Revista Trisquel
-
Upload
borja-sampayo -
Category
Documents
-
view
230 -
download
2
description
Transcript of Revista Trisquel
AMENCER INFORMA: Sabías que… ... O lema escollido para toda a Obra Salesiana de Ourense para o curso 2011-12 é “Deixando pegadas”? ... Este verán participaron en actividades organizadas por Amencer 1.384 rapazas e rapaces, mozas e mozos. Si, liches ben: MIL TRESCENTOS OITENTA E CATRO!!! ? Case ná. ... Que neste curso AMENCER celebra os seus 25 anos. Durante todo o curso haberá unha manchea de actividades… aínda así, ide reservando a fin de semana do 24 e 25 de marzo pois será a semana grande dos 25 anos. EDUCANDO XUNTOS Desde hai tres anos aos animadores dos grupos de tempo libre regálaselles en decembro un libriño titulado Palabra y Vida. El Evangelio comentado cada día. Contén o Evanxeo da cada día e un breve comentario dun experto coñecedor da mensaxe de Xesús. Está nunha linguaxe axeitada para todos os públicos. E o curso pasado xa varias familias apuntáronse a recibir este precioso regalo. A nosa proposta é seguir regalándoo aos quen desexedes ter un exemplar para o ano 2012. Soamente tedes que dicírnolo. Así podedes “perder” (ou “gañar”) 3 minutos ao día confrontando o voso día a día cos valores de Xesús de Nazaret.
COLABORACIÓN FAMILIAR Seguimos indicando en cada Folla Trisquel unha acción concreta para estar máis implicados como familia en Amencer. Hoxe propoñémosvos converterse en familia-socio honorífico de AMENCER. Os vosos fillos e fillas por participar nos grupos de Buxaina, Andaina, ADS e grupos xuvenís de Catecumenado xa son socios e socias da Asociación Xuvenil AMENCER. Neste curso queremos potenciar que as propias familias, iso é, toda a familia (ademais dos fillos que xa son): O pai, a nai, os irmáns..., que todos sexades socios honoríficos de AMENCER. Para iso teredes que cubrir unha ficha familiar e obteredes un carné propio como familia-socio honorífico de Amencer. Asumindo que as familias que vos faredes socias é por compromiso coa nosa acción educativa, xa vos informaremos dalgunha vantaxe que terá este carné. O prezo será de 50 € por familia (incluída xa a cota dos vosos fillos/as). Animádevos!
Queridos amigos e amigas: Un ano máis voltamos das nosas vacacións para comezar un novo curso cheos de ilusión, novas ideas e moitas sorpresas. Este curso vai a “Deixar Pegada”, como di o lema que nos vai acompañar, entre outras cousas porque a nosa asociación cumpre 25 anos, unha data moi especial que queremos compartir con todos e todas vós, facendo protagonistas desta efeméride aos nosos destinatarios e destinatarias. As vacacións, que agora vemos xa tan lonxe, estiveron cargadas de emocións e actividades: acampada preandaina, campamentos andaina e ads, cursiños de catecumenados, mañás de verán, campamento urbano… un monte de momentos que vivimos tan rápido que apenas nos decatamos de estalo vivindo. Cando pensamos agora no que fixemos vénsenos a cabeza toda a xente que descubrimos, os lugares que coñecemos, os bos momentos…Aproveitemos esta base para construir un novo curso, soñando novos horizontes e tentando descubrir día a día o que non se ve. Gracias por deixar a vosa pegada en nós no verán e durante todo o curso. Feliz Curso 2011-2012
Folla voante Trisquel
folla voante
Saúdo
Recuncho das familias
outubro/decembro 2011 2ª tempada/ nº10
Os teus fillos e fillas, os protagonistas
folla voante
TRISQUEL É un proxecto de tempo libre formado polo grupo BUXAINA (para rapaces/zas de 6 a 8 anos) ANDAINA (de 9 a 11 anos), grupo ADS (de 12 a 14 anos) e GRUPOS XUVENÍS de CATECUMENADO (de 14 a 19 anos) que a partir de actividades semanais, saídas, xuntanzas e campamentos pretendemos ser mellores persoas e cristiáns. Os Buxaina xuntámonos os venres de 17:45 a 19:15. Os Andaina e ADS xuntámonos os sábados de 11:00 a 12:45. E o horario dos GRUPOS XUVENÍS depende dos participantes.
Reforzo educativo para nenos e nenas de Primaria con
horario de Luns a Xoves de 17.30 a 19:30, e Sala de
Estudo e reforzo de Martes a Xoves de 16:00 a 17:30 para
ESO e BAC
APOIO EDUCATIVO
Os grandes números do verán 2011...
Mañás de Nadal
Fechas : 26, 27, 28, 29, 30, de Decembro
2, 3, 4 e 5 de Xaneiro
PRAZAS LIMITADAS!!!
