Revista ofi cial da Galiciencia. Tecnópole · nos proxectos que encherán outra vez a carpa!...

5
Unha iniciativa de ciencia cidadá para protexer a biodiversidade, un foguete de combustible sólido e un sistema de prevención de incendios gañaron os tres premios que os levarán a competir en Barcelona e Bilbao e á Semana da Ciencia do MUNCYT Un sitio onde sempre loce o Sol Os 77 participantes na primeira edición de primavera da maior feira científica de Galicia demostraron unha vez máis que son as súas mentes brillantes as que aluman o futuro Revista oficial da Galiciencia. Tecnópole

Transcript of Revista ofi cial da Galiciencia. Tecnópole · nos proxectos que encherán outra vez a carpa!...

Page 1: Revista ofi cial da Galiciencia. Tecnópole · nos proxectos que encherán outra vez a carpa! Estudantes e profesores, é hora de facer equipo e poñer en marcha a maquinaria da

Unha iniciativa de ciencia cidadá para protexer a biodiversidade, un foguete de combustible sólido e un sistema de prevención de incendios gañaron os tres premios que os levarán a competir en Barcelona e Bilbao e á Semana da Ciencia do MUNCYT

Un sitio onde sempre loce o SolUn sitio onde sempre loce o SolOs 77 participantes na primeira edición de primavera da maior feira científi ca de Galicia demostraron unha vez máis que son as súas mentes brillantes as que aluman o futuro

Revista ofi cial da Galiciencia. Tecnópole

Page 2: Revista ofi cial da Galiciencia. Tecnópole · nos proxectos que encherán outra vez a carpa! Estudantes e profesores, é hora de facer equipo e poñer en marcha a maquinaria da

Premios que voan|Os gañadores da Galiciencia recibiron un dron para continuar explorando

Q

Os gañadores tratarán de igualar os triunfos dos vencedores de 2017 nas feiras catalá e vasca

Para quen non o saiba, di-cir que alguén ten rebinxe é o mesmo que dicir que ten mal humor. Así foi como se sentiron María, Lidia e os seus compañei-ros cando souberon que un veciño quería matar unha curuxa que se instalara na súa propiedade. Pensando en como mellorar a super-vivencia desta e outras es-pecies autóctonas, puxe-ron en marcha o proxecto vencedor absoluto da Gali-ciencia 2018, bautizado

como "Rebinxe".Lidia e María destacaron pola coidada metodo-loxía do seu proxecto, pero tamén pola presen-

tación do seu stand e o en-tusiasmo co que defen-dían a súa iniciativa e que conquistou o xurado.Durante os últimos seis meses, elas e mais os seus compañeiros de equipo

Mouchos, curuxas e morcegos... ¡sodes benvidos!

PrimeiroPremio... Rebinxe

realizaron estudos porme-norizados sobre tres espe-cies autóctonas –a curuxa, o moucho e o morcego– para despois iniciar un completo plan de acción. Entre as actuacións postas en marcha, está a concien-ciación da poboación so-bre a capacidade destas especies para controlar pragas como a velutina, a colocación a demanda de caixas-refuxio construídas por eles mesmos para faci-litar a supervivencia de exemplares e ferramentas online para recompilar da-tos facilitados polos habi-tantes da contorna. A súa

recollida exhaustiva de da-tos mediante técnicas coma o fototrampeo, a in-vestigación sobre as condi-cións de vida de cada unha das especies e sobre a ade-cuada construción dos re-fuxios e a capacidade para divulgar os seus resultados con rigor foron determi-nantes á hora de obter a máxima puntuación. "Agora imos comezar a dar charlas na nosa comarca para concienciar a poboa-ción sobre a conservación destas especies, sobre todo para desterrar crenzas po-pulares como a de que a curuxa trae a morte", ase-guran as gañadoras. Así é como buscan involucrar os habitantes dos concellos lugueses de Mondoñedo, Abadín e Lourenzá na me-llora da situación dos eco-sistemas rurais nesta co-marca, unha misión na que conseguiron xa moito apoio popular e mesmo institucional.

