Roteiro gran gincana instruccións

6
Instrucións da Gran Xincana “Roteiro To Chanteiro” Ao longo do camiño teredes que facer diversas probas se queredes ser os campións absolutos do voso curso (hai premio para os gañadores). Para iso debedes valervos da vosa astucia, saber, arte e do voso inseparable móbil para poder rexistralo todo. Facede grupos de 7-10 alumnos por curso e, en cada grupo, deberedes ter, polo menos, unha persoa que teña instaladas as seguintes aplicacións: Aplicación Android IOS Runtastic Runtastic Runtastic Lector códigos QR (elixe un) QR droid, QR Barcode Scanner, QR Code reader… Qr reade, Qrafter, Scan, Bidi: lector QR... Compás (a elixir) Brújula 360 Pro Gratis, Brújula - Smart Compass... Compás do IOS 7, Brújula... Editor de imaxes (a elixir) Photo Editor de Aviary, PicsArt - Photo Studio, Photoshop…. ou o que máis che guste Snapseed, Afterlight...ou o que máis che guste 1. Abre a app runtastic ao inicio da marcha e mete os datos de masa e altura. Se non os sabes exactos, non pasa nada. Dálle a iniciar actividade e elixe camiñar. Déixao funcionando durante toda a túa marcha. Ao final dos percorridos, debes aportar os datos de Calorías e ritmo aproximado. (3 e 4 eso) 2. Fotoartista Procura identificar os lugares das fotos antigas do cadro de abaixo. Cando cheguemos a eles, tira unha foto co móbil facendo o mesmo encadre no que aparezan os mesmos elementos que nas fotos (aínda que algúns desapareceran ou haxa outros novos)

Transcript of Roteiro gran gincana instruccións

Page 1: Roteiro gran gincana instruccións

Instrucións da Gran Xincana

“Roteiro To Chanteiro”

Ao longo do camiño teredes que facer diversas

probas se queredes ser os campións absolutos do

voso curso (hai premio para os gañadores). Para iso

debedes valervos da vosa astucia, saber, arte e do

voso inseparable móbil para poder rexistralo todo.

Facede grupos de 7-10 alumnos por curso e, en

cada grupo, deberedes ter, polo menos, unha

persoa que teña instaladas as seguintes

aplicacións:

Aplicación Android IOS

Runtastic Runtastic Runtastic

Lector códigos QR (elixe un)

QR droid, QR Barcode Scanner, QR

Code reader…

Qr reade, Qrafter, Scan, Bidi: lector QR...

Compás (a elixir)

Brújula 360 Pro Gratis, Brújula - Smart

Compass...

Compás do IOS 7, Brújula...

Editor de imaxes (a elixir)

Photo Editor de Aviary, PicsArt - Photo Studio, Photoshop…. ou o que máis che guste

Snapseed, Afterlight...ou o que máis che guste

1. Abre a app runtastic ao inicio da marcha e mete os datos de masa e altura. Se non os sabes

exactos, non pasa nada.

Dálle a iniciar actividade e elixe camiñar. Déixao funcionando durante toda a túa marcha.

Ao final dos percorridos, debes aportar os datos de Calorías e ritmo aproximado.

(3 e 4 eso)

2. Fotoartista

Procura identificar os lugares das fotos antigas do cadro de abaixo. Cando cheguemos a eles,

tira unha foto co móbil facendo o mesmo encadre no que aparezan os mesmos elementos que

nas fotos (aínda que algúns desapareceran ou haxa outros novos)

Page 2: Roteiro gran gincana instruccións

3. Retrofoto.

Busca no teu sobre as 2 fotos antigas impresas en cartolina. Colle a foto impresa (como ves na

imaxe dereita) e tira unha foto procurando que ocupe o mesmo lugar na paisaxe. Axúdate

xogando coa perspectiva.

Page 3: Roteiro gran gincana instruccións

4 Fotomatón. (Nas ovellas)

● Conta o nº de ovellas e sácalles unha foto a cada intregante do grupo cunha ovella

detrás.

● Saca unha foto con dúas especies diferentes de lique na man.

● Saca unha foto do grupo coas Mirandas detrás e investiga a altura á cal nos atopamos

(dámos mapa topográfico)

5. Superinvestigador. (Ao inicio das escaleiras)

1) Ao longo do camiño hai unha especie chamada fiúncho cuxo olor lembra un licor que

seguro toman os teus avós. Descubre para que outra cousa máis se emprega e tíralle

unha foto.

2) Estes días está en flor unha árbore cuxo froito comemos no outono e que ás veces nos

produce gases. Tíralles unha foto ás follas e á flor.

3) Ao bordo do camiño é moi abondoso un fieito que se chama fieito macho (dámos foto).

Sácadevos unha foto todos cunha póla na man.

4) Nas alfombras florais emprégase un cardo do xénero Cirsium que ten unha flor malva,

saca unha foto del.

5) As gramíneas prodúcennos alerxias a moitos de nós, podedes sacar unha foto de dúas

especies diferentes?

6. Lobo mariño. (Nas escaleiras d´As Mirandas)

Emprega a carta de nubes e o compás. Dános a dirección e forza do vento, grao de cobertura e

tipo de nubes.

Colle o calendario de mareas. Pescuda a hora da marea baixa/alta e o estado do mar.

7: Preguntoiro (Na EDAR)

1. Que significa EDAR?

2. Quen era Díaz Castro?

3. Como se chamaba a cantante que nos deu un concerto o pasado mes Maio?

4. En que consiste o mail art?

5. De que falamos se vemos un nimboestrato?

6. Abre a app do compás e indica en que dirección queda a Torre de Hércules.

11. Rapstar (á hora de xantar)

1º e 2º: Creade un retrouso, unha rima partindo de “ROTEIRO TO CHANTEIRO”

3º e 4º Grava en vídeo. Compoñede un rap; nel o retrouso ha ser “ROTEIRO TO

CHANTEIRO”. O que máis estrofas cante, gaña

Page 4: Roteiro gran gincana instruccións

12. Pitinglish Pelota profesional (No Panel da Cova do Mouros)

● Sácate un selfie con Dani (2º ESO). Traduce ao inglés Subir e baixar (do bus).

● Sácate un selfie con Luísa (1º ESO). Traduce ao inglés Acender/apagar.

● Sácate un Selfie con Jorge (3º ESO).Traduce ao inglés Coller amorodos

● Sácate un selfie con Xaco ( 4º da ESO). Cantade en grupo e gravade en vídeo (con

Vicen) o estribillo de Lemon Tree

13. Acrosport (Na praia, nas escaleiras)

Representade en grupo a figura de acrosport que máis vos guste e tirádelle unha foto. (1 e 2

eso).

14. Artista dixital. (Na parada do bus, antes de volvermos)

De todas as fotos que sacaches hoxe. Elixe a que máis che guste, aplícalle todos os filtros que

queiras e tuitéaa co hashtag #roteiroachanteiro e un breve comentario sobre ela. Entre todas

elixirase unha gañadora que recibirá un agasallo.

Page 5: Roteiro gran gincana instruccións

Folla de participación Nome do grupo:

Integrantes do grupo:

Curso da ESO:

Page 6: Roteiro gran gincana instruccións

Táboa de mareas para o 9 de Xuño