ro EncrucilladaEncrucillada

116

Transcript of ro EncrucilladaEncrucillada

Page 1: ro EncrucilladaEncrucillada
Page 2: ro EncrucilladaEncrucillada

Normas de publicación para os autores

Encrucillada defínese como revista galega de pensamento cristián e publi-ca traballos que cadren con esta definición.

Publica fundamentalmente dous tipos de traballos: Estudos (de ata 32.000caracteres, espazos incluídos) que estudarán un tema en profundidade, eAchegas (de ata 15.000 caracteres, espazos incluídos) que tratarán temasmáis concretos ou aspectos puntuais dun tema. Os estudos deberanse acom-pañar dun resumo.

A revista publica tamén recensións de libros que traten os temas xaexplicitados. Estas notas non deberán exceder os 4.000 caracteres (espazosincluídos) e terán a seguinte estrutura: Autor do libro analizado, Título,Editorial, cidade de publicación, ano de publicación, nº de páxinas. Co-mentario.

Os traballos pódense enviar por correo electrónico ao enderezo da revista.Se se envían por outro medio rogamos enviar unha versión informatizadano formato RTF (Rich Text Format, formato en que pode ser gardado undocumento por calquera procesador e que está libre de virus). É moi impor-tante na versión informatizada non utilizar máis códigos de formato que osestritamente necesarios (non usar estilos, nin tabulacións, columnas ououtros elementos de formato; non usar maiúsculas nos títulos). A revistautiliza as seguintes convencións tipográficas: subtítulos en negra, nomesde libros, publicacións, casas comerciais, institucións, etc en itálica, reser-vando as comiñas unicamente para as citas textuais. Non se utilizan nuncao subliñado nin as maiúsculas coa finalidade de destacar textos.

O autor/a consignará o seu enderezo completo para poder contactar con el/a e a súa formación académica e actividade profesional. Tamén pode con-signar o enderezo de correo electrónico se desexa que apareza na revista.

Os artigos poderán conter notas, que figurarán a pé de páxina, onde secitará tamén a bibliografía. Os libros citaranse da seguinte maneira: Ini-cial do nome, Apelidos, Título en itálica, Editorial, Cidade de edición, anode edición, páxs. No caso dos artigos farase do seguinte xeito: Inicial donome, Apelidos, Título do artigo en itálica, Nome da revista, número darevista, (ano de publicación), páxs.

A redacción da revista determinará nun prazo aproximado de tres meses aconveniencia da publicación. Neste prazo o autor será informado sobre aposible data de publicación ou lle serán suxeridos posibles cambios paraque o artigo se axuste á orientación da revista.

REDACCIÓN E ADMINISTRACIÓN Rúa Nova de Arriba, 1 - 6º Dereita

36002 PONTEVEDRATel. e Fax 986 846 182 - e-mail: [email protected] / [email protected]

Páxina web: www.encrucillada.com

Prezos da suscrición anual (5 números):

• Ordinaria .................................................. 18

• De apoio .................................................. desde 20

• Estudantes ou parados ........................... desde 12

• Número solto ........................................... 5

Xesús Acuña Garrido (Pontevedra)Rubén Aramburu Molet (Marín)

Alvaro Barros Quibén (Aguiño)Xoán Bernárdez Vilar (Vigo)

Alfonso Blanco Torrado (Guitiriz)

Xosé Manuel Caamaño (Univ. Comillas)

Xoaquín Campo Freire (Ferrol)

Hermelinda Dapena Tarela (Pontevedra)

Manuel Dourado Deira (Rianxo)

Pedro Castelao (Univ. Comillas)

Miguel Fernández Grande (Ourense)

Bernardo García Cendán (Lugo)

Mariano Guizán Sánchez (Ames)

Xosé Antón Miguélez Díaz (Ferrol)

Xoán M. Neira Pérez (A Pobra do Caramiñal)

Pilar Pena Búa (Cuntis)

Xosé Manuel Pensado Figueiras (Mazaricos)

Victorino Pérez Prieto (Ferrol)

Xesús Portas Ferro (Pontevedra)

Manuel Regal Ledo (Abadín)

Anxos Renieblas (Santiago)

María do Carme Solloso Blanco (Narón)Carme Soto Varela (Univ. León)Antón Vidal Andión (Vigo)

MESA DE REDACCIÓN

Andrés Torres Queiruga (Director)Xaime M. González Ortega (Redactor-xefe)

Engracia Vidal Estévez (Secretaria)Agustín Díaz BlancoXavier R. MadriñánPilar Wirtz Molezún

ADMINISTRACIÓN

Amalia Tomé Rocha

CONSELLO DE REDACCIÓN

Publicación bimestral

CONTAS CORRENTES

Caixa de Aforros de Galicia: 2091-0342-28-3040000681 - SantiagoBBVA: 0182-5150-81-0201578208 - Pontevedra

Graficolor MINERVA, S.L. - Polígono do Tambre - Rúa Gutenberg, 5 - Santiago - D.L. C-80-1977 - I.S.S.N. 1131-6519

Marisa Vidal Collazo (Santiago)

Page 3: ro EncrucilladaEncrucillada

Sumario

Nº 144Volume XIX

Setembro-outubro de 2005

Guieiropor Agustín Díaz Blanco 3 3 3 3 3 339

Escola de EspiritualidadeIntroducción: A espiritualidade hoxe

por Andrés Torres Queiruga 5 5 5 5 5 341Fe e dimensión existencial

por A. N. E. 8 8 8 8 8 344Unha reflexión sobre o compromiso dos

cristiáns e cristiáspor María Xosé García Prieto eMiguel Anxo Fernández Blanco 18 18 18 18 18 354

Contemplar: ¿a quen? ¿como? ¿para que?por Salvador Toro 28 28 28 28 28 364

A miña experiencia dos Exercicios Espirituaispor Pilar Wirtz Molezún 45 45 45 45 45 381

Recanto de oraciónpor Anxos Renieblas e Rosa Andión 63 63 63 63 63 399

AchegasDo idealismo á harmonía. A primavera da vida

por Conchita Rodríguez Prendes 67 67 67 67 67 403Xoán Vidal Martínez, poeta da tristeza

por Luis Alonso Girgado 73 73 73 73 73 409Xoán Vidal Martínez na memoria da súa filla

por Aurora Vidal Caramés 79 79 79 79 79 415

Page 4: ro EncrucilladaEncrucillada

Sumario

CrónicasRadiografía dun intre de cambio

por Xosé Luís Barreiro Rivas 81 81 81 81 81 417Sumario estival, unha esperanza, e unha queixa

por Xoán Bernárdez Vilar 87 87 87 87 87 423A infinita confianza

por Rubén Aramburu Molet 96 96 96 96 96 432

RecensiónsBúsqueda de Dios y sentido de la vida. Diálogo

entre un teólogo y un psicólogoVictor Frankl e Pinches Lapidepor Victorino Pérez Prieto 103 103 103 103 103 439

De la mística. Experiencia plena de la vidaRaimon Panikkar

por Victorino Pérez Prieto 105 105 105 105 105 441A donde nos lleva nuestro anhelo. La mística

en el siglo XXIWilligis Jäger

por Manuel Regal Ledo 107 107 107 107 107 443En defensa de los humildes y ofendidos.

Los derechos humanos ante la fe cristianaLuis González-Carvajal

por Andrés Torres Queiruga 109 109 109 109 109 445

Libros chegados á Redacciónpor Engracia Vidal Estévez 111 111 111 111 111 447

Ilustraciónspor Soledad Pite 37 37 37 37 37 373

53 53 53 53 53 389

Page 5: ro EncrucilladaEncrucillada

Guieiro

A espiritualidade ten algo de

339 3 3 3 3 3

fascinante para amplos sectores sociais, mentres para outros resultaalgo alleo á vida. Desde fai dez anos funciona en Galicia unhaEscola de Espiritualidade que tenta abrir novos camiños neste eido,por unha senda renovadora do cristianismo. Na primeira partedeste número de Encrucillada recóllense algunhas reflexións eexperiencias xurdidas ao redor desta escola, que son presentadospolo director desta revista e da propia escola.

Pero neste número damos tamén acollida a outros asuntos. “Doidealismo á harmonía. A primavera da vida” é o título dunhaachega de Conchita Rodríguez Prendes, que recolle o contido duncongreso que versaba sobre as turbulencias no mundo actual ecomo afectan ás persoas no seu desenvolvemento espiritual eparticularmente as teorías do escritor holandés Manfred Van Doorn.A autora do artigo conclúe o seu texto cunha cita que resume a tesedo citado escritor: “Ter a columna vertebral conectada ao corazón,é dicir, o pensamento liberado unido ao sentimento, e estar abertosá compaixón é a maior contribución á futura transformación domundo”.

A vida e obra do poeta pontevedrés Xoán Vidal Martínez, tanduramente marcada polas consecuencias da Guerra Civil, é obxectodun traballo do profesor Luis Alonso Girgado, secretario do Centrode Investigación “Ramón Piñeiro”, que se completa cun resume daintervención de Dolores Aurora Vidal Caramés, filla do propioescritor, no acto de homenaxe que se lle rendeu na cidade do Lérez.O profesor Alonso Girgado sitúa a Vidal Martínez dentro docontexto literario e político dos primeiros decenios do século XX eexplica como esa carreira literaria –como tantas outras– se viufrustrada pola Guera Civil e nos duros anos da posguerra. O alentopoético, o amor á terra e un fondo sentimento relixioso son algúnsdos trazos que destaca o crítico no seu estudo: “Amosa o poeta o seuenraizamento relixioso, a sentida presenza de Deus –“e Deussempre á beira miña”– e tamén a constante de sentir a vida comomágoa, como soño, como soidade”.

Page 6: ro EncrucilladaEncrucillada

Guieiro

4 4 4 4 4 340

A chegada do novo goberno é, como non podía ser doutro xeito,o eixo da crónica política que nos ofrece Xosé Luís Barreiro desdeo seu Fisterra. O autor invita a darlle unha marxe de confianza aosnovos gobernantes. Tamén se fai eco das máis recentes polémicasque axitan á vida económica española e galega, en torno a GasNatural, ENDESA e FENOSA.

Xoán Bernárdez Vilar fai un resume pormenorizado da vidacultural galega nestes meses, pragados de certames e premiosliterarios. E chama a atención sobre un fenómeno: a frecuenteatribución de varios premios literarios á mesma obra, cando naspropias bases dos certames se esixe que os traballos presentadossexan orixinais e inéditos.

Pola súa banda Rubén Aramburu Molet pasa revista á actualidadeeclesial, desde a actividade do novo Papa ata a vida relixiosa doámbito máis próximo a nós. Dentro dela destaca os prometedorescomezos do labor pastoral do novo bispo de Mondoñedo-Ferrol.

Soledade Pite ilústranos, unha vez máis, con debuxos a través doscales a súa pluma nos fai ver con ollos de realidade concreta moitasideas abstractas recollidas nas nosas páxinas.

Na sección de recensións damos conta de catro importantes obrasque despertaron o interese dos nosos colaboradores. E finalmenterecollemos tamén un amplo listado de libros chegados á nosaredacción ao longo deste verán.

Agustín Díaz Blanco

[email protected]

Page 7: ro EncrucilladaEncrucillada

Introducción

Andrés Andrés Andrés Andrés Andrés TTTTTorororororrrrrres Queires Queires Queires Queires QueirugugugugugaaaaaA espiritualidade hoxe

A relación coa espiritualidade constitúe unha desas contradiciónsque dilaceran intimamente a sensibilidade actual. Por unha banda,tense a impresión de algo etéreo, sen sustancia, alleo á vida, bo“para os anxos e os gorrións”, como da relixión dixera Heine. Pero,por outra, hai unha ampla fascinación, que se manifesta de milmaneiras: desde a proliferación de espiritualidades orientais–serias unhas, banalizadas outras– de grupos carismáticos e dereviviscencias fundamentalistas, até buscas de carácter íntimo e degrande profundidade, abertas a unha inquedanza sen nomeconcreto. É a marca dunha cultura ambiental, “distraída”pascalianamente por un consumismo da satisfacción inmediata e,ao tempo, con fondas fames insatisfeitas, provocadas polo choquebrutal contra a superficie dunha vida chata, baleira e sen rumboverdadeiro.

As igrexas, as relixións establecidas, que gardan ricos tesouros deexperiencia espiritual, conquistados por séculos e aínda milenios dehistoria, non logran empatar con esas fames. Devocións anticuadas,liturxias caducas e teoloxías resesas encobren esa riqueza ou, peor,desfigúrana de tal xeito que, lonxe de aparecer como resposta,produce estrañeza e rexeitamento.

Non resulta certamente doado encontrar palabras xustas einterpretacións adecuadas. A inquedanza e mesmo o desconcerto

341 55555

Page 8: ro EncrucilladaEncrucillada

aféctannos a todos. Ninguén pode presumir de ter xa as respostas.Tócanos vivir nun tempo de busca e tenteo, de experimentaciónaberta e humilde, pero sen medo ao novo e disposto á acollida. Ehoxe, por sorte, hai tamén iso. Nas igrexas e fóra delas, nocristianismo e nas demais relixións hai comunidades e individuosque están a articular novas respostas, xerar novas liturxias, pensarnovas maneiras de se achegar á comprensión do Misterio.

Os traballos deste número de Encrucillada responden en boamedida a un deses intentos: modesto, pero nacido da vida; sengrandes pretensións, pero “noso”, encarnado na nosa sensibilidadee pensando nas nosas preguntas. De feito, non era este o tratamentoprogramado en principio polo comité de redacción da revista. Foixustamente a experiencia vivida na convivencia anual da Escola deEspiritualidade, en Sobrado dos Monxes, a que nos decidiu a tomarcomo base o alí vivido, convivido e compartido. Viviuse unánime asensación de que alí houbo contacto real, sintonía do espírito coEspírito, encontro na busca e palabras que falaban.

A Escola busca unha espiritualidade que intenta apoiarse na feno Deus revelado por Xesús de Nazaré: ese Abbá que, creándonosno amor e por amor, só pensa en apoiar e promover o noso ser.Intenta polo mesmo superar os “dualismos” que tantas vecesrompen a unidade da nosa vida: entre o sagrado e o profano, entreo corpo e o espírito, entre o premio e o castigo, entre o eu e osoutros: en definitiva, entre nós e o Deus que só sabe, quere e podeamar, e que ten como único interese na súa creación o noso ben, anosa realización e a nosa felicidade. Procura polo mesmo ser unhaespiritualidade de “ollos abertos” sobre a realidade, os seusproblemas, as súas necesidades, as súas chamadas ao compromisoe a colaboración. Por iso non quere facer grupo aparte, senónanimar a que todos se inxiran nos lugares, iniciativas oumovementos no que se desenvolva a vida de cada quen.

Este propósito explica a estrutura do número, que, agás o últimoartigo, responde ás comunicacións que alí se fixeron.

Atendeu primeiro á experiencia individual, á espiritualidade davida cotiá, á vivencia da fe exercida entre os traballos e os

6 6 6 6 6 342

Andrés Torres Queiruga

Page 9: ro EncrucilladaEncrucillada

“pucheiros” teresianos; coa sorte de que resultou expresada por A.N. L., unha muller de sensibilidade exquisita, á que lle tocou pasarpor experiencias duramente dramáticas, pero que por iso mesmoresultan especialmente aleccionadoras: verdadeiramente a fe, candoacertamos a vivila, move montañas, pode curar as feridas máisfondas e abrir á plenitude.

O compromiso social veu en segundo lugar, como expansiónespontánea e consecuente do dinamismo da fe: exercido e contadopor un matrimonio xove —Miguel e María—, principalmente nundos puntos más urxentes e dolorosos do noso panorama socio-político, a inmigración: espiritualidade en-carnada na carne doridado próximo, “fe que obra a través do amor” (Gál 5, 6).

A vivencia contemplativa, como fonte e fondal íntimo de ondedeita a auga viva do Espírito, foi exposta por Salvador Toro, comoinsistencia radical no realismo, facendo ver como o máis alto semanifesta no máis íntimo e profundo: “máis íntimo cá miñaintimidade, máis alto cá miña máxima altura”, dixera Agostiño.

Novo, no sentido de non pronunciado alí, pero en íntimo contactocoa Escola, na que ela ten presenza animadora e constante, é oartigo de María Pilar Wirtz sobre a espiritualidade dos Exerciciosignacianos, intentando mostrar desde a propia experiencia, perodun xeito teoloxicamente actualizado, un itinerario clásico dealimentación da espiritualidade: “camiño, verdade e vida”, oexemplo de Xesús segue a ser guía viva, concreta e creativa.

Tal é o número, con algúns complementos importantes, de modomoi especial a oración preparada por Anxos Renieblas e RosaAndión, enriquecida polas pregarias espontáneas dos asistentes nacalor fraterna da celebración. Semente modesta, ofrecida á acollidaxenerosa de cada lectora e cada lector. Eles e elas verán o modo dea facer xermolar na propia vida e dar froito e abeiro nun ambiente,que, a pesar das aparencias, a espera como se espera a chuvia.

Andrés Torres Queiruga

343 77777

A espiritualidade hoxe

Page 10: ro EncrucilladaEncrucillada

A. N. E.A. N. E.A. N. E.A. N. E.A. N. E.Fe e dimensión existencial1

Encontro-convivencia en Sobrado dos Monxes, días 15, 16 e 17 deabril, ano 2005... ¡Canto tempo hai disto! Pois o tempo dependetanto da densidade real coa que se vive!

Teño hoxe o corazón zurcido dunha fendedura tremenda: oaccidente do meu fillo, gravísimo, e a lenta rehabilitación queprecisa de esmerada paciencia, amor e esperanza.

Co meu fillo en coma, feridas as raíces máis fondas do corazón,puxen en Deus a miña fortaleza, vivindo a fondo os longos días deespera, confiando por riba de todo, agarimada polas persoas que meacompañan nesta nosa peregrinaxe vital, aceptando o sen-sentidoá luz de Deus, fundamento do noso ser.

Conmovidos os alicerces, “a luz escondida” gardaba a paz namiña alma e recollín o froito de vivir cada día o seu afán, sen pensarno onte nin no mañá, corazón de pobre tocado no máis indefenso evulnerábel dos seus sentimentos: o amor de nai. Tenaz ehumildemente confiei no Señor, concentrada a miña existencia nolatexo de vida ameazada, convocando as forzas ocultas e misteriosasque a sosteñen, tenaz e humildemente fiel ao Señor.

1 A. N. E. fixo esta comunicación en Sobrado, no mes de abril. Pero escríbea paraestas páxinas no mes de setembro, despois do gravísimo accidente do seu fillo, aoque alude.

8 8 8 8 8 344

Page 11: ro EncrucilladaEncrucillada

Tiña os ollos tristes do meu fillo nos meus ollos, tiña o seu brazolaso coma lapa na miña entraña... e foi o mesmo Deus quen nosamparou...

...E hoxe, hoxe encontro en vós a boa terra onde plantar o graodas miñas suores de nai coa arela de que rebente a espiga para facerlogo molete farturento na familia e na comunidade...

Con esta dispoñibilidade, sentíndome entre amigos e amigasbenqueridas, enfoco o salón de Sobrado na pasada primavera, o meucorazón ecoa o amor recibido naquela xornada, e desde estesentimento fago memoria do que alí expresei desde a miña situaciónanímica daquel día e nun clima que me animaba á evocaciónconfiada da miña vida cristiá:

Juan Luis Ysern, bispo no extremo sur de Chile, alí onde a terrase disgrega en centos de illas, onde non se sabe se o mar se fai terraou a terra se fai mar, Juan Luis fala así do diálogo:

“Hai que atopar a forma de dialogar cando se teñen experienciasdistintas. Antes de vir aquí estiven nunha zona rural e vin como oscampesiños están influídos polo ritmo da auga; durante unha viaxepolo deserto comprobei que é vital e agora, en Chile, experimentoque a auga pode ser unha poderosa ameaza. Aprendín quedependendo de que falar da auga significa unha cousa ou outra.Para dialogar hai que ter en conta a auga do outro”.

Con espida sinceridade mostrareivos as realidades máis profundasda miña persoa e experiencia vital, vou falarvos do meu itinerariode fe ao longo da miña historia persoal, falareivos de amor edesamor, vou falarvos da miña auga.

Nacín na vila de Corcubión no seo dunha familia numerosa e amiña primeira infancia transcorreu entre xogos e cantares, arroladano colo da casa e da veciñanza, tempos de solidariedade entremulleres para a crianza dos fillos emparellada cos labores domésticose tardes invernais de calceta e ganchillo adobiadas polas novelasradiadas e a rica conversa.

A miña nai, muller forte e romántica, facía milagres e así dunsoldo pequeno ela conseguía que nunca nos faltase nada. A nosavida era digna e pracenteira e xiraba arredor da mamá que coidaba

345 99999

Fe e dimensión existencial

Page 12: ro EncrucilladaEncrucillada

con mimo os pequenos detalles cotiás, un canto e unha ofrenda aoefémero, e aínda tiña tempo para ler ata quedar durmida co libroentre as mans, xa ben entrada a noite.

Polas tardes ía ao bordado e alí subíanme a un pequeno tallo epredicáballes ás mozas (arremedando a D. Francisco, o vellopárroco) sobre o que ía acontecendo na vila, moralizando desde oprisma dunha nena de catro ou cinco anos. Nunca faltaban bicos eaplausos.

Non había Preescolar, nin falta que facía. A rúa era unha escolaviva e xogabamos todo o día sen perigos baixo a tutela de calqueraque nos vise, pois a xente toda sentíase responsábel dos cativos ecoidábannos a todos coma propios.

Cada xogo tiña o seu cantar e ata as vellas xogaban á corda, aoaro, á roda, aos pelouros e ás chucas, o que as nenas celebrabamoscon risas. Había complicidade entre as distintas xeracións e todo omundo estaba orgulloso dos adiantos das sucesivas roladas de rapa-rigas que medrabamos en harmonía coa paz da que a vila gozaba.

A min gustábame especialmente o teatro e inventaba pequenasobras, coreografías e efectos especiais que ensaiabamos con ilusión,para estrealas con roupas que atopabamos no faiado e cobrando aentrada a unha peseta ou dous reais.

A miña madriña cumpría comigo as promesas feitas no meubautismo. Era unha muller á que sempre recordo maior e xenerosa,repartidora do leite, queixo e manteiga da “axuda americana” pordecisión unánime do pobo, pois ela mantiña que a xustiza non estána igualdade senón na proporción. Rezadora, oraba coa vida, aoempardecer o día iamos xuntas a misas e novenas. É unha lembranzagravada a lume na miña psique, a penumbra da igrexa, o arrecendodas velas e mailo incenso, o repicar das campás, os rezos aossantos, especialmente a S. Marcos e á Virxe das Mercés.

Só unha espiña: a escola. Xuntaban na mesma aula a todas asnenas en idade escolar e a coro cantabamos a lección do día, amesma para todas as idades. Eu sentíame acomplexada ante amemoria das nenas maiores e nada do que alí se facía me motivaba.Lembrarei sempre as cortinas de plástico que cubrían as ventás con

10 10 10 10 10 346

A. N. E.

Page 13: ro EncrucilladaEncrucillada

motivos do fondo do mar e o meu primeiro sentimento de indignaciónsuscitouno a mestra aquela.

O que puido ser un boicot ao ensino mudou por algo inesperadoe benfeitor: todas as irmás entramos no colexio de monxas salesianasda vila veciña, polo que xa nunca perdín o entusiasmo de estudante.Ante todo grazas ás miñas “sores” queridas. Respecto, sensibilidade,ética, estética, creatividade... todo, todo nolo ofrecían aquelasmonxas entregadas e xenerosas. Ata os domingos nos acollían no“oratorio” (así o chamou Don Bosco) con xogos, audiovisuais,teatro, cantos e danzas populares... a min queríanme tenramente eeu sentíame protagonista do acto educativo e dos rezos presididospor María Auxiliadora.

Espertaron en min a vocación á vida relixiosa, mais cando osmeus pais falaron comigo da posibilidade de ter que irme a Madrid,eu mirei aos meus irmáns e boteime a chorar. Aínda era moi nova.

Adoitaba recollerme na capeliña do colexio, un remanso de paz, ena primavera escollía violetas do xardín e colocábaas nun xerron-ciño a carón do sagrario. O arrecendo das violetas, humilde e pro-fundo, foi a esencia desta infancia inocente e feliz alentada polosagrado.

As salesianas foron para min unha bendición e a fonda pegadadese prototipo que se forma en cada unha para toda a vida e queasume para sempre os restos do rostro interior da personalidade.

Casei noviña, aos dezaoito anos, cun home maior ca min, e funconsciente do erro cometido no mesmo día da voda. Lembro que lledixen: “Eu así non te quero, non podo quererte”. E el respondeu:“Eso ya me lo temía yo”. Inmaduro, non cortara o cordón umbilicalcoa súa nai e demais familia e facíame sentir a criada de todos eles,devolvéndome unha imaxe de min pobre e negativa, sentíndose naobriga de estar corrixindo continuamente, en público e en privado,uns supostos defectos meus nos que eu non me recoñecía e dos queme sentía allea e estrañada. Calquera ocasión era propicia pararebaixarme a min e empoleirarse el, para ceibar o seu desexo de medictar como debía ser.

Pouco a pouco, o home autoritario e de poucas palabras foimeesposando cuns grillóns físicos e espirituais tan pesados que

347 1111111111

Fe e dimensión existencial

Page 14: ro EncrucilladaEncrucillada

afogaban non só a miña liberdade, senón tamén a dignareivindicación de ser atendida, respectada e amada, arrebatados osmeus dereitos pola forza e escravizándome. Transcorreu así oprimeiro ano de “vida matrimonial”...

Decidín proseguir os estudos e fixen maxisterio. Envorquei todaa enerxía vital, expansiva e creativa, propia da xuventude, nestecometido e a vida de parella foi durante eses anos un compartimentoestanco xerador dun sufrimento tolerado, pero que non arrastrabao meu interese, a miña ilusión, o centro da miña existencia. Esecentro érao o mundo dos estudos: profesores, compañeiras, prácticasescolares. Amaba os libros, a dinámica de grupos, as imaxinativasactividades. Celebraba a apertura, as novas ideas, a rebeldía en produn mundo máis humano e xusto, da loita pola normalización dalingua e a democracia. Asistía diariamente á misa que se celebrabana Escola, sentíndome fondamente valorada polo Señor e acomunidade educativa da que formaba parte.

Eu estaba famenta de vida espiritual e atopara unha veta quealimentaba a agónica vida que aturaba na casa...

E chegaron o fillo e maila filla ao tempo que o traballo na escolapública e a miña vida persoal soterrouse coma o Guadiana. O fogarconverteuse nunha tumba. El tiña tódolos dereitos e ningún deber,a familia era o lugar no que mandaba e exercía a súa tiranía. El eraa miña fonte de opresión, quen perdía era eu porque tiña a obrigade amar ao marido sen esperar reciprocidade, porque tiña que pasarpor todo e aturalo todo. A súa carencia de humanidade afastábao doesforzo imaxinativo e moral para levar unha vida partillada,compartida.

Eu disimulaba ante os demais o meu mal vivir, facendo todo oesforzo preciso para conservar a familia; porque tanto sufrimentotiña un senso para min daquela: o meu fillo e a miña filla tiñan paie nai. Pero un pai case sempre ausente da casa e que cando estabanela a súa comodidade alimentáballe a crenza do seu dereito adescansar e a ser servido pola muller, para eso casara. E el vivía ámiña conta, non só na vida familiar e doméstica, senón tamén nossentimentos, emocións e relacións de amizade, que el non tiña, nincoidaba, nin cultivaba.

12 12 12 12 12 348

A. N. E.

Page 15: ro EncrucilladaEncrucillada

Ao chalé no que viviamos a familia púxenlle de nome “Toxal”, poissentía baixo as miñas plantas dos pes a terra árida e seca propia dosermos, e o corazón magoado polo espiñento desamor. Só pormomentos o optimismo vital propio da mocidade e sentirmefortemente amada polo Señor, me facía gustar da paz das fillos deDeus.

A válvula de escape foi o activismo: mimaba ao meu fillo e á miñafilla, mimaba a vida profesional, participaba en cursiños... de orien-tación pedagóxica e relixiosa, retornei a catequizar aos nenos e aosconfirmandos, comprometéndome tamén na parroquia co grupoanimador das misas dominicais, especialmente dedicadas á infancia...

E chegou o amor, emerxendo na trintena necesidades latentes deexperimentar o amor humano. Agromaron as violetas na miña vida;humildes, ocultas entre as herbas, sentimos a súa presenza polo seudelicado aroma; así era o meu amor, desinteresado, incon-dicionale gratuíto, sen esperar nada a cambio, a fondo perdido.

A existencia pasou a ser autoinmolación e autonegación, violentadaa natureza e o espírito no matrimonio, xurdiu o amor arrebatadoe con ás, o amor de inspiración e prohibido, fóra das normas esta-blecidas. Un amor que obrigaba á desapropiación, tocando os estra-tos máis fondos do corazón, e esixía un elaborado proceso deliberdade interior.

Comezou así unha andadura agridoce, que culminou nunhaexperiencia de vida na que imperaba o amor: o amor de Deus quedescubría presente e actuante na incondicionalidade coa que euamaba ao meu fillo, á miña filla e ao meu amado, sen esperar nadaa cambio, a fondo perdido...

Vivindo tan fonda contradición escribía daquela: “A laranxadespedázase sen perder a compostura nin a harmonía..

Máis alá de todo cálculo, a miña vida crea soamente cando non éinversión acariciada, nin negocio a prazo fixo, senón xogo e regalosen medida”.

“Hoxe a dor é real no meu corpo e no meu espírito. Hoxe a miñaferida quere invadirme, encher o meu corazón de cansa pesadume,desgarrarme coma unha multitude á fuxida, acantoar todo o meucorpo”.

349 1313131313

Fe e dimensión existencial

Page 16: ro EncrucilladaEncrucillada

Tiña que morrer a min mesma, pensaba. A miña dor procedía danon aceptación da realidade, de rebelarme física, psíquica e espiri-tualmente do estado das cousas, cría. “Sofres?: Estás durmida . Osufrimento é obra da mente; hai que morrer ao eu para volver anacer. O insoportable é querer distorsionar a realidade que éinamovíbel. Iso é o insoportábel. É unha loita inútil, coma inútil éo seu resultado: o sufrimento” (Tony de Mello)

¿Que queres de min, Señor?

¿Cal é a túa vontade para a miña vida?

¿Ata cando, Señor, se alongara a miña proba?

¿Ata cando as longas noites sen pegar ollo, vestida para o díaseguinte, ollando ao ceo estrelado desde o meu balcón?

Só ti, Señor, podes habitar a miña soidade e penetrar o meusi1encio.

Só Ti, Señor, podes devolverme a orientación e o sentido nestetranso tan escuro, mudar horas amargas por tempos de bonanza epaz.

Aquí me tes, Señor.

A profunda escisión que vivía, tentar aceptar a realidade brutaldunha relación abusiva en tódolos aspectos que coroaban nunharelación unicamente física, infrahumana, unido á evasión mediantea fantasía, fixéronme enfermar, abafada polos problemas persoaisque me absorbían toda a enerxía psicolóxica. O sistema inmunolóxiconon puido aturar tal agresión e presión e estoupou provocandocatro enfermidades clínicas e irreversíbeis, que me condicionarán oque me resta de vida.

O culto da “resignación cristiá e cumprir cos deberes do santomatrimonio” foi terríbel: toleei.

Para o psiquiatra e confesor eu era unha pobre enferma e a súalinguaxe era, por unha banda conformista, e pola outra voluntarista,pechando o tolo círculo que me abismaba e atrapaba.

A maior perversión que o sistema patriarcal cometeu sobre amuller foi lograr a desapropiación de nós mesmas, utilizando a

14 14 14 14 14 350

A. N. E.

Page 17: ro EncrucilladaEncrucillada

clave moral, de “negarse a si mesma”, mutilou cruelmente omandamento que nos legou o noso Señor Xesús: “...e amarás aopróximo como a ti mesma”, cargando as tintas –a prezo de sangue!,na mansedume, sacrificio, submisión, silencio, virtudes todas quelle conveñen a moitos homes pero que foron nefastas para xeraciónsde mulleres que precisaban coma auga de maio autovalorarse, auto-estimarse, autorrealizarse, como base previa ao amor desinteresadoe incondicional. As mulleres pecamos máis por autonegación quepor autoafirmación.

¡Canta vida tronzada por unha relixiosidade baseada nunha espi-ritualidade tradicional que subliña a linguaxe da heteronomía, de-pendencia, obediencia, negación de si, anticipando precipitada-mente e con violencia a “perfección”, sen respectar o ritmo nin oproceso, forzando a obra de Deus en nós. Desde min, o verdadeiroesquecemento de si pasa pola afirmación do si integrando aautonomía.

