.,baseada no incidente ocurridono mes anterior”.

Descoñecemos máis datosdo tema, e non sabemos se ocastigo foi levantado ou per-maneceu en vigor.

As iras das directivas nonían só contra indefensas se-ñoritas, pois na acta do trintade Agosto, dise: “ Cando se llequixo impoñer unha sanción ósocio Don N. F., polo escánda-lo que cometera dentro do localsocial, o citado señor, deuse debaixa”.

Pero ou ben a directiva ac-tuaba con razón, ou o atractivoda sociedade era moi grande,porque o dez de Outubro, a

Historia do Liceo (IV)aRamón Carredano Cobas

12

“...As iras dasdirectivas non íansó contra indefen-sas señoritas...”

Page 13: revista alameda nº 3

co Nieto; Vocal 1º: D. Alfredo Penalta Corral; Vocal 2º : D.Jesús Reino Martínez.

No apartado de rogos e preguntas, D. Alejandro Oteroexpón: “Que tanto o conserxe como o “botóns” visten encondicións pouco decorosas para unha sociedade, poloque suplica á Xunta Directiva proceda a facer os corres-pondentes uniformes.

A Presidencia contesta que se non se fixo antes, foidebido ás difíciles circunstancias polas que atravesaba aSociedade, sem embargo mellorouse o soldo do con-serxe.”

Efectivamente, a confección dos novos uniformes do con-serxe e do “botóns”, é unha das primeiras decisións da novaDirectiva, que “acorda comprarlle un traxe para o conserxe,cun valor, feito, de duascentas dez pesetas pagadeiras entres prazos de setenta pesetas cada un, máis outro para obotones nas mesmas condicións, pero de distinto prezio.”

Segue chamando a atención, a rixidez tanto na obser-vancia das normas dentro da Sociedade, coma no estudiode solicitudes para adquirir o carácter de socio:

3-1-40: “Posta sobre a mesa a solicitude presentadapola Srta. E. R. S., que quedara para estudio na sesiónanterior, previa votación segreda, acórdase a nonaceptación da mesma polo seu carácter de sirventa, asícoma tampouco as que de tal clase se presenten”

7-2-40: “Como consecuencia da conducta observadapor D. M.L.S. o pasado día cinco do actual, a Directiva porunanimidade acorda impór ó citado señor a sanción detres meses de suspensión con perda durante ese tempode todos cantos dereitos lle asisten como tal socio e sen

que por tal motivo deixe de satisfaceras correspondentes mensualidades.

“Vista e lida a solicitude presenta-da por D. A.V.V., para o seu ingresonesta Sociedade, a Xunta Directivaen virtude da carta-protesta presenta-da polo socio D. A.O., acorda oficiar ópresidente saínte D. Luís Rivas Rego,para que en union dos demais mem-bros que considere oportunos, emitainforme detallado e a súa opiniónsobre o caso que motiva este escrito.”

6-7-40: Acórdase sancionar a DonF.C. con un mes de suspensión porpretender pasar por irmás súas adúas señoritas nos festivais do pasa-do día 29”

13-9-40: “Acórdase oficiar ó Sr. P.,advertíndolle que no sucesivo seabsteña de dar ningunha clase deasaltos nen outras diversións sen per-miso da Directiva”

3-10-40 “Por unanimidade acór-dase oficiar ós señores Don A. A. L. eDon E.R.M., participándolles quedarsancionados con un mes de suspen-sión polo seu incorrecto proceder nolocal social.”

3-1-41: “Dá conta igualmente (OPresidente) de sancionar a D. IgnacioArufe Abeijón, xerente do ambigú daSociedade con quince pesetas demulta, e quince días a Don J.G.V. polaactitude adoptada polos devanditosseñores no local social. Asimesmo,acórdase a expulsión de Don A.M.V.por insurrección, escándalo e blas-femia, a pasada noite do vinteún ac-tual.”

“O Presidente dá conta á Directivado mal proceder observado poralgúns socios no baile de primeiro deano, e como estas incorreccións sonnota discordante nunha sociedade epoden ó mesmo tempo causar per-xuízos á mesma, pono en coñece-mento dos compañeiros da Xunta afin de que acorde o que corresponda.A Xunta, previo estudio dos feitos,decide por unanimidade sancionar ós

13

Page 14: revista alameda nº 3

Cumpre destacar o laborexercido polo bibliotecario DonVenancio Blanco Nieto, queampliou a bibioteca conencuadernacións e novas adqui-sicións, así como novo mobilia-rio. Despois de moitas tentativasque van deixando rastro endiversas actas, consegue a súateima: a compra do DiccionarioEspasa. O problema era queesta obra non se ofrecía a plazospor ninguna editorial ata queposto en contacto cun represen-tante de Aguilar, conseguiuse uncrédito de catro mil duascentastrinta e tres pesetas con cincuen-ta céntimos, pagadeiras en catroplazos. Dado que aínda así, nonera posible a súa compra polaSociedade, a Xunta decidiu pedirun empréstito ós señores sociosDon Ramón Pérez Noya, DonVentura González Carnota, e ópropio Bibiotecario Don Venan-cio Blanco Nieto, que aportarona cantidade de cincocentaspesetas cada un sen interesesde clase algunha, co que foifactible a tan desexada compra.

O catro de Outubro, a Xuntaconvoca a Xunta Xeral Extra-ordinaria, na que se acorda asubida de cuota de dúas a trespesetas mensuais, o que per-mite entre outras cousas subiro salario do consexe de centosesenta e cinco a duascentasdez pesetas, e ó botones detrinta e cinco a sesenta.

Na Xunta Xeral Ordinaria dotrece de Decembro, acórdasenomear ós señores Don LuísRivas Rego e Alejandro OteroRodríguez, “Socios de Méritoou Honorarios”, en virtude dosfeitos realizados polos devandi-tos señores. A Directiva éreelexida novamente por unano máis, non obstante oPresidente Don Jose Fernán-dez Pereira na sesión ordinaria

señores Don L.M.; Don J.A.;Don L.P.; Don R.A.; Don M.C.Don P.G. e Don C.R., con unmes de suspensión. Don A.I.M.e Don R.R. con dous meses; aDon R.S. con tres meses;amonestar a Don J.V.M.; eexpulsión definitiva da Socie-dade a Don S.R.

10-11-41: “Dá conta o Presi-dente dos feitos acaecidos naSociedade na noite do domingoó luns desta semana e dos quefoi promotor o socio Don A.P.M.Unha vez estudiados, a Xuntaestimou que o escándalo pro-ducido e a transgresión do regu-lamento é tan manifesta, quedebe aplicarse a máxima san-ción. En consecuencia aDirectiva acordou sancionareses feitos coa expulsión domencionado socio do seo daSociedade. Dito acordo foitomado por unanimidade.”

A parte destas anécdotasmáis ou menos curiosas quenos poden dar idea de como sevivía o día a día da Sociedadenaquela época, o Liceo segueofrecendo diversas actividadestanto culturais como lúdicas, mi-llorando continuamente as insta-lacións dentro das súas posibili-dades. Así, celébranse osbailes tradicionais de Nadal,San Marcos, San Xoán, etc.máis numerosos asaltos. Noapartado cultural atopamos unconcerto de violino dado polossocios Don Horacio e DonSebastián Paz o dazanove dexaneiro de 1.940, e entre variasconferencias destacan as dosdoutores Varela Gil e GarcíaSabell, pronunciadas os díasvinteún e vintecatro de Febrei-ro, sobre os seguintes temas:“Alteracións que se producennos tecidos polo desenrolo detumores malignos” e “¿Que éun enfermo neurótico?”.

de oito de Maio, manifesta terque ausentarse durante unsmeses, polo que a Presidenciafoi asumida polo actualVicepresidente Don RamónCarredano Seoane, quenocupou o citado posto deica asnovas eleccións que se pro-duciron na Xunta XeralOrdinaria do doce de Decem-bro e que deron os seguintesresultados: Presidente: DonEmilio Salanova Rodríguez;Vicepresidente: Don AntonioAgrafojo Vidal; Secretario: DonManuel Rivas Rego; Contador:Don Segundo de AndrésPerez; Depositario: Don An-tonio Romero Aneiros; VocalPrimeiro: Don Benito PiñeiroSanjurjo; Vocal Segundo: DonRamón Taboada Rodríguez, eBibliotecario: Don VenancioBlanco Nieto.

Pero esta directiva electa,presentou un oficio expoñendoa renuncia irrevocable ós car-gos para os que foron elexidos,facendo constar as causas. AXunta viuse na obriga de con-vocar Xunta Xeral Extraor-dinaria coa finalidade de elexirnova directiva, que, tras a vota-cion pertinente, resultou estarcomposta polos señores:Presidente: Don SeverianoLoroño Laciana; Vicepresi-dente: Don Emilio SalanovaRodriguez; Contador: DonManuel Rivas Rego; Deposi-tario: Don Benito PiñeiroSanjurjo; Secretario: DonRamón Carredano Seoane;Bibiotecario: Don VenancioBlanco Nieto; Vocal Primeiro:Don Ramón Taboada Rodrí-guez; e Vocal Segundo: DonManuel Cobas Vázquez.

Contaba o Liceo nestasdatas con cincocentos vinteno-ve socios.

14

Page 15: revista alameda nº 3

15

Mª Antonieta CastroEscola de Gravado “Alfonso Costa”. Liceo de Noia

Page 16: revista alameda nº 3

16

Nas tribus negras do Alto Nilo empregan desde faimoitos séculos a cinza da queima do excremento devaca... e así teñen uns dentes brancos e relucentes.

SANITARIAS

Hoxe en día, publicidade aparte, os dentífricos adoitanter unha composición con Flúor, Cloruro potásico, algúnantibacteriano e outros productos que lle confiren unhapropiedade refrescante.

Precisamente é esta propiedade refrescante, posible-mente, a razón pola que hai quen a utiliza para alivia-lasdores producidas polas queimaduras.

AS QUEIMADURAS

Queimadura é un tipo especial de ferida provocadapola aplicación dunha fonte de calor sobre a nosa pel, con-tacto con axentes térmicos, radiactivos ou eléctricos.

Fálase de escaldadura cando as queimaduras son ori-xinadas polo contacto con líquidos fervendo ou vaporquente.

Como cecais, saibas, amigo lector, as queimadurasclasifícanse, segundo a profundidade da lesión en tresgraos:

Primeiro grao: O exemplo típico sería o eritema, debidoá exposición dos raios do sol: cor vermella na pel, ardor,tirantez, escozor. Pasa en poucos días e non adoita deixarlesión residual.

Segundo grao: Poden comprometer unha porciónsuperficial ou profunda da dermis (aquí xa existen vasossanguineos e terminacions nerviosas que se verán afec-tadas). Unha característica destas queimaduras é a for-mación de bochas que conteñen un líquido seroso. As

¿DENTÍFRICO NAS QUEIMADU-RAS?… ¡NON, GRACIAS!

oitas persoas adoitan botarpasta dos dentes nas quei-maduras, como “curativo” (?)

ou cando menos para calma-las doresproducidas polas mesmas.

Referímonos sobre todo á típicaqueimadura doméstica producida nacociña: Aceite, auga, café, pranchaetc. etc.

Ante todo compre suliñar que estapráctica non é conveniente polas razónsque esperamos esclarecer ó longo desteartigo.

A PASTA DOS DENTES

O coidado dos dentes é moito máisantigo do que, a primeira vista, poideraparecer. Quizá, amigo lector, pode sor-prenderlle saber que a profesión dedentista data xa de hai 4000 anos.Foron exipcios os primeiros “odontólo-gos” dos que se teñen noticias.

Os gregos elaboraron asemadedentaduras postizas, e mesmo “im-plantes” de dentes de animais ou arti-ficiais feitos de marfil.

No que se refire á pasta de dentespropiamente dita hai fórmulas ver-dadeiramente curiosas, como porexemplo a utilizada polo Médico latinoEscribonius Largus (hai nada menosque 2000 anos) a base dunha mixturade vinagre, sal e cristais moídos.

Pero o máis sorprendente é que osouriños foron empregados para estefin desde Plinio (famoso naturista doséculo I) ate o mesmo século pasado.

Pinceladas sanitariasVictor Vez Vilar

Page 17: revista alameda nº 3

17

máis superficiais curan en pouco tempo e as máis compli-cadas poden mesmo deixar cicatrices.

Terceiro grao: Destrúen as capas máis profundas dapel e polo xeral deixan cicatrices, ás veces retráctiles

As queimaduras de primeiro grao, polo xeral, nonrequiren coidados especiais

No tocante ás outras, debe acudirse aos servicios san-itarios. Pero digamos, xa de antemán, que as primeirasmedidas que adoptemos teñen importancia na evoluciónsucesiva da queimadura xa que moitos dos remedioscaseiros que empregan algunhas persoas poden perxu-dicar máis que favorecer.

¿QUE É O QUE DEBEMOS E O QUE NON DEBEMOSFACER

A primeira medida ante calquera tipo de queimaduradebe ser aplicar auga fria ben por inmersión ou mantendoa zona afectada debaixo da billa un bo rato.

Así, non só aliviaremos a dor se non que arrastraremosrestos de suciedade.

Insisto, outra vez, en recomendar o non aplica-la pastados dentes: en primeiro lugar algún dos seus com-poñentes (pensados para “desprende-la placa dental bac-teriana”) son abrasivos e poden causar irritacións da zonaafectada. Por outra banda vai entorpecer a cura que sefaga no Centro de Saúde, porque retira-lo dentífrico ásveces, non resulta unha tarefa doada.

Se nós mesmos imos face-la primeira cura deberemoslavar moi coidadosamente as mans e, como moito, aplicaralgún desinfectante (Betadine) ou vaselina estéril, taparcon gasas e acudir ao Centro de Saúde.

Non pinchar ou rompe-las bochas. Esta é unhamanobra que debe ser decisión exclusiva do profesionalque faga as curas sucesivas.

Cando a queimadura é de pequeno tamaño ou fácillocalización pode curarse no domicilio do afectado, maiscompre suliñar o seguinte:

Extremar sempre as medidas de hixiene na realizaciónda cura.

Non empregar certas pomadas antibióticas xa quealgúns compoñentes das mesmas (p.e.: Neomicina)poden dar lugar á aparición de reaccions alérxicas.

Unha pel inflamada pola queimadura ten moita masfacilidade para a absorción dalgúns compoñentes (corti-sona) de certas pomadas cuxo paso ao sangue comprecontrolar.

Deberemos fuxir do emprego de cremas e pomadasque conteñan antihistamínicos. Unha queimadrua solarpode empeorar sensiblemente se se usa unha pomada tan

frecuente nos botiquíns caseiroscomo é o Fenergán (cuia indicaciónson precisamente as reaccións alérxi-cas como as orixinadas polas pica-das de insectos, pero non asqueimaduras).

Como xa indiquei, deberemosextrema-las precaucións de asepsianas curas, lavandoa con soro eaplicar unha pomada de SulfadiazinaArgéntica (p.e.: Silvederma) nunhaprimeira fase e logo, cando o perigode infección esté superado podere-mos acudir ao coñecido Betadine.

En definitiva: Deberemos empre-gar só as pomadas que nos reco-menden no Centro de Saúde.

Ante calquer queimadura haberáque revisar o carnet de vacinacións eacudir ao Centro de Saúde sei nonestamos vacinados contra o Tétanos.

En resumo, que os remedioscaseiros (pasta de dentes, aceites,manteiga, cataplasmas, etc. etc.) benseguro que o único que farán é perxu-dicarnos.

E por último, ollo aos máispequenos. Xa se comentou nestamesma sección o perigo que corrennas cociñas. Teñamos en conta que asúa pel é moi sensible e unhaqueimadura con aceite, caldo ousopa, poden causar estragos para oresto da súa vida. ¡Precaución!.

¡Ah!, esquecia que hai outras“queimaduras”para as que non teñoconsellos que dar: o chamado “Sín-drome de estar queimado”.

Refírome a cando alguén dí:“Estou queimado, no traballo mátan-me.. .”

Por certo, que se alguén sabe oremedio, pode contarmo...

Page 18: revista alameda nº 3

18

Afirman os expertos que os primeiros anos da vidadas persoas son decisivos na fixación dunha xeo-grafía da alma á que logo sempre se retorna. Fálanosda túa infancia en aquela Noia dos anos 50.

A miña infancia transcorre entre a Praza do Tapale a rúa do Curro onde o meu pai tiña escola. Son osespacios primixenios da miña xeografía. Os territo-rios ós que sempre regreso cal un Ulises calquera.Moitas veces, de nenos, temos debuxado con anacosde tella, que colliamos do tellado da casa que ocupa-ba o solar que hoxe é a cafetería na que falamos, afigura pétrea de San Martiño sobre as lousas depedra que tapizan a praza. Tal vez sexan eses osprimeiros recordos de tentar capturar unha imaxe erepresentala. Igualmente, iso inflúe, sen dúbida, napoderosa atracción que sobre min exerce a figuraimponente de San Martiño, un fito fundamental nomeu mapa mental da vila de Noia.Pero tamén, a lama da ría nos pés nús, andar ásmiñocas, calexear polas rúas de abaixo, subir ó SanLois, ...son territorios da miña memoria infantil.

A marcha familiar a terras catalanas ¿qué supuxopara un neno de trece anos?

Sinalarei dous sentementos contrapostos. Porunha banda, supuxo un choque polo cambio, pordeixar amigos, por alonxarte de todo aquilo quecoñeces. Por outra, o interese polo descoñecido, aaventura do que imos atopar. Tamén, o feito de irprimeiro a unha localidade pequena non supuxo uncambio tan drástico como sería ir vivir á grandecidade de Barcelona. De todos os xeitos, dous anosmáis tarde, solicitei autorización firmada a meu pai

número que tendes nasmans da revistaAlameda leva na por-

tada unha pintura realizadaexpresamente polo artista noiésPío Costa, 1952, para todosnós. Esta deferencia danos pépara tentar achegarnos unpouco á súa persoa.

