REVISTA Nº73 @S AUTÓNOM@S

40
FEMAGA XV Feira dos Autónomos de Galicia Feira de Mostras da Coruña www.feaga.org REVISTA DA FEDERACIÓN DE AUTÓNOMOS DE GALICIA (FEAGA) "A nosa gloria máis grande non consiste en non caerse nunca, senon en erguerse despois de cada caída" Confucio (Marca Rexistrada co Nº 1.774.718 na O.E.P.M.) @s Autónom@s Do 4 ao 8 de Decembro 2008 REVISTA Nº67 XULLO 2008 da

description

Ejemplar nº 73 de la Revista @s Autónom@s editada por la Federación de Autónomos de Galicia.

Transcript of REVISTA Nº73 @S AUTÓNOM@S

Page 1: REVISTA Nº73 @S AUTÓNOM@S

FEMAGAXV Feira dos Autónomos de Galicia

Feira de Mostras da Coruña

www.feaga.org

REVISTA DA FEDERACIÓN DE AUTÓNOMOS DE GALICIA (FEAGA)

"A nosa gloria máis grande non consiste en non caerse nunca, senon en erguerse despois de cada caída" Confucio

(Marca Rexistrada co Nº 1.774.718 na O.E.P.M.)

@s Autónom@s

Do 4 ao 8 de Decembro2008

REVISTA Nº67X U L L O 2 0 0 8

da

Page 2: REVISTA Nº73 @S AUTÓNOM@S
Page 3: REVISTA Nº73 @S AUTÓNOM@S

@S AUTÓNOM@S

@S AUTÓNOM@S

EDITORIAL

este número da nosa revista @s Autóno@s intentamos recoller, unha vez máis, as activida-des que levamos a cabo desde a Federación de Autónomos de Galicia. Aínda que non cabe dúbida que no que estamos a traballar con empeño é no que será o noso evento máis espe-rado do ano, A Feira de Mostras dos Autónomos, que despois de tantos anos, conseguimos que se celebre no recén estreado recinto feiral da nosa cidade, ExpoCoruña.

Todos esperamos que sexa un éxito, pero para iso temos uns meses de intenso traballo. Quédanos por diante unha gran labor comercial, para o que contamos cos mellores profe-sionais, co fin de ofrecer aos nosos asociados, autónomos e público en xeral, a feira que se merecen.

Pero paralelamente temos que seguir coa nosa labor de informar, formar e asesorar ao autónomo, a través dunha serie de cursos, xornadas, seminarios e encontros que ocupan a maior parte da nosa labor diaria.

Todo iso queda reflectido na revista que ten nas súas mans, onde resumimos as nosas actividades feitas e por facer, co fin de facer a vida do autónomo un pouco máis fácil. Somos

conscientes das dificultades coas que se atopan no seu día a día, e é por iso que nos esforzamos en darlles toda a información sobre axudas, cursos, actividades que pensamos poden favorecer ao seu traballo.

Tamén traballamos para que noso recén estreado Estatuto do Traballo Autónomo sexa unha realidade e se avance nos artigos que quedaron por definir, como o tan esperado dereito ao paro. A través da nosa organización nacional, a Confederación de Autónomos e Profesionais de España, CAYPE, continuamos co noso labor de difundir e esixir que se cumpran os prazos establecidos nesta norma, co fin de que o traballador autónomo e o traballador por conta allea, igualen os seus dereitos algún día, que esperemos non sexa moi afastado…

Federación de Autónomos de Galicia

Boletín Informativo daFederación de Autónomos

de Galicia

As nosas oficinas

CENTRALRúa Sinforiano López, 55 baixo

15005 A CoruñaTel.: 981 15 14 53 Fax: 981 23 48 38

e-mail: [email protected]

DELEGACIÓN OURENSERúa Progreso, 153 ; 2ª planta

32003 Ourense Tel 988 51 01 49 Fax: 988 51 08 12

[email protected]

DELEGACIÓN VIGOAvda. García Barbón,104, entresuelo

36201 Vigo (Pontevedra)Tel e Fax.: 886 11 17 13

e-mail: [email protected]

DELEGACIÓN FERROLRecinto Ferial de Punta Arnela, s/n2º andar (A Malata) 15591 Ferrol

Tel. e Fax: 981 37 30 77e-mail: [email protected]

DELEGACIÓN LUGORúa Rafael Vega, 16 entlo.

27002 Lugo Telf y Fax: 982 87 39 03

e-mail: [email protected]

(Fundada en 2.001)

C/ Ramón y Cajal, 33 1º izq. 15006 A CoruñaTel.: 981 17 48 31 Fax: 981 29 43 99

e-mail: [email protected]: www.caype.es

Marca Rexistrada co Nº 1.774.718na O.E.P.M.

REVISTA DA FEDERACION DE AUTÓNOMOS DE GALICIA

Presidente: Paulino Franco.Consello Editorial: Eliseo Calviño, Mª Teresa Vidal, Juan José Caínzos, Aurelio Cruz, Carmen Campos.Director: Javier Pérez.Xefa de Redacción: Loreto Rodríguez.Secretaria Xeral: Paloma Sobrino.Coordinación: Noemí Freire.Redacción A Coruña: Pura Estévez.Redacción Pontevedra: Dolores Alonso.Director Comercial: Luis Fraga.Departamento Comercial: Eduardo Villaverde e Rosa Triay.Tesoureiro: José Manuel Martínez.Deseño e Maquetación: Estudio Gráfico.Depósito Legal:

(Fundada en 1.993)Federación

de Autónomosde Galicia

(Fundada en 1.987)Asociación

de Autónomosde Galicia

e-mail: [email protected] web: www.feaga.org

REVISTA DA FEDERACIÓN DE AUTÓNOMOS DE GALICIA Nº67 XULLO 2008 3

asociación deAUTÓNOMOSDE FERROL

FEDERACIÓN DE

AUTÓNOMOS DE PONTEVEDRA

FEDERACIÓN DE

AUTÓNOMOS

DE LUGO

ASOCIACIÓNDE AUTÓNOMOS

DE A CORUÑA

ASOCIACIÓNDE AUTÓNOMOSDE OURENSE

Page 4: REVISTA Nº73 @S AUTÓNOM@S

Do 4 ao 8 de Decembro

de 2008

Do 4 ao 8 de Decembro

de 2008

Feira de Mostras da Coruña

FEMAGAXV FEIRA DOS AUTÓNOMOS DE GALICIA

Concello da CoruñaAyuntamiento de La Coruña

Máis información en:

achégate a nos

Federación de Autónomos de GaliciaTel.: 981 15 14 [email protected]

asociación deAUTÓNOMOSDE FERROLFEDERACIÓN DE

AUTÓNOMOS DE PONTEVEDRA

FEDERACIÓN DE

AUTÓNOMOS

DE LUGO

ASOCIACIÓNDE AUTÓNOMOS

DE A CORUÑAasociación de mulleres profesionais e autónomas de galicia

ASOCIACIÓNDE AUTÓNOMOSDE OURENSE

Axencia de Emprego

axenciaemprego

de

Información, asesoramento

e xestión administrativa

dos Programas de apoioaos Autónomos eEmprendedores

Asesoramento sobre as distintasformas Xurídicas e obrigas

formais do empresario

Información sobre as distintasmodalidades contractuais eincentivos á contratación.

Información detallada dos distintosprogramas de axudas e subvencións

a disposición de empresase emprendedores

Información detallada asesoramentopersonalizado sobre os trámites necesarios

para a posta en marcha dunha actividadeempresarial ante as distintas

administracións (Facenda, Tesourería da SS, Consello)

Presidente: Juan José Caínzos Sanmartín. e-mail: [email protected] de Emprego: Noemí Freire Luaces. e-mail: [email protected]

asociación deAUTÓNOMOSDE FERROL

Un dos principais obxetivos da Federación de Autónomos de Galicia é apoiar e estimular iniciativas e proxectos empresariais innovadores para a xeración de emprego.

A Axencia de Emprego de FEAGA ten a súa sede na cidade de Ferrol e presta os seguintes servizos específicos:

Recinto Ferial de Punta Arnela, s/n2º andar (A Malata) 15591 FerrolTel. e Fax: 981 37 30 77

Page 5: REVISTA Nº73 @S AUTÓNOM@S

REVISTA DA FEDERACIÓN DE AUTÓNOMOS DE GALICIA Nº67 XULLO 2008 5

@S AUTÓNOM@SCARTA DOPRESIDENTE

Femaga 2008: COMENZA O FUTURO

XV Edición da Feira de Mostras dos Autónomos de Galicia , 1ª Feira de Mostras da Coruña. Xa son unha realidade. Esperemos que cando remate podamos decir que foron un éxito. Seguro que si. Hai 10 anos, no decurso da 4ª Edición da nosa Feira, nunha mesa redonda sobre Autónomos e Pemes Familia-res moderada polo entón presidente de FEAGA, Alvaro Someso, con participación do Conselleiro da Xunta de Galicia, Antonio Couceiro, plantexábamos por primeira vez a construcción na cidade da Coruña dun Recinto Feiral, que nun futuro servise de marco para a realización de eventos de este tipo.

Tras 10 anos de avances e retrocesos, de impulsos e paróns, de discusións por parte das institucións, de dimes e diretes, etc,, hoxe por fin, e unha realidade o Recinto Ferial da Coruña, Expocoruña.

Neste intre, é de xustiza agradecer públicamente ao IMCE, que xestiona o Coliseum e a todo o persoal que ao longo destes anos tivo responsabilidades na súa xestión, as facilidades que sempre nos deron e que nos permiti-ron, dende logo, manter viva a Feira ata hoxe, moi digna-mente. Nunca esquecemos os momentos vividos alí nos derradeiros 14 anos.E damos a benvida a Expocoruña, onde este ano 2008, do 4 ao 8 de Decembro temos unha nova cita coa XV Edición

da nosa Feira de Mostras dos Autónomos de Galicia (FEMAGA 2008) que además levará a denominación da 1ª Feira de Mostras da Coruña, e que vai supoñer un salto cualitativo e cuantitativo enorme.

Agradecemos públicamente a todos os membros do seu Patronato e a súa Xerente, Ana Montes, o impulso e apoio que nos veñen prestando para que a Feira sexa un gran éxito de público e de participación.

Gracias tamén as diferentes administracións da Xunta de Galicia que teñen apoiado a nosa Feira nos últimos anos, e dun xeito moi especial ao actual Conselleiro de Innova-ción e Industria, Fernando Blanco, e a Directora Xeral de Comercio, Ana Rúa, polo seu firme e decidido apoio e pola súa aportación á nosa Feira de Autónomos.

Gracias tamén ao Concello de A Coruña, á Deputación Provincial da Coruña e a todas as institucións que colabo-ran con FEAGA na promoción e difusión de esta Feira: Fundación Ronsel, Fundación Fuertes, Azetanet, Grupo Femxa, Agestic, Federación Galega de Comercio, Federa-ción Provincial de Comercio da Coruña, Asociación Provincial de Empresarios do Moble de A Coruña, Asocia-ción Galega de Artesáns e Escola de Música Presto Vivace.

E por suposto, un agradecemento especial a Confedera-ción de Autónomos y Profesionales de España, CAYPE, ao seu Presidente nacional Eliseo Calviño, que nos ofrece a súa cobertura técnica e institucional e que terá unha destacada presenza na Feira.

Gracias ao público e aos centos de miles de cidadáns que ano tras ano, visitan a Feira.

