Rosa caramelo 2º e 3º ciclo

2

Click here to load reader

description

materiais de aula e propostas

Transcript of Rosa caramelo 2º e 3º ciclo

Page 1: Rosa caramelo 2º e 3º ciclo

10. E na actualidade:

• Quen conduce o coche cando vai toda a familia? • Quen te coida cando estás enfermo?Quen fai as tare-fas de casa: planchar, facer as camas…?

• Imaxina que é o día do teu aniversario e teus amigos vanche dar unha camiseta como agasallo. Elixe entre unha destas cores: vermello, amarelo, azúl, rosa, branco, verde ou negro. Que cor elexirías? Sabes o por qué.

11. Sodes redactores dun xornal e contades os vosos lectores a historia de Rosa Caramelo. Podedes come-zar así: “ Un día cheguei a un lugar da sabana africana. Sorprendeume ver un xardín valado...”

12. Serías quen de comentar co/a profesor/a esta vi-ñeta do humorista Forjes:

Biblioteca do CEIP A PAZ

NOME: …………………………………………………… Curso: …………….

Page 2: Rosa caramelo 2º e 3º ciclo

25 de NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA DE

XÉNERO

ROSA CARAMELO (Adela Turín e Nella Bosnia)

1. Como é Margarita ao principio da historia?Pensas que era diferente ao resto das elefantas?

2. Aínda que comía anémonas e peonias, Margarita non se volvía rosa. Cres que estaba triste porque real-mente quería ser rosa ou porque iso disgustaba a súa nai e enfadaba ao seu pai?

3. Por que Margarita decidiu saír do valado? Pensas que foi Valente?, por que?

4. Que pensan nun principio as outras elefantas da deci-sión de Margarita? Por que ao final saen todas do valado e van xunto a ela?

5. Esperabas que o conto rematase así? Que é o que máis che gustou? Que pensas que querían decirnos as creadoras deste conto cando o publicaron?

6. Os elefantes xogan libremente mentras as elefan-tas, no valado, miran para eles. Paréceche xusto?, que opinas ao respecto?

7. Pensa nos teus xogos favoritos. Hai realmente xogos de nenos e nenas?

8. Na túa clase que é máis capaz para as matemáti-cas? E para as manualidades? Serías quen de afir-mas que sexo é máis capáz para cada unha das asig-naturas? 9. Pensa no pasado… cando era pequeño/a:

• A miña roupa era de cor… • Xogaba con… • Dábame o biberón… • Levaba o meu cochiño…