Rinoceronte_O edificio Yacoubian_mostra

9
1 Non máis de cen metros separaban a pasaxe Baehler, onde vivía Zaki Bei el Dessouki, do seu despacho no edificio Yacou- bian, pero cada mañá tardaba unha hora en cruzala, xa que tiña que saudar os amigos pola rúa: os donos dos comercios de roupa e de calzado, os dependentes de ambos os sexos, os camareiros, os empregados do cine, os clientes habituais do café Brasil, incluso os porteiros, os limpabotas, os mendigos e os gardas de tráfico, Zaki Bei coñecía a cada un polo seu nome e intercambiaba con eles saúdos e novidades. Zaki Bei era un dos habitantes máis antigos da rúa Suleimán Pashá, onde che- gara a finais dos anos corenta, despois de rematar os estudos en Francia, e de onde nunca marchara. Para os veciños era un personaxe folclórico moi querido por todos. Fose inverno ou verán, sempre vestía o enorme traxe que disimulaba o corpo miúdo, da chaqueta colgáballe un pano da mesma cor que a gravata, ao que se lle pasara o ferro coidadosamente; ía co seu famoso puro, que nos mellores tempos era un excelente haba- no pero que agora se convertera nun cigarro de fabricación nacional, mal feito e de cheiro insoportable; tiña un rostro engurrado pola vellez, lentes de grosos vidros, brillantes den- tes postizos, cabelo escaso tinxido de negro, repartido de esquerda a dereita para disimular a gran calva… Resumindo, Zaki Bei constituía en certa medida unha lenda pola súa pre- senza divertida e irreal. Semellaba que fose desaparecer en cal- quera momento, ou que se tratase dun actor desempeñando o seu papel e que ao rematar a función quitaría o disfrace para vestir a súa indumentaria auténtica. Se a todo isto engadimos o seu espírito alegre, os seus chistes verdes e a súa capacidade para conversar con calquera persoa coa que se atopase na rúa, 7

description

Primeiras páxinas da novela 'O edificio Yacoubian', de Alaa Al Aswany, publicado en Rinoceronte Editora. http://www.rinoceronte.es/index.php?op=ver&id=1375

Transcript of Rinoceronte_O edificio Yacoubian_mostra

Page 1: Rinoceronte_O edificio Yacoubian_mostra

1

Non máis de cen metros separaban a pasaxe Baehler, ondevivía Zaki Bei el Dessouki, do seu despacho no edificio Yacou-bian, pero cada mañá tardaba unha hora en cruzala, xa quetiña que saudar os amigos pola rúa: os donos dos comerciosde roupa e de calzado, os dependentes de ambos os sexos, oscamareiros, os empregados do cine, os clientes habituais docafé Brasil, incluso os porteiros, os limpabotas, os mendigos eos gardas de tráfico, Zaki Bei coñecía a cada un polo seu nomee intercambiaba con eles saúdos e novidades. Zaki Bei era undos habitantes máis antigos da rúa Suleimán Pashá, onde che-gara a finais dos anos corenta, despois de rematar os estudosen Francia, e de onde nunca marchara. Para os veciños era unpersonaxe folclórico moi querido por todos. Fose inverno ouverán, sempre vestía o enorme traxe que disimulaba o corpomiúdo, da chaqueta colgáballe un pano da mesma cor que agravata, ao que se lle pasara o ferro coidadosamente; ía co seufamoso puro, que nos mellores tempos era un excelente haba-no pero que agora se convertera nun cigarro de fabricaciónnacional, mal feito e de cheiro insoportable; tiña un rostroengurrado pola vellez, lentes de grosos vidros, brillantes den-tes postizos, cabelo escaso tinxido de negro, repartido deesquerda a dereita para disimular a gran calva… Resumindo,Zaki Bei constituía en certa medida unha lenda pola súa pre-senza divertida e irreal. Semellaba que fose desaparecer en cal-quera momento, ou que se tratase dun actor desempeñando oseu papel e que ao rematar a función quitaría o disfrace paravestir a súa indumentaria auténtica. Se a todo isto engadimoso seu espírito alegre, os seus chistes verdes e a súa capacidadepara conversar con calquera persoa coa que se atopase na rúa,