Gracias as empresas, entidades e Institucións que teñen participado nas anteriores edicións de FEMAGA e que seguirán na súa inmensa maioría presentes no novo recinto.

E gracias aos nosos Asociados, Autónomas e Autónomos, para quen traballamos e que nos dan o seu alento e apoio, sen dúbida, o máis querido para nós.

Quedamos todos emplazados para o día 4 de Decembro, nun gran acto de Inauguración que estamos a preparar.

Achegaremonos a Expocoruña. Sexan todos benvidos. Escomeza o futuro.FEDERACIÓN DE AUTÓNOMOS DE GALIZA

Paulino Franco Cantón, Presidente de FEAGA.

Page 6: REVISTA Nº73 @S AUTÓNOM@S

Opinión

6 REVISTA Nº67 XULLO 2008

Page 7: REVISTA Nº73 @S AUTÓNOM@S

Opinión: Francisco Javier Pérez Bello, Avogado

REVISTA DA FEDERACIÓN DE AUTÓNOMOS DE GALICIA Nº67 XULLO 2008 7

@S AUTÓNOM@S

O dereito á protección de datos persoais é un dos máis trascendentes e importantes na sociedade actual, xa que vén a protexer un dos dereitos constitucionais básicos, o dereito á intimidade e á privacidade.

A protección dos datos persoais está regulada pola Lei Orgánica 15/1999, de 13 de Decembro, de protección de datos de carácter persoal (LOPD) e, máis recentemente, polo real Decreto 1720/ 2007, de 21 de Decembro, polo que se aproba o regulamento de desenvolvemento da Lei.

Tanto a Lei como o Regulamento se basan no principio de información, consentimento, finalidade, calidade dos datos e seguridade, que deben ser respetados. Así como os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición que en calquera momento poden exercer os titulares de datos e que obrigatoriamente deben ser aten-didos so pena de fortísimas sancións económicas.

Así, todo profesional, empresa, entidade institucional, pública ou privada, que leve a cabo, dispoña ou trate de datos persoais, debe cumprir escrupulosamente o que establece a

Lei de Protección de Datos. A Axencia Española de Protección de Datos encárgase de velar polo seu cumpri-mento e de impoñer as sancións, co que o sistema se dota dunha maior seguridade xurídica, nunha materia especialmente necesitada de claridade e certeza.

A Lexislación de protección de datos establece con claridade que todas as persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas ou órganos administrativos que, no ámbito da súa actividade, someten a tratamento datos de carácter persoal, atópanse obrigadas a garantir a súa protección, tanto se o tratamento é informático como en papel.

As obrigas que a Lei e o seu regula-mento impoñen a todos os que man-exan datos persoais (por suposto, tamén aos Autónomos), resúmense basicamente en:Axeitar a súa actividade ás obrigas que impón esta normativa; Inscribir as fichas de datos no Rexistro de Protec-ción de Datos, baixo a supervisión e control da Axencia Española de Protec-ción de Datos; Redacción dun docu-mento de seguridade para o persoal que vaia ter acceso aos datos; Redac-ción de cláusulas de protección de

datos nos contratos; Realizar audi-torías de seguridade dos datos cada dous anos.

E, sobre todo, respetar escrupulosa-mente os dereitos dos titulares dos datos, sobre a base de que os datos persoais son propiedade única e exclusivamente do titular dos mesmos, sen que ninguén poida usalos de ningunha maneira sen o seu consentimento. Este é un principio esencial.

As contías das sancións previstas na Lei e Regulamento para as infraccións cometidas van desde os 601,01 € ata 601.012,104 € en caso de infraccións moi graves.

É fundamental que as empresas, entidades e Autónomos adáptense e cumpran estrictamente esta norma-tiva xa que a Axencia de Protección de Datos pode actuar incluso de oficio e as multas execútanse de contado pola Axencia Tributaria, tramitándose logo o recurso diante da Audiencia Provin-cial.

Francisco Javier Pérez BelloAvogado

“As contías das sancións previstas

na lei para as infraccións cometidas

poden chegar ata 601.000 € ”.

A protección de datos

Page 8: REVISTA Nº73 @S AUTÓNOM@S
Page 9: REVISTA Nº73 @S AUTÓNOM@S

Opinión: Noemí Freire Luaces, Coordinadora de FEAGA@S AUTÓNOM@S

Os cambios acontecidos no mercado de traballo nos últimos anos, trouxeron consigo a aparición de novos riscos en materia de seguridade e sáude laboral.

Fronte aos riscos “clásicos” cada vez están cobrando máis importancia os factores de risco psicosocial, consecuencia das novas formas de organización do traballo e dunhas condicións laborais moi diferentes ás que existían fai anos.

Hoxe, conseguir un traballo estable a xornada completa convertiuse nunha misión case imposible. A flexibilización do emprego trouxo consigo a aparición de novas formas de contratación – os contratos temporais son unha realidade innegable – e a precariedade laboral atopase entre as principais fontes de estrés laboral. Ademáis da progresiva intensificación do traballo. Horarios irregulares, horas extraordinarias involuntarias e cargas de traballo excesivas, dificultan a conciliación entre a vida privada das persoas e o traballo remunerado.

A incorporación da muller ao mercado laboral xunto co envellecemento da poboación activa

son os outros grandes cambios que se produciron nestes últimos anos. Seguen a ser as mulleres as que, a pesar de desenvolver unha actividade profesional, continúan tendo unha maior responsabilidade no ámbito doméstico, e esta sobrecarga de traballo – a doble xornada – ten efectos perxudiciais que repercuten negativamente na súa saúde.

Por outra parte, as persoas traballadoras de máis idade son tamén as máis vulnerables nun contorno de traballo cambiante e altamente competitivo.

¿Os resultados?: incremento dos trastornos músculo-esqueléticos, estrés, fatiga crónica, depresión, síndrome de “burnout” – tamén chamado síndrome de “estar quemado” – e outras alteracións derivadas de presións psicolóxicas, que non só teñen efectos negativos nas persoas senón tamén nas organizacións. A ausencia dunha protección eficaz da saúde e a seguridade no traballo pode desembocar en absentismo por accidentes laborais ou por enfermidades profesionais que, á marxe da dimensión humana, teñen un impacto negativo sobre a sociedade en xeral. Os custos económicos dos

problemas de saúde e de seguridade no traballo obstaculizan o crecemento económico, e afectan non só á competitividade das empresas, senón tamén á viabilidade dos sistemas de protección social públicos.

As empresas que invirten na protección da saúde dos seus traballadores e traballadoras son as de maior éxito, xa que ademáis de ver incrementada a súa produtividade reducen os custos derivados da “non prevención”. Sen embargo, os resultados da cuarta enquisa europea sobre as condicións laborais indican que son moitos os traballadores europeos que seguen pensando que o seu traballo pon en perigo a súa saúde ou a súa seguridade. Polo que vai ser preciso concentrar esforzos en promover de forma real e efectiva a seguridade e a saúde das persoas traballoras.Promover unha cultura de prevención dirixida a toda a sociedade, e non só á poboación activa é o primeiro paso. Non debemos esquecer que a seguridade e a saúde no traballo son elementos esenciais da calidade de vida das persoas.

Noemí Freire LuacesCoordinadora de FEAGA

“Hoxe, conseguir un traballo

estable a xornada completa

convertiuse nunha misión

case imposible”.

A seguridade e saúde no traballo

REVISTA DA FEDERACIÓN DE AUTÓNOMOS DE GALICIA Nº67 XULLO 2008 9

Page 10: REVISTA Nº73 @S AUTÓNOM@S

10 REVISTA Nº67 XULLO 2008

Opinión: Rafael Vázquez, Economista, Responsable da Axencia de Promoción Económica e Desenvolvemento Social da Fundación Ronsel@S AUTÓNOM@S

Durante a súa intervención no III Día do Emprendedor, o Conselleiro de Economía e Facenda salientou o papel da Administración no apoio aos emprendedores en formación, asesoramento e financiamento co obxectivo de transformar as ideas en proxectos viables. Fernández Antonio salientou o apoio do Igape mediante préstamos e avais para procurar que todos os proxectos viables teñan financiamento, e lembrou que BIC Galicia facilita formación en creación de empresas, dende a escola ata a universidade. O fomento da cultura emprendedora e o apoio á posta en marcha de novas iniciativas empresariais é unha das prioridades do Goberno galego, segundo explicou o Conselleiro, quen salientou o crecente papel da muller no emprendemento. Tamén salientou a importancia de que os mozos teñan unha actitude inconformista, de ter unha posición crítica de mellora e innovación, e asuman riscos a partir

da confianza neles mesmos e no futuro. O día do Emprendedor está organizado polo Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e BIC Galicia, como parte da campaña nacional “Empren-demos Juntos” do Ministerio de Indus-tria, Turismo e Comercio, que se basa no recoñecemento de que o fenómeno emprendedor exerce un forte impacto sobre a creación de postos de traballo, sobre a innovación e o desenvolve-mento económico no seu conxunto. O Igape dispón de ampla experiencia neste eido, como principal instru-mento para a promoción e o fomento do investimento produtivo en Galicia. O Conselleiro aseguróu recentemente que ningún proxecto de inversión viable quedará sen financiación en Galicia, grazas ao completo abano de instrumentos dispostos polo Goberno. Entre os apoios directos do Igape e Xesgalicia, e os compartidos con insti-tucións como o Instituto de Crédito

Oficial (ICO), o Banco Europeo de Inversions, ou a Administración Central, movilizaranse máis de 700 millóns de euros en apoios á financiación empresarial que permitirán a realización de inversións por 2.000 millóns de euros.

Logo é sinxelo, cun proxecto viable, xa está … Qué entendemos por prox-ecto viable?

A estruturación dun marco lóxico para a análise da viabilidade dun proxecto empresarial, homoxéneo e accesible para os axentes que operen no mercado é unha necesidade urxente.

Desde o ano 1998 a Fundación Ronsel traballa na análise da viabilidade de proxectos empresariais. Desta expe-riencia podemos sacar as seguintes conclusións.

A viabilidade dun proxecto é o resul-tado da análise de 5 viabilidades:

Ser viable ou non ser viable, isa é a cuestión

“O fomento da cultura

emprendedora é unha

das prioridades do

Goberno Galego”.

Page 11: REVISTA Nº73 @S AUTÓNOM@S

REVISTA DA FEDERACIÓN DE AUTÓNOMOS DE GALICIA Nº67 XULLO 2008 11

Opinión: Rafael Vázquez, Economista, Responsable da Axencia de Promoción Económica e Desenvolvemento Social da Fundación Ronsel@S AUTÓNOM@S

técnica, comercial, económica, finan-ceira e a viabilidade social do prox-ecto.

As áreas críticas de análise poderían ser as seguintes:

1. Equipo promotor, con parámetros relacionados coa formación académica, a formación complemen-taria, a experiencia laboral xeral, a experiencia profesional relacionada co proxecto e as 3 F’s relacionadas (family, friends and fools);

2. Proxecto técnico, con parámetros relacionados co sector de actividade e as súas perspectivas de evolución, a localización xeográfica do proxecto, a xestión de provedores, a tecnoloxía necesaria e a loxística do proxecto;

3. Aspectos de comercialización, con parámetros relacionados co target do proxecto, canles de distribución, plan de publicidade, propaganda e relacións públicas;

4. Datos económicos, con parámetros relacionados co investimento, financia-mento, ingresos, gastos e rendibilidade do proxecto;

5. Datos financeiros, con parámetros relacionados con cobramentos, paga-mentos, fondos propios dispoñibles, acceso a financiamento externa e axudas a fondo perdido, subvencións financeiras e soportes técnicos;

6. Sostenibilidade do proxecto, con parámetros relacionados coa situación sociolaboral do equipo promotor, a

viabilidade a medio e longo prazo do proxecto, a política de recursos humanos, promoción do desenvolve-mento local, accións de promoción exterior do proxecto.