Entrevista

Pomponius Mela P io Cos ta Be i ro

Page 19: revista alameda nº 3

–era necesaria para poder viaxar en tren un menor de18 anos– coa que volvín a Noia. Logo faríao con rel-ativa frecuencia; nunca cortei o cordón umbilical queme suxeita ás raíces.

¿Como explicas que uns rapaces saídos dunha vilacomo Noia, con nula actividade cultural naquelesanos de dura posguerra, se acheguen ó mundo dasartes e tres irmáns tomen como profesión a pintura?¿que atrae da pintura?

En realidade pintar facémolo cinco irmáns, aíndaque sexamos tres os que nos adiquemos, digamos,profesionalmente. Sen dúbida, o iniciador foiAlfonso, el desde pequeño tivo clara a súa vocaciónde pintor. Eu fun dos máis tardíos en adicarme plena-mente. A liberdade creadora da pintura foi o que delame seduciu. O poder facer o que a un lle apetece, senregras nen cánones, sen trabas e sen horarios. Oexpresar o que levas dentro en absoluta liberdade.

Falemos de arte, ou mellor do mundo da arte, unmundo no que a beleza e a competencia salvaxe vanda man; un mundo que retrata a recente novela deManuel Vicent “La novia de Matisse” na que un dospersonaxes chega a afirmar: “A los artistas los fabri-can los grandes marchantes internacionales. Ellosson los verdaderos dioses de la creación. Señalan aun desconocido con el dedo y al poco tiempo se con-

vierte en un pintor famoso en elmundo entero”.

É así en certa medida, perodigamos que o marchante e todo oque o rodea é un “mal” necesario.Está aí, podes ou non entrar nasúa engranaxe. De todos os xeitosconsidero que unha persoa fiel a simesma, cunha traxectoria clara,cedo ou tarde chega. Do mesmoxeito, o mediocre só apoiado namercadotecnia, fracasará a longoprazo, aínda que poida disfrutarduns minutos de gloria efímera.

Cando se fala de pintores, con fre-cuencia se asocian a unha paisaxe,a unha luz. No teu caso ¿comoconxugas esa doble luz, atlántica e

mediterránea, coa que simulta-neamente convives?

Posiblemente se transmita nosmeus cadros. Os azuis combina-dos con grises e ocres; o calor doazul coa frialdade dos ocres. Apedra e o ceo. Aí está unha

19

“...a lama da ría nos pés nús,andar ás miñocas, calexearpolas rúas de abaixo, subir óSan Lois, ...son territorios damiña memoria infantil.”

Page 20: revista alameda nº 3

20mescolanza que me atrae. No caso da serie azul, éunha senda pola que seguirei transitando porque meatrae particularmente. Na exposición da Tacita deJuan hai, sen embargo, un maior predominio do ocre,o ton da pedra mollada, pero con tonalidades azuisque adquire a atmósfera, a pedra en función da luz.A luz é todo, a cor non existe.

Coñecemos a túa última mostra na cafetería Tapal ena Tacita de Juan centrada nos recintos históricos deNoia e Santiago ¿por que che interesan estes espaciosdo pasado?

Interésame o pasado en función do que me trans-mite. O pasado fálame da historia, das raíces. Apedra establece un diálogo entre o presente que eurepresento e a memoria do que fomos. Nese senso, acidade histórica é depositaria dunha alma que meinspira. Moitos recunchos da cidade antiga trans-miten sensacións que non se producen nos espaciosde nova creación de cidades e vilas. É, sen dúbida achamada da historia.

¿Que outro tipo de pintura che interesa?

Interésame moito o deporte como o xeito de me-llor representar o movemento. Desde os anos oitentaveño traballando en temas relacionados co mundo dodeporte. Asemade, un tema que me atrae é o mundodos soños, esa maneira real e irreal ó mesmo tempode representar o mundo.

¿Recorda e recoñece o pintor todos os seus cadros?

É imposible acordarse de todos os cadros que pin-tas. Sen embargo, debo recoñecer, que cando vexocolgado nalgún lugar un cadro do que son autor, ouunha copia do mesmo, ou incluso un cadro que sefundamenta no meu estilo, inmediatamente se pro-duce en min como unha pulsión interior, un estreme-

cemento, que me achega directa-mente a el.

Para finalizar, fálanos de proxectos.

Inmediatos son: unha exposi-ción no Corte Inglés deBarcelona, onde por vez primeiravou ter stand propio con vintecadros. Aí van estar pintores detoda España representados. A estaexposición seguirá outra enMallorca, igualmente no CorteInglés.

Nos meses de verán retornareia Noia para expoñer na cafeteríaTapal. Será obra en formatopequeno adicada a rincóns doCasco histórico, con moitasvisións particulares e inéditas domesmo.

Un proxecto que me faríamoita ilusión, pero que xa nondepende só de min senón dacolaboración dos orga-nismospúblicos como pode ser aDiputación ou os Concellos, seríaa realización dun percorrido pic-tórico da comarca da ría deMuros-Noia a través das súasigrexas parroquiais, capelas e ou-tros monumentos históricos.Xunto coa axuda de historiadoresque aportaran os seus coñecemen-tos sobre o tema, podería mon-tarse non só unha exposición iti-nerante, senón que esta iría acom-pañada da realización de libro eguía didáctica que facilitaría unmellor achegamento a un pasadoen grande medida descoñecido e aveces nun estado lamentable deabandono. Aínda recoñecendo oenorme traballo que representaríatrasladar ó lenzo máis de cincuen-ta monumentos, é un proxecto ilu-sionante. Espero atopar a axudaprecisa para levalo a cabo.

Page 21: revista alameda nº 3

21

ñoles, hombres de bien y amantes de la patria, es precisoque no quede confiada la dirección de la enseñanza públi-ca a manos mercenarias, a genios limitados imbuidos deideas falsas o principios equivocados, q ue tal vez estable-cerían una funesta lucha de opiniones y doctrina”.

No texto da Constitución disponse que en todos ospobos da monarquía se establecerán escolas de primeirasletras nas que, ademais da lectura, escritura, cálculo e ocatecismo da relixión católica, ensinarase “unha breveexposición de las obligaciones civiles”. Dispón tamén quese dicte un plano xeral de ensino para todo o reino e quese cree unha Dirección xeral de estudios que terá ao seucargo a inspección do ensino público. As mesmas Cortes,por un decreto de 1813, prohibiron os castigos físicos entodas as escolas, colexios e casas de corrección ereclusión “contrarios al pudor y a la dignidad de los queson o nacen y se educan para ser hombres libres y ciu-dadanos españoles”.

Neste mesmo ano a Rexencia do reino creou unha Xuntapara estudiar os medios e organización das diversasramas da Instrucción pública. E así, o 9 de setembro de1813, presentouse o Informe Quintana, así chamado porser o seu autor o poeta Manuel José Quintana (1772-

S. XIX. Primeira metade.

oa desaparición do AntiguoRéxime o Estado españolentra, aínda que tarde, na re-

novación da sociedade que supuxo aRevolución Francesa e as súas con-secuencias. A ocupación da Penín-sula polas tropas napoleónicas fixoque o pobo se unise para a súa defen-sa pero ao mesmo tempo introduciunos intelectuais e clases burguesasas ideas racionalistas e progresistasque callaron, mal que ben, na consti-tución de Cádiz de 1812. Tan só oautoritarismo e a cerrazón mental dorei Fernando VII, apoiado polasautoridades máis reaccionarias dopaís retardaron un avance que non seviu até mediado o século.

A Constitución de Cádiz.

Xa expulsados os franceses e coavolta dos Borbóns, foi a Constituciónde Cádiz a que puxo os verdadeirosalicerces dunha educación pública noseu título IX que fai deste tema unasunto de Estado. No seu “Discursopreliminar” dise textualmente, coaénfase e o estilo característicos daépoca: “El Estado, no menos de sol-dados que le defiendan, necesita deciudadanos que ilustren a la nación ypromuevan su felicidad con todogénero de luces y conocimientos. Asique uno de los primeros cuidados quedebe ocupar a los representantes deun pueblo grande y generoso es laeducación pública. Esta ha de sergeneral y uniforme, ya que generalesy uniformes son la religión y las leyesde la monarquía española. Para queel carácter sea nacional, para que elespíritu público pueda dirigir al grandeobjeto de formar verdaderos espa-

O ensino en Noia(IV)Xosé Agrelo Hermo

Vista actual da arboleda do que foi Campo da Feira

Page 22: revista alameda nº 3

221837) quen se inspirou no informe Condorcet presentadoá Asamblea lexislativa francesa. Segundo este informe aeducación debe ser universal para todos os cidadáns;igual para todo o territorio e total, que abarcase o sistemaenteiro dos coñecementos humanos. Propón autonomíapara a Dirección xeral de estudios que tería funciónsinspectoras, pedagóxicas e administrativas. A subida deFernando VII ao trono e o seu desprecio total áConstitución fixo inviable este informe.

Outros intentos educativos.

Un segundo intento a favor deste tipo de educación tivolugar no Trienio Constitucional cos gobernos liberais de1820 a 1823 que decretaron un Regulamento xeral deinstrucción pública establecendo o ensino primario gratuitoe creando escolas en todos os pobos de máis de 100veciños e unha por cada 500 nas vilas maiores. Pero areacción apareceu ao pouco tempo coa publicación dun“Plan de escuelas y Reglamento general de primerasletras” (1825) retrógrado e insensato que levou ao ministroColomarde a ordenar a destrucción dos libros extran-xeiros, á exclusión dos mestres non católicos e á supre-sión da autonomía universitaria.

Pero aínda houbo outro momento favorable ao desen-volvemento da educación co goberno liberal que seguiu ámorte de Fernando VII en 1833, coa volta dos desterradospolíticos. Un deles, Pablo Montesinos, foi encargado decrear as primeiras escolas de párvulos e as primeiras“Escuelas Normales” para a formación de mestres, asícomo, en 1834, a creación de comisións provinciais deensino e a organización do servicio de inspección. Nestamesma época ordenouse a clausura de conventos e esco-las relixiosas, a supresión da orde dos xesuitas e adesamortización dos bens eclesiásticos (Lei Mendizábal).En 1839 fúndase a Escola Normal Central e establécese a

selección de mestres por concursoaos que se lles fixa un salario estábel.E xa máis nada ata o ano 1857 coaLei Moyano que duraría, con diversosarranxos, máis de cen anos, concre-tamente até 1970. Pero ese xa é outrocantar.

A primeira metade do S.XIX enGalicia.

A principios de século as xentesgalegas loitan contra as tropas france-sas que derrotan na batalla de Elviñaao inglés sir John Moore e ocupan ACoruña, Santiago e Noia. Esta Vila,igual que Muros, é saqueada e incen-diada pero así conseguen que apoboación se una aínda máis contra oinvasor e, baixo o mando do famosoCachamuiña e do franciscano PadreRomero, logran xuntar en 1809 máisde 700 guerrilleiros no campo dafeira, dispostos a ir na axuda dacidade de Santiago. A derrota dePontesampaio leva á retirada deGalicia dos mariscais franceses Soulte Neil e volve a tranquilidade á Vila.Pouco despois, o 6 de agosto de 1811as Cortes de Cádiz liberan a Noia dosometemento á Mitra Compostela quese iniciara naquel histórico 9 de abrilde 1168. Tamén por estes anos dansena nosa Vila unhas duras revoltasmariñeiras contra o novo e imparablesistema capitalista de producción,sobre todo na pesca e salazóns, intro-

A esquerda da Avda. do Calvario quedaba oCampo da Feira, ao lado do Campo das Viñas

Page 23: revista alameda nº 3

23

ducidos polos cataláns cosseus métodos de captura eartes como a “xávega”.

No que toca ao ensino, apesar dos acordos das Cortesde Cádiz aos ambiciososplanos, a actividade escolarsegue as liñas do século ante-rior. Nas aldeas funcionan asescolas elementais (primarias)chamadas “de ferrado”, pa-gadas en especie na maoríados casos, en locais malacondicionados, como casasparroquiais, muíños e mesmocortes, baixo a docencia de“escolantes” que eran ma-riñeiros, labregos ou artesánsvellos algo preparados e contempo libre.

Estas escolas privadas oude pago, sen instalacións, senmaterial, sen mestres capacita-dos, supliron ás públicas du-

rante boa parte do século coaconfianza dos pais dos alum-nos e a anuencia das autori-dades. O ensino secundarionas primeiras décadas doséculo XIX era unha brevepreparación para o acceso ásfacultades maiores. En Noiaseguía aberta, con intermiten-cias, unha escola secundariamunicipal para os fillos dapequena burguesía que mar-chaban despois a Santiago.

Cando estes estudios de ensi-nanza secundaria empezarona ser considerados como omellor medio para completarunha educación xeral e polotanto ter entidade por si mes-mos (Lei do Duque de Rivas en1836) a súa implantación enGalicia será, coma sempre,lenta e insuficiente e só as cap-itais terán Institutos públicos –ode Santiago abriu as súas

aulas en 1845-. A Lei foi moipermisiva coa creación decolexios privados de ensinosecundario. Un exemplo distotémolo no colexio de AntonioSuárez Esparza, preceptor deLatinidade en Noia e profesordo futuro rector da Universi-dade de Santiago FranciscoRomero Blanco de 1852 a1854. Aínda así, Noia ten queagardar até 1866 para disfrutardun centro de ensino secun-dario serio e eficiente; neseano fúndase o Colexio SanVicente Paul de AnastasioLópez que logo continuaría oseu sobriño Marcelino Ro-dríguez Castro e que sería,deica 1916, o pioneiro do ensi-no secundario na nosa Vila eabriría unha etapa nova, pro-gresista e de calidade, quemarcaría o rumbo cara o sécu-lo XX.

Andrea Martínez C.Escola de Gravado “Alfonso Costa”. Liceo de Noia

Page 24: revista alameda nº 3

24

ratado xa, nos seus aspectos xerais, o tema da muralla que durante séculos abrazara a vila de Noia no número 1desta revista Alameda, volvemos hoxe sobre tan singular elemento urbano pois, a raíz da aparición do referidoartigo, varias foron as persoas que se interesaron polo tema, e incluso amablemente solicitaron unha maior infor-

mación, chegando nalgún caso a poñer nas miñas mans material que descoñecía. Sen dúbida, a este interese por todo o ref-erente á muralla vai contribuír un acontecemento que ocorre por esas datas, como foi a aparición de restos do muro pétreonun solar do Malecón de Gasset, resultado das excavacións arqueolóxicas á que obriga o Plan Especial de Protección doCasco Histórico. Este descubrimento vai dar lugar a que, en varias datas desta prolongada invernía, unha serie de noti-cias foran aparecendo de cando en vez nos medios de comunicación referidas a que facer cos restos sacados á luz. Se anova fora presentada nos xornais e na radio como todo un acontecemento, e froito do efecto mediático, a xente acude a con-templar os restos, chegando incluso a dificultar o traballo da equipa de arqueólogas, de seguido escomezan as opiniónssobre o que facer co atopado. Nun primeiro momento, e ante o interese suscitado, destácase a importancia do achádego, esinálase, con declaracións claramente conservacionistas, que o descuberto debe protexerse e conservarse como sexa. Amedida que o tempo pasa, e co lamentable estado que van presentar os restos, motivado por un proceso burocrático lentoen exceso, o interese inicial acouga, os medios esquécense do asunto e, cando de novo volven sobre el, semella terse pro-ducido un radical cambio de opinión. Deste xeito, o que antes era un grande achádego, é agora tratado en tono despecti-vo como algo menor, algo sen importancia, unhas pedras “carentes de valor didáctico e social”. Todo este conxunto de cir-cunstancias van contribuír á instalación na sociedade dun estado de opinión tendente a ver os restos da muralla como unconxunto de pedras que non paga a pena conservar.

O presente artigo e sucesivos, pretenden contribuír a botar luz sobre aquilo que representou a muralla na vila de Noiapara, deste xeito, ser todas/os os cidadáns os que, coñecendo o protagonismo da muralla no pasado, teñan unha opiniónmáis precisa sobre se paga a pena conservar algunha testemuña da súa presencia para as xeracións futuras.

Pedro García Vidal

Sobre a pa i saxe cons t ru ída do casco h i s tór ico no iés

CLAVES PARA A INTERPRETACIÓN DUNHA PAISAXE URBANA SINGULAR

(II ) A muralla como memoria urbana da vila

A Muralla. Esa grande descoñe-cida. Debemos escomezar afir-mando que a primitiva muralla querodeaba a vila de Noia na súa tota-lidade, a pesares da importanciafundamental que protagonizou nahistoria, segue a ser unha grandedescoñecida. Non sabemos, porexemplo con exactitude se se tratada segunda ou terceira cerca pro-tectora, non sabemos con precisióno seu exacto trazado, temos uncoñecemento só aproximado donúmero e ubicación das diferentesportas que nela se abrían, sabemosa penas o aspecto que presentabaalgunha das portas principais, enon digamos a grande escuridadena que nos movemos no referente aaspectos tecnolóxicos, económi-cos, sociais ou políticos da mesma.Os labores de arqueoloxía urbanasupoñen unha oportunidade únicade coñecemento desta singular pro-tagonista do noso pasado urbano.

Xeografía

Page 25: revista alameda nº 3

25

A PROBLEMÁTICA DO ESTU-DIO DAS MURALLAS

O estudio do fenómeno urbanoda vila de Noia a través da cons-trucción e destrucción das súasmurallas, vai constituír un bo exer-cicio de comprensión do nacemen-to e conformación da realidadeurbana no seu conxunto. Este estu-dio, que forma parte dun proxectode investigación sobre “Os ele-mentos defensivos nas vilas deNoia e Muros” iniciado hai untempo e que se atopa agora na súafase final, vai comprender unperíodo de longa duración, que nosleva practicamente desde osinstantes iniciais do establecemen-to urbano ata o momento presente.Por conseguinte, son os escasosrestos actuais dos que partimospara reconstruír o pasado urbano

lonxano. Ademais, para achegarnos a un mellor coñecemento precisamosda busca e análise dunha documentación variada. Será preciso acudir adocumentos escritos de todo tipo, unha cartografía varia, foto aérea,imaxes do pasado, e tamén, cando sexa posible á arqueoloxía, unha axudaimprescindible cando as fontes escritas son tan precarias. A reconstrucción dos acontecementos que conduciron á destrucción dosmuros vai ser posible mediante o emprego dunha fonte fundamental nainvestigación como son os libros de Actas municipais. A lectura atentados diarios de sesións permite non só comprobar as difentes posturas antea muralla, senón tamén podemos decatarnos do proceso no tempo e ainfluencia da industrialización no nacemento dunha cidade nova quereclama a demolición das murallas. En consecuencia, poderemos clari-ficar a pregunta de se as murallas constitúen, en efecto, un obstáculo parao desenvlvimento da cidade, ou se máis ben teñen que considerarse unhaherdanza da que hai que librarse.