Na páxina de Rebinxe en Facebook pódense seguir os avances da iniciativa día a día”

pequenosmoi grandes

Despois de catro anos, os alumnos e alumnas de Primaria xa gañaron o seu lugar por dereito propio na exposición de proxectos. Cada un dos tres días da Galiciencia quedou claro outra vez que os máis novos veñen pisando forte!•

¡Bechos, bechos e máis bechos!Os alumnos do CEIP Ben-Cho-Shey de Ourense meteron ao público de cheo nos efectos que o cambio climático pode provocar sobre os insectos.•

Que misterio!As pirámides non teñen segredos para estes precoces exiptólogos do Colexio Guillelme Brown de Ourense.•

fontes de enerxía alternativas, fo-ron os temas máis populares.As maquetas para escenifi car como o efecto invernadoiro pro-vocado pola acción humana inci-de directamente no cambio climá-tico e a app para que calquera poida achegar datos para avaliar a infl uencia deste fenómeno sobre a fl ora da Península Ibérica foron algunhas das iniciativas relacio-nadas co tema central do evento.

Talento multidisciplinarA carón destes, un sistema de este-rilización mediante luz ultraviole-ta para quirófanos rudimentarios,

Quen nos ía dicir alá por 2006 que a Galiciencia chegaría tan lonxe! Coa edición deste ano démonos conta de que alcanzabamos unhas cifras das que temos que presumir: 700 proxectos redondos expostos nestas 13 edicións que foron visita-dos por máis de 25.000 persoas.E isto coincidiu coa nosa primeira Galiciencia de primavera, un éxito máis que este ano vivimos co efec-to invernadoiro instalado na nosa carpa de proxectos. Non foi adre-de, pero o certo é que na edición dedicada ao cambio climático pui-demos experimentar a pequena escala o que ocorre na atmosfera!Os investigadores precoces da Ga-liciencia defenderon con moito entusiasmo os 77 proxectos que expuxeron durante tres días no Parque Tecnolóxico de Gali-cia-Tecnópole (Ourense).Grazas ao apoio da Consellería de Economía, Emprego e Industria e da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (Fecyt), máis de 2000 persoas, a maioría escolares das catro provincias, puideron visitar a maior feira científi ca de Galicia para perco-rrer a exposición de proxectos e

asistir ás actividades paralelas.Os participantes responderon este ano á demanda de proxectos sobre a temática central do even-to, o cambio climático, presentan-do un bo número de iniciativas coas que non só documentan os

efectos deste fenómeno na súa contorna, senón que buscan con-cienciar aos cidadáns. Estes, xun-to cos proxectos orientados a me-llorar a calidade de vida das persoas e o seu acceso ás tecno-loxías, a innovación no rural e as

700 proxectos expostos e máis de 25.000 visitantesCifras de vertixe| A décimo terceira edición da Galiciencia permitiu redondear un balance global emocionante

32 proxectos de Pontevedra, 29 de Ourense, 9 da Coruña, 5 de Lugo e 2 de Barcelona protagonizaron a feira científi ca de Galicia

pensado para usar en zonas re-motas ou en guerra; unha ferra-menta para que calquera poida crear unha aplicación móbil, mesmo sen ningún tipo de coñe-cemento técnico; unha “caixa forte” para depositar teléfonos móbiles durante as clases; ou mesmo un estudo sobre a efi cacia do ensino das ciencias a través de WhatsApp, entre moitos outros.

Directos a outras feirasOs gañadores absolutos da Gali-ciencia foron premiados cunha axuda de 1000 € para levar o seu proxecto á Exporecerca de Barce-lona. O segundo premio estivo do-tado con 500 € para participar na Zientzia Azoka de Bilbao. No caso do terceiro premio, foron 200 € para acudir á Semana da Ciencia na Coruña, organiza-da polo MUNCYT .