A etapa seguinte sería establecer as ponderacións para cada unha das áreas de análise e, por último deter-minar o umbral scoring mínimo …

Admítense voluntarios e voluntarias. O reto queda aquí.

Rafael Vázquez,

Economista, Responsable da Axencia de Promoción Económica e Desen-volvemento Social da Fundación Ronsel

“A viabilidade dun proxecto é o resultado da análise de 5 viabilidades: técnica, comercial, económica, financeira e a viabilidade social do proxecto. ”.

Page 12: REVISTA Nº73 @S AUTÓNOM@S

centro comercialU R B A Ncentro comercialU R B A NTORRE DE HERCULES

www.ccutorredehercules.com

Page 13: REVISTA Nº73 @S AUTÓNOM@S

Opinión: José María López Bourio. AGESTIC@S AUTÓNOM@S

Algún día todos os servizos cidadáns estarán dixitalizados desde a información turística, aos expedientes sanitarios, os transportes urbanos, a educación, o ocio e a cultura, o acceso á Rede estará xeneralizado e todas as empresas usaran as Tic nas súas actividades.

Os esforzos da Xunta de Galicia en especial da Consellería de Innovación para superar as dificultades de conec-tividade van dando os seus froitos, aínda que queda moito por facer. A cuestión como sempre estriba en que hai dúas velocidades, unha a das cidades e outra a do medio rural.

A implantación das Tic nas cidades está funcionando ben e os datos confirman que os cidadáns urbanos utilizan Internet, aumenta o acceso ADSL nos fogares e nas empresas medraron os equipamentos e a utilización de programas de xestión.

Os mozos que medraron con estas tecnoloxías perfeccionan os seus coñecementos, e os maiores van perdendo o medo a navegar na Rede e convértense rapidamente en usua-rios.

Pero onde mantense a “fenda dixital” é nos municipios do rural, existindo

preocupación pola demora no uso das Tic entre as empresas segundo estas se atopen situadas xeograficamente, pois o afastamento de máis de 30 Km. entre dous capitais de provincia ou de localidades que contan con 20.000 habitantes, forman unha barreira de acceso ás Tic entre as Pemes.

Nunha enquisa de AGESTIC en 250 Concellos de Galicia, atópanse respos-tas como que só ten acceso a ADSL a capitalidad municipal e ningunha das parroquias. Ou que o funcionamento do Tele centro está máis orientado ao público mozo e da terceira idade que aos empresarios, autónomos ou traba-lladores e non abundan os seminarios de difusión de aplicacións nin os cursos de especialización en Tic.

Os datos do sector co respecto a vendas de ordenadores, programas de software, equipamento como impreso-ras, escáner, acceso a Internet, oferta de formación e de novidades tecnolóxi-cas de aplicación empresarial, revelan que existe unha enorme fenda entre as empresas situadas no medio urbano das principais cidades e as pemes situadas en pequenas localidades afas-tadas destas.

A situación das pemes no ámbito rural de Galicia é de demora notable, os

expertos advírtennos da significativa división dixital existente entre segmentos de poboación segundo a idade, a ocupación, o nivel educativo ou o grao de urbanización da área na que viven.

Por iso, desde AGESTIC coa colabora-ción de FEAGA estanse a realizar unha serie de actuacións para corrixir esta situación, desenvolvendo xornadas, seminarios e facilitando información que permita superar estes obstácu-los, estendendo o uso das Tic ás localidades máis afastadas dos gran-des núcleos poblacionais.Iso ademais de mellorar a competitividade das Pemes servirá para fixar poboación ao medio rural, pois esta atopará alicien-tes para desenvolver en mellores condicións a súa actividade empresa-rial e terá máis expectativas laborais e de crecemento no propio contorno no que vive.

Se queremos acadar un futuro mellor, as tecnoloxías de información e comunicación son o camiño máis adecuado para o desenvolvemento de Galicia

José Mª López Bourio

Presidente de AGESTICAsociación Galega de Empresas TIC

As TIC e o desenvolvemento Galego

“Os esforzos da Xunta de Galicia, en especial da Consellería

de Innovación, para superar as dificultades de conectividade

van dando os seus froitos”.

REVISTA DA FEDERACIÓN DE AUTÓNOMOS DE GALICIA Nº67 XULLO 2008 13

Page 14: REVISTA Nº73 @S AUTÓNOM@S

Entrevista: Emilio Castro Luaces, Ultramarinos “El Rápido”

14 REVISTA Nº67 XULLO 2008

@S AUTÓNOM@S

Juan José Caínzos Sanmartín, Delegado de FEAGA en Ferrolterra, preséntanos nesta entrevista a D. Emilio Castro Luaces, propietario de Ultramarinos “El Rápido”, casa funda-da en Ferrol en 1922. Trátase dun autó-nomo con máis de 50 anos atendendo o seu establecemento, herdado dos seus pais, que a súa vez heredárono dos seus. Compañeiros de estudos da Academia Cervantes, estes dous amigos mantiveron a súa amizade e vólvense a atopar uns cantos anos máis tarde para comentar as súas experien-cias ao longo da súa vida como autóno-mos. Juan José Caínzos toma as rendas da conversa e realiza esta entrevista a Emilio Castro:

Vostede foi un espectador excepcional da evolución de Ferrol, como viviu estes cincuenta anos á fronte de “O Rápido”?

De todas as cores. Eu acórdome cando colaboraba cos meus pais, desde moi novo, xa que empecei no negocio con 16 anos, había unhas marxes ridículas, pero saímos adiante. Había aquela célebre fiscalidade de taxas… Sempre fomos moi competitivos. Xogabamos cos centimitos, Se comprabamos caro vendiamos caro e viceversa. Aqueles tempos foron moi difíciles, pero gañába-se diñeiro, pouco diñeiro porque o valor das cousas tamén era menor. Eran outros tempos, polo que se vendían

outro tipo de cousas, patacas, arroz, castañas, galletas, todo a granel.

A maioría dos pequenos comercios foron pechando coa aparición das grandes superficies, Cal é a receta para a “supervivencia”?

Non creo que os comercios vaian pechando pola apertura de grandes superficies. A maioría deles decantá-monos pola especialización. Outros retiráronse, ben porque non tiveron sucesión ou porque non se quixeron adaptar. Houbo economías que non podían facer fronte pola Lei de arrendamentos das casas, que foi un inconveniente para todos os que tiñamos un aluguer. Hai que ter en conta que as grandes superficies teñen as súas armas e nós temos as nosas. Eles non regalan nada. Onde está a especialidade é onde o cliente pode comprar un bo produto, ben aconsellado e xusto a cantidade que necesita. A tenda de especialidade ten unha atención personalizada e ofrece un produto cualificado.

Como autónomo, cre que se avan-zou moito no que respecta ás pres-tacións das que poden gozar os traballadores por conta propia?

Si, avanzouse moito, pero aínda nos queda moito por percorrer. Por exemplo e en algo que me afecta directamente é o referente á retira-da dos autónomos. Aínda que afortunadamente estou física e mental-mente activo, o que me permite poder traballar, o día que me queira retirar tan só percibirei uns 750 Euros. Despóis de traballar durante máis de 50 anos e cotizar á seguri-dade social, o único que pido é un premio e non un castigo, que é o que recibiría se me quixese xubilar aos 65 anos. Eu sempre fun un cotizante nato e encontrome que cando me queira retirar, en lugar de premiar-me, teño un castigo.

O que non é de recibo é que calque-ra médico ou avogado que estea

Emilio Castro, cincuenta anos tralo mostrador de ultramarinos “El Rápido”

Page 15: REVISTA Nº73 @S AUTÓNOM@S

A Asociación de Autónomos de Ferrol intégrase na Asociación Costa Noroeste

REVISTA DA FEDERACIÓN DE AUTÓNOMOS DE GALICIA Nº67 XULLO 2008 15

@S AUTÓNOM@S

retirado poida seguir exercendo, sen embargo nós non, polo que entendo que estas cuestións debe-rían matizarse un pouco máis. Sobre todo debería desenvolverse a

lei das prestacións.

Doutra banda, no que se refire á Seguridade Social, si que se avanzou. Unha vez tiven que operarme da apéndice, no ano 68, e ademais de esperar a que un dos meus sobriños viñese de Valencia, para que me relevase no negocio os días que ía estar convaleciente, tívenme que operar nunha clínica privada pagán-dome eu a operación. Daquela non tiñamos ningún tipo de prestación sanitaria. Agora temos unha Seguri-dade Social, polo que neste sentido si que melloramos, pero comparados con outros, non temos ningún tipo de prestación económica.

Cre que as novas xeracións de empresarios están preparados para afrontar un negocio como o seu?

Si, se queren si. Non hai nada que non estea inventado. Unha persoa que se pon detrás dun mostrador detrás dunha actividade, se a súa vontade é de servizo e ten interese en

que se lle comprenda, en ser comu-nicativo en ter oficio, ten o éxito garantido. Porque no meu caso, desde que abro ás 8.30 da mañá ata as 9 da noite, non hai un entrar e saír constante de xente. Hai uns lapsus, hai que esperar e ter paciencia.

Vostede terá moitas anécdotas que contar que lle ocorran detrás do mostrador do “Rápido”. Cal salien-taría?

Podería escribir un libro intermi-nable con todas as anécdotas. Hai que ter en conta que abrir a porta, xa é anecdótico. O público é moi sinxelo, nunca me puiden imaxinar que a xente fóra tan boa. Vexo moita solidariedade nas persoas, indivi-dualmente, moita cordialidade, cariño e consideración. É outra ágora diferente de ver as cousas. Na tenda vese humanidade, persoas que sofren que non chegan a fin de mes… a súa sesión de psiquiatría é ao mellor unha charla connosco…

A Asociación de autónomos de ferrol acaba de ser integrada na Mesa Empresarial e de Emprego da Asociación Costa Noroeste, cuxo representante será Juan José Caín-zos Sanmartín, o noso delegado en Ferrolterra.

O pasado 21 de xullo constituiuse a

Asociación Costa Noroeste cuxa Comisión Xestora está formada polos Alcaldes de Ares, Cariño, Ferrol, Mañón, Mugardos e Ortigueira, e polos Presidentes da Cámara de Comercio e da Asociación de Hostele-ría de Ortegal.

Esta nova entidade créase principal

mente para ser o Grupo de Desen-volvementolo Rural que xestione o proxecto que se presentará ao programa LEADER 2007-2013.

Na sesión constitutiva tamén se aprobaron os estatutos e procedeu-se á constitución das mesas secto-riais.

Entrevista: Emilio Castro Luaces, Ultramarinos “El Rápido”

“Despóis de traballar durante máis de 50 anos e cotizar á seguridade social, o único que pido é un premio e non un castigo”

Emilio Castro con Juan José Caínzos, Delegado de FEAGA en Ferrolterra

Page 16: REVISTA Nº73 @S AUTÓNOM@S

Novas

16 REVISTA Nº67 XULLO2008

A Asociación de Autónomos de Galicia, en colaboración coa Secreta-ría Xeral de Emigración da Xunta de Galicia e a Fundación Ronsel, poñerá en marcha no mes de setembro o curso “AXENTE DE DINAMIZACIÓN DE ESPAZOS COMERCIAIS” dirixido a persoas emigrantes retornados e inmigrantes, preferentemente en situación de desemprego.