Este cambio de enfoque existencial foi propiciado por tres regalosmarabillosos: a creación de Mulleres Cristiás Galegas, integrarmena Escola de Espiritualidade, daquela en Sobrado, e o achado dacomuñón íntima coas amigas. Tres canles trenzadas e decisivaspara esclarecer a miña auténtica identidade e para descubrir que arealidade que eu tentaba aceptar, non era a miña realidade, senónunha imposición artificiosa da que debía desprenderme, pois esasobrecarga da pesada cruz que arrastrei tantos anos nin tiña queaceptala coma inevitable no servizo do amor, nin respectaba a miñadignidade, nin impulsaba a miña realización humana na vida.¡Obediencia á miña auténtica realidade! ¡Que liberación, Señor!Como non caín antes na conta? Foi como volver a nacer.

A miña entrada en Mulleres Cristiás Galegas e na Escola deEspiritualidade foi exactamente coma o conto iniciático da bonecade sal que rememoro para vós:

Unha boneca de sal percorreu miles de quilómetros de terra firme,ata que, por fin, chegou ao mar. Quedou engaiolada por aquelamóbil e estraña masa, totalmente distinta de canto vira ata entón.

–Quen es ti?– preguntoulle o mar á boneca.

351 1515151515

Fe e dimensión existencial

Page 18: ro EncrucilladaEncrucillada

Cun sorriso respondeulle o mar:

–Entra e compróbao ti mesma.

E a boneca meteuse no mar e comezou a disolverse, cando xa sóquedaba un anaquiño dela, a boneca exclamou asombrada “Agoraxa sei quen son”.

Vivencias fondas, experiencias que me axudaron a desenmascarara concepción dun cristianismo vivido como opresión, como pesadolastre de fragmentación vital e pasar a descubrir ao Deus de Xesúscomo afirmación da persoa, e sentir a Ruah actuando a través domeu proceso de autoliberación humana.

Toques fascinantes da presenza do Deus vivo, alegría porachegarme máis á meta de ser eu mesma e un agradecemento des-bordante por toda a miña historia, incluíndo a súa negatividade,pois sempre confiei no Señor e teño un sentimento básico positivode min e da vida, e a certeza fundante de que estamos en boas mans.

Co fillo e filla xa na mocidade, a vida agasalloume cun galanoespléndido: as amigas. Foi falando cunha delas como se me reveloutoda a miña historia, como unha imaxe dantesca: eu estabaesnaquizada, tronzada en anacos que derramaban sangue senparar. A miña casa era unha auténtica carnicería. As bágoas quechorei fluían da parte máis sensible do meu corazón e sentín unhainfinita compaixón pola nena de dezaoito anos, vitalista e bondadosaque abandonou o fogar da súa nai para ser torturada inmise-ricordemente nunha auténtica cámara de horrores durante tantotempo..; si, sei que o inferno está neste mundo. Foi este o momentocrucial, o detonante dunha decisión irrevogábel: a ruptura legal eefectiva do vínculo matrimonial, o divorcio.

Reconciliada comigo mesma, volvín aos mesmos centros vitais dainfancia, coidando con mimo os detalles na vida cotiá e descubrindoque nas pequenas cousas se transloce o armazón substancial domundo, oculto, coma nun enorme adiviña, nas miudezas, nasrelacións, nos detalles. Iniciábase así unha camiñada preciosistaque daba calidade –agora si– a unha autodoazón creadora egratificante. Mesmo co refugallo dun azucriño podemos facer unlazo antes de desbotalo ao lixo.

16 16 16 16 16 352

A. N. E.

Page 19: ro EncrucilladaEncrucillada

O meu fogar resplandece, o meu fillo, a miña filla e máis eucelebramos cada día a alegría de vivir e estar xuntos, e moitasveces, cando os escoito rir a gargalladas, rememoro a cita doEclesiastés: “Envía o teu trigo polo mar! Despois de moitos díashalo de recobrar!” Síntome reconfortada, sa e plena, alimentada aesperanza, despoxada de falsas seguridades, nada está perdido, todoten sentido. Nas misas dominicais especialmente preparadas para ainfancia, vivo con intensidade momentos creativos, escribo contose parábolas, estudo como poñelos en escena (mediante símbolos,música, cantos, escenificacións, xestos, danzas... desenvolvendo aslinguaxes todas das que somos capaces as persoas). E animo ascelebracións en diálogo coas nenas e nenos desde a humildade deservir á parroquia á que pertenzo.

O abandono nas mans de Deus é a miña fonte de paz. E vivo así,como dixo R. Stevens, “non empuxando o río porque flúe só”, comobase na miña maduración persoal, sen máis pretensión que vivir afondo, cada día, o que Deus nos dá.

E dou grazas ao Señor, amigo da vida, sentindo unha sobriaalegría porque non tento atesourar auga para todo o camiño, senónque abro o meu pobre corazón á confianza de que a auga manaránova para cada xornada.

E son feliz.

O Señor noso Deus, o gran compañeiro e amigo, que quere o nosoben o sofre canda nós, está e estivo sempre ao meu carón, sosténdomee alentándome especialmente nas experiencias de crúa intemperie edesvalemento existencial, nas que só cabe abrazar a táboa do peito,á táboa salvadora, que nos franquea un camiño de esperanza nobalbordo da vida...

Hoxe sinto o meu ser renacido para ser eu mesma nunhaconfianza e liberdade radicais, co corazón tranquilo en plenitude depaz, señoreando na miña vida ao Deus vivo... Nada está perdido,todo segue intacto coma o primeiro orballo do Paraíso.

A. N. E.

353 1717171717

Fe e dimensión existencial

Page 20: ro EncrucilladaEncrucillada

María Xosé García Prieto eMaría Xosé García Prieto eMaría Xosé García Prieto eMaría Xosé García Prieto eMaría Xosé García Prieto eMiguel Miguel Miguel Miguel Miguel AnxAnxAnxAnxAnxo Fo Fo Fo Fo Fererererernándenándenándenándenández Blancoz Blancoz Blancoz Blancoz Blanco

Unha reflexión sobre ocompromiso dos cristiáns e

1. Introdución

Tratándose a proposta, segundo nós a entendemos, de facerexplícito o noso compromiso militante cristián, o de María e o meupropio, pareceunos oportuno facer unha pequena reflexión sobre asrazóns do noso compromiso. Non sei se exactamente se tratabadiso, pero en todo caso parécenos máis interesante que un simplerelatorio de “feridas de guerra” ou de “andanzas salvadoras”, xaque en calquera caso aínda que ás veces poida parecer que “estamosa salvar ao mundo”, o certo é que non salvamos a ninguén, ninsequera a nós mesmos, xa que iso, din os teólogos e teólogas, debíaser cousa de Deus. O peor é que en seguida un se dá conta de quenon cambia nada, nin a si mesmo moitas veces tampouco. Taménaquí dicimos xa, e aclaramos, que as nosas variadas actividadessociais-solidarias, ou como lle queirades chamar, non fan quesexamos mellores nin peores, que os que aplican igual esforzo ámúsica, ao deporte, ou á lectura. Convén ter isto claro de entradapara non poñerse, nin deixarse poñer, ningún tipo de medalla. Ben,pois vamos entón ao “choio”:

1 Este texto recolle unha achega realizada o 16 de abril do 2005 no Mosteiro deSobrado dos Monxes no marco da Escola de Espiritualidade polos autores, recrutadosde forma sen dúbida equivocada en “calidade” de matrimonio de cristiánscomprometidos.

cristiás1

18 18 18 18 18 354

Page 21: ro EncrucilladaEncrucillada

2. Dous puntos de partida

Pedro Casaldaliga, bispo de Sao Félix de Araguáia no MatoGrosso brasileiro durante máis de 35 anos viviu na súa diocese,nunha pobre casa de campesiño, sen dobregarse nunca, sempre seativo ao seguinte lema, que queriamos presentar humildementenós como punto de partida, como o noso punto de partida: “Noposeer nada, no llevar nada, no pedir nada, no callar nada y depaso, no matar nada”

Se tiveramos que propoñer un lema para os e as laicos e laicas eo seu compromiso coa Igrexa e na realidade social na que viven oupola que optan vivir, parécenos o mellor. Outro punto de partidaque podemos propoñer, que en realidade foi o noso punto departida, ten que ver coas seguintes palabras de Paulo e de Xesús:

Estade sempre alegres no Señor. Repítovolo: estade alegres. Quetodo o mundo vexa o bos que sodes. O Señor está a chegar. Nondesacouguedes por cousa ningunha. En todo presentádelle a Deusas vosas peticións con oracións de súplica e acción de grazas. E apaz de Deus, que supera toda intelixencia, custodiará os vososcorazóns e os vosos pensamentos en Cristo Xesús.

Do resto, meus irmáns, todo o que sexa verdadeiro, todo o quesexa serio, todo o que sexa xusto, todo o que sexa enxebre, todo oque sexa estimable, todo o que sexa honroso, calquera virtude oumérito que haxa, iso é o que debedes estimar. O que aprendestes,recibistes, oístes e vistes en min, iso é o que tedes que levar ápráctica. E o Deus da paz irá convosco. (Carta de Paulo aosFilipenses)

Un letrado, que oíra a discusión, decatándose do ben que llesrespondera, preguntoulle:

¿Cal é o mais importante de tódolos mandamentos?

Xesús respondeulle:

O primeiro é: Escoita, Israel: o Señor é o noso Deus, o Señor éúnico, e amarás ao Señor, o teu Deus, con todo o teu corazón, contoda a túa alma, con todo o teu entendemento e con tódalas túas

355 1919191919

Unha reflexión sobre o compromiso dos cristiáns e cristiás

Page 22: ro EncrucilladaEncrucillada

forzas. O segundo é: Amarás ao teu próximo coma a ti mesmo. Nonhai mandamentos máis importantes ca estes (Mc 12, 28-31).

3. Para seguir a Xesús

Os laicos e laicas, como os bispos, arcebispos, cregos, cóengos,monxas e frades, temos que ser ante todo seguidores de Xesús.

Fai algúns anos xa, recoñecendo a dificultade da tarefa, JoséMaría Castillo preguntábase: ¿quen segue a Xesús?

E buscando nas propias fontes evanxélicas atopouse con que osprimeiros que seguiron a Xesús (Simón Pedro, Andrés, Santiago eXoan) eran pescadores que dispoñían de barca, redes e xornaleirose que polo tanto deixaban un negocio lucrativo e de paso (Santiagoe Xoán preséntanse como os fillos de Zebedeo) un sistema de poderbaseado na tradición e na desigualdade; é dicir abandonan taméno sistema social no que vivían. Ese abandono, para homes que erande posición económica polo menos desafogada, foi ademais definitivoe para sempre.

Pero, despois, ademais do grupo que chega aos “doce” querepresenta aos membros do pobo de Israel que prestan a súaadhesión a Xesús, comezan as “chamadas” aos verdadeiramenteexcluídos: pecadores, publicanos ou recadadores. Con frecuenciaalúdese nos Evanxeos a que os enfermos e os que sufrían por causade malos espíritos seguían a Xesús. Por outra parte, atopamos aseguidores de Xesús nomeados como “pequenos” ou “sinxelos”. Endefinitiva: “los seguidores de Jesús eran la gente más profundamentedespreciada en aquella sociedad y en aquellos ambientes. Gentedespreciada precisamente por los más estrictos observantes de lareligión establecida. Las personas mejor situadas, las más y mejorinstaladas, en aquella sociedad, despreciaban olimpicamente a losseguidores de Jesús”. Dito isto, convén, porén e por se acaso,lembrar que a marxinación social, por si mesma e por si soa, é unhadesgraza. Polo tanto, non só os marxinados e as marxinadas sociaispoden seguir a Xesús e ademais os e as seguidores e seguidoras deXesús temos que loitar contra as causas que provocan que existanmarxinados e marxinadas na nosa e no resto de sociedades doplaneta. Outra cousa, como no caso dos primeiros discípulos aos

20 20 20 20 20 356

María Xosé García Prieto e Miguel Anxo Fernández Blanco

Page 23: ro EncrucilladaEncrucillada

que nos referíamos antes, é que falemos dos que “se marxinanvoluntariamente dos valores do sistema”. Por aquí si que debiamos,queremos estar nós.

Castillo completa a súa análise estudando nas mesmas fontesprimeiras “aos que non seguen” a Xesús. Estes serían: “los ricos ylos instalados, los apegados a la ley y a las tradiciones religiosas,los que miran atrás... los que quieren sobresalir en la comunidad(...) Y menos aún puede seguir a Jesús el que no acepta que eldestino del verdadero seguimiento es el fracaso, el sufrimiento y lamuerte.”

Analizando as causas de por que uns si e outros non, Castillopreséntanos unha serie de renuncias imprescindibles porque oseguimento de Xesús esixe a máis plena liberdade: liberdade fronteás cousas, ás situacións máis queridas (instalación), ás persoas(familias e compromisos familiares), e fronte a un mesmo (todaforma de dominio). Porque “sólo donde hay libertad, haydisponibilidad plena, para entregarse, sin condiciones, al serviciode los demás”.

Por se acaso algún pensaba que isto non ía con el, Castilloclaréxanos que o seguimento de Xesús é unha esixencia fundamentalpara todo cristián e cristiá, aos que no nos queda máis remedio quevoltar ao Evanxeo se queremos ser coherentes coa nosa fe.

Sirvan estas últimas reflexións para que abandonemos ocualificativo de “laico ou laica”, que nos parece bastantedesafortunado, para quedarmos coa simple expresión de “cristiánou cristiá”, que é o que temos que ser todos e todas, tamén os bispose mesmo os papas. Nós estamos convencidos, e ultimamentededicamos unha parte da nosa actividade a isto, de que nin máis ninmenos cariño, amor, respecto, etc merecemos uns ou outros dentroda Igrexa. E tamén, de que deberíamos ter o mesmo poder e asmesmas oportunidades de influír na marcha deste Pobo de Deus.Porque esta institución ten sentido, e só ten sentido, comocomunidade dos e das seguidores e seguidoras de Xesús, comunidadena que todos e todas, deberíamos ser verdadeiramente iguais e, porcerto, libres. Tamén cremos que esa Igrexa só serve cando serve e

357 2121212121

Unha reflexión sobre o compromiso dos cristiáns e cristiás

Page 24: ro EncrucilladaEncrucillada

fai felices as persoas concretas que a compoñemos: unha igrexahumanizada, a humanización da Igrexa como reto.

Para expresar o que é, debería ser, unha comunidade cristiá nonatopamos mellor texto que o seguinte de Marcelino Legido:

“La pequeña fraternidad se reune en la casa de alguno de loshermanos. No tiene templos ni edificios públicos. Para ella no haylugares. Sus encuentros fraternales y su vida diaria empalmanestrechamente. Vienen de sus familias y de sus puestos de trabajoen el mundo a una casa humilde. Es en realidad una reunión defamilia en torno a la mesa. Ellos se sienten hijos del mismo Padre,en torno al mismo Hermano mayor, en la unidad del mismoEspíritu. Todo lo que acontece en torno a la mesa es acoger ycompartir el amor de Jesús. Ellos acogen el amor que el Padre lesda por manos de su Hijo. Y después lo comparten entre ellos,compartiendo su vida, sus dones y sus bienes, para salir después almundo a compartir sus caminos (...) La fraternidad existe en verdaden la fuerza del Espíritu”.

Cremos que esas comunidades non poden porén constituírseentre, por e para grupos de escollidos e escollidas. Só se pode, e estaé unha fonda convicción nosa, facer comunidade cos que diariamentena casa, na escola ou no traballo se compárte á vida real e concreta.

3.1.O programa

As Benaventuranzas son o programa desas comunidades oufraternidades:

- Un programa para ser felices: “Ditosos, alegrádevos e gozade”

- Un programa diferente ao que propón o mundo (aquel e este).

- Un programa baseado na opción por ser pobre, non poñer nolugar de Deus a nada nin a ninguén (nin poder, nin diñeiro, ninprestixio, nin grupo, nin proxecto, nin sequera a miña propiaimaxe de Deus).

- Un programa no que cabe tamén o sufrimento e a tristura. Deusnon o eliminará, pero compartirao con nós.

- Un Programa para humildes e polo tanto un aviso para os que

22 22 22 22 22 358

María Xosé García Prieto e Miguel Anxo Fernández Blanco

Page 25: ro EncrucilladaEncrucillada

por saber un pouco máis e andar metidos nalgúns rollos deIgrexa podemos caer na tentación de crernos mellores.

- Un Programa que compromete coa Xustiza, que se convertenunha esixencia inevitábel, en traballo constante por anticiparo Reino nesta Terra.

- Un programa para misericordiosos, dispostos a servir e perdoarao irmán ou á irmá, acolléndoo ou acolléndoa sempre e tendodisposto, sempre, ese trato misericordioso que tamén nosnecesitamos dos e das irmáns e irmás.

- Un programa para os limpos de corazón, para xente sen malaintención, sen ideas tortas, que actúan de corazón. O seguidorde Xesús debe manter limpo o seu corazón: non enganar aninguén, nin enganarse a si mesmo.

- Un programa para traballar pola paz. Pola interior necesariapara achegarse ao Pai e pola exterior, evitando as guerras e assúas causas: “Dichosos los que estáis contra la guerra, contrala industria de armamentos, contra la división del mundo enricos y pobres. Dichosos los que radicalmente os negáis aparticipar en organismos creados para la esclavitud de loshombres”.

- Un programa polo que seremos perseguidos. As“Benaventuranzas” non serán toleradas polo mundo, non sepode vivir do modo que Xesús nos propón, radicalmenterevolucionario, sen estar dispostos a sufrir os problemas queocasiona necesariamente.

- Para rematar, Xesús proponnos una formidable inversión devalores: (Nin moito menos, quen queira ser importante, quesirva os outros, e quen queira ser o primeiro, que sexa o máisservicial” (Mc 10, 43).

4. Unha espiritualidade

De todo o anterior, derivase que, para nós, a verdadeira e de novoa única espiritualidade posible, por real, é , e imos seguir aquí, aGustavo Gutiérrez, unha espiritualidade de liberación.

359 2323232323

Unha reflexión sobre o compromiso dos cristiáns e cristiás

Page 26: ro EncrucilladaEncrucillada

Escoitamos o pai da Teoloxía da Liberación:

“Una espiritualidad de la liberación estará centrada en unaconversión al prójimo, al hombre oprimido, a la clase socialexpoliada, a la raza despreciada, al país dominado. La conversiónevangélica es, en efecto, la piedra de toque de toda espiritualidad.Conversión significa una transformación radical de nosotrosmismos, significa pensar, sentir y vivir como Cristo, presente en elhombre despojado y alienado. Convertirse es comprometerse con elproceso de liberación de los pobres y explotados, comprometerselúcida, realista y concretamente”.

A conversión, recórdanos Gustavo Gutiérrez, é un procesopermanente e conflitivo: engánase quen quere converterse senconflitos e probablemente non será unha verdadeira conversión senon é conflitiva, polo menos, para un mesmo. A conversión implica,polo tanto tamén, ruptura con algo e/ou con alguén.

Unha espiritualidade da liberación, nada dunha verdadeiraconversión, debe estar impregnada de gratuidade, que non é máisnin menos que “amor gratuíto”. E aquí como experiencia degratuidade é onde Gustavo Gutiérrez sitúa á oración: o acto“ocioso”, o tempo “desperdiciado” da oración recórdanos ao Deusque está máis alá e máis acá das nosas limitacións. Ao Deus que nosama, tamén, gratuitamente. Ese amor gratuíto de Deus é fonte daledicia cristiá. Aspecto, este por certo, o da alegría, que tendemosmoito a esquecer os cristiáns e as cristiás.

Coincidimos nós con Gustavo Gutiérrez en que poucos textosexpresan mellor unha espiritualidade da liberación, unhaespiritualidade como a que nós queremos, como o Magnificat quexunta a acción de grazas humilde pola ledicia de saberse e sentirseamados por Deus: “A miña alma proclama a grandeza do Señor, ealégrase o meu espírito en Deus, o meu Salvador, porque reparouna súa humilde escraviña” (Lc 1, 47-48)”. É ao tempo un dos textosde maior contido liberador e político do Novo Testamento: “Derrubado seu trono aos poderosos, e fai subi-los humildes; aos famentoséncheos de bens, e aos ricos despídeos baleiros” (Lc 1, 52-53).

24 24 24 24 24 360

María Xosé García Prieto e Miguel Anxo Fernández Blanco

Page 27: ro EncrucilladaEncrucillada

5. E para rematar

Ao Evanxeo, en definitiva, acabábanos remitindo tanto JoseMaría Castillo como Gustavo Gutiérrez ou Marcelino Legido,escollidos con toda intención para este relato, do que taménpoderían ter formado parte Leonardo Boff ou Jon Sobrino; TorresQueiruga ou Carlos Díaz, ao que tanto queremos e debemos, ououtros de menor renome pero igual importancia, como o Julio,marista, ou o noso Julio de Nicaragua. En realidade este relato,podería ter sido tamén, por certo probablemente menos aburridoasí, unha colección de filminas, de fotografías das persoas que nosfixeron efectivamente as persoas que somos e nos seguen a facer,porque a apaixonante historia das nosas vidas vai seguir dependendodas persoas que imos seguir atopando, o que nos podería levar,como María quere ás veces, a Nicaragua co noso amigo Julio, oumanternos pegados a estas pequenas realidades que temos sempreen fase de construción aquí. Nesta mediana idade da vida na quenos atopamos sabemos xa, e quizás iso sexa moito, o que nonqueremos nin vamos ser. Non podemos, con todo, rematar esterelato compartido, e necesariamente circular, sen antes voltar aobispo de Sao Félix de Araguáia para que ese lema seu volva a resoarnos nosos corazóns e así remate por facerse con moito traballo eesforzo compartido con outros e con outras, unha marabillosarealidade desas que se impoñen por si mesmas:

“No poseer nada, no llevar nada, no pedir nada, no callar naday de paso, no matar nada”

5. Unha addenda

Esta addenda, formaba parte dunha dinámica de traballo quepreparamos de forma conxunta hai pouco tempo para alumnado debacharelato de María e pensamos que era un xeito de sintetizaresta humilde contribución, a parte de ser unha mostra de traballoe reflexión conxunta. Experiencia que poucas veces facemos posible,porque adoitamos estar máis ben cada un ou cada unha nas súas“batallas”.

Características da opción por Xesús

1. Non impide tomar outras opcións (non é excluínte)

361 2525252525

Unha reflexión sobre o compromiso dos cristiáns e cristiás

Page 28: ro EncrucilladaEncrucillada

2. Ten que ser como as outras opcións que tomamos na nosa vidaunha opción libre (pensada e escollida con total liberdade).

3. Non é mellor nin peor que outras opcións significativas quetomemos na nosa vida.

4. As persoas que optan por Xesús non son tampouco nin melloresnin peores que as que toman outras opcións.

5. Optar por Xesús non significa ter que ser cura ou monxa.Calquera traballo ou profesión permite optar ou non por Xesús.Incluso os parados ou paradas poden optar ou non por Xesús.

6. Como en todas as opcións significativas das nosas vidas ten quefacernos, para ser válida, felices.

7. A opción por Xesús non é é unha opción xeográfica, podemosoptar coa mesma intensidade por Xesús aquí, na nosa vida cotián,que en África onde pode parecernos que se “axuda” mellor aospobres.

8. A opción por Xesús non é unha opción temporal. En calqueraépoca das nosas vidas podemos optar por Xesús (e podemos deixarde optar). Tampouco é unha cuestión de “tempo” (non se trata dotempo que dedicamos a Xesús ou a facer boas obras).

9. A opción por Xesús depende do noso corazón e da nosa cabeza,é unha cuestión relacionada coas actitudes coas que pensamos evivimos a nosa vida.

10. A opción por Xesús supón sempre saír de nós mesmos paraatoparnos recoñecidos e recoñecidas noutros e noutras. Supónfacer grupo (comunidade dicía Xesús) de amizade e fraternidade.Porque como noutras opcións significativas da nosa vida é nacomunicación libre e amistosa con outros e con outras as onde nosatopamos ben.

11. Se vos preguntades entón que é optar por Xesús, esteshumildes profesores vosos, propoñenvos o seguinte texto:

Non ter nadaNon levar nadaNon poder nada

26 26 26 26 26 362

María Xosé García Prieto e Miguel Anxo Fernández Blanco

Page 29: ro EncrucilladaEncrucillada

Non pedir nadaE, de paso,non matar nadano calar nada.Somentes o Evanxeo, como unha faca afiadaE o pranto e maila sorriso na miradaE a man extendida e apretadaE a vida, dacabalo, dada.

E este sol e estes ríos e esta terra compradapara testemuñas da Revolución xa estalada.E “máis nada”.

María Xosé García Prieto eMiguel Fernández Blanco

Responsables de Caritas de Santiago

Bibliografía

Ademais das reflexións de Pere Casaldáliga tomadas de diferentestextos, e mesmo de internet (“Koinonía”), as obras que serviron debase fundamental a esta achega foron:

La Alternativa Cristiana de José María Castillo.

La Misericordia Entrañable de Marcelino Legido.

La Teología de la Liberación de Gustavo Gutiérrez.

A Escola de Espiritualidade seguirá as súas actividadesno curso 2005-2006, en Santiago. As sesións serán osdías 29 de outubro, 3 de decembro, 14 de xaneiro, 25 defebreiro e 8 de abril.

Máis información e matrícula no teléfono 981 59 11 18.

363 2727272727

Unha reflexión sobre o compromiso dos cristiáns e cristiás

Page 30: ro EncrucilladaEncrucillada

SalvSalvSalvSalvSalvador ador ador ador ador TTTTTorororororooooo

Contemplar: ¿a quen?

Deus na Biblia e nas relixións

Estes días lía, sen ningún fin concreto (a este modo de ler os monxeschamámoslle “Lectio Divina”) algúns dos libros da Santa Escritura,eses libros que poderíamos chamar pequenos relatos ou novelas. Rut,Xonás, Xudit… tamén, noutro contexto, Eclesiástico, Eclesiastés, paraterminar cos Sinópticos, centrándome nalgunhas parábolas. Estaclase de lectura e o modo persoal de facela esponxa o corazón, relaxa,pacifica e estimula. A Palabra de Deus, como di Paulo, “é espada dedobre fío”, e á vez, como di o salmista, toca as fibras íntimas docorazón: “Búscote de todo corazón, non consintas que me desvíe dosteus mandamentos”; tamén: “Correrei polo camiño dos teusmandamentos, cando me ensanches o corazón”. O pragmatismo deCohelet e a humana sabedoría do Ben Sirá levan como da man ospaxaros do ceo “que non sementan nin segan...” ou “os lirios do campoque non tecen...”. Todo me resultaba moi sinxelo, case inxenuo. ¡Istotodo o mundo o entende! En Rut, a moabita, todo está impregnado dehumanidade; en Xonás, a fuxida do Deus da misericordia para ato-parse inmerso na misericordia; en Xudit, a salvación desde a debilidadefeminina. Realidades vividas no cotián. Acontecementos normais,normas de conduta, relectura da historia pasada... Ollos, oídos,corazón aberto ao ofrecemento de Deus para entrar en comuñón coapersoa. O contemplativo/a é esa persoa que ten a capacidade de percibircomo Deus actúa no mundo e na vida de todo ser humano sempre desdea realidade fundante que é a acción creadora, comprensible só desde oamor.

¿como? ¿para que?

28 28 28 28 28 364

Page 31: ro EncrucilladaEncrucillada

Os homes e mulleres de todos os tempos, cultura e relixións tiveronexperiencia do divino simplemente vivindo e palpando as realidadeshumanas. Afirmamos que sempre houbo contemplativos neste mundo.O modo e o grao desas experiencias contemplativas dependen doscontextos socioculturais e relixiosos en que eses homes e mulleresvivían.

Deus presente no autenticamente humano

O discurso sobre Deus e sobre o relixioso en xeral, está de moda.Neste momento da historia da humanidade en que nos tocou vivir,ninguén é agnóstico de verdade e totalmente. Fálase e escríbese dapresenza de Deus e da súa ausencia; da súa xustiza e da súa inxustiza;da súa providencia e do seu actuar caprichoso, de contemplación, deoración. O que realmente expresamos coas nosas crenzas ou supostasin-crenzas, é a experiencia de algo (Alguén) que nos transcende enpositivo. Algo así como un fluxo vital que sostén e alenta o noso cansocamiñar nesta vida, ás veces tan estraña, e para moitas persoas tansen sentido.

Volvendo ao do principio, a esa lectura da Escritura, lida de modosinxelo e gratuíto: ¿pode Deus estar ausente das realidades humanas?¿Como poderiamos entrar en comunicación con El se non é a travésdo que somos, palpamos e experimentamos? Se só as persoas que seabstraen das realidades mundanas (¡non mundanais!) poden gozardesa presenza sentida do divino, eu polo menos teríame que considerarmoi lonxe desa experiencia mística e, a dicir verdade, tampouco meapetecería nada. O P. Merton dicía, no seu pequeno e admirable libriño,Pensamentos da Soidade, que “toda contemplación que non remate noirmán, será, en todo caso, unha contemplación platónica, pero noncristiá”. En boca de Doroteo de Gaza ponse a seguinte expresión:“Viches o teu irmán, viches o teu Deus”. En definitiva, a clave de todacontemplación está perfectamente descrita no así chamado “Xuízo dasNacións” de Mt. 25.

Na medida en que te humanizas divinízaste. Por iso todocontemplativo/a teñen que ser “expertos en humanidade” como di P. J.Castelo. Toda experiencia de Deus, sexa Lectio, meditación, oración oucontemplación, se é verdadeira, non pode estar á marxe das realidades

365 2929292929

Contemplar: ¿a quen? ¿como? ¿para que?

Page 32: ro EncrucilladaEncrucillada

do noso mundo. Ademais, esta experiencia é universal: todo home oumuller teñen a posibilidade e a capacidade de entaboar ese diálogoprofundo e auténtico con esa presenza que nos envolve. “Nel somos,vivimos e existimos”; nese Deus que para nós é pai/nai, realidadeinicial e consumadora de todo o que existe.

Sen expresalo, sabemos que unha realidade común sustenta esaexperiencia persoal e misteriosa que nos envolve e nos estimula. Unharelación da persoa con Deus, mediante a fe. Un Deus, ao cal cadapersoa ten acceso libre desde a súa crenza, a súa cultura, o seu mundo.Deus, presente na realidade creada, é quen sostén a creación no seuser. ¡E isto por amor!

Na vida real a distinción entre presenza de Deus, oración econtemplación, son matices importantes que dependen do proceso decrecemento na fe e na madureza humana de cada persoa. Por outrabanda, estas tres realidades están intimamente unidas entre si. Nonse dá a unha sen a outra. Dar a primacía dunha sobre a outra nonsignifica nin maior nin menor grao de relación con Deus, é sinxelamentea situación psicosomática a que condiciona a maioría das veces esesentir a proximidade ou a ausencia de Deus. Esta ausencia é dentro doámbito contemplativo, un modo peculiar e privilexiado de presenza. Éo que os nosos clásicos chamaban “La Noche Oscura”, ou “La Nubedel no Saber”.

Se a contemplación consiste en saír de si mesmo para apresenza deDeus senón en ausencia de nós mesmos e polo tanto tamén en ausenciade Deus. É dicir, a verdadeira contemplación dáse na medida en que euentro no dinamismo da miña propia realidade, do que eu mesmo son,de tal xeito, que desde aí, e, na medida que son, a contemplación faisereal e verdadeira. Saír de min mesmo e imaxinarme algo que non seio que é, é evadirme, perderme.

Na historia das relixións a presenza do divino ocupa un lugar moiimportante e destacado. É a síntese da relixión, o compendio dacreación como sagrada e a orixe dos ritos e cerimonias litúrxicas.

Cando se fala do relixioso, a presenza de Deus, a súa contemplaciónéncheo todo. O que chamamos absoluto, transcendente, ese Alguéndescoñecido que dirixe a vida dos homes e do mundo, sen o noso

30 30 30 30 30 366

Salvador Toro

Page 33: ro EncrucilladaEncrucillada

consentimento, mesmo en contra da nosa vontade, preocupou sempreaos homes de todas as culturas, razas, tempos e crenzas. O homesempre mirou ao ceo esperando, resignado, cando non rebelde, respostas,interrogantes e explicacións para cousas inexplicables, e iso sucédenosa nós tamén. A nosa impotencia queda ás veces patente ante ese Deusque dicimos que nos ama, pero que non palpamos por ningún sitio.