María Bouso | Lidia Barreira | E seis compañeiros máis. IES San Rosendo de Mondoñedo (Lugo)

2019:Nas vosas marcas, preparados... xa!A Tecnópole está traballando xa na edición 2019 da Galiciencia, ¡así que é hora de comezar a pensar tamén nos proxectos que encherán outra vez a carpa! Estudantes e profesores, é hora de facer equipo e poñer en marcha a maquinaria da creatividade, a investigación, a innovación e, por suposto, o talento.

Os 40 membros do xurado conta-ron este ano cunha nova ferra-menta para avaliar os proxectos en

competición: unha aplicación móbil.

Coincidindo co compromiso de reducir o uso de papel ao máxi-mo para contri-

buír a paliar o cambio climático, púxose a proba a nova app, que cumpriu expectativas.A app foi creada por Kike Fontán, ex participante da Galiciencia e das Aulas Tecnópole, que se encargou de explicarlles o seu funcionamen-to aos membros do xurado, como o prestixioso investigador da Univer-sidade de Vigo Juan Añel.

Un xurado moi tecnolóxico sen papelInnovación... A app deseñada por Kike Fontán

competición: unha aplicación móbil.

Coincidindo co compromiso de

Page 3: Revista ofi cial da Galiciencia. Tecnópole · nos proxectos que encherán outra vez a carpa! Estudantes e profesores, é hora de facer equipo e poñer en marcha a maquinaria da

pequenos moi grandes

Brais e Pablo non precisa-ron inspiración para dese-ñar o seu foguete, cons-truído a partir de materiais reciclados, pero si que re-correron aos arquivos pú-blicos da NASA para in-vestigar os principios físicos que habían de im-pulsalo utilizando com-bustibles sólidos, como o centro de gravidade, o peso, a incidencia das principais forzas involu-cradas ou a estabilización mediante aleróns."Levamos xa moito tempo traballando nisto e fomos avanzando grazas a suce-sivas probas, buscando solucións aos problemas que se ían presentando", relatan. Disto dá boa con-ta o vídeo que teñen publi-cado en YouTube baixo o título "Cohete C.S. Eduar-do Pondal", todo un cader-

De Cangas á NASA só hai un paseo en proxectil

2ºPremio... Foguete de combustible sólido

no de bitácora do seu proxecto ao longo dos últi-mos meses no que mesmo se poder ver a "grande ex-plosión" dun dos seus pro-totipos. "Polo de agora le-vamos cinco, o último deles aínda a proba", con-cretan.O seu foguete impúlsase grazas a unha mestura de nitrato de potasio (65%), que actúa como oxidante, e azucre (35%), que fun-ciona como combustible polo seu alto poder calorí-fico. A súa combinación provoca unha reacción de gases que propulsa o

proxectil. Pablo e Brais explican que a elección dun combusti-ble sólido en lugar dun lí-quido ou dun híbrido se debe a que é máis manexa-ble e seguro, xa que a súa temperatura de ignición é "só" de 300ºC. En cambio, tiveron que superar a dificultade que presentan este tipo de car-burantes e é que son hi-droscópicos, é dicir, absor-ben a humidade, polo que se deterioran con relativa facilidade.Co prototipo 5 aínda pen-dente de lanzamento, a mellor marca de acelera-ción do seu foguete está en 25 metros por segundo, unha velocidade moi con-siderable que pensan su-perar sen moitas dificulta-des. Só é cuestión de días que as probas continúen para superar esta marca e levar un modelo mellora-do á feira de Bilbao.

Fomos avanzando grazas a sucesivas probas, a base de resolver problemas”

Pablo Portela | Brais Pazó. Colexio Eduardo Pondal de Cangas do Morrazo (Pontevedra)

Sensibilizadas coa vaga de lumes que asolou Gali-cia e o Norte de Portugal o ano pasado, Esther e Lu-cía puxéronse a traballar. "Xa que non os podemos erradicar, polo menos quixemos facer algo para contribuír a previr os in-cendios", aseguran. Así foi como naceu a esta-ción meteorolóxica elec-trónica “Cero lume” que, a través de sensores de tem-peratura, humidade e ve-locidade do vento e circuí-tos programados co fin de cruzar os datos, emite aler-tas cando se produce a combinación de factores de risco para poder contro-lar a situación. Polo de agora, é necesario conectar un ordenador mediante un cable á esta-ción para obter os datos, pero seguen traballando