7

Page 2: Rinoceronte_O edificio Yacoubian_mostra

coma se fose un vello amigo, comprenderemos o segredo daalegría con que recibía a calquera con quen se atopaba. A dicirverdade, en canto aparecía Zaki Bei pola rúa, sobre as dez damañá, comezaban a saudalo de todas as partes, e a miúdoacercábanse algúns mozos, empregados das tendas, para pre-guntarlle sobre certos temas relacionados co sexo. Entón, ZakiBei recorría aos seus coñecementos e experiencias sexuais egozaba explicando (con voz doce e alta, para ser escoitado portodo o mundo) os segredos máis sutís e profundos da carne.Ás veces incluso pedía lapis e papel (que lle entregaban nunchiscar de ollos) para debuxar con claridade algunhas postu-ras curiosas que el mesmo experimentara na mocidade.

• • •

Faltan aínda algúns datos importantes sobre Zaki el Dessou-ki: era o fillo menor de Abd el Aal Pashá el Dessouki, coñeci-do dirixente do Wafd*, que foi ministro en varias ocasións eantes da Revolución era dos homes máis ricos. El e a súa fami-lia posuían máis de cinco mil feddans** das mellores leiras agrí-colas. Zaki Bei estudou enxeñería na Universidade de París, ecomo era de esperar, estaba destinado a desempeñar unimportante papel político en Exipto, debido á influencia e áriqueza do pai, mais a Revolución adiantouse e cambiou todaa situación. Abd el Aal Pashá foi arrestado e levado ante o tri-bunal revolucionario, e aínda que non se puideron demostraras acusacións de corrupción política, estivo entre reixas untempo e despoxárono da maioría das súas propiedades, para

8

* É un dos partidos políticos exipcios máis antigos. Toma o seu nome (‘dele-gación’) da delegación enviada a Europa para obter a independencia de Exipto.(Todas as notas son da tradutora.)

** Un feddan equivale a algo menos de media hectárea.

Page 3: Rinoceronte_O edificio Yacoubian_mostra

repartilas entre os campesiños. Tras estes acontecementos, opashá non tardou en falecer e a desgraza do pai tamén caeusobre o fillo, xa que o estudio de enxeñería que abrira no edi-ficio Yacoubian non tardou en ir a pique e pouco a poucoconverteuse nun lugar onde Zaki Bei pasaba o seu tempo librelendo a prensa, tomando café e reuníndose cos amigos, coasamantes ou observando dende a terraza a xente e os cochesque pasaban pola rúa Suleimán Pashá.

Porén, o fracaso profesional do enxeñeiro Zaki el Des-souki non foi só culpa da Revolución, senón que o motivoprincipal era a súa falta de vontade e a súa grande afección aospraceres. A dicir verdade, a súa vida, que xa superaba os sesen-ta e cinco anos, con todos os seus acontecementos, felices etristes por igual, xiraba (en gran parte) ao redor dunha soaidea: as mulleres. Era daqueles que sucumben por completoaos encantos femininos, a muller non era para el un simpledesexo que se acende e unha vez satisfeito desaparece, senónun mundo de praceres e paixóns que se repetían nunha suce-sión de imaxes sen fin: peitos prominentes e rexos, con mami-las firmes coma suculentas uvas; traseiros gorentosos e ondu-lantes que tremen agardando un ataque sorpresa polas costas;labios carnosos que sorben os bicos e suspiran de pracer; ocabelo en todas as súas manifestacións: longo, solto e liso, ousalvaxe con trenzas enmarañadas, ou media melena, ao clásicoestilo familiar, ou eses cortes à la garçonne, que lle inspirabanestrañas fantasías sexuais; os ollos, ah!, esas miradas sincerasou traizoeiras, descaradas ou tímidas, incluso as de reproche,enfado e rexeitamento!