Na espiritualidade cristiá a presenza de Deus, o desexo de Deus, asúa contemplación, é capítulo importante, central, para ben e paramal. Desde o Deus que todo o ve e todo o xulga con rigor inhumano,ata a figura entrañable do Abbá de Xesús de Nazaré, hai un sen fin deposibilidades, para ben e para mal, dependendo de onde nos coloquemos.Se para min a presenza de Deus é ese Deus ríxido, que dalgún xeito meatorda, será para mal esa presenza. Se é a anunciada en Xesús deNazaré, será para ben. A lectura asidua, sinxela e humilde da Palabrade Deus, configúrame en positivo para aceptar un ofrecementohumanizador que me capacita para descubrir a súa presenza en todoo que me rodea e, sobre todo na miña propia vida, na miña propiahistoria.

Escapar á nosa realidade é escapar a Deus

Hai un sen fin de pseudo presenzas que poboan as crenzas e assupersticións das persoas. Necesitamos clarificar, poñer nomes áscousas, ás vivencias, ás crenzas e aos sentimentos. Clarificar, poñerluz, é algo necesario para saber por onde nos movemos. Nun texto deTony de Mello, aludindo á repetida queixa: “¡É que nos cambian aespiritualidade!”, cóntanos o seguinte: “Pregúntanlle ao mestre: ¿Queé a espiritualidade? –A espiritualidade, respondeu, é o que consegueproporcionar ao home transformación interior”.

Pero se eu aplico os métodos tradicionais que nos proporcionaron osmestres, ¿non é iso espiritualidade? Non será espiritualidade, se noncumpre para ti esa función. Unha manta xa non é manta cando deixade dar calor. Entón ¿é que a espiritualidade cambia? –As necesidadesdas persoas tamén cambian, de modo que o que noutro tempo foiespiritualidade, xa non o é. O que moitas veces pasa por espiritualidadenon é máis que a constancia escrita de métodos pasados. Hai quecortar a chaqueta de acordo á medida da persoa, e non ao revés.

367 3131313131

Contemplar: ¿a quen? ¿como? ¿para que?

Page 34: ro EncrucilladaEncrucillada

Cando falamos de contemplación, de oración, de presenza de Deus,non podemos esquecer que o lugar privilexiado da presenza de Deus,da contemplación, somos nós mesmos. Se estamos convencidos disto,entón a verdadeira contemplación ha de centrarse na nosa calidade devida, na nosa verdade de vida, na nosa humanidade.

Humilde e honradamente miremos cara a nós mesmos, que somos olugar privilexiado da presenza de Deus. A miña persoa e a miñarealidade son o lugar sagrado no que se establece o diálogo con DeusAmor, que é o único que eu teño para poder atoparme con El, no quefago, desexo ou temo. Esta realidade humana é o templo do Deus vivo,lugar da súa presenza salvadora, onde se realiza o intercambioadmirable entre Deus e nós.

De tal xeito que falar dunha contemplación que escape a estarealidade humana é vivir na falsidade. ¿Cambiou a espiritualidade?¡Non! O que acontece é que imos tomando conciencia da verdadeiraespiritualidade. Unha das cousas máis profundas e admirables daSagrada Escritura é ver a evolución de cómo Deus, segundo vaiprogresando o home, se vai acomodando a el e nesa mesma medida aimaxe de Deus se vai purificando e tamén nós vamos evolucionando:a nosa intelixencia evoluciona, a nosa ciencia vaise perfeccionando, osnosos coñecementos psicolóxicos, teolóxicos, escriturísticos son máisperfectos, imos tomando unha conciencia máis perfecta do que é Deus.

A presenza de Deus hoxe

Os que veñan detrás de nós perfeccionarán os coñecementos esaberán de Deus algo máis ca nós. A nós tócanos isto, pero o que nonpodemos é retroceder, volver ao xa pasado, ao que non ten cabida nomundo e na cultura en que vivimos, porque aí, nesas realidades,revélasenos e desvélasenos o amor de Deus. Só entraremos nun ámbitocontemplativo do Deus próximo e amigo mediante os coñecementosque temos hoxe, porque é o lugar no que El actualiza a súa presenza.

Por iso é tan importante situarse na vida, mirar cara a nós mesmoscon amor e co respecto con que Deus nos mira, para poder captar a súaproximidade en acontecer de cada día, monótono e rutineiro sequeredes, pero presenza real de Deus. Porque non está en sentir senónen saber e en crer nesa presenza, porque se hai algo claro na

32 32 32 32 32 368

Salvador Toro

Page 35: ro EncrucilladaEncrucillada

Revelación, na historia da humanidade, é a proximidade e a presenzade Deus cara o home. Deus acomódase e actúa segundo as circunstanciasde tempos, lugares e culturas. Xa comentamos que hai unha presenzaque é creadora, vivificadora e santificadora.

É importante tomar conciencia desa acción fecunda e misteriosa, quese realiza na nosa propia existencia e na nosa propia vida, e parapercibirla fai falta escoitar, estar atentos e en paz cun mesmo e cosdemáis. ¿Cantas guerras inútiles con nós mesmos que non levan aningunha vitoria; que levan máis ben a un fracaso, ao sen sentido doque facemos?

É claro que podemos sentirnos inmersos no amor creador, vivificadore santificador de Deus. Deus para nós non é xa ese señor terrible quecomentamos noutro momento. Agora o importante é tomar concienciade “que o amor de Deus se derramou nos nosos corazóns polo Espíritoque se nos deu”

Podémonos preguntar ¿para que falar tanto desa contemplación deDeus, se n’El nos movemos, somos e existimos, como di San Paulo?Precisamente, trátase de descubrir o que xa temos, o que somos epodemos ser. Descubrilo na propia vida, na historia persoal, supón unacto de humildade grande. Calquera presenza de Deus, na creación,por exemplo, non tería sentido se non aceptamos o feito fundamentalde que Deus se fai presente na nosa propia vida e historia, sexa a quesexa.

Por iso dicimos que a nosa propia vida é o soporte da presenza deDeus e a vida mesma é a garantía de contemplación. Por iso unha vidasuperficial, mediocre, unha vida vivida a medio gas, non é o terreomáis apropiado para que se manifeste a presenza de Deus, sinxelamenteporque cando á vida lle falta autenticidade, verdade e coherencia, deixade ser o lugar onde Deus normalmente ten que manifestarse, porquenon é a nosa propia vida. Estamos vivindo outra cousa.

Desde este punto de vista, a mellor devoción que poderiamos ter, éa atención á vida, á calidade de vida, á nosa e á dos demais. Porquese as devocións tenden a facernos próximos a Deus, imos ter a mellordevoción: ¡devoción a nós mesmos! Na medida en que o home entranun coñecemento profundo de si mesmo, nesa mesma medida vai

369 3333333333

Contemplar: ¿a quen? ¿como? ¿para que?

Page 36: ro EncrucilladaEncrucillada

descubrindo a presenza de Deus que actúa. Esa é a gran humildade ea gran verdade.

A trivialidade, a superficialidade, a mediocridade son o inimigo máisradical da contemplación. Trivial é o que carece de substancia, defondura. Homes, mulleres triviais son os que perderon a referencia ásúa propia profundidade, á súa orixinalidade, ao misterio que levamosdentro. Perderon a súa realidade profunda de ser, é o que chamamosen castelán “un casquivano”.

O home moderno ou posmoderno, ao que pertencemos, queirámoloou non, está case obrigado a vivir de impresións pasaxeiras, deestímulos fugaces; vívese na superficie do propio eu, das cousas, e isto,ademais por pouco tempo. A profundidade, a permanencia,característica do transcendente, está ausente da vida de moitos homese mulleres do noso tempo, por iso ás veces son tan infelices, viven tantristes e están tan malhumorados. O malhumor é unha característicada superficialidade. Desde a superficie, cando non hai fondura econviccións, non pode estrañar a pouca consistencia das opcións quese toman. Vívese de impresións.

Ás veces o home, a muller, substitúe a interioridade polo intimismo.Interioridade é profundidade, seriedade. O intimismo é simplemente unpecharse. Quizais sexa esta a explicación da proliferación de movementosoracionais que xorden aquí e alá sen consistencia, sen continuidade,sen compromiso, desligados da realidade humana e terreal, tan propiado misterio da Encarnación. Se rompe a capa da superficialidade dopropio ser, estase aberto, sáibase ou non á acción de Deus presente ennós.

Di a este respecto un teólogo:

O nome desa profundidade infinita, desa fonte inesgotable de todo seré Deus. A esa profundidade refírese a Palabra de Deus, e se a palabranon ten moito sentido para vós, traducídea e falade da grandeprofundidade da vosa vida, da orixe do voso ser, do que vos atinxeabsolutamente, do que tomades en serio, falade diso sen ningunhareserva. Se isto facedes, teredes que esquecer quizais algo do queaprendestes de Deus, mesmo da mesma palabra, pois se vos decatastesde que Deus significa profundidade xa sabedes moito de Deus, non vospodedes chamar incrédulos nin ateos, pois non podedes xa pensar nin

34 34 34 34 34 370

Salvador Toro

Page 37: ro EncrucilladaEncrucillada

dicir: a vida non ten profundidade ningunha, a vida éplana<A[chaira|plana]>, o ser mesmo non é máis que superficie, sóse puidésedes dicir isto con sinceridade seriades ateos, se non, non osodes. Quen sabe de profundidade sabe de Deus!”

Este é o camiño da conversión, convertémonos para vivir nestapresenza amorosa do Señor.

O home atopa en Deus a dimensión profunda da súa realidade, non sonos procesos lóxicos de demostración racional os que conducen ao homea tomar conciencia da presenza de Deus, nin sequera a busca nun planosuperior e transcendente. Descubrímolo alí onde El se manifesta, queé na nosa propia vida. Fai falta realmente fe profunda para saber queDeus está na nosa propia vida”.

Espertar á realidade

¿Que hai que facer para converterse a esta nova realidade? Noncambies nada, non hai nada que cambiar. Hai que espertar que édistinto. Porque ademais non imos cambiar. Hai que ¡espertar! repito,que é distinto.

Esta contemplación que pode parecer pasiva, é presenza que nos levaa un inconformismo. En primeiro lugar, inconformismo ante oinsubstancial, ante o non orixinal, ante o que apaga o misterio dohome, ante todo o que aliena e evade. Inconformismo que deberíaactuar a niveis persoais, comunitarios e sociais. Un inconformismocomo o de Xesús de Nazaré, non agresivo, pero si persuasivo ecoherente. Non podemos vivir sendo conformistas, na insustancialidade,porque vamos contra o máis sagrado que hai en nós, e non podemosfalar entón da presenza de Deus.

Se a nosa vida é o lugar da presenza de Deus, e se esa presenza noné soamente unha teoría, senón que ten que manifestarse incluso comoinconformismo, hai que poñer a énfase en todo o que é auténtico everdadeiro, buscar o sentido profundo das esixencias que se impoñen,que nos impoñemos a nós mesmos, que aceptamos. Non podemos dicir:“Isto fágoo porque o mandan ou o deixan de mandar” (eu teño que serresponsable dos meus propios actos!, ¡eu!).

Isto levaríanos loxicamente á liberdade, a unhas verdadeiras relaciónsprofundas entre nós, o cal sería para todos o froito desa conversión

371 3535353535

Contemplar: ¿a quen? ¿como? ¿para que?

Page 38: ro EncrucilladaEncrucillada

que non consiste en cambiar, senón en espertar. Isto é unha granverdade. Non consiste en cambiar senón en espertar. Darnos canta dodon que temos, porque desde aquí o cambio vén só, pero se nonespertamos... ¿onde fundamentámos a nosa contemplación, a nosaoración, a nosa presenza de Deus?

Situarnos na vida como seres amados de Deus, sempre amados, encalquera circunstancia da existencia, supón, entre outras cousas,que nos valoramos, que valoramos a nosa cotidianidade e que temosunha imaxe aceptable de Deus. Non somos seres “botados” a estemundo para que nos busquemos a vida como poidamos, aínda queesa é a aparente realidade que palpamos e que, para evadir aresponsabilidade persoal, atribuímos a Deus, que quere ou permite,¡por algo é omnipotente e omnipresente!

Esta presenza de Deus fainos moito dano, déixanos indefensos,case escravizados, e desde logo confusos. Non é de estrañar quehomes de todos os tempos e culturas intentaran saír dese círculotan divino e sobrenatural pero á vez, tan oprimente e inhumano. Talreacción é un indicio de que o home ten dentro de si capacidade dediscernimento e de crítica e, grazas a ela, vai descubrindo esapresenza liberadora e salvadora, facendo que o home sexa máishome e Deus máis Deus. Cando as identidades se definen e cantomellor definidas, máis posible e máis fecundo será o encontro norespecto amoroso, na mutua entrega e na profundidade docoñecemento. Deus é o primeiro en respectar as regras de xogo” queel estableceu co home.

Falar de contemplación é, paréceme, o modo máis axeitado queatopamos para poder falar da liberdade do home, da súa felicidade,da súa realización como persoa, da súa total realidade. É descubrirna propia vida as potencialidades que temos para chegar ao nosodestino. ¡“Glorioso destino”!, chámalle o salmista.

Hoxe empezamos a dar algúns pasos para centrarnos na presenzade Deus no mundo, na historia dos homes, na nosa propia historia.Só os homes facemos e temos historia. Na historia feita por nós, oshumanos, está Deus, xa antes dos primeiros proxenitores: “Aoprincipio xa existía a palabra e a palabra dirixíase a Deus e a

36 36 36 36 36 372

Salvador Toro

Page 39: ro EncrucilladaEncrucillada

373 3737373737

Contemplar: ¿a quen? ¿como? ¿para que?

Page 40: ro EncrucilladaEncrucillada

palabra era Deus... Mediante ela existiu todo, sen ela non existiucousa ningunha do que existe” (Xn. 1,1-3).

¿Podemos os homes ter unha proximidade de Deus coa calidadedunha presenza amorosa? ¡Así é! ¿Como percibimos esa presenza deDeus na historia persoal? Percibila con capacidade de “dar verdadeá nosa vida”, é xa unha verdadeira contemplación.

As falsas presenzas

Cando non é así, o home mira ao ceo esperando recibir ocomplemento ou o suplemento de que carece; mira ao ceo para queo que ten e posúe aumente e se multiplique; o home mira ao ceo paraque ese Ser, estea contento co home, servíndoo con sacrificios eofrendas ... Deus é “o outro, sagrado, afastado, incognoscible emisterioso. Unha imaxe de Deus está moi metida no noso euprofundo; con ela actuamos e tanto dependemos dela, que podemoschegar a desexar esquecer ao Deus que tanto nos molesta e nosamola. Por outra banda, vemos que os que non se preocupan deDeus, o negan ou o ignoran, non teñen unha vida moi distinta quea dos “crentes”.

Na historia da espiritualidade temos exemplos de que este tipo deconciencia da presenza de Deus foi nefasta para o crecementohumano. Creo que, por desgraza, non na historia da espiritualidadesenón que na nosa propia historia, Deus tivo connotacións sádicase sanguinarias.

Desde o deus que necesitaba o sangue do seu Fillo para aplacarsedas nosas ofensas, ata os nosos sacrificios, ás veces cruentos, quepretendían obter a benevolencia deste Pai bo que, se non víasangue, non quedaba aplacado, escribiuse moito e viviuse máis.¿Imaxinamos un pai ou unha nai que para perdoar ao seu filloporque fixo non sei que cosas (roubou, matou, desobedeceu...)necesite e esixa a morte doutro fillo? Esta pseudo teoloxía segueinformando e sostendo inconscientemente parte da nosaespiritualidade, mesmo litúrxica. A presenza de Deus, desde estaperspectiva, segue sendo nefasta, chegando a situacións inhumanas,só comprensibles desde a piedade de conciencias deformadas ouenfermizas.

38 38 38 38 38 374

Salvador Toro

Page 41: ro EncrucilladaEncrucillada

Os exemplos podemos multiplicalos. Recordemos simplemente oAntigo Testamento: no segundo relato da creación, preséntase aDeus como un ser envexoso, celoso, vingativo. No sacrificio deIsaac, por moito que o adornemos, percibimos a un Deus que xogacos sentimentos máis humanos dos homes, e precisamente dos queintentan servirlo con maior lealdade. ¡ Cantas influencias negativastivo este relato para a espiritualidade cristiá! A morte dosprimoxénitos en Exipto. O exterminio dos pobos que Israel atopouno seu paso cara á terra prometida. Falar do Deus das vinganzas,Deus da cólera, son imaxes moi negativas, que aínda hoxe seguimospadecendo na nosa vida cristiá. Nalgunhas das oracións do misaltamén seguen presentes estas imaxes de Deus: vingativas, coléricas,negativas influíndo na expresión da fe da xente sinxela máis do quepensamos. O mesmo se pode dicir dalgunhas das intencións daLiturxia das Horas. E tamén do libro de Tomás de Kempis, a“Imitación de Cristo”, e de toda unha literatura espiritual que áforza de oíla e mesmo de intentar vivenciala, produciu unha especiede deformación xenética da fe. Os que vivimos esta espiritualidade,dificilmente poderemos liberarnos totalmente dela. Quizais odescubrir esa deformación xenética da fe en nós mesmos sexa un dosfactores máis positivos do noso compromiso cristián. Nonquixeramos transmitir deformacións, pero non podemos quedar aí,temos un gran labor por realizar: refacer todos eses formulariosteolóxicos litúrxicos e devocionais, que son os que realmentealimentan (ou debilitan) a nosa fe e a fe do pobo sinxelo. ¿Comofacer para que a presenza do divino no humano non sexa un fardopesado que botamos ás costas? ¿Como facer para que a presenza deDeus sexa algo viva, que alivie o noso camiñar, algo que nos deailusión na vida?

Todos sabemos a forza, o poder, que ten unha mensaxe repetidacontinuamente; rematamos por asimilala, case por ósmose. Asformulacións de fe, aquelas que dalgún xeito nos abren á presenzade Deus, están case todas redactadas en termos de obrigatoriedadeou negativamente. A nosa resposta é de temor, de sometemento, derespecto reverencial, de cumprimento obrigado, de rexeitamentoagochado, de rebeldía. O que tiña que ser motivo da nosa alegría,consolo e apoio, converteuse no contrario. Outro gran labor. Nestes

375 3939393939

Contemplar: ¿a quen? ¿como? ¿para que?

Page 42: ro EncrucilladaEncrucillada

contextos é moi dubidoso calquera proceso de oración,contemplación, de presenza de Deus. Desde unha base falsa nonpodemos edificar un edificio sólido.

O que ten a chave das conciencias pode ser o maior tirano quepode existir para os seus semellantes. O sagrado, ese espazomisterioso, reservado ao divino, convértese nun campo estercadopara aqueles homes que se moven como funcionarios dese ámbito,que está clausurado para os profanos, créndose os únicosinterlocutores válidos entre Deus e os homes.

É aí, neses dominios, onde se produce a distorsión e o dominiodespótico sobre os demais. Querer de Deus, a súa vontade, os seusmandatos e dispensas, pasaban por estas falsas mediacións que,desde o ámbito sagrado, usurpaban unha misión que non llespertence.

Xa sei que pode resultar estraño que diga estas cousas. Resultacertamente estraño que para falar da presenza de Deus no mundo,empece de tan lonxe. Pero é case imposible falar da presenzaamorosa de Deus, se antes non desmontamos ou baleiramos docontido falso o noso intelecto e o noso corazón, as nosas estruturase institucións. Pois senón todo iría ao mesmo “caixón de xastre”,e o viño novo estropearíase porque os odres están vellos. Ir creandoespazos de liberdade na nosa experiencia de fe beneficiaríanos atodos e noso vivir cristián sería esponxado e distendido capaz deilusionar outras persoas, axudándoas a crecer en humanidade e enproximidade.

A chamada de Xesús de Nazaré

Xesús de Nazaré, dános a clave deste posible cambio. O homerelixioso no sentido máis profundo do termo, soubo poñer as cousasno seu sitio e ofreceunos unha alternativa válida e eficaz parafacelo.

Xesús aparece como un home de fe, un home que se relaciona conDeus con frecuencia, un home no que Deus ocupa un lugarprimordial, tanto que, nun momento da súa vida, decide dedicarsea proclamar o auténtico reinado de Deus no mundo. Vai tomando

40 40 40 40 40 376

Salvador Toro

Page 43: ro EncrucilladaEncrucillada

consciencia da paternidade de Deus e sentíndose fillo amado do Pai,proclama a Deus pai de todos.

Xesús é un bo xudeu. Xesús non ten problemas coa fe en Deus, ninco culto verdadeiro, nin coas expresións de auténtica relixiosidade;o problema de Xesús, o seu drama, aparece cando, en nome de Deus,o home é escravizado, no más íntimo do seu ser, na súa conciencia.Neste asunto Xesús é intransixente e é, xusto aquí, onde empeza oconflito cos representantes oficiais do sagrado. Pódese utilizar oDeus que con amor fixo o home á súa imaxe e semellanza, paraescravizar o home e explotalo. Para Xesús a última referencia darelixiosidade dunha persona non está no culto que tributa a Deus,nin nas longas oracións, nin nos xexúns, nin no cumprimento dalei. A relixiosidade verdadeira radica para Xesús no respecto e amorao home, e canto máis deteriorada estea a súa condición humana,máis necesidade ten de ser apoiada para devolvela ao seu estadoorixinal. De aí a súa opción clara e decidida polos marxinadosdaquela sociedade.

Todo isto sabémolo. Se o lembro é porque sempre queda no fondodo corazón unha raíz de dúbida que pode xermolar con forza antecalquera inseguridade.

Parece claro que Xesús fixo da súa vida, da súa experiencia deDeus, unha narración, unha esexese do mesmo Deus. Non foi só unmestre e un profeta, foi unha esexese viva de Deus. Tampouco foiun home relixioso, nin un home observante das tradicións recibidasdos maiores, nin un home dedicado ás prácticas piadosa, tal comoo entendían os funcionarios do culto. O modo en que Xesús nosrevela a Deus é desde unha praxe comprometida e nova. Xesús, defeito, manifesta que ocupa o lugar de Deus, tomando o posto dasantigas mediacións relixiosas, pero exercendo a súa función dexeito moi diverso: aquelas unían os homes con Deus por lazos deservidume. Xesús ensínanos coa súa vida un modo novo de presenzade Deus no mundo. Unha presenza que está enraizada nas mesmasrealidades mundanas nas que vivimos e nas que atopamos os trazosde Deus. Xesús ensinounos que, cando o home relixioso buscaseguridade nas cousas de Deus, está a prostituír a mesma verdadede Deus. Isto é o que Xesús intuía na súa polémica contra a Lei, o

377 4141414141

Contemplar: ¿a quen? ¿como? ¿para que?

Page 44: ro EncrucilladaEncrucillada

sábado e o templo. Dalgún xeito Xesús sácanos do ámbito do sacrale lévanos ao secular como a un lugar onde as nosas relacións conDeus serán limpas, menos interesadas e máis reais e quizais,autenticamente relixiosas.

Isto non implica un rexeitamento absoluto das mediacións relixiosas.En Xesús non existiu tal rexeitamento. El asistiu ao templo e cumpriuhabitualmente a lei. Xesús non era un inimigo da lei senón o seuliberador, liberando non desde unha crítica ilustrada, senón desdeDeus. Isto fai a súa actitude máis insólita, porque ao inimigo da leisempre será posible atacalo e alcumalo de impío. Mentres que oliberado desde Deus nos deixa ante o dilema que adoitaba formularXesús: converternos ou non. Tampouco era Xesús un inimigo dotemplo; pero chocou cos que, por estaren máis metidos no templo econtrolalo máis, se crían máis preto de Deus e con máis poder decontrol sobre Deus e, desde aí, utilizaban a Deus para xustificar a súasuperioridade ... Xesús non soportaba que se utilizase a Deus paraconsagrar diferenzas entre os homes” (Faus)

“O camiño que leva a Deus xa non é o que vai da terra ao ceo pasandopolo templo, senón o camiño que Xesús tomou para ir aos vencidos dahistoria. A grande revolución levada a cabo por Xesús é abrirlles aoshomes outra vía de acceso a Deus distinta do sagrado: a vía profana darelación cos demais da relación ética vivida como servizo ao outro elevada ata o sacrificio de si” (Moingt).

Empezamos por nós como “lugar privilexiado da presenza deDeus”. Vimos que a calidade humana da vida é unha condición sena cal non se pode falar de contemplación de oración ou de presenzade Deus, en realidade, se falta a calidade humana non se pode falarde ningunha presenza, xa que falta o ámbito para que poida darseunha relación auténtica.

Hoxe saímos do ámbito persoal e puxémonos en camiño paradescubrir como Deus, chega a nós desde outros lugares.

Repensar e reformular a espiritualidade é tarefa pendente.

Percibir e gozar de Deus na propia vida é o que realmentehumaniza. É o único camiño dunha verdadeira contemplación. Rut,Xonás, Ben Sirá, Parábolas... leváronme ata aquí.

Hai xa máis de dez anos (outubro de 1994) escribía eu unha cartaás alumnas e alumnos da Escola de Espiritualidade de Sobrado.

42 42 42 42 42 378

Salvador Toro

Page 45: ro EncrucilladaEncrucillada

Como resumo e concreción de todo o que antecede, cópioa acontinuación.

A primeira carta desde Sobrado

Amigas e amigos, irmás e irmáns:

A certeza de que Deus está sempre do teu lado, pode supoñer uncambio desexado na túa propia vida. Poñer signos positivos na propiaexistencia é unha tarefa primordial para camiñar polo mundo conilusión e optimismo, abertos a un futuro que sempre pode ser mellor.Non estamos feitos para sufrir, nin para a tristura, nin sequera paraa morte; estas son realidades propias da limitación humana, que haique integrar e asumir nun proceso cada vez máis humanizador ecristián. É o Señor Xesús o que dá o pleno sentido á nosa realidadede crentes.

É importante sacar á luz as nosas potencialidades e os nosos desexosprofundos, aqueles que son a verdade da nosa propia vida; é aí onderadica a fonte do sufrimento ou da paz. Se esa fondura persoallogramos “evanxelizala”, a nosa existencia, nas súas múltiplasmanifestacións, será ela mesma mensaxe de salvación para os demais,para os que nos rodean, para os que están máis preto de nós.

Necesitamos ser amados e necesitamos amar. “Deus é Amor”(1 Xn4,8.16). ¿por que non te atreves a afrontar esta realidade do amor deDeus cara a ti, con fondura e sinxeleza? Moitas cousas cambiarían,porque o misterio do amor de Deus non é un misterio para oprimirconciencias, nin para escravizar vontades, nin para manter as persoasnun infantilismo que impide chegar á madureza que Cristo nosconseguiu coa súa vida, morte e resurrección. Mil veces oirías falardisto, leríalo mil veces, pero ¿é vida da túa vida? Pensas que a pesardos esforzos feitos, todo segue igual; pensas que Deus, en definitiva,está arriba e desde alí o dispón todo ... Deus queda tan lonxe, tanausente das nosas existencias concretas, que non vale a pena perder otempo en formulacións deste tipo. Non obstante, algo nos di que haique intentalo de novo facer un novo esforzo poñer outra vez algúnsmedios. Quizais chegues un día á conclusión de que todo é máissinxelo, de que non é cuestión de cambiar moitas cousas, de que écuestión de ver onde nos situamos na vida.

379 4343434343

Contemplar: ¿a quen? ¿como? ¿para que?

Page 46: ro EncrucilladaEncrucillada

“Deus é Amor”. É o que permanecerá sempre. Descubrir ese DeusAmor é fonte de liberdade e de paz. Pero a imaxe de Deus está moideteriorada en nós; necesitamos recuperala, necesitamos urxentementequitarlle todas esas cousas que nós mesmos fomos engadindo a Deuspara mantelo “contento” e “lonxe” do noso vivir. E a verdade é que undeus falso é molesto, esixente e tirano. Posiblemente é o deus que haino noso subconsciente e que nos mantén nunha irrealidade infecundae falsa. É un deus que non é amor: é a negación do amor.

Os teus desexos de camiñar, a túa sintonía coa Palabra, a túaamizade con algunha persoa, o teu empeño por dar resposta apreguntas, a túa fame de algo ao que non sabes poñer nome, é o queintentamos compartir entre todos como amigos e como irmáns.

Salvador ToroMonxe de Sobrado

Suxiro a seguinte bibliografía:

Andrés. Torres Queiruga. Creo en Dios Padre 3ª. Edit. Sal Terrae,1992.

(Toda a obra teolóxica de Torres Queiruga, é do mellor que temoscomo profundidade, espiritualidade e claridade, en castelán e galego).

Anselm Grün. La sabiduría de los Padres del Desierto. Edit.Sígueme. 2001.

Anthony de Mello: Rompiendo Ídolos” Edit. PPC-1993

José Mª Castillo. El futuro de la Vida Religiosa” Edit. Trotta.2003.

Leonardo Boff”. Espiritualidad” Edit. Sal Terrae. 2002.

Thomas Merton. Pensamientos en la soledad” Edit. Lumen (BA).2001.

44 44 44 44 44 380

Salvador Toro

Page 47: ro EncrucilladaEncrucillada

Pilar Pilar Pilar Pilar Pilar WWWWWiririririrtz Moletz Moletz Moletz Moletz Molezúnzúnzúnzúnzún

A miña experiencia dosExercicios Espirituais

1. Introdución

Falar dos Exercicios Espirituais é para min todo un desafío.Supón tocar unha experiencia dun gran valor simbólico na miñavida. Todas as persoas, crentes ou non, a través das propias opciónslibres e do modo de asumir todo aquilo que nos ven dado, imosfraguando esa experiencia única e orixinal que constitúe a nosaidentidade. No meu caso, esta experiencia humano - espiritual foiconfigurándose, a través do tempo, en estreita relación cosExercicios Espirituais. Dunha ou doutra maneira, fóronmeacompañando sempre e marcando fitos fundamentais do meu procesovital.

Por tratarse dun tema tan coñecido, parece que está de sobraunha información sobre os Exercicios mesmos: qué son, de óndeprocede esta experiencia, quén é o seu fundador. Con todo, por sealgún lector ou lectora máis novos ou máis apartados destatradición o precisase, empezarei por facer unha pequena presentaciónobxectiva dos mesmos.

Os chamados tradicionalmente Exercicios Espirituais teñen a súaorixe en San Ignacio de Loyola (1491-1556), un home dedicado aoexercicio das armas que cae ferido en Pamplona, batallando contraos franceses. Durante a convalecencia, na súa casa natal de Loyola,lendo a Vita Christi e a Vida dos Santos, empeza un proceso deconversión que se prolongará, durante un tempo longo de oración,

381 4545454545

Page 48: ro EncrucilladaEncrucillada

nunha cova de Manresa. Máis tarde, recolle a súa propia experiencia,feita guía metodolóxica para outros e outras, nun libriño pequenochamado “Exercicios Espirituais”, estruturado en catro semanas ecun “modo e orde” moi preciso e elaborado.

Na experiencia dos Exercicios recóllese o dinamismo vital da“espiritualidade ignaciana” que deu lugar á Compañía de Xesús(xesuítas), congregación fundada polo mesmo San Ignacio, queaxiña empezou a estenderse por todo o mundo. Posteriormente,dentro desta espiritualidade, con moi distintas variantes, foronnacendo un gran número de congregacións relixiosas, sobre todofemininas.

Os Exercicios non quedaron reducidos ao mundo “ignaciano”. Xadesde o principio, entraron a formar parte da tradición espiritual daigrexa universal e foron asumidos, a través dos séculos, como modode formación e de experiencia relixiosa, por movementos cristiánsde base, seminarios, relixiosos e relixiosas, cregos, bispos e, mesmo,por moitos papas.

2. A miña experiencia como receptora dos ExerciciosEspirituais

Como todas as persoas da miña xeración que nos formamos encolexios relixiosos, a miña experiencia dos exercicios empezou desdeben pequena. No colexio onde eu estudei, a Compañía de María daCoruña, lembro que a partir dos doce ou trece anos facíamos cadaano os Exercicios. É dicir, catro ou cinco días de silencio e oración,orientados por un crego xesuíta.

Algunhas daquelas predicacións podo recordalas aínda agora:moita insistencia na “pureza”, na maldade do pecado, explicaciónsmoi gráficas, mesmo terroríficas, sobre a morte e o inferno. Contodo, ao contrario do recordo que outras persoas teñen destasexperiencias, debo recoñecer que, máis alá do contido, para minresultaron positivas e axudaron a poñer os alicerces da miña fe.