Trátase dunha iniciativa coa que se pretende mellorar a capacidade de impacto comercial e vendas nos Centros Comerciais Urbans Rúa Barcelona e Torre de Hércules de A Coruña

O custo do curso é gratuíto para os participantes, e dentro do programa formativo contémplase a posibilidade

de incorporar traballadores en prác-ticas nos establecementos comer-ciais que desexen colaborar nesta iniciativa, co fin de que os alumnos poidan poñer en práctica o aprendi-do neste curso.

O prazo de inscrición queda aberto. Para máis información e inscricións: Fundación Ronsel: 981 20 62 34

A Consellería de Traballo amplía o prazo de presentación de solicitu-des do programa para a promoción do emprego autónomo ata o 15 de setembro, co obxectivo de apoiar un maior número de proxectos de autoemprego, que faciliten a crea-ción do seu propio posto de traballo

ás persoas desempregadas.Cómpre destacar que na convocatoria deste ano, publicada no DOG o 28 de Xaneiro do 2008, establece por primeira vez axudas para a asistencia técnica e formación no caso dos traballadores autónomos. O obxectivo é cubrir as carencias xerenciais dos

traballadores autónomos e contri-buir á supervivencia da iniciativa empresarial. A posta en marcha desta liña de axudas responde á necesidade de dar resposta ás carencias formativas do traballador autónomo durante a posta en marcha da súa empresa.

A Asociación de Autónomos de Galicia pon en marcha un curso de Axentes de Dinamización de Espazos Comerciais dirixido a emigrantes

A Consellería de Traballo amplía o prazo de presentación de solicitudes do programa para a promoción do emprego autónomo ata o 15 de setembro

Page 17: REVISTA Nº73 @S AUTÓNOM@S

REVISTA DA FEDERACIÓN DE AUTÓNOMOS DE GALICIA Nº67 XULLO 2008 17

Novas: A directiva de FEAGA presentou a Feira de Mostras da Coruña@S AUTÓNOM@S

A Federación de Autónomos de Galicia, prepara unha nova edición da súa tradicional Feira de Mostras dos Autónomos de Galicia (FEMAGA) , que pasará a chamarse FEIRA DE MOS-TRAS DA CORUÑA e que se celebrará no novo recinto feiral ExpoCoruña do 4 ao 8 de decembro deste ano.

O feito de que a próxima edición da Feira celébrese no recén estreado Recinto Feiral, permitirá mellorar dito evento cualitativa e cuantitativamente, ao pasar dunha superficie de 4.000 metros cadrados a 18.000. Isto ademais permitirá mellorar os dese

ños dos postos e organizar a feira en corredores sectoriais, así como levar a cabo máis actividades paralelas.

Como é habitual, durante a feira está prevista a celebración de actos parale-los, como desfiles de moda, ou concur-sos, así como unha serie de Xornadas Informativas dirixidas a autónomos e emprendedores en xeral.

No que respecta á distribución da Feira, haberá varias áreas ben diferenciadas, entre as que salientan alimentación, artesanía, servizos e automoción. Esta edición da feira tamén contará cunha

gran representación de organismos oficiais, así como de diferentes conce-llos de Galicia.

Coa ampliación do espazo para desen-volver este evento, a directiva da Federación pretende que FEMAGA convértase na Feira Multisectorial de referencia da Zona Norte de Galicia.

Durante a rolda de prensa de presen-tación da Feira, o Vicepresidente da Federación de Autónomos de Galicia, Francisco Javier Pérez Bello, sinalou que na próxima edición esperan chegar aos 50.000 visitantes

A XV Feira de Mostras dos Autónomos de Galicia celebrarase do 4 ao 8 de Decembro en Expocoruña

Paloma Sobrino, Secretaria Xeral de FEAGA, Javier Pérez e Eliseo Calviño, Vicepresidentes de FEAGA xunto a Ana Montes, Xerente de Expocoruña.

Page 18: REVISTA Nº73 @S AUTÓNOM@S

295.547 autónomos mozos benefícianse da redución de cotas da Seguridade Social ao �nalizar maio de 2008

Novas: Nova Web Reducción de cotas

18 REVISTA Nº67 XULLO 2008

@S AUTÓNOM@S

A Federación de Autónomos de Galicia renovou a súa páxina web (www.feaga.org) cun novo deseño e unhas ferramentas que pretenden

facilitar a búsqueda de información do autónomo.

Ademais, a nova web de FEAGA ten

acceso a www.autonomos-online.com, que se convertirá na ferramenta imprescindible dos traballadores autónomos e que inclúe un apartado de centro comercial e un directorio de empresas.

A través de este novo enlace, podera-se acceder a unha serie de servizos de gran utilidade para os traballadores por conta propia os cales son exclusi-vos da Federación de Autónomos de Galicia.

Polo que respecta aos novos contidos, salientan o acceso ás subvencións actualmente vixentes dos diferentes organismos do Estado, Autonómicos e Locais. Convenios de colaboración de FEAGA con diferentes entidades, novas que repercuten aos autónomos, cursos, actividades que organiza a Federación, etc…

Con esta páxina web FEAGA pretende crear unha canle de comunicación máis directo cos seus asociados, ao dispoñer dun apartado de comenta-rios en cada unha das seccións da web

Segundo datos da Seguridade Social, a data de 31 de maio de 2008 había 295.547 autónomos mozos en situación de Alta no Réxime Especial de Traballadores Autónomos (RETA) da Seguridade Social, que se benefi-cian da redución de cotas por continxencias comúns aprobada na Lei 2/2004 de 27 de decembro, de Orzamentos Xerais do Estado para o

ano 2005, e modificada pola Lei 20/2007 de 11 de xullo do Estatuto do Traballo Autónomo.

Deles, 164.395 son homes con 30 anos cumpridos ou menos no momento de darse de alta e 131.152 son mulleres con 35 anos ou menos no momento de darse de alta, as cales representan un 44,4% do total de beneficiados.

Con esta medida os mozos de ata 30 anos de idade e 35 anos no caso das mulleres que emprendan unha activi-dade como traballadores autónomos verán reducido o custo das cotiza-cións á Seguridade Social nun 30% durante os 30 primeiros meses.

FEAGA renova a súa páxina web

Page 19: REVISTA Nº73 @S AUTÓNOM@S

REVISTA DA FEDERACIÓN DE AUTÓNOMOS DE GALICIA Nº67 XULLO 2008 19

@S AUTÓNOM@S

Obra Social Caixa Galicia e a Federación de Autónomos de Galicia asinaron un convenio de colaboración

Novas: Convenio de colaboración coa Obra Social Caixa Galicia.

A Federación de Autónomos de Galicia asinou un convenio de colabo-ración coa Obra Social Caixa Galicia. Este acordo, que foi subscrito por D. Manuel Aguilar, Director de Obra Social Caixa Galicia e por D. Francisco Javier Pérez, Vicepresidente da Fede-ración de Autónomos de Galicia, ten

como obxectivo o financiamento do proxecto denominado “Xornadas de sensibilización dos autónomos galegos para o fomento do comercio electrónico das micropymes” que levouse a cabo por toda a xeografía galega.

Con ditas Xornadas, 15 en total,que

estiveron impartidas por persoal técnico especializado, a Federación de Autónomos de Galicia pretendiu difun-dir entre os empresarios, comercian-tes e autónomos en xeral da comuni-dade autónoma, as vantaxes para os seus negocios das Tecnoloxías da Información e Internet.

Francisco Javier Pérez Bello, Vicepresidente I da Federación de Autónomos de Galicia e Manuel Aguilar, Director de Obra Social Caixa Galicia, durante a �rma do convenio.

Page 20: REVISTA Nº73 @S AUTÓNOM@S

20 REVISTA Nº67 XULLO 2008

Novas: Comercio Rural Galego@S AUTÓNOM@S

A directora Xeral de Comercio, Ana Rúa, presentou o programa Rede de Comercio Rural Galego na que se explicou esta iniciativa encamiñada a favorecer unha correcta dotación de servizos para a poboación das áreas rurais. Ademáis, os asistentes a este evento informativo tamén puideron coñecer de primeira man a recente-mente publicada orde de axudas que destinará 1,5 millóns de euros para o 2008. No acto tamén estivo presente o Xerente de Galicia Calidade, Xabier Ignacio Louzao.

A directora Xeral explicou que a Consellaría de Innovación e Industria impulsa o proxecto de creación dunha Rede de Comercio Rural Galego co obxetivo de modificar a tendencia de peche dos establecementos comer-ciais situados nas zonas rurais do país e polo tanto, favorecer unha correcta dotación de servizos para a poboación coa posta en marcha de actividades en común dirixidas a conseguir a viabili-

dade económica dos establecementos e mellorar as súas expectativas de futuro.

Co obxetivo de impulsar a actividade comercial no rural, a directora xeral detallou que o departamento autonómi-co está apostando por adaptar a oferta de produtos e servizos ás novas formas de consumo no rural, mellorar a calida-de de servizo ao cliente, apoiar a inno-vación e a xestión moderna e atraer a novos clientes cara a este ámbito. Pola súa banda, o xerente de Galicia Calidade sinalou que despois dunha exhaustiva análise da realidade do sector, a consellaría definiu un modelo adecuado ao territorio de actuación baseado en tendas multiservizo conci-bidas para converterse nun punto de tendas piloto en Touro, Pontecaldelas, Maceda e Ourol, e ao longo do presente, a Consellaría de Innovación e Industria fixa como un dos obxectivos prioritarios integrar 16 novos establecementos na

Rede de Comercio Rural Galego posta en marcha en 2007 e alcanzar así a finais do 2008 os 20 establecementos multiservizo.

A rede de Comercio Rural Galego, sinalou o xerente aos presentes, pretende a dignificación do sector comercial no rural ao mesmo tempo que se crea o selo “Comercio Rural Galego” como garantía de calidade nos establecementos adheridos á mesma. A través desta iniciativa preténdese que a calidade sexa un factor clave para a prestación dun servizo eficiente e de crucial necesi-dade para a supervivencia de calquera empresa. Neste sentido, tamén se recordou aos hosteleiros e comer-ciantes que un dos requisitos básicos que aqueles establecementos intere-sados en adherirse á Rede deben cumplir é o de superar unhas exhaus-tivas auditorías para garantir uns estándares mínimos e en consecuen-cia, a garantía da fiabilidade.

A Directora Xeral de Comercio, Ana Rúa, durante a presentación da Rede de Comercio Rural Galego.

A Consellaría de innovación e industria presenta a rede de comercio Rural Galego

Page 21: REVISTA Nº73 @S AUTÓNOM@S

REVISTA DA FEDERACIÓN DE AUTÓNOMOS DE GALICIA Nº67 XULLO 2008 21

Novas: Convenio coa Fundación Fuertes@S AUTÓNOM@S

O emprego autónomo é unha das saídas laborais coas que contan as persoas con diversidade funcional e, en xeral, todas aquelas persoas en risco de exclusión social. Sen embar-go, as taxas de emprego por conta propia en tales colectivos continúan sendo moi baixas pese á posta en marcha de numerosas políticas que tratan de favorecer a integración destas persoas na vida laboral e económica en xeral.

Dos 2 millóns de persoas con diversi-dade funcional que existen en España o 7,5% son analfabetas, o 51,2% teñen estudos primarios, o 22,1% estudos secundarios e tan só o 19,2% comple-taron os estudos secundarios ou superiores.