Ata ese punto ou máis amaba Zaki Bei as mulleres, ecoñeceu de todo tipo, comezando pola nabila Kamla, filla dotío materno do antigo rei, coa que aprendeu as artes amato-rias da familia real e os seus rituais: candeas acendidas toda anoite, copas de viño francés que acorda o desexo e disipa osmedos, e un baño quente antes do encontro, no que untaba o

9

Page 4: Rinoceronte_O edificio Yacoubian_mostra

corpo con cremas e perfumes. Coa nabila Kamla, paixónincontrolable, aprendeu como comezar, cando parar e comopedir os máis lascivos xogos sexuais con refinadas palabrasfrancesas. Pero Zaki Bei deitárase con mulleres de todas as cla-ses: bailarinas orientais, estranxeiras, damas da aristocracia,esposas de homes ilustres, estudantes da universidade e do ins-tituto, incluso con mulleres decadentes, labregas e amas decasa. Cada unha tiña o seu sabor. Moitas veces lembrábasedaquela mendiga que levou, unha noite que estaba borracho,no seu Buick ao seu apartamento da pasaxe Baehler. Cando aguiou ao baño para lavala, descubriu que era tan pobre quefixera a roupa interior con sacos de cemento. Lembraba,cunha mestura de cariño e mágoa, a turbación da muller men-tres quitaba a braga na que estaba escrito con grandes letras“Cementos Portland Tura”. Pero era unha das máis fermosasque coñecera, e unha das máis ardentes no amor.

Todas estas variadas e gratificantes experiencias fixeron deZaki el Dessouki un verdadeiro experto en mulleres, e tiñateorías estrañas e curiosas respecto á “ciencia das mulleres”,como el lle chamaba, coas que se podía estar de acordo ounon, pero que sen dúbida merecían unha reflexión. Así, porexemplo, dicía que as mulleres máis fermosas adoitan ser fríasamantes na cama, mentres que as de mediana beleza oumesmo algo feas son sempre ardentes, porque necesitan amorde verdade e fan todo o que poden por satisfacer o seu aman-te. Zaki Bei opinaba que o modo en que unha muller pro-nuncia a letra “s” –esa en concreto– permite saber se é boa nacama e en que medida. Daquela, se unha moza pronuncia apalabra “Susu” ou “Basbusa” dunha forma excitante, enténde-se que é experta, e o contrario tamén. Cría que toda mullersobre a face da Terra xera ao seu redor certo campo de atrac-ción que emite continuamente vibracións invisibles e inaudi-bles pero perceptibles dalgún xeito misterioso. Pero quenaprende a ler estas vibracións pode decatarse das necesidades

10

Page 5: Rinoceronte_O edificio Yacoubian_mostra

sexuais da muller. Por moi recatada ou seria que fose unhamuller, Zaki Bei era quen de saber como de necesitada estaba:polo tremor da súa voz, por exemplo, ou pola súa risa esaxe-radamente nerviosa, ou pola temperatura da súa man cando asaudaba. Logo están as mulleres posuídas por un desexo dia-bólico (as femmes fatales, como lles chamaba Zaki Bei en fran-cés), aquelas que soamente senten a súa verdadeira existenciana cama e que non atopan outro pracer na vida que non sexao sexo. Estas criaturas conducidas polo desexo e polo pracerteñen un destino terrible e infeliz. Este tipo de mulleres, ase-guraba Zaki Bei, son todas idénticas, aínda que teñan o rostrodiferente, e convidaba a quen o dubidase a observar as foto-grafías que os xornais publicaban de mulleres condenadas amorte por asasinar os seus maridos en complicidade cos seusamantes. Cun pouco de atención descubrirían que teñen amesma fisionomía: os labios a miúdo carnosos, inchados,nada apertados, os trazos cheos, apetitosos, e as miradas bri-llantes, baleiras coma a dun animal esfameado.

• • •

Era domingo, os comercios da rúa Suleimán Pashá pecharonas portas e os bares e os cines enchéronse de xente. A rúa escu-ra, baleira polas tendas pechadas e cos antigos edificios de esti-lo europeo, parecía formar parte dunha película románticaoccidental. Dende a primeira hora da mañá, Shazli, o velloporteiro, trasladara a súa cadeira dende o ascensor ata a beira-rrúa, en fronte do edificio Yacoubian, para observar os queentraban e saían no día festivo.