Sendo nova, aos dezaoito anos, entrei monxa na Compañía deMaría, unha congregación ignaciana. Desde entón, os Exerciciospasaron a ser o centro da espiritualidade e da formación que funrecibindo. Durante os anos do Noviciado, facíamos oito días de

46 46 46 46 46 382

Pilar Wirtz Molezún

Page 49: ro EncrucilladaEncrucillada

Exercicios dúas veces ao ano e, como preparación á profesiónsolemne, tiñamos a experiencia dun mes de Exercicios. Ao longo davida tiven ocasión de participar en diferentes cursos e cursiñossobre os fundamentos e pedagoxía desta espiritualidade e facer cadaano a experiencia dos Exercicios.

Miradas no seu conxunto, recordo estas experiencias como temposfortes de oración, de reflexión, de encontro con Deus, co evanxeo,comigo mesma e ocasións de ir configurando a miña vida en tornoao eixo central da fe.

Gardo un especial recordo do mes de Exercicios, con LuísMendizabal S.J., en Roma, no ano 1964, xusto cando se estaba acelebrar o Concilio Vaticano II. A nivel teórico, a orientaciónteolóxica deste mes foi moi tradicional e, mesmo, con insistencias,pouco sás, nas penitencias, no sacrificio, na mortificación. Contodo, a nivel existencial, síntoa como unha experiencia nuclear, quemarcou moi fondamente a miña vida. Agora, despois de tantos anos,teño a convicción de que aquel mes de Exercicios, tan fiel eintensamente vivido na miña mocidade, consolidou en min unhaestrutura interior básica que, a modo de columna vertebral,sustentou e posibilitou a apertura e a maduración posterior.

3. A miña experiencia como orientadora de ExerciciosEspirituais

3.1. Un proceso de busca

Terminei os meus estudos pouco despois de rematar o Concilio.En Santiago, naqueles momentos de cambio, tan complexos eesperanzadores, empecei a miña vida activa e propiamente adulta:profesora de matemáticas, responsabilidades diversas, conflitos,contacto con outros ambientes e novas relacións. A miña vida foiseatopando con desafíos e metida en novos horizontes de busca.Pouco a pouco foi nacendo en min unha nova maneira de pensar, desentir, de actuar e de entenderme a min mesma como muller.

En xuño de 1994 termina para min unha etapa longa e intensa,centrada en labores de coordinación e animación dentro da miñacongregación. Nese mesmo ano, vivín a fonda e entrañable

383 4747474747

A miña experiencia dos exercicios espirituais

Page 50: ro EncrucilladaEncrucillada

experiencia de acompañar a miña irmá Tereixa na súa enfermidadee na súa morte, en febreiro 19951.

Unha nova etapa empezaba na miña vida. Entre as distintasactividades, proxectos, experiencias que se me foron abrindo, tivenocasión de orientar e compartir días de oración con diferentesgrupos. Unha experiencia moi enriquecedora para min, que meobrigou a ir estruturando e compartindo a miña propia vivenciaespiritual con outras persoas. Recordo, como especial desafío, asmiñas primeiras experiencias con comunidades contemplativasfemininas.

Aquí empeza, propiamente, a etapa de sentirme suxeito activo dosExercicios Espirituais. Nun primeiro momento non sentía excesivapreocupación por axustarme ao contido e metodoloxía dos Exerciciosde San Ignacio. Buscaba, fundamentalmente, ser fiel a min mesmae expresarme desde o que eu estaba a descubrir: unha comprensiónteolóxica máis conectada coa vida, un horizonte eclesial e socialmáis crítico e aberto, unha maior radicalidade no compromiso cospobres, unha nova sensibilidade humana e feminista.

O meu intento era buscar formas de integrar todos estes elementosnunha síntese coherente e integradora. Pouco a pouco, este intentofoi atopándose, desde dentro, coa experiencia dos Exercicios que tanfortemente levaba incorporada. Sen deixar de ser fiel a min mesma,fun comprendendo mellor e redescubrindo unha nova coherencia naproposta ignaciana tradicional.2

As circunstancias fóronme abrindo moitas e diversas posibilidadesde compartir esta experiencia. Ao longo destes dez anos, unhamedia de dúas ou tres veces ao ano, tiven contacto con diversosgrupos: segrares, relixiosos homes e, sobre todo, relixiosas dediferentes congregacións, idades e ideoloxías de distintos puntos daxeografía española.

1 Tiven ocasión de relatar esta experiencia en Encrucillada nº 93, maio-xuño 19952 Neste sentido foi moi enriquecedor o traballo en equipo con Lurdes Gorostola,Misioneira Mercedaria de Bérriz, e con Laly Jubany, relixiosa Escrava do SagradoCorazón.

48 48 48 48 48 384

Pilar Wirtz Molezún

Page 51: ro EncrucilladaEncrucillada

Vista agora, desde a perspectiva do tempo, agradezo estasoportunidades como lugares privilexiados de estruturar, compartire sentir confirmada a miña fe. Foi un verdadeiro proceso de busca,por veces torpe e atoutiñante, sempre facéndose e modificándose, nointento de ir atopando a figura e a expresión axeitada en cada caso.Un proceso de elaboración contrastado por sensibilidades, vivenciase suxestións de outra xente.

Resultoume especialmente significativa a experiencia do mes deExercicios que vivín este ano en Bérriz, xuño de 2005, cun grupode 17 mulleres relixiosas, entre 30 e 40 anos, de diferentes culturasprocedentes dos cinco continentes. Foi unha experiencia moigratificante e confirmadora que me obrigou a clarificar e afondar namiña proposta3.

3.2. Tres experiencias básicas

Concretando máis as influencias que me foron marcando, podosinalar tres experiencias que, desde o seu ángulo específico, foronmoi determinantes para min. Dalgunha maneira a miña visiónactual dos Exercicios está na confluencias destes tres procesos:

3.2.1. Grupo de Teoloxía

No ano 1970, acabada de chegar a Santiago, nun momento no queas novas ideas emerxían con forza e ameazaban acabar con toda acomprensión anterior, empezamos un grupo de Teoloxía con TorresQueiruga, en Santiago. Éramos persoas moi diferentes, convocadaspola Vicaría de Ensino para acadar a idoneidade como profesores eprofesoras de Relixión. Un grupo que axiña se independizou e segueaínda vivo, funcionando cun ritmo quincenal, e do que eu son unhadas poucas superviventes daquel primeiro momento.

A dinámica deste grupo foi unha ocasión privilexiada para irmeabrindo, sen rupturas, progresivamente, desde dentro, ao cambio.Foi, e segue a ser, unha oportunidade moi valiosa para estudar deforma continuada moitos e diferentes temas, afondar nos novos

3 Este grupo de relixiosas, estaban no tempo de preparación para os seus votosperpetuos. Pertencen a dúas Congregacións: Apostólicas do Corazón de Xesús eMisioneiras Mercedarias de Bérriz. Vivín esta experiencia en equipo coas súasrespectivas formadoras: Pilar Ertzunza e Lurdes Gorostola.

385 4949494949

A miña experiencia dos exercicios espirituais

Page 52: ro EncrucilladaEncrucillada

conceptos e descubrir as novas interpretacións. Axudoume a irfacendo proceso, desde dentro, no compartir libre e espontáneo dogrupo e, ao mesmo tempo, desde a seguridade dunha orientaciónseria e cunha ampla perspectiva teolóxica. Esta formación a modo“escola - taller” en contacto coa vida, na busca de respostasexistenciais, permitiume ir consolidando a miña fe e a miña vivenciaespiritual desde nun novo paradigma teolóxico4.

3.2.2. Seminario de Acompañamento Integral

No ano 1994, un grupo de relixiosas de diferentes congregaciónsde espiritualidade ignaciana, puxemos en marcha un Seminario deAcompañamento, en Salamanca. Buscabamos ofrecer unhaformación, desde mulleres e para mulleres, que nos axudase a crecerna arte do acompañamento integral-espiritual.

Ao longo deste tempo, son unhas 250 persoas as que pasaronpolos cursos, de dous anos, que ofrece o Seminario. En xeral, osfroitos son moi positivos e confirmadores. Para as que formamos ogrupo coordinador, actualmente oito mulleres, está a ser unhaverdadeira experiencia de equipo, de busca conxunta dinámica ecreativa. Unha ocasión privilexiada de afondar nunha antropoloxíaintegral e integradora.

A experiencia destes anos en Salamanca foime abrindo novos eenriquecedores horizontes, que entraron nunha profunda conexióne complementariedade coa nova comprensión teolóxica. Agradezoespecialmente, neste sentido, a achega de Lola Arrieta, coñecidapsicóloga e especialista en acompañamento, que forma parte doequipo desde o principio5.

3.2.3. Grupo de Congregacións Femininas de EspiritualidadeIgnaciana

Desde o ano 1984 un grupo de monxas de Espiritualidade Ignaciana,xuntámonos periodicamente para afondar nela desde nós. Fomos

4 Nesta mesma liña, coa perspectiva dun grupo moito máis amplo, estou vivindo aexperiencia da Escola de Espiritualidade, desde o ano 1994.5 Tamén, neste sentido, está sendo moi enriquecedor para min o Grupo deAcompañamento que estamos vivindo en Galicia, en Sobrado dos Monxes, desde1995.

50 50 50 50 50 386

Pilar Wirtz Molezún

Page 53: ro EncrucilladaEncrucillada

pasando de ser meras receptoras a descubrir a importancia de sercélulas vivas e creativas dentro desta espiritualidade. Dun xeitosinxelo, fomos compartindo experiencias e significados e buscandonovos modos de entender os diferentes aspectos da vida desde estaespiritualidade e achegarnos aos Exercicios, desde a nosa propiasensibilidade de mulleres. As nosas xuntanzas, nos diferentesgrupos que foron xurdindo, foron verdadeiros talleres de elaboraciónteórica e vivencial da dinámica ignaciana, co intento de dar formaa novas intuicións e recreando a nosa maneira propia de proceder.

Mirada en perspectiva, doume conta de que esta experiencia debusca compartida con outras mulleres, foi moi decisiva na elaboraciónda miña proposta de Exercicios. A comprensión actual, a sínteseque intento transmitir, leva dentro moita forza e enerxía, moitasideas e intuicións que se foron xerando nestes grupos de compañeirase amigas6.

3.3. Algunhas conclusións deste proceso

Desde a experiencia vivida quixera apuntar algunhas convicciónse intuicións ás que fun chegando ao longo deste proceso:

- A pedagoxía espiritual e humana dos Exercicios leva dentrounha enorme sabedoría como dinamizadora dunha espiritualidadeintegradora e humanizadora. Polo feito de partir da experienciaconcreta de Ignacio, conscienciada e reflexionada, levan en si apotencialidade de conectar coa experiencia humana de todos ostempos.

- Esta experiencia de Ignacio, como non podía ser doutra maneira,chegounos expresada en concepcións teolóxicas, antropolóxicas eculturais propias do seu tempo. Para poder identificarse hoxe conesta experiencia, resulta indispensable, ou polo menos moi axudador,traducila nunha teoloxía actualizada e nunha antropoloxía queconecte coa sensibilidade cultural e relixiosa do noso tempo.

- O carácter persoal dos Exercicios, que tan acertadamenteinsiste na transformación afectiva e no cultivo da interioridade,

6 Nesta perspectiva de xénero axúdame moito a reflexión e busca que desde haidez anos estamos a facer na Asociación de “Mulleres–Cristiás–Galegas”.

387 5151515151

A miña experiencia dos exercicios espirituais

Page 54: ro EncrucilladaEncrucillada

necesita ser completado coa dimensión social do compromiso polaxustiza, para evitar deformacións intimistas que leven a unespiritualismo desencarnado.

- O máis xenuíno e orixinal dos Exercicios, como dicía, está enque transmiten unha experiencia. Por iso, dirixir Exercicios nonsupón, sen máis, a fidelidade a un contido e un método como algo,en definitiva, externo á propia vida. Pide compartir e facer propiaexperiencia que se transmite, “pasala polo corazón” ata chegar arecoñecerse persoalmente nela.

- Esta característica tan fundamental dos Exercicios supón unespecial desafío para as mulleres. San Ignacio expresa a súaexperiencia desde o seu ser de home e a transmisión dos Exercicioschegounos a través dos xesuítas, tamén homes. Hoxe moitasmulleres estamos convencidas de que a verdadeira fecundidade datradición ignaciana pide a nosa colaboración activa. Precisa que,tamén nós, pasemos os Exercicios “polo noso corazón”: polo nosopensar, sensibilidade, creatividade e facer feminino, para que, todose todas, nos poidamos sentir recoñecidos nesta experiencia.

4. A miña proposta actual dos Exercicios

Os Exercicios Espirituais, como o seu mesmo nome indica, nonson unha secuencia de meditacións que animan uns días de reflexióne oración. Os Exercicios son un proceso, unha pedagoxía orientadacara a unha experiencia espiritual transformadora da vida. Unproceso formado por unha secuencia lineal de contidos, entretecidospor unha lóxica afectiva que, a modo de espiral, vai avanzando, pasoa paso, ata lograr a experiencia espiritual buscada: “un novo modode vivir, buscando, deixándose encontrar, por Deus en todas ascousas”.

A miña proposta busca harmonizar e integrar ben tres dimensións:a pedagoxía espiritual dos Exercicios, un novo paradigma teolóxicoe unha pedagoxía do crecemento humano desde unha antropoloxíaintegral. Tres dimensións que foron marcando a miña vida e quevou descubrindo que, na súa profunda articulación, encontran osExercicios unha forte harmonía e coherencia.

52 52 52 52 52 388

Pilar Wirtz Molezún

Page 55: ro EncrucilladaEncrucillada

389 5353535353

A miña experiencia dos exercicios espirituais

Page 56: ro EncrucilladaEncrucillada

Aínda que, necesariamente, teña que ser dun xeito breve, eexcesivamente apretado, intentarei presentar as claves fundamentaisda miña maneira de entender hoxe os Exercicios. Unha propostaque ten, sen máis, o valor de ser o resultado dun proceso persoal,contrastado pola vivencia doutras persoas. É dicir, ten ese “valorengadido” de toda proposta “pasada polo corazón”.

4.1. Ideas e experiencias fundamentais

4.1.1. Deus Amor crea por Amor

Deus é Amor e crea só por Amor. Un Deus, que desde o seu Amor,só busca a plenitude da súa creación, que non quere nada para simesmo e que unicamente está interesado na realización positiva detodo o noso ser, na nosa plena e total felicidade. O seu dinamismocreador está constantemente impulsando o crecemento humano, oprogreso da humanidade, da historia e da creación enteira, en todasas súas dimensións. Por iso, este dinamismo creador é, tamén, undinamismo humanizador. Deus crea ao ser humano, home e muller,para que vivan plenamente7.

Este Principio e Fundamento atravesa todo o proceso dosExercicios posibilitando unha profunda coherencia en dúasdimensións moi fundamentais:

- Ser unha experiencia de gratuidade. Deus ten a iniciativa, estásempre buscándonos. Non se trata, polo tanto, de convencelo conoso esforzo, oración e petición para que El veña a nós e nosconceda a súa graza e o seu perdón. Desde a perspectiva dun Deusque busca incansable comunicarnos o seu Amor, a experiencia deExercicios recobra o seu máis xenuíno sentido da gratuidade.Unicamente buscan crear en nós as condicións humanas detotalidade, unificación, dispoñibilidade e acollida para deixarnosencontrar por El e que o seu Amor poida así ir transformado a nosavida.

7 Estas ideas están tomada de: Torres. Queiruga, A, Recupera-la creación. SEPTVigo 1996. En xeral, a comprensión teolóxica da miña proposta dos Exercicios estábaseada no conxunto da súa obra.

54 54 54 54 54 390

Pilar Wirtz Molezún

Page 57: ro EncrucilladaEncrucillada

- Ser unha experiencia espiritual - integral. A perspectiva dunDeus que busca o ben total da humanidade, que lle interesa o nosocrecemento en todas as dimensións do corpo e do espírito, abrehorizontes cara unha experiencia espiritual integradora ehumanizadora que está na base dos Exercicios. De modo que candocrecemos en humanidade, cando axudamos a alguén a mellorar asúa vida, cando apoiamos o progreso verdadeiro do mundo, estamosobedecendo a Deus, estamos facendo a súa vontade. Como recolle atan certeira frase de San Ireneo, estamos glorificando a Deus: “Agloria de Deus é a vida da persoa humana”

4.1.2. Seres pecadores acollidos no Amor

A experiencia dun Deus que está sempre, buscando e potenciandoo noso ben co seu dinamismo creador humanizador, choca coa nosafinitude e o noso pecado. Cando nos pechamos á vida, cando nonnos abrimos ao Amor, estamos poñendo obstáculos á acción creadorade Deus no mundo. Pechamos a canle do seu Amor en nós, e a travésde nós para a humanidade. A esta luz, a realidade da culpa cobraunha enorme seriedade e leva a experimentar unha “fonda pena edor polos nosos pecados”.

Pero, ao mesmo tempo, a experiencia do pecado está envolta naplena seguridade da confianza. Sabémonos acollidos e aceptadospolo Amor dun Deus “que nos amou cando aínda eramos pecadores”(Rom 5, 8). Esta dobre experiencia: sentir fonda dor polo nosopecado e sentirnos fondamente aceptados por El, remítenos ao máisauténtico e xenuíno do noso ser humano. Experimentarnos serespecadores - salvados é a experiencia que busca este momento dosExercicios.

A Cruz é o símbolo máis evidente dun Amor de Deus que choca copecado social-estrutural do mundo. Xesús, o ser humano totalmenteentregado á causa do ben, por culpa do pecado, termina colgado dunmadeiro. Unha realidade que hoxe segue presente, moitos homes emulleres, moitos pobos do planeta están sendo crucificados polomal, pola inxustiza, polas ansias de dominio e de poder. ¿Que fixen,que fago, que podo facer polo Xesús sufrinte do noso tempo? Nestapregunta, co horizonte aberto da súa resposta, desemboca aexperiencia desta primeira semana.

391 5555555555

A miña experiencia dos exercicios espirituais

Page 58: ro EncrucilladaEncrucillada

4.1.3. Deus crea creadores e creadoras

O Amor de Deus, como diciamos, está sempre activo, sempreimpulsando e traballando o ben da humanidade e da creaciónenteira. Pero precisa da nosa axuda e colaboración para que esteAmor se vaia verificando e facendo real no mundo: Deus creacreadores e creadoras. Somos os seus mediadores indispensables.

Deus precisa de nós para levar a cabo no mundo o seu laborcreador e humanizador. Necesita da nosa colaboración para quepoidamos acadar esa “sabedoría de vivir” que vai dando sentido efelicidade á nosa vida. Necesítanos para curar e devolver dignidadea tantos feridos e feridas que van quedando tirados pola vida.Precisa de nós para cambiar o funcionamento estrutural dunhasociedade que xera tan fondas e sangrantes desigualdades.

Desde esta perspectiva, cobra o seu verdadeiro horizonte a chamadado Reino tan clásica nos Exercicios. Non se trata de traballar porun Reino alleo a este mundo, en resposta a unha chamada“sobrenatural”, externa á mesma realidade. Trátase de colaborarco Deus da vida, de acoller o seu impulso desde a nosa liberdade ecreatividade, para que o noso esforzo e dedicación vaian desvelando,neste mundo e nesta historia, o seu dinamismo creador humanizador.

4.1.4. Encarnación “desde abaixo”

En Xesús o Amor creador humanizador de Deus chega amanifestarse plenamente na historia. Na súa persoa, Deus consigue,por fin, regalársenos totalmente. Este dinamismo creador -humanizador, plenamente acollido, faise en Xesús dinamismosalvador. Nel rómpense todas as barreiras de separación entre o ceoe a terra: en Xesús recoñecemos o Fillo Encarnado.

¿Quen é este home? ¿Como achegarnos á fondura do seu Misterio?Esta é a pregunta que se fixeron os discípulos e discípulas e asprimeiras comunidades, despois da resurrección. Esta é a pregunta,aínda aberta, da Cristoloxía de todos os tempos. Esta é a preguntavivencial de toda persoa crente que, fascinada por el, pon a súa vidano seu seguimento. E esta é, tamén, a pregunta que nos facemosnesta segunda semana de Exercicios. Unha pregunta aberta,existencial, que busca contemplar a Xesús, achegarse intimamente

56 56 56 56 56 392

Pilar Wirtz Molezún

Page 59: ro EncrucilladaEncrucillada

á súa persoa para “coñecelo internamente e así mellor amalo eseguilo”.

Marcel Legaut presenta a parábola do tesouro como a narraciónevanxélica que mellor nos aproxima ao Misterio de Xesús: “O Reinode Deus parécese a un tesouro agachado nunha leira: un homedescóbreo, vólveo a agachar e, cheo de alegría, vende todas as súasposesións para mercar a leira aquela” (Mt 13, 44) O secreto dapersoa de Xesús podémolo intuir na súa total fidelidade ao Amorcreador, ao Reino, que polarizou toda a súa existencia. Este é esetesouro agachado que encheu de sentido a súa vida e polo queapostou todo ata ao final8.

Desde a perspectiva da Encarnación entendida “desde abaixo”,cobra un novo sentido o seguimento de Xesús. Non se trata deimitar ou de seguir un modelo, xa feito e terminado, en definitiva,externo a nós. Seguir a Xesús supón que a nosa vida se vaiaconfigurando como a súa: se vaia polarizando en fidelidade aotesouro. Deixar que Xesús “faga de parteira” de modo que no nososer particular e na nosa circunstancia concreta, a fidelidade aoAmor creador de Deus, vaia unificando e “enchendo de alegría” anosa propia vida.

4.1.5. Contemplación da vida de Xesús

A segunda semana, a parte central da experiencia de Exercicios,está toda ela dedicada a contemplar a vida Xesús, a entrar enrelación orante con el, en contacto co seu ser facer e sentir, para o“coñecer internamente”. En coherencia cunha comprensióndinámica da Encarnación, contemplar a un home que non chegafeito desde o ceo, que se vai facendo a si mesmo en contacto coarealidade e acollida ao querer do Pai.

Deixándonos instruír polo profeta: “Anda baixa ao taller dooleiro, pois alí che comunicarei as miñas palabras” (Xer 18, 2),podemos acudir á vida de Xesús para contemplar o seu ser - desdeDeus – para os demais. E alí, como discípulas e discípulos, que

8 Legaut, Marcel., Meditación de un cristiano del siglo XX, Sígueme, Salamanca 1989,127-150

393 5757575757

A miña experiencia dos exercicios espirituais

Page 60: ro EncrucilladaEncrucillada

queren aprender e deixarse contaxiar, asistir a esa “escola – taller”no que vai configurando a súa existencia.

Para isto necesitamos expoñer todo o noso ser ao seu contacto.Abrir a nosa imaxinación e sentidos corporais para mirar e escoitaro seu falar e actuar e deixarnos sorprender polos seus xestos,actitudes, gustos, preferencias. Abrir a nosa intuición e sentidosinteriores para sintonizar, desde dentro, cos seus sentimentos,emocións, certezas, intencións, desexos, medos, dúbidas, buscas.

Achegámonos aos diferentes textos do Evanxeo, narracións xamoi elaboradas pola comunidade primitiva, para situarnos nosdiferentes escenarios e, a modo de portas de entrada, contemplarese irse facendo de Xesús:

- Contemplamos a Xesús facéndose home conforme ao querer doPai. Ver cómo vai vivindo o proceso de “darse á luz” desde o mellorde si. Asistir ao seu camiño de autenticidade e liberdade e como vaimodelando a súa vida en fidelidade ao tesouro. Lúcido e valenteante todo aquilo que pode ameazar a fidelidade ao esencial, aíndaque estean en xogo estruturas moi sagradas para el: a familia, ocirculo de amizade, a lei, o sábado, o templo.

- Contemplamos a Xesús aprendendo a mirar a vida. Ver cómo encontacto coa xente, cos pobres e na relación íntima co Pai, vaifacendo proceso de conversión e inversión da súa mirada. Como vaidescubrindo que só “desde abaixo” desde a marxe, se pode humanizare ver a realidade desde a mirada de Deus. Contemplar cómo estemodo de mirar e vivir desde os máis febles e excluídos non é neutral,vai chocando cos poderes establecidos e supón unha continua fontede conflitos.

- Contemplamos a Xesús afondando na intimidade co Pai. Osevanxeos presentan, repetidamente, a Xesús orando toda a noite,nun lugar arredado. ¿Que pasaba na interioridade de Xesús neseslongos tempos de oración e intimidade? Contemplar a Xesús nesesmomentos, entrar en contacto coa súa intimidade aberta plenamenteá relación co Pai, supón asistir ao “santuario” no que mellorpodemos captar, intuír e abrirnos ao secreto último da súa persoa:ao cerne mesmo do seu Misterio, ao seu recoñecerse como Fillo naexperiencia do Abbá.

58 58 58 58 58 394

Pilar Wirtz Molezún

Page 61: ro EncrucilladaEncrucillada

- Contemplamos a Xesús madurando no amor. Toda a súa vida foiunha aprendizaxe do amor. Na relación coa xente, mesmo a travésdo papel relevante que tiveron na súa vida as mulleres, Xesús foimodelando o seu ser. Na reciprocidade do dar e recibir xestos deagradecemento, cariño e tenrura e mesmo na súa indignación antea hipocresía e o desprezo pola xente humilde, Xesús foi acollendo oAmor do Pai e levándoo ata a desmesura de “dar a vida poloamigos”. Na cea de despedida, co xesto do lavatorio dos pés,exprésanos a clave do seu descubrimento: o verdadeiro amor pasapolo servizo. É dicir, por ese amor que se expresa nunha linguaxehumilde, verdadeira, efectiva, desde a naturalidade do auténtico,desde unha reciprocidade acolledora e agradecida.

4.1.6. Contemplación do Misterio Pascual

O proceso de Exercicios, termina coa contemplación da morte eresurrección de Xesús. É un tempo, terceira e cuarta semana, noque se busca a consolidación e confirmación de todo o vivido: unhaexperiencia transformadora, enraizada na historia que se abre caraa un horizonte transcendente de esperanza.

En Xesús, morto nunha cruz, como consecuencia da súa fidelidadeá causa do Reino, temos un signo evidente de que Deus non podeevitar o mal pero acompaña cunha inmensa tenrura, a toda persoaque sofre. O Pai, que desde a plena identificación acompañou ao seuFillo ata o final, tampouco o puido librar do sufrimento.

Na experiencia de Xesús resucitado, temos a seguridade de quenin o mal, nin a morte teñen a última palabra sobre a existencia.Deus é un Deus de vivos, que non deixa a ningún ser humano caerna morte. O seu Amor, que non pode na historia evitar o mal,ofrécesenos como salvación plena e definitiva no seu abrazo final.

4.2. Orientacións metodolóxicas dos Exercicios

Os Exercicios, como veño dicindo, son unha experiencia espiritualorientada á transformación persoal. A súa pedagoxía, centrada napersoa de Xesús, busca invitar, motivar e promover que a persoavaia ordenando a súa vida: afectos, desexos, ideas, actitudes,comportamentos e, mesmo a súa sensibilidade, conforme ao quererde Deus.

395 5959595959

A miña experiencia dos exercicios espirituais

Page 62: ro EncrucilladaEncrucillada

Para lograr esta transformación San Ignacio, ao principio do seulibro, presenta unha serie de orientacións metodolóxicas. Con estamesma finalidade, vai intercalando nas diferentes meditaciónscoloquios e peticións que buscan orientar e estimular o desexo caraa experiencia que en cada caso se pretende conseguir.

Neste sentido de transformador, cobran unha especial relevanciaas once peticións que aparecen ao longo dos Exercicios e constitúenunha clave fundamental no proceso de educación afectiva.Tradicionalmente faise tanta insistencia neste aspecto que, aprimeira vista, pode parecer incompatible ser fiel á intuición deIgnacio e prescindir da oración de petición; mesmo hai grandesespecialista na materia que pensan así.

Con todo, desde unha actitude humilde e respectuosa, queroexpresar a miña firme convicción de que é posible lograr doutroxeito, máis acorde coa absoluta e amorosa iniciativa de Deus, esamesma transformación afectiva que se busca desde a insistentepetición. Creo que a linguaxe relixiosa ten outros moitos recursospara expresar, espertar e potenciar o sentimento de indixenciapersoal e desexo de Deus.

Na miña experiencia, intento conservar de diferentes maneiras osvalores que encerran as distintas peticións. Ben formulandoexpresamente o desexo que se busca, ben dándolle a volta á peticiónde modo que exprese que é Deus quen nos está pedindo a nósacollida e colaboración ou ben a través doutras expresións eevocacións oracionais, que respecten sempre a iniciativa gratuíta,amorosa e incondicional de Deus..

Neste mesmo sentido transformador, utilizo moito a linguaxeimaxinativa e simbólica. Como sabemos, a identificación simbólicaten unha gran forza expresiva para espertar zonas durmidas donoso ser. Ten a capacidade de sorprender “polas costas” as defensasracionais e chegar á nosa interioridade, mobilizando e avivecendoo desexo. Tamén estou descubrindo o poder integrador etransformador da linguaxe corporal, que vou introducindo a travésda danza contemplativa.

60 60 60 60 60 396

Pilar Wirtz Molezún

Page 63: ro EncrucilladaEncrucillada

4.3. Claves dunha pedagoxía integral

En sintonía coa comprensión dun Deus que impulsa cara áplenitude todo o noso ser humano, cobra unha especial importanciao dinamismo do crecemento integral. De forma moi breve enumeroalgunhas claves pedagóxicas que, ben articuladas, poden axudar alograr mellor o proceso transformador que buscan os Exercicios.

- Atender á comprensión e consciencia de si. É dicir, axudar apersoa a que se vaia entendendo a si mesma nos distintos aspectos:corporais, psicolóxicos, sociais, culturais e espirituais como unhatotalidade interrelacionada.

- Atender aos movementos da afectividade. É dicir, axudar ápersoa a irse facendo consciente dos impulsos afectivos que impactana súa sensibilidade e mobilizan a súa enerxía vital na dinámica dodesexo.

- Atender ás motivacións. É dicir, axudar á persoa a que vaiadescubrindo e elaborando o significado e o sentido das diferentesexperiencias do proceso.

- Atender á experiencia espiritual. É dicir, axudar a persoa a irtomando conciencia agradecida da presenza activa do dinamismocreador de Deus a través do mesmo proceso humano que vive9.

Na miña proposta de Exercicios busco atender a estas claves dediferentes maneiras. No estilo mesmo das orientacións, a través de“preguntas existenciais” e símbolos que axuden a traer á propiarealidade as ideas teolóxicas e os textos da Palabra. Resulta moiaxudadora a experiencia do acompañamento persoal.

5.Unha espiritualidade humanizadora

Os Exercicios terminan coa “Meditación para acadar amor”. Estameditación expresa o punto de chegada de todo o proceso: “unhamaneira contemplativa de vivir buscando, deixándose encontrar

9 Para ampliar estas ideas pode confrontarse: Arrieta, Lola, Acoger LA VIDA,acompañando la vida, El acompañamiento en la vida cotidiana, Frontera Hegian 26,Vitoria 1999.

397 6161616161

A miña experiencia dos exercicios espirituais

Page 64: ro EncrucilladaEncrucillada

por Deus, en todas as cousas”. Cara aquí apunta, en definitiva, atransformación que buscan os Exercicios.

Na miña proposta, este punto de chegada pasa a ser, tamén, opunto de partida como un dinamismo circular envolvente que vaiconducindo toda a experiencia. O impulso creador e humanizadorde Deus, que flúe amorosamente desde a entraña mesma de todo ocreado, emerxe na historia a través de tres fontes nas queconstantemente nos busca: a nosa propia vida persoal con todo oque somos, corpo, interioridade e circunstancia; a realidade quenos rodea, historia, acontecementos, cultura, relacións, persoas,especialmente as máis desfavorecidas; a Palabra que, comoexperiencia maiéutica, vai alumeando o proceso.

Na concreción e interrelación destas tres fontes, intimamenteconectadas entre si, vou desenvolvendo os diferentes momentos daexperiencia de Exercicios. Un proceso que se vai afondando a travésde dúas actitudes: o agradecemento ante o don que se nos regala ea decisión de responder con todo o ser. Dúas palabras Grazas e Síque, na súa interacción e unificación crecente, van abrindo á fondaactitude dunha total dispoñibilidade agradecida que expresa aclásica oración do “Tomade Señor e recibide...” coa que remata aexperiencia dos Exercicios.

Neste sentido, os Exercicios non terminan nunca; máis aínda,propiamente empezan cando rematan os días de retiro e oración. Oseu dinamismo interno busca ser, no medio do vivir cotián, esaforza interior que mantén viva e esperta unha espiritualidadehumanizadora e comprometida coa xustiza.