O presente artigo e sucesivos, un adianto a modo de resumo das prin-cipais conclusións da investigación, pretenden poñer de manifesto a con-tinua loita entre conservación e destrucción que ó longo da historia man-tiveron cidadáns e muros. Concebidos estes como elemento público,beneficioso para o conxunto da sociedade, do seu valor de uso vai depen-der o estado de conservación. Así, ante situacións de perigo inminente asmiradas inmediatamente se dirixen cara as murallas e, pola contra, sonesquecidas cando este se fai menos patente.

Da protección natural á protección construída.As diferentes murallas.

A muralla que todos coñecemos, levantadaen 1320 ó amparo impulsor de D. Berenguel deLandoira, trátase con case total seguridade daterceira cerca protectora, resultado dun procesoque vai poñer de manifesto que deixar só a pro-tección do enclave en mans dunha naturezafavorable á defensa non constituía unha promesade supervivencia. Así, á natureza había quesumarlle a acción do home. Nun primeiromomento, dada a reducida importancia e dimen-sión do nacente burgo, será suficiente coa cons-trucción dun establecemento defensivo que re-colla, en caso de perigo, á totalidade dapoboación; sen embargo, cando xa o establece-mento urbano alcanza un nivel económico signi-ficativo, o interese na súa defensa aumenta etenta solucionarse coa ampliación do perímetrodefensivo. Se nun principio, dificultadeseconómicas impiden a construcción de elemen-tos consistentes de defensa, como puideran sermuros pétreos flanqueados por torreóns defen-sivos, dada a importante inversión en tempo ecapital que se precisaba para erguelos, o proble-ma podía remediarse en parte co levantamentode cercas realizadas en materiais menos consis-tentes como podía ser a madeira, ou tamén conelementos pétreos colocados como obstáculo,pero que non consumían tanto esforzo como lev-antar os muros. Cando xa o poder económico doenclave o permita e ante o número de apete-

O papel dos estudiosos. Posiblemente porque se considera a muralla unhaobra arquitectónica menor, porque o seu esmorecemento progresivo a levemoi cedo a non espertar interese, ou ante a dificultade de conseguir docu-mentación sobre ela, o certo é que moi pouca bibliografía podemos atoparreferente á muralla. Algún artigo sobre elementos aillados como unha porta,como é o caso de J.M. Agra Cadarso (1950), Pedro Rodríguez (1833) quefala do conxunto pero de xeito breve, Santiago Abella (1911) máis extensa-mente, e Fabeiro Gómez, sen dúbida a persoa que máis investigou sobre otema, adicándolle un importante e fundamental apartado no seu libro La villade Noya: Defensas Posesiones y Regalías (1969), así como diversas refe-rencias ailladas noutros traballos. Xunto co estudo que eu realizo (1991), soncase os únicos que tentan botar algo de luz sobre este singular elementodefensivo da vila de Noia.

Page 26: revista alameda nº 3

26

Os distintos recintos cercados que coñeceu a vila.A localidade urbana, en virtude do crecemento eco-nómico, progresa no espacio. O recinto protexido

debe ampliarse para dar cabida a unha poboacióncada vez máis numerosa.

cedores do botín, será o momento de erguer os sólidos muros depedra. Así se pon de manifesto no documento de concesión á vilade Noia dun período de gracia que permita levantar unha mural-la de pedra que envolva e protexa a totalidade do espacio con-struído, por mor de que “los de la villa de Noya eran muy pobreset muy astragados por raçón de cavalleros et de otros omespoderosos quelle fazen mal po raçón que la dicha villa non escercada”.

Características máis destacadas

As murallas, como se pon de manifesto na investigación,foron diseñadas en todos os detalles. Verdadeiras obras mestras noseu xénero. Coñecemos o seu trazado aproximado, que cada vezse precisa con maior exactitude gracias ás sucesivas prospecciónsarqueolóxicas, paralelo ós bordos acuáticos, retirada uns metrosda actual liña de fachadas. En contacto directo coas augas do mare o río Traba nas altas mareas, a muralla continuaba por terraseguindo dúas pequenas vaguadas polas que corrían seguramentedous regatos de auga, no que hoxe se correspondería coas rúas doFerrador e Carreiriña, ata atoparse e así envolver a totalidade doespacio cidadán.

O muro aparecía como unha fronteira, un límite visible entreo de dentro e o de fóra. Para poder traspasalo había que facelo através de portas e postigos que nel se abrían nun número de doce.As portas manifestaban a súa desigual categoría en función dadiferente factura arquitectónica e monumentalidade. Dúas desta-caban sobre o resto, as portas de entrada e saída obrigadas parao viaxeiro. Do seu aspecto, só temos noticias dalgunha delas.Sabemos da monumentalidade das portas principais, Porta daPonte ou Porta da Peregrina e a Porta da Vila ou Porta daAsunción, as dúas con nomes que as relacionan coas imaxes dasvirxes que as protexen e ás que acollen nunha pequena ornacina;sen embargo non chegamos a unha descripción precisa das mes-mas. A sinalar a contradicción documental en canto a que nalgúnescrito se fala de portas flanqueadas por dúas torres e, sen embar-go, cremos que os máis acertados, falan de portas abertas enarcos oxivos nunha soa torre ameada construída en dous corpos,como semella suceder coa Porta da Vila (J.M. Agra Cadarso,1950).

O muro, duns seis metros de altura, remataba en ameas,reforzando deste xeito o seu caráter de elemento defensivo.Presentaba unhas caras visibles, externa e interna, realizadas conbloques de pedra relativamente regulares, cementados por unbarro de cor amarelenta e con pequenas pedras, a modo de cuñas,que contribuían a dar unha mellor estabilidade ó conxunto. Noseu interior, un recheo de pedras informes extraídas directamenteda canteira mezcladas con barro. A anchura, sobre dous metros emedio, que aumentaba nas proximidades das portas, outorgaba áobra un aspecto sólido e robusto.

O CAMBIO DE VALOR DAS MURALLAS NO TEMPO

Cando as murallas teñen valor.

A muralla, como elemento vivo que é, precisa de constantescoidados orientados a impedir a súa destrucción e deterioro. Ó

longo dos tempos figuran documentos quenos falan de gastos orientados ó seu man-temento en perfecto estado. Este labor depermanente atención e coidados cara amuralla vai ser máis intenso nos primeirosanos de edificación da mesma, e iso estárelacionado coa maior inseguridade enque aínda viven as poboacións costeirasante posibles perigos que puideran apare-cer por mar. A destacar, por exemplo, aimportancia real ou simbólica que asmurallas de Noia, a pouco de rematarse asúa construcción, desempeñaron no con-flicto sucesorio do rei castelán Alfonso XIa finais do século XIV, que fai que figurennos relatos destas guerras citas referidas ásúa inaccesibilidade:

“Mientras tenga en mi poder las sillas yfortalezas de La Coruña y Noya, seréSeñor de Galicia” ( Xoan I de Castela).“Mirad Noia de Galicia. Así como LaCoruña es por la parte de mar de lasllaves de este Reino, el castillo de Noya loes por lo que mira a Castilla. No es Señorde Galicia el que no es dueño de Noya yLa Coruña”. (Duque de Lancaster).

Pero a medida que a situación políticase fai máis estable e segura, superados xaos momentos de maior perigo, hai unhacerta relaxación que, no caso da muralla,se manifesta nunha menor atención no seumantemento e coidados. Anos de tranqui-

Page 27: revista alameda nº 3

27

de tranquilidade que acontece, fai que axiña se retorne a pensarno duro traballo diario, a volta ás tarefas orientadas a procurar osustento das xentes, esquecendo aquilo que tiña que ver coadefensa do establecemento urbano. Sen embargo, é precisosinalar que neste anos finais do século XVI e primeiros de XVII,tal vez polo próximo recordo da amenaza de Drake, ou por seraínda momentos de inseguridade, as deficiencias que van apare-cendo nos muros van tentar solucionarse por parte das autori-dades correspondentes. Así, a través da documentación dada acoñecer por Fabeiro Gómez (1969), podemos decatarnos comoalgunha parte da muralla comeza a deteriorarse de novo de xeitoimportante a pouco dos sucesos de 1589. En concreto fálase dasituación de ruína en que no ano 1597 se atopa unha das portasda muralla que comunican co mar: “ hacer y levantar de nuevola Puerta de la Condesa que sale a la Ribera”. No mesmo anofálase de pagar “la cantidad de ciento veintecuatro reales ymedio, por arreglos de la muralla, torres y escaleras”. En ámbo-los documentos se pon de manifesto a decidida vontade dasautoridades de arranxar aqueles desperfectos que se presentennos elementos que simbolizan a defensa da vila.

Cando as murallas se volven inútiles. Séculos XVII e XVIII

A medida que transcurre o tempo, e as épocas de estabilidadevan prolongarse, axiña a muralla escomeza a dar síntomas deabandono. Así se desprende por exemplo dun documento de1627 que nos fala de que nese ano “ fue derribada por ruinosala torre de la muralla que estaba en frente del hospital del SanctiSpíritus”. Esta sería a porta coñecida como a Atahona, e viríaestar colocada no que hoxe constitúe a esquina do Malecón deCadarso coa rúa da Carreiriña.

En toda a documentación consultada, as diferentes referen-cias ó estado das murallas e portas ó longo do século XVII, antea ausencia dun perigo inmediato, poñen de manifesto o seu pro-gresivo deterioro, alcanzando nalgún momento un aspecto la-mentable. A ruína vai apoderándose dos muros e non é infre-cuente o derrubo de importantes tramos dos mesmos. Sen embar-go, é de destacar a continua referencia que se fai sobre este feito.Semella que, a pesares do abandono, non se está disposto a quea muralla desapareza. Continuas chamadas de atención poñende manifesto unha situación de degradación da mesma, pero ómesmo tempo se insiste na necesidade da súa reparación. Porexemplo, no ano 1654, o 4 de maio, tómase o acordo de repararas portas principais por estar caídas “y causar escándalo”, ou noano 1667, 31 de decembro, decídese o amaño da muralla “queestá caída y arruinada en parte”.

lidade e calma, ausencia de perigo inmi-nente, ou como se indica nun documentoda época, “..por no haberse ofrecido sitiode enemigo alguno en dicha villa..”, asmurallas, torres e portas van sufrir unnotable deterioro. Este feito vai poñersede manifesto dunha maneira clara candoalgún acontecemento altere a aparentecalma. Na vila de Noia, as novas quechegan no ano 1589 sobre a posibilidadedun ataque do inglés Francis Drake faique inmediatamente a defensa cobre pro-tagonismo principal. A lectura das Actaspertencentes a estes días de incertidume,permite comprobar como de novo sevolve a vista á muralla, e con estupor secomproba a realidade de anos derelaxación cando se inspecciona o seulamentable estado. A muralla convérteseagora, ante a ameaza inminente, no prin-cipal punto cara o que converxen todas asmiradas. Supón o símbolo que representaa defensa da vila ante o perigo, o obstácu-lo principal que posibilitará resistir anteun inimigo poderoso. Por iso, ninguénescatimará esforzos na contribución arestablecer o seu primitivo aspecto.Restáuranse muros, repáranse portas e to-rreóns, todo volve a estar en condicións decumprir a función de defensa para o queforon erguidas.

Pero, como xa antes ocorrera, unhavez superado o inminente perigo, e logodun curto período de vixía, a nova etapa

O trazado da murallae ubicación das portassegundo un debuxo de1597.Este documento, cuioorixinal se atopa noArquivo de Simancas,constitúe un apoio fun-damental para o estudoda muralla.

Page 28: revista alameda nº 3

28Outro aspecto a destacar nestes anos do século XVII, é o ini-

cio dun proceso que vai ter a súa culminación nos séculosseguintes. Consiste no acoso a que vai ser sometida a murallapor parte dos viciños da vila. Acoso que se manifesta nos repeti-dos intentos privatizadores tanto da ronda interior (espacio delibre tránsito entre as vivendas e a muralla ), como da murallamesma. Neste momento os intentos son aínda leves, se os com-paramos cos que van ter lugar en anos posteriores e querematarán por convertila nun ben privado. Ademais, as autori-dades aínda semella que nestes momentos protexen o murocomo un ben público e procuran evitar o seu deterioro por partedos viciños, a veces incluso propondo a adopción de medidasdrásticas. Pode servir como exemplo o Acordo de Justicia yRegimiento de 9 de outubro de 1654, cando un viciño da rúa daPonte ( actual Peregrina ), reforma as súas casas, ás que vai colo-car un tellado a unha soa auga que vai orientar cara a muralla, coque as augas procedentes da chuvia que sobre el esvaran vansupor unha agresión notable de cara á integridade da mesma.

“Gregorio Faxardo había reconstruído unas casas que fuerondel comisario Gonzalo de Santiago, sitas en la calle del Puente,bajándolas y haciéndolas “todas de una agua vertiéndola sobrela muralla, siendo así que antes de agora había tres canales(sic.) en ellas” que echaban el agua a otra parte de la calle, sinque cayesen a la muralla más que la mitad del agua de la casade Juan Mariño. Y como lloviendo mucho “cada teja es uncanal” que pueda penetrar en la muralla y derribarla, causandocon ello gran perjuicio de ducados a la Villa y sus propios, debeel Alcalde proceder en forma y prender los oficiales que obraronen las casas por no hacer caso de las advertencias hechas”.

Xa no século XVIII, o proceso de deterioro das murallascontinúa, pero agora percíbese un cambio significativo: a masi-va apropiación por parte dos viciños de importantes partesdas mesmas.

No ano 1742 tiña lugar un feito curioso dado a coñecer porFabeiro Gómez (1969). O Procurador xeral dáballe conta óAlcalde maior, de que, de propio intento, un viciño desfixera aporta da Borbandeira e 30 varas da muralla (25´077 m). OConcello, unha vez practicadas as oportunas dilixencias, acordouque a muralla debía facela o infractor do mesmo xeito que antes,ou sexa de 10 cuartas de groso, a excepción da porta, que sería

de doce. Con motivo da reclamación quehoubo, procédese ó recoñecemento dasmurallas, xa que se afirmaba que moitaspersoas aproveitábanse delas para utiliza-las na construcción das súas propias casas,cando en realidade ninguén podía, nindebía, unilas ás murallas pois entre estas eas casas da vila existía un espacio libre,que permitía o paso dos viciños. Nainspección levada a cabo observáronsediversas anomalías, facéndose constar,como excepcional, que Esteban Pérez, nogroso da muralla, xunto á Porta daCondesa, “abrió una ventana de asomocon sus perpiaños, miembros y dinteles,de cantería, cargando la pared de su casaen lo alto, encima de la muralla, privandodel paso de ella que antes tenía y sacandolas escaleras de piedra que tenía para quenadie pudiese subir a la muralla”.

Para demostrar que o estado dasmurallas non era tan só culpa daquelesque cometeran o exceso de apropiarsedelas, solicítase un informe da intendenciaXeral do Reino –A Coruña-, no que semanifesta: “..y respecto a la dicha gene-ral ruína de dichas murallas que produceel proceso, no solo parecen es ocasionadade su antigüedad y falta de reparos, porno haberse ofrecido sitio de enemigoalguno en dicha villa, pero también de ladesidia de la Justicia y Regimiento deella, en no haber celado más la hermo-sura de sus antiguos edificios y contenidoa sus vecinos para que no fabricasen enellas y sacado las piedras de las ruínasque han motivado su antigüedad, lainjuria de los tiempos...”. Faise saber áXustiza e Reximento e ó xuíz e alcaldes

Cando as pedras dialogan connosco. Paramento interior damuralla. Poñer as pedras en valor significa enchelas de sig-nificados. Deste xeito, uns elementos materiais pasan a con-verterse en obxectos preñados de simbolismo que transmitenemocións e sentementos e nos trasladan a un pasado que nosidentifica como colectividade. As pedras, logo do traballoinvestigador, cárganse de significados históricos e establecenun diálogo con calquera observador informado.

Á busca do pasado. A apariciónde restos do muro pétreo nunsolar do Malecón de Gasset, éresultado das excavaciónsarqueolóxicas a que obriga oPlan Especial de Protección doCasco Histórico para todas aque-las obras que se realicen en zonasconsideradas, como neste caso,como lugares onde foron docu-mentadas testemuñas contrasta-das da existencia de restosarqueolóxicos relevantes para aHistoria da vila de Noia. Aarqueoloxía urbana contribúedunha forma notable -a veces aúnica posible- a ter un coñece-mento máis completo do pasado,confirmando ou desmentindo, enmoitos casos, hipóteses acepta-das como inamovibles.