Zaki el Dessouki chegou ao seu despacho antes domediodía. Dende o primeiro momento, o seu criado Abas-kharon decatouse do que pasaba. Tras vinte anos ao servizo deZaki Bei, coñecía o estado de ánimo do seu xefe só con mira-lo. Sabía que significaba que o seu señor chegase ao despacho

11

Page 6: Rinoceronte_O edificio Yacoubian_mostra

esaxeradamente ben vestido, cheirando ao perfume caro quereservaba para as ocasións especiais, que se mostrase nerviosoe tenso, levantándose, sentando, camiñando axitado dun ladopara outro, sen deterse nunca, disimulando a súa ansia conmal humor e enfado. Isto sempre significaba que esperabaunha nova amante. Por iso Abaskharon non se ofendeu candoZaki Bei o amoestou sen motivo ningún, senón que acenoucoa cabeza coma quen entende a situación, rematou rapida-mente de varrer a sala, colleu as muletas de madeira, golpean-do as baldosas do longo corredor con forza e rapidez ata che-gar á gran sala onde Zaki Bei estaba, e díxolle cunha voz queos anos de experiencia fixeran totalmente neutra:

–Ten reunión, Excelencia? Preparo as cousas, Excelencia?Zaki Bei mirou cara a el, observouno un instante, coma

se estivese decidindo o ton axeitado para responderlle. Obser-vou a súa xilaba de flanela a raias, esgazada en varios sitios, assúas muletas, a súa perna amputada, o rostro vello coa barbacana, os ollos estreitos e astutos e aquel sorriso suplicante easustado que nunca o abandonaba.

–Prepara as cousas para a reunión, rápido! –contestouZaki Bei secamente mentres saía á terraza.

Segundo o dicionario compartido por ambos, unha “reu-nión” significaba que o bei ía estar a soas cunha muller no des-pacho, e as “cousas” eran certos rituais que Abaskharon orga-nizaba para o seu patrón antes do encontro amoroso:comezaba pola inxección de reconstituínte Tri-B, importado,que lle poñía na nádega, e que sempre lle causaba unha dorinsoportable, polo que gritaba e descargaba as súas maldiciónsno “burro” de Abaskharon e as súas mans torpes e lentas. Acontinuación, unha cunca de café sen azucre, feito con gransaromatizados con noz moscada, que o bei succionaba devagarmentres desfacía debaixo da lingua un pequeno anaco deopio. O ritual terminaba cun gran prato de ensalada no cen-tro da mesa, xunto a unha botella de whisky Black Label, dous

12

Page 7: Rinoceronte_O edificio Yacoubian_mostra

vasos baleiros e un caldeiro metálico de champaña cheo de xeoata arriba.

Abaskharon púxose a preparalo todo mentres Zaki Beisentaba na terraza que daba á rúa Suleimán Pashá, prendía uncigarro e observaba os viandantes. Os seus sentimentos oscila-ban entre a excitación polo encontro e a angustiosa preocupa-ción porque a súa amante Rabab non aparecese e estragase asío esforzo de todo un mes dedicado a perseguila. Era escravodo seu amor dende a primeira vez que a viu no bar Cairo dapraza Tawfikiya, onde ela traballaba. Cativouno por completoe ía ao bar día tras día para vela. Describíralla así a un velloamigo seu: “Ela representa a beleza popular, con toda a súavulgaridade e sensualidade. Coma se saíse dun cadro de Mah-moud Said”. E Zaki Bei espraiárase para que o seu amigoentendese exactamente o que quería dicir: “Lémbraste daque-la criada da vosa casa que adoitaba ocupar os teus soños deadolescente? De como devecías por pegarte ao seu traseirosuave e agarrarlle coas mans os seos de pel donda mentres lava-ba a louza no vertedoiro? De como se inclinaba de xeito quete levaba a achegarte máis contra ela, que murmuraba nunhanegación provocadora antes de entregarse: ‘Señor… isto nonestá ben.’ Pois en Rabab atopei un tesouro semellante”.