Pilar Wirtz Molezún Relixiosa da Compañía de María

62 62 62 62 62 398

María Pilar Wirtz Molezún

Page 65: ro EncrucilladaEncrucillada

Recanto de oración

Na mesma convivencia de Sobrado que recolle este número, e quereuniu ao grupo da Escola de Espiritualidade, fixemos e compartimostamén a oración en común. Á hora de decidir se a faciamos ou nonpública, tivemos moitas dúbidas. Dunha banda son expresións paracompartir nun determinado contexto, e fóra del, corre o risco de nonencaixar nunha lectura allea a ese clima. Pero doutra banda, pensamos,que sempre desexamos saber cómo oran os demais, qué podemosaprender nós, cómo nos axudar. As palabras de Xesús no evanxeo,falan da oración nunhas claves de sinxeleza, de naturalidade, dedirixirnos ao Pai como fillas e fillos. Sen pudor, poderíamos dicir. Anatureza, as flores, as árbores, as sementes, estiveron sempre nos seusbeizos coa meirande proximidade ao Pai e aos irmáns. Esta “falta depudor” evanxélica decidiunos por dalas a coñecer, conscientes de quenon serán nin sombra do que foron en Sobrado. Pero conscientestamén de que a semente pode florecer en calquera dos lugares ondecaia...E na seguridade de que Encrucillada chega a moitas persoasque queren aprender a orar. Anxos Renieblas e Rosa Andión recolleronos textos destas oracións.

Introdución

Semente, terra, planta que medra…

Acollemos o en nós o símboloque vén acompañando a nosa andaina durante todo este ano...E facemos silencio...

Velaí como a chuvia e a neve baixan do ceo en non voltan alá sen

Anxos Renieblas e Rosa AndiónAnxos Renieblas e Rosa AndiónAnxos Renieblas e Rosa AndiónAnxos Renieblas e Rosa AndiónAnxos Renieblas e Rosa Andión

399 6363636363

Page 66: ro EncrucilladaEncrucillada

enchouparen a terra, fecundala e facela brotar, para que lle deasemente a quen sementou e pan a quen come, así tamén será a miñapalabra que sae da miña boca: Non voltará a min en van, senón quefará o que eu queira, e conseguirá aquilo para o que o mandei... (Is55,10).

Imos traballar agora coa “tola da casa”, como chamaba SantaTereixa a imaxinación, unha das capacidades que máis nos axudana orar...

Imaxínate coma unha planta... Sente as súas raíces, o seu talo, assúas follas, o fluír do zume... Que clase de planta es...? Como vasmedrando? (vizosa, medio seca, alta, feble...) Onde estás plantada...?

Si, sairedes con ledicia e viredes con fartura, os montes e osouteiros estalarán de xúbilo na vosa presenza, e todas as árbores docampo baterán palmas... (Is 55,11)

* * *

Cantamos...

Vinde loar ao Señor, noso Deus (bis).As árbores do campo baten palmase os montes estalan de gozo.

* * *

Escribe agora unha oración, coma se esa planta que es ti, benregada ou precisada de auga, en tempo de invernía ou primavera,falara con Deus... Comparte a túa oración...

Oracións espontáneas:

(Pediuse a todas persoas presentes que, deixando fluír o sentimento,expresasen sen pretensións literarias a súa vivencia nunha pequenaoración).

Pai, son coma aquela semente da parábola sementada na beira docamiño, e á que calquera pequeno contratempo facía esmorecer.Quero reverdecer a miña beirarúa, quero sementar esperanza,quero gañarlle espazo ao camiño pedregoso, pero como facelo? Se

64 64 64 64 64 400

Anxos Renieblas e Rosa Andión

Page 67: ro EncrucilladaEncrucillada

non deixo que a túa luz ilumine a miña vida, nin a túa auga revivae revitalice a as miñas raíces. Perdón, unha vez máis por nondeixarme crecer na túa dirección, no teu sentido, o único posible.

* * *

Como me gustaría, meu Deus, sentirme por sempre ben presa natúa terra, por veces seca, mais de contado enchoupada, ás vecesqueda, noutros momentos ben batida pola túa voz –palabrainterminable– que turra por min, nada entre tanta nada. Como mevexo. Inmensidade verde, inmensidade azul, inmensidade.

* * *

Señor, non sei se sirvo para algo. Aparezo, florezo, morro, e candoparece que xa non volverei, de repente, volvo a brotar e por poucotempo teño esperanza de florecer e nunca máis morrer. Por que nonpodo ser unha planta máis fructífera?

* * *

Señor, que coa seca valore a auga, que coa auga eu floreza, que coasflores embeleza aos nenos que xogan, ás nenas que cantan, aocamiñante, á camiñante que descansa; un sorriso para quen tenpenas. Que as miñas espiñas non manquen, que sirvan para darvida, que a miña vida se transforme, me transforme para dar unpouco da túa vida.

Grazas, por esta chuvia de abril. Grazas por eses xermolos tenrosque me devolven a confianza nunha nova primavera. Pero, grazastamén por este duro inverno que me deixou nu e frío, puro troncoe raíces. Hai un tempo para todo.

Grazas, Señor, porque me fixeches forte coma o acivro, porque mecubriches de flores coma a camelia, para logo ser alimento docampo... Grazas porque me fixeches silvestre, salvaxe, coma asmargaridas, brancas e amarelas e me deches a sensibilidade e adozura das rosas... Quero regar, coidar, alimentar e mimar todo istoque ti me deches para que, compartíndoo cos demais, chegue a ticrecido, grande, valioso. Grazas, Señor.

Grazas, Pai, por tantas cousas que me regalas para poder medrar.

401 6565656565

Recanto de oración

Page 68: ro EncrucilladaEncrucillada

Grazas porque non te cansas da miña lentitude en agromar, en darfroito. Quero facerme consciente da túa presenza, da túa invitacióna ser.

Señor, eu tamén che agradezo que me creases. Vexo tamén outrasplantas máis bonitas ca min e ata sentín nalgún momento que megustaría ser unha delas; pero non, só era un pensamento que aorazoalo me facía caer na conta de que eu, a pesar das espiñas edalgunhas follas amarelas, tamén teño cor verde e vou enchendo osroleiros que estaban espidos. Tamén son útil porque incluso teñofroito, as amoras que tanto gustan aos nenos.

Señor, que fría foi a xeada! Que brusca foi despois a poda feita pormans pouco expertas, Señor! Pero ti dasme a forza e a calor precisaspara xermolar e florecer de novo, aínda que sexa a destempo.Grazas, Señor.

Ai, Señor, axúdame ca túa calor agora no inverno da miña vida,para que poida seguir contigo ata ao final da miña vida.

Conclusión:

Acollemos de novo a palabra...

En vez de silvas medrará o ciprés, en vez de estrugas medrará obuxo, e isto serviralle a Deus de renome, de sinal eterno que nondesaparecerá (Is 55,12).

E por último, recibimos os consellos de coidado da nosa planta...

Meu fillo, miña filla, desde a túa mocidade acolle a instrución e ataa ancianidade acadarás sabedoría; achégate a ela coma quen ara ousega e espera colleita farturenta, pois no seu cultivo terás quetraballar un pouco máis axiña xantarás dos seus froitos... (Si 6,19).

Anxos Renieblas Rosa Andión

66 66 66 66 66 402

Anxos Renieblas e Rosa Andión

Page 69: ro EncrucilladaEncrucillada

Achegas

ConcConcConcConcConchita Rhita Rhita Rhita Rhita Rodrígueodrígueodrígueodrígueodríguez Prz Prz Prz Prz Prendesendesendesendesendes

Do idealismo á harmonía.A primavera da vida

Hai escasamente tres meses tiven a oportunidade de asistir a unCongreso Internacional sobre o estudo da Biografía Humana parao desenvolvemento persoal, na cidade de Dornach, Suíza. Debatíasesobre as turbulencias no mundo actual e como afectan ás persoasno seu desenvolvemento espiritual. Despois de escoitar a conferenciado escritor holandés Manfred Van Doorn, formador de directores deempresa e asesor de destacadas personalidades do goberno, sentína necesidade de aportar a miña colaboración e falar sobre o serhumano, ese ser que comeza a formarse no seo materno e quedespois de pasar por un proceso de xestación aterra neste planetasen saber moi ben por qué nin para qué. Sinto a necesidade de falarde ti e de min, de todos e de cada un de nós no noso devalar polavida, embarcados na mesma aventura, fillos do mesmo pai aíndaque non saibamos recoñecelo; en definitiva seres espirituais queestamos na terra para aprender, como se dunha escola se tratase,seres humanos chamados a evolucionar como o resto da creación eque un día nos veremos na obriga de abandonar este lugar paraatoparnos coa Verdade da nosa existencia, máis alá do que fose sidoa nosa vida, a nosa relixión ou as nosas crenzas.

O que o escritor Manfred Van Doorn presentou ante os asistentesao congreso foi a idea de que a evolución das persoas se vairealizando entre dous pólos opostos e á vez complementarios, quevan seguindo fielmente leis marcadas pola natureza nunha ascensiónen forma de espiral na que cada paso para arriba achega unha

403 6767676767

Page 70: ro EncrucilladaEncrucillada

corrección ás unilateralidades e problemas do paso que o precede.Tendo en conta que as persoas xa non asisten maioritariamente ásigrexas para a súa transformación, pero, en troques, asisten conregularidade a cines... o conferenciante ilustrou a súa exposicióncon películas de grande actualidade, destacando as escenas quemostraban unha mensaxe de contido espiritual e que o espectadorpoderá comprender e interpretar na medida na que se atope preparadopara isto. Se temos en conta as últimas tendencias que demostranque a fantasía e o simbolismo están substituíndo os métodos máisrealistas, poderemos comprender mellor a importancia destasensinanzas e, en consecuencia, desenvolver a imaxinación e osentimento, podería facilitar a catarse.

Se observamos a natureza no seu proceso evolutivo, podemosrecoñecer as leis que a rexen. Estas leis son as mesmas que sereproducen na biografía de calquera ser humano. Do mesmo xeitoen que a semente sofre un proceso de transformación, e dunhaimaxe xorde mellorada a seguinte ata chegar a dar o froito, así noproceso da vida humana existe unha continuidade de secuenciasque nos permiten albiscar a imaxe de cómo será o paso seguinte,coa única salvidade de que o que na árbore ou na planta ocorre dexeito espontáneo e incosnciente, sen posibilidade ningunha deelección, no proceso humano pódese realizar por un acto de vontadeconsciente, condición sine qua non para unha verdadeira evolucióne desenvolvemento. Por isto, cando falamos da evolución daspersoas, nunca poderemos aventurar a súa fin, xa que forma partedo seu libre albedrío e, polo tanto, pertence ao ámbito da conciencia.

A historia do ser humano comeza co mito do Paraíso onde foronpostas a proba as súas ansias de liberdade. A partir de Adán e Eva,algo pasa a formar parte do ser humano como propio e intransferible,algo que podería definirse como un proceso de individualización. Oser humano sepárase da totalidade da creación para comezar unhaforma de vida nova. Rompe cos privilexios dos que ata entóngozara, asume todas as consecuencias que disto se derivan ecomeza a súa andaina como ser individual, único, non repetible. Éo seu primeiro acto de liberdade.

68 68 68 68 68 404

Conchita Rodríguez Prendes

Page 71: ro EncrucilladaEncrucillada

Neste proceso de individualización acompáñano todas as forzasda natureza, do mesmo xeito que acompañan á floración da sementeque o home sementou no seu día para que medrase ou dese os seusfroitos. No seu proceso de crecemento o home vai pasando pordiferentes etapas que oscilan entre a expansión e a concentraciónpara volver de novo a espallarse, o mesmo que o sol sae ao amencere declina ao anoitecer de cada día para voltar a lucir ao díaseguinte, ou da mesma forma que as catro estacións van pasandounha detrás outra ao longo do ano, cada unha coas característicasespeciais. Primavera, verán, outono e inverno son os catro limiaresque o ser humano, sempre en desenvolvemento, precisa traspasarno seu percorrido espiritual, no que a primavera terá unha relaciónde polaridade co outono.

Na primavera da vida o idealismo ten unha forza que actúa comomotor das nosas aspiracións. Todo ao noso arredor é vida, sementeque comeza a florecer, é a eclosión dos casulos, a subida imparabledo zume das plantas, sentimos o entusiasmo, a alteración dosangue nas nosas veas. Como contraste atopámonos con trabas, corealismo da mesma vida e faise preciso buscar o equilibrio entre olume da primavera e o aire frío de outono, cando a terra traballadadescansa agardando a seguinte sementeira. É preciso realizar estetraballo. Entre idealismo e realismo vaise resolvendo o primeiroparadoxo da vida.

Desde o idealismo máis puro dos primeiros tempos primaveraisata conseguir a visión precisa da meta, hai un camiño que nosconduce a entrar en relación harmónica co plan divino, ímonosmovendo entre dúas polaridades. Ao mesmo tempo que opensamento e a vontade se unen nunha teima apaixonada pordescubrir o contorno, faise preciso ir completando o entusiasmocunha visión máis realista. Séntese a necesidade de descubrir ascausas, pero, ao mesmo tempo, precisamos ver a outra cara damoeda, temos que descubrir as consecuencias. Sentimos o ímpetoda chamada á acción pero é necesario medir cada situación, seguirun sentimento de harmonía interior. Ao mesmo tempo que noscomprometemos cos nosos ideais precisamos moderar o lume,equilibrar a balanza, establecer relacións harmoniosas para que

405 6969696969

Do idealismo á harmonía. A primavera da vida

Page 72: ro EncrucilladaEncrucillada

outros teñan tamén a oportunidade de crear un mundo con sentido.É a outra polaridade, o elemento que complementa a nosa acción.Así aprendemos a negociar e realizármonos na cooperación autónomaonde eu son importante, pero o outro tamén o é, e os dous temosalgo que gañar, algo tamén que ceder.

Nesta espiral de crecemento preséntase un novo reto ante nós. Doidealismo dos primeiros tempos vimos pasando ao racionalismocomo unha chamada a ser efectivos na vida. Construír o nosomundo, construír cos outros, achegar algo novo. É o reto que seresolve entre a forza da razón e o coñecemento que achegan asexperiencias sensoriais. Continuamos na primavera da vida. Nanatureza correspóndese con época de ano na que a terra xa estáverde, húmida e produtiva e as plantas entraron nunha fase defloración.

Trátase de terra fecunda, preparada para entrar en comunicacióncos elementos que fan posible o milagre de dar froitos.

Está claro que a razón proporciona unha fonte de coñecementoasí como a achega de criterios básicos que serven de apoio ás nosasaccións. O propio Tomé de Aquino fala dunha base racional na queasentar a nosa fe. A razón constitúe, polo tanto, un dos piaresesenciais do noso desenvolvemento espiritual. Por outra parteadquirimos coñecemento a través dos nosos sentidos e ámbolosdous principios son igualmente importantes e necesarios. Chegadosa este punto da nosa escalada é preciso ollar dentro e descubrir quealgo en nós ten que morrer. É necesario destruír o ego para quepoidan xurdir novos horizontes que reforcen a nosa conciencia. Épreciso morrer para resucitar. O próximo chanzo é espertar ácompaixón, poñer paixón no compartir, aprender a situarnos na peldo irmán. Agora tendemos a contraernos, a mirar cara dentro.Algunhas veces é necesario chegar a tocar fondo para atoparnoscon este impulso de vida, morrer para chegar –como a ave fénix– arenacer das cinzas.

Por último achegámonos ao noso obxectivo: lembrar e retornar aoespiritual, atopar a propia identidade, a orixinal e primaria, a quelevamos gravado no fondo do corazón, pero esta harmonía non é

70 70 70 70 70 406

Conchita Rodríguez Prendes

Page 73: ro EncrucilladaEncrucillada

posible sen vencer o último atranco. É preciso facernos críticos,diverxentes, tomar distancia para saber dicir onde dirixir a frechados nosos ideais, separarse para análise. Entramos nesa recta finalno proceso de individualidade. Desde o esforzo por concretarobxectivos, temos que ir avanzando ata o último de todos eles. É omomento de expansión e temos que concentrarnos nos medios paraconseguilo. Buscamos a verdade que é única, pero que dalgunhaforma está repartida entre todos, é a suma duns e doutros, de todasas individualidades. Coa forza da verdade e desde un ideal auténticoe realista podemos contribuír a formar un mundo máis humano.Despois da separación para a análise prodúcese a converxencia colume da acción.

E a fin, a primavera, o período da aparición das froitas e dasflores. O aire é suave, agradábel e lixeiro, e todo nos empuxa á vidaen constante comunicación coa natureza.

Poderíamos concluír que o mundo espiritual require asexperiencias terreas. O ser humano busca contacto coa terra paratodo o mundo espiritual. Incluso no máis profundo da corrupción,sobrevive unha inmensa nostalxia de reunión co plan divino máiselevado. Neste senso o meramente físico e material recobra granimportancia. Todos podemos darnos conta disto cando escoitamosun instrumento musical construído pola man do artista, e podemosgozar das súas melodías tanto máis canto maior sexa a súa purezade son ¿Sería o mesmo se en vez de escoitar unha harmoniosamelodía escoitásemos unha disertación brillante de cómo se constrúeun violín? É a materizalización dunha idea o que fai posible omilagre de ser, de tal forma que a maior calidade do instrumento,maior satisfacción e goce.

Así é tamén na experiencia terrea onde imos atopar a clave danosa evolución espiritual, xa que cando conseguimos amar o materiale comprometernos na súa realización é cando estamos no chanzomáis alto da espiritualidade. É no encontro coa verdade, onde oCreador e a criatura se atopan en perfecta harmonía.

Chegados a este punto algo se clarifica no panorama da existenciahumana, entramos en harmonía co mundo e podemos recoñecernos

407 7171717171

Do idealismo á harmonía. A primavera da vida

Page 74: ro EncrucilladaEncrucillada

como seres espirituais que vimos á terra coa única finalidade dedesenvolver o noso potencial alén das nosas limitacións e das nosascrenzas, alén do camiño que, en uso da nosa liberdade, elixiramos.

Tan só contemplando a orixe da vida desde este aspecto humano-espiritual á vez poderemos comprender a dignidade do ser que sefunde co divino para cumprir unha misión sagrada desde o momentomesmo no que comeza a respirar o aire deste planeta. A vidarecobra así un novo senso para nós.

Manfred Van Doorn remata a súa disertación con estas palabrasque quero facer miñas. “Ter a columna vertebral conectada aocorazón, é dicir, o pensamento liberado unido ao sentimento, eestar abertos á compaixón é a maior contribución á futuratransformación do mundo”.

Conchita Rodríguez PrendesFuncionaria de Sanidade

72 72 72 72 72 408

Conchita Rodríguez Prendes

Page 75: ro EncrucilladaEncrucillada

Achegas

Luis Alonso GirgadoLuis Alonso GirgadoLuis Alonso GirgadoLuis Alonso GirgadoLuis Alonso Girgado

Xoán Vidal Martínez,poeta da tristeza

Os días 15 e 16 de marzo do presente 2005, no salón de actos dofermoso e histórico Café Moderno de Pontevedra, tiveron lugar osactos finais da homenaxe –no primeiro centenario do seunacemento– ao lírico pontevedrés Xoán Vidal Martínez (1904-1994). Concretamente o día 16 houbo unha mesa redonda na queinterviñeron Xosé Ramón Pena, Xesús Alonso Montero e eu mesmo.Os organizadores da mesa, auspiciada como os demais actos polaConcellería de Cultura do Concello da cidade, coa entusiastacolaboración de Aurora e Clementina Vidal, fillas do poeta e poetastamén elas, suxeriron que eu falase de Xoán Vidal como poeta e doseu labor no campo das revistas literarias. Desa dupla actividade,a da creación poética propiamente dita e máis do labor publicísticona prensa literaria, quixera dicir algo.

Pola súa idade, Xoán Vidal inclúese xeracionalmente –a carón deAmado Carballo, Manuel Antonio, Luís Pimentel e outras voces–na chamada Xeración de 1922 ou de 1925 e precisamente el, candosó tiña dezasete anos, convértese en pioneiro de todo o grupo aopublicar Mágoas (1921) que, cunha breve nota de presentación, encastelán, de Amado Carballo, representa o comezo dunha traxectoriapoética caracterizada polo bilingüismo, a irregularidade das súasentregas, a súa escasa fecundidade e o permanente afondamento noíntimo: poema a poema, o escritor teima na súa intimidade pararevelar, como claves da mesma, a dor existencial, o desacougo, amelancolía, a saudade e a tristeza.

409 7373737373

Page 76: ro EncrucilladaEncrucillada

Pero xa en 1920 publicaba o noso poeta algún poema nas páxinasde Hebe (Pontevedra, 1921), revista literaria que dirixía o seuamigo Modesto Bará, que desenvolverá a mesma función enAlborada (Pontevedra, 1922), “publicación literaria” mensual quefunda Xoán Vidal aos dezaoito anos. Imprentada no obradoiro deCelestino Peón, Alborada, que tira só catro números, pero queacolle un valioso material de ilustracións en forma de gravados aolinóleo, presenta unha espléndida nómina de colaboradores gráficose literarios (Amado Carballo, Manuel Antonio, Cabanillas, LosadaDiéguez, Antón Villar Ponte, V. Paz Andrade, Castelao, M. Méndez,Álvaro Cebreiro, etc.) e fai unha significativa contribución á prosaliteraria.

Na Pontevedra dos anos vinte é Xoán Vidal un mozo que militanas ringleiras do galeguismo e se move entre galeguistas. A súamínima comparecencia en Alborada (unha prosa poética que nonchega ás dez liñas) revela a súa modestia e xenerosidade, trazos doseu espírito solidario que se manifestan así mesmo na publicacióndos dous poemarios de Amado Carballo: Proel (1927), co seloeditorial de Alborada, e O Galo (1928) no que presta decisiva axudapara a súa edición. No mesmo 1927, e tamén co selo de Alborada,publica Alcor, o seu segundo libro de poemas, esta vez en castelán.Nestes anos publica tamén algúns poemas en Vida Gallega, Resol,A Nosa Terra ou Nós e con posterioridade, poemas seus, agora encastelán, aparecerán en Sonata Gallega ou en Parábola, de Burgos,e por suposto nas páxinas de Cristal (Pontevedra, 1932) da que foifundador e que dirixiu a carón de Xosé Mª Álvarez Blázquez,Antonio Díaz Herrera e Rafael Lois Teixeiro.

Pero falemos dos poemarios do escritor na década dos anos vinte.Mágoas, a súa estrea como poeta galego, é naturalmente un libroinmaturo dun poeta precoz que sabe de métrica e retórica, queposúe algunhas lecturas das que as de Rosalía e Lamas Carvajalecoan nos seus versos. Galicia, a terra, é o eixe e clave do mundopoético. A súa visión pasa, desde a óptica do galeguismo belixerante,por poemas de ton e acento reivindicativo, social, de protesta, ondea voz do poeta se manifesta contra a emigración, o caciquismo, adureza da vida do labrego e outros males da patria que só terán

74 74 74 74 74 410

Luis Alonso Girgado

Page 77: ro EncrucilladaEncrucillada

remedio ou redención cando a fouce estea tinxida “c-o negro sangue/dos tiráns”. Hai, complementariamente, unha mirada á terra cheade tenrura e agarimo en composicións como “¡Terriña d’os meusamores!” ou “Non podo deixal-a Patria.” Pero temos ademais unhaveta amorosa que non é senón un motivo literario envolto nunsentimentalismo romántico pouco máis que adolescente e, asímesmo, un latexo intimista que se concreta nun insólito pesimismoque ve a vida como unha “triste loita” ateigada de “pesadume...dores... murchas froles... tristuras... mágoas”, cosmovisión evidenteen poemas como “N’o camiño d’a vida” ou “Nouturnio”.

Nin os poucos anos do poeta -daquela na mocidade dos dezaseteanos- nin a súa circunstancia persoal ou familiar confirenautenticidade a tan escura e desolada cosmovisión que, no entanto,será unha constante no poeta e haberá que entendela como untrazo radicalmente constitutivo do seu espírito, da súa sensibilidade,do seu estar no mundo. Romántico, en fin, o poeta dialoga coapaisaxe, que é e será o seu íntimo confidente e o espello da súaferida sentimentalidade. Rematemos dicindo que o poema que abreo libro (“Carballal qu’o vento bica”) está na mellor, na máisperdurable e definitoria liña do lirismo de Xoán Vidal: paisaxismointimista, contemplativo, cun recendo de melancolía, de nostalxia;e un sentimento da existencia como perda ou desposuimento. Aretórica do hilozoísmo explicítase nos epítetos humanizadores(fontiña marmuradora, rumoroso piñeiral) e na predicación deigual signo (o vento bica), mentres o diminutivo (fontiña, casiña,tempiños), que o poeta prodigará sempre, asolaga a composición detenra afectividade. Pola contra as cinco pezas de “Poemas curtos”que cerran o libro posúen un sabor popular ao xeito do cantar ouda copla que o poeta non frecuentará.

Alcor (1928) é, seguramente, o poemario máis depurado e máisrepresentativo de Xoán Vidal, que amosa aquí a súa tendencia aopoema breve, ao verso curto, á asonancia da rima, ás estruturaspoemáticas binarias ou ternarias e aos finais poemáticos abertos,indefinidos, suxeridores. Aquí está, con pegadas do impresionismo,o lirismo paisaxístico, a paisaxe pola que asoma o eu lírico queproxecta o seu latexo sentimental na “llorosa/música del campo”,

411 7575757575

Xoán Vidal Martínez, poeta da tristeza

Page 78: ro EncrucilladaEncrucillada

en “la tristeza del campo”, en “el árbol silencioso/de la muerte”, en“la pena”, en “la angustia” que provocan a saudade e a lembranzado amor ausente. Algunha mínima pegada de Juan Ramón Jiménez,da vangarda ultraísta, da greguería de Gómez de la Serna, xuntocoa presenza -máis clara- do neopopularismo e a frecuencia daprosopopea como instrumento humanizador ou vitalizador eanimizador da paisaxe (paisaxe rural, de aldea e campo, de paxarose árbores e lúa e choiva e campás e grilos cantores e primavera moireiteradamente), que non ignora a cidade en poemas como “Apunteprimaveral”, posiblemente o único vangardista do libro.

Alcor é a manifestación dun lírico puro, dun poeta ensimesmadoe de contida emoción, dunha voz sensible e sensitiva, dunhalinguaxe ao tempo sinxela e coidada e unha retórica menormanexada con soltura; dunha cosmovisión nalgún intre luminosa eaberta, pero máis definidamente desesperanzada e triste. Endefinitiva, estamos diante dun fermosísimo libro de palabra limpae clara e de espazos de silencio. Un libro ao mesmo tempo fresco ede callada perfección.

A aparición de Cristal (1932-33) cos dez números que tirou,representa a última iniciativa publicística do poeta, que deixa aquí,excepcionalmente, un significativo número de poemas. Cristalrende homenaxe a Amado Carballo (do que recolle numerosospoemas en galego e castelán), anuncia con entusiasmo a presenzade García Lorca en Pontevedra, acolle un elevado número de líricospontevedreses (Xosé Mª Álvarez Blázquez, Manuel Antonio, FermínBouza-Brey, Amado Carballo, Juan Bautista Andrade, AntonioDíaz Herrera, Roberto Blanco Torres, Ramón Pérez Cienfuegos ouXerado Álvarez Limeses entre outros). Cristal foi ademaisprivilexiada depositaria -como logo o serían Sonata Gallega, Spesou Sal-lux- de gravados en linóleo da autoría de Carlos Maside,Pintos Fonseca, José Luis Turas, Manuel Torres, Fernando Alonso,Xosé Sesto, A. Portela Paz e Alejandro de la Sota. Todos elesrelevantes cultivadores da técnica do gravado en linóleo que Castelaotrouxera a Pontevedra en 1921, froito da súa viaxe por Europa, eque o mesmo Castelao ensinou nas aulas do Instituto de Pontevedra.O resultado foi a aparición da chamada por Filgueira Valverde“escola de linoleografía de Pontevedra”.

76 76 76 76 76 412

Luis Alonso Girgado

Page 79: ro EncrucilladaEncrucillada

Militante galeguista como dixemos, Xoán Vidal ocupa, en 1931, ocargo de secretario do Grupo Nazonalista Galego de Pontevedra.Xunto con A. Iglesias Vilarelle traballa para introducir o galego, asletras galegas, nas escolas, pois daquela o poeta estaba a exercercomo mestre en escolas de aldeas como Vento, Tivó ou Nespereira.A guerra civil non só supuxo un expediente de castigo que o privoudo exercicio da docencia e que só lle foi levantado en 1946, pois acontenda e os prolongados anos de represión supuxeron para opoeta un trauma do que endexamais se recuperou e que implicoulongos silencios e baleiros no seu labor literario, que despois de1936 foi esporádico e abeirou o uso do galego agás en poemasagrupados que non conseguiron callar nun novo libro. A morte deamigos como Alexandre Bóveda, o cárcere que sufriu EvaristoMosquera, as numerosas e tráxicas mortes e asasinatos que viu aoseu redor, a secuela do medo e a necesidade que pasou e a persecucióndo galeguismo foron feridas que non cicatrizaron para el, que tivoque calar, pero que non esqueceu. Tense dito que a xeración deXoán Vidal tivo un destino tráxico: comezou coa prematura mortede Amado Carballo e Manuel Antonio, seguiu coas vítimas daguerra (presos, mortos, castigados, represaliados) e rematou nosilencio que quebrou a traxectoria dalgúns, na marcha ao exilio, noabandono -parcial ou total- do galego como instrumento expresivoe, en definitiva, cunha traumática e empobrecedora rupturaindividual e xeracional, persoal e cultural.

En definitiva, a partir da posguerra o labor creativo do noso poetaresulta ocasional, esporádico, case residual e esa circunstanciaafecta en particular á súa produción galega, da que haberá queagardar ata 1986 para atopar, na escolma bilingüe Voz y memoria(de novo co selo editorial de Alborada) un apartado titulado “Loaira”con catorce moi breves composicións (algunhas de 3 ou 4 versos)das que nove están recuperadas de páxinas d’A Nosa Terra, Nós,Resol, Cristal e Vida Gallega, onde apareceron nos anos vinte etrinta, antes da guerra civil en calquera caso.

Nada novo hai en “Loaira”, que perpetúa o paisaxismo, o diálogoe comuñón coa paisaxe, o fragmentarismo e a indefinición dopoema, a visión sinxela e humilde do rural, a perduración da

413 7777777777

Xoán Vidal Martínez, poeta da tristeza

Page 80: ro EncrucilladaEncrucillada

captación hilozoísta -“a noite lávase as mans”, “os anxeliños/bótanlle auga de luar”, “os brazos do meu silenzo”, etc. E asímesmo a continuidade da veta amorosa e aínda algunha mostra dolirismo popular recreado nas tres pezas das “Cantigas prá miñadona”.

Pero, como escribirá Filgueira Valverde, o “poeta da roldapontevedresa dos vinte”, que foi activo impulsor da vida literariada “boa vila” pontevedresa e que participou tamén na vida políticado galeguismo, sobreviviu afastado de case todo na “escolacampesiña” primeiro en Galicia e logo en Canarias, onde sobreviviuarredado coas súas lembranzas. Nas illas morrerá a súa dona,María Caramés Monteagudo, e Xoán Vidal retornará a Pontevedraen 1984. Morrerá dez anos despois, en 1994.

Dos seus últimos anos deben proceder os poemas que deixouinéditos e que ían configurar un libro, Palabra llana, que íaaparecer en 1995. Para este libro preparou un breve prólogoFilgueira Valverde. Unha sección do libro é a dos “Poemas doadeus”: oito composicións, sete delas novas, a primeira datada en1990 e a oitava publicada en 1920 en Vida Gallega.

Estamos, certamente, diante do canto do cisne, da despedida vitaldo poeta que se ve feito xa un vello que “non ten vida” e que dialogaco mar de Sanxenxo e Baiona, que será o mar do seu adeus e da súamorte. Amosa o poeta o seu enraizamento relixioso, a sentidapresenza de Deus -“e Deus sempre á beira miña”- e tamén aconstante de sentir a vida como mágoa, como soño, como soidade.Como o poeta, a paisaxe sente a “mortal fadiga” que o leva ádespedida, ao adeus definitivo da súa fonte interior onde naceronos seus poemas: as “cantigas ateigadas / de mágoas da miña vida”.

Luís Alonso GirgadoColaborador do Centro Ramón Piñeiro

78 78 78 78 78 414

Luis Alonso Girgado

Page 81: ro EncrucilladaEncrucillada

Achegas

Xoán Vidal Martínezna memoria da súa filla

A Concellalía de Cultura do Concello de Pontevedra, leva uns anostentando restituir a memoria de persoeiros da cultura galega endiferentes aspectos que, por circunstancias sobradamente coñecidas,pasaron inadvertidas. Preocupouse de Alexandre Bóveda, deSarmiento, de Xoan Manuel Pintos, de Manolo Quiroga...

