Romulo e Remo fundan unha nova cidade

6
Steven Saylor: Roma, la novela de la antigua Roma. Ed. La Esfera de los libros. Madrid 2008. Páxs 106—113. Rómulo e Remo fundan unha nova cidade Os xemelgos acordaron a construción dunha muralla, pero non o seu lugar de asentamento. Rómulo decantábase por unha muralla que rodease o Palatino. Remo consideraba que a muralla debía construírse ao redor do Aventino, máis ao sur. Día tras día, Poticio oíaos discutir. As túas razóns son puramente sentimentais, irmán, dixo Remo?. Criámonos aquí, no Palatino, polo tanto queres convertelo no centro de Roma. Pero no Palatino non vive ninguén, excepto uns cantos pastores e os seus rabaños. Por que construír unha muralla ao redor dunha cidade de ovellas? Ou pretendes escorrentar aos pastores e encher o Palatino de edificios? Eu digo que deixemos este outeiro no seu estado natural, tal e como estaba cando eramos nenos, e construamos a cidade noutra parte. O lugar natural de expansión é ao sur do Spinon, preto da marxe do río. O mercado, os almacéns de sal e os matadoiros acumúlanse xa aos pés do Aventino. Ese é o outeiro que deberiamos rodear cunha muralla, sobre a cal deberiamos empezar a construír unha cidade respectable. As túas palabras soan perfectamente razoables, irmán!, riou Rómulo. Os dous irmáns, xunto con Poticio e Pinario, estaban paseando polo Palatino. O ceo lucía un azul resplandecente con nubes brancas debuxadas sobre o horizonte. O outeiro estaba cuberto de herba verde e de flores, pero non se albiscaba nin unha soa ovella; as ovellas foran encerradas nos seus currais, que estaban adornados con ramos de enebro e grinaldas de follas de loureiro. Era o día das Palilia, o festival da deusa Pales. Aquí e alí, columnas de fume ascendían ata o ceo. Cada familia instalara o seu altar en honra a Pales e sobre estas pedras levantadas queimaban diversas sustancias: en primeiro lugar, puñados de xofre para a purificación, que emitían un fume azul celeste; despois, poliñas de fragante romeu, loureiro e enebro sabino; a continuación, unha ofrenda formada por talos de xudías mesturados coa cinza de becerros calcinados, regado todo con sangue de cabalo. Coas ramas de enebro, os pastores esparexían o fume sobre os animais encerrados nos currais; o fume sacro de Pales mantiña ás ovellas sas e fértiles. Despois, os pastores o festexaban comendo pasteis de millo miúdo e bebendo tazóns de leite quente regado con mosto de viño tinto. Perfectamente razoables -repetiu Rómulo-. Pero non é unha cuestión de razoamento, irmán, senón de crear unha cidade digna de dous reis. Dis que me inclino polo Palatino porque son un sentimental. Pois claro que o son! Como podes ti pasear por este outeiro o día das Palilia e non sentir que estás nun lugar especial? As súas razóns terían os deuses para deixar o noso berce na ladeira do Palatino. A verdade é que estamos no corazón de Roma! E a muralla ten que construírse rodeando o Palatino, para honrar o fogar que nos criou. Os deuses bendicirán a nosa obra. Isto é ridículo! -espetou Remo, cunha dureza que sorprendeu a todos. Se non atendes á razón, como pretendes gobernar a cidade?

description

Extracto da novela de Steven Saylor Roma. Acompañado de preguntas para os alumnos

Transcript of Romulo e Remo fundan unha nova cidade

Page 1: Romulo e Remo fundan unha nova cidade

Steven Saylor: Roma, la novela de la antigua Roma. Ed. La Esfera de los libros. Madrid 2008. Páxs 106—113.