O vixilante 24 horas dos montes

3ºPremio... Cero lume

para que a transmisión da información funcione sen fíos e chegue así ao 112 e aos bombeiros.O seguinte paso será in-corporar na estación un visor no que se proxecten os valores rexistrados en tempo real, co obxectivo de que os axentes forestais poidan consultalos e fa-cerlles seguimento duran-te as súas roldas de vixi-lancia polo monte.O galardón, que se suma ao 2º premio da Expore-cerca, anima aínda máis as científicas a comezar xa as probas de campo.

Xa que non podemos erradicar os lumes, quixemos facer algo para previlos”

Esther Suárez | Lucía Suárez. Aulas Parga Pondal (Ponteceso. A Coruña)

SupermáquinasLeonardo da Vinci e Arquímedes tamén viñeron á Galicien-cia. As alumnas do Colexio Guillelme Brown construíron varias máquinas baseándose nos seus inventos.•

Lava as mans!Antía e Nicole, do Colexio Alborada de Vigo, contaron para a tele o experimen-to co que demostra-ron o importante que é lavar as mans .•

SanditinasRut e Xiana, do CPR Divino Maestro de Ourense, repartiron felicidade en forma de lambetadas saudables a base de zume de froitas.•

Como proxecto máis inno-vador, foi premiado o siste-ma de axuda na reciclaxe de lixo para invidentes. Os alumnos deseñaron un contedor que emite sinais aos bastóns dos invidentes cando están cerca para axudalos a saber onde po-

Contedores de lixo que se comunican cos invidentes

Premio... Asistente para a reciclaxe

den depositar os seus resi-duos. O colector está dota-do de sensores de son e de distancia e dun módulo de tecnoloxía sen fíos que emite sinais diferentes en función do tipo de resi-duos que recolle (plástico, papel, vidro ou orgánico).

Mateo e Cecilia González. Aulas Tecnópole (Ourense)

O premio na categoría de cambio climático foi para o proxecto de caracteriza-ción dos plásticos da praia de Vilariño (Ría de Aldán). Óscar e Inés fixeron un ex-haustivo traballo de cam-po ata determinar que o contido de microplásticos

¡760 microplásticos por decímetro cúbico na praia!

Premio... Análise de plásticos

(tamaño menor de 5 mm.) no areal analizado ascen-de á perigosa cantidade de 760 unidades por decíme-tro cúbico. Todo un foco de contaminación e un peri-go pola súa entrada na ca-dea alimenticia dos ecosis-temas.

Inés Muiñas | Óscar Cordero. Colexio Alborada (Vigo)

O proxecto de conciencia-ción sobre a reciclaxe de papel fíxose co recoñece-mento á mellor presenta-ción e comunicación oral. Desde o Club de Ciencia do instituto, os alumnos idearon un sistema que co-

Revistas, xornais e resumos da lección que resucitan

Premio... A segunda vida do papel

bre todo o proceso: desde construír os instrumentos necesarios para a reciclaxe ata elaborar papel de dife-rentes cores e texturas. Como materia prima usa-ron papel recollido nas au-las, xornais e revistas.

Luis Barba | María Rascado. IES María Casares de Oleiros (A Coruña)

A fórmula para a grella per-fecta foi distinguida polo método científico e o pro-ceso de investigación me-llor definido. Tras extraer e estudar as oleorresinas presentes nas variedades de leña que se empre- gan nas grellas, propoñen como receita un lume en

Churrasco de premioPremio... A grella perfecta

tres fases: 1ª leña de piñei-ro, fácil de prender e de combustión rápida; 2ª cas-tiñeiro, que eleva rápido a temperatura, e carballo, que asegura un bo brasei-ro; e, 3ª sobreira, con gran poder calorífico e combus-tión completa con poucos residuos.