Neste ano 2005 dedicoulle unha homenaxe ao poeta Xoán VidalMartínez. Nunha das mesas redondas, e despois de que Xesús AlonsoMontero manifestase a súa ignorancia sobre si Vidal Martínez falaraou non en familia da súa traxedia, contestoulle unha das súas fillas,Dolores Aurora Vidal Caramés, as palabras que trascribimos.

Na imposibilidade de publicar tódalas intervencións, e queréndonossumar ao homenaxe e recoñecemento, Encrucillada, pediulle a LuisAlonso Girgado unha semblanza do poeta, que aparece a seguir.

Quizais sexa un atrevemento, pero permitiranme dicir algo. Dicirque meu pai si falou aos fillos e fíxoo con toda a amargura, con todaa tristeza e coa dor enorme de ver como sucumbían os seus melloresamigos. Non digamos Bóveda, Bóveda era un deles, pero non oúnico, xa que tamén o fixeron moitos outros.

Esta filla que son eu, a maior de oito irmáns, acompañou a JuanVidal Martínez, meu pai, xunto coa miña nai, a visitar ao Lazaretoa “Mosquerita” e a outras familias de Pontevedra, como porexemplo os Poza.

Eu era pequena, con apenas sete anos, cando acompañei aos meuspais cunha bandexa de doces, co que iso supoña, daquela, para unpai de familia e para colmo mestre...

E Evaristo Mosquera, con aquela graza que o caracterizaba e conaquelas dúas penas de morte ás costas, aínda tivo o xesto de darme

Aurora Vidal CaramésAurora Vidal CaramésAurora Vidal CaramésAurora Vidal CaramésAurora Vidal Caramés

415 7979797979

Page 82: ro EncrucilladaEncrucillada

a bandexa, a unha nena de sete anos, unha nena que non entendía,pero que no fondo sabía que algo non ía ben, que non era normal....

Unha das cousas que vin cos meus propios ollos e que me quedougravada durante toda a miña vida, foi ver pasar os cadaleitos depiñeiro pola praia de Redondela, ante os cales meus pais e todos osque alí estaban se erguían para expresar o seu máximo respecto poraquelas persoas asasinadas, ou mortas como consecuencia daquelfechamento na Illa de San Simón.

En fin, Evaristo Mosquera me daba aqueles doces á espalda dosmeus pais... e os meus pais conversaban con outras persoas, cadavez o círculo era maior, falaban con esa tristura da que falou oamigo Luis... era triste, claro, porque a vida fixoo triste, porque ovivir del foi un sin vivir... esa foi a súa loita interior, o seu exilio...escoitámolo moitas e repetidas veces.

Con moito dereito, os fillos sabemos e podemos falar do seu vivirpola causa, e da súa constante, como se di en galego, ‘mágoa’, xaque el non podía entender nin admitir que se puidese matar unhome.

...Aínda que non vou citar nomes, porque en Pontevedra todosnos coñecemos, e agora existe iso que chaman perdón... unhapersoa moi coñecida, culta, magnificamente relacionada e autorizada,incluso pola igrexa, e íntima amiga da Pontevedra daquela época,estaba no comité de depuración...

Tivemos un pai con moita coraxe e unha nai moi valente, pero conmoito medo, tiñan cinco fillos e logo oito e chegaron a ter dez... quehabía que defender... Miña nai, idealista como el e relixiosa, poroutra parte, contivo e freou moitas veces ao meu pai, porque se nonsucumbiría... pois el tiña moito tesón, non cedía, non perdoaba...

Nós somos froito desta realidade, dun exilio que nos impediu ir áUniversidade...

(As derradeiras palabras non poden aparecer por quedaren casecubertas pola emoción e polo gran aplauso que lle ofreceu o públicoalí presente).

Aurora Vidal Caramés

80 80 80 80 80 416

Aurora Vidal Caramés

Page 83: ro EncrucilladaEncrucillada

Crónicas doFinis Terrae

Xosé Luís BarXosé Luís BarXosé Luís BarXosé Luís BarXosé Luís Barrrrrreireireireireiro Rio Rio Rio Rio Rivvvvvasasasasas

Radiografía dun

1. A cláusula da modernidade

É algo ben sabido que o electoradode esquerdas, nacionalista ou non, émáis plural e máis crítico que o dedereitas. Os puntos de atención evixilancia política aos que lle prestaatención son máis numerosos e máiscomplexos. A súa querencia polosnovos valores –entre os que se atopana construcción da democracia global,as políticas medioambientais e o usoracional do territorio– contraponseradicalmente coas demandas e cosmodelos de acción que caracterizarona política galega desde a Transiciónata hoxe. E mesmo podería dicirseque o grupo social que fixo de pancapara poñerlle fin ao fraguismoadoece dunha hipertrofia intelectualque o converte nun pesadelo para osmesmos partidos e xestores que sebeneficiaron coa súa confianza. Poriso cabe esperar que, pasados osprimeiros intres de euforia e dealivio xerados pola perda da maioríaabsoluta do PP, empecen a aparecerpor moreas os novos desencantados,os que pensan que para esta viaxenon se necesitaban alforxas, e os quetraducen os seus agravios e

intre de cambio

frustracións persoais nunha especiede xuízo final que non deixa títerecon cabeza.

Da banda do goberno, onde non sedecatan da importancia que teñenestas iniciais desafeccións baseadasen sentimentos primarios, parecenempeñados en botarlle leña áfogueira. E, se moitos conselleirosparecen incapaces de facer undiscurso alternativo ao quealimentou as principais políticas dofraguismo (loita contra os incendiosforestais, política educativa, cidadeda cultura, e un longo etc), o presi-dente e mais o vicepresidente pare-cen absorbidos pola serodia compe-tencia que se andan a facer nosmedios de comunicación e polaestratexia de acoso reivindicativo aogoberno socialista de Madrid. Poriso non faltan os que, convencidos xapolos síntomas emerxentes, ouanimados polas vinganzas incon-fesadas que aniñan nos peitos dosesquecidos, xa teñen albiscado polosarredores do pazo de San Caetano ofantasma ouveante que esnaquizoua maioría que gobernaba o concellode Vigo.

417 8181818181

Page 84: ro EncrucilladaEncrucillada

Falando agora en termos obxec-tivos, é evidente que a coaliciónbipartita que nos goberna seenfronta a unha situación chea dedificultades, xa que, sobre o cúmulode problemas que van implícitos nacolaboración entre forzas políticasque teñen fondas diferencias na súacultura política e administrativa, eque se disputan entre elas un mesmoelectorado, tamén están emerxendoas dificultades xeradas polas inerciasadministrativas, polo arraigo dunhapolítica clientelista que o PP elevouata límites incribles, polo caosxerado pola falta de políticas verte-brais, e polas fortes hipotecas políti-cas e económicas contraídas pologoberno Fraga, de xeito irrespon-sable e moralmente prevaricador,cando xa estaba en funcións. Por isocabe pensar que a euforia coa quemoitos viviron o pacto e ás primeirasactuacións dos novos equiposnacionalistas e socialistas vai apa-garse axiña, e que moi pronto nosimos decatar do enorme treito quemedia entre a vontade política quesinala os obxectivos do cambio e amaquinaria política e administra-tiva que ten que levalos a efecto.

Pero, unha vez recoñecido que nontodo o monte é ourego, tamén com-pre reflexionar sobre o que nos vai atodos neste envite, ou sobre a impor-tancia que ten un período de gobernoque, aínda que non puidese faceroutra cousa, está chamado anormalizar os procesos de alter-nancia democrática que estánformalmente implícitos no no nososistema político-institucional, e aquitarlle ao PP a condición de par-tido dominante que constitúe a base

explicativa da baixa calidade dademocracia que temos en Galicia. Eiso é tanto como dicir que non pode-mos fallar. Que non temos dereito aofracaso colectivo. E que todos esta-mos obrigados a distinguir entre osobxectivos políticos xerais, que sonvisibles no contexto histórico, eaqueles outros, máis pequenos einvertebrados, que bulen na nosaparticular circunstancia. Porque, seben é certo que a ninguén se lle podepedir que sexa cómplice dun posiblefracaso de xestión, ou dunha visiónmiope do tempo que vivimos, taméné verdade que o arriscado espertardun hipercriticismo que se diluíracoa dereita, e que agora se albiscamanobrando nos lares da esquerda,tería os mesmos e letais efectos queun suicidio voluntario do progre-sismo e da modernidade política.

Por iso hai que buscar un equi-librio entre o noso dereito e a nosaobriga de criticar, á que endexamaisse debe renunciar, e a nosa necesi-dade de sacar adiante o que, lonxede ser a eclosión irreversible do poderda esquerda, non é máis que unhaoportunidade histórica para facer ocambio que as eleccións iniciaronpero non concluíron. E de aí que mepropoño facer, e propóñovos a vósque fagades, políticas comparativas,ou iso que chamei, en termos colo-quiais, a cláusula da modernidade,cuxa esencia consiste en que, dicindoo que ben nos pareza, e poñéndolleá obra ás tachas que mereza,endexamais rematemos a nosaanálise sen facer comparación cotempo pasado, sen lembrar o modelopolítico que deixamos atrás, e sen

82 82 82 82 82 418

Xosé Luís Barreiro Rivas

Page 85: ro EncrucilladaEncrucillada

esquecer que, pese a formalidadedemocrática que lle daba os poderesa Fraga, estamos saíndo do dominiodun réxime, e que, o simple airea-mento producido nas estanciasenrarecidas do poder xa paga unhalexislatura enteira.

2. O monte da cultura

A única cidade da cultura quetemos en Galicia é o casco urbano deSantiago de Compostela, onde se daa complexa fusión entre a vida econó-mica e social coas actividades delecer e coa influencia ambiental daarte acumulada en séculos de histo-ria. O que agora constrúe Eisemann,sen que ninguén achegase unha seriareflexión sobre as hipotecas queestamos asumindo, é un Monte daCultura, especializado na oferta deespectáculos de toda índole, ao queunicamente se poderá accedercollendo o coche afastándose duranteunhas horas da vida da cidade. Aúnica razón para poñer a Cidade daCultura onde está é a dispoñibi-lidade de terreos, cuestión que sem-pre se acaba pagando con creces aolongo de moitos anos de incomo-didade e descontextualizacióndunha infraestrutura que vai ser moidifícil de humanizar..

Pero, se pouco sabemos de por quése está enterrando tanto cemento nomonte Gaiás, en vez de integrar asinfraestructuras na vida urbana,menos sabemos aínda como se poderendibilizar unha inversión comaesta. Nun horizonte orzamentariode seiscentos millóns de euros, queinclúen a obra civil, as conexións coaautoestrada e o equipamentos nece-

sarios, parece evidente que Galiciaendexamais poderá rendibilizarunha pirámide que multiplica porcatro o custe do Guggenheim, e que,posta no finis terrae, nunha cidadepequeniña e ateigada de ofertasalternativas, dificilmente poderámanterse a pleno rendemento máisde tres ou catro semanas por ano.

Na miña condición de políticoexperimentado, da que nunca renego,nunca refugo radicalmente os pro-cesos de centralización de calqueraíndole que traten de revolucionarun sistema –cultural, político, dota-cional ou se servizos– que fica anqui-losado nas súas inercias ben asen-tadas. E por iso non quero pronun-ciarme contra a idea esencial daCidade da Cultura antes de que sefaga un debate amplo e aberto sobretan magna, complexa e difícil obra.Pero o que xa sei é que, se non sequeren tirar os cartos pola fiestra, ese non se quere subempregar ainfraestructura máis grande e máiscustosa de Galicia en termos deconstrución e mantemento, estámo-nos abocando a unha forte centra-lización da xestión e da inversióncultural, e a unha ruptura dasinercias que alimentan o minifundiode subvencións e de oferta culturalpagadas con cartos públicos pesima-mente empregados. E por iso non sedebería continuar con esta obra senbotar esa conta, sen ser claros nasanálises, e sen dicirlle ao electoradode toda Galicia o que implica a postaen funcionamento dese monumentoao “tira para diante que despois xaveremos”.

419 8383838383

Radiografía dun intre de cambio

Page 86: ro EncrucilladaEncrucillada

No suposto de que ese debate sefixese, non descarto estar do ladodos que defendan a construción destacolosal infraestructura e a recen-tralización dunha cultura decalidade que agora esmorece polosrecunchos infinitos deste queridopaís. Pero moito me temo que odiscurso político que impera vai falarmoito da obra e pouco das conse-cuencias, e que tamén o goberno deesquerdas está preso dunha nece-sidade compulsiva de fuxir caradiante sen plantarlle cara aomonstro xerado.

De momento xa dá moi malaespiña a manía que colleu opresidente Touriño de pedir infor-mes sobre a Cidade da Cultura comose estivese pedindo churros pararachar o xaxún. E, dito ademais contodos os respectos, pouco se podeesperar duns informadores quemantiveron a boca pechada fronte aogoberno de antes, cando aínda eraposible modificar os proxectos, e quepoden cantarlle as corenta ao gober-no de agora, cando todo parecedecidido, e cando o propio Touriñoparece estar namorándose da colosalpirámide.

3. A OPA é para quen atraballa

La Caixa, a institución financeiraque esta no burato do furacándesatado coa OPA sobre Endesa,levaba moitos anos preparándosepara este momento. Consciente dosprocesos de privatización que seestaban producindo en toda Europa,e despois de estudar a fondo osefectos do sistema legal e financeiroimpulsado póla Unión Europea, a

prestixiosa institución catalana fixoos deberes con eficacia envexable:medrou e expansionouse canto puidoata acadar dimensións operativas;creou estruturas de dirección quenon son domeables polo poder polí-tico, posicionouse maxistralmentenas empresas claves da modernaeconomía e agardou sen presa a quese abrise o mercado. E así se explicaque agora, coa cesta posta debaixodas peras, saque froitos impresio-nantes cada vez que se abala apereira.

Nos non somos tan grandes nintan poderosos coma Cataluña. Perotampouco fixemos os deberes ninmal nin regular. E o pouco aforroque temos, fragmentado, enfrontado,mal situado e incapaz de acudireficazmente ás grandes operacións,vai vendo pasar as OPAS e as comprasde toda especie coma se fose o raposorexeitando as uvas verdes. No casoda OPA de Gas Natural sobre Endesapenso que os galegos estamosalimentando un discurso que, sobreser inútil e falto de realismo, podeser tamén un pouco ridículo. Aempresa Endesa non é galega nin ofoi nunca, a pesar de ter entre nós amaior central térmica de España.Pero ás súas decisións estratéxicasnunca se tomaron en función dasnosas necesidades, nin antes, candoera unha empresa pública, nin agora,cando está privatizada e candomandan os intereses dos inversoresprivados. Hai que dicir, ademais, queas dimensións da OPA proposta porGas Natural, co pano asesor e inver-sor de la Caixa, desborda todas asposibilidades de intervención donosos sistema empresarial e

84 84 84 84 84 420

Xosé Luís Barreiro Rivas

Page 87: ro EncrucilladaEncrucillada

financeiro. E por iso non se entendeque, en vez de facer o discursorazoable, que acepta a vixencia domodelo económico e dubida de queGalicia teña folgos e dimensiónsuficiente para ser considerada unhabase suficiente para estratexiasempresariais de nivel mundial,parece optar polo nacionalismoempresarial e laiarse de que as“nosas” empresas –¿que significaráeste pronome aplicado a Endesa oua Unión-Fenosa?– son adquiridas porcapitais externos.

O caso de FENOSA é aínda máissanguento que o de Endesa. PorqueFENOSA xa se foi para Madrid porunha OPA de Unión EléctricaMadrileña que, a cambio da redi-mensionalización empresarial queperseguía, cedera aos antigos propie-tarios da eléctrica algúns privilexiosimportantes nas estructuras dedirección. Para min segue sen estarclaro que operacións deste tipo sexanadecuadas ás nosas posibilidadesfinanceiras, xa que o volume dasmesmas –2.219 millóns de eurospuxo Florentino Pérez enriba damesa– suporía unha inversión difícilde xestionar para os que chegan aelas case sen folgos e máis animadospor idealismos empresariais que porunha adecuada disposición dos seusobxectivos. Pero o que parece into-lerable é que unha operación auspi-ciada por unha das “grandes” entida-des financeiras de Galicia se frustrefinalmente polo descoñecemento danormativa legal que ordena a OPA,ou pola precipitación dunha opera-ción que parecía estar máis pensadapara competir co veciño do Norte(Caixa Galicia) que por unha

verdadeira estratexia empresarial delongo alcance.

Parece difícil de aceptar que unhaoperación de miles de millóns deeuros se frustre finalmente por unequivocado enfoque legal da mesma.Pero hai que recoñecer que esa é aconclusión que avalan as declaraciónsde Castellano, antigo factótum deInditex e incomprensiblementemarxinado na negociación da opera-ción fracasada, e a noticia bencoñecida de que ese diagnóstico xaestaba feito por Caixa Galicia, quelonxe de arriscarse a comprar todo opaquete de accións de Fenosa enmans de Botín (que lle obrigaría apresentar unha OPA polo 50 %) pre-fería buscar un grupo de compra-dores que se repartise o paquete doBSCH en proporcións adecuadaspara controlar o Consello deAdministración cun pacto entre ocapital galego. Pero xa se veu quefalta moito aínda para que o Nortee o Sur de Galicia compartan obxec-tivos e estratexias, e mesmo poderíapensarse que a precipitación deCaixanova nunha operación destasdimensións tivo máis que ver coavontade de frustrar un proxecto deCaixa Galicia que coa pretensión defacer abrir unha dinámica favorableá toda a sociedade galega.

No contexto no que vivimos pensoque os laios e bágoas da Xunta fronteás operacións de Gas Natural eFlorentino Pérez son de crocodilo nocaso do PSOE e de ilusos no caso doBNG. No marco competitivo no quenos movemos, que eu persoalmentecreo que non debe ser reformado ninrestrinxido, soamente poden operaros que se modernizan na xestión e se

421 8585858585

Radiografía dun intre de cambio

Page 88: ro EncrucilladaEncrucillada

adecúan na dimensión. E calqueraoutra estratexia que non pase por aísoa a desculpas de mal pagador. Nonquero entrar agora en se ten ou nonten sentido facer grandes estratexiasempresarias e enerxéticas de corterexional, ou se tal pretensión tensenso e realismo nun mercadoprolongado e aberto a enormesoperacións de ámbito internacional.Penso sinceramente que a resposta aestas preguntas sería un clarísimo“non”. Pero antes de comprome-terme con tan frío diagnóstico queroinsistir en que o problema que agoratemos, ou teñen algúns, empezouhai xa moito tempo, que agoraestamos nos inexorables corolarios,e que nunca é boa política gastartempo e esforzos en darlle couces aun aguillón. Por iso suxiro quedediquemos todos os nosos esforzosa aprender a lección, a sacarconclusións cheas de intelixencia erealismo, e a poñer os ollos enbatallas que aínda se poden gañar.Porque, mentres as cousas sigan así,todas as crises e calotes van caer domesmo lado.

4. Tampouco a TVG dá boaespiña

Mentres escribo esta crónicaescoito falar do pacto interno entreo PSOE e o BNG para dirixir a TVG.A impresión xeral é que se trata dunpacto de poder e dunha operación decontrol dos medios antes que dunproxecto de crear unha televisión

pública acaída ás necesidades deGalicia, con novos discursos culturaise formativos, cunha diferenteestética do país, e cunha informaciónplural e libre orientada a facer paísantes que a facer partido.

Non se trata de criticar nomea-mentos antes de que sexan oficiais,nin de adiantar coma se fos un feitodemostrado o que é aínda unprevisible fracaso no obxectivo derenovación dos medios de comunica-ción públicos de Galicia. Unica-mente se trata de advertir que candose cometen erros na estrutura dedirección, dificilmente podencorrixirse co esforzo dos profesionaisencargados da xestión, e que moitome temo que, repartida a TVG entaifas, é moi posible que a imaxe dogoberno de coalición teña aí o seutalón de Aquiles. Porque a TVG é avez instrumento de cambio e imaxede cambio, e debera ser obxecto duntratamento político de altura quenon parece alentar na forma escollidapara nomear os novos equipos.

Tamén é verdade –aínda o serápolo menos ata xaneiro– que istoestá empezando. E por iso queropechar esta crónica cunha clave deinterpretación que vale para todaela: polo de agora aínda estamosintentando que todo saia ben, e paraiso facemos a crítica positiva. Máisadiante virá o realismo que pón cadacousa no seu sitio. Pero iso xa se veránas Crónicas seguintes.

Xosé Luís Barreiro Rivas

86 86 86 86 86 422

Xosé Luís Barreiro Rivas

Page 89: ro EncrucilladaEncrucillada

Rolda da cultura

Xoán BerXoán BerXoán BerXoán BerXoán Bernárnárnárnárnárdededededez z z z z VVVVVilarilarilarilarilar

Sumario estival, unhaesperanza, e unha queixa

En evitación de estendernosdemasiado, imos tratar decompendiar nestes parágrafosiniciais parte da actividade culturalque se deu no país desde o nosoanterior número, en grande partecentrada na celebración do Día dasLetras, da que foron epicentro osConcellos de Monterroso e Lugo,lugar de orixe un, e de residencia ooutro, de Xesús Lorenzo VarelaVázquez. Con motivo desta data osandeis das nosas librerías enché-ronse tamén de novas obras cerca dasúa figura e da súa obra.

Tivo lugar tamén, en Ortigueira, aXXI edición do festival do MundoCelta, nesta ocasión con grandesnovidades, nalgúns casos discutidas,por incluír nel músicas bastantearredadas do que viñamos consi-derando como clásico. Houbo, asímesmo, unha nova edición da feirade olaría tradicional de Oleiros,diversas Semanas ou Salóns daBanda Deseñada, e a Asociación deEscritores en Lingua Galega,celebrou o seu 25 aniversario cunhaxuntanza no mosteiro de Poio, naque se reafirmou no seu compromisoirrenunciábel coa nosa lingua, e co

súa participación na conformaciónda sociedade e co país.

Fomos, así mesmo, sabedores dorelanzamento do Proxecto LibroGalego. Algo que xa se intentou enpequena medida nunha ocasiónanterior, sen que, ao día de hoxe,saibamos o seu resultado. O pasado12 de maio dez editoriais galegasxuntáronse en Compostela coafinalidade de procuraren a aperturade espazos comerciais unificando asúa distribución. A idea foientregarlle esta tarefa á empresaDistribucións Arnoia, de xeito que,tanto as editoriais grandes como asde pequeno tamaño, poidan acadaros mil puntos de venda existentesen Galicia en igualdade de condiciónscon outras empresas con maiorcapacidade. Tamén farán a edicióndun catálogo coas novidades de cadaunha das entidades asociadas. Através desta distribuidora poderasesolicitar calquera título que, no casode non estar naquel momentodispoñible, será recibido nun prazonon maior de 24 horas. As editoriaisen cuestión non son as que máisproducen e venden no país. Maistodas as demais están taménconvidadas a se axuntar á iniciativa.

423 8787878787

Page 90: ro EncrucilladaEncrucillada

A esperanza provén da admiraciónque nos producen as persoas, e asdistintas entidades que nos últimosmeses estiveron a traballar paraconseguir da Unesco o recoñe-cemento e a declaración doPatrimonio Oral e Inmaterialgalego-portugués como Obra daHumanidade. Houbo distintasactuacións importantes, e mesmocincocentos nenos galegos eportugueses cantaron e gravaron unvídeo-clip acerca da nosa tradiciónmusical sobre a ponte internacionalde Tui. E o pasado 12 de setembroa Unesco confirmou xa que o dossierque lle foi presentado eraautenticamente rigoroso e quesuperaba a fase de avaliaciónadministrativa, para pasar aoxurado internacional, que ten aúltima palabra.

A nosa queixa procede de novo dospremios literarios. Porque, comocalquera pode comprobar, a prácticatotalidade dos que en Galicia seconvocan, está supeditada a que asobras que a eles optan “sexanorixinais e inéditas”. Pois ben, pormoitas voltas que se lle dean, tantoetimolóxica como semanticamente,estas dúas palabras parecen ter unssignificados bastante claros. Por isonos deixa bastante perplexos o feitode que, nos últimos anos, haxatraballos que gañen dous, tres e atacatro premios distintos. ¿Para qué,pois, esas condicións? ¿Qué significanorixinal e inédito para os seuspromotores?

Audiovisual

Acaba de ser rematado unCatálogo de músicos da Limia. O

coordinador deste traballo, CastorCastro, dedicou ao mesmo máis dedez anos. Nel figura a músicapopular que diversos veciñosanónimos e cunha formaciónautodidacta, achegaron para creareno rico patrimonio cultural destarexión ourensá. A iniciativa débeseao Museo da Limia.

En xullo fallouse o Premio de ArteIsaac Díaz Pardo, un certame bienalque ven convocando a Deputaciónpontevedresa. A característica domesmo é o feito de que o seu importe,45.000 euros, se dedica a adquirirobras dos premiados, nesta ocasióndezaoito que, xunto coa dos oncefinalistas, pasaron a formar partedunha exposición itinerante.

Banda Deseñada

Nas últimas semanas chegaron aosandeis das nosas librarías dúasimportantes publicacións da novenaarte. Por unha banda o número cincoda revista Barsowia, editada naCoruña polo colectivo Polaqia, e, polaoutra, a aparición en Vigo do sextonúmero de BD Banda, que foiseleccionado para o Salô do Cómicde Barcelona, onde acadou o galardónao mellor Fanzine. Posteriormente,foille concedido o Premio Ourensede Banda Deseñada. Este colectivopuxo tamén no mercado un novoálbum, Tito Longueirón.

Ao mesmo tempo, o Salô deBarcelona, concedíalle a A Mansióndos Pampín de Miguelanxo Prado –para o Colexio de Arquitectos deGalicia dentro do seu programadedicado ao feísmo urbanístico– opremio á mellor obra e ao mellor

88 88 88 88 88 424

Xoán Bernárdez Vilar

Page 91: ro EncrucilladaEncrucillada

guión de todos os publicados noestado no ano 2004.

O primeiro de agosto deuse acoñecer o gañador do PremioCastelao de Banda Deseñada creadopola Deputación da Coruña coobxecto de incentivar a creación nanosa fala. O vencedor foi o ourensánDavid Rubín pola súa historietaOnde ninguén pode chegar.

Cine e Teatro

Os curtos, Intensidade e Minotau-romaquia, de Mario Iglesias e JuanPablo Etcheverry, respectivamente,nos apartados de ficción e animación,foron as fitas vencedoras dosorprendente II Festival de Cans,celebrado na parroquia de Atios,Concello do Porriño. O tempo noespello, de Pedro Alonso Corredoiralevou tamén un accésit no apartadode ficción. O público decantouse porA boa caligrafía, de Alex Sampayocomo a mellor obra de ficción. Osvencedores foron premiados cos seusrespectivos Can de Pedra nacerimonia da clausura, o 21 de maio.Un festival o deste pequeno lugarporriñés, celebrado en cortes ebodegas, e coa utilización dechimpimbuses para o traslado dosespectadores, merecedor de todos osrecoñecementos.

O teatro Principal de Compostelafoi o escenario da estrea do filmeHai que botalos, composto por 24curtametraxes de creación colectiva.Neles denúncianse tanto o carretode votos para as eleccións, como ashistorias de Fraga e de Ence, na ríade Pontevedra, o paro e a preca-riedade laboral, e o caso do Prestige.

A primeiros de xuño saíu do prelo,propiciado pola Consellería deCultura, o Catálogo de DramaturgosGalegos, unha cobizosa e amplacompilación na que aparecenrexistradas máis de 1900 obras, asícomo as biografías duns 300 autoresteatrais do noso país, desde o ano1973 ata o 2004

Inspirada na obra de Shakespeare,a primeiros de xullo estreouse alongametraxe de animación en 3D,Soño dunha noite de San Xoán, deDygra Films, en colaboración coaportuguesa Appia Films, aUniversidade da Coruña e asubvención de diversas entidades. OSoño dunha noite de San Xoánpretende continuar a xeira comezadacon O bosque animado, que tan bofuturo parece abrirlle á nosaindustria de animación.

A XXI edición da MostraInternacional de Teatro de Riba-davia rematou o 23 de xullo. Entreos premios concedidos figuran o dacompañía Triclinium, así como asobras Animalario, Zoo, a lenda dorei mono, e O Compromiso, estaúltima cunha mención especial.

A principios de agosto fallouse oprimeiro Festival de Curtametraxesde Bueu. Manuel Pena, estudante deImaxe e Son, así como da Escola deCine Egaci, resultou o gañador domesmo coa súa fita La Canción deFémerlin.

O grupo de teatro Sarabela, o máispremiado dos na nosa terraexistentes, conmemora o 25aniversario da súa fundación coaestrea da obra O Heroe, a primeira

425 8989898989

Sumario estival, unha esperanza, e unha queixa

Page 92: ro EncrucilladaEncrucillada

peza teatral saída das mans doprolífico autor Manuel Rivas.

Congresos. Comunicacións

Aínda non esmorecidas asconmemoracións do ano 2005,dedicadas a Xesús Lorenzo Varela, aReal Academia acaba de sinalar xa onome do próximo autor a home-naxear. O ano 2006 será para lembrara obra e a excepcional personalidadede Manuel Lugrís Freire (1863-1940), fundador, na Habana, daprimeira revista integramenteredactada en galego –A gaita galega–, anovador do teatro, participante naelaboración do noso primeiroEstatuto de Autonomía, membrofundador da revista A Nosa Terra,primeiro político que empregou anosa lingua nun mitin, e taménpresidente da Real Academia noperíodo 1934-35.

Decesos

A piques de cumprir 84 anos, nopasado 20 de xuño deixounos ÁlvaroÁlvarez Blázquez. Nado en Tui o 28de outubro de 1921, Álvaro Álvarezera o derradeiro membro da dilatadasaga dos Álvarez Limeses e ÁlvarezBlázquez, continuada despois polosseus descendentes os ÁlvarezGándara e Álvarez Cáccamo. ÁlvaroÁlvarez foi debuxante e tallista, co-fundador en Vigo, cidade na queresidía, das editoriais Monterrey eCastrelos, así como fundador dotaller artesanal Serigrafía Gallega,a través do que popularizou a obrade moitísimos pintores do país, queexpuxo en diversos lugares dapenínsula.

Lixeiramente despois del, aprincipios de xullo, e moi pouco antesde completar os seus 86 anos, finou,tamén en Vigo, Antón PatiñoRegueira, pintor, libreiro, editor, enocasións poeta, mitólogo e filatélico.Nado na Coruña o 2 de agosto de1919, Antón Patiño, viuse nanecesidade de emigrar a sudaméricaen 1936, lugar no quepasaríabastantes anos. Ao retornar montouna cidade olívica a coñecida tendaLibrouro. E moi pouco antes demorrer, deixounos aínda a súa obraMemoria de Ferro, crónica persoaldos difíciles anos que daquela lletocou vivir. Os seus restos repousanen Monforte de Lemos.

Etnografía

Despois dun par de anos derevisión e renovamento nunestaleiro guardés, o 4 de xuñoretornou por fin a Baiona a réplicada famosa Carabela Pinta, aquela naque, no ano 1493, trouxera Pinzón aGalicia a grata nova da existencia deterras na outra banda do Océano. Aembarcación foi recibida aos acordesdo Himno Galego, coa presenza dediversas autoridades e, logo de quese izase nela a bandeira da vila, foivisitada xa por unha boa parte dopúblico asistente.

Os arqueólogos acaban de revelaragora a existencia de máis de centocincuenta monumentos xigantescosatopados en Alemaña, Austria eEslovaquia, datables entre os anos4800 e 4600 antes de Cristo. Que asvellas sociedades de agricultores epastores de Centroeuropa seanticiparan en máis de dous mil anos

90 90 90 90 90 426

Xoán Bernárdez Vilar

Page 93: ro EncrucilladaEncrucillada

á construción dos grandes complexosarquitectónicos de Exipto eMesopotamia é unha auténticasorpresa. Os técnicos aínda nonbautizaron esta sorprendentecultura, mais saben que o pobo quea produciu era profundamenterelixioso e que vivía en habitáculosde ata 50 metros de longo, agrupadosen aldeas, algunhas delas de enormetamaño. Os seus templos eran, asímesmo, de grandes dimensións.Porén, esta cultura nada máis queperviviu unhas cantas xeracións,desaparecendo despois.