Page 29: revista alameda nº 3

29

autoridades van tratar de regularizar unha situación que se viñapracticando a cotío por parte dos viciños, consistente en arrimar,tanto interior como exteriormente, as súas edificacións á murallapara así tratar de apropiarse dela. Dar saída a esta práctica xera-lizada, áinda que ilegal, vai ser agora o obxectivo das autoridadesmunicipais. Para iso, válense do arbitrio de aforar a quen así osolicite o tramo correspondente da muralla. Posteriormente, o reivai confirmar estes aforamentos. Así o pon de manifesto un do-cumento dado a coñecer por Fabeiro (1969) no que se indica:“Muy Sres. Míos: El Sr. D. Gregorio Muniain, Ministro de laGuerra, con fecha de 17 de este mes me dice lo siguiente:Informado el Rey de que la muralla de la villa de Noia en esteReyno está enteramente destruída e inutilizada y que no es deninguna consecuencia que Francisco Mouriño vecino de ellahaya ocupado con permiso de la misma el torreón que trata lacarta de V.S. de 2 de agosto y documentos que incluye especial-mente habiéndose ya valido la villa de el arbitrio de aforar lossitios que piden los vecinos arrimados interior y exteriormente ala misma, y de que hacen uso; ha resuelto S.M. que les dejen enlibertad para que se valgan de aquellos terrenos siempre queresulte en bien de el servicio o del común. Participo a V. mdes.la misma RI. resolución para que la tengan entendido y prac-tiquen lo que corresponde a su cumplimiento, sirviéndose V.mdes. darme aviso de el recibo de esta. Ds. gde. a V. mdes. susegrº servor. - El Conde de Croix – Sres. Justicia y Reximiento dela Villa de Noia”.

Por conseguinte, o proceso de apropiación dun ben públicocomo é a muralla e os espacios de paso que a circunvalan, vaitomar agora corpo de legalidade, e por iso, todos aqueles intere-sados en facerse con partes en ditos espacios deberán solicitaraforalos ás autoridades municipais. Deste xeito, paulatinamente,imos asistir a unha privatización progresiva dun espacio antespúblico, proceso agora autorizado e regulado, que vai traer comoconsecuencia inmediata a conversión en espacio edificado, des-tinado a vivenda fundamentalmente, de todo o anel amuralladoasí como os camiños de ronda.

Os séculos XIX e XX, como veremos no próximo número,van contemplar a culminación do proceso que remata, unha vezse constrúan os malecóns, coa case total desaparición de todovestixio da muralla.

da vila “que pena de 1000 ducados seránlos responsables de los daños que acae-ciesen a las murallas y no permitan queningún vecino fabrique de nuevo en ellasni las ocupe. La piedra que proceda deruína se colocará en sitio conveniente sinusarla en obra algunha”.

Confirmación da importancia queaínda se segue a conceder á presencia dosmuros que circundan a vila é a notifi-cación que no ano de 1768 o ProcuradorXeral, D. Tomás Pardiñas Osorio e Navia,dirixe ó Rei, expoñendo que son “..lasmurallas tan necesarias en aquella vila(Noia) por hallarse circundada de mar,de modo que sus moradores están siem-pre expuestos a una invasión del enemi-go, perder vidas como sucedió pocosaños hace en el Puerto de la villa deMuros, inmediata a Noya ...”.

Sen embargo, a pesares deste intereseen demostrar a importancia que para a vilaten manter os elementos da muralla en boestado, pois en calquera momento aameaza dun inimigo pode facerse pre-sente, o deterioro avanza inexorable. Así,en sesión do 27 de decembro de 1793,referíndose á procesión que ten lugar cadaano na vila en acción de gracias polacaída, no século pasado, dun raio na torreda igrexa “sin causar mayores desgra-cias”, sinálase que o percorrido tivo queser modificado este ano “...por estar ce-rrada la Puerta de la Villa por habersearruinado sus pisos en este invierno conmotivo de caerse un pedazo de la torre deella...”

O estado de abandono a que chegaranas murallas neste momento debera alcan-zar xa tales dimensións, e a apropiaciónpor parte dos viciños de importantestramos das mesmas sería tan frecuente,que as autoridades da vila van agoramudar a súa posición. Ante unha reali-dade que as supera, e coa falta de mediospropios que permitan recuperar unha xe-ralizada ruína, xunto á cada vez máisfirme convicción de que a defensa da vilanon pasa xa polo mantenemento do envol-vente cinturón pétreo, as autoridadesmunicipais deciden outorgar autori-zación para facerse con espacios damuralla. Así, conceden permiso a viciñospara ocupar partes da muralla, ou as torresda mesma, por medio do seu aforamento.Mediante o contrato de aforamento, as

Malecón de Gasset desde o Obre. Toda esta fachada por construír, xunto co solarbaldío contiguo á antiga Porta da Peregrina, gardan no seu subsolo moitas clavesdo pasado urbano da vila. Tal vez, unha actuación arqueolóxica conxunta, debi-damente financiada polos poderes públicos, fora a mellor solución para conxugaros distintos intereses de propietarios, constructores, poderes públicos e cidadáns.Do que aí aparecera dependería igualmente a solución edificatoria a prantexar.

Page 30: revista alameda nº 3

30

oime imposible dar coautor da letra destacanción. Poeticamente

pódese dicir que e unha boaletra, independentemente daidea que expresa, no que aGalicia se refire.

O que si sei é que foi estrea-da no Salón de Actos doConcello de Noia (hoxe InstitutoVirxe do Mar) a mediados dosanos 20, con motivo dunharecepción na honra dun de tan-tos políticos que visitaron Noiadurante a dictadura do XeneralPrimo de Rivera, e incluso foicantada por un coro noies (diri-xido polo autor) na praza doObradoiro de Santiago, conmotivo dunha peregrinación aCatedral compostelana.

Pódese dicir desta composi-ción, que é unha canción políti-ca, antiindependentista, aíndaque neses anos o independen-tismo estaba entregado ó novoréxime, polo moito que espera-ban, e tan só recibiron de-silusións en palabras da revistaA NOSA TERRA.

Fixémonos como a letradestaca que Galicia é unha re-xión que envía un bico filial detodo corazón á súa nai.

Uns anos antes E. Pondal eP. Veiga proclamaban no himnode Galicia a palabra nación.

Pero aquí, en Noia, esta can-

Cancións de NoiaPrudencio Romo

ción cantábase pola beleza da súa melodía e pegadizocontrapunto e o contido político, quiza só o tivo o día dasúa estrea.

Entre as moitas e boas melodías que creou PepePaz, ésta pode estar entre as mellores.

Los dardos del Sol

Page 31: revista alameda nº 3

31

hiante da máis que previsi-ble adicatoria do próximoDía das Letras Galegas ó

gran poeta Antón Avilés de Taraman-cos, co ánimo de contribuir a comple-ta-la biografía do máis senlleiroescritor noiés, quixera facer relación aun episodio pouco divulgado da vidado noso bardo que non se mencionaen ningún dos perfís biográficos doautor realizados ata o de agora1: asúa estadía no mosteiro de Samos,antes de marchar a Colombia.

A min referíumo o propio Avilés notranscurso duna conversa relaciona-da co libro que eu por aquela épocaestaba escribindo sobre o escultorFerreiro; como queira que na igrexadaquel mosteiro lugués se conservaun elevado número de obras doartista noiés, ó falarlle delas, o malo-grado escritor reveloume que xa ascoñecía, pois pasara unha temporadaen Samos. Debín poñer cara de estu-pefacción –é posible que na miñamente se instalase por un momentoun incrédulo interrogante:¿ o bohemioe rebelde Avilés en medio dos monx-es ?, que posiblemente asomou polosmeus ollos supetamente abertos-,polo que de inmediato, e sen que eulle pedise explicacións, me aclarouque fora alí, logo de acabar o serviciomilitar, en compañía do pintor XoséLois Rodríguez para levar a cabo cer-tos labores de restauración nomosteiro e mentres aquel pintaba porencargo do abade, o pai MauroGómez Pereira, varios murais para a

segunda planta do claustro grande do edificio, Avilésencargábase de reorganiza-la magna biblioteca monacal.

Segundo me contou recentemente o noso común esempre solícito amigo Pepe Agrelo, o abade, que por sermitrado (dignidade equivalente á de bispo) era un person-axe de gran relevancia social e política naquela situaciónde nacional-catolicismo, ademais era tamén parente deSerrano Castilla, delegado provincial do Ministerio deInformación e Turismo, organismo ó que por aquela épocacompetía a censura de todo libro ou espectáculo que foseser publicado ou representado, polo que Avilés lle pediurecomendación –dada a vixiancia policial a que erasometido - para poder editar A frauta i-o garamelo, quenaquel mesmo de 1959, á volta de Samos, o noso escritoradicou ó pintor Xosé Lois que non só o acompañara,senón que tamén fixera a portada para este seu primeiropoemario importante.

Da estancia de ámbolos dous amigos en Samos fican,

Xoán X. MariñoUn curioso retrato de Avilés

Page 32: revista alameda nº 3

32ademais destes recordos que os máis achegados a elcompartimos, unha impresionante biblioteca ordeada enmenos de mes e medio, unha carta de recomendación doabade que lle abreu a Avilés moitas portas en Colombia,hoxe conservada polos seus herdeiros, e un peculiar retra-to do noso chorado poeta formando parte dos murais reali-zados por Xosé Lois no claustro grande ou de Feixoó, querepresentan a vida de S. Bieito: represéntase aquí a unxove Avilés en forma de Diaño, sentado sobre unha pedra,formando parte dunha escena que alude a unha lendareferida á construcción do mosteiro de Motecassino, man-dado erguer polo fundador da orde, segundo a cal, osoperarios que estaban levantando os muros eran comple-tamente incapaces de mover un pequeno sillar do seusitio, por moito que empurraran todos á xunta, fenómenoque era debido, segundo se narra na biografía do santo,2

a que o Diaño estaba pousado enriba dela para evita-laconstrucción do mosteiro, ata que o Patriarca, decatán-dose da obstinada intervención do “Maligno”, o exorcitou e

puídose concluir o que foi primeiraabadía benedictina. E deste xeitoficou aquí inmortalizado o nosoinsigne escritor, sorrindo abertamentee cruzado de brazos e pernas sobre apedra fundacional da orde bieita.

1No apartado bibliográfico do libro Aproxi-

mación didáctica á obra de Antón Avilés de

Taramancos (Noia,1995), de Xosé Agrelo

Hermo e Pilar Sampedro Martínez cítanse

todos eles, ademais do incluído no capítulo II

dese mesmo volume.

2S. GREGORIO MAGNO. Diálogos. Libro II,

caps. 3–8.

Page 33: revista alameda nº 3

33

devoción polas áni-mas está moi enrai-zada na nosa terra. Asmanifestacións popu-

lares do culto aos mortos sonmoi variadas e van desde aSanta Compaña ata os petosque, de madeira ou pedra,espallados polos camiños re-collen as esmolas que deixanos camiñantes para a salvacióndas ánimas do purgatorio.

Castelao dinos que é a par-tir da Contrarreforma cando seproduce a exaltación do purga-torio e das indulxencias. Asprimeiras representacións des-te tema aparecen a finais doséculo XVI e a maioría destesmonumentos faranse no séculoXVIII.

Os petos atópanse a caróndos camiños e encrucilladas,asociados normalmente a cru-ceiros, para que os cami-ñantes recen unha oraciónpolas ánimas e estas poidansaír do purgatorio. Para mani-festar a devoción polas ánimasnon só se lles reza senón quetamén se lles ofrecen esmolas,que serán utilizadas en dicirmisas polos difuntos da parro-quia, e mesmo se fan todo tipode ofrendas: flores, millo ouaceite para alumealos. Todasestas tradicións fóronse per-dendo co tempo. Agora a xenteanda motorizada, ninguén vai a

pé, os costumes cambiaron e xa non se ve a unha vellasantiguarse cando pasa ao seu carón, o que se ve é aotípico turista baixar do coche coa cámara de fotos ou devídeo na man para retratalo e marchar correndo caraninguén sabe onde.

Os petos de ánimas están espallados por toda Galiciae Portugal, pero concéntranse no norte de Portugal e surde Galicia, teñen moita sona os do sur de Ourense e

Pontevedra.

Ademais dos petos deman, feitos en madeira, quese pasan durante as misase outros actos relixiosos eos que se colocan en deter-minados lugares das cape-las, están os petos depedra. Begoña Bas organi-za as obras de canteriasegundo:

1.- Construccións indepen-dentes (como o de SantaMaría de Urdilde, ao pé dacarretera de Noia). Cons-truccións moi variadas quepoden ir desde os demaior tamaño e monumen-talidade, construídos de talforma que semellan edícu-los romanos –exemplosdeste tipo podémolos ato-par polas terras de Lobios

e Bande– ata pequenas obras nas que se representa afigura do purgatorio e que na base teñen un pequenopeto para depositar as esmolas.

As características comúns serían: construcción deforma rectangular, presenta unha base, unha especie demesa que sobresae e na que vai o peto protexido cunhaporta de ferro, e un corpo –a parte máis importante e de for-

Os petos de ánimas do concello de Noia

Xepe Torres eRosa Martínez

O peto de ánimas de Beiro na parroquia de SantaMaría de Argalo é un dos máis fermosos dacomarca, nel represéntase como os santos podeninterceder polas ánimas do purgatorio e liberalasdas súas penalidades.

Page 34: revista alameda nº 3

Na parte superior aparece unha especie de retablo queremata de forma apuntada no centro e no seu interioraparece un relevo coa representación do purgatorio: nocentro sobrancean as figuras de dous frades, San Antón eSan Francisco segundo Estanislao Fernández, que axuda-dos polos seus cordóns intentan sacar as ánimas do pur-gatorio, representadas polas cabezas de tres personaxesque están entre as lapas do lume; enriba do conxunto haiunha roseta.

A súa epigrafía é moi dificil de ler xa que as letras estánmoi desgastadas, unha parte hai que lela de dereita aesquerda e ademáis foi repintada varias veces. Na pedrado peto aínda podemos ler a data da obra “ano de 1761”.Entre as figuras dos frades aparecen unha letras enig-máticas que poderían facer referencia aos oferentes erodeando a fornela unha inscripción de difícil lectura naque se lle pide axuda aos camiñantes para que as ánimasdo purgatorio deixen de sufrir.

O PETO DE ÁNIMAS DE EIROA

Este peto estaba no lugar de Eiroa e foi trasladado, xunto cocruceiro co que forma un precioso conxunto, ao seu actualemprazamento a carón da casa dos seus propietarios, á beirada estrada Noia - Muros. Este conxunto foi realizado por AndrésCastaño Fernández no 1879 por encargado de Agustín Pérez.

mas máis variadas– no que aparece arepresentación do purgatorio. Adoitanlevar unha inscripción na que aparecenos nomes dos devotos que o mandaronconstruir, o ano de construcción e unhafrase dirixida ao camiñante pedíndollea súa intercesión polas ánimas do pur-gatorio.

2.- Petos que forman parte dun cru-ceiro. É común que no varal ou nopedestal dos cruceiros aparezan re-presentadas escenas do purgatorio:as figuras da ánimas entre o lume epor riba delas a Virxe ou algún santoprotector (sería o caso do cruceiro daAgra de Argalo que segundoEstanislao Fernández ten representa-do un San Francisco acompañadodunha ánima). Outras veces o petoestá ao pé do cruceiro ou nas súasproximidades formando un conxunto(sería o caso do de Eiroa), nestescasos seguen os modelos dos petosindependentes.

3.- Elementos incluídos en muros deigrexas (o caso do peto de SantaCristina) ou casas (como o peto deBeiro). De tipoloxía moi variada podenir desde os pequenos petos nos queunicamente aparece unha cruz, unhaalmiña ou a imaxe dun santo, ata osde grandes dimensións coa mesmaestructura e tratamento que as obrasde cantería.

O PETO DE ÁNIMAS DE BEIRO

No medio do lugar de Beiro, naparroquia de Sta. María de Argalo,nun cruce de tres camiños que formaunha pequena praza, empotradonunha fornela na parede da casa queestá fronte ao cruceiro, está un dosmáis fermosos petos de ánimas dabisbarra, é o peto de ánimas de Beiro.

Ten unha altura de 96 cms. eunha anchura de 67 cms e está feitoen pedra de granito. Na parte inferiorestá o peto para os cartos, tamén depedra, a súa planta é rectangular ecomo única decoración presenta unbisel nos laterais e na aba superior,no que está unha parte da inscripción.

34

O peto de ánimas do cemiterio vello de Santa Cristinade Barro presenta un estado de deterioro moi impor-tante. As pinturas murais que representaban que a as ánimaspodían salvarse gracias á intercesión da Virxe Maríaeran todavía visibles hai uns vinte anos, aínda que naactualidade están completamente perdidas.

Page 35: revista alameda nº 3

Sobre un pedestal de planta cuadrada, de 74 cms. delado e cunha altura de 132 cms, enfeitado con diversasmolduras, temos unha especie de fornela de pouco máisde 100 cms de altura e de planta rectangular, convexa noseu reverso; no anverso a fornela é plana, a metade infe-rior é nedia, no centro ten un peto con tapa de ferro e nasúa metade superior temos un baixorrelevo que represen-ta o purgatorio rodeada por un arco: encol das chamasaparecen tres figuras de medio corpo, a do medio semellaunha muller polo seu pelo longo, coas mans riba do peitoen actitude orante, a ambos os lados hai outra figura depelo curto, todas elas teñen os rasgos faciais moi gasta-dos.

O PETO DE ÁNIMAS DO CEMITERIO

Este peto atópase empotrado no muro do cemiteriovello, á beira do antigo camiño real, na parroquia e SantaCristina de Barro.

Trátase dunha construcción de pedra de máis de tresmetros de alto por dous de ancho. Consta dunha mesa dealtar, de forma rectangular, con diversas molduras e unhadecoración a base de rectángulos inscritos no seu frontal,no que o burato onde estaba o peto para recoller as esmo-las. A parte superior está formada por unha gran fornela,na que hai unha representación pictórica das almiñas dopurgatorio, rodeada por un arco de medio punto sobreesteos. O conxunto está cuberto por un aleiro a dobre ver-tente, rematado por unha cruz (caída na actualidade).