No caso das persoas en risco de exclu-sión social as cifras de autoemprego son superiores pero aínda demasiado baixas respecto á media doutros países do noso contorno.

Por todo isto, a Fundación Fuertes e a Federación de Autónomos de Galicia consideran moi necesario reforzar estas políticas activas de fomento do emprego autónomo entre estes colecti-vos mediante un servizo que una a facilidade no deseño, planificación e xestión deste tipo de proxectos de autoemprego coa experiencia no coñe-cemento e trato na resolución dos problemas que estes colectivos adoitan afrontar.

Mediante a sinatura deste convenio

ambas entidades comprometense a aunar esforzos traballando conxunta-mente en accións socioeconómicas e laborais baseadas no desenvolvemen-to de encontros empresariais, semi-narios, xornadas técnicas, accións formativas e calquera outra colabora-ción ou actividade que mellore a com-petitividade e o desenvolvemento do colectivo de discapacitados e persoas en risco de exclusión social de Galicia.

Todos estes esforzos serán canaliza-dos principalmente a través da Unida-de de Apoio ao Emprendedor. É este un servizo de información e orienta-ción que a Fundación Fortes puxo en marcha coa finalidade de fomentar o autoemprego entre os colectivos en risco de exclusión social.

FEAGA e a Fundación Fuertes facilitarán a incursión no mercado laboral de persoas en risco de exclusión

“A Fundación Fuertes

permitirá aumentar o

nivel de autoemprego

entre os colectivos

máis desfavorecidos”.

Juan José Caínzos, Delegado de FEAGA en Ferrolterra, Manuel Amil da Fundación Fuertes e Paulino Franco,Presidente de FEAGA, durante a firma do convenio.

Page 22: REVISTA Nº73 @S AUTÓNOM@S

22 REVISTA Nº67 XULLO 2008

Caixa Galicia, a Fundación Ronsel e a Consellería de Traballo entrega-ron a III Convocatoria dos Premios MOCE (Módulo Ocupacional de Crea-ción de Empresas) correspondente ao ano 2007. No acto de presentación estiveron presentes o Director Xeral de Forma-ción e Colocación da Consellería de Traballo, Pastor Fuenteseca; a Responsable de Programas e Conve-nios Obra Social Caixa Galicia, Gema

García; o Director da Fundación Ronsel, Luis García; así como os restantes membros do xurado institucional destes premios: Carlos Silva (Subdirector de Información Especiali-zada do IGAPE), Daniel Ramos (Presidente da Asociación de Xoves Empresarios AMJE), Javier Pérez (Vicepresidente da Federación de Autó-nomos de Galicia), Juan Carlos Bugallo (Xerente da Fundación Universidade da Coruña), Jorge Barros (Subdirector Xeral de Apoio á Contratación e a

Caixa Galicia, a Xunta de Galicia e a Fundación Ronsel entregan os premios MOCE

@S AUTÓNOM@SNovas: Asociación de Empresarios Terra de Melide. Premios MOCE.

ASETEM-CCA celebrou a súa cena anual de socios no pasado mes de xuño, un acto de cofraternidade que o colectivo vén realizando dende hai varios anos e á que asistiron máis de 120 asociados. Nesta cita de 2008 contouse coa

presenza de Conselleiro de Economía e Facenda, José Ramón Fernández Antonio e outras autoridades, como o Vicepresidente da Federación de Autónomos de Galicia, Francisco Javier Pérez Bello, e o Presidente da Federación de Comercio da Coruña,

Miguel Agromayor. Pola banda da representación institucional da comarca estiveron presentes no convite a Alcaldesa de Melide, Socorro Cea e o rexedor de Toques, Miguel Buján.

Emprendedores), Juan Monsalve (Presidente de Rede Araña) e Santiago Rodríguez (Presidente Rede Emplea-lia).

Dos 144 proxectos presentados a esta segunda convocatoria, e tras aplicar-se os criterios de valoración que contemplan as bases, foron 10 os proxectos seleccionados como finalis-tas, que recibiron 3.000 euros. A dota-ción económica destes premios corre a cargo de Obra Social Caixa Galicia.

A Asociación de Empresarios Terra de Melide celebra a cena anual de socios.

Miguel Agromayor, Presidente da Federación de Comercio de A Coruña, o Conselleiro de Economía e Facenda José Ramón Fernández Antonio, José Antonio Alvarez, Presidente de ASETEM, a Alcaldesa de Melide, Socorro Cea e Javier Pérez Bello, Vicepresidente de FEAGA

Page 23: REVISTA Nº73 @S AUTÓNOM@S

REVISTA DA FEDERACIÓN DE AUTÓNOMOS DE GALICIA Nº67 XULLO 2008 23

Novas: Xornadas para Xóvenes Emprendedores. Breves: Feaga estivo en...@S AUTÓNOM@S

Breves Feaga estivo en….

Conferencia de Autónomos do PPUnha representación da Xunta Direc-tiva de FEAGA acudiu á Conferencia de Autónomos promovida polo Partido Popular, que se celebrou en Alicante no pasado mes de Xaneiro.

Congreso de AJE VigoFeaga estivo presente no II Congreso da Asociación de Jóvenes Empresa-rios de Galicia, AJE Vigo. Neste encon-tro tratouse de fomentar o diálogo empresarial, propiciar o intercambio de experiencias co obxectivo de converterse en foro de debate. Contou coa participación dun gran número de xóvenes empresarios que asistiron a ponencias, mesas redondas e encon-tros de negocios

FIMOFEAGA asistiu á súa tradicional cita coa Feira de Mostras do Noroeste (FIMO), que se desenvolveu en Ferrol (Recinto Feiral de Punta Arnela) do 8 ao13 de xullo. Un ano máis foi un referente e un escaparate do poten-cial económico da área de influencia de Ferrol, que acada a máis dunha vintena de municipios.

Feira Multisectorial de VimianzoPor segundo ano consecutivo, FEAGA acudiu á Feira Multisectorial de Vimianzo, que tivo lugar do 4 ao 7 de Xullo, e estivo organizada pola Asocia-ción de Empresarios de Vimianzo.

A Asociación de Autónomos de Galicia levou a cabo, en colaboración coa Deputación Provincial da Coruña, un programa de Difusión de Oportuni-dades de Negocio en Ferrol, Cedeira e A Coruña.

Devandito programa, incluíu a Xornada “Mozos e Mozas Emprende-dores e Emprendedoras” cuxo obxec-tivo foi difundir a cultura emprendedo-ra entre os mozos e promocionar os

servizos de fomento do emprego existentes na Comarca.

Durante estas Xornadas explicouse aos asistentes as formas para xerar unha idea empresarial, como madurala e avaliala. Así mesmo, tratáronse os distintos tipos de axuda do Programa de Promoción de Emprego Autónomo 2008 da Consellería de Traballo, e as liñas de Axuda do Igape (Financiación IGAPE 2008)

A Asociación de Autónomos de Galicia celebrou unhas Xornadas para Xóvenes Emprendedores.

Page 24: REVISTA Nº73 @S AUTÓNOM@S

Novas: Desayunos por conta propia. O Plan de Formación Autonómico.@S AUTÓNOM@S

A Federación de Autónomos de Galicia colabora coa Confederación de Autónomos e Profesionais de España, CAYPE, nun novo proxecto denomina-do “Desayunos por Conta Propia”.

O obxectivo destes almorzos é converterse en foros de debate para que emprendedores e traballadores por conta propia conten cun pretexto-para poñer en común as súas dúbidas,

as súas inquedanzas e os seus proble-mas.

Ademais, pretenden ser un punto de encontro para que os participantes intercambien as súas propias expe-riencias, acheguen novas ideas e propoñan solucións creativas para o desenvolvemento da súa propia activi-dade.Na presentación destes almorzos, que

comezarán no mes de xullo, estivo presente Eliseo Calviño, Presidente de Caype e Javier Pérez Bello, Vicepresidente da Federación de Autónomos de Galicia. Ambos explica-ron xunto a Cecilia Monllor, xornalis-ta, editora e libreira o que lles levou a organizar estes almorzos, que preten-den ser un referente para todos os emprendedores de Galicia.

A Federación de Autónomos de Galicia e o Grupo Femxa executaron conxunta-mente unha serie de accións formati-vas en diferentes modalidades.Grazas ao desenvolvemento do plan de formación F2007-1334, Feaga non só está logrando ofrecer un apoio impor-tante a todos os traballadores e traba-lladoras do sector, senón que está realizando, a maiores dos seus servi-zos habituais, un labor de consolida-ción e extensión dunha cultura de formación en toda Galicia.

Nestes cursos participaron 214 alum-nos, 54 na modalidade presencial e 160 na modalidade de teleformación. No que se refere á distribución dos devanditos alumnos atendendo ao seu xénero pódese apreciar unha importante parti-cipación feminina, cun total de 58% mulleres e 42% homes.

No que respecta á categoría profesional dos participantes, o 100% concéntranse na categoría de directivos, mentres que o 61,11% ten estudos primarios.

Polo que se refere aos alumnos forma-dos con respecto á súa formación previa, hai que salientar que o 23,75% dos participantes ten un FP2 e un 21,25% ten unha titulación de grao superior.

Por último cabe destacar que o 88,13% dos traballadores formados ata a data neste plan cotizan á Seguridade Social no réxime de autónomos (RETA)

FEAGA colabora con CAYPE no proxecto “Desayunos por cuenta propia”

FEAGA e o Grupo Femxa executaron con éxito o plan de formación autonómico

24 REVISTA Nº67 XULLO 2008

Javier Pérez, Eliseo Calviño e Cecilia Monllor durante a pesentación dos desayunos

Page 25: REVISTA Nº73 @S AUTÓNOM@S
Page 26: REVISTA Nº73 @S AUTÓNOM@S

26 REVISTA Nº67 XULLO 2008

Novas: O III Día Galego do Emprendedor.@S AUTÓNOM@S

Durante o III Día Galego do Emprendedor, que se desenvolveu baixo o lema “A túa idea, a túa empre-sa” e que contou coa participación de mais de 2.000 persoas, houbo talleres, mesas redondas e intervencións de relatores especializados en materias variadas e sempre relacionadas coa creación e consolidación de empre-sas, así como actividades lúdicas destinadas aos máis novos. Na sesión plenaria, ademais do conselleiro de Economía e Facenda, José Ramón Fernández Antonio, participou Ignacio de la Vega, directivo do Instituto de Empresa e coordinador para España do denominado informe GEM, no que colabora cada ano a sociedade do Igape BIC Galicia e que constitúe un verdadeiro observatorio sobre o emprendemento a nivel internacional. Na xornada tamén participou Guillem Perdrix, experto en creación de empresas, profesor da Universidade Politécnica de Cataluña e consultor

homologado pola Generalitat. Durante a súa intervención tratou de demostrar que na actualidade tamén se pode crear unha empresa cunha inversión pequena, só con 10.000 euros, xa que o único que fai falta é ter unha boa idea, boas capacidades e un perfil empren-dedor. Guillem Perdrix puxo de manifesto que tanto se tes unha idea propia como se non dispós dela, por exemplo a través dunha franquicia, o importante é a capacidade de xestionar. Nesta liña, declarou que cunha inversión mínima pódense crear microempresas con garantías de éxito, aínda que convén ter en conta que o mercado tamén é selec-tivo, non pode entrar calquera, só aquilo que se demande en cada momento. O profesor catalán afirmou que, á hora de crear unha empresa, moita xente se frea porque non sabe de onde sacar o diñeiro para o seu proxecto, porén a

posta en marcha dun negocio non debe basarse nas posibles axudas que se poidan recibir. Recoméndase que o proceso de búsqueda de financiación sexa anterior á posta en marcha da empresa. Para isto están os plans de empresa, que permiten coñecer con anterioridade as necesidades que vai ter o emprendedor para dar forma a súa idea. O experto declarou que “en estos momentos, a los emprendedores que quieran lanzarse a la creación de una empresa les pediría que se formula-sen dos preguntas. Por un lado, si en el sector en el que quieren entrar queda potencial de beneficio y, por otro lado, si se encuentran en una posición competitiva dentro del sector. Si se cumplen estos dos requi-sitos, adelante, sino es imposible”.