O Consello da Cultura Galega fixopúblico o 14 de xuño o seurecoñecemento ao Foro do bo Burgodo Castro Caldelas, outorgado enAllariz no ano 1228 polo rei AfonsoIX (1171-1230). O documento é unextenso texto diplomático, actua-lización na nosa lingua doutrodocumento latino do foro concedidopolo rei Fernando II, pai do anterior,á raíña dona Urraca. Este do Foro deCastro Caldelas, pois, ademais deser o único en lingua romance saídoda chancelaría de Afonso IX é, demomento, o documento totalmenteescrito en galego máis antigo que seconserva. Atopábase no Arquivo dosDuques de Alba, en Madrid. Existen,porén, algúns outros, bastanteanteriores, que recollen frasesescritas na nosa lingua no medio dotexto latino neles utilizado.

A comezos do mes de xullo, e logode varios anos de obras derehabilitación dirixidas poloarquitecto César Portela, foronabertos ao público os edificios dasillas de San Simón, no concello de

Redondela, próximas ao monumentoao Capitán Nemo. Nelas, eposiblemente sobre a cimentacióndunha vella bailía templaria doséculo XII, construírase moito máistarde un lazareto. Ao remate da nosaGuerra Civil estas instalaciónsserviron de cárcere e lugar deconfinamento para moita xente quenon gozaba da estima de quen entónrexían os destinos do estado. Oimportante agora é que se dote donecesario servizo de embarcaciónspara que o lugar poida ser doada-mente accesible aos visitantes.

No mesmo mes iniciáronse taménos trámites para a creación en BuenosAires dun Museo da EmigraciónGalega na Arxentina. A partir dostres eixes nos que se pretendefundamentar este: os oficios, oxantar e a música. Como primeiraprovisión, inaugurouse a exposición“Galegos, de Galicia a Buenos Aires,1860-1960”. A partir dela agarda-mos que se complete a mostra, quese pretende que sexa itinerante.

E sen saír de xullo, debemosrecoller o feito de que a Consellaríade Cultura da Xunta en funciónsinvestirá 265.000 euros enactuacións arqueolóxicas e deconservación da arte rupestre ecastrexa en Campo Lameiro e oCastro de San Cibrao.

Mais, como ningún gozo cheganunca a ser completo de todo, temosque indicar aquí a denunciaefectuada no mes de agosto poloInstituto de Estudos Miñoraos e oClube Espeleolóxico do Maúxo enrelación co gravísimo deterioro

427 9191919191

Sumario estival, unha esperanza, e unha queixa

Page 94: ro EncrucilladaEncrucillada

efectuado na parroquia de Camos,onde, co motivo da construcción duncircuíto de autocross por parte daEscudería Cantera Val Miñor, foronarruinados tres xacementosarqueolóxicos de enorme transcen-dencia: unha mámoa neolítica, outracalcolítica, varios petroglifos, eoutros útiles de pedra, paleolíticos.En resumo, restos pertencentes a unperíodo que abrangue do ano 4.000ao 200.000 antes de Cristo.

Noutro Museo, o Quiñones deLeón, de Vigo, e ata o mes deoutubro, estará aberta a exposición“Para o deus Berobreo”. Nelaexhíbense, perfectamente ordena-dos, mapas, materiais arqueolóxicose gráficos, e efectúanse proxecciónsdocumentais, acerca das escavaciónsrealizadas no vello facho de Donón,en Cangas, habitado desde o séculoX antes de Cristo, e no que, polomenos a partir do IV a. C., recibiuculto a indicada deidade. Ao mesmotempo, os sábados organízansevisitas guiadas ata o propioxacemento.

As Letras

A autora e presidenta da AcademiaBrasileira das Letras, Nélida Piñón,con antecedentes familiares noconcello pontevedrés de Cotobade,acaba de recibir o Premio Príncipede Asturias das Letras. Nélida Piñónpublicou recentemente en Galicia Arepública dos soños.

A Asociación de Libreiros dePontevedra seleccionou a novelaSoberano, de Adolfo Caamaño, comoo mellor dos libros publicados entodo o ano 2004. Con tal motivo o

seu autor recibiu o premio BenitoSoto na inauguración da Feira doLibro da vila do Lérez.

Desde principios de setembro orotativo La Voz de Galicia está adistribuír entre os seus lectores dúasobras semanais de ClásicosUniversais vertidos á nosa lingua. Oseu prezo: un euro cada unha. Asípois, desde agora, e por tan módicodesembolso, pódese acceder á lecturade autores da categoría de Platón eMarco Tulio Cicerón, na antigüidade,ou Rainer María Rilke, VirginiaWoolf e Graham Greene, dos nosostempos. Tan só un pequeno detallebotamos de menos: a falla nestaselección das obras dalgúns dosautores nados na Gallaecia, que benpagaría a pena que fosen ao travésdela divulgados: a monxa-viaxeiraEgeria (século IV), o presbítero ehistoriador Paulo Orosio, ou o bispoIdacio Lémico, ambos do século V.

En substitución do finado XulioFrancisco Ogando, o dez de setembrofoi elixido como membro numerarioda nosa Real Academia o historiadorRamón Villares Paz. Nado enXermade, Lugo, en 1951, RamónVillares licenciouse en Filosofía eLetras en Compostela, universidadena que acadou o premio extraor-dinario de doutoramento enHistoria, e da que foi posteriormenterector magnífico. Colaborador taméndesta revista é, así mesmo, membrodo Padroado do Museo do PoboGalego, do Consello da CulturaGalega, e do Instituto de EstudosGalegos, así como autor dunhamorea de obras históricas.

92 92 92 92 92 428

Xoán Bernárdez Vilar

Page 95: ro EncrucilladaEncrucillada

Novas en Xeral

O fotógrafo Xurxo Lobato, oarquitecto Celestino García Braña eo arqueólogo Antonio RodríguezColmenero, acaban de ser elixidosmembros da Real Academia de BelasArtes Nuestra Señora del Rosario,con sede na Coruña.

Cunha conferencia do Presidenteda Real Academia, unha mesaredonda, un foro, no que partici-paron destacadas figuras da culturaeuropea, unha cea, e unha homenaxeao escritor barcelonés ManuelVázquez Montalbán, estreitamenterelacionado coa editorial, celebrouseo vintecinco cabodano de SoteloBlanco Edicións. Esta editorial,xestionada desde Barcelona, ondereside o seu presidente, OlegarioSotelo Blanco, publicou xa máis demil títulos, e ten previsto converternun centro cultural a súa sede enGalicia, sita en San Marcos,Compostela.

Co gallo dos 50 anos dapublicación da xa mítica obra deAlvaro Cunqueiro Merlín e Familia,tiveron lugar distintos actos, entreeles audicións radiofónicas dedeterminados retallos da mesma, een diferentes idiomas. A conme-moración culminou coa inauguraciónno Museo do Pobo Galego, enCompostela, o pasado 15 desetembro, dunha detallada expo-sición acerca dos contidos e de cantoatinxe ao relato, así como da vida doautor mindoniense. A exposiciónmanterase aberta ata o 30 denovembro.

Premios

A filóloga Inma López Silva recibiuo 21 de maio o premio de narrativaManuel Murguía, convocado poloConcello de Arteixo, na súa XIVedición. Inma López Silva publicaraxa obras como Concubina de marcadocarácter feminista.

No mes de maio fallouse a XXIIedición do Premio Ourense deContos para a mocidade. O primeiropremio foi para o pontevedrésIgnacio Mascuñán Freijanes por Osxogos de rol tamén son educativos. Aobra, xunto con catro accésits, serápublicada pola Casa da Xuventude, aAgrupación de Libreiros, o Festivalde Cine de Ourense e a DelegaciónProvincial de Familia, Xuventude,Deporte e Voluntariado.

O XIX Premio Anxel Fole de ensaiorecaeu nesta ocasión no colectivoformado por Jesús Blanco, SilvaCastro, Mª Pilar García Negro,Amelia Sánchez e Goretti San-martín, autores da obra NicomedesPastor Díaz. Unha existenciaexemplar. Este premio é sufragadoanualmente pola Fundación CaixaGalicia, e El Progreso, coa finalidadede estimular a quen investiguensobre a vida e a obra dun escritor ouintelectual da provincia de Lugo.

O Museo do Humor de Feneconcedeulle o seu premio CuruxaGráfica 2005 ao debuxante gregoMihael Kountouris por unha obra naque aparece Don Quixote pintandonos muíños de vento a frase Go home.As mencións de honor foron para AlíSur (Turquía), Alessandro Gatto(Italia), Ross Thomson (Inglaterra),

429 9393939393

Sumario estival, unha esperanza, e unha queixa

Page 96: ro EncrucilladaEncrucillada

Sergei Cheremisin (Ucraína),Muhittin Koroglu (Turquía) eOsmani Simanca (cubano-brasi-leiro).

Os Premios da Crítica, fallados opasado 28 de maio en Vigo,concedéronlle o Premio das Letras ápoetisa Luísa Villalta, a títulopóstumo, o de Ensaio a Xosé ChaoRego, o de Investigación a AntónCosta Rico, o de Ciencias e Artes daRepresentación ao filme Maradentro; o de Música foi para oConcello de Pontevedra por recu-perar a primeira gravación feita nopaís, e o de Iniciativas Culturais,para o Museo da Limia. Ao mesmotempo rendéuselle unha homenaxeao finado médico Agostiño Sixto Secoe concedéuselle o título de Galegoegrexio a Xesús Alonso Montero.

No marco da illa de San Simón, naría de Vigo, a que cantou o xograrMeendiño, falláronse o día 11 domes de xuño os premios literariosXerais e Merlín. O primeiro recaeuna monfortina Teresa Moure porHerba Moura, un relato no quepescuda no interior da vida privadado filósofo francés René Descartes.En canto ao Merlín, de literaturainfantil, correspondeulle ao noiésRamón Carredano por Unha brancade cobre para Martiño, obra na querefire as aventuras dun rapazotegalego que viaxa ás Indias na naveSanta María con Cristóbal Colón.Nesta festa das letras tamén lle foronentregados senllos recoñecementosao Círculo de Lectores, que xa vendeunos últimos 25 anos, máis de300.000 obras en galego, e a Biblos

que, con dous anos de vida, persegueo mesmo fin.

Para o vigués Román Raña foi opremio Caixanova de poesía, na súaterceira edición, pola súa obra Ametamorfose do túnel. Este premio éo de maior dotación económicaexistente no país, e leva aparelladaa publicación do libro pola entidadefinanceira, en colaboración co PenClube. A entrega do galardón foirealizada o 21 de xuño.

Fallados en datas parellas áanterior foron os premios Terra deMelide e García Barros. O primeirorecaeu en Sete pecados capitais, deFrancisco Antonio Vidal, mentresque o segundo, organizado poloConcello da Estrada, foi paraJaureguizar pola súa novela CabaretVoltaire, na que refire unha historiade espionaxe.

Tamén cunha trama policial gañouo moañés Carlos Freire Cordeiro aúltima edición do Premio porentregas de La Voz de Galicia, porAcio Sanguento.

O 26 de xullo recibiu FranciscoFernández del Riego o premio dexornalismo literario Roberto BlancoTorres que anualmente convocan aUniversidade de Compostela e oConcello de Cuntis. É este o enésimogalardón que se lle concede ao máisveterano, activo e prolífico polígrafodas nosas letras.

Varia

O Premio das Letras e das Artesde 2005, fallado o pasado 17 de maio,recaeu nesta ocasión en Ramón

94 94 94 94 94 430

Xoán Bernárdez Vilar

Page 97: ro EncrucilladaEncrucillada

Castromil Ventureira, tanto pololabor desenvolvido ao longo da súavida, como pola súa actividade enfavor da música. Ramón Castromil,nado en Compostela, estudou noconservatorio Superior de Música deMadrid, onde acadou o Premio deFin de Carreira. É, así mesmo,académico numerario de Belas Artesde Galicia, profesor do Conservatoriode Música de Santiago, licenciado en

Dereito e Música, Vicepresidente doConsello da Cultura, e empresario.

O Museo de Arte Contemporáneada Coruña, de Unión Fenosa, acabade completar a súa ampliación. Conela acadou os nove mil metroscadrados de superficie destinados aacoller arte. Neste intre amosa xatres exposicións, e dará a coñecer enbreve douscentos cartaces de filmesde Luis Buñuel.

Xoán Bernárdez VilarXoaberna(@mundo-r.com

431 9595959595

Sumario estival, unha esperanza, e unha queixa

Page 98: ro EncrucilladaEncrucillada

Rolda de Igrexa

RRRRRubén ubén ubén ubén ubén ArArArArArambambambambamburururururu Moletu Moletu Moletu Moletu MoletA infinita confianza

Quedou atrás un verán de secas ecalores e de moito lume. Os xornaisanuncian un outono quente desde aoposición e desde algún sector daIgrexa española. Oxalá que candoteñades a revista nas mans poidamosfalar dun outono húmido no que aschuvias bendigan de novo a nosaterra e as nosas fragas. Os veráns e osoutonos demasiado quentes termi-nan por secar as fontes e ás veces ocorazón.

Foi moita a información relixiosanestes meses, debido a gran-desacontecementos, a momentos demorte como a matanza dun bispo enQuenia xunto a decenas de cristiáns,dun sacerdote no Brasil, unha misio-neira evanxélica...Tamén houbonovas como a concesión do PremioPríncipe de Asturias ás Fillas daCaridade, tan presentes na nosa terrae a quen felicitamos con alegría. Nonfaltaron polémicas nin discusións,como o debate, xa vello, do celibatoprovocado pola ordenación católicadun pastor anglicano casado e confillos, en Tenerife. Non é o únicocaso, pero a prensa deulle moitobombo e fixo que os voceiros dos6.000 curas casados que hai enEspaña reclamasen de novo ocelibato opcional.

Conto estas cousas, así, de memo-ria, porque unha vez máis véxomeillado do acceso a información desdeesta pequena aldeíña de Santomé,onde o teléfono, a televisión, a luzfuncionan cando e como cadra. Asprotestas serven de ben pouco, eparece que imos para atrás. Velaípois, unha rolda breve e incompleta.

Igrexa no mundo

Dos acontecementos vividos nopasado verán recordaremos especial-mente dous feitos coincidentes: avisita de Bieito XVI a Alemaña conmotivo da XX Xornada Mundial daMocidade e a dramática morte deRoger Schutz, prior de Taizé.

Case un millón de persoas, segun-do as crónicas, acolleron a Bieito XVIen Colonia na que foi chamada aXornada dos dous papas, debido apresenza na memoria de Xoán PauloII, que foi o inventor destes encon-tros de mozos hai 20 anos. Creousemoita expectación ante esta pri-meira viaxe do Papa, por ser no seupropio país e por ver como se desen-volvía nun acto deseñado para operfil do carismático Wojtyla. Algúnscomentarios apuntaban que o papaRatzinger non é moi amigo desteseventos, e que o seu carácter non se

96 96 96 96 96 432

Page 99: ro EncrucilladaEncrucillada

corresponde coa concentración demasas. Pero a Xornada estaba enmarcha e Bieito asumiu o traballo.Outras lecturas apuntaban á impor-tancia de que o acto se celebrase enAlemaña, debido á crise que viven asIgrexas cada vez mais baleiras efaltas de mozos. Un pulo espiritual?E posíbel que o novo Papa non confíemoito nestes actos, de feito pareceque xa deu instrucións para que napróxima Xornada a celebrar enSidney se produzan cambios signi-ficativos. Din que está mais intere-sado na reflexión e encontro congrupos pequenos, sen levantar tantaespectacularidade, e máis distancia-das no tempo, a de Sidney será 2008.Non vai ser doado despois de tantosanos de efecto mediático. No quepuiden, seguín a retransmisión quenos ofreceron os medios estatais. Aprimeira sorpresa foi a do paseo nunpapa-barco polo Rhin, no que un tí-mido Ratzinger saudaba desde aproa a milleiros de mozos, moitosmergullados na auga para saudalo.Deume a impresión de que o Papanon estaba moi cómodo a pesaresdos seus esforzos por bendicir e sorrira todos. Prestei máis atención aosencontros mantidos coas comunida-des islámica e xudía, así como aosactos ecuménicos entre as distintasigrexas alemás. O encontro coa comu-nidade xudía o 19 de agosto, desen-volveuse na Sinagoga de Coloniaonde o Papa foi recibido polo GranRabino Netanel Teitelbaum queagradeceu a visita como “un granhonor e signo de harmonía”. Nonfaltaron reproches polo pasado ealgunha petición referente aos ar-quivos vaticanos e a persecución

nazi, que é unha vella demanda ataagora non escoitada. No seu discurso,Bieito XVI fixo unha rotunda conde-na do nazismo, que cualificou como“demencial ideoloxía racista, de ma-triz neopagán”. Recoñeceu que asrelacións entre hebreos e cristiánsfoi complexa e dolorosa en moitosmomentos da historia e advertiu doperigo das novas formas de antise-mitismo e de racismo que aparecenna sociedade actual. Finalmente, oPapa apostou por un diálogo sinceroe confiado entre xudeus e cristiáns:“Queda moito por facer. Temos quecoñecernos reciprocamente moitomáis e mellor.” O mesmo día reu-niuse o Papa cunha representacióndas confesións cristiás alemás: lute-ranos, evanxélicos e ortodoxos. Reco-ñeceu as moitas dificuldades do diá-logo ecuménico e ante a petición da“intercomuñón entre cristiáns” feitapor algún bispo luterano, Ratzingerapostou polo traballo e as conversasentre as igrexas “con paciencia eperseveranza”... “Non se podemanter un diálogo a costa da ver-dade; o diálogo ten que desenvol-verse na caridade e na verdade”.

O sábado día 20, encontrouse Biei-to XVI cos representantes das comu-nidades musulmás (uns 3 millóns decrentes). O acto tivo lugar no Arcebis-pado de Colonia. O tema central foia preocupación tralos recentes aten-tados en occidente, cometidos porgrupos radicais islámicos e queprexudican especialmente aosmusulmáns que viven nos nosospaíses. O Papa recoñeceu a boavontade da maioría dos crentes islá-micos e condenou duramente cal-

433 9797979797

A infinita confianza

Page 100: ro EncrucilladaEncrucillada

quera violencia no nome de Deusrecoñecendo que hai “páxinas dahistoria dedicadas ás batallas e asguerras invocando o nome de Deus...A lembranza deses tristes días debe-ría enchernos de vergoña sabendocantas atrocidades se cometeron nonome da relixión...” Aprender dopasado, buscar vías de reconciliacióne aprender a vivir respectando asdistintas identidades e a liberdaderelixiosa especialmente as minorías,foron as propostas do Papa nesteencontro.

Viñemos a adoralo. Foi o lema daXornada, recollendo a tradición doenterramento dos Reis Magos enColonia. Foi o tema da homilía navixilia cos mozos, o sábado pola noiteen Marienfeld, onde tamén se cele-brou ao día seguinte unha multi-tudinaria Eucaristía que superoutodas as expectativas de asistencia.Se o balance final foi positivo, co-mentouse moito a mala organización,os imprevistos, as horas de esperaincluso para bispos e o propio papa.De fondo, tamén se soubo das diver-xencias entre algúns membros doepiscopado alemán, recordemos quenon moi próximo a Ratzinger, e opouco entusiasmo co que acolleron oencontro dos mozos.

As sorpresas de Ratzinger. Dixerondel que sería un Papa de sorpresas.Aínda non se viron moito, pero sialgún xesto-sorpresa, como foi aaudiencia concedida aos seguidoresdo bispo cismático Lefevre, exco-mungados polo seu predecesor XoánPaulo II. E moito máis, o encontromantido o 26 de setembro co teólogoHans Küng, suspendido do ensino

polo Vaticano, e causa que Ratzingernunca quixo revisar. Non sabemosmoito da entrevista salvo as decla-racións cordiais que un e outrofixeron sobre o seu traballo.

Roger de Taizé

Aínda que tiña 90 anos e estabadecidido a deixar as súas respon-sabilidades como prior da comuni-dade ecuménica de Taizé, causouunha fonda conmoción o asasinatode Roger Schutz o pasado 16 deagosto, a mans dunha enferma psí-quica durante a oración da noite eacompañado duns 2.000 mozos. Cus-taba crer que unha vida tan longa decompromiso coa paz, o diálogo e areconciliación rematase de forma tanabsurda. Porén, a espiritualidade deRoger, a “infinita confianza” na quebaseou a súa vida foise estendendopola Colina de Taizé nunha estrañamestura de dor e paz. Foron innume-rables as mostras de adhesión recibi-das en Taizé, desde Bieito XVI aopresidente da República Francesa,onde Roger era todo un símbolo paracristiáns, membros doutras relixiónse os non crentes. Unha semana foinecesaria para preparar as exequiase acoller aos milleiros de persoasxunto con autoridades de toda Euro-pa que acudiron ao sepelio. O cardealWalter Kasper presidiu a celebra-ción, pois Roger pedira ser acollidono seo da Igrexa católica, e vímolocomungar no enterro de Xoán PauloII.

O irmán Alois, que fora designadopor Roger de Taizé coma seu sucesorao fronte da comunidade, regresoude Colonia onde participaba na Xor-nada Mundial da Mocidade para

98 98 98 98 98 434

Rubén Aramburu Molet

Page 101: ro EncrucilladaEncrucillada

acompañar aos seus irmáns nunmomento tan duro. No funeral, quefoi retransmitido por unha canle detelevisión francesa, participaronunhas 30.000 persoas chegadas detodas as partes do mundo. As pri-meiras palabras da celebración, pro-nunciadas polo novo prior foron todoun símbolo da vida de Roger deTaizé: “Deus de bondade, confiamosno teu perdón a Luminita Solcan,que nun acto enfermizo, acabou coavida do noso irmán Roger...” Os quedesde moi mozos coñecemos a Rogere a súa experiencia, que seguimos osseus escritos e cartas, as súas propos-tas para a oración e o traballo, sabe-mos ben que esa primavera, como llechamou Xoán XXIII, permaneceaberta, como un manancial fecundoque nos axudará nos camiños dareconciliación e do compromiso cosmais pobres da terra. Vive en Deus,santo Roger de Taizé!

Galiza

Desde a última rolda houbo moitovento de cambio no país. Así atradicional Ofrenda ao ApóstoloSantiago ía acompañada da inmi-nente toma de posesión do novogoberno formado por socialistas enacionalistas. Escóitanse moitos te-mores e advertencias nos ambientesclericais, quizais polo que supón deperda de influencia e certos pri-vilexios. ¿Será tan radical e tan torpeo novo goberno para darlle as costasá raíz cristiá da vella Galiza? Non ocreo, teñamos confianza e inten-temos colaborar coma bos cidadánsneste proceso de cambio, por outraparte creo que ben necesario para o

que algúns chaman hixienedemocrática.

Un dos cambios salientábeis eagardados foi o da sé da diocese deMondoñedo-Ferrol, que acolleu aonovo bispo, Manuel Sánchez Monge,o 23 de xullo na catedral de Mondo-ñedo. Facía máis de 50 anos que avila de Merlín non vivía unha orde-nación episcopal que foi presididapolo nuncio Manuel Monteiro, acom-pañado do presidente da CEE, Ricar-do Blázquez, dos bispos galegos e ocardeal Rouco, oriúndo da diocesemindoniense. Escoito falar moi bendeste bispo palentino a moitos cregosque o coñecen e compartiron con elestudos e traballos pastorais. Oxalásupoña unha renovación e un impul-so para a querida diocese que foi unexemplo de compromiso coa terra ecoa cultura do país durante tantosanos. A primeira aposta de SánchezMonge foi polos inmigrantes e osseus padecementos, que deben seros destinatarios de primeira orde daacción social da Igrexa, e ben acollidafoi a súa declaración sobre asrelacións Igrexa-Estado: “...A Igrexanon quere poderes nin reclama privi-lexios... entre os poderes públicos ea Igrexa deben establecerse unhasrelacións baseadas por unha partena independencia e a autonomía, epor outra, na xenerosa colaboracióne entendemento ao servizo das per-soas...” Parabéns ao novo bispo e atoda a diocese de Mondoñedo-Ferrol.

O 25 de xullo día do Apóstolo e díada Patria, a catedral acolleu amilleiros de persoas que baixo unhasmedidas de seguridade sen prece-

435 9999999999

A infinita confianza

Page 102: ro EncrucilladaEncrucillada

dentes, participaron da cerimoniada Ofrenda ao Apóstolo. O socialista,Sánchez Bugallo, alcalde de Santiagofoi o delegado rexio encargado depronunciar a ofrenda. Nesta ocasiónnon houbo tensión nos discursos e oarcebispo Xulián Barrio tralapolémica homilía do pasado ano,apostou por unha Igrexa comprome-tida con aqueles cos que conviviuCristo “...os pobres, os marxinados,os apesarados polo pecado e poladureza do camiño cara a verdade, osque sofren a soidade, fame, desespe-ranza e inxustiza e os que non atopansentido á vida...” Tamén resaltouBarrio que “a Igrexa non busca poder,privilexios ou vantaxes sociais oueconómicas”. O arcebispo de San-tiago, que xunto a outros moitos nonse pronunciou con motivo damanifestación do mes de xuño contraos matrimonios homosexuais, e si ofixo con decisión na manifestacióncontra a pobreza que tivo lugar díasdespois, vaise perfilando como undos bispos máis moderados e dosque máis apostan polo diálogo e aacción social da Igrexa.

XXVIII Romaxe

As vila de Arzúa acolleu a celebra-ción da Romaxe dos Crentes Galegos.“Filla de Breogán, alédate” era afrase que nos convocaba nun día chu-vioso e algo frío. Grazas a axilidadedos organizadores que na vésperadecidiron con moito acerto o trasladodo lugar da celebración, da fermosacarballeira da Mota ao recinto feiralde Arzúa, a romaxe desenvolveusesen maior problema e ata resultouacolledora, pese ás inconveniencias

que presenta sempre un lugarpechado. Acollida con agasallo,queixo de Arzúa, os sons d’A Quenllae saúdo aos participantes que che-garon en máis de 50 autobuses, casetodos cheos, e tamén en vehículospropios. Fomos entrando na celebra-ción animados por un grupo de mo-zos e mozas da parroquia de SantaMaría de Arzúa, que con moita sim-patía desenvolveron o guión, ondefixemos presente os 25 anos do mar-tirio de monseñor Romero. O ánimodos participantes ía medrando pormomentos, pese a algún parón evitá-bel, como foron as testemuñas, exce-sivamente longas, sobre todo as lidas.Gustou a testemuña do capelán docárcere de Teixeiro, e dos mozos dosmicrocréditos, que foron moi brevese souberon transmitir a mensaxe. ARumboia non faltou como expresióndo entusiasmo e da festa e ani-mounos a participar na comuñóntralo fermoso signo da paz que todosexpresamos axudándonos do nosocorpo. Pensei nunha dispersión tralaeucaristía, pero non, nunca tan xun-tos xantamos, mirándonos, falandouns cos outros, compartindo alimen-tos de cada lugar. Chamoume a aten-ción que había moita xente moza emoitos cativos, o que lle da un aquelde esperanza. Trala festa da tarde,animada polos amigos da Quenllamarchamos cara a Sobrado dosMonxes, e na igrexa monacal xun-touse moita xente, tanta que a cousaquedou desbordada. Acostu-ados aque a oración da tarde fora sempremáis reducida en participación, esteano o enorme templo quedou peque-no, e custaba escoitar a Víctor Na-

100 100 100 100 100 436

Rubén Aramburu Molet

Page 103: ro EncrucilladaEncrucillada

beira e un grupo de mozos e mozasdas súas parroquias, que fixeronunha fermosa oración, na que sauda-mos a presenza de María de Nazaré,titular do mosteiro, cantando xuntosa Salve Raíña, que escribira o santomonxe galego, Pedro de Mezonzo.Supoño que haberá que faceravaliación, escoitar a todos e a todas,cambiar, mellorar... pero sen esque-cer o que ben recordou Pepe Chao noBerro Seco: a fe e a galeguidadecomo motores da romaxe. Parabénsa tanta xentiña que traballou paraque a romaxe siga sendo a nosa festa.

Antes da Romaxe, Irimia orga-nizou o encontro de Verán, desta vezen Lago (Valdoviño): “A cea que re-crea e namora”. Un encontro no quea comida fixo de ligazón para outrasexperiencias como o compartir,saborear, apreciar, aceptar... e inclusoa experiencia de sentir fame. AsMulleres Cristiás aportaron este anoa expresión corporal, contacto co cor-po coa natureza... o corpo como canlede oración. Un camiño empedradopor onde pasar cos pes descalzosexpresou o momento da reconci-liación.

No Mosteiro de Poio, (Pontevedra)tivo lugar a XIII Semana de Forma-ción Permanente dos Cregos de Ga-liza. (Seguimos insistindo no cambiode cregos por curas, dada as conno-tacións que ten a palabriña entre anosa xente, e tamén por etimoloxía)Este ano o tema era a Pastoral daFamilia. Houbo un único relator –oque na miña opinión empobreceu oencontro– que foi Mons. Reig Pla,bispo de Segorbe-Castellón e pre-sidente da subcomisión episcopal

para a Familia (recentemente nome-ado bispo de Cartaxena). Teño quedicir que salvo a primeira xornada, oresto dos días quedouse a cousa enmoita anécdota, con testemuña deexorcismo incluída, e nalgunhas afir-macións por parte do relatorbastante cuestionables: ¿sabiadesque o 80% das separacións se produ-cen naquelas parellas que manteñenrelacións sexuais antes de consti-tuírse en matrimonio? Pois xa sabe-des... É unha mágoa que non sepresentasen experiencias de pastoralfamiliar ben interesantes que hai enmoitas dioceses; a ausencia de leigos,de obradoiros, de debate ensombre-ceron un pouco estas xornadas, quepor outra parte moitos dos cregosacollen como uns días de descanso, oque non está mal. Sinalar con ben, apresenza do galego, nos folletos, nasintervencións do moderador, nos can-tos e celebracións... non así nasintervencións dos bispos galegos, queacudiron ao encontro.

Tamén no Mosteiro de Poio cele-brouse a finais de setembro, a Confe-rencia de Relixiosos e bispos deGaliza, aínda que a presenza dosúltimos é máis ben protocolaria. Nosdous días e en varias relatorios, osasistentes analizaron diversosaspectos da vida relixiosa.

No Fogar de Sta. Margarida daCoruña desenvolveuse a XX Semanade Teoloxía e Pastoral, coas inter-vencións de Carlos García Cortés,que falou sobre o laicado; ElenaMarzo Nogueras, sobre a muller eCasiano Floristán disertou sobre ostemas de conflito entre Igrexa e

437 101101101101101

A infinita confianza

Page 104: ro EncrucilladaEncrucillada

Estado. Tamén en Santiago, no Insti-tuto Teolóxico se celebraron as VIXornadas de Teoloxía coas interven-cións de varios bispos e profesoresuniversitarios. O título das xornadasfoi: “La transmisión de la fe: lapropuesta cristiana en la erasecular”. O Centro de EstudosTeolóxico inaugurou o curso o día 3de outono cunha celebración e unacto académico centrado na confe-rencia do profesor Fernández Lago:“Oríxenes e o veo das parábolas”. Oacto foi presidido polo arcebispo deSantiago.

Un centenar de mozos, maiores de20 anos, participaron en Betanzosno festival URCA, que leva máis de10 anos de edicións. Concertos, expo-sicións, actuacións, oración e cele-bracións xunto a mesas redondas edebates centraron tres días do encon-tro dirixido a artistas cristiáns.

Cambio na TVG. Andrés GarcíaVilariño que durante trece anosconduciu o programa católico A Sen-tinela na TVG, foi nomeado Dele-gado do Apostolado Segrar na dio-cese de Santiago, substituíndo aDonato Dosil Lago. Andrés fixo ungran labor nun programa, marxinadonos horarios nos primeiros tempos,pero que era seguido por moitosespectadores. A pesares da falta demedios conseguiu darlle vida e dar

conta de moitos dos actos que secelebraban en Galicia, así como cen-tos de entrevistas a teólogos,misioneiros, axentes de pastoral,relixiosos, párrocos... unha inmensotraballo que lle temos que recoñecer.No lugar de Andrés incorpórase ofranciscano Enrique Lista, coñecidoxa da etapa ao fronte das emisiónsrelixiosas da Radio Galega.

“Igrexa,¿que dis do teu futuro?¿Renunciarás aos medios de poder,aos compromisos cos poderespolíticos e financeiros?

¿Abandonarás os privilexios,renunciarás a capitalizar?¿Chegarása ser fielmente “comunidade uni-versal que comparte”, comunidadereconciliada, lugar de comuñón eamizade para todala humani-dade”?

¿Serás signo dunha sociedade senclases e sen privilexios, sendominación dunha persoa sobredoutra, dun pobo sobre outro pobo?

¿Serás pobo das benaventu-ranzas?¿sen outra seguridade queCristo, un pobo pobre, contemplativo,creador de paz, portador de alegría edunha festa liberadora para aspersoas, co risco de ser perseguidapor causa da xustiza?...