Mais atopar un tesouro non significa que se posúa, e ZakiBei viuse obrigado a superar moitas dificultades: a pasar noi-tes enteiras nun sitio sucio, estreito, mal iluminado e poucoventilado como o bar Cairo. Houbo de afogar pola aglomera-ción e o espeso fume do tabaco, e case queda xordo co abou-xador volume do equipo de música, que non paraba de repro-ducir cancións horribles e ordinarias. Por non falar dasdiscusións e pelexas que chegaban sempre ás mans, entre osseareiros –unha mestura de obreiros, xente de mala catadura eforasteiros–, nin desas copas de repugnante brandy que llequeimaba no estómago e se vía obrigado a tragar cada noite,nin dos descarados e exorbitantes erros nas contas das consu-

13

Page 8: Rinoceronte_O edificio Yacoubian_mostra

micións, que Zaki Bei finxía non advertir, e mesmo deixabaunha boa propina para o local e outra aínda mellor no escotede Rabab. Cando os seus dedos rozaban o peito robusto evoluptuoso dela, sentía como o sangue lle fervía nas veas, e odesexo cobraba tal forza e intensidade que case lle doía.

Zaki Bei aturara todo isto por Rabab. Convidouna unhae outra vez a quedar con el fóra do local. Ela negárase sempre,pero non perdeu a esperanza e seguiu convidándoa, ata que avéspera aceptara visitalo no despacho. Tanta foi a súa alegríaque lle meteu no escote cincuenta libras sen o menor signo dearrepentimento. Ela acercouse a el ata rozarlle o rostro coalento, mordeu o seu labio inferior e murmuroulle cunha vozprovocativa que derrubou calquera compostura que puidesequedarlle:

–Querido, mañá compensareite por todo o que fixechespor min.

Zaki Bei soportou a dolorosa inxección de Tri-B, zugou oopio, comezou a tomar con calma a primeira copa de whisky,á que lle seguiu unha segunda e unha terceira. Non parou ataque se liberou da preocupación e o invadiu o bo humor e unspensamentos agradables coma encantadoras melodías. A citacon Rabab era á unha. Cando o reloxo da parede deu dúasbadaladas Zaki Bei estaba a piques de perder a esperanza, perode repente sentiu repenicar nas baldosas as muletas de Abas-kharon e a continuación o rostro do seu asistente asomou polaporta do cuarto, e dixo axitado, coma se a noticia o alegrasede verdade:

–Madame Rabab chegou, Excelencia.

• • •

No ano 1934, Hagop Yacoubian, millonario e daquela líder dacomunidade armenia en Exipto, tivo a idea de construír un edi-ficio de apartamentos que levase o seu nome. Escolleu o mellor

14

Page 9: Rinoceronte_O edificio Yacoubian_mostra

soar da rúa Suleimán Pashá e contratou para edificalo unhacoñecida oficina de arquitectos italiana que presentou unha fer-mosa maqueta: dez amplos andares de estilo clásico europeo, osbalcóns decorados con rostros gregos tallados na pedra, ascolumnas, escaleiras e corredores de mármore natural e unascensor Schindler último modelo. A construción prolongousedous anos e o resultado foi unha obra arquitectónica que supe-rou todas as expectativas, ata tal punto que o propietario llepediu ao arquitecto italiano que inscribise o seu nome, Yacou-bian, encima da porta de entrada en grandes caracteres latinos,iluminados pola noite con neon, para inmortalizar o seu nomee proclamar a propiedade de tan asombrosa construción.

No edificio Yacoubian viviu a flor e a nata da sociedadedaquela época: ministros, grandes terratenentes, industriaisestranxeiros e dous millonarios xudeus (un deles da coñecidafamilia Mosseri). A planta baixa do edificio dividiuse equita-tivamente entre un amplo garaxe con varias portas que dabaná parte traseira, onde os residentes gardaban os seus coches (amaioría de luxosas marcas, como Rolls Royce, Buick ou Che-vrolet), e unha gran tenda na parte dianteira que ocupaba tresesquinas. Yacoubian utilizábaa para expoñer as pezas de prataque producía na súa fábrica. Este comercio funcionou conéxito ao longo de catro décadas. Entón foi decaendo pouco apouco, ata que recentemente o adquiriu o hajj * MohamedAzzam, que abriu nel unha tenda de roupa. Na inmensa azo-tea do edificio destináronse dous cuartos con auga e luz comoresidencia do porteiro e da súa familia. No resto da azoteaconstruíronse cincuenta cuartiños, un por cada vivenda doinmoble, cuxa superficie non superaba os dous metros cadra-dos, con paredes e portas de ferro macizo e pechados concadeados cuxas chaves se entregaban aos donos dos pisos.

15

* Título de respecto que se lle outorga a un home que peregrinou á Meca.