Segundo nos informaron os vellos do lugar a composi-ción pictórica foi realizada xa hai tempo por “un tal Axeitosde Noia”. No centro da composición está a Virxe, co Nenono colo, pintada con cores marróns e azuis. Por riba delahai dúas cabezas de anxos alados, un a cada banda; ádereita da Virxe e á súa mesma altura un anxo alado decorpo enteiro, vestido cunha túnica azul, cos cabelos lon-gos e marróns e de alas grisallas. No outro lateral a capade brión impide ver a pintura (a descrición corresponde aoestado do peto de ánimas cando o visitamos no 1984 parafacer a catalogación dos cruceiros e petos de ánimas dopartido xudicial de Noia, becado pola Dirección Xeral doPatri-monio Artístico e Documental da Consellaría deEducación e Cultura da Xunta de Galicia). Na parte baixada composición están representadas as ánimas, das quese pode ver a cabeza e unha pequena parte do corpo,teñen os brazos en alto, implorantes, por baixo delas haiunha zona de cor marrón, moi degradada, figurando aslapas do purgatorio.

O seu estado de conservación é deplorable, totalmenteabandonado, xa non conserva ningún tipo de devoción. Aspinturas están moi degradadas, perderon gran parte dasúa policromía, tanto pola humidade como polo brión e os

35

O peto de ánimas de Eiroa foi realizado porAndrés Castaño Fernández en 1879, taménchamado “O santeiro de Chave”l Represén-tanse nel as penalidades do purgatorio me-diante un baixorrelevo no que aparecen asfiguras de tres persoas queimándose nas lapasdo lume.Forma conxunto co cruceiro de Eiroa e–segundo aparece na inscripción do cruceiro-concédense cen días de indulxencia a todosos que postrados rezaren diante del un NosoPai e un Credo polas necesidades da Igrexa edo Estado.

fungos que as atacan. Precisa unharestauración inminente, o mesmo quea preciosa igrexa románica que seesconde tras os muros do cemiteriovello de Santa Cristina.

BIBLIOGRAFÍA:

Bas, Begoña, As construccións popu-lares: un tema de etnografía enGalicia, Sada, 1983.

Castelao, Alfonso Rodríguez, As crucesde pedra na Galiza, Madrid, 1975.

Fernández de la Cigoña e Núñez,Estanislao, Esmoleiros e petos de ánimasda provincia da Coruña, Vigo, 1998.

López, P. Atanasio, “Una excursiónpor los alrrededores de Noia (cruces ycruceros)”, en Nuevos EstudiosCrítico-históricos Aacerca de Galicia,Vol. II., Madrid, 1947, páx. 69-188.

Page 36: revista alameda nº 3

36

obriga dunha Cor-poración de mirarpolo Patrimonio detodos

D. Ramón Otero Pedrayo,membro destacado da Xe-ración Nós do que agora secumpren 25 anos do seu pasa-mento, na súa Guía de Galiciaeditada por vez primeira no ano1926, adica unhas cantas aga-rimosas páxinas á vila de Noiaá que chega a calificar comounha “pequeña Compostela”.Na parte final, cando cita algunhadas edificacións destacadas,fai referencia á coñecida comocasa da Fundación Monroy sitana Porta da Vila, que vai impre-sionalo gratamente: “Hay be-llas moradas y profundos jar-dines. De aquellas, la integra-mente amueblada y decoradaal gusto romántico, con belloparque, que fue de la casaMonroy”.

Esta casa que chama aatención do insigne gale-guista, hoxe convertida nunharuína con claro perigo de pasara formar parte do arquivofotográfico en branco e negroque garda en papel aquilo quenon soubemos conservar narealidade, cobra nestes díasactualidade por mor da súaposible venta (El Correo Ga-llego 13 de febreiro de 2001)coa desculpa de que o diñeiroasí obtido se destine á ampli-ción do Asilo.

O motivo deste artigo, dadas as implicacións urbanísticasda actuación –unha casa e parcela a edificar nun dos lugaresmáis notables do Casco histórico– así como a importanciasimbólica do edificio motivada pola orixe destes béns e aorientación social para a que foron doados, pretende poñer demanifesto que só desde unha actuación dos poderes públicosorientada a convertir este lugar nun Patrimonio de todos,lonxe por tanto de calquera operación especulativa privada,sería comprensible o cambio a operar na súa propiedade. Poroutra banda, a implicación directa da Fundación Blanco-Monroy no tema, vai permitir igualmente prantexar unha seriede interrogantes sempre presentes e nunca aclarados sobreesta singular institución.

A Fundación Blanco-Monroy. A necesidade de respostas.

De novo a Fundación Blanco-Monroy é protagonista.Antesfoi o intento nunca explicado de cederlle os baixos da Casa deCultura Avilés de Taramancos a unha axencia de viaxes, asabendas de que iso non era posible po mor dun contratoestablecido entre Fundación e Concello sobre a totalidade doedificio. A desculpa foi naquel intre a mesma que agora: OAsilo de anciáns, dependente da Fundación, necesita cartos.Se isto é certo, e non se dubida, ¿paga na actualidade oConcello a renda anual que se asinara naquel contrato fan-tasma que algún concellal, membro do Patronato daFundación e votante afirmativo da instalación da axencia deviaxes, negaba que existise?, ¿segue o Concello de “okupa”na Casa de Cultura, como publicamente manifestara a máxi-

A casa e horta da FundaciónBlanco-Monroy

Xerardo Agrafoxo

Pedro García

Casa e muro da Fundación catalogadas no PEPRICH

Page 37: revista alameda nº 3

37

ma autoridade municipal na-quel momento? (La Voz deGalicia, 4-2-96), ¿en que situa-ción se encontra hoxe este del-icado asunto que tanta polémi-ca creara no seu día?

Sen dúbida, estamos anteunha causa nobre e humani-taria. Ningún cidadán vería condesagrado calquera tipo demellora que se conseguira enbeneficio do Asilo MunicipalRomero Blanco atendido polasFillas da Caridade no pazo domarqués de Monroy, sito noCampo das Rodas. Pero, sontantas as interrogantes queexisten sobre o funcionamentoda devandita institución benéfi-ca xurdida da vontade de donaLucila Romero Molezúm (verAlameda, nº 2. Decembro de2000), que a posibilidade depoñerá venda a casa matriz dafundadora produce un certoarrepío.

No concello de Lousame(Arquivo Histórico Municipal)existe unha valiosa docu-

mentación sobre o patrimonio da Fundación Romero Blanco,¿coñece o concello de Noia a relación inventariada dos bensexistentes?, ¿coñece a valoración aproximada deste patrimonio?.De modo resumido, pódense extraer algúns datos dos documen-tos consultados. Accións en máis de 60 empresas, casas enLousame, Noia, Carballo e Madrid. Numerosas fincas rústicas(máis de 80), un hotel en Madrid. Diñeiro gardado en Bancos, títu-los de débeda, solares en Carabanchel e casas en lugares dacomarca de Bergantiños. ¿Son reais estes datos sobre o patri-monio da Fundación?, ¿quen administra estes bens cedidos pordona Lucila? e, sobre todo, unha cuestión esencial ¿quen con-trola a Fundación?

Situación actual da casa e horta no Planeamento

Unha segunda vertente do tema céntrase nos aspectosurbanísticos da operación. A raíz da realización do Plan Especialde Protección e Reforma Interior do Casco Histórico (PEPRICH),a casa e horta mencionadas van ser obxecto de atención nundobre sentido. Por unha banda, considérase o espacio construí-do que comprende a casa e muro anexo; por outra, o espaciolibre, a horta, concebida como un solar.

No que se refire á casa e ó muro, con fronte á Porta da Vila,van ser incluídos no Catálogo de edificacións; é dicir, van formarparte das construccións catalogadas e, por conseguinte, protexi-das. O nivel de protección asignado é o denominado protecciónambiental categoría A. Por conseguinte, as obras que podenacometerse van desde a conservación ata a reestructuración,pasando pola restauración ou rehabilitación. O que non poderealizarse son obras que comprendan adición de plantas nin, por

Unidade de actuación prevista no PEPRICH

Page 38: revista alameda nº 3

38suposto, obra nova. En esen-cia, a edificación e muro debenconservar integramente o seuaspecto exterior. No caso domuro permítese a apertura dasportas, actualmente tapiadas,co fin de facilitar o libre accesoa unha futura praza pública seesta chegara a realizarse.

Polo que fai referencia áhorta ou xardín anexo, o Planprantexa a súa inclusión nunhaUnidade de Actuación. DitaUnidade comprende a parcelada Fundación xunto co resto deparcelas sen edificar con fronteá rúa Rodríguez Cadarso.Prantéxase a realización dunhaedificación con fachada á rúaRodríguez Cadarso e a unhapraza pública resultante dacesión por parte da Fundaciónda referida parcela. A edifi-cación a realizar vai poderalcanzar unha altura de baixo etres plantas. Na fronte que da ápraza pública deberá configu-rarse un soportal en plantabaixa cun mínimo de 2 metrosde anchura cuxo acabado teráque adaptarse ás ordenanzasestéticas do PEPRICH.

A realización desta UA xus-tifícase, segundo a equiparedactora, porque mediante aexecución neste espacio libredunha nova construcción ocul-taríase a medianeira vista enque remata a edificación na rúaRodríguez Cadarso, permitindo

o acabado da mazá e facilitan-do a ocultación das traseirasdas vivendas con fachada árúa do Comercio. Sinálaseademais que dita actuaciónservirá para “poñer en valorunha edificación catalogada”–a casa da Fundación– “me-diante a apertura dunha prazapública no encontro entre asdúas rúas”. A Unidade deberáexecutarse preferentementepolo sistema de Compensa-ción. Os propietarios deberánproceder ás cesións do soloantes de poder edificar. Comoqueda dito, o espacio destina-do a praza pública deberá sercedido pola Fundación.

Logo do exposto, concluí-mos: tendo en conta o quesegundo a legalidade vixentepode realizarse na casa e hortaen cuestión, e dadas as espe-ciais características duns bensdoados con fins inequívoca-mente sociais, consideramosque só desde unha interven-ción pública pode comprender-se unha operación urbanísticadestas características en plenoCentro Histórico. Unha actua-ción co claro obxectivo deredundar en beneficio de todosos habitantes da vila. Destexeito, ademais, o poder públicopodería controlar, en beneficioda comunidade, unha actua-ción edificatoria de alcance, etendo en conta que impor-

tantes restos de muralla me-dieval van saír, sen ningunhadúbida, á luz neste lugar, seríaunha excelente ocasión paraconservalos e integralos con cri-terios museísticos na parte edifi-cada que lle corresponda comoasí se indica no PEPRICH.

Con toda a serie de conno-tacións que acabamos dereferir, incluso a disculpa deadicar a obra tan loable como aampliación do asilo o diñeiroobtido da venta da casa e hortada Fundación, non xustificaríaen modo algún unha operaciónespeculativa para beneficiodun particular. Os membros doPatronato da Fundación, partedos cales son concellais dosdiferentes grupos políticos,xunto coa Corporación noiesaen pleno, deberan comprome-terse dun xeito claro e decididoa atopar fontes de financia-mento que permitiran a viabili-dade do asilo, soño de donaLucila, e igualmente, todoscomo unha soa voz, orientar osseus esforzos a conseguir dasdistintas administracións osrecursos económicos necesa-rios con vistas á adquisición dacasa e horta referidas co loableobxectivo da salvación de tansimbólico Patrimonio para dis-frute de xeracións futuras denoieses e noiesas.

Casa e muro da Fundación Blanco-Monroy

Page 39: revista alameda nº 3

39

Cousas de NoiaGomari

Fú tbo l no ié s re t rospect ivo Noia F.C. campión da serie A (tempora-da 1.948-1.949)

En Decembro de 1.946 visita a PenínsulaIbérica un equipo arxentino, rompendo o ailla-mento a que estábamos sometidos en todos osaspectos. Só algún partido con Portugal,Irlanda e Bélxica e paremos de contar. A visitado San Lorenzo de Almagro foi o acontecemen-to que asombrou aos españois.

O material que trouxeron en nada se parecíaao que se usaba por estes lares. Vese por vezprimeira a WM nuns xogadores cunha técnicaformidable e nada tivo de estraño que osBlazina, Martino, Pontoni, Zubieta, Imbelloni,Greco, Colombo, etc...nos deixaran maravilla-dos e moitos noieses que o día 27 de Xaneirode 1.947 acompañaran ó equipo local a LaChaburra (Sada) en viaxe matutino, pola tardeen Riazor viron aqueles fenómenos contra a

Selección Galega nun partido memorable deJuan Acuña.

O NOYA F.C. de gañar ao Sada, clasificába-se para a fase final e chegárase a un acordo coequipo sadense (1.200 pts) en documento fede-rativo, pero o NOYA F.C. sufriu una “encerrona”ante o equipo de Las Mariñas e aínda que foicastigado e expulsado da F.G.F. o Noia viuseperxudicado ante a pasividade dos equipos danosa comarca.

Na ofrenda ao Apóstolo Santiago naquelacidade rexida por Joaquín Sarmiento Garra, oRector Magnífico Luis Legaz Lacambra, o arce-bispo Don Tomás Muñiz Pablos e o bispoAuxiliar Don José Souto Vizoso, a Comitiva doSan Lorenzo de Almagro, co Cónsul na Coruñaao frente, estivo acompañada por todo o fútbolcompostelano (Club Santiago, Arenal, Fortuna,A Salle, Eiriña, San Lorenzo, Victoria de San

A selección galega que se enfrentou ao San Lourenzo de Almagro o día 27 de xaneiro de 1947

Page 40: revista alameda nº 3

40Unha das primeiras fixaches foi a de Juan

Outeiral Santos, que ao estar a temporadaanterior sen xogar, foi recalificado pola Fegafutcomo “amateur”. Outra fichaxe importante é ado extremo Fián, que procede do fútbol madri-leño e que se consegue gracias ás xestións deD. Manuel Esperante, que tamén xestiona opase do seu paisano Caridad ao ascender oArosa S.C. quedaron moitos en liberdade eforon enrolados polo NOYA F.C. dándolle granpotencial ó equipo e quedando a plantillaestructurada da seguinte forma:

Porteiros:Isaac e Suárez

Defensas:Alfonso, Fernando e Gallego

Medios:Canelas, Daniel, Gestoso e Isidro

Dianteiros:Pián, Picos, Outeiral, Baltar, Augusto e Caridad.

Aquela temporada houbo a novidade dunnovo deporte, xa que o boxeo foi unha novaactividade no ring instalado na Praza de Tourosubicada en Triquinay, mais xa daremos uns bro-chazos a un deporte que congregaba moitaxente no citado recinto. Era outra Noia que senos vai na lembranza: éramos uns pioneirosdende Monte Louro a Vilagarcía.

Lázaro, Júpiter de Conxo, etc...que abarrotabana nave central da Catedral, e os arxentinos que-daron alucinados do Botafumeiro que “voaba”das Praterías á Praza da Inmaculada.

Comezaba a perfilarse o equipo local convistas á temporada 1.948-49 e a Directiva quevai afrontar o Campionato da Serie A Rexional(Zona Norte) fica constituída da seguintemaneira:

Presidente:

EDUARDO LÓPEZ MEDINA

Vicepresidente:

CARLOS SANTAMARÍA DE CABO

Secretario General:

MANUEL BARREIRO GALLARDO

Contador:

MAXIMINO PÉREZ SANMARTÍN

Tesoureiro:

EDUARDO CES IGLESIAS

Vocal Primeiro:

MANUEL PÉREZ GARCÍA

Vocal Segundo:

RAMÓN CARREDANO SEOANE

Vocal Terceiro:

RAMÓN BLANCO LORENZO

Equipo do Clube de Noia no ano 1949

Page 41: revista alameda nº 3

41

Confecciónase o calendariona Fegafut, dando a súa apro-bación os clubes e o día 17 deOutubro de 1.948 dá comezo aCompetición da Serie A Rexio-nal (Zona Norte), enfrontándoseen San Alberto o equipo local aoseu eterno rival o Arenal deSantiago, un equipo cheo demagníficos xogadores e quenon deu o rendemento que seesperaba de tan magníficocadro. O equipo arenalista ébatido por catro goles a un e adianteira do equipo local -a eléc-trica- deixou un atisbo do que íaser a temporada.

Na segunda xornada deLiga (24 de Outubro 1.948) éderrotado en Carballo poloBergantiños por dous goles acero e segue o Bergantiños nacabeza clasificatoria, sendo osresultados desta xornada comoseguen:

Fabril S.D– C.D. Torre: 4 –0

Club Arenal – C.D. Polvorín: 0 –1

Bergantiños –NOYA F.C.: 2 –0

O 31 de Outubro celébraseo partido NOYA F.C.–FabrilS.D. de A Coruña, partido quearbitrará o colexiado local D.José Pérez Morales. O triunfocorrespondeu ao equipo localpor catro goles a tres. O portei-ro local, Isaac, tivo unha malaactuación e Outeiral fixo ungran partido marcando un golde chilena verdadeiramenteprecioso. O partido finalizouquince minutos máis tarde ataque o NOYA F.C. marcou o golda victoria.

O Polvorín venceu aoBergantiños por 4–1. O Arenalvenceu ao C.D. Montiño naCoruña por 5–4 e descansou oC.D. Torre.

O 21 de Novembro enfrón-tase o equipo local ao C.D.

Polvorín de Lugo con arbitraxeperfecta a cargo do Sr. Cousoda Coruña e o resultado de 5goles a 1 a favor do Noia di ásclaras a diferencia de clase.Esa mesma xornada o Torre-Montiño e o Fabril–Arenal re-mataron ca victoria dos primei-ros por dous goles a un e oNoya colócase na cabeza datáboa clasificatoria.

O 14 de Novembro o ClubeArenal derrota ao Bergantiñosde Carballo por tres goles a un.Comeza a caldearse o ambien-te en Santiago con motivo davisita do clube Noya. El CorreoGalego advirte á afición quenos visita o leader, que ten unconxunto moi compacto, senfisura, nas súas liñas, e quechega a confirmar o liderato.

O día 8 de Decembro nunhatarde desapacibre de verdadeiroinverno o Noya, arroupado coasúa afición que se volcou enSanta Isabel, desarbolou porcompreto ao conxunto arenalistaderrotándoo por cinco goles a un.No campo só existíu a dianteirado Noya e iso que o clube Arenalnon era un equipo calquera. Estafoi a aliñación:

Alfonso, Méndez, Piepas, Ru-so, Sousa, Teto, Cayó, César,José Ramón, Ovanza e Lan-deira.