Rafael Vázquez

O III Día Galego do Emprendedor, “A túa idea, a túa Empresa”

“Tanto se tes unha idea propia como

senon dispós dela, por exemplo a través

dunha franquicia, o importante e a

capacidade de xestionar”.

Page 27: REVISTA Nº73 @S AUTÓNOM@S

REVISTA DA FEDERACIÓN DE AUTÓNOMOS DE GALICIA Nº67 XULLO 2008 27

Novas: Plataforma de venda en liña. IV Encontro do Comercio Español@S AUTÓNOM@S

O IV Encontro do Comercio Español, celebrado en Zaragoza do 3 ao 5 de xullo, culminou coa Declaración Insti-tucional de Zaragoza. Este manifesto salienta a corteza dun sector “poten-te, medioambientalmente sostíbel e o único que permite unha vertebración correcta das cidades”. A Declaración clausurou unha xorna

da onde o Comercio español fixo valer a súa voz e volveu a demandar o recoñe-cemento público do primeiro sector xerador de emprego no país, “un sector que vai a máis, cada vez máis forte e disposto a plantar cara á crise actual”.

O Plan Estratéxico senta as bases do futuro do comercio español, un “sector

próspero e con moito futuro”. Como apuntou o secretario xeral da Confe-deración Española de Comercio (CEC), Miguel Ángel Fraile, o sector mellora-rá con “innovación, orientación ao cliente ou coa incorporación das novas tecnoloxías”, puntos que “nos permitirá facer fronte aos retos da competitividade”.

A Consellaría de Innovación e Indus-tria, a través da Dirección Xeral de Comercio, iniciou na Coruña as xornadas provinciais de traballo “Comerciando na Rede” durante as cales se expoñera ao sector retallista de todo o país unha novidosa propos-ta do departamento galego para desenvolver unha plataforma de venda en liña. Esta iniciativa está pensada para poñer a disposición do conxunto do pequeno comercio unha marca común baixo a que comerciali-zar a súa mercadoría a través de Internet apostando así pola introduc-ción das novas tecnoloxías e a moder-nización do sector. A directora xeral de Comercio, Ana Rúa Souto, foi a encargada de presentar o proxecto,

nesta ocasión acompañada polo dele-gado provincial na Coruña, José Luis Barcia Picos e nas próximas convoca-torias, polos respectivos responsables provinciais da Consellaría de Innova-ción e Industria.

Así, durante estes catro encontros exporase ao comercio retallista a nece-sidade de adentrarse na comercializa-ción a través de Internet como unha extratexia conxunta entre a Adminis-tración e o sector privado para traballar na súa modernización e adaptación ás necesidades do novo mercado. Neste sentido, a consellaría destaca sobre todo a importancia de que este proxec-to se leve a cabo coa presencia en conxunto e todo o comercio galego para

poder desenvolver unha única marca que identifique e ampare ao sector.Neste sentido, e baseándose nos estudios realizados previamente pola Consellaría de Innovación e Industria, a través da Dirección Xeral de Comer-cio, a proposta que se presentará consiste na creación e desenvolve-mento dunha plataforma de venda en liña que se poñería a disposición de todos aqueles establecementos que queiran dar os seus primeiros pasos na comercialización en rede ou xa teñan experiencia e queiran aprovei-tarse desta iniciativa. O sistema permitiría introducir información da tenda, poñer os seus produtos á venda, facer campañas de promoción ou empregar tarxeta de crédito, entre outras facilidades.

O papel do departamento do goberno galego será o de creación, desenvol-vemento e promoción da plataforma, así como asesoramento continuo aos comerciantes que se sumen ao proxecto. Durante os encontros, tamén se solicita aos asistentes que deixen as súas aportacións de cara a introducir melloras no proxecto e planificar as accións futuras no campo as novas tecnoloxías.

Asistiron representantes de diferentes asociacións e federacións de Comercio Galego, así como membros da xunta directiva de FEAGA

Innovación e industria propón ao sector do comecio retallista galego a creación dunha plataforma de venda en liña

O IV Encontro do Comercio Español realza a forteza dun sector con moito futuro

Ana Rúa na xornada de comercio retallista en internet.

Page 28: REVISTA Nº73 @S AUTÓNOM@S

28 REVISTA Nº67 XULLO 2008

Novas: NIN + NIN -@S AUTÓNOM@S

Odocumental rodado por AGES-TIC dentro do Plan Avanza do Ministe-rio de Industria, explica en primeira persoa, coas imaxes e a voz das prota-gonistas, o porqué da “fenda dixital”, que en Galicia é máis acentuada para a muller.

A través dos testemuños de 50 empre-sarias, técnicos, emprendedoras, dos diferentes sectores produtivos e cubrindo toda a xeografía galega, cunha participación de máis de 400 asistentes, obtúvose unha radiografía dos principais problemas que fan que a igualdade nas TICs aínda sexa unha materia pendente nesta Comunidade.

A proxección deste primeiro docu-mental que se realiza sobre mulleres emprendedoras, igualdade e TICs foi precedida das intervencións do presi-dente de AGESTIC, José María López

Bourio, que salientou que as mulleres galegas están máis atrasadas no uso das Tic que os homes, pero son máis emprendedoras e crean máis empre-sas, sendo os principais factores que dificultan a igualdade: a falta de infra-estruturas, os problemas de conectivi-dade, o custo no medio rural, a falta de formación, de coñecementos, do que son e para que serven as Tic e Internet. José Manuel Pose Mesura, Subdelega-do do Goberno da Coruña, que efectuou a clausura do acto, puxo de manifesto o seu apoio ao proxecto e a colaboración do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio para favorecer a igualdade de xénero na sociedade da información, ademais de resaltar a importancia que supón para as mulleres emprendedo-ras da provincia da Coruña este proxec-to. Javier Pérez, Vicepresidente de FEAGA, salientou a alta capacidade das mulleres na creación de empresas, que

na Coruña supoñen practicamente a metade dos autónomos existentes.Os exemplos de éxito que AGESTIC incorporou ao Documental, pretenden mostrar que hai outra Galicia de mulleres emprendedoras que fixeron da súa base empresarial un modelo de xestión e de eficacia basado no uso intensivo das Tic, o que levounas ao éxito persoal e empresarial, demos-trando que se hai infraestruturas, se se conta con persoal formado e ben cualificado, o éxito é posible sexas home ou muller.

O documental ten unha duración de 30 minutos e compleméntase cunha serie de entrevistas, relatorios e intervencións, fotografías, etc e está na web www.agestic.org , para que calquera organización ou persoa poida usalo con fins formativos e informativos.

Agestic e Feaga presentan o documental “Ni más ni menos”

“Isto non é unha batalla, é xustiza para conseguir a igualdade”

Page 29: REVISTA Nº73 @S AUTÓNOM@S

Informaciónpara o Autónomo

REVISTA DA FEDERACIÓN DE AUTÓNOMOS DE GALICIA Nº67 XULLO 2008 29

Page 30: REVISTA Nº73 @S AUTÓNOM@S

Información para ó Autónomo: Axudas ICO

28 30 REVISTA Nº67 XULLO 2008

@S AUTÓNOM@S

O Instituto de Crédito Oficial dispón de diversas liñas de financiamento co fin de impulsar e apoiar os investimentos produtivos das empresas españolas, finan-ciando os proxectos de investimento.

Investimentos financiables. Pódense solicitar investimentos en activos inmateriais (“tecnolóxicos”), podendo estar desti-nados entre outros, os Axentes Comerciais, para a innovación ou modernización tecnolóxica, tales como redes de uso local, programas informáticos ou páxinas web.

Se o proxecto non presentado inclúese investimento en activos inmateriais “non tecnolóxicos”, tales como concesións, licencias, franqucias, traspasos e outros similares contemplados polo Plan Xeral Contable, non será superior ao 50% do investimento total a financiar.

O importe máximo financiable será do 90% do proxecto de investimento neto para as microempresas e ata o 80% para o resto das PEME, de acordo coas definicións antes citadas.

No que respecta ao prazo de amortización, pódese elixir entre: 3 anos, sen carencia.5 anos, sen carencia ou cun período de carencia principal de 1 ano.7 anos, sen carencia ou cun período de carencia principal de 2 anos.10 anos, sen carencia exclusivamente para a compoñente inmobiliario do investimento.

Tipo de interese.Tipo fixo: segundo referencia ICO máis 0,65 puntos porcentuais.Tipo Variable: referenciado a EURIBOR a 6 meses máis 0,65 puntos porcentuais.

Vixencia. Ata o 22 de decembro de 2008 ou ata o consumo dos fondos dispoñibles, se este fose anterior á data indicada.

Liñas de �nanciación ICO para Autónomos

Liña ICO PEME

Financia en condicións preferentes, o desenvolvemento de proxectos de investimento das pequenas e media-nas empresas.

Beneficiarios: Persoas físicas ou xurídicas que estean dadas de alta no Imposto de Actividades Económicas e que, segundo a definición adoptada pola Comisión Europea en maio de 2003, cumpran os seguintes requisitos:

Microempresas: Menos de 10 empregados, volume de negocio e/ou cifra de balance xeral non superior a 2 millóns de euros e non estar participada nun 25% ou máis por empresa ou conxunto de empresas que non cumpran os criterios antes citados.

PEME: Menos de 250 empregados, volume de negocio anual non superior a 50 millóns de euros e/ou cifra de balance xeral non superior a 43 millóns de euros, non estar participada nun 25% ou máis por empresa ou conxunto de empresas que non cumpran os criterios antes citados.

Page 31: REVISTA Nº73 @S AUTÓNOM@S

REVISTA DA FEDERACIÓN DE AUTÓNOMOS DE GALICIA Nº67 XULLO 2008 31

@S AUTÓNOM@S Información para ó Autónomo: Axudas ICO

Investimentos financiables: Pódense solicitar investimentos en activos inmateriais (“tecnolóxicos”), podendo estar desti-nados entre outros, os Axentes Comerciais, para a innovación ou modernización tecnolóxica, tales como redes de uso local, programas informáticos ou páxinas web.

Se o proxecto presentado incluíse investimento en activos inmateriais “non tecnolóxicos”, tales como concesións, licen-cias, franquías, traspasos e outros similares contemplados polo Plan Xeral Contable, non será superior ao 50% do investi-mento total a financiar.

O importe máximo financiable será do 90% do proxecto de investimento neto.

No que se refere ao prazo de amortización, pódese elixir entre: 3 anos sen carencia, ou 5 anos sen carencia ou cun período de carencia de 1 ano; ou 7 anos, sen carencia ou cun período de carencia de 2 anos.

A vixencia é ata o 22 de decembro de 2008 ou ata o consumo dos fondos dispoñibles, se este fose anterior á data indicada.

Liña ICO Emprendedores

Apoia créditos preferentes para a creación de novas empresas ou novas actividades profesionais, en condi-cións especiais, podéndose beneficiar, entre outros os Axentes Comerciais, así como os emprendedores que poñan en marcha novas empresas ou novas actividades.

Beneficiarios: Microempresas de nova creación ou profesionais que inicien unha actividade, independentemen-te da súa forma xurídica, considerándose empresa nova, ou nova actividade no caso de profesionais, aquela que cumpra os seguintes requisitos:

Que se constituira ou se dira de alta no Imposto de Actividades Económicas no caso dos profesionais autóno-mos, a partir do 1 de xaneiro de 2007.Empregar menos de 10 traballadores a 31 de decembro de 2007.Ter unha facturación e/ou balance xeral anual non superior a 2 millóns de euros, a 31 de decembro de 2007.Non pertencer a un grupo empresarial ou económico, nin consolidar contas anuais.

Os transportistas autónomos poderán aprazar 24 meses o pagamento de cotizacións á Seguridade Social

Os transportistas de mercancías e viaxeiros por estrada contan xa coa posibilidade de aprazar 24 meses o pagamento das cotizacións da Seguridade Social correspondentes a un máximo dun ano, segundo informou o Ministerio de Traballo e Inmigración.

Desta forma, as cotas correspondentes ao período de liquidación comprendido entre xuño de 2008 e maio de 2009 deberán ingresarse mensualmente entre xullo de 2010 e xuño de 2011.

Con esta iniciativa, entra en vigor unha das 54 medidas do acordo que o Goberno acadou coa maior parte das patronais de transporte co fin de axudar ao sector diante da crise que atravesa pola caída da demanda e o encarecemento do combustible.

Page 32: REVISTA Nº73 @S AUTÓNOM@S

32 REVISTA Nº67 XULLO 2008

Información para ó Autónomo: Portelo electrónico@S AUTÓNOM@S

O Servizo Público de Emprego Estatal (SPEE, antigo INEM) puxo en marcha o pasado mes de abril un portelo electrónico para o rexistro dos contratos dos Traballadores Autónomos Economicamente Dependentes (TAED) que servirá como alternativa ao rexistro presen-cial nas Oficinas de Prestacións do SPEE, en funcionamento desde o pasado mes de febreiro.

Durante a presentación da nova ferramenta informática, o director xeral de Economía Social, Traballo Autónomo e Fondo Social Europeo, Juan José Barrera explicou que os contratos que os TAED asinen a partir de agora deberán rexistrarse "de forma obrigatoria" a través de calquera destes dous sistemas.

Mentres, os rubricados con anterio-ridade dispoñerán dun período tran-sitorio ata a aprobación do regula-

mento que rixe o seu funcionamento.A partir dese momento, os traballado-res que aínda non rexistren o seu contrato terán un prazo de seis meses para solicitar o seu rexistro aos empresarios ou clientes aos que presten os seus servizos. Pola súa banda, estes dispoñerán dun máximo dun ano para aceptar estas novas condicións.

Neste sentido, Barrera explicou que só os sectores de transportes e segu-ros, os "máis importantes", contarán cun prazo de 18 meses para proceder ao rexistro.

Tanto a alternativa presencial como a electrónica permiten que o rexistro sexa realizado polo traballador, polo empresario ou por un representante.

Sen embargo, á hora de utilizar a versión ’online’, os usuarios terán que dispoñer de sinatura electrónica e, no

caso de que sexa o representante o que faga o trámite, unha autorización previa do empregado.

Respecto aos rexistros realizados ata o momento, o director xeral explicou que aínda non dispoñen de datos de inscrición a través de esta alternativa electrónica porque "algunhas comunidades autónomas estiveron rexistrando contratos pola súa conta ata este momento" e aínda teñen que facilitar as súas propias cifras.

Non obstante, calculou que "en torno a 300.000 traballadores", é dicir, arredor do 10% do total de autóno-mos, poderían estar rexistrados unha vez se aprobe o regulamento.

Por sectores, Barrera sinalou que os axentes de seguros de exclusividade e os transportistas serán os de maior presenza neste novo rexistro.

O Servizo Público de Emprego abre un portelo electrónico para o rexistro dos au-tónomos económicamente dependentes

“Sinatura Electrónica para a versión OnLine”.

“Esta ferramenta servirá como

alternativa ao rexistro presencial

nas Oficinas de Prestacións do

SPEE”.

Page 33: REVISTA Nº73 @S AUTÓNOM@S

REVISTA DA FEDERACIÓN DE AUTÓNOMOS DE GALICIA Nº67 XULLO 2008 33

@S AUTÓNOM@S Información para ó Autónomo: Viveiro de Empresas

A Cámara de Comercio da Coruña pon a disposición de emprendedores e empresas de recente creación unha estrutura física dotada de instalacións e servizos de apoio para ofrecerlles unha cobertura básica que lles axude no arranque do seu negocio.Trátase do Vivero de Empresas de

Carballo, unha superficie de 800 metros cadrados, distribuídos en despachos, salas de reunións, aula de informática, recepción, etc…

Cada un dos despachos está equipa-do con mobiliario, iluminación, climatización, teléfono e acceso a Internet (ADSL)

Así mesmo, ofrécese unha cobertu-ra de servizos comúns tales como fotocopiadora,fax,impresora, servi-zos de limpeza e mantemento, central telefónica con sistema de tarificación, control de accesos, entre outros servizos, todo por só 75 Euros ao mes.

O Vivero de Empresas de Carballo ofrece ás empresas de nova creación unha o�cina por 75 Euros ao mesTrátase dunha iniciativa promovida pola Cámara de Comercio da Coruña

Page 34: REVISTA Nº73 @S AUTÓNOM@S

34 REVISTA Nº67 XULLO 2008

@S AUTÓNOM@S Información para ó Autónomo: Axudas Parados que se fagan Autónomos

A Consellería de Traballo concede unha subvención para financiar os proxectos empresa-riais que faciliten a creación do propio posto de traballo ás persoas desempregadas que pretendan desenvolver a súa actividade empresarial en Galiza.

Poderanse beneficiar deste progra-ma as persoas desempregadas inscritas como demandantes de

emprego no Servizo Público de Emprego, que procedan á creación do seu propio posto de traballo. O obxecto desta subvención é facilitar-lle a estas persoas ingresos durante o inicio da actividade e posta en marcha da iniciativa empresarial ou profesional, unha subvención polo seu establecemento como traballa-dor ou traballadora autónoma ou por conta propia, sempre que se acredite un investimento en inmovilizado fixo

necesario para o desenvolvemento da actividade por unha cuantía non inferior a 3.000 euros.

As solicitudes pódense presentar nas respectivas delegacións provinciais da Consellería de Traballo antes do 15 de setembro de 2008.

Para máis información http://traballo.xunta.es/

Axudas para os parados que se fagan autónomos

Page 35: REVISTA Nº73 @S AUTÓNOM@S

REVISTA DA FEDERACIÓN DE AUTÓNOMOS DE GALICIA Nº67 XULLO 2008 35

Caype

O pasado 4 de agosto levouse a cabo na Confederación de Autóno-mos y Profesionales de España (CAYPE) o protocolo de adhesión de catro organizacions: A Organización de Artesanos de España (Oficio y Arte), A Asociación de Comercian-tes de Melide (ASETEM), A Asocia-ción Galega de Empresas de Tecno-logías de Información y Comunica-ción (AGESTIC) e A Asociación Provincial de Empresas do Comer-cio de Mobles de A Coruña.

Eliseo Calviño, Presidente de Caype

mostróu a súa satisfacción porque a confederación siga crecendo e resaltóu o seu compromiso por seguir velando polo recoñecemento da labor de casi 3.500.000 autóno-mos. Asemade, Javier Pérez Bello mostruse ilusionado coas novas incorporacións, destacando a unida-de de forzas, pese á diversidade de sectores en que desenvolven a súa labor os autónomos.

Os novos asociados recalcaron as ventaxas de pertencer á Confedera-ción como unha forma de facer máis

visibles as reivindicacións dos traballadores autónomos.

Á sinatura de adhesión asistiron os presidentes das catro organiza-cións, José María López Bourio, por parte da Asociación Galega de Empresas Tic (Agestic), Manuel González, da Asociación Galega de Artesáns, Miguel Agromayor, da Asociación Provincial de Empresa-rios do Moble da Coruña e José Antonio Rodríguez, da Asociación de Empresarios de Melide.

Novas adhesións a CAYPEDe esquerda a dereita, José Antonio Rodríguez, Miguel Agromayor, Javier Pérez, Eliseo Calviño, Manuel González e José María López Bourio.

Page 36: REVISTA Nº73 @S AUTÓNOM@S

36 REVISTA Nº67 XULLO 2008

Caype: Caype elabora un estudo para fomentar o autoemprego entre a poboación máis moza.@S AUTÓNOM@S

Autónomos Século XXI é un proxecto elaborado por Caype que ten por obxectivo fomentar o autoemprego entre os mozos. Preo-cupada pola baixa porcentaxe de mozos menores de 25 anos que optan por ser emprendedores, a Confeder-ación intentou profundar nesta cuestión en busca de solucións. De aí xurdiu este proxecto: unha iniciativa que intenta mellorar a situación do autónomo que decide xubilarse e a do mozo que decide iniciar unha aventura empresarial. Trataríase de que quen comeza a súa carreira como emprendedor o fixese da man do que vai deixar o negocio, que sería algo así como un titor. O mozo contaría cun asesoramento gratuíto baixo o amparo da persoa que lle traspasou o negocio. O proxecto propón varios niveis de intervención que pasan desde a detección do mozo autónomo ata acordos con entidades financeiras.

Fai xa tempo que a Confederación de Autónomos e Profesionais de España (Caype) presentou tanto ao Ministerio de Traballo, á Consellería de Traballo da Xunta de Galicia, como á Concel-laría de Turismo e Comercio da Coruña, un proxecto que ten como obxectivo axudar ao traballador autónomo que decide finalizar a súa

actividade e ao mozo que opta polo autoemprego como saída ao mercado laboral. Autónomos Século XXI, que así se denomina o proxecto, pretende engarzar dúas situacións: a do autónomo que quere abandonar o seu negocio -pero atópase con dificultades para facelo- co dun mozo que quere establecerse por conta propia.

En lugar de verse obrigado a abando-nar a súa actividade de maneira defini-tiva, o autónomo que decide xubilarse, traspasaría o seu negocio ao mozo autónomo. O proxecto expón catro niveis de intervención: Detección de futuros autónomos entre os mozos estudantes de ciclos de formación profesional; financiamento e asesora-mento a través de acordos con entidades financeiras; apoio continu-ado por parte do autónomo que finaliza a súa actividade ao mozo que decide optar polo autoemprego e por último creación do asociacionismo como solu-ción ao desarraigamento.

Impacto económico e socialAutónomos Século XXI terá un impor-tante impacto económico e social. No ámbito económico, este proxecto permite a continuidade de actividades profesionais en declive. Por outra

parte, mellora a calidade de vida dos autónomos próximas á súa xubilación e fomenta o autoemprego entre os mozos, sen esquecer, por suposto, o importante aforro en asesoramento que supón para estes mozos que deciden emprender a súa traxectoria como autónomos.