Juan Carlos Serra | Daniel León | Rubén Borrajo. Colexio San José-Josefinas de Ourense

Page 4: Revista ofi cial da Galiciencia. Tecnópole · nos proxectos que encherán outra vez a carpa! Estudantes e profesores, é hora de facer equipo e poñer en marcha a maquinaria da

Este ano vivimos por pri-meira vez a Galiciencia en manga curta, así que pui-demos lucir ben á vista unha das novidades tecno-lóxicas que trouxo esta edi-ción: a pulseira con código QR que participantes e vi-

Pulseiras, micrófonos de radio e manga curta

Na trastenda Moito se falou de...

sitantes recibiron para es-tar ao tanto de todo o que se cocía na Tecnópole.Isto foi tamén o que contou o programa Efervescien-cia, gravado durante o evento cun público total-mente entregado.

Diante dosteus ollos

Un par de graos¿Cal é a temperatura media da Terra? Cando Kike conta que son 15 graos parece que un aumento dun par máis non é para tanto. Non obstante, todo o planeta corre perigo por isto e a culpa tena o efecto invernadoiro. Os asistentes ao taller puideron ver cos seus ollos como ocorre.Nunha placa de Petri, un chorro de vinagre e unha cullerada de bicarbonato reaccio-nan ata desprender un gas de efecto invernadoiro que, nun medio controla-do, eleva a tempera-tura ata dez graos. Na busca de solucións máis sostibles para as nosas necesidades aparecen os bioplásti-cos. Pasando por un coadoiro leite quente mesturado con vinagre obteremos o noso propio plástico orgánico.

¿Fixácheste en que nas pe-lis da Idade Media adoitan ir moi abrigados? O clima sempre tivo períodos cam-biantes ao longo da Histo-ria. Os expertos falan de ciclos de once anos a causa da actividade solar, pero os pobres medievais tiveron que soportar unha peque-na Idade de Xeo que lles durou 80 anos. Non obstante, tal e como

Winter is not coming! Máis ben será un eternal summer

Espectáculo... ¿Entramos nun verán interminable?

explicou David durante o espectáculo central da Ga-liciencia, o cambio que es-tamos a vivir agora é dife-rente: somos nós, os humanos, os que estamos a mutar o clima.Nun momento da sesión, David ármase cunha bobi-na Tesla e unha barra de luz fl uorescente. Os raios que se xeran ao achegar os dous artiluxios xeran tanta enerxía que producen ozo-no, un gas de efecto inver-nadoiro. É só unha demos-tración a pequena escala do que ocorre todos os días arredor de nós. Cada vez

vertemos máis gases deses á atmosfera e provocamos o quentamento do plane-ta, con consecuencias ca-tastrófi cas como a acidifi -cación dos océanos a raíz do desxeo da Antártida, un cambio de pH que lles afec-ta ás especies mariñas. En Xogo de Tronos laiábanse de que viña o inverno, ¡pero o verán eterno tam-pouco é nada divertido!A boa nova é que cada un de nós pode axudar apli-cando os tres R: reducir mercando menos, reutili-zar o que xa temos e reci-clar o que xa non usamos.

O cambio climático débese a factores diversos, pero só hai unha solución e está nas nosas mans

"Pido un minuto de silen-cio pola xente que colle o coche para ir ao ximnasio andar na bici estática. ¿Vis-tes algo máis absurdo?". A lóxica aplastante de Vicen-te imponse na sala. No quecemento global te-ñen moita culpa os tubos

Se non queres ir ao inferno, ¡camiña máis!

Taller... Pé no pedal!

de escape. De reducir os seus gases depende que a Terra non acabe sendo un inferno e a Antártida deixe de derreterse. En 2017 des-prendeuse alí un iceberg que equivalía á distancia entre Ribadeo a Malpica.Cunha curiosa versión de "Under pressure" de David Bowie, a sesión remata ad-vertindo que non é boa "Tanta présa".