Igrexa, que dis do teu futuro?”(Roger de Taizé).

Rubén Aramburu Molet

102 102 102 102 102 438

Rubén Aramburu Molet

Page 105: ro EncrucilladaEncrucillada

Este libro, que o lector agradecerá,cremos que merece en primeirolugar unha pequena nota sobre osseus autores. Victor Frankl (1905-1997), psiquiatra e escritor,catedrático de Neuroloxía ePsiquiatría en Viena, é un dospsicoterapeutas paradigmáticos doséculo XX e escribiu máis de trintalibros. Despois da psicanálise deFreud –con quen mantivo corres-pondencia na súa mocidade– e dapsicoloxía individual de Adler –aquen estivo unido moitos anos e conquen rompeu despois– a chamadapsicoloxía de altura de Frankl –queencara tamén a dimensión espi-ritual, esquecida na psicoloxíaprofunda freudiana–, unha psico-loxía que deveu na súa logoterapia,converteuse na terceira escola vienesada psicoterapia. A logoterapia tentatecer as fibras das vidas rotas nunhatrama firme, coherente e signifi-cativa. A obra máis coñecida deFrankl, na que explica a experienciade sufrimento e superación quepadeceu nos campos de concen-tración, é o seu coñecido libro Elhombre en busca de sentido (ree-ditado recentemente en Herder);trátase dun libro que seguramenteterá lido máis dun lector destecomentario e que vendeu moitosmillóns de exemplares, sendodeclarado pola Library of Congressde Whasington un dos dez libros que

Victor Frankl/ Pinchas LapideBúsqueda de Dios y sentido de la vida. Diálogo entreun teólogo y un psicólogoHerder. Barcelona, 2005, 156 páxs.

tivo unha meirande influencia enAmérica.

Pinchas Lapide (1922-1997),xudeu como Victor Frankl, estivotamén nun campo de concentración,aínda que puido escapar pronto;teólogo e doutorado en xudaística enColonia, foi tamén diplomático dogoberno israelí. A súa principalpreocupación como teólogo consistiuno achegamento entre xudeus ecristiáns, desde a base común doxudeu Xesús de Nazaré e da Biblia,que estudou a fondo, desconfiandodas traduccións que el cre que teñendeformado demasiadas veces o textoorixinal. Publicou máis dunha duciade libros (Los tres últimos papas ylos judíos; ¿No es este el hijo de José?Jesús en el judaismo actual…)

Para os que coñecen a obra deFrankl, logoterapia e relixión nonson estraños, e esa tendencia dapsicoterapia foi recibida congratitude por todos os que quixeronsuperar a rotunda afirmaciónfreudiana de que a relixión era unhaneurose universal; a logoterapiarecoñécelle á relixión o lexítimopapel que pode desempeñar na vidado individuo e particularmente asignificación que lle corresponde nabusca humana de sentido. “Alogoterapia é un método aberto, estaapertura permíteme considerar oteolóxico como unha dimensión que

Recensións

439 103103103103103

Page 106: ro EncrucilladaEncrucillada

transcende o antropolóxico”, di no libroque estamos a comentar (p. 58). Non écasual que Frankl citara ao teólogoevanxélico P. Tillich, para quen serrelixioso é “preguntar apaixonada-mente polo sentido da nosa existencia”(La dimensión perdida, Bilbao 1970).Pero o meu interese particular pololibro naceu da figura –menos coñecida–de Pinchas Lapide, de quen lera uninteresantísimo libro de conversas conRaimon Panikkar, aínda non publicadoen castelán (Meinen wir denselbenGott? Ein Streitgespräch [¿Estamosfalando do mesmo Deus? Un debate],München 1994).

O libro que estamos a presentar,aínda que foi publicado agora por vezprimeira, recolle unhas intensasconversas que tiveron ambos en 1984.A pesar desta orixe coloquial, trátasedun magnífico libro, cheo de suxestiónse fondas reflexións para crentes e noncrentes. No breve Prólogo, ambosafirman que “a busca da verdadeevidénciase na apertura autocrítica aodescoñecido e a auténtica tolerancia éconsecuencia da visión dos límites dopropio saber”, por iso “a fe e a cienciason dous camiños dunha mesma buscada verdade” (p. 55). A relación entreambas debe ser inclusiva; pero “adimensión máis elevada é a máisinclusiva”, di Frankl no libro (p. 58) ;por iso, “o mundo relixioso inclúe aoque poderiamos chamar mundosecular”. Frankl non dubida en dicirque “orixinariamente o home érelixioso, permaneceu relixioso a travésda historia e só nos último deceniosdiluíse a relixiosidade, se ben nondesapareceu” (p. 59). Lapide completaesta afirmación dicindo que “existenmoi poucos ateos no auténtico sensoda palabra”; a meirande parte deles

son ou “anticlericais” que culpan aDeus dos pecados dos seusrepresentantes, ou “pseudo-ateosirritados co deusiño que lles pintaron”,ou “anti-teistas… enfrontados conDeus porque non están dispostos aperdoarlle o mal existente no mundo”(p. 63).

Fronte ao coñecido “¿Como se podecrer en Deus despois de Auschwitz ?”,Frankl di que “compre crer en Deus apesar de Auschwitz”. O que supóncambiar moitas das nosas ideas sobreDeus, e saber poñer entre comiñas todasas nosas afirmacións sobre el. Non sóo do “Deus dos exércitos” e o de “¿porque tolera Deus isto?”, imaxes de Deusque deberan ter morto definitivamenteen Auschwitz, senón que deberamosrelativizar mesmo outras imaxesdemasiado rotundas como “Deus é denatureza persoal”, etc.

Falan tamén amplamente os autoressobre a importancia da verdade, ao peda necesaria relatividade das nosasverdades particulares, o que supónestar constantemente nunha actitudede tolerancia (pp. 64-73). Por iso, Lapidepide unha “moratoria á palabraverdade e substituíla durante cinco oudez anos pola palabra probabilidade”;ou falar, en todo caso de “pequenasverdades ou sementes de verdade”.Frankl fala da “ontoloxía dimensional”.E, con certo paralelismo, R. Panikkarfala da “ontonomía”; a este pensadorgustándolle falar da necesidade derelativizar as nosas verdades parciais,sen caer no relativismo, pois o valor decada unha está sempre na relacióncoas outras.

Outro tema que aparece ampla-mente nestas páxinas é o da auto-

104 104 104 104 104 440

Recensións

Page 107: ro EncrucilladaEncrucillada

rrealización, intimamente vinculada areciprocidade. Pero máis aínda,atopámonos co tema da fe relixiosa, “omáis humano da nosa especie”, diLapide (p. 105), co tema da oración,que para Lapide é ante todo“consagración” e para Frankl un“diálogo en seriedade e soidade última”;

para ambos, cando é auténtica ehonesta, realízase sobre todo na linguamaterna. Non é casual que a últimapalabra do libro sexa o “Amén” deFrankl a unha oración de Lapide querecolle a as palabras dun rabino afinais de 1946, pedindo a “paz aoshomes de mala vontade”.

Victorino Pérez Prieto

Raimon PanikkarDe la mística. Experiencia plena de la vidaHerder. Barcelona, 2005. 302 páxs.

Raimon Panikkar é un gran teólogoe pensador demasiado pouco coñecidoentre nós; tan pouco que parte doslectores seguramente o confunden coseu irmán Salvador Paniker, con quenten pouco que ver, fora dos lazos desangue. Porén, R. Panikkar é o teólogoespañol con máis proxeccióninternacional e máis recoñecido forada península. Ten unha moi extensaobra publicada con máis de cincuentatítulos en todas as linguas occidentais,e mesmo nalgunhas orientais como ochinés, o xaponés e o támil (Ver “Opensamento cristián é trinitario,simbólico e relacional. Encontros conRaimon Panikkar”, Encrucillada, 138,42-55). A quen non o lese aínda,recoméndolle tres libros bastanterecentes: Invitación a la sabiduría(Espasa-Calpe, Madrid 19983), Iconosdel misterio. La experiencia de Dios(Península, Barcelona 20013) e Laplenitud del hombre. Una cristofanía(Siruela, Madrid 2000).

A pesar dos seus 87 anos, Panikkarsegue pensando, escribindo epublicando cousas novas. Aínda que o

seu último libro (Espiritualidadhindú. San~tana dharma, Kairós,Barcelona 2005) sexa unha traduciónreelaborada doutro publicado hai 30anos, e o anterior a este quecomentamos (El diálogo indis-pensable. Paz entre las religiones,Península, Barcelona 2003) sexa taméntradución doutro libro publicado haitres anos –cousa habitual en gran partedos seus libros en castelán, que virona luz antes en inglés, alemán ouitaliano–, Panikkar é tamén quen desacar libros novos a unha idade tanavanzada, como é o caso do libro quenos ocupa, que aparece por vez primeiraen castelán.

De la mística é unha obra demadurez, difícil e densa, aínda quesemelle sinxela (pois non ten as notasdo aparato científico, cousa que algúnsbotamos en falta), “non é paraimpacientes”, comenta o autor. O libro,de acordo co estilo oriental está escritoen sutras, ou asertos nos que seexpresa só o pensado-vivido. Comorecoñece Panikkar, é un libro nondoadamente clasificable cos esquemas

441 105105105105105

Recensións

Page 108: ro EncrucilladaEncrucillada

a que estamos afeitos: ¿Espiritualidade,Teoloxía ou Filosofía? ¿“Moderno” ou“antigo”? “Non se sitúa no horizonteacadémico das discusións contem-poráneas sobre misticismos”, recoñeceo autor. Sae dos moldes habituais porser radicalmente intercultural, unhacousa que se deixa ver de contado, sóbotando unha ollada ás ducias deautores citados, do Occidente de onte ehoxe (clásicos gregos e latinos comoHeráclito, Pitágoras, Sócrates,Aristóteles, Plotino, Cicerón... asEscrituras xudeo-cristiás, SantosPadres como S. Xustino, S. Gregoriode Nisa, Sto. Agostiño, Máximo oConfesor... teólogos de onte e hoxecomo Sto. Anselmo, S. Boaventura e oAquinate, Spinoza, Barth, Bultmann...místicos e outros autores como MestreEckhart, S. Xoán da Cruz, SantaTeresa, Raimon Llull, Nicolás de Cusa,Pascal... ou pensadores como Kant,Descartes, Hegel, Heidegger, Bergson,Jung, Zubiri...) e do Oriente (Ibn Arabi,Maimónides.. os Vedas e as Upanisad,Buddha, Lao Tze, Confucio,Nagarjuna, Sankara, Ramanuja, Ra-makrisna, Krishna-murti, Tagore... ).

O noso autor recoñece no prólogoter feito máis de vinte redaccións del,cousa que lle consta a este que escribe.É consecuente con algo que deixaescrito noutro dos seus libros: “Cadaparágrafo que escribo, cada frase,debería reflectir, na medida do posible,toda a miña vida e ser expresión domeu ser.” (Invitación a la sabiduría,p. 101). Consonte con isto, o libro tenunha expresiva dedicatoria: “Aomístico que se esconde en todo home”.

O libro pretende “volver a reintegrara mística no mesmo ser do home....espírito místico, tanto como animal

racional e ser corporal”, pois místicanon é unha “especialización”, senón avisión integral do ser humano, por isodebe ser profundamente alegre ecorporal-carnal; con palabras querepite unha e outra vez, é a “experienciaintegral da vida”ou da “realidade”,máis que experiencias extáticas ouelucubra-cións conceptuais (pp. 20-23).Unha realidade que é trinitaria, te-antropo-cósmica ou cosmoteándrica,como gusta dicir. A mística, unharealidade presente en toda a historia dahumanidade é unha palabraambivalente. Supón ter moi espertosos tres ollos: o sensible, o racional e oespiritual (o ollo da fe), para podergozar plenamente da vida.

A obra ten o seu núcleo fundamentalen nove densos sutras (“Navasutrani”,pp. 59-204), desen-volvidos en outrostantos longos capítulos: Mística é aexperiencia integral da realidade.Experiencia é o toque consciente corealidade. Os múltiplos factores daexperiencia. A realidade é o nosomythos...

Estes capítulos van precedidos porunha reflexión sobre a ambivalenciada mesma mística, o lugar da mística,a mesma palabra, os distintos idiomasnos que compre integrala (o científico,o filosófico e o místico, que ten certaafinidade co poético e o artístico, peroque se diferencia claramente del), aantropoloxía subxacente.. . pararematar coa “peregrinaxe mística” quedebe curarnos da gravísima epidemiaactual da superficialidade. Acontinuación dos nove sutras ven uninteresante apartado que fala daslinguaxes místicas (pp. 205-266): ahindú, a buddhista, a secular e a cristiá,para rematar falando da “metalin-

106 106 106 106 106 442

Recensións

Page 109: ro EncrucilladaEncrucillada

guaxe mística”. E o libro remata cunhalonga oración e varios glosarios conexplicación de termos e autoresutilizados.

Dicir que estamos a falar dun “granlibro” non é neste caso un tópico ninun eufemismo, senón a expresióndunha realidade; tanto se un cadra deacordo con todo ou só con parte do quedi, como se está en desacordo. O mesmoautor confesa que o seu interese é que“este texto sexa só un pretexto paraque o lector vaia tecendo o seu” (p. 29).Animamos ao lector a achegarse a el,pero prevímolo de que se trata dunlibro arduo, difícil, que require unhalectura lenta e na que cómpre volversobre o lido. Trátase dunha verda-

deira síntese do pensamento do autor,que xa se tiña achegado ao tema envarias ocasións anteriores, tanto verboda espiritualidade oriental como daoccidental: así, o citado Espiritualidadhindú e outros moitos traballos sobreo tema; La presenza de Dio, Vicenza1970; La Joia pasqual, Barcelona1988... Elogio de la sencillez. Elarquetipo universal del monje, Estella,1993; e sobre todo o seu monumentalEl silencio del Dios [Madrid 1970] /Elsilencio del Buddha [Madrid 20005];sen esquecer os seus estudos sobre SanXoán da Cruz e Santa Tareixa, as súascontinuas referencias ao MestreEckhart, etc.). En fin, a coidada ediciónda editorial Herder anima tamén acollelo nas mas.

Victorino Pérez Prieto

Willigis JägerA donde nos lleva nuestro anhelo. La mística en elsiglo XXIDesclée De Brouwer, Bilbao, 2005. 313 páxs.

O autor do presente libro non é –sospeito eu– nada coñecido dos lectoresde Encrucillada, e aínda da maiorparte dos lectores de libros de teoloxíaou de espiritualidade cristiá que haxaentre nós. Trátase –así se afirma nomesmo libro– dun monxe benedictinoalemán que ademais, desde o ano 1981,é mestre Zen da escola Sanbo-Kyodande Xapón. Dedícase desde esa data aimpartir cursiños de Zen eContemplación, maiormente enAlemaña, pero tamén noutros paíseseuropeos, entre eles España. O seumaior desexo consiste en rescatar aesquecida tradición mística cristiá.

O libro recolle charlas e homilías queo autor pronunciou en diversos servizosrelixiosos e en diferentes cursiños queanimou durante estes últimos anos. Omaterial está máis ou menos ordenadoconforme ao desenvolvemento do anolitúrxico, para facer máis utilizable oservizo que ofrece. Ata aquí todo seríanormal, e representaría un libro máisdentro dos moitos que hai destascaracterísticas ao noso alcance. Pero olibro de Willigis Jäguer é realmentediferente. No intento de unirespiritualidade Zen, se así lle podemoschamar, e vivencia cristiá, ofrécenosno seu escrito homilético, unha

443 107107107107107

Recensións

Page 110: ro EncrucilladaEncrucillada

comprensión realmente nova eprovocadora do feito relixioso e dosfactores substanciais que paranosoutros o compoñen e determinan: acomprensión da revelación, acomprensión de Xesús, a comprensióndos dogmas, a comprensión da Biblia,a comprensión do fundamental do queé a experiencia relixiosa, etc.

Estamos ante unha obra provo-cadora, na que se propón de principioun cambio de paradigma, un cambio deactitude básica á hora de se achegar aoque poderiamos chamar experiencia deDeus, que en definitiva é a finalidadeprimeira e última de todo acto relixioso.Non se trata do novo paradigmavinculado á modernidade ou aínda aposmodernidade, do que xa temos lidoe oído falar máis dunha vez; trátase decambiar o esquema “crer-comprender-practicar”, no que, con diferenzas máisou menos importantes, se ten movidoa práctica da totalidade da vida relixiosano ámbito cristián cando menos, polanova proposta de “practicar-experi-mentar-comprender”. É dicir, “non setrata de adoptar ideas de crenzasestablecidas previamente, senón doexercicio dunha práctica acreditada queconduce á propia experiencia”, no que“a ensinanza do exercicio da prácticaespiritual ocuparía o centro”(pax. 17).

Neste senso, a Biblia non xeradogmas, xera experiencias de Deus quese converten en indicadores eprovocadores cara á experiencia queun mesmo deberá facer se querecompartir o feito de beber da fonte.Eses indicadores son o dedo que apuntaá lúa, nada máis, son “intentos decomprensión”; e “só unha mente torpepode tomar por absolutos estesmodelos. Quen os fixa como absolutosmata a Deus”(66). Son as claves dunha

teoloxía negativa, que no autor nonson elementos de afastamento de Deus,senón provocacións para unhaexperiencia da realidade simple e totalde Deus na que estamos asolagados,porque “todo, absolutamente todo,incluídos os seres humanos, é esaRealidade”(62), Fonte, Orixe primeira,Vida ou Deus. “A relixión é unhaespecie de testemuño dunhaexperiencia, e este será diferentesegundo a cultura e a época na que tivolugar a experiencia. Ese é o motivo deque existan diferentes relixións”(59)

Resulta igualmente innovadora–para moitos será escandalosa– acomprensión que o autor fai de Xesúse do seu significado para o seguimentocristián. A súa comprensión podequedar resumida neste parágrafo: “Naterminoloxía cristiá este novoparadigma significa: somos vida divinaque fai a experiencia humana. Somosvida divina que se encarnou, que sefixo individuo. Esta é a mensaxe daencarnación de Deus en Xesús. Igualca en Xesús, ese principio divinovolveuse persoa en cada un denosoutros. O universo non é outracousa ca un campo de consciencia quese materializa de novo, unha e outravez. Crea o corpo físico e o universo.Deus créase a si mesmo en cadainstante. Desgrazadamente, as Igrexascristiás reduciron e limitaron a Xesúsa encarnación de Deus”(71).

Coidamos que é un libro digno de serlido e pensado, por moito que poña enentredito os nosos esquemas decomprensión do feito relixioso, que xanormalmente formulamos curiosa-mente así: “esquemas de comprensión”e non como “maneiras de vivir e deexperimentar”. Un libro co que cada

108 108 108 108 108 444

Recensións

Page 111: ro EncrucilladaEncrucillada

Para os que seguimos a obra de LuisGonzález-Carvajal Santabárbara estelibro non significa unha sorpresa,senón unha confirmación. Porque éunha mostra máis do estilopersonalísimo do autor, que xuntasempre o rigor e a claridade, ahonestidade crítica coa gota decomprensión nunca amarga, a amplavisión histórica co gusto polo detallecurioso, a información bibliográfica ouetimolóxica e mesmo a anécdotasignificativa. É un –un máis– deseslibros que un quere ter sempre á manpara consulta precisa, a cita oportunaou o xuízo equilibrado.

Enriba, o tema é tan interesantecomo urxente: os dereitos humanoscontemplados desde a fe cristiá, atentaao seu emerxer histórico, á súa lentapenetración na conciencia humana, aosseus tantas veces incomprensiblestropezos cunha tradición relixiosa que,a pesar de os estar alimentando na súaraíz orixinaria, se resiste a recoñeceloscomo a mellor expresión da súaencarnación histórica. Un percorridoverdadeiramente apaixonante, que nonsó axuda clarificar as ideas, senón queesperta a conciencia e anima aocompromiso.

un de nós cando menos estaría ben quedialogase, sen medos, aínda que nosrevolva a casa, á busca desa experienciarelixiosa auténtica que, segundo o

autor, “ten tres aspectos caracte-rísticos: achega unha liberdade enorme,unha grande humildade e un amor quetodo o abrangue”(56).

Manuel Regal Ledo

Luis González-CarvajalEn defensa de los humillados y ofendidos. Losderechos humanos ante la fe cristianaSal Terrae, Santander 2005, 350 páxs.

O índice é longo, ben estruturado. Oprimeiro capítulo ofrece a orientaciónfundamental, pois estuda o procesohistórico, o fundamento e aclasificación dos dereitos humanos,aclarando as tres xeracións dosmesmos: a primeira, referida aosdereitos civís e políticos; a segunda, aoseconómicos e sociais; e a terceira, quesuperando o nivel individual, se refireaos pobos como tais. Aclarada aclasificación, os capítulos seguintes–até 11– van percorrendo a serie,salientado os capítulos máisimportantes: dereito á vida, nonreducida ao biolóxico, senón insistindotamén nunha vida digna; a pena demorte, coa contextualización históricae a sutil evolución do Maxisterio; osdereitos da muller, nun tratamentoforzadamente cauto, pero aberto; oproblema racial, con atención aos“racismos encubertos” tamén nasociedade actual; a liberdade relixiosa,nunha exposición matizada eclarificadora; o problema sangrante dasmigracións , coa chamada aocompromiso xeneroso sen desculpasegoístas; os dereitos económicos esociais, os da “segunda xeración”, aosque non considera “menos urxentes”

445 109109109109109

Recensións

Page 112: ro EncrucilladaEncrucillada

ca aos civís e políticos (p. 257); o dereitoao desenvolvemento, aprobado oficial-mente pola ONU en 1986 –“como decostume, tivo o voto en contra dosEstados Unidos” (p. 280)–, que ha serintegralmente humano; os naciona-lismos, tema ardente, que trata conrealismo entre a tensión de “todossomos nacionalistas” e “os naciona-listas sementaron morte” (p. 303), paraconcluír citando a R. Belda, “a Igrexanon debe, en canto institución, facerunha opción en cuestións opinables”(p. 325); e, finalmente, o dereito á paz,“un dereito novo, necesitado dedesenvolvemento”, que pide o traballopor unha “cultura da paz”.

En cada capítulo o estudo doscontidos e da súa evolución histórica ésempre completado coa descrición das

posturas da tradición teolóxica e dasensibilidade bíblica ao respecto,procurando salvar ese difícil equilibrioentre o respecto á autonomía do éticoe do político e a unha inspiración defondo, que debe ser rescatada eactualizada dun contexto que non é onoso. Una observación do prólogo dáconta –cunha certa e xustificadaqueixa– do rigor intelectual: “Desgra-zadamente, como ocorre de forma maisxeral co diálogo fe-cultura, mentres osteólogos seguimos hoxe con interese aspublicacións dos nosos colegas dasuniversidades civís, éstes, salvocontadas excepcións, non parecenmostrar o menor interese pola teoloxía”(p. 13). O título, pola súa banda, enalusión expresa a unha novela deDostoievski, indica ben a fonda paixónhumana deste libro escrito desde a fe.

Andrés Torres Queiruga

110 110 110 110 110 446

Recensións

Page 113: ro EncrucilladaEncrucillada

Libros chegados

Rémy, Jean . Isabel de laTrinidad y la oración, Sal Terrae,Maliaño 2005, 183 páxs. Pozo deSiquem.

O autor, crego da diocese deCambrai, é unha das moitas persoasque ficou adicto á oración de SorIsabel de la Trinidad. Carmelita enDigno, morre aos 26 anos deixandounha oración, Oh Dios mío, trinidada quien adoro, que xunto cos seuscomentarios, serviu e serve comofonte de espiritualidade de moitaspersoas. O autor comenta estaoración baseándose nos textos dacarmelita.

Pieri, Fabrizio. Pablo e Ignacio:testigos y maestros del discerni-miento espiritual, Sal Terrae,Maliaño 2005, 214 páxs. Pozo deSiquem.

O autor é un profesor novo doInstituto de Espiritualidade daGregoriana. Afonda nos dous mes-tres, ben coñecidos e seguidos, e tentadescubrir as relacións entre os seusmodelos de consellos para odiscernimento espiritual.

Chittister, Joan. Escuchar conel corazón. Momentos sagrados en lavida diaria, Sal Terrae, Maliaño2005, 160 páxs.

A autora non necesita presentaciónnas páxinas de Encrucillada. Nestelibro invítanos a buscar o sagrado navida e que todo, bo e malo, teñan unsentido positivo.

Kolvenbach, Peter-Hans. En lacalle del Espíriu Santo, Sal Terrae,Maliaño 2005, 118 páxs. Servidoresy testigos.

Estas páxinas transcriben unhaentrevista na que o historiador eperiodista, redactor xefe da revistaLe Monde de la Bible, Jean-LucPouthier, cuestiona ao Padre Xeneralda Compañía de Xesús desde 1983.Aquí pasan revista a todas as rexiónsdo planeta en relación coa política, amundanización, e secularización. Aomesmo tempo que expón as liñas daespiritualidade e acción ignaciana.

Mardones, José María .Recuperar la justicia. Religión ypolítica en una sociedad laica, SalTerrae, Maliaño 2005, 270 páxs.Presencia teológica.

Tampouco este autor precisapresentación. E tampouco hai queinsistir na necesidade de enfrontareste tema. O descrédito que cada díagaña a pulso a política, e o intimismorelixioso que quere desenganchar afe de todo compromiso urxen areflexión. Mardones inténtao.Traballar na política desde unha feque busque a xustiza.

Six, Jean-François. Los media-dores, Sal Terrae, Maliaño 2005, 127páxs.

Proyecto.

O autor empeza por definirnos aos“mediadores”, quen son, para que,desde cando... algo que se impuxo nasociedade moderna. E que se refirena persoas e “medios”. Este estudopretende ensinarnos a coñecelos e“usalos”.

González Faus, José Iganacio.Comprender a Karol Wojtyla, SalTerrae, Maliaño 2005, 86 páxs. StBreve.

447 111111111111111

Page 114: ro EncrucilladaEncrucillada

Ninguén discute que Xoán PauloII foi e seguirá a ser un Papadiscutido. Creador de grandesadmiradores e grandes opositores.José Ignacio pretende axudarnos acomprendelo no seu contexto,familiar, temporal, xeográfico,eclesial e histórico... ¿Consígueo?

Cores Trasmonte, Baldomero.Luis Porteiro Garea, TresCtres,Santa Comba 2005, 262 páxs.

Temos que felicitar á editorial pordarnos a coñecer mellor a unhapersoa como Porteiro Garea, quenace en 1889 e morre no 1918,apenas 29 anos. Unha vidacomprometida con Galicia e a súalingua. Avogado e membro dasIrmandades da Fala, interesará aquen teña estes mesmos ideais...

VV.AA. Celestino García Romero,

un xesuíta de Boiro, Concello deBoiro,

Cadernos culturais, 110 páxs.

Tres relatorios de Xesús FerroRuibal, Fernando Acuña Castroviejo,e Xosé María Díaz Fernández, cogallo da homenaxe que se lle fixo noConcello de Boiro, no 150 aniversariodo seu nacemento, forman o corpodestas páxinas. Compleméntase condocumentos e escritos do homena-xeado.

Padre Isorna. Homilía fúnebreen memoria de Xulio FranciscoOgando Vázquez , (1913-2005).Igrexa da Santísima Trindade deOurense.

Este esbozo axudaranos tamén acoñecer a este persoeiro da nosacultura en tempos non doados.

Engracia Vidal Estévez

112 112 112 112 112 448

Engracia Vidal

DE INTERESE PARA OS LECTORES

Logo de moitos esforzos e intentos, contamos cunhapáxina web, na que imos recollendo o máis interesante

da revista. Pódese consultar no enderezo seguinte:www.encrucillada.com

*****

Nestes meses de outubro, novembro e decembro, derradeiroprazo para os que aínda non pagaron o 2005. O 30 de xaneiro

pasaremos os recibos bancarios do 2006.

Page 115: ro EncrucilladaEncrucillada

Normas de publicación para os autores

Encrucillada defínese como revista galega de pensamento cristián e publi-ca traballos que cadren con esta definición.

Publica fundamentalmente dous tipos de traballos: Estudos (de ata 32.000caracteres, espazos incluídos) que estudarán un tema en profundidade, eAchegas (de ata 15.000 caracteres, espazos incluídos) que tratarán temasmáis concretos ou aspectos puntuais dun tema. Os estudos deberanse acom-pañar dun resumo.

A revista publica tamén recensións de libros que traten os temas xaexplicitados. Estas notas non deberán exceder os 4.000 caracteres (espazosincluídos) e terán a seguinte estrutura: Autor do libro analizado, Título,Editorial, cidade de publicación, ano de publicación, nº de páxinas. Co-mentario.

Os traballos pódense enviar por correo electrónico ao enderezo da revista.Se se envían por outro medio rogamos enviar unha versión informatizadano formato RTF (Rich Text Format, formato en que pode ser gardado undocumento por calquera procesador e que está libre de virus). É moi impor-tante na versión informatizada non utilizar máis códigos de formato que osestritamente necesarios (non usar estilos, nin tabulacións, columnas ououtros elementos de formato; non usar maiúsculas nos títulos). A revistautiliza as seguintes convencións tipográficas: subtítulos en negra, nomesde libros, publicacións, casas comerciais, institucións, etc en itálica, reser-vando as comiñas unicamente para as citas textuais. Non se utilizan nuncao subliñado nin as maiúsculas coa finalidade de destacar textos.

O autor/a consignará o seu enderezo completo para poder contactar con el/a e a súa formación académica e actividade profesional. Tamén pode con-signar o enderezo de correo electrónico se desexa que apareza na revista.

Os artigos poderán conter notas, que figurarán a pé de páxina, onde secitará tamén a bibliografía. Os libros citaranse da seguinte maneira: Ini-cial do nome, Apelidos, Título en itálica, Editorial, Cidade de edición, anode edición, páxs. No caso dos artigos farase do seguinte xeito: Inicial donome, Apelidos, Título do artigo en itálica, Nome da revista, número darevista, (ano de publicación), páxs.

A redacción da revista determinará nun prazo aproximado de tres meses aconveniencia da publicación. Neste prazo o autor será informado sobre aposible data de publicación ou lle serán suxeridos posibles cambios paraque o artigo se axuste á orientación da revista.

REDACCIÓN E ADMINISTRACIÓN Rúa Nova de Arriba, 1 - 6º Dereita

36002 PONTEVEDRATel. e Fax 986 846 182 - e-mail: [email protected] / [email protected]

Páxina web: www.encrucillada.com

Prezos da suscrición anual (5 números):

• Ordinaria .................................................. 18

• De apoio .................................................. desde 20

• Estudantes ou parados ........................... desde 12

• Número solto ........................................... 5

Xesús Acuña Garrido (Pontevedra)Rubén Aramburu Molet (Marín)

Alvaro Barros Quibén (Aguiño)Xoán Bernárdez Vilar (Vigo)

Alfonso Blanco Torrado (Guitiriz)

Xosé Manuel Caamaño (Univ. Comillas)

Xoaquín Campo Freire (Ferrol)

Hermelinda Dapena Tarela (Pontevedra)

Manuel Dourado Deira (Rianxo)

Pedro Castelao (Univ. Comillas)

Miguel Fernández Grande (Ourense)

Bernardo García Cendán (Lugo)

Mariano Guizán Sánchez (Ames)

Xosé Antón Miguélez Díaz (Ferrol)

Xoán M. Neira Pérez (A Pobra do Caramiñal)

Pilar Pena Búa (Cuntis)

Xosé Manuel Pensado Figueiras (Mazaricos)

Victorino Pérez Prieto (Ferrol)

Xesús Portas Ferro (Pontevedra)

Manuel Regal Ledo (Abadín)

Anxos Renieblas (Santiago)

María do Carme Solloso Blanco (Narón)Carme Soto Varela (Univ. León)Antón Vidal Andión (Vigo)

MESA DE REDACCIÓN

Andrés Torres Queiruga (Director)Xaime M. González Ortega (Redactor-xefe)

Engracia Vidal Estévez (Secretaria)Agustín Díaz BlancoXavier R. MadriñánPilar Wirtz Molezún

ADMINISTRACIÓN

Amalia Tomé Rocha

CONSELLO DE REDACCIÓN

Publicación bimestral

CONTAS CORRENTES

Caixa de Aforros de Galicia: 2091-0342-28-3040000681 - SantiagoBBVA: 0182-5150-81-0201578208 - Pontevedra

Graficolor MINERVA, S.L. - Polígono do Tambre - Rúa Gutenberg, 5 - Santiago - D.L. C-80-1977 - I.S.S.N. 1131-6519

Marisa Vidal Collazo (Santiago)

Page 116: ro EncrucilladaEncrucillada