Moitos destes xogadoresfixerono en terceira división een equipos fóra de Galicia.

O día 12 de Decembro visitapor vez primeira San Alberto oequipo de Carballo que saederrotado por tres goles a unnoutra tarde de verdadeiro inver-no, co primeiro gol a cargo dePicos dunha media tixeira caseao borde da área. No equipo doBergantiños destacaron o seumagnífico porteiro Barrigón e obó extremo esquerda Guillén.

O clube Torre da Coruñasaíu fortemente derrotado e oúltimo partido de Liga contra oPolvorín no Ánxel Carro foi unpaseo militar nunha tarde defrío glacial, onde os amigos doalleo querían levar o diñeirodas primas e as licencias dosxogadores. A policía nacionalcazou aos cacos no mesmoestadio. O Delegado do equipoera Carlos Santamaría deCabo.

No Campionato de Aficio-nados fomos eliminados encuartos de final polo Arenal deSantiago e este á súa vez poloFabril S.D. nunha tarde desas-trosa do seu magnífico porteiroAlfonso.

E finaliza a Liga coa seguin-te clasificación:

NOYA–BERGANTIÑOS–FABRIL–POLVORÍN– ARENAL–TORRE eMONTIÑO.

O NOYA F.C. e o CLUBBERGANTIÑOS de Carballoxogarán a Fase Final deAscenso a Terceira División coPASARÓN de Pontevedra e oCLUB LEMOS de Monforte.

O PARTIDO A BENEFICIODO ASILO MUNICIPAL - Copatrocinio do Excmo. Concellode Noia cuxo alcalde –PedroSáez Pichel– era un gran bene-factor desa institución, querexía Sor Perpetua.

“...o Noia, arroupadocoa súa aficción que sevolcou en Santa Isabel,desarbolou por comple-to ó conxunto arenalistaderrotándoo por cincogoles a un...”

Page 42: revista alameda nº 3

O rival opoñente do Noya F.C. era o ClubSantiago, equipo punteiro da Terceira DivisiónNacional e que presidía Don Enrique de Paz.Entrenado por D. Claudino Iglesia, contaba cunmagnífico plantel de xogadores entre os queestaban Novo e Borrajo procedentes doDeportivo, Porto, Cuca e Javier (ex-xogadoresde Noya) e Emiliano, Antonio, Castro, Chanta,Cereijo, Bonmati, Carletes, Antón, Micholo,Manolo, Liza, Stawinski, Montetard, Levin, queconstituían un bo conxunto, que figuraba enlugares altos da táboa.

O partido foi arbitrado polo vigués Lorenzo econtou cunha moi notable concurrencia. As ali-ñacións foron as seguintes:

Club Santiago: Emiliano, Pito, Micholo,Cereijo, Port, Cuca, Moncho, Bonmati,Martínez, Zúñiga y Liza.

Noya F.C.: Prego, Alfonso, Gallego, Isidro,Canelas, Gestoso, Pián, Kadmiri, Outeiral,Dieste e Baltar.

42Prego, porteiro do Arosa S.C., e Kadmiri e

Dieste, cedidos polo R.C. Deportivo da Coruña,foron os reforzos que obtivo o Noya F.C. paradarlle máis realce ao partido.

O 27 de Marzo de 1.949 o equipo nacionalenfróntase á selección italiana en Chamartín eEspaña perde por tres goles a un, e fai o ridí-culo ante aquela máquina de fútbol que o día 9de Maio desapareceu por compreto ao estrelar-se contra a catedral de Superga o equipo doTORNO F.C., polo que na selección só quedouo extremo esquerdo Carapellese.

Daquel equipo español desapareceron parasempre os que xa se crían vitalicios no equipoe os Riera, Aparicio, Lozano, Silva, Epi,etc...non voltaron vestir a camiseta vermella,mais isto deixámolo para a segunda parte destecomentario●

Ignacio Larrondo.Escola de Gravado “Alfonso Costa”. Liceo de Noia

Page 43: revista alameda nº 3

43

LEMBRANZA DUN POETA

ixo o poeta: Camiñante, non hai cami-ño, faise camiño ó andar.

Esta frase parece que foi o lema que o meutío Andrés Rodríguez Millares tomou como pro-xecto para a súa vida. Unha vida iniciada nunhafamilia moi numerosa e á vez humilde: fillo dunbarbeiro que vivía nunha pequena casa doCurro, onde tiña instalada a súa perruquería.

Iniciou a súa vida coma aprendiz de carpin-teiro, no obradoiro do seu tío Vicente e vendoque o seu futuro era un pouco escuro, suble-vouse contra sí mesmo e ós 15 anos parte paraCuba, a probar fortuna –coma outros– de cara asaír da mediocridade. A súa ilusión e tempera-mento galego lle posibilitan, pouco a pouco,facer camiño ó andar, para alcanzar postos deresponsabilidade, coma ser posuidor de librosda gran empresa “LABRADOR”, co total bene-plácito.

Hai que recoñecer os seus grandes méritos.Marchou de “peón de nada” e preocupouseenormemente de non ser un parásito da vida,senón de adquirir unha formación cultural paradespois poder cantar cun alto lirismo á súa terranatal... NOIA.

Y en los albos celajes de la agenda

que cifra de los pueblos el destino,

un nombre se grabó, como una joya

que ofrece el ritual de su leyenda.

Dijo NOELA el mítico designio,

y el genio creador escribió: NOYA.

José Luis Rdez. Louro

A súa longa vida non foi coma o veleiro quepasa polas augas da ría e que ó seu paso deixaunha pegada que ela mesma vai desfacendo,senón que foi coma a arado cuio profundo surcoserve para que dé o seu froito máis adiante. Easí foi o seu camiño.

Hoxe estamos a disfrutar dunha bagaxe inte-lectual moi interesante. ¿Que hai a quen non llegosta a súa forma de escribir? Ata me parecelóxico. Tamén hai xente á que lle gosta un escri-tor máis ca outro; un músico máis ca outro; unpintor máis ca outro, pero non por iso se podeborrar ou negar a existencia dun home que teno enorme mérito de que foi un “aprendiz denada”, un simple axudante de carpinteiro e quepolo seu tesón fixo camiño ó andar.

En Guantánamo (Cuba), foi Presidente doCasino Español, onde realizou un gran laborsocial; fundou e dirixiu durante anos os xornaislEl Correo Español e o Diario de la noche.Colaborou en revistas e diarios cubanos e entodos os seus escritos e poesías brota con forzao amor á súa querida NOIA.

Dice: “La villa de Noya es –lo sabe todo elmundo– el pueblo que sabe elevar sus excelen-cias de alegre y rumbosa al culmen de la supe-rioridad”. Segue cantando:

NOYA, novia del mar, y con el mar, orilla

con pespuntes de espuma y belleza

bordando con pudores de princesa

sobre un perenne azul de maravilla.

Cremos que a distancia fixo crecer aíinda máisa lembranza e o cariño que pola súa Noia sentía.

E estou seguro que esa foi a causa de queunha vez cumprido o seu ciclo cubano fai asmaletas e retorna á súa “eterna novia”...NOIA.¿Para descansar?. ¡Nen falar! Para traballarmáis pola súa vila natal. Sempre se vía co cabogastador, abrindo o desfile e poñéndose á fren-te en todas as causas que fosen, para engran-decer a Noia, a través da prensa, integrante detodas as directivas, comisións, asociacións, etc.

Andrés Rodríguez Millares

Page 44: revista alameda nº 3

44fosen recordos dalgúns “escarceos amorosos”porque el me comentara que non volvería anamorarse, pero descubría constantementeque o seu corazón era novo e non podíaxubila-lo.

Dos seus desvelos por Noia fíxose eco oGrupo Filatélico de Noia, que lle adicou unmataselos especial con motivo do “Día dasLetras Galegas” o día 17 de Maio de 1.983, eo Concello adicoulle unha pequena rúa nobarrio de San Lázaro. Pero un home quecolaborou de forma desinteresada en todasas directivas, comisións, asociacións, etc. -non me tira o lazo sanguíneo que nos une-penso que merecía un pouco máis. Quizáissoe a blasfemia dicir aquí que Felipe deCastro e Ferreiro, dous colosos da imaxina-ción, dúas mentes creadoras da beleza e daforma, se nos capítulos da arte alcanzan acima da superación, á consideración do seupobo só lle asiste a vanagloria de darllesberce e bautismo, calor e fé, sen poderdemostrar en recompensa nin unha soa adi-catoria, nin unha ofrenda, nin unha lembran-za siquera da súa existencia agradecida...

Pero Andrés Rodríguez Millares naceu en Noia etoda a súa obra foi entregada a Noia.

que se formasen ou estivesen formadas, con talde entregarse ó seu pobo.

Foi durante anos Vicepresidente da Socie-dade Liceo e un dos máis aguerridos loitadores,para que o edificio do que hoxe disfruta apuxante e envidiada sociedade fose unha reali-dade. Fundou e dirixiu o boletín da S. Liceo, decurta vida.

En 1.950, xunto con Manolé Fabeiro,Eduardo Ces e Moncho Patiño, crea a lembra-da e moi loubada revista TAPAL, revista da quesó saíron seis números, dado o gran traballoque custaba facela toda a man e o escasomaterial do que dispuña a imprenta local, apar-te dos custos que conlevaba a súa edición.

Na revista “TAPAL”, ademais de exercercomo director, multiplicábase en escribir conmoitos seudónimos para cubrir moitas follas decrónicas de sociedade, e facíao con tanta deli-cadeza e mestría que a maioría dos lectorespensaban que eran persoas distintas. Así, asi-naba con “Onella Borrell”, Ygnotus, “Hilda”,“Segundo Armenteiro”, etc e non me extrañaríanada que algúns dos seudónimos femeninos

Andrés R. Millares en Guantánamo, Cuba, en maio do 1921

Andrés R. Millares en Cuba, en 1929.

Page 45: revista alameda nº 3

45

Arriba traballando en Almacenes El Labrador,Guantánamo, Cuba, 1948.

Á esquerda, Andrés R. Millares, Antonio Cascallare José Luis Pestonit (Pepe de Muros), paseando pola Alameda de Noia en 1960.

“Viernes Santo noyés”. Clavel prendido

en la angustia mantilla del sentimiento

fijo en el Lignum Crucis de tu rosario;

la blonda de tus penas ha florecido

viendo a la Virgen Madre del Sufrimiento

sublimar las angustias de su Calvario.

Á súa morte lembramos aquela copla dacanción:

Si se calla el cantor, muere la rosa.

De qué sirve la rosa, sin el cantor.

Recibe esta pequena homenaxe do teusobriño José Luis.

Page 46: revista alameda nº 3

46

Arriba, fotocopia dun díptico do Casino Español cunha poesía de Andrés R. Millares.Abaixo, sobre conmemorativo do Día das Letras Galegas, adicado a Andrés R. Millares.

Page 47: revista alameda nº 3

antas veces estivo o Dictador no Concello deNoia? ¿En que datas se produciron as devandi-tas visitas? ¿Cal foi o motivo real da chegada á

vila do “ilustre” xeneral?

Segundo as últimas investigacións realizadas para unlibro que se titulará MEMORIAS DO FRANQUISMO (A é-poca do Wolfram en Lousame. A Corporación de Noiaen Meirás) todo apunta a que a primeira visita do Dictadorrealizouse no mes de Setembro do ano 1947, tal comoindica a información aparecida no xornal El Ideal Gallego:

EL JEFE DEL ESTADO, EN LA RÍA DE NOIATODO EL PUEBLO ESTÁ ENGALANADO Y ESGRANDE EL ENTUSIASMO PATRIÓTICO DE LOSNOYESES.

NOYA, 7.- A la una de la tarde llegó el barco queconduce a su Excelencia el Jefe del Estado. Desdetierra se dispararon las salvas de ordenanza tanpronto como el navío fue avistado.

El público, presa de un fervoroso patriótico entu-siasmo, se echó a la calle tan pronto como tuvo lanoticia de la llegada del Caudillo a la ría de Noya, yrecorrió la villa entonando canciones y dando vítoresa Franco. Todos los edificios del pueblo estánengalanados.

Las autoridades se trasladaron a bordo paracumplimentar al Jefe del Estado quien se interesó porlos proyectos de mejoras y engrandecimiento deNoya. El Caudillo departió con las autoridadesdurante largo espacio de tiempo. No desembarcó.

Reina mal tiempo, pues hay mar de fondo y lluevecon frecuencia.

Los noyeses se congregaron en el muelle paraaclamar a Franco. El júbilo es popular, pues es laprimera vez que Noya ha sido visitada por un Jefe del

Estado. El Ideal Gallego, 8 de setembrode 1947.

Durante esta visita Franco nonbaixou do Azor. Algunhas persoasafirman que a decisión debeuse a uncastigo polos acontecementos xurdi-dos na vila tralo golpe de Estado do36. Naquela ocasión solicitoulle óalcalde Pedro Sáez Pichel a presen-cia dun crego para oir misa e confe-sarse a bordo do emblemático iate.

Durante o mandato do alcalde An-drés Caamaño Martínez (1955-1964) realizara o Dictador unha curtavisita á vila para recoñece-los princi-pais monumentos e outros lugares doa rredor. Avisado o presidente da cor-poración municipal cunha semana deantelación, acompañaría a Franco nunpaseo comprendido entre San Martiño,Santa María a Nova e o claustro deSan Francisco para posteriormenteacercalo desde o edificio do concelloata o pazo de Peña do Ouro, onde oxeneral, seguramente informado des-de a súa estancia a bordo do “Azor”en Testal, realizou un comentariosobre determinadas prácticas depesca en Portosín.

Avisaronme da súa chegada unsoito días antes. Chegou deincógnito á praza do Tapal.Había un pequeno grupo de per-soas atentas e expectantes ante

47

Xerardo Agrafojo

Franco en Noia

Historia

Page 48: revista alameda nº 3

48a entrada de coches oficiais na praza. Non me atrevína levar un fotógrafo porque viña de incógnito e nonquería chama-la atención.Estivo unhas tres horas en Noia. Visitamos a igrexade San Martiño. O párroco era Don Santiago e ocoadxuntor Don Eugenio. Visitamos o interior daigrexa e explicámoslle que o pórtico era semellante órealizado polo mestre Mateo na catedral de Santiago. Ó pasar pola Carreiríña, quixo entrar na igrexa deSanta María a Nova. Contemplou con atención afachada e botoulle unha ollada ó cemiterio. De voltaó automóbil insinueille de ir visita-lo Tambre. Nocoche íamos os dous sós. Era moi amable e moiagradable.Na visita á praza do Tapal fixárase na fachada dotemplo e na ausencia dunha torre. Dixo dun modoqueixoso: ¡Falta unha torre! Era moi boa persoa e fa-laba moi pouco. Entón eu acertei a dicirlle, como dis-culpándome: Podíase poñer unha espadaña. El con-testou firme: Non, non. Dispois do cemiterio fomos ó Concello. No salón de

actos charlamos amablemente.Preguntou que había que ver.Marchamos nos automóbilespara velo pazo da Peña do Ouro.Gustoulle moito o claustro esubimos a unha torre que levan-tara o vizconde San Alberto.Desde o alto dunha das torresviu Portosín (sic) e dixo: “¡Por-tosín! E os mariñeiros seguen atirar dinamita ós peixes. Eso haique impedilo. so hai que impedi-lo”. Dixo esta frase duas veces.Desta visita non quedou nadareflectido de modo oficial. Que-damos sen poderlle entregar a“medalla de ouro”. Había que ir aMadrid, pero a viaxe era moicara e non tiñamos cartos noconcello.

Page 49: revista alameda nº 3

Con motivo da entrega daMedalla de Ouro, instituida noconcello durante o mandato doalcalde Manuel Blanco Ons(1949-1955), o 22 de Agosto doano 1966 a Corporación presidi-da por Antonio Busto Ro-dríguez desprazouse ata o Pazode Meirás onde o alcalde da vilapronunciara un sentido discurso

49

de louvanza do Caudillo, e do cal extraemos oseguinte párrafo:

Excelencia, el estar en vuestra presencia nos haceenmudecer de emoción y gratitud y las palabras nose nos hacen fáciles, pero Noya, pueblo modesto, derecursos escasos, viene a vos con esta modestaMedalla, pero que lleva el calor de todos los noyeses,que hoy quisieran todos ser Corporación, para estarante vos y mostraros su gratitud y la mas ferviente e

Page 50: revista alameda nº 3

pia. Varios do concello acudimos ó Pazo de Meirás.Con tódolos respectos que merecía a persoa nonpodiamos consentir que se levara a orixinal. A réplicanon custou moito. Todo se facía mediante factura dacal sempre quedaba unha copia no concello. Elamostrouse agradecida pola deferencia. Un ano despois fomos os membros da corporación óPazo de Meirás (1971), para entregarlle a réplica dapía bautismal de Santa María a Nova. Uns anos antes Franco estivera en Noia de visita nonoficial. Avisárame da chegada unhas horas antes ogobernador civil. Visitou San Martiño e San Fran-cisco. Na igrexa parroquial contemplara detidamenteo rosetón.

¿Cando se produciu esta visita do Dictador á vila deNoia? Neste intre da investigación só podemos constatarestes acontecementos con respecto das visitas do xeneralFranco a Noia. Pero seguramente existen testemuñas quepoidan documentar a cronoloxía destas datas históricas.Seguimos investigando.

inquebrantable adhesión y res-peto, toda vez que ExcelenciaNoya es un pueblo unido a vue-stro alrededor, como lo ha sidoen la campaña liberadora, lo esen vuestro servicio que es el deEspaña y que cumple el deberde vuestro constante mandatode estar en servicio de la Patriay que lo muestran en cualquierocasión que pudiera presentarsey ya a favor de Noya, lo hanhecho, y por ende de España altrabajar todos con sus propiosesfuerzos y trabajos de limpiezade casas, blanqueo y pintado delas plazas y bancos públicos yque fue coronada esa ejecutoriacon la consecución del primerpremio de embellecimiento depueblos del pasado año y men-ción honorífica del Ministerio deInformación y Turismo al optar alPremio Nacional de Turismo.