A solución non é cam-biar todos os coches por eléctricos, senón reducilos ao mínimo

En Santiago de Composte-la temos agora o dobre de días con máis de 25ºC de temperatura que en 1950. ¿E que ocorrerá no ano 2100? Se seguimos así, o mar subirá dous metros e, só como exemplo, a Illa de Arousa desaparecerá.Polo camiño, cada vez máis especies se mudan ao norte do planeta, buscan-do un clima no que poder sobrevivir. Ata os animais tropicais veñen en busca dun ambiente un pouco máis levadeiro.

O dobre de días de verán que en 1950

Taller... ¿Que nos está a pasar?

Tal e como explicou Ma-nuel durante o seu taller, entre os científi cos que in-vestigan estes fenómenos hai dous moi prestixiosos que son galegos.Elena Ojea estuda como están a cambiar de sitio os bancos pesqueiros nos océanos. Mentres, Xavier Labandeira céntrase na mitigación, unha parte moi importante da solu-ción xunto coa adapta-ción, xa que moitos dos efectos do cambio climáti-co son xa irreversibles.

As estacións cambian, as especies mutan e as nosas praias favoritas poden desaparecer

Organizados en grupos, os asistentes ao taller de Santiago teñen unha mi-sión: completar a rolda de probas que desvelan o nome dos cinco principais gases de efecto inverna-doiro. ¿Sabes cales son?Levamos moito tempo al-terando a atmosfera con vertidos de toneladas de vapor de auga, metano, dióxido de carbono, ozono e óxido nitroso. Isto con-verte a Terra nun grande invernadoiro que retén os

Os 4+1 xinetes da Apocalipse

Taller... Gases que apestan

raios ultravioleta e a tem-peratura aumenta. Non só nos queimamos con máis facilidade na praia, senón que todo se descon-trola no ecosistema.Na versión deste mesmo taller para alumnos de Pri-maria, Luis deu algunhas claves para reducir este efecto, como consumir menos enerxía e menos plástico. Porque... ¿a que non sabías que un inocen-te vaso de plástico tarda mil anos en degradarse?

Vapor de auga, metano, dióxido de carbono,ozono e óxido nitroso: ¡fóra da nosa atmosfera!

Actividades paralelas...

Page 5: Revista ofi cial da Galiciencia. Tecnópole · nos proxectos que encherán outra vez a carpa! Estudantes e profesores, é hora de facer equipo e poñer en marcha a maquinaria da

oMuroda

Gabriel Fernández celebrou o seu triunfo no concurso de deseño da camiseta ofi cial da Galiciencia.

O conselleiro de Economía, Francisco Conde, e a directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, tamén viñeron divertirse á Galiciencia. Logo de gozar do espectáculo científi co, fi xeron un percorrido pola exposi-ción de proxectos. ¡Os peque-nos do Colexio Alborada mesmo lles fi xeron pasar un exame sobre cambio climático! ¡A fi nal do desafío do cambio climático foi trepidante!

A directora da Asociación de Parques Tecnolóxicos de España (APTE), Soledad Díaz, veu coñecer a Galiciencia e inaugurar a exposición de científi cas "Mulleres que cambiaron o mundo".

¿Buscácheste nas fotos e non estás? Aquí non nos cabían todas, pero bota un ollo e descarga as que queiras do álbum Gali-ciencia no Flickr de Tecnópole: fl ickr.com/ tecnopole.

Fotosdepremio

Revista ofi cial da Galiciencia 2018Edita: Parque Tecnolóxico de Galicia SADeseño gráfi co e contidos: Growcom SLImaxe: Enyiris Design Thinking LabFotografía: Elena Repetskaya Impresión: Rodi Artes Gráfi cas SL Depósito Legal: OU 171-2018

Moito máis. Se non viñeches á Galiciencia ou perdiches a túa pulseira, aquí tes o código QR que podes escanear para ver esta revista e acceder a toda a información e ás fotografías do evento

Síguenos en Facebook e na nosa web: www.galiciencia.com

"Seca extrema". Andrea Mancebo Macía.Premio na categoría de alumnos.IES Carlos Casares. Viana do Bolo. Ourense

"Cambio climático". Jesús García.Premio na categoría de docentes.IES Xulián Magariños. Negreira. A Coruña.