Rómulo e Remo fundan unha nova cidadeOs xemelgos acordaron a construción dunha muralla, pero non o seu lugar de asentamento. Rómulo decantábase por unha muralla que rodease o Palatino. Remo consideraba que a muralla debía construírse ao redor do Aventino, máis ao sur. Día tras día, Poticio oíaos discutir. As túas razóns son puramente sentimentais, irmán, dixo Remo?. Criámonos aquí, no Palatino, polo tanto queres convertelo no centro de Roma. Pero no Palatino non vive ninguén, excepto uns cantos pastores e os seus rabaños. Por que construír unha muralla ao redor dunha cidade de ovellas? Ou pretendes escorrentar aos pastores e encher o Palatino de edificios? Eu digo que deixemos este

outeiro no seu estado natural, tal e como estaba cando eramos nenos, e construamos a cidade noutra parte. O lugar natural de expansión é ao sur do Spinon, preto da marxe do río. O mercado, os almacéns de sal e os matadoiros acumúlanse xa aos pés do Aventino. Ese é o outeiro que deberiamos rodear cunha muralla, sobre a cal deberiamos empezar a construír unha cidade respectable. As túas palabras soan perfectamente razoables, irmán!, riou Rómulo. Os dous irmáns, xunto con Poticio e Pinario, estaban paseando polo Palatino. O ceo lucía un azul resplandecente con nubes brancas debuxadas sobre o horizonte. O outeiro estaba cuberto de herba verde e de flores, pero non se albiscaba nin unha soa ovella; as ovellas foran encerradas nos seus currais, que estaban adornados con ramos de enebro e grinaldas de follas de loureiro. Era o día das Palilia, o festival da deusa Pales. Aquí e alí, columnas de fume ascendían ata o ceo. Cada familia instalara o seu altar en honra a Pales e sobre estas pedras levantadas queimaban diversas sustancias: en primeiro lugar, puñados de xofre para a purificación, que emitían un fume azul celeste; despois, poliñas de fragante romeu, loureiro e enebro sabino; a continuación, unha ofrenda formada por talos de xudías mesturados coa cinza de becerros calcinados, regado todo con sangue de cabalo. Coas ramas de enebro, os pastores esparexían o fume sobre os animais encerrados nos currais; o fume sacro de Pales mantiña ás ovellas sas e fértiles. Despois, os pastores o festexaban comendo pasteis de millo miúdo e bebendo tazóns de leite quente regado con mosto de viño tinto. Perfectamente razoables -repetiu Rómulo-. Pero non é unha cuestión de razoamento, irmán, senón de crear unha cidade digna de dous reis. Dis que me inclino polo Palatino porque son un sentimental. Pois claro que o son! Como podes ti pasear por este outeiro o día das Palilia e non sentir que estás nun lugar especial? As súas razóns terían os deuses para deixar o noso berce na ladeira do Palatino. A verdade é que estamos no corazón de Roma! E a muralla ten que construírse rodeando o Palatino, para honrar o fogar que nos criou. Os deuses bendicirán a nosa obra. Isto é ridículo! -espetou Remo, cunha dureza que sorprendeu a todos. Se non atendes á razón, como pretendes gobernar a cidade?