Na lembranza da visita da corpo-ración a Meirás, o alcalde daquelaépoca, Antonio Busto Rodríguez,ofreceunos un valioso testemuñosobre unha visita de doña CarmenPolo ó cemiterio de Santa María aNova (1970), a constatación doutropaso pola vila do xeneral Franco e acircunstancia da viaxe ata o pazo deMeirás, o 22 de agosto de 1966, paraentregarlle o preciado galardón:

Estivera na vila Doña CarmenPolo en compañía da muller deSerrano Suñer e outra dama queposiblemente fose a dona doministro de Marina.Fomos a visita-lo cemiterio. Nosacompañara o Padre Pena queestaba en San Francisco. Candoentrou na igrexa de San Martiñoamosouse impresionada polapía bautismal. Tanto lle gustara apía bautismal que lle dixen:“Señora, nós faremoslle unhacopia”.Un fillo de Noia (Picón) foi oencargado de realizarlle-la co-

50

Page 51: revista alameda nº 3

51

Raquel ReinoEscola de Gravado “Alfonso Costa”. Liceo de Noia

Page 52: revista alameda nº 3

52

Xoves Científicos (Förbundet Unga Forskare) ea Fundación Nobel tódolos anos un estudianteespañol tén a posibilidade de participar comoinvitado na entrega dos premios e nunhasactividades paralelas que se levan a cabo aprincipios de decembro en Estocolmo.

Esta bolsa pagaríame os gastos dedesprazamento desde Madrid, a estadía e amanutención durante esa semana en Suecia eo dereito a participar en tódolos actos progra-mados. O meu traballo “Moby Dick: una amal-gama de estilos”, que presentara na últimaXuntanza de Gandarío, tiña agora que traduciloó inglés para expoñelo nun seminario interna-cional para xoves en Estocolmo. Era o 25th

Stockholm International Youth Science Seminar(SIYSS), e nel participaríamos 25 xoves de todoo mundo. A nosa lingua de comunicación nesesdías sería o inglés.

O meu obxectivo para esta actividade erapresentar unha visión concisa dos aspectosmáis relevantes de Moby Dick, un dos grandesclásicos da literatura norteamericana do século

día 10 de decembro de 1896 falecíaen San Remo (Italia) un sueco ilustre,Alfred Nobel, inventor da dinamita ecreador dos premios que levan o seu

nome. Nesta última edición os galardónschegaban ó século de existencia e entre-garíanse o día 10 de Nadal, como se fai habi-tualmente para recordar a figura de Nobel.Gracias a unha beca concedida polo Institutode Investigaciones Científicas y Ecológicas(INICE), organización con sede en Salamanca,este ano fun eu en representación dos xovesinvestigadores españois na semana da entregadestes premios en Estocolmo.

No ano 1999 participei na 4ª Xuntanza deXoves Investigadores de Gandarío (A Coruña)cun artigo sobre o contexto histórico e literarioda poesía medieval inglesa. Este encontroestaba organizado por INICE e a Xunta deGalicia. Tamén en 1999 tomei parte nun encon-tro similar organizado entre INICE e a Junta deCastilla y León en Salamanca cun traballosobre o enriquecemento do vocabulario da lin-gua inglesa durante o Renacemento.Finalmente, na 5ª edición da Xuntanza deGandarío, celebrada na primavera do 2000,publiquei unha ponencia sobre a novela MobyDick, do escritor norteamericano HermanMelville. Estes proxectos fóraos elaborandodurante a miña Licenciatura e o meuDoutoramento en Filoloxía Inglesa naUniversidade de Santiago de Compostela.

Gracias a estes traballos de investigación eá miña actividade no Terceiro Ciclo de FiloloxíaInglesa INICE decidiu concederme unha bolsapara viaxar a Estocolmo e representar durantea entrega dos Premios Nobel á súa organi-zación e a España. Mediante un convenio exis-tente entre INICE, a Federación Sueca de

Hector Agrafojo BlancoOs Premios Nobe l

do ano 2000

Hector Agrafojo con James Heckman, Nobel de Economía

Page 53: revista alameda nº 3

53

XIX. No meu traballo defendo a idea de quenesta obra o autor amalgama diferentes estilosliterarios. Por unha parte, conta a persecuciónque fan o Capitán Ahab e a tripulación doPequod da Balea Branca dun xeito realista.Pero na novela tamén se introduce unha visiónsimbólica dos acontecementos, e así o libroestá cheo de referencias mitolóxicas, literarias,etc. A presentación oral desta ponencia iríaacompañada de 22 diapositivas acerca deMelville e a tarefa de caza de baleas e dun frag-mento de 3 minutos da adaptación cine-matográfica do libro dirixida por John Huston eprotagonizada por Gregory Peck en 1956.

Así pois, viaxei rumbo a Estocolmo o luns 4de decembro e aloxeime co resto dos partici-pantes do SIYSS nun hotel do centro da cidade.Ó día seguinte comezaría o noso programa deactividades:

MARTES 5 DE DECEMBRO

Pola mañá tivemos unha audiencia coaprincesa herdeira Victoria no Castelo Real.Preguntounos un por un de onde viñamos, queestabamos estudiando, en que consistían osnosos traballos e que tiñamos pensado facer nofuturo. A princesa foi moi cordial e cálida con nós.

Logo visitamos o Parlamento de Suecia. Alírecibiunos a súa presidenta, Brigitta Dahl, quetamén se interesou polos nosos proxectos.Ademais, falounos da súa traxectoria no cargoque desempeña. A visita ó parlamento pechou-se coa asistencia a unha das sesións e cunhacomida.

Pola tarde fixemos unha visita guiada óslugares máis emblemáticos do Castelo Real.Posteriormente visitamos a Fundación Nobel,organización creada logo da morte de AlfredNobel e encargada de facer realidade os pre-mios. O seu director executivo, MichaelSohlman, foi o noso anfitrión. Con el charlamossobre a historia dos galardóns, as súas anéc-dotas, a súa xestión, etc.

MÉRCORES 6 DE DECEMBRO

O mércores viaxamos á cidade de Uppsalae coñecemos a súa catedral, os monumentosvikingos máis significativos, as súas rúas e omuseo da Universidade. Pola noite ceamos nunclube de estudiantes e practicamos baile desalón, que sería moi útil para o grande baile dodía 10.

XOVES 7 DE DECEMBRO

O día 7 participamos na rolda de prensa quederon os premiados en Medicina no InstitutoKarolinska de Estocolmo: Arvid Carlsson, PaulGreengard e Eric Kandel. Ó remate puidemoscoñecelos e fotografarnos con eles. O InstitutoKarolinska invitounos a comer nos seus salónsese día. Pola tarde os investigadores queactualmente traballan nesta instituciónamosáronnos os seus métodos de traballo noeido da Medicina e a súa maquinaria.

A seguinte visita foi á Academia Sueca,onde pronunciou o seu discurso o premiado enLiteratura. Gao Xingjian falou da súa traxectoriacomo escritor e da súa concepción da arte daliteratura. Aínda que pronunciou o discurso enchinés, puidemos lelo con atención gracias aunhas traduccións escritas en inglés e francés.Ó rematar o señor Xingjian adicoume variosexemplares de obras súas en francés (La mon-tagne de l’âme e Au plus près du réel). Unhadelas doouse temporalmente á Casa da CulturaAntón Avilés de Taramancos de Noia.

Rematamos a xornada cunha visita guiada eunha cea na Real Academia de Ciencias.

VENRES 8 DE DECEMBRO

Adicamos case todo este día a asistir ásconferencias que daban na Universidade deEstocolmo os laureados nas disciplinas deFísica (Jack S. Kilby, Herbert Kroemer e ZhoresI. Alferov) e Química (Hideki Shirakawa, Alan G.MacDiarmid e Alan J. Heeger). Nos descansostivemos ocasión de falar cos premiados e defacer fotos con eles.

Hector Agrafojo con Zhores i Alferov, Nobel de Física

Page 54: revista alameda nº 3

54DOMINGO 10 DE DECEMBRO

Os principais actos da semana celebrábanse o día 10.A ceremonia de entrega dos premios realizouse no Salónde Concertos da cidade e ata alí nos achegaron en cincol-imusinas. O acto presidírono a S. M. o rei Carlos XVIGustavo e a Familia Real sueca. Os asistentes puidemosdisfrutar dunha ceremonia moi brillante e solemne,engalanada con pezas de música clásica.

A noite continuaba na Casa do Concello de Estocolmo.Primeiro tivo lugar o banquete na Sala Azul. O rei, xuntocos demáis membros da Casa Real e os premiados,chegou precedido de música de trompetas e dun xogo debandeiras realmente espectacular. O banquete prolon-gouse durante varias horas e nel tivemos a ocasión deescoitar uns discursos pronunciados polos premiados e depresenciar unha actuación de música de piano e danza,acompañada por un xogo de luces.

Cando rematou a cea seguimos ó rei e ós premiadoscara á Sala Dourada para disfrutar do baile ata a madru-gada. Con esto puxemos punto e final a unha xornadainolvidable. Ó día seguinte viña de volta a casa logo devivir unha experiencia fabulosa.

SÁBADO 9 DE DECEMBRO

Chegaba o momento agora de quecada un dos participantes do SIYSSpresentase no Centro Wenner-Gren otraballo polo cal lle concederan abolsa de participación na semana dosPremios Nobel. Eu expliquei comoINICE me elixira para tomar parte naactividade e logo expuxen as ideasprincipais do traballo de Moby Dickcoa axuda das diapositivas e dapelícula que preparara.

Logo acudimos á AcademiaSueca, onde a Fundación Nobel nosofrecía unha recepción. Foi unhaocasión excelente para charlar máistranquilamente con todos os premia-dos e cos seus familiares. Fixemosfotos con eles e gozamos da súaamabilidade e cordialidade.

Na cea, que se fixo nun restau-rante do centro da cidade, déronnosas instruccións necesarias para asistiró banquete do día seguinte.

Na limusina indo para a ceremonia de entrega dos Premios

Page 55: revista alameda nº 3

55

Evolución no século XXNo referido a evolución no último século dous rasgos

son os máis relevantes:• Un crecemento poboacional escaso pero sostido atamediados de século, e • Un descenso a partires desa data debido nunprimeiro momento á forte emigración europea –atamediados dos anos 70– e logo á propia evolución na-tural da poboación –baixísimas taxas de natalidade–.A isto hai que unirlle unha emigración remanente cuiascaracterísticas son máis específicas da localidade queas de anteriores procesos.

Nunha análise máis polo miúdo vemos que –como xafoi sinalado– a poboación de Outes segue as pautas daevolución demográfica galega. Na gráfica representadaobsérvase que o crecemento ata 1930 é moderado. Nesteperiodo xúntanse a nivel galego dous feitos relevantes queben se poden trasladar ó noso concello, temos por un ladoun forte crecemento natural debido probablemente ásaltas taxas de natalidade e por outra banda unha forte emi-gración, emigración que tiña como destino principalAmérica –do Sul– e que restaba forza ó crecemento natu-ral da poboación, co que en 30 anos o incremento nonchega ós 900 habitantes.

É, nos seguintes vinte anos, cando o incremento dapoboación é máis significativo, xa que se pasa de apenas10.000 habitantes no ano 1930 ós 11.300 de 1950, ou

concello de Outes, situadona franxa occidental gale-ga configúrase –en termos

demográficos– como un concello típi-co costeiro, con características po-boacionais englobadas no marcopoboacional galego inda que cunhadensidade demográfica sensible-mente superior á media de Galicia.Outes contaba en 1999 cunha po-boación aproximada de 9000 habi-tantes, que cos seus escasos 92 kmcadrados ofrecen unha densidade me-dia que ronda os 100 hab/km2.

Distribución EspacialA análise por parroquias revélanos

algúns datos significativos, basica-mente vemos no cadro I que son asparroquias lindantes coa ría as máispoboadas –característica propia detodo o país–. Destaca S. Cosme deOuteiro que alcanzaba en 1991 unhadensidade de case 300 hab/km2; encontraste con esta sobresae a parro-quia de Valadares que non chega ós57 hab/km2. A parroquia máis poboa-da é a de Outes –con máis de 2.000habitantes–, isto débese a que estaintegra boa parte da capital doConcello, principal núcleo urbán ondese concentran a maioría das institu-cións públicas e onde existe maiordinamismo comercial.1

Manuel González

Poboac ión de Outes

Parroquias Nº de Lugares km2 Poboación en 1991 (*)Hab Densidade

CANDO (Santiso) 15 11.3 1096 96.99ENTÍNS (S. Ourente) 30 18.8 1073 57.07ENTÍNS (Sta. María) 7 3.4 261 76.70MATASUEIRO (S. Lourenzo) 7 4.4 339 77.07OUTEIRO (S. Cosme) 10 3.3 980 296.96OUTES (S. Pedro) 21 19.4 21.88 112.78ROO (S.Xoán) 10 4.4 920 209.09SABARDES (S. Xoán) 17 13.2 1398 105.90TARAS (S. Xulian) 6 3.2 414 129.37VALADARES (S.Miguel) 14 10.6 604 56.98O

Page 56: revista alameda nº 3

56

sexa , cáseque un 13% que en termos absolutos veñenser 1.278 habitantes máis en dúas décadas. As causasdeste maior crecemento en relación ó período anteriortémolas que buscar no extranxeiro; a forte crise económi-ca dos anos 30 fai que a emigración a América cesecáseque totalmente, producíndose incluso moitosretornos, razón pola cal a poboación galega en xeral sofreun acusado incremento. Pero o verdadeiro punto de in-flexión na evolución da poboación no século XX ten lugarxustamente a mediados de século. Unha vez rematada acrise e restablecida a situación mundial –despois da 2ºGuerra Mundial–, Europa sofre un verdadeiro “boom”económico, co que a demanda de man de obra –relativa-mente barata– cara países como Alemaña ou Suiza rexis-

tra un forte incremento. En Galicia,onde por desgracia non se compartiuese “boom”, o único que sobraba eraxustamente man de obra, co calprodúcese unha nova diáspora estavez cara Europa, inda que en boamedida tamén hacia o resto do esta-do. A poboación galega sofre as con-secuencias, e como vemos noscadros adxuntos a de Outes tamén,de xeito que de 1950 a 1970 o munici-pio perde case 1.200 habitantes,sendo a década dos sesenta a máisnegativa neste senso, por ser tamén

San Cosme de Outeiro. Outes

1842

1880

1877

1887

1900

1910

1920

1930

1940

1950

1960

1970

1981

1991

1998

0

2000

4000

6000

8000

10000

12000

EVOLUCI N DA POBOACI N

8.0628.775 8.9489.202

10.025

11.303

Fonte: IGE e Gran Enciclopedia Gallega,1974

EVOLUCIÓN DA POBOACIÓN

Page 57: revista alameda nº 3

57

remanente e que recentemente tivo como destino prin-cipal as illas Canarias.

3. A xeito de conclusiónO escaso tecido económico é, moi probablemente, un

dos culpables da perda de poboación que está a vivirOutes hoxe en día, cunha escasísima creación deemprego, emprego que por outra banda procede en granmedida da economía sumerxida, sen reunir unhas condi-cións de seguridade e salariais mínimas. Ademais doanterior, cabe suliñar outra cousa de carácter máis xeral,así, o modelo de vida na nosa sociedade ten cambiadomoito nos últimos anos, e entre os aspectos máis impor-tantes están a incorporación da muller ó mercado de tra-ballo e un claro aumento dos niveis de consumo. En cantoó primeiro fenómeno, a inexistencia de incentivos parapoder combinar o rol de nai/pai coas obrigas profisionaisconstitúe un claro freno a natalidade. No que se refire ósegundo dato pódese pensar que ter moitos fillos implicaun coste en termos de calidade de vida que, dada aescasa capacidade de aforro existente, as familias nonestán dispostas a asumir – o cal, na nosa opinión, eviden-cia certa febleza económica –.

En canto ás previsións para o futuro, estas non son moioptimistas, tanto no referente a Outes como se falamos deGalicia en xeral. Segundo recollen diversas proxecciónsdemográficas – véxase Fdez. Leiceaga, 2000–, a reduc-ción da poboación parece que seguirá a ser unha con-stante, o que seguramente derive no seu avellentamento,hoxe xa moi acusado. Isto trae a longo prazo problemas definanciaciamento dos gastos sociais –sanidade, protecciónsocial, pensións– e este será un dos problemas ós que ter-emos que enfrontarnos as xeracións futuras. Confiemosen que poidamos facelo en mellores condicións que asactuais.

1Os datos corresponden ó censo de 1991, co que hai que ter en

conta as alteracións de poboación que se produciron nestes sete anos.

Referencias Bibliográficas:

- Beiras, X.M e López. A. (1999): APoboación galega no século XX . Santiagode Compostela: Edicións Laiovento- Fernández Leiceaga, X. (2000);:Avellentamento demográfico e con-secuen-cias socioeconómicas. Vigo: Xerais- IGE (2000); Padrón Municipal deHabitantes.1998. - INE (1995); Censo 1991. InstitutoNacional de Estadística, Madrid. - Otero Pedrayo, R. (dir) (1974): GranEnciclopedia Gallega. Tomo XXIII. 185-187. - INE (1995); Censo 1991. InstitutoNacional de Estadística, Madrid. - Otero Pedrayo, R. (dir) (1974): GranEnciclopedia Gallega. Tomo XXIII. 185-187.

esta a de maior crecemento económi-co español e europeo.