No que se refire ao ámbito social, Autónomos Século XXI, significaría un incremento do número de mozos que deciden realizar un ciclo de formación profesional. Implica tamén un estímulo para o traballador autónomo de máis idade que desexa xubilarse conseguindo, por outra parte, mellorar o seu amor propio. O prox-ecto permite por último o desenvolve-mento dun servizo de aprendizaxe, “Axudando a aprender” ao mozo autónomo.

A finais do ano pasado, en España 55.654 autónomos eran menores de 25 anos, mentres que 516.394 superaban os 55 anos. A preocu-pación por este tema, polo baixo autoemprego que se dá entre os mozos, foi o que levou a Caype a imaxinar, deseñar e profundar en posibles solucións para esta situación. Así foi como se xestou Autónomos Século XXI.

Os autónomos do Século XXI tamén poden ser mozos aínda que sobradamente preparados

II CONGRESONACIONAL de

AUTÓNOMOS

Un

cam

ino

a s

eg

uir

Palacio de Congresos de Galicia

Santiago de Compostela

27 y 28 de Noviembre 2004

Page 37: REVISTA Nº73 @S AUTÓNOM@S

REVISTA DA FEDERACIÓN DE AUTÓNOMOS DE GALICIA Nº67 XULLO 2008 37

Caype: Carta del Presidente.@S AUTÓNOM@S

Zambullidos ya en esta desenmas-carada “suave desaceleración” deve-nida en demoledora crisis, estamos autónomos y pymes apretando los dientes en este baile de opiniones de nuestros mandatarios, más que para agudizar su ingenio y duplicar su trabajo para volver a la normalidad, para escurrir el bulto. Los autónomos somos el colectivo que, tanto en nues-tra condición de empleados como de empleadores, más padecemos de forma directa los impactos de la crisis, y que además sufrimos la anacrónica desventaja con los demás. Como parte frágil de la cadena, a los autónomos dependientes nos afecta el desplome de la construcción; sólo en este sector trabajan seiscientos mil autónomos, de los que más de veinte mil ya se quedaron sin trabajo y sin la cobertura que ampara a los trabajadores por cuenta ajena.

Los promotores estiraron la goma del egoísmo y la avaricia y la goma se ha roto. Ahora, todos entrampados, aunque los unos forrados; y los otros, arruinados. Y el árbitro, a quien elegi-mos cada cuatro años para que haga su trabajo y se adelante a los acontec-imientos, haciendo política para ver

cómo ganar la próxima vez, y apostado en la barrera, silbando al viento.Quienes nos atrevimos con una hipoteca por necesidad, o porque nos vendían los unos y los otros un país de las maravil-las, vivimos asustados esperando el momento en que nuestros ingresos no puedan cubrir la mensualidad. El incre-mento en los ingresos apenas llega a un 3%, mientras que el de la hipoteca roza un tercio del total.

Igual situación están padeciendo los autónomos dedicados al transporte, la pesca, la agricultura, desprovistos de soluciones y medios para hacer frente a la escalada irracional e injusta de la subida de los combustibles, y sin que el Gobierno tome la razonable decisión en esta grave coyuntura de rebajar los impuestos, que son la gran parte del león en la descomunal subida de precios.

El endurecimiento sin miramientos de los bancos en la concesión de créditos e hipotecas desbarata el funcionamiento de nuestro trabajo, provocando en más casos de los necesarios, de forma egoísta e insolidaria, el estrangu-lamiento y el cierre de la actividad.Los autónomos, no obstante, acostum-

brados a sufrir, a sacar fuerzas de flaqueza sin el correspondiente reconocimiento, hemos elevado el número de altas en el R.E.T.A. en 1.195 en el primer semestre del año. Sólo la capacidad de aguante y abnegación de un colectivo tan importante en la activi-dad económica y social de este país, que roza ya los 3.500.000, puede expli-car la resistencia a la debacle.

Los autónomos no pueden acogerse a expediente de regulación de empleo, no tienen indemnizaciones ni cober-tura por desempleo. La Ley 20/2007, de 11 de julio, del Estatuto del trabajo autónomo contempla estas contingen-cias, sobre todo en el segmento del autónomo dependiente, sin desarrollar en estos momentos. Sin embargo, están existiendo ya inconvenientes en esta aplicación: el Juzgado de lo Social nº1 de León ha rechazado la demanda de un trade (trabajador autónomo económicamente dependiente), cues-tionando sus derechos laborales, remitiéndolo a la vía civil. Es de espe-rar que el Desarrollo Reglamentario de la Ley, previsto para finales de año, elimine las muchas lagunas de inter-pretación.

Con todo, la capacidad de aguante y el empuje de tres millones y medio de autónomos generadores de empleo y riqueza, seguimos poniendo el hombro y saldremos adelante, y si además todos entendemos que sigue siendo válido que la unión hace la fuerza, y nos unimos a las grandes Organizaciones representativas, por supuesto a CAYPE (Confederación de Autónomos y Profe-sionales de España), sin duda que será más fácil.

Confederación de Autónomos y Profe-sionales de EspañaCAYPEEliseo Calviño LemaPresidente [email protected]

Los Autónomos ante la crisis

Page 38: REVISTA Nº73 @S AUTÓNOM@S

38 REVISTA Nº67 XULLO 2008

Page 39: REVISTA Nº73 @S AUTÓNOM@S

As nosas Asociacións: Ao Falar con... Maite Isla, Pta. Asociación Ponteareas@S AUTÓNOM@S

A Asociación de Comerciantes de Ponteareas fundouse o 10 de febreiro de 1987 por una idea de 6 comercian-tes que enseguida se converteron nunha centena de socios. A Asociación foi clave na humaniza-ción das rúas, tamén loitou por unha venta ambulante legal, e nestes momentos está a loitar por un apar-cadoiro e por que se faga un novo Plan Xeral de Ordenación Municipal. En liñas xerais, a Asociación de Comer-ciantes de Ponteareas loita por defen-der todos aqueles asuntos que favore-zan ao crecemento económico de Ponteareas e impulsar a súa activida-de comercial, empresarial, gastronó-mica e turística.

Maite Isla formou parte da asociación desde os seus comezos, e foi nombra-da presidenta por primeira vez en 1998, durante 3 años, volvendo a ser presidenta no 2003 cargo que desem-peña na actualidade.

Como definiría ao comercio de Ponteareas? Cómo evolucionou nos últimos anos?

O comercio de Ponteareas eu sempre o defino como moderno, formado por xente preparada, moi profesional e especializada. É un comercio amigo que ofrece moitos servizos

Como están a solucionar os problemas que teñen co comercio ambulante e coa seguridade en Ponteareas?

A nosa directiva está formada por 20 persoas moi unidas, con moitas ganas de traballar e o único que nos move a todos é a defensa dos nosos comercios.

Coa nosa liña de traballo conseguimos ter unha reunión co Subdelegado do Goberno, co Alcalde, o Concelleiro de Seguridade e o Tenente da Garda Civil.

Organizamos unha manifestación multitudinaria á que acudiron comer-ciantes e veciños de Ponteareas, e dende ese momento os roubos foron a menos.

Polo que se refere á venda ambulante despois de anos de loita conseguimos que se aprobara a nova ordenanza onde se recolle que só se pode poñer un posto por cooperativa, e non como facían, que cunha licenza poñían 50 postos.

Que vota en falta actualmente no Concello de Ponteareas para mellorar o comercio?

O que voto en falta no Concello de Ponteareas son axudas ao comercio (subvencións), un aparcadoiro soterra-do, un parque empresarial, que se faga

un Plan Xeral de Ordenación Munici-pal, etc..

Cales son as principais vantaxes que ofrecen aos seus asociados?

Dende a Asociación organizamos xornadas dirixidas aos intereses dos nosos socios, actividades promocio-nais, actividades publicitarias, cursos de formación, asesoramento acerca das liñas de axuda e subvencións. Ademáis dispoñemos dun servizo de bolsas de emprego, e de selección de persoal, asesoramos aos nosos socios na creación de emprego, plans de negocios, etc. Tamén os represen-tamos ante as administracións e insti-tucións, e tramitamos as subvencións.Por outra banda, temos un órgano de difusión, que é a revista A Xanela, e un convenio financeiro con Caixanova, así como convenios publicitarios con diferentes medios de comunicación.

E aos clientes dos establecementos asociados?

As principais vantaxes que ofrecemos aos clientes dos establecementos asociados son as campañas que se realizan durante o ano na que se fan sorteos de premios, vales de desconto para comprar nos comercios asocia-dos, actividades para nenos no Nadal, etc..

“O que voto en falta no

Concello de Ponteareas

son axudas ao comercio ”.

“O comercio de Ponteareas é moderno e profesional”

Maite Isla no seu despacho da Asociación de Comerciantes de Ponteareas

REVISTA DA FEDERACIÓN DE AUTÓNOMOS DE GALICIA Nº67 XULLO 2008 39

Page 40: REVISTA Nº73 @S AUTÓNOM@S

C M Y CM MY CY CMY K

Con

Sanitas Multisaldrás

ganando

Innovaciónen coberturas

• PET/TAC*: Consigue diagnósticos más precoces y seguros.

• Coronariografía por imagen: Valora el estado de las arteriascoronarias.

• Láser ORL: Cirugías más limpias y precisas que permiten unarecuperación más rápida.

• Otoemisiones: Diagnóstico precoz de la sordera en reciénnacidos.

• Lente Intraocular Monofocal para la cirugía de cataratas.(Coste de la lente incluido)

• Reconstrucción Mamaria Inmediata: Ahora es posible, en unasola operación, lograr la reconstrucción inmediata de lamama tras una extirpación o mastectomía total o parcial.Sanitas es la primera compañía que implanta el RMI de formasistematizada en la medicina privada.

Sanitas está a la vanguardia del desarrollo tecnológicoincluyendo constantemente coberturas más innovadoras.

*Prueba diagnóstica cubierta para procesos tumorales y epilepsia rebelde al tratamiento farmacológico en los casos e indicacion es de�nidas y aceptadas por la Agencia Española de Medicamentos y Productos Sanitarios,por la Agencia de Evaluación de Tecnologías Sanitarias Carlos III y/o por los organismos o�ciales españoles competentes.

Oferta especial 2008 para la

Federaciónde Autónomos de Galicia

* Pr

imas

por

per

sona

y m

es v

álid

as h

asta

el 3

1/12

/08

sobr

e la

s qu

e se

apl

icar

án lo

s im

pues

tos

lega

lmen

te re

perc

utib

les.

Eda

d m

áxi

ma

de c

ontr

atac

ión

64 a

ños.

Con Sanitas Multi , la póliza de Sanitas de cuadro médico,

tienes acceso a todas estas coberturas y servicios:

•asistencia sanitaria en más de 495 centros médicos privados

con más de 29.000 profesionales a tu disposición

•habitación individual con cama para acompañante(salvo hospitalización psiquiátrica, UCI y UVI)

• todas las especialidades médicas y quirúrgicas

•cobertura de psicología incluida

•Sanitas 24 horas (teléfono médico)

• segunda opinión médica

•asistencia de urgencias en viajes al extranjero

•autorización telefónica de volantes médicos

Sanitas Multi

Para contratar este seguro o solicitar cualquier información adicional , llama a:

Sanitas MultiPrimas* por persona y mes:

Suplemento * dental: 6,92

Edad

0-4445-64

Primas44,8952,20

Nº d

e pó

liza:

809

2051

6

• A Coruña: 981 122 743 •Santiago: 981 574 556

• Ourense: 988 252 550 •Vigo: 986 221 205

• Ferrol: 981 359 292 •Lugo: 982 221 092

• Pontevedra: 986 853 555