Page 2: Romulo e Remo fundan unha nova cidade

Rómulo esforzouse por manter un ton de voz inalterable. -Ata agora, irmán, fixen un bo traballo formando un exército e liderándoo na batalla. -Gobernar unha cidade é completamente distinto. Tan bobo es que non o ves? -Atréveste a chamarme bobo, Remo? Non fun precisamente eu o bobo que se deixou capturar por Amulio e necesitaba ser rescatado ... -Como te atreves a botarme iso en cara? Ou seica che gusta recordarme as horas que pasei sufrindo, innecesariamente, porque ti perdiches o tempo aquí en Roma ... ? -Iso non é xusto, irmán! Non é verdade! -E xa que ti acabaches con Amulio, ti levas a coroa a diario, aínda que prometiches que a compartiriamos a partes iguais. -É iso o que che ocorre? Cóllea! Pona! -Rómulo quitou a coroa de ferro, depositouna no chan e afastouse con paso maxestoso. Pinario correu tras el. De pequenos, os xemelgos nunca discutían. Pero agora discutían constantemente, e as súas discusións eran cada vez máis acaloradas. Desde pequeno, Rómulo fora o máis cabezota e impulsivo, e Remo fora sempre o que refreaba ao seu irmán. Pero a tortura que recibira de mans de Amulio provocara cambios en Remo. O seu corpo nunca se recuperou de todo; seguía camiñando cunha leve coxeira. Máis que iso, o seu temperamento tranquilo abandonouno; enfadábase agora coa mesma rapidez que o seu irmán. Rómulo tamén cambiara desde o de Alba. Seguía tan fogoso como sempre, pero era máis disciplinado e resolto, e máis seguro de si mesmo e arrogante que nunca. En Alba, Remo sufrira as torturas de Amulio; Rómulo gozara do resplandor do triunfo e da satisfacción de rescatar ao seu irmán. Un converteuse na vítima e o outro no heroe. Esta disparidade xerara unha fisura entre eles, pequena ao principio pero que seguía crecendo sen parar. Poticio sabía que a pelexa da que acababa de ser testemuña non era pola muralla, senón por algo que ía terriblemente mal entre os xemelgos, algo ao que ningún dos dous podía porlle nome nin sabía como solucionar. A coroa refugada fora a parar aos pés de Poticio. Inclinouse para recollela da herba, sorprendido ao notar o seu peso. Ofreceulla a Remo, quen a colleu, pero non lla colocou na cabeza. -Este asunto da muralla debe solucionarse dunha vez por todas -dixo en voz baixa Remo, mirando a coroa- Que opinas, Poticio? -Viu a mirada preocupada na cara do seu amigo e riou case de pena-. Non, non che pido que tomes partido. Pídoche consello como arúspice. Como solucionar este asunto consultando a vontade dos deuses- E nun dicir amén, unha sombra pasou sobre eles. Poticio levantou a vista e viu un voitre no alto. -Paréceme que coñezo un xeito -dixo.

A competición celebrouse ao día seguinte. Non foi Poticio quen o cualificou de competición, senón os xemelgos, pois era evidente que o vían así. Para Poticio era un rito moi solemne que requiría toda a sabedoría que aprendera en Tarquinia. O rito levouse a cabo simultaneamente nos dous outeiros en competencia. Rómulo colocouse nun punto elevado do Palatino, de face ao norte; ao seu lado estaba Pinario, no seu papel de sacerdote de Hércules. Remo, acompañado de Poticio, situouse no Aventino, de face ao sur.

Rómulo e Remo fundan unha nova cidade - Steven Saylor, “Roma”

2

Page 3: Romulo e Remo fundan unha nova cidade

En ambos lugares cravaran previamente unha coitela de ferro no chan para que a súa sombra puidese determinar o momento exacto do mediodía. Trazaran tamén unha marca na terra, a certa distancia da folla, para que o movemento da sombra proxectada pola folla de ferro sinalase o paso dun determinado espazo de tempo. Durante este lapso de tempo, cada irmán e o seu sacerdote acompañante observarían o ceo en busca de voitres. Os sacerdotes contarían cada voitre que avistasen trazando un sulco na terra cunha lanza. Por que voitres? Poticio explicara o seu razoamento aos irmáns: -O voitre é un animal sacro para Hércules, quen sempre se alegrou ao avistalo. Entre todas as criaturas, é a menos daniña; non provoca danos nin en cultivos, nin en froiteiros, nin no gando. Nunca mata ou fai dano aos seres vivos, senón que rapina só carroña, e ata así, nunca rapina outras aves; mentres que as aguias, os falcóns e as curuxas atacan e matan aos da súa propia especie. De todas as aves, é a máis difícil de ver e moi poucos son os que poden dicir que viron ás súas crías. Debido a isto, os etruscos cren que os voitres veñen doutro mundo. Polo tanto, deixemos que sexa o avistamento de voitres o que determine a vontade do ceo no que ao asentamento da cidade de Roma se refire. Chegou o mediodía. Remo, na cima do Aventino, levantou o brazo e sinalou ao ceo. -Aí hai un!Poticio reprimiu un sorriso. A súa formación como arúspice ensinoulle a recoñecer a gran distancia todo tipo de aves. -Paréceme que é un falcón, Remo. Remo forzou a vista. -Si que o é. Seguiron vixiando. O tempo parecía pasar moi lentamente. -Vexo un, alá -dixo Poticio. Remo seguiu a súa mirada e asentiu. Poticio presionou a lanza contra o chan e marcou un sulco. -E alí hai outro! -gritou Remo. Poticio confirmouno e marcou un segundo sulco. E así seguiron ata que a sombra da folla alcanzou a marca que sinalaba o fin da competición. Había seis sulcos no chan, indicando os seis voitres avistados por Remo. Sorriu, deu unhas palmadas, víaselle satisfeito. Poticio comentoulle que era unha cifra considerable, que daba bos presaxios. Descenderon do Aventino. Foron reunirse con Rómulo e Pinario na pasarela sobre o Spinon, pero logo dunha longa espera, Remo empezou a impacientarse. Dirixiuse á Escaleira de Caco, e Poticio seguiuno. Ao subir, Remo tropezou con algúns chanzos. Poticio decatouse de que aquel día o seu amigo coxeaba moito. Atoparon a Rómulo e Pinario sentados sobre unha árbore caída, non moi lonxe do lugar onde montaran a vixilancia no Palatino. Os dous estaban rindo e charlando, moi animados. -Tiñamos que reunimos no Spinon -dixo Remo?. Por que estades aínda aquí? Rómulo incorporouse. Sorriu de orella a orella. -Por que debería o rei de Roma abandonar o centro do seu reino? Díxenche que o Palatino é o corazón de Roma, e hoxe os deuses deixaron claro que están de acordo con iso. -Que dis?