A TOPE NA PONTE Son actividades puntuais e abertas que se desenvolven en fins de semana, pontes e vacacións escolares. Neste primeiro trimestre: Tódolos Santos; San Martiño; Inmaculada e Nadal en Amencer. Hai actividades deportivas, musicais, lúdicas, concursos, proxeccións, obradoiros, grandes xogos...
Para maiores de 14 anos con concertos, festas galegas, cine…
Instantes de verán
Reforzo educativo para nenos e nenas de Primaria con
horario de Luns a Xoves de 17.30 a 19:30, e Sala de
Estudo e reforzo de Martes a Xoves de 16:00 a 17:30 para
ESO e BAC
Sala de xogos, ciber, futbolín, pimpón, ludoteca infantil, biblioteca e sala de estudo. (Luns a Xoves 12:30 a 20:00
XANGAL
Club de Lectura, para mozos, mozas e adultos. Horario a determinar.
CLUB DE ECTURA
Os Luns de 18:00 a 19.30 para nenos/as de 6 a 11 anos.
OBRADOIRO DE GUITARA
APOIO EDUCATIVO
AMENCER NA NOITE
Luns a Xoves de 17:30 a 20:00 e Venres e Sábados de 16:30 a 21:30
SALA ABERTA
Mañás de Nadal
Fechas : 26, 27, 28, 29, 30, de Decembro
2, 3, 4 e 5 de Xaneiro
PRAZAS LIMITADAS!!!
E en Nadal...
Torneo 24 h Fútbol Sala
Actividades abertas para nenos e neas
Baloncesto 3x3
Boscomusic Sala Aberta, Xangal (Sala de Xogos, ciber, pimpón…)
TARDES DE LECER
Actividades os Luns e Mércores de 17:30 a 19:00, para nenos e nenas de Educación Infantil. Organiza a Asociación Xuvenil Amencer.
Andaina
Grupos Xuvenís
Buxaina
ADS
outubro’11
Día Grupo(s) Actividade Horario
15
BUXAINA ANDAINA ADS CATECUMENADO FAMILIAS
”Inicio de actividades” - Día da familia 17:00 a 21:30
21 BUXAINA “Aventura no Xeo” 17:45 a 19:30
22 ANDAINA “Comenzando có Domund” 11:00 a 12:45
ADS “Acampada ADS” 11:00 a 12:45
28 ó 31
TODOS “ATP Tódolos Santos”
(consultar en Amencer)
29 ADS “Pixamada Musical” 11:00 a 12:45
novembro’11
5
BUXAINA ANDAINA ADS CATECUMENADO
“Magosto Infantil” 11:45 a 18:50
10 ó 13
TODOS “ATP San Martiño” (consultar en amencer)
12 ANDAINA “En Busca das 25 Castañas” 11:00 a 12:45
19 NON HAI ACTIVIDADES Asemblea Inspectorial do Itinerario
25 BUXAINA “Descubrimos a Roda” 17:45 a 19:30
25 ó 27
CATECUMENADO “Camposbosco Ourense” (consultar en amencer)
26 ANDAINA
“Traballando coas nosas Mans”
11:00 a 12:45
ADS “Parlamento ADS” 11:00 a 12:45
decembro’11
2 ó 8
TODOS “ATP Inmaculada” (consultar en Amencer)
9 BUXAINA “Nómadas e Sedentarios” 17:45 a 19:30
10 ADS “Solidari@s” 11:00 a 12:45
17 BUXAINA ANDAINA ADS
“Sementadores de Estrelas” “Festival de Panxoliñas”
11:00 a 12:45
Última hora! Desde principios de outubro até principios do mes de decembro, en Amencer temos lotaría para que poidamos vender todos os que queiramos. Isto de vender lotaría está pensado sobre todo para os rapaces e rapazas, mozos e mozas que participan nos grupos de tempo libre, pois o 25% do recadado irá destinado ao seu campamento de verán ou, se el ou ela non pode participar neste curso, o recadado irá ao fondo común dos demais compañeiros e compañeiras que participan nos campamentos organizados por Amencer. Calendario do primeiro trimestre
*Os gru
po
s de C
atecum
enad
o te
ñe
n o
seu ritm
o p
rop
io d
e reun
ión
s seman
ais
Director: Xulio César Iglesias Mesa de Redacción: Laura Valcárcel e Xulio César Iglesias Deseño e Maquetación: Adrián R. Cruz e Borja Sampayo Impresión: Visual Q
Asociación Xuvenil Amencer Praza D. Bosco, 1 - baixo 32003 - Ourense Tfno. e fax: 988 218 123 Correo-e: [email protected] Web: www.amencer.org
Edita:
Pu
blic
ida
de
Folla voante outubro/decembro 2011
2ª tempada/nº 10
Colabora: