Rosalía de castro

5
1 Rosalía de Castro Rosalía de Castro Pedro Abrokwah Solla - 5ºA

description

biografía

Transcript of Rosalía de castro

1

Rosalía de CastroRosalía de Castro

Pedro Abrokwah Solla - 5ºA

2

Biografía

Infancia

Rosalía de Castro naceu o 24 de febreiro de 1837 en Santiago de Compostela.

A familia da nai proviña da liñaxe dos Castro, de orixe castelá, pero establecida en Galicia dende a Idade Media.

Moi pouco se sabe do pai de Rosalía, José Martínez Viojo, sacerdote. Debido á súa condición, non puido recoñecer nin lexitimar á súa filla, encargando o seu coidado ás súas irmás, polo que semella que si se interesou pola súa manutención.

Nos seus primeiros anos Rosalía vivíu unha infancia leda nas vilas rurais de Ortoño e Padrón.

Madurez

En abril de 1856, Rosalía trasladouse a Madrid xunto súa parienta María Josefa Carmen García Lugín Castro.

Posiblemente foi en Madrid onde Rosalía coñeceu a Murguía, con casou no ano 1858. Murguía foi a primeira das persoas que animou a Rosalía a escribir; sendo el o responsable da publicación de Cantares gallegos.

Rosalía deu a luz en Santiago de Compostela a súa primeira filla. Tivo en total de sete crianzas, todas elas naceron en Galicia, xa fose en Lestrove, A Coruña ou Santiago de Compostela.

Últimos anos

Transcurriron na comarca de Padrón, lugar no que pasara a súa infancia. Rosalía de Castro faleceu tras tres días de agonía, ao mediodía do mércores 15 de xullo de 1885,

dun cancro de útero, na súa casa de La Matanza.

Obra Literaria e Poesía

En galego

o PoesíaCantares Gallegos (1863). A súa obra principal, publicada o 17 de maio de 1863. Nesta obra Rosalía fai unha reivindicación de Galicia e da súa lingua.

Pedro Abrokwah Solla - 5ºA

3

Este libro de poemas supuso tanto na literatura galega, que en honor a súa publicación, a partir de 1969 cada 17 de maio celébrase o día das Letras Galegas.

Follas Novas (1880).Sen dúbida o poema máis destacado desta obra é Negra Sombra, onde se mostra o pesimismo e temor á morte da escritora. Este poema foi musicalizado creando un dos máis belos cantos da música popular galega.

o ProsaContos da miña terra (1864).

En castelán

o Poesía

La flor (1857).

A mi madre (1863).

En las orillas del Sar (1884).Rosalía compón uns poemas onde reflexa as súas emocións persoais de forma pesimista e afástase da esperanza que debería darlle a relixión. Galicia está presente só de xeito esporádica. A linguaxe simbólica desta obra influíu probablemente en poetas posteriores como Machado, Rubén Darío e Juan Ramón Jiménez.

o ProsaLa Hija del Mar (1859).

Flavio (1861).

Las literatas (1865).

Ruinas (1866).

El caballero de las botas azules (1867).

Padrón y las inundaciones (1881).

El primer loco (1881).

Importancia de Rosalía de Castro

Rosalía de Castro foi unha escritora innovadora, comprometida e adelantada ó su tempo, cuxa importancia foi primordial en diferentes ámbitos:

Literatura – Rosalía de Castro sobresalíu en poesía.Foi unha figura clave do rexurdimento galego e indispensable do panorama literario do século XIX. Sen dúbida, é a escritora galega máis universal. Representante do romanticismo tardío, é considerada - xunto con Gustavo Adolfo Bécquer - como a precursora da poesía española moderna e tamén do existencialismo.

Pedro Abrokwah Solla - 5ºA

4

Nacionalismo - Rosalía pretendeu defender e redescubrir á cultura e identidade galega, as cales foran ignoradas pola ideoloxía centralista estatal. A pegada de Cantares Gallegos quedou reflexada no pobo galego, que ao verse reflectido na obra de Rosalía tomou conciencia da súa propia dignidade. A escritora prestixiou ao galego como lingua literaria e reivindicou o seu uso.

Social – De novo é Cantares Gallegos o que pon en cuestión o maltrato que Galicia recibiu por parte de Castilla e denuncia a pobreza e a explotación que sofríu o pobo galego por parte dos caciques e dos poderosos. En toda a súa obra Rosalía describe e denuncia a pobreza do campesinado e da emigración.

Feminismo- Algunhas das súas obras en prosa reivindicaron o papel da muller na cultura. En La Hija del Mar Rosalía de Castro comezaba así: "Porque todavía no les es permitido a las mujeres escribir lo que sienten y lo que saben", a escritora trata nesta obra o tema da dignificación da muller. Tamén reinvindica o papel da muller en Las literatas, que é un artigo sobre a condición feminina, no que a autora advirte da atribución de obras de mulleres aos homes, especialmente aos seus maridos.

Bibliografía

Enciclopedia Galega La Voz de Galicia Galipedia Rosaliadecastro.org Papelenblanco.com El País

Pedro Abrokwah Solla - 5ºA