Rómulo e Remo fundan unha nova cidade - Steven Saylor, “Roma”

3

Page 4: Romulo e Remo fundan unha nova cidade

-Compróbao por ti mesmo. -Rómulo sinalou o lugar onde Pinario marcara os sulcos no chan. Cando Poticio viu o número de surcos, soltou un suspiro. -Imposible! -murmurou. Había tantos sulcos que non podían contarse dunha soa ollada. Remo contounos en voz alta. -... dez, once, doce. Doce! -Volveuse cara a Rómulo?. Estás dicíndome con iso que viches doce voitres, irmán meu? -Son os que vin. -Non eran gorrións, nin aguias, nin falcóns? -Voitres, irmán. O ave máis sagrada de Hércules, e a máis excepcional. Dentro do período permitido de tempo, vin e contei no ceo doce voitres. Remo abriu a boca para dicir algo, logo pechouna, atónito. Poticio quedou mirando fixamente a Pinario. -É isto certo, primo? verificaches o reconto cos teus propios ollos? marcaches ti todos eses sulcos na terra? levaches a cabo o ritual franca e honestamente fronte aos deuses, tal e como é digno dun sacerdote de Hércules? Pinario devolveulle a mirada con frialdade. Naturalmente, primo. Todo se fixo debidamente. Rómulo avistou doce voitres e eu fixen doce marcas. Cantos voitres viu Remo? Se Pinario mentía, Rómulo mentía tamén, enganando ao seu propio irmán e sorrindo ao mesmo tempo. Poticio mirou a Remo; a mandíbula do seu amigo tremía e pestanexou a toda velocidade. Desde a tortura que sufrira a mans de Amulio, a cara de Remo víase ocasionalmente presa de violentas convulsións, pero hoxe había algo máis. Remo estaba reprimindo as bágoas. Sacudindo a cabeza, incapaz de falar, marchou apresuradamente, coxeando de mala maneira.Cantos viu Remo? -volveu preguntar Pinario. -Seis -musitou Poticio. Pinario asentiu. -Entón, a vontade dos deuses está clara. Non estás de acordo, primo?

Cando Rómulo falou logo pola súa conta con el para pedirlle consello como arúspice en relación á construción das murallas da cidade, Poticio se lle resistiu. A punto estivo de acusar a Rómulo de mentireiro, e Rómulo leulle o pensamento. Sen admitir en ningún momento o engano, desterrou as dúbidas de Poticio sobre o reconto de voitres. Houbera un desacordo, o desacordo tiña que liquidarse, quedara liquidado e agora debían seguir adiante. Con sutís afagos, Rómulo acabou convencendo a Poticio de que a súa participación era esencial para o establecemento da cidade. Había unha forma correcta e unha forma incorrecta de facela e abofé, polo ben dos habitantes de Roma e os seus descendentes, que todo debía facerse de acordo coa vontade dos deuses ... e quen senón Poticio podía adiviñar de forma fiable a súa vontade?

Rómulo e Remo fundan unha nova cidade - Steven Saylor, “Roma”

4

Page 5: Romulo e Remo fundan unha nova cidade

Rómulo declarou o seu fervoroso desexo de que Remo se encargase dunha parte do ritual equivalente á del, e convenceu a Poticio para que os axudase a facer as paces. Grazas a Poticio, cando chegou o día de establecer o pomerium, os límites sacros da nova cidade, todo se fixo debidamente e ámbolos dous xemelgos tomaron parte no ritual. Os ritos leváronse a cabo segundo as antigas tradicións transmitidas polos etruscos. No lugar que Poticio determinou como o centro exacto do Palatino, e polo tanto o centro da nova cidade, Rómulo e Remo iniciaron a obra e cavaron un foxo profundo, utilizando unha pa que foron pasándose o un ao outro. Todos os que desexaban ser cidadáns foron achegándose un a un para botar unha puñada de terra ao foxo, dicindo: «Este é unha puñada de terra de ... », pronunciando o nome do seu lugar de procedencia. Os que levaban xeracións vivindo en Roma, realizaron o ritual xunto cos chegados recentemente, pois a mestura de terras simbolizaba a fusión da cidadanía. Ata o pai de Poticio, a pesar dos seus reservas respecto dos xemelgos, tomou parte na cerimonia, botando no foxo unha puñada de terra que sacara coa súa pa do terreo situado xusto enfronte do limiar da cabana da súa familia. Cando o foxo estivo cheo, colocouse sobre el un altar de pedra. Poticio pediu a Xúpiter, deus do ceo e pai de Hércules, que coidase da fundación da cidade. Rómulo e Remo invitaron a Mavors e Vesta a ser testemuñas do feito: o deus da guerra que se rumoreaba era o seu pai e a deusa da terra, a quen se consagrou a súa suposta nai, Rea Silvia. Con anterioridade, os xemelgos deran a volta ao Palatino e decidido a mellor disposición da rede de fortificaciones que ía rodeaIo. Durante a cerimonia, descenderon aos pés do outeiro, onde amarraran un arado de bronce a un xugo tirado por un touro branco e unha vaca branca. Turnándose, os irmáns araron un sulco continuo para marcar os límites da nova cidade. Mentres un araba, o outro camiñaba ao seu lado lucindo a coroa de ferro. Rómulo iniciou o sulco; Remo fíxose cargo do último tramo e uniu o final do sulco co seu comezo. A multitude que seguira cada paso do ritual lanzaba aclamacións, ría e choraba de alegría. Os irmáns levantaron os seus rendidos brazos en dirección ao ceo, volvéronse o un cara ao outro e abrazáronse. Naquel momento, Poticio tivo a sensación de que os deuses amaban de verdade aos xemelgos e que ningún poder terreal podería derrubalos. Aquel día, no mes que posteriormente recibiría o nome de aprilis, no ano que posteriormente sería coñecido como 753 a.C., naceu a cidade de Roma.

Rómulo e Remo fundan unha nova cidade - Steven Saylor, “Roma”

5

Page 6: Romulo e Remo fundan unha nova cidade

Cuestións sobre o texto:

1. Os irmáns discuten polo lugar onde se vai fundar a cidade. Cada un ten o seu candidato. Cales son? Describe en que se converteron na Roma Imperial.

2. Quen era Pales? Como se chamaban e en que data tiñan lugar as súas festas?

3. No texto se cita reiteradamente a un tal Amulio. Quen foi? Que relación ten con Rómulo e Remo?

4. Define os termos “Arúspice” e “Tarquinia” e busca a conexión que hai entre eles.

5. Hércules e Caco. Resume a lenda destes dous personaxes. Que relación teñen cos feitos aquí narrados?

6. Que era o Pomoerium? Resume punto por punto os rituais de fundación dunha cidade.

7. Investiga que que relación ten o nome do mes Aprilis co verbo aperīre?

Rómulo e Remo fundan unha nova cidade - Steven Saylor, “Roma”

6