Sen embargo, de todos é sabidoque a partires de mediados dos 70 acousa cambia, é de novo a criseeconómica a que torce o rumbo demilleiros de galegos; a emigraciónperde forza ata anularse e inclusoconvertirse en inmigracións –xa queos retornos dos emigrados chegan asuperar ás saídas–. Sen embargo, onoso concello segue a perder ánimase as causas deste feito son funda-mentalmente dúas:

• Unha baixísima taxa de natali-dade, incluso menor que a taxa demortalidade que, en ausencia demigración, fai que a poboacióndescenda –ou sexa, que morrenmáis dos que nacen–, característi-ca esta común o resto de Galicia epropia tamén (inda que non tanacusada) da maioría dos paísesdesenvolvidos. • A outra causa ó meu parecer é denovo a emigración, pero destavolta ten características diferentesás dos períodos anteriores e é deresponder de certa maneira acausas particulares do noso con-cello – e outros de comarcas pró-ximas–. Parte desta emigraciónten como destino outros concelloscercanos de maior dinamismocomercial e industrial, como podenser Noia ou os próximos aSantiago. A isto hai que sumarlleunha emigración exterior inda

Castro de San Cosme

Page 58: revista alameda nº 3

58

ue Noia é terra de artistas eescritores non é ningunhanovidade. Figuras como

Felipe de Castro, José Ferreiro, osirmáns Costa ou Soledad Penalta,entre os primeiros, ou Avilés deTaramancos nos segundos, sonsobradamente coñecidas. Que todoseles se viron na obriga de abandonara patria da infancia para labrarse unporvir tampouco é noticia. Sen embar-go, non albergan o rancor no corazón.Como Ulises, regresan á súa Ítacafamiliar: podemos comprobalo –enespecial nas xeracións máis novas–cando paseamos demoradamentepolas rúas da vila.

Antes de abordar o tema enun-ciado no título, perdoade estapequeno inciso autobiográ-fico. Sempre comento queNoia é unha das vilas queestá no meu corazón. Aíndaque non descubrín, ata haipouco tempo, quedevanceiros demeu residiron aquíno século XV –xachoveu–, non precisa-ría desa referencia xe-nealóxica. Ao longo damiña vida a vila, ou natu-rais dela, fóronse cruzandono meu camiño. Candoregresamos de Uruguai, ondeeu nacín, o primeiro traballo domeu pai tróuxoo a Noia. Cunnoiés, Ramón Blanco Rey, con-tribuín a fundar o grupo de

Carlos Pereira Martínez

q

Manolo Romero, un pintornoiés na ría do Burgo

Teatro “Maiolongo”, de Vilaboa (Culleredo), realizándosea nosa segunda representación no Liceo. A través deRamón coñecín a vila, coñecín O Couto, coñecín a míti-ca discoteca “Mandingo”, establecín vencellos deamizade cos compoñentes do grupo teatral “Candea” -que aínda conservo- asistindo a algunhas das súas re-presentacións polo Barbanza.

Informeime da morte de Ramón cando recibín o IPremio de Poesía “Liceo de Noia”; conste que non o digopara presumir de vate: sempre afirmo que son “poeta en

Page 59: revista alameda nº 3

59

excedencia”. Esta circunstancia fixo que, todos os veráns,fose parada obrigatoria depositar unhas flores no cam-posanto novo de Santa Cristina de Barro, onde repousapara sempre o meu amigo. En lembranza desa amizade,preparei unha edición da súa obra Camiñar a cegas, e oConcello de Culleredo, no que traballo, dedicou á súamemoria unha das súas rúas. Preto de Noia paso osveráns dos últimos anos, a tiro de pedra da campa deAvilés e do fermoso miradoiro de Aurora Marco. Cunhaeditorial noiesa, “Toxosoutos”, publiquei os meus dous últi-mos libros; un deles, a biografía dun ilustre noiés que triun-fou na Coruña, Anxo Senra Fernández -do que falareinoutra ocasión- e ambos os dous libros foron presentadosna vila. Só me falta mercar unha casa (idea que, por certo,non desboto).

Agradecendo o convite que se me fixo por parte da redac-ción de Alameda, iniciarei (se despois desta non me agrade-cen os servicios prestados) unha serie de colaboraciónssobre noieses que acabaron radicados na comarca coruñe-sa. E comezarei por un pintor, Manuel Romero Castro.

Coñecín a Manuel Romero nunha exposición que secelebraba na galería coruñesa “Arte-Imagen”. Cando mopresentou a directora, pareceume un artista atípico. Nadanel facía supoñer que se dedicaba a pintura; máis bensemellaba que, se o facía, era á de brocha gorda.

Non se entenda isto como unha afirmación despectiva;eu mesmo practiquei durante un tempo, e a moita honra,este oficio. Albanel, varredor de rúas (non o poético“varredor en outono” de Manuel Forcadela, precisamente)

foron outras das profesións que cul-tivei bastantes anos.... ¡Ai, se osmeus devanceiros erguesen acabeza! ¡Un descendente de Aldaos,Andeiros, Freires de Andrade, Rio-bóos, Leis, Villardefrancos, Romero -¡que casualidade!- practicando oficiosde menestreis...¡Un descendente decapitáns, de xuíces..! Que lle imosfacer; alguén tiña que ser a ovellanegra dunha linaxuda familia fidalgade Bergantiños e Soneira!

Como dicía, Romero falaba demaneira humilde, nada fachendosa.Comentoume que tiña un estudio noBurgo –logo resultou que era noTemple, parroquia do concello deCambre que eclesiasticamente éSantiago do Burgo; hai que ser ri-gorosos–. Como historiador de Culle-redo, pareceume moi interesante estenovo contacto que se me ofrecía,aínda que, para que nos imos enga-nar, mellor houbese sido –por iso dochauvinismo– que o estudio estiveseen Culleredo e non no Temple (a pesarde que aos templarios lle dedico a miñatese de doutoramento (conste que nona fago para que me perdoen osdevanceiros).

Non inmediatamente, senón de alía unhas semanas, logo de irlle man-dando información sobre Culleredo,funo visitar ao seu estudio. Mercé aque conseguín non tropezar connada, alí naceu unha amizade que sefoi estreitando co decorrer do tempo.

Naceu Manuel en Noia o 22 denovembro de 1943. Non tivo unhainfancia feliz; cativo dickensiano, aidade temperá foi internado no hospi-cio “Calvo Sotelo” da Coruña cosseus irmáns. Obrigado a abandonalode maneira pouco cristiá (anosdespois, xa famoso, recibirono congrandes honras, presumindo de tanilustre ex alumno...) casou e emigroua Londres, como tantos compatriotas.Alí dedicouse ao mundo dahostalería, chegando a asentarsenesta profesión e gañarse a vida dig-namente. Pero a Manuel, como a tan-

Amargo despertar. Colección do artista.

Page 60: revista alameda nº 3

60en Belas Artes tres anos despois. Rematando o derradeirocurso, observa que algúns dos seus compañeiros están apreparar traballos e dossiers. Inquiriulles que para queeran eses traballo, respondéndolle que estaban preparán-dose para ver se os admitían no mestrado en Artes do“Royal College of Arts”, un dos centros especializadosmáis prestixiosos do mundo. Un milleiro de instancias eranpresentadas cada ano: só 10 persoas ingresaban.

¡Quen dixo medo! Manuel ponse ao labor, prepara oseu material e vai superando, para a súa sorpresa, assucesivas peneiras, sendo un dos elixidos. No “RoyalCollege” cursa o mestrado, que rematará en 1989. Tempodespois, dará clases na Universidade na que estudiara acarreira, como European Lecturer, entre 1991-1996.

Paralelamente, vai realizando as súas primeirasexposicións. En 1990 funda con outros emigrantes agalería “Blasón”, a primeira galería española en Londres,que dirixirá, facéndose cargo máis tarde, en 1992, dadirección artística da “Brutons Gallery”, unhas das galeríaslondinienses de máis prestixio. Nela, será comisario deexposicións como a do arquitecto-enxeñeiro SantiagoCalatrava, de mostras da pintura española -que levouobras de Picasso, Tapies, Barceló, etc.- entre outras, des-

tos noieses, tiráballe o arte. E debu-xaba, e pintaba, como afeccionado;aínda hai uns días tiven ocasión decontemplar un cadro desta etapa.Ante esta paixón, as súas amizadesinsistíanlle para que aprendese.Despois de asistir a clases nocturnasno “Putney College” de Londres,Manuel tomou unha decisión quehabería de cambiar a súa vida.Acompañado da súa esposa, e cunfeixe de lenzos na man, presentouseno “Wimbledom College of Arts”. Logode ter que agardar un bo anaco, foipor fin recibido polo director. Conse-guiu que examinasen a súa obra.Quería Manuel saber se realmentepodería facer algo no mundo da pintu-ra. Tanto o director como algúns dosprofesores que ollaron os seus lenzosmanifestáronlle que probablementepodería ter un porvir como pintor, pre-guntándolle se estaría disposto adeixalo todo pola pintura. O nosoamigo, arriscando o seu futuro–pensemos que tiña a súa vida labo-ral resolta– contestou afirmativa-mente. De calquera maneira, o prazode inscrición xa rematara, polo que adirección da escola recomendoulleque volvese probar ao curso seguinte.

Manuel volveu, cos seus lenzos,para a casa. Probablemente, aquíremataría a súa non nata carreira depintor. Veu pasar as vacacións aGalicia e, para a súa sorpresa, candoregresou tiña unha carta na que se llecomunicaba que estaba admitido,tendo que presentarse na escola ur-xentemente. Imaxinen a situación:unha familia que, nun par de días, tenque arranxar múltiples asuntos labo-rais para emprender un camiño quenon se sabía onde o conduciría, tendoque vivir dos aforros e sen ingresoseconómicos, ademais de manter dousfillos.

Manuel emprendeu a súa aventu-ra. Case podía ser o pai dos seuscompañeiros de aula. Cursa os estu-dios iniciais e entra na Universidadede Kingston en 1984, onde se licencia

Abaixo, Calder’s dilema, óleo sobre papel de 1999.Na páxina seguinte, Embrujo, óleo, 2 m diámetro

Page 61: revista alameda nº 3

61

cubre novos valores… Coa Universidade da que era pro-fesor pon en marcha, en 1992, o programa “Fleur” de inter-cambio de estudiantes en Artes, chegando a participar nel19 universidades de oito países, entre elas a Facultade deBelas Artes de Pontevedra, sendo moitos os estudiantesde diversas nacións que amplían estudios nestes centros.Polo seu apoio constante, as embaixadas hispanoameri-canas outorgaranlle a “medalla de ouro” en 1994.

A súa traxectoria é xa recoñecida mundialmente.Exposicións en París, en Nova York, Chicago, en Tokío, enHonk Kong, acadan que importantes mecenas ou colec-cionistas adquiran obras súa: o “beatle” Paul McCarney, oexpresidente francés Giscard D´Estaing, a “ExonPetroleum”, o “Daily Telegraph”, “Long & Ryle Internatio-nal”..., son algúns exemplos.

En Galicia, sen embargo (¡que raro, verdade!) era caseun descoñecido. Só algunhas exposi-cións illadas mantiñan o contactode Manuel cos eidos patrios.

Gobiado por un ritmode vida estresante –amaioría dos artistashispanos que se a-chegaban a Lon-dres querían velo,pedirlle unha reco-mendación (cousaque aínda segue afacer, ás veces conescaso agradece-mento por parte dosagraciados, que axiñase esquecen dosfavores recibidos)–,Manuel regresa a Galicia.Merca un piso na Coruña e unbaixo no Temple (Cambre), ondeinstala o seu estudio. Comeza unha novaetapa na súa vida. Aínda que segue a manter os contactoscon Londres, a onde viaxa con certa frecuencia, ten caseque comezar de novo.

Vai realizando algunhas exposicións (Noia, Santiago, ACoruña), obtén o premio “Nelson Zumel” de pintura...Debido á miña teimosía, estreita a súa relación conCulleredo, colaborando en 1998 –ano no que Culleredoorganizou o Premio “Blanco Amor” de novela– no libroHomenaxe a Blanco Amor 1998, visitando moitas dasexposicións que realizamos, asistindo a actos culturais ou,moi recentemente, realizando o cartel do “VI Seminario deHistoria de Culleredo” –do que ademais se fixo unha tira-da especial numerada e asinada por el–. Proximamente,

teremos ocasión de contemplar unhaexposición antolóxica da súa obra nasala de exposicións municipal.

Aínda que, pouco a pouco, vaiampliando os seus contactos, seguesen ocupar o lugar de privilexio que llecorrespondería na arte galega, tantopola súa traxectoria como pola cali-dade da súa obra.

¿Qué dicir da obra de Romero? Eunon son crítico de arte. Se ben tivenque estudiar Historia da Arte, os meuscoñecementos non son o suficiente-mente extensos como para poder xul-gar a súa obra como o faría un exper-to. Pero podo dicir que poucas vecesexperimentei tanto pracer espiritual

como cando contemplo al-gúnsdos seus ca-dros.

Manuel é un artistaen cons-tante experi-

men-tación. El sem-pre di que a pinturaé un xogo; non é,por tanto, unartista racional,que planifica pre-viamente, e anal-iza con minu-ciosidade, a obra

que vai realizar.Aínda que en

ocasións, comodivertimento, fai figu-

ración (é curiosa a facili-dade que ten para pintar,

facendo un símil “flamenco”, “porMatisse”, “por Sorolla”, polo quesexa…), ou unha figuración lindeiracoa abstracción noutras ocasións, haidúas liñas de traballo que son, namiña opinión –e na de moitos amigos,pintores ou poetas, que a contem-plaron– nas que a súa contribución éextraordinaria.

Unha destas liñas está repre-sentada por media ducia de obras, degrande formato, realizadas en carbon-ciño –nun carbonciño especial-.Nelas, Manuel reflexiona sobreaspectos cotiás dunha maneira tal

Page 62: revista alameda nº 3

62din que se contempla cando se morre (segundo comentanpersoas que estiveron nese transo e volveron) ou que con-templaría a crianza nos instantes do parto. Son como teasde araña, sedosas, ás que as veladuras van dando esasensación de profundidade cósmica, remarcada por unuso polifónico da cor.

Nas obras dos últimos tempos preséntanos Manuelunhas paisaxes abisais de riquísimo colorido, onde a cor,sempre a cor, xoga en constante tensión en todos os ángu-los do cadro. Estas obras son poesía pura, son música...

Nestes meses Manuel estase aventurando –sen deixaras liñas de traballo anteriores- en novas experiencias, conobras nas que a materia crea diversos volumes, e queaínda non sabemos cara onde o conducirá. E retoma aaventura da escultura...¡Vexan, vexan a fotografía!

Poden Noia e Galicia estaren orgullosas de Romero.Eu dou gracias por ser o seu amigo.

que sobrecolle, utilizando símbolos,iconos, e un uso do claroscuro queestarrece.

A outra grande liña, na que máisestá a traballar, é unha abstracciónlírica. Manuel xoga coas texturas, conácidos, coas cores, obtendo unsresultados espectaculares. Son obrasque, por moito que as contemples,sempre descobres algo novo, quenunca te cansas de mirar. Desde osseus cadros, de grande formato,redondos ou cadrados, nos que tentaManuel representar o tránsito damorte –aínda que xa case o temosconvencido, Alfredo Erias e máis eu,de que tamén é o transito á vida–,internámonos en verdadeiras nebu-losas nas que non percibes o fin, ounas que albiscas ese punto de luz que

Praza do Obradoiro. Colección Apolo Arte - Lugo

Page 63: revista alameda nº 3

63

Os nosos librosCARLCS PEREIIRA MARTINEZ:Anxo Senra FernándezEdita: Toxosoutos, Noia, 1999 (Col Fasquía)16,5 x 11 cm. 126 páx.

Esta biografía de Anxo Senra Fernández que elaborou ohistoriador Carlos Pereira para a editorial noiesa Toxosoutos,posibelmente a mostra máis significativa de FASQUIA, acolección de peto que o selo editor está a sacar para lem-brar aquelas persoas galegas que son pouco coñecidas dogrande público pero que contribuiron dunha maneira máisque notábél ao engrandecemento de Galicia en calquera doseidos:cultural, social, político, económico ou artistico.

Anxo Senra, zapateiro de Manle, na parroquia de SantaCristina, saiu de moi novo pola “boria” e, nun esforzo deaudacia, autodidactismo e traballo, chegou a criar na Coruñaunha empresa de fabricación de calzado que exportaba atodo o mundo, con perto de 300 traballadores que pro-ducían, xa en 1927, 1.000 pares de zapatos diarios.Asimesmo, polo seu labor político e social, foi elixido oprimeiro alcalde democrático da cidade da Coruña, coachegada da 2ª República Española en 1931. Neste librotemos a sorte de seguir a súa traxectoria vital que o honra ael e tamén, de esguelb, aos seus veciños.

CASA DA GRAMÁTICARevista de Creación Literaria e CulturaI.E.S. Virxe do Mar. Noia

No curso 1997-98 viu a luz Casa da Gramática, unha revistadedicada fundamentalmente à criación literária do Instituto“Virxe do Mar” de Noia, que naceu grácias à iniciativa, tra-ballo e entusiasmo dos seus coordenadores: Xavier Castro,Lola Arxóns e Concha Sabucedo. Casa da Gramática levapublicados dez números en que colaboraron nomes desta-cados da intelectualidade galega. Porén, o feito máis salien-tábel non é a presenza destes nomes, sendo importante,senón a dos numerosos rapaces e rapazas do Instituto que,cos seus poemas e relatos –alguns de muita calidade–con-feren-lle à revista un ar de xuventude e frescura de queestán necesitadas muitas publicacións deste tipo. A revistaleva en cada número un especial, “Papel de color”, dedicadoa un tema monográfico (Poetas de Noia, Avilés deTaramancos, Historia, Arte e Letras de Noia, Muller eLiteratura, Castelao, Álvaro das Casas, por citar alguns).Enriquecen notabelmente o conxunto das xa publicadas osgravados e deseños de artistas noieses (Alfonso Costa,Nacho Costa) e dos pequenos –en idade– artistas da Escolade Gravado “Alfonso Costa”, do Liceo de Noia. Desde as páxinas de Alameda saudamos con ledícia aexisténcia desta CASA, à que acudimos cada trimeste conpaixón leitora, e desexamos-lle unha longa andadura.

Page 64: revista alameda nº 3

64

Gravado de Fuco Pérez González. Escola de Gravado “Alfonso Costa”. Liceo de Noia